Skip to main content

Barrios febreiro18

Page 1

[Páx. 11]

Entrevista á presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez VERÍN

Páx. 2

Mesa local contra a violencia de xénero de Conso-Frieiras

XINZO

Páx.4

Plantación de 1.000 novos carballos en Trasmiras

ALLARIZ

Páx.6

Aumenta a reciclaxe en Allariz co servizo “Porta a porta”

O CARBALLIÑO Páx.8

CELANOVA

O matadoiro do Carballiño, previsto para xuño

Baixada das infraccións penais en Celanova

Ata o ano que vén!

Páx.9

[Páx. 12]

O entroido viviuse con gran intensidade en todos os puntos da xeografía ourensá. /M. REJO, A. MÍNGUEZ E RAMSÉS.

Número: 46 - Ano: XI - Febreiro 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Febreiro 2018

VERÍN E COMARCA

A Xunta rehabilita as vivendas dos mestres de Cualedro

EN BREVE

4

Inscrición para a Feira do Lázaro O Concello de Verín mantén aberto ata o 28 de febreiro o prazo de inscrición para os expositores da Feira do Lázaro, que terá lugar os días 16, 17 e 18 de marzo na Praza da Mercé. As inscricións poden entregarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín ou por correo electrónico adl@verin.gal. Os interesados deben saber que o aluguer de stands ten un custo de 70 euros para os participantes da comarca e da Eurocidade, e 90 euros para o resto.

4

Novo centro de día de Verín O Concello abre o prazo de preinscrición para acceder aos servizos do novo centro de día, situado na parte inferior da Praza de Abastos que abrirá proximamente. O centro de día, que acollerá a 36 usuarios, ofrecerá unha atención integral a maiores e dependentes, co fin de mellorar a súa autonomía persoal e apoiar ás familias coidadoras. Devandita atención poderá escollerse en réxime de media xornada ou xornada completa. A preinscrición pode realizarse na Oficina de Servizos Socias Municipal, no 988 41 47 76 ou nos enderezos servizossociais@verin.gal e maiores@verin.gal.

4 Darán lugar a cinco vivendas protexidas en alugueiro. Redacción Participantes procedentes de Riós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conxo./M.R.

Constituída a mesa local cotra a violencia de xénero de Conso-Frieiras 4 Co obxectivo da promoción de políticas e actuacións, así como a detección precoz. Redacción O CIM da Mancomunidade de Conso Frieiras constituíu este 16 de febreiro a mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que están integrados os concellos de Riós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso, e á que asisitiu a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella. O obxectivo xeral des-

ta Mesa Local é a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero. López Abella indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación deste problema, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, ofrecendo atención e resposta áxil ás vítimas, mellorando a protección

das vítimas de alto risco e sensibilizando na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral; procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Así mesmo, engadiu como obxectivo específico desta Mesa Local de Coordinación a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero.

Ehtel Vázquez, xunto ao alcalde de Cualedro./M.R.

Seguinte paso para o parque de Fontenova

4

Exposición “Entrenubes” Do 20 de febreiro ata o 14 de marzo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entrenubes”, exposición fotográfica aérea de Antonio Martín Vaz. A exposición “rende homenaxe á grandeza do Castelo de Monterrei, cunha serie de fotografías tomadas desde outro punto de vista, desde as alturas, a vista de dron”, explicou o autor.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, e o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, visitou as vivendas dos mestres deste municipio, que se van rehabilitar cun investimento de 360.000 euros, para poñer a disposición dos veciños que máis o precisen 5 novas vivendas protexidas en alugueiro, con 3 dormitorios e 73 metros cadrados.

Segundo espuxo o alcalde, o Concello de Cualedro prevé licitar e executar as obras neste mesmo ano 2018. Vázquez Mourelle explicou que a Xunta achegará o 86 % do investimento a través das ordes de axuda de mellora da eficiencia enerxética das vivendas propiedade dos concellos e a recentemente creada subvención para rehabilitación das vivendas de mestres, que permitiron que o ano pasado se rehabilitaran 16 vivendas de mestres, 7 delas na provincia de Ourense.

Redacción

O edil de Mocidade, Diego Lourenzo, participou na entrega de diplomas.

Entrega de diplomas do programa TEI O pasado 22 de xaneiro tivo lugar no IES Castro de Baroncelli o acto oficial de nomeamento de titores, con entrega de diplomas e carnets de titores aos trinta e dous alumnos de 3º da ESO que participan no programa TEI (Titoría Entre Iguais), un proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e, principalmente, evita a violencia e o acoso escolar. Baséase no acompañamento de alumnos de 3º de ESO a alumnos de 1º de ESO novos no centro, coa finalidade de axudalos na súa integración.

A Xunta de Goberno Local de Verín procedeu este 19 de febreiro á aprobación inicial do plan especial de infraestruturas e dotacións do futuro parque de Fontenova. De seguido, terá lugar a apertura de dous meses para que se presenten as correspondentes alegacións.

A continuación producirase a aprobación definitiva do plan, o que permitirá a adquisición dos terreos, a cal o alcalde de Verín agarda que teña lugar a comezos deste verán. Este documento inclúe tanto o deseño do gran parque de sete hectáreas que se construirá -e inclúe amplas zonas axardinadas, áreas de xogos e para mascotas, e ata unha lagoa artifical - como a normativa do centro de artes escénicas de Verín, que quedara no aire coa anulación do PXOM.


VERIN E COMARCA

Orientacións para aprender máis e mellor no IES García Barbón O Departamento de Orientación é un servizo de asesoramento pedagóxico ao conxunto da comunidade educativa e as súas actividades deben axudar a promover unha formación plena da personalidade dos estudantes. Por iso, aproveitamos a nosa presenza neste medio de comunicación para dar a coñecer algunhas recomedacións xerais –hábitos de vida- e específicas –hábitos e técnicas de estudo- que poden ser de utilidade. As recomendacións ou consellos xerais teñen estreita relación cos hábitos da vida diaria. As aportacións que se facilitan son breves, acuden a fontes bibliográficas fiables e normalmente incorporan material audiovisual. En concreto, nestes consellos e recomendacións xerais tratamos os temas que se detallan: a importancia de durmir ben, autodisciplina e logro das nosas metas, actividade física e saúde, o alcohol e os seus efectos, falamos de drogas, da importancia do almorzo, do coidado do noso cerebro e de alimentarse ben. Consideramos prioritario que a información completa chegue ás familias e ao alumnado e nos axude a reflexionar sobre os nosos hábitos de vida e a súa

