Skip to main content

O Mensaxeiro Ludicol 11

Page 1

O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

1


2

Eeeeiiiiiii que xa chego!!!!!! Aquí estou outro curso máis. Xa pensabades que vos ía deixar ir de vacacións sen visitarvos? Pois non! O voso traballo ben merece deixar pegada no tempo. O voso esforzo, o dos profes que sempre son guía na vosa formación, as vosas familias que tamén achegan o seu grao de area. Neste número da vosa revista, aparecen os vosos traballos, as vosas inquedanzas, as vosas gañas de saber máis, en resumo, gañas de coñecer o que vos rodea. Tamén aparecen eses reflexos de luz que tentan guiarvos nunha sociedade necesitada de boas formas, do voso compromiso para alumear eses camiños ás veces tan escuros. Neste Mensaxeiro tamén atoparedes luces da nosa cultura xa que nunca deberedes esquecer de onde vides e quen sodes. Deberedes estar sempre agradecidos ás persoas que vos puxeron no camiño e, nas primeiras etapas vos van axudando ata poder voar vós pola vosa conta porque sen os vosos pais, sen os vosos avós…quen sodes? Antes de que vos poñades a mirar dentro do meu zurrón, permitídeme desexarvos a todos vós e ás vosas familias un Bo Nadal. Unha apertaaaaaaaaaaa!!!!!!


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

ÍNDICE v v v v v v v v v v v v v v v v v v v v

Escola Infantil ................................................4 Educación Infantil, 3 anos .............................6 Educación Infantil, 4 anos .............................8 Educación Infantil, 5 anos ...........................10 Visita ao castelo de Moeche ........................12 1º de Educación Primaria ............................14 2º de Educación Primaria ............................16 Excursión a Viveiro .......................................18 3º de Educación Primaria ............................20 4º de Educación Primaria ............................22 Excursión a Cariño ......................................24 5º de Educación Primaria ............................26 6º de Educación Primaria ............................30 Por que non deporte para todos? .................31 Actividades feitas no 1º trimestre ................32 Vendima ......................................................33 Samaín ........................................................34 Magosto ........................................................35 Nadal ............................................................36 Entramos nun clic ........................................37

3


4

Escola Infantil Ludy

A piques de rematar este ano 2017 e, polo tanto o primeiro trimestre, temos que dicir que foi boísimo! A adaptación foi xenial, pouco a pouco e con facilidades. É que os nosos/as nenos/as…son os mellores! Neste primeiro trimestre traballamos como centro de interese o outono e os mouchos. Aprendendo así,deste xeito as cores, as estacións, os costumes… Celebramos, cunha gran festa, o Samaín aprendendo que forma parte da nosa cultura e disfrutando das nosas tradicións. Para rematar o trimestre contamos coa axuda de “Elmer” e de “Crocodilo”, dous contos que fan as delicias dos máis pequenos/ as. Só nos queda preparar o Nadal, que xa o temos moi preto.

Felices Festas desde a Escola Infantil.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

5


6

Educación Infantil, 3 anos.

Este curso e como

aprendimos un montón

ven sendo habitual

de cousas,algunhas

nos últimos anos en

delas incribeis para

ed.infantil tivemos

eles...poden subir

uns visitantes moi

escaleiras!! non lles

especiais na aula de

gusta o sol!! non teñen

tres anos.Os caracois.

dentes!!! Foi fantástico

Os nenos e nenas desta aula puideron coñecer máis de cerca estes pequenos animais que saen coa auga do outono. Observáronos de cerca e fixeron moitas preguntas sobre eles...así comezamos a investigar, manipulándoos e recadando información sobre eles,as familias axudaron moito nesta tarefa de xuntar información... logo entre todos

iniciarnos no mundo da investigación!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

7


8

Educación Infantil, 4 anos.

