Skip to main content

O Mensaxeiro Ludicol Nº 7

Page 1

Revista Ludicol

Nยบ7, Decembro de 2015

1


2

Ola Mensaxeiros e Mensaxeiras.

Sen fallar á miña palabra. Aquí estou, tentando estar ao día nas actividades e nos labores educativos no Colexio Ludy. Non o teño moi doado para dar cabida a toda esta actividade en tan pouco espazo pero coa axuda dos meus colaboradores o traballo é moito máis doado. Como dicía o poeta “Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar…” Así tentamos facer nós. Facemos os nosos traballos, aprendemos todos de todos, dialogamos, colaboramos e, en definitiva, axudámonos. No comezo desta nova andaina, boto de menos a unha persoa que ensinou a moitas xeracións de Mensaxeiros, a Fundadora do noso Colexio. É por iso que de agora en diante teremos que seguir coa nosa andadura sen a súa luz que nos alumeaba pero que seguro estará pendente e gardando de nós. Coa forza que nos transmitiu Dna. Ludy tiramos cara adiante, noutros tempos, noutras historias, en resumo, no noso mundo. Adiante Amigos e Amigas Mensaxeiros, temos moito camiño que percorrer. Todos da man será máis doado: vós, nós, as familias. Disfrutade como eu disfrutei facendo esta recompilación do traballo ben feito.

Unha aperta Mensaxeiros

Este ano, se queredes ter unha impresión en cor desta revista, só tedes que apuntarvos en Secretaría ou no enderezo cpr.ludy@edu.xunta.es. O prezo é de 8€ e podedes facelo ata o 8 de Xaneiro de 2016.


Í

Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

ÍNDICE v v v v v v v v v v v v v v v v v v v

Escola Infantil ..............................................4 Educación Infantil, 3 anos ...........................6 Educación Infantil, 4 anos ...........................8 Educación Infantil, 5 anos .........................10 1º de Educación Primaria ..........................12 2º de Educación Primaria ..........................14 Excursión a Alfoz ........................................16 3º de Educación Primaria ..........................18 4º de Educación Primaria ..........................20 Taller de prensa .........................................22 Excursión a Cariño ....................................24 5º de Educación Primaria ..........................26 6º de Educación Primaria ..........................33 Convivencia co IES Concepción Arenal ....39 Actividades feitas no 1º Trimestre .............40 Samaín en “Debuxo e pintura” ..................41 O magosto .................................................42 Tempo de Nadal ........................................43 Recuncho dos ex – alumnos .....................44

3


4

Escola Infantil Ludy

BENVIDO CURSO 2015/16! Un ano máis damos a benvida a este novo curso que comeza. Chegou cheíño de enerxía, novas experiencias, nov@s compañeir@s... e moitas gañas de aprender! Este primeiro trimestre comezou sendo un pouco duro. As portas da escola abríanse por primeira vez para moit@s de nós, deixando atrás as nosas familias por un momento e adentrándonos neste novo espazo que, á fin do camiño, será a nosa segunda casa. Unha vez rematada a adaptación, as “profes” ensináronnos cantas cousas divertidas se poden facer na escola: xogar con outros nenos e nenas, descubrir contos máxicos e historias de medo, meternos de cheo no outono e todo o que agocha, coñecer novas texturas, formas, cores, sabores... e, sobre todo, a pasalo ben! Tamén tivemos tempo de facer unha gran festa de Samaín, ir de excursión ao parque do Couto, celebrar o magosto, degustar froitos propios da tempada de outono, aprender moitas cancións, dar a benvida ó Nadal, coñecer ao Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos, tocar as pandeiretas... e todo o que nos queda aínda por facer!


Revista Ludicol

Nยบ7, Decembro de 2015

5


6

Educaci贸n Infantil, 3 anos.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

CARACOIS!!

Neste trimestre tivemos, na

clase, uns invitados moi tranquiliños, os nosos amigos OS CARACOIS. Buscamos información, fotos, cancións, poemas… Con todo isto fixemos o recuncho dos caracois. Observámolos coa axuda dunha lupa, e aprendemos moito sobre eles: a súas partes do corpo, que é o que comen, cando lles gusta pasear… Ademais coidámolos moi ben e con moito cariño. Moitas grazas caracois por facernos esta visita!!!

7


8

Educación Infantil, 4 anos.

Este curso en Educación Infantil deixamos os libros por proxectos editoriais e comezamos unha

nova forma de traballar,moito máis preto dos intereses reais dos nenos e nenas destas idades. Traballamos por centros de interese ou o que é o mesmo, por proxectos educativos, non impostos polas editoriais, senón partindo do que na clase interesa,o que aos nenos e nenas lles esperta a curiosidade. Este trimestre fomos de excursión ao Castelo de Moeche. Gustoulles tanto a fortaleza que comezaron a xurdir preguntas e máis preguntas…Pouco a pouco fomos dando resposta a moitas delas. Aprende mos que partes teñen os castelos,como era a vida dentro deles,quen vivía aí. Situámonos nun tempo moi lonxano, a Idade Media. Xogando aos cabaleiros descubrimos os escudos e investigamos os nosos apelidos coa colaboración das familias. Contamos contos incribles de princesas e dragóns. Xogamos coa pantalla dixital …Así divertíndonos un montón, aprendemos moitísimo!!!

