[Páx. 10]
Hijos de Rivera recibe o 33º Premio “Celanova, Casa dos Poetas” VERÍN
Páx. 4
237 rapaces participaron na ludoteca de verán
XINZO
Páx.5
ALLARIZ
En Marea, en contra da planta asfáltica na Limia
Páx.7
Aumenta a reciclaxe en Allariz co Programa RE
CELANOVA
Páx.10
O Mosteiro de San Rosendo, reclamo para os máis cativos
CULTURA
Páx.12
Rairiz de Veiga acolle unha nova edición da Romaría da Saínza
Xinzo perde poboación [Páx. 6]
Volta ao cole na provincia
[Páx. 2]
18.700 nenos ourensáns volveron ás aulas con normalidade o 11 de setembro. / Xinzo teme baixar dos 10.000 habitantes e perder axudas públicas. /M.R.
Número: 41 - Ano: X - Setembro 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios Setembro de 2017
TEMA DO MES
A CIG denuncia a elevada provisionalidade nos centros de secundaria
Xinzo Adiante demanda aulas de madrugadores Redacción Xinzo Adiante solicitou ao Concello, a través dunha moción que será levada a pleno, a implantación de aulas de madrugadores nos dous colexios de infantil e primaria da vila, os CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares, para contribuír á conciliación familiar e laboral dos veciños con fillos pequenos. Unha das principais dificultades neste senso atópana as nais e pais no feito de ter que comezar a traballar ou desprazarse ao seu posto de traballo antes de que os nenos entren na escola ás 9 da mañá; que, segundo a formación, en moitos casos se resolve obrigando aos avós a madrugar ou a algún dos proxenitores a abandonar o seu traballo para coidar dos fillos. Para solventar este problema, unha iniciativa que está instaurada en moitos centros de infantil e primaria, son as aulas para madrugadores. “Non se trata dunha medida cara, pero si efectiva”, explican dende Xinzo Adiante. Consiste na apertura de aulas nos CEIP antes de que se inicien as clases, por iso para Xinzo propoñen un horario de 7 a 9 horas. Deste xeito, os cativos estarían atendidos por monitores especializados con quen desenvolverían actividades que os axuden a comezar o día, realizando xogos, lectura, pintura, contos... “O custo desta iniciativa non resulta elevado, xa que se realizan nos propios centros escolares e só se requeriría unha mínima compra de material para as actividades e o custo da contratación durante dúas horas ao día dos monitores. Mesmo esta actividade pode ser obxecto de subvención por parte da Deputación a través das liñas de Cooperación ás obras e servizos municipais”, explican.
4 Así como o aumento de profesorado que impartirá materias das que non é especialista. A delegada da Xunta en Ourense, durante a súa visita ao CEIP de Maceda.
18.700 alumnos de Infantil, Primaria e Especial comezaron o novo curso na provincia 4 A Consellería de Educación destinou este ano máis de 1,6 millóns de euros na mellora de 42 centros educativos destas etapas. Redacción Este 11 de setembro comezou o curso nos ciclos de educación infantil, primaria e especial para 18.675 alumnos e alumnas de 113 centros educativos da provincia de Ourense. A matriculación en infantil cífrase en 5.631 escolares, en educación primaria son 12.915. No que atinxe a educación especial a provincia ourensá conta con 129 matriculados. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e poden mudar ao longo do curso escolar. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o CEIP do concello de Maceda para compartir co seu alumnado as primeiras horas do novo curso e comprobar que a volta ás aulas desenvolveuse con normalidade nos centros educativos da
provincia. Na visita Díaz Mouteira percorreu as instalacións do centro, acompañada polo director e o equipo docente do colexio, e a xefa territorial da Consellería de Educación, Luz Fernández Quintas, e coñeceu as obras realizadas neste centro que consistiron na mellora das fiestras por un importe de 12.000 euros. Melloras A delegada territorial subliñou o compromiso da Xunta coas infraestruturas educativas da provincia nas que ano tras ano se executan actuacións para melloralas. Así, lembrou que o departamento autonómico dirixido por Román Rodríguez destina este ano 1.670.000 euros na mellora de 42 centros escolares ourensáns de infantil, primaria e educación especial. Comedor e transporte Ademais da actividade
lectiva, ese mesmo día comezaron a funcionar os servizos complementarios de comedor escolar e de transporte coa posta en marcha da modalidade de uso compartido, prevista no plan de transporte público de Galicia e implantada en máis da metade das rutas escolares da provincia, concretamente en 273 das 482 existentes, que manterán intactas as paradas, os percorridos e os horarios do alumnado. A máxima representante do executivo galego na provincia subliñou que coa integración do transporte escolar nas liñas de uso xeral, os escolares teñen blindada a atención das súas necesidades e mellorando o servizo ao ter acompañante garantido en todas as rutas de transporte compartido. Por outro lado, esta modalidade favorecerá a mobilidade dos veciños do rural.
Redacción A CIG vén de analizar as principais conclusións que arroxa a adxudicación definitiva do concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) dos corpos de secundaria. Este curso haberá 2.698 docentes interinos en secundaria e outras etapas diferentes de infantil e primaria (cun incremento do 3% ao respecto do curso pasado). Unhas cifras que se encadran nun aumento xeral da provisionalidade, co incremento dun 6% do profesorado con destino provisional ao respecto do curso anterior (4.444 docentes). Tamén será un ano marcado polo elevado número de docentes que impartirán afíns, chegando a 1.271 (máis do 28% do persoal con destino provisional e cunha suba do 6% ao respecto do ano pasado). “E de novo, demóstrase como a Consellaría non é quen de afrontar o problema do profesorado da especialidade de Música, adxudicando 4 postos para facer substitucións zonais a funcionariado de carreira”, engaden dende o sindicato. Adxudicación provisional Entre a adxudicación publicada o 31 de xullo e a que se deu a coñecer o 7 de setembro hai unha diferenza de 194 prazas que se engaden,
incidindo sobre todo no aumento de persoal interino (162 destinos a maiores), 76 novas prazas con afíns e 37 tamén a maiores que impartirán ámbitos dos PMAR ou a FP Básica. Ademais destes cambios nas cifras totais son moi numerosas as modificacións nos perfís das prazas. “Son cambios importantes que xeran no profesorado inseguridade e desconfianza”, denuncian dende a CIG. FP Básica Por último, desde a CIG-Ensino veñen de dirixirse por escrito á Consellaría de Educación para que tome as medidas oportunas e non se cometa unha “flagrante ilegalidade” na obriga a docentes de diferentes especialidades de FP e secundaria para que impartan os módulos dos bloques comúns da FP Básica sen ter atribución docente para facelo. O sindicato anima o profesorado que se atopa nesta situación a que, no caso de que nos horarios se inclúan finalmente eses módulos, reclamen contra esa decisión.
