O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
1
2
Eeiiiiiiiii Amigos: Xa vos tardaba, verdade? Pois aquí chego ben cargadiño neste novo curso no que vos agarda unha chea de acontecementos, vivencias e tarefas que faremos todos xuntos. Con este número da nosa revista, comezamos un curso singular. Non é un curso calquera, é o curso do 50º aniversario da fundación do noso Colexio. Foi aló polo curso 1968-69 cando a nosa fundadora Dña. Ludivina Lamas García, puxo en marcha a súa ilusión: estar ao carón dos nenos e axudarlles no camiño da súa vida e é así como comeza a historia da nosa escola, o Colexio Ludy. Ademais das actividades xerais das que daremos conta, de como traballamos e como nos divertimos, deixareivos por aquí unha lembranza dos actos que iremos celebrando. Recollerei os vosos traballos e esparexereinos aos catro ventos, desde Caranza ata Brión ou desde Ferrol Vello a Balón. Co empurrón que me dades pouca gasolina terei que repostar. Veña Mensaxeiro que xa estás tardando!!!!
O mensaxeiro Ludicol
Nº 11, Decembro de 2018
ÍNDICE ÍNDICE v LIMIAR .......................................................................................................... 2 v ESCOLA INFANTIL ...................................................................................... 4 v EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS .................................................................. 6 v EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS .................................................................. 8 v EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS ................................................................ 10 v EXCURSIÓN AO ACUARIO ........................................................................ 12 v 1º DE PRIMARIA ......................................................................................... 14 v 2º DE PRIMARIA ......................................................................................... 16 v EXCURSIÓN EN LANCHA .......................................................................... 18 v 3º DE PRIMARIA ......................................................................................... 20 v 4º DE PRIMARIA ......................................................................................... 22 v EXCURSIÓN A AVIFAUNA ......................................................................... 24 v 5º DE PRIMARIA .......................................................................................... 26 v 6º DE PRIMARIA ......................................................................................... 28 v EL PAPEL DEL LOGOPEDA ...................................................................... 30 v CONVIVENCIA CO IES CONCEPCIÓN ARENAL ...................................... 32 v DE FESTA EN FESTA ................................................................................. 33 v FELICITACIÓNS EN INFORMÁTICA .......................................................... 34
3
4
Escola Infantil Ludy
Este comezo de curso estivo xenial! A adaptación foi progresiva e moi doada. E que os nosos nenos/as da Escola.Infantil son os mellores! Descubrimos á Fada Colorín e ao seu amigo Next. Choveron follas de outono na aula ,fixemos brochetas de froita, novos circuítos de sicomotricidade, estreamos o novo comedor,quentiño e moi bonito ... Pasàmolo xenial no noso patio, os novos xoguetes, como a nova cociña con todo o seu menaxe! Agora en Decembro, temos como centro de interese o conto “A pequena eiruga glotona”, e por suposto festexaremos o Nadal con panxoliñas, a visita do Apalpador...e moitas màis cousiñas!! Bo Nadal!!
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
5
6
Educación Infantil, 3 anos.
OS CARACOIS
Este curso, e como vén sendo habitual
durmir de día e comer de noite. E por onde fan caca…
nos últimos anos en
Ademais tamén
Edu. Infantil, tivemos
fixemos unha carreira
a visita na clase de 3
de caracois que foi
anos duns amiguiños
moooi divertida aínda
moi tranquiliños: os
que un pouquiño lenta.
caracois.
E a mellor aprendizaxe.
Coa súa chegada,
De camiño, coidamos
puidemos coñecer
moi ben deles e
un pouco máis
tratámolos con
estes animaliños
cariño!!
e aprender moitas cousas sobre eles. A través da observación, manipulación e a investigación, puidemos descubrir que lles gusta moito a leituga e nada de nada as salchichas, que os ollos téñenos nos seus cornos e que prefiren
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
7
8
Educación Infantil, 4 anos.
PROXECTO DOS PEIXES
Este trimestre estivemos a traballar o proxecto dos Peixes.
