Skip to main content

Ouxb febreiro18

Page 1

Entrevista a Martiño X. Vázquez, candidato ás primarias de OueC [Páx. 3]

CIDADE

Páx.5

Aparcamentos en batería na rúa José A. Nieves Conde

BARRIOS

Páx.6

A AVV As Termas solicitan a reparación de beirarrúas

A VALENZÁ

Páx.7

Os Carrís cambiará o céspede de herba artificial

CULTURA

Pax.8

Alberto Canal presenta o seu novo libro

DEPORTES

Páx. 13

A selección sub20 española sucumbe ante Portugal en rugbi

O AVE, en marcha

[Páx. 4]

Un COB imparable

Folga na xustiza

[Páx. 2]

[Páx. 13]

Os funcionarios de xustiza, en folga indefinida.// Licitada a nova estación de autobuses e o aparcamento soterrado. // O COB xoga diante de Prat. /RAMSÉS e I. OSORIO.

Número: 47 - Ano: XI - Febreiro 2018 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón nunha semana. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

TEMA DO MES

ENTREVISTA A JOSÉ ANTONIO SOTELO, COORDINADOR DO CSIF EN GALICIA

“A folga foi consecuencia da actitude prepotente e dictatorial da Xunta” 4 Os funcionarios galegos de Xustiza continúan o seu paro indefinido á espera de que Alfonso Rueda tome as rendas das negociacións. R.T./S.N. O pasado 7 de febreiro deu comezo a primeira folga indefinida da historia de Galicia dos funcionarios de Xustiza, despois de tres meses de negociación e tres paros en decembro e xaneiro. Os principais motivos deste paro son que os traballadores públicos do sector xudicial denuncian sufrir discriminación salarial respecto aos doutras comunidades e reclaman, ademais, recuperar o perdido polos recortes sufridos durante a crise. Neste senso, denuncian diferencias de ata 10.000 euros ao ano, segundo o corpo, con outras autonomías; e perder de 3.000 a 10.000 euros de 2013 a 2016. Como consecuencia, os sindicatos reclaman unha subida lineal de 225 euros aos mes a aplicar en tres anualidades (2018, 2019 e 2020) para todos os corpos. Pero para a Xunta esta demanda – que implica un incremento de entre un 12 e un 16%- “é inasumible para as arcas públicas”. Así, dende o goberno galego achegaron unha oferta para tentar rematar coa folga. A Consellería de Xustiza, encabezada por Alfonso Rueda, comprometeuse a realizar unha subida de complemento autonómico transitorio de entre 816 e 1.080 euros ao ano, en función dos corpos, en dúas anualidades, 2019 e 2020. Trátase dun aumento de 660 euros ao ano para axuliares, 744 para tramitadores e 900 para xestores. No tocante ás baixas médicas, outra das recla-

Denuncian diferencias de ata 10.000 euros ao ano con outras autonomías

José Antonio Sotelo, coordinador do CSIF en Galicia e voceiro do comité de folga de Ourense, durante a concentración realizada este 1 de marzo na cidade./R.TORRES. macións dos funcionarios, polas que chegan a sufrir descontos de ata o 50% do soldo nos tres primeiros días -fiscais, xuíces e avogados non padecen esta condición-, a Xunta asegura que creará un grupo de traballo que estudie a supresión desta sanción; e mostrou o seu compromiso a crear máis de 40 novas plazas para cubrir vacantes. Pola contra, o departamento de Rueda non se posicionou sobre unha posible compensación dos recortes sufridos durante a crise e lembrou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a petición destes traballadores de cobrar o mesmo soldo que os seus superiores aos que sustitúen. Pero para os sindicatos estas medidas son “insignificantes” e xa suman tres semanas de paro, respaldado por máis do 80% dos traballadores do sector, que ocasionaron ata o momento a suspensión de ata 8.000 xuízos e a denegación de 20.000 trámites. Negociacións As conversas xa comezaron en outubro, pero non chegaron a bo porto. “A

folga é un medio de expresar o noso rexeitamento ás súas propostas e á súa maneira de negociar”, explica José Antonio Sotelo, coordinador do CSIF en Galicia e voceiro do comité de folga en Ourense. Quen iniciou o diálogo foi o director Xeral de Xustiza, Juan José Martín, e incorporouse de seguido o director Xeral de Función

Pública, José María Barreiro. Pero o segundo semella que distanciou máis as posturas. “Dinamitou calquera posibilidade de avance. Non é un interlocutor válido porque está separando máis as posicións das partes e porque nós non somos funcionarios da Xunta, somos da administración de Xustiza dependente do Poder Xudicial”.

Da opinión de Barreiro o que máis indignou aos traballadores foi que asegurase que a solución para o persoal descontento era que se trasladase a outras comunidades. “Xa non é só un insulto, sae de todo raciocinio que diga algo así na mesa de negociación cos sindicatos que representan a 2.700 traballadores públicos. Por dignidade, tiña que ter dimitido”, sentencia o coordinador do CSIF. Unha dimisión que reclamaron todos os funcionarios en folga. Como consecuencia, os sindicatos pasaron a esixir que sexa directamente o titular da Consellería de Xustiza, Alfonso Rueda, o que se poña á fronte da negociación. Rueda, nos últimos días, comprometeuse a facelo se deteñen o paro durante as conversas. “Algo que obviamente non imos facer. Pensamos que como titular da consellería ten que poñerse á fronte directamente polo seu propio cargo, máis cando a negociación se enquistou tanto e durante tanto tempo. Debe sentarse a negociar sen condicións”, di Sotelo.

“A folga foi consecuencia da actitude prepotente e dictatorial da Xunta. Despois de tres semanas de folga non imos a suspendela porque se precisamente Rueda fala de negociar é pola presión que estamos facendo”, insiste. Perxuízos Pero dende este colectivo non esquecen os danos que están a ocasionar. “Para nós non é grato ter que manter esta situación. Eu este mes non vou cobrar prácticamente nada porque só traballei 6 días e non realizo servizos mínimos. Sei que causamos un perxuizo pero teñen que saber que o maior daño é para nós”, explicou. “Evidentemente o dano que lles causamos a avogados e xuíces é elevado, porque facturan unha vez que obteñen a sentenza. Sei dalgúns bufetes que están facendo números para chegar a final de mes, pero teñen que entender que a folga é a consecuencia, non a causa, do conflicto”, lamenta. De momento continuará en toda Galicia o paro de xestores, tramitadores e persoal de auxilio xudicial, aos que recentemente se lles sumaron os forenses. A cada un deles descóntanselles de 60 a 90 euros do soldo por día de folga.

