Skip to main content

Ouxb abril2017

Page 1

[Páx. 11]

O Couto acolle o 3 e o 6 de maio a XXIII Copa de Campións xuvenís TEMAS

Páx.2

Apertura de xuízo oral contra o ex delegado da Xunta

BARRIOS

Páx.4

Reformas no Polígono das Coiñás do Vinteún

A Ponte será un Ecobarrio [Páx. 4]

BARRIOS

Páx.5

2,4 millóns en rehabilitación e vivenda social

A VALENZÁ

Páx.7

As incidencias de Barbadás, a través da APP do Concello

CULTURA

Páx. 12

A XXII Miteu continúa ata o 6 de maio

[Páx. 8]

Obras no Claustro Sabores de Primavera

[Páx. 12]

A Ponte, primeiro Ecobarrio de Galicia. A Biblioteca e o Arquivo, avanzan. Comezou o concurso de pinchos Sabores de Primavera./R.T. e M.R.

Número: 27 - Ano: XVI - Abril 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Abril de 2017

TEMAS DO MES

Apertura de xuízo oral contra o ex delegado da Xunta 4 Rogelio Martínez está acusado dos delitos de malversación de caudais públicos, falsidade documental e fraude en subvencións da UE, cando era alcalde de Arnoia. Redacción Nun momento no que os casos de corrupción política ocupan páxinas enteiras de xornais e abren a miúdo os telediarios, atopamos recentemente entre os titulares a apertura de xuízo oral contra o que foi delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Pero non por feitos acontecidos cando ocupaba este cargo, nin tampouco de cando era vicepresidente da Deputación Provincial. Martínez explicará ante o xuíz as presuntas irregularidades na presentación en 1999 dun proxecto de construción dunha planta de biomasa no Concello de Arnoia, onde era rexedor municipal e presidente do Grupo de Acción Local “CEIVAM”. Esta infraestrutura era plantexada ao amparo do Plan Leader II, por un orzamento de 78.131,57 euros e finalmente non chegou a executarse. O popular está acusado dos delitos de malversación de caudais públicos, falsedade documental e fraude en subvencións da Unión Europea. A acusación popular (a cargo da Asociación polo Progreso do Ribeiro) considera que o ex delegado da Xunta sabía que os promotores da estación de biomasa non cumprían os requisitos para acceder ás axudas europeas. Con todo, o texto de apertura de xuízo oral decreta o “sobresemento” da acusación contra Martínez por un delito continuado de prevaricación, como solicitaban dende este colectivo. A denuncia realizouna inicialmente o BNG (que logo rexeitou continuar coa acusación), ao que se sumou o Partido Socia-

Unha das últimas asembleas celebradas polos socios do Ateneo./I.OSORIO.

O Ateneo, á espera da súa nova sede 4 Ata que pase á rúa Concello, utilizará unha sala do Centro Cultural Márcos Valcárcel.

Rogelio Martínez (no centro), cando aínda era delegado da Xunta en Ourense./RAMSÉS. lista. A Fiscalía, pola súa banda, pediu durante anos o arquivo da causa. Penas solicitadas Polo delito de falsidade en documento público, a acusación popular reclama 6 anos de prisión e unha multa de 24 meses a razón de 50 euros por día, ademais da pena de in-

habilitación especial por seis anos. Polo de fraude, pide 5 anos de cadea e unha multa de 6 veces a contía defraudada. E pola malversación de fondos públicos, reclama 6 anos de prisión e inhabilitación absoluta durante 10 anos. Subsidiariamente, unha multa de 12 meses a

razón de 50 euros ao día e inhabilitación especial para cargo ou emprego público e dereito a voto por 5 anos. Despois de 12 anos de instrución, a vista celebrarase na sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, pero aínda non hai data para a mesma.

4 “Non hai caso”, asegura Rogelio Martínez Rogelio Martínez, ante o coñecemento da apertura de xuízo oral, explicou que se atopa “moi tranquilo, moi ben porque o estaba desexando, que dunha vez se pechara isto e polo menos véselle o final. Hai apertura de xuízo oral, que espero se celebre á maior brevidade posible e co convencemento de que, como dixo a Fiscalía en 8 ocasións diferentes, como dixeron dous xuíces de Instrución e ata o propio denunciante que se

retirou do procedemento, non hai caso”. Ante o longo tempo de espera confesa que sinte que foi “non só xulgado se non tamén condenado mediaticamente”. Martínez entende que nun momento no que os casos de corrupción política son tan abundantes a sociedade é moi crítica, “simplemente por ter un cargo político considérase que xa es culpable ou corrupto”, pero asegura que “imos demostrar que non hai nada, que ninguén se aproveitou da súa condi-

ción para levarse nada. É bastante triste ter que demostrar a inocencia, pero non teño ningún problema”. Por último, se o caso remata como agarda non se plantexa volver á primeira liña política. “Eu fun en política todo o que puiden ser, quizais máis do que algún día puiden desexar, e seguirei acá dispoñible porque creo que aínda son novo para facer algo, pero non teño ningún interese ou obxectivo a curto ou medio prazo”, asegurou.

Redacción

na Galería Sargadelos.

O Ateneo tivo que entregar xa as chaves do local que ocupaba na avenida da Habana. Agora, durante os próximos 9 meses, aproximadamente, terá como oficina unha sala da segunda pranta do Centro Cultural Márcos Valcárcel, mentras agarda a conseguir a súa nova sede, no edificio que ocupa de momento a biblioteca pública na rúa Concello, cando esta última se traslade a San Francisco. Polo momento, o seu patrimonio atópase dividido, coa biblioteca en Vilamarín, os mobles nun baixo da cidade cedido por un particular e as esculturas nun local do Concello. E os seus 90 socios abonan 16 euros ao mes para financiar o soldo dunha administrativa e os gastos de funcionamento. Neste tempo, a institución cultural poderá realizar actividades en espazos cedidos, como reunións e conferencias no Márcos Valcárcel (sempre que a programación oficial do mesmo o permita) e exposicións

Plataforma Pro Ateneo Para que finalmente as autoridades accedesen a buscar un local público para o Ateneo (cando lle foi esixido o abandono da oficina provisional que tiña na Habana, para que a mesma fose sacada a poxa pública) foi imprescindible o labor que realizou a Plataforma Pro Ateneo, constituídas por 60 colectivos diferentes da cidade, que apostaron por unir forzas para impedir que esta institución pechase as súas portas danando a difusión cultural na cidade.

O Ateneo terá nova sede no actual edificio da biblioteca pública./R.T.


