Page 1

Celanova atrae aos escolares galegos [Páx.15]

VERÍN

Páx. 3

19 millóns de tapóns solidarios para Valeria

CARBALLIÑO Páx.7

XINZO

Clausura do obradoiro de Carbosam

Medio Rural cede parcelas a concellos limiáns

Páx.9

ALLARIZ

Páx.11

GPS para os burros de San Salvador dos Penedos

CELANOVA

Páx.14

Celanova suma a súa cuarta dedicación

Primeira pedra da ITV do Carballiño [Páx. 8]

Tranquilidade no arranque da tempada da pataca [Páx.11]

A voltas co PXOM de Verín [Páx. 2] A ITV do Carballiño estará para finais de ano. Comeza a tempada da pataca en Xinzo. O Supremo anula o PXOM de Verín ./M.REJO.

Número: 35 - Ano: X - Marzo 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




VERÍN E COMARCA

Barrios Marzo 2017

O Supremo anula o PXOM de Verín por vulnerar a Lei de Augas 4 O alcalde valora plantexar un incidente de nulidade. Redacción O plan urbanístico de Verín -aprobado pola Xunta en 2012- vén de ser tumbado polo Tribunal Supremo por considerar que vulnera a Lei de Augas, ao non garantir formalmente que haxa auga suficiente para afrontar os desenrolos urbanísticos que prevé. Pero ao feito de afectar a diversos proxectos en curso hai que engadir que se trata do segundo PXOM consecutivo de Verín que a xustiza anula, o que obriga ao municipio a rexirse polas normas subsidiarias de planeamento municipal de 1986 ata que se aprobe un novo. PXOM de Monterrei Este non é o primeiro plan urbanístico que a xustiza bota abaixo por este motivo. Fai uns me-

Terreos que ocupará o Centro Cultural e das Artes, co primeiro edificio construido ao fondo /M.R.

Ata que se aprobe un novo PXOM, Verín rexirase polo de 1986./M.R. ses o PXOM de Monterrei era tamén anulado por falla de informes que acreditaran os recursos hídricos. Daquela, o Concello de Verín manifestaba que

4 As dúas solucións do goberno Ante esta anulación, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicou que as “sentenzas son para acatar”, pero que pensa que “non é do máis acertada”. Segundo explica, o goberno municipal tentará resolver o problema por dúas vías, a primeira dela é cursar un incidente de nulidade, “porque os recursos hídricos que di que non temos en realidade si que os temos, xa que contamos cunha concesión administrativa de 88, 8 litros por segundo cando o

Plan Xeral só esixe nun horizonte de 20 anos e con 37.000 habitantes 86,6”, detalla. Por outra banda, tentarán aprobar canto antes un novo PXOM. “ Temos unha reunión co equipo que redactou o antigo para ver cal é a documentación que podemos aproveitar e dende o 13 de marzo xa se recollen suxerencias dos veciños para o novo. Estamos axilizando o proceso para ter un plan xeral o antes posible”, asegura.

este razoamento non era, ao seu entender, suficiente para anular todo o proxecto, pero agora é el o afectado. O fallo do Supremo é firme e contra el non cabe recurso algún.

O Tribunal considera que non conta con auga suficiente para os proxectos previstos

4 A valoración do Partido Popular “Paréceme desproporcionada”, así definía o voceiro do PP e alcalde ata 2015, Juan Manuel Jiménez Morán, a decisión do Supremo. “En canto aos recursos hídricos, consideramos que están perfectamente xustificados. Por exemplo, os recursos de decembro do 2012 son menores que os do 2017, porque disminuiron os habitantes”, explica. Ao tempo que acusa aos socialistas de estar detrás do recurso que desencadeou a anulación.

“O plan era bo, dos que menos queixas tivo dos veciños e o PSOE votou a favor. O recurso saíu de dentro do Concello e a persoa que o fixo calculou mal quen estaría gobernando”. Ademais, asegura que o alcade mente nos prazos do novo Plan, “antes de finais de ano, tendo en conta os tempos de exposición e as autorizacións precisas, non estará nin aprobado o avance. É imposible pensar que nin nun, nin en dous ou tres anos se resolva”, di.

O Concello de Verín expropiará o solar do auditorio 4 Os afectados discrepan coa liquidación que estableceu o goberno municipal. Redacción Trala sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que calificaba como indebida a ocupación dos terreos que ocupa o novo auditorio de Verín, os afectados pola mesma néganse a enviar ao consistorio a súa solicitude de xustiprezo correspondente, polo que o Concello vese obrigado a iniciar un expediente de expropiación forzosa. Os titulares dos terreos mostraron a súa disconformidade co límite

máximo que liquidará o goberno municipal (establecido en 15 euros por metro cadrado), e esíxenlle documentación completa relativa á tramitación burocrática da construción desta infraestrutura, xa que consideran que foi levantada sen cumplir co desenrolo armónico do polígono e sen realizar os servizos urbanísticos básicos. Segundo explican non queren o peche nin a demolición do edificio, pero reclaman que lles foran arrebatados os terreos de maneira ilegal e aínda non foron compensados.


VERIN E COMARCA

As obras en Vilaza rematarán en abril 4 As que se están acometendo na praza e na rúa Requeixo. Redacción As obras que se están realizando na praza e na rúa Requeixo en Vilaza (Concello de Monterrei) rematarán no mes de abril. Así o adiantou a titular da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato na visita que realizou á vila, para supervisar as obras que teñen un custe de case 150.000 euros. O obxectivo desta actuación é adecuar esta rúa e a praza para o paso de peóns, minimizando o risco que supón o tráfico que soporta. Ao longo destes meses acometéronse traballos para a instalación de beirarrúas en ambas marxes da rúa Albarellos e executarase unha pequena rotonda para a ordenación do tráfico na intersección. Tamén se procedeu á instalación de nova tubaxe para as rede de saneamento e abastecemento. As actuacións comezaron na rúa Requeixo á altura da intersección coa

rúa Igrexa, e levaranse a cabo na marxe dereita da mesma ata a intersección coa rúa Albarellos. Neste punto construíronse as beirarrúas en ambas marxes, ata o comezo do muro de peche do Mosteiro dos Templarios (15 metros por cada marxe). Tamén se continuaron as beirarrúas na marxe dereita da estrada OU1014, que a partires da intersección (en sentido suroeste – nordeste) pasa a denominarse rúa Touza. Plan Hurbe Esta actuación execútase en base a un convenio de colaboración asinado pola Xunta e o Concello de Monterrei, e enmarcado no Plan hUrbe, co que se pretende humanizar, mellorar e recuperar as vilas galegas.

As obras forman parte do Plan Hurbe da Xunta

A conselleira de Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitando as obras. /M.REJO.

19 millóns de tapóns solidarios para Valeria 4 Iníciase unha campaña de recollida de tapóns para cubrir o tratamento da pequena. R. Torres A Fundación Amigos de Galicia e o Concello de Verín inician unha campaña de recollida de tapóns solidarios para cubrir o tratamento da pequena Valeria. Unha moza verinesa que padece retraso global no desarrollo, hipotonía muscular, manifestacións distónicas leves, ataxia e apraxia oculomotoras. Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia para axudar ás familias do municipio en situación de necesidade, dando atención prioritaria á infancia e ás mulleres vítimas de violencia de xénero. O convenio firmouse o pasado mes de novembro entre o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e o Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto. Valeria ten dificultades de mobilidade e na linguaxe, e o seu xuízo clínico recoñécelle unha discapacidade do 70%. Actualmente a Seguridade Social non lle cobre ningún tratamento para que poida mellorar a súa calidade de vida. Coa campaña a pequena poderá recibir sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia en Ourense cun custe que

Presentación da campaña de recollida de tapóns para a axudar a Valeria. ascende a unha cantidade de 890 euros mensuais, unha cifra imposible de asumir para a súa familia. Colaboración Para iso, a Fundación Amigos de Galicia conta coa colaboración do Concello de Verín para financiar o custe total, que ascende a 10.680 euros. O Concello farase cargo do 30% do custo total do tratamento, 3.204 euros, facéndose cargo a Fundación do 70% restante a través da campaña de tapóns. Para facerse cargo do custo dun ano, son necesarios 41.533 kg de tapóns, pero recentemente finalizada a campaña tapóns para Nahir (unha nena de Pontevedra con tetraparesia discinética e parálise cerebral infantil),

a entidade xa dispón de 14.400 kg para esta nova campaña, necesitando por tanto 27.133 quilos a maiores. Esta cantidade tradúcese en 19 millóns de tapóns. Recollida Os interesados poden atopar os puntos de recollida de tapóns na páxina web da entidade. Igualmente animan a establecementos, colexios e cidadanía da zona de Ourense a converterse en puntos de recollida.

Na web da Fundación están indicados os puntos de recollida dos tapóns

Barrios Marzo 2017



Enduro, na Eurocidade Redacción Por primeira vez a Eurocidade Verín-Chaves trae un campeonato de enduro co Premio Galaico-portugués de moto de monte grazas a firma do convenio de colaboración entre a AECT Chaves-Verín, Melicias Team (Portugal) e ACARD Moto de Campo (Galicia). Esta segunda xornada, a primeira celebrouse en Caminha, deste campionato, terá lugar este domingo 19 de marzo ás 11.30 horas. Previamente, o sábado 18, haberá un paseo de motos de enduro polas rúas de Verín entre as 18.30 e as 19.30 que rematará na Praza García Barbón. Campionato Esta proba dará comezo o domingo dende a sede da Eurocidade Verin-Chaves en Feces de Abaixo dende as 11.30 h. Un percorrido sobre uns 25 quilometros con tres especias por volta, unha Crono Test, un Enduro Test e unha Extrema. Toda a proba moi centrada nesa zona, onde a pe os espectadores poden ir dunha crono a outra en menos de cinco minutos.

Cartel do Campionato Galaico Portugués de Enduro.




Barrios Marzo 2017

VERÍN E COMARCA

A DO Monterrei, no Suso Domínguez

4 Tamén estará presente na Feira do Viño de Düsseldorf. Redacción

Presentación dos datos que deixaron o Festival de Curtas de Verín.

O Festival de curtas deixa en Verín 70.000 euros 4 Con máis de 2.500 espectadores. Redacción O Festival Internacional de Curtas, con máis de 2.500 asistentes, deixa en Verín un retorno económico valorado en máis de 70.000 euros. Así o puxeron de manifesto Emilia Somoza, concelleira de Cultura; Carlos Montero, director do Festival e Xosé Lois Santiago, director de Producción do evento. O FICVerín, que contou cun orzamento de 40.400 euros, seleccionou nas tres seccións oficiais, 39 obras internacionais de ficción, animación e documental, procedentes de Galicia, Colombia, México, España, Brasil e Luxemburgo. “En total”, explicou Emilia Somoza, “máis de 1.200 espectadores pasaron polas dúas salas de proxeccións habilitadas no Auditorio Municipal e o Salón de Actos da Casa da Cultura”. A esta cifra hai que engadir a participación nas diferentes actividades paralelas realizadas antes e durante o festival: conferencia temáticas previas (245 espectadores), actividades infantís (195), foros audiovisuais temáticos (328), gala inaugural (217) e gala final (310). “O fluxo económico xerado polos espectadores, técnicos, voluntarios e concursantes supuxo un

No mes de outubro celebrarase a segunda edición do Festival de Curtas de Verín notable incremento do consumo de bens e servizos na vila durante a súa presenza no festival. Ese gasto tradúcese nuns 8,50 euros por persoa, resultando un retorno económico indirecto de máis de 23.000 euros”, explicaba Santiago. En canto a repercusión e impacto mediático, “se tivésemos que pagar o custo dunha campaña publicitaria con este impacto, estariamos a falar dunha cantidade que superaría os 25.000 euros (retorno inmaterial)”, remarcaba Montero. Entre a contratación por parte do Festival a empresas e profesionais, servizos hoteleiros e de restauración, e outros vinculados á comunicación, soportes e imagen alcanzan supoñen uns gastos directos cercanos aos 23.000 euros. Segunda edición Somoza confirmou que a segunda edición de Festival Internacional de Curtametraxes de Verín terá lugar no próximo mes de outubro.