“O dano que lle causamos a avogados e xuíces é elevado”, lamentan

4 A proposta de Alfonso Rueda

4TRIBUNA ABERTA

Alfonso Rueda asegurou este 28 de febreiro que proporá aos sindicatos por escrito unha nova mesa de negociación á que acudirá persoalmente se non continúa a folga mentras se desenrolan as conversas. “Por parte da Xunta sempre houbo vontade negociadora, e agora queda máis patente que nunca”, di. En canto á oferta económica plantexada (que a Xunta calificou anteriormente como definitiva) o titular galego de Xustiza non descarta que aumente. Pero lembroulle ao comité de folga que “a Xunta negocia

O colectivo dos avogados está a ser posiblemente o máis afectado e perxudicado pola prolongada folga de xustiza en Galicia. Desde que comezou a folga suspendéronse miles de xuízos. Ata o propio día fixado, o avogado non sabe se o seu xuízo se vai celebrar ou suspender; e se é nunha cidade diferente á da súa residencia as molestias multiplícanse. Así como cando o cliente ou unha testemuña teñen que pedir o día no seu traballo para asistir e logo suspéndeno. Entendo que as reivin-

Alfonso Rueda. cos rescursos públicos”, procedentes dos “impostos pagados polos cidadáns”. Así mesmo, lembrou os perxuízos que están “sufrindo os galegos” con esta folga, e insistiu en que “se hai vontade de negociar, non debería haber excusas”.

Como afecta aos avogados dicacións dos funcionarios teñen o seu sentido. As súas peticións en cuestión de dereitos parecen razoables, xa que fundaméntanse, en gran medida, en que a xustiza necesita un investimento importante e un aumento de persoal e de medios para poder ofrecer un servizo axeitado ao cidadán, e isto é unha necesidade que todos os operadores xurídicos coñecemos. Por iso, é desexable que as partes poidan reunirse con boa predisposición e acadar un acordo canto antes, en beneficio de todos. Jorge Encinas, avogado


ENTREVISTA

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

ENTREVISTA A MARTIÑO XOSÉ VÁZQUEZ, CANDIDATO ÁS PRIMARIAS DE OURENSE EN COMÚN

“É unha responsabilidade e un compromiso moi grande que se amplía catro anos máis” 4 Falamos co voceiro de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, da súa candidatura ás primarias da formación, así como do mandato actual. R. Torres O edil e voceiro de Ourense en Común no Concello de Ourense, Martiño Xosé Vázquez, fálanos da súa candidatura ás primarias da formación para ser o candidato a alcaldía de Ourense en 2019. Fuches elixido para ser candidato ás primarias de Ourense en Común. Cales son os seguintes pasos? Martiño Vázquez: “A asemblea valídame para presentarme a alcaldable do proxecto político de Ourense en Común, pero aínda non son o candidato formalmente. A asemblea considera que reuno os valores, pero teño que ser refrendado pola maioría das persoas censadas na formación. Cando iso suceda terei que traballar no deseño dun proxecto político que teña un equipo que me acompañe nunha eventual candidatura en maio de 2019. Ese proxecto terá que ser refrendado en outono deste ano e competir con outros candidatos que se queiran presentar”. É unha responsabilidade. M.V.: “É unha responsabilidade e un compromiso moi grande que se amplía catro anos máis. Xa non é participar no proxecto no que cres, se non que, en certa medida é encabezalo e diseñalo. A gran diferenza co de 2015 é crear un proxecto político renovador con xente moi ben preparada e que sexa quen de levalo cara adiante. Supón pre-

sentar un plan que poida gobernar Ourense e que poida -como xa se vé que se fai noutros lugares como Barcelona, Santiago, A Coruña, Madrid ou Zaragoza- gobernar de xeito diferente e poña, por fin, ao Concello de Ourense ao servizo das persoas e non doutros intereses”. Que te levou a dar este paso? M.V.: “Responsabilidade e compromiso con Ourense en Común. E se che digo a verdade, o elemento definitorio é porque se non o facemos nós non o vai facer ninguén. Poño os datos enriba da mesa: na provincia de Ourense, nas últimas tres décadas emigraron 200.000 persoas. Ademais son dunha xeración -entre os 30 e 40 anos- que son o motor que faría que a provincia funcionara. De seguir así estamos condenados a ser unha residencia de maiores. Crieime aquí, teño a miña formación feita aquí, creei unha empresa aquí e coñezo á xente. Creo que é posible cambiar, porque temos capital humano. Coñezo a moitísma xente que podería aportar, ademais os recursos xa os temos”. Cales son os grandes obxectivos do proxecto político? M.V.: “Por unha banda é plural e de unidade, para manter a filosofía de 2015. Aberto, que permita que todas as sensibilidades estean recollidas, tanto de partidos políticos coma do tecido social e activistas. Que teñan unha canle de participación directa na política actual.

“Imos traballar en positivo para frear a despoboación, a emigración, coa activación de sectores económicos estratéxicos”, adianta Martiño

Martiño Xosé Vázquez, diante do Concello de Ourense, presentarase a candidato de Ourense en Común para as eleccións de 2019./RAMSÉS.

“A diferenza co de 2015 é crear un proxecto político renovador con xente moi ben preparada e que sexa quen de levalo cara adiante”, explica o actual voceiro de OUeC O elemento vertebrador no que máis vou a traballar é presentar un proxecto político transversal e solvente; é dicir, non abonda con criticar nin dicir que o están facendo moi mal, imos traballar en positivo para conseguir frear a despoboación, a emigración, a fuxida de materia gris de Ourense coa activación de sectores económicos estratéxicos, o desbloqueo de políticas urbanísticas e que toda a maquinaria da institución traballe poñendo en primeiro lugar ás persoas. Como? entre outras, implementando medidas como a renda social básica -que xa está funcionando na Coruña ou en Santiago de Compostela- e que este Concello é incapaz. Ourense é un Concello moi saneado, ten recursos suficientes como para poder afrontar esa renda social. Promoveremos que a prioridade sexa esa. Hai que poñer un parque de vivenda municipal a disposición da

sociedade, hai que sacar a Ourense do século pasado en materia de tratamento de residuos urbáns. Hai que modernizar Ourense”. Tendes tres concelleiros. Como o vedes de cara ás próximas eleccións? M.V.: “Eu vou estudar para un examen e tentareino aprobar. A chave é saber cales son as preguntas. Neste caso as preguntas ponas a cidadanía. Eu vou estudar o máximo posible para sacar Cum Laude. Nós estamos nunha corporación moi complicada. Veciños e veciñas de Ourense situáronnos como a última forza de toda a corporación e co inconvinte de que non podemos facer caer a balanza nin cara un lado nin cara o outro, nunca somos necesarios para aprobar nada porque o PP ou pacta co PSOE ou con DO. Con todo, fomos quen

de aprobar iniciativas, que para nós son fundamentais; como unha ordenanza de vivendas de emerxencia social, que fixo que as persoas que teñen acceso a esas vivendas non paguen os subministros se estás nunha situación de emerxencia. Tamén estivemos a piques de chegar a un acordo na reforma fiscal para bonificar por nivel de renda os impostos sobre bens inmobles (IBI), pero chegou DO e conseguiu que se rebaixara de forma lineal ao 20%, que se lle rebaixe por igual a Amancio Ortega que a unha persoa que te problemas para chegar a fin de mes”. Unha pregunta sobre