CIDADE

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

O expediente de información pública do tramo EirasvedrasQuintela, aprobado

PSOE e OUeC consideran insuficiente o proxecto de orzamentos do Estado

DO e PSOE aproban a dimisón do alcalde

4 Esixen melloras para o desenvolvemento de proxectos esenciais para Ourense.

4 Cun orzamento de 30 millóns de euros.

Redacción

Democracia Ourensana solicitou nun pleno extraordinario celebrado o 12 de abril a dimisión inmediata do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, por unha continua actitude de “procastinación” ao non resolver un total de 27 tarefas no que vai de mandato, entre as que Gonzalo Pérez Jácome citou a falta de PXOM ou de orzamentos. A demanda foi aprobada cos votos a favor do PSOE, pero a decisión non é vinculante. A esta sesión non acudiron os tres edís de Ourense en Común, porque rexeitaban participar no “show mediático” de Jácome, e fixeron fincapé en que estas accións só serven para “aumentar o ego de quen é alcalde, pero incapaz, e de quen é incapaz de ser alcalde”, referíndose aos líderes de PP e DO. O socialista Vázquez Barquero destacou en relación ao PP o “desgoberno, a desidia, frivolidade, falta de liderazgo e a claudicación ante proxectos estratéxicos”. Pola súa banda, José Araújo defendeu ao PP asegurando que DO viaxa a bordo dun barco de “oito alturas” (en relación ao seu número de concelleiros) cun “capitán que seguen sen valer para nada”. Do PSOE lamentou que se sentara a negociar unha moción de censura “na que Jácome quería arrasar con todos”.

Redacción O Ministerio de Fomento, segundo publicou este 27 de abril o Boletín Oficial do Estado, aprobou o expediente de información pública do proxecto do primeiro tramo da variante Norte de Ourense, entre as ligazóns de Quintela e Eirasvedras. Esta actuación, que está incluída no trazado da autovía A-56 entre Lugo e Ourense, ten un orzamento de licitación de obra estimado de 30,2 millóns de euros. Características O primeiro tramo da variante Norte de Ourense (A-56) terá unha lonxitude de 1,7 km e iniciarase na ligazón de Quintela, onde

conecta coa N-120. Está previsto desenvolver unha conexión no punto quilométrico 572 da N120, á altura de Tarascón. O tramo de estrada finaliza na contorna da actual ligazón de Eirasvedras coa autovía das Rías Baixas. O trazado proxectado da Variante Norte de Ourense é o tramo final da Autovía A-56 de Lugo a Ourense, punto no que enlazará coa A-52. A estrutura máis destacada será un novo viaduto en Quintela que permitirá o paso sobre o ferrocarril e sobre a propia N-120. Tamén se proxecta unha ponte sobre o río do Porto e un paso inferior.

Plano do proxecto da variante Norte de Ourense.

O Partido Socialista califica como insuficiente o proxecto de orzamentos do Estado presentado polo PP e esixe melloras para o desenvolvemento de proxectos esenciais para o futuro de Ourense. Para o voceiro municipal do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero, “este proxecto de orzamentos prevé unha redución de aproximadamente un 36% da inversión prevista no 2016”. Ademais non ten claro que a inversión vaia a ser real, recordando que o alcalde pedía que “a inversión prevista non se quede no papel”. Para o voceiro socialista a provincia está a “vivir un proceso de lenta pero continua agonía, que xa empeza a afectar á capital”, e mostra diso son os “datos de despoboación”. Trámites Por iso cren, que o proxecto de orzamentos debe dar un xiro nos trámites que a deputada no Congreso por Ourense, Rocío de Frutos, vai presentar a través de emendas. De Futos as presentará a nivel provincial, e no tocante a Ourense cidade reivindicará melloras en proxectos estratéxicos e actuacións imprescindi-

José Ángel Vázquez Barquero, voceiro do PSOE. bles como a chegada do AVE, a rehabilitación do Museo Arqueolóxico Provincial, o Bulevar Termal ou a Variante de Eirasvedras, entre outras iniciativas. A deputada socialista quere que se amplíe a partida orzamental en Ourense e se equipare á de 2016, cando andaba polos 100 millóns de euros. Ourense en Común Pola súa banda, Ourense en Común cualifica como “pírrica” a asignación prevista para a variante exterior, que “non garante a súa execución, sendo unha actuación fundamental para Ourense”. O grupo engade que os 100 millóns previstos para acondicionar o trazado tradicional “poñen de manifesto que non

existe un interese real en desenvolver o proxecto. A solución provisional do PP pode ser a solución definitiva e sería un erro e unha traizón histórica, seccionando a cidade”. Alega que ademáis “non hai unha partida asignada para a execución da estación intermodal”. A defensa do Museo Arqueolóxico Provincial centra outra das emendas, na que se solicita “un investimento digno” para que este equipamento “saia do desleixo de décadas pechado por unha reforma”.

O AVE, o Museo Arqueolóxico e o Bulevar Termal, entre as emendas

Redacción


OURENSE POR Barrios Abril de 2017

BARRIOS

Reformas no Polígono das Coiñás 4 Mediante un convenio entre Xunta e Concello de Ourense. R. Torres O Concello de Ourense e a Xunta de Galicia asinaron un convenio polo que se desenvolverá a primeira fase do Plan Integral de Mellora de Infraestruturas no Polígono Empresarial de As Coiñás, dotándoo cunha inversión de 700.000 euros. No acto de sinatura participaron o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Precisamente, o rexedor ourensán agradeceu á asociación de empresarios de As Coiñás “a súa paciencia por demasiados anos esperando esta actuación, tan necesaria en materia de accesibilidade e seguridade nunha zona con 21 empresas que dá emprego a medio millar de persoas e garantiza que eses 500 empregos se sigan mantendo na nosa cidade”. Jesús Vázquez quixo deixar claro que “aquelo que algúns viron que era imposible, finalmente sí

era posible. E algúns que chegaron a negar en pleno a posibilidade de que se puidera facer, agora verán que era factible, grazas á colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, aquí representada polo seu titular, Francisco Conde”. Reformas Con este proxecto reformaranse as infraestruturas existentes máis necesarias, posibilitando así melloras substanciais, tanto desde o punto de vista da mobilidade, como de seguridade e servizos. Así, a adecuación contempla a reposición da pavimentación, saneamento, abastecemento, alumeado público, telecomunicacións e sinalización.

A inversión ascende aos 700.000 euros

Firma do convenio entre o concelleiro de Industria, Francisco Conde, e o alcalde de Ourense. /RAMSÉS.

Panorámica do barrio da Ponte, onde se levará a cabo o Ecobarrio. /M. REJO.

Ecobarrio favorecerá na Ponte o aforro enerxético 4 A 20.000 fogares e edificios públicos. R.T. O anunciou o presidente da Xunta de Galicia. Alberto Núñez Feijoo avanzou que o Goberno autonómico desenvolverá en Ourense o primeiro ecobarrio, que permitirá facer máis sustentables e eficientes os concellos galegos no horizonte 2020. Así o explicou tras unha xuntanza en Bruxelas co comisario de Enerxía e Clima, Miguel Arias Cañete. Iniciativa pioneira -so se está a levar a cabo nunha rexión francesa- prevese que se desenvolva conxuntamente co concello ourensán -ten garantida xa algunha achega do Goberno central- encamiñada a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética a través da xeotermia e da biomasa. Os beneficiarios deste aforro enerxértico serán 20.000 fogares e 35 edificios públicos da zona: colexios, estacións de

bus e tren, centros de saúde e unha praza de abastos, entre outros. Nos edificios privados se primarán actuacións naquelas zonas máis desfavorecidas; e, a nivel de barrio, o proxecto buscará sobre todo mellorar a iluminación exterior, promover o investimento para unha mobilidade sustentable e a creación dun “district heating” (calefacción de barrio) que permita abaratar custes de calefacción e quencemento de auga, tanto nos edificios públicos como privados, así como investimentos que optimicen os edificios con actuacións como a impermeabilización, entre outras cousas. Anteproxecto Núñez Feijoo explicou que se está a elaborar o anteproxecto co obxectivo de presentar no mes de xuño esta iniciativa. Ademais, Cañete mostrou o seu apoio á creación dun grupo de traballo no que tamén participen repre-

sentantes do BEI e o ICO, para fixar conxuntamente unha estratexia de financiamento, coa aspiración

Estase a elaborar o anteproxecto co obxectivo de presentalo no mes de xuño de poder contar co apoio de fondos europeos e coa colaboración do Plan Juncker.

