Especial automóbiles: as marcas mostran as súas xoias [Páx. 10 a 13]
TEMA DO MES Páx.2
BARRIOS
Páx.4
Os orzamentos, en mans dunha crítica oposición
Obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto
CIDADE
Páx.7
O pleno votará unha axuda ao Club Ourense Baloncesto
A VALENZÁ
Páx.14
Autobuses ata o centro de saúde da Valenzá
De Festas e Feiras
DEPORTES Páx. 21 O Rali de Ourense celebra as súas vodas de ouro
[Páx. 15 e 17]
O Concello de Ourense presentou a programación das Festas de Ourense // A rúa do Paseo acolle estes días a Feira do Libro. /M. REJO.
Número: 28 - Ano: XVI - Maio 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
TEMA DO MES
Co PP gobernando en minoría, as catro formacións que compoñen a corporación municipal deberán chegar a acordo para aprobar os orzamentos de 2017./ARQUIVO.
Os orzamentos, en mans dunha crítica oposición 4 O PP presentou o borrador. Agora depende das negociacións con DO, PSOE e OUeC para sacalo adiante. Redacción A concelleira popular de Facenda, Ana Morenza, entregou o pasado 9 de maio aos grupos da oposición no Concello de Ourense un borrador dos orzamentos para 2017, nos que se prevé uns ingresos de 105, 6 millóns de euros (dous máis que en 2014). En canto ao gasto, o goberno central estableceu o límite en 100,5 millóns,
Baixa as partidas de Deporte, Educación, Turismo, Participación Cidadá e Cultura
dos cales 82 están xa comprometidos, polos que os restantes son os que se repartirán entre as distintas concellerías ourensás. Ao respecto, Morenza destacou que se incrementou un 10% a inversión na área social, acadando os 6.395.870 euros. Tamén sobre a partida de Persoal (nun 6,1%), motivado polos cambios lexislativos nos que se obriga a dotar orzamentariamente tanto o posto real como o posto sombra; Seguridade nun 5%, sumando 150.000 euros máis; e un 3,9% as de Infraestructuras, Medio Ambiente, Transporte e Limpeza, incrementándose en 1.254.000 euros. Termalismo mantense e, pola contra, baixa a
inversión en Deporte (en 173.000 euros), Educación (que perde 150.000), Turismo (baixa 90.000 euros) e Participación Cidadá (con 78.000 euros menos). En canto ao apartado cultural, que se reduce nun 14% (250.000 euros), a edil aclarou que agardan que se compense con aportacións de entidades públicas e privadas. Dende o Concello, destacan tamén a redución de case un 60% da partida de Economía e Facenda, diminuíndoa en case 4 millóns de euros, “motivada pola excelente xestión económica, destacando o feito de que este Concello alcanzará a débeda cero neste ano”, aclararou a popular.
aos orzamentos. Esta perda de tempo fai ao grupo sospeitar se é que “estaban agardando aos cambios no Consello consultivo promovidos por Feijoo”, que en febreiro aprobou nomear “a dedo” aos letrados deste ente fiscalizador. DO tacha, así mesmo, de “intolerable que o PP entregue unha copia da súa intención orzamentaria de como gobernar esta cidade, xusto á metade do mandato. Unha tardanza imperdoable que paraliza a cidade”. E reforza a teoría de que os populares usaron como escusa a necesidade da nova RPT. “Outra mentira máis e inepcia do grupo de goberno”, denuncia Jácome, quen insite en que “o que nos presentaron non eran uns orzamentos, non traían ingresos, só gastos, iso era un globo sonda, un
timo, nós pedímoslles uns orzamentos como debe ser cada semana e en cada pleno, pero non fan nada, son uns vagos”. Pola súa banda, o socialista Vázquez Barquero pediu a “dimisión” do rexedor polo que considera “dous anos perdidos” na elaboración dos orzamentos. E criticou que neste tempo “o alcalde non fose capaz de consultar antes ao Consello Consultivo”, aínda que apuntou que para Jesús Vázquez a RPT “era unha escusa fácil” e que para el as contas municipais “non eran prioridade”.
A oposicón non acepta como xustificación do retraso a aprobación dunha nova RPT
Agora, para a aprobación destes orzamentos, deron comezo as negociacións con PSOE, DO e Ourense en Común. Críticas da oposición Democracia Ourensana, PSOE e Ourense en Común coincidiron en criticar a tardanza na presentación deste borrador, e na inaceptable explicación por parte dos populares de agardar a ter unha nova RPT. Para Ourense en Común “o equipo de desgoberno de Jesús Vázquez perdeu o tempo”, xa que ata abril non solicitou ao Consello Consultivo de Galicia o informe que resolve que non é preciso aprobar a RPT con carácter previo
A edil Ana Morenza foi a encargada de presentar o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición, que criticaron a ausencia do alcalde./ARQUIVO.
TEMA DO MES
Arquivo provisional da causa contra Manuel Baltar por acoso sexual 4 Democracia Ourensana e a denunciante recurrirán. Redacción Este 23 de maio a xuíz decretou o arquivo provisional da causa aberta contra o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por supostos delictos de tráfico de influencias, suborno e acoso sexual. Exculpando así tanto ao político popular, como ao seu pai, ao xefe de persoal da Deputación e á denunciante, que acusaba a Baltar Blanco de ofrecerlle un emprego na institución provincial a cambio de relacións sexuais. En canto ao presunto acoso, a xurisdición penal castiga a quen pide favores sexuais “no ámbito dunha relación laboral, docente ou de prestación de servizos”, pero neste senso a xuíz considerou que non queda acreditada a existencia de dependencia entre a denunciante e o presidente provincial. En canto ao de suborno, o auto establece que non resulta “suficientemente xustificado” que Manuel Baltar se comunicara co xefe de persoal ou o asesor xurídico da Deputación, nin dera instrución algunha respecto da denunciante. Do mesmo xeito, o seu pai, José Luis Baltar Pumar, tamén foi exculpado coa mesma argumentación. Por último, sobre o xefe de persoal, José Luis Suá-
rez, a xuíz apunta que non queda probado que realizara ningún acto contrario ás funcións do seu cargo. Recursos Contra este arquivo provisional, Democracia Ourensana, como acusación popular, formalizou o día 25 un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial. “Agora van a decidir os xuíces da Audiencia, nós cremos que temos razón e por iso presentamos o recurso, a ver que pasa”, adiantábanos Jácome. O recurso, dirixido polo avogado de excandidato do partido, Miguel Caride, céntrase nos delictos de suborno e tráfico de influencias, relacionados con Manuel Baltar e a denunciante, deixando fóra tanto ao proxenitor como ao xefe de personal. Pola súa banda, a denunciante tamén recurirá ante a Audiencia, centrándose no delicto de acoso sexual, en calidade de perxudicada. Argumentando que as grabacións presentadas confirman as relacións sexuais e o compromiso de Baltar; e que o delicto queda probado cos distintos contratos laborais temporais que lle realizou a Deputación.
Manuel Baltar, en rolda de prensa acompañado de varios senadores ourensáns./ARQUIVO.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
A Deputación Provincial destina 2,7 millóns de euros a dixitalizar o arquivo de La Región 4 Este gasto será denunciado por DO ante a Comisión Nacional da Competencia. Redacción A Deputación de Ourense dixitalizará e porá a disposición dos cidadáns o arquivo de La Región, que inclúe coleccións históricas e contemporáneas do xornal ourensá. A institución provincial vén de asinar un acordo coa empresa de comunicación ourensá por importe de 2,7 millóns de euros, en tres anualidades, a razón de 900.000 euros cada unha, polo que adquire estes fondos documentais, “de grande importancia histórica e cultural para investigadores e público en xeral”, destacan. O arquivo de La Región está integrado polos números editados baixo dúas cabeceiras: “La Región”, cos seus suplementos, e “La Región Internacional”. Con respecto a “La Región” trátase de tres coleccións: unha histórica, desde 1910 ata 1967; outra moderna, desde 1967 ata mediados dos anos 80, e unha colección contemporánea, desde mediados dos anos 80 ata a actualidade. Os fondos inclúen ademais “La hoja del lunes” (editada entre 1950 e 1976) e os suplementos do xornal. O arquivo inclúe tamén o depositario de colaboracións de persoeiros como Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Ricardo Outeiriño, Luis Trabazo, José Ángel Valente, Ramón María, José Luis López Cid, Carlos Casares, Xaquín Lorenzo, Isidoro Guede, Antón Risco, Celso Montero e Blanco
“Estamos ante unha subvención encuberta”, denuncia DO
Óscar Outeiriño e Manuel Baltar trala sintaura do convenio este 29 de maio. Amor, entre outros. No que atinxe a “La Región Internacional” os fondos xornalísticos abranguen esta publicación, editada en formato periódico desde 1966 ata 2013 e desde este ano en formato revista, con edicións conxuntas ou específicas para Europa e América, unha publicación especializada na emigración. Denuncia de DO Incluso antes de que a Deputación fixese pública a sinatura deste convenio, Democracia Ourensana remitía un correo electrónico aos medios de comunicación ourensáns criticando esta elevada inversión. Segundo denuncian, “no mes de abril a Deputación aprobara anticipadamente unha modificación de crédito baixo o nome de proxectos culturais complexos por un importe de 900.000 euros. A DO chamounos a atención porque non detallaba nada, era algo xenérico que podería usarse para diversos temas. Pois non, o obxectivo era só un, e con premeditación e aleivosía”. O partido de Jácome aclara que o primeiro pago de 900.000 euros – correspondente a 2017- ao xornal xa se efectuou o pa-
sado 26 de abril. “E fíxose totalmente de costas á cidadanía e á oposición”, reclaman. Así mesmo, Jácome lembra que “esta cifra de 2.700.000 euros coincide co importe da errada ampliación de capital de hai uns anos, cando se propuxo que a Deputación fose accionista de La Región, e que foi abortada polo entón presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño”. Así mesmo, DO comprobou que na Biblioteca Pública da rúa Concello atópanse todos os exemplares deste xornal desde 1910, o que se debe a unha obriga establecida por lei, co “obxectivo da recopilar o patrimonio cultural e intelectual do país e poñelo á disposición dos cidadáns”, segundo expresa literalmente a Biblioteca Nacional de España na súa web. “Ademais, a maioría deses exemplares están dixitalizados no proxecto da Xunta Galiciana”, explicou Gonzalo Jácome, quen lembrou que co pago de 2,7 millóns por 40.000 exemplares supoñen un custo de 65 euros cada un, “65 veces o prezo de compra, falamos pois do soño de todo coleccionista-especulador”, denuncian dende DO.
