Skip to main content

Barrios xuño 2017

Page 1

O “Kero-Kolo” e “Kero-Kedar” despídense ata o curso que vén [Páx.7]

TEMA DO MES Páx. 2 O xuízo a Aniceto Rodríguez, do 19 ao 22 de xuño

CARBALLIÑO Páx.9 O expurgo chegou ao arquivo xudicial do Carballiño

XINZO

Páx.12

O Museo do Entroido xa ten ás súas madamitas

ALLARIZ

Páx.14

Recta final para a 700ª edición da Festa do Boi

Estréase o parque de bombeiros do Carballiño

CELANOVA

Páx.16

O espazo Coworking regresa a Celanova coa segunda edición

[Páx. 9]

O parque de bombeiros O Carballiño - O Ribeiro, instalado no polígono da Uceira, entrou en funcionamento o pasado 1 de xuño./RAMSÉS.

Número: 38 - Ano: X - Xuño 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Xuño 2017

TEMA DO MES

Os forenses ven claro que a agresión a Isabel Fuentes no seu domicilio pretendía a súa morte 4 O seu home, Aniceto Rodríguez, está acusado de asasinala na habitación do CHUO na que se recuperaba. O xuízo celebrarase do 19 ao 22 de xuño. Redacción Isabel Fuentes sobreviviu ás graves lesións causadas por unha agresión sufrida na súa casa de Pazos (Verín) a noite do 1 de abril de 2015 contra todo prognóstico, así o explicaron os forenses do caso na Audiencia Provincial este 6 de xuño, que especificaron que o ataque polas costas, cun obxecto grande e contundente, previsiblemente un martelo, pretendía acabar coa súa vida. O informe deixa claro que Isabel recibiu tres golpes no lateral dereito da testa, compatibles con estar tumbada no sofá vendo a televisión. Un deles era de pouca intensidade, pero os dous seguintes foron tan brutais que ocasionaron o afundimento do cráneo e pérdida de masa encefálica. Polas lesións, a vítima non tivo tempo de reacción, xa que perdeu de inmediato o coñecemento. Feitos que para os forenses non concordan co roubo que o seu home, Aniceto Rodríguez, finxiu que sufriran ante a Garda Civil. Segundo os profesionais, este ataque “ía dirixido a ela”, concretaron. Daquela, a policía xudicial xa sospeitaba do home, pero non chegara a interporse ningunha orde de alonxamento cando, un mes despois, Isabel foi asasinada a coiteladas

Os forenses descartaron o roubo finxido por Aniceto. A agresión “ía dirixida a ela”, concretaron

O PP pedirá á Deputación unha subvención nominativa pola axuda ao auditorio 4 Reclámanlle ao alcalde de Verín que non tramitase os pagos de 2015 e 2016. Redacción

Isabel Fuentes foi asasinada na súa habitación do CHUO o 8 de maio de 2015./M.R. por Aniceto na habitación do CHUO na que se recuperaba. Os forenses non poden precisar se a muller se houbera posto ben, porque a recuperación neurolóxica é diferente en cada caso, pero pola zona na que perdeu masa encefálica cren que seguramente non houbera lembrado nada. Pero o seu marido non agardou tanto. O 8 de maio, en torno ás seis da mañá, asestoulle dúas coiteladas na mesma cama do hospital. A primeira foi “de tanteo”, din os forenses. A segunda, letal. Cravou o coitelo 14 centímetros no tórax, e sen chegar a sacalo de todo moveuno en varias traxectorias, seccionando cartílagos costais, pulmón e corazón, o que lle causou a morte. “Cravou e sacou o coitelo un mínimo de catro veces”, especificaron. Isabel nesta segunda ocasión tampouco tivo ningunha posibilidade de defenderse, o brazo es-

querdo tíñao paralizado e o dereito inmovilizado, para evitar que con calquera movemento fortuíto puidese causarse máis dano. De seguido, Aniceto autolesionouse coa mesma arma e sufriu un ictus. O caso de violencia de xénero que máis conmocionou á provincia nos últimos anos chegará a xuízo do 19 ao 22 de xuño, tras esta primeira proba pericial, que se tivo que adiantar porque un dos forenses non podía estar presente nas datas fixadas. Prisión Que Aniceto asasinou á súa dona non o pon en dúbida nin a propia defensa do acusado, que reclama só 3 e 4 anos de prisión, polo primeiro ataque no domicilio, que califica de lesións, e polo crime no CHUO. Segundo o seu avogado, Aniceto non é conscien-

“Cravou e sacou o coitelo un mínimo de catro veces”, o que danou cartílagos costais, pulmón e corazón te nin de atacar nin de matar á súa muller. En relación ao asasinato alegará trastorno mental transitorio. A Fiscalía pide para el 39 anos de cadea, por un delito de intento de asasinato e outro de asasinato consumado, co agravante de parentesco. En concepto de indemnización pide que achegue aos herdeiros da muller, con exclusión del mesmo, 6.000 euros e ao Sergas 40.997,51 euros, polos gastos de asistencia á falecida. A familia, pola súa banda, eleva a solicitude a 49 anos, engadíndolle o ensañamento.

O voceiro do PP de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa para explicar polo miúdo a situación do pago de 530.686 euros que ten pendente a Deputación Provincial para a construción do auditorio verinés, que nun primeiro momento se achacou a un incumplimento por parte do anterior goberno popular. Segundo denunciou o actual alcalde, Gerardo Seoane, e inicialmente corroborou o presidente provincial en pleno, o Concello de Verín licitou a parte da obra correspondente a esta axuda da Deputación cando ambas administracións acordaran que isto sería responsabilidade do ente provincial. Non obstante, esta determinación mudou, como así o confirma un informe da interventora da Deputación (con data de entrada no rexistro do Concello de Verín do 15 de abril de 2014), segundo o cal a institución que preside Baltar achegaría a cantidade pactada, para mobiliario e urbanización, pero autorizaba ao Concello e realizar a licitación completa da obra. Neste mesmo documento especificábase o pago de 150.000 euros correspondentes a 2014, xa que Morán e Baltar acordaran que o pago dos 530.000 euros sería realizado en tres anualidades (150.000 en 2014, 250.000 en 2015 e o resto en 2016). Pero os dous pagos

seguintes nunca se realizaron, segundo o popular Jiménez Morán, debido á “falta de capacidade” do actual goberno. “A cantidade que debe ingresar a Deputación tiña que estar cobrada xa no 2016, pero como lles debe sobrar o diñeiro e ao único que se adican é a estar de paseo, non foron capaces de porse en contacto connosco para que lle explicásemos os pormenores da licitación e os compromisos que tiña adquiridos a Deputación co Concello de Verín”, reclama. O voceiro do PP reuniuse co presidente provincial e os técnicos para tratar este asunto e “fomos capaces de dar cunha solución, algo que o PSOE e BNG durante estes dous anos non deron conseguido”, adiantaba. Así, o PP presentará unha moción en pleno para solicitarlle a Baltar que “conceda unha subvención nominativa ao Concello de Verín, por valor da cantidade comprometida no convenio asinado entre ambas as institucións”. Baltar recoñece a axuda pendente Manuel Baltar, ante a pregunta do deputado socialista Vicente Gómez, recoñeceu no último pleno da Deputación a “vontade” da institución provincial de manter a axuda pactada. Agora, dende o PSOE esperan que esta resposta se exprese por escrito para poder levala á práctica.

Baltar recoñeceu a súa vontade de manter esta axuda


VERÍN E COMARCA

Barrios Xuño 2017

Morán considera “innecesario” o cambio da Oficina de Turismo 4 O Concello de Verín anunciou que será trasladada a un local de aluguer da rúa Lisa. Redacción Estado e Xunta ofertaron un total de 128.000 euros para axudas á rehabilitación no Casco Antigo de Verín./M.REJO.

O PP acusa ao goberno de Seoane de perder 115.000 euros para a rehabilitación de vivendas 4 Por retrasarse na aprobación das bases da convocatoria. Redacción O PP de Verín vén de denunciar a “pésima xestión do actual goberno bipartito” en relación aos convenios de rehabilitación do Casco Antigo, financiados polo Estado e a Xunta e asinados o 27 de outubro de 2015, e que eran a continuación dun Convenio Marco acordado cos populares cando estaban ao frente do consistorio verinés. Segundo detallan dende o partido de Jiménez Morán, o Concello de Verín debería ter aprobado a ordenanza de bases de convocatoria de subvencións no mes seguinte a sinatura do mesmo, é dicir, en novembro de 2015, para que os particulares que quixeran rehabilitar as súas vivendas lles dera prazo a presentar o seu proxecto e executalo, xa que o prazo para concluír as obras subvencionadas remataba o 30 de outubro de 2016. Con todo, “a deixadez e falta de xestión do PSOE e BNG é tan escandalosa que as bases da convocatoria se aprobaron o 28 de xuño de 2016, e o posterior anuncio no Boletín Provincial publicouse o 20 de xullo”, indicou Morán,

“imposibilitando que moita xente poidera presentar os seus proxectos”. Como consecuencia, os populares denuncian que do total dos convenios asinados co Estado e a Xunta de Galicia, e que ascendían a máis de 128.000 euros, “só se usaron 12.676 euros, é dicir, que se perderon máis de 115.000 euros”. “É unha vergoña que

pola falta de xestión do grupo de goberno do PSOE e BNG, e a desidia dalgún técnico do Concello se perdera esta cantidade de diñeiro tan importante para moitos verinenses”, engade Morán, quen lembra ademais que estas non foron as únicas axudas perdidas polo actual grupo de goberno “o ano pasado perdéronse subvencións de pavimentación de ca-

miños, financiamento do Centro de Información ás Mulleres, etc. Todo por un importe próximo a outros 100.000 euros”.

“É unha vergoña que pola falta de xestión do PSOE e BNG se perdera tanto diñeiro”

4 As explicacións do alcalde Ante estas acusacións, o actual alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicou que “é unha subvención do Estado aos propietarios, non ao Concello, nós só canalizamos o tema. Pero ten algo de trampa. Concédese cada dous anos, en 2012, 2014 e 2016; en 2016 acúsasenos de que só se fixeron dous proxectos, pero no 2014 cando gobernaba Morán tamén só se fixeron outros dous e no 2012 que tamén estaba el non se deu máis que o 20% da axuda. É dicir, a subvención está moi ben, pero ten unha serie de condicións que os propietarios non poden

cumprir”. “A mentira non vai a ningún lado”, en relación ao voceiro popular. Así mesmo, o rexedor aclarou que nesta última convocatoria “había como 8 persoas interesadas, tiven unha reunión coa Subdelegación en Ourense para ver se podíamos cambiar algún tipo de norma para que se puidese incluir a máis xente, pero é imposible por ser unha norma estatal”. “Pero non é un caso só de Verín, é típico nestas subvencións que lanza o PP que son inexecutables na realidade. Por exemplo, en Allariz realizáronse en 2009 oito intervencións con este tipo de axuda, e

dende entón sempre foron cero”, engadiu. Ademais, o socialista, a través dunha reunión coa Subdelegación do Goberno de Ourense, tentou buscar unha solución para a parte da subvención que non usasen os propietarios, “pedín que fose utilizada polos Concellos, para servizos públicos, pero tampouco foi admitida esta proposta”.