4 Xeotermia O Concello e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital subscribiron un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez, polo Concello de Ourense, e Álvaro Nadal, pola banda de Enerxía, asinaron este documento, no que a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do ministerio, senta unha base sen precedentes na cooperación institucional e no posicionamiento de Ourense como cidade cun altísimo potencial enerxético. Para elo, crearase unha

comisión de traballo e seguimento entre ambas administracións para dinamizar conxuntamente e impulsar proxectos que contribúan á difusión e uso da enerxía xeotérmica en proxectos e plans innovadores de eficiencia enerxética e de enerxías renovables. Para o ministro, Ourense ten as características e o potencial necesario para se convertir “nun símbolo a nivel mundial do aproveitamento enerxético da xeotermia”, e agradeceu expresamente ao alcalde “a súa iniciativa política para levar a cabo o que será un fito para esta cidade, situándose como exemplo do tipo de política enerxética que require o futuro”.


BARRIOS

OURENSE POR Barrios Abril de 2017 EN BREVE

2,4 millóns en rehabilitación e vivenda social

4 Reparto inxusto da Praza de Abastos

4 Será o que destine este ano a Xunta para a cidade de Ourense. Redacción A Xunta de Galicia destinará este ano preto de 2,4 millóns de euros para vivendas sociais. Tanto para construción de nova vivenda como para rehabilitación, que terán a mesma finalidade de vivendas sociais. A pasada semana xa comezaron as obras na rúa Alejandro Pedrosa (Santa Teresita) da construción de inmobles con alugueiros asequibles para oito familias de Ourense; o investimento achégase aos 800.000 euros. O inicio dos traballos foi supervisado pola titular de Infraestruturas e Vivenda da Xunta, Ethel Vázquez, quen estivo acompañada pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, ademais do alcalde ourensán, Jesús Vázquez. A conselleira explicou que as vivendas son “inmobles duns 80 m2, con tres dormitorios, garaxe e rocho e acabados de calidade”. Ademais indicou

As obras das oito vivendas da rúa Alejandro Pedrosa teñen previsto un prazo de execución de 21 meses

Transporte público no rural Redacción Aproveitando a vista da conselleira Ethel Vázquez a Ourense, esta foi preguntada polo transporte público no rural. A titular de Infraestruturas asegurou que están a traballar nese sentido e asegurou que desde a Xunta pretenden concretar o Plan de tranporte. Por iso, Vázquez indi-

que o prazo de execución previsto é de “21 meses” polo que a principios de 2019 “estarán a disposición das familias”. Rehabilitación Xunto á creación destas novas vivendas, o executivo autonómico está a traballar na rehabilitación doutras que terán o mesmo fin. Así, Vázquez Mourelle vistou o arranque da rehabilitación do edificio na rúa Vilar, 1, que cun investimento de 400.000 euros, ofrecerá dúas vivendas públicas, dúplex duns 90 m2 e tres habitacións, destinados a alugueiros sociais. E avanzou que para o verán “se contratará a rehabilitación do número 14 da rúa Cervantes e o edificio Vilar, 3 e 5, ás que se destinarán case 1 millón de euros”. Plan Rehavita Este proxecto está contido no Plan Rehavita da Xunta, que plantexa como prioritaro a construción de vivendas sociais nas grandes cidades de Galicia. A titular de Vivenda salientou que estas actuacións “demostran a determinación do Goberno galego” por ofrecer fogares dignos “a quen máis o necesita”. Tamén salientou que “o Executivo au-

cou que se busca perfilar unha primeira fase no mes de agosto con liñas máis útiles “para os cidadáns, e atractivas para empresas”. Ademais, incidiu en que o servizo “está garantizado” xa que está “blindado por lei”. A conselleira lamentábase de que algún concello non respondeu á enquisa que se está realizando, o que supón non coñecer as necesidades reais.

Son pisos de 80m2 que contan con 3 dormitorios, garaxe, rocho e acabados de calidade tonómico está a apostar pola conservación e a revitalización da cidade de Ourense”.

Visitas ás obras dos pisos da rúa Alejandro Pedrosa por parte da conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez, xunto ao alcalde de Ourense./RAMSÉS.

Ourense en Común puido saber que o Concello cedeu á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos a distribución de espazos logo do seu traslado provisional, cuxa directiva pretende facer un reparto inxusto, co que algunhas praceiras perderán máis do 75% do volume co que contan. Miguel Doval, de OUeC, reuniuse con comerciantes, praceiras, xuristas e veciñas, para coñecer a súa opinión e trasladoulle as súas demandas á edil de Comercio, Flora Moure.


OURENSE POR Barrios Abril de 2017

EN BREVE 4 Turistas Crece a cifra de turistas en Ourense durante a Semana Santa. Un milleiro de persoas atendidas nas Oficina de Turismo municipal no período do 13 ao 16 de abril. O 85% dos visitantes que acudiron á Oficina de Turismo Municipal visitaban a nosa cidade por vez primeira.

4 Policía Local A Policía Local de Ourense incorpora tres novos coches ao seu parque móbil. Cada vehículo conta, ademais, con dous chalecos antibalas e mecanismos de reanimación cardíaca (desfibriladores), que serán instalados logo dun proceso de formación que se lles ofrecerá aos axentes.

4 Débeda cero O Concello de Ourense vén de aprobar, na xunta de goberno celebrada o xoves 27 de abril, unha modificación orzamentaria con cargo ao superávit para amortizar débeda. O total de financiamento ascende aos 6 millóns de euros polo superávit nas contas, que en 2014 era de 24 millóns de euros. “Esta cantidade súmase aos algo máis de 4 millóns que xa contempla o orzamento 2014, que é o que actualmente temos en vigor por estar prorrogado”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co que avanzou que, de ser aprobada en pleno, “o Concello de Ourense alcanzará o obxectivo de débeda cero”.