influencia na nosa saúde física e mental. Tamén se fai fincapé na relación de todos os temas tratados co rendemento académico e o desenvolvemento físico e mental. No que se refire a outras recomendacións específicas –hábitos e técnicas de estudo-, facemos referencia a distintos vídeos de potencial utilidade para os estudantes: forza de vontade e autocontrol, autodisciplina e autocontrol, crear hábitos de traballo, hábitos e técnicas de estudo, mapas mentais, consellos para aprender mellor, etc. Entendemos que o material audiovisual elixido pode ser de axuda para traballar e reforzar un principio básico: sen tempo non hai aprendizaxe. Complementariamente, faise fincapé na necesidade de planificar o tempo de estudo e de adquirir bos hábitos de autocontrol e autodisplina. Todo isto vai ser elemento clave para que o estudante aprenda máis e mellor. A información completa sobre hábitos xerais pódese ver en: http://xurl. es/fso01. A información completa sobre hábitos específicos pódese ver en: http:// xurl.es/2i4at.

Orientacións no IES García Barbón.

Barrios Febreiro 2018

Workshop de turismo

Visita a unha das adegas da DO Monterrei durante o workshop de turismo organizado para axencias nacionais e internacionais durante a pasada edición de Xantar.

O C.R.D.O. Monterrei promoveu un workshop de turismo destinado a representantes das axencias Vivencial, Actiselect, Go! Travel, Funtasticlab, Euro Patogonia e Wellcome Douro; para darlles a coñecer a historia da viticultura. Visitaron adegas, a igrexa de Santa María de Graza, o Palacio dos Condes, a Torre das Damas, o Hospital da Trindade, e a mostra “Dionisos: 2.000 anos do viño en Monterrei” .


Barrios Febreiro 2018

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Descenso da criminalidade

4 Bruxelas

Compromiso por Galicia levará a Bruxelas dúas reivindicacións do colectivo de produtores de pataca da limia. Estas serán referentes á normativa de cepillado da pataca en relación a parasitos na que os produtores observan unha eiva en relación a acción da UE en distintos países membros. Ademais CxG demanda á Xunta activar o plan de regadío da Limia.

4 Reunión O presidente da Xunta de Galicia recibiu ao alcalde de Xinzo de Limia. Na reunión mantida trataron sobre varios asuntos de interese local. Entre eles abordaron o acondicionamento inmediato da Avenida de Celanova, mellora do Campo da Feira, mellora do alumeado da Avenida de Portugal ou a creación dun polideportivo anexo ao pavillón municipal para dar cabida a toda a demanda deportiva, entre outros temas.

4 Conferencia

O alumnado de catro e cinco anos do CEIP Rosalía mantiveron unha conversa (vía videoconferencia) coa gaiteira ourensá Cristina Pato. A internacionalmente coñecida artista contestou ás preguntas dos cativos desde Nova York.

4 Baltar A Xunta vén de iniciar as obras de reparación de beirarrúas e mellora da accesibilidade en Baltar, na estrada OU-304, que contan cun orzamento de máis de 240.000 euros.

4 Así se deu a coñecer na Xunta Local de Seguridade da Limia. Redacción

Plantación dos Carballo. /M. REJO.

Plantan 1.000 novos carballos en Trasmiras 4 Medio Rural mobiliza terra para conservar o patrimonio natural. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu en Trasmiras a plantación de 1.000 carballos, no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Juana de Vega para a potenciación e mellora do carballo galego. A conselleira salientou que este tipo de proxectos permiten conservar o patrimonio natural de Galicia e reforzar as variedades autóctonas a través dunha rede de parcelas de alto valor xenético. Este proxecto, no que traballan o centro de investigación forestal de Lourizán, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e a propia Fundación Juana de Vega, ten como finalidade crear unha serie de plantacións de quercus robur máis variadas que as que existen na actualidade. Para iso estanse

reunindo árbores de diferentes procedencias xeográficas da mesma zona climática, co obxectivo de lograr parcelas cun alto valor xenético en terreos propiedade da comunidade autónoma. Ángeles Vázquez incidiu en que este traballo vai precisamente en consonancia cos puntos marcados na revisión do Plan Forestal de Galicia. Neste senso, sinalou que se pretende aumentar a superficie arborada ocupada por piñeirais e bosques de frondosas caducifolias, de forma que se favorezan sobre todo bosques de especies propias como é o caso dos carballos, fronte á expansión de especies foráneas. A conselleira matizou que é importante favorecer a alternancia, descontinuidade e diversidade da paisaxe forestal galega pero sempre apostando polas variedades autóctonas e contribuíndo á mellora da biodiversida-

de. Campos de experimentación Os campos de experimentación onde se leva a cabo este proxecto están localizados en tres predios, propiedade do Banco de Terras, das provincias da Coruña, Lugo e Ourense. No que atinxe á nosa provincia este está no concello de Trasmiras, cunha extensión de 9.968 metros. Logo dunha primeira fase onde se levaron a cabo labores de replanteo durante o verán e preparación do terreo no outono, comézase agora coa plantación de exemplares seleccionados previamente en dous viveiros de Lugo e Pontevedra.

Preténdese lograr parcelas cun alto valor xenético

O Concello de Xinzo de Limia acolleu unha reu-nión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o Tenente de Alcalde do concello de Xinzo, Manuel López Casas, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local. Na reunión deuse conta dos informes en materia de seguridade que afecta aos

concellos de Xinzo da Limia, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás e Vilar de Santos. Os datos que reflicten as estatísticas amosan unha continuación á baixa do número de infraccións penais rexistradas na comarca de Xinzo en 2017 con respecto ao ano anterior, así como tamén do número de delitos contra o patrimonio. Tamén descenden as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial, e pola contra aumentan as infraccións administrativas de xeito considerable.

Reunión da Xunta de Local de Seguridade da Limia.

Aprobado o orzamento de Vilar de Santos Redacción O orzamento do Concello de Vilar de Santos para este 2018 -aprobado no pleno de febreiro- é de 1.020.000 euros. O que supón un incremento do 30% máis respecto ao do ano pasado. O gasto de persoal supón un 36%; o gasto corrente,

un 21,9% (un 3,8% menos que en 2017); e un 40% irá destinado a inversión. Ademais, as taxas e impostos municipais quedan, por cuarto ano consecutivos, conxelados. O Concello asumirá os posibles incrementos nos custos. “Estes orzamentos son un reflexo das nosas prioridades e son indicativos da excelencia e boa xestión levada a cabo no concello”, explicaba o seu alcalde, Xan Xardón.


