Especial Entroido TEMA DO MES Páx.3 CIDADE Falamos cun enfermeiro do CHUO da sanidade actual
Páx.4
Un home, detido por reter e violar a unha moza en Ourense
BARRIOS
Páx.6
As obras da estrada OU-105 comezarán en verán
A VALENZÁ
Pax.8
O vicepresidente da Xunta visita o parque dos Patos
ENTREVISTA
Páx. 19
Entrevista á presidenta do Colexio de Enfermaría
Manifestación pola sanidade pública
Todos á mesa en Xantar!
[Páx. 9]
[Páx. 2]
Expourense acolle ata o 4 de febreiro o 19º Salón Gastronómico Internacional Xantar. // Ourense manifestouse contra os recortes en materia sanitaria./RAMSÉS e B. LORENZO.
Número: 36 - Ano: XVII - Xaneiro 2018 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
TEMA DO MES
O PSOE lamenta que a dereita “bote atrás” o avanzado en sanidade 4 Mostrou o seu apoio ao encerro rexistrado no CHUO por persoal hospitalario. Redacción
Milleiros de cidadáns manifestáronse o 24 de xaneiro na praza Maior a favor da sanidade pública rexeitando a nova lei galega de saúde./B. LORENZO.
Ourense maniféstase pola sanidade pública 4 Veciños, profesionais e políticos mostran o seu rexeitamento á nova lei galega de saúde. Redacción O pasado 24 de xaneiro a praza Maior de Ourense cubriuse metro a metro de persoas que ao unísono corearon lemas en favor da sanidade pública, rexeitando a reforma da lei galega de saúde e os recortes en persoal, camas e servizos. Pero non só a capital se movilizou, Verín e O Barco viviron ao mesmo tempo manifestacións na mesma liña. Dende SOS Sanidade Pública, organismo convocante, aludiron no seu manifesto ao retraso na reforma do CHUO; á privatización de servizos como o de mantemento, limpeza ou seguridade; aos continuos colapsos
O retraso na reforma do CHUO, a privatización de servizos ou o colapso de Urxencias foron unhas das reclamacións
en Urxencias; á perda de atención as 24 horas en cirurxía pediátrica; á eliminación das xerencias de atención primaria e á perda de autonomía dos hospitais de Verín e Valdeorras. Numerosas reclamacións ás que se uniron representantes dos grupos políticos do PSOE, BNG e En Marea. Así mesmo, os convocantes apoiaron os compromiso da xunta de persoal do CHUO e mostraron a súa solidariedade cos traballadores que permaneceron unha semana pechados contra os recortes de persoal e camas; así como ás empregadas do servizo de limpeza que anunciaron folga indefinida por sobrecarga de traballo a partir do 5 de febreiro. Encerro contra a redución de camas A Comisión de Centro do CHUO decidiu o pasado 17 de xaneiro comezar un encerro no vestíbulo do edificio Cristal para protestar contra o recorte orzamentario da
Xunta que reduciría as camas estructurais para cada unidade de hospitalización de 41 a 36. Os representantes dos traballadores anunciaron manter o encerro ata que lograran unha cita co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, pero unha semana despois segue sen haber resposta por parte do mesmo. Así que este 24 de xaneiro optaron por abandonar esta medida, “o que faremos será abordar outras fórmulas de presión. Faremos concentracións nas oficinas da xerencia da área sanitaria”, explicou a súa presidenta, Asun Maus. Dende este colectivo mostraron tamén a súa satisfacción polo respaldo recibido por parte de cidadadáns e diversos colectivos, xa que nestes días recolleron 24.000 firmas de adhesión á súa reivindicación, moitas logradas polos bombeiros e Policía Local, Stop Accidentes e a AVV As Termas.
Entre os partidos políticos que se sumaron a esta reclamación destacou o PSOE. Así, diversos representantes socialistas se achegaron ata o CHUO a mostrar persoalmente o seu apoio aos traballadores. Un deles foi o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen pediu a Feijóo que “atenda o clamor” manifestado pola cidadanía, dado que os recortes que está levando adiante causan “efectos perversos” nos galegos. Fronte aos “avances” que se teñen experimentado durante a etapa de goberno dos socialistas, Gonzalo Caballero censurou que agora Feijóo estea “botando atrás” todas esas melloras e ese “progreso”. A modo de exemplo, recordou que actualmente o servizo de
A realidade de Urxencias Redacción Os sindicatos SATSE, CCOO, CIG SAE, CSIF, UGT e SAGAP quixeron por en coñecemento da opinión pública a situación do servizo de Urxencias do CHUO, en resposta ás “desafortunadas declaracións” do conselleiro de Sanidade cando se refire á disminución da incidencia do “pico da gripe”. Estes colectivos explicaron que a día 23 de xaneiro “atopamonos con 50 doentes pendentes de cama e ubicados no servizo de Urxencias, esta realidade, non fai máis que refrendar as reivindi-
hemodinámica funciona unhas poucas horas ao día. Despois de reclamar unha sanidade pública “de calidade e de proximidade”, criticou que o presidente da Xunta non aproveitase a súa visita ese mesmo día ao Mosteiro de
Oseira para “reunirse inmediatamente” co persoal deste hospital. “Ten unha oportunidade magnífica para rectificar as súas políticas”, selou. Parlamento galego Nesta mesma liña, a deputada socialista Noela Blanco vén de plantexar no Parlamento galego unha pregunta sobre a redución das camas. Na súa resposta, o conselleiro de Sanidade sinalou que a contratación de persoal para o novo hospital se incrementou nun 6% e se incorporaron 105 profesionais para atender o pico de demanda actual. Así mesmo, asegurou que foron habilitadas 123 camas máis na planta do Materno.
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, visitou aos traballadores do CHUO o 18 de xaneiro. cacións desta Comisión de Centro cando consideramos que os orzamentos para Ourense van a provocar unha precarización ainda maior da asistencia sanitaria na provincia, xa bastante denostada polo continuo ninguneo e desprezo por parte das autoridades sanitarias autonómicas”. Falta de medios e espazo, esgotamento de persoal, traballo en condicións de hospital de campaña coa inseguridade física e profesional que iso representa son algunhas das reivindicacións destes traballadores, “e non pasa nada”, lamentan. “Porque o conselleiro, de inauguración en inauguración, non ten tempo de acudir ou recibirnos aos representantes dos traballadores do CHUO”, reclaman. E
mostran o seu apoio ás movilizacións das traballadoras da concesionaria Ferrovial, “porque pretende con menos efectivos limpar o dobre de metros cadrados, sen percatarse de que isto é un hospital e que a limpeza é un piar fundamental no coidado dos pacientes”. “Unha grande hipocresía o feito de restrixir os presupostos para a atención mentres din que pretenden fomentar outros aspectos, quizáis máis lucrativos para alongar a vida dos nosos maiores”, engaden. Por último, convidan á cidadanía a sumarse ás movilizacións que se organicen neste eido, “para facer do hospital un lugar digno que reflicta claramente a calidade dos servizos que se ofrecen no mesmo”, conclúen.
TEMA DO MES
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
“Os recortes conlevan unha peor atención, e cansazo físico e psíquico do persoal sanitario” 4 Falamos con Juan Manuel Jácome, enfermeiro do CHUO, para coñecer a situación actual do centro ourensán. Redacción
A asociación de veciños As Termas foi un dos colectivos máis implicado na recollida de sinaturas.
24.000 firmas contra os recortes 4 Traballadores do CHUO fixéronlle chegar as sinaturas á Consellería de Sanidade. Redacción A Comisión de Centro do CHUO, xunto a uns 40 traballadores, presentaron este 29 de xaneiro ante a Consellería de Sanidade en Santiago as 24.000 sinaturas recollidas en apoio ao seu rexeitamento á redución do número de camas estructurais por unidade de hospitalización. Nesta ocasión intentaron de novo falar co responsable autonómico, Jesús Vázquez Almuiña, pero non foi posible. “Seguiremos loitando”, confensan os representantes sindicais. AVV As Termas A asociación de veciños As Termas foi un dos colectivos ourensáns que mostrou o seu apoio incondicional ao persoal sanitario do CHUO nas súas demandas, por iso, colaboraron na recollida de firmas para “mellorar un servizo
prioritario e garantir unha sanidade pública e de calidade”, explicaron. Limpeza En canto á folga indefinida que teñen previsto iniciar o vindeiro 5 de febreiro as limpadoras de Ferrovial que se encargan do mantemento do complexo hospitalario ourensán -que reclaman os mesmos pluses de perigosidade, penosidade e toxicidade que reciben os seus compañeiros de Verín-, os represententes das traballadoras solicitaron de inmediato unha reunión coa xerencia de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco, porque consideran “abusivo” a esixencia dos servizos mínimos. “Pídennos máis do 50% do servizo, con tres persoas por quenda, cando nunha xornada normal hai catro ou cinco”, reclaman.
Juan Manuel Jácome leva 15 anos como enfermeiro, 12 deles no CHUO. Con experiencia no servizo de urxencias, planta e UCI fainos un repaso de como mudou a atención sanitaria ourensá ao longo da última década. Coñecemos con el como se viven dende dentro os recortes nunha materia tan indispensable. “Eu vexo que neste momento hai unha peor atención sanitaria. Hai unha maior carga de pacientes e o consecuente aumento do cansazo do persoal. E canto máis cansanzo, máis abatimento”, cóntanos. Despois de traballar en Urxencias fai uns anos, Jácome considera que a solución do actual colapso pasa por unha reorganización do traballo na atención primaria. “Hai retraso na atención dos pacientes en Urxencias, coa acumulación dun turno a outro. Isto débese polo aumento do número de pacientes que se observa nos últimos anos e que, na miña opinión, se debe a un erro na atención primaria. Tería que facerse un replantexamento dos servizos dos centros
“Esta diminución (de camas) utilízana como xustificación para contar con menos persoal”
Juan Manuel Jácome leva 12 anos de enfermeiro no CHUO.
“Tería que facerse un replantexamento dos servizos de atención primaria para reducir a migración do paciente a Urxencias”, explica Juan Manuel Jácome de saúde para reducir a migración do paciente á atención hospitalaria”, explica. Ademais, sinala que nos meses de inverno e determinados días, ante tal aumento do traballo faise preciso un incremento do persoal na mesma proporción. “Nótase que os meses máis caóticos son os de frío, polo que debería organizarse mellor o traballo da atención primaria. Así mesmo, hai días, como os luns ou os posteriores a festivos, que o persoal sanitario ten temor á hora de traballar en Urxencias porque prevé a sobrecarga de traballo coa que se vai atopar. Sería moi necesario un maior reforzó neses momentos”, demanda. Xunto á situación actual do servizo de Urxencias, tamén se suma a redución prevista no número de ca-
mas por cada unidade de hospitalización (de 41 a 36). “Esta diminución utilízana como xustificación para contar con menos persoal, o que conleva unha peor atención ao paciente, e un cansanzo físico e psíquico dos traballadores sanitarios” Para denunciar este recorte no número de camas, un grupo de traballadores do CHUO protagonizaron un encerro fai uns días. Preguntado pola súa valoración desta determinación é claro, “é unha acción quente e comprometida, é un acto de queixa por como se atopa a sanidade pública en Ourense”. Así mesmo, mostra todo o seu apoio aos traballadores doutros sectores que as autoridades se plantexan privatizar (como é o caso do servizo de limpeza). “É
un claro aforro económico e político do persoal que complementa a atención sanitaria, cando estes servizos son moi necesarios, sen eles estaríamos mancos para unha completa atención ao paciente”, explica. Por último, botando a vista atrás aos distintos gobernos autonómicos destes anos, Juan Manuel non atopa moitas diferenzas. “Non hai grandes cambios, con calquera goberno notáronse os recortes, non tanto en material, se non en persoal (sanitario, seguridade, cociña…), non se contratan reforzos para as baixas, vacacións, etc.” Así, a crise económica, e as consecuentes decisións políticas, conlevaron “un peor trato ao paciente”, conclúe.
