Skip to main content

O Mensaxeiro Ludicol 10

Page 1

O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

1


2

Benqueridos Amigos: Como pasa o tempo! O noso Mensaxeiro xa co número 10 ao lombo. Unha viaxe que comezou como quen non quere a cousa. Nesta viaxe demostramos que somos fortes e que seguimos tendo a mesma ilusión que no primeiro número coa vosa dedicación e o voso esforzo. Segue sendo, esta revista, o voso espello, o voso facer diario. Hoxe, como aínda nos queda moita corda, lévovos ás vosas casas, a maxia que se vive nas aulas, nas excursións, a vosa maxia cal trasniños “no corazón do bosque”. Chego coas alforxas ben cargadas co voso material e aquí volo deixo, con agarimo e ledicia. Drisfutade deste número do voso Mensaxeiro. Queda un longo camiño que percorrer. Coa vosa axuda nunca me faltarán folgos. Seguirei percorrendo as vosas estacións, as vosas inquedanzas, os vosos descubrimentos. Ata a vindeira, meus Amigos.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

ÍNDICE v v v v v v v v v v v v v v v v v v v v v v

Escola Infantil ................................................4 Educación Infantil, 3 anos .............................6 Educación Infantil, 4 anos .............................8 Educación Infantil, 5 anos ...........................10 Concerto Arcos Iris ......................................12 1º de Educación Primaria ............................14 2º de Educación Primaria ............................16 Excursión 1º e 2º ..........................................18 3º de Educación Primaria ............................20 4º de Educación Primaria ............................22 Excursión 3º e 4º .........................................24 5º de Educación Primaria ............................26 6º de Educación Primaria ............................29 Actividades feitas no 2º trimestre ................33 O entroido no cole Ludy ..............................34 Historias do mar............................................35 Día da paz ....................................................36 Mercadiño e concerto ..................................37 Clube Steam ................................................38 Obradoiros musicais ....................................39 O cómic chega á aula de 6º .........................40 Colocando carteis .........................................41

3


4

Escola Infantil Ludy

Comezamos o ano 2017 con moita forza, adaptándonos novamente ás rutinas despois das vacacións de Nadal. Un dos centros de interese que traballamos no segundo trimestre foi “Arte na Escola” e o pintor escollido Kandinski. Deste xeito os nen@s coñeceron a súa obra, centrándonos nos círculos e aproveitándoos para traballar as cores, tamaños e formas. Asímesmo, o tema do arte foi o escollido na realización do disfraz de Entroido, converténdonos en pintores! Así saímos a desfilar polas rúas dos arredores da Escola. Agora coa chegada da primavera temos moitos proxectos por descubrir!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

5


6

Educación Infantil, 3 anos.

Este trimestre toda a Ed.

Logo da anatomía pasamos ás

Infantil traballamos no proxecto O

emocións e aos sentidos, sempre

CORPO, pero en cada clase ao seu

dunha maneira lúdica. Fixemos

nivel.

máis xogos que fichas apréndese

Na aula de tres anos, os nosos

mellor.

amigos Max e Ana(uns bonecos de

Coas emocións tamén houbo moitas

goma eva), axudáronnos a aprender

risas, polas caras que poñiamos

partes sinxelas do corpo, tanto por

para expresar cada unha delas.

fóra como por dentro.

Por último,algo moi importante

Por fóra aprendimos as partes

para aprender desde moi pequenos.

máis básicas do noso corpo e da

Ter conciencia de que unha

nosa cara, así como que a única

alimentación sa e unha hixiene

diferencia entre nenos e nenas son

correcta é o mellor para non

os órganos xenitais e o seu nome

poñernos enfermos.

correcto (aí houbo unha grande variedade para darlles nome e moitas risas). Por dentro Max e Ana ensináronnos a importancia do corazón, os pulmóns e o estómago e que os ósos do noso esqueleto son os que nos serven para que nos poidamos mover.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

7


8

Educación Infantil, 4 anos.