BARRIOS

Ourense en Común pide á Consellería de Sanidade datos do matadoiro 4 Por mediación de En Marea no Parlamento de Galicia. Redacción Ourense en Común pide ao alcalde que aclare a situación do matadoiro municipal. Desde a formación pregúntanse quen leva a cabo o labor de control por parte do Concello, logo de saber que o funcionario encargado do mesmo está de baixa. Outra petición que fan ao alcalde é a do libro de control de sacrificio e os rexitros sanitarios de 2015, 2016 e 2017. O alcalde non tardou en responder dicindo que entón “tamén denunciarán á Valedora -do Pobopor que ten toda a información”. Datos Ourense en Común pide, por mediación de En Marea no Parlamento de Galicia, a Sanidade datos do matadoiro de Ourense. Despois de que a Valedora do Pobo pechara o expediente

-este pasado marzo- pediron á Dirección Xeral de Sanidade toda a documentación na procura de posibles irregularidades na xestión. Para OueC, o Concello ocultou información á Valedora do Pobo na investigación do Matadoiro, de aí esa petición. Desde a formación ourensá aseguran que o técnico responsable na oficina da Valedora asegurou que acolléndose ao dereito de acceso á información teñen todo o dereito a que se lle facilite. Según Ourense en Común, a comisión municipal “mantense inoperante pola falta de interese do equipo de goberno de Jesús Vázquez”, que nega, tanto aos grupos como á propia Valedora do pobo, “o acceso a información relevante que serviría para esclarecer os motivos polos que existen desfases no reconto de cabezas de gando” que a concesiona-

Vista exterior do matadoiro municipal.

ria declara para o pago de taxas ao Concello. Resolución clara O alcalde foi taxante ao asegurar que a “resolución é clara” e que o expediente está pechado. Ademais asegurou que si a Valedora solicita máis información que colaborarán. Tamén salientou que acudiron a Santiago para facerse a foto. A resposta de OueC non se fixo esperar, asegurando que acudiron a Santiago “porque o seu equipo non fai o seu traballo, nega o acceso á información” e bloquea unha investigación dunha cuestión que afecta directamente “ás arcas municipais, propiedade de todos” as veciñas de Ourense”.

OueC está convencido que o Concello ocultou información á Valedora do pobo

Obras de pintado da estrada.

Melloras na contorna da estación de autobuses 4 O Concello comezou a facer melloras para o barrio. Redacción Despois das peticións de melloras feitas pola Asociación Veciñal As Termas, situada na urbanización de vivendas sociais xunto a estación de autobuses, tanto por Rexistro como nos medios de comunicación, o Concello de Ourense realizou pequenas actuacións de mellora do entorno. Os traballos consistiron no repintado de catro pasos de peóns, catro sinais horizontais e o reforzo da sinalización vertical nos pasos de peóns. Por outra banda tamen se realizaron traballos de “parcheado” dos numerosos baches existentes tanto no frontal das vivendas coma na “Rúa D”. Tarefas pendentes Dende o colectivo veciñal, o seu presidente Ángel Gómez, afirma que “estas actuacións

son un primeiro paso para atender as necesidades do barrio”, pero “faltan actuacións de maior complexidade por realizar que levan meses pedidas por rexistro e que seguiremos reivindicando para mellorar o barrio”. Entre as actuacións pendentes pedidas polas veciñas e veciños do entorno están: o arranxo da pasarela peonil que comunica o barrio coa Rúa San Rosendo, por riba da N-120; o arranxo dos accesos dende o barrio á zona termal do tinteiro; melloras en varios viais do entorno; transformación da N-120 en Bulevar, ademais doutras peticións. Estas melloras acadadas para o barrio serán analizadas e valoradas nunha asamblea aberta a todos os veciños interesados. Tamén, queren ter unha resposta clara sobre o futuro uso do solar da estación de autobuses e das liñas urbanas que alí paran.


CIDADE / A VALENZÁ

“Trataremos que sexa unha festa para nenos e pais” 4 A edil de Cultura, Belén Iglesias, detállanos o programa dos Maios. Miguel Rejo O domingo 7 de maio celébranse na cidade das Burgas “Os Maios”, festa declarada de interese turístico, e que este ano retoma a súa ubicación no Paseo (os últimos anos estivo ubicada na Alameda). Belén Iglesisas, concelleira de Cultura, adiantanos o que ten organizado o seu departamento para tal día: “trataremos de que sexa unha festa para nenos e pais, cos obradoiros e xogos tradicionais que organizamos.” A edil detalla as categorías e os premios dos maios: “Hai catro categorías de maios e duas de coplas. As de maios son o artístico, o enxebre, o creativo e o infantil. As das coplas e´a infantil e a dos maiores. Os premios para cada unha é, de 500 euros para o artístico, de 300 para o enxebre, de 200 para o creativo e de 200 para o infantil. Nas coplas, as dúas categorías ten o mesmo premio, 200 euros”. Belén Iglesias destaca que “dende a Concelleria de Cultura dáse unha axuda a cada maio participante de 200 euros, agás os artísticos que axudaselle con 400 euros, para que non se perda tan bela tradición”. O prazo de inscrición remata o día 2, martes.

Belén Iglesias. Programa A celebración dará comezo ás 11 da mañá con gaiteiros e cabezudos. A partires das 12 o xurado empezará a visionar e evaluar os maios participantes. A esa mesma hora e ata as 14 haberá xogos populares nos Xardíns do Padre Feijoó para os pais e nenos que queiran divertirse. Neses mesmos xardíns un monitor elaborará un maio ao longo do día para que calquera interesado lle faga as preguntas que desexe sobre esta tradición. Ao mediodía dará comezo tamén o canto das coplas. Pola tarde, o prato forte será as 18.30 horas nos Xardíns do Padre Feijoo, coa entrega a todos os gañadores nas distintas categorías de maios e coplas. Para rematar ben a festa un concerto pechará a edición 2017.

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

As incidencias de Barbadás, a través de APP 4 A aplicación do Concello amplíase. Redacción As incidencias do Concello de Barbadás xa se poden transmitir a través da aplicación para dispositivos móbiles e tablets do Concello. A nova sección da APP do Concello de Barbadás dispón de varios apartados: mobiliario urbano, tráfico/ sinalética, lixos/ residuos, pavimentos/ sumidoiros, animais/ pragas e limpeza/xardinería. Os usuarios teñen este novo módulo á súa disposición na parte inferior da páxina de inicio da APP baixo a denominación de “Enviar unha incidencia”. Tras acceder a esa sección disporase dunha serie de categorías para determinar o tipo de incidencia. A continuación completará o formulario coa

información esencial que se lle solicita para realizar unha correcta e completa transmisión ao Concello de Barbadás da incidencia. Despois definirá a ubicación no mapa que se lle ofrece e incluso poderá unha fotografía. Unha vez enviada comezará a parte que corresponde ao Concello para a xestión da información. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explica que “esta aplicación ten por obxectivo achegar solución á maior brevidade posible ás pequenas indicendias que xorden a

4 A data límite para realizar os desbroces é o 30 de xuño. O Concello de Barbadás lembra á veciñanza que comezou a campaña de limpeza e desbroce de

Poderase enviar algunha foto da incidencia denunciada

APP do Concello de Barbadás.