OS


Revista Ludicol

CA

ST

Nยบ7, Decembro de 2015

ELO

S

9


10

Educación infantil, 5 anos

AS PROFESIÓNS Este trimestre , os nenos e nenas de Ed. Infantil 5 anos, aprendemos moitas cousas sobre as profesións. O primeiro que aprendemos foi a profesión dos nosos pais e nais. Todas moi interesantes.Entre elas hai bombeiros , militares , policías , cociñeiros , camareir@s , vixiantes de peixes , traballadoras da casa , traballadores do naval , dependentas , caixeiras… Outra cousa interesante foi coñecer a profesión á que nos queremos dedicar de maiores. A maioritaria foi a de policía. Aprendemos o tipo de ferramentas , utis , etc , que se usan nos oficios máis coñecidos. O máis divertido de todo foi a entrevista que os compañeiros do Obradoiro de TV do Cole nos fixeron na clase. Ainda que nos daba vergoña falar, pasámolo moi ben.


Revista Ludicol

Nยบ7, Decembro de 2015

11


12

1º de Educación Primaria

COMEZA OUTRA ETAPA Os rapaces e rapazas de 1º de Ed. Primaria, comezan unha nova etapa escolar rematada a Ed. Infantil. Entre os cambios que os rapaces notarán, atópase a clase de Ed. Física aínda que para eles segue sendo a asignatura de “gimnasia” como para os seus pais. Vense no ximnasio como os maiores, dous días á semana tamén coma eles. Máis materiais, máis actividades… Así entramos nos xogos cooperativos, de pequena resistencia, de reflexos e, como non, o mundo do predeporte. Neste apartado, o que se lles tenta comunicar é que todos e todas teñen cabida na actividade física e deportiva e a importancia que vai ter no seu desenrolo como persoas adultas. Tentamos ir facendo o Castelo desde unha boa base. Agardamos conseguilo.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

Os nenos e nenas de primeiro de primaria dedicamos este trimestre a adaptarnos á nova etapa, a sermos máis independentes, máis autónomos... Pero tamén traballamos en distintos centros de interese, non só con libros e fichas senón con distintas manualidades, adornando a clase e utilizando a nosa pantalla dixital para buscar informacións diversas. Traballamos o outono, a vendima, o magosto, o samaín, a saída ao Concello de Alfoz, o Nadal…. Xa somos maiores e iso nótase ……..

13


14

2º de Educación Primaria

CONTOS DO SAMAÍN

O DÍA DE SAMAÍN Non hai moito tempo, un escuro día de Samaín había treboada. Marchou a luz da clase e cando voltou faltaban dous nenos: Lucía e Dámaso. Foi nese momento cando o Clube das tres valentes (Antonia, Guadalupe e Vilma) decidiron ir ao rescate. Seguindo as pistas descubriron que fora a BRUXA DO OUTONO! E como todos e todas sabedes era moi de botar feitizos outonais. Ó saír ao patio atoparon ós nenos convertidos en ocas e un pergamiño no que dicía que para desfacer o feitizo debían facer algo típico do Samaín. Logo de probar unhas castañas asadas con leite e darlle a proba ás ocas, estas voltaron ser nenos, aínda que a algún se lle escapara de vez en cando algún: – Cuaaaak! Antía Luaces


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

15

A PANTASMA QUE ASUSTABA Á XENTE

Érase unha vez unha pantasma que sempre estaba triste porque todo o mundo se ría dela.

Un día ocurríuselle unha idea. Vestirse de medo para asustar á xente. Ese día asustou tanta

xente que cando rematou marchou para a casa suando.

Ao día seguinte foi correndo contarlle o que fixera á súa nai. Ela non lle dixo moi ben.

–

Agora non podo atenderte que estou camiñando, cóntalle a túa historia ó teu pai e, de paso,

dille que veña xantar, que arrefría e despois non sei que cociñar.

O seu pai veu comer e logo marchou de compras coa pantasma e o seu canciño.

Cando voltaron, a nai xa non estaba na casa. Deixara unha nota na que poñía que saíra

tomar un café. Se queredes, vide. Estou na cafetería do teu amigo Rubén.

Alí foron, pero ao chegar Rubén non estaba, tiña febre.

-

Caramba! Xa estou cansa de ir dun lado para outro –exclamou a pantasma-.

Aló foi ver a Rubén á súa casa. -

Ola, estou enfermo e teño febre –díxolle Rubén-.

-

Ah vale, é que non o sabía.

-

Pois mira que ben, agora xa o sabes.

-

Xa o sei Rubén, e non fai falta que me digas vale.

-

Vale, pois xa non che digo máis “vale”.

-

Mellor así, que non te escoito. Aaaaaaaa! Que tarde é – exclamou a pantasma –

De seguro que tamén se ía volver cansar porque a súa casa estaba ben lonxe. Uxía Fuertes

LAPICEIRO CON GOMA EVA Neste primeiro trimestre os alumnos de 2º de Educación Primaria , na actividade de manualidades fixeron varios adornos para a clase, debuxos …..ademais deste lapiceiro adornado con goma Eva. Pintaron un bote de tomate con pintura da cor que eles elexiron, logo recortaron os debuxos para adornalo con goma eva, por último, pegárono todo ao bote pintado e agora toca envolvelo con papel de cores. Xa teñen un lapiceiro chulo e orixinal!!!!!!!


16

Excursi贸n a Alfoz


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

17

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria fomos este trimestre a Alfoz, concello do norte de Lugo. Pola mañá visitamos a torre da homenaxe do Mariscal Pardo de Dela. Pola tarde visitamos a Finca Galea, fermosa paraxe natural pola que pasa o río Ouro. Alí puidemos ver: regatos, estanques, árbores fosilizadas, fontes, etc... Ademais visitamos o muíño de auga restaurado e ata puidemos ver como funcionaba o batán. Despois de xantar, baixo unha carpa, gozamos da liberdade natural que nos ofrecía a contorna e collemos unha chea de bechos.


18

3º de Educación Primaria

A fauna da nosa cidade. Os alumnos de 3º de Ed. Primaria vistaron a aula de ecoloxía urbana de Ferrol, onde disfrutaron de varias actividades relacionadas coa fauna e a vexetación da cidade. Alí puideron coñecer, facendo varios xogos e actividades, os animais que hai nas cidades e aprender moitas cousas deles.