FROITOS DE OUTONO

Neste primeiro trimestre os nenos e nenas de catro anos, entre outras cousas, traballamos os froitos e froitas do outono. Todo comezou coa chegada do outono e ver o interese por saber máis cousas desta fermosa estación. Comezamos vendo imaxes de froitas e froitos na clase e despois pintamos algúns deles. Logo decidimos traer algúns dos máis típicos do outono. A degustación foi un éxito e todos se animaron a probalos. Tamén tivemos que investigar de onde saían esas froitas e froitos e buscamos as árbores que nolos daban. Relacionado con isto falamos da importancia de coidar a natureza xa que é moi xenerosa connosco; e do saudables que son os froitos e froitas na nosa alimentación. Como nos gusta coñecer a nosa contorna!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

9


10

Educación infantil, 5 anos

OS CASTELOS Neste primeiro trimestre, na aula de 5 anos, estivemos traballando o proxecto dos castelos. Foi un tema que nos motivou moitísimo, xa que en moitos dos nosos contos aparecen moitas veces o mundo dos castelos, dragóns, príncipes e princesas,… Comezamos recollendo información sobre este tema e fomos descubrindo as distintas partes dos castelos, quen vivía e traballaba neles, a vestimenta dos cabaleiros, as costumes que tiñan na época medieval… Tanto nos gustou que nos trasladamos a aquela época e convertímonos en cabaleiros medievais, elaborando nós os escudos e helmos, imaxinabámonos loitando en batallas e participando en torneos. Gracias a este proxecto tamén podemos disfrutar da visita a un castelo medieval, o Castelo de Moeche. Tivemos tanta sorte que ata atopamos un tesouro. Foi un proxecto moi interesante!!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

11


12

VISITA AO CASTELO DE MOECHE Os nenos e as nenas de catro e cinco anos traballamos ao longo deste trimestre o proxecto dos castelos. É un tema que entusiasmou a ámbalas dúas clases pois tiñan unhas gañas enormes de saber e coñecer sobre este tema. Unha das primeiras cousas que fixemos foi un debuxo da idea que tiñan dun castelo. Despois de falar e de investigar moito decidimos ir de visita ao castelo de Moeche para que puideran ver de preto o que as mestras lles estaban aprendendo. Cando chegamos a Moeche a nosa guía explicounos as distintas partes e funcións da fortaleza. Os nenos e nenas puideron preguntar todo o que quixeron e estar nas distintas partes da mesma. Estivemos xogando na praza de armas, estivemos na torre da homenaxe e paseamos polo camiño de ronda como se foramos cabaleiros e cabaleiras. Estaba moi alto!! Por último, tiñamos preparado a búsqueda do tesouro. Que alegría tan grande ao encontralo e poder levar,cada un, un pouquiño dese tesouro. Pasámolo en grande!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

13


14

1º de Educación Primaria

Unha etapa nova comeza para os nenos e nenas de 1º de Primaria. Intentamos facela o máis sinxela posible, por iso ademais dos contidos didácticos que aparecen na programación didáctica, tamén traballamos distintos temas que sabemos que os motiva e os axuda a ir pouquiño a pouquiño adaptándose ao novo curso sen notar tanto cambio: -Traballamos o outono e decoramos a nosa clase cun mural e con follas de outono. -A vendima. Pasámolo xenial pisando as uvas para sacar o mosto. - Magosto, traballos, vídeos, debuxos… -Certame recitado de poesía dentro da actividade Teatro con G, no Carvalho Calero, coa obra Cantigas para a corredoira. Entrevista para a radio do cole. -Semana contra a violencia de xénero, asembleas con postas en común, vídeos sobre a igualdade, fichas e mural. - O Nadal, adornamos a nosa clase con motivos navideños, fixemos unha árbore coas fotos das nosas caras, e distintos traballos navideños. Con todo isto pasouse voando o trimestre. Agora a descansar e coller forzas para o seguinte.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

15


16

2º de Educación Primaria

Mauricia

Este ano, a mascota de 2º é unha ouriza e chámase Mauricia. Esta é a historia que toda a clase creou para ela:

