Entrevista a Anxo Pérez, secretario comarcal da CIG en Ourense [Páx. 17]
TEMA DO MES Páx. 3
VERÍN
Páx.4
A provincia sofre o peor incendio do verán en Galicia
O Concello Verín terá o seu centro de día en xaneiro
O CARBALLIÑO Páx.8
XINZO
O premio Xociviga de honra, para Ángel de la Cruz
Xinzo únese ao Programa de vivendas baleiras
Época de Festas
Páx.14
ALLARIZ
Páx.18
Allariz reclama as liñas de transporte suprimidas
[Páx. 10, 20 e 21]
125.000 acudiron a Festa do Pulpo de Carballiño./ Allariz acolleu a Festa da Empanada./ Xinzo celebrou a Festa do Esquecemento./RAMSÉS.
Número: 40 - Ano: X - Agosto 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios Agosto 2017
TEMA DO MES
As autoescolas esíxenlle a Tráfico que cumpla cos seus alumnos 4 Os examinadores anuncian folga indefinida a partir do 4 de setembro. M.Rejo Dende o pasado 2 de xuño examinadores de tráfico de toda España están a secundar unha folga (con parón de traballo luns, martes e mércores) para reclamarlle á DXT o pago dun complemento específico, comprometido dende 2015, acorde ás características do posto: elevada complexidade técnica, perigosidade, penosidade e gran responsabilidade dentro da seguridade vial. Máis de dous meses despois, segue sen haber acordo, e dende o colectivo de examinadores aseguran que nin sequera negociación ao respecto. Durante este mes de agosto, esta folga de 3 días foi suspendida (polo redu-
As autoescolas acumulan perdas económicas moi elevadas. Algunhas barallan o peche
cido número de exames que se realizan de xeito habitual neste mes), pero, se non melloran as conversas, pasará a ser indefinida dende o 4 de setembro. Durante o mes de xullo, máis de 31.000 exames quedaron suspendidos en todo o país, e aproximadamente uns 50 alumnos da provincia de Ourense non puideron realizar esta proba cada día, xa que dos 45 examinadores galegos secundaron a folga 43, entre eles os 5 ourensáns, porque ao non se tratar dun servizo esencial non
“Quen non se poida examinar non terá que renovar a taxa” 4 A DXT asegura que o soldo dos examinadores depende de Facenda. Falamos co responsable en Ourense da DXT, David Llorente. Como valora a petición dos examinadores? David Llorente: “Dende a DXT estamos de
Perdas económicas Pero esta complexa, e xa prolongada, situación está a poñer en perigo a moitas autoescolas, que acumulan perdas económicas moi elevadas. “Se non hai acordo pronto, algunhas pensan en despidos e outras en pechar”, detalla Bermejo. Xa que o verán é a mellor época de ano para o sector, chegando incluso a moitas empresas a garantirlle uns ingresos que as manterán a flote o resto dos meses. Por iso, adiantan que “barallamos reclamar o lucro cesante desta folga”.
Manifestación das autoescolas ourensás ás portas da Subdelegación do Goberno o pasado 18 de xullo..
ENTREVISTA A DAVID LLORENTE RESPONSABLE DXT OURENSE
R. Torres
existe obriga legal de comprometer a un mínimo de empregados en activo. As maiores vítimas desta situación son, sen dúbida, autoescolas e alumnos. O presidente da Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense, Laureano Bermejo, explica que “non imos valorar quen ten razón. Esiximos que a DXT nos escoite, non queremos ser reféns dos seus problemas cos examinadores”. “Tráfico debe cumplir coas súas obrigas cos alumnos que pagan a taxa para examinarse”, insistiu. E é
que moitos destes alumnos son persoas que por motivos laborais, polo obxectivo de opositar ou porque en breve lles caducará o prazo para realizar a proba práctica logo de ter aprobada a teórica se ven nunha encrucillada sen saída aparente.