“A política de enchufismo que houbo e hai no Concello de Ourense é sangrante”, denuncia

este mandato. Como é posible que non se chegue a un acordo para aprobar o orzamento? M.V.: “Creo que a pregunta está mal formulada, xa que non se presentou un orzamento para chegar a un acordo. A única tentativa foi en maio do ano pasado, OueC sentouse analizou a documentación, e en canto o fixemos decatámonos de que era unha farsa, un copia e pega dos anteriores que non solucionaban o problema que eles mesmos apuntaban e polo que non se presentaron os anteriores: o capítulo de persoal. Eso era unha cobertura para que o alcalde poida dicir que non estivo a metade do seu mandato sen presentar nin sequera un borrador de orzamentos. O informe de intervención deunos a razón ao asegurar que eses orzamentos non eran viables porque non se adaptaban á intervención para reducir o capítulo de persoal como manda a nova lei. Así que nunca se puxo por enriba da mesa uns orzamentos. O Concello de Ourense ten tanta xente traballando sen saber en que postos... Así que a pregunta é: por que o goberno municipal pasou case tres anos sen aprobar unha relación de postos de traballo? Por que a política de enchufismo que houbo e hai no Concello de Ourense é sangrante. O nepostismo instaurado fai que o xefe de servizo de persoal sexa Javier Rodríguez Nóvoa, concelleiro do Partido Popular no seu momento, que non ten cualificación para desempeñar este cargo. OueC levou este caso aos tribunais e hai unha sentenza que di que este señor non pode estar desenvolvendo ese cargo porque non ten a cualificación”.


OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

CIDADE

Licitación para as vías e plataformas do AVE na estación de Ourense 4 Tamén sae a concurso a estación de bus. R.T. Os últimos días de febreiro foron de gran importancia para a futura chegada do AVE a Ourense. Por unha banda, ADIF licitou o contrato para adaptar as vías e plataformas, e pola outra, a Xunta saca a concurso a estación de autobuses. Vías e plataformas Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias de Renfe) aprobou no

seu consello de administación a saída a concurso do contrato de obras para a remodelación de vías e plataformas na estación Empalme, no barrio da Ponte, para que sexan compatibles coa chegada da alta velocidade. O orzamento para esta obra achégase aos 17 millóns de euros e será cofinanciado co Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O prazo de execución será dun ano. Estas obras suporán algunhas modificacións nas vías e

Para o verán de 2019 está previsto que rematen as obras da nova estación de autobuses e do aparcamento soterrado para 300 vehículos

Xunta Pola súa banda, a Xunta de Galicia publicara o día anterior no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación do proxecto para a construción da estación de autobuses por un prezo de 4,2 millóns de euros. Esta obra dará comezo este verán e rematará 12 meses despois. Á súa vez, chegará a construción dun aparcamento soterrado de 300 prazas (cun presuposto previsto de 7 millóns de euros) tendo que estar as dúas obras rematadas ao

4 Por prevaricación administrativa. M. Rejo

Francisco Rodríguez, exalcalde de Ourense polo PSOE. incapacidade para obter outros análogos no ámbito autonómico ou estatal” Os políticos inhabilitados consideran a sentenza inxusta e recurrirán ante a Audiencia Provincial. Defenden que actuaron no desenrolo das súas funcións públicas e mirando

bergará todas as dependencias propias dunha estación deste tipo, como consigna, oficinas, venta de billetes ou aseos. En total será 7.367 metros cuadrados e contará cunha glorieta. PSOE Para o voceiro do partido socialista, José Ángel Váz-

quez Barquero, a presentación da licitación das obras calificouna de “mentira”. Ademais, aseguraba sobre a actual estación de autobuses que o alcalde “enganou á cidadanía” xa que o que pretenden é “recalificala para aproveitamento lucrativo” e así axudar a “pagar as obras da intermodal”.

nos pasos soterrados, ademais da electrificación, seguridade e un novo edificio para o sistema electrónico.

Rodríguez, Soto, Varela e Carballido, inhabilitados A xustiza vén de condenar a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público a catro cargos do anterior goberno bipartito da capital: o exalcalde Francisco Rodríguez, os exconcelleiros Áurea Soto e Fernando Varela, e o exdirector xeral Xosé Carballido. Segundo a sentenza incurriron nun delito de prevaricación administrativa en cinco contratacións de asistencias técnicas entre os anos 2008 e 2013 para prestar servizos nas áreas de rehabilitación e urbanismo. Pola súa banda, foron absoltos Iolanda Pérez e Xosé Somoza. A inhabilitación comprenderá “os cargos de alcalde e edil ou cualquera outro de naturaleza electiva e ámbito local que implique participación no goberno municipal, coa

mesmo tempo. Para unha segunda fase quedará a adaptación da terminal e as actuacións para mellorar a integración urbana e a conexión entre os barrios da Ponte e do Vinteún. A estación contará con 16 dársenas e un edificio central de 700 metros que al-

polos intereses do casco vello e zonas deterioradas da cidade e sen ningunha mala fe ou intencionalidade. Pola contra, a fiscalía quere ampliar a inhabilitación para asuntos de calqueira índole urbanística.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, detallou a intervención para a nova estación de autobuses e o aparcamento soterrado./I.OSORIO.


CIDADE

Moción de DO sobre o xardín Xaponés

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

Aparcamentos en batería en José A. Nieves Conde

4 Pide licitar un novo concurso para La Central.

4 A proposta de Ourense en Común para a solución da dobre fila na contorna do colexio público Amadeo Barroso.

Redacción

Redacción

Democracia Ourensana defenderá unha moción no pleno de marzo coa que pretende recuperar de forma inmediata a posesión do terreo do xardín Xaponés e licitar un novo concurso da cafetería La Central. Desde a formación política confirman que o funcionario asesor xurídico do Concello de Ourense emitiu un informe o 26 de xaneiro, no que “era tallante sobre esta cuestión”, unha vez desestimados todos os recursos de reposición, tal como acordou a Xunta de Goberno local o día anterior (estando pen-

dente notificación aos interesados). Por todo iso, solicitarán que o Concello tome posesión inmediata da propiedade, impedindo a explotación irregular da actividade, e que se proceda a unha nova e inmediata licitación da devandita explotación.

Cafetería La Centran no xardín Xaponés. /R.T.