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
CIDADE
Entra en prisión, un home acusado de reter e violar a un moza en Ourense 4 A súa familia está sendo investigada. Redacción Un home, membro do clan dos Madriles, que atende as iniciais J.G.J. foi detido por, presuntamente, reter a unha moza na súa vivenda da rúa Dalia. O xuíz decretou o seu ingreso no cárcere do Pereiro por atopar indicios de detención ilegal, agresión sexual e lesións, que sufriu a vítima durante o último mes. Ademais, están a ser investigados os seus pais e irmáns como cooperantes necesarios. Na súa declaración, o acusado negou os feitos declarando que a muller foi a vivir con el de forma voluntaria e que as relacións foron consentidas.
Pola contra, a vítima na súa testificación asegurou que non a deixaban saír da casa e que era agredida sexual e fisicamente, ademais de sufrir vexacións e coaccións. Rescate O rescate da muller tivo lugar o día 27 de xaneiro pola mañá a cargo de
axentes do Grupo Operativo Especial de Seguridade (GOES) chegados da Coruña. A denuncia presentada polo círculo máis próximo da vítima derivou na operación deste corpo especial con autorización do Juzgado de Instrucción 1 de Ourense.
Ao fondo, a casa na que, presuntamente, ocorreron os feitos. /M. REJO.
Canción triste de Mestre Vide 4 Dous policías xemelgos son acusados de matar a un compañeiro. Redacción Na rúa Mestre Vide de Ourense ten a súa sede a comisaría da Policía Nacional na nosa cidade. Nestas datas soa unha canción triste que sae das corruptelas que alí se están a descubrir. Unhas pistolas desaparecidas do búnker da comisaría e o suicidio dun axente -Celso Blanco- que se autoinculpaba do roubo das armas apuntaban a que o caso estaba resolto. Pero a xuíza de Instrucción 3, Eva Armesto, non o cría así, e despois de case dous anos de investigación ordeou a detención de dous policías xe-
melgos (Roi e Bernardo D.L.). Máis de 10 indicios sinalan a posible responsabilidade dos irmáns na morte do seu compañeiro o 9 de abril de 2016, da que estes decláranse inocentes. O feito de que un deles (Roi) aparcara o seu coche nas proximidades da comisaría nunha zona cega para as cámaras de seguridade e, ademais, estivera nas dependencias cando se produciu a morte de Blanco fixo dubidar á maxistrada da teoría do suicidio (Armesto mantén que os inculpados puideron escapar por un pasadizo que vai dar á galería de tiro); o casquillo da bala non aparecera e a traxec-
toria do disparo non era a común nun suicidio. Estes indicios, ademais de outros, fixeron que a xuíza ordeara a detención dos axentes e os puxera en liberdade baixo unha fianza de 60.000 euros -teñen que acudir ao xulgado todos os días-. Os axentes están imputados por presuntos delitos de roubo, tenencia ilícita de armas, revelación de segredo, simulación de delito, acusación ou denuncia falsa e inxurias e calumnias, nos que terían inscurrido xunto coa vítima. Tirándo do fío aparece unha trama, que pretendía desacreditar a compañeiros, que vén desde o roubo das armas en 2014, e que pasa por simulación de delitos ou trato de favor a traficantes, entre outos.
Os xemelgos están en liberdade baixo unha fianza de 60.000 euros
BARRIOS
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
Reforma integral na Alameda da Ponte Participantes dos cursos da AVV As Termas.
A AVV As Termas inicia os cursos 4 De diversa índole. Redacción Comezan as actividades semanais ofertadas pola asociación de veciños As Termas. Os luns de 18 a 19 horas realizarase o curso de corte e confección -dan comezo o luns, 19 de febreiro-; os martes moverase o corpo con ioga e pilates de 20 a 21:15 horas, xa está en marcha; as actividades para nenos de 6 a 16 anos
impartidas por voluntarios de Cruz Vermella serán os mércores de 17:30 a 19:30 horas; e os xoves, de 10:30 a 12 horas, “actívate no barrio. Empoderamento e autocoidado”. Segundo demanda poderanse realizara máis cursos. Toda a información dos cursos no local da asociación (praza 200 nº2), no 659 522 945 ou en asociacionastermas@ gmail.com.
4 Os traballos licitaranse no primeiro cuatrimestre do ano. Redacción Xunta de Galicia e Concello de Ourense firmaron un convenio que permitirá realizar unha reforma integral na Alameda da Ponte. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, firmaron este convenio que permitirá que os traballos que poidan licitarse no primeiro cuatrimestre deste ano. A contía para a execución das obras ascende a 265.000 euros. Trátase dunha nova actuación a cargo do Plan hUrbe e basarase na colocación de novo
mobiliario urbano, impermeabilización da zona oeste e rehabilitación da fonte. Con esta intervención buscase recuperar a zona oeste, que forma cuberta axardinada das propiedades (baixos comerciais) existentes na súa parte inferior, a cota do viario inferior, con grandes problemas de filtración de auga. A actuación tende a
reparar, ou substituír nos puntos necesarios, o elemento de peche, cornixa e balaustrada. Así como solucionar a ausencia de medidas de protección regulamentaria, fronte a caída, ben como diversas accións encamiñadas a arranxar instalacións, equipamento e mellora das condicións de accesibilidade.
Firma do convenio entre conselleira e alcalde.
EN BREVE 4 Parque do
Pino
No parque do Pino instaláronse elementos biosaudables. Acondicionouse (na zona verde) o circuíto de elementos, para que os maiores fagan exercicios de estiramentos e cardiovasculares, mentras acompañen aos máis pequenos.
4 Feira do Vin-
teún
Veciños e comerciantes queren que se retome a Feira do Vinteún como un evento mensual. Tamén queren que teñan un caracter temático e que sexan o marco de actuacións culturais. Desde Democracia Ourensá propoñen que se realice cada catro meses correspondentes as catros estacións do ano con produtos típicos da época en que se realiza.
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
BARRIOS
EN BREVE
O Amadeo Barroso incorpora Robótica no seu plan
4 Cámping Untes O auto do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense autoriza os axentes municipais a levar un cerralleiro e obriga a facer unha relación dos bens e instalacións con reportaxe fotográfica no cámping.
4 Visitou o colexio o secretario de estado de Educación. Redacción
4 Casco Vello
A Xunta convoca un concurso público para a adquisición de inmobles abandonados no casco vello para rehabilitalos e destinalos a alugueiros. Os propietarios interesados dispoñen dun prazo de tres meses para presentar as súas ofertas. O obxectivo é acadar arredor de 13 novas vivendas rehabilitadas, destinando 800.000 euros á adquisición de ditos inmobles. Para obter máis información, pode consultarse o seguinte enlace: https:// goo.gl/X41mCN.
4 Bombeiros O xulgado do contencioso nº1 de Ourense anula o concurso para a privatización do servizo de bombeiros de Ourense convocado pola Deputación. Deste xeito, da a razón á CIG, ao vir de declarar nula a convocatoria do concurso pola falta de negociación denunciada.
4 IBI A rebaixa no principal imposto municipal saiu aprobada grazas aos votos a favor do Partido Popular e de Democracia Ourensana. PSOE e Ourense en Común votaron en contra.
A conselleira, o alcalde e veciños de Seixalbo vendo a infografía das obras./RAMSÉS..
As obras da estrada OU-105 comezarán en verán 4 Ao seu paso por Seixalbo. Redacción As obras de mellora integral da estrada OU105, ao seu paso por Seixalbo, iniciaranse este verán. Así o indicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, nunha xuntanza mantida con representantes de distintas asociacións veciñais e o propio alcalde de Ourense. O investimento desta obra ascende a uns 850.000 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) xa publicou o decreto de expropiacións desta actuación cuxa contratación comezará na primeira quince-
na de febreiro. Vaise acometer unha actuación nun treito de 1,5 km, entre a zona do tanatorio e onde finalizan as vivendas, baseada na mellora da mobilidade peonil e na reordenación do tráfico -ciclistas e tráfico rodado-. Ademais de incrementar a seguridade viaria dos veciños. Esta mellora busca optimizar a circulación de peóns, ciclistas e tráfico rodado e incrementar a seguridade viaria dos veciños. Actuacións Levarase a cabo unha actuación no cruce de acceso a Seixalbo, habi-
litaranse carrís centrais de espera e dotarase a zona de aparcadoiros. As paradas de autobús existentes adecuaranse e recolocaranse despois dos pasos de peóns, para maior seguridade dos mesmos. Disporanse de pasos peonís, con semáforos con pulsador e con iluminación específica. Habilitarase un carril para bicicletas e melloraranse e completaranse as beirarrúas.
Vaise acometer unha actuación nun treito de 1,5 quilómetros
4 Turismo Ourense pecha o ano cun incremento de 4.000 persoas atendidas na Oficina de Turismo, un 15% máis que en 2016.
Visita do Secretario de Estado de Educación a CEIP Plurilingüe Amadeo Barroso. /RAMSÉS.
Á espera da firma do convenio 4 ProCapd considera que hai poucos avances. Redacción
4 Ponte nova Ourense terá en un selo conmemorativo do centenario da Ponte Nova. O 29 de xuño de 2018 cumpriranse 100 anos desde que as obras foron recibidas pola cidade. O Concello está a elaborar un programa de actos para a conmemoralo.
O secretario de estado de Educación, Marcial Marín, visitou o CEIP plurilingüe Amadeo Barroso, acompañado polo alcalde de Ourense e o conselleiro de Cultura. Este CEIP é un dos 14 centros de Ourense que este ano estenderon por primeira vez o plurilingüismo á etapa de edu-
cación infantil (desde o ano 2013, o era na etapa de primaria), e conta cun auxiliar de conversa en inglés. Ademais de estar incorporado á rede Abalar (con aulas dixitalizadas), tamén integra a Robótica no seu plan de centro, para favorecer a iniciación do alumnado, xa desde idades temperás, na experiencia de programación básica, robótica e construción.
Plano do proxecto das obras na estrada OU-105 ao paso por Seixalbo.
A Xunta remata a rehabilitación do CEIP Seixalbo Redacción A Xunta remata as obras de rehabilitación enerxética e funcional no CEIP de Seixalbo neste inicio de 2018. Os traballos realizados consistiron
no illamento da fachada e da cuberta; a substitución de luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética con detectores de presenza nas zonas comúns. Tamén cambio de fiestras; substitución de falsos teitos por placas coas características acústicas axeitadas; revisión do sistema de calefacción; e a reparación e pintado de paramentos
interiores e de portas interiores e caixas de persianas. Ademais, aproveitouse para executar outras actuacións como a renovación da rede xeral de distribución da fontanería interior e a rehabilitación de vestiarios do ximnasio. Estas obras supuxeron un investimento de máis de 361.000 euros.
