Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
1
2
Benqueridos amigos e amigas.
Chega a hora de recoller as maletas e marchardes de vacacións do Nadal pero antes parade un pouco e lede todo o que aquí vos traio coa vosa familia. Fixen o meu traballo o mellor que puiden, con moito esforzo no que tamén foron moitos os que me axudaron. Por iso vos pido que leades as miñas mensaxes, que faledes delas cos vosos país e avós, cos veciños, con…todo o mundo. Podedes tamén presumir porque o que aquí ides atopar son os vosos traballos e as vosas actividades, sen esquecer festas e excursións. Vou medrando e a memoria xa me comeza a fallar. Coido que non me presentei, verdade? Pero vós xa me coñecedes. Para os que non se lembran de min ou é a primeira vez que me van ler, dicirlles que o meu nome é Ludicol, “O Mensaxeiro Ludicol”. Compañeiros, agardo que esta viaxe que vos presento polo primeiro trimestre, sexa do voso agrado. Unha apertaaaaaaaaaaaa!!
Í
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
ÍNDICE
Escola Infantil .........................................................................................4 Educación Infantil, 3 anos ............................................................... 6 Educación Infantil, 4 anos ............................................................... 8 Educación Infantil, 5 anos ............................................................. 12 1º de Educación Primaria ............................................................... 14 2º de Educación Primaria .............................................................. 18 Visita a Marcelle .................................................................................20 Fredo e os Superaxentes ............................................................... 22 3º de Educación Primaria .............................................................. 24 4º de Educación Primaria ..............................................................26 Excursión a “La Voz de Galicia” ...................................................28 5º de Educación Primaria ............................................................. 30 6º de Educación Primaria ..............................................................34 Convivencia co IES Concepción Arenal ................................ 38 Actividades feitas no 1º Trimestre ............................................40 Bartoliño ................................................................................................. 41 Mural de Novás “Platero y yo” ...................................................... 42 Visita do IES Sofía Casanova ........................................................43 O magosto .............................................................................................. 44 Manualidades en 1º e 3º de Primaria .......................................46 Sandra ......................................................................................................48 O noso Belén electrónico ..............................................................49 Recuncho dos ex – alumnos ....................................................... 50
3
4
Escola Infantil Ludy
Comeza o curso 2014/15 con moitas forzas! Este primeiro trimestre fixemos moitísimas cousas.
Pouco a pouco fómonos adaptando ás profes, aos “compis” e á escola e, en nada, xa estabamos xogando con follas de outono, pintando mans e pés, facendo murais, aprendendo cancións, xogos e cores. Tamén fixemos a nosa primeira excursión ó parque do Couto. Para rematar o primeiro trimestre, preparamos o Nadal. Fixemos un gran agasallo para mandar ás nosas casas. Gustoulles moito ás nosas familias. Agora esperamos con moita ansia a visita á escola de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos. Ímoslles entregar as nosas cartas e celebrarémolo cunha gran festa de Nadal!
Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
5
6 Educaci贸n Infantil, 3 anos.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
7
A AULA DE 3 ANOS COA CHEGADA DO OUTONO Este ano chegou o outono, aínda que tardou, á nosa clase de tres anos, cheo de sabor! Os nenos e nenas degustaron os froitos do outono. Algunhas froitas eran xa moi coñecidas como a mazá ou as uvas. Outras foron todo un decubrimento: granadas, kakis, figos…. Tamén probamos as noces e, unnnnnnnnn, que saborosas! PASÁMOLO EN GRANDE!!
8
Educación Infantil, 4 anos.
O día 17 de outubro fixemos unha saída á “Casa dos Peixes” na Coruña, xunto cos compañeiros de 5 anos. Antes traballamos, na clase, nun proxecto sobre os peixes .Foi moi divertido, aprendemos como son, onde viven, como nacen, como respiran… O día da saída levounos un autobús ata A Coruña. Acompañounos na visita unha monitora que nos foi explicando todo o que había no aquarium. O que máis nos gustou foi a visita ao “Nautilus”, onde vimos como lle daban de comer ao tiburón Gastov e a visita ás focas onde comprobamos como as coidaban e as alimentaban. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!
Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
9
10
Estes días estamos prepararando e decorando a clase para o Nadal: -Fixemos un mural para a fiestra, unha árbore de Nadal branca con bólas de purpurina e de algodón. -No obradoiro de manualidades recortamos triángulos de cartón ondulado e enrolámolos facendo piñas ás que lles puxemos purpurina. -O que máis nos gustou foron as bólas, as campás e as candeas que coloreamos con ceras e tamén as recortamos. Despois a profe púxolles un pedazo de la e colgounas do teito da clase. Quedounos todo chulísimo!
Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
11
12
Educación infantil, 5 anos
SAMAÍN 2014. Este curso, como nos anteriores, celebramos a festa do Samaín. Nesta ocasión o disfraz que escollemos foi o de morcego. Participamos con el nun desfile polo barrio acompañados polos compañeir@s de Infantil 3 e 4 anos e tamén dos de 1º e 2º de Primaria. Pasámolo de “medo”!!!!! Tamén participamos na exposición de cabazas que se organiza no Cole. A nosa,como nos gustou tanto o disfraz, fixémola de morcego. Quedounos terrorífica! Que medo!
Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
13
14
1º de Educación Primaria
En 1º de Ed. Primaria, elaboraron un conto entre todos os alumnos e o mestre tomando como protagonista á mascota da clase, “Tomás” (un galo moi animado!). Así lles quedou a historia… O GALO TOMÁS Un día solleiro estaba o galo Tomás no campo comendo herba. Xunto del estaban o galo Filipe e as galiñas Fina, Lola e Cotofina. Mentres comían, a Tomás, que era moi pensativo, ocorréuselle unha idea e díxolles: - Escoitade, os nenos van á escola e nós non. Non vos gustaría aprender cousas novas? - Bo, eu paso. Estou mellor aquí comendo herba. –contestou FilipePero Fina, Lola e Cotofina querían ir á escola e pouco tardaron en convencer a Filipe. Todos estaban xa de acordo, pero, en que escola lles ían deixar entrar? Por casualidade, apareceu un autobús cargadiño de nenos que viñan de excursión ao campo. Eran do primeiro curso de Primaria do Colexio Ludy. Andrea foi a primeira en ver aos galos e ás galiñas e pensou que eran de peluche. -Noooon, son de verdade! –berroulle Alicia-
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
15
Debuxo do galo Tomás feito polo alumno Gabriel Vidal.
Nese intre, Gabriel Romero acercouse aos galos e intentou pillalos. - Coidado que che van picar! –díxolle DanielPero o galo Tomás falou. - Ola neno, queremos ir á escola. Todos se asustaron e saíron correndo ata que Elisa dixo: - Que chachi, un galo que fala! - Se llo contamos aos maiores non nos crerán. -dixo UxíaEntón, Olga propuxo gardar o segredo. Todos pasaron unha tarde fantástica xogando no campo cos galos e as galiñas ata que chegou a hora de marchar. - Imos deixar a estes galos e galiñas aquí sós? -preguntou Roberto- Non podemos, polo menos deberiamos levar a Tomás que fala e quere ir á escola. - dixo Sara- Levámolos connosco? -preguntou Desirée-. - Non sei, vannos descubrir. –dubidou Alejandro- Eu tápolle a boca ou peteiro para que non fale no bus - dixo Nico-. Todos subiron ao bus en silencio. Óscar e Alexandre levaban a Tomás tapado cos seus abrigos. Alicia e Lucas puxéronlle o cinto e Nico tapáballe a boca. O bus voltou ao cole. Ao chegar, Miriam e Álex levárono á aula de 1º. - Que vai pasar cando marchemos do cole, á hora da saída? –pregunta Martín- Todos os días podemos facer quendas para levalo ás nosas casas e alí escondémolo no noso cuarto –reposta Helena-. - Eu voulle aprender a ler -di Elena-. - Pois eu a sumar e a restar –di Germán-. Gabriel Vidal e Victoria ensinaríanlle a pintar e a cantar. Noryeth fíxolle un disfrace de galo-lobo para que fora con eles na festa do Samaín. Así foi como o galo Tomás chegou ao cole Ludy e compartiu o seu gran segredo cos nenos e nenas de primeiro.
A C
16
E T O I L º B I 1 B DE
O día da biblioteca. 1º constrúe a súa propia. Para darlle orde e saída interesante aos contos da aula, todos os alumnos e alumnas de 1º de Ed. Primaria puxéronse mans á obra o día das bibliotecas elaborando un cartel para recolocar os contos nun espazo novo (A biblioteca de 1º). Desde ese momento cada semana, un dos nenos da clase se encarga de recoller e emprestar os contos dos compañeiros anotándoo todo nas táboas que hai para tal función. E agora toca ler e ler e leeeeeeeer!
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
AUDIOCONTO DAS ILLAS Os nenos e nenas de Primeiro van á radio. A que? Gravar un conto. Tratábase do conto “A illa de Ons” da colección “Contos das illas” de Amalia Pérez Otero e Michel Casado. Editado por A Nosa Terra. Graváronse todos os diálogos e narracións e compúxose o conto xunto con audios descargados do banco de recursos do CNICE e dous temas musicais orixinais e compostos para o conto. Que divertido foi seguir as andanzas da protagonista Sariña e o trasno Illote, somerxidos na atmosfera sonora da historia!
17
18
2º de Educación Primaria
CONTOS DO SAMAÍN As cabazas vivintes. Había unha vez uns nenos chamados Jack e Lili, que estaban a facer cabazas na noite do Samaín. Esa mesma noite unha bruxa entrou na casa dos nenos, botoulle un feitizo a unha daquelas cabazas e deulle vida. A cabaza foi ao cuarto dos nenos e escondeuse debaixo da cama de Lili. Pola mañá, Jack viuna e a cabaza saíu correndo. Os nenos seguírona e descubriron que se dirixía á casa da bruxa. Cando chegaron os nenos colléronlle a variña máxica da bruxa e con ela desfixeron o feitizo e a cabaza volveu ser cabaza. Manuel Martín.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
19
O bosque encantado. Érase unha vez un príncipe que vivía nun país moi lonxano. Un día foi pasear e pronto chegou a un bosque encantado. Alí, encontrou uns zombis que o pecharon na torre dun castelo abandonado. Cando o rei se deu conta de que o seu fillo faltaba, mandou aos seus gardas que foran buscalo. Ao chegar ao bosque, os zombis intentaron detelos pero non o conseguiron. Despois de encontrarse con moitas arañas, morcegos, cabazas terroríficas e monstros, encontraron ao príncipe, rescatárono e levárono xunto ao rei. Estaban tan contentos que o celebraron cunha gran festa. Alejandro López.