A Denominación de Orixe Monterrei protagonista do Campionato de Sumillería “Suso Domínguez” do CIFP Car-

los Oroza. O evento ten lugar este 16 de marzo. Nesta cuarta edición participarán alumnos de 13 centros de hostalaría (nove de Galicia, dous portugueses, un asturiano

5e un de Malta) que realizarán diferentes probas teóricas-prácticas centradas no territorio e viños da Denominación de Orixe Monterrei. Entre estas probas atópase, entre outras, a identificación dun viño do DO Monterrei entre cinco referencias e unha decantación tipo aireado cun viño do territorio. Trala realización do campionato, terá lugar un Túnel do Viño no que estarán presentes 22 referencias do DO Monterrei,

para coñecer as diferentes peculiaridades dos viños brancos e tintos de Monterrei. Prowein Os viños de Monterrei estarán presentes na feira vitivinícola Prowein, que terá lugar do 19 ao 21 de marzo na cidade alemá de Düsseldorf. A DO contará cunha caseta de 10 metros cadrados no que estarán presentes viños de 19 das 25 adegas que conforman a denominación.


VERÍN E COMARCA

4TRIBUNA ABERTA

Un ano máis, a Picota botou No autobús a ninguén lle importaba que fose a hora da sesta, as ganas de festa podíanse captar con calquera dos cinco sentidos. Dos tres puntos do triángulo máxico (Xinzo de Limia, Laza e Verín), Laza celebra ano tras ano o entroido máis enxebre da provincia. Aínda que nesta aldea destacan os folións, quizais o máis coñecido sexa o luns de entroido. Pola mañá ten lugar a farrapada, pero a cita á que ninguén quere faltar é á da tarde: as famosas formigas de Laza. Ao chegar a Laza todos nos diriximos á praza da Picota. De súpeto todos comezaron a apartarse con movementos rápidos e medorentos. Non, aínda non viñan as formigas. Acompañados polo son dos chocos chegaban á picota nunha fila única. Eran os peliqueiros, protagonistas do entroido de Laza. Ao longo de toda a tarde ían indo e vindo cara a Picota. Circulaban polos dous camiños fixados e apartaban (usando o seu látego con violencia) a calquera que ousase meterse no medio. Esa raza da que falo púñalle a pel de pita a calquera. O sol estaba a piques de poñerse e todos esperabamos ansiosos o momento crucial da tarde. De vez en cando alguén comezaba un cántico que despois todos seguíamos ao mesmo tempo que saltabamos: “que bote, que bote, que bote a Picota”. A praza rebordaba felicidade, en moitos casos incentivada polo alcohol que se levaba consumindo dende o mediodía. Por fin anoiteceu, e xa todos os festeiros cerrabamos as nosas fundas de obreiros ou chuvasqueiros e preparabamos gafas e gorros para que quedara en contacto co exterior a

“O Entroido, aos que somos da comarca, danos forzas das que non dispoñemos o resto do ano”

Verín habilitará unha oficina para un novo PXOM 4 Para que os veciños expresen as súas demandas. M. Rejo

Celebración do luns Borralleiro en Laza. mínima parte posible do noso corpo. Dende Cimadevila abría o paso a Morena (touro de mentira) para anunciar que xa viñan as formigas. Detrás acercábase un burro e xente da aldea con toxos e cobelleiros lanzando formigas enchoupadas en vinagre para que a súa presencia se notase aínda máis. Como cada ano, unha moza ía subida nese burro. A tradición é montar a unha rapaza de fóra que non coñeza moito a festa facéndolle crer que vai presidir o momento, cando en realidade lle toca a peor parte da festa xa que dende aí non pode fuxir dos toxos e formigas. Acompañando ao burro saíu tamén a formiga xigante, movida por varios veciños de Laza. Por último chegou a fariña, que nos manchou a todos despois de pasar os minutos caóticos das formigas. Unha e outra vez volvíamos a entoar todos xuntos: “que bote, que bote, que bote a Picota”, mentres as formigas escorrían polas nosas costas. Chamaba a atención un grupo de mozos que estaba a saltar na praza sen camiseta. De seguro que este ano quen levou a peor parte foron eles e non a moza do burro. Calquera necesitaría un respiro despois de toda unha tarde de troula, pero aínda que sone contraditorio o autobús de volta a Verín aínda ía máis animado que a ida. Na comarca todos somos así, o entroido danos forzas das que non dispoñemos o resto do ano. Hai que aguantar, hai que vivilo. Esther Estévez Casado

O Concello de Verín habilitará unha oficina especial para que os

veciños expresen as súas demandas para un novo PXOM. Os veciños de Verín contan dende o 13 de mar-

zo cunha oficina de participación para a redacción dun novo PXOM, ubicada nas dependencias de Urbanismo no Concello, e que recollerá todas as súas demandas ante a elaboración dun novo plan “coa seguridade xurídica necesaria e que incorpore o sentimento veciñal”, segundo anunciou o alcalde, Gerardo Seoane. Seguridade xurídica Para a redacción do novo PXOM de Verín é

Barrios Marzo 2017



crucial “evitar que volva a pasar o que sucedeu cos dous anteriores, que caian por defectos na súa elaboración”. Para elo Seoane aposta por dotalo da debida seguridade xurídica “mediante a correcta plasmación de tódolos requisitos legais”, aínda que sinala como crucial “que tamén recolla todas as demandas dos veciños”. Nesta sede os veciños poderán acudir para ser participes do novo plan.




Barrios Marzo 2017

especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

Alumnos do colexio Vila de Arenteiro visitaron as instalacións do punto limpo do Carballiño Un grupo duns trinta alumnos e alumnas do colexio Vila do Arenteiro visitaron hoxe o punto limpo, dentro da campaña de promoción desta instalación posta en marcha hai uns meses pola concellería de Medio Ambiente. Precisamente, a concelleira Érika Paz acompañóu aos escolares no percorrido que realizaron xunto coas profesoras do centro. Técnicos do servizo de recollida do lixo explicaron nunha aula da mancomunidade as distintas fases do proceso de recollida e tratamento de lixo, así como a necesidade de reducir, reciclar e revalorizar os residuos sólidos urbanos, facendo especial fincapé no servizo do punto limpo. Posteriormente, dirixíronse á zona de depósito de residuos perigosos ou contaminantes como pinturas, pilas, etc., que se atopan en contenedores nunha caseta pechada, e á zona de contenedores de depósito de residuos voluminosos como mobles, electrodomésticos, etc., que conta con seis grandes contenedores

Os alumnos do Vila de Arenteiro atendendo ás explicacións dos técnicos do punto limpo. descubertos. O Carballiño, vila limpa e sostible Con esta campaña, que se desenvolve co lema “O Carballiño, vila limpa e sostible. Depende de ti”, inténtase promover o uso do punto limpo pola cidadanía. A través de charlas, folletos e

diverso material de difusión, a campaña pretende informar e concienciar á poboación sobre as posibilidades deste servizo municipal, que é gratuito, e que está acondicionado para albergar obxectos domésticos inservibles como mobles, colchóns, electrodomésticos e similares, e residuos perigosos do fogar como

aerosoles, fluorescentes, disolventes, pinturas, etc. O punto limpo atópase na estrada que vai do Carballiño a Cea, fronte ao matadoiro, está operativo de luns a venres, en horario de 10,00 a 14,00 h., pero tamén permite que ese tipo de obxectos se depositen á beira dos contenedores da rúa calque-

ra xoves non festivo, chamando previamente ao teléfono 662 199 635 para dar aviso. Está previsto que o próximo xoves visiten estas mesmas instalacións alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón, e nas semanas seguintes o farán outros de máis centros educativos do Carballiño.

Conta atrás para o aparcamento de vehículos de Bañiño de Arcos A finais desta semana podería quedar concluído o novo aparcamento de vehículos do Bañiño de Arcos. Trala construción dun muro de perpiaño, estase procedendo á colocación da pedra rústica que marcará a zona de aparcamento. Finalmente, colo-

Empedrado de Bañiño de Arcos.

carase unha barandilla no muro para maior seguridade. Ao rematar esta obra, procederase á colocación da pedra nun tramo duns 70 metros do camiño de acceso dende o cuartel da Garda Civil ata a piscifactoría, que é moi frecuentado sobre

Obras na baixada a Bañiño de Arcos. todo durante o verán polos camiñantes. Este traballo podería prolongarse dúas semanas máis,

polo que o proxecto quedará finalizado dentro duns 20 días. O obxectivo é que a obra poida estar totalmente acabada nunha ou dúas semanas antes do período vacacional de Semana Santa, onde se produce unha gran afluencia de visitantes a esta zona termal pública do Carballiño. A habilitación deste aparcamento, que permitirá estacionar a uns vinte coches en batería, tamén contribuirá a ordear o tráfico na zona, xa que a miudo se producían problemas debido á dificultade de aparcar e na saída e entrada de vehículos. Proxecto É a primeira fase da remodelación desta área termal, que

soporta unha gran afluencia de tránsito, sobre todo durante o verán, para buscar auga deste manancial. Precisamente, co obxectivo de facilitar o aparcamento e mellorar a seguridade das persoas que acuden a pé dando un paseo, incluiuse este proxecto dentro do plan para este ano 2017 da Deputación provincial, que o sufraga na súa totalidade con 60.000 euros, de mellora das zonas termais. Nunha segunda fase procederase ao acondicionamento da área recreativa da carballeira, que está por riba da fonte, mellorando o mobiliario e construindo un camiño peonil para acceder á fonte dende a cima do parque, sen ter que baixar pola estrada.


CARBALLIÑO E COMARCA

Clausura do obradoiro de albanelería de Carbosam 4 Participaron un total de 20 alumnos. Redacción A Escola Taller Carbosam, integrada polos concellos do Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside, clausurouse nun acto no que se amosou a intención de solicitar un novo obradoiro. Así o puxeron de manifesto o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a tenente alcalde de Boborás, Patricia Torres, que falaron en nome de todos os alcaldes. Ambos expresaron o seu agradecemento á Consellería de Traballo, á dirección, monitores e alumnado da escola taller, polo traballo realizado nos respectivos concellos. Ao acto asistiu a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, que clausurou o acto.

Formación Neste obradoiro participaron vinte alumnos e alumnas que, ao tempo que obtiñan unha formación profesional en albanelería, executaron diversas obras de mellora da mobilidade urbana. Así, no Carballi-

ño ampliouse un tramo de beirarrúa entre a rúa Aldara e Conde Vallellano, a beirarrúa da marxe dereita da rúa Carreira, e a mellora da zona de servizos das piscinas municipais. En Maside, construiuse unha beirarrúa de acceso ao centro



de saúde. En San Amaro, fíxose unha beirarrúa entre O Cruceiro e a antiga escola das Neves. E Boborás executou o camiño ao cemiterio de Pazos de Arenteiro. Presentación da Ruta das Tapas.

