Skip to main content

O Mensaxeiro Ludicol Nº 8

Page 1

Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

1


2

Que frío vai amigos/as!! Pero como está a miña cabeciña. Comezo o percorrido sen presentarme aínda que xa contabades comigo, non si?

O meu nome é… Non me lembro, terédesme que axudar, vou canso.

Agardade, vexo a un home que marcha e unha rapaza que chega pola rúa abaixo: Home.- Agarda Mensaxeiro (nese intre lembreime do meu nome) andaba na túa procura para despedirme ata o ano que vén. Mensaxeiro.terras.

Claro, ti es Inverno e xa estiveches tempo abondo por estas

Home.- Por iso te buscaba. Vou cara outras terras, nunha longa viaxe pero agardo verte para o ano. Dáme unha aperta. Mensaxeiro.- Boa viaxe Compañeiro!!

Neses intres achégase a rapaza ao carón de Mensaxeiro:

Mensaxeiro.- Quen es? A verdade é que eres moi fermosa, que cores!, que natureza!, que ledicia! Rapaza.- Xa vexo que non te lembras de min. Eu son Primavera e estou chegando para quedar convosco un tempiño e alegrarvos a vida un pouquiño máis. Mensaxeiro.- Pois sexas benvida. Xa era hora que tiveramos algo de ledicia, algo de claridade! Como vedes amigos/as xa lembro o meu nome e aquí estou, sen faltar á vosa confianza, cargado de traballos, despedindo ao inverno e dándolle a benvida á primavera. Chegar a este Colexio que é unha verdadeira familia, éncheme de orgullo e máis aínda que me deixedes estar un pouquiño convosco.

Dádesme moito cariño!!!

Adiante AMIGOS, disfrutade co que aquí vos deixo.!!

COIDÁDEVOS!!!


Í

Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

ÍNDICE v v v v v v v v v v v v v v v v v v v

Escola Infantil ............................................. 4 Educación Infantil, 3 anos .......................... 6 Educación Infantil, 4 anos .......................... 8 Educación Infantil, 5 anos ........................ 10 Excursión “Granxa Belelle” ....................... 12 1º de Educación Primaria ......................... 14 2º de Educación Primaria ......................... 16 Excursión e Concerto ................................ 18 3º de Educación Primaria ......................... 20 4º de Educación Primaria ......................... 22 Taller de prensa ........................................ 24 Excursión a Avifauna ................................ 28 5º de Educación Primaria ......................... 30 6º de Educación Primaria ......................... 34 Actividades feitas no 2º Trimestre ............ 42 O Entroido ................................................ 43 Mercadiño e concerto ................................ 44 Cosede meniños cosede ........................... 45 Día de Rosalía .......................................... 46

3


4

Escola Infantil Ludy

O segundo trimestre está chegando á súa fin. Os nenos e nenas da Escola continúan o seu camiño , paseniñamente, descubrindo e aprendendo cousas novas cada día. O inverno chamou ás nosas portas cheo de gotas de choiva, nubarróns, raios e folerpas que as mestras colgaron do teito da aula. Aprendemos moito sobre a vida nos Polos: osos polares, pingüíns, esquimós, focas, iglús... todos visitaron a nosa Escola!

Puidemos xogar coa neve, unha neve moi especial, coa que gravamos un vídeo moi divertido. No Entroido, fixemos unha decoración moi colorida para a aula e as fiestras. Colaboramos na elaboración dos nosos traxes de pingüíns e esquimós para o desfile polas rúas do barrio. Que ben o fixemos!


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

5

Sen decatarnos, xa estabamos en marzo. Comezamos con forza aprendendo Educación Viaria. Fixemos gorras e placas de policía, murais, o xogo do Stop, semáforos, pasos de peóns, sinais... e, como remate, un circuíto para practicar todo o aprendido! Estas últimas semanas, estamos a traballar sobre o noso barrio, e todas as cousas coas que podemos atoparnos nel. Xa temos na aula unha froitería, unha peixería e unha carnicería, e, aínda imos ter máis. As mestras aprendéronnos que cousas podemos mercar en cada tenda. Puidemos xogar coas revistas dos supermercados e facer a compra na escola, un xogo moi divertido! O mes que vén visitaremos o súper máis grande do barrio, para ver de preto todo o que xa aprendemos na escola. ÍMOLO PASAR XENIAL!


6

Educación Infantil, 3 anos.

Como neste segundo

trimestre decidimos ir de excursión á granxa, aproveitamos para estudala cada día na clase.

Coñecimos unha morea de

rapar unha ovella…

Limos moitos contos

relacionados con este tema, buscamos fotos, fixemos murais para decorar a nosa porta de

animais que viven nela. A vaca, a

entrada e ata plantamos unha horta

galiña, a ovella, o cabalo… Cada

(aínda estamos agardando para ver

nen@ na súa casa, coa axuda da

medrar as nosas plantiñas).

familia, trouxemos información sobre un animal en concreto, que

despois explicamos aos nos@s

Como remate fomos, con moitísima

compañeir@s na asemblea.

emoción, ver unha granxa en vivo

Tamén vimos unha morea de

vídeos sobre traballos que se fan na granxa como muxir unha vaca,

e en directo. Como non podía ser doutra maneira, encantounos!!!!


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

7


8

Educación Infantil, 4 anos.

Este trimestre, seguindo coa dinámica dos

centros de interese, traballamos o noso barrio.