AS EMOCIÓNS

Este trimestre estivemos a traballar o corpo humano. Ademais de aprender as súas partes e o seu funcionamento, tamén pensamos que era importante traballar as emocións que forman parte do ser humano. A maneira de coñecer as emocións foi ao través de ilustracións. Cada semana poñiamos unha imaxe nun rincón da aula. Os nen@s observábana durante toda a semana e o venres sentabámonos todos para falar dela. Iamos dicindo que cousas ou personaxes aparecían na ilustración, que é o que ocorría nela, que emoción nos trasmitía e contabamos en que situacións nos sentiamos así e como nos comportabamos. Ademais, durante todo o tempo de observación, tamén iamos escoitando unha peza musical que estaba relacionada coa ilustración. Isto tamén nos axudaba a interpretar cada emoción. Descubrir as nosas emocións ás veces é complicado pero coa axuda de tod@s sempre é máis doado.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

9


10

Educación infantil, 5 anos

O ENTROIDO EN GALIZA Na aula de Ed. Infantil 5 anos, este trimestre estivemos a descubrir o Entroido galego. Sobre o mapa de Galicia fomos descubrindo as distintas figuras que forman o noso Entroido e de que lugar son orixinarias. Investigando, descubrimos que a nosa festa do Entroido está dentro das 10 festas máis antigas do planeta!! Encantounos coñecer os impresionantes traxes e as coloridas carautas de peliqueiros e boteiros e máis nós sorprendemos co oso de Salceda e os Xenerais do Ulla! Con todos os vídeos e libros que puidemos obsevar creamos o noso propio libriño das personaxes máis típicas do Entroido galego, ademais do noso mural que nos quedou chulísimo!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

11


12

CONCERTO ARCOS IRIS O día14 de marzo, os tres cursos de Educación Infantil, fomos á Coruña, ao Palacio da Ópera a ver o concerto “Arcos Iris”. Alí disfrutamos dun concerto cheo de cores e de emocións, descubrindo, en directo, que a música pode transmitirnos unha gran variedade de sentimentos como a ledicia, o medo, a tristura, a tranquilidade,… Os encargados de producir todas esas notas musicais cheas de emocións e que tanto nos gustaron, foron tres violíns, un violonchelo e un contrabaixo que estaban dirixidos por cinco músicos xeniais. Foi marabilloso poder disfrutar deste concerto porque nós, no Cole tamén estabamos a descubrir o xuntiñas que están a música e as emocións.


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

13


14

1º de Educación Primaria

O GRÚFALO Durante este trimestre as e os de Primeiro de Primaria, andabamos polo estudo da radio do Colexio. O que pretendiamos era gravar coas nosas voces o conto de Julia Donaldson. Pero antes de acadar o resultado atopamos a diversión de poder escoitarnos uns ás e aos outros a través dos cascos.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

15

1, 2, 3, ACCIÓN Xa vai para catro anos que botaba a andar a televisión do Colexio. Este ano 1º de Primaria encárgase de seguir contando o que pasa entre estas paredes semanalmente. Os nenos e nenas, ataviados con micros de chaqueta presentan as noticias que outras e outros compañeiros desenvolven gravando e preguntando ás e aos protagonistas das mesmas. Divertido e rápido, sobre todo verse ao día seguinte diante dun mapa de Meteogalicia ou entre as nubes do Meteoludy.


16

2º de Educación Primaria

AS PLANTAS

Neste segundo trimestre, os nenos e as nenas de 2º de Primaria traballamos, en Ciencias da Natureza, o tema das plantas: como se planta unha flor, características das plantas, partes das flores, tipos de plantas… O primeiro que fixemos foi plantar unha flor, cada un nun testo co seu nome. Ao mesmo tempo, nunha parede da aula, elaboramos un mural con toda a información que iamos recollendo sobre o tema. Ademais do libro collimos moitísima información da pantalla dixital, onde vimos distintos vídeos: árbores de folla caduca e de folla perenne, partes dunha flor, diferencias entre árbore e arbusto…. Para rematar tivemos unha posta en común sobre os distintos usos das plantas: alimentos, medicinas, madeira, papel…


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

17


18

Excursiรณn 1ยบ e 2ยบ


O mensaxeiro Ludicol

Neste segundo trimestre os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria realizamos unha saída ao Concello de Oleiros, o día 22 de febreiro. Chegamos e fixemos unha pequena andaina polo paseo marítimo, atravesamos a ponte que nos levou ata a illa onde se atopa o Castelo de Santa Cruz. Alí estaba a esperarnos Mónica, monitora do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Mónica comezou presentándonos o robot feito con obxectos reciclados que saíron do mar. Despois fomos visitando o Castelo e foinos explicando a súa historia, desde que se construiu para defender a cidade de A Coruña,