acordo co complemento específico que piden, de feito suscribímolo cos sindicatos hai un tempo, pero o órgano do que depende esa subida, a CECIR, é competencia do Ministerio de Facenda, e este órgano ampárase na crise económica para levar dous anos
sen contestar”. Os examinadores din que non está a haber negociación con eles. D.Ll.: “Na medida do que podemos facer ofrecéuselles que sexan unha escala propia, nun grupo superior, pero iso non implica unha subida inmediata como pretenden”. Comprende a delicada situación das autoescolas? D.Ll.: “Claro, entendo que nestes meses é cando teñen máis actividade e están a verse moi afectadas, pero tamén entendo o dereito dos examinadores. En agosto non hai folga polo que agardamos poñernos ao día cos exames”. As autoescolas piden
David Llorente. que Tráfico asuma as obrigas cos alumnos que pagan as taxas. D.Ll.: “As taxas non caducan, simplemente se verán retrasados os exames. Se por causa da folga alguén superase o prazo para realizar o exame non se lle vai facer renovar a taxa”.
ENTREVISTA A BENJAMÍN PÉREZ - EXAMINADOR DE TRÁFICO
“Non hai posibilidade de acordo se non hai negociación” 4 Reclaman o pago dun complemento específico. S. Nieto Coñecemos de primeira man as demandas dos examinadores de tráfico. Falamos co ourensán Benjamín Pérez. Cales son os motivos desta folga de examinadores? Benjamín Pérez: “No 2015 fixemos outra folga e asinouse un acordo, polo que simplemente queremos que se cumpla. Nese acordo había varios puntos, un deles era o de asumir o complemento específico, o que paga a especialidade técnica que ten este traballo, a dificultade, perigosidade, o feito de estar á intemperie, ter que lidiar coa xente…”. Como están neste momento as negociacións coa DXT? B.P.: “Negociacións non hai. O que tivemos ata agora foi ameazas, decindo que ían poñer aos mariñeiros e soldados a examinar, que nos ían obrigar a poñer servizos mínimos, a última era unha especie de promoción para algúns compañeiros como se fose unha mellora importante cando non o é. Din que non poden facer nada, que é unha cuestión política, que depende de Facenda. O desgaste é a súa estratexia”. De seguir así haberá folga indefinida a par-
“A convocatoria de prazas de examinadores é unha medida publicista”
tir do 4 de setembro? B.P.: “En agosto non hai folga porque moitas xefaturas pechan, e as que non pechan non están a facer folga, pero a partir de setembro de seguir igual haberá folga indefinida. Non nos vai quedar outra”. O Consello de Ministros aprobou a convocatoria de 453 prazas de examinadores. Como valoredes isto? B.P.: “É unha medida publicista, realmente crean 70 novas prazas. E, ademais, nós non estamos pedindo nada diso, o que queremos é que se nos suba o complemento específico e xa está. Hai deficiencia de examinadores, certo, pois que creen prazas, pero neste caso das 453 son a maioría de promoción interna. É unha maneira de intentar dividirnos, o que queren é que o 60% dos examinadores, que son do grupo C2 deixen a folga. E é unha promoción que realmente non se sabe como vai, porque todos os anos hai e calquera pode optar. Simplemente o venden agora por unha cuestión política”. Envíalle unha mensaxe ás autoescolas e alumnos que se están a ver afectados por esta folga. B.P.: “A min preocúpame a xente que non se pode examinar, as pequenas empresas, os profesores que poden perder o traballo, pero o problema é que non hai ningunha negociación connosco, nós estamos en folga porque é o dereito que temos para reclamar. Pero non hai posibilidade de acordo se non hai negociación”.
TEMA DO MES
Outro corte da A-52 O 16 de agosto a A52 volvía ser cortada ao tráfico, entre as 18 e as 20:30 horas aproximadamente, por un lume rexistrado no concello de Cualedro. O incendio, que arrasou un total de 17 hectáreas, foi dado por extinguido ás 2 da madrugada do xoves.
producindo momentos de tensión entre os condutores que quedaron atrapados por causa da retención. Na autovía o tráfico quedou restablecido pasadas as 22:30 horas; a N-525 e outras vías secundarias permaneceron pechadas ata a madrugada.
Última hora A peche desta edición Medio Rural confirmaba que continuaba activo un lume no municipio de Amoroce (Celanova). O incendio ininciouse ao redor das 16:45 horas e foi preciso declarar situación 2 de alerta pola proximade a unha urbanización de vivendas e ao tanatorio, que foron evacuados, ao tempo que foi cortada a estrada que une Celanova con Quintela de Leirado. Ás 21.15 horas foi desactividado este nivel de alarma. Tamén permanecía controlado ás 19:30 horas o lume que se iniciou ás 14 horas no concello de Montederramo. Ata ese momento arderan 60 hectáreas.