20
Visita a Marcelle
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
21
Os nenos de 1º e 2º de Primaria visitaron, a comezos do mes de outubro o parque zoolóxico “Marcelle Natureza”. Fermoso lugar situado no concello de Outeiro de Rei, moi preto de Lugo. O día non nos acompañou porque choveu moito pero non supuxo ningún problema, pasámolo xenial. Alí contemplamos a fauna característica do territorio nacional, europeo e do resto dos continentes. Nas súas instalacións viven bisontes, cebras, cervos, dromedarios, emúes etc. Sen dúbida, as estrelas do zoo para os máis pequechos coma nós, son os lobos Rasca e Pica. Seguiamos falando deles de volta ao Colexio.
22
FREDO E OS SUPERAXENTES Neste trimestre tivemos a sorte de contar co raposo “Fredo” no Colexio. Este animaliño é un boneco que viaxa por todos os continentes na procura de xentes que sofren algunha carencia básica (ben sexa falta de auga, saneamento, educación, etc…) Deste xeito cóntallo ao mundo ao través da súa canle de vídeo e tamén arrinca sorrisos ás xentes que non adoitan ter motivos para iso. Fredo e os seus colaboradores faláronnos de dereitos dos nenos, de casos concretos da necesidade da auga ou do saneamento. Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convertéronse en superaxentes WASH. A misión...? Colaborar na resolución de conflitos proporcionando pingas de auga a un gran mural onde aparecía un camiño desde a nosa casa ata os nenos que tanto a precisaban. Sempre cantando un contrasinal moi rítmico: UBUNTU, UBUNTU, UBUNTU, SUPERAXENTE WASH! Fredo pertence a unha das campañas que promove a ONG UNICEF e bonecos animados.
Revista Ludicol
Nยบ5, Decembro de 2014
23
24
3º de Educación Primaria
Os alumnos de 3º participamos na actividade organizada pola Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol, chamada “A cesta da compra”. Alí puidemos facer unha compra en pequenos grupos: bebidas, carne, queixo, leite, galletas, servilletas …Unha compra do máis completa! Ao rematar fomos valorando cada produto comprado e o seu envase ou forma de presentación. Así, démonos conta da cantidade de materiais contaminantes que levamos á nosa casa cando facemos a compra. Aprendemos moito!
VISI
AU Á TA
E E D LA
ÍA X O COL
A
AN B R U
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
25
OS COGOMELOS
Durante este trimestre, os alumnos de 3º de Ed. Primaria estivemos coñecendo e estudando o mundo dos animais, das plantas e os beneficios que nos aportan ao ser humano. Por iso, na clase, tamén falamos dos cogomelos, tan presentes nesta época do ano. Observamos as diferencias entre un cogomelo comprado no supermercado e os que atopamos na natureza. Todo isto, sin esquecer o coidado que debemos ter con algunhas delas e que sempre debemos collelas acompañados dunha persoa que os coñeza moi, moi ben.
26
4º de Educación Primaria
O alumnado de 4º de Primaria asistiu o venres 5 de decembro á aula de ecoloxía urbana situada no Cantón de Molíns. A pesar de que o tempo non nos acompañou os nenos e nenas estaban moi entusiasmados coa visita a un lugar novo para eles. A aula de ecoloxía urbana ofrece unha gran variedade de proxectos. O elixido neste caso foi “Redes Tróficas” xa que así os rapaces puideron ampliar o traballo feito durante o trimestre sobre o mundo animal. Unha vez alí, dúas monitoras ofreceron tres actividades diferentes. A primeira consistía nun xogo, concretamente un “memory” no que tiñan que encontrar parellas de seres vivos e construír cadeas alimentarias.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
Despois completaron, dentro do grupo, unha serie de cadeas alimentarias explicando en que consistía cada unha e onde se podían atopar. Para rematar realizaron un xogo no que eles mesmos eran os animais e tiñan que conseguir sobrevivir no ecosistema. Todo o alumnado e as mestras que os acompañaron quedaron moi contentos co traballo feito e agardan poder volver noutras ocasións.
27
28
Excursión a “La Voz de Galicia”
O 10 de outubro, os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos as instalacións de “La Voz de Galicia” en Arteixo. Alí puidemos comprobar todo o traballo que hai detrás da elaboración diaria dun xornal, algo que non imaxinabamos. Ademais tamén vimos o plató de V Televisión e puidemos contar a experiencia do Colexio con Radioludy e Teleludy. Despois, no autobús, marchamos cara ao Monte de San Pedro a disfrutar das vistas da cidade da Coruña.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
29
O día acompañounos e pasámolo moi ben!
30
5º de Educación Primaria
Todas estas cantigas que veñen de seguido, foron recollidas polos rapaces e
rapazas de 5º de Ed. Primaria no ámbito dos nosos avós e avoas CANTAR DA VENDIMA Iste cantar da vendima éche un cantar vendimeiro, iste cantar da vendima trouxéronmo do Ribeiro, ailalará, ailalará. Vendima, vendimadoira, na vendima do meu pai, que o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai, ailalará, ailalará. Vendima, vendimadoira, na vendima do meu pai, heiche de come-las uvas, que outra cousa non cha hai, ailalará, ailalará. Iste cantar da vendima éche un cantar moi meiguiño, iste cantar é da terra onde se fai o bo viño. Ailalará, ailalará.
O ENTROIDO DE VERÍN Chorade nenas da vila chorade, chorade, chorade que o Entroido xa se foi e o temos que enterrar. Aí vai, aí vai aí vai o Entroido tan bonito como era e que pronto se nos vai.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
Ondiñas veñen (bis) ondiñas veñen e van
Por ir ao baile da Ramallosa
non te vaias rianxeira
Por ir ao baile perdín a moza
que te vas a marear.