“Estamos ante unha subvención encuberta e ante un auténtico trato de favor cara unha empresa privada”, consideran, polo que tras as primeiras consultas xurídicas efectuadas, “esta artimaña é susceptible de recurso contencioso, ademais de ser denunciable á Comisión Nacional da Competencia. Polo que DO denunciará e personarase en ambos casos”. Tamén anunciaron que levarán unha moción ao respecto ao pleno da Deputación do 30 de xuño. Preguntas do BNG Dende o BNG recoñecen a “importancia e o valor histórico e cultural que ten o arquivo en cuestión”, pero destacan “que resulta anormal o procedemento utilizado para tal fin. Un procedemento oscurantista agochado nun expediente de modificación de créditos”. “Resulta intolerábel que quen se erixe, día sí día tamén, en paradigma da transparencia oculte cal era a finalidade que agochaba a partida en cuestión”, reclaman. Como consecuencia, o BNG dará traslado a través dunha batería de preguntas “ás múltiples dúbidas respecto do convenio asinado”.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
BARRIOS
EN BREVE
Un novo paso para o futuro CAPD de Ourense
4 Youtubeir@s O Concurso de vídeos na Rede, Youtubeir@s, xa ten gañadores. Na categoría vídeo-facermos resultou gañador “Guiso especial Anti-San Valentín”, realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco; e na categoría vídeo-opinarmos, o premio foi para “Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca”, presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño.
4 Edusi Ourense queda fóra dos fondos europeos para Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (Edusi). Por segunda vez, logo de ser rexeitado na resolución do pasado mes de outubro, o proxecto “Conecta Ourense”. Novamente, non chega á puntuación mínima, polo que Ourense non recibirá estos fondos.
4 Semana vitivinícola Do 5 ao 8 de xuño Ourense acolle a I Semana Vitivinícola de Galicia, organizada por la Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). O primeiro encontro de viticultura de Galicia e Norte de Portugal. Seguindo co país veciño, a cidade celebrará os días 9 e 10 o Día de Portugal en Galicia.
4 O Concello remitiu a Catastro a solicitude para a segregación da parcela. O centro de saúde e o xulgado do barrio do Couto./ARQUIVO.
Redacción
Obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto 4 O Concello adxudica as obras por un importe de 479.710 euros. Redacción A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou, a mediados do mes de maio, a adxudicación das obras de urbanización do Centro de Saúde de O Couto. A contía da mesma ascende aos 479.710 euros. A empresa adxudicataria é Hordescon SL, xa que foi a oferta económica máis vantaxosa das cinco presentadas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, considera que se da un “paso necesario” e “moi importante para a posta en marcha desta infraestrutura sanitaria”. As obras que se acome-
terán serán a construción de novos accesos -tanto ao centro de saúde como aos xulgados-. Ao centro de saúde, desde a rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, instalaranse novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes. Prantaranse árbores como cedros do atlas, prunus ciruelo, pradairos e chopos brancos e negros. Así mesmo, instalarase mobiliario urbano, alcorques, máis as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas, e demais aspectos precisos para a urbanización. Apertura O rexedor explicou que
o Concello tivo “coñecemento -fai unhas semanas- dunha sentenza que confirma o auto de primeira instancia que denegaba a apertura do centro de saúde do Couto”. O Concello denegoulle no seu día a licenza de ocupación ao centro de saúde, o Servizo Galego de Saúde recorreu o acordo, e o Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Ourense desestimou devandito recurso. “O Sergas recorreu entón ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este desestimou tamén o seu recurso, na sentenza coñecida”, resumía Vázquez Abad.
O Concello de Ourense remitiu a Catastro a solicitude para a segregación da parcela e a obtención dunha nova referencia catastral. Un paso imprescindible para ceder os terreos á Xunta na maior brevidade posible e un novo paso para o futuro Centro de Atención Terapéutica ás Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense. Logo da reunión técnica mantida en febreiro entre o Concello, a Xunta e a Deputación, na que finalmente se elixiu a parcela de Barrocás, foi necesario aprobar unha modificación de uso que o alcalde, Jesús Vázquez, se comprometera a levar a Pleno coa maior celeridade. Na seguinte sesión plenaria trala reunión técnica, que se celebrou o pasado 3 de marzo, o Pleno da Corporación aprobou a alteración do uso dotacional equipamento deportivo público previsto no planeamento vixente para a parcela PD-1B no sector
A6. Cambiándoo así por un uso dotacional sanitario-asistencial público, paso previo, necesario e imprescindible para iniciar a tramitación do expediente de cesión da parcela. Necesidades reclamadas polos pais e nais para emplazar o centro para a atención ás persoas con discapacidadede máis de 21 anos da provincia (CAPD). Catastro Posteriormente á aprobación do cambio de uso, o Concello remitiu a Catastro a solicitude para a segregación da parcela e a obtención dunha nova referencia catastral. Unha vez finalizado este trámite na Base de Datos do Catastro, o Concello poderá iniciar a tramitación do Expediente para a cesión dos terreos á Consellería de Política Social, para que poida comezar as obras.
Concello pediu unha nova referencia catastral para a parcela
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
BARRIOS
EN BREVE
Financiación para o aproveitamento da enerxía xeotérmica 4 O proxecto GEOAtlantic, do que o Concello é promotor, contará cun orzamento de 2.870.000 euros. Redacción O Concello de Ourense contará con financiación europea para o estudo da enerxía xeotérmica. O Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Europea Espacio Atlántico ven de aprobar o Proxecto GEOAtlantic do que o Concello de Ourense é promotor. Dun total de 425 propostas foron elexidas 44 de toda Europa nun comité que tivo lugar en Oporto a principios do mes de maio. Esta proposta do Proxecto GEOAtlantic foi presentada inicialmente polo Concello de Ourense en maio de 2016. Este proxecto ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento entorno aos 2.870.000 euros dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. Enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico. Programa que está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da Unión Europea.
Vistas da cidade./M. REJO.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asegura que “seguimos dando pasos firmes para situar a Ourense como referente único e á vangarda internacional da eficiencia e sustentabilidade enerxética, aproveitando os nosos recursos propios e que nos identifican como cidade. Recursos O proxecto que promove o Concello pretende estudar as posibilidades de desenvolvemento da enerxía xeotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos da súa utilización. No programa de traballo inclúese a realización dun análisis dos recursos xeotérmicos así como de boas prácticas e innovacións para a súa explotación, que inclúe a realización de visitas a experiencias de éxito.
O proxecto ten unha duración de 36 meses
4 Roedores
Fachada da Policía onde se observan as deficiencias de desconchado ./M. REJO.
Lavado de cara na sede da Policía Local 4 Xunta e Concello investirán 60.000 euros nas obras de mellora. Redacción A Xunta de Galicia e o Concello de Ourense investirán preto de 60.000 euros para darlle un lavado de cara e mellorar a eficiencia enerxética á sede da Policía Local ourensá. Así o cofirmaron ámbalas dúas administracións na visita que realizaron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, ao edificio sito na rúa Victoria Kent da cidade das Burgas. Estas obras chegarán tralo convenio que subscribirán ambas institucións a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Vázquez Abad agradeceu “a man tendida do goberno autonómico sempre que desde o Concello lle planeamos proxectos de mellora para as instalacións municipais”. Alfonso Rueda, que estivo tamén acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou a importancia da colaboración entre Administracións, como oco-
rre co concello de Ourense, que repercuten directamente en “poder ofrecer máis e mellores servizos aos ourensáns, cunha frutífera colaboración, que nos últimos anos se ten reflectido na posta en marcha do edificio xudicial, cedido polo Concello e executado pola Xunta; na continua colaboración no Centro de Información á Muller; ou nas obras de rehabilitación da casa do concello, nas que tamén a Xunta ten feito un importante investimento para colaborar en varias melloras”. Obras Mediante este convenio acometeranse obras por un importe de 59.965,17 euros (dos que un 20% serán achegados polo Concello) para optimizar a eficiencia enerxética neste edificio. “Somos coñecedores, logo de diversas reunións cos mandos deste corpo policial”, anunciaba o rexedor local. Humidades, entradas de augas por falta de permeabilización, desconchados na pintura, filtración de aire, gretas, problemas na apertura do portón automático de acceso ao rocho, desprendemento de pezas
cerámicas da fachada por filtracións de auga que tamén provocan problemas de illamento, fallos no alicatado dos vestiarios, mala ventilación nos aseos, etc, son algunha das deficiencias que presenta o edificio. Para mellorar a eficiencia, a memoria do proxecto propón a instalación dun sistema electromecánico para a automatización da porta de acceso principal. Esta atópase aberta a maior parte do día, provocando unha redución enerxética. Convenios Este é o terceiro convenio entre Xunta e Concello nesta materia. Anteriormente realizouse un gasto de 100.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética do edificio, reformar a segunda planta da Consistorial, e para mellorar o illamento das fiestras.
Humidades, entradas de auga, gretas,... parte dos problemas da sede
O Concello intensificou a loita contra os roedores no mes de maio. Desratización, desinfección e desinsectación en todo o municipio, cunha primeira fase de choque o mes pasado. O resto das fases serán nos meses de xullo e setembro. Durante o resto do ano, realízanse tratamentos de mantemento e puntuais ante denuncias e avisos veciñais. Ademais, o Concello vén de instalar senllos dispositivos intelixentes que permiten monitorizar permanente os roedores, actívanse cando detectan a súa presenza ou calor do corpo.
4 Roubo O Concello de Ourense puxo en coñecemento da Policía o roubo de seis prantas do parque botánico de Montealegre (2 da especie camelia japónica e 4 de magnolia soulangeana) por valor de 260 euros. Os feitos producíronse na noite do 8 de maio e foron captados polas cámaras de seguridade do recinto. Desde finais de 2016 véñense practicando roubos continuados que “coinciden con horas de madrugada e fins de semana nos que rouban entre 4 e 8 unidades.
4 Bicicletas A xunta de goberno do Concello de Ourense aprobou un expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense. O préstamo de bicicletas esta fóra de servizo desde o 4 de marzo, cando vencera o contrato da anterior adxudicataria polo que se espera renovar o servizo.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
Axudas para libros e comedor escolar Redacción O Concello de Ourense ten aberto o prazo para concorrer á convocatoria de axudas de libros de texto, material escolar e comedor escolar para o próximo curso 20172018. O mesmo remata o mércores, 7 de xuño. A convocatoria destas axudas está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros. Igual que o do ano pasado (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares). As axudas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados. En canto ás axudas de comedor, nos centros públicos pagarase a totalidade do custo ata un máximo de 90 euros mes e nos concertados 45 euros mes, se asisten de luns a venres, tendo a obriga os pais de facer fronte ao pago da diferenza. Para as axudas de libros e material escolar hai que estar matriculados en Educación infantil (3, 4 e 5 anos). Solicitudes As solicitudes deberán presentarse, debidamente cumprimentadas, no rexistro xeral do Concello de Ourense. As bases da convocatoria está dispoñibles na web do Concello, ourense.gal.
BARRIOS
A oficina xudicial, para finais de ano 4 A Xunta comezou os traballos para implantala na cidade.