MAURICIA E A ÁRBORE MÁXICA Hai moitos, moitos anos, había unha ouriza chamada Mauricia que vivía nun bosque. Mauricia era unha gran exploradora e moi boa. Ademais era unha gran amiga de todas as nenas e nenos. Un día, ía camiñando polo bosque e encontrou a un ser estraño que dixo: - Son o señor Piruxo, son bruxo e botareivos un conxuro! Mauricia asustouse moito e seguiu camiñando. Máis adiante pareceulle ver unha árbore camiñando. - Quen anda aí? Es becho ou árbore? - Son árbore, a árbore máxica do bosque – dixo a árboreMauricia que acababa de atoparse con Piruxo contoullo á árbore. A árbore decidiu axudarlle a buscar a ese bruxo Piruxo e botalo do bosque. Ámbolos dous camiñaron ata atopar de novo a Piruxo. - Piruxo! –dixo Mauricia- non queremos os teus conxuros, así que vaite do bosque xa! Piruxo riuse sen medo algún ao que puidese pasar. Entón, a árbore ergueu unha póla da que saíron paxaros moi brillantes en dirección ao bruxo. Mauricia aproveitou e rodou como unha bóla de pinchos ata impactar nas pernas do bruxo. - Aaaaaaiiiiiiiii! Dixo o bruxo mentres marchaba a toda velocidade. Así foi como Mauricia e a árbore máxica se fixeron grandes amigas.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

17


18

Excursiรณn a Viveiro


O mensaxeiro Ludicol

Neste trimestre primeiro e segundo de Primaria viaxamos ao corazón da Mariña para coñecer curiosidades da nosa historia e o noso patrimonio natural. Estivemos no Souto da Retorta, en Chavín, onde visitamos os eucaliptos máis grandes de Europa. Non era o rendemento económico o que interesaba alá a principios do século XX, senón máis ben a súa función de drenaxe nun lugar moi húmido. Coñecemos nesta paraxe o mexillón de río, mergullámonos nunha fraga tamén autóctona de carballos, bidueiros e ameneiros. E, tras ver ao Avó (o eucalipto máis grande), visitamos

Nº 11, Decembro de 2018

19

a central hidroeléctrica que Barro construíra para abastecer de enerxía eléctrica a fábrica da que saíron os primeiros autobuses galegos. Logo acercámonos ao monte San Roque, coñecemos as especies animais que coida a Mancomunidade de montes (cabras, corzos, xabarís, burros …) e gozamos das marabillosas vistas da ría. Pasámolo ben? Non, o seguinte.


20

3º de Educación Primaria VISITA Á AULA DE ECOLOXÍA URBANA

Os alumnos de 3º de Ed, Primaria visitamos a aula de ecoloxía urbana no Cantón de Molíns en Ferrol.

Alí fixemos unha actividade sobre a cadea alimentaria. Aprendemos moito cos xogos e actividades que nos tiñan preparadas os monitores sobre as relacións alimenticias entre os diferentes seres vivos.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

21

RELEVO DE INTERIOR E DE COSTA

Os alumnos de 3º de Primaria realizaron unha actividade sobre o relevo do interior e de costa na clase de Ciencias Sociais.

O obxectivo era que aprenderan de forma lúdica e motivadora o vocabulario que

aparece unha e outra vez na unidade didáctica: “As paisaxes”. Que mellor maneira de facelo que facendo unha maqueta do relevo con plastilina.

Primeiro fixeron con plastilina e outros materiais as distintas formas do relevo, logo pegáronas no taboleiro e despois fixeron carteis cos nomes. Pasárono moi ben e aprenderon moito!


22

4º de Educación Primaria

Os alumnos de cuarto dedicamos gran parte do trimestre a ampliar os nosos coñecementos sobre as plantas, os animais e outros compoñentes que conforman o noso planeta. Así, fixemos traballos individuais sobre moitos animais, coñecemos como facer un herbario e ata nos visitou unha tartaruga . Para traballar estes contidos, tamén visitamos a Aula de ecoloxía urbana do Concello de Ferrol. Participamos no concurso do Concello de Ferrol “Diseña a túa mascota” e unha policía local explicounos moitas cousas e moi utis para ser uns bos peóns e aplicar as normas de Educación Viaria.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

23


24

Excursión a Cariño Os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitamos a fermosa vila de Cariño.