Vinme sen ela
A Virxe de Guadalupe
Por ir ao baile de Redondela
cando vai pola ribeira (bis) descalciña pola area
CANTADA NA ESFOLLA DO MILLO
parece unha rianxeira. (bis)
Unha nena nunha fonte
Ondiñas veñen (bis)
por unha berza bebía
ondiñas veñen e van
e a berza estaba rachada
non te vaias rianxeira
e toda a auga lle vertía.
que te vas a marear. PARA XOGAR Á CORDA Rapaza
Son a raíña dos mares
Si vas ao río a lavar
e agora ímolo ver.
non laves a roupa
Tiro o meu lenzo ao chan
que a podes rachar,
e vólvoo coller.
que a podes rachar
Lenciño, lenciño.
Rapaza si vas ao río a lavar,
quen te puidera ter
para ir a xunta min,
metido no bolso
vai lavar a cara,
que non te puidera perder
vai lavar a cara, galopín.
Lenciño, lenciño. quen te puidera ter
CANTIGA DE CAÑIZA
co meu nome bordadiño
Non te namores meniña
en letras de ouropel
meniña non te namores
Botín, boteira
non te namores meniña
Un salto e á beira.
das palabriñas dos homes. Estreliña do luceiro dáme meiga craridá para seguirlle os pasos ao meu galán que se vai.
31
32 Afástate moza bella, afástate moza linda, Deixa beber ao meu cabalo desa auga cristalina. Non son moza cabaleira que son cristiana cautiva, que me cautivaron os mozos desde chiquita e nena. Se ti quixeras nena linda, subirte ao meu cabalo, comigo te levaría, pois eu contigo me iría. E cando ían chegando berrou: Abrídeme as portas padre Ventás e galerías, que aquí che traio o tesouro que chorabas noite e día. Ai! Que ledicia meu fillo, que eu isto nunca pensaría, pero como Deus é tan bo, devolveume á filla miña.
Cantábaa Pepita Romero no 1922 cando contaba con 10 aniños.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
33
VISITA A UN ADESTRAMENTO DO CLUBE BALONCESTO UNIVERSITARIO FERROL O pasado mes de novembro, os rapaces e rapazas de 5º curso de Ed. Primaria visitaron ao equipo do Clube Baloncesto Universitario Ferrol que compite na máxima categoría do baloncesto feminino nacional. Chegaron ao pavillón municipal de Esteiro, onde dito equipo leva a cabo as súas xornadas de adestramento e alí foron recibidos polo seu adestrador Lino López. Un primeiro paso foi visitar o ximnasio universitario onde as rapazas do equipo realizan a parte física do seu traballo. No momento no que chegabamos alí, xa remataban o seu traballo. O adestrador guíanos ata o pavillón onde, de maneira moi distendida, compartiu cos nosos rapaces e rapazas. Xa ían chegando as xogadoras á pista de xogo, onde se foron presentando unha a unha. Incluso algún compañeiro e compañeira se atreveu a falar o inglés coas xogadoras americanas. Xa era tempo de que o equipo comezara o seu adestramento de lanzamentos a canastra. Así o despuxo o adestrador pero cunha sorpresa engadida, así foi metendo aos rapaces e rapazas no traballo das xogadoras. A verdade é que foi unha xornada sorprendente e na que os nosos alumnos e alumnas puideron ver cal é a vida dun equipo profesional de baloncesto, neste caso feminino.
34
6º de Educación Primaria
A SEGA CAPITULO I A SEGA As tarefas propiamente ditas de recolección inícianse coa sega. Posiblemente ata os inicios da década dos setenta do pasado século XX, segábase á man, é dicir, tal como se facía desde tempos inmemoriais, quizais desde a época romana. Era sen dúbida o traballo máis duro de cantos se realizaban manualmente nos campos. Non sabemos como houbo tempos en que as "cuadrillas de segadores" aínda tiñan forza para cantar as tradicionais cancións de sega.
CAPITULO II EN QUE CONSISTIA A SEGA Segábase cunha fouciña que cortaba os talos do trigo mentres se agarraban con forza coa man esquerda. Unha vez que se empezaba a segar, parar era en contadas ocasións, simplemente unha parada a media mañá ( a das dez, chamábanlle) para comer unha rabanda de pan cun cachiño de chourizo ou touciño, a mediodía para xantar. Esta era a parada máis importante xa que baixo unha sombra xantábase e, en ocasións, cando se podía, botábase unha “toqueada”. O último descanso era o que chamaban “as cinco” que era un descanso a media tarde, parecido ás dez. O mellor segador xeralmente ía o primeiro e o resto tiñan que facer grandes esforzos por seguilo de preto. Ás veces un dos segadores dedicábase a atar, cunha atadeira, unha especie de cincho feito de pallas de centeo humedecidas unidas polas espigas debulladas, que se conservaron desde o ano pasado xuntas dunha forma elegante e curiosa, era o encaño, unha das formas máis elegantes e esveltas coñecidas para atar unhas pallas de centeo. O resultado eran os feixes. Estes á súa vez amontoábanse nunha facina (véxase a curiosa relación entre feixes e facina), para iso colocábanse uns sobre outros
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
35
en forma piramidal, podíanse facer varias cheas un xunto ao outro, cada chea era unha roda.