“Ten unha serie de condicións que os propietarios non dan cumprido”, asegura Seoane

Tralo anuncio do Concello de Verín do seu obxectivo de trasladar a Oficina de Turismo a un local máis céntrico, previsiblemente en réxime de aluguer na rúa Lisa da vila, o voceiro do PP na localidade, Juan Manuel Jiménez Morán, saíu ao paso para criticar non só ese gasto senón tamén o uso que se lle pretenda dar á nova instalación. “Gustaríanos saber que se esconde detrás dese aluguer, se lla vai alugar a algún socio, porque cremos que é totalmente innecesario duplicar instalacións, estando a actual nun sitio estratéxico da nosa vila”, reclama Morán. Seoane adiantou que esta nova oficina ademais de asesoramento ofrecerá produtos gastronómicos e de artesanía de Verin, “non sabiamos que o labor do Concello agora era o facer unha competencia desleal ao comercio local”, denuncia como consecuencia o popular, para quen este cambio é innecesario, xa

que o problema da actual é a falta de persoal, “pois a técnica de Turismo, que fai un traballo excepcional e con horario a maiores, non pode cubrir todo o horario, tendo que pechar dita oficina os domingos e festivos cando acode moita xente”, explica. Os populares cren que o goberno debe preocuparse máis deste servizo, xa que lembra que “hai varios meses que retiraron a sinalización da oficina existente no cruzamento da avenida de Portugal coa rúa Irmáns a Sáelle, e aínda non foron capaces de colocala; e tivérona un mes sen teléfono xusto antes da festa do Entroido”. “Temos unha das mellores oficinas de turismo da nosa contorna, construída pola Xunta cun orzamento próximo aos 255.913,43 euros, e dos cales os verinenses non puxeron nin un só euro”, conclúen dende o PP.

Na nova Oficina de Turismo venderanse produtos típicos da comarca

Actual Oficina de Turismo de Verín, sita na rúa Irmáns La Salle./MIGUEL REJO.


Barrios Xuño 2017

VERÍN E COMARCA

Xa se coñecen os gañadores de relato curto e poesía 4 No Certame de Relato Curto Antonio Fernández e o de Poesía Xosé Carlos Caneiro. Redacción Xa se coñecen os autores e as obras gañadoras

dos Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez. O

Unha praca en homenaxe a “Geri” 4 O novo carril bici conta cunha placa adicada ao emprendedor verinés. Redacción Gerardo Fernández Pousada “Geri”, o creador e impulsor da marca verinesa de bicicletas Ciclowood, e recentemente falecido á temperá idade de 36 anos, conta desde desde o pasado mes de maio cunha placa adicada situada no novo carril bici da Avenida de Laza. O tenente de alcalde e portavoz municipal, Diego Lourenzo, quixo expresar en nome do grupo de goberno o “orgullo de que este primeiro Carril Bici de Verín xa leve o nome de Geri Fernández. Humilde

e merecido homenaxe para o veciño emprendedor, alegre e loitador que foi exemplo de tanto, para todos os verineses”, aseguraba o edil. Ciclowood foi fundada en 1943 por D. Francisco Fernández Fernández en Vilela (Verín, Ourense). Ao longo dos seus sesenta e nove anos de existencia sufriu varias ampliacións, partindo dun carácter artesanal evoluciona ata a súa actual estrutura, mostrándose sempre receptiva ás esixencias da contorna e camiñando acorde cos tempos.

Placa no carril bici en homenaxe a “Geri”.

Auditorio de Verín acolleu o pasado mes a gala na que foron entregados os galardóns. De entre as 26 propostas do certame de curtos, en 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para o relato Rubio de Antonio Conde Rodríguez, alumno do CEIP O Castiñeiro de Laza. En 1º e 2º de ESO, o primeiro premio foi para a narración Non somos ninguén de Aitana de Arriba Pantaleón, alumna do IES Xesús Taboada Chivite. E o gañador de 3º e 4º de ESO, foi o relato

Adeus de Noelia Gallego Campos, alumna do Colexio María Inmaculada; o segundo premio, Ningures de Marta Barja Barja, tamén alumna do Colexio María Inmaculada; e ter-

ceiro premio, Pingas de Inés García Nóvoa, alumna do mesmo centro que as anteriores. Poesía Á fase final do Certame

Acto da entrega de premios no Auditorio.

de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez chegaron 16 obras creadas polo alumnado de catro centros. En 1º e 2º de ESO, o primeiro premio foi outorgado a poesía Ao outono de Pablo Villarino Rivero, alumno do IES Xesús Taboada Chivite. En 3º e 4º de ESO, o primeiro premio recaeu no poema Vive de Lucía González Dapía, alumna do María Inmaculada; e dos cursos de 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio recaeu no poema A guerra de Paula Gago Prieto, do Amaro Refojo.


VERÍN E COMARCA

Profesorado do IES García Barbón na movilidade Erasmus en Estonia A profesora Beatriz Fernández Paredes, Xefa de Estudos de Adultos do IES García Barbón participou nun Programa Erasmus en Estonia na semana do 5 ao 9 de xuño coordinado por APAGA –Asociación de Profesores de Automoción de Galicia- en Kuressaare (Estonia). A profesora visitou as instalacións da Kuressaare Ametikool onde posúen dous campus de formacion profesional de ciclo medio e superior (automocion, metal, carpinteria, cociña, varias titulacións da rama sanitaria, administración e finanzas, construción civil) sendo a única que imparte formacion profesional nas ramas de construción de embarcacións clásicas e modernas en todo o país. Acto de graduación do alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos O día 16 de xuño, venres ás 19.30 terá lugar o acto de graduación dos estudantes que rematan os seus estudos de Bacharelato e Formación Profesional no Auditorio de Verín.

Datas de admisión e matrícula para o curso 2017/2018 Para Formación Profesional, a presentación de solicitudes realízase entre finais de xuño e primeiros días de xullo e a matrícula a partir de mediados do mes de xullo, aproximadamente. As persoas que remataron un ciclo de Grao Medio posúen o requisito académico de acceso a ciclos formativos de Grao Superior. Para os estudos de Bacharelato, o prazo de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo. En setembro do 1 ao 10. Maite Jiménez, profesora de Latín e Grego do noso instituto, presentou a traducción de dúas obras medievais Maite Jiménez Pérez, profesora de Latín e Grego no IES García Barbón presentou en Santiago de Compostela dúas obras medievais que vén de traducir ao galego. ‘Cantar de Ruodlieb’ e ‘Cantar de Valtario’ foron os libros traducidos ao galego por Maite Jiménez Pérez, publicados por Rinoceronte Editora.

A profesora Beatriz Fernández Paredes, do IES García Barbón de Verín, en Estonia.

Aberto o prazo de inscrición da escola de verán 4 O programa deportivo no Concello de Verín. Redacción O Concello de Verín, desde a concellería de Deportes, abre o prazo

de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2017”, destinada a menores nados dende o 2003 ata o 2014.

As actividades desenvolveranse de 10.30 a 13.30 horas e se distribuirán en grupos de idades (34-anos, 5-6-7 anos, 8-9-10 anos e 11 a 14 anos). O Pavillón Municipal, o complexo deportivo e a piscinas da Granxa serán as sedes. Actividades Xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas,

Barrios Xuño 2017

ademais de fútbol e fútbol sala, serán as actividades que se ofrecen nesta escola de verán.

Rapaces participantes da edición anterior da Escola de Verán.


Barrios Xuño 2017

VERIN E COMARCA

O Cigarrón posa no Concello de Verín 4 Exporase na pranta principal da Casa Consistorial. Redacción

Estado que presenta a área trala remodelación.

Melloras na área recreativa de Feces de Abaixo O Concello de Verín acaba de rematar os traballos de reforma da área recreativa de Feces de Abaixo. Os traballos de reforma consistiron na adecuación da contorna da Capela da Baquería (realizando o axardinamento da zona, instalación de bancos e plantación de árbores), dotación dunha nova zona de grellada, reposición da parte do entarimado das zonas máis deterioradas, pintado integral de toda a área de lecer e reforma do bar (substitución da plaqueta e pintura do establecemento). O tenente de alcalde, Diego Lourenzo quixo mostrar a súa satisfacción ante devandita adecuación porque “era unha actuación moi necesaria xa que esta área recreativa é un enclave fundamental na vida social da aldea”.

A Biblioteca municipal de Verín fomenta a lectura 4 Con actividades os días 16 e 18 de xuño. Redacción A Biblioteca municipal de Verín no seu afán de incentivar á lectura ten programadas dúas actividades para estes días. Un contacontos e unha presentación serán as propostas. Este xoves, ás 20 horas, acolle a presentación da obra “Contos e lendas do Val de Monterrei”. Trátase dunha obra conxunta, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro hai vinte anos, que

recompila contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos, aparicións, mouros, tesouros, oficios, animais, cregos, etc...). Devandita obra foi ilustrada por autores de Verín e comarca, que prestaron de xeito desinteresado a súa creatividade para acompañar os textos. Cabe destacar que Xosé Carlos Caneiro e o resto de participantes na recompilación dos contos e lendas, así coma todos os ilustradores e ilustradoras,

Cartel das dúas actividades da Biblioteca nestes días.

A familia Fernández Pousada doa unha talla ao Concello de Verín. Trátase dunha figura do Cigarrón de Verín, esculpida por Gerardo Fernández, “Geri”. A familia entregou esta escultura

de madeira na que se pode ler “Ó Excelentísimo Concello de Verín. Por expreso desexo de Geri”. O Concello, que agradece enormemente esta doazón, xa a ten exposta na planta principal da casa consistorial para o desfrute de toda a veciñanza.

Martínez Landeras cede libros ao conservatorio 4 En uso a perpetuidade.

cederon os dereitos para a edición desta obra por parte do Concello de Verín, reixentando calquera tipo de ingreso derivado da venda deste libro, que se poñerá á venda nun breve período de tempo. A cadeliña Ramona Para este venres, 16 de xuño ás 18 horas, realizarase unha xornada de contacontos con música onde os asistentes escoitarán de primeira man o conto de Flor Fernández “a cadeliña Ramona”, acompañada da guitarra de José Manuel Salgado. Así mesmo a autora, Flor Fernández, cedeu os dereitos desta obra á Biblioteca Pública Municipal de Verín, permitindo a edición da mesma. Esta actividade está destinada a un máximo de 40 nenos socios da instalación, con idade entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal.

“Contos e lendas do Val de Monterrei”, o xoves, e “A cadeliña Ramona”, o venres

Redacción Rafael Francisco Martínez Landeras, ex-director de Conservatorio, cede un centenar de li-

bros ao Conservatorio de Verín. Martínez Landeras cédelle en depósito e uso a perpetuidade ao Concello de Verín os materiais editados (libros, partituras e

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, recoñece a importancia deste feito que “servirá para manter viva na memoria colectiva de Verín a persoa de Geri Fernández”.

Escultura do Cigarrón na Casa Consistorial do Concello de Verín.

particelas) dos que é propietario, para que sexan utilizados por alumnos e profesores. Un cento de libros, entre os que se atopan as obras de referencia para os estudos de Piano, que se adicarán a fondos documentais de libre acceso no Conservatorio Elemental de Música de Verín. O protocolo da cesión foi asinado polo propio profesor Martínez Landeras e Gerardo Seoane, alcalde de Verín.