Fixemos rexistros coa información e

comezamos a construír a maqueta do barrio do

Comezamos falando de como son as rúas, que as Inferniño!! forman, o que hai nelas …

Que “chula” estaba quedando!!!! Pero…

Pouco a pouco o interese foi medrando, onde están os semáforos, os sinais? Alaaaa………

simplemente ollando pola fiestra as preguntas Seguimos a investigar e, coa axuda da pantalla comezaron a chegar e ,a curiosidade comezou e moitos contos “chulos” da Dirección Xeral de a medrar. Nas asembleas falamos das rúas, dos Tráfico e cancións, comezamos o camiño pola barrios, das cidades…e tiveron unha gran idea!!

Educación Vial.

Con todo o que sabiamos construiriamos

No ximnasio pasámolo bomba xogando a

unha cidade cos seus elementos pero, coa idea ser bombeiros, vestíndonos para ir moi seguros e de que o Cole Ludy tiña que estar na cidade, seguras na moto, viaxando en bicicleta…xogando comezamos a investigar sobre o noso propio , xogando aprendemos a ir sempre protexidos e barrio.

protexidas nos medios de transporte.

Que tendas hai?, se hai parques?, que tipo de Fomos así completando a nosa maqueta cos sinais casas? como son as súas rúas?...recompilamos máis coñecidos, sinais de información, perigo e todo o que sabían do barrio e saímos de paseo prohibición. para descubrir máis cousas!!

Xa estaba rematada!!! Agora a disfrutala, a

xogar….pero respectando os sinais claro!!


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

Para rematar este proxecto educativo que comezou mirando pola ventá realizamos un

circuíto de Educación Vial cos compañeiros e compañeiras de cinco anos e coñecemos a unha policía que nos contou como é o seu traballo!! Xenial!! observando, falando asambleariamente, intercambiando información,usando as novas tecnoloxías, movéndonos, xogando, cantando, espertando a imaxinación, potenciando a curiosidade ,usando as nosas mans e manchándoas de pintura e pegamento. Aprendemos moitííííísimoooo!!!!

9


10

Educación infantil, 5 anos

Este trimestre os nenos e nenas de 5 anos traballamos a granxa. Aprendemos moitas cousas sobre os animais da granxa con actividades e xogos de todo tipo e ademais, por se fora pouco… Visitamos a Granxa Belelle!!! Pasámolo en grande vendo todos os animais, facendo pan e, por suposto… montamos en pony! Non puidemos parar de falar da excursión en toda a semana!


Revista Ludicol

Traballamos a Seguridade Vial. Desfrutamos un montón facendo xogos de circulación coas nosas gorras de policía, facendo os nosos propios sinais de tráfico. Convertemos a nosa clase nas rúas da cidade!. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi o circuíto de Educación Vial que fixemos no patio con todos os elementos posibles, desde sinais de tráfico ata pasos de peóns . Tamén contamos con motos, de xoguete claro… Non podemos esquecer a visita dunha policía que nos contou todos os segredos sobre a importancia do seu traballo. Agora si que somos expertos en Seguridade Vial!

Nº 8, marzo de 2016

11


12

Excursión “Granxa Belelle”


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

13


14

1º de Educación Primaria

Durante o segundo trimestre, @s nen@s se 1º de Primaria traballaron varios temas ( á parte do Entroido e a saída A Coruña para o concerto de “Pedro e o lobo” e a visita ao “Pasatempos” de Betanzos), dedicaron moito tempo a distintos centros de interese. 1- O INVERNO: fixeron un mural sobre o inverno cun fermoso boneco de neve e adornamos o teito da clase con folerpas de neve colgando, que fixemos recortando folios. 2- DÍA DA PAZ: para celebrar o Día da Paz, entre toda a clase fixeron uns banderíns con letras e imaxes que despois unimos para formar unha guirnalda, que colocamos no corredor da entrada do Cole. Quedou chulísimo!!

Fixemos un mural pequeno que puxemos na ventá. Nel recolliamos os puntos máis importantes e fixemos unha pequena ficha coa súa foto. Vimos un vídeo sobre ela e a súa casa –museo de Padrón, limos un pouco e ollamos un libro que trouxo Daniela da casa “Rosalía de Castro e os nenos”.

4- OS ANIMAIS: como en Ciencias Naturais os temas deste trimestre eran sobre os seres vivos, centrámonos un pouco máis nos animais e fixemos un mural onde 3- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: aproveitando pegamos fotos e recortes que trouxeron que o 24 de febreiro é o Día de Rosalía, da casa. Fomos clasificándoos según foran dedicáronse algunhas clases a coñecer un terrestres, acuáticos, aéreos, vertebrados ou pouquiño da vida e da obra de Rosalía. invertebrados, salvaxes ou domésticos….


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

15


16

2º de Educación Primaria A mascota de Segundo de Primaria este curso está connosco. Será un cogomelo. O seu nome? Cogobelinda. Este punto custou un pouquiño máis, pero ao final puxémonos de acordo neste maltreito e consolámonos no seu nome reducido “Cogui”. Esta é unha das vinte e catro historias sobre o cogomelo feitas na aula de Segundo.

Era unha vez un cogomelo moi triste que se chamaba Cogui. Un día, os nenos e nenas de

Segundo foron de excursión ao Bosque Branco. Chamábase así porque nel había unha gran variedade de cogomelos.

Cando remataron de merendar puxéronse a xogar. Óscar, Alicia e Martín xogaron na parte

máis mesta do bosque. De súpeto, Alicia escoitou un murmurio como de choros. Un cogomelo estaba a chorar diante dela...

-

Que che pasa? – preguntoulle Alicia sen dar creto o que vía-

-

É que... é que ... que estou moi soa.

-

Tranquila, cálmate – dixo Óscar refregando os ollos para asegurarse de que non

estaba soñando-.

-

Como te chamas? –preguntou Martín, tamén medio abraiado-.