Os concellos participantes no obradoiro de albanelería foron os do Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside

De tapas polo Carballiño 4 A Ruta das Tapas terá lugar este venres, 17 de marzo. Redacción

Clausura do obradoiro da Escola Taller Carbosam, no Concello do Carballiño M.REJO.

Barrios Marzo 2017

/

A hostalería carballiñesa ofrecerá o venres 17 de marzo unha nova xornada da Ruta das Tapas na que se poderán degustar ata 21 variedades de pinchos. Brocheta de polbo, chipiróns e langostinos; fabas con chourizo e xamón; hamburguesa con cebola caramelizada, cazola de ovo ao forno... o lema

deste evento é “De tapa en tapa”, Esta edición é unha das de maior variedade e creatividade gastronómica das realizadas. Os participantes entrarán no sorteo dos premios que se concederán por valor total de 2.000 euros. Para iso é preciso cubrir as tarxetas que se entregarán con cada tapa, e unha vez entregadas pasarán a formar parte do sorteo.




Barrios Marzo 2017

O CARBALLIÑO E COMARCA

EN BREVE

O Carballiño atrapa polas redes

4 Cruz Vermella Voluntariado e persoal técnico de Cruz Vermella no Carballiño desenvolven dende o pasado ano o proxecto “Apoiando a persoas con capacidades diferentes”, que conta co apoio do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Dende xaneiro de 2016, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Carballiño leva a cabo un proxecto específico de apoio a persoas con capacidades diferentes, co financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración da Asociación ASPADISI, así como dos servizos sociais do Carballiño. En total, 20 persoas de entre 21 e 55 anos participan no proxecto, procedentes de distintos puntos da comarca.

4Proxectos sociais O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente e a vicepresidenta da mancomunidade de concellos do Carballiño, Manuel Cerdeira e Patricia Torres, entidade coa que a Deputación cooperará achegando un orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento de proxectos sociais e para temas relacionados coa xestión e o funcionamento da dita entidade local.

4 Senda fluvial O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente construirá unha senda fluvial na marxe dereita do río Avia en Leiro. O obxecto é a recuperación dun tramo de 193 metros de lonxitude, que actualmente conta cunha pasarela de madeira apoiada en pilas de formigón cuxa estrutura se atopa en moi mal estado de conservación, o que obrigou ao seu peche e prohibición de paso pola mesma. O orzamento ascende a 310.00 euros.

4 As Redes Sociais do concello son un reclamo para os de fóra. Redacción Colocación da primeira pedra da ITV do Carballiño.

A ITV do Carballiño, lista para finais de ano 4 Xa se colocou a primeira pedra. R. Torres A nova estación fixa da ITV do Carballiño entrará en funcionamento o último trimestre deste ano e contará coa última tecnoloxía, permitindo inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso os máis novidosos. Así o manifestou o presidente de Supervisión e Control, Amador de Castro, durante o acto de colocación da primeira pedra desta nova instalación no parque empresarial do Carballiño. O empresario agradeceu a colaboración institucional da Xunta de Galicia, así como o traballo desenvolvido polos arquitectos Manuel Amor e Félix Suárez, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña, no deseño dun novo modelo de estación de ITV, que será un referente tecnolóxico, sendo a segunda na que se implante en Galicia. Ao acto asistiron o subdirector xeral de Industria, Ricardo Baños; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ademáis dos portavoces dos grupos políticos municipais, concelleiros e concelleiras, así como os presidentes das asociacións de empresarios do polígono industrial, dos talleres mecánicos e do comercio

local. Os arquitectos Manuel Amor e Félix Suárez explicaron o deseño e o proceso constructivo e de funcionamento desta nova estación fixa de ITV, e que se executará mediante tecnoloxía modular estando dotada cos sistemas máis punteiros de control. Marisol Díaz resaltou o servizo que se ía prestar ao veciños do Carballiño e comarca, e a puxo como exemplo da colaboración institucional autonómica e local, así como coa iniciativa privada, en beneficio da cidadanía e do desenvolvemento do Carballiño, pois esta instalación ía ser un novo instrumento dinamizador do parque empresarial e na creación de emprego. En termos semellantes pronunciouse Francisco Fumega, sinalando que “era unha vella demanda do sector da automoción e dos conductores e conductoras do Carballiño, que tiñamos que desprazarnos fóra para realizar a revisión dos nosos vehículos, e que, por fin, podemos dicir que estamos moi cerca de poder facelo aquí”. Así pois, dixo que era unha gran noticia e por iso amosou o agradecemento á consellería de Industria e a Supervisión e Control, destacando o novidoso do proxecto e o investimento, cercano a un millón de euros. Ademais, o alcalde carballiñés resaltou o refor-

zo que ía supoñer esta instalación no papel da cabeceira comarcal e a contribución para dinamizar o sector dos talleres mecánicos e o polígono empresarial, creando novos postos de traballo e orixinando un movemento notable de persoas e vehiculos. Ao respecto dixo: “Non cabe dúbida de que a industria e este polígono en concreto aportan cada día máis ao conxunto da economía do Carballiño, e por iso unha instalación como esta da ITV supón un empuxón máis de cara a incrementar o emprego e ofrecer máis e mellores servizos”. Innovación A última tecnoloxía co que contará esta ITV fai que sexa a segunda en Galicia na que se implanta este modelo de estación. Esta nova estación de ITV ocupará unha parcela de 3.200 metros cadrados, e terá unha capacidade de inspección inicial de 5.000 vehículos/ano e 14.000 no horizonte do 2020. Coa colocación da primeira pedra introduciuse nun burato unha urna cos xornais do día.

A nova ITV ten un investimento cercano ao millón de euros

As redes sociais, especialmente facebook, e a páxina web do concello están contribuindo a que as iniciativas culturais e sociais do Carballiño traspasen as fronteiras para chegar a lugares alonxados dende os que se interesan por algunas iniciativas do concello. Así, a exposición MIRARconTACTO, da fundación María José Jove, que se clausurou hai unhas semanas no auditorio, chegará ate Andorra, xa que a Fundación Julià Reig que xestiona o Museo del Tabac-Antiga Fábrica Reig do Principado de Andorra interesouse pola mesma ao descubrila pola web do concello. Concurso fotográfico De varios puntos de España chaman para informarse polo concurso fotográfico Unha Mirada de Xénero (publicados na web e en Facebook). Desde Barcelona solicitaron exemplares do libro “Aurelio pego. Un xornalista galego

en Nova York”, editado polo concello dentro das Xociviga 2016. O libro “O Cantigueiro de Orcellón”, de Manuel María, editado polo concello co gallo das Letras Galegas do pasado ano, tamén foi solicitado de fóra da provincia. Web A páxina web do concello atópase en proceso de renovación e o facebook triplicou o número de seguidores durante este ano. O alcance do facebook é de 23.520 persoas. E hai picos, como durante a pasada Festa do Pulpo, onde se chegou a 150.000 persoas e houbo unha interacción de máis de 50.000. Dous vídeos promocionais da Festa do Pulpo, que se subiron en xaneiro levan en conxunto máis de 18.000 reproduccións. O 42% das reproducións son de fóra de Galicia.

A web do Concello do Carballiño atópase en proceso de renovación

MIRARconTACTO, exposición pola que se interesou a Fundación Julià Reig (Andorra) ao vela na web do concello../CEDIDA.


XINZO E COMARCA

Calma tensa en Sandiás 4 Á espera dunha moción de censura. Redacción Nas últimas datas vívese unha calma tensa no Concello de Sandiás. O motivo é a moción de censura que teñen que facer os grupos da oposición despois de que o alcalde, Felipe Traveso, non superara a moción de confianza que el mesmo plantexara para sacar adiante o orzamento municipal deste ano. Agora tócalle á oposición, composta por Partido Popular, Partido Socialista e un concelleiro non adscrito (Miguel Vázquez que deixou Agrelsan por discrepancias co alcalde pasando ao grupo mixto) poñerse dacordo para nomear a un candidato á alcaldía. En caso de non saír adiante a moción de censura, Traveso continuaría de alcalde. A oposición ten un mes para sacar adiante a proposta dun novo rexidor. Atención á infancia Noutro orde de cousas, o punto de atención á infancia do municipio de Sandiás sufrirá obras de mellora. Así, un dos asuntos

abordados por ambos mandatarios foi a recente mellora do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás, de titularidade municipal e con capacidade para atender a un máximo de 20 nenos e nenas. A Consellería de Política Social vén de destinar un total 17.127 euros a obras de acondicionamento do patio deste centro. Axuda no fogar Por outra banda, o conselleiro e o primeiro edil da vila ourensá trataron a situación do Servizo de Axuda no Fogar a persoas dependentes (SAF-Dependencia), que dende xuño do ano pasado conta con 317 horas máis ao mes. Na actualidade, Xunta e Concello cofinancian máis de 11.000 horas ao ano de atención a través do SAF das que se benefician unha vintena de dependentes, e deixouse aberta a posibilidade de volver incrementar as horas dispoñibles para esta prestación e así chegar a unha cobertura do cento por cento.

Os socialistas de Rairiz queren un mercado en Congostro 4 Para favorecer a súa posta en valor. Redacción Mediante unha moción de censura pretende o PSOE de Rairiz de Veiga instar ao goberno municipal para que poña en marcha un mercado artesanal na aldea de Congostro, co

obxecto de valorizar o traballo de recuperación da mesma. Tal e como comenta o voceiro dos socialistas en Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, “a aldea está nun entorno natural privilexiado e chama a atención dos visitantes polo esmero que

Medio Rural cede parcelas a concellos ourensáns 4 Para infraestruturas de interese social. Redacción O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asinou cos alcaldes de diferentes concellos da provincia de Ourense a cesión de seis parcelas propiedade do Banco de Terras de Galicia para o seu aproveitamento como infraestruturas de interese social. Así, facilitouse un predio a cada un dos concellos de Sandiás, Sarreaus, A Porqueira e

Baltar e dúas parcelas ao de Trasmiras. Todas elas serán destinadas a instalacións de interese común en masas de concentración parcelaria, coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural, cedendo predios para iniciativas de carácter social e infraestruturas básicas. Neste caso, serán para a localización de estacións depuradoras de augas residuais, local social, área recreativa e piscina municipal. Beneficio O obxectivo destas cesións é facer que reverta en beneficio directo dos

veciños das parroquias afectadas por procesos de concentración parcelaria a achega de parcelas que deron lugar á existencia de masas comúns. Por outra banda, tamén se pretende regularizar o patrimonio da Xunta de Galicia ao ceder as leiras que non teñen interese agrario para o Banco de Terras.

A Xunta facilitou predios a Sandiás, Sarreaus, Porqueira e Baltar

Reunión entre a Xunta de Galicia e os alcaldes dos concellos que se beneficiarán da cesión das parcelas do Banco de Terras./CEDIDA.

se puxo na súa recuperación e posta en valor dos canastros do lugar. Para os socialistas é necesario que se adopte unha medida que dea un último pulo á promoción turística do pobo ao tempo que se oferta un medio para desenvolver unha actividade económica tan atractiva coma o comercio”. Lorenzo continuaba: “a aldea de Congostro forma parte dun plan de valorización turística e patrimonial que está sen concluír por parte do goberno. Por unha parte, foran iniciados os traballos de soterramento do alumeado público, coa fin de mellorar esteticamente o entorno e aínda non foi rematado”.