CAPITULO III O CARREXO Terminada a sega carrexábase a colleita ata a eira, para iso usábanse os carros que eran arrastrados por unha parella de vacas. Para cargar o carro dispúñanse os feixes uns enriba doutros moi ben colocados. Finalmente para suxeitalo todo atábase convenientemente, coa maroma, cunha técnica curiosa e eficaz, pois todo o mundo ataba da mesma xeito. Unha vez chegado o carro a eira, descargábase, amontoando os feixes sen demasiada orde. Os rapaces adoitaban colocar no punto máis alto a tarabilla, unha especie de catavento, que podía ser xiratoria para orientarse ao vento, cunhas aspas que viraban pola enerxía do mesmo vento. Cando se traía a última viaxe para eira, adoitábase colocar enriba un boneco, que xeralmente era unha camisa ou un xersei recheo de pallas, era a raposa, e por extensión a este último carro coñecíaselle co nome de raposa.
CAPITULO IV A TRILLA Realizábase nas eiras, para iso esparellábanse os feixes no chan, en forma de círculo, a parva. Deixábase que o sol os quetara ben e co trillo arrastrado por unha parella de animais, vacas, burricáns, eguas, etc, íase triturando a palla e debullando as espigas nun lento e durmiñento proceso. Habemos de dicir que o gran perigo da trilla eran as choivas e se se puña de tormenta rapidamente habíase de xuntar a palla para que non se mollase, a esta operación coñecíaselle como emparvonar.
36 CAPITULO V A LIMPA Cando sopraba o vento axeitado, aspeábase o gran, limpábase de pallas utilizando para iso unha ferramenta, o bieldo. Servía para lanzar contra o vento a palla mesturada co gran, o vento desprazaba uns metros a palla e o gran caía en vertical, co cal o gran quedaba ben limpo. Claro que para obter o resultado final habíanse de lanzar a palla ao aire varias veces. Unha vez limpo de po e palla o gran metíase en sacos, tecidos en teares da zona, chamábaselles costais, quizais porque estaban destinados a cargalos ao lombo. CAPITULO VI A MOENDA Era a actividade máis alegre, pois por fin, logo de todo un verán de duros traballos recollíase, nos muíños, o froito do esforzo de todo un ano. Cargábanse os costais no carro ou ao lombo para marchar cara ao muíño no turno de moenda que cada familia tiña sinalado. No traxecto do muíño á casa os mozos subíanse enriba do carro e cantaban cancións tradicionais que mostraban ás claras a ledicia polo traballo realizado: Vingo de moer morena dos muíños de arriba durmín coa molinera, e ole´, e olé, non me cobrou a maquila, que vingo... Vingo de moer morena dos muíños do medio... Vingo de moer morena dos muíños de abaixo.... CAPITULO VII A FESTA Terminada a colleita, celebrábanse as Festas Patronais . Cremos que estas festas deben ter a súa orixe nas festas que os romanos organizaban en honra dos deuses da colleita, dos cales a máis importante era a deusa Ceres. Todos estes traballos eran moi duros, moi lentos e duraban moitos meses para obter uns resultados xeralmente exiguos.
Revista Ludicol
O embarazo e o parto
Nº5, Decembro de 2014
37
Coma tódolos cursos, ao chegar ao tema 4 de Coñecemento do Medio, en sexto de Primaria, abordamos na clase o tema da reprodución e os cambios na pre-puberdade na aula. Desde hai 5 anos, nunha sesión desta unidade estanos a acompañar Paula Pita, matrona do “Arquitecto Marcide” que nos axuda a ampliar coñecementos e resolver dúbidas do alumnado relacionado co tema. Este ano fomos un pouco máis aló e, noutra sesión, tivemos o pracer de estar acompañados por Tania, nai que había dúas semanas tivera o seu segundo fillo, Adán e Blanca, futura nai dun terceiro fillo que no momento da sesión educativa estaba embarazada de máis de oito meses. Con elas compartimos a experiencia do embarazo e o parto. O alumnado, tivo a oportunidade de repasar de primeira man os procesos que desenvolve a muller nun embarazo, así como falar da importancia da lactancia materna xunto a Paula. Dicir que as dúas nais convidadas son nais doutros alumnos do cole e que, seguramente, no futuro os seus bebés sexan alumnos do Ludy e poderán escoitar as reflexións das súas nais sobre este proceso. A experiencia foi máis que interesante e recollémola na radio do noso Centro: Radio Ludy. Se queredes escoitala, non fai falta máis que achegarse ao noso blog e buscala na etiqueta de “ Traballo no Colexio”.
38
Convivencia co IES CONCEPCIÓN ARENAL E SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME
Por terceiro ano consecutivo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto ao curso de 1º da E.S.O do IES Concepción Arenal realizou una xornada de convivencia nas Fragas do Eume. Nunha xornada anterior houbo unha charla preparatoria no Instituto Concepción Arenal onde o noso mestre, Manuel Bouza, persoa que se encargou da preparación da ruta seleccionada, amosou aos rapaces e rapazas o percorrido a realizar nesta xornada de reencontro para moitos dos alumnos do Instituto e que antes foron alumnado do Colexio Ludy. Sen dúbida, o principal obxectivo destas xornadas é que o alumnado entenda que o proceso educativo non remata cando acaba unha etapa, senón que é un fío condutor ao que van unidos diferentes pasos, todos conectados entre si. Neste caso o paso do Colexio ao Instituto, debemos favorecelo desde os centros implicados. Agradecer ao equipo directivo do Concepción Arenal así como á sección encargada das actividades extraescolares o facilitar, en gran medida, a organización destas xornadas. Sen vontade, actividades como estas sería imposible sacar adiante.