-

Chámome Cogobelinda pero podedes chamarme Cogui.

-

Ola Cogui! -Dixeron todos á vez-.

-

Ola rapaces!

-

Queredes que lle pregunte a Xil se podemos levar a Cogui ao colexio? –preguntou

Martín aos seus amigos-.

-

Siiiiii! -Dixeron todos entusiasmados-.

Ao cabo dun anaco volveu Martín todo contento. O mestre Xil, incrédulo da historia do

cogomelo que falaba, dixéralle que si. foron todos para o Cole coa nova amizade faladora.

Ao chegar, Olga ensinoulle o Colexio a Cogui. Óscar ocupouse da clase de Música, Martín da

de Matemáticas, Andrea da de Lingua e Alicia da de Sociais. Cando se tiveron que marchar á casa Cogui quedou no Colexio moi feliz. Óscar Martín


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

17

O CONTO VIAXEIRO

A través da convocatoria ofertada desde a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, este ano, decidimos participar na actividade “O conto viaxeiro”. Uns once colexios de Ferrol participan na elaboración dun conto. Este ano o tema central será “Javier Gómez Noya”. Á nosa aula tocoulle o papel de continuar parte da introdución do mesmo. Foi así como en grupos ideamos o texto, logo as ilustracións e por último gravamos un anaco do que será o vídeo-conto final. Pasalo ben traballando, non ten prezo. Agardamos inquedos polo resultado final.


18

Excursi贸n e Concerto


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

19

O pasado 19 de febreiro os nenos e nenas de Primeiro e Segundo da Primaria viaxaron á Coruña e a Betanzos. Pola mañá asistiron ao concerto didáctico “Pedro e o lobo” no Pazo da Ópera da Coruña, logo saíron para Betanzos onde xantamos na pérgola do parque do Pasatempo. Axudados da guía Elena, visitamos o parque temático que os irmáns García Naveira construíron para os seus veciños e veciñas. Foi do máis interesante, pero sobre todo o máis emocionante foi introducirse nas furnas que a xeito de labirintos comunican o parque.


20

3º de Educación Primaria

Os alumnos de 3º Ed. Primaria, descobren a meteoroloxía.

Despois de ler moita información e ver documentais, para acabar a unidade da atmosfera e a meteoroloxía, os alumnos fixeron un mural cos símbolos meteorolóxicos. Cada nen@ fixo un símbolo e logo pegouno no mapa do tempo.

Tamén fixeron outros murais cos instrumentos que usan os meteorólogos para medir os elementos máis importantes do tempo atmosférico.


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

21


22

4º de Educación Primaria

Co uso que facemos das novas tecnoloxías, cada vez úsase

menos a correspondencia para comunicarnos, xa que non nos podemos comunicar dun xeito tan rápido e inmediato como cunha carta. Pero os alumnos de cuarto escribímonos cartas entre nós e mesmo fomos a depositalas á caixa do correo. Todos aprendemos a escribir ben a nosa dirección, a do destinatario e mesmo a colocar o selo de correos, que a verdade, nunca o fixeramos. Por certo, as cartas chegaron con moita rapidez aos buzóns das nosas casas.

AULA DE ECOLOXÍA URBANA


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

23

Durante boa parte deste trimestre, os alumnos de cuarto dedicámolo a ampliar os nosos coñecementos sobre a meteoroloxía. Construímos un pluviómetro caseiro, para así poder facer cadanseu aparello na casa. Co pluviómetro pódese saber o que chove diariamente, aínda que o que si sabemos, sen medicións, é que en Galicia chove moito!


24 Este mes, despedímonos do noso compañeiro Kleiber, que se muda a vivir A Coruña. Esperamos que o pase moi ben cos novos compañeiros do seu colexio e que se vaia moi contento por todos os amigos que fixo no cole Ludy. Cando poidas, ven visitarnos. Ata pronto, Kleiber!!

TALLER DE PRENSA Os pequenos xornalistas tamén se atreven coas entrevistas aos seus Mestres. Aquí tedes unha pequeña mostra do que fixeron: Como ves o ensino? O ensino é unha parte moi importante da miña vida e unha paixón.

Por que che gusta o ensino? Gústame porque todos os días estou aprendendo, son moitas individualidades das que sempre recolles algo. Tamén importante para min é a relación coas familias. Ámbolos dous deberiamos ir da man.

Como ves aos nenos/as? Os nenos/as poderían traballar mellor. Ás veces véselles demasiado cómodos.

Gústache axudar aos nenos? Si, moito. Non hai nada máis fermoso que mirarte na cara dun neno ou dunha nena. Velos como van medrando e como van progresando.

Como cres que ven os nenos/as o Colexio? Os nenos e nenas deberían ver o Colexio como a súa casa onde tratamos de desenrolar a función de guía cara ao seu futuro.

Foi a túa primeira elección a de ser profe? Non. O primeiro que se me pasaba pola cabeza e co que sempre soñei foi con facer música.


