Skip to main content

Barrios xaneiro2018

Page 1

Especial Entroido VERÍN

Páx. 2

A Eurocidade Chaves-Verín aproba o seu orzamento

ALLARIZ

Páx.5

Limpeza de vertidos incontrolados en Maceda

XINZO

Páx.8

Xinzo de Limia pechou o ano Carlos Casares

CELANOVA

Páx.9

A cultura como medio para achegarse a Celanova

CARBALLIÑO Páx.14 Remodelación e modernización na praza de Abastos

3, 2, 1... Entroido! A provincia prepárase para celebrar o Entroido. Xinzo de Limia xa se encheu de fariña co Domingo Fareleiro. /RAMSÉS.

Número: 45 - Ano: XI - Xaneiro 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Xaneiro 2018

VERÍN E COMARCA

Acto de presentación do proxecto “Eurocidade Chaves-Verín 2020”.

A Eurocidade Chaves-Verín aproba o seu orzamento para 2018 en 300.000 euros 4 Tamén foi acordado o plan de actividades da agrupación territorial para este ano. Redacción A asemblea xeral da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín reuniuse o pasado 29 de decembro na Cámara Municipal de Chaves, co obxectivo principal de aprobar o orzamento e o plan de actividades para o 2018. Entre as decisións adoptadas polo órgano transfronteirizo atópanse: aprobar o orzamento do 2018 en 300.000 euros e o plan de actividades, que

se centrarán na execución dos proxectos “Eurocidade Chaves-Verín 2020” e “Destino fronteira” (ambos aprobados polo Programa Interreg España-Portugal 2014-2020 e cofinanciados con fondos FEDER). Actuacións concretas Estes proxectos, que deberán ser executados antes do 31 de decembro do 2019, centraranse no reforzo da cooperación institucional entre Chaves e Verín apoiando aos actores locais a través de micro iniciativas capaces de incrementar

o intercambio entre os dous municipios; na ampliación do espazo territorial de actuación da AECT coa incorporación da Comunidade Intermunicipal do Alto Támega e a Mancomunidade de Verín; na posta en marcha dos servizos técnicos e administrativos da AECT (para iso lanzarase unha convocatoria pública de emprego que permita dotar á agrupación de recursos humanos especializados capaces de asegurar a execución dos proxectos aprobados); na organización de ciclos de activida-

des de deporte, cultura e educación que permitan lograr unha Eurocidade máis inclusiva e participativa; no desenvolvemento da Rede de postos de turismo da Eurocidade; na posta en marcha de novos servizos (cartón moedeiro, parking, transporte, comercio, hostalaría, hotelería, servizos sanitarios, sociais, turísticos e de lecer) no cartón do Eurocidadán; na definición do Plan Estratéxico urbano e integrado que permita definir as actuacións a desenvolver no territorio para os próximos 10 anos. Este plan definirá o desenvolvemento urbano tocando todos os eixos de competencias locais desde unha perspectiva de “cidade intelixente”: transporte, mobilidade, medio ambiente, participación cidadá, infraestruturas, servizos públicos, servizos sociais, sanidade, turismo, urbanismo; e no reforzo dos servizos dispoñibles na sede da Eurocidade (“Ventanilla única”, Oficina Transfronteiriza de información xuvenil, local de ensaios, sala de conferencias, Servizos Eures transfronteirizo, biblioteca local e posto de información turístico de fronteira).

Dentro do plan previsto, atópase o aumento de servizos do cartón de Eurocidadán

A historia e viticultura de Oímbra nunha APP 4 Pódese ver en tempo real o municipio e acceder a información das adegas da zona. Redacción O presidente da Deputación, Manuel Baltar, a alcaldesa de Oímbra, Ana Villariño, e os representantes da empresa Xoia, Xoel Vázquez e Iván Olmos, participaron na presentación dun proxecto 3D de realidade aumentada que une o patrimonio histórico e a viticultura do municipio. “Trátase dunha nova maneira de achegar aos visitantes os valores turísticos, histórico-patrimoniais e vitivinícolas de Oímbra”, explicou Baltar. A través dunha APP no móbil, o visitante poderá ver unha reconstrución do pasado e ver en tempo real todo o

esplendor dos lagares de Oímbra, ademais de información completa das adegas da zona. Esta tecnoloxía permite “revivir” edificacións, escenas e outros elementos históricos, á vez que se amosa ao visitante información sobre a historia das adegas e as características do seu viño. Desta maneira créase unha experiencia visual, lúdica e didáctica que une os conceptos de promoción turística e económica. A aplicación, que non requirirá de conexión a Internet, só a súa descarga, estará dispoñible en galego e castelán para os sistemas iOS e Android, e nela, as etiquetas das botellas de viño actuarán como marcador.

Presentación da APP no Concello de Oímbra.


VERÍN E COMARCA

Verín e Cruz Vermella únense en proxectos sociais

máis desfavorecidas, especialmente persoas maiores, persoas en situación de vulnerabilidade e infancia en dificultade social, así

como campañas de promoción e prevención da saúde e atención a situacións de risco previsible e emerxencias.

4 Cunha achega do Concello. Redacción O Concello de Verín acolleu o pasado 15 de decembro a firma dun convenio de colaboración coa Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Monterrei.

Así, Cruz Vermella en Monterrei recibirá do Concello 2.300 euros correspondentes ao 2017, para o mantemento da organización humanitaria en Verín e a prestación de programas destinados a contribuír á inclusión social das persoas

O escritor Manuel Núñez Singala falará no IES García Barbón Por iniciativa do Departamento de Galego e do Equipo de Dinamización Lingüística, do IES García Barbón, solicitouse participar nun programa do Ministerio de Educación que se chama “Encuentros Literarios” e, unha vez aprobada dita solicitude, o centro contará coa intervención do escritor Manuel Nuñez Singala no salón de actos. A conferencia terá lugar o luns, día 22 de xaneiro, de 11.50 a 13.30 horas. Os estudantes de Bacharelato asistirán a dito encontro formativo. Actividades extraescolares Outras actividades extraescolares do centro foron a charla de Ángeles Vázquez sobre “Pedagoxía das linguas” para o alumnado de Formación Profesional Básica (o pasado 11 de xaneiro) e a do día 12 que foi unha Xornada

de Formación en Santiago de Compostela sobre “Finanzas para emprendedores” para estudantes de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Ademais o día 23 de xaneiro, martes, Carmen Armada que falará sobre “A violencia de xénero” para estudantes de ciclos formativos. E ao día seguinte, mércores 24 de xaneiro, terá lugar un Taller de finanzas para emprendedores dirixido aos estudantes de ciclos formativos, organizado por “Finanzas para mortais”, unha iniciativa da Fundación UCEIF do Banco de Santander. Novo teléfono O IES García Barbón cambiou o seu teléfono de contacto. A partir de agora poden dirixirse ao 988 685 085.

Diego Lourenzo e Gonzalo Hervera.

A biblioteca de Verín actualízase Redacción A biblioteca de Verín, a través da Concellería de Cultura, asinou un convenio coa Rede de Bibliotecas de Galicia, polo cal actualiza o seu programa de xestión e adáptase á normativa da Rede. Así, todos os seus socios terán acceso automáticamente aos fondos do resto das bibliotecas que forman a rede galega,

Barrios Xaneiro 2018

ademais dunha máis doada interacción dende a nova plataforma web https://catalogo-rbgalicia.xun ta.gal. Como consecuencia, o servizo de préstamo verase afectado durante un tempo, dado que o persoal da biblioteca terase que centrar en reetiquetar todos os libros e xerar os novos carnés. Os servizos de consulta, ordenadores, fomento á lectura e dinamización cultural permanecerán inalterados, na medida do posible.


Barrios Xaneiro 2018

VERÍN E COMARCA

A DO Monterrei promociónase en Madrid 4 A Denominación volve a firmar un convenio con Expourense para 2018. Redacción A última presentación da Denominación de Orixe Monterrei, realizada no Casino de Madrid, congregou a máis de 190 socios, catadores e representantes de medios de comunicación especializados. Ao longo de máis de catro horas, os presentes nesta acción promocional formaron parte dunha viaxe polos milenarios lagares rupestres e historia desta comarca vitivinícola. Ademais coñeceron as peculiaridades da mesma, sobre todo no referente a

climatoloxía e chans, sen esquecer, por suposto, as

diferentes variedades de uva que nela se producen e a tipoloxía de viños existentes na denominación. Expourense Un ano máis, a DO Monterrei e Expourense firmaron un convenio de colaboración polo cal a DO estará presente nas feiras e eventos que se organicen ao longo do ano no recinto feiral. A firma foi rubricada pola

Rubín e Da Silva firmando o convenio entre Expourense a DO Monterrei. /CEDIDA.

presidenta da Denominación, Lara Da Silva, e o directo de Expourense, Alejandro Rubín. Esta colaboración dará comezo durante a celebración de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro. Guía de Viños O pasado mes de decembro presentouse a Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2018’, na que aparecen referenciadas as 25 bodegas pertenecentes á Denominación de Orixe Monterrei.

A primeira colaboración do ano DO Monterrei Expourense será en Xantar do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro

A gañadora recibindo o cheque de 1.000 euros.

Premios de Nadal 4 Aever entregou 1.000 euros. Redacción A Asociación de Comerciantes de Verín fixo entrega do premio de 1.000 euros da promoción “Este Nadal merca en Verín” a Eva González. A gañadora ten que gastalos en, alomenos, cinco establecementos adheridos á promoción ata un límite de 200 euros en cada un. O sorteo fíxose durante a Gala de Nadal “O Show dos Pallasos” e participaron todos aqueles que

compraron nos establecementos asociados do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros. Escaparates Na gala tamén se fixeron entrega dos cheques regalo do Concurso de escaparates. O primeiro premio (150 euros) foi para La tienda del bebé; o segundo (100 euros) para Aquerea; e o terceiro (50 euros) para Ángela. Participaron un total de 47 locais.