Ourense en Común leva ao próximo debate plenario a situación da rúa José Antonio Nieves Conde, no tocante á configuración do aparcamento e para a redución da velocidade na mesma. O vial, de dous carrís, que transcorre paralelo ao parque Anxelita Pa-

Desde OueC aseguran que se incrementaría no dobre o número de prazas de aparcamento

radela, entre as rúas Serra San Mamede e Carlos Velo, foi deseñado inicialmente con dobre sentido de circulación e aparcamentos en liña, e recentemente cambiado a un único sentido de tráfi-

co, sen mudar a distribución dos aparcamentos. O grupo apunta a que “se converteu nunha avenida de dous carrís sen ter en conta a contorna residencial e escolar na que se ubica, sen redutores

Coches en dobre fila na rúa José Antonio Nieves Conde.

de velocidade e sen considerar que a funcionalidade única desta rúa é a de aparcar”. A moción faise eco das demandas da comunidade docente e dos pais e nais do alumnado do colexio, que solicitan que se pase do actual modelo de aparcamento en liña a outro en batería diagonal; unha medida que duplicaría as prazas, poñendo solución á dobre fila e beneficiaría aos usuarios do centro educativo e tamén aos do Complexo Hospitalario de Ourense.


OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

EN BREVE 4 Albergue Ourense en Común alerta sobre a paralización das obras no futuro albergue de peregrinos e dos motivos para tal parálise, que o goberno municipal dí descoñecer “ou é que non queren saber”. Engaden que as obras iniciáronse en agosto de 2016 para dezasete meses, e “trinta meses despois están paralizadas”.

4 Progape O Concello de Ourense está a elaborar unha memoria valorada das actuacións que se levarán a cabo para mellorar as instalacións do albergue de animais. Así o sinala a concelleira responsable, Sofía Godoy, quen solicitou hai varias semanas a Progape un informe de necesidades nesta instalación, co fin de adecualas á nova Lei Galega de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia.

4 Otero Pedrayo A Xunta de Galicia adxudicou as obras da rúa Otero Pedrayo por un investimento de máis de 1,7 millóns de euros. Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, iniciarase no primeiro trimestre deste ano e rematará a principios de 2019. Executaranse dúas glorietas, a primeira no acceso ao Campus Norte e á parroquia da Asunción, e a segunda no acceso cara ao barrio da Rabaza.

4 Seixalbo A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio de licitación para acometer as obras de mellora no vial OU-105. Esta actuación contará cun orzamento de 780.503,26 euros, ao que hai que lle engadir os 25.865,73 euros de custe das expropiacións.

BARRIOS

A AVV As Termas solicita a reparación de beirarrúas 4 Nas rúas San Rosendo, Euloxio Gómez Franqueira e fronte á estación de buses. Redacción Ante as numerosas queixas recibidas por parte das veciñas e veciños, dende o colectivo veciñal As Termas, situado no barrio das vivendas sociais xunto a Estación de Autobuses, rexistraron o 7 de febreiro unha petición de reparación de varias beirarrúas da Ponte. Un escrito que pide a intervención en diversas beirarrúas da rúa San Rosendo, na Rúa Euloxio Gómez Franqueira, ou na beirarrúa frontal da estación de buses. Máis reivindicacións Despois do Entroido convocouse unha asemblea veciñal monotemática arredor da situación do barrio -foi o pasado luns 26 de febreiro-, sendo as veciñas e veciños quenes priorizaron e decidiron como actuar ante actuacións pendentes como o arranxo da pasarela peonil, os accesos á zona termal do Tinteiro, o futuro uso do solar da estación de buses ou a

eterna promesa incumplida do Bulevar Termal. Actividades En marzo a praza 200 continúa coa programación de actividades co obxectivo de dinamizar a convivencia e fomentar a participación no barrio. Entre as actividades están o de corte e confección, ioga e pilates, encaixe de bolillos, autocoidado e empoderamento, ademais de actividades de Cruz Vermella para nenas e nenos. Risoterapia A asociación tamén organizou este mes un obradoiro de risoterapia da man da Asociación Española Contra o Cancro.

A AVV As Termas tamén vén de mostrar o seu rexeitamento ao “xogo partidista” co solar da estación de autobuses, despois de levar ano anos pedindo transparencia e previsión co uso futuro do mesmo unha vez trasladada a estación

Xuntanza O día 24, sábado, os veciños do barrio celebraron un xantar de convivencia con xogos de mesa incluidos dentro dunha nova xuntanza veciñal.

Continúa o programa de actividades entre as que están ioga, pilates ou corte e confección

Grupo de veciños disfrazado na AVV Peliquín. /M.REJO.

Entroido en Peliquín É tal o crecemento da Asociación de Veciños Peliquín que este ano realizaron o seu particular entroido. Foi o luns, 12 de febreiro, cando ducias de veciños disfrazáronse para participar neste gran festa. Ademais, houbo un concerto de pandereteiras para todos os presentes. A diversión non faltou nunha nova actividade no Peliquín.

A Agrupación Miño reúnese co alcalde 4 Abordaron a situación do movemento veciñal. Redacción

Unha das beirarrúas deteriorada.

Denuncian “xogo partidista” co solar da estación Redacción

Unha actividade que tivo unha moi boa acollida por parte da veciñanza do barrio que duplicou as previsión de asistencia, polo que xa se está a traballar nunha nova edición.

a outra ubicación -xunto á de tren-. Este 15 de febreiro pediron por rexistro á Consellería de Infraestruturas que informara se o convenio asinado co Concello inclúe “aproveitamentos lucrativos” como di un informe xurídico municipal. Os veciños lamentan a pouca “altura de miras”

dos partidos ante proxectos que afectan a toda a cidade. Inciden en que non queren que quede abandonado “como ocorre coa cárcel vella”. Ademais, aseguran ter gardado no seu local un panfleto político de 2003 que xa facía promesas sobre o solar, polo que xa están “fartos de eternas promesas” que nunca chegan. “Ningún partido escoita, nin lles importa a opinión da xente, salvo cando hai eleccións cerca”, aseguran dende a asociación.

A agrupación Miño reuníuse co alcalde, o pasado 5 de febreiro, para abordar a situación do movemento veciñal ante a falta de axudas do ano pasado para actividades culturais e de fomento da convivencia e a participación cidadá. Miño conseguiu o compromiso de consensuar entre Concello e asociacións unhas bases de axudas que favorezan a realización de actividades para dinamizar a convivencia e fomentar a participacion en pobos e barrios en 2018. Ademais, recibiron o compromiso de facilitar os trámites burocráticos para as mesmas. AVV Peliquín Na asemblea ceral do 24 de febreiro a AAVV Miño abordou a inclusión dunha nova asociación, a AVV Peliquín, que sufriu

unha transformación nos últimos meses multiplicando o número de socios. Outros dos temas tratados na asemblea foron a aprobación da memoria e contas do ano anterior, a programación e orzamento para 2018 ou mesmo a situación do movemento veciñal. Xunta directiva Para Lorinda, presidenta da agrupación, este ano debe ser o de “consolidación da defensa do interese xeral dos veciños do rural e a periferia, consolidando actividades que prioricen o benestar e envellecemento activo” e o “firme compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero ou o fomento da participación”.