A xornada nas Fragas desenvolveuse con moita normalidade e os máis de oitenta alumnos que formaban parte nesta saída desfrutaron moito das paisaxes e lugares a coñecer, así coma os mestres e mestras do Colexio Ludy e o IES Concepción Arenal. Nesta xornada, o percorrido comezámolo na vella central hidroeléctrica da Ventureira. Alí fixemos unha observación detida dos sistemas de explotación da central. De camiño pasamos pola nova central seguindo un estreito sendeiro que nos ía elevando de nivel sobre o río Eume para chegar, nunha forte baixada, ata a Central hidroeléctrica do Parrote (unha pequena central rehabilitada e en funcionamento). Desde alí continuamos por un camiño de pescadores para chegar á “xoia do Románico” que supón todo o recinto de San Xoán de Caaveiro, no corazón das fragas. Unha vez estudado, collemos outro camiño que nos levaría de volta aos autobuses. Ao longo deste treito puidemos mirar as pegadas que deixou o lume de hai dous anos nesta paraxe e o proceso de recuperación aínda que queda moito por facer.
Revista Ludicol
N潞5, Decembro de 2014
Foi unha ruta circular de 6 km de dificultade baixa na que, como queda dito, conxugamos explotaci贸n de recursos, natureze, paisaxes, historia e, como non, respecto polo medio.
39
40
ACTIVIDADES FEITAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE
-‐ Celebración da Vendima: Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. -‐ Mural do pintor Novás sobre a obra “Platero y yo”. -‐ Visita ás Meninas de Canido xunto ao seu promotor: Eduardo Hermida. 6º de Primaria. -‐ Visita de Fox, o raposo de Unicef para falarnos da importancia da auga no noso Planeta. 1º e 2º de Primaria. -‐ Convivencia Ludy/ IES Concepción Arenal. 5º e 6º de Primaria do Ludy e 1º E.S.O do Concepción Arenal. Constou de dúas xornadas , unha no instituto e outra nas Fragas do Eume. -‐ Samaín. Elaboración de cabazas do alumnado de Ed Infantil e de Primaria . Disfraces temáticos e desfile por parte de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. -‐ Excursión ao Aquarim Finisterrae da Coruña. Educación Infantil. -‐ Conferencia “ Unha boa alimentación” por Laura Soto. 6º de Primaria. -‐ Excursión Marcelle. 1º e 2º de Primaria. -‐ Excursión “ La Voz de Galicia” . 3º e 4º de Primaria. -‐ Visita á Aula de ecoloxía Urbana polos cursos 3º, 4º e 5º de Primaria desenvolvendo os temas “ Redes Tróficas”, “ A contaminación” e “As plantas nas cidades”. -‐ Teatro no Colexio Juan de Lángara. Desde Educación Infantil 3 anos ata 2º de Primaria. -‐ Visita Aula de Reciclaterra. “Coñece o Universo”. 5º de Primaria. -‐ Magosto. Na área recreativa do Couto. Todo o Centro. -‐ Adestramento co clube de baloncesto feminino profesional (Universitario Ferrol). 5º de Primaria.
-‐ Video-Conferencia con Mauritania. A cooperación e o traballo das ONGd. Conversa co cooperante Mauricio Santos e cunha cidadá senegalesa. 5º e 6º de Primaria. -‐ Recollida de alimentos para a organización “ Cáritas”. -‐ O embarazo e o parto. Charla con Paula Pita( matrona), Tania e Blanca ( Tania co seu meniño “recién chegado” e Blanca embarazada ) para falarnos de todo o proceso que supón o embarazo e o parto. 6º de Primaria. -‐ Visita do Apalpador grazas á Fundación Artabria. Escola Infantil, Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. -‐ Festa do Nadal: Panxoliñas, obra de teatro realizada por 6º de Primaria coa colaboración do mestre José Torregrosa e bailes. Emisión en directo por streaming do acto. Todo o Centro. -‐ Catro programas de Radio Ludy. Conto de 1º de Primaria: O Conto das Illas. Charla: O embarazo. Resumo do primeiro trimestre e Novas do mundo: Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena. -‐ Construción dun Belén con figuras articuladas. -‐ Oito programas de Tele Ludy. Axenda escolar semanal que repasou ao longo do trimestre as actividades que se foron realizando e emisión en Streaming da festa de Nadal do Colexio. Realización dunha curtametraxe de Stop-Motion por parte dos participantes do obradoiro. -‐ Revista dixital “ O mensaxeiro Ludycol”. Cun resumo das actividades feitas durante o primeiro trimestre deste curso 2014-15.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
O IÑ
L O
T R
A B
41
Ola!! chámome Bartoliño e son un ratiño
Galletas, tostadas e un par de croasans,
viaxeiro. Desde hai pouco tempo vivo neste Bartolo Bartoliño ti vas estourar. edificio que seica se chama COLEXIO LUDY e quero contarvos o que vexo por aquí.