O alcalde pide unha reunión co Ministro de Fomento 4 Para tratar sobre o AVE. Redacción
Redacción A Xunta de Galicia comezou xa os traballos para implantar en Ourense a nova oficina xudicial, que facilitará unha actuación da administración de xustiza máis áxil, eficaz e próxima á cidadanía. Os estudos preliminares estarán listos nuns 2 meses e a previsión é que a oficina xudicial poida estar xa deseñada entre finais deste ano e os primeiros meses do 2018. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, explicou as fases desta experiencia piloto, que despois se irá implantando paulatinamente no resto de Galicia. Esta experiencia piloto buscará, no modelo organizativo, mellorar o que xa existe nos xulgados galegos. Crearanse dous tipos de unidades: por unha banda, oficinas dotadas co persoal preciso para o auxilio estrito do labor de xuíz. E pola outra, os servizos comúns procesuais, que estarán a cargo do letrado da administración de xustiza e que se encargarán da tramitación uniforme de tarefas repetitivas, basicamente relacionadas coa tramitación da fase do expediente xudicial de carácter estritamente procesual como poden ser a ordenación do pro-
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pediu mediante unha carta con carácter urxente- unha reunión de traballo co Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, para presentarlle á Comisión de Seguimento o proxecto da Estación Intermodal de Norman foster. O obxecto da misiva é para que os axentes políticos, sociais, económicos e empresariais da cidade coñezan, de primeira man, o proxecto.
O xefe territorial, Manuel Pardo; a delegada da Xunta, Marisol Díaz e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín. cedemento, a execución das resolucións xudiciais, atención ao cidadán ou actos de comunicación. Estudos preliminares Estes consisten en realizar unha análise e diagnóstico da situación actual, centrándose no volume de actividade, distribución de cargas de traballo, adecuación de recursos humanos, dotación de infraestruturas, sistemas e equipamento; definir e seleccionar o modelo organizativo, a partir da proposta e avaliación de diferentes alternativas; e finalmente, realizar unha proxección económica estimada do
modelo elixido. Suspicacias Desde o seno do administración de Xustiza hai certas suspicacias. Algún sector considera que con esta implantación da oficina a administración podería controlar á xustiza.
Os estudos preliminares poderían estar listos en dous meses e a oficina aberta para finais deste ano
Cronoloxía Na primeira semana do mes de maio a Xunta, Concello de Ourense e Ministerio de Fomento, xunto a responsables de Adif, participaron nunha xuntanza da comisión de seguimento sobre a estación intermodal. Acordaron a tramitación urbanística conxunta do proxecto para abrir o procedemento administrativo. A estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada
Os interesados teñe 20 días, habiles, desde o 16 de maio, presentar alegacións na terminal ferroviaria, un aparcadoiro subterráneo, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Despois iniciouse o procedemento de información pública. Os interesados poderán presentar alegacións durante un prazo de 20 días hábiles -desde o 16 de maio-. PSOE Os socialistas presentan catro alegacións ao proxecto: xustificación dos costes asignados en cada partida de inversión; que non existe xustificación que acredite os costes na estación de autobuses; sobre a recalificación gratuita de terreos e as consecuencias xurídicas do cambio de uso da parcela; e o cumprimento do punto cuarto do protocolo.
O alcalde nunha xuntanza anterior na que se tratou sobre a intermodal.
CIDADE
A alta velocidade, o COB e un novo edil, no pleno de xuño do Concello 4 Telmo Manuel Ucha Álvarez, de DO, tomará posesión coma novo concelleiro. Redacción No pleno do Concello de Ourense do mes de xuño, que terá lugar o venres día 2, todo fai indicar que non se vai aprobar unha modificación de crédito de 100.000 euros para o Club Ourense Baloncesto. Parece que o Partido Popular quedarase só no voto a favor deste punto, en tanto en canto os tres grupos da oposión votarán en contra. Democracia Ourensana xa anunciara que vai a votar en contra, e que simplemente se abstivo na votación no Consello Municipal de Deportes para traelo tema a debate no pleno. PSOE e Ourense en Común xa votarán en contra no CMD polo que non se moverán do seu posicionamento inicial. Mocións Nas mocións, Democracia Ourensana presenta tres: cambio das placas numéricas dos edificios e á colocación de placas identificativas cos nomes de cada rúa; a colabo-
ración coas ANPAS na xestión dos comedores escolares; e a retirada das delegacións de competencias feitas en favor do concelleiro D. Jorge Pumar Tesouro. Neste punto, OueC pedirá a demisión do edil popular, xa que o consideran culpable da perda dunha subvención europea para Ourense. Ourense en Común, ademais, levará a pleno unha moción para consensuar a modificación do art. 41 das Bases de Execución do Orzamento para unha
maior transparencia na contabilidade dos grupos municipais; creación dun Consello Municipal de Medio Ambiente e Benestar Animal de Ourense; e urxen un Plan de choque contra os atropelos. Intermodal Pola súa banda o PSOE presentou unha moción para a substitución do proxecto da estación intermodal do AVE en Ourense de 2017 polo proxecto gañador do concurso de 2011, denominado “As
Burgas 11.11.11”. As outras mocións dos socialistas son a redacción e execución urxente dun proxecto de rehabilitación integral e posta en valor do xardín do Posío por parte do Concello de Ourense, e instar á Xunta de Galicia á emisión urxente dos informes preceptivos para a posta en marcha e execución do proxecto do Plan Local de Emprego do Concello de Ourense. Ucha Pero antes de todo isto tomará posesión como concelleiro, Telmo Manuel Ucha Álvarez, de DO en substitución de Eloy Prol Sobrado.
Ourense en Común pedirá a demisión do concelleiro do PP, Juan Pumar
No vindeiro pleno debaterase se se lle da 100.000 euros ao Club Ourense Baloncesto mediante unha modificación de crédito. /ARQUIVO.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
Nenoos, o mellor aliado para este verán O Centro Nenoos organiza unha serie de actividades este verán para que ninguén se quede sen diversión. Primeiro de nada organiza unhas xornadas de portas abertas, para pais e nenos, onde presentará de forma dinámica e práctica os dous programas para o curso 2017/2018: - Emprendedores (7 e 13 de xuño de 18:30 a 19:30 h): novo programa sobre educación financeira que fomenta o espírito emprendedor en nenos de 3 a 13 anos. - 360 (6 e 14 de xuño de 18:30 a 19:30 h): programa que traballa capacidades específicas (atención, concentración, memoria, capacidade matemática...) e mellora o rendemento académico e desenvolvemento persoal en nenos de 3 a 13 anos. Smart Nenoos Do 26 de xuño ao 11 de agosto (de 11 a 14 h). Desenrolarán actividades para o enxeño dos máis cativos (de 3 a 9 anos), coñecerán o cinema de animación infantil, investigan-
do sobre a mensaxe que transmiten relacionadas coas emocións e aprendizaxes sociais... e por último reconstruirán a historia descubrindo diversas civilizacións co Sistema Lupo. Campamento E finalmente, do 2 ao 8 de xullo para nenos de 6 a 13 anos realizarase un campamento no albergue “A Escola”, de Vilar de Santos. Xogarase coa ciencia dando renda solta á creatividade e descubrindo infinidade de cousas sorprendentes. Inscricións e información para todas as actividades en ourense@nenoos.es ou no 687 285 913.
Unha das actividades en Nenoos.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
Vivendas de promoción pública Redacción A Xunta de Galicia vén de entregar as cartas de adxudicación de 10 vivendas de promoción pública construídas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Covadonga. Son oito en réxime de alugueiro e dúas en compravenda. Os beneficiados puideron visitar os inmobles que lles corresponden. En total, o ente autonómico, construíu 52 vivendas de promoción pública en Covadonga, cun investimento de máis de 2,7 millóns de euros. Outras actuacións Por outra parte, o departamento que dirixe Ethel Vázquez está actualmente a executar a construción doutras oito vivendas de promoción pública na mesma zona, por importe de preto de 800.000 euros, e a rehabilitar dúas vivendas máis na rúa Vilar 1, por unha cantidade de máis de 400.000 euros. Rúa Cervantes Así mesmo, está previsto tamén licitar a rehabilitación do número 14 da rúa Cervantes e o edificio Vilar, 3 e 5. Ás mesmas, destinarase case un millón de euros. Con estas actuacións Ourense contará cun total de 16 novas vivendas de promoción pública construídas polo Executivo autonómico. Vivendas baleiras O Concello de Ourense tamén aprobou a adxudicación das catro primeiras adxudicacións de “Vivendas baleiras” en alugueiro a familias da cidade. Sorteáronse, as 4 vivendas, sitas en Eulogio Gómez Franqueira (270€ de alugueiro), estrada de Santa Mariña (275€ de alugueiro), Avenida de Zamora (285€) e Jesús Soria (285€).
CIDADE
Reclaman melloras no acceso termal á altura da estación de autobuses 4 A Asociación Veciñal As Termas pediuno por rexistro no Concello. Redacción A Asociación Veciñal As Termas pediu por rexistro, novamente, a reparación dos accesos dende o barrio da Estación de Autobuses ata o entorno termal do Tinteiro. Está é unha vella demanda do colectivo veciñal, que levan presentando escritos desde 2012. O ano pasado lograron que se instalaran tres puntos de luz que aumentaron a seguridade. Porén, o firme continúa en mal estado. Desde a asociación recordan que levan catro anos reclamando que se mellore os accesos entre a zona da estación de autobuses e a zona termal. Devandita reclamación foi incluída no plan de inversións de 2014 pero non chegaron a executarse por supostos problemas de titularidade cuns dos terreos privados. Ademais, na zona conflúen varias administracións como son o Concello, Fomento e a Confederación Hidrográfica Miño Sil. En concreto, se pide a mellora para os accesos dende a “Rúa D”, por debaixo do viaduto da N-120 onde se situan os restos do antigo Balneario das Caldas, ata a zona termal do Tinteiro. Traballos Os traballos solicitados consisten en desbroces das beiras dos camiños e arranxos en tramos no que o firme é un serio perigo para as veciñas e veciños que a diario o percorren. O presidente da asociación, Ángel Gómez explicaba que se trata “dun camiño moi empregando por veciños de todo o
barrio da Ponte incluso de outras zonas da cidade que se achegan en transporte urbano ata a Estación de Bus e inician dende aquí o seu paseo polas ribeiras do Miño”. O presidente engadía, “o arranxo destos accesos é unha petición recurrente, dende a directiva da asociación somos consciente do complexo da titularidade dalguns dos terreos pero esto non debe ser excusa para levar máis de catro anos sen novidades ao respecto”. N-120 Outra das demandas da asociación veciñal formulada durante o mes de maio foi a de reforzar a seguridade viaria da N-120 (no p.km 571). Esta petición chega despois de que un novo accidente acontecera na estrada á altura da zona das vivendas. Os accidentes son moi habituais na
zona, algo ao que comezan a estar acostumados os veciños. Piden que se reduza o límite de velocidade, actualmente está a 100 quilómetros hora, ademais da instalación de bandas rugosas, así como o desbloqueo do proxecto que acondicionaria a N120 como estrada urbana nese tramo. Desde As Termas non descartan reunirse con outras asociacións afectadas para reclamar conxuntamente as melloras.