VERIN E COMARCA

O “Kero-Kolo” volta o próximo curso 4 Máis dun cento de nenos despedíronse do “Kero-Kolo” e “Kero-Kedar”. Redacción 130 nenos e nenas participaron, xunto cos seus proxenitores, na festa de fin de curso dos programas ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-

Kedar’, con actividades lúdicas e deportivas. Esta iniciativa tivo lugar no polideportivo do complexo deportivo de a Granxa, e na mesma participaron os menores, pais e

Fin de festa do “Kero - kolo” deste ano.

nais integrantes nos dous programas. Entre as actividades programadas estiveron obradoiros de paracaídas, pintura de cara e mans, diana, traballos de horta, circuíto de psicomotricidade , pesca, tragabolas, e unha merenda infantil. En termos de seguridade, a xornada contou coa presenza de efectivos do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Cruz Vermella.

Vindeiro curso Xa se abriu o prazo de inscricións para a vindeira edición dos programas ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’, para o ano 2017-2018. A inscrición debe realizarse no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico educadorafamiliar@ verin.net ou no teléfono 988-414776; tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468. O ‘Kero-Kolo’ é un espazo de encontro entre pais e nais e nenos, de dous a tres anos de idade, onde conxuntamente coa familia e a persoa directora das sesións aprenden a relacionarse entre eles.

Xa está aberto o prazo para o “Kero-kolo” 17-18

Barrios Xuño 2017

A Eurocidade executará 1,4 millóns de euros de fondos europeos Redacción A Eurocidade Chaves-Verín executará 1,4 millóns de euros de fondos europeos. Así o aprobaron en asamblea ordinaria. Entre as decisións adoptadas polo órgano transfronteirizo, acordouse o comezo da execución dos proxectos “Eurocidade Chaves-Verín 2020” e “Destino fronteira”, ambos aprobados polo Programa Interreg España-Portugal 20142020 que contan cunha dotación orzamentaria de 1,4 millóns de euros. Estes proxectos teñen un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2019

e centraranse en actuacións como o reforzo da cooperación institucional entre Chaves e Verín apoiando aos actores locais a través de microiniciativas, ou a posta en marcha de novos servizos na tarxeta do Eurociudadano ampliados aos municipios limítrofes da eurocidade. Ampliación do espazo Outras das iniciativas son a ampliación do espazo territorial de actuación da AECT coa incorporación da Comunidade Intermunicipal do Alto Támega e a Mancomunidade de Verín. Tamén se levarán acabo actividades lúdico deportivas.


Barrios Xuño 2017

O CARBALLIÑO E COMARCA

Un polbo preside a rotonda Conde Vallellano

Atopouse unha escritura de foro de 1601 de Sobreira Maior

4 A obra é do escultor Abdón Fernández. Redacción Un polbo preside a rotonda Conde Vallellano, entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben Cho Sei. A escultura é obra do artista de Berán, Abdón Fernández, e trátase dunha tesoira cortando unha tallada de polbo. Esta é a primeira das tres esculturas adicadas ao polbo que foron realizadas o pasado ano en setembo nun certame que se realizou ao aire libre na praza da Veracruz. As outras dúas esculturas, uns rabos cocidos e unha cabeza humana con rabos saíndo do pelo, dos

escultores Alberto Fernández e Claudio Barros, respectivamente, serán colocadas próximamente noutros lugares do Carballiño. Pulpeira Asemade, estúdase a posibilidade de encargar a escultura dunha pulpeira cun caldeiro de pulpo a tamaño real, que podería ubicarse nalgún lugar de Arcos. Ao respecto, o concello está elaborando un proxecto para presentarlle aos pulpeiros e pulpeiras desta parroquia co obxectivo de consensualo.

O vicepresidente da Xunta á dereita, visitando o xulgado do Carballiño. /M.REJO.

O expurgo chegou ao xulgado do Carballiño 4O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o arquivo xudicial do Carballiño. Redacción O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o arquivo xudicial do Carballiño, onde comprobou o resultado dos

traballos de expurgo realizados neste xulgado. O Goberno autonómico comezou, hai catro anos, un plan de expurgo na administración de xustiza para gañar espazo e dispoñer de

Deporte, aventura e cultura en verán 4 No campamento que dará comezo o 3 de xullo. Redacción

A escultura do polbo na rotonda de Vallellano.

Deporte, aventura e cultura no campamento de verán do Carballiño. O Campamento urbano de verán 2017 comezará o 3 de xullo, e desenvolverase ata o 31 dese mes en dúas quendas: do 3 ao 15 e do 17 ao 31. Vai

dirixido a nenos e nenas comprendidos entre os 5 e os 15 anos, e o horario das actividades será de 10.00 a 13.30 h. O prezo é de 40 euros por quenda, pero se opta por todo o mes, o custo será de 60 euros. A todas as persoas inscritas ofrécese o agasallo dunha mochila e unha gorra.

arquivos máis ordenados, útiles e eficaces. Desde a posta en marcha deste plan, téñense trasladado ou eliminado preto dun millón de expedientes dos xulgados galegos. A actuación, no Carballiño, consistiu, fundamentalmente, en ordear o arquivo, para que sexa máis doado atopar documentos; en retirar e eliminar aquela documentación que non ten valor; e en rematar coa duplicidade de arquivos, xa que parte dos documentos estaban en Ourense. Documentos Ás vantaxes deste traballo, súmase que estes labores permitiron tamén atopar documentos históricos, que serán debidamente conservados. En concreto apareceu unha escritura de foro de 1601 de Sobreira Maior. O campamento está organizado por Máis Escola XXI, en colaboración co concello do Carballiño, e oferta actividades deportivas, como fútbol, balonmán, voleibol, jockey, badminton, deportes acuáticos e xincanas deportivas, entre outras actividades multiaventura, como BTT, sendeirismo, orientación, rocódromo, tirolina e tiro con arco, entre outras; e actividades lúdicas e culturáis como obradoiros de abalorios e camisetas, pulseiras, debuxo, pintura, cineforum, maquillaxe, de fantasía e globoflexia, entre outras.

O PSOE do Irixo pide beirarrúas Redacción Os socialistas do Irixo instan novamente ao Concello, cunha moción, á urbanización con beirarrúas da estrada Abanico - Estación - Lama - Laíña. Para Iago Fariñas, voceiro do grupo, a cercanía da estación ferroviaria, a igrexa e o camposanto parroquial “fan necesaria esta obra” para garantir a “seguridade” dos “veciños e veciñas”. Fai un ano esta moción fora debatida nun pleno extraordinario e “rexeitada polo grupo de goberno”; que, despois fixo xestións para facerse coa titularidade da estrada para, “presuntamente”, acometer melloras.

Estrada Abanico. Prazas As prazas para este campamento son limitadas, polo que desde o concello piden que se faga canto antes a inscrición. Os pasos a seguir son: recollida do sobre coa información e a instancia no concello (área de Deportes); entregar os documentos cubertos no concello. Finalmente, realizarase unha chamada por teléfono para confirmar a praza e a data da reunión previa ao campamento. Para máis información www.maisescola21.com ou na área de Deportes do concello.


O CARBALLIÑO E COMARCA

4 Coworking

4 Por conducción temeraria na Uceira. A Policía Local do Carballiño denunciou ante a Xefatura Provincial de Tráfico aos propietarios de catro vehiculos da marca BMW por conducción temeraria, acelerando e frenando de xeito brusco, e realizando trompos e outro tipo de manobras perigosas para os usuarios da vía e incluso das persoas que presenciaban este entretemento sancionable. Os conductores destes coches participaban o sábado 8 de abril nun evento de vehículos BMW na Avenida do Arenteiro, no fondo do parque municipal. Sen embargo, só tiñan permiso para concentrarse e xantar, non para o que aconteceu despois. No informe da Policía Local dise que “sen comunicación previa e obviamente sen autorización, varios dos participantes, ás 13.30 h., dese día, estiveron no vial 3 do parque empresarial, nun acto aparentemente previamente acordado, facendo derrapar os vehículos con acelerós e frenadas bruscas en presencia das persoas alí congregadas, estando ademáis a vía aberta para o resto dos usuarios e todo isto sen adoptar ningunha medida de seguridade, polo que se

puxo en perigo tanto aos asistentes como ao resto de usuarios da vía”. Por este motivo, e independentemente da sanción que corresponda, a concellería de Deportes anunciou que non autorizará no futuro ningún evento coa mesma procedencia. De feito, no Carballiño celébranse diversas concentracións ao longo do ano, sen que en ningunha delas se teña producido un feito tan grave como este. Probas A policía obtivo as probas a través dun video publicado en Youtube. O sistema de videovixilancia do vial 3 resultou afectado durante o evento, polo que se cre que foi anulado por un inhibidor A través do vídeo puídose identificar a catro vehículos, entre eles ao organizador da concentración. A sanción que conleva este tipo de conducción temeraria, considerada unha infracción moi grave, é de 500 euros e perda de 6 puntos. Pero se non se identifica ao conductor, a multa para o propietario do vehículo é o triple, de 1.500 euros.

A través do vídeo puídose identificar a catro vehículos, entre eles ao organizador

Imaxe tomada pola Policía Local do canal Youtube.

EN BREVE

Catro denuncias nunha concentración de coches BMW

Redacción

Barrios Xuño 2017

Formación dos 20 bombeiros do novo parque do Carballiño - O Ribeiro. /RAMSÉS.

O parque de bombeiros do Carballiño da servizo a 23 municipios ourensáns 4 Unha vintena de profesionais traballarán no novo parque. Redacción 23 municipios ourensáns xa contan, desde este mes, cun parque de bombeiros para darlles servizo. Trátase do inaugurado, no parque industrial da Uceira, O Carballiño - O Ribeiro. O parque contará con 20 profesionais que recibiron a autoridades e familiares no acto de inauguración do recinto. Ao acto acudiron, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da deputación provincial de Ourense, José Manuel Baltar; o alcalde

A inversión foi de 2 millóns de euros

do Carballiño, Francisco Fumega; xunto ao presidente do Consorcio Provincial, Pablo Pérez. Este parque súmase aos outros seis parques e seis Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) da provincia. Fumega agradeceu que se asumira “o reto de poñer dacordo ós 23 concellos aos que dará cobertura este parque”. Pola súa banda, Pérez mostrouse satisfeito por poñer en marcha “este parque”, mentres que Baltar recordou que “calquera poboación -ourensá- está a menos de 20 minutos dun parque ou dun GES”. Finalmente, Rueda recordou que a principios de século soamente había “parques nas grandes cudades” e o

O alcalde do Carballiño -Francisco Fumega- saudando a un dos bombeiros do novo parque. /RAMSÉS.

Este parque da cobertura a 48.000 ourensáns resto “tíñase que arranxar como podía”. Os 23 municipios aos que da cobertura contan cun total de 48.000 habitantes. Estas novas instalacións prestarán servizo aos nove concellos desta comarca: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea, así como aos dez municipios do Ribeiro: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia; e os concellos de Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa. Inversión O Goberno autonómico, a deputación provincial e os concellos teñen colaborado na construción e equipamento desta infraestrutura. En total, o orzamento total investido ascendeu a preto de 2 millóns de euros, dos que o Goberno autonómico achegou o 50%. En canto ao mantemento deste Parque, os encargados de financialo serán a Xunta e a Deputación provincial.

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica un extracto das bases da convocatoria de axudas para facilitar a localización e consolidación en espazos de coworking aos emprendedores. Esta novidosa iniciativa impulsada pola concellería de Promoción Económica, que dirixe Adolfo Nogueira, ponse en marcha para promover o emprendemento como modelo de dinamización económica e para crear emprego. O obxecto destas bases é regular as condicións que rexerán a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a facilitar ás pequenas empresas de recente creación, a localización e consolidación en espazos de coworking situados no municipio do Carballiño.

