Page 1

Celanova acolleu a sétima edición da “Emoción dos viños” [Páx.16]

TEMA DO MES Páx. 3

VERÍN

Páx.6

Aniceto Rodríguez foi condenado a 31 anos de cárcere

1.000 prazas de aparcamentos disuasorios en Verín

O CARBALLIÑO Páx.9

ALLARIZ

Páx.14

Special Olympics e a xuntanza anual de maiores, no Carballiño

José Villar gaña o concurso sobre a Festa do boi

CELANOVA

Páx.16

En marcha o II Coworking de Celanova

Control de chips [Páx. 4]

55ª Festa do Pulpo do Carballiño

[Páx. 10]

Novos xuíces no Couto Mixto

[Páx. 12]

Presentouse a Festa do Pulpo do Carballiño. / Verín fará control de chips aos cans. / Tres novos xuíces honorarios no Couto Mixto./MIGUEL REJO.

Número: 39 - Ano: X - Xullo 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios Xullo 2017

TEMA DO MES

A política de persoal e Caldeliñas enfrontan a PP e goberno municipal 4 Jiménez Morán denuncia “manipulación descarada e clientelar” do proceso de contratación, e asegura que o actual goberno gastou máis de 200.000 euros no balneario con trámites xa realizados polos populares. Redacción O Partido Popular de Verín vén de denunciar que “estamos ante o período máis escuro deste Concello no que a contratación de persoal se refire”. Lembran os populares que “todos os postos de traballo deben contratarse mediante proceso público, en base aos principios de mérito e capacidade; para que todos os verineses poidan acceder a eles”. Non obstante, aseguran que veñen de ofertarse oito postos de traballo para a Eurocidade, nos que o método de selección valora nun 60% a entrevista e un 40% a formación. “Isto móstranos a nula transparencia e a manipulación descarada e clientelar do proceso”, din dende o PP. Ademais, foron contratadas outras catro persoas máis para a Eurocidade

O alcalde de Verín explica que os contratados pola Eurocidade deben pasar unha proba de idioma

“saltándose a lei e cun proceso oscurantista”, ao pedirlle a unha empresa externa que “contrate ás persoas que o PSOE e BNG lle indiquen e logo que lle pasen a factura”, explican dende o partido de Jiménez Morán. Tamén denuncian que BNG e PSOE contrataron a unha limpadora e a unha empregada para a biblioteca municipal a través dunha empresa construtora, á que se lle abona o pago mediante factura. Segundo os datos dos populares, a persoa contratada na biblioteca recibe por 20 días de traballo 2.337,72 euros. “Todo isto, faise para saltarse o proceso legal que habería que levar acabo aplicando as bases de contratación aprobadas neste Concello, en mesa de negociación, e ríndose dos sindicatos e de todos os verineses”, reclaman. Por todo iso, anuncian que dende o grupo do PP de Verín van pedir todos os informes necesarios para analizar ao detalle este tipo de contratacións. Caldeliñas O voceiro do PP e anterior alcade de Verín, Juan

Imaxe das obras na contorna de Caldeliñas realizadas en 2016./PP DE VERÍN. Manuel Jiménez Morán, tamén criticou a xestión que o actual goberno municipal está a realizar no balneario de Caldeliñas. O popular presentou documentos de Industria e Sanidade para xustificar que foi durante o seu mandato cando se iniciou o expediente para a declaración da condición minero-medicinal e termal da auga do sondeo de Caldeliñas número 92. “Recentemente o goberno falaba deste sondeo, como se fose un achádego, o que é ridículo e

4 Gerardo Seoane explica as contratacións En canto ás 8 contratacións na Eurocidade, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, aclarou que “presentáronse 90 persoas, na primeira selección quedaron 70 e agora mediante unha empresa especializada fáiselles unha proba de idioma, polo tanto non é certo nin o que di Morán nin os sindicatos, porque é lóxico que a proba fundamental sexa a de idioma porque terán que estar en contacto con Bruselas, e teñen que saber falar portugués,

Gerardo Seoane. galego, español e sobre todo inglés a nivel fluido. Quizais habíalle que ter chamado proba de idio-

ma en lugar de entrevista persoal, pero non hai nada que esconder”. No tocante á contratación a través dunha empresa externa, o rexedor explícase, “cando precisas un apoio puntual nunha actividade non vas sacar unha plaza, entón acodes a unha empresa que che ofrece ese servizo, e é esa empresa a que escolle a persoa, evidentemente nós decímoslle o perfil que buscamos. Iso é o habitual en calquera administración”.

totalmente falso”, acusou Morán. Ademais, explicou que dos 311.918,18 euros que costou a compra do balneario, xa se abonaran cando deixaron os populares o Concello 263.622,56 euros (o 85% do total); e estableceran contactos cunha empresa hoteleira para a creación dun hotel balneario nas instalacións. Así mesmo, detallou Jiménez que nos orzamentos municipais de 2015 o goberno popular incluíu unha partida de 19.826,30 euros para “completar os estudos para a declaración, solicitar o aproveitamento e facer a proposta do perímetro de protección”. Pero co cambio na alcaldía, “non proseguiron con ditos trámites, usando este diñeiro para outros gastos”, o que ao seu xuízo demostra “a súa desidia e falla de capacidade de xestión”.

Jiménez asegura que 20.000 euros do orzamento de 2015 eran para Caldeliñas, pero que o novo goberno non os empregou niso

O actual goberno encargou recentemente a unha empresa a prospección xeofísica no balneario. “Para que?”, pregúntase Morán, “eses traballos xa estaban feitos, o recurso estaba localizado, o sondeo realizado e a auga era abundante e de carácter termal”, engade. “Están a realizar canalizacións e movementos de terra, derrochando máis de 200.000 euros”, reclama. Ademais, dende o PP municipal acusan ao bipartito que goberna na vila de apropiarse dun terreo particular. “O Concello está realizando obras nun terreo privado, tal como consta no catastro, xa que non figura ningunha compra ou permuta dos terreos sobre os que se está actuando”, aclarou Morán. “En resumen, estanse realizando unha serie de actuacións sen un proxecto definido, de forma ilegal, realizando investigacións que xa estaban feitas, gastando unha cantidad exagerada de diñeiro sen control. Iso sí, con anuncios rimbombantes co fin de manipular a opinión dos veciños”, conclúe o popular.

4 Os plans do Concello para Caldeliñas Ante as acusacións do PP, Gerardo Seoane explicou que “certo é que se iniciou o primeiro análise grazas ao pozo que se fixo naquela época, e logo foi a Fundación San Rosendo a encargada de realizar unha investigación co obxectivo de ver as posibilidades desa auga. É certo que Sanidade fixo un informe de que podía ser considerada mineromedicinal e que llo trasladou a Industria para que iniciase o procedemento de declaración. E aí morreo o tema para eles. O seguinte análise que había que mandar está aínda en dúas garrafas no Concello dende ano 2009.”, detalla. “Que se fixo agora? Comprobar se a auga mantén as características con dous análises, que se remiten a Industria e remátase a tramitación como balneario histórico. Pero neste momento non ten valoración minero-medicinal, porque cando se comezan as cousas hai que rematalas”. Sobre a partida nos orzamentos de 2015, o rexedor explicou que “Morán tivo 6 meses para executar o seu proxecto e non o fixo. A súa única intención era buscar un cliente para venderllo”. No tocante á inversión innecesaria explica que “non gastamos 200.000 euros, aproveitamos o pozo que había e no que gastamos o diñeiro foi en sanear o entorno e axardinalo, porque aquelo era unha lagoa chea de basura, que non minta”. Por último, en canto a que actúan sobre terreo privado, asegura que “é falso. En tempos de Emilio González Afonso fíxose unha permuta do terreo, e agora eu fixen outra, que está pendente do informe de Patrimonio. Había un problema por unha declaración de herdeiros, pero xa está arranxado”. .


TEMA DO MES

Aniceto Rodríguez, durante a celebración do xuízo./RAMSÉS.

Xustiza para Isabel

4 Aniceto Rodríguez foi condenado a 31 anos de cárcere por asasinar á súa muller na habitación do CHUO na que se recuperaba dunha agresión anterior. Redacción Máis de dous anos despois de ser asasinada a mans do seu home lógrase algo de xustiza para Isabel Fuentes. Aniceto Rodríguez vén de ser condenado a 31 anos de cárcere. A Audiencia Provincial impúxolle 12 por un delito de asasinato en grado de tentativa e 19 polo de asasinato consumado; considerando que “no momento da comisión dos feitos investigados non se evidencian fenómenos

psicopatolóxicos de entidade clínica suficientes para afectar ás capacidades cognitivas e/ou volitivas”. Era plenamente consciente do que facía. Dous intentos A noite do 1 de abril de 2015 Isabel Fuentes (66) sufriu unha brutal agresión mentras vía a televisión na súa casa de Pazos (Verín). Segundo os forenses foi atacada cun martelo. Recibiu tres golpes no lateral dereito da testa, compati-

bles con estar tumbada no sofá. Un deles era de pouca intensidade, pero os dous seguintes foron tan fortes que ocasionaron o afundimento do cráneo e pérdida de masa encefálica. O seu home, Aniceto Rodríguez (77), saíu da casa berrando: “matáronme a Isabel”. Segundo aseguraba, uns ladróns entraran na vivenda e atacaran á súa dona. Pero ela non estaba morta, como puido comprobar unha veciña e prima súa, que se achegou

alertada polo home, e sentiu como a vítima lle apretaba a man. Foi trasladada ao CHUO onde permaneceu en coidados intensivos. Mellorou, conta todo prognóstico, e foi trasladada a planta. A Garda Civil sospeitou dende o primeiro momento do home, os cristais da porta romperan cun golpe efectuado dende o interior da vivenda, só estaban revoltos uns armarios da cociña e varios bolsos, pero estaba intacto o diñeiro en

efectivo que o matrimonio gardaba na vivenda. Ademais, Aniceto aseguraba que estaba xa na cama mentras a mesma non presentaba ningunha enruga. A pesar da opinión dos gardas, a xuíz non accedeu a pincharlle o teléfono ao marido nin a restrinxirlle as visitas ao hospital. Consideraba que todo eran “conxeturas”. Os médicos non poden asegurar se se houbera recuperado, porque os danos eran elevados e a recuperación única en cada caso, pero Aniceto xa non lle deu esa oportunidade. O 8 de maio, en torno ás seis da mañá, aproveitando que estaba só na habitación con ela e a súa compañeira de cuarto (ambas durmidas), asestoulle dúas coiteladas. A primeira foi “de tanteo”, din os forenses. A segunda, letal, danando pulmón e corazón. De seguido, previsiblemente co mesmo coitelo, autolesionouse no pescozo e sufriu como consecuencia un ictus. Tras analizar o coitelo atopado baixo a cama, no que só apareceu ADN do home, os expertos confirman que as feridas dela coinciden con este arma, e que a falta de sangue de