VISITA

C E E D A Á AUL

A N A B R U A Í X O L O


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

19

SAM

AÍN

Os alumnos de 3º de Ed. Primaria pásano de medo co Samaín. Como todos os anos, no Colexio Ludy, celebramos a festa do Samaín cunha exposición de cabazas decoradas. Os alumnos de 3º traballaron arreo para facer a súa cabaza. Puxéronlle moito empeño para decoralas e o resultado foi espectacular. Cada ano que pasa, os nenos e nenas, teñen máis imaxinación, non vos parece? Gustaríame agradecer a colaboración das familias, que nos axudaron co baleirado das cabazas e cos materiais empregados.


20

4º de Educación Primaria

Tal e como fixemos o curso pasado, un ano máis, voltamos á Aula de Ecoloxía Urbana no Cantón de Molíns. Como na clase estabamos a estudar as plantas, fixemos unha actividade sobre a flora das cidades. Ás veces vemos tanto cemento e asfalto que non reparamos nas árbores e plantas da cidade. Aprendemos como identificar as follas que vemos polo chan e tamén a copiar follas. Quedaban tan ben…Parecía maxia!

AULA DE ECOLOXÍA URBANA


Revista Ludicol

O

Nº7, Decembro de 2015

21

O T EN

P X E

M I ER

Na clase de 4º estamos a experimentar igual que os científicos. Plantamos unha planta e temos que demostrar dúas hipóteses: que as follas das plantas medran cara á luz e que o xeranio que plantamos por espicho, vai enraizar e dar lugar a unha nova planta. Para poder demostrar estas hipóteses temos que deixar pasar os días e ter moooooita pacencia. Cada día regamos a planta e atendemos as súas necesidades. A ver se temos sorte! Recibiredes máis noticias do noso experimento no vindeiro número de Ludicol.


22

TALLER DE PRENSA. 4º ED.PRIMARIA ACTUALIDADE: Nos xornais e nos medios de comunicación, en xeral, os rapaces e rapazas destacan: A longa duración do bo tempo. “Último domingo da tempada estival con bo tempo. As temperaturas estarán entre os 25 e os 29 graos”. Preocupación polo sector lácteo e naval. “Excursións” dos xabarís polas urbes, xa non se esconden moito. Como curiosidade, o pagado por un debuxo de Tintín, un millón de euros. Os rapaces e rapazas mostran a súa preocupación polas enfermidades que sofre, sobre todo, a infancia. Preocúpalles a seguridade vial. Demasiados accidentes de tráfico. O impacto medioambiental que supón a aparición da avéspora velutina. Chámalles a atención a crise económica na América Latina que ameaza os avances sociais xa conqueridas. Como non podería ser doutro xeito, móstranse moi preocupados pola violencia de xénero. Xa no deporte, destacan nomes propios como o Rácing de Ferrol, Rafa Nadal ou Gómez Noya (pentacampión do mundo de triatlón).

OPINIÓN Os participantes no taller de prensa opinan sobre O DEPORTE: O deporte debe ser diversión, esforzo e amizade. Non é deporte competir e gañar a toda costa. O importante é participar. Xogo limpo, xogo en equipo no que todos temos cabida. “Aconsello aos meus alumnos que se divirtan” (Álvaro Fraga, adestrador do Club Natación Ferrol).


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

23

ENTREVISTAS Por grupos de traballo, os rapaces e rapazas prepararon entrevistas a empresarios, monitores deportivos, policías…nas que predomina o amor polo seu traballo e os esforzos que conlevan de cada persoa entrevistada. Identifícanse co seu traballo. Unha entrevista en directo. Na clase visítanos Nordine, un cidadán marroquí que xa leva doce anos entre nós. Nordine, cóntanos como chega aquí cunha oferta de traballo. Vén el só. Anos máis tarde puido xuntar á familia. Xa o pai de Nordine, fora emigrante a Francia aló polo 1948. Alí xubilouse. Nordine cóntanos que en Marruecos “gañábase para vivir” pero el quería algo máis, un futuro mellor para os seus. Cando lles debuxan Europa, todo é marabilloso pero a realidade ten cousas boas e non tan boas. Hoxe Nordine non pensa no retorno pero quere que os seus fillos non esquezan as súas raíces e para iso, tódolos veráns, cando se pode, procuran ir aló. HAI TEMPO… O desastre do “Urquiola” (1972). Un barco que levaba petróleo cando entraba na ría da Coruña, chocou cunhas rochas, provocando que no casco do barco se abrirá unha fenda pola que botou grandes cantidades do cru que se estendeu ás rías veciñas de Ares e Ferrol, causando un grandísimo desastre ecolóxico. O cru que rodeaba o barco, prendeu lume formando unha gran nube negra que fixo anoitecer de súpeto. O capitán do barco faleceu no accidente. En 1980, cóntanos un avó, levei aos meus fillos á neve por primeira vez a Cabeza de Manzaneda. Subindo a costa que levaba ata alí, tivemos que seguir a unha máquina quitaneves que ía limpando a estrada pero o coche quedou encaixado entre dúas rochas. Pasamos moito frío e medo ata que apareceu un equipo do Exército de Terra en prácticas. Pedímoslles axuda e conseguiron sacarnos. Hai 25 anos fúndase Antena 3, a primeira cadea de televisión privada en España ata aquel momento, Só había a Primeira e a Segunda.


24

Excursión a “CARIÑO”

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria fomos de excursión a Cariño. Alí visitamos a fábrica de conservas “La Pureza” e puidemos coñecer o proceso de elaboración das conservas, mesmo probamos bonito. Estaba boísimo! Despois visitamos a Casa do Concello, onde a compañeira Gabriela foi a nosa alcaldesa. Pasámolo xenial!