As familias colaboraron moito na aportación de material informativo traendo a aula,: contos preciosos,vídeos, manualidades espectaculares ,fotos, collages e un montón de xogos. Desfrutaron moitísimo pescando ou facendo crevacabezas...... Como en todo proxecto comezamos pola recollida de información , fomos elaborando un mural cheo de información que pouco a pouco iamos coñecendo sobre os peixes, e coa axuda da nosa nova mascota Manchita ou Manchi como lle gusta chamalo os nenos e nenas da clase. Realizamos moitísimas actividades dentro deste proxecto, ademais de recursos plásticos que sempre lles encantan,fomos ver os peixes ao Aquarium, manipulamos os peixes na aula para poder entender como eran e velos por dentro. O que máis lles gustou foi descubrir o que miden os peixes e medilos cun metro para logo usar distintos tipos de medidas (pasos, mans, nen@s) Finalmente non podía rematar o proxecto sen levar para a casa un recordo do noso contacto co mundo mariño, coa elaboración dun imán. Disfrutaron e aprenderon moitisimo máis!!!
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
9
10
Educación infantil, 5 anos
Día Universal dos Dereitos da Infancia. Neste primeiro trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil, como cada ano, aprendimos un montón de cousas. O 20 de novembro celebramos no cole o Día Universal dos Dereitos da Infancia. Falámoslles de que esta data tratábase dunha celebración destinada a actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos nenos. Para comezar falamos do importante que son os nenos e nenas na sociedade. Para coidar deles e para asegurarnos de que estean ben, xorden unha serie de dereitos. Explicamos cada dereito e buscámoslle a proximidade á vida cotiá dos nenos e nenas. Deseguido comprenderon a importancia de ser todos iguais, de ter dereito a unha educación, dereito á protección, dereito á alimentación, entre outros. Estaban encantados con ter estes dereitos pero sin ser conscentes de que non todos os nenos e nenas gozan deles. Desta maneira xorde a idea de facer o noso mural no que pedimos que todos os nenos e nenas do mundo poidan gozar dos mesmos dereitos, baixo o lema de: “Todos iguais, Todos diferentes”. Foi marabilloso traballar con eles e elas este tema e percibir o ben que o entenderon.
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
11
12
EXCURSIÓN AO ACUARIO Este trimestre e coincidindo co proxecto dos peixes que desenrolamos na aula,os nenos e nenas de Educación Infantil foron de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Alí disfrutaron moito observando o polvo, as raias, os cabaliños de mar e, sobre todo, encantoulles ver como comía o tiburón Gastón e as focas. Disfrutaron e aprenderon, xenial!!
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
13
14
1º de Educación Primaria
O alumnado de 1º crea un conto para a nova mascota do Cole, Peteiriña ou Peti para os amigos. Entre todas e todos deseñamos a aventura.
Peti vai á praia
Un día calquera a nova mascota do Ludy decidiu ir á praia. O primeiro que fixo foi darse un chapuzón. Ao saír da auga veu unha cuncha que tiña unha luz moi forte. Quixo tocala pero pechouse. Logo estaba cunha pedaleta e escoitou un ruído. Mirou para un lado e alí estaba a cuncha aberta. Dentro había un caranguexo, era o seu amigo Agustino.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 11, Decembro de 2018
A NOSA HORTA En Primeiro comezamos plantando, no outono non é doado porque os días cada vez duran menos pero cremos que algo sairá. O primeiro que plantamos foi un morteiro de perexil. E xa está connosco. Horta viva!!!
15
16
2º de Educación Primaria
25 N
Con motivo do 25 de novembro , traballamos na nosa clase a igualdade e a non violencia, é algo que facemos durante todo o curso , pero que neses días quixemos mostrar a tod@s adornando a aula e facendo un gran mural…UNIMOS AS NOSAS MANS CONTRA A VIOLENCIA. Ademais aprendimos a canción de Rosalen “LA PUERTA VIOLETA” interpretándoa tod@s xunt@s.
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
17
18
Excursiรณn en lancha
O mensaxeiro Ludicol
O día 16 de novembro realizamos unha saída en lancha pola Ría de Ferrol. Primeiro visitamos o Castelo de San Felipe, onde coñecimos tódolos seus segredos. De novo na lancha achegámonos ao porto de Mugardos, alí esperábannos Luis Cudilleiro e o
Nº 11, Decembro de 2018
seu fillo ( mariñeiros) ensináronnos o seu barco e as distintas artes de pesca que utilizan día a día no seu traballo no mar. Pasámolo en grande e aprendimos moitísimo. Seguro que repetiremos!!!!