PUBLICIDADE

Barrios Febreiro 2018


Barrios Febreiro 2018

EN BREVE 4 Caravana A Xunta de Galicia cédelle, en propiedade, ao concello de Maceda unha caravana co fin de reforzar o servizo municipal de emerxencias e protección civil. A cesión terá carácter definitivo e o concello de Maceda farase cargo de tódolos gastos que puideran supoñer a cesión.

4 Teatro O Concello de Allariz organiza un ciclo de teatro amateur. Serán tres domingos na Casa da Cultura a partir das 18:30 horas (entrada a dous euros e un euro -con tarxeta cidadá). O domingo 25 de febreiro representarase a función “Que medo!”; o día 4 de marzo, “WC, o baño”; e o día 11, “A illa marela”.

ALLARIZ E COMARCA

Primeiro congreso de AJE Ourense 4 Tivo lugar en Allariz. Redacción Allariz acolleu o primeiro congreso de AJE Ourense baixo o lema “iFuturo”. Varios ponentes deron o seu punto de vista sobre o escenario deste congreso no que participaron representantes de marcas tan recoñecidas como Coren, Adolfo Domínguez ou Hijos de Rivera, entre outros que falaron dos comezos das súas firmas. Tamén estivo representada a Xunta de Galicia coa presenza do conselleiro

de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen animou aos xóvenes empresarios galegos a seguir traballando como axentes dinamizadores, potenciando a apertura de novos mercados e a internacionalización das súas empresas. Preto de 200 asistentes participaron desta primeira edición. Entre os temas tratados polos profesionais do sector destacou o cambio ao que as novas tecnoloxías foi imprimindo ao tipo de

tenda nesta actividade, pasando da tenda multimarca á franquicia a tenda propia e agora o ecommerce, ou a simultaneidade de todas, ademais de destacar as vantaxes de cada unha delas. Soñar Lois Babarro, presidente de AJE Ourense afirmou que “é necesario ter ilusión, un recurso intaxible pero vital, por iso”, continuou, “que ninguén vos diga o que podedes ou non soñar”.

Empresas como Coren ou Hijos de Rivera falaron dos seus inicios

4 Turismo Preto de 43.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística durante o ano 2017 e máis de 8.000 visitaron Allariz con Reatur. 42.967 visitantes foron atendidos na oficina de información turística.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no congreso de AJE Ourense. /RAMSÉS.

4 Novo servizo en Allariz. A reciclaxe en Allariz funciona. Durante o 2017 este concello ourensán recolleu 296 toneladas de restos orgánicos que se

4 Para participar na Semana Santa ao Vivo. Redacción O Concello de Allariz busca artistas para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2018. Como cada ano, a área de Promoción Económica organiza a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que, conxuga arte, tradición e cultura. Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza,

Convenio colectivo en Maceda

Reciclaxe porta a porta Redacción

Allariz busca artistas

converteron en 30 de abono para hortos e xardíns. Isto fai unha media de 50 quilos por habitante. Desde o concello estiman que entre o 30 e o 40% dos veciños fan unha boa reciclaxe. En

total foron 751 toneladas (aceite, roupa , papel, plástico e vidro), un 15% máis que en 2016. Estos foron os datos que o concello desvelou do Programa RE durante o ano pasado Novo servizo O Concello de Allariz pon en marcha o servizo porta a porta para a reciclaxe en grandes produtores e na hostalería da vila.

O motivo é seguir crecendo na recollida de residuas, nesta ocasión dos que xeneran os visitantes.

Panel de reciclaxe en Allariz. /RAMSÉS.

Redacción A mesa xeral de negociación do Concello de Maceda aprobou, o pasado mes de xaneiro, o primeiro convenio colectivo para o persoal laboral,

espectáculos de maxia ou teatro, entre outras. Así, o Concello de Allariz busca artistas que desexen actuar durante a Semana Santa nas rúas do Casco Histórico de Allariz para amenizar o paseo dos transeúntes. Inscrición Para participar é preciso cumprir as Bases de Participación que poderán descargar na páxina web www.allariz.gal. Para máis información deben contactar coa Área de Promoción Económica do Concello de Allariz a través do correo electrónico participa@allariz.com ou do teléfono 988 442 210.

cunha duración de catro anos. Ademais tamén se firmou o primeiro acordo regulador para o persoal funcionario e as primeiras bases de contratación do Concello de Maceda. A maiores, pactouse o texto da futura Ordenanza Reguladora das Bases Xerais de contratación de persoal ao servizo.

Mesa xeral de negociación de Maceda.


PUBLICIDADE

Barrios Febreiro 2018


Barrios Febreiro 2018

especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

Paneis informativos sobre o clima O Concello instalará por distintos lugares da vila paneis informativos cos datos máis significativos sobre as condicións climáticas do Carballiño nos últimos 34 anos -data da creación da Estación Meteorolóxica do Carballiño polo profesor de Física e investigador, Miguel García, no Instituto Manuel Chamoso Lamas-. Os paneis foron elaborados coa documentación recollida por este investigador dende 1984, e o deseño é obra de Diego Reboredo. Está previsto instalar cinco

paneis exteriores en cinco lugares significativos da vila, como o Parque Municipal e o Parque Etnográfico, entre outros. Colocaranse, ademais, uns paneis interiores noutros lugares, como a Oficina de Turismo. Nos paneis figuran, entre outros, o ano coa temperatura media máis cálida, que foi 2017 con 14,2º, e o ano coa temperatura media máis fría, que foi 1986 con 11,5º, ou o ano máis chuvioso, que foi o 2000.

Presentación dos paneis sobreo o clima dos últimos anos.