Revista Ludicol

Nยบ7, Decembro de 2015

25


26

5º de Educación Primaria

A vida dos nenos e nenas doutros países.

Ola. Chámome Coral e teño 11 anos. Vivo en Brasil e vou á escola. Na escola, teño moitos amigos, entre eles, Dani e Sarah. Eles son os meus mellores amigos. Sempre que saímos da escola acompañámonos todos ás nosas casas para falar das nosas cousas, como da escola, das tarefas para casa, etc...

Na escola, pasámolo moi ben.

Falamos doutros países. Pero sobre todo, aprendemos.

O profesor, cóntanos, que noutros países, non teñen case nada de comida, pero que en cambio outros teñen moitos alimentos para todo o mundo. Tamén cóntanos, que nós, temos un nivel de comida e alimentos un pouco desnivelado. Ás veces temos suficente, pero outras… case non temos. Iso ponme triste. Se nos outros países hai moita comida, máis da que necesitan, poderíannos dar unha pouca aos países que non teñen, como Brasil ou algúns países de África. Pero, en cambio, non nos dan nada. Non sei por que. Pero non me parece xusto. Na escola, tamén aprendemos moitas cousas máis. A semana pasada, aprendemos a multiplicar. É moi divertido! Eu, xa sei todas as taboas de multiplicar,


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

27

ata a do 10. Tamén aprendemos a nosa cultura. O mestre dinos que nisto da cultura, lle prestemos moita atención. Dinos que é moi importante que o saibamos para poder aplicalo na nosa vida cando sexamos maiores. Pero tamén, cando rematan as primeiras horas da mañá, imos ao recreo para poder xogar e descansar. Pero logo xa volvemos para as aulas a traballar. Na escola, tamén facemos outro tipo de actividades culturais. Ás veces, cando nos portamos ben, imos de excursión. Pasámolo xenial! A parte diso, apendemos moito sobre outros países nos que eu querería estar. Nas actividades culturais, sempre aprendemos, que noutros países, hai máis cousas que aquí, en Brasil. Pero tamén aprendemos que hai países que teñen menos cousas, como a India. Pero eses nenos que viven nos pasíses máis pobres, queren seguir intentando ir á escola, ter un traballo, ter algo máis do que teñen. Tamén os nenos que teñen moito, non valoran para nada as cousas que teñen. Como en calquera parte do mundo no que non sexan pobres. Pero, eles non entenden, que, necesitan fundamentalmente menos do que teñen. E se viviran aquí, por exemplo, costaríalles moito sobrevivir co que nós temos aquí comparado co que eles teñen alí, no seu país. Iso todo, aprendémolo nas actividades culturais e nas excursións. A nós, aquí en Brasil, interésannos moito as culturas doutros países. E por iso, sempre que algún mestre ou mestra non poden vir, polo que sexa, chaman a algún mestre que non sexa de aquí. E con eses mestres, pasámolo super ben. Eses mestres enséñannos moitas cousas distintas das súas culturas e quedámonos coa boca aberta. Pero, en realidade, como mellor o pasamos, é cos amigos. Eu, sen Dani e Sarah, non podería vivir. Son os meus mellores amigos, e sen eles non podería falar, non podería xogar, non podería rirme... sen eles… non sería Coral.


28

En fin, isto era do que quería falarvos, do que máis me gusta.

Gústame xogar cos meus amigos, gústame ir á escola para aprender, gústame aprender sobre outras culturas, gústame xogar coas miñas irmás, gústame ir de excursión coa escola, gústame aprender da xente doutras culturas, tamén me gusta debuxar... Pero sobre todo, o que máis me gusta, é estar coa miña familia. Non vos falei diso antes, pero eu teño: Dúas irmás, un pai, unha nai, un tío e unha tía, dous curmanciños pequenos e unha avoa. O que máis me gusta sen dúbida algunha, é estar con eles e disfrutar todos xuntos do pouco ou do moito que teñamos.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

29

RUMBO AO DESCOÑECIDO

Ola amigos: A miña historia comeza en Lazaré, un pequeno pobo da comarca de Oujda, en Marrocos onde viviamos o meu pai, Nordine, a miña nai Ikram, as miñas dúas irmás Fátima e Rihab e máis eu. O meu nome é Achraf. Nun momento das nosas vidas, o meu pai dicide marchar a outro país, na procura de darnos unhas mellores condicións de vida e tamén de máis posibilidades.para toda a familia. Ese primeiro destino elixido polo meu pai xa está en Europa, é Polonia.

Despois de permanecer un tempo alí, traballando arreo e acostumándose

a un novo estilo de vida, pon a vista en España. Xa aquí fondea primeiro en Cedeira e deseguido instálase en Ferrol, onde hoxe estamos.

Eu chego a Ferrol, con 7 anos, despois dunha longa viaxe en bus e en

avión, coa miña nai e coas miñas irmás.

A nosa vida en Ferrol comezaba pero non sen problemas: o principal é que

non sabiamos nada do idioma, o meu pai, que si se manexaba, era o que ía a compra e arranxaba todo. Con ese problema da lingua, decidimos quedar na casa, non saiamos agás cando iamos á casa dunha compañeira de traballo do meu pai. Ela é polaca e o seu nome é Caxa. Invitávanos polo Nadal.

Eu decidín que aquela situación non podía continuar e decidín baixar a un

parque que hai ao carón da miña casa para ir acostumándome.