A asociación leva catro anos reclamando que se melloren os accesos entre a estación e a zona termal
Estudantes lusos coñecen entidades sociais de Ourense 4 Nunha visita que durará ata o 12 de xuño. Redacción Estudantes lusos visitan Ourense. Dende o luns 29, ata o luns, 12 de xuño, xestionado pola empresa Lúcete Lecer, visitan a cidade un grupo de estudantes do Ciclo de Animación Sociocultural da Escola Profissional CIOR, de Vila Nova de Famalicão. Durante estas dúas semanas, percorrerán aquelas entidades da cidade relacionadas coa intervención social, como
Aixiña, Aspanas, ADO, Casa da Mocidade Lusquiños, Casa da Xuventude, CIFP Portovello, entre outras. Visitas As primeiras visitas foron ao Campus de Ourense, para realizar unha actividade coa Asociación Universitaria AUCE; á Escola Xaquín Lorenzo da Deputación, onde realizaron un obradoiro de xogos tradicionais; e participaron nun adestramento de fútbol gaélico co Auriense.
O alumnado portugués nunha das visitas.
Ourense en Común xa pensa no 2019 4 Ano no que serán as vindeiras eleccións municipais. Redacción
Neste estado está o tramo de acceso.
Ourense en Común, a formación que conta no Concello de Ourense con tres edís xa pensa nas eleccións municipais de 2019. Montse Valencia, asesora do grupo institucional OueC, e Martiño Ramos, do grupo de traballo de apertura, fixeron público un manifesto de chamamento, co que Ourense en Común buscará ampliar a súa rede, nunha “suma fraterna” do maior número de entidades, colectivos, activistas, partidos, asocia-
cións e veciñas e veciños, para continuar o traballo encetado en 2015”, e sumar esforzos co obxectivo colectivo de “transformar o xeito de facer política e dar fin á era do caciquismo, o nepotismo e as políticas ao servizo dos beneficios privados”. No manifesto, o grupo chama a todas aquelas asociacións, partidos e colectivos con actividade no concello de Ourense, a “tender a man con xenerosidade e a se encontrar novamente” para dar forma á candidatura e ao programa das vindeiras municipais.
CIDADE
Menor espera para os peóns nos semáforos 4 Para evitar atropelos. Redacción O Concello de Ourense reorganizará o tempo de espera nos seus semáforos para primar aos peóns. Por elo, este tempo será máis reducido nos ciclos semafóricos. O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, mantiveron unha reunión cos responsables da empresa adxudicataria do sistema semafórico da cidade e trasladáronlles a necesidade de reordenar os ciclos para axilizar a mobilidade peonil nas rúas de Ourense. Esta petición fundaméntase nas queixas cidadás recibidas no Concello, así como nalgunhas conclusións extraidas da campaña de sensibilización e Seguridade Viaria desenvolvida conxuntamente entre o Concello e Stop Accidentes. Estas conclusións sinalan que unha das causas polas que os peóns cruzan en vermello os semáforos é porque consideran que o tempo de espera é desproporcionado con respecto
ao delimitado para os vehículos. Isto, unido ás presas, provocan actos imprudentes como cruzar en vermello que poñen en risco a propia seguridade dos peóns. Velocidade Ademais, tamén se delimitará a 30 km/hora as rúas próximas aos parques con gran afluencia de rapaces e familias, algo para o que xa se encargou un estudo pormenorizado aos técnicos municipais. “O obxectivo deste Goberno Municipal é pacificar o tráfico e dotar de mellores mecanismos de mobilidade á cidade de Ourense, primando sobre todo a seguridade das persoas”, sinala o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.
Delimitarase a velocidade a 30 km/h en rúas próximas a parques
Peóns nun semáforo da cidade. /M REJO.
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
Reordenación do tráfico na estrada OU-105 4 Ao seu paso por Seixalvo. Redacción A Xunta de Galicia, o Concello de Ourense
e os veciños de Seixalvo acordan executar mellores de seguridade viaria na estrada OU-105. As
Zona onde se realizarán as obras. /M. REJO.
Expedición nipona en Ourense 4 Dentro do programa “Galicia Exporta”. Redacción A Confederación Empresarial de Ourense promocionou a finais de maio o sector agroalimentario e vitivinícola da provincia de Ourense no mercado de Xapón a través dunha misión inversa integrada por catro importadores procedentes do país nipón, como parte do ciclo de misións internacionais Ourense exporta. A embaixada nipona estivo composta por Siho Muramatso, de
Sikhosa Co. Ltda.; Kayoko Ochiai e Yumi Akimoto, de O´Let Jaspan; e Takahiro Kasuga, de Vox
actuacións acometeranse nunha primeira fase no treito da citada estrada comprendido entre os Pq. 1+050 e 2, rematadas as vivendas. Os traballos consistirán na reordenación do tráfico mediante a mellora dos accesos ao núcleo urbano de Seixalvo na intersección coa rúa da Igrexa e unha nova glorieta no camiño de Zaín, así como a articulación de carrís centrais de espera. Tamén se mellorará a mobilidade peonil mediante a creación dun novo paso de peóns e a adecuación das
Trading Co. Visitas e reunións comerciais con empresas da provincia que tiveron lugar ao longo de toda a semana, xerándose máis de 40 encontros comerciais entre as empresas ourensás e os importadores nipóns. Todas as actividades desenvolveronse no marco do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios
Recepción da misión comercial xaponesa.
paradas de buses e executaranse novos treitos de beirarrúas. Executaranse novos tramos de beirarrúas e nas xa existentes realizaranse actuacións de mantemento e de mellora da accesibilidade. Segunda fase Nunha segunda fase prevese a remodelación da intersección co acceso ao tanatorio, e neste mesmo ano 2017 redactarase o proxecto. O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, avanzouno na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia.
Mellorarase o acceso a Seixalvo na intersección coa rúa da Igrexa
2016, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
A CEO promocionou os produtos ourensáns no mercado xaponés
10
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
especial AUTOMÓBILES
Novo Seat Toledo: diversión para toda a familia Para viaxar en familia non é necesario renunciar á diversión e o rendemento. O Seat Toledo combina a elegancia dun cupé coa versatilidade dun coche familiar. É un coche seguro e de calidade destinado a quen non queren perderse a oportunidade de gozar dunha dinámica experiencia de condución. E como broche de ouro, tamén é un sedán moi asequible. O novo Seat Toledo 2017 engade interesantes novidades que o fan máis atractivo para o público. Mantense a estética pero chegan renovadas mecánicas e detalles de equipamento. Un dos cambios é o motor 1.0 TSI en varian-
O novo Toledo ofrece espectaculares acabados xunto coa maior comodidade para os acompañantes. tes con 95 e 110 CV, dúas alternativas que toman o
lugar do anterior 1.2 TSI con 90/110 CV. O máis
O Seat Toledo combina a elegancia dun cupé coa versatiliade dun coche familiar.
potente combínase cunha caixa manual de seis velocidades. No relativo aos niveis de acabado, introdúcese o Xcellence para seguir a mesma pauta que no resto de modelos da marca española. As prestacións tecnolóxicas do novo Toledo foron deseñadas con tres obxectivos: ofrecer entretemento, seguridade e unha experiencia de condución de primeira. Así, o novo Toledo inclúe faros Full LED, control de cruceiro, sistema de audio con pantalla táctil, catro elevalunas eléctricos, lamias de aliaxe de 16 polgadas, paquete cromado exterior, acceso e arranque sen chave, tapizado mixto pel/alcántara, sensores de parking dianteiros e traseiros, etc. Entre as opcións máis interesantes hai que sinalar a cámara de visión traseira, sistema SmartBeam, cristais tintados, sistema de navegación con pantalla táctil de 6,5 polgadas, Full Link, sensor de choiva, aceso automático de luces, etc. O resto da gama segue contando cos niveis Reference, Reference Plus e Style, ademais dos motores 1.4 TSI DSG 125 CV e o 1.6 TDI con 115 CV. Se queres descubrir o que se sente aos mandos do novo Seat Toledo só tes que achegarte a probalo a Copersa, en rúa Seixalvo, 2.
Recomendacións para o momento de mercar coche Cando nos decidimos a mercar novo coche podemos vivir un momento estresante, tanto polo gasto que supón como pola preocupación de tomar a decisión correcta. Por iso, antes de elexir novo vehículo debemos seguir unha serie de recomendacións: - Realizar un presuposto tendo en conta os nosos aforros ou o crédito bancario que nos concedan. - Elexir un coche que se adapte ás nosas necesidades, presentes e futuras. Valorar en primeiro lugar a motorización (diesel ou gasolina), tendo en conta os consumos ou tipo de viaxes que facemos de xeito máis habitual. - Tamén debemos pensar no valor futuro do coche por se temos necesidade de vendelo. - Visitar varios concesionarios para descubrir de primeira man os mo-
delos que nos encaixan. - Antes de mercar é indispensable probar. Debemos dar unha volta no vehículo e valorar as sensacións que nos produce. - Informarse de se podemos optar a algún tipo de axuda. - Ter en conta os gastos complementarios como seguro, imposto de matriculación ou revisións e avarías futuras. Tamén hai moita xente que se decanta por mercar coche por internet (aforras tempo, desprazamentos e complicacións), pero carece do asesoramento persoalizado que ofrecen os concesionarios, nos que resolven dúbidas; poden rebaixar o prezo inicial por algunha campaña promocional do establecemento ou marca; ou recomendarche algún coche en stock que coincida co que desexas ,permitíndoche ademais un importante aforro.
O asesoramento personalizado é moi importante.
AUTOMÓBILES especial
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
11
O novo Clase E Coupé destila modernidade e luxo, e reflicte os valores da marca Mercedes.
Intelixencia na súa expresión máis fermosa na nova Clase E Coupé de Mercedes A Clase E Coupé representa un deseño purista, con amplas superficies, que recolle o canon evolucionado de formas de Mercedes Benz. En comparación co seu antecesor, o coupé é claramente máis longo, máis ancho e máis alto. En consecuencia, mellora claramente a habitabilidade, sobre todo na parte traseira. O coupé ofrece máis espazo para os xeonllos na parte traseira e, en consecuencia, máis confort en percorridos longos para catro persoas nos catro asentos con deseño específico de coupé
Combina comodidade e tecnoloxía
con plena funcionalidade. Novos elementos estéticos contribúen a crear un ambiente de alta calidade no habitáculo sensual e luxoso. Entre eles cóntanse, por exemplo, os difusores de ventilación en novo efecto de turbina e as innovadoras cores para o interior «azul iate» e «vermello Tiziano». As luces traseiras ofrecen un novo efecto de luz de benvida, así como un innovador deseño de efecto cristal. O intelixente sistema limpa/lavaparabrisas Magic Vision Control consegue un efecto ideal de limpeza sen que o chorro de auga diminúa a visibilidade. Ademais, todos os seus compoñentes están calefactados. A Clase E Coupé
incorpora así mesmo todas as innovacións intelixentes da Clase E Berlina. Isto inclúe, entre outros, o posto de condución Widescreen, elementos Touch Control no volante, unha ampla integración de smartphones, o paquete ampliado de asistencia á condución, o piloto automático para aparcar a distancia, funcións de Car-to-X-Communication, a suspensión neumática Air Body Control e os faros Multibeam Led. Deportiva e con estilo Coa súa expresiva silueta de cupé, un deseño claro e sensual e un elevado confort en traxectos longos para os seus catro ocupantes, a nova Clase E
Coupé combina a beleza e as virtudes clásicas dun Gran Turismo con tecnoloxía ultramoderna. Ao mesmo tempo, o coupé fai gala da intelixencia que caracteriza á familia da Clase E, con equipos opcionais como a plena integración de smartphones, o posto de condución widescreen e avanzados sistemas de asistencia á condución que fan posible, entre outros, unha condución semiautomática. Motores potentes de baixas emisións e trens de rodaxe confortables con sistema de amortiguación selectivo aseguran unha vivencia de condución áxil e deportiva. Innovacións De serie inclúe o asistente de freado activo, que pode advertir ao condutor dunha colisión inminente, prestar apoio óptimo na freada de emerxencia e, se é necesario, frear de forma autónoma. Este equipo pode recoñecer
vehículos que circulan a menor velocidade, detidos ou en manobra de freado, así como peóns que atravesan a calzada e atópanse na área de perigo por diante do vehículo. Outros equipos destacados que balizan a folla de ruta para unha condución autónoma son, por exemplo, o piloto automático de distancia Distronic con piloto automático de dirección, capaz de manter a separación correcta respecto de vehículos precedentes en calquera tipo de estrada e tamén, por primeira vez, de seguilos automaticamente nunha marxe de velocidade de ata 210 km/h. Outra novidade na Clase E Coupé é a posibilidade de aparcar e desaparcar nun garaxe ou praza de aparcadoiro desde o exterior do vehículo, utilizando unha aplicación para smartphone. Dese modo, os ocupantes poden subir e baixar comodamente do vehículo, mesmo en ocos moi estreitos.