O matadoiro do Carballiño, previsto para xuño O novo matadoiro do Carballiño podería entrar en funcionamento o próximo mes de xuño. Así o confirmou o representante da sociedade adxudicataria “Matadero de Carballiño S.L.”, Emilio Pedro González, trala sinatura do contrato. Na firma estivo presente o alcalde da vila, xunto ao seu concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira. O orzamento previsto sitúase nos 1.100.000 euros máis IVE, e comprende tanto a obra civil como a maquinaria. O proxecto de Jesús Fernández contempla a habilitación desta instalación para convertela nun referente dos matadoiros da provincia e de Galicia. Será especialmente significativo o tratamento sanitario e medioambiental e de depuración, cumpríndose escrupu-

losamente a lexislación, e cunha balsa de puríns que serán recollidos por unha empresa especializada, e a cocción do sangue para convertelo nun residuo sólido. O matadoiro conta con 1.600 metros construidos, e terá dúas líneas de funcionamento: bovino e ovino, ainda que non se descarta que incorpore gando porcino máis adiante. Levará cinco peiraos de carga e cortes na parte posterior. Está previsto que a obra de reforma comece neste mes, de forma que entre en funcionamento en xuño sen que impida que prosigan os traballos da reforma. Satifacción Francisco Fumega amosou a súa satisfacción por asinar o contrato administrativo da posta en funcionamento do matadoiro,

que pon fin a un longo proceso. Agradeceu a aposta da sociedad adxudicataria polo Carballiño e referiuse á creación de emprego que conlevaba. Contémplase unha plantilla inicial de 13 ou 14 traballadores, que podería ampliarse a 18 a pleno rendimento. Hai un grupo de 5 carballiñeses que traballan actualmente no matadoiro de Ourense e que se integrarían no do Carballiño. Adolfo Nogueira tamén amosou a súa satisfacción polo remate do proceso de xeito positivo, destacando sobre todo o servizo que ía prestar aos carniceiros do Carballiño e á comarca.

Contémplase unha plantilla inicial de 13 ou 14 traballadores

A Festa da Cachucha, referente do Entroido gastronómico A 24ª Festa da Cachucha, celebrada este domingo 18 de febreiro, foi a máis multitudinaria da historia, rexistrándose a maior afluencia de visitantes e comensais de todas as celebradas. A maioría do arredor de 30 restaurantes e mesóns que ofrecían a degustación da cachucha como menú do día, rexistraron o cheo nos seus locais. Para o sector hostaleiro, este domingo foi un dos mellores do inverno, pois, ademais dos restaurantes e mesóns, os bares e cafeterías tamén tiveron un gran movemento dende o mediodía

ata a noite. Programación A este éxito contribuiu a programación cultural e de entretemento, como os desfiles de folións, comparsas e charangas do mediodía e da tarde, e a verbena coa orquestra Gran Parada na praza Maior, prolongando a festa ata pasadas as 11 da noite. Ademais o bo tempo, foi alicente para que moita xente de fóra do Carballiño se achegara para gozar do último día do Entroido na vila do Arenteiro.

Desfile de folións, charangas e comparsas este domingo.//R.T.

Momento da firma do contrato entre o Concello do Carballiño e a empresa adxudicataria.

Visita do presidente da Deputación de Ourense O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, visitou diversas obras financiadas polo organismo provincial no concello do Carballiño. Achegouse ata o estadio de Espiñedo, ás Caldas de Partovia e á rúa Otero Pedrayo, cuxas obras de reforma da rede de abastecemento e asfaltado comezarán en breve. O alcalde acompañouno polo estadio de Espiñedo, onde o ente provincial investiu 60.000 euros. O presidente da Deputación compromoteuse a financiar a colocación de cadeiras nas bancas de grada

Partovia En Caldas de Partovia, a Deputación financiou o asfaltado e mellora da rede de abastecemen-

to ademais da beirarrúa e acceso al balneario, cuxo custo foi de 60.000 euros; na visita anunciouse o asfaltado da estrada dende Montegrande ás Caldas. Finalmente, visitou a rúa Otero Pedrayo, cuxas obras de reforma comezarán en breve co cofinanciamento da Deputación e do concello.

Visita institucional a Espiñedo para ver as obras de mellora.


CELANOVA E COMARCA

O fondo local sobre Curros Enríquez amplíase 4 Con 42 documentos. Reunión da Xunta de Seguridade de Celanova.

Baixada das infraccións penais en Celanova 4 Segundo os datos da Xunta Local de Seguridade. Redacción Membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local, xunto co alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, participaron nunha reunión da Xunta Local de Seguridade. Nela desvelaron que as infraccións penais baixan de xeito considerable na comarca. Os representantes das diferentes forzas e corpos de seguridade foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá. Na Xunta Local de Celanova analizáronse

La selva dorada Redacción O pasado 8 de febreiro, a Casa dos Poetas de Celanova acolleu a presentación do libro “La selva dorada”, obra do autor Juanjo Lamelas. Na

os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2017, e que expresan unha tendencia considerable á baixa na totalidade das infraccións penais, sendo esta baixada máis acusada no referente aos delitos. Os índices de esclarecemento mantéñense e as detencións descenden. Tamén descenden lixeiramente as infraccións contra a seguridade vial e as infraccións administrativas.

Destaca o descenso de delitos durante o ano 2017 presentación estivo José Luis Ferro, presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova. Juanjo é profesor do CEIP Curros Enríquez de Celanova, o que o vincula dunha maneira moi clara coa vila de San Rosendo.

Presentación do libro na Casa dos Poetas.

Redacción O fondo local de Celanova que se está a crear na Casa dos Poetas incorpora nova documentación. A Fundación Curros Enríquez recibiu, en

depósito, documentación relacionada coa casa e familia do poeta. Incorpóranse agora a este arquivo 42 documentos depositados por José Antonio Feijóo Sánchez en nome das familias

Feijóo Sánchez, Feijóo Vázquez e Feijóo Cortés. Dita documentación ten relación con José María Curros (pai do poeta Manuel Curros Enríquez), Socorro Curros (irmá por parte de pai do citado escritor celanovés), Isidoro de la Cal (marido de Socorro), Pilar de la Cal (filla de Socorro e Isidoro) e Serafín Feijóo (marido de Pilar de la Cal). A cronoloxía vai desde a segunda metade do século XVIII ata os anos 30 do século XX.

Barrios Febreiro 2018

Tractor para Ramirás Redacción O Concello de Ramirás dispón dun tractor grazas a unha axuda de 90.000 euros de Medio Rural. O tractor utilizarase para a roza. Ademais, mercouse maquinaria complementaria. A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, fixo o acto de entrega co alcalde, Juan Carlos Rodríguez.


10

Barrios Febreiro 2018

EN BREVE

4 Atrifoga A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia de Tres Meses (ATRIFOGA) enviou aos medios de comunicación un comunicado no que queren expresar o seu máis absoluto descontento coa actitude da Cosellería de Medio Rural e a súa Secretaría Xeral Técnica, despois de anunciar, o 15 de febreiro, a incorporación dos traballadores fixos discontinuos de 9 meses. “Nestes últimos meses”, di a mensaxe “nos que se acadara un compromiso por parte de dona Carmen Bouso para unha reunión a finais de novembro, coa intención de buscar unha solución para os traballadores de 3 meses, o único que recibimos foron excusas e ningún achegamento pola súa parte”. “Namentres uns traballan, Atrifoga segue loitando pola vía do diálogo, aínda que a nosa conselleira non parece estar interesada”, finalizan.