Barrios Xaneiro 2018

VERÍN / ALLARIZ

Limpeza de vertidos incontrolados en Maceda 4 A Xunta actúa en 14 puntos. Membros da Xunta de Seguridade de Verín.

Redacción

A Xunta local de seguridade fai repaso de 2017 4 A comarca de Monterrei consolida os bos datos de seguridade cidadá. Redacción O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, na que estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e membros do concello de Verín, co seu alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, á cabeza. Os datos amosan unha tendencia á

baixa na totalidade das infraccións penais en 2017 con respecto ao mesmo período do ano anterior. O descenso é máis significativo no apartado dos delitos, aínda que as faltas tamén diminúen levemente. Constátase un lixeiro descenso nas infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial e pola contra, aumentan as infraccións adminis-

trativas de xeito notable. Os esclarecementos, tanto de delitos como faltas, manteñen uns niveis moi altos. Entroido Outro dos temas a tratar foi o de supervisar os elementos que atinxen ao dispositivo de seguridade cidadá que se establecerá nas Festas do Entroido.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar os traballos para eliminar 14 puntos de vertido incontrolado no concello de Maceda. O custo estimado desta acción é de case 50.000 euros. No concello, os 14 puntos identificados localízanse nos lugares de Cabalos, Piúca, Tapada da Botica, Alto do Santo, Cerámicas, Volta Grande, Raposeiras, Lagoas, Foncuberta, Vixueses, O Mato, Sarreaus e Medo. Neste último lugar actuarase concretamente sobre dous puntos. O material que se adoita a localizar nestes pun-

tos consisten en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. Traballos Recollerase, clasificarase e reitararase o material, así como colocarase terra vexetal e hidrosementeira

para a súa revexetación. Desde o Goberno galego preténdese identificar e erradicar este tipo de focos, e facer unha correcta xestión dos residuos, na que tamén se inclúen outras instalacións, como son os puntos limpos. Ademais se busca eliminar o hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo nestes lugares.

Un dos puntos de vertido incontrolado.


Barrios Xaneiro 2018

EN BREVE 4 Igualdade

Onde caibamos todo e todas! é o novo proxecto que a área de Igualdade do Concello de Allariz está a levar a cabo xunto co alumnado do IES Allariz. Durante cinco meses haberá intervencións mensuais en horarios de titorías, os alumnos e alumnas de 3º da ESO, formarán parte do grupo que aporte ideas na procura do entendemento e o coñecementos da necesidade de mellorar e establecer as relacións cos e coas demais.

4 Dinamización rural

A área de igualdade de Allariz organiza durante os próximos dous meses, para as mulleres de Torneiros e Gundiás, actividades de estimulación cognitiva, exercicio físico, coñecemento persoal ou creatividade, entre outras, destinadas a cuestións que aporten unha vivencia persoal e social máis sa.

4 Apicultura

Allariz contará coa escola galega de apicultura que comezará a funcionar na primavera do 2018. Algunhas das actividades serán cursos - o primeiro deles de apicultura comercial- de formación, o Día Mundial das Abellas o 20 de maio e unha feira do mel no outono.

ALLARIZ E COMARCA

O Allariz máis reciclador 4 O Concello conta con 50 contedores máis. Redacción O Concello de Allariz rematou o ano con 50 contedores máis para reciclaxe. O convenio coa Xunta de Galicia fai que se incrementara nesa cifra o número de contedores durante 2017. Ecoembes e Ecovidro son as empresas que fan entrega deses depósitos co obxectivo de mellorar o servizo de separación de lixo. Na presentación desta iniciativa estiveron presentes Francisco García, Alcalde de Allariz e Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente; Victoria Núñez López, Xefe Territorial de la Xunta de Galicia en Orense, Bruno de Llano, representante de Ecoembes en Galicia e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández. A partir de agora Allariz conta con 40 contedores máis de papel cartón e de recollida de envases e 10 contedores de gran capacidade para o vidro. Aumento na reciclaxe Desde que Allariz implantara o programa RE,

aumentouse a taxa de reciclaxe. En canto aos envases Ecoembres cifrou en 109.060 quilos reciclados, cun incremento de máis dun 8%. Na actualidade están instalados 186 contedores (25 máis que en 2016). A media é de 20 quilos de envase por habitante nun ano, máis que a media en Galicia (10,3 kg/ habitante) e ca do estado (13,2 kg/hab). 70.680 kg dos colectores, máis 28.000 kg do porta a porta fan un total de 98.680 kg recollidos de papel e cartón; o que supón un incremento do 15,79%. Os contedores instalados na actualidade ascenden a 48 (21 máis que en 2016). Todo iso supón 19,5 kg/ha-

bitante e ano en Allariz, por 13,3 a nivel galego e 15,5 kg/hab e ano a nivel estatal. Ecovidrio, pola súa banda, anunciou unha cifra similar en canto á reciclaxe de vidro, que sen ter os datos totais de 2017, a cifra ata novembro era de 186.730 quilos reciclados 12.210 máis ata a mesma data de 2016; a estimación era de 33,53 quilos por habitante. Ademais, en canto a roupa se refire, os alaricanos entregaron algo máis de 16 tonelados o ano pasado. Todo o textil recollido vai para Humana Fundación Pueblo, organización que ten programas de cooperación en África, América Latina e Asia e que promove a reutilización das prendas.

Allariz dispón de 40 contedores máis de papel e outros 10 de vidro

Presentación dos novos contedores en Allariz.

Reunión do alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Paderne de Allariz busca saídas para o agro 4 O alcalde reuniuse coa conselleira de Medio Rural. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández para explorar as posibilidades que se presentan neste municipio para fomentar a mobilización de terras agrarias a través de diferentes procesos de reestruturación parcelaria. Neste sentido, o rexedor municipal –que é ademais presidente da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense– trasladou á conselleira que existe un interese crecente, especialmente pola

xente nova, por asentarse no rural e dedicarse á actividade agrogandeira. Tractor Por outra banda, o alcalde solicitou neste encontro a colaboración da Consellería para dotar á devandita Mancomunidade dun tractor para realizar labores de roza e limpeza de matogueira para a prevención de incendios forestais, unha posibilidade que Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar, valorando en particular o feito de que sexan varios municipios os que fan esta petición, agrupados no marco da mancomunidade.


PUBLICIDADE

Barrios Xaneiro 2018


Barrios Xaneiro 2018

EN BREVE 4 Avenida de Celanova A plataforma cidadá “Amigas e Amigos das Árbores da Limia” solicitan a execución das melloras na avenida de Celanova de Xinzo. Para elo, pedirán unha reunión coa delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz para coñecer “o estado de tramitación do proxecto”. A plataforma critica as declaracións do alcalde ao asegurar que a falta de limpeza das follas das árbores desa zona débese ás consecuencias de non ter feito a obra como estaba prevista.

4 Rede de normalización lingüistica A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia celebrou en Xinzo a reunión ordinaria anual na que participou a representación da súa área política, que integra, desde esta xuntanza, oito novas incorporacións e chega ás 187 entidades entre concellos, deputacións, mancomunidades, fundacións, consorcios e outras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu a xuntanza que acolleu o salón de plenos municipal e na que se aprobaron as novas liñas de traballo para o ano 2018, centradas na promoción do uso da lingua galega na mocidade, nomeadamente neofalante, no tecido económico, no ámbito da lusofonía e mais na vida civil e relixiosa, así como na recuperación e conservación do patrimonio toponímico.

XINZO E COMARCA

A Deputación apoiará aos produtores de pataca 4 Nos ámbitos da promoción e as infraestruturas das explotacións. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse, a principios de ano co presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, Amador Díaz, e membros da directiva deste colectivo, con quen analizou a situación actual deste sector da agricultura limiá. O presidente do goberno provincial comprometeu o apoio da Deputación para impulsar iniciativas de dinamización colaborando cos produtores de pataca,

entre elas a cooperación para a organización dunha feira anual e axudas económicas para a adquisición de maquinaria para acondicionar as pistas de acceso ás explotacións de pataca. Manuel Baltar destacou “o compromiso da institución provincial co sector agrario da provincia de Ourense” e subliñou a importancia desta actividade na comarca da Limia, lembrando os servizos que presta o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente ao Inorde.

Vendas Desde a Indicación Xeográfica Protexida aseguraron que as vendas en 2017 aumentaron con respecto ao ano anterior. Vendéronse un millón de quilos máis, superando os 100 millóns. Ourense é a provincia coa maior porcentaxe de produtores censados na comunidade autónoma, co 85 %.

Vendéronse en 2017 un millón de quilos de patacas máis que no ano anterior

Reunión de produtores de pataca da Limia co presidente da Deputación.

Un tractor para Sarreaus, Sandiás e Trasmiras 4 Finaciado pola Xunta. Redacción A Xunta de Galicia colabora cos concellos de Sarreaus, Sandiás e Trasmiras na adquisición de equipamento de protección ambiental. A través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), esta agrupación de concellos recibiu unha subvención de preto de 70.000 euros. Grazas á cal adquiriron un tractor con equipamento de protección e coitela frontal para labores de prevención de incendios

forestais, xa que os desbroces que se poden acometer con este tractor son unha importante medida preventiva dos lumes. Praza Diagonal A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de asinar co alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, o convenio de colaboración para a urbanización da praza Diagonal e as rúas da contorna -zona que se atopa moi deteriorada-, cun investimento de case 162.000 euros.

Xinzo pechou o ano Carlos Casares 4 Cun emotivo acto na Casa da Cultura. Redacción

4 Reparto O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso repartiu alimentos aos máis necesitados durante o mes de decembro. Entregáronse no Centro de Inclusión de Lodoselo produtos básicos de alimentación, hixiene e bombonas de gas. Beneficiáronse 14 familias, aproximadamente 70 persoas en situación de risco ou exclusión social.