A Agrupación Miño conta cunha nova incorporación, a AVV Peliquín


A VALENZÁ

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

Barbadás consigna 100.000 euros para o campo dos Carrís

Folga do 8 de marzo Redacción

4 A Deputación achegará os 200.000 restantes. Redacción

condicións.

O Concello de Barbadás consigna 100.000 euros nos orzamentos para a reforma do campo dos Carrís. Pola súa banda, a Deputación de Ourense vén de confirmar que achegará os 200.000 restantes para completar o orzamento global do proxecto, que ascende a 300.000 euros e consiste na substitución do céspede no campo de fútbol 11 e no de fútbol 8 por un céspede de última xeración. Así mesmo, tamén se incluirá no proxecto a instalación dun muro axeitado que permita a utlización do campo anexo de fútbol 8 en perfectas

Deputación A Deputación vén de compromterse a aportar os dous tercios restantes do orzamento necesario. É dicir, o ente provincial aportará unha contía de 200.000 euros para este cambio de céspede de herba artificial nos Carrís. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron o 28 de febreiro no pazo provincial un convenio de colaboración entre ambas as dúas administracións, que cofinancian estas actuacións.

Un dos cans nunha exhibición de detección de droga agochada nos baixos dunha furgoneta. /RAMSÉS.

Barbacán Durante a pasada fin de semana, o 24 e 25 de febreiro, Barbadás converteuse no centro neurálxico das actividades para mascotas en toda Galicia. Na rúa Paseo dos Amieiros concentráronse a maioría das actividades programadas pola organización. Pechouse ao tráfico para poder presenciar unha exhibición de destreza, busca e rescate de membros do Servizo Cinolóxico e Remonta da Garda Civil de Ourense, ademais dunha pasarela de adopcións de cans e gatos. Tamén houbo charlas de temática como a conciencia social diante da adopción de peludos ou o abandono de cans e as segundas oportunidades. Un dos pratos fortes foi a celebración da quinta proba puntuable para a Liga galega de Mushing disputándose as categorías bikejoring, canicross, patín, relevos e canicross popular.

No vindeiro pleno do mes de marzo o grupo nacionalista, actualmente no goberno, leva unha moción para acadar de todos os grupos políticos o apoio á folga feminista do vindeiro 8 de marzo. O goberno de Barbadás, do que a nacionalista Ánxela González é concelleira de igualdade, aprobará a moción que insta a apoiar a convocatoria de folga e fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego. O obxectivo é que se apoie a folga e se visibilice a necesidade dunha reflexión colectiva en torno ás diversas situacións de discriminación da muller nos diversos ámbitos da vida. “Barbadás apoiará esta xornada de folga e desde o goberno animamos a todas as mulleres a que participen da folga convocada polo movemento feminista porque non podemos seguir aturando tanta discriminación e violencia”, explica González.

Premios do Entroido 2018 Redacción Mural de Rosalía na avenida de Celanova da Valenzá.

Barbadás conmemora o Día de Rosalía Partido nos Carrís, campo no que se realizará un cambio de céspede mediante a achega económica do Concello de Barbadás e a Deputación./ARQUIVO.

O Concello de Barbadás sumouse ás numerosas homenaxes que se fixeron en toda Galicia conmemorando o Día de Rosalía. O día 23 de febreiro, o alumnado saiu á rúa a recitar a Rosalía de Castro baixo o lema “Achégate a Rosalía”. Con esta iniciativa, o concello pretendeu achegar a obra da artista galega aos máis pequenos e animou toda a xente a recitar un poema da nosa autora máis universal.

“Os de sempre” foi a carroza vencedora no desfile do Entroido de Barbadás. Na categoría comparsas gañou “A tribu do Fonsillón”; no de parellas “Pedro e Pablo Picapedra”; e “Fauna” en individual.


OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

EN BREVE

Novo libro de Alberto Canal

4 A casa do

patrón

O vindeiro 17 de marzo ás 20 h terá lugar na sede da Agrupacion Cultural Queixumes dos Pinos, rúa da Saínza 26, a presentación do libro “A casa do patrón (O gran ecomuseo do mundo rural galego)” coa presencia do seu autor, o director do museo da casa do patrón Manuel Blanco Villar, que estará acompañado por Avelino Jácome colaborador na edición deste libro e asiduo articulista deste periódico.

4 É unha homenaxe ao Circo dos Muchachos. Presentación do proxecto “Ourense +”.

Ourense + Ourense é o único concello elixido para participar no programa Emprega Verde, dentro da liña de fomento do autoemprego no sector ambiental. Ourense + conta cun orzamento de 158.627 euros dos cales un 80% é financiado pola Fundación Biodiversidade e o FSE. O proxecto, cunha duración de 12 meses, ten como obxectivo principal o promover a cultura emprendedora verde entre a sociedade, apoiando as ideas e proxectos que propoñan emprendedores para converterse en realidades empresariais.

Redacción O escritor ourensán, Alberto Canal, vén de publicar a súa última novela: “O trapecista da malla de rombos”. A presentación da súa última obra tivo lugar no Liceo Recreo Ourensán ante varias ducias de asistentes. Este traballo de Canal

é unha homenaxe ao Circo dos Muchachos. “Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, O trapecista da malla de rombos rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións”.

4 Queixumes

dos pinos

Queixumes dos Pinos colabora coa Asociacion Cultural Ourensana Venezolana Alma Llanera para a celebración das Xornadas Interculturais que este ano chegan a súa cuarta edición o vindeiro 15 de abril. Este ano amplíase a participación para persoas de Senegal, Republica Dominicana, Colombia, Perú e Marruecos, que viven na nosa provincia.

4 Wikimaratón Ourense acollerá o 10 de marzo un ‘wikimaratón’ para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas. A Biblioteca Pública porá ao servizo de todas as persoas que queiran anotarse ao wikimaratón equipos informáticos e fondos bibliográficos, pero sobre todo a súa “vocación de colaborar coas iniciativas veciñais”, aseguraba Rosa Díaz Naya, directora do espazo público. A actividade dará comezo ás 10.30 horas.

O xurado do premio Clara Campoamor.