4 Axudas para contratar no rural O día 6 de marzo remata o prazo de solicitude para as axudas aos concello rurais para a contratación de desempregados dentro do programa Aprol Rural. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as bases do mesmo. A Xunta prevé a contratación de 430 persoas para a realización de tarefas vinculadas co sector forestal, como silvicultura, biomasa e limpeza de montes.

4 Lumes A Xunta ten remitido unha carta aos concellos ourensáns afectados pola vaga de lumes de mediados de outubro para informalos da tramitación dos convenios para acceder ás axudas que a Administración autonómica puxo á súa disposición.

PROVINCIA

Novas axudas para a modernización do agro 4 Como novidade, en 2018 os expedientes presentados por mulleres puntuarán máis. Redacción A Consellería do Medio Rural en 2017 investiu na provincia de Ourense unha partida de case 8,5 millóns de euros en axudas para a modernización das explotacións, con achegas para incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións. Estas subvencións repartíronse entre 139 explotacións e 93 mozos e mozas ourensáns que decidiron apostar o seu futuro laboral polo mundo agrogandeiro. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitou unha explotación de vacún de carne emprazada en Sas de Xunqueira, no concello da Pobra de Trives, que foi beneficiaria destas subvencións o pasado ano. En concreto, o departamento autonómico, dirixido por Ángeles Vázquez, concedeulle unha axuda de 10.900 euros sobre un investimento total de 21.800 euros. A súa propietaria, Ángela Álvarez, destinou

esta achega á adquisición dunha segadora rotativa e á execución de diversas obras de mellora dos accesos á explotación. Marisol Díaz aproveitou esta visita para anunciar que a Consellería do Medio Rural publicará este mes a convocatoria para este ano destas axudas. En 2017 aprobáronse 232 expedientes na nosa provincia.

res puntuarán máis e que se optimizará a convocatoria no eido dos plans de mellora, para achegar estas axudas a un maior número de perceptores. Tamén puntuarán as explotacións con seguro agrario contratado e, por primeira vez pola demanda do sector, aquelas incluídas no control oficial de rendemento leiteiro.

Novidades Esta nova convocatoria recolle algunhas novidades para mellorar o reparto destas subvencións. Así, a delegada territorial subliñou que os expedientes presentados por mulle-

Marisol Díaz anunciou que Medio Rural publicará neste mes a convocatoria

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, na explotación de Sas de Xunqueira.

Sete millóns para a rehabilitación de vivendas 4 Poden solicitarse as axudas ata o 15 de outubro. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Vivenda,

Ethel Vázquez, comunicou que xa está aberto o prazo para que os galegos soliciten axudas á rehabilitación

de vivendas por importe de máis de 7 millóns de euros. Así o dixo durante a rolda de prensa na que, xunto co director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, presentou as liñas de fomento da recuperación do patrimonio construído, ás que o Goberno galego destinará neste ano case 40 millóns de euros. A conselleira detallou que xa están convocadas 4 ordes de axudas, como a de

Marisol Díaz no parque empresarial de Cortegada.

Melloras no parque empresarial de Cortegada 4 A Xunta inviste 120.000 euros. Redacción O parque empresarial A Cancela, emprazado no concello ourensán de Cortegada tivo, por parte da Xunta de Galicia, unha achega de 120.000 euros para a súa remodelación, conretamente na urbanización de viais deste polígono. Esta cantidade está dentro da liña de axudas para parques empresariais do pasado ano, no que o goberno galego destinou un total de 870.000 euros a actuacións de habilitación e mellora de infraestruturas en 10 parques empresariais da provincia de Ourense.

préstamos subsidiados pola cal os cidadáns poden acceder a créditos para financiar obras de rehabilitación cos xuros subvencionados ata nun 100% pola Xunta de Galicia. Esas axudas, convocadas a primeiros de febreiro, pódense solicitar ata o 15 de outubro. Outras axudas Tamén está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas na Área de rehabilitación integral

O departamento autonómico de Economía xa ten activado o programa de axudas deste exercicio, cuxa convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia en xaneiro. Esta liña de axudas está dotada con 5,8 millóns de euros para financiar actuacións relacionadas coa posta en marcha de plantas de depuración de augas, xestión de residuos, mellora de infraestruturas viarias interiores e exteriores, sistemas de seguridade e vixilancia e equipamentos contra incendios e contra o roubo de cable. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro.

das sete rutas oficiais dos Camiños de Santiago. O importe da convocatoria é de case 3 millóns de euros. Así mesmo, pódese acceder ás axudas para rehabilitación os propietarios de infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, para dotalas dunhas condicións de habitabilidade. A axuda é do 95% do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda.


ENTREVISTA

ENTREVISTA Á PRESIDENTA DO COLEXIO DE ENFERMARÍA DE OURENSE, ASCENSIÓN PÉREZ SAMPAYO

“Preocúpanos a tensión á que están sometidos os profesionais” 4 Ascensión Pérez fálanos dos novos proxectos e fai balance de 2017. Redacción A presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, fai balance do ano 2017 e avanza os novos proxectos para 2018. Confía en que o Observatorio de Agresións faga sentir protexidos aos colexiados, opina que a enfermaría ourensá vive un momento de unión que permitirá avanzar cara a grandes proxectos e insta aos e ás profesionais a investigar e a presentar os seus proxectos de formación á organización colexial. Cal é o balance de 2017? Ascensión Pérez: “Foi un ano moi positivo para a enfermaría ourensá porque nestes momentos o colectivo está totalmente unido en todos os estamentos e iso permitiranos avanzar en grandes proxectos e cara á excelencia”. Cales foron os grandes proxectos do ano que rematou? A.P.: “Destacaría dúas cuestións. Por unha banda, a posta en marcha na organización colexial dun servizo de apoio á investigación e, por outro, a firma dun convenio coa Deputación de Ourense sobre termalismo. Creo que son os dous grandes proxectos do ano”. En que punto está o convenio sobre termalismo? Avanzouse nel? A.P.: “Este convenio nace co obxectivo de que os profesionais de enfermaría poidan realizar unha indicación correcta das augas termais, un gran potencial que temos en Ourense. Queremos que esa parte lúdica do termalismo transfórmese tamén nunha indicación terapéutica, porque pode