Nº 10, Abril de 2017

19

pasando máis tarde a ser a residencia de verán da familia da escritora Emilia Pardo Bazán. No ano 1939 pasa a ser unha colonia de verán para orfos de guerra. Finalmente, no ano 1989, o Concello de Oleiros rehabilitouno e converteuno no que é na actualidade, o CEIDA. Rematamos a visita vendo unha exposición e merendando. É un lugar precioso, pasamos unha mañá moi divertida, desfrutando ao aire libre dunhas magníficas vistas da cidade de A Coruña e a súa ría, asemade da baía e Praia de Santa Cruz. Coñecemos unha xoia, descoñecida por moita xente e que merece a pena visitar.


20

3º de Educación Primaria Os alumnos de 3º de Primaria estamos coñecendo moitos aspectos dos

alimentos que comemos todos os días. Por exemplo, os distintos grupos de

alimentos, o seu valor enerxético e os ingredientes. Por iso trouxemos, da casa,

etiquetas e envases de alimentos que comemos a cotío. Traballámolo en grupo e fixemos un mural que está exposto no Colexio para poder compartilo.

S O T N E M I L OA


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

21

O 21 de marzo conmemorouse o Dia da Síndrome de Down. Os

alumnos de 3º estivemos a coñecer os aspectos referentes ás persoas que o padecen. Chegamos á conclusión de que aínda que teñan aspectos que os diferencian e lles

resulte, ás veces, difícil integrarse na sociedade, todos somos diferentes, nin mellores nin peores. Por iso, decidimos facer un poema entre todos os alumnos da clase.

Todas as persoas somos iguais,

teñamos ou non Síndrome de Down. Uns somos loiros, outros morenos

e outros teñen os ollos máis achatados, pero todos temos o mesmo corazón. As faces non sempre son fermosas,

o que importa realmente é o que teñen dentro.

Son especiais as persoas con Síndrome de Down?

Ten empatía, ponte no seu lugar.

Gustaríache que te tratasen diferente polo teu aspecto?


22

4º de Educación Primaria

Os nenos de 4º de Primaria dan a benvida á primavera xuntando refráns populares galegos con esta temática. Entre maio e abril sae o cuco do cubil, se aos tres meses non volveu é porque morreu. O sol de marzo mata a raíña no pazo. En marzo a veleta nin dúas horas quieta. En maio aínda a vella queima o tallo e un anaco que lle quedou en San Xoán o queimou. A auga en abril rompe o carro e abre o carril. O que o pexego ha de ir roubar, en marzo os ha de alertar. Marzo ventoso e abril chuvioso fan un maio florido e fermoso. Andoriña anticipada, primavera temperada. Primavera fría, colleita tardía. Abril sen saraiba, Deus non o fixo. Marzo marzolo trebón e raiolo. Ata o corenta de maio non saques o saio. Seméntame en marzo, seméntame en abril, ata maio non vou saír. A ovella e a abella por abril deixan a pelexa. En abril tocan as huchas a un tamboril. Abril se mal quere vir, nin as portas deixa abrir. En abril augas mil. A primavera, cante ou chore, sempre ven con flores. Abril abriluco, o mes do cuco. Cando marzo chora, metade do inverno fora. Cando abril abrilea luce a primavera. Tormentas en primavera, enchen a paneira. Auga de maio non cala o saio.


O mensaxeiro Ludicol

Doce primavera que xa chegou, fanse os maios e vén o sol. Doce primavera vén a min, vén a min e tráeme amor.

PAULA SALIDO

As rosas son rosas, as violetas son violetas, espero que choiva e que os campos florezan. Que todos xoguen e que canten nas festas.

Nº 10, Abril de 2017

Na primavera chove e os campos florecen. Na primavera sae o sol e nos estremece. VANESSA A primavera chega, o inverno escapa xa. A primavera chega, a neve xa non está. As plantas xa florecen, os talos verdes son, as flores xa florecen que bonitas son. MARTÍN

Chega a primavera coas súas risas e alegrías. Chega a primavera coas súas chuvias frías.