A CIG vén de enviar escrito á Consellería de Educación para que non obrigue a docentes de FP e secundaria a impartir módulos de FP Básica
VERIN E COMARCA
Orientación educativa e titoría individualizada O IES García Barbón é un centro educativo de pequenas dimensións e con grupos reducidos. Unha das características principais dunha educación axeitada para todos ten relación estreita coa posibilidade de ofrecer unha atención pedagóxica individualizada que responda eficazmente á diversidade do alumnado. Neste sentido, o IES García Barbón facilita e garante ao longo do curso, unha intervención educativa de alta calidade. Todo isto incide de maneira moi positiva no rendemento académico e no desenvolvemento pleno da personalidade dos estudantes. Complementariamente, temos que destacar outro dos sinais de identidade deste centro verinés, que é a prioridade do traballo de orientación educativa e de titoría individualizada dos estudantes. A posibilidade de levar adiante unha orientación académica e profesional esixente ten moita relación coa presenza de grupos reducidos. O traballo de orientación educativa e académica abrangue tanto as medidas encamiñadas a informar das variadas opcións formativas e das posibles saídas de futuro como do asesoramento no campo dos hábitos e técnicas de estudo.
Información e asesoramento sobre a solicitude de becas para o curso 2017/2018 Na web do centro facilítase información sobre a convocatoria de becas para o curso actual –tamén se fai no blog de Orientación e nas contas de Facebook-. Lembramos que o prazo para solicitar a beca remata o día 3 de outubro de 2017 e tedes a vosa disposición a axuda do Departamento de Orientación. O noso plan de titorías individualizadas que se realiza ao longo de todo o curso, permite levar un seguimento xeral de cada estudante mediante o diálogo aberto e permite potenciar a axuda pedagóxica que busca a implicación activa e o compromiso de todos os participantes (profesorado, alumnado e familias). Renovación das instalacións dos servizos de Secretaría e Conserxería do centro para mellorar as súas dependencias e posibilitar unha atención máis eficiente á comunidade educativa.
Para coñecer a opinión sobre o IES García Barbón dos nosos antigos estudantes visita: http://bit.ly/2hwKD0o
O IES García Barbón de Verín é un centro que ofrece grupos reducidos para maior calidade de ensino.
Actividades da Biblioteca de Verín en Toro
Barrios Setembro de 2017
Contacontos e manualidades encheron en Laza a tarde de maiores e pequenos. O director da Biblioteca, Vicente Rodríguez Justo, quixo agradecer “ao alcalde de Laza e ao seu
equipo de Protección Civil por acompañarnos, ademais de dar as grazas tamen a Beni Rodríguez, da Asociación “O Fiadeiro” pola invitación” aos voluntarios.
4 Realizaron contacontos e manualidades. Redacción O pasado 23 de agosto, o servizo de voluntarios da Biblioteca Municipal
de Verín, trasladouse ata a aldea de Toro, no Concello de Laza, para realizar diversas actividades lúdicas cos más cativos.
Os voluntarios da Biblioteca de Verín en Toro.
Barrios Setembro de 2017
EN BREVE
4 Cinema Este domingo, 15 de setembro, volve o cinema municipal ao salón actos da Casa da Cultura de Verín. Trala pausa vacacional estival, o cinema regresa á vila coa proxección das películas, “Tadeo Jones 2. El secreto del rey Midas” e “Transformers, El Último Caballero”, os días 15, 16 e 17 de setembro; e “Kingsman. El círculo de oro” o 22, 23, e 24.
4 Adega - lagar
Un convenio entre Concello de Oímbra e a Xunta permitirá recuperar unha adega-lagar como punto de partida e referencia da ruta dos lagares rupestres neste concello ourensán, onde se atopan os lagares de pedra adicados á produción de viño máis antigos documentados na nosa Comunidade.
4 “Érguete” O Servizo de conciliación “Érguete” comezou no CEIP Princesa de España de Verín co inicio do curso debido á gran demanda das familias. Ten por finalidade que os menores estean atendidos por coidadores profesionais no espazo temporal que transcorre dende que as nais e os pais comezan a súa xornada laboral, ata o comezo do horario escolar por parte dos menores.
VERÍN E COMARCA
237 rapaces pasaron pola ludoteca de verán 4 Unha iniciativa estival para cativos de entre os 3 e os 13 anos. Redacción Desde o 26 de xuño e ata o 8 de setembro pasaron pola ludoteca de verán, campamento urbano 2017 de Verín, 237 nenos con idades comprendidas entre 3 e os 13 anos. A iniciativa, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, tiña por obxectivo conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores. Para clausurar este verán, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces no CEIP Princesa de España. Todo un espectáculo de cores, amenizado por unha discomóbil que rematou cunha comida para todos os asistentes. Entre as actividades, destacaron os obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, reposta-
ría e cociña, piragüismo, recortables, xogo libre, educamóbil, rutas de sendeirismo ou acampada nocturna, foron algunhas das actividades nas que participaron os cativos. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programáronse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como, festa roqueira, día do sombreiro, día do avó, San Fermín e o chupinazo, festa da Batucada, Dia de Galicia, actividades coa Cruz Vermella, e como colofón, a citada festa de disfraces. Festa saharaui Moila, Agaila e Wamba, son tres nenas saharauís que estiveron disfrutando todo o verán do servizo da ludoteca- campamento urbano. Foron despedidas polos seus compañeiros cun xantar e unha festa posterior no CEIP Princesa de España. Á despedida acudiu tamén Diego Lourenzo, tenente
de alcalde e concelleiro da área de Mocidade do Concello de Verín. Para os máis pequenos houbo tamén obradoiros de primeiros auxilios, realizados coa colaboración da Cruz Vermella. Bibliopiscina O martes 29 de agosto, 20 voluntarios con idades entre os 11 e os 26 anos foron galardoados polas labores realizadas este verán no servizo da Bibliopiscina, cunha entrega de diplomas. Deste xeito quérese recoñecer toda a labor o entusiasmo e a dedicación dos nosos voluntarios, que amosaron unha grande responsabilidade á hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina.