A Plataforma Procapd Ourense reuníase, o pasado 25 de xaneiro, para valorar o estado en que se atopa o proxecto de construción do Centro de atención a persoas con diversidade funcional. Para a plataforma, a realidade é que houbo poucos avances desde que en marzo de 2017 a Xunta comprometérase a que a finais dese ano adxudicaríase polo menos a redacción do proxecto. Por parte do Concello
“infórmannos de varios contratempos nos trámites de cambio de uso e cesión dos terreos”, aseguran desde Procapd, sinalando que nas próximas semanas “estará por fin asinado o convenio entre o Concello e a Xunta”. Ademais din que por parte da Xunta “infórmannos que están á espera da firma do convenio para poder sacar a licitación o proxecto”. A plataforma solicitará á Dirección Xeral de Política Social o borrador do devandito prego e reunión coa Directora Xeral.
CIDADE / EMPRESAS
Terceiras xornadas de RePensar OUeC 4 Máis de medio centenar de ourensáns participaron. Redacción Máis de medio centenar de ourensáns participaron nas terceiras xornadas, de caracter anual, de RePensar OUeC que organiza a formación. Ourense en Común avaliou o estado do proceso municipalista, e comezou a trazar a folla de ruta cara ao horizonte das próximas municipais de 2019. A asemblea acordou “a estrutura óptima dun goberno de cambio para Ourense”, establecendo as áreas que deberían articular a organización do concello: participación e transparencia, xestión económica e orzamentos participativos, xustiza social,
territorio, desenvolvemento sostible e benestar animal, desenvolvemento local e termalismo, igualdade e xuventude, ben común, saúde pública, xestión municipal, seguridade cidadá e recursos. Comité Electoral O grupo municipalista constituirá en próximas datas o Comité Electoral responsable de coordinar a presentación de candidaturas para a cabeza de lista e as diferentes áreas de goberno. O obxetivo é telo no mes de marzo e presentar a súa proposta de equipo de goberno ao comezo do vindeiro curso político.
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
Novo membro en Perruquería JM A perruquería JM da Valenzá e Progreso en Ourense non para de innovar para dar o mellor sevizo de estética masculina actual. Desde hai 17 anos buscan a beleza masculina cos seus orixinais e modernos cortes de pelo, as mechas e tinguiduras en cores imposibles ou o afeitado e arranxo da barba. Dentro desa política de dar o mellor servizo, en perruquería JM vén de incoporar un novo membro. Trátase de Fran Cerqueira, profesional recoñecido no seu sector
Esta perruquería tamén ofrece tatuaxes e piercings
dende hai anos, que vai pór as súas tesoiras ao voso servizos na perruquería JM da rúa Progreso 51 de Ourense. Esta é unha das poucas barbarías de cabaleiros que ofrece unha gran variedade en produtos para o coidado do cabelo, a barba e a pel. Non podía ser menos, posto que José Andrés provén dunha familia con tradición perruqueira, herdada do seu pai e tíos.
Fran Cerqueira xa traballando na Perruquería JM da rúa Progreso de Ourense.
Tatuaxes e piercing Pero na súa constante renovación e para satisfacer a demanda dos seus clientes vén de ampliar servizos. Agora tatuarse ou poñer un piercing tamén é posible na perruquería JM. Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, plasmará sobre a túa pel o que ti desexes.
Se polo contrario o que queres e que un tatuaxe desapareza, en perruquería JM traballan cunha prestixiosa marca que os elimina sen cicatrices, dun xeito rápido, efectivo e indoloro. Este tratamento aplicase do mesmo xeito que se realizou o tatuaxe orixinal para emulsionar coa tinta ou pigmento.capturala e
expulsala hacia o exterior. Horarios Este establecemento abre de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 9:00 a 13:30, nos seus dous locais, o da avenida de Celanova 22 -A Valenzá- (Tel. 677 098 251) e rúa Progreso 51 - Ourense - (Tel. 634 934 344).
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
EN BREVE
4 Vespa velutina A Axencia Galega de Emerxencias entregou á Protección Civil de Barbadás unha pértega para a loita contra a vespa asiática ou velutina. Esta pértega utilizarase para combater os niños de velutina e poder acceder aos lugares de máis difícil acceso. A pértega está construida en aluminio e composta por 20 tramos de 1,50 metros de lonxitude.
4 Escaparates de Nadal Os premios aos mellores escaparates de Nadal foron para Artelandia, premio do xurado profesional; Zafiro Tours, do xurado popular; e Oren Express, premio especial de hostalaría. En total participaron 27 establecementos.
4 Cofre de Nadal María Fe García Fernández resultou a gañadora do cofre de Nadal. O premio, valorado en 1.000 euros, compúxose de produtos aportados por 36 locais comerciais.
4 Os Carrís A Deputación de Ourense cofinanciará, co concello, os custes do campo de fútbol en Barbadás.
A VALENZÁ
O vicepresidente da Xunta visita o remodelado parque dos Patos 4 O concello de Barbadás rehabilitou este espazo de lecer. Redacción O parque dos Patos da Valenzá sufriu unha remodelación grazas á orde de subvencións para Infraestruturas de Uso Público do pasado ano. Así o comprobaron na visita que realizaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. A Vicepresidencia e o Concello de Barbadás uníronse para facer fronte aos máis de 87.500 euros que custou a intervención, cunha achega da administración autonómica de 40.000 euros (o resto por parte do concello). Grazas a este investimento puidose mellorar este espazo e recuperalo para a cidadanía xa que unha gran superficie deste parque estaba desaproveitada e con maleza polo que se convertera en vertedoiro. As obras consistiron na limpeza do terreo, execución de pavimento nas aceiras existentes, instala-
ción de sistema de rego por aspersión e a creación dun xardín vertical. Subvencións Esta visita coincide coa recente publicación no DOG da convocatoria pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións ao abeiro desta orde para o ano 2018. O Goberno galego destinará para esta liña de axudas unha partida de máis de 2,3 millóns de euros. Este ano
os proxectos aprobados se financiarán con fondos propios da Xunta de Galicia e non serán cofinanciados, como ata agora, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.
O orzamento da remodelación foi de 87.500 euros
Visita institucional ao parque dos Patos. /M. REJO.
Alumnado do Ferro Couselo participa en “A túa mellor versión” 4 Un proxecto educativo. Redacción O alumnado do instituto Ferro Couselo participa nun programa de habilidades sociais e intelixencias múltiples para mellorar a súa rendabilidade. As concellerías de Educación e de Mocidade do Concello de Barbadás participan conxuntamente co instituto no proxecto educativo titulado “A túa mellor versión”. O programa inclúe dúas liñas de traballo: habilidades sociais e intelixencias múltiples. O obxectivo deste proxecto educativo é sacar a mellor versión do alumnado. Liñas Unha destas liñas de traballo ten como eixe as “intelixencias múltiples” cuxa finalidade é que descobran as moitas e diversas capacidades que ten cada estudante. A través desta liña de traballo preténdese ofrecer unha ferramenta de orientación e motivación que poderá axudarlles a unha toma de decisión reflexi-
Unha das charlas do programa. vas en base ao seu futuro profesional. A segunda liña de traballo céntrase nas “habilidades sociais”, necesarias e indispensables para unha convivencia sa e respectuosa. A concelleira de Mocidade, Ánxela González, destaca a importancia desta colaboración entre Concello de Barbadás e instituto por ser un foco social de xente moza. Alude tamén “á relevancia que ten traballar en prevención de conductas de discriminación por cuestión de xénero”. González fixo fincapé no plantexamento do programa para a prevención en torno á violencia de xénero.
SOCIEDADE
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018 EN BREVE
Formación para desempregados en Cruz Vermella
4 Ourense en Fitur
4 A Xunta a impulsa con dous cursos. Redacción Dous cursos organizados pola Xunta e promovidos por Cruz Vermella impulsan a formación en atención sociosanitaria para desempregados. Son 30 as persoas que participan nestas dúas iniciativas formativas que contan cunha achega de case 80.000 euros. Cada un dos cursos conta con 15 alumnos que reciben formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio e que, ao seu remate, obterán o certi-
ficado de profesionalidade nas devanditas especialidades válido en toda España. O curso de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ten 468 horas de formación, mentres que o de atención sociosanitaria de persoas no domicilio amplía a formación ata chegar a 618 horas. As dúas accións formativas capacitarán ao seu alumnado para atender a persoas con especiais necesidades e manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.
Alumnos dos cursos impartidos en Cruz Vermella xunto con representantes da Xunta e do Concello de Ourense.
Escolas de pais e nais Redacción O Concello Ourense pon en marcha unha nova edición da Escola de Nais e Pais, programa que quere apoiar a proxenitores e educadores no labor fundamental na educación da cativada. O programa desenvólvese a través de obra-
doiros formativos cunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, nos que se abordarán 3 bloques temáticos: “Familia e sociedade”, “Funcións da familia” e “Adolescencia e fenómenos que preocupan”. A inscrición é gratuíta e as persoas interesadas poden realizala na Concellería de Sanidade na rúa Vasco da Ponte, 1, baixo 988 510.062.
A inauguración do 19º salón Gastronómico Xantar estivo presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. /RAMSÉS.
Xantar conta con doce países representados 4 Portugal é o convidado. Redacción O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que ten lugar do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, ofrecélle ao visitante máis de 200 actividades. Expourense convértese no epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 273 expositores e con 12 países representados (España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba, Arxentina e Estados Unidos). Por quinto ano consecutivo, Xantar volver ser a única feira internacional de turismo gastronómico de España. Portugal Xantar 2018 contará con Portugal como gran protagonista e que está presente con catro restaurantes (Braga, Ponte de Lima, Vila Real e Azores) e de numerosos showcookins, catas comentadas e degustacións, ademais de actuacións
musicais e folclore. En total participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León e de varias rexións turísticas de Portugal, ademais de Panamá, que repite experiencia logo de ter participado como convidado na anterior edición. En total, ofrécense 20 menús con prezos comprendidos entre os 14 e os 30 euros, baseados en produtos autóctonos e de calidade, xa que a meirande parte deles inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Actividades O salón gastronómico ofrece máis de 200 actividades -a unha media de unha cada 15 minutos- entre as que se atopan conferencias de expertos, exhibicións de cociña en directo, catas comentadas e degustacións e showcookins, entre outros. O Túnel do Viño conta co apoio dos cinco consellos regu-
ladores de viño de Galicia e presentará máis de 115 referencias. Celebrarase, ademais, o “II Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán 11 touroperadores especializados neste sector e procedentes de Galicia, Portugal, Madrid e Cataluña que operan no mercado nacional e internacional. Expectativas Para esta edición, as expectativas son moi altas e o obxectivo é bater o récord de visitas. Os alicientes os teñen: 100% da superficie cuberta, 273 expositores e unha actividade distinta cada 15 minutos de feira. Ademais hai que engadir que a metereoloxía será favorable para eses días. Desde a organización auguran as 15.000 comidas e as 20.000 visitas.
O salón realizará un total de 200 actividades -catro cada hora-
O Concello de Ourense amosou en FITUR (Feira Internacional do Turismo) o seu “Ourense está de moda”. Nel presentaron todos os encantos da cidade das Burgas, que pasan polo termalismo e a gastronomía.
4 Cursos para maiores 700 ourensáns maiores de 60 participarán nos 24 cursos de envellecemento activo durante o 2018. As actividades máis demandadas son as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva.