Pouco despoís A TOLEMIA. Chegan todos os
nen@s do Cole e forman ringleiras no patio para
É un edificio moi grande (ou será que eu son entrar de seguido ás clases. E volta o silencio. Que
moi pequerrecho?) , silencioso e tranquilo polas tranquilidade!! noites pero, cando aínda no amenceu, empeza a Estes días andan un pouco nervosos con algo chegar xente.
chamado Nadal*. Sabedes o que é? Terei que
Primero, chegan os compañeiros da Escola miralo na Ratopedia (Enciclopedia Virtual para Infantil, que de seguido comezan co almorzo. Logo Roedores). van entrando os alumnos madrugadores do Cole. Coido que de seguir por aquí aprenderei moitas Mentres non é hora de comezar as clases xogan, cousas. debuxan e algúns van almorzar ao comedor: leite, Vémonos polo Cole! galletas, iogur, zume, froita, tostadas, marmelo… Apertas ratonís. uuuummm. Conteivos que son moi lambón?
Mentres almorzan soen cantarme unha *NADAL: 25 de decembro, día en que a Igrexa
canción: O ratiño Bartolo quere almorzar, a cunca chea de leite ata rebosar,
Católica celebra o nacemento de Xesús. PEPI
42
Mural de Novás “Platero y yo”
Neste primeiro trimestre, tivemos a oportunidade de desfrutar no noso Colexio da elaboración dun fabuloso mural realizado polo pintor ferrolán Novás. O motivo deste mural, de 2 m x 2´40 m, foi o cen aniversario da publicación do libro: “ Platero y yo” de Juan Ramón Jiménez. Esta novela é moi recoñecida no noso Centro pois foi lida por multitude de xeracións do noso alumando. Sen dúbida, darlle infinitas grazas a Novás pola súa dedicación desinteresada nesta obra que nos lega ao Colexio e por poder desfrutar durante unha semana do traballo dun profesional coma el, sempre acompañado de alumnos e alumnas que lle facían preguntas e anotacións sobre a obra a realizar. Ás persoas que lles apeteza desfrutalo, non teñen máis que pasar ao patio do recreo do Colexio .
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
43
VISITA DO IES SOFÍA CASANOVA. Os rapaces e rapazas de 4º curso D do IES Sofía Casanova visitaron o Colexio Ludy acompañados da súa profesora de música Almudena. Querían coñecer o funcionamento dos Obradoiros de Radio e Televisión e, máis en concreto, aprender a técnica do Stop Motion que este curso se está a empregar no Obradoiro de Televisión. Durante a visita o mestre Xil explicoulles que era, para que valía e o máis importante, como se facía. Puideron experimentar por si mesmos facendo dous exemplos de Stop Motion improvisado e ademais asistiron ao estudo de televisión onde os propios alumnos de 6º amosaron como gravaban unha secuencia dun dos Stop Motion que se estaban a facer, respostando a todas as dúbidas dos visitantes.
O T S AGO
44
OM
A degustación das castañas que non poden faltar nun prezado magosto. Nesta ocasión as castañas asounas un castañeiro Por segundo ano seguido, o Colexio profesional que se desprazou co seu asador Ludy na súa totalidade, saíu celebrar o (era a máquina dun tren !!). Magosto á área recreativa do Couto. Mentres enchiamos a andorga coas Desde o Centro, valoramos o feito de castañas, leite e galletas, saíu á escea un non ter patio exterior e decidimos intentar grupo de música tradicional que amenizou a realizar diferentes actividades e festas xornada. Bailamos todos, que falta non nos tradicionais fóra, para así aproveitar recursos facía despois de fartiños, ata os mestres e dos que nós non dispoñemos. mestras. Anda que non teñen marcha!!
Para unha actividade deste tipo, onde participan máis de 200 alumnos/as, é imprescindible unha boa organización. Ao chegar á area recreativa o alumando repartiuse por grupos, para participaren en diferentes xogos guiados polos mestres e mestras encargados . Despois dos xogos entramos no salón de actos que está disposto nesta área recreativa para desfrutar de dúas actividades:
Co baile chegou o remate da festa. Era hora de embarcar nos autobuses con dirección ao Cole. De verdade que iamos cansos!! Desde o Colexio queremos agradecer ás persoas que forman parte do Centro Social da área recreativa do Couto que desinteresadamente aportan o seu tempo persoal para abrirnos e cedernos este espazo para que o alumnado do Colexio Ludy disfrute dunha xornada festiva.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
45
O tesouro do Couto
Durante a gran festa do Magosto, 1º de Primaria buscou o tesouro acochado do Couto, seguindo pistas de todo tipo que, en grupos, ían atopando polo campo e a arboreda. Todo comezou coa lectura da lenda que explicaba por que alí había un tesouro acochado. LENDA DO TESOURO DO COUTO Conta a lenda que hai moitos, moitos Desde aquela, nos catro ocos máxicos, anos un mago habitaba no bosque do Couto, aparecen tesouros todos os anos durante alá nas terras de Trasancos. o Magosto. Pero só os máis sabios poden atopalos, pois para iso é preciso saber sumar, Un día de Setembro observou como as restar e ler ben. árbores do seu bosque se secaban. Pero el era mago así que se dispuxo a facer un conxuro ----------------para solucionar o problema. En 3 grupos de 8 nenos e nenas, foron con tres O mago botou a andar entre as árbores mapas á procura do anaco do mapa final. e cavou catro buratos onde depositou uns pos máxicos. Desde aquel momento as árbores reviviron e aínda hoxe cobren o fermoso parque do Couto.