Críticas A Xunta recibiu numerosas críticas sobre o operativo empregado neste incendio. Como resposta, Medio Rural destacou o “exemplar” funcionamento do operativo e o labor das máis de 600 persoas que participaron nel.
Provincia Dende que comezou xullo producíronse ata 17 incendios na provincia, que calcinaron un total de 2.324 hectáreas. A cidadanía pode chamar ao teléfono gratuíto 085 en caso de detectar algún lume forestal.
Autovía A-52 rodeada de monte queimado á altura de Quirugás, froito do grave incendio que sufiru a comarca de Verín a principios de agosto./MIGUEL REJO.
A provincia sofre o peor incendio do verán en Galicia 4 Decretouse o nivel 2 de alerta e foron cortadas ao tráfico a A-52 e a N-525. Redacción A falta de choiva e as altas temperaturas sentenciaron, un verán máis, aos montes ourensáns. Na parroquia de Vilamaior do Val (Verín) comezaba a arder ao redor das 16:30 horas do 3 de agosto, e foron precisos máis de catro días para lograr extinguilo. Ata as 20:16 do 7 de agosto Medio Rural non puido dar por rematadas as labores dos bombeiros, despois de que arderan 1.372 hectáreas, converténdose así no peor incendio rexistrado en Galicia no que vai de verán.
Na súa extinción traballaron 6 técnicos, 65 axentes, 121 brigadas, 74 motobombas, 7 pas, 16 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, do Grupo de Emerxencia Supramunicipal de Laza e bombeiros comarcais da zona. Segundo a conselleira tratouse dun lume provocado. O incendio foi dado por controlado o día 4 e desactivouse a situación 2 de alerta a iso das 13 horas. Antes, a proximidade das lapas e o intenso fume obrigaran a cortar a autovía A-52 e a Nacional 525,
Barrios Agosto 2017
4 Dende a pel dos veciños O peor incendio rexistrado en Galicia no que vai de verán deixa tras de si numerosas perdas económicas para os veciños afectados. Falamos con dous deles para coñecer como viviron eses días e as consecuencias deste lume. Alberte Blanco, veciño de Queirugás, teno claro: “foi o incendio máis perigoso en tempo, porque chegou a zonas habitadas. Déronse varias circunstancias adversas, facía moito vento e se non actúas pronto non se pode controlar, hai que atallalo ao comezo e creo que non se fixo. Os helicópteros tardaron sobre media hora en saír a apagar. Ademais, por protocolo cortaron a corrente e non podiamos usar a auga do pozo e as mangueiras, fixeron o correcto, pero deberían calcular cando volver a dala, pois o incendio xa pasara as instalacións eléctricas. No meu caso, menos mal que ao redor estaba limpo porque llo demandei ao concello e fixérono fai 15 días”. Para Alberte “o mellor é a prevención, limpar as fincas ao redor das casas, se non as limpan os propietarios, que o faga o concello e lles pase a factura. Tamén hai menos medios aéreos, no 2008 había 9 hidroavións e agora hai 6, antes había 17 “pickups” con depósitos de 500 litros para fa-
cer un primeiro fronte a un incendio e gañar tempo, e xa non están. E as brigadas agora tenas que organizar o concello e hai casos nos que non deron completado a brigada a data de hoxe.”. “Agora hai menos incendios, pero son máis perigosos. Ese día debeu pasar algo para que o lume fose a maiores. Fai pouco houbo un na Rasela, case coas mesmas condicións e apagárono rápido. Por sorte non hai que lamentar vítimas que é o importante”, conclúe. Pola súa banda, Manuel Pousada, presidente da Mancomunidade de Montes de Val de Eguas, na parroquia da Trepa (Riós), explica que “o que nos ardeu foi a maior parte da zona repoboada de piñeiros, unhas 80 hectáreas. Os castiñeiros non arderon, pero tiñamos unha subvención por un proxecto ata 2025 cun investimento de 240.000 euros para poder plantar castiñeiros, colocar colmeas e mesmo cercar este terreo. Agora xa nada. Cos piñeiros que arderon maila subvención tiñamos o futuro un pouco asegurado e ata poderíamos mellorar”. Como solución, “deberían facer máis cortafogos e na nosa zona hai unha balsa de auga, polo que poderíana facer máis grande e mellorar os accesos para que helicópteros e camións poidan coller a auga máis doadamente”, asegura.