19
20
3º de Educación Primaria Boa parte deste trimestre, os alumnos de 3º de Primaria dedicámolo ao
coñecemento das plantas e dos animais, por iso, aproveitamos para plantar unhas sementes , aínda que non sexa a estación idónea. Plantamos perexil,
albahaca, tomate e manzanilla. Ao plantar estas sementes, estamos axudando na colaboración da construción dunha escola infantil para 150 nenos en Mozambique, a través de “Manos Unidas”.
Tamén tivemos que repasar moito as táboas de multiplicar, e como ás veces
era moi aburrido, xogabamos á baralla de cartas de multiplicar. A verdade é que así era máis doado…
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
21
22
4º de Educación Primaria
OS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA REALIZAN MAQUETAS DOS ECOSISTEMAS Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria fixeron, para a unidade de Ciencias da Natureza “ Os seres vivos no seu medio”, varias maquetas representando diferentes tipos de ecosistemas. Despois, os alumnos por grupos, explicaron as súas maquetas aos demais compañeiros da clase. Mirade que ben quedaron!
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
23
24
Excursión a Avifauna
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitamos Avifauna para coñecer as distintas aves
da Península Ibérica. Pasámolo moi ben, xa que na clase estabamos a estudar estes e outros animais. Foi un modo de coñecelos mellor.
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
25
26
5º de Educación Primaria
CARTA DUNHA AVOA AO SEU NETO Ferrol, 20 de novembro 2018 Ola, son a avoa de Dani. Teño 64 anos. Nacín nunha aldea chamada Beseño no concello de Touro.
Os meus pais chamábanse Daniel e Obdulia. Eramos nove irmáns.
Desde ben pequerrechos tiñamos cada un de nós, unhas tarefas diarias que facer, ademais de ir á escola que nos quedaba a dous quilómetros. Levantabámonos moi cedo para ir recoller a comida para os animais mentres a nosa nai nos preparaba o xantar xa que non tiñamos tempo de ir á casa para voltar pola tarde á escola xa que o noso horario era de 10 a unha e media pola mañá e pola tarde de tres a cinco. Da escola voltabamos ben ás présas para facer os labores que os nosos pais nos tiñan preparados. Remantando de facelos, ceabamos e dereitiños á cama para, ao día seguinte estar ben descansados. Os meus pais aínda quedaban arredor da lareira botando unha partida ás cartas e algunha parolada. Nós aproveitabamos as fins de semana para xogar cos xoguetes que faciamos nós. As nenas limpabamos de pinchos as silveiras para saltar á comba. Na primavera faciamos colares e aneis con flores do campo. No verán bañabámonos no rÌo e xogabamos ao pilla pilla e ao escondite. No outono, coas mazarocas de millo, faciamos bonecas e poñiámoslles pelo coa barbuxa das mazarocas, aproveitabamos e peiteamos nelas canto podiamos. Tamén coas landras dos carballos faciamos colares. No inverno pouco podiamos facer, eran invernos moito máis duros que os de agora e aproveitabamos cando as pozas quedaban xeadas para patinar enriba delas; coa neve faciamos bonecos ben bonitos. Os nenos facían os seus xoguetes: bicicletas de pau, coas cacholas dos nabos facÌan carros de xoguete, tiratacos, tirachinas... Non podiamos estudar máis que ata conquerir o certificado de estudos primarios, xa que os medios económicos eran pequeniños de todo. A nosa vida podémoslla contar aos nosos netos e non poden chegar a entendela. Sen embargo, eramos moi felices, quizais máis que eles e iso que teñen de todo. Non tiñamos tanta variedade de alimentos pero os que tiñamos eran moito máis sanos: muxían as vacas e bebiamos directamente o leite, para merendar faciamos torradas coa nata do leite das vacas ou con aceite