En marcha a campaña de limpeza de terreos

Redacción

cotío no mantemento dos bens e dos servizos públicos para mellorar así a calidade de vida da veciñanza”. A concelleira de Obras e Servizos Públicos, Victoria Morenza, explica que esta concellería “concentra a maior parte do tipo de incidencias que se producen e que precisan unha canalización axeitada para a súa resolución”.

terreos forestais en base á lexislación vixente de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia e a Ordenanza municipal de xestión da Bio-

masa. A data límite para realizalos é o 30 de xuño e os titulares dos terreos están obrigados a facelo. As especies arbóreas non poden invadir os viais públicos e deberán estar a unha distancia de dous metros do peche do terreo.

EN BREVE 4 Día da bici Barbadás celebrou o 19 de abril o Día da Bici involucrando á comunidade escolar nos centros educativos de Barbadás. Os nenos e nenas do municipio celebraron o Día Mundial da Bicicleta acudindo aos centros escolares en diferentes tipos de vehículos, fundamentalmente bicis e patinetes.

4 Carretilleiro A Concellería de Promoción Económica organiza o curso de carretilleiro, cuxo custo está subvencionado ao 100% para os parados residentes en Barbadás. A duración do curso é de 25 horas (10 teóricas, 15 prácticas), realizándose do 8 ao 12 de maio, polas mañás, no CET de Barbadás. A data límite para inscribirse é o 4 de maio. Máis información e inscricións no Centro Empresarial Transfronteirizo (Pontón, 25. 988 36 04 13).

A omisión da normativa conleva as sancións que procedan. En caso de incumprimento desta orde procederase á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas cuxa contía oscila entre 1.000 e 10.000 euros.

Terreo que terá que estar limpo antes do 30 de xuño.


OURENSE POR Barrios Abril de 2017

CIDADE

35 millóns para o Arqueolóxico, a Biblioteca e o Arquivo Provincial 4 O director xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural, Luis Lafuente Batanero, visitou as obras que se están realizando. R.T. O Ministerio de Cultura investirá uns 35,5 millóns en acometer as obras do Arqueolóxico, a Biblioteca Biblioteca e o Arquivo Provincial. Este mes o director xeral de Bellas Artes e Patrimonio Cultural, Luis Lafuente Batanero, visitou xunto ao alcalde, Jesús Vázquez; membros da Corporación; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, as obras deste complexo cul-

tural. O investimento executado ata a data para construír estes equipamentos culturais (Biblioteca e Arquivo) ascende a 19,6 millóns de euros (9,2 executados antes da resolución xudicial que permitiu rescindir o contrato coa empresa que realizaba as obras, e 10,4 desde a reanudación). Para este exercicio 2017 están comprometido un investimento de 4,2 millóns máis, principalmente para execución da obra, e adquisición dun primeiro equipamento e mobiliario

o Museo Arqueolóxico. “Cunha partida este ano de 250.000 euros por parte do Ministerio, estou seguro de que este será, por fin, o ano no que este tesouro de Ourense volverá a activarse”. Sobre o Museo, ata a data traballouse na redacción dos proxectos básicos e de execución así como de estudos previos

do edificio, xa finalizados, por importe de 247.462,88 euros. Pendente da modificación do Peri, unha vez se obteñan as oportunas licenzas procederase a licitar as obras. O proxecto de reforma e rehabilitación do Museo contempla un coste de licitación de 11,4 millóns. Posteriormente rea-

lizaranse novos contratos para a redacción do proyecto de museografía e o de execución desta.

Prevese que rematen as obras da Biblioteca e o Arquivo Provincial a finais deste ano

para a biblioteca pública. En total son 23,8 millóns de euros de investimentos que se suman aos 11,4 millóns previstos para o Museo Arqueolóxico. Estes importes veranse incrementados coa adquisición da totalidade do resto do equipamento necesario para a posta en funcionamento de arquivo e biblioteca, previsto para finais deste ano. Arqueolóxico O alcalde fixo referencia a outro gran equipamento cultural da cidade:

Lafuente acompañado doutras autoridades na visita ás obras./RAMSÉS.


CIDADE

Programa para a creación de emprego

4 Concello de Ourense e ‘Stop Accidentes’ a levan a cabo na cidade.

Redacción

Consellos para evitar malos hábitos entre peóns e condutores e un vídeo coas consecuencias dos accidentes, entre o material divulgativo de ‘Non perdas a túa vida, ti es o responsable campaña’, que está a ter lugar en diferentes rúas da cidade. Reducir o número de atropelos na cidade sensibilizando a peóns so-

O Concello de Ourense quere poñer en marcha o programa “Ourense Activa” co obxectivo de xerar emprego neto de calidade e reducir as dificultades de mozas entre 16 e 29 anos para acceder a un posto de traballo. Por este motivo, vén de presentar a candidatura para o financiamento do programa a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil da UE. Establécense como obxectivos deste programa: mellorar a adaptabilidade dos mozos profesionais desempregados e as empresas e investir máis en capital humano, mellorando a educación e as capacidades dos alumnos. Preténdese tamén adecuar as capacidades dos desempregados aos postos de traballo dispoñibles e atraer persoas novas para que se incorporen e permanezan no mercado de traballo municipal e aumentar a oferta de man de obra cualificada. Modernizar os

Luz para a Pasarela de Oira Redacción Seis anos despois da súa inauguración -en xullo de 2011- a Pasarela de Oira xa conta con iluminación. Ademais cunha iluminación de baixo consumo, xa que tan só consume 690 watios a pleno rendemento; isto supón menos que unha batidora. A inversión, da Xunta de Galicia, foi de 60.000. A luz emítese de forma semirasante ao longo da metade por cada lado da mesma cara ao outro lado, dispersando a luz en for-

Orzamento O orzamento total do programa ascendería a 1.195.740 euros. Financiarase a través do Fondo Social Europeo, dentro das accións previstas no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ) destinadas á integración sustentable de persoas novas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

ma de abanico de dentro cara a fóra, evitando o seu incidencia sobre pilones e tensores xerando así sensación de flotabilidade e minimizando a luminosidade fóra de dita pasarela. Conta para o seu aceso, ademais de con un reloxo astronómico, con 12 sensores de presenza, que, mediante un controlador, desenvolve secuencias lóxicas de accesos regulados e progresivos. O investimento foi realizado pola Axencia Galega de Infraestruturas. O Concello asumirá a titularidade das instalacións de alumeado.

Campaña de sensibilización para previr atropelos

4 O Concello de Ourense presenta o programa “Ourense Activa” para a creación de emprego xuvenil na cidade. sistemas de protección social. Ourense Activa abordará accións para incentivar o emprego en cinco sectores clasificados pola Estratexia Española de Activación para o Emprego como “actividades que resistiron a crise e mostran boas perspectivas”, ou o que é o mesmo, que mostran indicadores positivos e que se consideran axeitadas á estrutura sociolaboral e produtiva de Ourense.

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

Redacción

bre as consecuencias dos accidentes. Ese é o grande obxectivo da campaña de sensibilización que Stop Accidentes puxo en marcha nas rúas da cidade en colaboración coa Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense e o apoio do concesionario de Renault, Luís Aragonés. Unha ducia de voluntarios entregan aos peóns marca páxinas con consellos sobre bos hábitos e, ademais, amosarase un

“Stop Accidentes” e voluntarios do Concello estiveron na rúa Juan XXIII./RAMSÉS. pequeno vídeo. O 3 de maio na rúas Nosa Señora da Saínza e Pena Trevinca. A campaña terá unha segunda volta nos meses de outubro e novembro.