Representantes da Xunta e dos concellos que contarán co tractor para a prevención de incendios.

Participantes na actividade celebrada o pasado 15 de decembro.

Xornada de convivencia intercultural O venres 15 de decembro o CDR O Viso organizou unha xornada intercultural, dentro do programa INTEGRA-T (programa de itinerarios de inclusión sociolaboral) e do grupo de mulleres inmigrantes que realizaron o curso de español. O acto tivo lugar no CEIP Rosalía de Castro e participaron máis dun centenar de persoas. Impartiuse unha charla por dúas ex alumnas marroquís deste colexio sobre o Islam a súa cultura. Despois degustáronse pratos típicos de Marruecos, Francia, Portugal, República Dominicana, Estados Unidos e Rumanía, ademais de escoitar música destes lugares. Para rematar, realizouse un obradoiro de tatuaxes temporais de henna.

Xinzo de Limia puxo fin ao ano adicado a Carlos Casares. A Casa da Cultura foi a sede -o 22 de decembro- para poñer o punto e final a un ano que as Letras Galegas adicaron a este escritor ourensá. Autoridades locais e rexionais, xunto con veciños da Limia non se

quixeron perder este acto que contou coa entrega de premios dos diversos concursos que tiveron lugar ao longo do ano. A proxección dun vídeo sobre Casares e a actuación da Coral de Ruada foron outras das actividades programadas para ese día. Días máis tarde abría as súas portas a mostra itinerante “Os mundos de Carlos Casares”.

Peche do ano adicado a Carlos Casares. /RAMSÉS.


CELANOVA E COMARCA

EN BREVE 4 Órgano Un ano máis e de forma gratuíta, os centros escolares de Galicia teñen a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura. Máis información en cultura@ celanova.gal ou no teléfono 988 432 201.

4 Micoloxía O Concello de Cartelle organizou o 20 de xaneiro unha saída micolóxica en colaboración con Platea Lúa (colectivo cultural). Primero terá unha charla para coñecer algo máis os cogumelos (no local social de Cartelle), para despois ir na procura de exemplares ao monte. O lugar para anotarse será nas dependencias municipais.

A cultura como medio para achegarse a Celanova 4 O patrimonio literario e musical son o gran atractivo para os visitantes. Redacción O balance de actividades da Fundación Curros Enríquez durante o ano 2017 finalizou un ano máis cun resultado en crecemento das persoas atendidas polo persoal desta fundación nas distintas actividades de carácter cultural e turístico que esta entidade ofrece

Diversos grupos reservaron datas para visitar Celanova, a maioría son centros escolares

Nova convocatoria para proxectos coworking 4 Ata o 10 de febreiro. Redacción A Xunta de Galicia abre ata o 10 de febreiro o prazo de solicitude de coworking

de Celanova para impulsar novos plans empresariais. Nesta nova edición, cunha duración de cinco meses, poderán participar

a veciños e visitantes. O resultado concreto foi de 11.969 persoas atendidas, cifra que responde á suma dos visitantes da Casa dos Poetas (casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez), dos visitantes da Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, dos participantes nas actividades culturais organizadas por esta entidade e dos grupos concertados que solicitaron un acompañamento nos roteiros ‘Celanova: pedra e poesía’ e ‘Celanova: un paseo pola historia de Galicia’ que inclúen visitas ó Mosteiro de San Rosendo, á Torre das Campás, a Vilanova dos Infantes e a Castromao. Se as contas

ata 22 proxectos –con tres emprendedores por cada proxecto–. Esta iniciativa ofrecerá apoio aos emprendedores, para desenvolver os seus proxectos empresariais, mediante formación e asesoramento experto. Ademais busca acelerar o desenvolvemento dos proxectos e a creación de emprego sobre o territorio e dinamizar economicamente as comarcas do sur

as realizamos por espazos individuais entón podemos dicir que a Fundación Curros Enríquez realizou 20.389 atencións en 2017. Reservas Para este 2018 xa están reservadas datas por parte de grupos, a maioría deles de centros escolares.

Barrios Xaneiro 2018

Cartelle loita contra os incendios 4 O alcalde reuniuse coa conselleira de Medio Rural. Redacción

colaboración.

O alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, reuniuse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, en Santiago, para tratar diversos asuntos do concello, entre eles, o avance na colaboración contra os lumes forestais. Este municipio xa ten subscrito o convenio para a prevención e defensa contra incendios que a consellería ofrece a todos os municipios e agora, ambas partes, afondaron neste encontro en novas fórmulas de

Infraestruturas Noutro ámbito, o alcalde tamén trasladou a necesidade de mellorar as infraestruturas municipais e Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar posibles actuacións. Neste sentido, sinalou que a través do Plan marco de mellora de camiños, o concello ourensán recibiu de Medio Rural preto de 43.000 euros para o mantemento das vías da súa localidade. No presente exercicio xa dispón doutra partida asignada polo mesmo importe.

Charla sobre o esperanto na Fundación San Rosendo. de Ourense. Edición anterior Na segunda edición, desenvolvéronse proxectos empresariais relacionados con ámbitos tan diversos como os servizos tecnolóxicos apoiados nas TIC, o sector da moda ou os servizos relacionados coa valorización de recursos do territorio como turismo ou os produtos agroalimentarios.

Reunión do alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.


10

Barrios Xaneiro 2018

especial ENTROIDO

Dende Compadres comeza o inigualable Entroido de Verín 4 Do 1 ao 14 de febreiro a xolda e a alegría non descansan nas rúas da capital de Monterrei. E xa pola noite é hora do baile popular.

M. Rejo Cando no pasado San Antón fixeron aparición os cigarróns xa todos saben que o Entroido de Verín anda preto. O Xoves de Compadres, 1 de febreiro, marca o inicio do Entroido na vila. Trala cea á medianoite, as rúas enchénse de homes e mulleres disfrazadas de homes acompañando as charangas que van co carro do Meco ata chegar á praza Maior e xulgar ao Maragato. O domingo de Corredoiro xa ás primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila énchense de algarabío e son coa música das charangas. Celébrase a primeira concentración matinal de cigarróns, que farán a súa aparición para saúdar a todos os veciños á saída da misa. Á noitiña celebrarase na praza Maior o primeiro baile de máscaras vespertino ao son das orquestras e ten lugar a primeira fariñada. Comadres Os días grandes do Entroido botan a andar co Xoves de Comadres. Miles de mulleres disfrazadas participan en ceas colectivas, enchendo todos os restaurantes da vila, e pobre do home que estea fóra da casa á medianoite... A esta hora a multitude vaise xuntando nas rúas

Os disfraces máis orixinais e reivindicativos nunca faltan no Entroido de Verín./ARQUIVO. facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir ao Entroido e á Raíña do Carnaval no barrio de San Lázaro, escoltados polos cigarróns, para levalos en comitiva percorrendo as rúas do casco vello. Nese intre chegará o pregón, que de xeito satírico, grotesco e burlón ridiculiza todos os sucesos acontecidos ao longo do ano na vila. De seguido, chega o venres de transición, onde os veciños e visitantes participan xuntos na festa, amenizados por charangas e orquestras, acompañando a procesión de capuchóns e mascaritas polas rúas da vila.

Sábado de Entroido Unha descarga de foguetes e bombas, e as inigualables charangas espertan a todos os veciños, anunciando o Sábado de Entroido. Pola tarde, na praza do Cigarrón, organizado pola Asociación do Cigarrón, terá lugar o acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial. Nonfaltará a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior. Ese día haberá tamén degustación gratuita de produtos típicos, como a bica e o licor café, amenizando dito acto con diversas charangas.

Gran desfile O Domingo Entroido, 11 de febreiro, será o día grande de maior intensidade na capital de Monterrei. Veciños e visitantes agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no barrio de San Roque ata a súa saída. Ás doce do mediodía comenza o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, enchéndoas de vida, cores, alegría, música, diversión e despreocupación, sendo numerosa a multitude de persoas que termina por reunirse na praza García Barbón ao remate dese desfile popular. Diversas orquestras e charangas amenizarán os festexos e a partires de media noite haberá verbena popular. Luns Fareileiro Sen tempo para o descanso chegamos ao Luns Fareleiro. Pola mañá, o son dun foguete (para darlle unha tregua a quen dorme) avisa aos superviventes de que a música volve a soar polas rúas

coas charangas. Pola tarde, terá lugar o carnaval infantil no pavillón de deportes, con xogos e música. Así mesmo, unha charanga amenizará o baile da terceira idade. Na tardiña terá lugar reparto de bica e empanada para coller forzas e volver ao baile co son da música da orquesta. Martes de Entroido O Martes de Entroido podemos consideralo o derradeiro día da gran festa popular en verín. Bombas e foguetes comezan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido. Despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns que tivo lugar o domingo, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas. Conclúen

este día os bailes e verbenas populares, e a festa nocturna dase por finalizada para moitos e moitas ao amencer do día seguinte. Mércores de Cinsa O Mércores de Cinsa é festivo local en Verín, que moitos aproveitarán para descansar. Pero os entroideiros que aínda teñan forza participarán no enterro da sardiña pola tarde para despedir a súa tradicional festa ata o vindeiro ano.