Obradoiros, festas e deporte, algunhas das actividades da ludoteca
4 Obradoiro Comeza o obradoiro de estimulación cognitiva “Pon en forma a túa mente”. Inscricións no teléfono: 988414776.
Participantes na festa de despedida da ludoteca de verán 2017.
Sergio Pazos presenta novo monólogo en Verín 4 O 17 de setembro. Redacción O vindeiro domingo, 17 de setembro, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o monólogo “Afiando con humor” do humorista ourensán, Sergio Pazos. Devandito evento está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coa REAOU (rede de auditorios provincial da Deputación de Ourense). O espectáculo A función aborda desde a crítica pero con humor, acontecementos de actualidade e cuestións diversas, como o porqué do carácter diferenciador
Feira da cervexa Redacción Verín celebra a súa terceira feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval na praza Maior. No evento, que se celebrará durante os días 15, 16 e 17 setembro, participarán seis fabricantes de cervexa artesá e numerosos postos gastronómicos e de artesanía. Tamén haberá stands de comida e actuacións musicais. A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para
dos galegos ou mesmo por qué están de moda os monólogos. O artista recorre ao formato do monólogo para recuperar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense, e o “mellor contador de historias”. De balde “Afiando con humor” é un espectáculo gratuíto e apto para todos os públicos. As entradas pódense recoller no Auditorio de Verín, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
A función aborda temas de acutalidade da man dun afiador a venda. Sorteos O último día da feira haberá varios sorteos. Un deles será un pack de oito cervexas para os que completen nos tres días o percorrido dos stands. Ademais sortearanse sobres con ordes de compra achegados polo comercio local.
Presentación da Feira da cervexa.
VERÍN E XINZO DE LIMIA
EN BREVE
4 Vendima A finais do mes de agosto deu comezo a vendima na Denominación de Orixe Monterrei. Un adianto de tres semanas con respecto ao ano pasado debido, principalmente, ás altas temperaturas do verán. Castro de Lobarzán, situada na localidade de Vilaza foi a primeira da DO en arrancar.
4 Eurocidade
A ruta termal e da auga da Eurocidade ChavesVerín recibiu máis de 50.000 visitas na campaña estival 2017. Os mananciais do “barrio norte” da Eurocidade (Verín) recibiron un total de 4.050 visitas, das cales 1.650 corresponden a Cabreiroá, 1.500 a Sousas e 900 a Fontenova. Pola súa banda, o “barrio sur”, en canto ao número de termalistas alcanzou un total de 50.096 visitas.
O “Kero Verán” despídese visitando Allariz 4 Nenos e pais visitaron o ecoespazo “O Rexo” e o hipódromo. Redacción O programa Kero Verán clausurou a tempada cunha visita didáctica a Allariz. 32 menores participaron xunto coas súas nais e pais na viaxe didáctica de fin da actividade do “Kero Verán” a Allariz e que consistiu na visita, pola mañá, do ecoespazo “O Rexo” e, pola tarde, a hípica. No Rexo as familias gozaron da harmonización da natureza (árbores, pedras, terra, auga), coa contribución de materiais reutilizados e presentes
na cultura galega: granito e lousa, entre outros. Despois achegáronse ata a zona fluvial para xantar en plena natureza. na xornada
vespertina desprazáronse ata o hipódromo de Allariz, para entrar en contacto directo cos animais. Keron Verán O “Kero Verán” enmárcase dentro do programa Kero Kolo, levado a cabo dende hai cinco anos durante todo o ano lectivo. No ano 2014 foi premiado por UNICEF como proxecto a favor da infancia no que a familia en conxunto aprende a relacionarse con apoio de profesionais sociais e da educación.
Un dos cativos do “Kero Verán” xunto a un cabalo.
Barrios Setembro de 2017
En Marea, en contra da planta asfáltica na Limia Redacción Os deputados de En Marea veñen de presentar no Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en Comisión sobre o seu rexeitamento á instalación da planta asfáltica en Parada de Ribeira (Xinzo de Limia). Na proposición apuntan ao gran dano ambiental que a planta de produción de mesturas bituminosas (planta de asfalto en quente) produciría, tanto para a saúde das persoas e animais e ao entorno. No seu momento, o Concello de Xinzo denegara a instalación da planta ao carecer de licenza e pola firme oposición da veciñanza, mais agora a
Xunta emitiu un informe sectorial favorable á instalación da mesma e o concello outorgoulle a licenza. Para En Marea a instalación da planta conlevará problemas respiratorios, malformacións nos fetos, aumento da incidencia do cancro, afectación das augas superficiais e subterráneas, contaminación do aire, ademais de producir un consumo de máis de 23.000 litros de auga cada hora. Por iso, instan á Xunta a paralizar e denegar a licenza das obras de instalación da planta asfáltica tal como se presenta, así como estudar con técnicos o posible impacto na saúdo de traballadores e veciños, e o impacto ambiental e socioeconómico.
Barrios Setembro de 2017
XINZO E COMARCA
Xinzo teme baixar dos 10.000 habitantes
EN BREVE 4 Apicultura Do 30 de setembro ao 1 de outubro, o CDR O Viso xunto con COCEDER (Confederación de Centros de Desarrollo Rural) organizan en Lodosedo (Sarreaus) un curso de apicultura. Os interesados poderán facer a ficha no CIX Centro de Información da Limia (praza Maior nº 1, 1º Xinzo de Limia). Máis información no teléfono 988 461 571 ou no correo electrónico info@cdroviso.org. O horario do curso será de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.
4 Suporía unha reducción dos fondos. Un grupo de participantes no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.
Dinamización das persoas maiores do rural A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, nas súas actividades de verán saiu á rúa cos seus participantes (de entre 50 e 85 anos) para visitar diferentes lugares de interese cultural. Entre as visitas, destacan o Festival de Xardíns e o Museo do coiro e do xoguete, de Allariz, ou o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, entre outros destinos.
4 Obradoiro No centro de inclusión de Lodosedo realizarase un obradoiro de saúde o vindeiro mércores, 20 de setembro (ás 17 horas). O obradoiro tratará o tema: Ictus - Prevención. Hábitos de vida saudables. A conferencia será impartida por José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer. O obradoiro vai dirixido a familiares con doentes, coidadores, profesionais, e toda a comunidade en xeral interesada polo tema.