O 3 de maio a campaña estará nas rúas Nosa Señora da Saínza e Pena Trevinca


10

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

Taller de estimulación de memoria R.T. O equipo técnico do Programa de Incorporación Sociolaboral Imedra da Concellería de Asuntos Sociais desenvolverá, do 3 de maio ata o 29 de xuño, un taller de Estimulación da Memoria dirixido a persoas en risco de exclusión social que cumpran cos seguintes requisitos: estar incluído en calquera dispositivo da rede asistencial municipal, ser maior de 45 anos, parado de longa duración, con escasa formación académica, con problemas de comunicación e déficits en habilidades sociais. Articularase a través de 25 sesións cunha duración de hora e cuarto cada unha e será impartido nas instalacións do Fogar do Transeúnte (Praza do Trigo 1). Este taller manterase ao longo de todo o ano cambiando os usuarios participantes. Tardes de Lecer De forma paralela, nas actividades das Tardes de Lecer, e baixo a supervisión de Cruz Vermella, incorporaranse durante dous mércores ao mes cursos de contido diverso (socorrismo, primeiros auxilios, VIH, habilidades sociais, nutrición, coidado persoal, organización familiar e doméstica, entre outros...) e ofertaranse a calquera persoa interesada, sexa ou non usuario do Fogar do Transeúnte.

SOCIEDADE

Expourense organizou tres feiras internacionais no pasado ano 4 A sede de Termatalia 2018 será na localidade brasieña de Foz de Iguazú. Redacción Expourense organizou tres das cinco feiras internacionais celebradas en Galicia no 2016. O recinto acolleu once feiras e máis de 20 eventos que atraeron a máis de 117.000 visitas e a 943 expositores de 37 países. Xantar, Termatalia México e Funergal. Expourense organizou en 2016 tres das cinco feiras internacionais celebradas en Galicia. Ademais da internacionalización, foi un ano no que tamén foi clave a cooperación público-privada para celebrar proxectos que contribuíron a xerar novas oportunidades de negocio internacionais ás empresas galegas. A celebración da terceira edición de Termatalia en América Latina volveu posicionar a Expourense como o único recinto feiral de España que organiza eventos propios no estranxeiro. A internacionalización foi, polo tanto, o fito que marcou a actividade de Expourense durante o pasado ano no que o recinto reforzou a súa rede de socios estratéxicos en Europa e América Latina, rede que se estendeu ademais a Oriente Próximo e Asia-Pacífico. Isto quedou patente na presenza

de expositores e visitantes procedentes de 37 países de 4 continentes. Estas son as premisas baixo as que desenvolveu a súa actividade en 2016 a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, que se consolida como unha plataforma que

contribúe, a través da organización de citas únicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a gastronomía ou a industria funeraria.

Carlos Rodríguez, xerente do Centro Médico El Carmen; Nava Castro, directora de Turismo da Xunta; e Jesús Vázquez, alcalde de Ourense. /RAMSÉS.

Centro Médico El Carmen con “Q” de Calidad Turística 4 É o primeiro hospital galego con esta acreditación. Redacción

Anuncio da sede de Termatalia 2018 por parte de Alejandro Rubín, xerente de Expourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e Marisol Díaz, delegada da Xunta de Galicia en Ourense. /RAMSÉS.

4 Termatalia 2018 A próxima edición de Termatalia en América Latina, prevista para 2018 -sobre finais de setembro ou principios de outubro-, xa ten sede. Será en Brasil e, en concreto, no Estado de Paraná na cidade de Foz de Iguazú cuxos principais recursos económicos están estreitamente vincu-

lados á auga. Aquí sitúanse as famosas cataratas que lle dan nome e tamén alberga a central hidroeléctrica máis grande do mundo en xeración de enerxía, Itaipú Binacional. As cataratas serán protagonistas xa que son Patrimonio da Humanidade e unha das 7 Marabillas Naturais do Mundo.

O Centro Médico El Carmen celebrou o pasado mes nas súas instalacións o acto de descubrimento da placa “Q” de Calidade Turística, que quedou colocada no Centro de Diagnóstico e Tratamento. Ao acto acudiron Nava Castro (directora de Turismo de Galicia), Jesús Vázquez (alcalde de Ourense) e Carlos Rodríguez (xerente de Centro Médico El Carmen), ademais doutras autoridades turísticas e sanitarias. Carlos Rodríguez destacou a aposta pola calidade e a mellora continua “grazas ao traballo de todo o equipo do hospital”, mentres que Nava Castro valorou o feito de que Centro Médico El Carmen “sexa o primei-

ro centro hospitalario galego coa distinción Q de Calidade Turística”. A “Q” de Calidade Turística, que o centro obtivo o pasado mes de decembro, supón unha importante lombeirada para WaterHealth, o proxecto de turismo de saúde de Centro Médico El Carmen. Este selo garante a calidade de aspectos tan importantes como as instalacións, habitacións, limpeza, mantemento, restauración, proceso de reserva, acollemento do paciente e acompañamento por parte do persoal durante toda a estancia do paciente.

Este distintivo recoñece a calidade das instalacións e do trato ao paciente


DEPORTES

Saída do “Correndo por Ourense”

Reparto de puntos no derbi ourensán R.T. Cidade das Burgas e Ourense Envialia empataron no derbi ourensán da xornada número 25 da Primeira División de fútbol sala. O resultado final de empate a tres fai que se repartan os puntos nun encontro que tivo alternancias no marcador. O Envialia xoga este luns en Pontevedra a final

Xogada do derbi entre Cidade e Envialia./R.T. da Copa Xunta fronte o Poio. Pola súa banda, o Sala Ourense disputa en Melide esta fin de semana a final a catro da Copa de Galicia.

O Couto acolle a Copa de Xuvenís 4 Será do 1 ao 6 de maio. Redacción Do 1 ao 6 de maio disputarase a Copa de Xuvenís en Ourense e Pontevedra. Oito son os equipos que disputarán este torneo; os mellores de cada un dos sete grupos da División de Honra xuvenil, ademais do mellor segundo. O día 1 disputaranse nos campos da Serna (Ribadumia) e de Baltar (Portonovo) os cuartos de final, para despois trasladarse a competición a Ourense, ao estadio do Couto. O día 3 xogaranse as semifinais e o domingo 6 terá lugar a final. Equipos O primeiro de cada grupo e o mellor segundo serán os conxuntos que disputarán esta Copa. Así, no grupo 1 clasificouse o Celta; no 2, Osasuna; o FC Barcelona, no 3; Málaga, no grupo 4; o R. Madrid e

Atlético de Madrid (este como mellor segundo), no 5; Las Palmas, no 6; e o Villarreal, no grupo 7. Emparellamentos Xa se saben os emparellamentos dos cuartos de final. O Málaga - FC Barcelona e Osasuna Celta xogaranse no campo de Baltar (Portonovo) e o derbi madrileño entre Atlético de Madrid e Real Madrid, e o Las Palmas Villarreal disputarase no campo da Serna de Ribadumia.