PUBLICIDADE

Barrios Xaneiro 2018

11


12

Barrios Xaneiro 2018

especial ENTROIDO

Celanova prepara o Sábado de Piñata

En Allariz, de luns a mércores

Entroido ancestral en Laza

4 O día 17 será o máis importante na vila.

4 O desfile será o martes.

4 Destaca o tradicional Luns Borralleiro.

Redacción Celanova tamén celebra o Entroido, pero como cada ano, o día máis agardado por todos os veciños e moitos visitantes será o sábado de Piñata, o día 17 de febreiro. Antes desa data o máis destacado é a festa infantil con inchables e chocolatada para os maís cativos, que terá lugar o martes 13 de febreiro a partires das 16 horas no pavillón de deportes da Pedra da Moa. Sábado de Piñata Pero como nos últimos anos, o sábado de Piñata é o día grande no Entroido da vila de San Rosendo Ata o venres 16 de febreiro ás 14 horas está aberto o prazo para inscribirse no concurso de comparsas nas catro distintas modalidades: de

máis de 15 persoas, 15 persoas ou menos, parellas ou tríos e individual. Os premios van dende os 1.000 euros para os gañadores das comparsas máis grandes ata os 50 euros do gañador da modalidade individual. De seguro superarán os 30 grupos e comparsas e os 1.000 participantes do ano pasado. O desfile dará comezo as 17 horas dende a Pedra da Moa, seguindo pola avenida López Blanco, rúa Emilia Pardo Bazán, praza Maior, rúa Fernández Losada, rúa Encarnación, rúa San Rosendo, rúa Celso E. Ferreiro, rúa Emilia Pardo Bazán e remate na praza Maior. Haberá charangas por todo o percorrido e na praza Maior orquestra cunha carpa para protexerse do frío.

Redacción O Entroido de Allariz condensa os festexos en tres días seguidos, que van dende o luns día 12 ata o mércores 14 de febreiro. Comeza o luns día 12 cun desfile infantil ás 17 horas e rematará cunha festa con música e animación para os máis cativos. Xa para os maiores, a asociación Xan de Arzúa organiza unha “Cachuchada” no cam-

Vilardevós non falta á festa 4 O Sábado de Entroido acollerá o desfile. M.R. Raiando con Verín era normal que o Entroido de Vilardevós fose a máis. Dende fai un tempo o Xoves de Comadres atrae a xente da bisbarra. Tras unha cea ás 21 horas na Casa da Cultura de Vilardevós, previa

As comparsas poden incribirse ata o día 16 de febreiro no desfile celanovés./ARQUIVO.

po da Barreira ás 21:30 horas. O martes será o desfile das comparsas, que partirá dende a estrada de Xunqueira. Ao seu remate, no pavillón do IES de Allariz haberá un baile de Entroido. Xa o Mércores de Cinsa, Allariz sustitúe o tradicional enterro da sardiña pola queima do meco, será ás 20 horas, tras un desfile que vai da praza Maior ao campo dos Brancos.

reserva antes do día 6 de febreiro, a festa continúa polos locais da vila e co baile a cargo do “Duo Sabrosito”. O seguinte día destacado en Vilardevós é o Sábado de Entroido, o día grande, co desfile de comparsas e carrozas pola vila.

Figura do Entroido de Vilardevós./ARQUIVO.

Miguel Rejo En Laza o Entroido vaise cocendo pouco a pouco. Primeiro os venres 26 de xaneiro e 2 de febreiro celebranse os folións a partires das 23 horas. O Xoves de Comadres recuperan a tradición de reunirense as mulleres cando os homes saían e falaban das súas cousas e facían doces para a festa. De seguido, chega o Venres de Folión. Os veciños reúnense e van en procesión dende o barrios da Cerdeiriña ata o Solado, seis quilómetros onde todos os participantes levan obxectos que fan soar todo o camiño e que remata cunha gran festa. O Sábado de Entroido os grandes protagonistas son os máis cativos coa fariñada dos nenos. Ademais da cabritada ás 21 horas na carpa. No Domingo de Estrea, os peliqueiros saúdan á xente á saída da misa e, dende ahí, van en fila ata a Cerdeiriña. Ao remate, visitan a aquelas persoas que por algún motivo non puideron acudir. Xa pola tarde, terá lugar o espectacular desfile de carrozas por Laza. Luns Borralleiro O luns 12 de febreiro en Laza deterase o tempo. É o día grande do Entroido e o festexo máis singular que se pode atopar entre

os da comarca. Comeza cunha farrapada pola maña na praza da Picota. Ao mesmo tempo, pero nas rúas da vila, terá lugar a xitanada dos burros. A iso das seis ou sete da tarde, as formigas e a Morena invaden a Picota, acompañados por fariña e toxos, o Burro e os peliqueiros. Ao remate, faise o reparto de cachuchas, o pan e viño. Martes de Entroido O Martes de Entroido os peliqueiros máis veteráns mostran o seu bo facer cunhas carreiras con moito estilo. Pola tarde, o desfile de carrozas percorre novamente as rúas. Lese o testamento e faise o enterro do Entroido ou queima do Arangaño. O Entroido está a piques de rematar. Os Peliqueiros amosan o seu loito tralo enterro portando un pano negro que cruza a mitra da careta de lado a lado. Piñata O domingo de Piñata (18 de febreiro) é o último día no que os peliqueiros farán soar os seus chocos, dende entón non poderán volver a vestir o seu traxe ata o vindeiro ano.

O Luns de Entroido é o día grande en Laza, ao que non faltan a farrapada e as formigas


ENTROIDO especial

Barrios Xaneiro 2018

13

O entroido de Xinzo de Limia volta ás súas raíces 4 Dende a organización tentan potenciar a parte tracional M.R.

música exterior.

Cando leades estas liñas moitos de vós aínda estaredes cheos de fariña. Normal, xa pasou o Domingo Fareleiro. E que queda por chegar?. Co petardazo este sábado 20 de xaneiro na praza Carlos Casares ás 12 da noite, Xinzo comezou unha voráxine de desenfreo e troula que rematará, para os que cheguen, o 18 de febreiro co Domingo de Piñata. Entremedias, a fin de semana do 27 e 28 de xaneiro terá lugar a colga do meco, e celébrase o Domingo Oleiro. Así mesmo, nestes dous días pídese a todos os asistentes que vistan traxes vellos ou carozos e leven apeiros de labranza dos anos 20 e 30, unha aposta que a organización fai para recuperar ese pulo tradicional do antigo Entroido que sobreviviu ata o de agora.

Desfile O Martes de Entroido, o protagonista será o desfile a partires das 17:30 horas, acompañado por charangas. Este ano vánse representar as distintas fases do Entroido, para que non sexa un mero desfile de carrozas e comparsas.

Corredoiro Na seguinte fin de semana, a do 3 e 4 de febreiro, por fin poderemos admirar o correr das pantallas na primeira carreira do ano, que asombrarán máis aos visitantes que aos veciños. A xuntanza será o domingo ás 12:30 na praza Maior e arredores. E sen darnos conta entraremos de cheo no corazón do Entroido. Como antesala, o venres día 9 os máis pequenos, xa entrenando para cando sexan mozos, farán un desfile ás 11:30. Os días seguintes, sábado, domingo e luns, continuará sen parar a festa na rúa a cargo de charangas e orquestras repartidas por toda a vila ata ás 2:30 horas, para que os asistentes gocen da celebración limá. Dende o Concello piden que a esa hora cese todo o posible o ruido da

Enterro da sardiña O mércores, 14 de febreiro, os limiáns enterrarán con moita dor a sardiña ás 21 horas, previa procesión dende unha hora antes. Piñata E xa como remate final, o domingo 18, de Piñata, ás 17 horas, na praza Maior congregará a todos os entroideiros da provincia que queiran despedir cun pouco máis de festa esta cita. Orzamento En canto ao orzamento, aínda non se pode saber porque faltan as aportacións persoais e empresariais, que contan sexan menores xa que este ano non hai entrega en metálico, senón que hai que ingresalo nunha conta bancaria. Pero é o Entroido, e pode haber sorpresas. O Concello achega 80.000 euros e coas aportacións agardan rondar os 100.000. Outro tema no que está traballando o Concello é a declaración turística internacional do seu Entriod. Xa teñen unha partida económica preparada para invertir en reportaxes cos medios de comunicación máis importantes

O Entroido de Xinzo, o máis longo da provincia, comeza cos domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro

europeos e americanos, principalmente, un dos requisitos para obter esta declaración. Xa o vén traballando con axencias e pode ser que estea antes do verán, sendo así o primeiro Entroido de Galicia en ter esta calificación.

Presentación na Casa Consistorial o xoves 18 de xaneiro do programa do Entroido 2018 de Xinzo de Limia a cargo da asociación organizadora, composta por 27 membros, o alcalde e concelleiros./M.REJO.


14

Barrios Xaneiro 2018

especial ENTROIDO

O de Maceda, o máis madrugador 4 Os felos xa saíron ás rúas da vila o 7 de xaneiro. Redacción O de Maceda foi o Entroido máis madrugador. Os felos xa se pasearon polas rúas da vila o domingo 7 de xaneiro dando o pistoletazo de saída a esta tradicional festa na nosa provincia. Tras esta primeira incursión dos felos, a troula regresa o 2 de febreiro, venres, coa Festa dos Compadres, a partir das 20 horas na praza das Toldas. Ao día seguinte, ás 17:30 horas, na aira

dos Patos, Bolourada en Tioira, a festa que estará amenizada pola charanga A Felga. A festas das comadres chegará o día 9, venres, na praza das Toldas ás oito da tarde. Un día despois, sábado 10, os felos farán un percorrido por distintos pobos -con saída ás 9:30 horas desde a praza das Toldas-; ás 20 horas no parque do Toural terá lugar a saída da Morena. Xa o domingo 11, os felos volven a facer acto de presenza polos pobos

En Barbadás empeza a soar o Entroido 4 Con multitude de actos recupera pouco o pouco esta festa para os seus veciños. Redacción O Entroido en Barbadás comeza o día 1 de febreiro co Xoves de Compadres, dirixido a calquera persoa que queira participar, pero fundamentalmente aos nenos. O xoves seguinte, o 8 de febreiro, celébrase o día das comadres. Ambas dúas datas consistirán na elaboración de compadres e comadres e posterior “ruada”. En ambas haberá obradoiros impartidos por Sabela Gago e estarán enfocados para que os nenos e nenas perciban esta actividade dende un punto de vista da igualdade entre homes e mulleres. Tanto o obradoiro de compadres (1 de febreiro) coma o de comadres (8 de febreiro) desenrolaranse no Espazo Infantil a partir das 18 horas. Unhas das principais atraccións do Entroido de Barbadás serán os desfiles polas rúas das Lamas e da