4 Termatalia Termatalia arrancou en FITUR a promoción en Europa da súa terceira edición en América Latina. A Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar celebrarase en Foz do Iguaçu entre o 19 e o 21 de setembro baixo o lema “A enerxía das augas”.
4 Logitravel Ourense e Logitravel renovan, por segundo ano, o seu compromiso de colaboración para situar a cidade como destino singular cun paquete turístico completo que inclúe tren, hotel e aluguer de vehículo. A promoción complétase con spots de 60 segundos online (youtube e facebook) e en medios audiovisuais, asi como en cines, onde se distribuirá un vídeo de Ourense nos Cines Yelmo.
10
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
especial ENTROIDO
Dende Compadres comeza o inigualable Entroido de Verín 4 Do 1 ao 14 de febreiro a xolda e a alegría non descansan nas rúas da capital de Monterrei. M. Rejo Cando no pasado San Antón fixeron aparición os cigarróns xa todos saben que o Entroido de Verín anda preto. O Xoves de Compadres, 1 de febreiro, marca o inicio do Entroido na vila. Trala cea á medianoite, as rúas enchénse de homes e mulleres disfrazadas de homes acompañando as charangas que van co carro do Meco ata chegar á praza Maior e xulgar ao Maragato. O domingo de Corredoiro xa ás primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila énchense de algarabío e son coa música das charangas. Celébrase a primeira concentración matinal de cigarróns, que farán a súa aparición para saúdar a todos os veciños á saída da misa. Á noitiña celebrarase na praza Maior o primeiro baile de máscaras vespertino ao son das orquestras e ten lugar a primeira fariñada. Comadres Os días grandes do En-
troido botan a andar co Xoves de Comadres. Miles de mulleres disfrazadas participan en ceas colectivas, enchendo todos os restaurantes da vila, e pobre do home que estea fóra da casa á medianoite... A esta hora a multitude vaise xuntando nas rúas facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir ao Entroido e á Raíña do Carnaval no barrio de San Lázaro, escoltados polos cigarróns, para levalos en comitiva percorrendo as rúas do casco vello. Nese intre chegará o pregón, que de xeito satírico, grotesco e burlón ridiculiza todos os sucesos acontecidos ao longo do ano na vila. De seguido, chega o venres de transición, onde os veciños e visitantes participan xuntos na festa, amenizados por charangas e orquestras, acompañando a procesión de capuchóns e mascaritas polas rúas da vila. Sábado de Entroido Unha descarga de foguetes e bombas, e as inigualables charangas espertan a todos os veci-
ños, anunciando o Sábado de Entroido. Pola tarde, na praza do Cigarrón, organizado pola Asociación do Cigarrón, terá lugar o acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial. Nonfaltará a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior. Ese día haberá tamén degustación gratuita de produtos típicos, como a bica e o licor café, amenizando dito acto con diversas charangas. E xa pola noite é hora do baile popular. Gran desfile O Domingo Entroido, 11 de febreiro, será o día grande de maior intensidade na capital de Monterrei. Veciños e visitantes agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no barrio de San Roque ata a súa saída. Ás doce do mediodía comenza o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín,
e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, enchéndoas de vida, cores, alegría, música, diversión e despreocupación, sendo numerosa a multitude de persoas que termina por reunirse na praza García Barbón ao remate dese desfile popular. Diversas orquestras e charangas amenizarán os festexos e a partires de media noite haberá verbena popular. Luns Fareileiro Sen tempo para o descanso chegamos ao Luns Fareleiro. Pola mañá, o son dun foguete (para darlle unha tregua a quen dorme) avisa aos superviventes de que a música volve a soar polas rúas coas charangas. Pola tarde, terá lugar o carnaval infantil no pavillón de deportes, con xogos e música para os máis cativos. Así mesmo, unha charanga amenizará o baile da terceira idade. Na tardiña terá lugar reparto de bica e empanada para coller forzas e volver ao baile co son da música da orquesta.
Martes de Entroido O Martes de Entroido podemos consideralo o derradeiro día da gran festa popular en verín.Bombas e foguetes comezan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido. Despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns que tivo lugar o domingo, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas. Conclúen este día os bailes e verbenas populares, e a festa nocturna dase por finalizada para
moitos e moitas ao amencer do día seguinte. Mércores de Cinsa O Mércores de Cinsa é festivo local en Verín, que moitos aproveitarán para descansar e recuperarse destes días. Pero os entroideiros que aínda teñan forza participarán no enterro da sardiña pola tarde para despedir a súa tradicional festa ata o vindeiro ano.
O desfile do Entroido de Verín terá lugar á tarde do martes 13 de febreiro
Os Cigarróns, santo e seña do Entroido de Verín. /ARQUIVO.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
11
12
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
especial ENTROIDO
Celanova prepara o Sábado de Piñata
En Allariz, de luns a mércores
Entroido ancestral en Laza
4 O día 17 será o máis importante na vila.
4 O desfile será o martes.
4 Destaca o tradicional Luns Borralleiro.
Redacción Celanova tamén celebra o Entroido, pero como cada ano, o día máis agardado por todos os veciños e moitos visitantes será o sábado de Piñata, o día 17 de febreiro. Antes desa data o máis destacado é a festa infantil con inchables e chocolatada para os maís cativos, que terá lugar o martes 13 de febreiro a partires das 16 horas no pavillón de deportes da Pedra da Moa. Sábado de Piñata Pero como nos últimos anos, o sábado de Piñata é o día grande no Entroido da vila de San Rosendo Ata o venres 16 de febreiro ás 14 horas está aberto o prazo para inscribirse no concurso de comparsas nas catro distintas modalidades: de
máis de 15 persoas, 15 persoas ou menos, parellas ou tríos e individual. Os premios van dende os 1.000 euros para os gañadores das comparsas máis grandes ata os 50 euros do gañador da modalidade individual. De seguro superarán os 30 grupos e comparsas e os 1.000 participantes do ano pasado. O desfile dará comezo as 17 horas dende a Pedra da Moa, seguindo pola avenida López Blanco, rúa Emilia Pardo Bazán, praza Maior, rúa Fernández Losada, rúa Encarnación, rúa San Rosendo, rúa Celso E. Ferreiro, rúa Emilia Pardo Bazán e remate na praza Maior. Haberá charangas por todo o percorrido e na praza Maior orquestra cunha carpa para protexerse do frío.
Redacción O Entroido de Allariz condensa os festexos en tres días seguidos, que van dende o luns día 12 ata o mércores 14 de febreiro. Comeza o luns día 12 cun desfile infantil ás 17 horas e rematará cunha festa con música e animación para os máis cativos. Xa para os maiores, a asociación Xan de Arzúa organiza unha “Cachuchada” no cam-
Vilardevós non falta á festa 4 O Sábado de Entroido acollerá o desfile. M.R. Raiando con Verín era normal que o Entroido de Vilardevós fose a máis. Dende fai un tempo o Xoves de Comadres atrae a xente da bisbarra. Tras unha cea ás 21 horas na Casa da Cultura de Vilardevós, previa
As comparsas poden incribirse ata o día 16 de febreiro no desfile celanovés./ARQUIVO.
po da Barreira ás 21:30 horas. O martes será o desfile das comparsas, que partirá dende a estrada de Xunqueira. Ao seu remate, no pavillón do IES de Allariz haberá un baile de Entroido. Xa o Mércores de Cinsa, Allariz sustitúe o tradicional enterro da sardiña pola queima do meco, será ás 20 horas, tras un desfile que vai da praza Maior ao campo dos Brancos.
reserva antes do día 6 de febreiro, a festa continúa polos locais da vila e co baile a cargo do “Duo Sabrosito”. O seguinte día destacado en Vilardevós é o Sábado de Entroido, o día grande, co desfile de comparsas e carrozas pola vila.
Figura do Entroido de Vilardevós./ARQUIVO.
Miguel Rejo En Laza o Entroido vaise cocendo pouco a pouco. Primeiro os venres 26 de xaneiro e 2 de febreiro celebranse os folións a partires das 23 horas. O Xoves de Comadres recuperan a tradición de reunirense as mulleres cando os homes saían e falaban das súas cousas e facían doces para a festa. De seguido, chega o Venres de Folión. Os veciños reúnense e van en procesión dende o barrios da Cerdeiriña ata o Solado, seis quilómetros onde todos os participantes levan obxectos que fan soar todo o camiño e que remata cunha gran festa. O Sábado de Entroido os grandes protagonistas son os máis cativos coa fariñada dos nenos. Ademais da cabritada ás 21 horas na carpa. No Domingo de Estrea, os peliqueiros saúdan á xente á saída da misa e, dende ahí, van en fila ata a Cerdeiriña. Ao remate, visitan a aquelas persoas que por algún motivo non puideron acudir. Xa pola tarde, terá lugar o espectacular desfile de carrozas por Laza. Luns Borralleiro O luns 12 de febreiro en Laza deterase o tempo. É o día grande do Entroido e o festexo máis singular que se pode atopar entre
os da comarca. Comeza cunha farrapada pola maña na praza da Picota. Ao mesmo tempo, pero nas rúas da vila, terá lugar a xitanada dos burros. A iso das seis ou sete da tarde, as formigas e a Morena invaden a Picota, acompañados por fariña e toxos, o Burro e os peliqueiros. Ao remate, faise o reparto de cachuchas, o pan e viño. Martes de Entroido O Martes de Entroido os peliqueiros máis veteráns mostran o seu bo facer cunhas carreiras con moito estilo. Pola tarde, o desfile de carrozas percorre novamente as rúas. Lese o testamento e faise o enterro do Entroido ou queima do Arangaño. O Entroido está a piques de rematar. Os Peliqueiros amosan o seu loito tralo enterro portando un pano negro que cruza a mitra da careta de lado a lado. Piñata O domingo de Piñata (18 de febreiro) é o último día no que os peliqueiros farán soar os seus chocos, dende entón non poderán volver a vestir o seu traxe ata o vindeiro ano.
O Luns de Entroido é o día grande en Laza, ao que non faltan a farrapada e as formigas
ENTROIDO especial
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
Xinzo de Limia volta ás súas raíces 4 Dende a organización tentan potenciar a parte tracional do seu Entroido. M.R.
exterior.
Cando leades estas liñas moitos de vós xa vos enchoupastes de fariña e vistes como romperon as olas. E é que Xinzo de Limia xa celebrou os domingos Fareleiro e Oleiro. E que queda por chegar? Co petardazo o pasado sábado 20 de xaneiro na praza Carlos Casares ás 12 da noite, Xinzo comezou unha voráxine de desenfreo e troula que rematará, para os que cheguen, o 18 de febreiro co Domingo de Piñata. Despois, a fin de semana do 27 e 28 de xaneiro tivo lugar a colga do meco, e celébrase o Domingo Oleiro. Nestes dous días pediuse a todos os asistentes que vestiran traxes vellos ou carozos e leven apeiros de labranza dos anos 20 e 30, unha aposta que a organización fai para recuperar ese pulo tradicional do antigo Entroido que sobreviviu ata o de agora.
Desfile O Martes de Entroido, o protagonista será o desfile a partires das 17:30 horas, acompañado por charangas. Este ano vánse representar as distintas fases do Entroido, para que non sexa un mero desfile de carrozas e comparsas.