Por outra, o Concello de Rairiz encargou, no 2011, a redacción dun proxecto arqueolóxico que incluíse un plan de actuación para a posta en valor da Vía Nova entre Congostro e A Saínza e que tivo un custo duns 12.000 euros. Nembargante, para o voceiro socialista, non se fixo un aproveitamento real desta inversión. “De feito, non se están a aproveitar os recursos e potencialidades dun lugar coma Congostro do que parten 3 rutas de sendeirismo que percorren as zonas do concello mellor conservadas e de maior atractivo paisaxístico. Dáse a circunstancia, ademais, que Rairiz é o concello que conta con

máis casas de turismo rural da comarca sen que este feito sexa realmente aproveitado” dicía. Por todo isto, Pablo Lorenzo, considera que é hora de que o Concello de Rairiz poña en marcha actividades socioculturais, “das que hoxe carece”, que poña en valor o rico patrimonio e paisaxe do municipio. Exencion de taxas No caso de Congostro, os socialistas de Rairiz coidan que hai que crear, fomentar e promocionar un mercado anual que sirva para dar a coñecer os produtos artesanais da zona. Así mesmo, e para que a iniciativa non quede

Barrios Marzo 2017



Pleno de Xinzo Redacción O pleno de marzo do Concello de Xinzo aprobou por unanimidade a cesión, á Deputación Provincial, do vial OUP-000, que une Xinzo dende o enlace da autovía A-52 co Concello de Vilar de Barrio (N-525 / OU-1102). Esta é unha vella petición dos socialistas que xa levaran ao pleno provincial no mes de decembro sendo aprobada por todos os grupos a excepción do BNG, que se abstivera. Outro dos puntos no que houbo unanimidade foi no que piden a empresas tecnolóxicas que deixen de usar o nome de Ginzo de Limia e o substitúan polo de Xinzo de Limia. Ademais instan ao Goberno nacional a que notifique ás diferentes administracións o topónimo correcto. Así mesmo, aprobouse o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil para a construción dunha depuradora de augas residuais en Fiestras e a Ordenanza Xeral de Subvencións, os grupos da oposición abstivéronse. A moción conxunta de todos os partidos sobre a protección da saúde fronte o amianto e asbesto aprobouse co voto positivo de todos os edís.

en simples declaracións de intencións, o PSOE propón que se destine unha partida orzamentaria, neste ano, para a promoción e organización deste mercado que valorizaría o traballo de recuperación da aldea de Congostro, aparte de dar apoio aos artesáns e produtores locais. Neste senso, tamén se reclama a exención de taxas para estes comerciantes interesados en participar neste mercado.

O PSOE propón que se destine unha partida orzamentaria para o mercado


10

Barrios Marzo 2017

XINZO E COMARCA

O espazo coworking de Xinzo asesora a 13 proxectos 4 Co fin de acelerar a súa posta en marcha. Redacción A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu unha xornada técnica na que se presentaron algúns dos 13 novos proxectos empresariais que completaron o seu proceso de formación e asesoramento ao abeiro da primeira convocatoria do espazo coworking situado en Xinzo de Limia. Coa xornada conclúe a primeira convocatoria da aceleradora de proxectos emprendedores que se desenvolveu en Xinzo desde o pasado mes de setembro, impulsada conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI). Ámbitos variados Os novos empresarios que desenvolveron os seus proxectos neste espazo coworking apostaron por actividades en ámbitos tan variados como a produción de carnes selectas, a artesanía, a eficiencia enerxética, o téxtil, o turismo, ou os servizos sociosanitarios, entre outros. Os emprendedores seleccionados contaron con servizos de apoio á medida das necesidades dos seus proxectos para desenvolver as súas ideas de negocio e acelerar a posta en marcha das súas empresas. A finalidade é a de acelerar o desenvolvemento de

proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores e facilitando a súa posta en marcha ou a súa consolidación e crecemento. Nova convocatoria Ata o próximo 10 de abril está aberto o prazo para a solicitude dos emprendedores que desexen participar na segunda convocatoria desta aceleradora. Ao abeiro deste marco de colaboración impulsado pola Xunta coa EOI con financiamento do Fondo Social Europeo, os emprendedores ourensáns –e os da Limia en concreto– seguirán contando con variados servizos de formación, asesoramento e aceleración de proxectos, así como de instrumentos de apoio para poñelos en marcha, aos que se poden acoller xa os emprendedores que veñen de rematar a súa formación.

Ata o 10 de abril está aberto o prazo de solicitudes para quen desexe participar na segunda convocatoria

Espazo Coworking de Xinzo./ARQUIVO.

Talento empresarial no Lagoa de Antela 4 Un grupo de alumnos do IES clasificáronse para a final do Young Busines Talent. Redacción O IES Lagoa de Antela ten talento empresarial. Alomenos un grupo

de alumnos que pasaron á final do Young Bussines Talents, un concurso de simulación empresarial. Outros grupos de traba-

llo do instituto participaron pero non accederon á fase final. Este grupo finalista é o único de toda a provincia e irá acompañado doutros 11 de Galicia, dun total de 100 finalistas. O equipo, do IES Lagoa de Antela, que accedeu á final chámase Rocadisun. Crear unha empresa O concurso baséase en simular a creación dunha empresa e dirixila. Foron preto de 3.000 (concre-

tamente 2.887 equipos) os grupos de colexios de toda España os que se apuntaron e só quedaron un cento para a final; esta terá lugar en Madrid o venres 31 de marzo. Cada equipo fixo a súa simulación empresarial, algúns plantaron no camiño e outros continuaron ata o final. Os que completaron todo o período -pero non chegaron á final- faráselle entrega dun diploma pola súa aportación.


XINZO DE LIMIA E ALLARIZ

Barrios Marzo 2017

11

Normalidade na tempada da pataca na Limia 4 Arranca en Xinzo allea ao problema da couza noutras zonas de Galicia. R.T. Este mes bota a andar a tempada da pataca co adecentamento da terra e a sementeira. Total normalidade é o que se respira na Limia, que está allea ao problema da couza guatemalteca que está a afectar a 31 concellos de Galicia -ademais doutras zonas de Asturias-. En Xinzo móstranse optimistas de cara a esta nova campaña na que, ademais, o novo ordenamento faría que se puidera triplicar a produción anual. Acondicionar a terra é o primeiro paso para, despois, abonar o chan e sementar o tubérculo. Os produtores móstranse positivos para este ano, xa que cren que as condición son idóneas para que se dea unha boa produción. Ánxeles Vázquez A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, falou sobre a polilla que afecta a algunhas zonas galegas e tranquilizou a

Almacén de Patacas Paz en Xinzo de Limia./M.REJO. empresarios e, sobre todo á cidadanía, sobre a produción limiá da pataca. “En Ourense hai total tranquilidade xa que non hai nin unha soa polilla e desde a Xunta estamos a traballar para que non saia dos 31 concellos afectados”. Ademais, aasegura que “pronto erradicaremos a praga da couza guatemalteca”. Cabe lembrar que os 31 concellos galegos afectados pertencen a Ferroterra

As rúas de Xinzo acollerán un desfile da Garda Real 4 O novo delegado de Defensa en Ourense quere achegar á cidadanía o exército. Redacción A Garda Real a cabalo desfilará polas rúas de Xinzo de Lima. Así se acordou nunha reunión mantida entre o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o novo delegado de Defensa en Ourense, o coronel Gustavo Doncel, quen quere achegar á cidadanía o exército. Na xuntanza acordaron que Xinzo podería ser o

punto neurálxico da Garda Real na súa visita á provincia. Deste xeito, ademais

Gustavo Doncel, novo delegado de Defensa en Ourense./ARQUIVO.

(A Coruña) e á Mariña Lucense (Lugo). A conselleira tamén adiantou que se realizou “unha resolución, que sairá nuns días, que será para indemnizacións”. Diferenciando “os que teñen a plantación feita, dos almacéns, ou mesmo dos que mercaron” explicaba. A titular de Medio Rural animaba a todo o mundo a que consumira “a pataca da Limia”, finalizaba.

de realizarse un desfile polas rúas da vila, tamén será o lugar onde se aloxe o destacamento. Durante a semana que visiten Ourense, os cabalos estarán ubicados ou ben no hipódromo ou mesmo no Campo da Feira. A capitana Sara Rivera López, responsable da Batería Real, desprazouse para estudar “in situ” as posibilidades que ofrece a Limia. Desfile O desfile terá lugar pola rúa principal da vila, tanto da Garda Real a cabalo como dunha dotación de cans “especialistas” pertencentes ao mesmo destacamento. Tamén se falou dalgún outro acto institucional, pero quedou pendente de estudo cos responsables de protocolo da propia Casa Real.

Presentación da iniciativa da Fundación Andrea pola que os Burros de San Salvador dos Penedos levarán GPS./CEDIDA.

GPS para os burros de San Salvador dos Penedos 4 Estes animais axudarán a manter limpos espazos singulares. Redacción Allariz conta desde este mes cuns novos vixiantes dos montes. Trátase dos burro que están ubicados en San Salvador dos Penedos, Allariz, baixo a tutela da Fundación Andrea. Estes animais axudarán a manter limpos os espazos singulares no marco da Reserva da Biosfera Área de Allariz. Para elo combinarán as novas tecnoloxías de xeolocalización (GPS) con modelos tradicionais de pastoreo en extensivo. Se antes soamente pastoreaban unha zona moi limitada e próxima ao núcleo poboacional, agora poderán facelo en aproximadamente mil hectáreas comprendendo as parroquias de San Salvador, Paicordeiro, Penamá y Penaflor.

Ademais de ampliar as áreas de pastoreo, axudará á protección da zona contra incendios. Estes animais estarán monitorizados para que se lles poida controlar e saber en que punto exacto están. Este modelo pioneiro, que mestura o tradicional co moderno, busca manter o monte libre de maleza grazas ao traballo dos burros “un equipo especializado que chegan onde non o fan nin cabras nin vacas e sen destruír os límites” explicaba David Lema, presidente da asociación Andrea. Blanca e Esperanza Blanca e Esperanza son os nomes das dúas burras que levan o GPS. Ao ser as máis vellas, son as líderes e son ás que seguen os demais. Así que tendo controladas a estas dúas, contrólanse a todos.

Se saen da zona delimitada, na Fundación salta a alarma indicando o punto exacto onde están, polo que o tempo de reacción é rápido para que saian da zona conflictiva (estrada, horta,...) e volver reconducilos á zona de pastoreo. Na Fundación Andrea teñen ao seu coidado un total de 17 burros que están en San Salvador dos Penedos. A maioría deles foron rescatados e o resto naceron na aldea. Andrea encárgase de recollelos, recuperalos e entregalos en adopción no resto de Galicia.

A Fundación Andrea conta con 17 burros, dous deles (Blanca e Esperanza) levarán GPS


12

Barrios Marzo 2017

ALLARIZ E COMARCA

Allariz acollerá un mercado do libro vello 4 Concretamente será o sábado 15 de abril na praza Maior da vila. Redacción Presentación das Xornadas para a Igualdade.