4 Tren O tren rexional Carballiño - Ourense San Francisco adiántase 19 minutos para poder enlazar co Alvia Ourense - Madrid Chamartín. Así, agora sae ás 7.48 h para chegar ás 8.18 h. O Alvia a Madrid sae ás 08.29 h de Ourense. Este cambio de horario foi plantexado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a Adif, precisamente co obxectivo de posibilitar este enlace para viaxar no Alvia a Madrid, ademáis de adiantar a chegada á capital para quen precisen realizar calquera xestión a primeira hora da mañá.

4 Luces LED O Concello do Carballiño cambiou o alumeado das rúas Conde Vallellano e Ourense por unha luz led. O cambio de sistema a lámpadas led no alumeado público supón un aforro aproximado dun 50% no gasto do consumo eléctrico, ademáis de elevar considerablemente a intensidade lumínica, mellorando polo tanto a seguridade vial e cidadá.


10

Barrios Xuño 2017

especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

O Antón Losada como escaparate da Cultura galega Celebración da Festa das parroquias.

A Festa das Parroquias rendeu homenaxe a presidentes e ex presidentes das AA.VV. Máis de duascentas cincuenta persoas asistiron á 25ª Festa das Parroquias, na que se rendeu homenaxe aos presidentes e expresidentes das Asociacións de Veciños, que recibiron un diploma do concello. Alcalde, concelleiras e concelleiros da corporación municipal, exalcaldes, presidentes e expresidentes das AAVV, así como veciñanza das parroquias e do casco urbano participaron

nesta celebración no parque municipal, que comezou cun concerto da Banda Escola de Música do Carballiño e continou cun xantar, que estivo amenizado na sobremesa polos regueifeiros Benito Lobariñas e Suso de Sorner. Tamén houbo xogos populares, campionato de brisca e subastado, baile e entrega do ramo para a organización da próxima edición da festa.

Obradoiro musical A mocidade amante da música ten unha cita do 10 ao 14 de xullo no Carballiño. Durante eses cinco días os asistentes poderán disfrutar da súa paixón musical, de divertidas actividades e da aventura de convivir con rapaces e rapazas chegados de diferentes puntos de toda Galicia. O prazo de inscrición para asistir a este evento remata o día 30 de xuño. O CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro acolle nas súas instalacións este certame por terceiro ano consecutivo. Os participantes poden aloxarse alí durante estas xornadas ou só asistir ás clases instrumentais e de banda sinfónica que se desenvolven du-

rante o día. Músicos de contrastada categoría musical e docente compartirán o seu saber entre os alumnos presentes. O recibimento terá lugar o domingo día 9 en horario de 18:00 a 20:00 horas. O venres 14 a partires das 19:00 horas comezará o concerto de despedida onde os xoves amosarán as súas destrezas musicais. Para máis información pódense consultar a páxina web www.viladoarenteiro.com, o sitio de Facebook Campamento Musical do Arenteiro ou dirixírse por teléfono, correo electrónico ou en persoa ao propio centro.

O campamento celebrarase do 10 ao 14 de xullo.

Autoridades e gañadores do XXXII Premio Antón Losada Diéguez reivindicaron a vixencia e a necesidade de apoio e promoción da cultura galega. Ao acto, celebrado o pasado sábado, 10 de xuño, no pazo dos Losada en Moldes, asistiron, ademáis dos galardoados Inma López Silva e Xosé Ramón Pena, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura de Boborás, Patricia Torres; o coordinador de Cultura da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Doval; o mantedores Xosé Manoel Rodríguez; a familia Losada e numeroso público, entre o que se atopaban os escritores Miguel Anxo Fernández, Manuel Bragado e Luís González Tosar, así como o escultor Acisclo Manzano; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado e o presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro; concelleiras e concelleiros do Carballiño e Boborás, entre outros. Francisco Fumega destacou o compromiso coa cultura galega: “O Premio Antón Losada Diéguez –dixo- hai tempo que ven recoñecendo o labor da creación literaria e da investigación en Galicia, e este é un motivo de orgullo para quen representamos ás institucións que convocamos

O alcalde do Carballiño falando na entrega dos premios. este premio: os concellos de Boborás, do Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense”. E engadiu “a cultura é a nosa principal seña de identidade e a súa promoción é esencial nun mundo cada vez máis global. Por iso cómpre axudala”. Anxo Lorenzo felicitou aos galardoados e dixo que o premio dignifica o nome da persoa ao que se dedica, e que serve para menter viva a súa memoria, lembrando unha parte moi importante da nosa historia. Manuel Doval referiuse a Antón Losada como un home que utilizaba a palabra para convencer, e nós tamén temos que utilizala para construir un mundo mellor, dixo. Xosé Manoel Rodríguez rendeu unha homenaxe ás persoas que crearon o premio e a todas aquelas que, dende as institucións, como mantedores ou como galardoados, foron crea-

Campamento de tenis e pádel para finais de xuño A academia Padelprix organiza, en colaboración co Concello do Carballiño e a Deputación, un campamento de verán multideportivo con especial dedicación ao tenis e o padel. Este campamento celebrarase do 26 ao 30 de xuño. Ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva lúdica e non competitiva, e desenvolverá actividades adaptadas a cada ciclo de idade. Tamén inclúe xogos cooperativos, deportes alternativos, xogos acuáticos e actividades ao aire libre. Matrícula Hai dúas opcións de matrícu-

la: só campus: de 9.30 a 14.00 h., e opción de asistencia en comedor ata as 16.00 h. (sen incluir a comida). A matrícula terá un custe de 20 euros por día, para os rapaces e rapazas empadroados no Carballiño, ou 70 euros a quenda dunha semana, tamén para as persoas empadroadas no concello. No caso do non empadroamento, os prezos son de 25 euros/día ou 80 euros a semana. Tamén se oferta a posibilidade de asistencia ao comedor, cun custe de 2 euros día ou de 5 euros á semana, pero sen incluir a comida. A matrícula inclúe técnicos deportivos especializados, segu-

ron a súa historia ao longo dos últimos trinta e dous anos. Inma López Silva, que obtivo o premio na modalidade de creación literaria, pola novela “Aqueles días en que éramos malas”, resaltou o labor da promoción da cultura galega a pequena escala coma a que supoñía este premio. Xosé Ramón Pena, galardoado na modalidade de investigación pola obra “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936”, e que xa obtivera hai anos este mesmo premio pero na modalidade de creación literaria, lembrou a Ricardo Carballo Calero, do que se proclamou discípulo e continuador da súa obra, para pedir que se lle conceda o Día das Letras Galegas. Finalmente, Patricia Torres amosou a súa satisfacción por honrar a persoas como Antón Losada Diéguez ou Manuel Chamoso Lamas. ro de accidentes e RC, e material deportivo para as actividades. Para as inscricións e máis información: www.padelprix.com info@padelprix.com 988606660 e 600493800.

Cartel do torneo de tenis e de pádel para este xuño.


XINZO E COMARCA

4 Campus de fútbol e ximnasia

4 Durante as vacacións escolares de verán. O Concello de Xinzo de Limia organiza tres campus para o período estival pensados nos máis cativos. Os tres campus realizaranse do 3 ao 31 de xullo e o horario será de 10:30 a 13:30 horasO campus deportivo é

Cartel dos campus.

para os nados entre o 2004 e o 2010. As actividades serán fútbol, atletismo, baloncesto, orientación, etc. No campus urbano realizaranse xogos deportivos e manualidades. Para nenos de 6 e 7 anos. No cultural, para nados no 2004 ao 2010, practicarase música, informática, música tradicional, teatro, excursións, etc. Os tres campus terán xornada de piscina. Para máis información e inscrición no Pavillón de deportes ou na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. A prazo para inscribirse remata o 22 de xullo.

Parada, en contra da planta asfáltica 4 Os veciños de Parada recurrirán a licenza de obra da planta. Redacción Parada de Ribeira tomará medidas contra o Concello de Xinzo de Limia pola concesión da licenza de obra á empresa Opain S.L., a cal xestionará a planta asfáltica -de mestura bituminosa en quente- á que se opoñen os veciños. Estes, buscarán asesoramento nun bufé de avogados para saber que medidas tomar, para facer un recurso, unha vez desestimadas as elegacións dos veciños e da asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia. Na asociación O Muíño da Lama dividiranse as funcións para dar os pasos precisos, como o de reunirse co alcalde, Antonio Pérez. Ademais, a oposición municipal fará unha moción conxunta. Desde Xinzo Adian-

te advirten que a planta producirá “250.000 kg de aglomerado” cada hora, polo que precisará de 23.000 litros de auga cada minuto. Desde o partido maniféstanse en contra da planta. Elvira Lama, do grupo socialista, recordou que xa foi rexeitada a iniciativa en sendos plenos -do Concello e da Deputación- no 2014. Pola súa banda, no BNG mostráronse ao carón dos veciños aínda que aseguran que será complicado que non saía adiante. Licenza O Concello de Xinzo concedeu a licenza xa que contaron cun informe favorable da Consellería de Medio Ambiente e o aval dos técnicos municipais. A finais do mes de maio foi outorgada devandita licenza.

11

EN BREVE

Tres campus para cativos en Xinzo

Redacción

Barrios Xuño 2017

Participanes no curso sobre a diabetes.

Curso sobre a diabetes A Escola Rural de Saúda da Limia vén de finalizar o curso de diabetes impartido no mes de maio. Durante nove horas (en tres días) a enfermeira Elisa Cadaya impartiu este curso deixando as seguintes conclusións: “A alimentación adecuada dunha persoa con diabetes é a mesma que debésemos de facer toda a poboación, ha de ser equilibrada e variada, incluíndo alimentos de todos os grupos e tendo en conta as cantidades de cada un deles segundo as necesidades que teñamos. Todos buscamos a dieta milagre, pero iso non existe; o que debemos facer é aprender a comer de maneira saudable e facer actividade física de maneira regular, iso é o que nos funciona a todos, o problema é que require esforzo e constancia, e estar adecuadamente informados, é aí onde media a Escola Rural de Saúde, en achegar a información dos profesionais sanitarios á poboación, diabética ou sa”.

A Asociación Cultural A Pantalla muda de directiva 4 Manterá os proxectos e buscará novos. Redacción Unha vez realizados os trámites burocráticos necesarios para a formación da nova xunta directiva e informar aos socios e socias dos mesmos e das liñas de traballo que se van a seguir, comeza unha nova etapa na Asociación Cultural A Pantalla. Dende a directiva en-

trante queren destacar que os postos son “meramente simbólicos” e que se trata dunha asociación estruturada en distintas comisións de traballo (educativa, comunicación e relacións, burocrática - financeira, recadación, historia e recompilación, imaxe e redes sociais, e organización de eventos) que están abertas “á colaboración de tódolos

Asamblea da Asociación A Pantalla.

socios e socias” co fin de que sexa “o máis participativa posible”. Aseguran que manterán os proxectos nos que se levan traballando durante estes anos atrás (charlas informativas nos colexios, recollida de material para a asociación tanto fotográfico coma de traxes ou máscaras...), ademais de impulsar outros novos e recuperar algún outro coma a cuota de socio anual. A nova directiva asegura que traballará tanto na protección e promoción do traxe da Pantalla coma na das máscaras tradicionais da Limia, colaborando con outras asociacións e institucións.