Premio Clara Campoamor O xurado da 12ª edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlle o premio a María Jesús Pato Díaz, profesora de Ensino Secundario, feminista, escritora, integrante da Real Academia Galega e unha das figuras máis relevantes e vangardistas da poesía galega actual. O xurado subliña no seu fallo que o traballo de Chus Pato “é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, sendo traducida a súa poesía ao español, ao inglés, ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, e ao árabe, entre outros, polo que a súa presencia está en todas as antoloxías internacionais”.

EN BREVE

4 Pórtico do

Paraíso

O Festival Portico do Paraíso celebrarase do 2 ao 11 de marzo. O gaiteiro Carlos Núñez ofrecerá o concerto inaugural na Catedral de Ourense. Tamén actuarán, entre outros, os suízos Arianna Savall e Petter U. Johansen, o Vida Guitar Quartet. Pechará a edición Antonio Serrano, no Teatro Principal.

Alberto Canal co seu novo libro. /RAMSÉS.

Presentación da ICC Week 2018.

Mikel Erentxun e Morgan, na ICC Week A “ICC Music” 2018, que se celebrará do 2 ao 5 de maio, traerá á nosa cidade a artistas como Mikel Erentxun e a banda musical Morgan. Na sesión “ICC Show Vermú” actuarán Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar DJ, enchendo así o apartado musical desta cuarta edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas. As sedes desta ICC Week alternarán entre os xardíns do Pai Feijoo e o Teatro Principal.

4 Amencer

4 Sustinea

O pasado 2 de xaneiro a Asociación Xuvenil Amencer foi declarada de Utilidade Pública pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sendo recoñecida como tal no número 14 do DOG do 19 de xaneiro.

“Eu cultivo e ti deixasme a terra”. Baixo esta premisa Sustinea pide a colaboración de toda a cidadanía ourensá, para colaborar en “Un rural para todos”, nome do proxecto ecosocial, cuxo obxectivo ten a recuperación de terreos en desuso e abandonados na cidade de Ourense, para a posterior creación de hortas ecolóxicas urbanas. O que Sustinea busca son terreos en desuso na cidade de Ourense e arredores para cultivar en ecolóxico. Para máis información chamar aos teléfonos 988782964 ou 604028876.

4 Cruz Vermella Familias acolledoras ourensás realizaron o pasado sábado, 24 de febreiro, unha xornada sobre prevención de accidentes domésticos e primeiros auxilios en bebés e nenos.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018


10

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

especial ENTROIDO

De arriba a abaixo, Verín, desfile de Xinzo e os felos en Maceda./BORIS, M.R. e R.T.

Desfiles do Carballiño, Celanova e Ourense ./RAMSÉS, A. MÍNGUEZ e M. REJO.

Verín, Xinzo e Maceda

O Carballiño, Celanova e Ourense

O Entroido na provincia de Ourense despídese ata o ano que vén. Durante varias semanas Ourense tinguiuse de festa para celebrar un dos mellores entroidos da península Ibérica. Na cita non faltaron os felos de Maceda, que foron os máis madrugadores en aparacer. Tamén estiveron presentes os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza e as pantallas de Xinzo. Os desfiles de Verín e Xinzo congregaron un gran número de público para ver as numerosas comparsas e carrozas, sempre moi creativas. Así mesmo, os felos percorreron os pobos de Maceda desde moi cedo na mañá do sábado.

O Carballiño, Celanova e Ourense tamén despediron os seus entroidos ata o próximo ano. A capital do Arenteiro pechou as súas actividades coa Festa da Cachucha, día no que, ademais, acolleu un desfile cos folións tradicionais da provincia e as comparsas premiadas no desfile do martes. Celanova tivo o seu día forte o sábado de Piñata, no que ata 58 comparsas e carrozas de toda a provincia déronse cita no desfile da vila de San Rosendo para pechar o ciclo entroideiro. Pola súa banda, en Ourense este ano houbo récord de participación no seu desfile do domingo, contando con 60 comparsas que encheron de cor as rúas da capital.


IMAXES DO MES

Café Quijano en plena actuación no Auditorio.

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

11

A Castiñeira foi un dos puntos de encontro na homenaxe a Rosalía de Castro./RAMSÉS.

Café Quijano fai repaso en Ourense

Homenaxes a Rosalía de Castro

A banda leonesa Café Quijano aterrou no Auditorio de Ourense para facer un percorrido dos seus 20 anos enriba dos escenarios. Cancións que xa son himnos como “La Lola”, “La taberna del Buda” ou “Nada de ná” mesturáronse con creacións do seu último disco (entre elas a do seu primeiro single “Perdonarme”). Manuel, Raúl y Óscar Quijano celebran estos 20 anos de traxectoria cunha xira que os levou ata a cidade das Burgas e na que o público puido comprobar que están en plena forma.

Numerosos foron os actos, en Ourense, para homenaxear a Rosalía de Castro, o pasado 24 de febreiro, con motivo do seu nacemento. Un deses actos foi o que realizaron o Grupo Rosalauria xunto coa Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, a Asociación Cultural Auriense e o o Colexio Cardenal Cisneros. Fixeron un roteiro que os levou desde A Castiñeira ata os xardíns do Padre Feijoo (pasando pola Leiteira), da cidade ourensán. Leeronse poemas da artistas ademais de adicarlle unha canción coa música de Mamma mia, de ABBA.

Manifestación organizada por Jusapol na cidade de Ourense./RAMSÉS.

Momento da ópera Aida representada no Teatro Principal./RAMSÉS.

Policías e gardas civís reclaman equiparación salarial

A ópera “Aida”, rotundo éxito no Principal

En España comezou o ano con manifestacións e folgas en diversos ámbitos laborais; e Ourense non é allea a esta corrente de reivindicacións. Unha das concentracións que reuniu a un maior número de manifestantes foi a que tivo lugar o 24 de febreiro convocada por Jusapol (asociación que reúne a Policía Nacional e Garda Civil). A reivindicación desta asociación é a equiparación salarial con respecto a outras policías do ámbito nacional. En Ourense, según a organización, congregáronse 2.000 persoas que foron da Subdelegación do Goberno á praza Maior.

O Teatro Principal de Ourense encheuse o pasado 25 de febreiro para gozar coa ópera Aida, de Giuseppe Verdi. Unha das óperas máis populares do compositor italiano que chegou ás táboas da cidade das Burgas da man da Orquestra e Coro da Ópera Nacional de Kishnau baixo a dirección de Nicolae Dohotaru, que completaron unha actuación que encadilou ao público ourensán. Aida conta a historia dunha princesa etíope que é capturada e levada a Exipto como escrava. Un comandante militar, Radamés, loita ao dividirse entre o seu amor por ela e a súa lealdade ao Faraón.