Valenzá do alumnado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, respectivamente. Os desfiles infantís desenrolaranse o día 9 de febreiro: os alumnos do colexio Filomena Dato desfilarán polas rúas Ensino, Tomás Rodríguez Punxín, Garrida, avenida Celanova e Picouto a partir das 13 horas. Pola súa banda, os do colexio O Ruxidoiro farano pola estrada de Barbadás e polo pobo das Lamas a partir de mediodía. Carrabouxo O venres 9 de febreiro darán comezo os días grandes co pregón, na praza da Valenzá Vella ás 20 horas, a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo”. O pregón do Entroido estará amenizado por charangas e polo grupo “Velai vai”, do municipio de Barbadás. Ao día seguinte, a partir das 11 da mañá haberá

desde as nove e media da mañá que sairán desde o antigo matadeiro. O luns 12, haberá festa infantil ás 17 horas na praza das Toldas; e ás 19 cinema infantil coa proxección de “Tadeo Jones 2” no Concello. Desfile Para o martes 13 queda o desfile dos felos, das carrozas e das comparsas que sairán desde a praza das Canteiras ás 17:30 horas. Os premios deste ano son: 125 euros para o mellor disfraz individual ou grupos de ata 5 persoas; 175 euros, para o segundo; e 50 euros, para o terceiro. Os premios para os grupos de seis ou máis persoas serán de 175 euros, 120 ou 90, para o primei“Troula Entroideira” con disfraces do mundo para nenos e nenas de ata 12 anos. Será esta unha actividade festiva con xogos, maquillaxe de Entroido e máscaras. O domingo e luns de Entroido haberá ambientación de charangas polos pobos e A Valenzá e serán días de transición que preparan o día máis grande no Entroido de Barbadás, o Martes de Entroido. Desfiles O martes 13 de febreiro será a gran Foliada, co desfile pola avenida de Celanova dende as 17 horas. O prazo para participar está aberto ata o 9 de febreiro nas diferentes categorías: charangas (con instrumentos musicais), contracharangas (sen instrumentos pero con animación musical), carrozas, comparsas (mínimo de 8 persoas), parellas e individuais. Os premios oscilan entre os 50 e os 500 euros, excepto para as comparsas infantís, cuxo premio é un bono regalo de 200 euros por cada categoría. O mércores 14 de febreiro despídese o Entroido de Barbadás coa queima do Meco. Entregarase o premio ao gañador do concurso de mecos e haberá unha actuación de Isabel Risco na praza da Valenzá Vella.

ro, segundo ou terceiro, respectivamente. En canto ás carrozas, a máis valorada terá un premio de 250 euros; a segunda, 175; e a terceira, 125 euros. Remate O entroido rematará en Maceda o mércores, 14 de febreiro, co enterro da sardiña, ás 20 horas na praza das Toldas. A partir dese momento, os felos agocharanse ata o ano que vén.

O martes 13, ás 17:30 h, desde a praza das Canteiras dará comezo o desfile dos felos, as comparsas e as carrozas

O felo de Maceda.


ENTROIDO especial

A Festa da cachucha pecha o do Entroido do Carballiño 4 Será o 18 de febreiro. Máscara típica dos boteiros de Viana do Bolo.

Entroido de Viana, máxia fóra do triángulo 4 O día forte é o domingo 11, co desfile e a festa da androlla. Redacción Moi preto do triángulo máxico do Entroido, e aportando unha figura totalmente distinta aos cigarróns, pantallas e peliqueiros, atopamos os folións e boteiros de Viana do Bolo. Ao mesmo tempo van quentando motores cos xoves de compadres e, sobretodo, co de comadres, os días 1 e 8 de febreiro, respectivamente. Nestes dous días poderemos ver aos fulións e tamén terá moita presenza a fariña. Xa dentros dos días grandes, o domingo 11 de febreiro será o día principal, por dous motivos. Pola mañá, entre as 12 e as 14, terá lugar o desfile polas principais rúas da vila con preto de 1.000 participantes, dende folións e boteiros ata os difraces máis orixinais que se lles ocorren ás xentes da vila.

48ª Festa do Botelo E xa pola noite, a 48 festa gastronómica da androlla reunirá a 2.500 comensales, 1.500 que pagarán a entrada para poder comelo, máis os preto de 1.000 participantes do desfile. Xa o martes, 13 de febreiro, pola mañá baixan os fulións dos distintos pobos da zona para enfariñar Viana ao longo de todo o día. Trala cea, ás 12 da noite, faise a queima dos lardeiros, as figuras dun home e dunha muller, que foron colgados os xoves de compadres e comadres no alto dun pao e que nesta noite, estouparán e arderán nun xogo de artificios e fogutes. Esta queima marca o final simbólico do Entroido de Viana. Pero aínda queda o enterro da sardiña o mércores, que irá acompañado dunha sardiñada.

Redacción Cando na metade da provincia moitos xa quedaron sen folgos para máis festas, no Carballiño aínda podes alongar un pouco máis o Entroido. O pistoletazo de saída é o sábado 10 co desfile infantil na praza Maior. O Domigo de Entroido Os Liborianos serán os protagonistas que coas súas mordaces e satíricas coplas deixarán a máis dun abraiado. A cita é na praza Maior ás 20 horas. Concurso Como novidade, este ano o Luns de Entroido haberá un concurso de disfraces para grupos cun máximo de oito compoñentes. A dinámica é moi sinxela. Entre as oito e as doce da noite terán que

ir polos locais hostaleiros de Carballiño onde se llas dará unha puntuación. Ao rematar o grupo que máis puntos teña levará os 1.000 euros de premio. Ao día seguinte, o martes, haberá desfile a partir das 17 horas polas rúas da vila e rematará na praza Maior. De seguido, o mércores, será o enterro da sardiña. Festa da Cachucha O domingo 18 de febreiro é o día grande no Entroido carballinés. Nos distintos locais celebrarase a Festa da cachucha. Ás 20 horas, fulións vidos de Viana e Petín animaran o desfile no que volven participar os grupos que gañaron no desfle do martes, todos eles acompañados de batucadas e charangas.

Charangas no Carballiño o ano pasado./ARQUIVO.

Barrios Xaneiro 2018

15

A Feira do pedro, protagonista en Bande

4 A segundo edición será o domingo 11 de febreiro. Redacción Aos tradicionais días grandes que ten todo o Entroido, en Bande súmaselle a segunda Feira do pedro (embutido feito co intestino groso do porco e unha mestura similar á dos chourizos de cabazo). Será o domingo de Entroido 11 de febreiro. Tras o éxito da edición anterior, dende o Conce-

llo queren instaurar esta feira gastrónomica neste día tan especiais. Este ano trasládana ao albergue municipal para que sexa máis cómodo para todolos comensais. Aproveitarán de paso para facer multitude de actividades e poder mostrar aos visitantes a figura típica do seu Entroido, o troteiro, fia cal a recuperaron no ano 2000.

Ourense quenta motores

4 Presentou o cartel de Entroido e o desfile. Redacción A pouco máis de tres semanas para os días principais do Entroido, a cidade das Burgas xa vai perfilando o seu programa de actividades. Os días fortes na cidade sempre foron o sábado, domingo e luns de Entroido. Pero non podemos esquecer tampouco que cada no vén tendo máis pulo o Xoves de Comadres. O sábado e o luns son os típicos días destes festexos na capital, a celebración percorrerá as rúas do centro da cidade con actuacións continuas

de charangas e orquestras na praza Maior ata ben entrada á noite. Desfile O domingo é o día do desfile. Pola tarde, comezará o percorrido das numerosas comparsas e carrozas que rematará na praza Maior e congregan sempre a numeroso público. A continuación, elexirase ao rei ou raiña tendo en conta a súa orixinalidade, vestiario, creatividade e chispa ante o público. En canto ás comparsas e carrozas repartiránse 18.000 euros en premios entre as distintas categorías.


16

Barrios Xaneiro 2018

O CARBALLIÑO E COMARCA

“El último ke zierre”, na primeira Romaría Rock 4 Esta edición celebrarase o 26 de maio, sábado, nas Barcias. Redacción O Carballiño celebra o 26 de maio a primeira edición da romaría Rock do Arenteiro, e o fará ao grande: co grupo “El Último Ke Zierre” como cabeza de cartel. Media ducia de grupos e artistas nacionais, galegos e locais participarán neste evento que terá a súa ubicación no espazo das Barcias, no Paseo do Arenteiro ao fondo do parque municipal. Tanto o concelleiro como o promotor aseguraron que se trata dunha iniciativa destinada non só á xuventude senón tamén ás familias, polo que se porán á venda uns bonos familiares. As entradas poderanse adquirir a finais deste mes de xaneiro ou en febreiro, con bonos ao prezo de 10 euros máis gastos. Posteriormente, en canto se vaian anunciando o resto das bandas e outro tipo

de actividades, o prezo irase incrementando. Serán, según se dixo, unhas entradas moi asequibles, con limitación do aforo -a 3.000 persoas-, de maneira que non haxa unha aglomeración excesiva. Rock e gastronomía Será a primeira romaría de Galicia que aúne rock e gastronomía, e que estará dedicada a unha figura lexendaria da música pop-rock. Precisamente, a compañía organizadora mantén aberta a participación para tomar unha decisión sobre esta figura homenaxeada. No recinto das Barcias, ademáis do escenario, haberá full tracks, postos de pulpo e bar, onde poder comer.

A Romaría Rock terá un aforo para 3.000 persoas

“El último ke zierre” actuará na Romería Rock do Arenteiro presentando o seu último traballo.