4 Competencias O Concelleiro de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil, deixará a concellaría de Cultura e Festexos. Motivos de saúde determinaron esta redución das competencias do edil, unha vez consensuada coa secretaria do concello. Deste xeito, Gil manterase ao fronte de Deportes, Xuventude e Educación, ademais de Comunicación. O seu substituto será Carlos Gómez que continuará nas carteiras de Turismo e Promoción Económica engadindo na súa axenda as de Cultura e Festexos.
4 Reforma A xunta de montes de Gomareite, en Vilar de Barrio, realizará a segunda fase da reforma da casa reitoral. Usarase para xantares populares e as festas da aldea.
Unha das homenaxeadas xunto ao alcalde de Xinzo.
Mulleres centenarias Xinzo de Limia rendeu homenaxe a dúas mulleres centenarias que viven no concello. Por unha banda, Elvira Tombo García, de Xinzo de Limia, e pola outra, Eligia Carrera Colmenero, de Moreiras. O acto contou cunha banda que tocou o himno galego. Ademais as homenaxeadas recibiron un ramo de flores e bombóns para endulzar a celebración.
Redacción Desde que no ano 2012 Xinzo de Limia tivera o seu pico de habitantes, con máis de 10.350 empadroados, o concello está a sufrir un descenso notable. Iste descenso levou a estar no umbral dos 10.000 (10.004 concretamente) no último censo do Instituto Galego de Estatística. O limiá é o sexto municipio con maior poboación da provincia. Desde o propio concello lévase traballando tempo neste problema, en busca dunha solución que se antoxa complicada; dectectándose casos de persoas que se empadroan para ter algún beneficio e máis tarde empadróanse noutro concello. Sendo algo que non poden controlar desde a adminstración local. Oposición Tanto o grupo de goberno coma a oposición están de acordo en que Xinzo conta cunha poboación maior da que está empadroada. Desde o Partido Socialista reclaman a creación dun cartón cidadán único para empadroados en Xinzo que permita o pago do 50% nalgunha das taxas para o acceso aos servizos como a escola de gaitas, escola de
Unha das charlas no curso de monitor de tempo libre.
Curso de monitores de tempo libre O Centro de Desenvolvemento Rural do Viso vén de rematar o curso de monitores de tempo libre. Foron un total de 20 mozos os que participaron e que agora terá unha segunda fase de 150 horas de prácticas. Ademais dos alumnos, contribuíron ao bo desenrolo do mesmo membro do CDR O Viso, da Asociación de Xogos Populares e Tradicionais de Galicia, efectivos da Xefatura Provincial de Tráfico, ademais de persoal do centro. Ademais de efectuar o curso na casa rectoral, tamén estiveron no centro de inclusión, polo pobo de Lodoselo e no pavillón de deportes de Sarreaus, entre outros lugares.
Unha rúa de Xinzo de Limia.
danza, escolas deportivas, pavillón municipal, aulas da casa da cultura ou para cursos e talleres, entre outros servizos municipais. Así mesmo propoñen unha revisión de impostos e taxas nos que sexa susceptible aplicar unha porcentaxe de bonificación para persoas empadroadas no municipio. Tamén reclaman a posta en marcha dunha campaña de empadroamento explicando os servizos públicos municipais e as bonificacións ou vantaxes que teñen os empadroados en Xinzo. Desde Xinzo Adiante consideran que fai falta unha campaña de concienciación para que se empadroen todas as persoas que viven na zona e non o teñen feito. Menos de 10.000 Baixar da cifra dos 10.000 habitantes suporía perdas de preto dos 200.000 euros anuais chegados do Estado, ademais dunha diminuición no número de concelleiros (pasando de 17 a 13).
Baixar dos 10.000 habitantes suporía perder ao redor de 200.000 euros do Estado e pasar de 17 a 13 concelleiros
ALLARIZ E COMARCA
Barrios Setembro de 2017 EN BREVE
Aumenta a reciclaxe en Allariz co Programa RE
4 Escolas deportivas
4 Incrementouse a reciclaxe de vidro e plásticos no que vai de ano. Redacción
taleiros e comerciantes.
O Concello de Allariz aumenta a reciclaxe grazas ao Programa RE. Devandito programa acada importantes resultados tanto na redución da fracción orgánica como na cantidade de materiais recuperados. Os resultados exitosos do programa pioneiro de reciclaxe de lixo e separación de materia orgánica pasou polo reparto de máis de 130 compostoiros individuais entre os veciños e veciñas que se sumaron aos máis de 100 xa existentes; ademais da creación da rede de compostoiros comunitarios con 24 illas de compostaxe ubicadas en zona urbana. Estes resultados foron presentados no libro ‘Solid Waste Management in Rural Areas’, coordinado polo doutor Florin Constantin Mihai, da Universidade Alexandru Ioan Cuza de Romanía, e publicado pola editorial de acceso aberto InTech. O proxecto inclúe unha máquina de tratamento de materia orgánica, no parque empresarial de Chorente, ao que vai parar a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes produtores como hos-
Datos A veciñanza acolleu de xeito moi positivo, demostrandoo cos datos conseguidos. No que vai de ano Allariz conseguiu un incremento na reciclaxe das fraccións de vidro e plásticos nunha media dun 8%. O contedor amarelo recolleu máis de 6.780 quilogramos que o ano pasado (en torno ao 9% con respecto ao mesmo tramo de 2016) e o de vidro uns 8.400 quilos máis, o que supón un aumento de 7%. Nova campaña O obxectivo é chegar a reducir ata o 80% dos residuos que se envían a SOGAMA. Para elo, vaise realizar outra campaña porta a porta coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica. Ademais realizaranse 150 enquisas entre os veciños e veciñas aos que se lles pedirá as súas suxestións.
O obxectivo é chegar a reducir ata o 80% dos residuos que se envían a SOGAMA
Un dos contedores de reciclaxe co cartel do Programa RE. /ARQUIVO.
O obradoiro terá unha duración de nove meses e realizaranse labores ambientais e de mantemento.
Un obradoiro de emprego recuperará zonas verdes 4 Participan xunto co de Allariz, os concello de A Bola, Taboadela e Vilar de Santos. R.T. O Concello de Allariz xunto cos concellos limítrofes de A Bola, Taboadela e Vilar de Santos porán en marcha, a finais de setembro o obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera II”. Un proxecto cofinanciado pola Consellería
de Economía, Emprego e Industria, e que inclúe a participación de 20 traballadores dos concellos antes mencionados e inscritos no código de obradoiros na oficina de emprego correspondente. Tareas O obradoiro levará a
cabo a recuperación e posta en valor de zonas verdes nos municipios enmarcados na Area de Allariz. Os participantes realizarán, durante nove meses, labores ambientais e de mantemento. O obradoiro capacita aos alumnos para obter o certificado de profesionalidade nas actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinaría. Máis información no teléfono 988 442 210 ou no mail desenvolvemento@allariz.com.