haber un uso correcto ou incorrecto das mesmas, en función de patoloxías asociadas que poida ter cada usuario. O que avancemos a partir de agora no convenio xa depende de que nos impliquemos os colexios profesionais de médicos, enfermaría e de farmacéuticos, para ver se somos capaces de facer unha indicación terapéutica para os usuarios desas augas”. Hai formación respecto diso no grao de enfermaría? A.P.: “É outro dos proxectos nos que traballamos. Queremos que se poida inculcar aos profesionais, na propia formación de grao da enfermaría, o potencial e as indicacións terapéuticas das augas termais. É un asunto que está pendente de que nos sentemos, pero creo que terá boa acollida. Creo que en 2018 teremos tempo de sentarnos os colexios profesionais, seleccionar o persoal para que traballe no proxecto e levalo á Consellería de Sanidade, para que incorpore a información terapéutica das augas termais que temos na provincia. Non se presta atención aos usos terapéuticos e mineromedicinales das augas? A.P.: “Preocúpanos que non se preste atención ás augas mineromedicinales e que se oculte o seu potencial en beneficio dos usos lúdicos das mesmas. Cremos que se debe potenciar o aproveitamento mineromedicinal das no-

“Personarase tamén o Colexio de Enfermaría en casos de agresións a profesionais”

Ascensión Pérez Sampayo, presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense. sas augas”. Unha novidade do 2017 foi a posta en marcha do servizo de apoio á investigación. A.P.: “Si, o Colexio de Enfermaría puxo a disposición dos profesionais de Ourense unha persoa de apoio que lles axuda a romper ese tabú que temos en enfermaría coa investigación, a normalizar esta situación dentro da súa formación e a adquirir autonomía. É unha vía pola que queremos avanzar. Queremos que os e as profesionais de investiguen máis, porque cremos que crecen cando investigan, cando len os seus propios artigos”. Por que existe ese tabú na enfermaría? A.P.: “Eu creo que o sistema sanitario é cada vez máis complexo e os actores principais, que somos médicos e enfermeiras, temos que traballar con protocolos consensuados. Se todos entendémonos e temos protocolos sobre como traballar, quédanos moito tempo á investigación. Tamén axudará a tecnoloxía, que vai simplificar algúns procesos e axudaranos a reducir o gasto sanitario. Se gañamos tempo con mecanismos e instrumentos que nos faciliten o traballo,

teremos tempo para investigar máis”. Prevé o colexio estimular a investigación con algún premio? A.P.: “Non descartamos esta opción cando vexamos que o servizo ten unha alta demanda e que existe un interese real por parte dos profesionais. Este ano xa foron premiados proxectos de enfermeiras con traballos dirixidos desde aquí e esperamos que sigan chegando premios. Cando todos rememos cara ao mesmo lado nunha provincia pequena como é Ourense, quizais podamos pór en marcha un premio á investigación”. O 2018 chega coa posta en marcha do Observatorio de Agresións. A.P.: “Si, é un dos alicerces do ano. Queremos que os profesionais entendan que non se teñen que personar eles se son vítimas de agresión, que se personará tamén o Colexio de Enfermaría, onde recibirán todo o asesoramento xurídico que necesiten no momento en que se produza unha agresión e para dar parte das agresións ao xulgado. É importante polo en marcha e espero que os colexiados sentan protexidos e colaboren con este proxecto”.

“O colectivo -de enfermaríaestá totalmente unido”, asegura Ascensión E haberá campaña de concienciación. A.P.: “Efectivamente, estamos a traballar nunha campaña de concienciación para o primeiro semestre do ano. Queremos mostrar o traballo que fan os profesionais da enfermaría de Ourense e deixar claro que nunca, nas súas decisións profesionais, hai ánimo de prexudicar ao paciente. Ao contrario, son decisións adoptadas cun criterio clínico e polo ben do paciente ou usuario”. Algunha novidade sobre o plan anual de formación para colexiados? A.P.: “O plan de formación ten unha parte que é un convenio coa Escola Internacional de Ciencias da Saúde. Pero temos outra parte na que son os nosos colexiados os que poden presentar o seu plan de formación. Nós avaliámolo, acreditámolo e pómolo en marcha. Por iso, quero lembrar que o enfermeiro ou a enfermeira que teña inquietude de impartir formación, pode

Barrios Febreiro 2018

11

desenvolvela no propio colexio. A organización colexial está aberta e á súa disposición”. Está nun bo momento a enfermaría ourensá? A.P.: “Hai un tema que nos preocupa e é a tensión ao que están sometidos os profesionais e que fai que se produzan xubilacións anticipadas a pesar de que perden diñeiro para a súa pensión. Pensar que lles compensa iso para evitar a tensión co que chegan os profesionais a casa, preocúpanos. O que ocorre é que ninguén coida ao coidador. Temos que humanizar a profesión e conseguir que os profesionais sentan como en casa, que lles deixen xestionar os recursos en cada unidade. Iso, ademais de facilitar o traballo e axudar a que sentan como en casa, permitirá aforrar custos sanitarios. Porque cando unha enfermeira prescribe, o sistema aforra”. Avecíñanse cambios na enfermaría? Fálase de máis especialización, prescrición? A.P.: “O proxecto a 2020 consiste nunha transformación da enfermaría e isto non pode volver atrás. Os e as profesionais teñen que ter unha actitude predisposta, porque é esa actitude a que fai avanzar ou retroceder”. Chegará por fin, en 2018, a prescripción enfermeira? A.P.: “Creo que non se pechará ata o segundo semestre. En España fixemos 90 versións para definir a prescripción enfermeira e que todo o mundo estivera de acordo. Parece que, por fin, teremos o amparo xurídico ao que se fixo sempre. Pero non é unha prescripción enfermeira ou médica, é colaborativa”.

“Queremos que os e as profesionais investiguen máis, porque cremos que medran cando o fan”, di


12

Barrios Febreiro 2018

especial ENTROIDO

De arriba a abaixo, desfile de Verín, desfile de Xinzo e os felos en Maceda./M.R. e R.T.

Desfiles do Carballiño, Celanova e Ourense ./RAMSÉS, A. MÍNGUEZ e M. REJO.

Verín, Xinzo e Maceda

O Carballiño, Celanova e Ourense

O Entroido na provincia de Ourense despídese ata o ano que vén. Durante varias semanas Ourense tinguiuse de festa para celebrar un dos mellores entroidos da península Ibérica. Na cita non faltaron os felos de Maceda, que foron os máis madrugadores en aparacer. Tamén estiveron presentes os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza e as pantallas de Xinzo. Os desfiles de Verín e Xinzo congregaron un gran número de público para ver as numerosas comparsas e carrozas, sempre moi creativas. Así mesmo, os felos percorreron os pobos de Maceda desde moi cedo na mañá do sábado.