Nada máis chegar visitamos a fábrica de conservas “La Pureza”, onde puidemos coñecer o proceso de elaboración de distintas conservas. Ese día tocaba conservar xurelíños. Noutro compartimento estaban a elaborar riquísima marmelada de mazá. Que ben cheiraba ! Despois visitamos a Casa do Concello, onde puidemos facer un montón de preguntas a dous concelleiros da vila. Como facía tan bo día, as mestras deixáronnos xogar nun parque chulísimo a carón do mar. Pasámolo xenial!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 11, Decembro de 2018

25


26

5º de Educación Primaria

AS NOSAS LENDAS A Santa Compaña

A lenda da Santa Compaña é unha tradición que permaneceu na cultura típica galega co paso dos séculos. É, na mitoloxía popular galega, unha procesión de mortos e ánimas en pena que pola noite recorren os camiños dos pobos. O sombrío da procesión é que se detén na casa na que alguén vai morrer en breve. Historia da Santa Compaña

Camiñaba unha ánima por un sendeiro, levaba dous cans que non paraban de saltar. Encontrouse un home no camiño que, mirando para os cans, lanzoulle unha pedra a un. Seguiu o seu camiño. Máis adiante topouse cun amigo que xa morrera .Díxolle: -Tes que ir ao cemiterio pedir perdón polos teus pecados. E o home díxolle: -Non podo ir que é de noite e teño medo. O home, amigo do señor, respondeulle: -Si que podes. Tamén puideches tirarme unha pedra uns metros máis atrás. A Santa Compaña está formada por almas que van en dúas filas, envoltas en sudarios, con mans frías e pés espidos. Cada pantasma leva unha luz, pero é invisible, só un cheiro de cera e un vento lixeiro son os sinais de que a lexión de espectros está pasando. Na fronte hai un espectro máis amplo, o Estadea.

Ás veces levan un ataúde no que entra un familiar. Este non leva moito tempo morrer.

Pode suceder que aqueles que atopan o seu camiño atrasado pola noite están obrigados a seguir a procesión cargando unha cruz e un caldeiro. O compañeiro pode transmitir o seu “traballo” se nunha das excursións do falecido coñece a outra persoa. Dálle a cruz e o caldeiro e é libre mentres que a persoa a quen lles deu é quen vai acompañar ás pantasmas.

Tranquilo, que en caso de cruzar coas almas nalgunhas das súas viaxes no Camiño pola noite, escapar del ten unha solución. De facer un círculo e meterte nel, pasando tombado boca abaixo no chan, rezando e do xeito máis sinxelo para fuxir… botar a correr!!!


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

CANTIGAS

Unha noite no muíño, non é nada. Unha semana enteira, esa si que é muiñada.

Marica berrou con Chinto na carballeira de abaixo. Marica berrou con Chinto porque levaba o toxo no refaixo.

Pena me diches fontiña cando ao teu lado pasei. Tanta auga que tirabas tanta diches de beber. Agora soíña e abandonada, os teus olliños tan pechos xa non lle quedan nin bágoas.

27


28 A MOZA DO MARIÑEIRO (1950) Adelita, meu amor preferido. Adelita do meu corazón non me digas que a min non me queres e con outro vas marchar. Eu seguireite por terra e por mar ata onde te poida atopar. Por mar no meu “Galatea” e por terra no tren militar. Comprareiche un vestido de seda e levareite comigo ao altar para contigo poder casar e os dous xuntos poder firmar.

Fun a San Andrés de Lonxe cunha cesta na cabeza. Fun por mar e vin por terra. O Santo mo agradeza.

Teño lanchas, teño remos teño sardiñas do mar. Teño unha nena bonita, xa non quero traballar. Ai Lalalalala (x 3)

CANTO DE ARADA Turrade ben polo arado, miñas vaquiñas marela, que teño que ir de ruada cando sexa noite pecha. Sementei millo miúdo no colo dunha rapaza, téñome que ir polo mundo antes de que o millo naza. A moza perdeu o mozo por entre a palla do millo. A moza quedou chorando polo seu agarimiño.