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

TALLER DE PRENSA Nesta sopa de letras teredes que atopar cinco nomes de รกrbores froiteiras mailos seus froitos. A

F

I

G

U

E

I

R

A

L

R

B

C

L

B

R

H

P

M

A

I

C

E

R

E

I

X

A

E

R

E

B

R

V

T

L

L

L

I

I

U

D

D

G

G

N

B

I

X

E

G

P

E

L

M

E

R

M

A

X

O

F

I

G

O

O

R

O

B

I

N

O

R

E

M

O

R

N

C

C

A

R

B

A

L

L

O

M

B

I

D

U

E

I

R

O

O

A

C

L

I

M

O

E

I

R

O

P

20

-10

X5

+50

:10

=10

:5

=70

+8

-15

36

:4

7

15

+30

50

70

15

:2

X3

40

=46

=50

=0

X3

100

7

=80

X3

50

52

:4

:6

70 :8

:9

:10

+20

=10

X4

=400

+18

:9

X10

+20

X10

X2

+20

=20

X5

200

X3

X2

X1

X10

X7

:5

:4

=30

X6

100

:2

6

X5

:2

+5

+10

= 30

+15

+15

50

-15

+8

+5

-7

:2

=14

=40

+20

+16

60

75

14

X8

X3

:4

:9

:5

70

+17

20

:2

:4

:5

X8

X9

:7

:6

-5

+18

E

Agora toca xogar coas matemรกticas e teredes que atopar cinco operaciรณns co seu resultado exacto.

25


26

Entrevista a Mónica Flores (xuíza de triatlón)

Que te levou a ser xuíz/a de triatlón? As veces colaboraba nalgunhas actividades coa Directiva que levaba a Federación de Tríatlon e con motivo da organización dun Campionato de España de Dúatlon que se ía celebrar en Lugo, organizaron un curso “expres” xa que necesitaban xente para colaborar na organización e así me fixen xuíza. Disfrutas co que fas? Por que? A verdade é que levo desfrutado moito, sobre todo nos seus inicios onde non había nada e sempre tiñas a sensación de estar creando. A día de hoxe, coa popularización deste deporte, ás veces é máis desagradecido pero tento sacar o bo que aporto a cada competición e sigo gozando do traballo nas competicións, e por suposto especialmente cando ves que os deportistas e afeccionados se van contentos. Sempre che gustou o deporte? Que deporte practicabas de neno/a? A verdade é que si, calquera deporte pero especialmente os que se fan no exterior. De nena fixen varios deportes pero no que máis continuidade tiven foi no atletismo, sobre todo no cros. Era medianamente boa pero recoñezo que nunca fun moi sufridora, gustábame desfrutalo e aínda a día de hoxe calquera problema que teño tento apartalo da cabeza correndo.

Neste camiño, de que persoa te lembras que che empurrara para chegar a onde estás? Pois aínda que me fixen xuíza grazas ao presidente dese momento, Paco Villanueva, quen me levou a onde estou hoxe …sen lugar a dúbidas, os tres oficiais internacionais que me preceden, de quen aprendín case todo o que sei, me empuxaron a superar calquera atranco e o piar sobre o que me apoio cada día no meu camiño internacional, Luis Coira, José Angel e Miguel Fernández. Recordas algún momento moi complicado nunha competición? Non me gusta recordar os momentos complicados, tento resolvelos e pasar páxina aínda que moitas veces sexa difícil, prefiro lembrar o bo de cada carreira.


Revista Ludicol

Que formación foi necesaria para que chegaras a ser xuíz/a internacional? Son Xuíza Nivel 1 dende 1998, en 2000 fixen o Nivel 2 autonómico, N3 Nacional en 2004 e en 2014 conseguín o Nivel 4 (ITU Level2. Todos teñen unhas horas de teoría, e un número de prácticas en diferentes competicións segundo o nivel. A parte teórica avaliase cun exame no nivel 1 e no resto, como xa traballamos máis a parte técnica , debemos facer un proxecto dunha competición no que se avalían distintos aspectos segundo o nivel. E por suposto reciclaxe continua e moita experiencia. Desde o teu posto, asústate a responsabilidade? As veces… Sigo traballando en todos os ámbitos de competición, escolar autonómico, nacional e internacional. Segundo o nivel da competición e o posto que desempeñes na mesma, sabes que as túas decisións poden afectar tanto a deportistas coma a organizadores e federacións e debes conxugar todo isto para conseguir o éxito da competición sen prexudicar os intereses de ningún dos implicados. Cales son as túas aspiracións futuras? Pois,…, o soño de calquera, …arbitrar unha olimpíada? Tentarei mellorar e traballar para seguir arbitrando a nivel internacional, pero teño os pés na terra, vou maior e teño moita competencia, a calidade dos xuíces españoles é moi alta, polo tanto seguir dándoo todo en cada competición, e desfrutando,

Nº 8, marzo de 2016

27

Ata chegares aquí, topáchete con problemas ou persoas que parecían insalvables? Máis dunha vez, pero aí é onde tiven o apoio tanto dos que me preceden coma do equipo que traballa en Galicia cada día a carón meu e que me dan toda a forza para levantarme cando tropezo e superar os atrancos Que decisión tomaches nalgunha proba que che resultara moi dura? Pos por exemplo deixar sen correr a un deportista porque non estaba no listado e polo tanto tampouco no seguro a pesar de que el me estaba ensinando que mandara o fax que á Federación chegar en branco. Sénteste valorado/a polos teus compañeiros? En xeral si, especialmente polas persoas coas que teño que planificar as carreiras. A verdade é que en Galicia contamos cun equipo moi consolidado, isto facilita a integración da xente nova e faime sentir apoiada por uns e outros ao ver que o resultado é satisfactorio O feito por exemplo de que como xuíz me pidas esta colaboración cos teus alumnos, faime entender que valoras o meu traballo, polo tanto quero darvos as grazas a ti e a eles contedes conmigo.


28

Excursión a “Avifauna”


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

29


30

5º de Educación Primaria A pantasma de Canterville en Teatro con G

Un ano máis, o Colexio Ludy

profe Torregrosa da popular obra, quen,

volve participar na actividade proposta

asemade, intervén na Dirección xunto ao

pola Coordinadora de Normalización e

profe Miguel e co profe Manuel axudando

Dinamización Lingǘística de Ferrolterra:

na tarefa da correcta utilización da lingua

Teatro con G.

galega na obra.