Xornadas para a Igualdade en Allariz 4 Celebraranse ata o 24 de marzo con numerosos actos. Redacción O Concello de Allariz realiza unha nova edición das Xornadas para a Igualdade que terán lugar durante o mes de marzo. Os obxectivos das mesmas que xirarán, na XIII edición, no encontro entre homes e mulleres coa fin de fomentar a igualdade, o respecto e a prevención da violencia de xénero. Ata o 24 de marzo diferentes espazos da vila acollerán charlas, lecturas,

Charlas, lecturas, coloquios e obradoiros, nas xornadas para a igualdade coloquios e obradoiros impartidos por especialistas en sexoloxía, sexualidade e feminismo. Para fomentar a participación, as actividades son gratuítas e os días dos obradoiros haberá servizo de coidado de crianzas.

A Semana Santa ao vivo acolle o I Mercadiño do Libro Vello. O Concello de Allariz, a través da concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo, organiza o I Mercadiño do Libro Vello, co obxecto da dinamización cultural do casco histórico durante a Semana Santa. O Mercadiño celebrarase na praza Maior e na praza de Abaixo de Allariz, o sábado 15 de abril, en horario de 11:00h a 20:00h. Con carácter xeral poderán participar no mercado todos os interesados, maiores de idade, a título particular que queiran expoñer e vender os seus produtos sempre que se trate de artigos de segunda man. Ademais reservarase un número de postos definido para librarías ou tendas de

música que desexen expoñer os seus produtos descatalogados.

a través do correo electrónico participa@allariz.com ata o 24 de marzo de 2017.

Solicitude A solicitude estará dispoñible na páxina web do Concello de Allariz www. allariz.gal. Dita solicitude deberá remitirse ao Centro de Promoción Económica

Semana Santa ao Vivo O Concello de Allariz busca artistas para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do 13 ao 16 de abril.

O Mercadiño celebrarase na praza Maior e na praza de Abaixo de Allariz.

Como cada ano, a área de Promoción Económica do Concello de Allariz organiza unha programación alternativa diferente que, conxuga arte, tradición e cultura. Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras. Así, o Concello de Allariz busca artistas que desexen actuar durante a Semana Santa nas rúas do casco Histórico de Allariz para amenizar o paseo dos transeúntes. Para participar é preciso cumprir as Bases de Participación que poderán descargar na páxina web www.allariz.gal. Para máis información deben contactar coa Área de Promoción Económica do Concello de Allariz a través do correo electrónico participa@allariz.com ou do teléfono 988 442 210.

Semana Santa ao vivo, que se celebrará do 13 ao 16 de abril, busca artistas


PUBLICIDADE

Barrios Marzo 2017

13


14

Barrios Marzo 2017

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE 4 Andaina polo Camiño de San Rosendo O próximo domingo 26 de marzo celebrarase a II Andaina polo Camiño de San Rosendo, que cubrirá o tramo comprendido entre O Vieiro e Celanova. Os participantes collerán ás 9 da mañá un autobús na avenida San Rosendo (fronte ao bar Rocarine) que os levará ata o inicio do itinerario. Os interesados deben inscribirse previamente (por un prezo de 2 euros) na Oficina de Turismo do Concello de Celanova ou no 988 43 22 01, antes do venres 24 de marzo. Recoméndase que os andaríns leven roupa e calzado axeitado e eviten exceso de peso.

Sesión plenaria anterior no Concello de Celanova./ ARQUIVO

Celanova suma a súa cuarta dedicación 4 A edil de Cultura, Ana Fernández, recibirá algo máis de 19.000 euros ao ano. S. N. O Concello de Celanova acolleu o pasado 28 de febreiro un pleno extraordinario para abordar diversas cuestións de urxencia. Entre elas a que suscitou maior controversia foi a aprobación

Cartel da segunda edición desta andaina.

4II Coworking Celanova

Ata o 10 de abril permanece aberto o prazo de inscrición para que 22 emprendedores participen na segunda edición do espazo Coworking de Celanova, froito da colaboración entre o EOI e o IGAPE. Esta iniciativa está dirixida a todos aqueles que conten cun proxecto empresarial en fase temperá de desenrolo ou cunha empresa creada en menos de 6 meses antes do inicio deste espazo, que se desenrolará de abril a setembro de 2017 aproximadamente. Os interesados poden solicitar máis información en cwcelanova@ eoi.es.

O alcalde asegura que se debe á carga de traballo desta área, xunto á falta de funcionarios

dunha cuarta dedicación, neste caso parcial, correspondente á concelleira de Festexos, Cultura e Protocolo, Ana Fernández, que recibirá algo máis de 19.000 euros anuais en 14 pagas. Segundo o alcalde, José Luis Ferro, esta dedicación era precisa porque a área require moito traballo, ao que se suma a falta de funcionarios suficientes, recaendo maior labor nos edís. Críticas da oposición Dende a oposición foron

A estudo, os espazos públicos en Corredoira 4 A Consellería de Medio Ambiente comprométese a estudiar o proxecto. Redacción A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mostrou o seu compromiso a estudar a proposta do alcalde de Ramirás, Juan

Carlos Rodríguez, para a recuperación e revalorización dos espazos públicos do núcleo da Corredoira. Beatriz Mato coñeceu o proxecto durante a reunión de traballo que mantivo co rexedor ourensán. En concreto, a proposta

numerosas as críticas manifestadas respecto a este tema. O voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, preguntábase na propio pleno, dirixíndose ao alcalde, “que papel desempeña o técnico da área de Cultura e Protocolo que ten un soldo anual de máis de 20.000 euros por este mesmo concepto? Dúas persoas que suman arredor de 40.000 euros anuais para a mesma ocupación”. E engadía, “ou temos que pensar mal e crer que cando a concelleira bote raíces para unha posible

do Concello prevé a urbanización de tres espazos públicos que vertebran o núcleo poboacional e contempla actuacións para a mellora da pavimentación, o sistema de iluminación e a dotación de mobiliario urbano. Esta actuación, no caso de acometerse, podería encadrarse nas políticas do Goberno galego en materia de reequilibrio territorial, humanización das vilas e a cooperación da Administración autonómica e os concellos. Ademais, a titular de Medio Ambiente, lembrou que o seu departamento leva meses traballando en proxectos de humanización das rúas,

praza, xa non fai falta a dedicación e pasa a ser outra cousa?”. “Vostede non lle explicou que a isto da política vense voluntariamente e se non convén hai que deixalo?”, sentenciaba. Pola súa banda, dende o PSOE aseguran estar “totalmente en contra, xa que (nesta área) nunca se precisou unha persoa con dedicación parcial, e agora resulta que están desbordados de traballo, que cambiou? É que coa dedicación exclusiva do alcalde e as dos dous concelleiros non chega?”, pregúntase o voceiro socialista, Marcial Lafuente. O PSOE xa mostrou ao inicio do mandato a súa disconformidade cos tres soldos dos populares, “porque todos os traballos propios do Concello están descentralizados na Mancomunidade, e actualmente todo segue igual”, polo que “menos imos estar de acordo agora coa dedicación desta concelleira, xa que a maioría desta área está centralizada na Fundación Curros Enríquez, e non se lle vai pagar por realizar eventos e facer un programa de festas”. E é que esta é a cuarta dedicación que suma o goberno de José Luis Ferro, que gañou as eleccións municipais de 2015 logrando 8 das 13 actas da corporación. A única dedicación exclusiva é a do propio rexedor, pola que recibe unha retribución anual bruta de

“Cando a concelleira bote raíces para unha praza, xa non fai falta dedicación?”, pregúntanse dende o BNG 45.000 euros. Pero outros dous edís populares teñen dedicación parcial con soldo, o de Facenda e Urbanismo, Máximo Losada, e a de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Pilar Regueiro. Ambos reciben anualmente 20.469 euros. Outros asuntos Nesta sesión tamén se acordou a aprobación da conta xeral do exercicio correspondente a 2015, así como diversas pautas para traballar dende o concello na liña da eficiencia e do aforro enerxético. Do mesmo xeito, no pleno tamén se deu conta á corporación da renuncia do concelleiro do BNG, Gonzalo Gómez, por motivos persoais. Ante esta renuncia, os seus compañeiros do BNG, liderados por Leopoldo Rodríguez, manifestaron nun comunicado “no nome do BNG local e de toda a organización en xeral, o noso máis profundo agradecemento por todos estes anos que o compañeiro Gonzalo lle adicou con entrega, vontade e entusiasmo. Desexámoslle toda a sorte do mundo na súa nova etapa”.

Beatriz Mato, durante a reunión mantida co alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez. urbanización e mellora de espazos públicos; así como a dotación de equi-

pamentos comúns, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.


Barrios Marzo 2017

CELANOVA E COMARCA

47 centros escolares pasarán por Celanova 4 1.800 escolares coñecerán o patrimonio literario e cultural. Redacción Para este ano 2017 está prevista a visita a Celanova de 47 centros educativos que traerán a 1.800 escolares á vila de San Rosendo.

No que vai de ano xa foron atendidos cinco centros, o IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives, o IES San Rosendo de Mondoñedo (primeira ocasión), o IES Chan do Monte de Ma-

rín, o IES Illa de Tambo de Marín (primeira vez) e o CPR Amor de Dios de Vigo (quinta ocasión, motivo polo que se lles entregou un certificado de agradecemento).

Visitantes na Casa dos Poetas de Celanova do IES Illa de Tambo e IES Chan do Monte Marín.

Balance 2016 O balance de actividade da Fundación Curros Enríquez durante o ano 2016 finalizou con 11.173 persoas atendidas, cifra que responde á suma dos visitantes da Casa dos Poetas (casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez), dos visitantes da Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, dos participantes nas actividades culturais organizadas por esta entidade e dos grupos concertados que solicitaron un acompañamento nos roteiros ‘Celanova: pedra e poesía’ e ‘Celanova: un paseo pola historia de Galicia’ que inclúen visitas ó Mosteiro de San Rosendo, á Torre das Campás, a Vilanova dos Infantes e a Castromao. En canto ós datos de procedencia: 1.918 foron persoas da comarca de Celanova, 3.578 da provincia de Ourense, e do resto de Galicia destaca a provincia de Pontevedra con 3.332 visitantes, 2.140 do resto

de España e 307 de fóra de España. Case a metade do total (4.816 persoas) achegáronse a Celanova formando parte de grupos concertados (135), dos cales volve salientar a cifra de grupos escolares atendidos: 69 centros de ensino que desprazaron 2.594 estudantes. Elévase así a media en 20 colexios máis ó ano. Durante os meses de setembro a xuño a Fundación Curros Enríquez acolle numerosos destes grupos de escolares para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e a Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova. Os servizos de acompañamento que está a ofrecer a Fundación Curros Enríquez

15

obteñen os seus froitos coa recepción de novos centros (en 2017 recibirase por vez primeira a 11 novos centros) e moitos que repiten a súa visita por quinta ocasión (catro en 2016 e serán xa cinco en 2017 ) ou incluso por décima ocasión (dous en 2016 e serán tres en 2017) co aumento dos grupos que realizan máis visitas ou actividades en Celanova na mesma xornada, sendo a media de tres as visitas por grupo. Programa que durante 2017 se promoverá para grupos escolares de primaria e non escolares, en especial a asociacións e pequenos grupos de visitantes.

En 2016 foron atendidas 11.173 persoas entre a Casa dos Poetas, a Torre de Vilanova dos Infantes e dos grupos concertados


16

Barrios Marzo 2017

Obras en Beariz Redacción A consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia inviste máis de 250.000 euros en actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada OU-212 no Concello de Beariz. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisou as obras, que comunica co núcleo da Ermida e co Concello de Beariz. A Xunta levou a cabo actuacións de reforzo de firme en varios puntos da estrada nun treito de 6 km, desde a travesía de Beariz cara ao norte, ata o enlace coa estrada N541. Estes traballos contaron cunha achega dun importe duns 157.000 euros. Nesta mesma estrada, en xaneiro tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme nun treito de 2 quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada a Liñares, xa no termo municipal de Avión. Esta infraestrutura viaria, pero neste caso, xa no núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización.