12

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

PROVINCIA

Recuperan áreas queimadas en Cualedro

8 anos e medio de inhabilitación para o alcalde de Xinzo de Limia Redacción A titular do Xulgado do Penal número 1 de Ourense resolveu, na súa sentenza do 1 de marzo, condear ao alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, como autor dun delicto continuado de prevaricación, impóndolle unha pena de 8 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cárrego público. O motivo desta sentenza é a contratación, a dedo, de nove persoas sen proceso selectivo algún. A sentenza ofrece a posibilidade de recurso de apelación perante a Audiencia Provincial. Antonio Pérez causou baixa do Partido Popular cando se abriu o caso oral desta causa. A pesar diso, o apoio do PP foi determinante para que continúe como rexedor en Xinzo de Limia.

4 A Xunta habilitou zonas para pastoreo. R.T. Visita do conselleiro de Educación ao mosteiro de Santa Cristina./M.REJO.

Obras en Santa Cristina 4 A Consellería de Cultura inviste 255.000 euros. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vai impulsar diversas actuacións de conservación e de mellora da acce-

sibilidade por valor de 255.529,72 euros no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada de Sil. As obras previstas, cuxa licitación do contrato se publicou o pasado 14 de febreiro no Diario Oficial

de Galicia, resolverán as patoloxías máis importantes do conxunto e mellorarán as condicións de seguridade nos percorridos turísticos. Xunqueira de Espadanedo O conselleiro achegouse tamén ao concello de Xunqueira de Espadanedo para visitar o conxunto monástico da localidade onde acaban de iniciarse as obras de reparación do aleiro da fachada oeste, por valor de 10.300 euros.

A Xunta de Galicia, a través de Medio Rural, destinou 143.000 euros para habilitar zonas de pastoreo en Cualedro co fin de recuperar áreas queimadas e, ademais, previr lumes. Deste xeito, construíronse dous pasos canadenses e, para facilitar

o manexo do gando, levantouse un curro, cunhas dimensións de 30x10 metros. Levouse a cabo con postes de carballo verticais, unidos por táboas horizontais, con cancelas de tubo metálico. Situáronse, así mesmo, tres bebedoiros para gando vacún e un pequeno galpón que sirve de refuxio para os animais fronte as inclemencias meteorolóxicas.

A zona de pastoreo conta con cabalos./RAMSÉS.


DEPORTES

España sucumbe ante Portugal

Un COB en plan campión

4 No partido de rugbi disputado en Ourense.

4 O conxunto ourensán leva unha segunda volta para enmarcar.

R.T. España caeu diante de Portugal no encontro preparatorio para o Campionato de Europa sub 20 de rugbi. A vixente campioa logrou a vitoria ante a actual subcampioa por 17 a 22 no partido disputado no estadio do campus de Ourense. O combinado nacional tentouno ante un conxunto luso que non viu perigar en ningún momento a vitoria. Pouco a pouco os visitantes fóronse distanciando no marcador ata lograr a vitoria. As gradas do estadio universitario estiveron abarrotadas de afeccionados. Campus Ourense O Campus Ourense

R. Torres

Imaxe do encontro entre España e Portugal disputado no campo ourensán das Lagoas./R.T. caeu esta fin de semana diante o Universidad de Vigo. Pola súa banda, o Keltia caeu eliminado na loita polo título diante do Ferrol.

O Rio Ourense Termal mudou de cara desde que aterrizaron no Pazo Davis Rozitis e Jhornan Zamora. Entre os dous aportaron do que carecía o equipo: intimidación baixo aros e liderato; ademais, fixeron quitarse a presión aos seus compañeiros que están máis enchufados desde que chegaron. Así, os Johnson, Manzano, Trist, Ahonen e compañía deron un paso cara adiante no que foi unha transfor-

Este venres 2 de marzo, ás 21 horas, COB - Prat no Paco Paz

mación total na dinámica do conxunto ourensán. Segunda volta Nesta segunda volta levan números de líder. En sete partidos suman seis vitorias -os dous últimos encontros da primeira volta tamén se saldaron con sendos triunfos-. Uns

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

número tan só ao alcance do líder, Breogán, e o terceiro, Prat. Prat Precisamente o Prat será o próximo rival dos ourensáns. Este vernes, 2 de marzo, os homes de Gonzalo García de Vitoria reciben no Pazo Paco Paz -a partir das 21 horas- ao conxunto catalán. Neste partido mediranse dous dos tres equipos máis en forma da competición. O COB xa venceu nesta volta a Breogán polo que é factible a vitoria deste venres. De acadala terían moi encarrilada a salvación e poderían mirar cara arriba.

Reggie Johnson, nun partido no Pazo./RAMSÉS.

13

EN BREVE 4 Atletismo Esta fin de semana, días 3 e 4 de marzo, a pista cuberta de Expourense acolle o Campionato de España sub 20 de atletismo en pista cuberta.

4 Fútbol sala O Ourense Envialia e Cidade das Burgas xogan a 19ª xornada de Primeira división na que as primeiras reciben nos Remedios ao Majadahonda este sábado a partir das 17 horas. O Cidade visita a Roldán.

4 Fútbol Na Rexional Preferente a Unión Deportiva Ourense alónxase do ascenso. Son sextos con 47 puntos a 8 do líder, o Estradense, e a 6 do segundo, o Bande. Este domingo 4 de marzo xogará ás 12 horas no Couto diante do Campo Lameiro. Por outra banda, na Terceira División, o Ourense CF marcha 11º con 37 puntos e o Barbadás, 19º con 22.


14

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

4AXENDA Teatro - 3 de marzo - Estrea de “Senior” - 20:30 h Auditorio Municipal - 7 de marzo - “El lunar de Lady Chatterley” - 20:30 h - Auditorio Municipal - 16 de marzo - Contos na Lareira - 21 h - Auditorio Municipal - 17 de marzo - Jeff Toussaint “El Hipnotista” - 21 h - Auditorio Municipal Exposicións - Ata o 3 de marzo - Exposición de Largo Torres Pato “En estado puro” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 4 de marzo Exposición de Quessada “Sociedade e represión” - Sala de exposicións Afundación - Ata o 8 de marzo - Exposición de Lucía Espino Alvarado e Tano Salvia “ComtemporáneA” - Parque Náutico de Castrelo de Miño - Ata o 18 de marzoExposición “In tempore sueborum”- Centro Cultural Marcos Valcárcel, igrexa de Santa María Nai e Museo Municipal - Ata o 1 de abril - Exposición de Tareixa Taboada “Zoon Politikon” - Museo Municipal - Ata o 29 de abril - Exposición de Baldomero Moreiras “O eco das amazonas” - Centro Ánxel Valente Música - 2 de marzo - Concerto de Carlos Núñez “Festival Pórtico do Paraíso” - 21 h - Catedral de Ourense - 2 de marzo - Concerto de Vida Guitar Quartet “Festival Pórtico do Paraíso”- 20.30 h - Liceo de ourense - 8 de marzo - Lisa Hannigan e Alondra Bentley “Festival Voces Femininas” - 20.30 h - Teatro Principal - 25 de marzo - “Dr Queen” homenaxe a Freddie Mercury - 19 hAuditorio Municipal www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