Nesta ocasión será o curso de 5º de

Coma vedes na fotografía, o

Primaria o que represente a función “ A

alumnado xa está nos ensaios e en xuño

pantasma de Canterville” no teatro Jofre.

teremos o resultado cunha función por

Esta obra é unha adaptación do

todo o alto.


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

31

DE PROFESIÓN, PALILLEIRA

En Galicia, as mulleres que

suxeitando a puntilla. A un dos paus

comezaron a facer o encaixe de bolillos,

suxeitan unha pequena almofada

son as que se dedicaban a facer redes e

onde teñen os alfinetes que van ir

a arranxalas.

empregando.

Viron os primeiros encaixes nos barcos

Fan un patrón de papel co debuxo da

que viñan de Holanda e outros países

puntilla ou encaixe que van facer. Sobre

donde se facía.

el van traballando colocando alfinetes

Utilizan distintos tipos de fío con grosores diferentes e uns pauíños de madeira chamados bolillos, de aí ven o nome de encaixe de bolillos. Fan unha

aos que enganchan fíos que se van entrecruzando e que veñen dos bolillos, xa que cada bolillo ten envolto fío. É un traballo moi complicado e que

almofada con unha tea grosa e rechéana

require moita pacencia. En Galicia o

de palla. Logo colócanlle dous paus, un

debuxo tradicional é o das flores. Úsase

en cada beira para poder apoiala e así

un trapo porque estira, para poñerlle a

traballar mellor. Sobre a almofada colocan todo o conxunto para que non se mova. unha protección que normalmente é un

Cando se acaba, aprétanse os bolillos

pedazo de sintasol para que enganchen

para que non se movan os fíos e apretan,

mellor os alfinetes que utilizan para ir

quitando os alfinetes.


32

5º de Primaria escoita aos seus avós

A miña avoa Solita, cando era pequena case non había cartos e case nunca ía á escola porque tiña que axudar na casa. Cando podía ir á escola,

Vou contar o que facía a miña avoa de moza cando vivía no Barqueiro. Pola mañá cando se

que lle quedaba moi

levantaba facía o almorzo

cerca, non podía xogar no

nunha cociña bilbaína que

recreo porque a súa nai

prendía ou funcionaba con

chamábaa dicíndolle que

leña de toxo que ía buscar

tiña que facer uns recados.

ao monte ou con carbón,

Ás veces xogaba á comba

que traía un camión que o

coas súas compañeiras.

ía repartindo polas casas.

Cando xogaba tiña uns zocos de madeira que quitaba e rompía os calcetíns. Naqueles tempos había clases pola tarde pero eran de calcetar e

Despois tiña que ir

Costureira e operaria de fábrica conserveira (a miña avoa materna)

buscar auga á fonte porque Aprendeu nun taller de non tiña auga corrente coma agora: Ía lavar a roupa no río e,

costura. Ía coser polas casas das persoas que lle facían

coser. Aos dez anos tivo

ás veces, escapábaselle

encargos de todo tipo coa

que deixar de ir á escola

a roupa coa corrente do

súa máquina ao lombo.

porque nacera a súa irmá

río e non mencionemos o

Arranxaba cremalleiras,

e a tiña que coidar. Xogaba xabrón, que tamén se lle

zurcía calcetíns, peceaba

con xoguetes de cartón

sabas. . . Facía traballos

e cando viñan os Reis Magos só lle deixaban un agasallo.

caía polo río, ás veces. Eran tempos moi difíciles e moi miserables nos que pouco se podía facer.

nunha casa por día. Gañaba entre 20 e 50 pesetas, depende do que fixera.


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

33

Se saía cedo dunha

cataventos na rúa. Sen

ás agochadas poque á

casa ía a unha fábrica

dicir nada a ninguén,

avoa , os seus pais , non

de conservas de peixe.

baixou polas escaleiras

lle deixaban que tivese

Alí facía horas para

e chegou á estrada. Na

mozo e escapábase pola

completar a xornada

metade da estrada estaba

fiestra para ver ao meu

laboral. Co tempo, o

o cataventos. Cando o

avó . Vironse durante un

traballo de operaria na

colleu, un coche negro

ano .Despois todo cambiou

fábrica conserveira,

parou a medio metro del.

e a súa relación sóubose

fíxose a tempo completo.

Era o coche do Xeneral

. Da súa pandilla era a

Enlataban os produtos que

Franco, quen daquela

máis admirada por todos.

traían os barcos de cerco

mandaba moito e vaia se

Compartían xuntos a súa

na localidade (Cariño):

mandaba. Uns policías

afección polo fútbol.

sardiña, xurelo, agulla e

cun uniforme moi especial,

O avó xogaba ao fútbol sa

xarda. O xornal na fábrica

seguiron ao meu avó ata a

e a fútbol campo no wquipo

ao día era dunhas 60 ou 70 súa casa e dixéronlles aos

do Neda .A avoa xogaba

pesetas ao día.

seus familiares que tiveran

no equipo feminino de

Traballaba todos os días

moito máis coidado cos

Xuvia de fútbol sa .

menos os domingos.

nenos.

O avó era un home con

O meu avó era moi

moi boa presenza, pero O avó vivía en Neda

el só tiña ollos para avoa,

anos e vivía cerca de

e a avoa veuse vivir de

e por iso, levan xuntos 39

Capitanía, en Ferrol. Un

Xixón a Neda .Vivían na

anos .

día, en fronte da súa casa,

mesma rúa, a 200 metros.