Barrios Agosto 2017
VERÍN E COMARCA
O Concello Verín terá o seu centro de día en xaneiro 4 Comezaron as obras na praza de Abastos. R.T. O Concello de Verín terá o seu centro de día a comezos do vindeiro ano e estará ubicado na praza de Abastos (na praza Maior). Os traballos comezaron a principios desta semana e continuarán ata o próximo mes de xaneiro. Serán un total de 380 metros cadrados e contará con 36 prazas na planta de abaixo do edificio municipal, onde ata agora se atopaba a Escola de artes e Oficios que actualmente imparte as súas clases nos edificios anexos á lonxa agropecuaria (antiga cafetería). O seu orzamento é de 126.390,97 euros. Gerardo Seoane, alcalde de Verín, explicou que
a construción deste novo centro de día é “unha das maiores demandas da poboación verinesa que permitirá que moitos maiores da vila non teñan que desprazarse para recibir este tipo de servizo e poidan
estar máis preto das súas familias, mellorando así a calidade de vida de todo o entorno familiar”. Reforma O primeiro Centro de día de Verín contará cos espa-
zos esixidos legalmente polo que será necesaria unha reforma interior que dotará ás instalacións dunha sala polivalentes, sala de cura e o resto das dependencias de servizo, ademais dunha sala de rehabilitación. Autoridades e convidados, na feira deste 2017.
O orzamento da obra para o centro de día é de algo máis de 126.000 euros
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, supervisando os planos da obra do centro.
12ª Feira do Viño de Monterrei Redacción Máis de 20.000 visitantes acolleu a 12ª edición da Feira do Viño de Monterrei, achegándose ás 30.000 degustacións. No acto de imposición de medallas da Cofradía dos Viños de Monterrei estas foron para cinco novos membros: Bernardo Álvarez (un dos primeiros vogais do Consello Regulador), José Luis Gómez (da bodega Valderello), Gerardo Seoane (alcalde
de Verín), Antonio Ángel Méndez (presidente do Consello Regulador entre os anos 2007-2015) e Julián Velasco (de Cadena COPE e pregoeiro desta edición). Ademais, entregáronse tres Medallas de Ouro, a título póstumo, e Manuel Blanco (cofundador da bodega Pazo Blanco Núñez – Tapias Mariñán), José Luis Vaz (fundador da bodega Ladairo) e Ernesto Atanes (cofundador da bodega Crego e Monaguillo).
VERÍN E COMARCA
Datas de matrícula e exames de setembro no IES García Barbón
Verín celebrou o Día de Galicia
Xa se coñecen as datas de matriculación e os exames de setembro no IES García Barbón. Nos estudos de Formación Profesional, unha vez realizado o proceso de admisión, a matrículación pode facerse do 18 ao 24 de xullo ás 13 horas. A segunda adxudicación terá lugar o día 27 de xullo e o prazo de matrícula é do 27 ao 31 de xullo ás 13 horas.
Bacharelato, Formación Profesional Básica e Educación Secundaria de Adultos -con materias non superadas– ten que presentarse aos exames da convocatoria extraordinaria de setembro de 2017. Haberá un período extraordinario de matrícula para os estudos de Bacharelato do 1 ao 11 de setembro de 2017.
Os nenos de Verín que participan durante este verán na Ludoteca- Campamento Urbano celebraron o Día de Galicia por todo o alto. Realizaron
Período extraordinario Haberá un período extraordinario de solicitude de admisión do 1 ao 8 de setembro (imprescindible para poder realizar a matrícula) para os estudos de Formación Profesional -ciclos de grao medio e superior- do 20 ao 22 ás 13 horas. Nos ciclos con prazas libres, a Administración Educativa habilitará un procedemento de matrícula sen necesidade de ter realizado o procedemento de admisión.
Educación secundaria de adultos A solicitude de admisión na Educación Secundaria de Adultos (ESA) farase no mes de xullo (módulo I e III) e a matrícula do 1 ao 11 de setembro.