46
MANUALIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
Neste primeiro trimestre do curso 2014-2015, os rapaces de primeiro de Primaria, fixeron varios traballos manuais. Mural da clase sobre o outono. Comenzamos elixindo o debuxo que iamos facer no mural, neste caso decidímonos por unha estampa típica do outono. Os rapaces trouxeron follas de árbores para decorar o mural, pegáronnas e logo, pasaron a pintar as árbores con pintura de témpera e a poñer pequenos anacos de plastilina nas letras. Levoulles un pouco de tempo porque o mural é moi grande, pero quedoulles moi ben!!!!! . Boliñas de Nadal Esta manualidade foilles doada de facer e gustoulles moito a idea. Fixéronas da seguinte maneira: Primeiro mercáronse bólas de Poriespan brancas e cinta de Nadal para adornar. Con silicona quente pegaron pedazos de fitas nas bólas a modo de tiras para colgar. Unha vez estiveron todas as boliñas coa súa fita, colgáronse nun cordel longo e, unha a unha, foron mergullándose en pintura de témpera de cor prateada. Deixáronse secar dous días máis ou menos, e cando estiveron secas, comezouse a tarefa de adornalas con cola branca e purpurina. Os rapaces, un a un, foron elixindo a cor que querían para a súa boliña e botáronlle a purpurina. Unha vez estiveron todas feitas, envolvéronse en papel celofán de distintas cores para que as puideran levar para a casa e así adornar a súa árbore. Doadas de facer e moi bonitas quedaron estas boliñas!!!!!
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
47
MANUALIDADES 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Os alumnos de terceiro de Educación Primaria fixeron varios traballos este trimestre como parte da actividade de manualidades. En primeiro lugar fixeron adornos de flores para a clase, con purpurina. A segunda actividade foron os adornos de Nadal, e a teceira a árbore de Nadal que todos os anos se fai no cole. Adornos de Nadal A mestra mandoulles traer dúas piñas a cada un. Os rapaces pintaron as piñas, pintáronas unha prateada e outra dourada. Cando secaron, botáronlle cola branca por riba e purpurina prateada ou dourada, dependendo da cor da piña. Cando as piñas estiveron secas envolvéronas en papel celofán de cores . Xa están listas!!! Árbore de Nadal Nesta manualidade os alumnos axudaron á mestra a decorar a árbore de Nadal. Pintárono de verde e ademais fixeron, cada un, unha bóla de cores para pegalas nel.
ÁRBORE DE NADAL Este ano fixemos a árbore de Nadal grande, para que todos os cursos desde Infantil ata terceiro de Primaria puideran participar cos seus traballos; Os de Infantil de catro anos fixeron unhas botas de Papá Noel con purpurina e algodón, pintada por eles. Os de Infantil cinco anos un pauiño de caramelo e os de segundo de Primaria un anxo coas ás de algodón e os de terceiro as boliñas de cores…. mirade que bonito quedou este ano!!!!!!! Sol
48
SANDRA Este trimestre foi especial para o Mensaxeiro. Cando cheguei a informarme do que pasara en 5º de Primaria, vin que desde comezo de curso había unha nova profe. Ela non era nova por estes lares, xa pasara moitos anos nestas aulas, coma vós. Ela mailas súas irmás. Ao remate deste tempo entre nós, é xa unha mestra máis, unha compañeira máis para min que a vin medrar desde ben pequechiña. O seu nome é Sandra aínda que para min seguirá sendo Sandriña. Só me queda desexarlle no meu nome, no dos rapaces e rapazas do Cole e no dos demais profes, sorte para o futuro e ela ben sabe que nos terá aquí, na súa casa, para o que lle faga falta. Unha aperta Sandriña e, ata sempreeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
49
O NOSO BELÉN ELECTRÓNICO O Belén electrónico do Ludy volve estar no patio de exposicións para deleite de todos os alumnos, mestres e demais integrantes da comunidade educativa. Doutros anos son xa coñecidas as pezas móbiles como o ferreiro, o romano, o serrador, o lagar, os afiadores, o pescador ou o panadeiro. Este ano suma un muíño de auga con pedra no 1º andar e rodicio no baixo. Traballo dabondo no que os nenos de 1º e 2º colaboraron tanto na montaxe como na restauración daquelas pezas máis envellecidas.
50
RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS Aproveitando o arquivo persoal da nosa ex_alumna Beatriz Rico Rubianes, nai da nosa alumna de 6º Ed. Primaria Iara, fágovos un percorrido por parte historia do noso Cole.
Sen dúbida nesta fotografía sacada no patio de recreo aportada por unha ex_alumna, moitos de vós atoparedes a familiares ou sinxelamente caras coñecidas. ADIANTE, RECOÑECÉDESNOS!!!! A tradición deportiva no noso Colexio sempre foi moi grande. Aquí podemos ver un equipo de minibasket do Cole (chándal vermello) despois de ter rematado un partido. Os partidos xogábanse nos pavillóns municipais, neste caso é a pista do pavillón da Malata. Os xogadores tan altos son os xogadores de baloncesto do primeiro equipo de baloncesto do F.C. Barcelona que ían facer unha sesión de adestramento xa que pola tarde, tiñan un partido da máxima categoría nacional contra OAR Ferrol que presidía Juan Fernández.
Revista Ludicol
Nº5, Decembro de 2014
51
Chegado o día de festa do Cole, no mes de maio, xa que era nese mes cando estaba de aniversario a nosa fundadora, era tradición entregar os premios ou mencións de distintos concursos, tanto internos como externos. Nesta fotografía aparece a nosa fundadora, Dna. Ludivina Lamas (Dna.“Ludy”) cun grupo de rapaces e rapazas cos seus respectivos diplomas.
Representación do Belén vivinte a cargo dos rapaces e rapazas dos cursos superiores.
52