A conselleira de Infraestrutura e Vivenda da Xunta, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, e técnicos que realizaron as obras./M. REJO.

PROVINCIA

Os incendios desestacionalízanse 4 Desde Atrifoga critican a escasez de recursos que invirte a Xunta de Galicia. Redacción Nos meses de decembro e xaneiro, toda a xeografía galega sufriu unha onda de ata case 180 incendios (as catro provincias, en diferente medida, foron pasto das chamas e con superficies considerables) polas inhabituais condicións metereolóxicas de altas temperaturas e polo quecemento global -ata 20 graos chegouse a alcanzar en moitas zonas-, o baixo nivel de humidade con ausencia de choivas, o vento e o estado de sequedad da biomasa vexetal e do chan (as xeadas secan a vexetación e convértese en combustible inflamable), o cal, determina que se produzan as circunstancias favorables para que se provoquen e propáguense os incendios con suma facilidade. Deste xeito, hai que destacar á provincia de Ourense con dous terzos dos case 180 incendios rexistrados en Galicia que afectaron ao Mazico Central e á zona oriental de Ourense, cunha superficie estimable entrando algún deles na Rede Natura- como os de Vilariño de Conso (50 hectáreas), Carballeda de Valdeorras (37 ha), A Veiga (20 ha) e en municipios ourensáns da zona Occidental como O Irixo, con 10 ha.; Cartelle, Lobios ou Entrimo, penetrándose no Parque Natural do Xurés. É conveniente resaltar a gran actividade incendiaria que sufriron as comarcas de Valdeorras, Verín e Viana con incendios constantes en case todos os municipios que as integran. Curiosamente, en decembro de 2015, tiveron lugar incendios, case, nas mesmas zonas e algún deles de ata 50 hectáreas en Chandrexa de Queixa (Ourense) inmersas na Rede Natura,

Un dos numerosos incendios que asola cada ano a provincia de Ourense./ARQUIVO.

A provincia de Ourense sufriu dous terzos dos case 180 incendios rexistrados en Galicia durante decembro e xaneiro Vilariño de Conso con 40 ha, Carballeda de Valdeorras con 150 ha. Seguindo coa análise e botando unha ollada cara atrás no tempo, non hai que esquecer os continuos incendios -tanto no verán como no invernoque converten ao Parque Natural da Serra do Xurés na Baixa Limia nunha paraxe desoladora ante a gran actividade incendiaria que soporta, no que arderon 300 ha en decembro de 2013, do mesmo xeito que A Serra do Invernadoiro (20 ha) e Pena Trevinca (30 ha). Todo iso pon en evidencia a existencia dun factor de desestacionalización dos incendios forestais e unha continuidade no tempo, é dicir, non arde só no verán, senón tamén en épocas nas que por cuestións de metereoloxía e debido ao cambio climático que está a sufrir o Planeta (é máis que habitual que haxa incendios no outono e inverno) prodúcense ondas de incendios que provocan graves e cuantiosas perdas ecolóxicas, económicas e sociais.

Atrifoga Desde a Asociación de traballadores de incendios forestais de Galicia (Atrifoga) advirten que a Consellería cesou -o 30 de setembro- a 436 traballadores con contratos de 3 meses e prescindiu -o 30 de novembro- de 626 empregados con contratos de 9 meses , o que deixa o Servizo de Incendios baixo mínimos, minguando considerablemente, os efectivos para a defensa contra os incendios forestais, polo que resulta imposible cubrir todas as quendas e iso leva aparellado un risco intrínseco. Desta forma, a Consellería desaproveita un capital humano que supón un gran recurso que podería ser empregado para desempeñar as necesarias tarefas de prevención e protección da masa forestal galega -a parte da extinción- en base ao aumento e á diversificación das súas funcións, pola súa contrastada experiencia, formación e eficacia. Xunta de Galicia Non entanto, Medio Rural sostén que existe

un dispositivo bastante amplo que cobre toda a CC.AA de Galicia cando, nestes meses de outonoinverno, o persoal laboral total ascende a 851 traballadores, dos cales, só son persoal de campo: 82 condutores de motobombas e 576 bombeiros forestais (o resto é persoal administrativo e vixiantes fixos) e xustifícao en base a razóns económicas

para non dispor da mesma dotación de persoal e medios, no verán que no inverno, sendo esta pauta moi discutible. A Consellería mantén que ningún distrito forestal queda sen medios e que ,en caso de necesidade, mobilízase a persoal dos distritos máis próximos. Ademais, afirman que as brigadas están compostas, teoricamente, por 7 bombeiros forestais, o que, segundo Atrifoga, non se corresponde -en bastantes oportunidades- coa realidade, posto que debido ás vacantes non cubertas e ao sitema de libranzas, baixas ou permisos, é habitual que as brigadas estean integradas só por 2 ou 3 bombeiros forestais coa consecuente falta de eficiencia que iso supón. Todo isto provoca que se concentre unha gran carga de traballo e o persoal pásese de horas na súa xornada laboral. Por todo iso, desde a asociación poñen de manifesto a cuestionable xestión que se fai do Servizo de Incendios caendo na improvisación, incremento no tempo e os gastos de extinción, os prexuízos ecolóxicos e sociais e a propia seguridade dos traballadores. Para finalizar, Atrifoga critica a falta de previsión e planificación da Consellería e a dubidosa política de información que ten Medio Rural, posto que só emiten comunicados sobre os incendios que superan as 20 hectáreas.

4

Lumes en Entrimo e Carballeda de Valdeorras Primeiro foi en Carballeda de Valdeorras e días despois en Entrimo. Dous incendios no mes de marzo que veñen a evidenciar a desestacionalización dos lumes na nosa provincia. 111 hectáreas de monte raso foi a superficie devastada polo lume na parroquia de Candeda no Concello de Carballeda de Valdeorras. Nos traballos de extinción deste incendio participaron un técnico, 10 axentes, 15 brigadas, nove

motobombas, dous pas e tres helicópteros. En Pereira, Entrimo, afectou a unhas 30 hectáres. O incendio entrou en Ourense por Portugal. catro axentes, seis brigadas e cinco motobombas participaron nos traballos de extinción. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


DEPORTES

4 Preferente

4 O 9 de abril terán lugar a andaina e carreira deste evento que chega a súa sétima edición. Sete anos conta xa a Andaina e carreira “Pozo do Demo”. O domingo nove de abril celebrarase a sétima edición. Unha andaina e dúas carreiras é a oferta deste ano dunha das probas máis emblemáticas da provincia. A andaina terá un percorrido de 19 quilómetros e dará a súa saída ás 10 horas desde o pavillón dos deportes de Verín. En canto á carreira, dous serán os percorridos. Un longo de 27 km, e outro de

10; ámbolos dous polo monte. A carreira longa comezará ás 9 da mañá, e media hora máis tarde sairán os da curta; todos desde Cabreiroá. Inscricións As inscricións faranse en championchipnorte. com e está aberto o prazo ata o 5 de abril. Tamén se pode inscribir en Multisport Verín (presencial ou no mail: buzon@multisport.es); en Deportes Redonet (Ourense) ou nos teléfonos: 600 410 018 / 988 414 423.

O Carballiño celebra dúas carreiras 4 A V media maratón e a II carreira curta. Redacción O Carballiño celebra esta fin de semana a quinta edición da súa media maratón; ademais, ao mesmo tempo, tamén se disputa a segunda edición da carreira curta. Este domingo, día 19, a partir das 10:30 horas darase o pistoletazo, ao unísono, ás dúas probas. Na curta, unha volta a un percorrido de 7 km; na media, tres voltas ao mesmo percorrido. A inscrición, aínda está aberta, en carreirasgalegas.com.

Polo momento na carreira de 21,097 km hai preto de 200 inscritos, mentres que na de 7 quilómetros o número de participantes achégase á centena.

Saída da media maratón do ano pasado./ARQUIVO.

17

EN BREVE

A Pozo do Demo, no horizonte

R. Torres

Barrios Marzo 2017

Carlos Canal no podio de Marrazes.

O Club Ciclista Maceda, cuarto en Portugal 4 Na clasificación por equipos na Taça de Marrazes. R.T. O Academia Postal Actyon MMR de Maceda sumaba unha destacada actuación na proba internacional da Taça de Portugal, celebrada en Marrazes. Alí, dobre triunfo; Iván Feijoo vencía en júniors e Carlos Canal facía o propio en cadetes. Ademais, Saúl López asinaba unha gran carreira en elite, finalizando cuarto. Estes resultados facían que o conxunto de Maceda finalizase segundo na clasificación por equipos. Un novo éxito para o Club Ciclista Maceda neste inicio de tempada, esta vez nunha proba de carácter internacional e de gran nivel, como é a Taça de Portugal. Open de España Gran comezo no Open de España de BTT para Carlos Canal. O ourensán lograba unha clara vitoria na primeira proba do torneo disputada na

localidade valenciana de Chelva. Canal vencía con claridade ao entrar en meta con máis de tres minutos sobre o segundo clasificado. Con esta vitoria o ciclista vístese de líder. Ademais de Carlos, Saúl López (en elite) facía unha gran carreira rematando na undécima posición; o vencedor foi o francés Koretzky, e o ourensán Pablo Rodríguez lograba a terceira posición. Saúl quedaba ás portas de estar entre os dez mellores e finalizaba sexto entre os españois. Outros ourensáns Trala tempada de ciclocross Iván Feijoo facía un meritorio noveno posto. Noela Saa facíase coa sexta posición e Hugo remataba décimo séptimo. Transgalaica Unha semana antes do Open, a tempada de BTT non puido empezar mellor para o Academia Postal Actyon MMR. Os inte-

grantes do club, Saúl López e Abel Franco, proclamáronse campións na primeira proba da Transgalaica nas categorías absoluta e júnior, respectivamente. A carreira tivo lugar na localidade pontevedresa de Cotobade, nun exixente circuito. Saúl vencía cunha marxe de 18 segundos con respecto ao grupo perseguidor conformado por cinco corredores. O ourensán empregaba un tempo de 2 horas e sete minutos. Pola súa banda, Abel Franco, tamén nas filas do equipo macedán Academia Postal Actyon MMR facíase coa vitoria entre os júniors, tras unha gran carreira na que era once scrach.

Iván Feijoo e Carlos Canal venceron na Taça de Portugal. Saúl Lópera era cuarto

Na Rexional Preferente de fútbol, o Arenteiro vai lanzado hacia a Terceira división. En 28 xornadas disputadas, os de Manel Vázquez comandan a clasificación con 53 puntos, un máis co segundo, o Cultural Areas. Con 10 xornadas para que se chegue ao final da competición, os do Carballiño teñen de cara o ascenso. Esta semana reciben ao Sanxenxo. Pola súa banda, o Verín non levanta cabeza. Pecha a clasificación con 24 puntos e está a catro da salvación. Esta xornada recibe a un Ourense C.F. en racha que está a tres puntos da promoción de ascenso. Os outros conxuntos ourensáns son o Nogueira e o Polígono. O primeiro está comodamente situado na novena posición con 40 puntos; e os segundos son penúltimos, con dous puntos máis que os verineses.