O Clase E Coupé posibilita aparcar e desaparcar desde o exterior do vehículo Deseño O deseño da nova Clase E Coupé destila modernidade e luxo e reflicte os valores da marca Mercedes. A nova Clase E Coupé ostenta un deseño purista, con superficies acentuadas, liñas reducidas e formas sensuais, que mostra a evolución do canon estético de Mercedes-Benz. A súa configuración atense con coherencia ao principio da claridade sensual e presenta o coupé como obxecto de deseño, estético e moderno. O deseño é ao mesmo tempo hot e cool, destila luxo e elegancia e subliña a súa personalidade deportiva. A forma básica da Clase E reflicte as proporcións dun cupé deportivo.
12
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
especial AUTOMÓBILES
Robustez e comodidade no Opel Crossland X
O novo Opel Insignia.
Chega o novo “buque insignia” de Opel O renovado deseño do Opel Insignia non deixa indiferente a ninguén; cunha silueta coupé con fortes liñas que salientan o seu carácter dinámico e musculoso. As novas proporcións da plataforma de novo desenvolvemento que emprega a novo Insignia, a Epsilon II, confiren ao novo modelo unha aparencia máis baixa e ancha do que realmente é, e melloran substancialmente a habitabilidade interior, renovada completamente, cunha postura de condución máis premium e confortable. As carrozarías dispoñibles son as habituais en cinco portas, agora denominada Grand Sport grazas ao seu aspecto máis baixo, ancho e estilizado e o modelo familiar, Sports Tourer, que do mesmo xeito que a carro-
zaría Grand Sport, conta cun musculoso aspecto exterior pero sen descoidar a capacidade interior, que se ve mellorada respecto ao antigo modelo. O frontal de ambos os modelos composto pola grella e os novos faros, evocan un aspecto aerodinámico que flúe con harmonía cara aos laterais do vehículo, propiciando proporcións máis anchas. Os faros de condución diúrna tipo LED, de serie en todos os acabados, confiren ao modelo de gran personalidade acorde á xenética de deseño Opel. Equipamento O novo Opel Insignia chega con varias razóns para converterse nunha nova historia de éxito de Opel, tal e como o foi a súa primeira xeración lanzada no ano 2008. Unha
delas, é o seu equipamento, tanto de serie como opcional cuxo alicerce fundamental é ofrecer a mellor tecnoloxía a un prezo moi alcanzable. Con este Insignia introdúcese desde os acabados máis baixos, solucións tecnolóxicas ao servizo do confort e seguridade que, no modelo da xeración anterior eran opcións libres, como o, Opel Eye, climatizador bizona, o sistema de apertura e arranque sen chave ou o freo de man eléctrico.
O novo Opel Insignia chega para converterse nunha nova historia de éxito como o fora a primeira xeración
O Crossland X de Opel ofrece sorprendentes innovacións que fan que a condución sexa máis segura, máis cómoda e fácil. O Sistema de Iluminación Adaptativa AFL con tecnoloxía LED, o Head-up Display e a Cámara Panorámica de visión traseira de 180 graos, xunto co Sistema de aparcadoiro asistido sen mans, o Sistema de Mantemento de Carril, o Asistente de Sinais de Tráfico e a Alerta de Ángulo Morto son algúns dos exemplos. O novo Crossland X tamén vén coa sorprendente conectividade característica de Opel grazas ao sistema OnStar, así como a compatibilidade dos sistemas multimedia IntelliLink que permiten a proxección dos smartphone que dispoñan de Apple CarPlay ou Android Auto
e que ofrecen pantallas táctiles de ata 8 polgadas. Deseño innovador O Opel Crossland X constitúe a combinación perfecta de deseño moderno, virtudes dun SUV e os atributos que facilitan un estilo de vida urbana. Robusto, emocionante e moderno son o tres atributos que todos os “crossover urbano” necesitan. O novo Crossland X tenos todos, mantendo o mellor aproveitamento do interior posible, como é típico de Opel, ademais dunha gran personalidade. Espazoso O maleteiro de 410 litros de capacidade -sen encartar os asentos traseiros- é o líder na súa clase. Ademais, os pasaxeiros da parte traseira teñen a posibilidade de axustar o seu asento lonxitudinalmente
Imaxe interior do Opel Crossland X.
grazas ao opcional Pack Versatilidade. Pódense desprazar ata 150 milímetros, co que se aumenta o espazo para as pernas ou a capacidade do maleteiro. Isto fai que o Crossland X sexa aínda máis flexible. Aparcamento A última xeración do Sistema de aparcadoiro asistido sen mans facilita estas manobras aínda máis. Recoñece os sitios de aparcadoiro en paralelo ou en batería adecuados ao vehículo e apárcao ou desaparca de forma automática. En ambos os casos, o condutor só ha de manexar os pedais.
O Crossland X recoñece os aparcamentos en paralelo ou en batería
ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
13
Novo Peugeot 5008: a máxima expresión do SUV
Perruquería JM, corte, peiteado e agora tatuaxes
En España, os SUV supoñen xa, no primeiro trimestre, o 38,3% das matriculacións do segmento C, no que compiten tanto o Peugeot 3008 como o 5008, mentres que, no B, onde Peugeot está presente co 2008, representa un 26,8% das vendas. Pioneira nesta categoría, formada por vehículos polivalentes, Peugeot afianza o seu carácter de marca SUV co lanzamento da nova xeración do Peugeot 5008, que pecha ao grande a ofensiva da marca do león para conquistar o liderado deste segmento emerxente. Esta nova versión supón un cambio radical tanto en estética e deseño como en aspectos mecánicos. Máis aló do seu aspecto aventureiro, o 5008 SUV destaca polo seu alto nivel tecnolóxico, ao incorporar a última versión do posto de condución Peugeot i Cockpit®. O seu volante ten un deseño máis compacto, con dúas zonas planas, pensadas para unha mellor suxeición. As súas dimensións liberan campo visual e deixan máis espazo para as pernas. Ademais, co sistema i Cockpit® Amplify pódese tanto xogar coa intensidade da iluminación ou cambiar a configuración cromática das pantallas
A perruquería JM da Valenzá e Progreso en Ourense non para de innovar para dar o mellor sevizo de estética masculina actual. Desde hai 17 anos buscan a beleza masculina cos seus orixinais e modernos cortes de pelo, as mechas e tinguiduras en cores imposibles ou o afeitado e arranxo da barba. Esta é unha das poucas barbarías de cabaleiros que ofrece unha gran variedade en produtos para o coidado do cabelo, a barba e a pel. Non podía ser menos posto que José Andrés provén dunha familia con tradi-
O novo Peugeot 5008 SUV mostra un cambio radical tanto en deseño como en aspectos mecánicos. como definir os parámetros de ambiente musical. Tamén se coida o tacto, con asentos con masaxes multipunto, que dispoñen de ata cinco programas, e o olfacto, grazas a un difusor de fragrancias. Con 4,64 m de longo e 1,64 de alto, todo o tamaño que se gañou dedicouse a aumentar a habitabilidade interior. Conta con tres asentos independentes na segunda fila e dous na terceira, así como co maior volume de maleteiro da súa categoría. Tamén permite pór en posición horizontal o respaldo do asento do pasaxeiro dianteiro, o que permite cargar obxectos
de ata 3,20 m de longo, ademais de dispor dun portón mans libres. Seguridade Así mesmo, ofrece o mellor da conectividade permanente e todo un arsenal de equipamentos de seguridade, con freo automático de emerxencia, alerta de riscos de colisión, de cambio involuntario de carril, acceso automático de luces de estrada, recoñecemento dos límites de velocidade, regulador de velocidade, sistema activo de vixilancia de ángulo morto, Park Assist e visión 360º.
Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, ofrece os seus servizos en Perruquería JM. ción perruqueira, herdada do seu pai e tíos.
Equipo de profesionais de Perruquería JM./M.REJO.
Pero na súa constante renovación e para satisfacer a demanda dos seus clientes vén de ampliar servizos. Agora tatuarse ou poñer un piercing tamén é posible na perruquería JM. Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, plasmará sobre a túa pel o que ti desexes. Horarios Este establecemento está á túa disposición de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 9.00 a 13.30, nos seus dous locais, o da avenida de Celanova 22 A Valenzá- (Tel. 677 098 251) e Progreso 51 (Tel. 634 934 344).
14
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
A VALENZÁ
Barbadás amplía o servizo de autobuses ata o novo centro de saúde 4 Está en fase experimental.
A medida estará en funcionamento un mes máis Os buses que suben ao centro de saúde son os das 8:35, 11;15 e 15:15 horas
Redacción O Concello de Barbadás amplía, dunha forma experimental, o servizo de autobuses ata o novo centro de saúde da Valenzá. Son tres veces ao día, as liñas das 8:35, 11:15 e 15:15 horas -con saída da parada de bus fronte a Aquagest ou fronte ao centro de saúde vello-, as que amplian o percorrido dende a avenida de Celanova ata o centro sanitario. A medida, que foi adoitada o 4 de maio, está a funcionar de xeito gratuíto, para comprobar o grado de efectividade. A idea do concello, segundo o concelleiro de Movilidade, Xosé Manuel Fírvida, é “testar a experiencia e ver o funcionamento e a utilidade que pode prestar aos veciños que o precisen ou desexen para salvar a forte pendente existente entre a avenida de Celanova e o centro asistencial”. Proba Esta iniciativa permanecerá durante dous meses. No primeiro deles, por algo de descoñecemento non tivo a repercusión esperada. O propio Fírvida comentaba que a xente “aínda me pregunta polos horarios”. Ata o de agora, o bus con máis afluencia é
teña unha gran acollida entre os usuarios tomarase a decisión de como enfocar o novo servizo (frecuencia, prezos, etc.) acadando un acordo coa empresa.