ou, de vez en cando, unha raxiña de touciño ou de xamón. O pan cocíase de semana en semana e estaba boísimo. Todo o que comiamos era cultivado nas nosas hortas ou produto dos nosos animais e todo o que se bebía facíase co froito das nosas vides. Con dezaseis anos vin para Ferrol traballar cunha familia que, para min, foron como unha segunda familia ensinándome de todo, desde as tarefas da cociña, da limpeza, etc. Eu non sabía funcionar cunha aspiradora ou cunha lavadora ou mesmo cun teléfono. Así estiven ata que coñecín ao meu home. Aos dous anos casamos e formamos a nosa familia. Querido neto, así vivía a túa avoa. Non é un conto, foi a realidade da vida.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 11, Decembro de 2018
27
“CANDO OS MEUS AVÓS ERAN NENOS” O meu avó cóntame: Cando el era pequeno, facían eles mesmos bicicletas de pau e carros de xoguete cos nabos mentres pacían as vacas nas pasteiras. Xogaban aos aros usando un ferro e a parte metálica dunha roda vella. Facían competicións de quen era o que chegaba antes ou chegaba máis lonxe. Ao que lle caera a roda, tiña que deixar a partida e agardar á seguinte. Cando viña da escola, ía ao galiñeiro tentando de enfadar aso galos. Un día un galo deulle unha boa picada que aínda hoxe ten o recordo. Xogaba á billarda ou tamén coñecido como billa . Con dous paus, un no chan afiado polas puntas(caño) e con outro batíase nalgunha das dúas puntas para tentar de erguelo e alonxalo o máis posible. Gañaba o que máis lonxe o mandaba. Facer tirachinas (tiracroios) collíase un Ghalleto de pau ao que se lle engadía unha goma. Na punteira da goma cargábanse pedriñas pequenas e facíase puntería sobre calquera obxecto. Algunha vez facendo trasnadas como ir practicar puntería coa campá da igrexa.
A miña avoa cóntame: Como saltaban á comba usando as cordas que facían as silveiras ás que lles sacaban as espiñas para non picarse. “A chapa” ou “raiola” ou “mariola”: xogaban cun obxecto (o cu da taza) que tiñan que ir levando por un percorrido de cadros pero á pata coxa se saír dos cadros. “A boneca reina”: Cunha espiga ben feitiña e conseguindo materiais para ila vestindo a maneira de boneca. As barbas do millo, por exemplo, sería o pelo.
28
6º de Educación Primaria
A TOPINIMIA TRASMONTE.- Lugar que se atopa pola parte traseira do monte de Ancos. CARANZA.- Orixinario topónimo que se supón de raíz prerromana “car” (pedra) ou do latín quadraginta (unidade de medida agraria) DONIÑOS.- Vén do latín dominus, dono (señor propietario)coa terminación do diminutivo -iños (pequeno propietario). ENCHOUSAS.- Parroquia do concello de As Somozas. Hai unha lenda que fala de que o “Moro” viña coller as mozas e as enchousaban (encarceraban) en enchousos(covas). As familias podían velas alí ata que partían. CABANAS.- O máis seguro é que proceda da palabra gaélico-irlandesa cabhán ou cabhánch e non de cabaña como era crido. Cabdán significa terreo no que hai colinas, vals e vagoadas. SAN XURXO.- Cumprindo coa tradición cristiá, dáselle nome a varias parroquias co nome do sannto. CHANTADA.- Conta a lenda que unha muller da aldea, atravesou o lugar de Belesar levando unha gran pedra ao longo da Ribeira Sacra. A muller cansou e dixo: “Ala, aí vos queda, chantada no chan”. BERTÓN.- Lugar para plantar as berzas das que o bertón era o carozo. GÁNDARA.- Terreos moi húmidos, baixos e cheos de silveirada. A FAÍSCA.- Procede da palabra chispa. A GRAÑA.- Zona de montaña, sen cultivo.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 11, Decembro de 2018
29