Competirán os líderes dos sete grupos da División de Honra xuvenil, xunto ao mellor segundo clasificado

O estadio do Couto acollerá as semifinais e final da Copa de Campións Xuvenís./ARQUIVO.

4 A primeira proba do circuíto disputouse no Vinteún. Redacción Botou a andar no barrio do Vinteún o VI circuíto “Correndo por Ourense” e fíxoo con Luis Iglesias e Iria Fernández como os primeiros líderes na cate-

goría absoluta. Iglesias gañoulle a partida ao sprint a Pepe Márquez, mentres que Fernández avantaxou en algo máis de 15 segundos á segunda clasificada, Sonia Teijeiro.

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

O Couto A segunda cita do “Cx0” terá lugar o sábado 27 de maio no barrio do Couto. Dará comezo ás 22 horas.

Saída da carreira absoluta do Vinteún. /RAMSÉS.

11

O COB recibe ao Breogán Redacción O Club Ourense Baloncesto xoga este venres no Pazo Paco Paz (21 horas) diante do Breogán de Lugo. Será o último encontro da Liga e servirá para saber cales son os emparellamentos nos playoffs. Poderíase dar a circuntancia que lucenses e ourensáns véxanse as caras na primeira eliminatoria polo ascenso.


12

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

EN BREVE 4 Maios A concellaría de Cultura do Concello de Ourense organiza o concurso de Maios e coplas 2017. A actividade terá lugar o vindeiro domingo, 7 de maio, na rúa do Paseo, a partir das 11 da maña.

4 ICC Week Do 2 ao 7 de maio celebrase unha nova edición da ICC Week. Este ano chega cun amplo cartel de invitados. Ao longo da semana debaterase en diversos lugares da provincia sobre a industria musical, a gastronomía, o audiovisual ou internet. Ponentes coma Elsa Punset (o 2 de maio) ou actuacións coma a de Juan Magan (6 de maio) son algúns dos pratos fortes desta edición. “El Langui”, Depedro ou Pepe Solla Casa Solla- son unha pequena mostra do variado cartel deste ano con sedes como La Molinera, Paco Paz ou o Principal.

OCIO E CULTURA

Chega a recta final da XXII Miteu Redacción A 22ª Mostra de Teatro Universitario de Ourense entra na súa recta final despois de que pasaran polos escenarios ourensáns artistas como Pablo Carbonell e Ali Reysan, ou grupos internacionais como Carolina Torres Topaga (Colombia); Miscutem e Teatrubi

(Portugal); e os nacionais Vaivén Circo (andalucía); Tecu Teatro (La Rioja); e Corifeo Teatro UDC (A Coruña), entre outros. A edición remata o 6 de maio coa entrega de pemios -20 horas no Teatro Principal- e a representación da obra “A última cornixa do mundo” e con “Oskara” de Kukai danza -23 horas no Auditorio-.

A exposición estará ata o 21 de maio na Sala Valente de Ourense. /M.REJO.

Os mundos de Carlos Casares Representación da obra Children of war. /R.T.

Cartel de OciOurense Xove.

OciOurense

4 Auditorio

Presentouse a programación cultural do Auditorio Municipal de Ourense para os meses maio e xuño. Teatro, música e actividades de animación á lectura son algunhas das propostas dun espazo recoñecido pola Rede Galega de Teatros e Auditorios coma o máis activo de Galicia.

A Sala Valente acolle a primeira parada da exposición itinerante ‘Os mundos de Carlos Casares’. Unha oportunidade de coñecer a faciana literaria, pero tamén humana do escritor limián. Con máis de 500 pezas entre as que se poderán contemplar imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa, ou seu certificado de voda. Esta mostra sobre Casares Mouriño, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, poderá ser visitado até o vindeiro 21 de maio.

Presentación dos Sabores de Primavera. /RAMSÉS.

Sabores de Primavera 2017 Ata o domingo 7 de maio está en marcha a sexta edición do concurso de pinchos “Sabores de Primavera 2017”. Un total de 41 establecementos hosteleiros da cidade participan nesta edición. Os produtos de tempada serán -coma sempre- os grandes protagonistas, pero tamén haberá unha oferta de pinchos de comida mexicana, ademais do polbo e os queixos galegos; destaca tamén a forte aposta polos peixes afumados. O importe máximo dos pinchos será de 2,50 euros. Esta iniciativa, que sempre conta con gran acollida, está organizada conxuntamente pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO).

O programa de actividades para a mocidade Ociourense Xove, que organiza o Concello de Ourense, xa iniciou unha nova edición. No seu sétimo ano, porá a disposición de mozos e mozas un total de 18 actividades saudables para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño, e incluirá campos tan diversos como o deporte, a música, a fotografía, o baile, o cinema ou a cociña, entre outras. Todo cunha oferta de doado acceso e moi diversificada para encaixar con posibles afeccións e adecuada aos momentos de venres e sábado. [+info en www.ociourense.es]


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

13


14

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de abril “De festa” fotografías de Luisa Lorenzo - Sala Exposicións Cosaga - Ata o 10 de maio - “Roma y Venecia” de Eligio - Galería Visol - Ata o 21 de maio “Os mundos de Carlos Casares” - Banco de España - Ata o 31 de maio “Chicles, pipas, caramelos” de Luis Pérez Calvo - Sala Marisa Marimón - Ata o 18 de xuño - “Random Birds” de Helena de Medeiros Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 2 de xullo - Salvador Dalí, contador de historias - Sala Afundación Música - 28 de abril - Concerto de Steve Gunn - 20:30 h - Café Pop Torgal -28 de abril - Concerto de The New Roses 21:30 h - Café Auriense - 28 de abril - Concerto de Terbutalina + Kings of the Beach - 22 h - El Pueblo -29 de abril - Concerto de Adrián Diz - 21:30 h - Café Auriense Teatro - 28 de abril - Mago Xacobe: Ilusións máxicas - 19:00 h - Casa da Cultura de Barbadás - Ata o 6 de maio - 22ª MITEU - teatro principal e Auditorio Municipal - 6 de maio - “Oskara, Kukai Danza” - 23 h- Auditorio Municipal Infantil - 29 de abril - Actividades Scout- 16:30 h - Espazo Xove - 30 de abril - “Don Quixote, unha comedia gastronómica” - 12 h Auditorio Municipal - 2 de maio - Contiños con Susana - 18:30 h - Biblioteca Pública de Ourense Deportes - 30 de maio - “I Milla Urbana Solidaria” - 11 h - Rúa do Paseo www.periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A merenda do Principal Era un domingo coma outro, máis florido se queredes, pois o ceo limpo arrincaba a primavera, un tempo que convidaba a sentar os cativos nun verde prado a merendar, esa estampa que nos leva á infancia que xa nos deixou se cadra. Mentres uns merendan, outros sácannos de súpeto as lagañas dos ollos, cun aturuxo ancestral que nace do fondo das súas entrañas. Meigallos de fervenzas rabudas que mancan na pedra dos tempos, recollidas no pai Miño. O solpor das augas que morren para resucitaren no inmenso mare noso, son cantigas de onte, de hoxe, de sempre... universais, sentidas, propias e alleas a un tempo. Falan do viño, falan da auga, das romarías, do entroido, do pobo que quere estirando as súas ás voar nos vales da Ribeira Sacra, onde se xuntan as almas namoradas do Miño danzarín co Sil fachendoso cheo de historias e de serras, percorrendo a saba agarimosa da terra que o pare e amamanta. Rapaces e rapazas, mozos e mozas que danzaban e danzaban... virando na punta do pé, facendo tremer o teatro máis querido da cidade, acompasando a vitalidade e a enerxía co dolzor da poesía, que nesta terra agroma de seu. Os zocos que petaban en cada volta, en cada compás percorrían la-