Segundo a Audiencia Provincial, o home tiña as súas capacidades volitivas intactas

Barrios Xullo 2017



Isabel no mesmo se pode deber a que Aniceto o lavara antes de autolesionarse. Na mesma habitación atoparon a chaqueta del cunha nota: “Isabel, cariño, déronche un golpe moi grande. Estás moi grave e non te podo ver así. Agardo que nos incineren xuntos”. Aniceto leva dende entón en privisión provisional. E no xuízo asegurou non lembrar nada do acontecido. As psicólogas forenses que o trataron cren que finxe. “Intentaba presentarse máis danado do que realmente está”, aseguraron. Pola súa banda, as enfermeiras que trataron á muller no CHUO confirmaron que non notaran “nada raro” en Aniceto que fixera pensar nalgún problema mental. Destacaron, así mesmo, que incluso era “cariñoso e amable” con Isabel. Condena A Fiscalía pedía para el 39 anos de cadea, por un delito de intento de asasinato e outro de asasinato consumado, co agravante de parentesco. Pola súa banda, a familia de Isabel elevaba a solicitude a 49 anos, engadíndolle o ensañamento. Finalmente a sentenza (que aínda admite recurso de casación ante o Supremo) decretou 31 anos de prisión. Sempre insuficientes para os seus. Quizais non habería que pedir xustiza, se tivera protección.




Barrios Xullo 2017

VERÍN E COMARCA

“Proteduca” chegou a todos 4 1.228 alumnos participaron na campaña. R.T. Este ano 1.228 alumnos da comarca participaron na 2ª edición da campaña “Proteduca”. Nove voluntarios con formación en emerxencias impartiron 65 obradoiros para nenos de entre 5 e 18 anos neste curso. Os obradoiros desenvolvéronse, en 11 colexios: Verín, Castrelo do Val, Monterrei e Oímbra. Esta iniciativa é unha acción conxunta do Concello de Verín e a Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. Mediante tres bloques de formación ambientada, a primeira delas aos máis pequenos e subindo o rango de idade nas dúas

restantes. A acción serviu para que os nenos sexan capaces de aprender todo o necesario sobre as manobras e protocolos de emerxencia, e sobre todo, que sirvan de vehículo de transmisión de estes coñecementos aos maiores que conviven con eles.

Presentación da campaña “Ningún can sen chip”.

Verín quere aos cans con microchip 4 Realizarase unha campaña durante un mes. Redacción

Alumnos atendendo ás explicacións.

A concellería de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil acometerá desde o día 15 de xullo -e ata o 15 de agosto-, a través da Policía Local, un plan de identificación de cans que carecen de

microchip. O preocupante aumento de abandonos e a saturación da protectora de animais comarcal, son as principais razóns para iniciar esta campaña de concienciación que leva por lema “Ningún can sen chip”. O proxecto esta forma-

do por unha serie de accións. En primeiro lugar, farase un reparto de folletos e carteis informativos entre a poboación coa axuda da Asociación Pro-animales Verín. A segunda das accións será unha campaña especial de identificación dos animais sen microchip e dos seus devanditos donos. No caso de ser reincidentes, os donos poderán ser sancionados con multas que poderán ir desde os 150 aos 750 euros. Veves Gascón, directora de Pro-animales Verín, explicou que “os microchips teñen que implantarse por que o dita a lei. e por que un can sen chip é moi difícil que regrese á casa”.

As multas para os donos reincidentes poderán ir dos 150 aos 750 euros

EN BREVE 4 Escolas deportivas Ábrese o prazo de inscrición para a tempada 2017/2018 das Escolas Deportivas de fútbol e fútbol sala do Concello de Verín. As persoas interesadas en realizar a inscrición deben encher os tres formularios e entregalos no Pavillón Municipal da Granxa en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.

4Libro de contos O libro de “Contos e lendas do Val de Monterrei”, está a venda na Biblioteca Pública Municipal e diversas librarías ao prezo de 9,95 euros. É unha obra conxunta, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro. Son contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos aparicións, mouros, tesouros, cregos, etc.).


PUBLICIDADE

Datas de matrícula e exames de setembro no IES García Barbón Xa se coñecen as datas de matriculación e os exames de setembro no IES García Barbón. Nos estudos de Forma-

ción Profesional, unha vez realizado o proceso de admisión, a matrículación pode facerse do 18 ao 24 de xullo ás 13

Mellores expedientes de Galicia Adrián Bolaño Cabido -alumno do IES García Barbón- é un dos 597 estudantes con mellores expedientes de Galicia. O acto tivo lugar en Santiago de Compostela, e nel estiveron o seu pai e o director do IES García Barbón. A comunidade educativa do IES García Barbón síntese profundamente orgullosa e manifesta a súa Noraboa! Outros alumnos destacados Na Formación Profesional tamén destacamos o esforzo e adicación de seis estudantes que acadaron unha nota media igual ou superior a 9 puntos. Patricia Pereira Domínguez e Florinda

Barja Domínguez, de Coidados Auxiliares de Enfermaría; José Manuel Francisco Alonso, de Automoción; Mónica Limia Prado, de 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas; Lidia Maia Alonso, de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas; e Begonia Martínez Oliveira de 2º de Xestión Administrativa. Tamén destacaron cun rendemento excelente: Paula Feijoó Primo, Sonia López Cruz, Diego Rodríguez García, Ester Rodríguez García e Estíbaliz Valle Barreira, todos eles de Coidados Auxiliares. Noraboa para os todos!

Adrián Bolaño Cabido (á dereita) xunto au seu pai en Santiago de Compostela.

horas. A segunda adxudicación terá lugar o día 27 de xullo e o prazo de matrícula é do 27 ao 31 de xullo ás 13 horas. Período extraordinario Haberá un período extraordinario de solicitude de admisión do 1 ao 8 de setembro (imprescindible para poder realizar a matrícula) para os estudos de Formación Profesional -ciclos de grao medio e superior- do 20 ao 22 ás

13 horas. Nos ciclos con prazas libres, a Administración Educativa habilitará un procedemento de matrícula sen necesidade de ter realizado o procedemento de admisión. Exames de convocatoria extraordinaria Os días 1 e 4 de setembro, o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional Básica e Educación Secundaria de Adultos -con materias

non superadas– ten que presentarse aos exames da convocatoria extraordinaria de setembro de 2017. Haberá un período extraordinario de matrícula para os estudos de Bacharelato do 1 ao 11 de setembro de 2017. Educación secundaria de adultos A solicitude de admisión na Educación Secundaria de Adultos (ESA) farase no mes de

Barrios Xullo 2017



xullo (módulo I e III) e a matrícula do 1 ao 11 de setembro. Matrícula na FP Básica A solicitude de admisión e matrícula na Formación Profesional Básica (FPB) realizarase na primeira quincena de setembro. Selectividade A proba de selectividade de setembro vaise realizar os días 12, 13 e 14.




Barrios Xullo 2017

EN BREVE 4 Remodelación Culmina a colocación do bordillo que permitirá a remodelación da Avenida de Castela. Esta actuación está incluída na primeira fase do proxecto de remodelación do acceso da Avenida de Castela a Verín que inclúe a implantación de novas zonas de arborado, modificación dos actuais sumidoiros e o ensanche das beirarrúas.

4Bibliopiscina O servizo municipal da “Bibliopiscina” abre as súas portas por noveno ano consecutivo nas piscinas da Granxa. A Bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro (de luns a domingo), en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas (durante os sete días da semana).

4Administración electrónica Desde a instauración total da plataforma o pasado mes de maio tramitáronse a través da administración electrónica 38.194 documentos electrónicos, 2992 expedientes e 5715 rexistros.

4Aparcamento O aparcamento público de Verín ten novas tarifas. Unha tarifa diurna, de 12 horas ao día, cun prezo de 20 euros aos mes. A nocturna tamén será de 12 horas e o mesmo prezo.

VERIN E COMARCA

Verín contará con 1.000 prazas de aparcamentos disuasorios e gratuítos 4 Unha vez rematada a oitava zona para tal fin con capacidade para 500 prazas. Redacción O Concello de Verín contará con 1.000 prazas de aparcamentos disuasorios e gratuítos. Isto será así, unha vez rematada a construción da oitava zona para este fin. Esta última situarase entre as dúas arterias principais de Verín, a avenida de Portugal e a avenida de Madrid, coa principal finalidade de dinamizar o comercio e os servizos locais. Contará cun espazo de 7.000 metros cadrados, dotando á zona de, aproximadamente, 500 novas prazas de aparcamento. Con estas, serán máis de 1000 prazas gratuítas as habilitadas dende o Concello. A zona terá unha entrada e unha saída desde a rúa Elle; e unha franxa de entrada desde a avenida de Portugal. Para o alcade de Verín, Gerardo Seoane, esta zona é “a actuación estrela” das zonas disuasorias que completa a estratexia de activación do mercado. “É un dos vectores de transformación da

Primeira reunión dos Pedáneos co Concello.

vila, porque permitirá retirar parte do tráfico rodado das nosas rúas, sen por iso impedir o acercamento de veciños e visitantes ó noso núcleo, antes ben, facilitándoo con comodidade” afirma o rexedor, Gerardo Seoane. Diego Lourenzo, tenente de alcalde verinés, quixo destacar que “estes espazos non son parkings, e non conlevan o aproveitamento comercial nin ningún prezo público polo seu uso, senón que son froito da nego-

Haberá entrada e saída desde a rúa Elle; e unha franxa de entrada desde a avenida de Portugal

A limpeza, primeiro tema do Consello de Pedanías

ciación do Concello con veciños que os ceden en beneficio de todos. Polo tanto, o seu mantemento e uso adecuados tamén son responsabilidade de todos”.

Redacción

A zona que vai ser transformada en zona de aparcamento disuasorio e gratuíto.