Remodelación na praza de Abastos 4 O concello modernizaa co apoio da da Consellería de Economía. Redacción A praza de Abastos do Carballiño vén de acometer unhas obras de mellora e modernización realizadas polo Concello do Carballiño e que contou co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A directora xeral desta consellería, Sol Vázquez, visitou devandita praza xunto co alcalde da localidade Francisco Fumega. Entre as actuacións desenvolvidas, destacan a limpeza das fachadas de cantería, así como o acondicionamento dos

Moción socialista no Irixo Redacción O PSOE do Irixo pide recuperar a Ponte Ferreira ao seu paso polas Campinas. Denuncia a deixadez do concello para realizar obras de rehabilitación do patrimonio aprobadas, así como un obradoiro de emprego para recuperar o patrimonio do Irixo, no pleno de fai un ano. Os socialistas lamentan que outras mocións presentadas e aprobadas para rehabilitacións doutras pontes non se cumplan máis de ano e

postos exteriores mediante a recolocación de mobiliario urbano. Tamén se instalou nova iluminación e pavimentación co obxectivo de mellorar a imaxe da

praza de abastos. A modernización deste enclave se leva realizando desde 2015, cun total de 170.000 euros -por parte da Xunta- que se destinaron tanto á mellora e acondicionamento do mercado como á realización de campañas publicitarias, a adopción dunha imaxe común ou a creación de aparcadoiros. Para Sol Vázquez, trátase dunha “infraestrutura clave” para a dinamización do comercio de proximidade local.

Francisco Fumega e Sol Vázquez nunha visita anterior á praza de Abastos. /ARQUIVO.

medio despois, ante a pasividade do goberno municipal. Por todo isto, o voceiro do grupo municipal socialista do Concello do Irixo,

Iago Fariñas Valiña, vén de presentar unha moción para a rehabilitación e posta en valor da ponte Ferreira e o seu entorno.

Os socilaistas do Irixo queren que se rehabilite a Ponte Ferreira, nas Campinas.

Fitur Redacción O xeodestino O Carballiño - O Ribeiro foi presentado en Fitur (Feira Internacional de Turismo). Ao acto asistiron o presidente da mancomunidade turística do Carballiño-Ribeiro, Francisco Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e a concelleira de Boborás, Patricia Torres. Tamén asistiu a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, xunto a representantes da provincia no Congreso e Senado do estado español. Fernández referiuse á creación da mancomunidade Terras do Avia no 2006 como iniciativa moi positiva para promover o desenvolvemento turístico do Carballiño e do Ribeiro, e destacou os puntos fortes da oferta dos concellos que a conforman. Festa do Pulpo O alcalde do Carballiño, Fumega, que estivo acompañado polos concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e Cultura, Diego Fernández, resaltou os grandes eixos do turismo no Carballiño, especialmente, os balnearios, o entorno natural e a gastronomía, destacando, sobre todo o pulpo e a Festa do Pulpo. A esta celebración tamén se referiu a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, nomeándoa como unha romaría multitudinaria.


OCIO E CULTURA

Barrios Xaneiro 2018

17

O Festival Rebulir, punto de encontro de culturas 4 A 12ª edición tivo lugar o pasado mes de decembro. Redacción

A carroza dos Reis Magos en Verín. /BORYS MARTÍNEZ.

Os Reis Magos en Verín Os Reis Magos de Oriente chegaron a Verín nunha carroza compartida polos tres. Despois de dar comezo o desfile desde a Casa do Escudo ata o pavillón municipal de deportes -pasando polas rúas Luis Espada e Deputación- foi no recinto deportivo onde as súas maxestades atenderon aos rapaces que chegaban coas súas peticións de agasallos para esa noite especial.

Baltasar atendendo ás peticións dunha rapaza en Xinzo de Limia. /RAMSÉS.

Xinzo recibiu as súas maxestades Unha vez rematado o desfile dos Reis Magos polas rúas de Xinzo de Limia, estes recibiron aos máis cativos da vila no pavillón de deportes. Alí, foron pasando, un a un, os rapaces polo trono dos personaxes chegados de Oriente. Os rapaces foron pedíndolle os seus regalos, uns de palabra e outros mediante unha carta.

Ramirás volveu ser a capital do folclore mundial grazas á celebración, a mediados de decembro, da 12ª edición do Festival Internacional Rebulir. Agrupacións de Ucrania, Ecuador, Portugal, Castela e León e Euskadi acompañaron ao grupo local nesta nova edición. “Os regueifeiros” conduciron a gala na que se recoñeceu a labor en prol da cultura galega de Xosé Ramón Gayoso, Uxía e o autor Lois Antón. No día grande do festival, o polideportivo do Picouto abriu as súas portas para celebrar a gala central do Festival Internacional Rebulir (FIR). Organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Cultura, a Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado O director artístico do festival, Alexandre Sotelino cando tomou a

“As caras do Entroido” , en Verín Redacción

Por Celanova tamén pasaron os Reis Magos. /NOELIA SENAZ.

Celanova volcouse cos Reis de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar non faltaron á cita cos máis cativos de Celanova. Unha comitiva real percorreu as rúas da vila de San Rosendo saudando aos presentes e recollendo as cartas dos pequenos nas que explicaban o ben que se portaron durante todo o ano e os xoguetes que querían que lles deixaran ao carón da árbore de Nadal de cada fogar.

Desde o día 18 de xaneiro e até o 17 de febreiro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra “As caras do entroido ourensán. Senlleiro e ancestral”. José Manuel Sánchez retrata nesta serie de 22 acuarelas en formato 70x50 cm as máscaras máis relevantes da festa coa que tradicionalmente celebrase o paso do inverno á primavera. O labardeiro de Mugares, o galo da Mezquita da Merca, o irrio de Castro

palabra dixo que “un ano máis, volvemos converternos nun punto de encontro das culturas do mundo. É un auténtico pracer traballar todo o ano. O froito é inexplicable”, apuntou o director. Asimesmo, e cumprindo coa tradición, “quero adicarlle esta edición do Festival ás nais e pais dos nosos rapaces, que facedes posible que sigamos bailando coa terra”, engadiu. Premios Na entrega dos premios deste ano, o autor local Lois Antón preparou uns versos para o acto. O xornalista da CRTVG, Alberto Rivero, recolleu o premio correspondente a Xosé Ra-

món Gayoso, ausente na gala por motivos profesionais. O comunicador estivo presente a través dun video no que agradeceu a Rebulir “ser vós a maxia de todo isto. Nós somos meros trasmisores entre a cultura e o espectador” e animou a “non parar nunca de facer o que nos representa”. Pola súa banda, Uxía, que recibiu o premio no eido cultural, expicou “a sorte que teño de chegar aquí e sentirme arroupada por xente que sabe tanto de música tradicional”. Despois adicou unha emotiva peza coa pandeireta. Para rematar, todos os grupos presentes compartiron experiencias e aprenderon pasos e melodías dos outros.

Actuación dun dos grupos participantes do 12º FIR.

Caldelas, o troiteiro de Bande; os felos de Esgos e de Boborás; os boteiros de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso son algunhas das 21 máscaras seleccionadas, entre as que se encontra, como non, o cigarrón. A exposición é concibida para a itinerancia, foi presentada no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense). O Museo do Entroido, en Xinzo de Limia, e o Castelo de Maceda acolleron unha mostra que se exhibirá en Verín durante todo o ciclo del entroido verinense e que ten previsto continuar percorrendo as vilas

ourensás. A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a venres das 17 ás 21 h e os sábados das 10 ás 14 e das 17 ás 20:30 h.

Acuarela do Cigarrón presente na exposición.


18

Barrios Xaneiro 2018

PROVINCIA

3,7 millóns de euros para camiños rurais 4 É a cifra que destina a Xunta na provincia de Ourense. Redacción O director xeral, Miguel Pérez Dubois, na reunión en Ourense mantida cos responsables dos concellos que poden cerderlles parcelas.

A Xunta traspasa parcelas aos concellos 4 Corresponden ao Banco de Terras. Redacción A Consellería do Medio Rural comezou hai uns días os contactos para levar a cabo a última quenda do traspaso de parcelas do Banco de Terras a concellos de toda Galicia. O 10 de xaneiro foi o turno da provincia de Ourense e o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, trasladouse á delegación provincial para manter un encontro cos responsables dos municipios que poderán beneficiarse desta nova transferencia. Na reunión explicoulles que predios son susceptibles de recibir para o seu uso veciñal e o proceso a seguir. En concreto, o portavoz de Medio Rural reuniuse cos representantes de:

Conexión da A-52 co Polígono de San Cibrao Redacción A Xunta aproba a licitación das obras de conexión da A-52 co Polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Esta nova vía comezará no enlace de Gargantós, que actualmente conecta a autovía das

Xunqueira de Ambia, Xunqueira de Espadañedo, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín, Bande, Muíños, O Carballiño, Esgos, San Cibrao das Viñas e A Veiga. Entre todos os concellos hai 107 parcelas susceptibles de ser de titularidade municipal. Lei de mellora Estes terreos poderá pasar a ser dos Concellos grazas á Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que permite que os predios sen utilidade agraria pasen a ser directamente do concello dun xeito máis áxil e con menos carga burocrática que a tradicional cesión que se viña realizando ata o de agora. Rías Baixas coa autovía Ourense-Celanova e desembocará na estrada nacional Zamora-Santiago (N-525), ao sur do actual acceso ao polígono. Deste xeito reducirase o percorrido para chegar dun punto ao outro dos 11 quilómetros actuais aos 4,5 trala obra. Contará cun investimento de máis de 21 millóns de euros e comezarán antes do verán.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria do Plan marco de mellora de camiños municipais destinado aos concellos e a través do cal a Consellería do Medio Rural concede subvencións aos gobernos locais para o arranxo de pistas. No caso concreto da

provincia de Ourense, os municipios repartiranse case 3,7 millóns de euros para investir no arranxo dos seus camiños. Respecto ao reparto de fondos, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) acordou no seu momento coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de distribución cunha base