O rei das artistadas Pendurado do ceo aquel fío, abaneando queimaba no chan os fentos e as estrugas, como se a lingua do demo pacera no Pontón da Pena, un círculo de morte negra fumegaba cun chiscar xordo que facía doer os oídos. Aquela mañá de xeada, da xeada de Ribas do Asneiro, espetando as pedras do camiño no fondo das rodeiras dos carros, mentres viste de cristal as fochancas das pisadas das vacas que encheu a choiva de onte. Estarricado no camiño onde comeza o prado de Mouriscade, espeitolado, coa camisa branca e

a chaqueta negra rachada nunha manga, os ollos abertos mirando sen ver os cables da Alta que lle soltaron a couce asasina cando acertou, coa lazada do alambre que botou dun cabo cunha man sen soltalo outro, para non fallar naquela xogada macabra na que cismara moitas veces, pero que atrasaba agardando, se cadra, unha pinga de felicidade co fixera mudar de idea; escolleu o cableado da vía do tren porque están pretos os cables, así o tempo é curto e a morte urxente, case que non sentida da presa que se dá. Un xeito limpo, unha artistada mais do rei das

Criou unha coida por fóra para agochar a fraxilidade de dentro, como os cristais de xeos, duros mentres non dan as primeiras raiadas de sol

artistadas, que ben pode roubarlle un capón ao cura, ou unhas perdices da granxa do I.C.O.N.A; ou de noite co tractor cazar uns coellos para convidar aos amigos a unhas paparotas na taberna de Alicia do Cruceiro ou na de Alfonso na Xesta; con esa mirada de neno traste que ve só por un ollo pois o outro é de cristal duro. O “rictus” da morte debuxa un sorriso na faciana mazada e denegrida pola forza da electricidade, o derradeiro aceno ao mundo que non entende. Criou unha codia por fóra para agochar a fraxilidade de dentro, como os cristais de xeo, duros mentres non dan as primeiras raiadas do sol que os derrete, a súa alma esta chea de doces sentimentos que non soubo partillar con

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

tra abaixo sen mirar onde piso, a lama salpícame o lombo ata a testa, pero nin me decato, sen parar paso por onde a casa do Castrelo, A de Teresa, e A Braña, subo polo carreiro da Fonte de Abaixo, chamado polo pai, antes de chegar á cima, xa o vexo saír coa picaña na man da corte de Abaixo dicindo: - Que pasou chiquito? Ampeando repítolle: – está morto! está morto!– e bótome a chorar, anícase como fai cando estou triste e séntase na pedra debaixo da figueira, colléndome no colo vaime aloumiñando e calmando, pouco a pouco cóntolle todo, vexo como vai mudando a faciana: os ollos húmidos, os dentes apertados. [Continúa no próximo número]

Avelino Jácome

‘Cartas de Amor’ reuniu os traballos de 120 escolares

Tardes de fútbol O campo Loña tiña o firme de sábrego mal pisado. As dislocadas liñas que delimitaban o seu perímetro, delataban a irregularidade dun terreo de xogo orfo de herba. Un alpendre construido en madeira, servía de vestiario para aqueles aguerridos deportistas doutro tempo. Era a finca propiedade do Sr. Suárez e localizábase onde hoxe se levantan as vivendas militares. Nas fotografías alí tomadas aparecen, cal pano de fondo, o Hospital Vello e o antigo cuartel da Garda Civil proxectado polo arquitecto Gulías. Hoxe, os edificios colonizaron o espazo adicado outrora a labranza. A afección acudía madrugadora, vestida co

ninguén, un xordo veleno que lle foi roendo os miolos, como as ratas rillaron a pomba que morreu na congostra do Penedo, ata que deixaron só un feixe de plumas cheas de lama, mentres aferra con rabia o desengano e as mágoas, suxeitando na súa man o frío fío por onde lle chega a morte, se cadra buscando a paz. Eu fico un anaco, non sei canto, alí, mirando nel como hipnotizado, reparo no pantalón de pana furado no xeonllo da perna dereita e no pé descalzo, fáltalle un zapato; estarricado paréceme mais grande aínda, un xigante derribado; percórreme un calafrío polo lombo ao pensar que estou alí, eu só cun morto e, entón, volvendo en min boto a correr cara a Fonte do Baño pola congos-

4 O certame foi organizado pola área de Educación. Redacción

O campo Loña. Ano 1922. traxe dos domingos, para sentar en zona de sombra e desfrutar coas escuadras que gozaron do Loña como campo local, casos do Nu-

mancia F.C, Burgas F.C e o Orense F.C. Tardes de futbol, paixón de multitudes! Fernando Valcárcel

O III Certame Cartas de Amor, no marco do programa de animación á lectura da Concellería de Educación, entregou o pasado 15 de febreiro os seus premios ás mellores misivas do total das 120 presentadas. Participaron alumnos e alumnas de 10 centros escolares de 6º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria da cidade. No acto de entrega de premios, que tivo lugar no salón de plenos,

participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, persoal da área de Educación, así como profesorado e familia dos gañadores. Premiados En canto aos gañadores, o primeiro premio foi para María Rey do IES Blanco Amor e o segundo foi para Paula Andrés do CPR Luís Vives. Así mesmo, recibiron mención especial Borja Blanco, do IES Prácticas, e Julio César Abreu, do IES Blanco Amor.


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Febreiro 2018

15

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 47 - Ano: XVII - Febreiro de 2018 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Tel. 685 56 46 81. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes sen traballar?. Só ten que abrir unha conta cun Broker. Investimento 10 euros. (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en victor_vgc@hotmail.es Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Dánse clases particulares

de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Ofrécese auxiliar con experiencia e informes para coidar enfermos polas noites en hospital e domicilio. Tel. 616 361 548. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outras ofertas para traballos distintos. Posibilidade de media xornada ou completa, interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres os sábados pola noite e o domingo durante todo o día. Tel. 988 255 963. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese rapaza respon-

sable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10.

INMOBILIARIA Alugo local. Rúa Sáenz Diez (zona centro comercial/salesianos). Acondicionado e a pé de rúa. 170 m2. Prezo: 750 Euros. Teléfono 625 515 818. Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Alugo praza de garaxe. Ampla e cómoda. Ao carón da praza do Couto. 55 euros. Tel. 636 329 524.. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco.

Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel. 638 678 381. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.

VENDAS Véndense tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272.

Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).

CONTACTOS Ofrécese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Febreiro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Ouxb febreiro18 by Periodico Barrios - Issuu