Xa está aberta a inscrición para o IV Campus de Tecnificación en Fútbol e o III Campus de Ximnasia-Minitramp Xinzo de Limia. Un ano máis o club E.D.C. Xinzo e o Concello organizan estes campus onde cada ano case 200 rapaces e rapazas participan neles. Será na semana do 26 ao 30 de xuño en horario de 10 a 13.30 horas, o fútbol, e de 10 a 14 h, a ximnasia minitramp. O primeiro será nas instalacións da Moreira e o segundo no Pavillón Municipal. A cuota de ambos será de 40 euros. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño.

4 Piscinas As Piscinas Municipais de Xinzo -as exteriores- xa están abertas ao público cos mesmos prezos que o ano pasado. O horario será ata o 23 de xuño de luns a venres de 16 a 20.30h, sábados e domingos de 12 a 20.30h; e despois será continuo de 12h a 20.30h.

4 Risaplus O Concello de Verín organiza todos os venres de xuño no seu centro sociocomunitario unhas xornadas de risaplus. O horario é de 16 a 17:30 horas. A actividade é gratuíta e está aberta a todos os veciños.

4 Campamento O CDR O Viso celebra o seu campamento do 3 ao 9 de xullo. Creado para nenos de 4 a 12 anos as inscricións están abertas ata o 20 de xuño. Haberá dúa modalidades (diurna e réxime completo). Na primeira o horario será de 10:30 a 17:30 e incluirá xantar, merenda e transporte desde Xinzo de Limia. Os participantes realizarán actividades na natureza, roteiros de orientación, piscina, obradoiros, reciclaxe, xogos, deportes ao aire libre, entre outras actividades.


12

Barrios Xuño 2017

XINZO E COMARCA

Vilar de Santos pide colaboración Redacción O alcalde de Vilar de Santos, Xan Xardón, reuniuse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para pedirlle colaboración do ente autonómico co concello ourensán. Xardón valorou positivamente o encontro no que lle trasladou as necesidades do concello. Unhas das axudas irían encamiñadas na urbanización e acondicionamento de rúas e espazos públicos da Área de rexeneración e renovación urbana de Vilar de Santos. Tamén pediu colaboración para ampliar o Centro de Día e a Vivenda Comunitaria para convertila nun Fogar Residencial. Outras das actuación que queren realizar é no Museo da Limia, onde pretenden correxir deficiencias e facer labores de mantemento. Orzamento Vilar de Santos presentou no pleno as súas contas. Estas din que no ano 2016 o concello tivo un resultado positivo de algo máis de 41.000 euros. Esta cifra fai que, xunto co remanente anterior, o Concello teña un superávit de 263.249,53 euros. O alcalde sinalou que en torno a cuarta parte dese remanente (uns 65.000 euros) utilizaranse para as melloras na piscina e outras obras no concello. Ademais, o rexedor asegurou que o pago a proveedores están en torno aos 27 días e que o baixarán ata os 12 días aproximadamente.

O Concello de Entrimo fixo entrega das Madamitas.

O Museo do Entroido xa ten ás madamitas 4 Típicas de Entrimo. Redacción O Museo do Entroido de Xinzo xa conta na súa colección coas Madamitas. Dous exemplares

para aumentar a súa recopilación de máscaras e traxes do Entroido. Estas Madamitas foron creadas pola Asociación de Mulleres Rurais de Entri-

mo. A entrega das pezas fíxose a cargo do alcalde, Ramón Alonso, quen cedeu ao museo os dous traxes. No acto de entrega, por parte do Concello de Xinzo estivo presente o edil de Turismo, Carlos Gómez. Máis traxes Estanse tramitando máis traxes, preto duns 20. Están abertas negociacións para que o Peliqueiro de Chantada, o Zarramanculleiro de Cualedro, e a Pita das Eiroás, entre outros, formen parte da compilación. Desde o Museo contan que antes de que remate o ano aumenten a colección nun 40%. A meirande parte das adquisicións son donacións ou cesións por parte de concellos, asociacions e particulares.

Os socialistas preguntan sobre a limpeza de canles 4 O grupo pide información sobre esa actuación en fincas de concentración parcelaria. Redacción Desde o PSOE de Xinzo de Limia reclaman ao Concello explicacións sobre a “agresiva limpeza” de canles de dragaxe de fincas de concentración parcelaria no entorno da aldea de Ganade, no que diferentes especies arbóreas foron arrincadas, a simple vista, sen ton nin son, e amontoadas nas beiras da canles. A portavoz socialista, Elvira Lama, quere saber se estes traballos foron encargados polo Concello de Xinzo coa pertinente autorización ou se foron feitos directamente pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Desde o grupo aseguran que unha limpeza tan agresiva pode causar problemas de “arrastre e asolaga-

mentos” durante períodos de choiva intensa. Lama afirma que “o propósito destes traballos é previr o risco de desbordamentos e asolagamentos”, porén indica que a limpeza non pode facerse a base de “arrasar o entorno”. A edil quere saber se o Concello encargou os traballos e se foron feito coa autorización da Confederación Hidrográfica do MiñoSil (CHMS). E, no caso de que a súa autoría sexa directamente da CHMS, quere coñecer os informes nos que se basearon para determinar este proceder.

O PSOE considera “agresiva” a forma de limpeza das canles de dragaxe

Un dos actos na honra de Carlos Casares celebrado en Xinzo de Limia./RAMSÉS.

Día das Letras Galegas Xinzo acolleu o acto central do Día das Letras Galegas 2017, adicado a Carlos Casares. A xornada comezou na comarca da Limia cun pleno extraordinario da Real Academia Galega no que interviron académicos como Xesús Alonso Montero (ex presidente da Academia), Fina Casalderrey, ou mesmo Henrique Monteagudo. De seguido, os actos trasladáronse ata a praza que leva o nome do homenaxeado. Alí, descubriuse unha praca e realizáronse discursos por, entre outros, o alcalde de Xinzo e os presidentes da Deputación e da Xunta de Galicia. No acto non faltou a música nin unha xuntanza das motos favoritas de Casares: as Harley Davidson. O día remataría cos concertos de Esmeralda e María do Ceo, a representación teatral da obra “A galiña azul” e a entrega de premios dos concursos de artigos en galego e das portadas de “Vento ferido”. Na foto, o acto plenario extraordinario da RAG.

Unha das canles de dragaxe que se limparon.


PUBLICIDADE

Barrios Xuño 2017

13


14

Barrios Xuño 2017

EN BREVE 4 Concilia Verán

O Concello de Allariz pon en marcha, un ano máis, o programa Concilia Verán, iniciativa de conciliación laboral e familiar. O prazo para solicitar este programa estará aberto ata o 15 de xuño. O Concilia Verán é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades. Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto. As persoas interesadas poden pedir información ou presentar a solicitude no Fogar dos Maiores ou a través do teléfono 988 554 059.

ALLARIZ E COMARCA

Recta final para a 700ª edición da Festa do Boi 4 Agárdanse milleiros de persoas para a fin de semana. Redacción

celebración.

A Festa do Boi de 2017 encara a súa recta final. Esta fin de semana rematarán os actos que conmemoran o seu 700º aniversario, polo que se agardan milleiros de persoas na vila durante os últimos tres días de celebración. Pasarrúas, charangas, verbenas e como non, a carreira do Boi, para encher durante tres días horas e horas de troula, como xa se vén facendo desde o pasado 10 de xuño, día no que comezaron os alaricanos coa

Horarios Entre todos os eventos o máis destacado do venres, 16 de xuño, serán as carreiras ás 13:30 e ás 21:00 horas; e ás 20 horas o acomodo do Xan de Arzúa e colga da bandeira na casa do Concello. Ao día seguinte, sábado 17 de xuño, a carreira infantil do boi está prevista para as 12 horas, e as de adultos ás 13:30 horas e ás 20:30. Ben entrada a noite a música da verbena (na Barreira) correrá a cargo do grupo Triunfo.

E xa para finalizar a efeméride do Boi, o domingo, 18 de xuño, comezará con pasarrúas coa Treboada dos Zés Pereiras e a charanga Sugarri (13 horas e máis tarde ás seis); a carreira do boi dará comezo ás 13:45 horas; o Maratón do Boi (ás 19:30h) dará paso ao peche da festa a cargo de Xan de Arzúa, para despedirse ata o ano que vén.

O domingo pecha a Festa do Boi Xan de Arzúa (ás 20:30 h)

4 Repintado

O Concello de Allariz levou a cabo o repintado da sinalización na rede viaria municipal. Procedendo á sinalización de todos os pasos elevados existentes na rúa Emilia Pardo Bazán, na Estrada de Xunqueira, de Celanova, o Fuxón e no recentemente remodelado Arnado. A intervención contempla, ademais, a indicación de todas as limitacións de velocidade. Están en proceso de licitación as obras de mellora na pavimentación na rúa A Granxa e a creación de beirarrúas nas rúas Piñeiro e Fuxón.

4 Universidade O Concello de Allariz acollerá dous cursos de extensión universitaria en colaboración coa Universidade de Vigo: “700 anos da Festa do Boi e outros elementos do patrimonio inmaterial relacionados”, organizado pola Facultade de Ciencias da Educación e a segunda edición de “Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra”, organizado pola de Ciencias Empresariais e Turismo.

Carreira do Boi nunha edición anterior. /ARQUIVO.

Allariz estrea nova web Redacción O Concello de Allariz estrea nova páxina web municipal (www.allariz. gal) e incorpora a sede electrónica. Esta nova ferramenta dixital permite un acceso máis áxil dos cidadáns ao concello. Trátase dun sitio en liña do que aproveitar as vantaxes da Administración Electrónica, como a posibilidade de realizar trámites administrativos ou unha comunicación máis fluída entre cidadán e a administración local. A nova web está centrada en tres áreas princi-

pais: a actualidade, a través do Xornal de Allariz, no que se ofrece información actualizada sobre o municipio; o turismo, aínda en fase de desenvolvemento; e a administración electrónica.

A web tamén ofrece información de páxinas locais de interese como Festival Internacional de Xardíns, a do Outlet Allariz, a web da Reserva da Biosfera e a de Reatur, entre outras.

A nova web pode consultarse en www.allariz.gal.

Rúa do casco vello de Allariz. /ARQUIVO.

O PSOE pide a modernización dos letreiros comerciais 4 Na procura de promoción. Redacción O Partido Socialista de Allariz reclama que se modernice a sinalética dos establecementos comerciais e hostaleiros de todo o casco vello de Allariz. Segundo o partido é unha reivindación dos empresarios dos dous sectores que piden o uso de paneis informativos para mellorar a promoción. Os socialistas tamén esixen coñecer as condicións de uso e desfrute dos hortos urbáns adxudicados polo Concello de Allariz. Para os socialistas, esta medida promovería o comercio local e a hostalería do pobo, pondo en valor os servizos que ofertan ao tempo que unificaría promoción, evitando que cada local se publicítase de xeito individual, xerando unha imaxe heteroxénea e afectando á estética. Polo tanto, dende o grupo socialista demandan que, de acordo coa Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz, o concello mellore a sinalética dos establecementos do casco histórico da vila, que encaixe no entorno singular e promocione todos os locais destes servizos sinalados. Para o PSOE de Allariz e, en particular, para

a súa voceira, Zaida Rodríguez, “semella unha boa iniciativa que deberá ser estendida ao resto dos locais do casco histórico, de acordo coa normativa urbanística, polo que propomos que se coloquen paneis informativos que indiquen a ubicación dos establecementos e as especificidades de cada un deles”. Hortos Por outra banda, Zaida Rodríguez, dentro do seu labor de fiscalización, vén de solicitar información e documentación relativa co uso e desfrute dos hortos urbáns de titularidade municipal. Os socialistas de Allariz queren saber o número de parcelas coas que contan os tres hortos municipais, servizos cos que contan e o investimento realizado. Así mesmo, o PSOE reclama coñecer como se levou a cabo a adxudicación de cada unha das parcelas dos hortos do Fuxón, Casa Lomberte e rúa Alarico, a normativa que regula o uso destas parcelas e a relación pormenorizada dos usuarios e usuarias das mesmas.