Teñen tres fillas e catro

formouse un gran desfile

Ían ao mesmo colexio

netos e seguen estando

con policías, coches,

e andaban na mesma

como no primeiro ano de

soldados... Como había

pandilla. Empezaron sendo

noivos .

tanta festa o seu avó

amigos e pouco a pouco

Sempre celebran o seu

regaloulle un cataventos

xurdiu o amor.

aniversario ao grande !!

de xoguete. O meu avó

Empezaron a saír cando

asomouse á fiestra para

avoa tiña 13 anos e o avó

ver o desfile e caeulle o

16. Comezaron o seu amor

pequeno, tiña uns catro


34

6º de Educación Primaria

MIKU Ola, son unha enfermeira do asilo do barrio e vouche contar a historia dun gato. Non é o típico gato da casa, fora ,pero agora é un gato da rúa. Todo comezou na casa de Carmen, unha avoíña moi doce que quería moito ao seu gato, Miku. Dáballe de comer moi ben, non aquelas pedras que veñen en sacos. Non, lle daba latiñas con sardiñas, boqueiróns...ou daquelas outras de comida para gatos de luxo. Peiteábao todos os días e bañábao con auga quentiña todas as semáns, pero, o máis incrible non era iso. Coma ela dicía, poñíall patucos nas patiñas para que non manchara as súas impecables gadoupas que lle arranxaban todas as semáns. Ademais, Carmen deixábao subir ao seu seo polas noites coa súa mantiña alí acurrucado. E,se tiña sorte quizais viñera Lola, a súa neta, que sempre que viña lle traía algún xoguete novo. Miku, como podedes ver, era un gato moi mimado, pero iso rematou, a avoíña, Carmen, estaba moi maliña, xa era moi maior e tivo que ir para un asilo. Como podedes imaxinar, alí non querían gatos. Miku quedou na rúa. Non quero nin pensar que lle pasaría a Miku na rúa. Non duraría nin un día co seu peiteado, sen os seus patucos e comendo ratos. Aquel día Miku pasouno moi mal Cando o botaron non se decatou, pero logo... non souben máis del ata o outro día. O pelo todo enredado, cheiraba a lixo, e os seus patucos estragados polas súas gadoupas. Miku!-berrei eu cando o vin-.

Non se parecía moito, pero os seus ollos son moi bonitos e calquera podería saber quen é polos seus ollos. Collino no colo rapidamente, pero logo me decatei de que estaba moi porco. O máis incrible era que a mim non me recoñecera. Chimpou ao meu colo e, como se fora un gato moi chulito, marchou. Despois duns días vixiándoo decateime de que era o líder dun grupo de moitos gatos. A onde el ía, os demais tamén, se paraba o grupiño igual. En poucas semanas conseguira tomar o mando de todo o barrio gatuno. Cansábase do grupo, quería estar só e, cando o conseguía, a súa face era triste. Un díaa collino só e con esa mesma mirada triste. Daquela si que se deixou coller e xa se lle vía mellor cara, xa sabía que facer. Leveino á miña casa, bañeino, corteille as unllas pero non tiña patucos. Collín unha bufanda e cosina coma un patuco de la, dinlle unhas sobras dos pauiños de peixe do día anterior, que non cría que lle foran gustar tanto pero para el era un luxo despois de ter que comer ratos. Xa estaba coma novo, leveino xunto de Lola, que xa a coñecía de tanto vela ir visitar á súa avoa. Lola colleu a Miku con moita enerxía e díxome, moi eufórica, que quedaría con Miku. Tan contenta quedara Lola, que o trataba tan o máis ben que Carmen. Así queda a historia.


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

QUENES SOMOS? Os rapaces e rapazas do 6º curso de Ed. Primaria, foron na procura das súas raíces. Tentaron atopar aos seus antergos dos que, na mayoría dos casos, nunca oíran falar. Agora teñen una idea da súa liña vital e coñecen de onde veñen e quenes son. Unha experiencia moi ben aproveitada.

35


36

Ferrol

Ferrol ( en ocosions, chamado tamén El Ferrol ) é unha cidade e municipio español situado o norte da provincia da Coruña, no ángulo noroeste de Galicia, concretamente na ría que leva o seu nome: Ría de Ferrol. Conta cunha poboación de 70.389 habitantes segundo o I.N.E(Instituto Nacional de Estadistíca) do 1 de Xaneiro do 2014. A zona metropolitana de Ferrol, conocida como Ferrolterra, agrupa as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal cunha poboación aproximada de 200.000 persoas. A súa superficie é de 82,65 km cuadrados e foi fundada no Século I a.c. Cidade curtida en mil batallas, Ferrol é unha sabia mezcla de cultura, elegancia urbana e poderío militar.Pola súa vinculación co mar e pola súa situación xeográfica e estratéxica, Ferrol é dende o Século XVIII a sede da Capitanía Xeneral da zona marítima comprendida entre o Miño e o Bidasoa,sendo pola tanto unha das capitais das zonas marirítimas da Armada Española. A mediados do Século XVIII, a documentación oficial escrita en lingua castelá fará uso principalmente do término “El Ferrol” , hasta que o día 5 de octubro de 1984 a denominación oficial do municipio recupere o nome simplemente de “Ferrol” .Diferénciese “El Ferrol” de “el Ferrol” pois no primeiro caso, o determinante forma parte do topónimo

Plano de Pedro Texeira. Ría de Ferrol (año1634).