Un día coñecín a dous irmáns moi morenos, despois entereime, falando

con eles, que tamén viñeran de fóra, do Brasil. Os seus nomes son Ítallo e José. Eles tampouco sabían o idioma pero ían tirando polas semellanzas do brasileiro ao galego. Comezamos unha moi boa relación, axudándonos entre os tres. Os tres tamén iamos ao Colexio Ludy onde me aprenderon moitas cousas e me puxeron no bo camiño, así comecei a falar e a escribir en castellano. Todos me axudaron moito. Na actualidade atópome, xunto coa miña familia, moi contentos, integrados de verdade. Só me queda agradecervos todo o que me axudastes. O medo que sentía ao chegar aquí é pasado, agora toca mirar ao futuro.


30

JAKE FINNI E A SÚA GRANXA MÁXICA Jake Finni era un granxeiro moi famoso no seu pobo. Preguntarédevos por que. A razón é que un día, na súa casa atopou unha semente de cor dourada. Plantouna na súa granxa e de súpeto... PLOF! Medrou un xirasol xigante. El dixo:se planto unha folla do xirasol,que sairá? Plantou unha folla,regouna e botoulle bo abono. Ao día seguinte... apareceu outra planta xigantesca. Non pensedes que era outro xirasol porque era unha cenoria xigante. Decidiu plantar moitas máis para vendelas e gañar cartos. A xente doutros países pediulle que levara esas sementes.Levounas e todo o mundo lle pediu máis sementes. Púxose dos nervos e decidiu plantar sementes normais.De tantas plantas máxicas que plantou xa non medraban plantas normais. Vendeu o seu terreo e mercou unha casa na praia . Alexia Saavedra Fernández


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

31

A NOITE DOS DEFUNTOS EN GALICIA O Día dos Defuntos trátase da celebración cristiá consagrada aos fieis que xa non están connosco. O Día dos Defuntos, segue no Santoral católico de todos os Santos e existe constancia escrita do que os seus oríxes remóntanse ata mil anos atrás, nos comezos do século XI d.C. Efectivamente, por aquela época a Orde Cluniacense encontrábase en plena expansión e, un dos abades máis influíntes da casa principal, Odilon, decidiu instaurar unha xornada dedicada exclusivamente a orar pola salvación eterna dos Defuntos: o día 2 de novembro. Nos seus comezos dirixíase só aos monxes falecidos de Cluny pero logo, a Santa Madre Igrexa xeneralizou o ritual e fíxoo extensible a todos os fieis Defuntos da comunidade cristiá universal.


32

Balbino Balbino é o personaxe principal do libro “Memorias dun neno labrego”, escrito por Xosé Neira Vilas no que conta a súa propia infancia. Balbino é un neno da aldea e no libro conta os sucesos que ocorren na súa vida. Pequena Biografía: Neira Vilas naceu o 3 de novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces) e morreu hai pouco, o 27 de novembro deste ano (2015). Emigrou a Bos Aires con 21 anos, casou e trasladouse a Cuba ata que en 1992, xa xubilado, volve a Galicia e funda a fundación Xosé Neira Vilas. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Foi secretario xeral das Mocedades Galeguistas e co-director do xornal “Adiante”. Casou coa escritora cubana Anisia Miranda coa que funda a organización libreiro-editorial “Follas Novas” Escribía literatura galega, literatura infanto-xuvenil, poesía e ensaio. Foi membro da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa das universidades da Coruña e da Habana. Pola súa obra recibiu numerosos premios e galardóns. Temas da súa obra A obra narrativa de Neira Vilas podémola situar dentro dun realismo social crítico. Galicia, as súas experiencias da infancia e xuventude son temas centrais das súas obras Obras máis coñecidas: Memorias dun neno labrego. Remuiño de sombras. O cabaliño de Buxo. Cartas a Lelo. Comezo do libro: "Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña"


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

33

6º de Educación Primaria

A NOITE DE SAN XOAN

A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada, era unha relixión popular na que os espíritos do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha vítima. Chámanse lumes, lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas. Acéndense xa nas primeiras horas da noite, despois da cea. En moitos lados acenden este lume con leña e ramallosa canto máis verde mellor, de modo que dea moito fume, pois este é bo para afuxentar as bruxas e os espíritos ruíns e para purificar á xente. En torno ás grandes fogueiras danza e canta a multitude, indicando o seu carácter purificador o salto dos mozos e mozas por enriba do lume. As fogueiras, como as cancións, respóstanse unhas ás outras. Así pasan a noite cantando e dando voltas arredor do lume, ou brincando por enriba da fogueira, uns atrás doutros, sen medo de se queimaren, facendo invocacións como…

A SEGA

"Salto por enriba do lume de San Xoán pra que non me trabe nin cobra nin can"

Nalgúns sitios, as mozas que brinquen por enriba da fogueira, sin tocar nas lapas, din que se casan dentro dun ano. Para ben ser, cómpre saltar varias veces, sempre en número impar, recitando a fórmula e saltando unha vez para un lado e outra vez pra outro. O acto de saltar chámanlle en moitos lados salvar. O mellor, sobre todo para os que estean enfermos, principalmente de pel, é brincar en pelico, ou sexa encoiro, polo que demais que están alí, se retiran. Tamén pasan ós nenos por enriba do lume, entre o padriño e a madriña, ou ben as consabidas tres Marías, empregando a coñecida fórmula: "Enfermo cho dou, devólvemo sano"; logo envólveno nunha saba de liño que non fora mollada.

As herbas de San Xoán Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos e certas herbas recendentes, e déixase toda a noite ao descuberto, preferible sobre o tellado, para que adquira o poder do Santo. Ao día seguinte, pola mañá, tódolos membros da familia, en especial os nenos, teñen que lavarse con esta auga miragreira, que, por certo, arrecende marabillosamente (ule a rosas) É unha usanza común a toda Galicia o recoller na tarde e na noite de San Xoán diferentes herbas e flores, bótalas en auga e déixalas na auga ó sereno para que collan o orballo desta noite para mañá lavárense todos naquela auga.