Corredoiro Na seguinte fin de semana, a do 3 e 4 de febreiro, por fin poderemos admirar o correr das pantallas na primeira carreira do ano, que asombrarán máis aos visitantes que aos veciños. A xuntanza será o domingo ás 12:30 na praza Maior e arredores. E sen darnos conta entraremos de cheo no corazón do Entroido. Como antesala, o venres día 9 os máis pequenos, xa entrenando para cando sexan mozos, farán un desfile ás 11:30. Os días seguintes, sábado, domingo e luns, continuará sen parar a festa na rúa a cargo de charangas e orquestras repartidas por toda a vila ata ás 2:30 horas, para que os asistentes gocen da celebración limá. Dende o Concello piden que a esa hora cese todo o posible o ruido da música
Enterro da sardiña O mércores, 14 de febreiro, os limiáns enterrarán con moita dor a sardiña ás 21 horas, previa procesión dende unha hora antes. Piñata E xa como remate final, o domingo 18, de Piñata, ás 17 horas, na praza Maior congregará a todos os entroideiros da provincia que queiran despedir cun pouco máis de festa esta cita. Orzamento En canto ao orzamento, aínda non se pode saber porque faltan as aportacións persoais e empresariais, que contan sexan menores xa que este ano non hai entrega en metálico, senón que hai que ingresalo nunha conta bancaria. Pero é o Entroido, e pode haber sorpresas. O Concello achega 80.000 euros e coas aportacións agardan rondar os 100.000. Outro tema no que está traballando o Concello é a declaración turística internacional do seu Entriod. Xa teñen unha partida económica preparada para invertir en reportaxes cos medios de comunicación máis importantes europeos
O Entroido de Xinzo, o máis longo da provincia, comeza cos domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro
e americanos, principalmente, un dos requisitos para obter esta declaración. Xa o vén traballando con axencias e pode ser que estea antes do verán, sendo así o primeiro Entroido de Galicia en ter esta calificación.
Co Domingo Fareleiro deu comezo os domingos do Entroido de Xinzo./RAMSÉS.
13
14
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
especial ENTROIDO
O de Maceda, o máis madrugador 4 Os felos xa saíron ás rúas da vila o 7 de xaneiro. Redacción O de Maceda foi o Entroido máis madrugador. Os felos xa se pasearon polas rúas da vila o domingo 7 de xaneiro dando o pistoletazo de saída a esta tradicional festa na nosa provincia. Tras esta primeira incursión dos felos, a troula regresa o 2 de febreiro, venres, coa Festa dos Compadres, a partir das 20 horas na praza das Toldas. Ao día seguinte, ás 17:30 horas, na aira
dos Patos, Bolourada en Tioira, a festa que estará amenizada pola charanga A Felga. A festas das comadres chegará o día 9, venres, na praza das Toldas ás oito da tarde. Un día despois, sábado 10, os felos farán un percorrido por distintos pobos -con saída ás 9:30 horas desde a praza das Toldas-; ás 20 horas no parque do Toural terá lugar a saída da Morena. Xa o domingo 11, os felos volven a facer acto de presenza polos pobos
En Barbadás empeza a soar o Entroido 4 Con multitude de actos recupera pouco o pouco esta festa para os seus veciños. Redacción O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente aos nenos. O xoves seguinte, o 8 de febreiro, celébrase o día das comadres. Ambas dúas datas consistirán na elaboración de compadres e comadres e posterior “ruada”. En ambas haberá obradoiros impartidos por Sabela Gago e estarán enfocados para que os nenos e nenas perciban esta actividade dende un punto de vista da igualdade entre homes e mulleres. Tanto o obradoiro de compadres (1 de febreiro) coma o de comadres (8 de febreiro) desenrolaranse no Espazo Infantil a partir das 18 horas. Unhas das principais atraccións do Entroido de Barbadás serán os desfiles polas rúas das Lamas e da
Valenzá do alumnado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, respectivamente. Os desfiles infantís desenrolaranse o día 9 de febreiro: os alumnos do colexio Filomena Dato desfilarán polas rúas Ensino, Tomás Rodríguez Punxín, Garrida, avenida Celanova e Picouto a partir das 13 horas. Pola súa banda, os do colexio O Ruxidoiro farano pola estrada de Barbadás e polo pobo das Lamas a partir de mediodía. Carrabouxo O venres 9 de febreiro darán comezo os días grandes co pregón, na praza da Valenzá Vella ás 20 horas, a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo”. O pregón do Entroido estará amenizado por charangas e polo grupo “Velai vai”, do municipio de Barbadás. Ao día seguinte, a partir das 11 da mañá haberá
desde as nove e media da mañá que sairán desde o antigo matadeiro. O luns 12, haberá festa infantil ás 17 horas na praza das Toldas; e ás 19 cinema infantil coa proxección de “Tadeo Jones 2” no Concello. Desfile Para o martes 13 queda o desfile dos felos, das carrozas e das comparsas que sairán desde a praza das Canteiras ás 17:30 horas. Os premios deste ano son: 125 euros para o mellor disfraz individual ou grupos de ata 5 persoas; 175 euros, para o segundo; e 50 euros, para o terceiro. Os premios para os grupos de seis ou máis persoas serán de 175 euros, 120 ou 90, para o primei“Troula Entroideira” con disfraces do mundo para nenos e nenas de ata 12 anos. Será esta unha actividade festiva con xogos, maquillaxe de Entroido e máscaras. O domingo e luns de Entroido haberá ambientación de charangas polos pobos e A Valenzá e serán días de transición que preparan o día máis grande no Entroido de Barbadás, o Martes de Entroido. Desfiles O martes 13 de febreiro será a gran Foliada, co desfile pola avenida de Celanova dende as 17 horas. O prazo para participar está aberto ata o 9 de febreiro nas diferentes categorías: charangas (con instrumentos musicais), contracharangas (sen instrumentos pero con animación musical), carrozas, comparsas (mínimo de 8 persoas), parellas e individuais. Os premios oscilan entre os 50 e os 500 euros, excepto para as comparsas infantís, cuxo premio é un bono regalo de 200 euros por cada categoría. O mércores 14 de febreiro despídese o Entroido de Barbadás coa queima do Meco. Entregarase o premio ao gañador do concurso de mecos e haberá unha actuación de Isabel Risco na praza da Valenzá Vella.
ro, segundo ou terceiro, respectivamente. En canto ás carrozas, a máis valorada terá un premio de 250 euros; a segunda, 175; e a terceira, 125 euros. Remate O entroido rematará en Maceda o mércores, 14 de febreiro, co enterro da sardiña, ás 20 horas na praza das Toldas. A partir dese momento, os felos agocharanse ata o ano que vén.
O martes 13, ás 17:30 h, desde a praza das Canteiras dará comezo o desfile dos felos, as comparsas e as carrozas
O felo de Maceda.
ENTROIDO especial
A Festa da cachucha pecha as celebracións no Carballiño 4 Será o 18 de febreiro. Redacción O Entroido e a Festa da Cachucha contarán este ano con máis grupos de animación de rúa, concursos, desfiles e verbenas. De feito, entre o concello e a hostalería repartiranse preto de 8.000 euros en premios, o que supón un récord nesta festa de inverno. Por vez primeira, ademáis do concurso de disfraces infantil e do concurso do desfile do Martes de Entroido, haberá un concurso para grupos organizado polo sector hostaleiro, que é
una das novidades deste ciclo festivo que comezará o venres 9 de febreiro, e rematará o domingo 18 coa 24ª Festa da Cachucha. Cando na metade da provincia moitos xa quedaron sen folgos para máis festas, no Carballiño aínda podes alongar un pouco máis o Entroido. O pistoletazo de saída é o sábado 10 co desfile infantil na praza Maior. O Domigo de Entroido Os Liborianos serán os protagonistas que coas súas mordaces e satíricas coplas deixarán a máis dun abraiado. A cita é na praza
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
15
A Feira do pedro, protagonista en Bande Presentación do Entroido e Festa da Cachuca do Carballiño. /CEDIDA. Maior ás 20 horas. Concurso Como novidade, este ano o Luns de Entroido haberá un concurso de disfraces para grupos cun máximo de oito compoñentes. A dinámica é moi sinxela. Entre as oito e as doce da noite terán que ir polos locais hostaleiros do Carballiño onde se lles dará unha puntuación. Ao rematar o grupo que máis puntos teña levará os 1.000 euros de premio. Ao día seguinte, o martes, haberá desfile a partir das 17 horas polas rúas da vila e rematará na praza Maior.
4 A segundo edición será o domingo 11 de febreiro.
De seguido, o mércores, será o enterro da sardiña.
Redacción
Festa da Cachucha O domingo 18 de febreiro é o día grande no Entroido carballinés. Nos distintos locais celebrarase a 24ª Festa da Cachucha. Ás 20 horas, fulións vidos de Viana e Petín animarán o desfile no que volven participar os grupos que gañaron no desfile do martes, todos eles acompañados de batucadas e charangas. Participarán uns 23 restaurantes e mesóns, ofrecendo un menú a base de cacheira, codido e postres de entroido.
Aos tradicionais días grandes que ten todo o Entroido, en Bande súmaselle a segunda Feira do pedro (embutido feito co intestino groso do porco e unha mestura similar á dos chourizos de cabazo). Será o domingo de Entroido 11 de febreiro. Tras o éxito da edición anterior, dende o Concello queren instaurar esta feira gastrónomica neste día tan especiais. Este ano trasládana ao albergue municipal para que sexa máis cómodo para todolos comensais. Aproveitarán de paso
para facer multitude de actividades e poder mostrar aos visitantes a figura típica do seu Entroido, o troteiro, fia cal a recuperaron no ano 2000.
O Troteiro é a figura típica do Entroido de Bande.
16
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
especial ENTROIDO
Viana, moita máxia fóra do triángulo
Festa, cultura e tradición na comarca de Trives
4 O día forte é o domingo 11, co desfile e a festa da androlla.
4 O Concello ten preparado un extenso programa de festexos para todas as idades.
Redacción
Redacción
Moi preto do triángulo máxico do Entroido, e aportando unha figura totalmente distinta aos cigarróns, pantallas e peliqueiros, atopamos os folións e boteiros de Viana do Bolo. Ao mesmo tempo van quentando motores cos xoves de compadres e, sobretodo, co de comadres, os días 1 e 8 de febreiro, respectivamente. Nestes dous días poderemos ver aos fulións e tamén terá moita presenza a fariña. Xa dentros dos días grandes, o domingo 11 de febreiro será o día principal, por dous motivos. Pola mañá, entre as 12 e as 14, terá lugar o desfile polas principais rúas da vila con preto de 1.000 participantes, dende folións e boteiros ata os difraces máis orixinais que se lles ocorren ás xentes da vila.