Bus urbano da Valenzá /M. REJO. o das 15:15 horas. Unha vez rematada a experiencia a idea é que continúe en servizo, pero valorarán primeiro a repercusión que tivo entre a cidadanía. Dentro dun mes a empresa de transporte e o Concello de Barbadás sentaranse para valorar
4 Plataforma elevadora ata o centro de saúde O concello de Barbadás ten deseñado un proxecto para instalar unha plataforma elevadora dotada dunha pasarela e un ascensor nas inmediacións do novo Centro de Saúde, que permita salvar o forte desnivel dende a Avenida de Celanova, arteria principal da localidade da Valenzá. Despois de seis posibles opcións escolleuse a instalación dun ascensor. Co com-
Exposición de manualidades 4 Ata o día 6 na Casa da Cultura da Valenzá. Redacción Barbadás amosa nunha exposición manualidades feitas polos 87 alumnos de cinco talleres para adultos espallados polas parro-
que decisión toman. Desde o ente publico destacan a boa disposición da empresa para atopar unha solución axeitada xa que “é a xente maior con dificultades de movilidade a que faría uso do mesmo”, recordaba o edil nacionalista. En caso de que
Medidas O tenente de alcalde explicaba que desde o Concello adoptaron algunhas medidas para que faciliten o paso dos autobuses, pintando raias amarelas no principio e final do novo tramo. Estas medidas foron efectivas nun primeiro momento sen ningún problema para o transporte público.
quias de Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, A Valenzá, Finca Fierro e Piñor ao longo do ano. A exposición permanecerá aberta ata o 6 de xuño na sala de exposicións da Casa
promiso da Deputación de asumir parte do financiamento, o Concello está a negociar coa Xunta para o mesmo fin. O Plan de
Accesibilidade municipal foi elaborado por Cogami non só neste caso, senón para todo o territorio municipal.
Presentación do proxecto da plataforma elevadora.
da Cultura da Valenzá. A mostra leva por título “Exposición dos talleres de manualidades. Concello de Barbadás”.
Os horarios de visitas serán de luns a venres de 10 a 13 horas polas mañás e de 16 a 20 h polas tardes.
Alumnos dos cursos na mostra.
Reunión do presidente da Deputación, Baltar, co alcalde de Barbadás, Valcárcel, o tenente de alcalde, Fírvida, e a concelleira, Morenza.
A Deputación achegará a Barbadás máis de 300.000 euros 4 Incluídos nos próximos orzamentos da institución. Redacción A Deputación de Ourense comprometeuse a apoiar económicamente ao Concello de Barbadás. Nos próximos orzamentos do organismo provincial incluirán axudas cun importe superior aos 300.000 euros. Estas axudas investiranse no Centro de Saúde da Valenzá, o novo céspede artificial do campo de fútbol dos Carrís e a construcción dunha pista de patinaxe (skate). Así o fixo saber o presidente da Deputación, Manuel Baltar a unha delegación do concello de Barbadás integrada polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; o tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida e a concelleira de Infraestructuras, Vías e Obras e Urbanismo, Victoria Morenza, no transcurso dunha reunión celebrada no Pazo provincial. A aprobación inicial desta contribución concretarase nos próximos orzamentos, previsto para o mes de setembro. En canto ao ascensor para achegarse ao centro sanitario, superando a forte pendente, o Concello aportará arredor de 10.000 euros, e o ente provincial o que se precise logo de saber a can-
A Deputación aportará para o ascensor o necesario, unha vez se saiba o que poña a Xunta e o Concello -este sobre uns 10.000 eurostidade que porá a Consellaría de Sanidade. A obra do novo céspede do campo dos Carrís suporá un investimento de 190.000 euros, que se financiaría co convenio entre a Secretaría Xeral de Deportes, Deputación e o concello de Barbadás (que faría unha aportación que ronde os 40.000 euros). Skate E finalmente, a pista de patinaxe rondará os 72.000 euros. Novamente os entes municipal e provincial uniranse para sacar adiante o proxecto nun municipio que como di o tenente de alcalde de Barbadás dispón “da poboación máis nova da provincia e unha das máis novas de Galiza, xa que conta con mais de 2.500 mozos e mozas menores de 25 anos, entre quenes esta modalidade deportiva conta con grande aceptación”.
SOCIEDADE
14 librarías participan na Feira do Libro 4 Estará ubicada na rúa do Paseo ata o 4 de xuño, en horario de mañá e tarde. R. Torres 14 stands, de 14 librarías -catro delas de fóra de Ourense-, participarán na Feira do Libro de Ourense que estará ubicada na rúa do Paseo ata o domingo, 4 de xuño. Isto supón un incremento de catro casetas con respecto ao ano pasado. Este evento está encadrado dentro das Feiras do Libro de Galicia 2017. O lema deste ano é “A ledicia de ler” en homenaxe ao autor ao que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas deste ano: Carlos Casares. Durante estes días, as librarías saen á rúa ofrecendo unha ampla selec-
ción dos últimos títulos publicados, e cun 10% de desconto. As librerías presentes son: Pedreira, Arigató, Cartabón, Cortizas, Zampacontos, Nobel Burela, A serpe edicións, Espazo Lector Nobel, A Nova, La Viuda, Platero, Kathedra, Deputación e EDP. O horario de apertura será de mañá de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 18:00 a 22:00 horas. Programación Preto de 30 actividades celebraranse durante a feira. Contacontos, obradoiros infantís e espectáculos musicais (homenaxe a Casares) son algunhas
das propostas da nova edición da Feira do Libro de Ourense, que contará, entre outras, coas pre-
sentacións de José Ángel Valente. Cántigas de alén (Ouvirmos), nunha edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer; de Unha verdade amarga (Galaxia), de Celia Díaz; de Os donos das cinsas, de Benigno Yáñez (XVII Premio Risco de Creación Literaria); de Cartas da fronteira, de Xurxo Alonso (XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense); de Clara e o rapto do solpor, de José
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
Julio Fernández; e de Max e Lea (Hércules), de Estefanía Padullés.
Celebaranse preto de 30 actividades que irán desde sinaturas de exemplares ata un concerto
15
EN BREVE 4 Espazo Lusquiños O Espazo Lusquiños presentou o seu primeiro traballo discográfico. No disco aparecen 15 tema de nove bandas distintas (The Wolves, Connectica, As Roucas, Mamuxos, Roswell, Proudhom, Gorilas a pilas, Que fuentes?! e Clockwork. Todas elas ensaian no Lusquiños ubicado na avenida de Marín (A Ponte).
4 Bodegas
Docampo
As casetas estarán na rúa do Paseo ata o domingo, 4 de xuño. /RAMSÉS.
Bodegas Docampo convoca unha nova edición –a vixésima primeira-, do certame de fotografía “Viña do Campo”. O prazo de admisión de traballos remata o 15 de setembro. Cada participante poderá entregar un máximo de tres fotografías en cor ou branco e negro. Información en bodegasdocampo.com.
16
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
SOCIEDADE
Cursos de extensión universitaria para o verán 4 Serán sete os cursos ofertados. Redacción Retos e perspectivas do uso sustentable dos recursos hídricos; Empresa familiar: Goberno e Sucesión; Augas minerais naturais: como captalas, degustalas e aplicalas terapéuticamente; 700 anos da “Festa do Boi” e outros elementos do patrimonio inmaterial relacionados; A obra audiovisual, suma de talentos; A sociedade da información (III): Preocupacións educativas nun mundo dixital; e o Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e a da sidra. Estos son os sete cursos de extensión universitaria que se realizarán no verán grazas a “alian-
za estratéxica que ten a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense para o Campus de Ourense”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación dos mesmos. Pola súa parte, o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez dixo que se trata “dunha oferta moi achegada á realidade do noso territorio con temáticas vencelladas á auga, ao medio ambiente, ou mesmo ao sector empresarial”. Asemade destacou que estes cursos de verán, de extensión universitaria, saen das aulas da Universidade, “estendendo a universidade máis aló dos seus límites e das súas instalacións habituais
Os cursos realizaranse en Muíños, Celanova, Allariz e a Estrada porque queremos que o noso Campus sexa o de toda a provincia”. Os cursos percorrerán a provincia e fóra dela tendo lugar nos concellos de Muíños, Celanova, Allariz e A Estrada. Inscricións A matrícula para inscribirse nos cursos xa están abertas. Todos eles están dirixidos a toda a cidadanía tanto a que forma parte da comunidade universitaria como da que non.
Presentación dos cursos de extensión universitaria.
Sendas de Ourense Redacción Un total de 23 empresas presentan as súas ofertas para a redacción dos proxectos de 13 novas sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense. Todas elas suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros. Esta iniciativa, enmarcada na segunda fase do Plan de sendas de Galicia, ten como obxectivo que os
veciños de Ourense e do seu contorno poidan ter, canto antes, sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais. Zonas As sendas que a Xunta de Galicia inclúen neste proxecto son as de parques empresariais, A Ponte Sevilla, A Derrasa, Montealegre, A Medorra, Valdorregueiro, Reza, Paiseo, Rabaza, Perdigón, Santa Baia e As Vendas. Este plan, que chega a súa segunda fase, ten
como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular. Desde o Goberno autonómico estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, case 125 novos quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas.
Rapaces participando nunha actividade. /M. REJO.
Prosigue a Semana do Medio Ambiente 4 Cunha programación para toda a familia. Redacción As concellerías de Medio Ambiente, Xuventude, Educación e Participación Cidadá xúntanse para organziar a Semana do Medio Ambiente cunha programación lúdicas e formativas para toda
a familia. As actividades prolongaranse ata o martes 6 de xuño. Co lema “Conectando as persoas coa Natureza”. Moitas das actividades requiren inscrición previa, polo que se recomenda informarse a través da web municipal.
Programa Despois de varios días de actividades aínda quedan por celebrarse varias delas. Obradoiros, xogos, charlas, paseos en bicicleta, andainas, serán algún dos eventos. Os espazos serán moi variados. Centros educativos, parques, xardíns, o Botánico, asociacións de veciños, a aula da Natureza do río Miño, serán algunha das sedes onde discorrerá todo o programa. Xuventude A área de Xuventude ofrece un amplo programa para combatir o sedentarismo. O sábado, 3 de xuño, de 10 a 12 horas, “Inicio ao running” e “Foto en ruta” (de 10 a 13 horas); o domingo, día 4, ás 10 horas celebrase a andaina sen fume, con saída desde as Burgas; o 9 de xuño, “Camiñar na noite”, de 22 ás 24 horas; o 10 de xuño, Ourengym nos parques de 10 a 12 horas. Toda a información sobre estas actividades: ociourense.es.