34

A ORIXE DO SAMAIN

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios: 1 Febreiro en honra a de idade Imbole. 1 Maio en honra a de idade Beltain. 1 Agosto en honra a de idade Lungh. 1 Novembro en honra a de idade Samaín. O Samaín é unha das festividades de orixe celta máis importantes do período pagán que dominou Europa ata a conversión ao cristianismo. Nesta festividade celebrábase o final da tempada de colleitas dos celtas e o ano novo, que sería ao anoitecer do día 31 de outubro, xa que coa posta do sol arrincaba un novo día na cultura celta. Os celtas dividían o ano en dúas metades: a luminosa e a escura; o inverno e o verán. samhain é traducido por novembro en gaélico ou «fin do verán», e celébrase desde hai máis de tres mil anos polos celtas que poboaron Europa. O Samaín era un momento no que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o dos mortos estaban máis preto, podían comunicarse e visitar aos seus antigos fogares. O costume era deixar comida e doces fóra das casas e acender candeas para axudar ás almas dos mortos a atopar o camiño ao mundo espiritual ou Mundo Inferior, rexido por Gwynn ap Nudd. Tamén se deixaban cadeiras baleiras dentro das casas lembrando aos familiares falecidos recentemente. Época de introspección Para os celtas o inverno era unha época de introspección, e todo o que se recollera antes da festividade era para Cailleach, unha deusa con aspecto de vella, que se asemellaría a unha bruxa cun caldeiro. Ao ser unha sociedade agrícola, aproveitaban o inverno para prepararse para a futura primavera. Recollíanse alimentos polas casas para ofrecérllelas aos seus deuses e facían rituais (nos que supostamente se incluían sacrificios humanos) onde preparaban un gran nabo oco, no que metían carbóns dentro, que representaba o espírito que crían que lles outorgaba o poder, que os protexía dos malos espíritos, e que lles iluminaba o camiño de regreso aos seus familiares defuntos. Sábese que a celebración do Samaín era entre o 5 e o 7 de novembro (entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno), cunha serie de celebracións que duraban unha semana, finalizando coa festa dos espíritos que daba lugar ao novo ano. O Papa Bonifacio IV, no 615, transformou un templo cristián dedicándoo ao Día de tódolos Santos. Esta festa celebrábase inicialmente o 13 de maio, pero o Papa Gregorio III, no 741, cambiou a data ao 1 de novembro e ordenou que a festa se celebra universalmente e se venera aos devanceiros.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

35

Vixilia inglesa Esta celebración tamén tivo unha vixilia o día anterior á festa de tódolos Santos que, dentro da cultura inglesa, se traduciu como «all hallow´s eve ou» (vixilia de tódolos santos). O paso do tempo fixo que a súa pronunciación fose cambiando a «all hallowed een», para rematar como Halloween. A mediados do século XVIII, os emigrantes irlandeses empezan a chegar a Norteamérica, levando consigo a súa cultura, o seu folclore, tradicións… A pesar de todo isto, os irlandeses, entre outros pobos de orixe celta, seguiron celebrando a tradición festiva da noite do Samaín, o 31 de outubro, desde o ano 100 despois de Cristo. O Samaín é unha tradición de ida e volta, pois hoxe celébrase en todo o mundo: en Norteamérica coñécese co nome do Día dos Mortos, en Europa igual, pero coas variantes do Halloween; en Asia chámase Festival de Obon, en Sudamérica, Kawsasqanchis, e en África, Baile dos Egungun. A festividade das ánimas de orixe celta viaxou a América polas sucesivas diásporas europeas e hoxe en día retorna ao Vello Continente envolta en consumo, películas, disfraces, historias de medo, etc.


36

O EXTRATERRESTRE TINTO

Esta historia fantástica ocorreu hai uns cantos anos. Era mediodía e nunha escola da nosa provincia. Uns nenos xogaban no patio ás agachadas. Cando viron ocorriu algo moi estrano …Viron una sombra moi sospeitosa detrás do bambán. Marta e Xoán foron correndo avisar aos seus compañeiros. Eles, que eran un poco medicas tiñan medo do que poidese ser. Estiveron pensando uns minutos ata que un compañeiro, Pedro, se atreveu a ir detrás dela. Nada marchar Pedro, os compañeiros tiveron valor para ir con el . Cando foron cara el soñaron en cores. Detrás do bamban había un estrano líquido de cor verdosa. Aínda estaban un pouco asustados, seguiron o líquido e ao pouco tempo viron un asombroso monstro de cor verde que tiña cincocentos ollos e dentes afiados e grandes. Mirárono ata que o monstro os veu e asustouse . Marta, moi estranada dixo: Que raro é ver un monstro asustado , non? - Xa, pero eu non son un monstro, eu son Tinto, un extraterreste do planeta Tintoplanet , que agora mesmo está na pobreza absoluta e necesitamos axuda para poder sobrevivir nel. Os nenos, aínda un pouco asustados contestáronlle: - Nós somos Marta, Xoán, Pedro e Silvia, uns nenos do planeta Terra, dun colexio e somos moi bos . - Encantodo de coñecervos, cantos anos tedes?