O mensaxeiro Ludicol

O alumnado de 5º de Primaria recibiu este trimestre a visita de Remedios Rey, colaboradora da ONG Manos Unidas. Remedios explicou a súa experiencia vivida no Salvador, país no que estivo a coñecer os proxectos de desenrolo que está a levar a cabo Manos Unidas. Centrou a súa exposición nas dificultades que atopan os habitantes do citado país no seu día a día e as desigualdades que atopamos respecto ás condicións de vida que vivimos no noso país. Estas visitas procuran unha concienciación no alumnado das desigualdades que se atopan no noso mundo e o traballo que hai que realizar para combatilas.

Nº 11, Decembro de 2018

29


30

6º de Educación Primaria

OS TOPÓNIMOS

BRIÓN.- Procede da palabra celta “briga” (asentamento). VALÓN.- Procede da palabra “valo” ( sitio con montañas que rodea fincas de cultivo e pasteiras. SANTA UXÍA DE MANDIÁ:- No lugar que ocupa esta parroquia, existía a chamada “Villa Mandillanis” de onde vén o nome de Mandiá. No século VIII ou IX construíuse unha capela de foi adicada a Santa Uxía. COVAS.- Provén duns buratos profundos no chan na procura de ouro, cuarzo ou outros minerais. Estes buratos fíxoos a xente que vivía nos castros e con posterioridade os romanos. A GRAÑA.- Ten a súa orixe na palabra latina “granea” que significa celeiro. Referencia a unha antiga explotación agrícola e gandeira que había na zona desde tempos neolíticos. DONIÑOS.- Dise que deriva da unión de dúas palabras de orixe celta: “dun” e “inis” que significa “Castro da Illa” xa que hai restos dun castro preto de Praia fronte ás illas Gabeiras. Outra orixe fíxase no feito de que dous nenos se salvaran de morrer afogados grazas á súa nai que os meteu nunha cesta. MOECHE.- Procede do latín “Villa Modesti”, forma do xenitivo “modestus”. CEDEIRA.- Procede do latín cetárea. SOMOZAS.- Deriva do latín “sub mantia” (lugar situado ao pé dun monte. Por outra banda dice que derivaba da palabra “soma” do latín “summa” (o máis alto). FERROL.- Rexístrase por primeira vez nun documento eclesiástico no que se mencionan no latín “Sancto Juliano de Ferrol” (1087). CHAMORRO.- Un pescador de Ferrol estaba pescando e veu una tormenta e o mar toleou. A súa pequeña embarcación non podía soportar os empurres do mar e do vento. Veuse moi apurado, que ía afogar e pediu axuda berrando “Xa morro! Ao longo do tempo o Xa morro! convertiuse na voz “Chamorro”. ESTEIRO.- Terreo pouco profundo de chan con moito fango que se enche coa marea. A GÁNDARA.- Terreo baixo non cultivado cheo de Silveira e con moita humidade.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

31

ARTIGO DE OPINIÓN

POR QUE NON DEPORTE PARA TODOS? Quixera comezar a miña reflexión diferenciando dous termos totalmente diferentes: deporte en idade escolar e deporte escolar. O primeiro é aquel no que participan escolares tanto federados nalgún clube como non federados, suxeitos a unha regulamentación común, nos distintos niveis deportivos, no marco das Federacións Deportivas que coordinan cada especialidade deportiva. Neste tipo de deporte, priman os resultados, clasificacións, títulos (a prensa recolle a miúdo resultados asoballantes. Sería convinte que nos detivesemos un minuto a pensar a desilusión e o desánimo que eses resultados asoballantes producen nos xoves deportistas e, moitas veces, ocasionan o abandono da práctica deportiva ó crer que fracasaron. Para agravar o problema, estes encontros celébranse, a miúdo, nun ambiente de equivocada “paixón” deportiva, chegando mesmo ao insulto, as discusións violentas e ás agresións verbais, todo iso presenciado

por escolares en plena formación, á que non contribúen moi positivamnete estes comportamentos irracionais. Onde quedou o auténtico deporte escolar? O deporte escolar é o que desenrolan os nenos e nenas que practican deporte entre colexios e, aínda tendo unha competición montada, os resultados pasan a un segundo termo. O que realmente se destaca é a convivencia entre os rapaces, monitores/profesores e as boas prácticas, a participación, o afán de superación, o disfrute da práctica deportiva como complemento da Educación Física, independentemente dos resultados que deberán ser contemplados como un factor secundario, cambiante, anecdótico… Defendendo o deporte escolar, lograremos fomentar un deporte para todos, no que todo tipo de escolar teña cabida e protagonismo; un deporte igualitario e non discriminatorio. Esa é a auténtica base do espírito deportivo e o principio irrenunciable para a preparación física e anímica dos nosos escolares. Podémonos deter un anaco e analizar quenes son os responsables