Oito zonas Con esta última actuación, o Concello de Verín remata así ás obras de acondicionamento das oito zonas de aparcamentos disuasorios e gratuítos que proporcionarán a veciños e visitantes máis de 1.000 prazas de aparcamento, contribuíndo a alixeirar de tráfico rodado as rúas e, nembargante, facilitando o acceso ó comercio local, aos servizos sociosanitarios e as actividades culturais e de ocio dentro do núcleo urbano.

4 Realizouse a primeira reunión concello - Consello. Xa se puxo a funcionar o Consello de Pedanías de Verín. E o fixo cunha reunión, na casa consistorial, entre o Consello de Pedáneos e o goberno local. O tema principal foi o Bando emitido polo concello referente a limpeza obrigatoria de biomasa nos núcleos rurais. Á reunión, ademais dos pedáneos, acudiron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. Cumprimento Para o cumprimento do Bando proporciona-

rase, desde o Concello, unha serie de ortofotomapas coas referencias catastrais, coa finalidade de que os cidadáns poidan acudir ao seu pedáneo e informarse de se está afectado polo Bando. Ademais da presentación dunha serie de empresas de limpeza proporcionadas polo Concello, asignadas segundo un censo por zonas. O Concello de Verín creou este Consello de Pedáneos para facilitar un lugar de encontro no que devanditos representantes poderán trasladar os seus problemas e necesidades e no que as decisións e propostas terían carácter vinculante para o equipo de Goberno.


PUBLICIDADE

Barrios Xullo 2017






Barrios Xullo 2017

O CARBALLIÑO E COMARCA

Acondicionamento inminente do mirador da piscifactoría

Parque arqueolóxico para O Irixo Redacción Os socialistas do Irixo presentaron unha moción para a construción dun gran parque arqueolóxico na zona. O portavoz Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, acompañado por Raúl Fernández Fernández, deputado no Parlamento de Galicia do PSdeG-PSOE e o alcalde do Carballiño Francisco José Fumega Piñeiro, presentaron na sede Comarcal do PSdeG-PSOE do Carballiño, a última proposta dos socialistas do Irixo para a creación dun gran parque arqueolóxico no Irixo do que xa se tramitou no seu día polos socialistas unha emenda aos presupostos da Xunta de Galicia no parlamento Galego solicitando unha partida económica para este proxecto de 400.000 euros. O Irixo ten a día de hoxe catalogados case un centro de restos arqueolóxicos, 68 achegados no PXOM do concello e 26 máis achegados polo grupo Outeiro e o Centro Chamoso Lamas como alegacións a dito plan. Desde o grupo socialista lamentan que cada vez haxa menos veciños e que o grupo de goberno non faga nada para evitalo, recordando que en 2011 quixeron instalar no concello “unha planta incineradora de residuos” que, finalmente, “grazas a presión social”, foi descartada. Por iso, instaron aos seus representantes no Parlamento galego unha emenda presupostaría aos orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2017 co fin de acadar a financiación necesaria para a creación do parque arqueolóxico. Limpeza Ademais o PSOE do Irixo denuncia a falta de planificación e o estado de abandono da maioría das estradas do Concello. Sen limpar, impedindo a visibilidade e accesibilidade dos veciños.

4 O orzamento desta reforma é duns 60.000 euros. Redacción

A xornada congregou a centos de maiores de toda Galicia

O Carballiño máis solidario 4 A localidade acolleu nunha mesma fin de semana o Special Olympics e a xuntanza de maiores. Redacción O Carballiño converteuse na primeira fin de semana de xullo na localidade máis solidaria. E é que os días 2 e 3 de xullo acolleu, repectivamente, a 39ª xuntanza de maiores e o Special Olympics. Na XXXIX Xuntanza de maiores no Carballiño, organizada pola Xunta de Galicia, déronse cita centos de usuarios dos centros de maiores e dos centros sociocomunitarios entre outros de toda a comunidade galega. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu a este encontro -xunto ao alcalde do Carballiño Francisco Fumega- no que tivo a oportunidade de departir cos asisten-

tes, que puideron degustar comida típica galega e bailar ao son das actuacións musicais encargadas de amenizar a festa. O conselleiro lembrou a importancia dos maiores na sociedade. “A vosa sabedoría, experiencia, traxectoria vital, e saber facer son os froitos do voso esforzo e dos que hoxe aprendemos o resto”, sinalou Rey Varela. Este ano foron distinguidos os centros sociocomunitarios das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), de Petín (Ourense) e do Porriño (Pontevedra), así como da Asociación da 3ª idade de Mondoñedo (Lugo). Special Olympics Ao día seguinte, repetiron o conselleiro e alcalde na celebración. Arredor

Autoridades presentes no Special olympic do Carballiño.

de 900 discapacitados, de 21 asociacións de toda Galicia, participaron nunha xornada na que houbo xogos, xantar e concurso de repostaría, entre outras actividades. Na súa intervención, o títular da área social do Goberno galego salientou o importante papel do deporte como ferramenta para a inclusión, e de eventos como este encontro de Special Olympics que “axudan a normalizar e dar visibilidade á situación das persoas con discapacidade”, explicou.

A xornada de Special Olympics atraeu arredor de 900 discapacitados

O Concello do Carballiño procederá en breve á reforma e acondicionamento da praza - mirador da parte alta da piscifactoría, ao final da avenida do Parque. O orzamento desta reforma é duns 60.000 euros e chega a través dunha subvención de Turismo e do Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader). O orzamento desta reforma é duns 60.000 euros. O proxecto consistirá na creación dun acceso empedrado con lousas de granito que facilitará o acceso autónomo das persoas con problemas de

moblidade. Tamén se restaurará a varanda de madeira existente que rodea a zona do mirador, mellorando a seguridade. A praza central do mirador tamén irá enlousada con granito, e se modificarán os elementos ornamentais vexetais, setos e arbustos. Trátase dunha ampla reforma que convertirá este espazo natural nun lugar agradable de lecer. Segundo mirador Este mirador cara o río Arenteiro será o segundo que se acondicionará nun ano. O pasado ano construiuse outro mirador sobre o sendeiro do río, na rúa Río Avia, a carón do Gran Balneario.

O mirador da piscifactoria terá a súa reforma.

Abertas as piscinas Redacción O Carballiño ten abertas as súas piscinas municipais desde o pasado 21 de xuño. Este ano abre as portas despois de restaurar zonas coma os vestiarios, baños, duchas exteriores, pintado, plaqueta

da zona alta e reforma da cafetería-restaurante, entre outros. O horario de apertura é dende as 11 da mañá ás 8 da tarde. O prezo da entrada dun día é de 2,50 euros para adultos e de 1,50 para nenos. Tamén se poden adquirir bonos quincenais e mensuais tanto individual coma familiar.

Piscina municipal do Carballiño.


PUBLICIDADE

Barrios Xullo 2017




10

Barrios Xullo 2017

especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

“A liorta” duplicará o número de actividades A II Feira Medieval do Carballiño “A Liorta” duplicará o número de actividades de animación de rúa e de postos de mercado, de artesáns e de productos gastronómicos. Desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de xullo, entre a rúa do Paseo e a Praza da Veracruz. O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o responsable da empresa promotora Jacobus Medieval, Daniel Castaño. Entre as actividades que se anuncian figuran cetrería, combates corpo a corpo, espectáculos circenses e de lume e música; obradoiros de vidrio, cestería e pedra; concurso de traxes de época e unha representación teatralizada do conflicto acaecido entre as parroquias de Mesego, Arcos e Partovia, correspondentes as xurisdiccións medievais de Oseira, a Encomenda de Beade e San Martín Pinario, polos dereitos da feira do Carballiño, e que vai ser posta en escena polo grupo de teatro Tiruleque, o coro de musica de cámara, Música Viva, e integrantes de Aspadisi. Haberá diversos pases destas actividades, en sesións de mañá e tarde, que serán especificadas uns días antes da celebración da feira. En total, serán seis as compañías que as desenvolvan: Circo Zido (Valencia), Cano Canyon (Madrid), Fire Dragons (Portugal), Los Gascones (Asturias), Falcóns Galicia e Hípica Celta, ademáis de Tiruleque, Música Viva e Aspidisi. Ademáis, haberá un recuncho infantil, unha sesión especial de despedida na noite do domingo cun espectáculo de lume e solta

de farolillos na Praza da Veracruz, e unha decoración con ornamentos medievais das rúas peatonais e a Praza Maior. Postos O número de postos de mercado, artesanía e productos gastronómicos achegarase ao centenar, extendéndose dende a Praza Emilia Pardo Bazán, pola rúa do Paseo e Praza Maior, ata a Praza da Veracruz. Na primeira edición este tipo de postos non chegara ao medio centenar, supoñendo polo tanto un incremento moi significado, o que para o concelleiro de Cultura é un síntoma do gran interese que suscita esta segunda edición. Diego Fernández tamén dixo durante a presentación que o éxito logrado na primeira edición obrigaba a mellorar a programación, e por eso prácticamente se triplicaban o número de actividades de animación, con espectáculos de rúa cada vinte minutos durante os tres días da feira. Neste senso, agradeceu o esforzo que realizaba a compañía Jacobus Medieval para vir ao Carballiño, xa que organiza un gran número de feiras medievais por Galicia e noutros lugares. Daniel Castaño agradeceu ao concello do Carballiño a oportunidade que se lle brindaba a esta compañía, e dixo que afrontaban o reto con moita ilusión e co obxectivo de consolidar o evento e darlle o máximo auxe. Así mesmo, pediu comprensión aos veciños polas molestias que poidan ocasionar os labores de montaxe e desmontaxe que require esta feira, e agradeceu de antemán a súa colaboración.

A presentación correu a cargo do concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o responsable da empresa promotora Jacobus Medieval, Daniel Castaño.

Presentación da LV Festa do Pulpo do Carballiño.