4 Sala O Carballiño FS está ante as últimas cinco xornadas de Liga nos que deberá loitar pola permanencia. Actualmente é o último clasificado con 14 puntos, a un do seu antecesor (Casás) e a tres do seguinte (Mosteiro Bembrive). Esta semana tócalle, aos de Isidro Grela, descansar; despois visitará ao Santiago Futsal B. Catro xornadas (12 puntos) para poder saír do pozo.

4 Primeira Galicia A Primeira Galicia de fútbol está liderada polo solvente Bande, que lle saca catro puntos ao outro favorito ao ascenso: a UD Ourense. Xa o terceiro está a máis de 10 puntos destes dous conxuntos. O Allariz é sétimo; o Antela, noveno e o Sporting Celanova, décimo.


18

Barrios Marzo 2017

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación impulsa un programa de rehabilitación de vivendas no rural O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto cos alcaldes da Veiga e Oímbra, Juan Anta e Ana Vilariño, presentou o proxecto piloto “Revivenda”, unha iniciativa pioneira en Galicia que impulsa a Deputación de Ourense para a rehabilitación de vivendas baleiras para aluguer co obxectivo de asentar poboación no rural ourensán. O proxecto desenvolverase nos concellos da Veiga e Oímbra, que realizarán as xestións técnicas e administrativas para remodelar vellas vivendas para aluguer e atender aos solicitantes. Manuel Baltar destacou a importancia deste programa -que xa anunciara no pasado Debate do Estado da Provincia- “polo que supón de impulso para dinamizar o rural, fixar poboación e atraer a familias, poñendo en valor os territorios rurais da provincia de Ourense”. Baltar remarcou que A Veiga e Oímbra “son os dous concellos que están a amosar nesta etapa de mandato un maior dinamismo”, e proba diso é este proxecto, “unha idea que xurdiu destes dous concellos, da súa capacidade para xerar iniciativas e crer no rural”. Baltar amosou a cooperación e o compromiso do goberno provincial con este programa, para o cal a Deputación achega un total de 200.000 euros (100.000

Vilariño, alcaldesa de Oímbra; Baltar, presidente da Deputación e Anta, alcalde da Veiga euros para cada concello) e os concellos, 10.000 euros cada un, e avanzou que nos próximos días asinarase o correspondente convenio. Os dous concellos redactarán as respectivas ordenanzas municipal para a creación e regulación deste programa de vivendas baleiras en condicións de habitabilidade e sempre cun prezo módico, que incentiven o arrendamento de inmobles que anteriormente se atopaban, na maioria das ocasións, nunhas condicións non idóneas para o seu uso.

Os concellos da Veiga e Oímbra subvencionarán o 40% da reforma (IVE non incluído) cun máximo de 12.000 euros de subvención. A porcentaxe da subvención, no caso de que a reforma sexa executada por empresas con domicilio social en Oímbra acadará o 60% do investimento (IVE non incluído), co límite máximo de subvención de 12.000 euros de subvención por inmoble. Asentar familias no rural Os alcaldes destes municipios, Juan Anta e Ana Villarino, coinciden en destacar o apoio amosa-

do “desde o minuto un polo presidente Baltar” dunha iniciativa que ten como obxectivo “darlle vida ao que xa a tivo, remodelar vivendas antigas, rachar co feísmo e ofrecer posibilidades laborais nos ámbitos da agricultura, gandería, industria e turismo”, afirmou Ana Villarino. “Nos nosos concellos temos servizos e hai posibilidades para as familias que se queiran asentar neles, e o que pretendemos e traballar por un rural máis dinámico e activo, con Oímbra e A Veiga como referentes deste impulso do rural”. .

Plan de turismo cultural e creativo para a provincia de Ourense O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro a elaboración dun Plan de turismo cultural e creativo da provincia de Ourense; poñer en valor os dez puntos da provincia de excepcional valor turístico, e elaborar un plan de emprego que oferte unha atención especial a visitantes para eses dez puntos concretos tendo en conta aos titulados da Facultade de Empresariais e Turismo do Campus de Ourense. O pleno da corporación provincial tamén aprobou definiti-

vamente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2017, sendo a primeira vez que se aproba este programa con tanta antelación, froito da aprobación dos orzamentos para este ano no mes de setembro de 2016. Asemade, na sesión plenaria aprobouse a resolución de reclamacións e a aprobación definitiva do orzamento do Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento para o 2017, por importe de 3.806.000 euros.

Pleno da Deputación de Ourense do mes de febreiro.

A Deputación de Ourense, líder en e-Administración A Deputación de Ourense presentou un novidoso sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos, que sitúa á institución provincial como líder en Galicia en eAdministración. Este proxecto, dirixido a concellos de menos de 20.000 habitantes, mancomunidades, consorcios provinciais e á entidade local menor de Berán, “é un novo servizo que poñemos a disposición destes entes da provincia de Ourense, sempre coa máxima da cooperación e da innovación, apostando por un goberno aberto, pola redución do gasto público, e pola excelencia e a eficiencia na xestión”, explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación deste programa, que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” coa presenza de alcaldes, técnicos e representantes locais da provincia de Ourense. Desta maneira, a Deputación de Ourense sitúase na vangarda dos gobernos provinciais de España en modernización da xestión pública, e dará un paso máis sendo tamén a primeira en implantar o voto telemático nos plenos. Manuel Baltar dixo que esta ferramenta tecnolóxica “permitirá realizar a tramitación integral dos procedementos administrativos”, co obxectivo de ir cara ao “papel cero” no que atinxe aos trámites da administración local na provincia de Ourense”.


PUBLICIDADE

Barrios Marzo 2017

19


20

Barrios Marzo 2017

EN BREVE 4 Presentación Este venres, 17 de marzo, a partir das 20 horas, na casa dos Poetas de Celanova, terá lugar a presentación do libro “Versos para conversar” de Xoán Carlos Domínguez Alberte. O escritor estará acompañado por Malores Villanueva (editorial Galaxia) e haberá unha interpretación musical ao saxo, a cargo de Manuel Ferro.

4 Contacontos A partir das 18:00 horas deste venres, 17 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: “Un dragón na busca de princesa”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

4 Cinema Durante os días 17 e 18 e 19 de marzo , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas ¡Canta! e 50 sombras máis escuras no Salón de Actos da Casa da Cultura. O venres proxectarase 50 sombras máis escuras ás 19:30 e 22:15 h; o sábado e domingo, Canta! ás 17 horas, e 50 sombras máis escuras, ás 19:30 e 22:15 h.

4 Campamento A Fundación Ramón González Ferreiro abre o prazo de inscricións para o campamento de verán “Rural Camp” no que participan nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. Durante sete días os participantes estarán en contacto coa natureza a través de xogos, actividades de lecer, música, excursións ou obradoiros, entre outras. A primeira quenda terá lugar do 2 ao 8 de xullo; a segunda, do 9 ao 15 e a tercerira do 16 ata o 22 do mesmo mes. Toda a información en http://fundacionrgf. org/

OCIO E CULTURA

Verín acolle a mostra “Momentos sen tempo” 4 Do artista Antonio Souto. Redacción A Sala de Exposicións de Verín acolle a exposición “Momentos sen tempo” do artista Antonio Souto. Devandita exposición poderase visitar ata o vindeiro 28 de marzo. O horario é de luns a venres, de 17:30 h a 21:00 h; sábados, de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:30 h. Esta exposición componse de pezas que teñen en común o estar realizadas a partir dunha envoltura e o seu oco, unha casca. Pel e baleiro, materia e espírito mesturados no espazo. Sobre elas vaise depositando a vida en forma de gretas, fragmentos, movemento e tempo, chegando, en ocasións, a adoptar aparencia humana. As obras son un momento neste proceso. Son obxectos nados do movemento en constante diálogo co que permanece quieto.

Entre as súas últimas exposicións individuais encóntranse as realizadas en ABANCA, Santiago de Compostela; na Galería Arcana en Vilagarcía de Arousa; no Museo Municipal de Ourense e no Centro Cultural Marcos Valcárcel da mesma cidade. Tamén encontramos unha das súas obras nos xardíns da Casa Museo Valle Inclán en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

4 A comisión de “notables” reuniuse por primeira vez. Cada vez queda menos para a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Carlos Casares, polo que o Concello de Xinzo de Limia se volcará coma nunca nesta festividade. Para elo xa se reuniu, a primeiros de mes, por primeira vez a comisión de “notables” para falar das actividades a realizar nese día. Na comisión atópanse escritores e

A exposición estará aberta ata o 28 de marzo

Inauguración da exposición “Momentos sen tempo” de Antonio Souto, en Verín.

Xinzo de Limia vólcase co Día das Letras Galegas

Redacción

Souto Souto ten sido galardoado en multitude de premios, tales como: Premio Especial materiais tubulares no V concurso de Escultura metálica ESCULMETAL 08 en Madrid; Premio “Manzana de Plata” na II Bienal internacional Rincón de Ademuz. Valencia; 1º premio no I certame de escultura da Guarda; 1º premio no VI certame de arte Galería Burela e o 1º premio no VI certame Ilmo. Concello de Cangas do Morrazo.

persoeiros que tiveron relación con Carlos Casares, polo que o concello escolleu para asesoramento de cara á celebración de todos os actos adicados o escritor limián. Exposición A Real Academia xa conta cun amplo programa de actividades na Limia, pero desde esta comisión achegáronse ideas novas para levar a cabo. Unha das que resultaron de total consenso por

parte de todos é a de realizar unha exposición con fotos de artigos, documentos gráficos do autor totalmente relacionados con Xinzo, así como fotos con amigos e compañeiros do autor. Esta exposición levarase a cabo despois dunha campaña ante a cidadanía para que aporte documentos, que saben que existen e que loxicamente dixitalizarase, para que queden en poder dos propietarios. Cambio de nome temporal Outras das ideas que se levarán a cabo será a de que temporalmente se lle cambie o nome de algunhas rúas da vila para pasar a denominalas con nomes de títulos da extensa bibliografía do autor limián.

Tres pases da obra “Amigos ata a Morte”, en Verín 4 A gran demanda fixo que se pasara dunha actuación prevista inicialmente a tres. Redacción Coas entradas esgotadas para os dous pases programados en Verín (inicialmente estaba previsto un pase) da obra “Amigos ata a Morte”, terá lugar unha terceira función. Así, xunto aos pases dos días 24 e 25 de marzo ás 20:30 horas, a produtora Etiqueta Negra e o Concello de Verín decidiron programar un novo pase para o sábado 25 de marzo, ás 18:00 horas, debido ao éxito de resposta. As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal de Verín, en horario de 17:00h a 20:00h. (de luns a venres). As funcións terán lugar no Auditorio Municipal de Verín, o venres ás 20:30 horas e o sábado ás 18:00 e ás 20:30 horas. Á capital ourensá chegará o venres 7 de abril. Amigos ata a morte Xa está de volta unha das comedias máis exitosas da historia do tea-

As funcións serán o venres 24, ás 20:30 horas, e o sábado 25 de marzo, ás 18 e 20:30 horas, no Auditorio de Verín tro en galego. Xosé A. Touriñán, David Amor e Ledicia Sola, volverán subirse aos escenarios na que será a última xira desta comedia que xa viron máis de 12.000 persoas en Galicia. É unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que queremos para as nosas vidas pero que, como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan? Nacho, Anxo e María. Dous homes, unha muller e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixará patas para arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutra forma a amizade.