“O sentimento d unha asociación que sabe vencellar o novo co mellor da tradición”

texando os corpos dos que alí estabamos coma o sangue nas veas dos namorados, volcán das augas das Burgas, das Termas milenarias, contaxiando a paixón daquelo que se ama tan fondamente, que supura pola pel a tradición do mamado coa frescura do viño novo recen colleitado. Como a choiva que acariña, como vento que ergue as saias das mociñas casadeiras, como as raiadas do sol que maduran o viño nas costas da Sacra Ribeira, remexendo e mesturando os sons, menciñeiros da alma que curan as penas a golpe de música. Os músicos son os mellores vendimadores, arrieiros da vida, con un chifro ou con un sacho, cunha pandeireta ou unha gaita, fan que cada pinga que sae orballando mansa ou treboando forte, de cada nota tocada, semente en cada peito un suspiro, en cada gorxa un alento, facendo do Principal o berce do sentimento. E no fondo do escenario “O Viñas”, o seu director, un home sorrindo con unha pandeireta na man, un cativiño que leva mais de vinte anos polos escenarios de todo o mundo, pero que conserva intacta a súa alma de neno inocente, humilde, sinxelo... un aceno para animar a aquel que esvarou nunha reviravolta, un chiscar o ollo de complicidade a este outro que nos ensaios non lle saía de todo ben, ese paso, que logo quedou mellor ca nunca, esas pequenas cousas que só os grandes ven. O traxe de gaiteiro que viste fachendoso, xeneroso, nobre, testigo e compañeiro das súas loitas, dos sacrificios,; remontando as dificultades, penedos e rochas que queren pechar os vieiros do seu maxín.

Ese sorriso alumea todo o teatro, rebota en cada ángulo, estoupa na cúpula e espállase envolvendo de ledicia a todos os que de un xeito ou doutro camiñamos o seu carón, admirando a súa laboura porque o seu traballo é para todos e de todos. Leva escrito na fronte os nomes de tantos, que ó longo de estes xa vinte anos foron deixando o seu grauciño de area para conformar este fermoso areal. Un traballo dun colectivo, onde cada un da o mellor de sí, xentes do cinema, do teatro, da música, do son, xente que carrexa cousas e que cociña para que se poidan repoñer forzas, que fai aquilo que pode parecer o máis sinxelo para que aqueles outros que despois enchen o escenario, sexan esas estrelas que brillan cos azos de todos. O sentimento dunha asociación que sabe vencellar o novo, o sorprendente co mellor da tradición. O que vimos e sentimos aqueles que estivemos esa tarde no Principal foi unha merenda para os sentidos, unha merenda galega a fartar de viandas marabillosas, que nos fixeron tremer de paixón e enmudecer de emoción. Cando a ledicia é tan grande que provoca que as bágoas limpen os ollos só queda un xeito de agradecelo e é berrando ben forte. Dende estas liñas quero soltar un aturuxo tan grande que se escoite no mundo enteiro e que diga a todos: ¡Queixumes van viaxando, van nos pinos e van nos ríos, van no vento e no mar por afora e para dentro levando “Ourense no Sentimento!” Avelino Jácome

Uruburu e Silva en Benposta.

Cidadáns de Benposta Todas e todos eran “muchachos” pero non “cidadáns” de Benposta (con n). Para adquirir esta condición, debían ser elixidos, entre os aspirantes, atendendo aos méritos contraídos coa sociedade nun xeneroso acto de sensibilidade: visionario, cívico e comprometido. No cerimonia de investidura, prestaban xuramento ante o “código de cidadanía” e a bandeira benposteña da cor verde esperanza. A mesma que tiñan depositada na confección dun mundo mellor: sen guerras, sen fronteiras, co neno por protagonista. O chorado amigo José Manuel Uruburu foi dos primeiros cidadáns daquela novidosa e cuasi modélica república que agarda esa aperta diferida entre a cidade de Ourense e a Benposta de Jesús Silva. Nunca é tarde. Quizais sexa o momento. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

4HUMOR


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Abril de 2017

15

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 27 - Ano: XVI - Abril de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681. Ófrecese auxiliar de enfermaría para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 052 173. Ofrecése señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Ofrécese señora para coidar persoas maiores de día ou noite. Con informes e experiencia. Tamén para limpar. Tel. 669 434 330 (no whastap). Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277.

Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Dánse clases a domicilio de Matemáticas e Estatística. Todos os niveis. Tamén materias curriculais de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com

INMOBILIARIA Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 672 08 93 49. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524. Alugo baixo comercial no Centro Couto, acondicionado, duas plantas, 70 m2 utiles. 380 Eur. Tel. 636 32 95 24.

Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Véndense fincas e montes no pobo de Reparade ( Muiños). Prezo 12.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase praza de garaxe, fronte ao Centro de Saúde de Valle Inclán, para vehiculo pequeno ou moto. Prezo: 50 euros. Tel. 636 329 524. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo casa moi preto do centro. Garaxe, adegas, terraza, pequeno terreo, bus urbano. Moi económica 90.000 euros. absterse chamar inmobiliarias. Tel. 678 032 088. Vendo finca de 9.000 m. Pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeira, con auga e luz. Zona Vilar das tres. Tel: 634 950 659. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24.

Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Vendo ático con gran terraza na Avenida Santiago, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada e ascensor. Tel. 620 061 531. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alugo local comercial. 30 m2 en rúa Progreso. Foi oficina. Tel. 606 569 228.

VENDAS Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Véndese botelleiro para bar e 3 bicis, dóus lavacabezas seminovos para perruquería. Tel. 672 08 93 49. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Véndese bicicleta de cor azul e branca, casco, bocina de aire, con portabultos traseiro a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 338 473.

Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531. Vendo sofá 3 + 2 seminovo, dous lavacabezas e secador de perruquería, tres bicicletas e unha caldeira de calefación de gas cidade. Tel. 672 089 349. Vendo cociña de madeira de castaño. con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel.: 617 592 244 (chamar mellor polas tardes).

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Regalo cadela pequena raza crestado chino, só habería que pagar as vacunas. Tel. 606 42 25 43. Precísase cadeira de rodas, prezo asequible. Tel. 620 061 531.

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Abril de 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Ouxb abril2017 by Periodico Barrios - Issuu