O Carballiño busca a excelencia na Festa do Pulpo O Concello do Carballiño busca a excelencia na Festa do Pulpo. Para iso, proponse mellorar a calidade da programación cultural e da propia Festa do Pulpo na súa 55ª edición, que se celebrará o domingo 13 de agosto. Así o asegurou o alcalde, Francisco Fumega, durante a presentación do cartel e do resto do material de difusión que xa comezou a distribuirse por toda Galicia. Así, Fumega dixo que “o pasado ano a Festa do Pulpo congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70.000 quilos de pulpo, cos que se elaboraron 150.000 racións. Foi un fito na historia desta festa, que esperamos superar nesta próxima edición. Porén, o noso obxectivo non é de carácter cuantitativo senón cualitativo”. Tamén se referiu ao obxectivo de acadar a internacionalidade. “Para esta edición, que esperamos sexa de tránsito cara á declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, temos previsto desenvolver un programa certamente atractivo -que se presentará en vindeiras datas-, pero que podo adiantar xa que será un dos mellores dos últimos anos. Por suposto, como anticipo desta gran romaría imos elaborar de novo a tapa de pulpo máis grande do mundo, pero o reto non será agrandar máis o prato, senón diminuir o tempo de elaboración da tapa xigante”.

amosou o seu agradecemento ao concello por aceptar a súa proposta, que era como “o cumprimento dun soño”, dixo. Comentou que llo tiña prometido aos seus sobriños que residen na vila cos seus pais. Explicou que intentou fusionar os dous símbolos do Carballiño e de Nuremberg,

Cartel O autor do cartel deste ano foi Ovidio Feijoo Oliveros. Este

CD Os protagonistas da cantiga

como son o templo da Veracruz e o Castelo Imperial, co elemento identificador central, que é o pulpo. Así mesmo, destacou a diversidade de detalles alusivos ao oficio e á tradición pulpeira que incluiu dentro deste pulpo, como un traballo laborioso pero moi significativo.

Festa de Interese Turístico Internacional Na procura de que a Festa do Pulpo sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional, o Concello do Carballiño tomou a iniciativa de dedicarlle a festa ao Centro Galego de Nuremberg (un dos requisitos para ter tal distinción). Ata a localidade alemana desprazouse unha delegación da corporación carballiñesa, acompañados por dous pulpeiros, o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Expocidades O alcalde do Carballiño tamén viaxou ata Portugal para asistir á xornada inaugural de Expocidades, en Vila Real, co fin de promocionar a festa gastronómica por antonomasia da nosa comunidade autónoma.

“Pulpeiriña do Arenteiro” presentaron o CD que acaba de editar o Concello para homenaxear ás pulpeiras e á Festa do Pulpo. O CD trae ademais deste tema outras 15 cancións máis cedidas pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Cartel da edición deste ano da Festa do Pulpo, obra de Ovidio José Feijoo.


XINZO DE LIMIA / O CARBALLIÑO

Limpeza de fontes no Carballiño 4 Preto de 50 fontes limpiáronse e arranxáronse. R. T. A concellería de Medio Rural, que dirixe Charo González, está procedendo á limpeza e arranxo de arredor de medio cento de fontes, lavadoiros e tanques, así como doutros elementos do patrimonio etnográfico, de 24 parro-

quias e aldeas do municipio do Carballiño. Tamén inclúe o desbroce e limpeza de diversas zonas de uso común destes pobos, como prazas e campos de festa. Esta campaña realizouse grazas a un programa de colaboración social co INEM, que permitiu

contratar a catro persoas, tres albaneis e un peón forestal por un período de tres meses. Os traballos realizáronse nas parroquias de Seoane, Cabanelas, Sagra, Partovia, O Torrón e Madarnás. Outros puntos

onde levarase a cabo as labouras será na Piteira, Longoseiros, Señorín e Santa Uxía. O pasado ano levouse a cabo outro plan semellante, rehabilitándose outras tantas fontes, lavadoiros e tanques.

Barrios Xullo 2017

11

Os Blancos pide á Xunta unha reestruturación parcelaria 4 Tamén pediron melloras en varios viais. Redacción

Unha das fontes arranxadas e limpadas.

A visita do alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco, á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez serviu para que o rexedir reclamara dúas peticións ao ente autonómico en relación ao agro. Por unha banda, Castro Blanco salicitou un proceso de reorganización que suporía a concentración dunhas 1.000 hectáreas de terreo nas parroquias limítrofes de Aguís, Pexeiros, Covas e Guntín. Ademais, requeriu a mellora das vías de comunicación para facilitarlle a vida aos veciños do rural. En definitiva, dotar ás explotacións desas áreas de maior base territorial co fin de facelas máis competitivas e sustentables. A conselleira tomou nota desta petición e adiantou ao rexedor que se seguirá cos procesos

oportunos para valorar a súa posta en marcha. Mellora de viais Outro tema tratado nesta xuntanza foi a posible mellora no firme de diversos viais dos núcleos rurais do concello. A titular de Medio Rural subliñou que co Plan Marco de mellora dos camiños de titularidade municipal búscase poñer en valor as vías rurais e facilitar a accesibilidade a parcelas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación. Neste senso, o orzamento previsto para este concello no plan de 2017 ascende a 31.472,10 euros.

A Xunta invertirá algo máis de 31.000 euros en mellorar o firme de diversos viais no concello

O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco, coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.


12

Barrios Xullo 2017

XINZO E COMARCA

Protección Civil achégase aos nenos de Xinzo

Planta asfáltica en Parada Redacción Xinzo Adiante rexeita a instalación da planta asfáltica en Parada de Ribeira. Ademais, mediante un comunicado, censura a actitude do alcalde. O comunicado consta de catro puntos nos que explican o seu rexeitamento á creación desta instalación. Primeiro advirten que estaría situada a 400 metros das primeiras casas de Parada de Ribeira e a 500 metros da Igrexa parroquial. Desde Xinzo Adiante avisan que o único beneficiario desa pranta será a empresa, xa que non teñen constancia de que se cre traballo para os veciños. A formación asegura que este tipo de plantas afectan ao medio ambiente ao contaminar o aire con dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, monóxido de carbono, entre outros. Ademais consideran que afectaría á gandaría e á agricultura, bases da economía da comarca. Desde o grupo opositor lembran que o alcalde dixo en 2014 que se esa planta se contruía, el dimitiría. Tamén lamentan que o grupo que goberna en Xinzo (Partido Popular) tome as decisións en Xunta de Goberno (na que se reúnen o alcalde e os seus concelleiros) en vez de levalas ao pleno, a votación pública. O grupo tamén recordou outros temas polémicos do goberno como as subas de impostos e taxas, árbores da avenida de Celanova, e máis.

4 Mediante unhas xornadas formativas. R. Torres Un momento do acto no Couto Mixto.

Novos xuíces honorarios para o Couto Mixto 4 Alejandro Rubín, Valentín García e a eurocidade Monçao - Salvaterra de Miño foron os nomeados. R.T. O Couto Mixto celebrou o seu día. Como cada xullo, a asociación “Amigos do Couto Mixto” realizou un evento no que nombraron a tres novos xuíces honorarios. Nesta ocasión, a distinción correu a cargo de Alejandro Rubín Carballo, xerente de Ex-

pourense; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e a eurocidade Monçao - Salvaterra de Miño na figura dos seus alcaldes, Augusto Domíngues e Arturo Grandal, respectivamente. Rubín destacou, no seu nomeamento a “confianza” que hai entre as dúas rexións grazas a un traballo iniciado “hai 18 anos” e

Valentín García, dereita, foi nomeado xuíz honorario.

recordou que moitos dos expositores presentes nas distintas feiras que acolle Expourense “son portugueses”. O secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, mencionou que nesa zona viviuse “en democracia” nunha época de “absolutismo”. Ademais comentou que os oriúndos ensínannos que se pode vivir dun lado ou doutro “sen etiquetas”. Pola súa banda, os alcades de Monçao e Salvaterra de Miño, puxeron de manifesto a necesidade de suprimir as barreiras convencidos de que canta máis “unión” máis “calidade de vida” para os veciños. No acto houbo unha procesión ata a iglesia de Santiago de Rubiás. O nomeamento dos novos xuíces estivo amenizado por María do Ceo (xuíza honorífica) e polo grupo Kalekoi.

O grupo Kalekoi e María do Ceo (xuíza honorífica) amenizaron o acto no Couto Mixto

A Agrupación de Voluntarios de Protección civil de Xinzo de Limia realizou unhas xornadas formativas con nenos de terceiro de primaria, cuarto, quinto e sexto de infantil, do CEIP Rosalía de Castro. Primeiro realizouse unha pequena clase teórica onde se trataron distintos temas de emerxencias, como saber que o número de emerxencias é o 112 e algunha noción en primeiros auxilios. Ademais, fixéronse unhas pequenas prácticas sobre que facer en casos de emerxencia e como

utilizar o teléfono 112. Destacada foi a curiosidade dos nenos en coñecer e como tratar as emerxencias que lle poidan xurdir. Anécdotas Os nenos contaron anécdotas que sufriron eles ou algún familiar dos temas expostos. Despois desta pequena clase teórica pasouse aos patios do colexio onde os nenos puideron gozar do material de Protección Civil.

Os nenos contaron anécdotas que lles ocorreron a eles ou a algún familiar

Rapaces coñecendo o instrumental de Protección civil.


PUBLICIDADE

Barrios Xullo 2017

13


14

Barrios Xullo 2017

XINZO DE LIMIA / ALLARIZ

EN BREVE

José Villar gaña o concurso sobre a Festa do boi

4 Concilia no verán O CDR O Viso organiza para o mes de agosto a segunda quenda de “Concilia no verán”. Dirixido a nenos de 4 a 12 anos da comarca é un proxecto de conciliación da vida persoal, laboral e familiar para familias en risco de exclusión social. As prazas son limitadas. Celebrarase en Lodoselo (Sarreaus) de luns a venres durante o mes de agoso en horario de 10 a 17 horas. Haberá transporte desde Xinzo de Limia, e manutención (xantar e merenda); ademais de servizo socioeducatico, actividades lúdicas e comedor. Esta actividade é posible grazas a unha subvención para a realización de actividades de animación a menores en idade infantil e primaria de familias en risco de exclusión.

4 Conmemorando os 700 anos da festividade. Redacción

Rapaces xunto aos monitores dos campamentos de verán de Xinzo.

Campamentos en Xinzo Durante a primeira quincena deste mes Xinzo de Limia acolle os seus campamentos de verán. Un total de 145 rapaces e rapazas, nados entre o 2012 e o 2004, participan neles, sendo esta unha cifra récord. Contan cun total de 20 monitores e monitoras que cobren as disciplinas de atletismo, baloncesto, fútbol, orientación, ximnasia deportiva, xogos populares; e na categoría urbán-deportivo engádese artes plásticas. Todos os días rematan a xornada nas piscinas municipais exteriores; ademáis realizan excursións ao hipódromo para os peques e a Cerceda para os máis grandes. Estes campamentos, como en anos anteriores organizaos a Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude coa colaboración dos clubs A. B. Xinzo, A. D. Limiactiva e E. D. C. Xinzo.