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

Con case 10 séculos de historia o topómino “Ferrol” se rexistra por primeira vez nun documento eclesiástico da Catedral de Santiago de Compostela con data do 30 de marzo de 1087, no que se mencionan en latín os términos de sancto Luliano de Ferrol o que supón a primeira referencia non só o lugar se non tamén a un templo posiblemente

Ano 1.603

prerománico , dedicado o que é hasta hoxe o patrón da cidade (San Julián/ San Xiao). Poucos anos máis tarde en 1111 un novo documento ésta vez alusivo o entonces monasterio cercano a San Salvador de Pedroso,xa farian mención ainda en latín a unha entidade laica, la villa de Ferrol. A partir de enton o nome Ferrol será o término usado para referirse a vila medieval ferrolana. O longo da Idade Media, Séculos XIII , XIV e XV , os documentos locais,todos eles escritos en lingua galega (galega – portuguesa) utilizaron a forma Ferrol como reflexa a amplia documentación. Tamén nos documentos emitidos dende a corte castelá (todos eles en lingua castelá) mostran o uso do nome Ferrol o longo da Idade Media.

37


38

Arsenal de Ferrol. Grabado del año 1850.

Xa a mediados do Século XVIII, a documentación oficial escrita en lengua castelá fara uso principalmente do novo término El Ferrol hasta o 30 de setembro de 1938, no que unha Orde do Ministerio de Interior a instancias do seu titular Ramón Serrano Súñer ( cuñado de Francisco Franco) cambiou a denominación a El Ferrol del Caudillo,vinculados deste modo a cidade o enton novo dictador nativo do municipio ferrolán.

Sobre o significado do seu nome hai diversas hipotesiss ao longo dos últimos 300 anos. Pra algúns o nome viría por unha lenda dun santo breton de nome San Ferreol o cal chegara nun barco a terras ferrolás entre un coro de 7 sereas. A hipotese máis probable e que o seu orixe se encontre da topónimia altomedieval , sendo a asociación dos vocabolos que pode significar”Porto- Cercano” ou do latín Villa Ferreoli(vila medieval pertence a Ferreolus) Outra tradición cre que Ferrol proven de Faro, aludindo a figura heráldica que aparece no escudo de armas da cidade sen enbargo segundo os especialistas, o orixe do escudo de Ferrol remonta únicamente ao Século XVIII exisistindo ademais diversas variantesempregadas ao longo do tempo, sin que se haga fixado, dacordo a lexislación ampliable dende a década 1990, a composición heráldica de maneira oficial.

Plano de Ferrol. Segunda mitad del Siglo XVIII


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

39

O TRABALLO DOS MEUS PAIS O meu nome é Antonio e son Garda Civil.

simplificado, é a de investigar os feitos delituosos, buscar Moitas veces probas que incriminen ao preguntáronme que delincuente, deter a este facemos no meu traballo, e levalo á presenza do xuíz e aínda que está mal dicilo, para que este o xulgue non é un traballo senón tendo en conta as probas unha vocación. Supón que presentamos. esforzo o realizalo, nin O meu traballo é distinto mirar o reloxo para ver cada día pois a diario hai o que queda de xornada, casos novos e diferentes gozo diso, aínda que ten que investigar .Todos moitos momentos difíciles e cada un deles son polas situacións que se dan importantísimos xa que a diario. detrás de cada un hai unha Na Garda Civil, como ou varias persoas que son ben sabedes, hai moitas vítimas. Aínda que todas especialidades: Tráfico, queren a rápida resolución Información, NRBQ,GRS, do feito nós non temos Servizo Marítimo, Servizo unha bóla máxica que nos de Montaña, Policía faga ver o sucedido, e Xudicial e así moitas máis para iso é fundamental especialidades.Todas elas a colaboración cidadá e os seus efectivos temos , e logo está o traballo un fin e un cometido común que realizamos: tomamos que non é outro que o pegadas e vestixios da auxilio e a protección dos zona que poida deixar cidadáns, e garantir os o delincuente, tomamos seus dereitos e liberdades. fotografías, recollemos Para iso tentamos facer declaracións á vítima e cumprir as leis pois estas testemuñas, mostras de están feitas para que haxa ADN (que logo as examinan unha mellor convivencia. nos nosos Laboratorios). En concreto eu pasei Todo iso para que nos por varias destas axude a saber quen o especialidades, desde a fixo, como e por que. Agrupación de Tráfico, na Despois disto, e unha que estiven os últimos 9 vez investigado o feito anos, Seguridade Cidadá e localizado ao autor, ata a Policía Xudicial á que detémolo, apuntámolo pertenzo na actualidade. (coloquialmente fichámolo) O meu cometido, moi e levámolo ao xuíz para

que sexa el que o xulgue en vista ás probas e ditamine o que a Lei dispón. Tamén nos encargamos de investigar eses delitos máis delicados e que teñan unha especial sensibilidade ou complexidade: delitos cometidos por ou contra menores, delitos contra a saúde pública, branqueo de capitais, organizacións criminais .e aqueles que necesiten unha maior especialización para a súa resolución. Por estes motivos teño sempre unha vida un pouco máis atarefada que outras profesións, e é un traballo que se non é por vocación é difícil de realizar, xa que ademais de ser Garda Civil moitas veces debo facer de psicólogo, mecánico, amigo .pois a diario atópome coas situacións máis vario pintas e cada unha é distinta e delicada, pois non trato con obxectos nin números senón con PERSOAS , todas e cada unha delas son importantes e merécense un respecto, un trato correcto. En fin intento aportar a esta, a nosa sociedade, o meu grauíño de area para que todos poidamos vivir un pouco máis seguros.


40

POESÍA NA LEMBRANZA

Actividade na que os rapaces e rapazas de 6º de Ed. Primaria, teñen que recoller unha fotografía do seu ámbito familiar, xa sexan avós, bisavós ou pais e nais de raparigos. Acompañando á fotografía, e vendo a súa temática, recoller un poema da literatura galega que lle acaia ben. A verdade é que aparecen traballos moi fermosos. Parabén aos rapaces e rapazas e ás súas familias.