O obradoiro “Reserva da Biosfera II dará comezo a finais de setembro
O Concello de Allariz ten aberto o prazo para anotarse nas escolas deportivas. A oferta inclúe o fútbol e o baloncesto, así como piragüismo, natación e equitación. Tamén haberá ofertas para os máis cativos. Máis información na piscina municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.com. No referente ao fútbol e o baloncesto, os nenos e nenas interesados deberán informarse e inscribirse no clube correspondente, no Seixo ou no Pavillón municipal.
4 Reparto xusto O PSOE de Allariz reclamará que o pleno municipal esixa á Deputación un reparto xusto das axudas aos concellos. A portavoz local, Zaida Rodríguez, denuncia que a falta de plan único é “un agravio para a veciñanza de concellos como Allariz onde non goberna o PP, que reparte os fondos a dedo”.
4 Carne de Boi Allariz prepárase para a sexta edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz entre o 29 de setembro e o 15 de outubro.
Barrios Setembro de 2017
especial CONCELLO DO CARBALLIÑO
A montaña rusa, a atracción máis atractiva Este ano O Carballiño súperase en canto a atraccións se refire durante as festas patronais. A novidade máis salientable e a dunha montaña rusa de última xeración que de seguro será a gran novidade da feira. Trátase dunha atracción espectacular para todos os públicos, que é a primeira vez que acude á provincia de Ourense, e que de feito virá directamente da Semana Grande de Bilbao, que é a festa máis popular do País Vasco. A atracción necesita moito espazo (40 x 20 metros, e unha altura de 15 metros), e estará ubicada na parte superior da praza da Veracruz (anfiteatro), único lugar do Carballiño onde ten cabida. Ao carón desta montaña rusa irán outras grandes atraccións, como a Barca Pirata e o Saltamontes, entre outras, conformando un novo espazo
de atraccións e algúns postos máis. Repartiranse as atraccións entre a Alameda, a praza do Emigrante, a praza Irmáns Prieto, Xullo R. Soto, Conde Vallellano e a praza da Veracruz. Os informes pertinentes de Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil garanten calquera emerxencia. Tráfico A instalación destas atraccións e barracas, así como dun escenario que irá na praza Emilia Pardo Bazán, obrigan a realizar algúns cambios no tráfico no centro da vila, aínda que as atraccións distribuiranse por diversas prazas e rúas, de maneira que supoña o menor contratempo posible tanto para os veciños como para os coches.
A montaña rusa atraerá a moitos visitantes ás festas do San Cibrao do Carballiño.
Homenaxe a Lucas Egas O deportista Lucas Egas Villanueva, recente campión do mundo da modalidade técnica da arte marcial Haidong Gumdo (espada coreana), recibiu a homenaxe do concello do Carballiño. O alcalde fíxolle entrega dunha placa do Concello polos seus éxitos.
Pola súa banda, Lucas Egas, que acudiu ao acto coas dúas medallas e o trofeo conseguidos en Corea, agradeceu o recoñecemento e o esforzo e sacrificio da súa familia, que desde pequeno o levou ao ximnasio para practicar este deporte.
Lucas Egas, terceiro pola esquerda, recibido no Concello do Carballiño pola corporación municipal.
Os concelleiros de Turismo e Cultura, Manolo Dacal e Diego Fernández, conxuntamente con dous membros da comisión de festas, na presentación do programa de man das festas.
O Carballiño celebra as Festas do San Cibrao O Carballiño volve a estar en festas. Cos ecos da gran edición da “Festa do Pulpo” deste ano, a vila do Arenteiro festexa esta semana as “Festas de San Cibrao”. A apertura das atraccións e postos de feira, a inauguración do alumeado artístico e o festival de música pop, rock e reggae “2º Setembro Fest”, con grupos locais e o tributo a Los Suaves “Los mártires del Rock & Roll”, son o pistoletazo de saída festas patronais do San Cibrao. O xoves tivo lugar o Festival, co escenario ubicado na parte de abaixo da praza de Veracruz. Os grupos participantes foron Sueños de Ítaca, Imposiblues, Nube Kingstone, Susie O´S e Actos Suicidas, ademais do grupo invitado Los mártires del R&R. E mentras soaba a música, realizabase o acto do acendido do alumeado artístico que acompañará ás festas durante todos os días. Antes de todo iso, tivo lugar na praza Maior o descubremento dunha placa de homenaxe á escritora Emilia Pardo Bazán, autora, entre moitas outras obras, da novela El cisne de Vilamorta, baseada no Carballiño, en Banga e Cabanelas, de finais do século XIX; precisamente, nesta novela fai unha descrición destas Festas do Setembro, e por iso se coloca a placa nesta data. A escritora, que pasou tempadas de verán entre o Pazo dos Quiroga en Banga e a casa desta familia no Carballiño, visitaba a vila durante as festas. Máis programación O venres 15 non faltarán as
charangas, os xogos populares e as orquestras. Pero o plato forte desta xornada será o monólogo do humorísta televisivo, Edu Soto. O sábado 16 continuarán as animacións nas rúas con concertos de bandas de música, gaiteiros e charangas. En canto ao deporte, no municipal de Uceira, ás 18 horas, o Sporting Carballiño recibe ao Trives. E como traca final, á medianoite, gran tirada de fogo voador, na esplanada de entrada ao parque, xunto á estatua dos Irmás Prieto (este ano cambiouse de lugar para maior seguridade). O domingo 17 chega o día máis esperado por moitos carballiñeses e visitantes. A orquestra Paris de Noia actuará en dúas quendas: ás 22:45 horas, e ás 01:45 da madrugada do domingo ao luns. Tampouco faltará este día máis música con outras orquestras, charangas e demais. Un campionato de chave, na esplanada do parque municipal, ás 17 horas, e a misa solemne, ás 12:30 horas no templo de Veracruz son outros dos reclamos. O luns 18, charangas e a banda de música do Carballiño, na mañá, serán o preludio do que aconteza durante a tarde - noite. DJ Tibu animará aos máis cativos con música. Ás 19:30 horas haberá na praza Maior unha exhibición de Hap-kido, Kickboxing e Braziliza jiu jitsu. Ás 20:30 horas chega a maxia ao Auditorio a cargo de Cayetano Yedo. Sobre ás 21:15 a praza Maior acollerá un Show Performance Break; e pechará o día a música do “Combo Dominicano”. E para rematar, o martes 19
terá lugar a gran romaría da Saleta, e para o mércores 20 queda o Día dos nenos nas atraccións. Libro/Programa O cartel das festas, obra do fotógrafo José Luis Diz, tivo gran acollida. Tívose que facer unha nova tirada para satisfacer as peticións debido á gran demanda. Este ano, os establecementos colaboraron máis que nunca. O libro conta con artigos de Felipe Senén, do director de cine Ángel de la Cruz, do escritor e crítico de cine, Miguel Anxo Fernández, de Camilo Caamaño e de Eliseo Fuentes. Ademais conta cunha colección de vellas fotografías do Carballiño e das súas xentes. O libro programa pódese adquirir mediante un donativo de 5 euros.