O Carballiño, Celanova e Ourense tamén despediron os seus entroidos ata o próximo ano. A capital do Arenteiro pechou as súas actividades coa Festa da Cachucha, día no que, ademais, acolleu un desfile cos folións tradicionais da provincia e as comparsas premiadas no desfile do martes. Celanova tivo o seu día forte o sábado de Piñata, no que ata 58 comparsas e carrozas de toda a provincia déronse cita no desfile da vila de San Rosendo para pechar o ciclo entroideiro. Pola súa banda, en Ourense este ano houbo récord de participación no seu desfile do domingo, contando con 60 comparsas que encheron de cor as rúas da capital.


DEPORTES

EN BREVE

dera competir cos primeiros. No momento da rotura estaba lonxe da zona de boxes polo que tivo que facer parte do percorrido a pé. Nesta categoría cadete Ben Tullet (Gran Bretaña) foi o vencedor, seguido do checo Thomas Kopecky e do holandés Ryan Kamp.

4 Media maratón O vindeiro 4 de marzo O Carballiño celebra a VI Media Maratón do Carballiño. Ademais, haberá unha proba curta de 7 km. As inscricións están abertas en championchipnorte.com.

4 Fútbol Na Terceira División, o Arenteiro caeu en Espiñedo diante do Ourense C.F. no derbi ourensán da 26ª xornada. A derrota supón a cuarta consecutiva polo que os equipos de abaixo achéganse perigosamente ao conxunto dirixido por Manel Vázquez. Os do Carballiño son décimo terceiros con 28 puntos, a sete da zona de descenso.

4 Carriega O que é o mellor adestrador ourensán da historia, Luis Cid “Carriega”, deixounos o pasado 13 de febreiro. O enterro tivo lugar en Allariz e ata alí desprazáronse para darlle o último adeus persoas vínculadas ao mundo do fútbol como Enrique Castro “Quini”, a quen Carriega adestrara. O alaricano estivo no banco de, entre outros, Sporting, Zaragoza, Sevilla, Betis ou Atlético, ademais de Club Deportivo Ourense.

4 Hípica O 25 de febreiro, domingo, o hipódromo de Sandiás acolle unha xornada formativa de carreiras de cabalo de galope. A actividade dará comezo ás 10:30 horas e o ponente será Marino Gomes. Está dirixida a calqueira persoa que esté interesada nas carreiras de cabalos. Poden solicitar máis info en info@valdemundeteam.com ou no teléfono 606 400 725.

4 Bici e sendeirismo Xinzo de Limia será o escenario da primeira actividade de bici e sendeirismo que pasará pola antiga lagoa de Antela (en bici) e a Fervenza do Fírbeda (a pé). A inscrición ten un prezo de 18 euros ou de 33 con xantar incluido.

Iván Feijoo na proba disputada en Hoogerheide.

Canal rompe, Feijoo remonta 4 No Campionato do Mundo de Valkenburg. Redacción Na localidade holandesa de Valkenburg celebrouse a última proba do Campionato do Mundo de ciclocros na que participaron Iván Feijoo e Carlos Canal, do Club Ciclista Maceda Academia Postal Actyon MMR. Feijoo, na categoría sub 23, fixo unha gran remontada tras verse perxudicado por unha caída na primeira volta, que o relegou ás últimas

posicións. Volta a volta Feijoo foi adiantando a rivais ata rematar a proba na posición 26ª, a 5:48 minutos do campión. Canal Pola súa banda, Carlos Canal sufriu unha avaría que o relegou a postos máis discretos. O de Xinzo de Limia rematou no posto 63. E iso que rodou cos mellores chegando a estar sexto, pero a rotura na patilla do cambio fixo que non pui-

Colaboración entre Verín e o Celta 4 Para potenciar ás promesas da mocidade verinesa. Redacción O Celta de Vigo e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para potenciar ás promesas da mocidade verinesa. A sinatura, que estivo presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, realizouse no concello verinés e a ela asistiron Germán Arteta, director da Fundación Celta, e José Angel Rodicio, presidente das Escolas Deportivas de Verín. O alcalde agradeceu o apoio do Celta o deporte base de Verín, e destacou

que “é a primeira vez na historia que temos a tres equipos das nosas Escolas Deportivas xogando na liga galega, concretamente aos de cadete A, Infantil A e Xuvenil”. Con este convenio, as promesas do val do Támega poderán gozar de excepcionais vantaxes formativas e competitivas, como intercambiarse coas plantillas do Celta, asistir a formación e adestramentos e presenciar os partidos na Grada 0 de Balaídos. A escola conta con 350 nenos en equipos de fútbol sala e os 10 de fútbol.

Hoogerheide Non tiveron o seu mellor día os ciclistas co Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo e Carlos Canal, na Copa do Mundo celebrada en Hoogerheide (Holanda). Ivan Feijoo rematou de 39º. A pesar da boa saída, Feijoo sufría un pinchazo cando rodaba no posto 21. Isto fixo que tivera que cambiar de bicicleta, pero non foi quen de recuperar o ritmo das primeiras voltas o que o fixo perder posicións e baixar ata a 39ª final en categoría sub 23. Carlos Canal tampouco tiña o seu mellor día, e aínda que realizou unha boa saída perdía posicións en cada volta. Ao final remataba 46º, lonxe do top ten da semana anterior en Nonmay.

Barrios Febreiro 2018

13

10 anos xogando ao cachibol 4 30 maiores practican esta actividade. Redacción O Centro Sociocomunitario de Xinzo e a Concellería de Deportes, Educación e Xuventude levan máis dunha década ofertando a actividade deportiva de cachibol.

flexibilidade. Óscar Gómez, técnico deportivo do Concello de Xinzo, é o que se encarga de organizar os adestramentos desta trintena de maiores que frecuentan o pavillón de Deportes todos os venres ás 10:30 horas.

Que é? O cachibol é un deporte de equipo, adaptado do voleibol, no que ademais de contar con moita diversión, se traballa, entre outras capacidades, a coordinación, axilidade e

Gran momento O cachibol limián está no seu mellor momento, nunca ata agora se chegara a este número de usuarios, o que fai que as actividades e partidos sexan máis divertidos.

Practicantes de cachibol no Concello de Xinzo.