Manzaneda busca unha tempada de esquí máis longa 4 Mediante un sistema de xeración artificial de neve. R. Torres A estación de montaña de Manzaneda conta cun proxecto de innivación artificial que se está a levar a cabo neste complexo. O sistema de xeración

artificial de neve pretende asegurar as condicións de neve a finais de decembro e alongar a tempada ata abril. Unha vez rematado o proceso de instalación dos primeiros innivadores,

fixa de 15.000 euros por localidade e en base a conceptos como número de habitantes, a superficie, o peso do agro, así como o grao de envellecemento ou despoboamento. Ademais contémplase un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados. Os gobernos locais terán ata mediados de febreiro para presentar as solicitudes. Obxecto O obxecto destas axudas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas inte-

permitirán incrementar a presenza de neve nas súas pistas centrais, así como na zona de debutantes, para que diminúa a dependencia da precipitación natural. A posta en marcha desta medida foi aprobada polo Consello de Administración da sociedade titular desta estación, Manzaneda Estación de Inverno SA (MEISA), na que a Xunta de Galicia forma parte do accionariado. Visitantes Con esta iniciativa preténdese que aumente a calidade da neve e así

riores, dentro dos núcleos de poboación. O importe mínimo para cada unha das actuacións (calculado sobre a base do orzamento de execución material máis os gastos xerais e beneficio industrial) deberá ser igual ou superior a 6.000 euros. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2018 será o 17 de setembro de 2018. O prazo final de xustificación será o 3 de xuño de 2019.

O prazo para xustificar os investimentos acaba o 17 de setembro incremente o volume de esquiadores, que a día de hoxe supera os 28.000 ao ano.

Estación de Montaña de Manzaneda.


PROVINCIA

A Vía da prata acolle a primeira ruta ecuestre xacobea

A Vía da Prata acolleu a primeira ruta ecuestre por este itinerario xacobeo, que vén de obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española para esta modalidade da peregrinación. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron ao percorrido ao seu paso polo concello de Laza que tivo lugar o 17 de decembro. Esta homologación oficial afecta a toda a Vía da Prata ata a súa meta en Santiago de Compostela, Ademais é a primeira ruta galega certificada. A ruta ecuestre foi rea-

lizada desde A Gudiña ata Laza, por un grupo de xinetes procedentes da Asociación Pura Raza Cabalo Galego (Boqueixón), da Asociación Ecuestre Cabaleiros de Brión, Xinetes de Noia, Xinetes de Villestro, Club Hípico Pura Raza Galega (Ames), do Centro Ecuestre El Paso (Castro de Riberas de Lea) e de Hípica Ares (Vilagarcía de Arousa). Na iniciativa participaron tamén representantes da Federación Hípica Galega, responsable da comisión para a homologación das rutas do Camiño de Santiago na nosa Comunidade, un proxecto cuxo financiamento correu a cargo de Turismo de Galicia.

Participantes da primeira ruta ecuestre da Vía da Prata ao seu paso por Laza.

19

EN BREVE 4 Restauración

4 O itinerario obtivo a homologación oficial da Real Federación Hípica Española. Redacción

Barrios Xaneiro 2018

Acto de entrega dos colectores que fai a Xunta de Galicia á Deputación de Ourense.

480 colectores de reciclaxe para a provincia 4 A Xunta entrega á Deputación os contedores de envase e papel. Redacción A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, fixo entrega á Deputación provincial de 480 novos colectores para incrementar nos concellos da provincia ourensá as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e de papel e cartón -450 e 30, respectivamente-. A Deputación ourensá encárgase de distribuír estes colectores polos concellos da provincia que así llo solicitaran. O acto contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e do representante de Ecoembes en Galicia, Bruno Llano, xunto coa delega do ente autonómico. Esta actuación é grazas a un convenio marco entre a Xunta de Galicia e

Ecoembes, organización medioambiental sen ánimo de lucro, para ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases de plástico, latas e briks (colector amarelo) e de envases de papel e cartón (colector azul) na Comunidade galega e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021. Tanto a Administración galega como Ecoembes, poñen, con esta acción, de manifesto o compromiso por fomentar a reciclaxe e concienciar aos cidadáns sobre a importancia que ten para o medio ambiente separar os envases e depositalos no colector adecuado. Datos Díaz Mouteira lembrou que en base a esta colaboración entre Medio Ambiente e Ecoembes as entidades de Ourense be-

neficiarias deste reparto -que ademais da institución provincial son os concellos de Allariz, Barbadás, Barco de Valdeorras, Piñor e Ourense capital así como a Mancomunidade do Ribeiroreciben un total de 686 contenedores, dos que a gran maioría se destinarán, segundo as solicitudes recibidas, á recollida de envases lixeiros (602) e os outros (84) para papel e cartón. A máxima representante do Goberno galego na provincia ourensá informou que a iniciativa supón un investimento de case 170.000 euros.

Esta iniciativa suponlle á Xunta un investimento de 170.000 euros

A consellería de Medio Rural restaura un muíño do século XIX no municipio do Bolo. A inversión chegou aos 50.000 euros. Os traballos centráronse en aspectos como a rehabilitación completa dos muros de cantería do muíño, a restauración de portas e ventás con reposición de vidros e ferraxes, así como dos canais da estrutura de moenda e da maquinaria de elaboración da pasta de oliva.

4 Equipamento O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor entregou cinco remolques de emerxencias que contan cun investimento de máis de 78.000 euros. Os beneficiarios foron os concellos de Rairiz de Veiga, A Mezquita e Toén, e ás agrupacións de concellos Cualedro-Monterrei e Nogueira de RamuínXunqueira de Espadañedo.

4 Contratación A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar a pasada semana no DOG dúas convocatorias de axudas dirixidas aos concellos nas que investirá preto de 7 millóns de euros para a contratación de 1.420 desempregados. A convocatoria saíu o pasado venres polo que o prazo de solicitude rematará o 12 de febreiro. Ao abeiro desta Orde na pasada convocatoria un total de 53 concellos da provincia contrataron a 173 desempregados cunha achega de preto de 1,3 millóns de euros.


20

Barrios Xaneiro 2018

EN BREVE 4 Strade Termal O próximo 15 de abril, no Parque Nacional do Xurés, nace unha marcha cicloturista que ten todos os ingredientes para asentarse no calendario nacional e constará de 110 quilómetros. A inscrición, que ten un prezo de 44,80 euros (os 80 céntimos son gastos de xestiuón), xa está aberta e permanecerá ata o 28 de febreiro.

4 CD Arenteiro O CD Arenteiro, de Terceira división, ocupa a 13ª praza con 25 puntos. No último encontro caeu na casa do Barco por 2 a 0. Os de Manel Vázquez están sete puntos por enriba do descenso e moi lonxe do ascenso: a 16 puntos da promoción. Esta fin de semana reciben ao Céltiga.

4 Duatlón Concello de Maside e Beariz Tríatlon organizan o VIII duatlón cross Concello de Maside. A proba terá lugar o domingo 28 de xaneiro a partir das 11 horas.

DEPORTES

Requejo e Teijeiro logran a vitoria no Carballiño 4 Na carreira solidaria do Arenteiro. Redacción O pasado 7 de xaneiro disputouse a carreira popular solidaria do Carballiño. A proba que estaba prevista para decembro tivo que ser aprazada por un forte temporal. José Antonio Requejo (Celta) foi o vencedor cun tempo de 33 minutos e 55 segundos. José Manuel Corral (Arenteiro) rematou segundo (34:03) e José Canda (Arenteiro) fixo terceiro (34:30). Sonia Teijeiro (Burgas) foi a máis rápida entre as mulleres (42:01 minutos). Segunda rematou Begoña Domínguez (Arenteiro) con 43:53 minutos e terceira, Silvia Casal (44:09). Ribadavia O 23 de decembro, Ri-

Visita olímpica 4 A ximnasta Carolina Rodríguez visitou Xinzo. Redacción No pasado mes de decembro a ximnasta olímpica Carolina Rodríguez visitou Xinzo de Limia. Nunha fin de semana frenética tivo un recibimento institucional na casa do

Concello e no que estaban presentes, entre outros, o alcalde, Antonio Pérez. A deportista deu unhas charlas aos alumnos e alumnas dos centros educativos Carlos Casares, Rosalía de Castro, Cidade de Antioquía e Lagoa de

badavia organizou a súa carreira popular que este ano chegaba a súa cuarta edición. José Manuel Corral foi o vencedor (31:22 minutos) en categoría masculino facendo o propio

Sonia Teijeiro (37:31) na feminina. O podio masculino foi enteiramente do Atletismo Arenteiro, xa que a Corral uníronselle os seus compañeiros José Canda e Luís Iglesias. Barca Toba, como segunda, e Isabel Soutullo, terceiro, formaron o podio feminino con Teijeiro. Ademais, a actividade atlética continuará na vila no mes de febreiro. Será o día 4 cando teña lugar o Campionato de Galicia de campo a través individual e por clubs.

Carlos Canal -no centro- no podio do Campionato de España de ciclocrós.

Carlos Canal, campión de España de ciclocrós 4 Na categoría júnior. Redacción

Saída da carreira absoluta da solidaria de Arenteiro.

Antela. Ademais, realizou unha masterclass, organizada pola Escola Deportiva de Xinzo de Limia, o sábado 16 e domingo 17.

Nela a gran protagonista foi a ximnasta olímpico realizando, tamén, exhibicións a varios clubs da provincia.

Carolina Rodríguez impartindo unha charla.