Na primavera nunca neva e crecen flores amarelas. Os nenos e as nenas xogan no parque coas bonecas de madeira. Os paxaros cantan e aos nenos lles encanta. E cando os paxaros se van, os nenos bótanse a chorar.

ALEX LÓPEZ

GABRIELA SERANTES.

ROI GONZÁLEZ

23


24

Excursión 3º e 4º Os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitaron o Museo das Mariñas en Betanzos.

Este museo está aloxado no claustro do convento de Santo Domingo, anexo á igrexa. Na primeira planta os rapaces puideron ver pezas arqueolóxicas medievais da comarca ( sepulcros, brasóns, escudos....). Despois visitaron a sala do Traxe Galego, onde se asombraron ao ver unha infinidade de traxes de todas as épocas. A continuación hai unha sala con abanos, encaixes de bolillos e puntillas. Pero a sala que máis lles gustou foi a dedicada a obxectos antigos usados nas escolas de hai moitos, moitos anos ( pupitres, plumas, tinteiros, silabarios e un montón de cousas máis ).


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

25


26

5º de Educación Primaria

QUE É A VIDA?

Tempo, felicidade, esperanza, amizade… Paz, amor, igualdade e respecto. Unha tómbola de luz e cor. A miña vida é feliz, a miña familia quéreme Educación, formalidade, oportunidades e diversión. Unha película co seu comezo e o seu remate no que cada un de nós é o protagonista. Respecto, ser boa persoa, amabilidade, saúde, igualdade e educación. Dereitos e deberes, amizade, familia, amor… Non hai nada máis fermoso que a vida. A vida é o corazón do noso mundo. É un soño do que un día non imos espertar. A vida só hai unha que é un sentimento, toda a sinceridade, valor, tesón, amizade e amor. Amor, compañía, paz e amizade, É a xoia máis valiosa do mundo. É o tesouro mellor gardado. Amor, relación, paixón, sentimento…A vida non é doada. Hai que gañala para poder chamala vida. A vida e ir cada día na procura dun obxectivo. Hai que aproveitala ata a última pinga. A vida é vivir en paz con todos e con todo o que nos rodea. Discorrer do tempo sen perdelo en persoas nin feitos que non merecen a túa atención. Para min a vida é un tempo no que hai que conquerir unha serie de metas que supoñen a nosa realización como persoas. Ese tempo debémolo compartir coa xente da que nos deixamos acompañar. É ir polo camiño doado: procura do futuro, boas obras, boa compaña…porque polo camiño perigoso entras en: vicio, racismo, malas maneiras…

A VIDA, QUE FERMOSA PALABRA E QUE DIFÍCIL DE PERCORRER …


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

27

EU DESEXO Desexo que:

Remate a pobreza e que poidamos traballar. Sería moi difícil que viviramos en paz entre nós,

cos vecinos, cos compañeiros de traballo…?

Que os ricos se conformen e que non sigan collendo demais e, de facelo, que o fagan pero para

repartir entre as persoas máis necesitadas, para a loita contra as enfermidades ou na construción de escolas e hospitais, a eles ben lles chega, ou non? Desexaría:

Viaxar no tempo. Viaxar ao pasado para poder descubrir en persoa que hai de certo en todas as

historias e lendas que nos contan sobre deuses ou personaxes importantes da historia.

Ademais quixera ver como vivían os pobos. Por exemplo os exipcios ou como vivían na

prehistoria.

Tentaría coñecer os meus antergos ou ver as primeiras Olimpíadas.

Despois do pasado, voltaría ao presente para ir ao futuro. Sería fantástico saber o que vai vir.

O meu soño:

Saúde para todos e, fundamentalmente para a miña familia, o máis importante. A maneira de

cortar o pelo, o fútbol, as modas…Todo iso non é comparable coa saúde. Ninguén sería nada sen ela.

Sorte e cabeciña na vida porque non quero rematar debaixo dunha ponte, tendo que vivir da

esmola dos demais. Para conquerir todo iso, teño que “curralo” día a día percorrendo as etapas da vida. Perseguindo un tren que leva o nome de VIDA porque aínda que nunca o colla, sempre tiven a intención, vou correr para seguir a ese tren que é “A VIDA” e as súas estacións.