- Nós, Xoán e Silvia temos once anos, Pedro e Marta dez. E ti, cantos tes? - Eu so teño dezanove mil millóns de anos terrícolas , no meu país son da vosa idade . - Que marabilla, un extraterreste da nosa idade! Despois de falar un intre, invitaron a Tinto para que fora con eles xantar pero tiña que ir disfrazado pola contra, a xente mataríao e faría experimentos con el. Os nenos levaron a Tinto a una chocolatería despois do colexio. Eles pediron chocolate con churros mentres que Tinto pensaba pedir grasa de medusa. Os nenos explicáronlle que iso aquí non o había e que se pedira un zume de laranxa ou algo semellante . Ao rematar a merenda foron cara á casa de Xoán xogar cos seus xoguetes novos. Tinto recibiu unha chamada do seu planeta e explicoulles aos nenos que o necesitaban alí e que marcharía nuns días . Os nenos, despois de pasar os últimos días con el, puxéronse un pouco tristes pero aínda non rematara o tempo. Foron pasando os días e Tinto tiña que marchar. Foron cara unha explanada de campo onde os pais de Tinto virían recollelo na súa nave espacial. Pasaron uns minutos e unha luz rodeou o corpo xelatinoso de Tinto. Era a luz da nave dos seus pais. Despediuse dos nenos e díxolles : - Non vos preocupedes, voltarei visitarvos dentro de pouco tempo . Ata pronto amigos! Ana Belizón


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

37

A PROFESIÓN DOS NOSOS PAIS/NAIS DE PROFESIÓN: AXENTE FORESTAL. Traballamos na natureza vixiando que se cumpran as leis que protexen o medio natural e que as actividades que se fagan neste medio sexan respetuosas co mesmo. Para conseguir i sto temos que supervisar todas esas actividades: cortas de madeira, repoboacións forestais,traballos de limpeza do monte así como todo o relacionado cos animais salvaxes. Outra función importante é a de prevención e extinción de incendios forestais. O que máis me gusta do meu traballo e estar en contacto coa natureza casi todo o tempo. Aínda que tamén facemos traballos na oficina. O traballo facémolo moitas veces sós, pero sempre estamos comunicados por radio cos compañeiros. Nos incendios traballan moitas persoas e nós temos o labor de dirixilas, buscando a mellor forma de actuar e a máis segura para evitar accidentes. Jose Manuel Ameneiros.


38

A CATEDRAL DE SANTIAGO.

A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na Península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calixto II declarou que serían «Ano Santo» ou «Ano Xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis Aeterni en 1179. Foi declarada ben de interese cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. Apóstolo Santiago. Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago, O Maior, difundiu o cristianismo pola Península Ibérica nos anos 36/37 ó 40. No ano 44 foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I (fillo de Herodes O Grande) e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno ao ano 814 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un miragre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei se converteu no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación.


ACTIVIDADES FEITAS NO PRIMEIRONº7, TRIMESTRE Revista Ludicol Decembro de 2015

39

SAÍDA AO FORGOSELO: IES CONCEPCIÓN ARENAL, 5º e 6º Como tódolos anos desde que esta iniciativa do Colexio Ludy se puxo en marcha, chegado o outono, organizamos unha saída cos alumnos/as do 1º da ESO do IES Concepción Arenal, moitos deles ex_compañeiros nosos. Este ano decidimos marchar cara á Serra do Forgoselo. Chegamos en autobús ao pé do curro do Forgoselo. Unha vez alí comezamos a ruta collendo o indicador de Pico Ventoso. Antes de chegar ao remate desta ruta, desviámonos para percorrer unha zona do Forgoselo onde se pode ver con moita claridade: a composición mineral do chan, o gando que os propietarios teñen nunha explotación extensiva, as curiosas formas que van quedando nas toxeiras despois do paso do gando, criadeiros de anfibios, pegadas de animais, restos de ataques de animais salvaxes ao gando da zona. Chámanos moito a atención a cantidade de cogomelos. De volta, rematamos a marcha no curro onde explicamos un pouco a súa función e moi preto atopámonos coa mámoa que tamén explicamos. Este é o resumo desta nova xornada de convivencia.


40

ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

• Celebración da vendima: Educación Infantil e primaria. • Saída cultural 1º e 2º de Educación Primaria ao concello de Alfoz (Castelo de Alfoz e finca Galea). • Visita á aula de ecoloxía urbana 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria desenvolvendo os temas “Flora das cidades” “Animais e plantas da nosa cidade”” A terra está enferma””A enerxía nos nosos fogares”. • Visita ás Meninas de Canido xunto ao seu promotor: Eduardo Hermida. 6º Educación Primaria. • Samaín. Elaboración de cabazas do alumnado de Educación Infantil e Primaria. Disfraces temáticos e desfile por parte de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. • Convivencia Ludy/IES Concepción Arenal .5º e 6º de Educación Primaria e 1º da ESO do Concepción Arenal á Serra de Forgoselo. • Saída 3º e 4º de Educación Primaria a Cariño ; fábrica “La Pureza” e á Casa do Concello de Cariño. • Magosto. Festa do magosto celebrada na AAVV de San Mateo.Onde se comeron Castañas, leite e galletas e se fixeron xogos tradicionais. • Saída dos alumnos de 5º de Educación Primaria á aula de Reciclaterra,”Coñece o Universo”. • Saída dos alumnos de Educación Infantil 1º e 2º de Ed. Primaria ao teatro no Colexio “Juán de Lángara” para ver a obra “Salvar al puma Americano”. • Excursión ao Castelo de Moeche os alumnos de 4 e 5 anos. • Recollida de alimentos para a organización Arraigo. • Evento deportivo: 1º proba das Carreiras Campo a Través do Concello de Ferrol (Esmelle). • Visita do Apalpador ao colexio Ludy grazas á Fundación Artabria.Escola Infantil, Educación Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. • Saída ao Teatro Jofre dos alumnos de Educación Infantil para ver a película “Mainiño” , dentro do ciclo de Cinensino do concello de Ferrol. • Construción do Belén electrónico que desde fai uns cantos anos vimos expoñendo no Colexio Ludy. • Festa de Nadal : Panxoliñas, obra de teatro realizada polos alumnos de 6º de Primaria, e bailes. Emisión En directo por streaming do acto. • Revista dixital “O mensaxeiro Ludycol”. Cun resumo das actividades feitas durante o primeiro trimestre deste curso 2015-2016.