Carlos Canal proclamabase campión de España de ciclocrós na categoría júnior nos campionatos de España celebrados na localidade guipuscoana de Legazpi. Desta forma, Canal substitúe no palmarés ao tamén corredor do equipo ourensán do Academia Postal -Actyon de Maceda, Iván Feijoo. Carlos dominaba a carreira desde a primeira volta, e abría un oco de 10 segundos con respecto ao seu máximo rival, o cántabro Gonzalo Inguanzo. Xa a partir da segunda volta a distancia incrementabase e o ritmo demoledor do ourensán distanciaba cada vez máis a Inguanzo. Así, entraría en liña de meta con máis dun minuto de vantaxe. En féminas cadete, Noela Saa, subía ao terceiro caixón do podio nunha carreira emocionante na que a loi-ta polas posicións nobres foi moi intensa. Aida González

rematou cuarta noutra gran carreira. Ivan Feijoo, pola contra, non tiña o seu mellor día nestes campionatos e era sétimo na carreira sub 23, despois de ser o dominador de toda a tempada. Copa de España Iván Feijoo vén de proclamarse, en Valencia, campión da Copa de España de ciclocrós. A vitoria en terras valencianas valeulle para facerse co título de campión sub 23. Das catro probas, Feijoo venceu en tres delas. En Valencia, o ourensán foi primeiro desde a primeira volta rematando sexto no cómputo global. En júniors, Carlos Canal facíase coa segunda posición e segundo na xeral. Martín González, foi quinto no seu primeiro ano como cadete. Noela Saa era 5ª e Aida González 6ª na categoría cadete, pechando unha gran participación no Copa de España.


PUBLICIDADE

Barrios Xaneiro 2018

21


22

Barrios Xaneiro 2018

4AXENDA Exposicións - Ata o 4 de febreiro - “Materia Infinita” - Centro Ánxel Valente (Ourense) - Ata o 18 de marzo “In tempore sueborum” - Centro Cultural Marcos Valcárcel, Museo Municipal e igrexa Santa María Nai (Ourense) Música - 27 de xaneiro - Musical familiar “Rockenstein” - 18 h - Auditorio Municipal do Carballiño - 16 de febreiro - Concerto de Brigan - 21 h A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 20 de febreiro Concerto de Last Great Dreamers - Bule Bule (Allariz) Varios - 25 de xaneiro - Conferencia de Antonio Piñeiro “Cristianismo Primitivo e os manuscritos do mar Morto” - 19:30 h - Salón de Actos do Concello de Verín - 26 e 27 de xaneiro - II Festival da Arte e a Ilustración “Allariz debuxado” - Allariz - 3 de febreiro - Monólogo de Pablo Carbonel “Phabladas y algunas cantadas” - 21 h - Auditorio do Carballiño - Todos os xoves - 19 h - Pincho gastronómico nos bares de Verín www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

O Entroido eres ti...

A ciencia médica A industria médica preséntase como a única fonte do saber en relación á saúde. O que acontece é que esas teorías mudan constantemente. Antigamente considerábase que a sangría curaba case todas as doenzas, agora non. A margarina era considerada máis saudable que a manteiga, no presente suxírese o contrario. Os ovos foron considerados malos para o colesterol elevado, actualmente din que son moi bos para un organismo saudable e hai quen afirme que, ao final, a graxa ten ómega3. O alcol foi considerado malo, pero neste momento o viño tinto é saudable porque posúe un forte antioxidante. Ata se aconsella que, consumido moderadamente, todo tipo de alcol ten algún beneficio. Agora tamén se di que retirar as amígdalas non é a mellor solución. En fin, a referida industria destacaba moitos medicamentos que eran seguros, pero pasados os anos foron retirados do mercado. Por exemplo, o Omeprazol primeiro non

tiña contraindicacións, agora xa din que tomado diariamente pode ter algunha. Os médicos aínda son vistos como deuses e todo o que din son verdades irrefutables. Ao final, sabemos que foron preparados para receitar medicamentos e facer cirurxías, non para previr doenzas e tratamentos alternativos, aínda que se recoñeza que as novas xeracións cocontrolan máis este tema. Hai tratamentos paralelos á menciña convencional con menos contraindicacións, mais para iso temos que recorrer aos profesionais de saúde. Algúns médicos afirmaron que reducir nun 50-60% o sal evita tomar o comprimido tradicional e, de feito, na maioría das persoas resulta. Aínda recentemente as estatísticas dicían que Portugal é o país dos hipertensos. Porén, esta tendencia está a baixar. Xa que son varios os restaurantes xa comezan a confecionar os alimentos cun baixo contido de sal. João Damião

Rebulir recibe o Premio Xabier Prado Lameiro A Asociación Cultural Rebulir recibiu este 19 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro de Cultura Galega, que otorga a Coral da Ruada. O xurado destacou de Rebulir o traballo realizado ao longo de máis de 12 anos no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio d os grupos de baile, escolas, animación sociocultural, a organización de eventos culturais, etc.

Cando as divinas fogatas do San Antón, en Ábedes, deixen de fumegar na fría noite de xaneiro, o latido do Entroido asoma en Verín. Cicais, algún intrépido cigarrón fugaz, entre lusco e fusco subira a costiña do cruceiro, para que a tradición siga o seu curso imparable, e vós, queridos entroideiros, baixaredes do monte sacro coa alma purificada, mais co maxín metido xa no máis grande da nosa vila: o carnaval,..o entroido. Verín, silenciosa e recollida, garda os segredos dos derradeiros detalles das comparsas, dos disfraces e das parodias que en poucos días estarán percorrendo as súas rúas, rachando con bullicio e algarabía a paz do vello barrio das pedras centenarias. Os sons lonxanos das chocas cada vez están máis preto, e de contado sentiremos ese calofrío que atravesa a alma, espertando o espíritu. Entón é cando as lembranzas afloran unha tras outra. “FanFan” e “Palmero” facían Entroido na praza, coa parodia do cego, cantando as coplas do “Crime do bar Xardín”, ao mesmo tempo que unha morea de xente ateigaba a praza Maior ataviados con capuchón e máscara, danzando ao ritmo de pasodoble, xenuinamente interpretado pola sinxela, pero entrañable, banda do tío Julio, o bombeiro de Santa

“Os cativos, co seu fermoso desfile, o Xoves de Comadres, soltan o sentimentos entroideiro puro”

“Verín garda os segredos dos derradeiros detalles das comparsas” Comba, que aupados no remolque dun tractor, facían mover o esqueleto a todos os presentes. De súpeto aparecen os lexendarios cigarróns do meu tempo, daquel tempo feliz, que abrindo paso coas zamarras en alto marcaban o territorio. “A Murga do Grelo” tocaba sen parar, batendo nos tamborileiros con forza, deixándose notar con elegancia. Na praza da Estrela entra en escea o Pescadilla e a súa dona Luisina, que no fervor da multitude, coa mítica parodia da “Chacha con super bebé”, provocan unha catarse colectiva de Entroido puro. Un touro bravo Moreno saía desbocado dos baixos do edificio da praza de Abastos, envestindo a todo o que por diante se puxera. As fariñadas e o cheiro a pólvora queimada estremecían aos paisanos, que cos orixinais capuchóns daban un colorido espectacular ao baile do atardecer. Sobre as cacholas brancas, sobresaía o inmenso paraugas negro da maravillosa e inesquecible “Banda do Xosé”, que dende San Lázaro os irmáns Fariñas, en compañía de familiares e de entroideiros celebres como o Tufín, entre outros, traían as cantigas enxebres ata o bar Liló, e a todos os recunchos da vila. E nós, rapaciños dunha época dourada de Entroido, curiosos sen perder detalle do que acontecía e coa intriga na barriga polo que puidera acontecer. Estas son as raíces deste Entroido fermoso que tan-

to leva medrado e que non será doado derrotar. Agora, cando os cativos co seu fermoso desfile, o Xoves de Comadres, soltan o sentimento entroideiro puro, algo extraordinario acontece, o percibir que a sabia nova sae de dentro, herdada dos antergos ata hoxe e así para sempre. Daquela, os nenos da miña xeración tiñamos o exemplo dos tremendos e inigualables entroideiros, que sempre tiñan un guiño cara nós, que con timidez escomenzabamos a dar os primeiros pasos nesta festa querida. “O Grolo”, entroideiro de casta inesquecible, que exerceu o Entroido case coma unha relixión, deixounos un legado único, como as parodias na rúa, a comedia irónica improvisada e a innata virtude de facer carnaval. Son moitos os entroideiros e entroideiras que deixo sen nomear aquí neste humilde escrito de carnaval, mais coido que eles saben a boa fe quen son, e sinceramente a todos os que dunha ou doutra maneira fan Entroido na rúa, atrévome en nome de todos os que vivimos e amamos esta festa, a darvos as grazas, porque co anaquiño de cada un de vós foise facendo un Entroido mellor e con fundamento. Non queda outra, o tempo de entroidear está acá! E os máis cativos, ínquedos e curiosos, non deixarán nada para o azar, e outra vez daran a badalada, porque con astucia inocente preguntarán de novo: que é o Entroido? E coa certeza que otorga a sabiduria, os vellos entroideiros darán, sen complexos, sinxela resposta: rapaz, o Entroido eres ti! Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitin”


CLASIFICADOS

Barrios Xaneiro 2018

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº45 - Ano: XI - Xaneiro 2018 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel: 638 678 381. Vendo finca edificable (zona Rante). Ten proxecto de casa 750m. Oportunidade, prezo 11.900 euros. Tel: 606 42 25 43. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Véndese casa de pedra, dúas plantas, no centro de Vilamarín. 45.000 euros. A reformar. Tel. 676 75 88 19. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo terreo edificable, 1.800 metros2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94.

Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330.

EMPREGO Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259. Precísase condutor para formigoneira na zona de Borrán (preto de Xinzo de Limia), con experiencia. Tel. 639 81 39 05 - 645 17 81 11.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Xaneiro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios xaneiro2018 by Periodico Barrios - Issuu