28 E EU, DE QUEN VEÑO SENDO? Nesta actividade voluntaria tratábase de pescudar

A familia paterna do meu pai é de San Xurxo e alí

os alcumes cos que eran coñecidos os membros

chámanlle “Os Pitos” porque comían moi pouquiño

da nosa familia.

e dicíanlles “comedes como pitos” e “Pitos” lles

A alumna Paula Rodríguez mergullouse na

quedou.

aventura e isto que aquí vos deixa é o marabilloso

Á familia da nai do meu avó chamábanlles, en San

resultado:

Xurxo, “Os Chulos” porque a avoa do meu avó

A miña avoa materna e a toda a súa familia coñéceselles, na aldea de Doso polos “Casaliños”. A razón deste alcume parece ser que vén porque tiñan unha casa grande con terras que lle chamaban Casal e de aí lles quedou. Ao meu bisavó, pola parte da miña nai, chamábanlle “O Americano” porque sempre levaba camisas de cadros como as dos vaqueiros das

casou cun leonés que falaba castelán e, por iso, os veciños que non entendían que falara daquela maneira, dicíanlle: “Mira que chulo, non fala Galego”. Paula xa sabe que calquera día por Doso pódenlle chamar Paula “a dos Casaliños” ou que por terras de San Xurxo da Mariña lle puideran chamar Paula “a dos Pitos”.

películas. Estas camisas traíanllas do Uruguai os

E, ti, de quen vés sendo? ANÍMATE e

seus parentes que estaban aló e que, de cando

descúbreo. É o teu mundo, as túas raíces.

en vez, volvían á casa.

ADIANTEEEEEEE!!!!!!

Agora vou coa miña familia paterna. Ao meu avó chámanlle “Parrochiño” porque era o máis novo dos irmáns e, ademais, foi un neo moi bo, non choraba nin protestaba. Trátase dun alcume agarimoso.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

29

6º de Educación Primaria

E EU, DE QUEN VEÑO SENDO?

Ao través do Departamento de Lingua Galega, os rapaces e rapazas de 6º de Ed. Primaria, afondaron nas súas raíces. Ao longo destes últimos meses, aplicáronse na pescuda das súas raíces familiares. Un primeiro proxecto foi o de elaborar a súa árbore xeneolóxica. Este proxecto foi tratado con moito interese, tanto polos rapaces e rapazas como polas súas familias, compartindo, na clase, os momentos de emoción vividos cos seus avós e, algún cos bisavós. O obxectivo foi acadado: o respecto aos nosos maiores e coñecer de onde vimos, estar orgullosos do que somos e de onde somos sen renunciar ás nosas orixes. Sen recoñecelas convertémonos nun saco de fume. O segundo proxecto foi POESÍA NA LEMBRANZA no que os rapaces e rapazas terían que buscar, no seo da familia, unha fotografía á que acompañarían un poema da nosa literatura. Grande respecto ás fotografías conqueridas así como ás persoas que nelas aparecían. Como sempre, desde o Departamento de Lingua Galega, agradecer ás familias a súa colaboración e implicación nos proxectos.


30


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 10, Abril de 2017

31


32 Visita a 6º de Primaria da matrona Paula Pita. Por sétimo curso consecutivo, Paula Pita, matrona de profesión e recentemente nai, acudiu ao noso Centro a impartir unha charla ao curso de 6º de Primaria en torno a súa labor e con temas relacionados co tema que estaban estudando os rapaces e rapazas: A reprodución sexual. A puberdade, a mestruación, o embarazo, o parto ou un tema que sempre lles chama moito a atención ao alumnado, coma é os xemelgos, foron principalmente os temas tratados e o principal interese dos nosos alumnos. Desde o Colexio Ludy queremos dar as gracias a Paula, que ano tras ano, continúa a vir a impartir unha interesante charla no que o alumando presta gran interese.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