deste estado de cousas: As autoridades, país e nais, os mestres, os monitores, as federacións?... Creo que todos debemos parar a pensar as consecuencias que a situación do deporte escolar pode traer na merma de educación integral dos nosos nenos. O deporte debería servir para crear ilusión e non complexos; propicia compañeirismo e non enemistades; fomenta o espírito de equipo e sociabilidade, non o individualismo egocéntrico… Somos algúns os que pelexamos durante moitos anos por esta idea de deporte escolar, compartindo vivencias cos nosos alumnos e as súas familias, estudaran ou non no noso colexio, lazos que aínda na actualidade perduran. Coido que hoxe, estamos derrotados xa que a nosa idea quedou esquecida, non cansos de seguir defendendo a nosa idea.

Manuel Bouza Faraldo


32

Actividades 1º trimestre Colexio Ludy

As actividades que fixemos este primeiro trimestre no Colexio Ludy, así como as saídas, resumímolas a continuación: • Celebración da festa da Vendima o día 22 de setembro no colexio , onde participaron os alumnos de infantil, 1º e 2º de Educación Primaria pisaron a uva e tomaron mosto. Os alumnos de 3º 4º 5º 6º participaron duha ruta por Esmelle co motivo desta celebración e viron viñedos locais. • Saída dos alumnos de 6º de Educación Primaria o día 6 de outubro ás Meninas de Canido guiados polo seu promotor Eduardo Hermida. • Saída dos alumnos de 5º de Educación Primaria o 10 de outubro a visitar o Museo Galego de Historia Natural. O día 14 de novembro os alumnos de 6º de Primaria acudiron ao mesmo museo. • Saída dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria os días 25 e 27 de outubro á Aula de Ecoloxía Urbana da cidade onde desenrrolaron o tema “ Cadea alimentaria”. • Excursión a Viveiro os alumnos de 1º e 2º de Primaria o día 25 de outubro. • Excussión a Cariño cos alumnos de 3º e 4º de Primaria o día 23 de outubro, onde visitaron A Conserveira, entre outras cousas. • Excursión dos alumnos de ed Infantil 4 e 5 anos ao Castelo de Moeche. • Saída dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria o día 23 de novembro en horario de tarde, a Reciclaterra, co tema coñecendo o Universo, onde puideron observar as estrelas guiados por especialistas da SGHN. • Celebración da festa do Samaín o día 31 de outubro onde todo o colexio disfrazámonos e fixemos un percorrido polo barrio.. • Celebración do Magosto, o día 10 de novembro no colexio xogamos a xogos populares e degustamos castañas , galletas e leite, coa colaboración de varias nais e pais do ANPA. • Saída dos alumnos de Educación Infantil 5 anos , 1º e 5º de Educación Primaria ao Carvallo Calero onde os nosos alumnos participaron no recitado de poesía dentro da actividade Teatro con G da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística. • Semana das artes do Colexio Ludy . Os alumnos de 6º de Educación Primaria organizaron actos durante os recreos para todos os cursos que quixeran participar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro. • Saída dos alumnos de Educación Infantil á Biblioteca Municipal de Ferrol o día 15 de decembro. • Saída dos alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria ao teatro Jofre a ver a película “Pérez , o ratiño dos meus soños” no marco de “En galego de película”, o día 18 de decembro. • Charla Remedios Pérez a 5º de Ed primaria. • Visita do Apalpador ao colexio o día 20 de decembro. • Visita de Papá Noel ao colexio o día 21 de decembro, grazas á colaboración do Anpa. • Recollida de alimentos e roupa no colexio , para colaborar coa asociación Arraigo, durante as dúas ultimas semanas lectivas antes do Nadal. • Publicación da revista dixital O Mensaxeiro Ludicol nº 11 • Festa de Nadal do Colexio Ludy, con actividades diversas o día 21 de decembro.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