Exames de convocatoria extraordinaria Os días 1 e 4 de setembro, o alumnado de
Matrícula na FP Básica A solicitude de admisión e matrícula na Formación Profesional Básica (FPB) realizarase na primeira quincena de setembro. Selectividade A proba de selectividade de setembro vaise realizar os días 12, 13 e 14.
O IES García Barbón de Verín é un centro que ofrece grupos reducidos para maior calidade de ensino.
4 Un cento de nenos gozaron do día da comunidade. Redacción
unha xincana do Camiño de Santiago, na que tras diferentes probas conseguiron chegar á “Catedral”. Ademais fixeron un traballo de investigación sobre as diferentes festas que temos en Galicia, po-
las diferentes provincias e posteriormente confeccionaron un mapa xigante de Galicia e das súas festas. Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán. Ademais
Barrios Agosto 2017
organizaron varias actividades ata finais do mes de xullo, como a celebración do Día dos avós; o rali Támega -con moitas actividades ao carón do río- e o desfile da ludobatucada, entre outras.
Participantes da Ludoteca de verán.
Barrios Agosto 2017
VERIN E COMARCA
“Bidea” en Verín 4 A exposición permanecerá ata o 6 de setembro. Redacción
Rapaces de Verín antes de partir ao Parque Natural do invernadoiro.
Os rapeces visitan Invernadoiro 4 50 nenos da comarca de Verín participan nun campamento no parque natural. Redacción Unha expedicición de 50 rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participan durante esta semana no campamento do Parque Natural do Invernadoiro 2017. A iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, pretende que os cativos coñezan a natureza e a respecten mediante actividades lúdicas e educativas, ademais de coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno. Realizarán rutas de sendeirismo guiadas por un
biólogo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadoiro; tamén actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia. Segunda expedición O día 26 regresan estes primeiros e sube outra expedición de 35 rapaces con idades comprendidas entre os 12 e 15 anos que estarán no parque natural ata o día 31 de agosto.
Unha segunda tanda de rapaces irán do 26 ao 31 de agosto
Avós e netos compartindo unha xornada no campamento urbano de Verín.
Día dos avós
A Ludoteca- Campamento Urbano de Verín tivo a súa semana grande a finais do mes de xullo. Varias foron as actividades que fixeron gozar a todos os participantes, destacando entre elas o “Día do avó e da avoa”. Xogos tradicionais estiveron presentes durante todo o día celebrados no EIP Amaro Refojo. Entre os xogos, que compartiron nenos e maiores, estiveron o da ra, lanzamento de aros, billarda ou os peóns.
A Sala de Exposicións de Verín, recolle a obra de Mertxe Alonso “Bidea. Un viaje al autodescubrimiento” ata o vindeiro 6 de setembro. Este proxecto é obra dos concellos de Verín e de Vilardevós. Segundo a propia au-
tora “Bidea, é unha exposición con diferentes series, nas que tratei tanto o descubrimento da materia na pintura (os cadros máis abstractos), e tanto un autodescubremento persoal sobre os meus intereses artísticos e estéticos (as fotografías, ou unha arte máis figurativo)”.
Numeroso público na inauguración da exposición “Bidea” de Mertxe Alonso.
VERÍN E COMARCA
Verín pide máis medios contra incendios
A Xunta cede terreos a Monterrei e Baltar
4 No pleno extraordinario de agosto.
4 Construirase un espazo multideportivo e un cemiterio.
Redacción O goberno municipal de Verín convocou un pleno extraordinario neste mes de agosto para debatir sobre o incendio acontecido na comarca. No mesmo, aprobaron pedir á Xunta de Galicia máis medios para a loita contra os incendios. Todos os partidos políticos estiveron a favor de mostrar a súa repulsa contra os que provocaron este desastre, non así en pedir ao goberno autonómico máis medios e unha indemnización para os afectados. Os votos en contra do PP (sete) non impediron que saira adiante a proposta cos
votos a favor de PSOE e BNG (oito) e a pesar da indisposición do alcalde que lle impediu acudir ao pleno pero que delegou o seu voto. Indemnización O Concello de Verín pedirá unha indemnización aos perxudicados por que cren que o operativo contra incendios tardou 45 minutos en actuar. Algo ao que se opoñen taxantemente os populares que consideran que o tempo de resposta foi de seis minutos. As lapas consumiron 1.400 hectáreas en Verín e en Vilardevós.