33

ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE - Visita da matrona ao alumnado de 6º (17 de febreiro). - Día da Paz (29 de xaneiro), dedicado a Nelson Mandela,coa exposicións de traballos realizados polos alumnos do centro de todas as idades. - Entroido- saída polas rúas e queima do Meco. Este ano disfrazados de cociñeiros (24 de febreiro). - Mercadiño solidario e concerto de “Cantareiras de Algarabía de Lago” (17 de febreiro), para recadar fondos para a excursión dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. - Excursión ao Castelo de Santa Cruz en Oleiros e Concerto Didáctico en Coruña para 1º e 2º (14 de marzo). - Excursión ao” Museo das Mariñas “en Betanzos e Concerto Didáctico en Coruña para 3º e 4º (22 de febreiro). - Concerto Didáctico para 5º e 6º (22 febreiro). - Saída dos alumnos de Educación Infantil ao Palacio da Ópera de Coruña , para participar nos Concertos Didácticos .(22 febreiro) - Saída dos nenos e nenas de todos os cursos, para pegar carteis da campaña que se vén facendo de concienciación cidadá, sobre os excrementos dos cans , impulsada poloEquipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro, así como a campaña de Educación Viaria tamén impulsada polo mesmo. - Saída dos alumnos de 5º e 6º co motivo da celebración do día 10 de Marzo.

-

Excursión de 5º e 6º da primaria (Rías Baixas). Revista O mensaxeiro Ludicol Nº 10


34

O ENTROIDO NO COLE LUDY Un ano máis O Meco chegou ao Ludy .Este ano veu moi creativo e, no seu primeiro mandato puxo a traballar a todo o cole! Había que facer un chapeu! Cada día foinos descubrindo un pouco máis o que nos tiña preparado para disfrutar o venres. A roupa non nos deu moitas pistas pero cando chegamos ao mandil ...descubrimos que este ano tocaba ser cociñeiros e cociñeiras!! De festa estivemos e de paseo fomos o venres 10 de febreiro convertidos en chefs do cole ludy! Como todos os anos, ademais do disfrace, O Meco tróuxonos una cantiga que nos encanta entonar polas rúas acompañando ao Meco ao seu destino final, rematar o Entroido do Ludy queimando O Meco! Meco Meco come come todo , Meco Meco come come ben, Meco Meco come come todo, Meco Meco come come ben… O que eu che preparei!! Este prato dos chefs do Ludy leva amor, leva ledicia. Este prato dos chefs do Ludy leva froitas e verdura….


Nº 10, Abril de 2017 ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE 35

O mensaxeiro Ludicol

HISTORIAS DO MAR Era un mércores 22 de febreiro e toda a Primaria saía do Colexio con destino ao Pazo da Ópera na cidade herculina. Misión: ver o concerto didáctico “Historias do Mar”. O interesante destes concertos, promovidos pola propia Orquestra Sinfónica de Galicia e a Concellería de Educación e Cultura do concello de A Coruña, é que os nenos e nenas poidan escoitar e ver música, músicos, músicas e instrumentos musicais. Pero sobre todo, aprendan a desfrutar dela “escoitándoa” e sentíndoa. Non sempre se ten a oportunidade de ver tocar a unha orquestra deste tamaño e case nunca dirixida ás idades deste alumnado. En concreto, este concerto constaba dunha parte meramente musical con anacos de obras relacionadas directamente co mar. Pasando por todas as épocas escoitáronse obras como o impresionismo de “La Mer” de Debussy ou os anacos postrománticos onde se recuperaba a temática da mitoloxía mariña. Pero, por outra banda, ao carón do director estaba “Quico Cadaval” que, cos seus contos e historias dos mares galegos, arrastrou toda esa música ao noso contexto e conferiulle unha unidade lóxica con bastantes puntos de humor.