Os tres protagonistas: Ledicia Sola, David Amor e Xosé A. Touriñán, durante a obra.


IMAXES DO MES

Barrios Marzo 2017

21

Entroido multitudinario en Verín Verín volveu a congregar gran número de persoas para celebrar o seu Entroido. Masivo e ordeado o catalogaron desde o propio concello asegurando que soamente na praza García Barbón congregáronse, no xoves de Comadres, 10.500 persoas. No resto dos días, festa, festa e máis festa./M. REJO.

Non faltou o Sábado de Piñata de Celanova Celanova sabe ter o seu lugar no Entroido ourensán grazas ao Sábado de Piñata. Cada ano acoden á vila de San Rosendo un maior número de visitantes e comparsas para facer sempre do seu desfile unha cita multitudinaria, na que os premios finais se quedan curtos para recoñecer o gran traballo e imaxinación de todos os disfraces./S. NIETO.

Disfraces e cachucha no Carballiño O Carballiño cada vez se involucra máis no seu entroido. Este ano contou con tres desfiles, ademais de combinar música, cultura e gastronomía. Como colofón ao Entroido a vila do Arenteiro celebrou a Festa da Cachucha onde non faltou o desfile das comparsas./I OSORIO.

Laza e os peliqueiros

Xinzo tivo desfile este ano

Os Peliqueiros volveron a dominar as rúas de Laza durante todo o Entroido. Durante seis días intensos. Tampoco faltaron á cita a Morena e as formigas no día grande do entroido de Laza: o Luns Borralleiro. Previamente, o sábado de entroido, tivo lugar a Cabritada no campo de Lilí. /M. REJO

Despois de que non se puidera celebrar o ano pasado o desfile de Entroido en Xinzo de Limia, este ano si que o houbro. Ademais de desfile os limiáns festexaron por todo o alto o Entroido que comezou a principios de febreiro co Petardazo e rematou en marzo co Domingo de Piñata. /M. REJO.


22

Barrios Marzo 2017

4AXENDA Exposición - Ata o 25 de marzo Recortes (Exposición de fanzines) - CSA Cambalhota - Allariz. - Ata o 28 de marzo Exposición de Antonio Souto “Momentos sen tempo”.- Sala de Exposicións de Verin - Ata o 23 de abril Exposición de Ángeles Jorreto “Piel Marina”. Fundación Vicente Risco (Allariz) Música - 26 de marzo - Concerto de Luis Pastor - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Cine - 17, 18 e 19 de marzo - “Canta” e “ 50 Sombras máis escuras” - Salón de Actos da Casa da Cultura de Verin Teatro - 24 (20. 30 h) e 25 (18.00 h. e 20.30 h.) de marzo - “Amigos ata a morte” - Auditorio Municipal de Verin Outros - 18 de marzo - IV Ponme un poema. Roteiro poético pola vila de Allariz - 19 de marzo - Enduro Eurocidade Chaves-Verin “Trofeo Luso-galaico 2017”- 11 h - Feces de Abaixo - 21 de marzo - I Ponencia de Agro Verin - 20 h - Salón de Actos da Casa da Cultura de Verin - 24 de marzo - Contacontos e manualidades “A sal da vida” - 18 h - Biblioteca Pública Nunicipal de Verin - 9 de abril - “VII Andaina e Carreira Pozo do Demo” - 9 h- Verín Feiras - Todos os xoves - Feira en Celanova - 23 de marzo- Feira en Verín - 27 de marzo- Feira en Xinzo de Limia - 31 de marzo - Feira en Carballiño

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Entroido 2017 “Aquel Cigarrón” Dende cativo sinto a maxia do cigarrón na alma. Naqueles tempos non eran tan abundantes e os rapaces estabamos desexosos de sentir os chocos, sons inconfundibles que nos producían unha sensación mesturada de ledicia e angustia. Era no barrio vello, onde se cocía o máis íntimo dun protocolo único, e as novas ían de boca en boca, de taberna en taberna, ata que por fin escoitabamos as verbas dos maiores que tanto sabían de entroido. “Hoxe saen!”, decia algún que tiña a certeza de que no solpor cumpliríase a profecía. Eramos rapaces inquedos, que xogabamos ó cigarrón inventando chocas cos botes do melocotón en almíbar e con pedriñas dentro para imitar os sons do entroido. Con astucia e precaución, facíamos vixilancia nos portais onde sabíamos a boa fe que en pouco tempo ía sair un cigarrón desbocado rúa abaixo. arriba, no comedor das casas estabase a exercer o ritual, a vestimenta do traxe máxico, e os sons involuntarios dos chocos xa nos puñan en alerta. Tíñamos medo, moito medo, incluso diría eu, pánico. Lembro aquelas caretas míticas co sorriso imborrable do cigarrón provocador. O cabalo, o cervo, o lobo..cada un tiña o seu debuxo, e sabíamos con seguranza quen o levaba, sen erro. Eran os míticos cigarróns da miña infancia: o Grolo, o Toni Taboada, o Pirrimpin, o Cesteiro, o David, o Xan da Botica, o Fan-fan, o Quique, o Tufín e o imponente Luis de Cerdedelo, entre outros.

Hoxe todo mudou, ata o entroido. Agora son moitos os cigarróns que locen o traxe con esforzo e orgullo, levados pola tradición trasmitida. Os zamarras negras buscan a perfeción con vestimenta impecable, carreiras rápidas e un estilo cada vez máis acorde coa fermosura dos brincos propios do cigarrón. Este ano mergulleime entre eles, metinme nas entrañas da plaza do pescadilla, no corazón do barrio, onde en segundos todo pode ocorrer. Alí andaban, marcando o territorio e sacudindo con elegancia os atrancos do camiño, mais eles son mozos cheos de enerxía e forza, e de seguro que serán imparables en anos. Pero no entroido sempre hai algo que queda, algo que dalgunha maneira fai medrar o sentimento e a devoción. O cigarrón veterano, o señor cigarrón de Verín, o guardián dos máis cativos, o que sempre soñou co desfile perfecto, este ano non poido lucilo en contra da súa vontade. Pero as agallas dos auténticos sempre teñen unha estrela que os alumea, e con casta e sabidoría, vestiu o traxe lexendario e no balcón da súa casa aceneou os chocos coa zamarra en alto, e a careta erguida, e quizáis coas bágoas escondidas, baixo o sátiro e cabrón sorriso do cigarrón. “Xan da botica”, grazas por ser un referente incansable deste sentimento indescriptible, que oxalá sexa recoñecido coma se merece, porque o teu legado será referentre nesta nosa festa! Miguel A. Prieto Chitín”

EN BREVE

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4 Roteiro poético en Allariz

Por qué estamos doentes? Tomamos máis medicamentos, a pesar de estarmos cada vez máis doentes. Todos os chamados feitos médicos son aqueles que máis lucros xeran: se as informacións sobre a prevención, a cura e o diagnóstico tivesen un efecto negativo na industria médica e farmacéutica, os feitos serían ocultados. Hai profesionais da saúde que non usan medicamentos nin cirurxías que coidan da saúde de moitos pacientes. Hai realmente médicos que evitan receitar medicamentos e son trocados por outros que lle receitan todo o que os pacientes lle piden. Todos sabemos dos efectos nocivos dos medicamentos e, por veces, eses efectos poden ser catastróficos, sobre todo cando vulgarizamos o seu consumo. As medicinas alternativas por veces teñen resposta para esta problemática. Estar doente non é normal, os animais salvaxes raramente están doentes, non teñen cancro nin ataques cardíacos, excepto cando son coidados polos humanos, pois xa toman medicamentos e comen comida procesada. Existen culturas en todo o mundo en que as persoas nunca tiveron cancro ou doenzas cardíacas ou problemas de próstata. Mais cando se comeza a ter un estilo de vida

“Existen culturas en todo o mundo en que as persoas nunca tiveron cancro ou doenzas cardíacas”

occidental, comezan os problemas. É aquí que se utiliza a expresión proba científica, pero non pasan de meras opinións. A proba científica é pagada e fabricada polas grandes empresas. Dicía un tal Jack Lalane , se o fixo o home non é para comer?. Nós sabemos que froitos e vexetais teñen sido xeneticamente modificados para que as culturas se tornen máis resistentes ás doenzas, pois tal como é a industria farmacéutica, o diñeiro é o que conta. Todo roda á volta da toxicidade no corpo. É interesante verificar que cando vostede está tóxico, o seu corpo tórnase altamente ácido e é aí que as doenzas entran. Cando o ph do seu organismo está alcalino é moito máis difícil ficar doente. As persoas que teñen cancro teñen un ph moi ácido. Alcalizar o organismo é fundamental para afastar as doenzas. Os alimentos alcalinos son, principalmente, alimentos con poucos azucres, como: - Sementes de abóbora, feixón branco, feixón de soia. - Salsa, coentros e allo. - Cebola, cenoura, alface, pepino, nabo, couve, xerminados, lentilla. -Aguacate, laranxa, limón e tomate. Ademáis de consumir alimentos alcalinos, outra forma eficaz de reducir a acidez no organismo é bebendo auga alcalina, cun ph superior a sete. Esta información é facilmente verificada no rótulo da botella de auga. João Damião

Este sábado 18 de marzo Allariz acolle o seu IV Roteiro Poético “Ponme un poema” a partir das 20 horas. Nuria Vil e Vanessa Glemsel serán as encargadas de encher os bares da vila de versos. Zoumas, A Micalla, Bule Bule e a Fundación Vicente Riscon serán as paradas deste roteiro.

4 Homenaxe ás mulleres, no Carballiño Centros educativos, entidades solidarias e asociacións renderon unha homenaxe este 8 de marzo ás mulleres que foron protagonistas ao longo da historia. No caso do Carballiño, esta referencia centrouse en tres mulleres científicas naturais da vila: María Eugenia Pereira Rodríguez, nacida en 1895, que foi xefa de laboratorio en Barcelona e elaborou o primeiro dentífrico líquido; a primeira muller astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, nacida en 1914, e a catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular e primeira presidenta da Academia de Farmacia, Mª Teresa Miras Portugal, nacida en 1948.

4 Roteiro poético en Allariz O Concello de Xinzo prestou a súa colaboración á Asociación AIMIL FOLK para organizar un curso de batería, que se levará a cabo o 30 de abril na Casa de Cultura, de 11 a 13:30 e de 15:30 a 20 horas. O prezo desta actividade é de 38 euros e para participar é precisa inscrición previa, que pode facerse no 606 68 22 74 ou en xoanls@hotmail. com.


CLASIFICADOS

Barrios Marzo 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº35 - Ano: X - Marzo 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Económica. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa para entrar a vivir en Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@ gmail.com. Alugo local económico. 15 metros cadrados. Valeiro pero pódese amoblar con mobles de oficina. Baños comunitarios. Ao lado da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo baixo comercial Centro Comercial Couto, acondicionado, dúas prantas, 70 m útiles. Prezo: 380 Eur. Tel. 636 32 95 24. Alugo apartamentos, de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo habitación céntrica económica en Ourense. Tel. 687 134 387.

COMPRA /VENDA Véndese botelleiro para bar e 3 bicis, dous lavacabezas para perrucaría seminovo. Tel. 672 08 93 49. Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79.

Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 338 473. Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap).

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Disponibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Marzo 2017

Barrios marzo 2017  

Portada variada neste número de marzo do Barrios. A primeira pedra da ITV do Carballiño xa está colocada; para finais de ano estará operativ...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you