OCIO E CULTURA
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
As Festas de Ourense collen forma
Actividades veciñais para este verán Redacción
4 Haberá un total de 21 concertos en catro escenarios. R. Torres As Festas de Ourense comezan a coller forma e o cartel está practicamente perfilado. Á espera de pechalo definitivamente xa se coñecen todos os concertos que terán lugar en Ourense do 24 de xuño ao 2 de xullo. Durante os próximos días desde o Concello irán dando a coñecer todas as actividades que terán lugar na semana das festas. Concertos Haberá un total de 21 concertos en catro escenarios (xardín do Posío, praza Maior, praza San Martiño e praza do Ferro). O día da inauguración, unha vez rematado o pregón, Iván Ferreiro será o encargado de abrir as actividades musicais co seu concerto na praza Maior (a partir das 22:30 horas). O luns 26 de xuño turno para “La edad de oro del pop español”, formación que fará un repaso do panorama musical español das décadas dos 80 e 90 do século pasado.
O día 28, mércores, actuarán na praza Maior os míticos Burning, cuns teloneiros previos dende as 22:30 horas. A formación madrileña -de xira por España- encabezada por Johnny Burning fará un repaso a súa extensa carreira. Sweet California será outro dos atractivos destas das Festas do Corpus; o trío actuará no xardín do Posío o 30 de xuño. Quen queira acudir a este concerto terá que pasar por taquilla, o custe da entrada será de 5 euros (anticipada en ticketea. com) e de 7 na billeteira. Ademais, o 1 de xullo, o Bulevar termal As Burgas acollerá o Enofestival Ourense. Ao escenario do evento acudirán Arizona Baby, ademais de MCarballo Band e The Limboos.
Burning estarán en Ourense o mércores 28 de xuño -praza Maior, 22 h-
O grupo Burnning actuará en Ourense o 28 de xuño.
17
Belén Iglesias (concelleira de Cultura), Jesús Vázquez (alcalde), Rubén Álvarez (organizador), e Antonio Carballo (Estrella Galicia)./RAMSÉS.
O Ourenrock Sound trae a La Raíz a Galicia 4 O festival celebrarase en Benposta os días 2 e 3 de xuño. Redacción O Ourenrock Sound chega a Ourense os días 2 e 3 de xuño cun cartel moi ambicioso. O grupo La Raíz fará unha única actuación en Galicia dentro do marco do festival ourensán. Concretamente será o sábado, día 3, a partir das 23:30 horas. En total serán 15 concertos en dous días. Esta cita musical foi presentada no claustro de San Francisco e estiveron presentes Antonio Carballo (representando a Estrella Galicia), Belén Iglesias (concelleira de Cultura), Jesús Vázquez (alcalde), e Rubén Álvarez (organizador). O venres, 2 de xuño, as actuacións serán por esta orde: Indomable, Outlines, 80 voltios, Zoo (presentan en primicia o seu novo disco), Boikot, Rebeliom do inframundo e Insolenzia. O sábado, 3 de xuño, tocarán Orquestra Pantasma; Noe Back, Proudhom, Maskarpone, os citados La Raíz, The Skarnivals, Dakidarria e Skandalo. Actividades Pero non só haberá música no Ourenrock.
O venres 2, ás 18 horas, abrirá as súas portas a primeira edición do da Feira do Viño Bodegas Reboreda Morgadío, que terá a súa continuación ao día seguinte (a partir das 13 horas). Para repoñer forzas instalaranse uns posto de venda de polbo. Outra das actividades será a dun taller de alfarería no que haberá tornos para que todo aquel que o desexe se poña mans á obra para realizar as súas propias pezas de barro. O taller estará aberto o sábado ás 13 horas. Prezo O prezo por día é de 20 euros. Porén está a disposición do público a opción de mercar un bono para os dous días. O bono é
A organización habilitará buses gratuítos desde a cidade a Benposta de 22 euros máis gastos de xestión -dous euros máis- se se merca por adiantado (na web do festival ou nos puntos de venda físicos adicados a tal fin), e de 30 euros mercando na taquilla do festival. Así mesmo, para os asistentes ao festival haberá autobuses desde a cidade ata Benposta; incluso o aparcamento de Expourense estará habilitado para poder aparcar alí, e subir en bus. Tamén haberá unha zona de acampada.
La Raíz actuarán o sábado 3 a partir das 23:30 horas.
A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha actividades nas diferentes asociacións de veciños da cidade co ánimo de fomentar a interrelación entre os veciños dos distintos barrios de Ourense nos meses de verán. Manualidades, novas tecnoloxías, artesanía e natureza e corpo e saúde son os catro grandes bloques temáticos desta iniciativa. Dirixida aos socios das diferentes asociacións de veciños da cidade, o prazo de inscrición pechará cinco días antes do comezo de cada actividade. Decaupage e Scrapbooking (Manualidades); Manexo de dispositivos Móbiles (Novas tecnoloxías); Doces e decoración de cupcakes, Leites Vexetais, Cosmética natural, Xabóns artesanais, Creación de velas e Poda (Artesanía e Natureza); Baile de verbena, Ioga en familia e Pilates (Corpo e saíde), son os cursos ofertados.
Cartel das Festas de Ourense Redacción Despois de presentarse 16 traballos, o xurado elexiu aos cinco carteis finalistas que optarán a ser o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017. Agora, estes carteis elexidos poderanse votar ata o domingo, día 4 de xuño. O que teña máis votos resultará gañador, pasando a ser a imaxe das festas, e recibindo unha dotación de 1.000 euros para o autor ou autora. “Ourense no corazón”; “Dori”; “Auga, pedra fogos e frores”; “Ourense vístese de festa”; e “Alegría” son as obras finalistas. Poden votar pola súa favorita na web ourensecultura.com.
18
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
IMAXES DO MES
Desfile da Guardia Real coas autoridades presidindo o acto./I. OSORIO.
Guardia Real
Os camións de comida instaláronse no xardín do Posío./MARICO.
II Food truck
A Guardia Real estivo uns días na provincia de Ourense. Para darse a coñecer á cidadanía realizaron numerosos actos por toda a xeografía ourensá, realizando paradas en Xinzo de Limia, O Carballiño, Ribadavia, Celanova, O Barco de Valdeorras e Verín, así como na propia capital. En Ourense cidade, realizaron un pasarrúas de movemento floreados, ademais dunha parada militar con xura de bandeira e desfile. Tamén ofreceron unha exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
A última fin de semana de maio celebrouse no xardín do Posío a segunda edición do Food truck. “Comida sobre rodas” que gozou dunha gran acollida o ano pasado, e que nesta ocasión tamén contou coa presenza de moito público. Durante toda a fin de semana, ademais de bocados de comida rápida, tamén houbo animación para os máis pequenos e para os maiores, pintacaras, animadores, inchables, sesión vermú e actuacións de noite a cargo dos grupos Soul&Roll, Pop-Eye e Blue Monk.
Gañadores do concurso Sabores de Primavera.
Autoridades antes da proxección “Contando a Carlos Casares” no Principal./RAMSÉS.
Sabores de Primavera
No salón de plenos do Concello de Ourense fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso de pinchos Sabores de Primavera. O premio do xurado foi para o GastroBar Sanmiguel, por “O atún e a primavera”; o segundo foi para Bacelo, por “Choco donut”; e en terceiro lugar quedou o Tapa Negra, co seu “Tesouro mariño”. Fuentefría, por “Mar vivo”, fíxose co premio do público, seguido de A Casa do Pulpo, co “Polbiño de rocha brasado” e Atarazana, con “Arroz de carabineiros”. O de Atarazana tamén se levou o premio pincho celíaco. O gañador da app #SaboresdeOurense foi o Fuentefría. Estímase que nos días do concurso (do 27 de abril ao 7 de maio) servíronse un mínimo de 3.500 pinchos.
Día das Letras Galegas
Ourense foi o epicentro do Día das Letras Galegas deste ano. Ao estar adicadas no 2017 a un escritor limián Carlos Casares toda a provincia volcouse coa celebración de inumerables actos. Así, Xinzo de Limia acolleu, entre moitas outras actividades, o principal acto da celebración deste ano. Pero a capital ourensá tamén tivo o seu protagonismo. Exposicións, actos institucionais e mesmo un documental foron algunhas das iniciativas que a cidade ofreceu para aproximar ao público a figura de Casares. O documental “Contando a Carlos Casares” proxectouse no Teatro Principal contando cunha gran afluencia de público.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
19
20
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
DEPORTES
Vodas de ouro do Rali de Ourense
O Ourense C.F. ascende a 3ª Redacción O Ourense Club de Fútbol será equipo de Terceira división na tempada 2017-18. O conxunto de Fran Justo, despois de encadear 12 vitorias consecutivas, logrou sobrepasar na clasificación ao Arenteiro trala disputa da penúltima xornada. Os albinegros dependían deles mesmos para lograr o ascenso. E tiveron que sufrir no derradeiro encontro, diante do Gondomar, no que comezaron perdendo. Pero na segunda parte deron a volta ao marcador con goles de Gallas e Xinzo para levarse tres puntos que valen a subida á seguinte categoría. A outra cara da moeda viviuna o equipo do Carballiño. Logo de estar en postos de ascenso durante toda a Liga chegou á xornada 38 sen depender de si mesmo para subir. A súa vitoria ante o Portonovo, 4-3, non foi suficiente e aos de Manel Vázquez quédalles diputar unha promoción, co terceiro do grupo norte, para ascender. Porén deberán agardar a que o Rápido de Bouzas logre o ascenso a 2ª B para que poidan ocupar a súa vacante.
Xogadores festexando o ascenso.
4 Este ano disputarase os días 9 e 10 de xuño. Redacción
Saída da carreira absoluta no Couto. /RAMSÉS.
Sin rivales no Couto para Rubén Diz 4 Venceu na segunda xornada do Correndo por Ourense. Redacción O atleta Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o vencedor -con absoluta autoridade- da segunda carreira do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense. Diz (18:24 minutos) aventaxou en case un minuto ao segundo clasificado, José Manuel Corral (19:20 minutos). O atleta do Atletismo Arenteiro superou no sprint final a Pepe Márquez (Adas) que chegou dous segundos máis tarde. Na cuarta posición, un emerxente Ziad Nagihi parou o crono nos 19 minutos e 24 segundos. Completaría o top 5, o atleta do Ourense Atletismo, Julián Romero (19:42 minutos). Con estes resultados lideran a clasificación do circuíto Luís Iglesias (vencedor da proba do
Vinteún e sexto no Couto) e Rubén Diz (primeiro no Couto e non participou na do Vinteún), ámbolos dous cun punto. Mulleres En mulleres, Iria Fernández (Adas) deu un paso máis afianzando a primeira posición entre todas as féminas. Ao igual que no Vinteún, no Couto volveu ser a primeira en liña de meta. Fernández logrou completar a carreira en 23 minutos e 5 segundos. Con Sonia Teijeiro ausente, a segunda posición foi para Ana María Ocampo (Burgas Atletismo); o seu tempo, 23:19 minutos. O terceira posición foi para Vicky Losada (Burgas Atletismo), cun tempo de 23:26 minutos. Cuarta remataría Ana Belén Losada (Burgas Atletismo) con 23:42 minutos, e quinta Uxía Rodríguez (CD La Purísima) realizando a ca-
rreira en 24:53 minutos. Resto de categorías Esta proba destacou por gozar dunha moi boa participación, especialmente na carreira de pitufos. Os máis pequenos tiveron que saír en dúas quendas debido ao gran número de participantes. Entre todas as carreiras, no Couto competiron arredor de 700 atletas.