As festas do San Cibrao celébranse do 14 ao 19 de setembro no Carballiño
Cartel das festas patronais do Carballiño.
PUBLICIDADE
Barrios Setembro de 2017
10
Barrios Setembro de 2017
CELANOVA E COMARCA
O Mosteiro de San Rosendo, reclamo para os cativos
Ludoteca de verán Redacción A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, organizou en dúas quendas o pasado mes de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e en horario de mañá realizaron unha volta ao mundo en 10 días. Co obxectivo de coñecer o noso planeta, os diferentes continentes e os lugares máis pintorescos polos que está conformado; así como a súa cultura, clima, territorio, medio ambiente, sociedade, etc... Leváronse a cabo diversas actividades relacionadas con países como Australia, Escocia, México, Italia, entre outros.
4 Realizaronse visitas durante o verán. Redacción
Antonio Viejo, no centro, en representación de Hijos de Rivera, recibindo o premio “Celanova, Casa dos Poetas”. /S. NIETO.
Hijos de Rivera recibe o Premio “Celanova, Casa dos Poetas” 4 O xurado destacou o seu compromiso con Galicia e a promoción da cultura galega. R.T.
Nenos participantes na ludoteca de verá de Celanova.
Melloras de saneamento Redacción A Deputación adxudicou o contrato para obras do seu plan provincial. 52.000 euros mellorarán a rede de abastecemento e saneamento de Cañón, completarán a segunda fase de saneamento en Abelleira e mellorarán unha fosa séptica en Viveiro. En outubro comezarán estes traballos.
A Fundación Curros Enríquez concedeu o 33º premio “Celanova, Casa dos Poetas” á Corporación Hijos de Rivera, que produce, entre outros, a coñecida cervexa Estrella Galicia. Para otorgarlle este galardón o xurado destacou o seu compromiso con Galicia e a promoción da lingua e da cultura galega. Como representante da empresa acudiu Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos, quen destacou o carácter do fundador, José Manuel Rivera Corral, de “atrevido, audaz e valente”. “A nosa terra está no ADN da empresa”, proseguía. Actualmente está ao fronte a cuarta xeneración coa intención de levar “o nome de Galicia por todo o mundo”. Antes da entrega deste premio realizouse unha ofrenda floral diante do
monumento a Celso Emilio Ferreiro, en conmemoración do 38 cabodano da súa morte. O alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro, deu paso á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, quen abriu o acto. E trala interpretación do Himno Antergo procedeuse ao traslado da comitiva ata a Casa dos Poetas. Medalla O premio, como vén sendo habitual, é unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (de Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Baldo Ramos, así como a sinatura no libro de honra da Fundación (pasando xa a formar parte desta entidade como Patrón). O acto estivo amenizado polo quinteto de metais “Hércules Brass”.
Autoridades Ademais das autoridade citadas, tamén acudiron a este acto o presidente do parlamento de Galicia, o presidente da Deputación de Ourense, o secretario Xeral de Política Lingüística, a delegada Territorial da Xunta en Ourense, o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Ourense, o alcalde de Rianxo e os alcaldes de Quintela de Leirado, A Merca e Cartelle, así como numerosos persoeiros vinculados ao mundo da cultura como Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, Silvia Longueira da Fundación Luís Seoane, Luís González Tosar, Acisclo Manzano, entre outros.
Unha ofrenda floral conmemorou o 38 cabodano da morte de Celso Emilio
O Mosteiro de San Rosendo de Celanova foi un reclamo para os cativos durante este verán. Durante os venres do período estival realizáronse visitas ao mosteiro por parte de público infantil. Con carácter gratuíto, o único que había que facer era presentarse na praza Maior un pouco antes da hora de comezo, ás 11:30, e durante aproximadamente unha hora ían coñecendo a vida dun mosteiro tomando como exemplo o de Celanova. Seguindo os pasos do fundador, San Rosendo, evocaron os seus tempos, fai máis de 1.100 anos, para coñecer o uso que se lle daba ás dependencias que actualmente teñen acceso desde o claustro barroco como a cociña, o refectorio, a horta da
Capela de San Miguel e a igrexa. San Rosendo Da man dun dos guías da Fundación Curros Enríquez foise coñecendo o uso actual e o orixinal destes espazos, realizando unha pequena simulación da man do personaxe de San Rosendo, que ademáis de abade foi tamén un simple monxe en Celanova. O éxito desta iniciativa garantiza a súa continuación no futuro e, ante a propia demanda dos participantes, incluso se estudiará a incorporación dunha actividade musical de órgano en próximas edicións destinada aos máis pequenos.
O éxito da iniciativa garantiza a súa continuidade, incluíndo unha actividade musical
Un dos grupos de cativos que participaron nas visitas temáticas ao Mosteiro de San Rosendo.
PUBLICIDADE
Barrios Setembro de 2017
11
12
Barrios Setembro de 2017
PROVINCIA / OCIO E CULTURA
EN BREVE
4 Bus compartido A Xunta puxo en marcha o 11 de setembro a nova modalidade de autobús compartido, que permite o uso por parte da cidadanía das prazas baleiras de 513 liñas de transporte escolar. As rutas incluídas identificaranse a través dun distintivo sito nun lugar visible do vehículo. Os horarios, paradas e itinerarios do transporte escolar permanecerán intactos e contarán coa presenza dun monitor acompañante.
4 Baltar premia os nacementos
O Concello de Baltar proporcionará a cada recén nado no municipio unha axuda de 3.000 euros, repartidos en tres anualidades, co único requisito de que tanto os pais como o bebé permanezan empadroados no concello, polo menos, os tres anos seguintes ao nacemento. Poderán recibir esta
axuda as familias que tiveran fillos dende o 1 de xaneiro de 2017 e aquelas que opten pola adopción. O prazo para solicitala iniciarase o 21 de setembro.