33

A VENDIMA A primeira das nosas festas no Cole non podía ser outra que a vendima. Unha festa popular que desde hai uns anos no Cole Ludy queremos lembrar e recuperar. Os nen@s de Infantil a facer de vendimadores e recoller as uvas, para que, despois, os seus compañeiros e as súas compañeiras de Primeiro e Segundo de Primaria, as pisen, para facer o mosto e botalo nos bocois a fermentar agardando que chegue o viño. Ao final da festa tódolos alumnos probaron o mosto, como sempre mercado. Polo noso viño teremos que agardar uns meses para probalo. Pasámolo xenial, e cada vez temos máis arraigada esta festa da nosa terra, para non esquecer tradicións tan fermosas. Ata a vendima que vén!!!!!!


34

O SAMAÍN Sempre chega con moitas gañas o Samaín ao noso Cole. Gústanos moito esta tradición tan galega. Este ano como todos os cursos os nenos/as de Educación Infantil e os de 1º e 2º de Primaria disfrazáronse de personaxes típicos destas festas. Este ano decantámonos por ir de meigas e de Santa Compaña. Saímos á rúa facendo un desfile. Tamén todos os nenos e nenas do Cole fixeron as súas cabazas. Unha actividade que disfrutan moito e na que traballan a súa creatividade. As cabazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participan nun concurso, onde os mestres e mestras elixen as cabazas máis orixinais. Estamos desexando que chegue o vindeiro Samaín!!!


11, Decembro de 2018 ACTIVIDADES DO PRIMEIRONºTRIMESTRE 35

O mensaxeiro Ludicol

MAGOSTO O venres 10 de novembro celebramos o Magosto. Iamos ir a San Mateo como nos cursos anteriores, pero debido á choiva , pasamos a mañá no noso Cole. A verdade é que tamén nos divertimos moitísimo porque comimos unha morea de castañas, galletas con leite. Despois entretivémonos cos xogos populares en todos os patios do Colexio. Os alumnos de E. Infantil contaron coa axuda de 5º e 6º de Primaria que os ían guiando e ensinando. Xogos tan divertidos como a corda, os sacos, a ra comecastañas, os bólos, a chapa, a mariola, o tiracroios,… A verdade é que a mañá pasou moi rápido e pasámolo moi, moi ben. Ademais a ANPA deunos as castañas e asounas. Estaban boísimas e quentiñas!!!!!


NADAL

36

ARRAIGO Como todos os cursos, nestas datas, o Colexio Ludy realiza unha recollida de roupa e alimentos para a organización que traballa coas persoas máis desfavorecidas. Arraigo é unha Asociación sen ánimo de lucro, independente a organizacións políticas e relixiosas, creada en 2012 para axudar ás persoas en situación de exclusión social. O proxecto principal co que traballan consiste na axuda integral a persoas sen fogar na cidade de Ferrol favorecendo o diálogo e o acompañamento desde a igualdade e o respecto mutuo. Poténciase así as súas habilidades sociais, así como asesoramento sobre recursos dispoñibles. Á marxe de recollida de alimentos, o curso de 6º de Primaria, realiza unha visita ás instalacións de Arraigo para poder coñecer o traballo que están a realizar desde a Asociación.

FESTA DE NADAL


O mensaxeiro Ludicol

Nº 11, Decembro de 2018

37

ENTRAMOS NUN CLIC Na actividade extraescolar de Informática, a profe Pepy anda rodeada de ratos, memorias, almacéns de información… Os rapaces que participan desta actividade, ben atentos que andan para recoller o que lles aprende a profe xa que aspiran a manexar a máquina como os mellores e para iso, toca atención e moito traballo. Traballo semanal e con moi bos resultados como se pode ver na achega que poñemos. Neste Nadal os ratos descansarán pero encherase a carpeta da profe Pepy para propoñerlles novos retos e novas aprendizaxes.


38


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O Mensaxeiro Ludicol 11 by Revistas Colexio Ludy - Issuu