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

41

Un traballo de investigación

6º de Primaria busca na nosa tradición e atopan os remedios para ver como curaban os nosos avós. Aquí poñemos un pequeño adianto. No terceiro trimestre presentarémosvos unha recompilación de todos os remedios que conseguimos recuperar.

Para os granos; cóllese un anaco de cebola .Cun chorriño de aceite quéntase nas brasas .Logo déixase arrefriar. Pone enriba do grano cunha vendaxe e déixase toda a noite . Ao diá seguinte xa debería ter estourado. Logo collíase unha planta; a "ciruda" e pasábase pola fogueira para desinfectala. Botábase un pouco de aceite e poñíase unha vendaxe. Para as feridas dos animais (1); Collíase unha folla dunha planta e esmagábase un pouco, xunto con manteiga de porco. Logo se lle poñía ao animal (sobre todo cabras é ovellas) nas patas. Para as feridas de animais(2); Collíase unha peza de porco xa posta para adobar e botábase sal. Cando se lle formara unha costrega de sal derritida dun cor amarelento, poñíase un cazo de

cerámica debaixo e deixábase que goteara esa graxa. Logo metíaselle alí a pata do animal ferido e xa quedaba curado. Tamén se recollía a salmoeira que verquía do baño onde se salgaba a carne do cocho e recollíase nunha cazola. Para cortes se estas na vendima; Colles unha uva e co zume que hai dentro, ponse na ferida. O zume desinfecta e fai que deixe de sangrar. Para a tos (1); cóllese unha cebola e unha laranxa, mestúrase todo e bébese. Para a tos (2); cóllese un limón coa pel, pártese pola metade e ponse a cocer con azucre caramelizado. Tómase esa auga e cura.


42

ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

- Saída ao Museo de Historia Natural, alumnado de 5º (5 de febreiro). - Visita dunha matrona ao alumnado de 6º (17 de febreiro). - Charla de Urbaser sobre a reciclaxe para o alumnado de 1º e 2º. - Día da Paz (29 de xaneiro), Decoración do colexio e interpretación dunha cantiga. - Entroido, saída polas rúas e queima do meco. (5 de febreiro). - Mercadiño solidario e concerto de “Adán sin Eva” (19 de febreiro). - Excursión a Betanzos e Concerto en Coruña para 1º e 2º (19 de febreiro). - Excursión de Educación Infantil á granxa Belelle (10 de marzo). - Saída dos nenos e nenas de 4º para enviar unha carta. (7 de marzo). - Saída polo barrio das nenas e nenos de 4 anos co obxectivo de coñecer as tendas e comercios do lugar. - Visita ao alumnado de 2º do persoal encargado de elaborar “O conto viaxeiro” (9 de febreiro) - Charla no colexio da escritora Ánxela Loureiro para o alumnado de 3º e 4º da primaria. - Excursión de 5º e 6º da primaria (Asturias e Cantabria).


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

43

ENTROIDO

Segundo ano de Entroido Total. Outro ano de Meco e implicación absoluta de todo o Centro na actividade do Entroido. Este ano tamén reapareceu a figura do Meco. Día a día foinos dicindo que traer posto ao día seguinte. Seguindo e seguindo rematamos disfrazados de durmiñóns e durmiñonas. En ámbolos dous patios festexouse a festa coas larpeiradas que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Despois, coas pilas cargadas, saímos polas rúas da contorna en desfile. Para rematar, como non podía ser doutro xeito, queimamos o noso Meco no campeiro da praza do Río do Tronco. Despediamos así os mandatos do 2016, xa coa ollada posta no Meco do ano que vén.


44

MERCADIÑO E CONCERTO O afán solidario e festeiro segue vivo en Ferrol. Así o constataba o número de asistentes ao mercadiño organizado o pasado 19 de febreiro polos nenos e nenas de Quinto e Sexto da Primaria. O obxectivo: Recadar fondos para a súa excursión. En cuestión de minutos no patio superior do colexio organizouse un mercadiño con todo tipo de obxectos e larpeiradas. Logo dun sorteo chegou o momento da música. O grupo ferrolá “Adán sin Eva”, que xa nos acompañara o ano pasado no mesmo evento, participou de baile cunha gran execución musical na que pequenos e maiores seguimos o ritmo das súas cancións.


Revista Ludicol

Nº 8, marzo de 2016

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS

45

COSEDE MENIÑOS COSEDE, COSEDE DE NOITE E DE DÍA. Os nenos e nenas de Segundo da Primaria están a elaborar unhas marionetas do máis fermosas. Para a súa elaboración están empregando uns calcetíns de inverno (ben gordiños), fieltro, agulla e fío. E é que se puxeron a coser as partes das súas marionetas para finalmente decoralas con ollos e adornos variados. Serán marionetas moi xeitosas. Que ben cosen estes nenos!


46 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA Como cada 24 de febreiro, no noso Colexio e despois da convocatoria feita polo ENDL, dispoñémonos a coñecer máis de preto a figura da nosa ilustre escritora. Así traballamos a súa vida, a súa obra, que nos quixo dicir… Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal chorou Madalena na Pasión. Puidemos comprobar que as nosas letras e os seus autores seguen vivos.


Revista Ludicol

Nยบ 8, marzo de 2016

47


48

Se queredes ter unha impresión en cor desta revista, só tedes que apuntarvos en Secretaría ou no enderezo cpr.ludy@edu.xunta.es. O prezo é de 8 € e podedes facelo ata o 31 de marzo de 2016.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O Mensaxeiro Ludicol Nº 8 by Revistas Colexio Ludy - Issuu