4 Toallas da “Ourensanía” O PSOE vén de denunciar que a Deputación gastou 10.454 euros en 1.800 toallas co logotipo ‘Ourensanía’, que está a entregar de balde no Paco Paz. En material publicitario con este lema, “Baltar leva gastados nos últimos 18 meses 42.000 euros públicos que só repercuten nas contas dunha mesma empresa“. Xa que en 2016 a mesma recibiu 63.000 euros da Deputación repartidos en 26 pagos; mentres o Goberno provincial, reclaman, “queda, por exemplo, de brazos cruzados ante a seca que está a arrasar a economía do agro”.
Mouros e cristiáns toman un ano máis Rairiz de Veiga 4 A Romaría da Saínza será o 22, 23 e 24 de setembro. Redacción A Saínza acollerá a súa tradicional representación do combate entre mouros e cristiáns no marco da celebración da “Romaría da Saínza” 2017, que este ano terá lugar os días 22, 23 e 24 de setembro, cun variado programa de actividades dirixido a tódolos públicos. O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, lembrou que se trata dunha celebración “tradicional e con arraigo no calendario festivo da nosa provincia, que vén recreando desde hai máis de 150 anos no Concello de
Rairiz de Veiga o combate entre mouros e cristiáns, e que no ano 2000 foi declarada “Festa de Interese Turístico” pola Xunta”. Pola súa parte, a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, sinalou que se trata dunha das “festas máis importantes do noso municipio e de toda a comarca, que cada ano acada unha maior afluencia de público, chegando o ano pasado aos 30.000 visitantes ao longo dos tres días de celebración, sendo o momento de maior afluencia na representación do combate o domingo”. Programación O 22 de setembro, pola
tardehaberá xogos populares no campo da festa e unha representación do combate de mouros e cristiáns con monicreques. Dende as 23:30 horas actuará a orquestra Saudade. Ao día seguinte, terá lugar o II Mercado de Artesanía, detrás do Castelo; a II Quedada de músicos tradicionais no campo da festa; a VI edición de “O meu primeiro combate de mouros e cristiáns” no campo o castelo; e a procesión ca Nosa Señora da
Mercé desde a capela da Saínza ata a igrexa San Xoán de Rairiz de Veiga. Pola noite, actuarán as orquestras Solara e Alabama. O día 24 de setembro, haberá misa solemne ás 12.30 horas e celebrarase a representación do tradicional combate de mouros e cristiáns ás 13 horas no Campo do Castelo. A partir das 14 horas actuará a Charanga XL e pechará a Romaría a orquestra La Fórmula.
Presentación da edición 2017 da Romaría da Saínza na Deputación de Ourense.
DEPORTES
Andainas en Cualedro e Molgas Saída da carreira infantil e cadete. /CHONI.
Montes e Martínez dominan en Xinzo
4 Celebraranse os días 17 e 24 de setembro. Redacción Este mes Cualedro e Baños de Molgas celebran sendas andainas. En Cualedro terá lugar
a 7ª andaina do Señor do Larouco, que dará a coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial da zona. Será o día 17 de setembro. Os interesados poderán ano-
4 Na carreira nocturna. R.T. Despois de ter que ser aprazada de xuño ata setembro, disputouse o pasado 9 de setembro a carreira nocturna de Xinzo de Limia. Con preto de 200 corredores entre todas as categorías as rúas limiás volvéronse a encher de atletas que tiveron que soportar temperaturas baixas a pesar de non rematar o verán.
En canto á proba absoluta, foi dominada por Fernando Montes, que colleu a primeira posición desde o inicio e xa non a soltaría. Segundo sería Ziad Nagihi, e terceiro, Castor Salgado. En canto ás mulleres, a máis rápida foi Aida Martínez, con Ana Nogueira e María Valado acompañándoa no podio como segunda e terceira, respectivamente.
Presentación no Pazo Provincial da Deputación de Ourense a andaina de Cualedro.
Barrios Setembro de 2017
tarse ata o sábado 16. O traxecto será de dificultade media-baixa, cun percorrido de 18 quilómetros por camiños de terra e a proba dará comezo ás 9:30 horas desde A Chaira por terras da Xironda e rematará no mesmo lugar. Molgas E para o día 24 queda a VII Andaina Solidaria (a prol da Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, E.L.A., Parkinson e outras enfermidades Neurodexenerativas -AODEM-) organizada polo Concello de Baños de Molgas. A saída está prevista para as 10 horas desde o pavillón de Deportes Municipal e contará con dúas rutas: unha curta e outra longa.
A andaina de Molgas contará cunha ruta curta e outra longa
13
EN BREVE
4 Memorial A Moreira -Xinzo de Limia- acolle o III Memorial de fútbol 8 “Toñito Maestre”. O sábado 16 de setembro, a partir das 9:30 horas, 10 equipos de categorías alevín, benxamín e prebenxamín participarán.
4 Segundo trail de Celanova A segunda edición do trail de Celanova deixou a Elpidio Gómez e Gloria Galiña coma vencedores absolutos. No podio masculino acompañaron a Elpidio, Luis Carballo e Marcos Pascual, segundo e terceiro, respectivamente; mentres que na categoría feminina xunto a Gloria remataron Mónica Nóvoa, segunda, e Nicol Campo, terceira. Por equipos, Safir foi o primeiro masculino; BeOne, o feminino, e Luzyfer, o mixto.