O PSOE quere coñecer as condicións do uso e desfrute dos hortos municipais


PUBLICIDADE

Barrios Xuño 2017

15


16

Barrios Xuño 2017

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

A Xunta mantén a colaboración co Hércules Brass

4 Terradentro A Casa dos Poetas de Celanova acolleu a presentación -ante unha gran expectación- da novela Terradentro, de Xosé Benito Reza. Na obra mestúrase a intriga coa indagación nos fíos da memoria e da paisaxe.

4 Este ano terá lugar do 31 de xullo ao 4 de agosto. Redacción

4 Cartelle Jaime Sousa releva na alcaldía de Cartelle á que fora durante 26 a alcaldesa: Carmen Leyte.

4 Pinchos Celanova celebrou o quinto concurso “Pinchos da miña terra” que se celebrou na primeira fin de semana do mes. Foron máis de 3.000 os que se elaboraron nos 23 locais que participaron na iniciativa.

Un dos postos gastronómicos da Romaría Raigame de Vilanova, na que non faltaron como cada ano numerosos artesáns traballando en directo. /ALEJANDRO MÍNGUEZ.

Raigame 2017 Vilanova dos Infantes volveu a ser un dos puntos neurálxicos durante o Día das Letras Galegas. Un ano máis, centos de persoas, chegadas de todos os puntos da xeografía galega, desprazáronse ata esta vila para festexar a Romaría Raigame, que na súa 16ª edición rendiu homenaxe ao 40º aniversario do Museo do Pobo Galego. Música, gastronomía e artesáns en vivo foron algunhas das propostas desta cita.

O espazo Coworking regresa a Celanova 4 A próxima semana comeza a súa segunda edición. Redacción Celanova volve a contar co espazo Coworking na segunda edición organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e Escola de Organización Industrial (EOI). Esta segunda edición chega a seis concellos galego, sendo o de Celanova o único na provincia de Ourense.

As propostas recibirán durante os próximos cinco meses formación, titorías e asesoramento personalizado para a aceleración dos proxectos, así como facilidades para o acceso aos medios necesarios para desenvolver as súas ideas de negocio. O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar os procesos de maduración,

implantación e desenvolvemento de proxectos empresariais, así como a creación de emprego sobre o territorio, incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores

e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá. En Celanova serán máis de 20 as ideas empresariais que participarán neste segundo Coworking.

Exposición do proxecto dun dos emprendedores da primeira edición do Coworking en Celanova. /RAMSÉS.

Un ano máis a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia colabora no Festival Hércules Brass que terá lugar en Celanova os días 31 de xullo e 1, 2, 3 e 4 de agosto. Cultura vén apoiando esta iniciativa desde os seus inicios -aló polo ano 2014-, e este ano volve a ser peza fundamental. Así o confirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ao alcalde de Celanova, José Luis Ferro; ao técnico de Cultura do concello, Antonio Piñeiro; e aos músicos Alejandro Vázquez

e Rodrigo Rodríguez, integrantes do quinteto de metal Hércules Brass, cos que se reuniu no edificio administrativo de San Caetano, na capital galega. O Goberno autonómico vén colaborando desde a súa posta en marcha con este festival, promovido pola Asociación Cultural Xingros, co fin de favorecer a realización de programacións locais que lle acheguen á cidadanía a música clásica.

O Hércules Brass chega este ano á súa cuarta edición

Reunión do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e os músicos Alejandro Vázquez e Rodrigo Rodríguez, integrantes do quinteto de metal Hércules Brass.


CELANOVA E COMARCA

Os escolares de Celanova melloran o seu rendemento

O rendemento escolar dos alumnos do CEIP de Celanova mellorou coa implantación do proxecto Móvete 15, unha iniciativa pioneira en España que comezou a principio de curso no colexio celanovés e que incluía quince minutos de exercicio libre despois da primeira hora de clase, cando se imparten as materias máis fortes. O rendemento académico mellorou un dez por cento entre a primeira e a segunda avaliación, apuntaba o director do centro, Juanjo Lamelas. Falta coñecer os resultados completos do curso, coa incorporación de datos da terceira avaliación, pero no centro educativo están satisfeitos e contentos con este programa. Quen expuxo polo en marcha foi o xefe de estudos e profesor de Educación Física, Óscar Rodríguez, despois de coñecer o programa dun colexio escocés denominado The Daily Mile (a milla diaria). En Celanova, comezaron en outubro co plan. Ás 11.10 horas, cada día, todo o colexio saía ao patio a exercitarse -ben andando, correndo, saltando ou bailando-, en definitiva, a moverse du-

rante quince minutos sen pausa. Óscar Rodríguez aprecia que o exercicio matinal entre clases mellorou sensiblemente a atención dos alumnos en xeral. Os profesores do centro coincidiron en considerar que esta saída favorece a concentración dos estudantes para continuar a actividade lectiva. O programa inseriuse, explicou o xefe de estudos, entre as dúas primeiras horas de cada xornada escolar, cando se imparten as materias que poden resultar máis duras, como as linguas ou as matemáticas. Tamén se saberá, a finais de curso, se o programa axudou a combatir a obesidade. Tese universitaria Un alumno sevillano que está a realizar unha tese sobre rendemento escolar e exercicio solicitou os datos ao colexio de Celanova para incorporalos ao seu estudo sobre o tema.

A finais de curso saberase se o programa axudou a combatir a obesidade

Patio do colexio de Celanova onde se realiza o Movete 15. /BÓVEDA.

17

Presentouse o libro “El octavo arte. La moda en la sociedad contemporánea”, de Paz Gago

4 A través do programa Móvete 15. Redaccióm

Barrios Xuño 2017

Adilia foi unha das tendas locais que mostrou as súas coleccións.

A praza Maior de Celanova converteuse en pasarela 4 A vila celebrou a primera Fin de Semana da Moda. Redacción Os días 9 e 10 de xuño Celanova celebrou a súa primeira fin de semana da moda, organizada pola asociación “Celanova está de moda”. Previamente, e en relación a esta actividade, presentouse na Casa dos Poetas o último libro de José María Paz Gago,

“El octavo arte. La moda en la sociedad contempo-

Presentación do libro de Paz Gago.

«Nós tamén fomos emigrantes» visitará Celanova 4 A exposición estará na vila a partir do 13 de xullo. Redacción A exposición «Nós tamén fomos emigrantes» visitará Celanova. Concretamente a partir do vindeiro 13 de xullo -día da súa inauguración- e ata o 26 de agosto. Esta mostra chega á vila de San Rosendo grazas ao convenio cultural asinado polo Concello de Celanova e Afundación e Abanca. A mostra poderase visitar na sala de exposicións Casa de Curros Enríquez, de luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 h e de 16.30 a 20.30 h.

ránea”. No acto, o autor estivo acompañado pola

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro Iglesias; o director de zona de ABANCA, Enrique Manuel Romero Reinoso; e a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano García, foron os encargados de ratificar, mediante rúbrica, a colaboración das entidades. Esta mostra encádrase dentro do proxecto «Corrente cultural», unha aposta de Abanca e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo

unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia. A mostra A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha

Unha imaxe da exposición.

deseñadora María Barros, a xornalista e fotógrafa Carolina Aldara Piñeiro e a editora do libro, Laura Rodríguez. A praza Maior foi o epicentro das actividades convertendoa nunha pasarela ao aire libre co Monasterio de San Salvador como espectador de excepción. Os varios desfiles mostraron todo tipo de roupa para calquera evento, desde a máis informal ata a que se precisa en momentos especiais; tamén houbo unha mostra de moda infantil. Locais Os locais uníronse nafin de semana da moda coa “Noite aberta”. Ofreceron promocións especiais (como pinchos a 1,50 euros nos bares e restaurantes) aos seus clientes ademais de animacións na rúa, como música en directo.

síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandoar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE desde 1996 a 2004.

A mostra permanecerá aberta na Casa dos Poetas do 13 de xullo ata o 26 de agosto


18

Barrios Xuño 2017

60.000 euros en axudas Redacción A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un total de 57.360 euros en axudas a entidades e concellos da provincia destinadas a temas de cultura, deporte e infraestruturas. En concreto, aprobouse unha axuda de 10.000 euros para a Fundación Festa da Istoria, destinada á celebración desta festa para este ano 2017. Tamén se concedeu unha axuda para o Concello de Castrelo do Val por importe de 19.360 euros para a adquisición dun brazo para rozadora. O de Celanova recibirá 16.000 euros para as obras de construción do depósito de auga na localidade de Sampil e, por último, ao Concello da Gudiña estarán destinados 12.000 euros para a organización do 4º RallyMix da Gudiña, segundo Memorial Guillermo Lago -celebrado na primeira fin de semana de xuño-. Asemade, aprobouse a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2017 relativa ao Concello de San Amaro, no que atinxe á obra “saneamento en San Sebastián” polo cambio de denominación da obra a “saneamento en San Sebastián e saneamento na Torre, segunda fase”, mantendo o orzamento inicial de 35.000 euros.

PROVINCIA

Cinco rutas do tren turístico pasan por Ourense 4 Das 11 que hai en toda Galicia. R.T. A nova edición da campaña de trens turísticos impulsada por Turismo de Galicia, Inorde e Renfe, ofrece 11 itinerarios dos que 5 percorren a xeografía da provincia de Ourense. Como novidade deste ano, incorpórase a ruta ‘Ourense termal e de compras’, que combina o turismo polo casco histórico da cidade das Burgas, as Termas de Outariz e tempo libre para realizar compras opcionais pola cidade. En total ofreceranse 11 itinerarios, cinco deles pola provincia ourensá, que estarán en funcionamento durante os meses de xuño a outubro coa

Este ano as rutas desenvolveranse de xuño ata outubro

intención de fomentar un turismo de calidade e sustentable. Rutas As cinco rutas facilitan a posibilidade de, ademais de coñecer a cidade das Burgas, visitar as catro Denominacións de Orixe dos viños da provincia coa Ruta do Viño Ribeira Sacra, a de Monterrei, a do Ribeiro-Rías Baixas, e a de Valdeorras-Ribeira Sacra. Estas rutas son unha maneira de achegar ao viaxeiro os produtos e recursos naturais e termais. A edición deste ano desenvolverase do 10 de xuño ao 28 de outubro. A nova ruta que incorpora esta campaña destinada a capital ourensá ofrecerá dúas saídas, os días 7 e 21 de outubro. Estes trens turísticos estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis exitosos do verán ga-

Un dos trens turísticos que percorren a provincia.