4 Escola Rural Saúde da Limia Recentemente a Escola Rural Saúde da Limia impartiu varios cursos sobre familiares e persoas dependentes. O primeiro deles foi o de “Coidadores familiares e profesionais, lexislación” (aspectos sociais e lexislativos); o segundo centrouse en “Dereitos, deberes e responsabilidades” (aspectos laborais); e o terceiro e último en “O coidado de persoas dependentes e xénero. Cultura e formación nos coidados desde a perspectiva de xénero”. Os dous primeiros foron impartidos pola avogada, Angélica Quintela Arrocha; e o terceiro pola asociación “Falando Nós”.

A avogada Angélica Quintela Arrocha nun dos cursos.

José Villar acadou o primeiro premio no concurso “700 anos da Festa do Boi”. Logo de deliberar o xurado, este decidiu que o artista levárase o primeiro premio co peza “DCC ANNI”. O segundo premio foi para “O Boi, un cadáver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de coiro da escola EMAO de Vigo. O terceiro premio levouno “Os Curtidores” de Miriam Campomar. Os primeiro premio era de 400 euros; o segundo, de 300; e o terceiro, de 200 euros. Ademais concedeuse un accésit a Michael Nadeau pola peza “Boi”. A reunión do xurado do concurso “700 anos

da Festa do Boi”, formado por Antonio Blanco Rodríguez, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, os artesáns Ernesto Sánchez Bibrián e Nelson Gómez Callejas e Juan Antonio Seara Ferro técnico de cultura ademais do voto emitido polos visitantes que se achegaron á exposición “700 anos da Festa do Boi” na que estiveron expostas, do 3 ao 11 no museo.

“DCC ANNI”, a peza gañadora de José Villar.

Vida no Rexo para a Marsilea 4 Recuperouse na charca do ecoespazo. Redacción

Momento da recollida de alimentos.

Recadación de alimentos Fusión Fitness e o CDR O Viso recolleron alimentos e produtos de hixiene para os máis necesitados, o pasado 25 de xuño. Esta é a cuarta vez que se realiza devandito acto. En total recadouse media furgoneta –aproximadamente uns 350 kg- de alimentos para o Programa de Emerxencia Social que se leva a cabo dende o CDR O Viso desde o ano 2014. Esta actividade está financiada dende o Ministerio de Sanidad, Servizos Sociais e Igualdade a cargo das convocatorias anuais do IRPF (0,7%). Tamén é subvencionado dende a Deputación de Ourense. As axudas que prestan complementan o labor dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos da Comarca, mediante unha resposta áxil e que atende integralmente ás necesidades básicas das persoas, cunha proposta inclusiva e un “dar para recibir” que dignifique ás persoas, alén da mera beneficencia exercida dende “arriba cara abaixo”. Por iso dáselles formación con prácticas en empresas, coa idea de xerar oportunidade e cambio social para as persoas en risco entre outras cuestións.

O Centro de educación Ambiental O Rexo ten un inquilino moi especial. Trátase da Marsilea Quadrifolia, un taxon helecho acuático que ten forma de trébol de catro follas. Foi introducida na charca do Rexo e se pode decir, que un ano e medio despois a súa recuperación é un éxito. A Marsilea Quadrifolia está extinta na península Ibérica en estado silvestre, de aí a importancia deste proxecto. Unha das últimas poboacións atópase no Centro para la Preservación de Especies ameazadas CREA Félix Rodríguez

A Marsilea. de la Fuente de Ourense, xestionado polo Banco de Ideas de Galicia (BIC Galicia). Este cedeu para a charca con vida situada no Centro de Educación Ambiental O Rexo de Allariz, unha célula de cultivo deste taxon para que no Concello de Allariz se conserve esta especie ameazada. Os máis de 2.500 visitantes que ten o centro poderán contemplar esta nova especie.


ALLARIZ E COMARCA

Melloras no acceso ao núcleo urbán de Maceda

No primeiro trimestre de 2018 estarán listas as melloras ao acceso ao núcleo urbán de Maceda. Así se confirmou tras unha reunión mantida entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordena-

ción do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde macedán, Ruben Quintas. A Xunta de Galicia mellorará tres vías de acceso ao núcleo urbano de Maceda (Ourense) por valor de 111.000 euros, que se distribuirán en dúas anualidades: 48.000 en 2017 e

A rúa da Cruz será unha das rúas que sofrirá unha mellora tralas obras./MIGUEL REJO.

63.000 en 2018. Unha vez licitadas e adxudicadas, as obras, que se realizarán a cargo do Plan Hurbe, poderán comezar a finais deste ano e estarán concluídas no primeiro trimestre de 2018. Obras As melloras afectarán a preto de 300 metros de longo, nos que se dará prioridade á seguridade viaria e á mellora dos servizos de recollida e tratamento das augas residuais. Na rúa da Pena, de 87 metros de longo, botarase unha nova capa de 15 centímetros e, no centro, colocaranse lousas de granito moreno, mentres que nos extremos instalarase ado-

15

Pleno de Allariz Redacción

4 A Xunta investirá máis de 100.000 euros nas obras. R. Torres

Barrios Xullo 2017

A conselleira co alcalde de Maceda asinando o convenio para o arranxo das rúas. quín deste mesmo material. Ademais, as baixantes que agora verten directamente na rúa serán debidamente canalizadas e construirase un colector con tres pozos de rexistro. Por outro lado, esta vía conta cunha forte pendente, na súa entrada desde a OU-104, polo que se subirá a rasante. Tamén haberá actuacións na parte máis antiga do núcleo de Maceda, nas rúas da Cruz e Perigo, que disporán dun novo pavimento ao mesmo estilo ca anterior. Por último, recuperarase

As obras estarán listas para o primeiro trimestre de 2018 un camiño peonil coñecido como Travesía do Buratiño, que se atopa máis afastado do centro urbano e, polo tanto, con menos tránsito. Deste xeito, será pavimentado de novo, pero, neste caso, coa aplicación de materiais máis acordes coa contorna e os seus usos.

No pleno de xuño do Concello de Allariz aprobouse pedir á Xunta de Galicia que nomee ao concello como “zona de grande afluencia turística” en lugar de “Concello Turístico” como está contemplado ata agora. En caso de ser aceptada servirá para ter unha maior flexibilidade nos horarios comerciais, ademais de poder pedir subvencións e axudas. Desde o Concello consideran que a vila cumple cos requisitos esixidos polo que comezarán co expediente para que a Xunta a denomine “zona de grande afluencia turística”. Parcelas Outro do punto aprobado foi o de vender dúas parcelas no Parque Empresarial de Chorente, mediante unha poxa.


16

Barrios Xullo 2017

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

Baixan os delitos en Celanova

4 Faustino Míguez, santificado Un total de 65 docentes que desenvolven o seu labor educativo en 14 colexios da orde Calasancia repartidos por toda España e que están formándose neste comezo de xullo en Galicia na pedagoxía calasancia, desprazáronse a Celanova co fin de coñecer as orixes xeográficas do fundador da orde. O que fora monxe das Escolas Pías e posteriormente fundador da orde Calasancia, Faustino Míguez, quen será santificado polo Papa Francisco, no transcurso dunha cerimonia que terá lugar o próximo día 15 de outubro no Vaticano.

4 O índice de esclarecemento sobe levemente. Redacción

Lómbre foi un dos viños presentes na “Emoción dos viños”. /RAMSÉS.

A emoción dos Viños O mosteiro de Celanova foi a sede da sétima edición da “Emoción dos viños”. Evento no que se deron citas arredor de 80 bodegueiros de Galicia, Portugal e o resto da península Ibérica. Máis de 400 persoas non se quixeron perder a oportunidade de probar algún destes caldos para deleite do seu paladar. Desde a organización plantéxanse volver a organizar a actividade en Celanova debido a pouca axuda institucional que tiverón. Antonio Portela, un dos organizadores pensa en volver á vila de San Rosendo “se temos algunha axuda por parte das institucións”. Durante cinco anos foi o mosteiro de Tui o que acolleu este evento, para o ano pasado trasladarse a Valença do Mino e recalar este ano en Celanova.

4 Visita teatral Este venres, 14 de xullo, realizarase unha visita teatralizada polos segredos de San Rosendo, no mosteiro de Celanova. A visita dará comezo ás 22 horas e o prezo é de 5 euros. O aforo está limitado a 40 persoas e realizarase a actividade se se anotan un mínimo de 30. A reserva de entradas pódese realizar na oficina de Turismo de Celanova e nos teléfonos: 696 299 608 e 617 557 961.

4 Sen circos con animais O Bloque Nacionalista Galego de Celanova pretende, mediante unha moción, declarar a Celanova como vila libre de circos con animais. Desde o BNG queren que o concello non autorice nin promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal.

Presentación do libro de Pablo Sánchez, “Masonería e república en Celanova”.

Presentación de dous libros en Celanova Este mes Celanova leva dúas presentacións de libros. A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro “Masonería e república en Celanova. Benito Cancela Rodríguez (1892-1973), o alcalde que salvou o mosteiro de San Rosendo” do historiador Pablo Sánchez Martínez. Días máis tarde, Miguel Anxo Fernández presentou o seu “Blues para Moraima”, premio Blanco Amor 2016. O acto previsto na praza Maior tivo que ser trasladado aos baixos do Concello polo mal tempo.

Xunta Local de Seguridade en Celanova.

O II Coworking de Celanova, en marcha 4 Prolongarase durante cinco meses. Redacción

4 Obradoiro A biblioteca de Celanova acolle este luns, 17 de xullo a partir das 11 horas, un obradoiro creativo. Crearase un espectáculo audiovisual a partir dun conto. As prazas, para nenos de entre 6 e 12 anos, están limitadas a 12 rapaces polo que se pide que realicen preinscrición.

Na Xunta Local de Seguridade do Concello de Celanova desvelouse que os delitos tenderon á baixa durante os primeiros meses deste ano, en concreto nos meses compendidos entre xaneiro e maio. Os datos reflicten unha tendencia considerable á baixa na totalidade das infraccións penais, sendo esta baixada máis acusada no referente aos delitos. Os índices de esclarecemento soben levemente e as detencións descenden. Tamén descenden lixeiramente as infraccións contra a seguridade vial

e se manteñen estables as infraccións administrativas. Na reunión, tamén se aprobou a acta da Xunta de Seguridade do 2 de decembro de 2016. O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceu a entrega Forzas e Corpos de Seguridade “pola súa permanente entrega e constancia ao benestar da cidadanía; xa que seguen a traballar sen esquecer nunca ningún caso aberto”. O alcalde, José Luís Ferro, amosou a súa satisfacción pola colaboración “entre as Forzas e Corpos de Seguridade coa Policía Local”.