A época de Entroido xa chegou, e dende o Concello da Pobra de Trives festexarano con diversas actividades durante preto de medio mes. Comenzan os días de troula no xoves, día 1 de febreiro, co “Xoves de Compadres”, onde como manda a tradición os homes botan fariña ás mulleres e ás rúas da vila rematarán tinguidas de branco. O día 4, domingo, é a 14ª edición do Desfile de Folións e Boteiros organizado polo Folión Os Labregos no quen participarán máis dunha ducia de grupos. Terá a súa saída a partires das catro da tarde dende a finca da Barreira. Xa metidos de cheo en datas de entroido, o día 8 chega o “Xoves de Comadres”, desta volta serán as mulleres as que enfariñen aos homes, todos sairán ás rúas para
48ª Festa do Botelo E xa pola noite, a 48 festa gastronómica da androlla reunirá a 2.500 comensales, 1.500 que pagarán a entrada para poder comelo, máis os preto de 1.000 participantes do desfile. Xa o martes, 13 de febreiro, pola mañá baixan os fulións dos distintos pobos da zona para enfariñar Viana ao longo de todo o día. Trala cea, ás 12 da noite, faise a queima
na aldea de Sobrado festexarán o cocido popular, e despois rematarán o día percorrendo co folión as adegas do pobo. Desfiles O luns, día 12, está reservado para os nenos e nenas, co desfile e celebración do Entroido Infantil que comenzará ás cinco da tarde na praza do Reloxo con animación, música e chocolatada para todos. O martes de entroido haberá desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas e tamén desfile de folións. Será a partires das cinco da tarde con comenzo na finca da Barreira e concluirá na praza do Reloxo con empanada e cholatada para todos. Para participar no concurso de disfraces, carrozas e comparsas estarán as bases publicadas na páxina web do concello.
mércores, que irá acompañado dunha sardiñada.
Remate Remata así ata o vindeiro ano a época de entroidar e que mellor xeito de darlle despedida que co enterro da Sardiña. Este será na tardiña do mércores 14 de febreiro.
O martes 13, pola noite, faise a queima dos lardeiros, figuras dun home e dunha muller
O día 8, as mulleres se reúnen disfrazadas para cear festexando as comadres
O boteiros de voltará a ser protagonista no Entroido de Viana do Bolo. dos lardeiros, as figuras dun home e dunha muller, que foron colgados os xoves de compadres e comadres no alto dun pao e que nesta noite, estouparán e arderán nun xogo de artificios e fogutes. Esta queima marca o final simbólico do Entroido de Viana. Pero aínda queda o enterro da sardiña o
divertirse con esta “guerra”. E como cada ano, pola noite, a partires das nove e media ten lugar a cea na que todas as mulleres se reúnen disfrazadas festexando as comadres. O venres día 9, a vila énchense de colorido. Ás once e media da mañá arranca dende o CEIP Manuel Bermúdez Couso, o Desfile de Entroido da Gardería, do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, do IES Xermán Ancochea Quevedo e este ano tamén os acompañan no desfile os nenos do C.E.I.P. da Veiga. E ese mesmo venres, ás cinco da tarde, haberá “Obradoiro de Máscaras con baile, música e merenda na Biblioteca Municipal. Xa pola noite, en Sobrado correrase o folión polas rúas do pobo. Os folións participantes serán os Viticultores de Vilamartín, a AC. A Caniceira de Trives e a AC folión de Sobrado. O sábado, día 10, tamén
Cartel do Entroido de Trives.
ENTROIDO especial
Seixalbo asoma a cabeza
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
17
no parque da Infesta, procesión e enterro da sardiña ao que se prega acudir de loito riguroso.
4 Paquita e Nicanor son os protagonistas. Redacción Se hai dúas figuras que marcan o entroido en Seixalbo, esas son Paquita e Nicanor. Os dous chegarán a Seixalbo este domingo 4 de febreiro ás 17 h. O mesmo día que se celebra o domingo oleiro. O venres día 9 os máis pequenos farán un desfile polas rúas da vila. O domingo ás 14 h. terá lugar o cocido bacanal e a continuación o baile de máscaras. O día grande E podemos dicir que chegamos ao día forte do
entroido en Seixalbo, o martes día 13. Xa pola maña as charangas espertarán aos veciños. Ás cinco da tarde dará comezo o desfile de Entroido, no que participan carrozas e comparas, que sairá da praza de Paquita e Nicanor. Ao seu remate actuarán as comparsas na praza Maior e, de seguido, festa rachada coas charanga Mucha Marcha e Europa. Ás 20.30 h. queima dos mecos e ritual de entrega para o vindeiro Entroido. O último día, o mércores de cinsa, ás nove da noite
A concelleira de Cultura e Educación, Belén Iglesias, atendeunos no Liceo./M.REJO.
O Entroido urbano de Ourense está preto Participante no desfile de Entroido de Seixalbo.
4 Belén Iglesias detállanos o programa de festexos para a capital da provincia. Redacción
Eiroás cumpre 20 anos da súa particular celebración 4 Destaca a voda da Pita o martes día 13. Redacción Como os grandes entroidos da provincia, o de Eiroás alóngase no tempo durante uhas semanas antes dos principais días da festa. O pasado 28 de xaneiro celebraron o domingo fareleiro, e no que, ademais de encherse de fariña todo
os participantes, arrancaba coa colga do Meco. Este domingo 4 de febreiro ás cinco da tarde chegarán as olas á praza para que comencen á voar. O sábado de Entroido, día 10, folión toda a noite. A voda E o martes día 13 de fe-
A Ponte recibirá a Frei Canedo 4 Conta cun amplo programa de actos. Redacción A Ponte pode dicir que ten o seu propio Entroido. Delo encárgase a asociación cultural Frei Canedo. Os festexos comezarán o xoves de comadres cunha cea baile onde é obrigatorio vir disfrazado de muller.
O sábado a partires das 23.30 h e ata ben entrada a madrugada o gran baile de disfraces. O domingo á unha, carne o caldeiro e polbo. Pola tarde, ás 20.30 h, concerto de rock a cargo de grupos do barrio. O luns de Entroido é o día grande de Frei Canedo. Ás 18 h. comezan
breiro chega o día grande nas Eiroás. Pola mañá pasarrúas con máscaras e apertura do mercadiño de dona Gumersinda. Á unha do mediodía, a voda da Pita e o posterior xantar cos noivos. Pola tarde, baile e concurso de disfraces; e a partir das nove da noite a queima do Meco.
a xuntarse os frades ao redor da súa capela. Ás 19.30 h. comezarán os solemnes actos coa presentación e purificación do lugar co potefumeiro, ao que segue o sermón a cargo de Paco Gallego e Manuel Varela. Ao seu remate procederase á bendición dos novos cofrades. E ás 20.15 h. dará comezo a procesión polas rúas do barrio da Ponte. E a partires das dez da noite a cea medieval para honrar a Frei Canedo na ponte romana. Ás 23.30 h dará inicio o último baile de disfraces ata ás 4 da mañá.
A poucos días de que comece o Entroido na nosa cidade e, tamén, a poucos días de que o presente o concello, a concelleira de Cultura e Educación, Belén Iglesias, comentanos polo miúdo o que nos atoparemos eses días. Compre dicir que o Entroido xa comezou este xoves de compadres, e continuará o seguinte xoves, o de comadres. Esas dúas actividades as organiza a consellería de Educación polas mañás, reunindo a máis de 300 rapaces na praza Maior e, previamente, nos seus colexios realizando obradoiros de entroido. Xa pola noite, o xoves de comadres, haberá festa dj a partires das 00.30 h na praza do Correxidor. Como nos comenta Belén “eses días a cidade convertese nun fervedoiro de xente, nun Entroido moi particular e diferente ao resto de cidades galegas como é o de Ourense, un Entroido urban”. Engade que “haberá actividades para nenos pero que se caracteriza pola movida nocturna, comezando o xoves de comadres cos dj´s no Correxidor e continuando o venres, sábado e luns”. A maoires haberá orques-
tras o sábado, domingo e luns na praza Maior a partires das 00.30 h. Serán as osquestras América, Escena e Capitol, respectivamente. Pola seguridade dos que asistan haberá aforo limitado na praza Maior. Por outra banda, as charangas amenizaran o centro e os barrios eses días. Farán tres pases, de 12.30 h a 14.30 h., de 20.30 h a 22.30 h. e o último de 23.30 h. a 02.30 h. ou 3 da mañá. “Dende o Concello queremos apostar polo xoves de comadres e intentar traer xente. Non podemos esquecer que este ano foi declarado o ano europeo do patrimonio cultural”. A concelleira tamén recorda que en Ourense existen outros Entroidos, como son “os de Seixalbo, Eiróas e A Ponte, coas suas peculariedades. Paquita e Nicanor en Seixalbo, a Pita en Eiroás e Frei Canedo na Ponte”. Desfile E chegamos ao domingo de Entroido. Belén recordanolo. “Tras o xoves de comadres, vén o venres con animación na rúa coas distintas charangas. O sábado orquestras na praza Maior e dj´s en Correxidor e chegamos ao día grande, o domingo. O día do desfile que remata na praza Maior e onde se elixe ao rei ou
raiña do Entoido e as distintas carrozas e comparsas gañadoras”. Cando queda un día para que finalice el plazo de inscrición hai 30 carrozas xa apuntadas. “O desfile comeza pola tarde, e sae das lagoas, Curros Enríquez, Xoan XXIII, Progreso, Doutor Marañón e Praza Maior”, apunta. Actividades infantís A concelleira non se esquece dos máis cativos e tamén preparou actividades neste Entroido para eles. “Para os nenos e nenas da cidade vamos intentar a conciliación familiar co traballo e o Entroido nas bibliotecas municipais do concello”. O xoves 8 de febreira haberá a festa do Entroido na biblioteca de San Francisco de 18.30 h. a 19.30 h. Despois, o sábado día 10, luns 12 e mércores 14 haberá animación á lectura enfocada cara o Entroido nas bibliotecas municipais da Ponte e Carballeira. “E no xardín do Posío haberá festa infantil o sábado, luns e o martes a partires das 17.30 h”, remata.
O Concello busca axudar coa conciliación das familias mediante actividades nas bibliotecas
18
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
OCIO E CULTURA
Aberto o prazo para o II Premios Youtubeir@s 4 Remata o 15 de marzo. Redacción O Proxecto Youtubeir@s, no que participa o Servizos de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, lanza a segunda edición dos seus premios coa vontade de promover e de darlle visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis
Café Quijano, no Auditorio Redacción O grupo leonés Café Quijano actuará no auditorio municipal de Ourense o vindeiro venres 16 de febreiro, a partir das 20:30 horas. “Café Quijano. Tour 2018” recompila dúas décadas de éxitos, novas creacións e por suposto, os boleros que tanta fama lle deron. As entradas pódense adquirir na web ataquilla. com a partir de 20 euros. Programación A programación do auditorio para este mes de febreiro non se queda aí. Teatro, contacontos,
grande do mercado global: Youtube. O prazo permanecerá aberto até o vindeiro 15 de marzo para as tres categorías (vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle), e até o 20 de febreiro para a #propostayoutubeira, a novidade desta edición, e na que se poderán propoñer os mellores vídeos doutras persoas.
maxia e musicais será a oferta neste segundo mes do ano. En canto ao teatro, Sarabela Teatro trae O secuestro da bibliotecaria, o domingo día 4; Teatro del Andamio chega con O sal do mar e outros contos mariñeiros, o día 18, e O Ferro, o día 22; e Zum Zum Teatre, con A galiña dos ovos de ouro. Outras propostas para este mes son: o día 2 de febreiro, Raquel Queizás ofrece contos para bebés; o día 11 de febreiro, maxia (Sherlock HomesCayetano Lledó); o día 18, o musical “Mecano. Hija de la luna”, con Robin Torres; e os días 26 e 27, o musical “A nena e o grilo nun barquiño”, de Magín Blanco .