“Ourense termal e de compras” é a nova ruta deste ano na provincia de Ourense lego. 80% de ocupación O ano pasado a ocupación media superou o 80% de xuño a setembro, recibindo viaxeiros de 19 nacionalidades diferentes. A ruta máis demandada, o ano pasado, foi a que percorre a Ribeira Sacra. Aos itinerarios que percorren a provincia súmanse as do resto de Galicia: a ‘Ruta dos Faros’, a ‘Ruta dos pazos e xardíns históricos’, a ‘Ruta da Lamprea’, a ‘Ruta Lugo Romano’, a ‘Ruta do viños das Ríaz Baixas’, e a ‘Ruta Descubrindo A Coruña’.

Axudas para a rehabilitación de infravivendas 4 A Xunta subvencionará ata o 95% en Concellos de menos de 10.000 habitantes. Redacción A Xunta de Galicia subvencionará ata o 95% do custe de rehabilitación das infravivendas (edificación, empregada como vivenda, que non reúna as mínimas condicións de habitabilidade) emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes. Tal como recolle a orde que publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Infravivenda incluído no Plan RehaVIta que abrangue rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 20152020, para o ano 2017. Estas subvencións buscan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en condicións de propietarias, nunha

O programa RehaVIta é para vivendas en concellos con menos de 10.000 habitantes.

vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. As axudas irán dirixidas a infravivendas de propiedade privada, sempre que o propietario sexa un dos integrantes da unidade familiar que habita na mesma e os ingresos familiares sexan inferiores a unha vez o Iprem; e as edificacións ou vivendas de propiedade municipal que se rehabiliten destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde. Importe O importe da axuda para cada infravivenda será do 95% do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por fogar. O Concello xestionará a achega do 5% restante. Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo continuará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2017 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario. Máis informacion no enlace: https://goo.gl/ KG0Tzf.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Unión Europea apoia tres proxectos da Deputación de Ourense con Portugal Máis dun millón de euros destinarase á provincia de Ourense para accións nos ámbitos termal, medioambiental e económico O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou os proxectos aprobados pola Unión Europea para Ourense, cuxo importe total ascende a seis millóns de euros, dos cales máis dun millón de euros investiranse na provincia de Ourense, co obxectivo de potenciar os ámbitos termais, natural, económico e turístico do territorio ourensán. Os proxectos, que se enmarcan no Programa POCTEP de cooperación con Portugal son: “Comunidade Territorial de Cooperación (CTC) Limia-Lima Cávado”, de desenvolvemento económico; o “Geres-Xurés-Dinámico”, para a dinamización da reserva da biosfera transfronteriza, e “Raia Termal”, para o desenvolvemento do destino turístico termal de fronteira Galego-Portuguesa, proxectos nos que participa a Deputación de Ourense por medio do Inorde. Os ámbitos de actuación destes proxectos, como apuntou o presidente do goberno provincial, enmárcanse nas prioridades dos plans de mandato “Ourense 92”, “Ourense 15-19”, e no que será o próximo, o “Ourense 72-73”, “a prol da preservación do noso medio natural, da competitividade económica ligada a potencialidades da provincia como o turismo ou o termalismo, entre outras, e

Manuel Baltar, na presentación dos proxectos europeos. á promoción do patrimonio común existente na área fronteiriza entre Ourense e o Norte de Portugal, reforzando así os lazos de unión e cooperación co noso país irmán”. Baltar destacou que o Programa Interreg V-A EspañaPortugal (POCTEP) 2014-2020 “considérase un instrumento clave para o desenvolvemento de proxectos na provincia de Ourense en cooperación con Portugal”. O programa Interreg financia cun máximo do 75 %

(axuda FEDER) o importe destes proxectos, que suman un total de case seis millóns de euros, dos cales investiranse 1.497.050 euros na provincia de Ourense, o que supón unha captación financeira de 1.122.788 euros de axuda FEDER. Neste sentido, Manuel Baltar afirmou que as prioridades do programa están vencelladas a ámbitos como o crecemento intelixente para o impulso da innovación, a competitividade empresarial, o crecemento sus-

tentable e a mellora da xestión dos recursos naturais. Iniciativas como a de “Provincia Intelixente”, o Plan “Exportou” para favorecer a internacionalización de empresas ourensás ou a alianza coa Association Sustainable Business Council de Estados Unidos, para a posta en marcha en Europa e desde Ourense do Consello Europeo de Economía Sostible, “son iniciativas que promoven e contribúen a achegar valor e a difundir a “marca Ourense”.

Cumio hispano-luso de gobernos locais O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participou no Cumio hispanoportugués dos gobernos locais, celebrado en Coimbra (Portugal), destacando que Ourense “é a provincia máis internacional de España, ao contar con 219 quilómetros de fronteira con outro país –Portugal-“, e subliñando “o papel central da provincia ourensán na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. O cumio contou coa presenza de presidentes de gobernos locais e provinciais, representantes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da

Associaçao Nacional de Municipios Portugueses (ANMP). Entre os temas que se trataron destacaron reforzar a alianza dos Poderes Locais da Península Ibérica no contexto europeo; o papel dos poderes locais no próximo Marco Comunitario de Apoio, e a cooperación transfronteiriza dos territorios no ámbito local. Na xuntanza determinouse crear un grupo de traballo conxunto, para definir liñas de actuación en cooperación transfronteiriza, infraestruturas, comercio, turismo, cultura e fondos europeos.

Abel Caballero, Manuel Machado e Manuel Baltar.

Barrios Xuño 2017

19

Acisclo e Buciños, Premio “Otero Pedrayo” O xurado do Premio “Otero Pedrayo” 2016 ditaminou conceder por unanimidade o galardón ex aequo aos escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños, proposta que foi presentada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que complementa e amplía á presentada pola Fundación “Vicente Risco”. Esta é a primeira vez desde que se instaurara este premio –en 1977, gañado na súa primeira edición por Carlos Casares-, que o xurado ditamina por unanimidade a concesión do galardón. A acta do xurado, que recolle integramente a proposta da Deputación de Ourense, sinala que Acisclo e Buciños honraron á Xeración Nós e as súas obras son coñecidas internacionalmente, e que por medio de Risco e de Otero Pedrayo integraron os artistas ourensáns dos 50, coñecendo o labor das vangardas dos anos 20 e comezaron a experimentar novos estilos. Ademais sinala que son abondosos os méritos nos dous escultores de sona internacional, presentes e recoñecidos polas súas obras en coleccións públicas e privadas dos principais museos e centros artísticos de Galicia, España, Europa, América e, mesmo en Asia. Nados, o primeiro, en 1938, no lugar de Buciños, do que toma o seu nome artístico, concello de Carballedo, e afincado en Ourense desde 1950 e, o segundo, en 1940, nesta cidade de Ourense.


20

Barrios Xuño 2017

BTT solidario en Boborás Redacción A primeira BTT solidaria do Concello de Boborás será en favor da Asociación Española contra o Cancro, proba que se celebrará o vindeiro 18 de xuño no municipio ourensán. A proba deportiva conta cun percorrido de preto de 40 quilómetros que serán cronometrados. A saída será ás 9.30 horas diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Haberá unha clasificación feminina e masculina absoluta, con trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha delas. Tamén haberá dous trofeos de honra para o participante de máis idade que remate a proba, así como para o máis novo. Actividades As actividades comezarán o día antes da proba, o sábado 17 de xuño, a partir das 16.30 horas, coa recollida de dorsais e cun mercadillo solidario, onde todo o recadado na venta será para a Asociación Española contra o cancro. A xornada estará amenizada coa música a cargo dun Dj. Asemade, para os máis cativos haberá un circuíto ciclista infantil, dirixidos a nenos de entre 3 e os 12 anos, onde poderán participar coas súas bicicletas. Esta actividade está composta dun circuíto de educación vial con sinais de tráfico e semáforo, así como dun parte de adestramento formada por unha xincana de habilidade con xogos e saltos. As actividades infantís son de carácter gratuíto. Así mesmo, haberá unha carpa taller de reparación de bicicletas, para información e posibles avaríasatendida por técnicos titulados polas Federacións de ciclismo.

DEPORTES

O duatlón de Celanova chega á quinta edición 4 Terá lugar o 29 de xullo. Redacción O “V Dualtón Cross Vila de Celanova” xa ten data. Celebrarase este ano o sábado 29 de xullo. A saída e meta estarán noa praza Maior da vila e consiste nunha proba con tres sectores. O primeiro sector será carreira a pé de 7 quilómetros por un circuíto urbano das rúas de Celanova. Seguidamente accédese a zona de transición, na mesma praza Maior, e recóllese bicicleta de montaña para percorrer sobre 20 Km por camiños, carreiros e pistas dos arredores de Celanova. Unha vez realizado o percorrido en bici vólvese á zona de transición da praza Maior para percorrer 3,5 quilómetros, de novo a pé, polo circuíto urbano da carreira. Esta proba pódese facer de xeito individual ou por parellas (dentro desta están as categorías masculina, feminina ou mixta). É obrigatorio usar casco no sector de bici e debe quitarselo para realizar os sectores a pé. Na zona de transición (substitución

en parellas ou cambio de carreira a bici individual) non se pode e é causa de descualificación pasar, entrar ou saír, montado na bicicleta.....es obrigatorio circular a pé entre as marcas de inicio e fin de zona de transición. Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría: individual (masculino e feminino), parellas (masculino, feminino e mixto). Inscricións As inscricións para a proba poden realizarse por varias vías: na web galitiming.com; presencialemente en No Solo Bicis (R/ Encarnación, 3 Baixo), no teléfono 988 43 12 39 ou no correo elec-

4 O campión de España non tivo rival. O actual campión de ralis de asfalto, Cristian García, xunto á copiloto, Cristian García, e ao vo-

trónico nsbcelanova@ gmail.com. O prezo da inscrición é de 5 euros (a individual) e de 10 (en caso de inscribirse en parella). Cuarta edición A pasada edición os gañadores foron: Bruno Sousa, individual masculino; Noelia Portela González, individual femenino; Fernando Nieto e Fernando Montes, en parella masculino; e Eva Martínez e José Cid, en parellas mixtas.

lante dun Ford Fiesta R5 proclamouse campión do 50º Rali de Ourense. Tras García, na segunda posición rematou Iván Ares, e o terceiro caixón

Redacción O mes de xuño queda reservado para as carreiras nocturnas. De todas elas, dúas resaltan sobre as demais. O sábado, día 24 de xuño, chega o turno da de Celanova que este ano chega a súa 14ª edición. Na proba absoluta percorreranse algo

do podio foi para Pedro Burgo. Tanto “Cohete” Suárez (este cando estaba loitando pola vitoria) coma os irmáns Vallejo tiveron que abandonar.

O Ford de Cristiam. /R.T.

máis de 7 km pola vila de San Rosendo. As inscricións están abertas (en championchipnorte.com) ata o día 22 de xuño. Ao peche desta edición o número de inscritos achegabase aos 300. Xinzo A outra carreira nocturna por excelencia destas datas, a de Xinzo, posponse ata o mes de setembro. Estaba prevista para o 17 deste mes.

Mal día para Iván Feijoo en Suiza 4 O ciclista no puido estar entre os mellores nas UCI Junior Series. Redacción Iván Feijoo participou a pasada fin de semana nas UCI Junior Series celebradas na localidade suiza de Gränichen. O ciclista non tivo o seu día e non rendeu ao seu nivel. Desde o principio andaba falto de ritmo e estaba claro que non ía loitar cos mellores, polo que se limitou a completar a carreira pensando en vindeiras citas.

Saída do duatlón da edición do ano pasado.