VALDOVIÑO.- Unha das moitas explicacións que se dá a este topónimo é que era un lugar natural a onde chegaban moitas aves para aniñar. A xente con pouquiños recursos, ía alí recoller os ovos para comer. De aí viría “val do oviño”. Outra hipótese dinos que é un topónimo de orixe gaélica que ten o seu homólogo correspondente en Escocia (West Highlands). Procedería de “Val de Aviño”. Do gaélico abhaim obteriamos aviñ(o), sendo este o nome antigo dun dos regatos que van desde a laguna ata o mar. Polo tanto é posible que Valdoviño veña do topónimo gaélico-escocés “Beul Abhainnlú adaptado á lingua romance galega. MANDIÁ.- Chámase así
na honra de Rodrigo de Mandiá, fillo de Diego Yoces
de Mandiá e de Isabel Fernández de Leiro aló polo século XVII. MOECHE.- Crese que provén dun cabaleiro coñecido como Modesto, personaxe que vivíu nesas terras aló polo século VI. ESTEIRO.- Relacionado coa pesca, do latín “vestuarium”, esteiro, estrada fluvial, lugar idóneo para a pesca por estar máis recollido. NARÓN.- O seu nome sería “auga ou curso de auga”. FERROL.- A hipótese maioritaria acepta que é un termo da topinimia altomedieval, sendo a asociación de dous vocablos que poden significar “porto cercano” ou “embarcadeiro sobre piares”. A PORTA NOVA (Ferrol).- A comezos do S. XIX prodúcese a apertura dunha terceira porta da cidade no muro defensivo por parte da terra, situada nun punto equidistante das outras dúas portas xa existentes. Chamóuselle “A Porta Nova” e con ela comezou a construción da Estrada de Castela para facilitar a comunicación da cidade co interior do país, ofrecendo outra posibilidade de abastecemento e comercio ata entón, case de maneira -única por vía marítima. BRIÓN.- Provén do termo celta “briga” que significa asentamento ou de orixe neolítica que sería lugar dedicado aos traballos agrícolas e aos seus montes. CANIDO.- Agrupación de cabanas silvestres: “edo”, “ido”
30
ALBA
El papel del logopeda en el Retraso del Lenguaje
“¿Sabías que el Tratamiento Logopédico va muy ligado al funcionamiento del cerebro?, ¿Tenías conocimiento de que los logopedas pueden ayudar a las personas que han sufrido un ictus a volver a comunicarse?, ¿Sabías que desde esta profesión se pueden tratar a los bebés que han nacido sordos?” Actualmente no toda la población sabe que el Logopeda puede ayudar a un niño que no mira a los ojos, a un persona que cuando come le pasa alimento al pulmón, a alguien que después de haber sufrido un ictus no puede hablar, a una maestra que acaba la semana sin voz, a un niño que tarda en decir sus primeras palabras, a un adolescente que no entiende los enunciados de los problemas, en definitiva, no solo tratan las dificultades de pronunciación. La Logopedia es una profesión sanitaria cuyos profesionales que se dedican a ella, los Logopedas, se dedican a desarrollar actividades para la Prevención, Evaluación, Diagnóstico y Tratamiento de los trastornos de la comunicación, el lenguaje, el habla, la audición, la voz y las funciones orales no verbales (como por ejemplo la deglución o la succión) en personas de todas las edades, desde neonatos hasta la vejez. De todos los campos que puede abarcar el desempeño de nuestra profesión, nos centraremos en este caso, en la importancia de la estimulación temprana del lenguaje, desde el nacimiento hasta el primer año de edad. El desarrollo del lenguaje corresponde al proceso cognitivo mediante el cual el niño adquiere las habilidades necesarias para comunicar. Se trata de una etapa en la cual la familia y el entorno cumplen un rol esencial y protagónico. Dicho desarrollo podemos dividirlo en dos etapas, una prelingüística, que abarca desde el nacimiento hasta el año de edad o hasta que el niño comience a decir sus primeras palabras, y otra lingüísica, que comienza con la producción de las primeras palabras e incluye todo el posterior desarrollo del lenguaje.