Nesta segunda edición dos Premios Youtubeir@s repartiranse tres premios de 1.000 euros e cinco de 500 euros para os vídeos gañadores, e o xurado valorará tanto o enxeño e a creatividade, coma a calidade técnica, a eficiencia comunicativa ou a calidade lingüística. Novidade Como novidade, pódese propoñer a través de Facebook a mellor proposta de vídeos realizados por terceiros. Hai que participar con vídeos autoproducidos en galego, cunha duración máxima de 5 minutos e difundidos a través do YouTube.
Mclan actuando no auditorio de Ourense./RAMSÉS.
Despedida de Mclan
O grupo de rock Mclan (formado por Carlos Tarque -voz- e Ricardo Ruipérez -guitarra-) elexiu Ourense para facer un dos últimos concertos do grupo antes do parón voluntario que o afastará dos escenarios durante dous anos. Durante as dúas horas de concerto tocaron os maiores éxitos da banda. Llamando a la Tierra, Carolina, Magie despierta foron cantadas por todos os presentes; as máis aplaudidas foron as versións de Pasos de equilibrista e Las calles están ardiendo. Tampouco se esqueceron do seu último album, Delta.
ENTREVISTA
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
ENTREVISTA Á PRESIDENTA DO COLEXIO DE ENFERMARÍA DE OURENSE, ASCENSIÓN PÉREZ SAMPAYO
“Preocúpanos a tensión ao que están sometidos os profesionais” 4 Ascensión Pérez falanos dos proxectos para este ano e o balance de 2017. Redacción A presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, fai balance do ano 2017 e avanza os novos proxectos para 2018. Confía en que o Observatorio de Agresións faga sentir protexidos aos colexiados, opina que a enfermaría ourensá vive un momento de unión que permitirá avanzar cara a grandes proxectos e insta aos e ás profesionais a investigar e a presentar os seus proxectos de formación á organización colexial. Cal é o balance de 2017? Ascensión Pérez: “Foi un ano moi positivo para a enfermaría ourensá porque nestes momentos o colectivo está totalmente unido en todos os estamentos e iso permitiranos avanzar en grandes proxectos e cara á excelencia”. Cales foron os grandes proxectos do ano que rematou? A.P.: “Destacaría dúas cuestións. Por unha banda, a posta en marcha na organización colexial dun servizo de apoio á investigación e, por outro, a firma dun convenio coa Deputación de Ourense sobre termalismo. Creo que son os dous grandes proxectos do ano”. En que punto está o convenio sobre termalismo? Avanzouse nel? A.P.: “Este convenio nace co obxectivo de que os profesionais de enfermaría poidan realizar unha indicación correcta das augas termais, un gran potencial que temos en Ourense. Queremos que esa parte lúdica do termalismo transfórmese tamén nunha indicación terapéutica, porque pode
haber un uso correcto ou incorrecto das mesmas, en función de patoloxías asociadas que poida ter cada usuario. O que avancemos a partir de agora no convenio xa depende de que nos impliquemos os colexios profesionais de médicos, enfermaría e de farmacéuticos, para ver se somos capaces de facer unha indicación terapéutica para os usuarios desas augas”. Hai formación respecto diso no grao de enfermaría? A.P.: “É outro dos proxectos nos que traballamos. Queremos que se poida inculcar aos profesionais, na propia formación de grao da enfermaría, o potencial e as indicacións terapéuticas das augas termais. É un asunto que está pendente de que nos sentemos, pero creo que terá boa acollida. Creo que en 2018 teremos tempo de sentarnos os colexios profesionais, seleccionar o persoal para que traballe no proxecto e levalo á Consellería de Sanidade, para que incorpore a información terapéutica das augas termais que temos na provincia. Non se presta atención aos usos terapéuticos e mineromedicinales das augas? A.P.: “Preocúpanos que non se preste atención ás augas mineromedicinales e que se oculte o seu potencial en beneficio dos usos lúdicos das mesmas. Cremos que se debe potenciar o aproveitamento mineromedicinal das no-
“Personarase tamén o Colexio de Enfermaría en casos de agresións a profesionais”
Ascensión Pérez Sampayo, presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense. sas augas”. Unha novidade do 2017 foi a posta en marcha do servizo de apoio á investigación. A.P.: “Si, o Colexio de Enfermaría puxo a disposición dos profesionais de Ourense unha persoa de apoio que lles axuda a romper ese tabú que temos en enfermaría coa investigación, a normalizar esta situación dentro da súa formación e a adquirir autonomía. É unha vía pola que queremos avanzar. Queremos que os e as profesionais de investiguen máis, porque cremos que crecen cando investigan, cando len os seus propios artigos”. Por que existe ese tabú na enfermaría? A.P.: “Eu creo que o sistema sanitario é cada vez máis complexo e os actores principais, que somos médicos e enfermeiras, temos que traballar con protocolos consensuados. Se todos entendémonos e temos protocolos sobre como traballar, quédanos moito tempo á investigación. Tamén axudará a tecnoloxía, que vai simplificar algúns procesos e axudaranos a reducir o gasto sanitario. Se gañamos tempo con mecanismos e instrumentos que nos faciliten o traballo,
teremos tempo para investigar máis”. Prevé o colexio estimular a investigación con algún premio? A.P.: “Non descartamos esta opción cando vexamos que o servizo ten unha alta demanda e que existe un interese real por parte dos profesionais. Este ano xa foron premiados proxectos de enfermeiras con traballos dirixidos desde aquí e esperamos que sigan chegando premios. Cando todos rememos cara ao mesmo lado nunha provincia pequena como é Ourense, quizais podamos pór en marcha un premio á investigación”. O 2018 chega coa posta en marcha do Observatorio de Agresións. A.P.: “Si, é un dos alicerces do ano. Queremos que os profesionais entendan que non se teñen que personar eles se son vítimas de agresión, que se personará tamén o Colexio de Enfermaría, onde recibirán todo o asesoramento xurídico que necesiten no momento en que se produza unha agresión e para dar parte das agresións ao xulgado. É importante polo en marcha e espero que os colexiados sentan protexidos e colaboren con este proxecto”.
“O colectivo -de enfermaríaestá totalmente unido”, asegura Ascensión E haberá campaña de concienciación. A.P.: “Efectivamente, estamos a traballar nunha campaña de concienciación para o primeiro semestre do ano. Queremos mostrar o traballo que fan os profesionais da enfermaría de Ourense e deixar claro que nunca, nas súas decisións profesionais, hai ánimo de prexudicar ao paciente. Ao contrario, son decisións adoptadas cun criterio clínico e polo ben do paciente ou usuario”. Algunha novidade sobre o plan anual de formación para colexiados? A.P.: “O plan de formación ten unha parte que é un convenio coa Escola Internacional de Ciencias da Saúde. Pero temos outra parte na que son os nosos colexiados os que poden presentar o seu plan de formación. Nós avaliámolo, acreditámolo e pómolo en marcha. Por iso, quero lembrar que o enfermeiro ou a enfermeira que teña inquietude de impartir formación, pode
19
desenvolvela no propio colexio. A organización colexial está aberta e á súa disposición”. Está nun bo momento a enfermaría ourensá? A.P.: “Hai un tema que nos preocupa e é a tensión ao que están sometidos os profesionais e que fai que se produzan xubilacións anticipadas a pesar de que perden diñeiro para a súa pensión. Pensar que lles compensa iso para evitar a tensión co que chegan os profesionais a casa, preocúpanos. O que ocorre é que ninguén coida ao coidador. Temos que humanizar a profesión e conseguir que os profesionais sentan como en casa, que lles deixen xestionar os recursos en cada unidade. Iso, ademais de facilitar o traballo e axudar a que sentan como en casa, permitirá aforrar custos sanitarios. Porque cando unha enfermeira prescribe, o sistema aforra”. Avecíñanse cambios na enfermaría? Fálase de máis especialización, prescrición? A.P.: “O proxecto a 2020 consiste nunha transformación da enfermaría e isto non pode volver atrás. Os e as profesionais teñen que ter unha actitude predisposta, porque é esa actitude a que fai avanzar ou retroceder”. Chegará por fin, en 2018, a prescripción enfermeira? A.P.: “Creo que non se pechará ata o segundo semestre. En España fixemos 90 versións para definir a prescripción enfermeira e que todo o mundo estivera de acordo. Parece que, por fin, teremos o amparo xurídico ao que se fixo sempre. Pero non é unha prescripción enfermeira ou médica, é colaborativa”.
“Queremos que os e as profesionais investiguen máis, porque cremos que medran cando o fan”, di
20
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
PROVINCIA
EN BREVE
terior destas subvencións 58 concellos da provincia de Ourense recibiron un total de 620.000 euros.
4 Turismo A Xunta anunciou as liñas de axudas de Turismo de Galicia para o ano 2018. Trátase de oito programas de subvencións dirixidos ao sector turístico da comunidade, ás entidades locais e a diversos colectivos que inclúen numerosas novidades e amplían o alcance da pasada edición. Entre as principais novidades, atópase o programa para remodelación de negocios de hospedaxe, con accións de accesibilidade, medidas para incrementar a calidade dos seus servizos, o aforro enerxético e a modernización das súas instalacións.
4 Contedores A Xunta entregou á Deputación 480 novos colectores para incrementar na provincia ourensá as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e de papel e cartón -450 e 30, respectivamente-. O ente provincial repartirao nos concellos que o soliciten.
Díaz Mouteira e López Abella presentaron as axudas da Xunta para a igualdade./RAMSÉS.
Axudas para a igualdade 4 A Xunta informa aos concello das liñas de axudas. Redacción A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron unha xuntanza coas persoas responsables e persoal técnico dos 92 concellos da provincia ourensá para informarlles da nova convocatoria do Goberno galego de axudas e subven-
cións aos concellos para a promoción da igualdade, publicada o día 23 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas axudas contan cun orzamento este ano de máis de 4,2 millóns de euros- cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo- e están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos. Ao abeiro da convocatoria an-
Liñas de axuda A primeira da liña de axudas é o programa de fomento da conciliación. Esta permitirá aos beneficiarios tomar medidas para fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares. A segunda liña de axudas está destinada ao programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. E finalmente, está o programa de apoio aos Centros de Informacións á Muller (CIM) para reforzar a súa funcionalidade.
Un total de 620.000 euros recibiron 58 concellos da provincia na convocatoria anterior
A Xunta axuda na rehabilitación de infravivendas 4 Achega ata o 95% do custo e en concellos de menos de 10.000 habitantes. R.T. A Xunta de Galicia subvencionará ata o 95% (o ente municipal xestionará a achega do 5 por cento restante) do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes. Así se recolle na orde publicada o 24 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que que se establecen as bases reguladoras do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2018.
A subvención poderá chegar ata 15.000 euros por cada inmoble e serán os propios concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo estará aberto ata o día 1 de xuño ou ata o esgotamento do crédito orzamentario (a convocatoria para este ano inclúe unha partida presupostaria de 300.000 euros). Destinatarios As axudas están dirixidas tanto a infravivendas de propiedade privada ou a edificacións de titularidade municipal, pero deben ser solicitadas polos concellos en calquera dos casos.
DEPORTES
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
Leyma Coruña rompe a racha do COB 4 Levaban cinco vitoria consecutivas. Sala Ourense - O Parrulo na Copa Galicia. /RAMSÉS.