36

PAZ

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA O pasado 30 de Xaneiro celebramos, un ano máis, o Día da Paz. Este ano escolleuse a emblemática figura de Nelson Mandela. Durante a semana, nas aulas, traballouse a súa biografía e a importancia da súa loita polos dereitos humanos,o que o levou a recibir o premio Nobel da Paz no ano 1993. Ademais diso, cada curso de Ed. Infantil e Ed. Primaria fixeron algún tipo de traballo que se expuso na entrada do Colexio. Tamén houbo sitio para a participación dos pais,que tiñan o seu recuncho para deixarnos en palabras ou frases o que opinan eles sobre a Paz.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

37

Mercadiño e Concerto

A venres 17 de marzo os alumnos de 5º e 6º de Primaria

celebraron, como vén sendo habitual nos últimos anos, o seu mercadiño para recadar fondos para a excursión ás Rías Baixas. Estiveron arroupados e axudados por todos os mestres e a Comunidade Educativa do Colexio e polas familias e alumnos que asistiron, sin esquecer a colaboración da ANPA. A tarde estivo moi animada e os alumnos venderon doces, pasteis, contos, xoguetes, adornos artesanais e ata exemplares da Revista de Arte dos alumnos de 6º de Primaria. Para finalizar a tarde contamos coa colaboración das Cantareiras de Algarabía de Lago, que se prestaron a colaborar cos alumnos de 5º e 6º facendo que todos pasaramos un tempo moi, moi divertido. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!


38

CLUBE STEAM

Tralo convenio entre o Colexio Ludy e o Instituto Concepción Arenal, o pasado xaneiro, alumnado voluntario de ámbolos dous centros comezaron a experiencia dun clube de ciencias que ten lugar todos os mércores de 17:30 a 19:30 horas nas instalacións do Instituto. Por parte do noso Centro participan da actividade dez alumnos de sexto de Primaria. No que levamos de trimestre realizaron actividades tan interesantes coma a creación de xabón natural, creación de aplicacións para móbiles ou utilización de robots básicos. Tamén participaron no Lego Challenge que tivo lugar na cidade e proximamente acudirán ao día das Ciencias na Coruña. A relación entre o Colexio Ludy e o Instituto Concepción Arenal vese así acrecentada tras experiencias previas como as convivencias escolares que se fan todos os cursos .


O mensaxeiro Ludicol

Nº 10, Abril de 2017

39

OBRADOIROS MUSICAIS

Cantas veces escoitamos dicir iso de que o emprego da música na educación ten moitas vantaxes a prol da intelixencia e desenrolo do individuo? Que “tocar un instrumento repercute directamente no desenvolvemento do hemisferio esquerdo do cerebro” ou que os nenos que estudan música acadan mellores resultados académicos que os que non o fan? Ideas que xurden desde Platón e se reforzan nos congresos da UNESCO sobre educación a partires da segunda metade do século XX co auxe da psicopedagoxía musical. E é que a música proporciona estruturas funcionais en sistemas cada vez máis complexos no noso cerebro. Algo que saben moi ben no resto de países europeos e aquí no colexio Ludy. Na actividade extraescolar “Obradoiros musicais” o alumnado (de 3 a 7 anos) TOCA, CANTA, BAILA e fundamentalmente experimenta. Tocamos instrumentos diferentes cada semana e, por suposto, tamén construímos algúns. Fundamentalmente xogamos tocando, cantando e movéndonos ao son das músicas. Pasámolo ben e facémoslle moito ben ao noso corpo.


40

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS

O CÓMIC CHEGA Á AULA DE 6º Unha das actividades que fixeron os nenos e nenas de sexto nesta avaliación foi a elaboración, de maneira individual, dun cómic. Con esta iniciativa comprenderon a importancia que ten que a historia narrada e a imaxe estean coordinadas. Por outro lado, trataron temas como: a solidariedade, a alimentación saudable e a importancia da reciclaxe, entre outros. O resultado final foi moi positivo, xa que ademais de aprender moito pasárono xenial.

1ª EDICIÓN DA NOSA REVISTA DE ARTE

Pinceladas que, ademáis de

achegarnos coñecementos, quedarán no recordo.


O mensaxeiro Ludicol

COLOCANDO CARTEIS Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio retomouse unha actividade que comezaramos hai dous anos. Nesta ocasión todo o centro saíu polas rúas do barrio colocando carteis de educación cívica e viaria. Concretamente abordando as temáticas das deposicións dos cans e advertindo a condutoras e condutores da existencia de colexios nos arredores. Dúas das frase resumen a idea: A CULPA NON É DO CAN! AMODIÑO, XENTE MIÚDA!

Nº 10, Abril de 2017

41


42


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O Mensaxeiro Ludicol 10 by Revistas Colexio Ludy - Issuu