14
Barrios Setembro de 2017
4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de setembro - Exposición Dionisos y Ampelos - Claustro Convento A Merced - Ata o 30 de setembro - Pinturas de Raúl Diniz CSA Cambalhota - Allariz - Ata o 29 de outubro VIII Festival Internacional de Xardíns de Allariz “Os xardíns da memoria” - Allariz Música - 16 de setembro Concerto de Indomable - 22:30 h - A Corte dos Bois (Sandiás) - 16 de setembro Concerto de Anxo Blas22:30 h - Umpalumpa (Maceda) - 2 de outubro - Enka Danza Oriental - 20:30 h - Auditorio Municipal de Verin Cinema - 22 de setembro - Cineclube Carballiño “La noche del cazador” - 20 h e 22:30 h - Auditorio Municipal do Carballiño Outros - Do 8 ao 10 de setembro - XI Feira do Stock - Praza Maior do Carballiño - Ata o 24 de setembro - “IV Xornadas Astrotrevinca” - A Veiga - 5 de outubro - “8 miles do Xurés” - 9 h - Lobios Festas e feiras - Do 14 ao 19 de setembro- Festas de San Cibrao - Carballiño - Do 22 ao 24 de setembro - Romaría da SaínzaRairiz de Veiga - Todos os xoves - Feira en Celanova - O 23 de setembro e o 3 e 11 de outubro - Feira en Verín www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
Verín móvese coa cultura e educación
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
O Paraíso No final da década dos oitenta, o director italiano Giuseppe Tomatore, sacou da súa imaxinación unha fermosa historia de amor, que coido, foi a película que máis me tocou a alma, sen compaixón. Narra a historia do amor que sente un neno polo cine, xuntando sensacións e momentos fermosos que este neno protagonista viviu durante a infancia na sala de proxección do seu pobo, na posguerra. “Cinema Paradiso”, unha peli incríble, das que deixan pegadas que non se esquecen. Ao principio dos noventa, o derradeiro exhibidor Manuel Aián proxectou no cine Buenos Aires de Verín esta cinta que non me deixou indiferente, quizais foi a derradeira que ollei sentado nas aterciopeladas butacas do cine máis fermoso de Galicia. Esta sala mítica formou parte da miña infancia, onde disfrutei de esceas cinematográficas inesquecibles, así como outras da vida mesma, cos veciños da
“Esta cinta quizais foi a derradeira que ollei sentado nas aterciopeladas butacas do cine máis fermoso de Galicia”
vila, como protagonistas cercanos e moi queridos para min. Días atrás, puiden entrar de novo no “Paraiso”, por un intre o maxín flotou na atmosfera dunha sala chea de maxia, onde polos recunchos as fadas e duendes manteñen aínda con vida esceas fermosas que non se esquecen. Unha sala de cine ao estilo capitol, con capacidade para setecentas persoas, con todos os servizos e comodidades e cun diseño revolucionario dos anos cincuenta, que podía competir cas máis importantes de Galicia e de España. A moitos dos que estades a ler estas letras, seguro que bágoas doces e amargas liscaron polas vosas meixelas, bicastes por primeira vez e namorastes neste maravilloso lugar, despreciado por gobernantes sen sentimentos, mais ainda en pé, resistindo en silencio o estéril progreso. Lembro a miúdo o “Paraíso”, ese lugar sito no máis alto dos teatros, localidades máis baratas e humildes, pero cheas de vida. O meu paraíso particular, estaba, un anaquiño máis arriba, concretamente na cabina de proxección, onde o tío Castor ensinoume a verdadeira maxia do cine, o misterio cinematográfico, a sinfonía silenciosa dos rollos de película que con arte e delicadeza había que preparar con mestría e amor, para logo montalas nas impresionantes máquinas de proxección
Hispania Radio S de 35 milímetros que lanzaban as imaxes cara a pantalla, producindo un toqueteo suave que invitaba á relaxación. Coido que o meu tío, Castor Prieto, que foi o mariscal, o xefe, o rei do “paraíso” proxectou centos de películas, revisou miles de secuencias, empatou e recortou as miudanzas da censura, e sen dúbida algunha disfrutou dunha profesión ao alcance de poucos. Hoxe, a punto de cumplir os noventa e un anos, relaxado no seu fogar, repasa con cariño as secuencias da súa vida, secuencias dun longo metraxe fermoso do que me sinto orgulloso de formar parte, e como non, agradecido polos agasallos vividos ali arriba no “Paraíso”, onde a maxia do cine algunhas veces faise realidade. Giuseppe Tomatore creou unha historia fermosísima, “Cinema Paradiso”, a peli da miña vida, que non me canso de ver unha e outra vez, sempre coa sensación agradabel de que esta obra cinematográfica achégase plenamente aos meus sentimentos e ás vivenzas da miña infancia, e sobre todo ao inmenso amor por un lugar único e inesquecibel para min, onde cada domingo, sen fallo, subía ao máis alto, alí onde todo era posible, “ O paraíso” . Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitin”
4 Creacións artísticas e cursos teñen lugar na vila. Redacción O Concello de Verín, aínda que rematou o verán, non se detén e móvese coa cultura e a educación. Proba delo son as exposicións e cursos que ofrece durantes estas datas. A Sala de Exposicións acolle “Expoarte 2017”, unha mostra que presenta traballos realizados no curso 2016-2017 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. Estará aberta ao público ata o 30 de setembro. Mural Tamén nestas datas vén de presentarse o mural adicado ao mundo rural, obra da artista Leila Losada. Pódese ver no cruzamento entre a rúa Irmáns Moreno e a Travesía de Sousas. Diego Lourenzo, tenente de alcalde, afirmou na súa inauguración que «Verín está cheo de xente de talento. O grupo de goberno ten o firme obxectivo de apoiar a mocidade verinesa para que poidan desenvolver todo o seu potencial». Esta non será a última iniciativa neste eido, xa que dende o goberno local consideran que embelecen as rúas verinenses. Libro A finais do pasado mes, a escritora Lourdes Hervella presentou o
seu libro “La humanidad perdida”, que contén certos tintes apocalípticos, na Biblioteca Municipal de Verín. O que é a segunda entrega da trioloxía “Proyecto Madre”. Na súa forma de escribir podemos atopar referentes como Rosalía de Castro ou Bécquer e unha certa morriña pola terra. Exposición En canto a exposicións se refire, ata o 30 de setembro quen se achegue ao claustro do convento da Merced pode ver a exposición das reproducións do grupo escultórico romano de “Dionisos y Ampelos”, unha das obras máis interesantes do noereste peninsular feitas en mármore . O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 e de 17 a 21 horas. Curso E seguindo cos cursos, o Concello de Verín ofrece un de atención especializada a enfermos de alzhéimer. Será o vindeiro xoves 21 de setembro (Día Mundial do Alzhéimer) e impartirase a partir das 17 horas na Casa da Xuventude. Todos os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 988 219 292 e 988 224 140.
“Expoarte 2017” recolle traballos da Escola de Artes e Oficios
CLASIFICADOS
Barrios Setembro de 2017
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº41 - Ano: X - Setembro 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@gmail.com. Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818 Alugo oficina amoblada de 15 m2 cadrados. 100 euros ao mes máis 7 de comunidade. Baños comunitarios. Tel. 627 203 131.
COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531.
Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tel. 658 056 922.
EMPREGO Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
16
Barrios Setembro de 2017