Rapaces no obradoiro de cociña.

III Celanova Chef Os pequenos de Celanova coñecen un pouco máis de cociña. A terceira edición do Celanova Chef reuniu a rapaces inquedos par coñecer os segredos da cociña máis rica. En dúas quendas, e instruidos polo cociñeiro Martín Álvarez González aprenderon a elaborar galipizzas (pizzas con produtos galegos) e galletas, granizados, algodón doce e bombóns de pataca fritida.

A segunda edición do Coworking de Celanova xa se puxo en marcha. Son 22 novos proxectos nos que os promotores teñen a oportunidade de contar, durante os próximos cinco meses, con asesoramento especializado e titoría personalizada para acelerar os proxectos empresariais presentados. O obxectivo fundamental das iniciativas de coworking é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e

a creación de emprego sobre o territorio, incrementando as probabilidades de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.

I Coworking de Celanova. /ARQUIVO.


PROVINCIA

Suspéndese a folga de autobuses ata o 2 de agosto 4 Polo momento logrouse un aumento salarial do 2%. Redacción Os sindicatos suspenderon a folga de autobuses ata o 2 de agosto ao chegar a un principio de acordo relativo aos salarios do sector coa patronal. Este xoves 13 o paro pasaba a ser indefinido debido a que as negociacións coa Xunta para a modificación do Plan de transporte público non avanzaban como agardaban. Segundo CCOO este plan conlevaría o despido do 25% dos traballadores. Pero pouco antes da medianoite do día 12 sindicatos e patronal chegaron a un preacordo baseado nunha subida salarial do 2%. Incremento que deberá asinarse nas catro mesas provinciais. Ata ese momento xa se sumaban oito xornadas de folga, deixando sen servizo interurbano a milleiros de galegos e afectando ao transporte urbano de Santiago e Lugo. Para avanzar na resolución do conflito xa están fixadas as reunións para as catro comisión delegadas (o 17 e 18 de xullo; o 26; o 31 e o 1 de agosto). Un día despois reunirase a mesa galega para valorar o progreso das negociacións e a sinatura dos novos convenios colectivos. Ata entón a Xunta deberá seguir traballando nas dúas condicións dos sindicatos: subida de tarifas e actualización do IPC para

os contratos dos autobuses escolares, conxelado dende o 2013. Segundo os traballadores, a recuperación económica que tanto anuncia o goberno galego debería notarse nos contratos dos servizos públicos. Plan de transporte A titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou que, unha vez publicados os proxectos definitivos, a Xunta convocou ás empresas a presentar as ofertas para prestar os servizos. As compañías teñen ata o 18 de xullo para facelo, e antes de finais de mes coñecerán o resultado. Vázquez lembrou que as renuncias expresas das empresas a máis de 570 liñas de transporte se materializarán en agosto, sendo o Plan de transporte a única alternativa viable e legal para que a provincia de Ourense, boa parte da de Lugo, parte de Pontevedra e zonas concretas da Coruña manteñan o transporte público; mediante o uso compartido dos autobuses escolares, sendo a única posibilidade de mobilidade para moitos veciños do rural. Destacou tamén que este Plan garante o futuro das pequenas e medianas compañías de transporte ao agrupar as liñas en 41 contratos e limitar o número de adxudicacións.

Estación de autobuses de Ourense./CEDIDA.

Baixada do paro en xuño 4 CCOO destaca a estacionalidade dos contratos. Redacción No mes de xuño 840 persoas atoparon emprego na provincia de Ourense, unha cifra bastante menor comparada co mesmo mes do 2016, no que foron 1.853 as que se reinsertaron no mundo

laboral. Neste momento aínda engrosan a listas do paro 20.000 ourensáns. Segundo CCOO destaca a rotación laboral baseada na estacionalidade, sobre todo no sector servizos e que a redución do paro estase a producir a conta de disparar os niveis de pre-

cariedade nun mercado de traballo xa moi castigado tras anos de despedimentos masivos, taxas de paro moi elevadas, desvalorización salarial e aumento da explotación laboral. Pedro L. Barreiros, secretario Xeral do sindicato en Ourense, asegura que “nin esta provincia, nin o país, pódese instalar nunha utilización sistemática da precariedade, a temporalidade e os despedimentos baratos como xeito de contratación que se ceba con mulleres e mozos”. Segundo CCOO, no mes

Barrios Xullo 2017

17

de xuño, os contratos temporais incrementáronse en máis de dous puntos, pasando do 89,01% ao 91.27%. CCOO considera que é preciso e urxente derogar as dúas últimas reformas laborais e mellorar o poder de compra dos salarios. Así mesmo, ven imprescindible a mellora da protección social, pois “apenas a metade dos parados conta con algún tipo de protección que, ademais, na maioría dos casos, limítase tan só a unha prestación asistencial”.


18

Barrios Xullo 2017

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Éxito da II Misión comercial USA-Ourense O balance das dúas xornadas de traballo, con encontros bilaterais e visitas a centros de produción da provincia sáldase con preto de 200 reunións entre empresas de Ourense e Estados Unidos O mosteiro de Oseira acolleu o acto de clausura da II Misión comercial USA-Ourense, un encontro empresarial no que participaron ao redor de cen empresas ourensás e dos Estados Unidos co obxectivo de abrir canles comerciais e de cooperación empresarial entre ámbolos dous territorios. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen clausurou o evento, xunto aos congresistas norteamericanos Patrick Meehan (Pennsylvania) e Linda Sánchez (California), e ao presidente da Fundación Advanced Leadership, afirmou: “Máis que vender o que queremos é compartir Ourense con outros territorios, para crecer e crear xuntos entre todos”. Baltar agradeceu “ás entidades colaboradoras, aos representantes dos empresarios de Ourense, aos congresistas, ás empresas e a todos os que fixeron posible que por segundo ano consecutivo puidésemos xerar este espazo de oportunidades empresariais, para afondar no coñecemento mutuo dos mercados de ámbolos dous territorios, Ourense e Estados Unidos, e dos vínculos comerciais que nos unen e que nos permitirán ser máis fortes e máis competitivos”. O presidente do goberno provincial puxo o acento “no importante número de contactos,

Impulso económico para a provincia de Ourense O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo provincial ao director xeral do Círculo de Empresarios de Galicia, Víctor Jáuregui, e a destacados empresarios adscritos a esta entidade, para analizar accións que se desenvolverán nos vindeiros meses nos ámbitos do emprendemento, investimento, internacionalización e networking que conxuntamente levarán a cabo a Deputación de Ourense e o Círculo de Empresarios de Galicia. Xunto a Manuel Baltar e Víctor Jáuregui na reunión participaron: Serafín Ocaña, presidente de

sión USA-Ourense contou tamén coa participación do conselleiro para Asuntos Económicos da Embaixada de Estados Unidos en España, Thomas Reott, e da directora de Finanzas e Investimento do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), María Jesús Fernández, un evento no que destaca a presenza de importantes entidades que apoiaron a promoción e o desenvolvemento da misión, como a American Sustainable Business Council, Metro At-

lanta Chamber, a Cámara de Comercio España-USA, The National Association of State Latino Chambers of Commerce (NASLCC) e a The New York State Coalition of Hispanic Chambers of Commerce, entidades que representan a miles de empresas nos Estados Unidos, mentres que polo que atinxe á provincia de Ourense a misión contou co apoio da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e da Cámara de Comercio de Ourense.

A Deputación de Ourense financiará un estudo da Federación Provincial de Comercio que analizará produtos, servizos e perfís socio-demográficos co obxectivo de mellorar o comercio ourensán por comarcas e concellos. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmoulle á presidenta dos comerciantes ourensáns, Beatriz Gómez, o apoio económico da institución provincial. A iniciativa máis innovadora, tanto no ámbito autonómico como nacional, é este estudo sobre o comercio local na provincia de Ourense; un informe participativo que terá en conta a opinión dos consumidores e analizará por comarcas e concellos perfís comerciais, produtos, servizos, así como a segmentación socio-demográfica “para ter unha foto fixa do comportamento do consumidor e da actividade comercial, e apuntar o camiño a seguir na mellora do comercio local”, expresou o presidente da Deputación. Manuel Baltar afirmou trala reunión que apoiar ao comercio local “é estar ao carón dun sector que desde sempre se ten significado como unha parte fundamental da nosa economía e unha parte histórica e tradicional da nosa provincia”. “Este estudo –remarcou Baltar- supón unha folla de ruta para as posibilidades de mellora do comercio ourensán, buscando sempre que o consumidor conte co mellor servizo no comercio local”.

vimos realizando desde a institución provincial, como as misións empresariais USA-Ourense e Israel-Ourense, ou relacionadas coa análise da economía provincial, por medio do Observatorio Económico Ourensán”, afirma Baltar.

O acordo de cooperación entre Deputación de Ourense e Círculo de Empresarios de Galicia enmárcase no Plan “Transforma Ourense”, vencellado ao papel que exerce a Deputación como axente dinamizador social e económico da provincia de Ourense.

Neste sentido, abrangue accións nos ámbitos Start-up, agroalimentario (Galicia Market Place), encontros de networking empresarial, internacionalización de Pemes, talleres para pre-emprendedores, e foros de investimento.

Manuel Baltar, na segunda misión comercial Ourense - USA. actividades desenvolvidas e nas expectativas que se deron nos encontros bilaterais celebrados no marco da misión comercial”, preto de 200 reunións one to one e visitas a centros de produción da provincia, que permiten establecer contactos e liñas de cooperación principalmente nos sectores agroalimentario, tecnolóxico, turístico, medioambiental, enerxético, de distribución, consultoría e fondos de investimento. Esta segunda edición da mi-

GOC e do Círculo Financiero de Galicia; Emilio Pérez Nieto, presidente de honra de Pérez Rumbao; Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas; José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal; Aníbal Blanco, de Transportes Aníbal Blanco; Hugo González, de ARVI; Alfredo Blanco, de Copasa, e Bilgai Epstein, do Círculo de Empresarios de Galicia. Baltar destacou a importancia da alianza Deputación de Ourense - Círculo de Empresarios, “unha colaboración público-privada que nos permitirá desenvolver iniciativas acordes coas liñas de apoio á competitividade que

Estudo innovador sobre o comercio ourensán

Manuel Baltar co presidente do Círculo de Empresarios de Galicia e empresarios.