O Sala Ourense enche as bancadas 4 Perdeu ante O Parrulo do Ferrol por 1-6. Redacción O Sala Ourense non puido contra O Parrulo nos cuartos de final da Copa Galicia e ante centos de afeccionados. Os ourensáns puxeron o 0-1 no primeiro minuto, obra de Tizón. Porén, os departamentais empataron aos seis minutos. Antes do descanso xa gañaban por 1-3 demostrando a súa superior categoría (xogan na Primeira división). Trala
reanudación, Adri, Íñigo e Isma deixarían o definitivo 1-6. Liga En menos de 48 horas os de Kike García tiñan que disputar un novo encontro de liga. Os Remedios volvía a ser o escenario, e nesta ocasión os ourensáns golearon por 5 a 0 ao filial do Santiago Futsal. Esta fin de semana visitan, como líderes, ao 5 Coruña.
R. Torres O Leyma Coruña rompe a racha do Rio Ourense Termal que o levou a sumar cinco vitorias consecutivas. A sexta ía ben encamiñada, na cidade herculina, ata que a falta de tres minutos e medio para o remate do encontro os homes de Gonzalo García de Vitoria deixaron escapar o que sería o sexto triunfo seguido, sétimo da tempada. Durante todo o encontro os ourensáns mandaron no marcador, nalgún momento a vantaxe superaba os 10 puntos (3649) e sempre coa sensación de que a vitoria estaba asegurada. Pero a falta de algo máis de tres minutos cando dominaba no marcado por nove puntos os locais comezaron a remontar e achegarse, pouco a pouco, no
marcador ata que sobrepasaron ao COB. Aínda así, os de García de Vitoria tiveron a posibilidade de forzar a prórroga ou de lograr a vitoria, xa que tiñan a última posesión; Ahonen nin tirou a canastra. Ao final 77-75 e o COB que suma a primeira derrota do ano.
Princesa de Asturias que enfrontará en Lugo, o 2 de febreiro, a Breogán e Manresa. A Liga regresa a seguinte fin de semana coa celebración da xornada número 22 na que o Rio Ourense Termal recibe a Oviedo (9 de febreiro ás 21 horas).
Oviedo Esta fin de semana non hai liga na LEB Ouro debido ao partido da Copa
O COB - Oviedo disputarase o 9 de febreiro, ás 21 h
21
EN BREVE 4 Fútbol Na Terceira división o Barco é o mellor conxunto ourensán sendo terceiro. Ourense CF e Arenteiro están en metade da táboa e Barbadás aínda que en postos de descenso está cos mesmos puntos que a salvación. Na Rexional Prefente o empate da UD Ourense diante do Caselas (1-1) fai que os de Fernando Currás deixen os postos de ascenso en detrimento do Bande que venceu ao líder, Estradense.
4 Rugbi O Campus Ourense Ruby remontou na 16ª xornada da División de Honra B ao Bera Bera para vencelo por 25 a 22. Os ourensáns son cuartos.
4 Cros
Partido do COB diante do Sammic no Pazo. /RAMSÉS.
No Campionato de Galicia de cros curto celebrado na Rúa, o equipo do Adas Proinor proclamouse campión absoluto masculino e feminino.
22
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
ARTIGOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
As sete mortes de Leopoldo Pardo
A foto do meniño que ri Metérono nunha caixiña branca coas asiñas douradas, con anxiños nas cabeceiras. Non choredes! Din as vellas que vai dereitiño ao ceo dos inocentes para mirar por vós. Non choredes, que agora xa non sofre nesta vida nin na outra, sentadiño estará sempre nunha nube, tocando unha arpiña de prata. Todo branco nesa caixiña que asemella a casiña das bonecas, non parece cadaleito de bonitiño que é, forradiño dese pano que che esvara nas mans ao tocalo, como a manteiga que gardaba a avoa na espeteira da cociña en Ribas do Asneiro. A carón, de pé, moi calada, a súa nai. Cravando as unllas nas mans, rinchando o dente de rabia, sentado, o pai detrás. Vai por dentro debuxado cuns fiíños de ouro onde deitan a cabeciña do Xosé Manueliño durmido. De lado, cintas azuis cruzan devalando o pano branco. O seu padriño Manolo, o meu tío de Baxán, morde os beizos maldicindo a
Se Deus non quere que se chore cando morren os meniños, que coute á morte
súa sorte, o seu afillado, o único fillo que tivo, pois non coñeceu muller, sempre ficou solteiro, vanllo a soterrar hoxe no cemiterio do Campo, no Concello do Irixo. Puxémoslle os patuquiños agasallo da Rosalía da Lama para que non tivera frío nas noites de xeada, e se é certo que vai dereito pro ceo, que llos quiten alí, se non lle fan falla. Viñeron por min á escola para contarme a desgraza: “teu sobriño é un anxiño dende a noite pasada, non temos que chorar por el”, dicía o meu irmán chorando, chorando polo filliño a quen el quería tanto. Que meniño máis fermoso! Parece que está sorrindo. No cadaleito noviño reflíctese a luz do outono. Veu un das Laxas cunha máquina para tirarlle unha foto que garde o recordo daquel meniño tan feito, como se non abondara coa imaxe que se gravou con lume nos miolos de todos. Eu fuxo para a cociña, pois xa non aturo máis o velorio. Namentres, de vagarciño, pousouse un pardal na solaina, se cadra é un pardal dos nados na primavera pasada, se cadra rompeu o ovo cando naceu o Xosé Manueliño. Sentado na lareira niso cavilo
eu, mentres choro o que me peta, agora que non me ve ninguén. Se Deus non quere que se chore cando morren os meniños, que coute á morte para que non os mate. Fóra orballa entre raiada e raiada desa luz morna dun día frío de outono, unha luz esmorecente entra pola fiestra do fondo da cociña, furando entre as follas da figueira do lavadoiro. Escóitanse as badaladas da campá da igrexa chorando os sons, bruando como cando a Cachorra chama polo becerriño. Antes de saír rezan no cuarto grande, non polo mortiño senón polos vivos, para que sintan a perda con ledicia, pois vai para un sitio onde estará mellor. O cura, tamén de branco, acaba de chegar. As candeas aloumiñan o cadaleito e as lapiñas amarelas espállanse ondeando na súa cariña e nas súas manciñas, bicándolle os dediños envoltos no rosario que trouxeron os da funeraria. A pulseira no brazo esquerdo, onde lla puxo o padriño o dia do bautizo. A dor debulla na alma daquel home forte, en cada latexo do sangue arrinca un anaquiño dos seus fígados como unha ducia de corvos picando no cadáver
dunha pombiña branca. Cando o cura dá orde para arrincar, tírase ao lombo el só o cadaleito e arrinca cara a igrexa. A comitiva case que non lle da andado. Chove un pouco máis forte e a xente abre os paraugas, á fronte, na cabeza, aquel home que a maioría non coñecen, un tolo para algúns, os pais partidos por dentro tamén, déixanllo levar, mentres os veciños o critican, eles saben o que pasa porque os queima a mesma dor. Eu corro detrás del sen entender a présa que leva, a lama salpícalle a gabardina estilo Bogart, sobe cara a escola de Casares e baixa polo carreiro do souto dos piñeiros. A frouma estala debaixo dos zocos marcando o ritmo da súa respiración, camiño da Estación, ao lonxe, escóitase a bucina dun tren de mercadorías. A min paréceme un soño, máis ben, un pesadelo do que espertarei cando cheguemos á vía. “Tío Manolo, vai máis devagar!”. Non me escoita, segue sen cansar coa caixa ao lombo. Xa non chove cando chegamos á igrexa. Temos que esperar un pouco para entrar. No valado, preto do cancelo do adro pousa o cadaleito e agora si, como un meni-
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
As medranzas do Barbaña O 14 de xullo de 1945 unha tromba extraordinaria provocou o desbordamento do río Barbaña, a morte de 25 persoas e numerosos danos en infraestruturas, vivendas e superficies de cultivo. A forza da auga arrasou con todo ao seu paso desde O Pontón, no veciño Concello de Barbadás, ata a desembocadura no Miño. A contorna da praza de Abastos, adicada ata entón a viñedo e terreo de labranza, queda arruinada e habilítase a zona para a venda do rianxo. Retornará a incerteza e o
ño pequeniño, bótase a chorar. Suso dalle unha aperta forte e choran os dous, o pai e o padriño, a nai e os veciños que van chegando, todos choramos, ata o Tarzán, o noso can, que tamén veu para saber en cal sepultura o van deixar. Os cans non poden entrar o cemiterio, di o cura, que non entende que fai alí aquel can. Para non deixalo só vou tras del cara os castiñeiros do campo da festa. Hoxe non temos o corpo para festas, nin tan sequera eu e mailo Tarzán, que sempre temos gañas de leria. Sabes unha cousa, papá? Non me acordo de verte aquel día. Non sei se quedaches coa Carmeliña, que tamén era pequechiña, ou onde andabas. Daquel día non quixen lembrarme máis, pero cando nos volvamos atopar todos xuntos alí han de estar os dous, o padriño e o afillado, e ti botarasme a man pola testa e dirasme como sempre, mentres ledo aloumiñas ao Suso: “xa pasou todo, Chiquito, agora acabáronse as bagoas e a dor porque esas cousas xa pasaron”. Namentres, se cadra, mirando de reollo verei ao señor das Laxas tirándolle outra foto ao meniño que ri. Avelino Jácome
4HUMOR
Contorna do Polvorín no ano 1965. medo á cidade de Ourense en forma de riada nos anos 1958 e 1965. As medranzas levarán consigo colleitas,
animais domésticos e un fardel repleto de ilusións, pero non o recordo daquela traxedia que, no ano 45,
soterrou as esperanzas de moitas familias baixo o lodo da adversidade. Fernando Valcárcel
Redacción O escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda publica con Xerais narrativa a súa última novela, “As sete mortes de Leopoldo Pardo”. Trátase dun cadro sobre a sociedade actual a través dos ollos do seu personaxe Leopoldo Pardo, coñecido nas outras obras do autor “Divina de la muerte: Asasinato no centro comercial” e “A morte vén en chancletas”. Con trepidante ritmo de thriller e en clave de sarcasmo, o protagonista vai levando ao lector por distintas escenas que reflicten os costumes que a humanidade está collendo co avance dos tempos. Uns costumes que quizais non difiran tanto dos que leva amosando a humanidade dende a súa orixe. Este libro xa o poden atopar nas librarías.
Jorge Emilio Bóveda.
CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 36 - Ano: XVII - Xaneiro de 2018 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes sen traballar?. Só ten que abrir unha conta cun Broker. Investimento 10 euros. (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en victor_vgc@hotmail.es Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510.
Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outras ofertas para traballos distintos. Posibilidade de media xornada ou completa, interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres os sábados pola noite e o domingo durante todo o día. Tel. 988 255 963. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10.
INMOBILIARIA Alugo local. Rúa Sáenz Diez (zona centro comercial/salesianos). Acondicionado e a pé de rúa. 170 m2. Prezo: 750 Euros. Teléfono 625 515 818. Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Alugo praza de garaxe. Ampla e cómoda. Ao carón da praza do Couto. 55 euros. Tel. 636 329 524.. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24.
Alúgase ou véndese praza de garaxe na zona da Ponte. de 14 m2. O garaxe ten dobre entrada/salida, pola rúa Río Mao e rúa Bellao en coche; e a pé pola rúa Pilar Miró. Porta automática. Tel. 617 532 017 Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 636 422 497 Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel. 638 678 381.
VENDAS Véndense tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo cociña de indución como nova (ideal para camping) e baúl de madeira e coiro. Tel. 626 297 504.
Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151.
VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).
CONTACTOS Ofrécese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Xaneiro 2018