Cristian García reina no Rali de Ourense

Redacción

O percorrido será de 7 quilómetros a pé, 20 en bici e 3,5 de novo a pé

Carreira nocturna de Celanova

Open Galicia O resto de compañeiros de Iván desprazabanse ata Marín para parti-

Iván Feijoo en Suiza.

cipar nunha nova xornada do Open Galicia XCO. Carlos Canal e Noela Saa lograron a primeira posición (masculina e feminina, respectivamente) na categoría cadete. A Saa acompañouna no podio (en terceira posición) Aida González e Marco Nube facía o propio co terceiro posto cadete masculino. Mentres Abel Franco era o segundo entre os júniors e Raúl González, terceiro dos sub 23. Con estes resultados, tanto Noela Saa coma Carlos Canal continúan líderes nas súas respectivas categorías.


OCIO E CULTURA

Barrios Xuño 2017

21

Madama Butterfly será retransmitida en directo no Auditorio de Verín 4 O Concello pon a disposición do público as entradas gratuítas. Redacción O vindeiro venres, 30 de xuño, ás 21.30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Madama Butterfly, de Giacomo Puccini, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real. Desde o pasado luns, o Concello puxo a disposición do público as entradas para a ópera (gratuítas e numeradas) no Auditorio Municipal. Madama Butterfly Madama Butterfly é a traxedia por excelencia no mundo da ópera.

Composta por Giacomo Puccini a principios do século XX, contén os ingredientes máis propicios para o drama: amor, engano, traizón... e morte. Todo iso, ademais, aderezado polo exotismo do imperio do sol nacente, da

súa xente, da súa tradición e da súa cultura, que se contrapón ao poder do invasor occidental.

Será o venres 30 de xuño ás 21:30 horas

Presentación do último libro de Jorge Emilio Bóveda “O monstro da Ille”, na Casa dos Poetas de Celanova.

Descubrimos “O monstro da Ille” 4 O ourensán Jorge Emilio Bóveda presenta novo libro. Redacción

Escena da obra Madama Butterfly.

O profesor Jorge Emilio Bóveda está a presentar a súa última obra “O monstro de Ille”. Ourense, Celanova, Santiago e Allariz foron os lugares onde deu a coñecer este relato o prolífico escritor. Para o autor, “O mons-

tro de Ille” é “unha novela escura sobre un tempo escuro”. Esta é a primeira achega narrativa de Jorge Emilio Bóveda ao catálodo da Editorial Galaxia. O prezo do libro é de 12,50 euros. Na presentación estiveron José Luis Ferro Iglesias (alcalde de Celanova e presidente da Fundación

Curros Enríquez); Juanjo Lamelas (escritor e Director do CEIP Curros Enríquez de Celanova); Jorge Emilio Bóveda (autor); e Francisco Castro (director de Galaxia). O monstro Cando todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas. Tamén é a historia dun instante en que a Fe e a Ciencia chocan violentamente.


22

Barrios Xuño 2017

4AXENDA Exposicións - Ata o 29 de outubro VIII Festival Internacional de Xardíns de Allariz “Os xardíns da memoria” - Allariz Música - 16 de xuño- Concerto de fin de curso do Conservatorio Municipal de Música- 20 h- Casa da Cultura de Xinzo - 18 de xuño - Música no Corpus - 12 h - Igrexa Parroquial de Verín - 20 de xuño - Concerto de fin de curso - 20:30 h - Auditorio de Música de Verin - 24 de xuño - Concerto de Puke Rainbowns - 22 h - Arca da Noe - Vilar de Santos - 30 de xuño - Concerto de Manuel Carballo 22 h - Arca da Noe - Vilar de Santos Infantil - 16 de xuño - “A cadeliña Ramona” contacontos - 18 h - Biblioteca Pública de Verin - 21 de xuño - “Estación en contos” con Celtia Figueiras - 18 h - Biblioteca Pública de Verín Outros -16 de xuño - Acto informativo sobre dependencia - 17 h - Praza do Concello de Verín - Do 16 ao 18 de xuño - XI Festival de Baile “Baila comigo Celanova” - 20 h - Praza Maior de Celanova - 17 de xuño - Copa Deputación de Piragüismo - 11 h - Praia Fluvial O Corgo (Muiños) - 18 de xuño - V Ruta Cabalar Bande - 10:30 h - Bande - 24 de xuño - I XCO O Carballiño BTT - 16:30 h - Parque Municipal de O Carballiño Festas e feiras - Ata o 18 de xuño Festa do Boi - Allariz - Do 24 de xuño ao 2 de xullo - Festas de Ourense - Todos os xoves - Feira en Celanova www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

O Fraga e o Manolo Atopeinos, en diferentes etapas da miña vida, cada un exercendo naquel intre o que mais lle agradaba. O Manolo chamaba a atención pola súa corpulenta estampa, e máis ainda, polo xeito de camiñar, desprazando a cadeira de maneira pendular, pero firme e segura ó mesmo tempo. O Fraga, era un neno grande, bonachón, xeneroso e vehemente coas verbas, un tipo conciliador e amigo dos amigos de verdade. Os dous poderíamos dicir que foron líderes solventes, coas ideas claras e concisas, competentes no cara a cara, e transparentes nas distancias curtas, ou coma se soe dicir popularmente, non andaban con “caralladas” en calquera circunstancia que se lle presentara. “O Manolo” e “O Fraga”, tiñan moito en común, a pesares de que polo sangue, non tiñan raíces mútuas, mais en outras cousas, parecian almas xemelgas. Disciplinados e metódicos, sen medo ó contrincante, e cun lema permanente,”sempre cara adiante.. pase o que pase”. O destino, fixo que os dous tiveran estreita relación con Verín, o meu querido pobo, onde os coñecin, a un no ámbito do deporte e o outro na política. O Fraga cando era novo, xogou no Verin Cf, alá polos anos oitenta, e coido que amosou o espíritu verinense en todo-

“O Manolo e o Fraga tiñan moito en común, a pesares de que polo sangue non tiñan raíces mútuas”

los partidos que disputou coa camisola vermella. Lembrome daquel partido no Arjiz contra o Moaña... corrían os derradeiros minutos do encontro co marcador empate a un. Os de Moaña fixeran un troco para perder tempo, e a modiño saía o xogador cara o banquiño, cando de súpeto, con enérxica carreira chegou o central rubio das pernas longas, que nun acto espontáneo, colleu no colo o xogador que saia sen presa, pousandoo despois suavemente fóra do campo entre as risas da concurrencia, e a sorprendida faciana do señor colexiado, que quedou abraiado. Aqueles valiosos segundos, e o pundonor transmitido os compañeiros, daquela serviron para gañar o partido. Lembranzas que se quedan para sempre no maxin. “O Manolo” era coma “O Fraga” pero con traxe e garabata, e por circunstancias do meu traballo, de vez en cando, non tiña mais remedio que estar pretiño del. Lembro unha manifestación na Praza do Obradoiro, no corazón de Compostela, era cousa seria, porque tratábase das marisqueiras das rías, que deixaban claro que cando as da costa, veñen terra adentro, complicase o tema de verdade, porque unha marisqueira galega, defendendo o seu pan, e imparable. “O Manolo” tiña no seu itinerario pasar pola Praza do Obradoiro para despachar en Raxoi, e por seguridade, decidiron trocar o camiño, foi entón, cando xurdiu o xenio dun “xenio”, e con limitada serenidade, espetou: “Eiquí mando eu! pasen polo medio e medio do Obradoiro e detéñanse alí mesmo, diante desas mulleres”. O Manolo ordenou.e ninguén

Exercicio físico pola mañá lle levou a contra. E co mesmo xeito, que Fraga no Arjiz, Manolo baixouse do coche ao carón das marisquieras, e con sapiencia galega e retranca verinense, herdada da súa dona, largou verbas curtas e concisas, que o tempo, e coma si nada sucedera, foi arrincando os aplausos daquela multitude que estaban a protestar con ánimos encendidos. Historias da vida.. “O Manolo” e “O Fraga”, detalles que gardei no maxín, e que moitas veces lembro nas conversas entre amigos, porque estes feitos xurdiron de maneira natural, e non figuraban nun guión establecido, e que tal vez sexa unha sinxela maneira de arranxar os atrancos inesperados que xurden cada día. “O Manolo” foise en silencio, coa mesma chaqueta, e sin que ninguén lle pintara a cara, discutido e adorado, odiado e querido, coma os grandes. “O Fraga” aínda ten folgos para vivir a vida con ledicia, e gozar dos moitos amigos que atesoura, e de seguro que a miúdo, en xuntanzas políticas e culturais, lembra con nostalxia, as divertidas e inesquecibles andanzas do seu amigo. Pola miña parte, e co permiso de Fraga, mentres esteamos no mundo do fútbol, pregonarei aos rapaces máis novos as maneiras daquel central rubio e de pernas longas que sacou da imaxinación a máis fermosa e simpática xogada de estratexia para poder gañar un partido. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitin”

Segundo diversos estudos son evidentes os beneficios de practicar deporte durante as primeiras horas do día. A temperatura xoga ao noso favor, así a sensación térmica é moito máis agradable e pode evitar problemas como a insolación ou a deshidratación, pois as altas temperaturas provocan unha maior perda de líquidos. Tamén evita que a adrenalina que se produce ao facer o exercicio despois de tanto traballo, nos impida de conciliar o sono á hora de durmir. Por iso, comezar o día con estes beneficios axudaranos a afrontarmos o

resto da xornada con mellor humor e maior forza mental. Ademais diso, tamén é pola mañá que debemos desintoxicar o organismo, ou sexa, limpar o corpo de toxinas, como por exemplo bebendo agua con limón ou comendo froita da época. Por iso é que ao xantar debemos beber té verde, comer alcachofa e sementes de liñaza, solución eficaz para combater a obstrución. Ademais, tamén é pola mañá cando respiramos o mellor aire, con moita menos polución, para unha eficaz osixenación de relaxamento. João Damião

O Carballiño incentiva á lectura 4 Con cestas con libros repartidas pola vila. Redacción A concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal poñen en marcha un novidoso programa de lectura e intercambio de libros denominado “Arrieiros de papel”. A iniciativa consiste en

Cestas da iniciativa “Arreiros de papel”.

situar en diversos lugares do Carballiño unhas cestas con libros, que se poden levar para ler e despois deixalos no mesmo lugar ou en calquera das outras cestas, e tamén se poden traer libros para incorporar aos que xa hai. Unha destas cestas está colocada no descansiño da terceira pranta do concello, onde se atopan as áreas de Educación, Cultura, Turismo, Deportes, Orientación Laboral e a aula de informática. Outra cesta situase na área de Serizos Sociais, na rúa Faustino Santalices. E a terceira, na zona de descanso da Praza de Abastos. Asemade, está previsto poñer outra cesta nas piscinas municipais, en canto comece a tempada de verán.


CLASIFICADOS

Barrios Xuño 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº38 - Ano: X - Xuño 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Económica. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase apartamento a cinco minutos da praia america. Reformado, bo prezo. Tel. 636 422 497 Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@gmail.com. Alugo apartamentos, de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap). Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Vendo sofá 3 + 2 seminovo, dous lavacabezas e secador de perruquería, tres bicicletas e unha caldeira de calefación de gas cidade. Tel. 672 089 349.

Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tlf: 658 056 922. Vendo colcha e dous manteis de ganchillo. Tel: 669 434 330 e 988 24 60 96. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel: 988 25 59 63.

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Disponibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios XuĂąo 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios xuño 2017 by Periodico Barrios - Issuu