PROVINCIA

1,8 millóns de euros para prevención e defensa contra os lumes 4 É o que destinará a Xunta para 148 proxectos na provincia. Redacción A Consellería do Medio Rural vén de conceder este ano na provincia de Ourense un total de 1,8 millóns de euros en axudas para a prevención dos danos causados nos montes por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 20142020. A achega concedida na provincia destinarase a 148 proxectos presentados polas comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC)

de 11 comarcas. Esta orde de axudas engloba dúas liñas de subvención. Por unha parte, financia o control selectivo do combustible en áreas cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural e a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais. A segunda liña

de subvención financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. Comarcas A comarca máis beneficiada foi a de Viana con 38 proxectos e un importe

A comarca máis beneficiada foi a de Viana; tras ela, Verín, Baixa Limia e A Limia de 474.824,28 euros. Verín recibirá 412.207,04 euros, por 33 proxectos; a Baixa Limia 239.148,23, por 18; A Limia 175.602,99, por 15; Valdeorras 124.163,35, por 10; Terras de Celanova 113.322,07, por 10; Terras de Trives 77.917,18, por 7; Allariz-Maceda 62.464,76, por 5; Terras de Caldelas 49.056,68, por 4; Carballiño 32.227,03, por 5; O Ribeiro 29.689,61, por 2; e Ourense 6.770,61, por 1 proxecto.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitando os traballos realizados Sarreaus.

Barrios Xullo 2017

19

Obras en catro estradas ourensás 4 A Xunta licita as obras por 820.000 euros. Redacción A Xunta de Galicia reforzará o firme nos treitos máis danados das estradas OU-161, OU301, OU-312 e OU-540 da provincia coa finalidade de mellorar a seguridade e comodidade dos seus usuarios. Os traballos desenvolveranse nos concellos de Barbadás, A Merca, Celanova, Verea, Bande, Muíños, Lobios, Xinzo de Limia, Porqueira e Lobeira. Actuacións O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o de Lobios, no que se proxectan traballos por un importe de case 240.000 euros; en Celanova executaranse obras cun presuposto de preto 135.000 euros; no municipio de Verea o importe das obras cífrase en pouco máis de

95.000 euros; polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Bande o seu investimento acada case os 82.000 euros; os traballos proxectados en Muiños teñen un presuposto de 74.500 euros; canto ás obras previstas en Barbadás custarán case 70.000 euros; ao concello de Porqueira destínase 61.500 euros; ao de Lobeira máis de 52.000; os traballos que se executarán na Merca superaran os 8.000 euros; mentres que en Xinzo de Limia o orzamento das obras cífrase en 4.500 euros. Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da administración autonómica mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento de 20 millóns de euros.


20

Barrios Xullo 2017

EN BREVE 4 Allariz O CD Allariz ficha ao técnico Miguel Sotelo. Será o adestrador da entidade alaricana nesta tempada. Anteriormente estivo no Polígono, en Preferente, ata mediados do curso pasado.

4 Sporting Celanova O Sporting Celanova refórzase con tres novas caras. Dous defensas: Sergio e Patas xunto ao dianteiro Álvaro; o primeiro chega da UD Ourense e os outros dous do CD Velle.

4 San Rosendo O estadio de San Rosendo, no que habitualmente foi de local o Sporting de Celanova acolle esta pretempada un partido de altura. Será o UD Ourense fronte o Pontevedra de Luisito e disputarase o vindeiro sábado, 12 de agosto, e nel poderase ver ao ex do Celanova Codeso, que recalou este ano nas filas unionistas.

4 Verín Tralo descenso da Rexional Preferente á Primeira Galicia toca pensar na vindeira tempada. Para elo o club xa renovou ao seu adestrador, Marcos Zorrilla (que chegou ao banco do José Arjiz a mediados da pasada campaña). Xunto a Zorrilla xa están renovados os xogadores Iván Blanco, Iago Campelo, Jordi González, Samu Prieto, David Rodríguez, Jorge Salgado e Ramón Giraldo. Ademais o club “vermello” xa fixo tres fichaxes. Tratase do Rubén Pérez Montes, “Cohete”, que chega do Celanova; José Manuel González Gómez, “Lolo”, provinte do Covandonga; e Brian, extremo ambidextro das Heras (Mendoza).

DEPORTES

Diz, primeiro en Celanova e segundo en Leiro 4 Raquel Suárez, a máis rápida entre as mulleres. Redacción Rubén Diz foi o atleta máis rápido na carreira nocturna de Celanova celebrada o sábado 24 de xuño. Diz tivo coma rival ao seu compañeiro de equipo (da Sociedad Gimnastica de Pontevedra) Akka Essaadaoui, pero soamente no primeiro tramo de carreira, xa que logo colleu velocidade de cruceiro e ninguén o puido seguir. Na meta, Diz aventaxou en 38 segundos a Essaadaoui. Na terceira posición entraría Javier Paredes a un minuto e 32 segundos do vencedor. En mulleres, a máis rápida foi Raquel Suárez cun tempo de 28:56 minutos. A do Ría de Ferrol sacoulle en liña de meta 24 segundos a Ariana González (da Sociedade Atlética do Tegra) e un minutos e 46 segundo a Ana María Ocampo (Burgas Atletismo), segunda e terceira, respectivamente. Nesta décimo cuarta edición participaron máis de 450 atletas entre todas as categorías. Leiro Sete días depois Leiro acollía a súa popular que este ano chegaba a 34ª edición. Na proba absoluta a distancia a percorrer eran 9.321 metros. Chegaron a meta 231 atletas. Entre os favoritos, un Rubén Diz que está nun estado de forma envexable. Nesta ocasión xunto a Akka Essaadaoui, Youness Aithadi serían rivais do limián. Finalmente Aithadi fíxose co triunfo (28:59 minutos) sacándolle na liña de meta

Feijoo e Canal, campións galegos de BTT XCO 4 O Club Ciclista Maceda logra un total de sete podios. R.T.

Participantes na nocturna de Celanova. /S.NIETO. 28 segundos a Diz (29:27). En terceira posición entraría Akka Essaadaoui a máis dun minuto do vencedor (30:04). O “top 5” o completarían Pepe Márquez (31:21) e José Manuel Corral (31:30). A atleta ourensán Iria Fernández gañou unha nova proba. Fernández parou o crono en 35 minutos e 41 segundos, aventaxando en 32 segundos a Ariana González (36:13). Ana María Ocampo foi a terceira clasificada (36:58). Ana Isabel Soutullo ( e Josefina Castro (41:39), foron cuarta e quinta, respectivamente. Vía Nova A carreira popular “Vía Nova” do Concello de Bande chega a súa cuarta edición o vindeiro sábado, 15 de xullo. A Deputación de Ourense xunto co Concello de Bande organizana en colaboración coa Asociación VII Legio Gemina. A xornada dará comezo ás 19 horas coa proba prebenxamín (100 metros de

A carreira de Baños de Molgas terá lugar o 29 de xullo ás 19 horas distancia); continuarase coa dos benxamíns (400 metros), ás 19:15 horas; a alevín (1.000 metros de percorrido), infantil e cadete (2.000) será ás 19:30 horas; e finalizarase coa absoluta, ás oito da tarde, cunha carreira de 8 quilómetros. Baños de Molgas O sábado 29 de xullo, no Concello de Baños de Molgas terá lugar a décima edición da carreira popular de San Salvador. Unha proba que comezará ás 19 horas coa carreira de pitufos e continuará coas escolares ata rematar coa absoluta, as 20 horas, de 7 km. As inscricións están abertas ata o 27 de xullo en championchipnorte. com.

O Academia Postal Actyon MMR está de noraboa. O Club Ciclista Maceda logra un total de sete podios (dous títulos, tres subcampionatos e dúas terceiras posicións) no Campionato de Galicia de BTT XCO. Así o certificaron na disputa da proba da pasada fin de semana celebrada en Cambre (A Coruña). Os bikers do equipo Iván Feijoo e Carlos Canal proclamábanse campións. Feijoo foi o primeiro en entrar na liña de meta entre os júniors. Na terceira posición remataría o seu compañeiro Abel Franco. En cadetes, dous podios máis para os macedáns. Tras Carlos Canal, que gañaba a carreira, entraba en meta o seu compañeiro Marco Nube facéndose co subcampionato. Na mesma categoría cadete, pero en féminas, Noela Saa era segunda, mentres que Aída Gonzá-

lez facíase coa medalla de bronce; en cuarta posición remataba a compañeira de ámbalas dúas, Antía Martínez. A última medalla ourensá foi a de Raúl González, quen en sub 23 colgábase a prata. Ávila A próxima cita do club macedán serán os campionatos de España escolares para cadetes e infantís. O club acudirá cunha nutrida representación á cita en Ávila. Escolar Nos campionatos escolares de BTT, na proba de mulleres cadete, Noela Saa remataba sexta, mentres que a súa compañeira, Aida González, era 13ª. Xunto as súas compañeiras de selección (Antía Martínez, e a corredora do Cambre, Andrea) subíanse ao podio para colgarse a medalla de bronce. Unha avaría afastou a Carlos Canal de subir ao podio na categoría cadete masculina.

Carlos Canal, no centro, e Marco Nube, á esquerda, no podio cadete.


DEPORTE / OCIO E CULTURA

Luque vence no Raid de Antela 4 Na proba de 120 km. Redacción O hipódromo de Antela viviu tres xornadas de carreiras de cabalos cun gran nivel de participación. Na proba raíña de todas elas, a carreira de 120 quilómetros, soamente dous participantes remataron. Álex Luque, o favorito, foi o vencedor por diante da amazona Maite Malgosa, a case hora e media del. As complicadas condicións fixeron que o resto de participantes abandonaran. Outras probas Na carreira de 80 qui-

lómentros (Campionato de Galicia) a gañadora foi Rocío Díaz; na Copa Deputación (60 quilómetros) impúxose Sara Piñeiro; na de 40, Óscar García; e na de 20, Francisco Ruíz. No Campionato de España júnior, Guillem Orriols logrou a vitoria superando nun só segundo á segunda clasificada, Laura Fernández.

No Nacional júnior, Guillem Orriols logrou a vitoria por só un segundo

Participantes nunha das probas do Raid.