A Escudería Ourense presentou a 50ª edición do Rali de Ourense. Unhas bodas de ouro que queren celebrar por todo o alto. Na presentación desgranáronse todos o segredos desta edición, que ten coeficiente 1.2 tras ser declarado mellor rali de España en 2016. Durante o acto desveláronse os tramos desta edición que serán 10 cun total de 607,40 quilómetros (213,94 km cronometrados). Un dos momento máis emotivos do acto de presentación desta edición foi a homenaxe que se fixo aos vencedores das edicións anteriores. Varios deles estiveron presentes no acto. O venres abrirán o rali os tramos da Peroxa e Toén (dúas pasadas en cada un deles); e o sábado será o momento dos
de Esgos, Canón do Sil e Melias. Novidades Este ano suprímese o tramo espectáculo e rali pasa a disputarse en dous días. Ademais, o parque de asistencia estará ubicado na Cidade do Transporte e o reagrupamento será no xardín do Posío (anteriormente era no parque de San Lázaro). O shakedown pasará de Castro de Beiro a Ríoseco. Pilotos Estarán na saída do Rali de Ourense os máximos favoritos a levarse o Campionato de España de ralis. Como son Ares, García, e por suposto, aos irmáns Vallejo.
Serán 10 tramos cronometrados cun total de 213,94 km
Centro A seguinte parada do Correndo por Ourense terá lugar o 25 de xuño no centro da cidade (rúa do Paseo), ás 12 horas.
A seguinte parada do Correndo por Ourense será no centro o 25 de xuño (12 horas)
Foto de familia da presentación do 50º Rali de Ourense con autoridades, organizadores e ex gañadores do Rali en edicións anteriores. /RAMSÉS.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
21
22
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
4AXENDA Exposicións - Ata o 9 de xuño - “Pecha Aspas” de María Prada - Sala Alterarte - Ata o 18 de xuño - “Random Birds” de Helena de Medeiros Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 2 de xullo “Salvador Dalí, contador de historias” - Sala de exposicións Afundación Música - 1 de xuño - Concerto de Fee Reega - 21.30 h El Pueblo Café Cultural - 2 de xuño - Swamps - 21.30 h. - Café Cultural Auriense - 3 de xuño - Concerto de Diola e Bulta - 22.30 h - El Pueblo Café Cultural Teatro - 4 de xuño - “Arsénico por compasión” - 19.30 h - Auditorio Municipal - 11 de xuño - “Noemí Mazoy” - 19 h - Teatro Principal - 9 de xuño - “La novia de Don Quijote” - 21 h Teatro Principal - 16 de xuño- “El Padre”- 21 h- Teatro Principal Infantil - 2 de xuño - “Zapatos” Teatro para bebés - 18 h e 19 h - Auditorio Municipal - 4 de xuño - “Pum Pum” Teatro infantil- 12 h - Auditorio Municipal - 6 de xuño - Contiños con Susana - 18.30 h - Biblioteca Pública de Ourense Cine - 5 de xuño - Luns de filmoteca - 20.30 h e 22.30 h - Biblioteca Pública de Ourense - 6 de xuño - “Dioses” - 19.30 h - Biblioteca Pública de Ourense -10 de xuño - “A cidade dos nenos perdidos” - As Burgas Varios - 2 de xuño - XII Andaina solidaria nocturna e concurso fotográfico - 20.30 h -Oficina Provincial Cruz Roja - Do 20 ao 22 de xuñoXXIX Jornadas de Danza- 20 h- Teatro Principal www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Por onde se comezan os cestos (I) Escoller un bo pau non é doado, debe ser do pe, non de pola, que non teña nós, o carballo e retorto de seu, por iso compre ter paciencia para atopalo. Sempre é mellor ir ás chousas onde a fraga non estea moi limpa, nas fragas pechas os carballos tiran dereitos, cústalles ollar ó sol; “A fame fai listos ós fillos” díxome o papá aquela mañá de xaneiro, cando saímos cara a zarra dos de Xan para ver se atopabamos uns paus axeitados para facer cestos ou canastros dependendo do que se puxera a tiro do machado. Cando neva en Ribas do Asneiro é día de festa, non se pode ir á escola porque ó mestre entérranselle as patas do seu cabalo, e non da pasado. As casas e os camiños limpan a faciana, tapando a lama e a bosta das vacas, vese todo coma unha patena, as árbores agochan as polas e mudan o verde polo branco poñendo o traxe dos domingos, namentres O Asneiro baixa ledo debuxando un camiño de prata, fendendo o branco, facéndolle as cóxegas á nevarada. As chousas espidas do verde, visten os traxes de noivas e os prados semellan nubes brancas para xogar os anxiños do ceo, os rapaces facemos bonecos de neve todos cun garabullo na boca, porque son “americanos” gordos e con puro. O papá tamén estivo en América e mais, alí nacín eu, por iso cando falo o castelán chámanme caraqueño. Falar en Galego
“A patria é algo
moi importante, e se fai falta daremos a vida por ela”, din o curo e o mestre
seica di o mestre que é para os da aldea “polo mundo adiante falando galego non vas a ningures”, non vale para nada. Ao Avelino do Calviño un día preguntoulle o mestre que cantos “años” tiña, e él contestoulle que tiña dous da ovella, e por dicirlle así , debeu ser que non lle gustou que escachárramos todos a rir, castigouno de xeonllos toda a mañá ata a hora do recreo, mirando cara a foto de José Antonio. Eu non entendía ben que o alcumaran “el ausente” e na foto en letras grandes dicía “siempre presente”. Eu xa coñecía ben o sitio, que de vez en cando tamén me tocaba axeonllarme alí por algunha trasnada que fixera, na foto vese un tipo noviño moi ben peiteado, a min dáme moita mágoa, parece tan coitado o pobriño, seica o fusilaron en Alacante uns homes moi malos que eran “roxos” e que querían acabar con España. Sorte tivemos que veu o Xeneralísimo Franco, está do outro lado da mesa do mestre nunha foto máis grande, seica é galego do Ferrol, onde fixo a mili o papá, iso si, el fala moi ben o castelán e matou a todos os roxos porque lle axudou Deus para salvar á Patria. A patria é algo moi importante, e se fai falla daremos a vida por ela e por Deus, din o cura e mailo mestre, a min paréceme ben, se hai que dar a vida dáse, que o primeiro é salvarnos da venenosa casta dos xudeus e dos masóns. Mentres andaba a cavilar nestas lerias, xa chegaramos á tenza dos de Xan do outro lado do río, polo camiño de Codeseda, ao pasar a ínsula de Blanco, atopamos deseguida dous bos paus, un para facer un cesto pequeno e outro máis aquelado, que se daba ben as estelas podería valer para un canastro, tamén atopou un dereitiño
moi delgado para facer unha vara para falarlle ás vacas. Os paxaros quedos aproveitaban as raiadiñas do sol para quentárense. Albiscamos unha pega rabilonga, unha merla e un peto na póla dun bidueiro. A madeira do bidueiro e boa para facer os zocos, seica se traballa moi ben dixo o pai, os zocos son o mellor calzado para o inverno, non che entra a humidade, e son moi quentes se andas con zocos non colles sabañóns, claro que o Xosé Manuel de Segunda e mais eu cando vimos da escola descalzámonos e patinamos nos cristais de xeo na congostra do Prado de Carrón, é un segredo que temos entre os dous. De volta collimos cara o celeiro e o pai prendeulle lume ó forno para quentar os paus, de alí a un anaco meteu o máis gordo e deulle voltas ata que estivo quente, marcou as estelas cun fouciño, volveuno a meter ó forno, agardou un belisquiño e tirou del para a mesa de carpinteiro, despois foi turrando paseniño de cada unha das estelas onde lle fixera as marcas con moito tino para que saíran sen que esgazaran. O pau dou nove, aínda que para o canastro só fan falta oito, despois mandoumas tirar fora na neve para que arrefriara a madeira, repetiu a mesma operación co pau do cesto aínda que lle dou máis traballo porque ó seren estreitiñas rachan con máis facilidade, esfolou a vara que quedou branquiña sen nós e díxome rindo: -E pórtate ben non sexa que a vaias estrear ti.- El di así, pero non me zoupa nunca, aínda que as veces merézoas ben, “¡pérdense as que van polo aire” como di a avoa. Avelino Jácome [Continúa no vindeiro número]
Municipais agardando a imaxe de S. Roque. Ano 1965.
San Roque 16 de agosto de 1965. Cumpríase outro ano co voto a San Roque en sinal de gratitude por acabar coa peste que asolaba aquel Ourense de 1676. A corporación desfilaba en procesión baixo mazas desde a catedral ata a igrexa de Santa Eufemia do Norte. Os “guardias municipais” portaban a imaxe do patrono amparados pola música da banda. Ao remate da misa, unha opípara comida antecedía á homenaxe dispensada aos xubilados. Tempus fugit!.Cambiaron fondo e formas. Odiosas son as compa-
4HUMOR
racións pero moito máis detestables son os comportamentos que xerminan no revanchismo e que pretenden, sen éxito, acalar as voces de membros do corpo que discrepan, desde a legalidade, ante medidas que consideran irregulares. Perigoso hábitat, perfecto para que emerxa o despotismo e acurte as distancias entre arbitrariedade e discrecionalidade ata o punto confundilas e solapalas. Que San Roque interceda e que a lóxica dispoña!. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán
CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Maio de 2017
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 28 - Ano: XVI - Maio de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681. Ófrecese auxiliar de enfermaría para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 052 173. Ofrécese señora para coidar persoas maiores de día ou noite. Con informes e experiencia. Tamén para limpar. Tel. 669 434 330 (no whastap). Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Impártense clases individuais en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com ou 610 38 25 89.
Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.
INMOBILIARIA Vendo apartamento en praia América, a 5 minu-
tos da praia. Restaurado, bo prezo. Tel 636 422 497 Alugo piso en Portonovo preto da praia. 3 habitacións e bo aparcamento. Tel 673 771 430. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense.Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524. Alugo baixo comercial no Centro Couto, acondicionado, duas plantas, 70 m2 utiles. 380 Eur. Tel. 636 32 95 24. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24.
Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Alugo habitación céntrica económica en Ourense. Tel. 687 134 387. Alugo apartamentos de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.
VENDAS Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Véndese botelleiro para bar, 3 bicis e dous lavacabezas seminovos para perruquería. Tel. 672 089 349. Vendo cociña de indución como nova (ideal para camping) e baúl de madeira e coiro. Tel. 626 297 504. Vendo colcha e dous manteis de ganchillo. Tel. 669 434 330 e 988 24 60 96. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63.
Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 338 473. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. Estrada de Santiago, a 10 quilómetros de Ourense. Tel. 658 056 922. Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar e barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Atendo whastap). Vendo sofá cama (faise cama de 80 cm) e mesa de centro. Tel: 661 932 749.
VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Regalo cadela pequena, raza crestado chino, só habería que pagar as vacunas. Tel. 606 42 25 43.
CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28. (Whastap as 24 horas).
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Maio de 2017