14

Barrios Febreiro 2018

4AXENDA Exposición - Ata o 8 de marzo - Exposición de Lucía Espino Alvarado e Tano Salvia (ContemporáneA) - Parque Náutico de Castrelo de Miño - Do 20 de febreiro ata o 14 de marzo - Exposición de fotografía aérea “Entrenubes” de Antonio Martín Vaz - Sala de Exposicións de Verín Música - 25 de febreiro - Concerto de Luis Pastor “Memorias en verso” - 20.30 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Cine - 24 de febreiro - Ciclo cine e música “O heroe do río” - BenComún espazo (Allariz) - 9 de marzo - Cinema mudo e música ao vivo “L’Inferno” (ContemporáneA) - Parque Náutico de Castrelo de Miño Outros - 23 de febreiro - Conferencia “Monterrei, capital histórica do libro en galego” - 19.30 h Biblioteca Municipal de Verín - 24 de febreiro - Presentación do libro “Vidas Culpáveis” de Borxa Colmenero - 20.30 h. - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 25 de febreiro - “Xornada formativa de carreiras de cabalos de galope” - 10.30 h - Hipódromo de Antela (Sandiás) - Ata o 28 de febreiro - Último día para presentar orixinais para o 7 º Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller na súa loita” Concello do Carballiño - 3 de marzo - I Gran Premio XCO Estacións Vivas - 16 h - Baños de Molgas - 4 de marzo - VI media maraton e III carreira curta 7 km. - 10.30 h - O Carballiño www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

7º Concurso fotográfico pola igualdade no Carballiño 4 Homenaxeará ás mulleres pioneiras nesta loita. Redacción O Centro de Información da Muller, o Centro Comercial Aberto e a Asociación Fotográfica O Potiños convocan a 7ª edición do Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: A muller na súa loita”. O concurso, que ten carácter nacional, foi presentado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Marina Ortega; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños,

Manuel Blanco. Marina Ortega explicou que o motivo do lema desta edición era render homenaxe ás mulleres pioneiras na loita pola igualdade, “aquelas feministas que crearon precedentes”. A concelleira tamén adiantou que este ano a Andaina pola Igualdade ía ter lugar o domingo 4 de marzo, con saída e chegada na Praza Maior, e cun percorrido de 16 km. Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, haberá tres premios de 300, 200 e 100 euros para os tres pri-

O premio María Moliner do 2017 é para Verín 4 Recibiuno a Biblioteca Municipal. Redacción O tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín, Diego Lourenzo Moura, acompañado pola edil de Cultura, Emilia Somoza, e dos responsables da Biblioteca Municipal, Vicente Rodríguez Xusto e Aurora Prieto Tarrío, recolleu o premio á Mellor Biblioteca de España -na súa categoría- da XVIII edición da Campaña de Animación á Lectura María Moliner

na Biblioteca Nacional de España. Deste xeito, a Biblioteca Municipal de Verín recibirá da Fundación Coca-Cola 12.000 euros, correspondentes ao mellor proxecto de animación á lectura de municipios de entre 5.001 e 20.000 habitantes, polo proxecto “Voluntariado cultural con rapaces/as para o fomento da lectura”. Proxecto Trátase dun proxecto consolidado, que xurdiu

meiros, respectivamente. Pola súa parte, Manuel Blanco, destacou a vitalidade do Carballiño no eido da fotografía a nivel de Galicia. Bases As bases do concurso poden consultarse na páxina web do concello, e son similares ás da última edición. As fotografías que se envíen on-line (a través do correo electrónico cim@carballino. gal ) deben facerse en arquivos JPG con resolución 2.400 pixels no seu lado maior (non superando os cinco megas). Admítense fotos apaisadas e de formato cadrado. Non se admiten fotografías con marcas de auga, sinaturas, marcos, nin pés de foto. A data límite para a presentación de fotografías será o 28 de febreiro e os premios entregaranse nun acto que se celebrará no Concello, o 8 de marzo ás 12 horas.

fai nove anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios. Destaca pola súa relación transfronteiriza levando as actividades da biblioteca a aldeas próximas de Portugal e polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social. Ao longo destes anos, foron máis de 500 actividades de fomento á lectura, onde tamén tiveron cabida multitude de conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e o servizo estrela do verán que é a BiblioPiscina e Biblio-Rúa, tamén atendidos polos voluntarios.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Novo concepto sobre o colesterol O colesterol elevado non é unha doenza pero si unha condición física que nos pode ocorrer. O problema é o exceso, como en todo na vida. Segundo os grandes entendidos na materia, “o colesterol só por si, non é factor de risco”. O colesterol é unha graxa esencial e benéfica; entre outros beneficios, constitúe unha película aislante ao redor das fibras nerviosas e forma parte do kit de reparación das arterias. O risco está cando vai asociado á hipertensión e arterias deterioradas. A industria farmacéutica pensou un día obter lucros xigantescos fabricando un comprimido para baixar o colesterol e conseguiuno. Interesante é o feito inmediato de incluir cedo a necesidade de se tomar todos os días, e para o resto da vida, o que creo que non será ben así. Perante esta situación, débese consultar un profesional de medicina alternativa que

pode reducir o colesterol sen gastar todos os meses tanto diñeiro, dado o prezo elevadísimo que teñen eses comprimidos e, sobre todo, as graves contraindicacións para a saúde. Verifícase que, actualmente, os cardiólogos preocúpanse máis que do estado das arterias obstruídas e encamiñan aos doentes para facer un exame que denominan “coronariografía por tomografia computorizada”. É simple e indoloro e dá un resultado fiable sobre o estado das arterias. Os fumadores, os grandes consumidores de aceites hidroxenados, lacticinios e cloro da auga, acaban por aumentar o risco de lesións nas arterias. É nesta situación que o colesterol elevado presenta maior risco para o sistema cardiovascular. Tamén é verdade que algúns cardiólogos afirman que os medicamentos para baixar o colesterol non reducen o risco de ataques cardíacos e de AVCs. João Damião

Imaxe real dunha arteria cos efectos do colesterol no seu interior.


CLASIFICADOS

Barrios Febreiro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº46 - Ano: XI - Febreiro 2018 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel: 638 678 381. Vendo apartamento de 2 habitacións, novo. Cociña americana, trasteiro, garaxe. A 5 minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel.: 620 660 762.. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa na estrada de Santiago, alugo 2 oficinas na r/ Progreso e alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel.: 607 271 916. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo terreo edificable, 1.800 metros2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94.

Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330.

EMPREGO Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259. Precísase condutor para formigoneira na zona de Borrán (preto de Xinzo de Limia), con experiencia. Tel. 639 81 39 05 - 645 17 81 11.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 685 085 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


16

Barrios Febreiro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios febreiro18 by Periodico Barrios - Issuu