Decembro de 2015 Mural de Novás “PlateroNº7,y yo”

Revista Ludicol

Samaín en debuxo e pintura

41


O MAGOSTO Outro ano máis o Cole Ludy saíu ao completo para festexar o Magosto. Este ano en

É un lugar precioso que, grazas a Asociación de Veciños puidemos disfrutar.

42

san Mateo.

Como novidade, ademais dos profes, contamos coa axuda valiosísima dun grupo de pais e nais que asaron as castañas e colaboraron connosco en todo, facéndonos a cousa moito máis doada. Grazas a todos e todas ¡!! Agardamos coa vosa axuda para moitas máis actividades. O día foi perfecto, un día de outono dos de verdade, aínda que a choiva ameazaba, deixounos disfrutar sen problemas. Chegamos e dividimos aos nenos e nenas en grupos e guiados polos seus mestres e mestras participaron en distintos xogos: carreiras de sacos, tiro de corda, paracaídas, xogo da ra…Despois deste gran esforzo e coa barriga pedíndonos enchela con algo, degustamos as tan agardadas castañas (imprescindibles en calquera magosto), galletas e leite. Todo isto fixémolo animados e amenizados polo son da gaita de Antón Varela. Máis dun aínda se animou a bailar unhas pezas. Pasamos un día precioso e moi divertido. Xa nos está tardando o ano que vén para poder repetir ou incluso mellorar a experiencia. Grazas outra vez aos pais e nais que nos axudaron, a Asociación de Veciños de San Mateo e a Antón Varela pola súa colaboración.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

43

TEMPO DE NADAL

Como todos os anos, por estas datas, levamos a cabo a recollida de alimentos e roupa para colaborar cos máis necesitados.

O NOSO BELÉN

Xa está en marcha o Belén galego do noso Cole. Os nenos e nenas de segundo de Primaria traballaron arreo para restaurar todo aquilo que o precisaba, limparon, pintaron e mesmo construíron muros con pedras e barro. Por suposto, tamén engadiron novas figuras como a nena do bambán na árbore central do Belén.


44

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS PUNTO E FINAL A UNHA VIDA DEDICADA AO ENSINO

Benqueridos Mensaxeiros e Mensaxeiras. Se mo permitides, vouvos coller este voso recuncho para renderlle unha pequena homenaxe, coido que merecida, a unha persoa que os nosos compañeiros exalumnos e os vosos país coñeceron aínda que a vós quédavos algo lonxe: DNA. LUDIVINA LAMAS GARCÍA. DNA. LUDY Trátase dunha Mestra que naceu na vila de Valdoviño. De moi nena soubo do sabor que deixa a emigración xa que chegou, da man dos seus país, a Uruguai. Alí tivo ela as súas primeiras mestras das que tan bo recordo tiña, falando sempre das súas maneiras de traballar. Xa de volta a Galicia, o seu pai, cando a familia vivía na rúa do Sol, traballou no Concello de Ferrol. Quizais marcada polos seus recordos de infancia, rematou sendo mestra e así “andou polo mundo” nas escolas unitarias que por daquela había nos pobos e nas aldeas, entre outras as de Cobas e Mazaricos, onde o mestre de escola estaba ben coidado polos veciños polo peso social que tiña a súa persoa. Era moi concorrido dicir, polo pouco que cobraban: “pasas máis fame que un mestre de escola”. Os Mestres chegaban á estrada principal do pobo ou vila pero desde alí á escola, igual había catro ou cinco quilómetros que facían no burro do veciño, polo monte acompañados polos rapaces aos que lles aprendían nas escolas. Unha vez rematado este percorrido polas unitarias, Dna. Ludy, afincouse en Ferrol, máis concretamente no Instituto “Concepción Arenal “ como mestra de Preparatoria. Aprendía aos rapaces e rapazas que querían pasar ao Bacharelato pero antes tiñan que pasar un exame. Anos despois comeza cunhas pasantías fóra do Instituto, na rúa Cuntis. A estas pasantías ían alumnos que buscaban reforzo no Bacharelato e algúns outros que buscaban preparar o exame para acceder ao Bacharelato. Nestas pasantías, comezando a década dos 60, aparece a figura da súa fiel conselleira, Dna. Mª José Bugallo que aínda non contaba cos vinte anos de idade. Alí impartían clases as dúas Mestras coas súas dotes de Educadoras e Formadoras. Xa chegada a década dos 70, comeza o gran proxecto de Dna. Ludy na rúa Ourense. Era a posta en funcionamento dun Centro Educativo, o que sería o Colexio Ludy, no que hoxe é un prestixio que poidamos estar. Dna. Ludy sempre buscou crear un colexio avanzado, polo seu nivel educativo, e familiar na relación dos Mestres coas familias.


Revista Ludicol

Nº7, Decembro de 2015

45

Foi Dna. Ludy unha persoa singular, cunhas ideas moito máis adiantadas ao tempo que lle tocou vivir e que cando ela comezou con este proxecto de Colexio tiña claro que sempre, no seu Centro se ía impartir o inglés e o xadrez en tódolos niveis educativos. Hoxe ríndolle esta pequena homenaxe, da man da Profe Bugallo, á FUNDADORA do noso Colexio. Grazas a ela aprendemos e seguimos vivindo nun Colexio familiar e exemplar.

D.E. P.


46

Este ano, se queredes ter unha impresión en cor desta revista, só tedes que apuntarvos en Secretaría ou no enderezo cpr.ludy@edu.xunta.es. O prezo é de 8€ e podedes facelo ata o 8 de Xaneiro de 2016.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O Mensaxeiro Ludicol Nº 7 by Revistas Colexio Ludy - Issuu