O carnaval volta ao Carballiño 4 Arredor de 500 persoas participarán no desfile. Redacción Arredor de 500 persoas participarán no desfile do Carnaval de Verán que se celebrará este sábado, 15 de xullo, polas rúas máis céntricas do Carballiño. Os actos comezarán o venres 14, co Carnaval de Verán Infantil. Ás 11 da mañá nos arredores da Praza Maior, haberá actividades de animación e obradoiros. Neste carnaval participarán os nenos e nenas dos campamentos urbanos, ademáis de cantos rapaces queiran incorporarse por libre. O día seguinte, o sábado 15 é día de feira no Carballiño, polo que durante a mañá haberá animación musical polas rúas. Así, o grupo Os Serandeiros ofrecerá pasarrúas a partir das 11 e ata o mediodía. Ás 10 da noite dará comezo o percorrido das charangas, murgas, com-

parsas e folións que sairán da Praza da Veracruz e proseguirá polas rúas Curros Enríquez, Rotonda da Alameda e Praza do Emigrante, Avda. Xullo R. Soto, Centro do Carballiño en Bos Aires e rúa do Paseo. Moitas das agrupacións que concursaron no pasado Entroido de inverno voltarán a desfilar este sábado, pero haberá novas incorporacións, como a comparsa Os Festicultores Troupe.

Ademáis, participarán Os Liborianos, Os Azucarados de Maside, Os Silleiros Árabes, O Conto de Carapuchiña, Mouchos de Fantasía (AAVV Partovia), Guardiáns da Primavera (Dacón), Sol e Súper Lúa (San Amaro), Os Nevadiños (Neves de Grixoa), Aspadisi, así como a charanga do Dr. Anchoa, entre outros. E para rematar a festa do Carnaval, a partir da 1 da madrugada, haberá festa coa actuación do grupo Gim Tonics na praza Maior.

Para rematar o Carnaval actuarán na praza Maior os Gim Tonics

O desfile do Carnaval congregará a numerosa xente.

Barrios Xullo 2017

21

EN BREVE 4 Feira en Verín Aproveitando a maior afluencia de xente nestes meses estivais, o Concello de Verín organiza, este domingo, 16 de xullo, unha nova edición das súas feiras de verán. Celebrarase na praza da Alameda e o horario será de oito da mañá ata as tres da tarde. Por iso, tanto o tráfico como o estacionamento están restrinxidos de 7:00 a 15:00 horas na zona.

4Amplo oferta de ocio no Carballiño A axenda cultural do Carballiño vén repleta para este mes de xullo. Xunto á Festa dos anos 80, o Carnaval e a Feira Medieval a cidadanía poderá gozar de máis actividades. O sábado 29 celebrarase unha andaina nocturna guiada aos petroglifos de Cangues (Madarnás-A Esgueva). O domingo 30, terá lugar a proxección na praza Maior da película “El bosque animado”, coa presencia do director José Luis Cuerda. E, ademais, os domingos pola tarde actuarán grupos locais na praza Maior.


22

Barrios Xullo 2017

4AXENDA Exposicións - Ata o 20 de xullo - Exposición de Arte Infantil - Sala de exposicións de Verin - Ata o 26 de agosto “Nós tamén fomos emigrantes” - Fundación Curros Enríquez (Celanova) - Ata o 29 de outubro VIII Festival Internacional de Xardíns de Allariz “Os xardíns da memoria” - Allariz Música - 14 de xullo - Concerto de Os Carunchos - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 27 de xullo - Concerto de Carlos Núñez “A tradición medieval” - 21 h Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín) - 28 de xullo - Concerto de Carlos Núñez “A tradición medieval” - 20:30 h - Mosteiro de Oseira (Carballiño) - 29 de xullo - Concerto de Carlos Núñez “A tradición medieval” - 21 h - Montederramo - 2 de agosto - Odaiko en concerto - 20 h - Praza da Merced (Verin) Infantil - 8 de agosto - “Hansel e Gretel” teatro infantil - 21.30 h - Auditorio Municipal de Verin Outros -Todos os xoves de verán - Pincho Gastronómico nos bares de Verin -29 de xullo - Avelino González: contos de contrabando - 21:30 h - Campo da festa de Zarracós (A Merca) - 1 e 2 de agosto - “VIII concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas” - Praza da Merced (Verin) Festas e feiras - Do 14 ao 18 de xullo - Festas de Santa Mariña en Xinzo de Limia - Todos os xoves - Feira en Celanova www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Xinzo de Limia móvese ao son da música no verán 4 O Concello recupera o Festival Alternativo de Xinzo, que será o 5 de agosto. R.T. O Concello de Xinzo de Limia ten programada para todo este verán unha ampla oferta para o ocio e tempo libre na que destaca a música e os eventos para os máis cativos. O momento máis álxido será esta mesma fin de semana coas festas de Santa Mariña, que se celebran do 14 ao 18 de xullo. O venres, 14 de xullo chega a festa da escuma, na alameda do Toural a partir das 19 horas. Ás 21 horas a agrupación musical da Limia “Chikiband” ofrece un concerto na praza de San Roque. Dúas horas máis tarde (23 horas), animación cubana a cargo de Carlos Tarafa na praza de Oriente. O sábado 15 terá lugar o defile de bandas de gaitas que precederá ao III Festival de Gaitas no que estarán presentes formacións locais xunto a outras de lugares como Asturias e Portugal. O domingo 16 actuará a orquestra Miramar e o concerto do grupo Cuarteto improvisado. Ademais, o hipódromo de Antela acollerá a partir das 17:30 horas unha nova xornada de carreiras de cabalos. Ao día seguinte (luns 17) subiranse ao escenario o Combo Dominicano e Nebraska, ademais haberá inchables acuáticos de 16:30 a 18:30 horas na piscina municipal. O martes día 18 actuarán Saudade e Graffitti. Pola mañá, ás 12 haberá misa e procesión desde a igrexa vella ata a igrexa

nova. A alameda do Toural será a sede (ás 18 horas) da celebración do III Torneo da Chave “Manolo Santana”. Durante todos os días, charangas e pasarrúas non faltarán á cita.

Todos os sábados (ata o 12 de agosto) ás 20:30 horas haberá espectáculos para nenos

Programación infantil Desde o pasado 8 de xullo e ata o 12 de agosto, o Concello de Xinzo organiza todos os sábados un espectáculo infantil na rúa que dará comezo ás 20:30 horas. Durante os días das festas as funcións terán lugar tamén o resto da semana. Así, este sábado 15 tócalle a quenda ao teatro coa obra “O home maneco”. A programación infantil en festas completarase coa música de Paco Nogueiras (domingo 16) e de AMDL + Odayco (luns 17); e coa máxia do Mago Martín (martes 18). Logo continuará o programa cada sábado. O día 22, a obra de teatro “As mil e unha noites”, de Gazafellos; o día 29, o Mago J. Muro con “Sinto-

Fax O Concello recupera este verán o FAX (Festival Alternativo de Xinzo) para o día 5 de agosto. Na alameda do Toural (con apertura de portas ás 20:30 horas) actuarán Ses, Eladio y los seres queridos (presentando Cantares); Coanhadeira; e Habitación Vudú. As entradas estarán á venda en ataquilla.com (o 30% do recadado irá destinado a axudar na compra dunha furgoneta para os rapaces de Limisi Diversidade Funcional.

nía máxica”. Para agosto quedarán o día 5, tarde de contacontos con Raquel Queizás que chegará con “Cocorocó”; e o día 12, tarde de troula con Animar-T, para bailar un pouco.

Cartel da edición 2017 do FAX.

EN BREVE 4 Allariz

4 Celanova

A programación cultural de verán en Allariz é ampla variada, entre a que se atopa a IV Xuntanza da asociación galega de arboricultura, que terá lugar no entorno do Arnado, a carón do río Arnoia os días 14, 15 e 16 de xullo. Ademais, a vila tamén ofrecerá cinema, roteiros, exposicións, concertos, teatros, entre máis eventos. O sábado 29 de xullo, no campo dos Brancos, vivirase unha noite de astronomía; e a festa da empanada este ano será os días 19 e 20 de agosto.

En Celanova o máis destacado neste período estival será a Ramallosa (día 5 de agosto) e as Festas de San Roque (do 12 ao 14 do mesmo mes). Pero ademais, a vila terá máis actividade. Por exemplo, o Festival Hércules Brass chega a súa cuarta edición do 31 de xullo ao 4 de agosto. Pero antes, o 21 de xullo, unha visita teatralizada polos segredos de San Rosendo rematará cunha cea “monacal” no Claustro Barroco. Deporte, campamentos e obradoiros serán algunhas das demais propostas.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Os pensamentos e a enerxía son importantes para a saúde e poden ter influencia nas doenzas Moitas persoas colocan os pés no chan para captar a enerxía magnética da terra. O gauss da terra xa foi de 4 e hoxe é só de 0.04. Para que calquera organismo vivo floreza, un dos principais requisitos é un magnetismo saudable, pois é esencial para a proliferación da vida. A mente e os pensamentos poden ter un efecto forte no funcionamento de todos os órganos e glándulas. A exposición á polución electromagnética a través dos cables da alta tensión, dos computadores, das luces florescentes... reduce o campo magnético á súa volta, aumentando as doenzas. O ph fica máis feble, reducindo a frecuencia cardíaca, etc. Todo isto foi resultado de

experiencias feitas. Científicos demostraron que as plantas medran moito mellor en vasos de unto do que en plástico. O unto é un produto natural da terra e emana unha enerxía que sustenta a vida. Os alimentos naturais e biolóxicos teñen unha enerxía vital para a saúde do corpo humano. Os microondas alteran drasticamente esta enerxía e tornan os alimentos perigosos para seren consumidos. A música pode ter un forte efecto na saúde e no benestar. A industria farmacéutica é, nalguns casos, a inimigo para atacar algunhas doenzas! A axencia Reuters informou que comer produtos biolóxicos prevén e cura unha grande variedade de doenzas. João Damião


CLASIFICADOS

Barrios Xullo 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº39 - Ano: X - Xullo 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase apartamento a cinco minutos da praia america. Reformado, bo prezo. Tel. 636 422 497 Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@gmail.com. Alugo apartamentos, de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap). Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349.

Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tel. 658 056 922. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531.

EMPREGO Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Xullo 2017

Barriosxullo2017  

No múmero de xullo do Barrios a portada está dividida entre a Festa do Pulpo, o control de chips dos cans de Verín, o Couto Mixto e a "Emoci...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you