O mensaxeiro Ludicol
En la primera etapa, el niño llora, grita, se sobresalta ante ruidos intensos, mira a los ojos, sigue los objetos con la mirada, balbucea, imita conversaciones, se ríe, etc. En la siguiente etapa el niño dice sus primera palabras, construye frases y oraciones, habla de sus intereses, inicia conversaciones, etc. Con todo ello, un adecuado desarrollo prelingüístico predispone un correcto desarrollo del lenguaje en sus posteriores etapas. A continuación se describen algunas pautas para estimular el lenguaje: - Responder al llanto. Debido a que al nacer, la única forma que tiene el niño de comunicarse es a través del llanto, debemos dar respuesta a ello, lo que le otorgará seguridad y le permitirá compartir sus necesidades y emociones continuamente. - Mirar a los ojos mientras se amamanta, sonreírle, hablarle,
Nº 11, Decembro de 2018
cantarle… ya que ayuda a establecer un vínculo de apego esencial e introducir el interés por comunicarse. - Seguir objetos con la mirada. Los neonatos no ven del todo nítido ni son capaces de diferenciar una persona de un objeto. Debido a que la visión se va desarrollando en los primeros meses de vida, el seguir objetos con la mirada, predispone el desarrollo del contenido y uso del lenguaje. - El lenguaje se adquiere mediante el sentido de la audición, por lo que el buscar una fuente sonora ayuda el bebé a desarrollar este sentido, crucial para un correcto desarrollo del lenguaje. - Fomentar el juego funcional el cual permite al niño explorar, desarrollar habilidades cognitivas, habilidades físicas y desarrollar el lenguaje. Recuerda siempre que mientras más melódica, dulce y cariñosa sea tu voz, mayor será
31
su atención al lenguaje. Evita hacer uso excesivo de niñerías. No fuerces a que hable, ya que tanto la falta de estimulación como la sobreestimulación son malas. Déjalo que explore, siempre dentro de tus límites y bajo tu supervisión, y sobre todo, recuerda que todos los niños aprenden y se desarrollan a un ritmo diferente, respeta sus tiempos. Ante cualquier duda o consulta, visita a un Logopeda. Recuerda que toda acción temprana será beneficiosa para tu hijo(a). Alba Gil Castro- Logopeda Centro LUBA
32
CONVIVENCIA ALUMNOS 5º E 6º COLEXIO LUDY,COS RAPACES DE 1º DA ESO DO IES CONCEPCIÓN ARENAL
Como en edicións anteriores, marchamos de convivencia para conversar, compartir e deleitarnos coas paraxes das que podemos disfrutar e, que ás veces pouco ou nada valoramos. Marchamos cara ao parque natural das Fragas do Eume pero, este ano, por unha ruta diferente: Chegariamos en bus ata o Museo Etnográfico da Capela e alí comezariamos a marcha collendo o Camiño Vello que nos levaría ata o Mosteiro de Caaveiro despois de enlazar a nosa ruta co camiño do Pousadoiro. Fómonos adentrando na Fraga por unha costa abaixo ben pronunciada para chegar ao Mosteiro pola parte da ponte e do muíño. Desde alí puidemos ver a maneira na que foi construído o conxunto ; enriba dun penedo. Unha vez feita unha visita ben detallada e tomar algo para seguir a ruta, encamiñámonos polo sendeiro que nos levaría ata as proximidades da central hidroeléctrica da Ventureira. Alí, despois de recibir as explicacións oportunas sobre a central hidroeléctrica nova da Ventureira, chegamos ata os antigos almacén de Fenosa onde nos agardaban os buses. Foi unha xornada de reencontros e descubrimento do noso medio.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 11, Decembro de 2018
DE FESTA EN FESTA E TIRO PORQUE ME PRESTA
33
Se por algo se caracteriza o noso Cole é por non pasar por alto ningunha das festas e tradicións anuais do noso contexto máis próximo, tanto galegas como locais. E así é como comezamos o curso coa xa agardada VENDIMA, entramos de cheo no outono e pasámolo ao grande papando e xogando no MAGOSTO, desfilando disfrazados e elaborando cabazas, que ben poderían ser consideradas obras de arte, no SAMAÍN. E agora que chega o NADAL, preparando panxoliñas e obras para a festa, gozando do noso Belén electrónico e decorando moito segundo a ocasión.
34
FELICITACIÓNS DO ALUMNADO DA ACTIVIDADE DE INFORMÁTICA.
O mensaxeiro Ludicol
Nยบ 11, Decembro de 2018
35
36