Redacción A Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural cede dúas parcelas aos municipios de Baltar e Monterrei para a construcción dun cemiterio e un espazo multideportivo, respectivamente. Medio Rural vén de ceder estas dúas parcelas aos dous municipios ourensáns para uso dos seus veciños. Foi o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, quen formalizou este traspaso de dous predios que ata o de
agora formaban parte do Banco de Terras. Estas superficies carecen de interese agrario e por iso utilizaranse para construír futuros proxectos de proveito para os concellos. O municipio de Baltar recibirá unha superficie de 1.543 metros cadrados
para a creación dun novo cemiterio municipal que linda co que xa existe de titularidade parroquial. No concello de Monterrei, o terreo cedido ocupará 2.357 metros cadrados na creación dun espazo multideportivo para o ocio dos veciños da zona.
Medio Rural cede dúas parcelas para a construción do cemiterio, en Baltar, e un espazo multideportivo, en Monterrei
Reunión con Medio Rural na que se asinou a cesión dos dous terreos en Baltar e Monterrei.
Barrios Agosto 2017
EN BREVE 4 Vilardevós Os socialistas de Vilardevós denuncian que o goberno municipal perdeu a subvención para a axuda para o contrato do condutor do tractor - desbrozadora ao non pedir a subvención á Deputación. Os socialistas critican que a decisión deixa ao Concello sen un servizo fundamental na loita contra os incendios.
4Monterrei A titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse o pasado mes co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, para abordar unha posible colaboración para o arranxo dunha pista en Mixós e para impulsar os procesos de reestruturación parcelaria en zonas como Medeiros, San Cristovo ou A Madanela (esta última xa solicitada polos veciños).
Barrios Agosto 2017
EN BREVE 4 DO Ribeiro
O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro acordou designar a Juan Manuel Casares Gándara como novo presidente do C.R.D.O. Ribeiro. Casares obtivo a maioría absoluta e Concepción Iglesias Pousa continuará como vicepresidenta tras recibir o voto unánime do pleno. Felicísimo Pereira era o anterior presidente.
4 Emprego
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) fixo públicas bolsas de traballo no Concello do Carballiño para cubrir vacacións e baixas médicas. Creanse para operario-conductor e operario de limpieza de edificios públicos, ademais de para profesores de percusión e de ventometal que farán substitucións no Conservatorio de Música. Devanditas bolsas foron aprobadas no mes de marzo pola concellería de Persoal.
4 Roedores A seca típica nestas alturas de ano fixo que proliferaran as ratas, como en moitas cidades e vilas, nalgunhas rúas do Carballiño. Por ise motivo procedeuse a implantación de trampas con veleno, sobre todo en alcantarillas. Estas trampas non son nocivas para outras especies nin para o ser humano.
4 Seguridade O Concello do Carballiño instalará cámaras de seguridade nas zonas máis conflitivas. O motivo é minimizar os actos vandálicos.
O CARBALLIÑO E COMARCA
O premio Xociviga de honra, para Ángel de la Cruz 4 O director, guionista e produtor amosou a súa satisfacción pola distinción. Redacción O director, guionista e produtor, Ángel de la Cruz, amosou a súa satisfacción ao ser premiado polo Xociviga de honra 2017. A distinción foiselle entregada na clausira do festival, o pasado 4 de agosto. De la Cruz aseguraba que este premio era como recibilo “da miña casa, e eso non sempre é moi doado”. Ángel de la Cruz, que ten tres premios Goya, chegou ao Carballiño co Goya ao Mellor Guión Adaptado no 2012, pola película
Engurras. O cineasta asegurou que había 30 anos, cando ainda empezaba no mundo do cine, xa viña polo Carballiño, “pois sempre estiven vencellado coas Xornadas de Cine e Video, e por iso para mín é importantísimo este recoñecemento”, dixo. Insignia de Ouro Asemade, o xornalista e historiador da fotografía Xosé Manoel Rodríguez González, recibiu a insignia de ouro 2017. O xurado, presidido tamén polo alcalde do Carballiño
A Festa da Palabra recordou Casares 4 Celebrou a súa sétima edición na Insua dos Poetas. Redacción Un ano máis, a Insua dos Poetas -na parroquia de Madarnás- acolleu unha nova edición (a sétima) da Festa da Palabra. Este ano rendiuselle homenaxe a Carlos Casares, figura ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas neste 2017. Sobre o escritor ouren-
sán, o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez -presente no acto-, salientou “o importante traballo que Casares fixo ao longo da súa vida para o fomento do libro e a lectura en Galicia”. Premiados No decorrer do acto entregáronse os premios Setecarballas da Insua dos
e formado polo concelleiro de Cultura, como secretario; a empresaria cultural María Dolores Veleiro Alemparte, o membro fundador da Asociación Fotográfica O Potiños, José Luis Diz Rodríguez, e o autor teatral e director do grupo Tiruleque Xosé Prada Martínez, así o acordaron por unanimidade, destacando a vinculación do homenaxeado á historia das Xociviga entre os anos oitenta e noventa en numerosas responsabilidades organizativas.
Na presentación da obra secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o autor Xosé Enrique Acuña.
Redescubrindo a Mercedes Mariño 4 Presentouse a obra ‘Estrela e eclipse de Mercedes Mariño’. Redacción
Ángel de la Cruz. Poetas. Nesta ocasión recaeron en Antón Pulido, en Miguel Anxo FernánVello, o Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires, a plataforma Ríos limpos, Carlos Guitián, o Diario Cultural da Radio Galega e o grupo de teatro Tiruleque. Así mesmo, deuse a coñecer a nova homenaxe escultórica coa que contará a partir de hoxe Carlos Casares neste espazo cultural. Trátase dunha creación plástica do artista Manuel Buciños que leva o título dunha das obras máis coñecidas de Carlos Casares, a máis que coñecida Vento Ferido.
No marco da Xociviga 2017 presentouse a obra ‘Estrela e eclipse de Mercedes Mariño’ de Xosé Enrique Acuña. Nela, o autor recupera a figura da actriz, pioneira, galega, Mercedes Mariño. O investigador pontevedrés Xosé Enrique Acuña afonda na traxectoria da artista monfortina nesta obra que acaba de ver a luz co apoio do Concello do Carballiño e da Consellería de Cultura e Educación, a través Secretaría Xeral de Cultura. Debut pioneiro en Nova York Mercedes Mariño foi unha actriz de cine e de teatro da que non se dispoñían practicamente de datos sobre a súa traxectoria nestes cam-
O Concello do Carballiño colaborou na publicación desta obra pos, malia a importancia da súa figura. Aos 18 anos contrátana para actuar en Nova York ao lado da diva italiana Mimí Aguglia. Cuba Ás ordes do director Ramón Peón, Mariño interpretará o papel protagonista da primeira longametraxe muda do cinema cubano, El veneno de un beso, no ano 1929. Antes de regresar a España, en 1931, terá tamén un papel pioneiro na radio, co incipiente teatro radiofónico. Neste medio ofrecerá concertos ao lado dalgúns dos músicos máis destacados de Cuba.
O CARBALLIÑO E COMARCA
O FETEGA converte ao Carballiño no epicentro do teatro galego 4 Celebrarase do 5 ao 9 de setembro. R.T. O Festival de Teatro Galego, FETEGA, referente da cultura e do teatro galego ao ser o festival máis antigo da comunidade, chega este ano a súa XXVIII edición, cun completo programa de actividades que terán lugar do 5 ao 9 de setembro no Carballiño. Programa O programa comeza o martes, 5 de setembro, ás 22.30 horas, no Auditorio Municipal coa obra “Eroski Paraíso” da compañía Chévere, ao día seguinte será a quenda para “A canción do elefante” da compañía Redrum Teatro. O
xoves, 7 de setembro, actuará a compañía Inherente Teatro coa obra “Dramaturxia das mulheres” e, ao día seguinte, “Impronews” da compañía Triatreros. O sábado, 9 de setembro, será a quenda para Sergio Pazos con “Afiando con humor” e será a gala e entrega de premios que, a partir de agora, pasarán a chamarse Premios Fetega Dorotea Bárcena, sinalou Josi Lage. O custe das entradas para estes espectáculos será de 10 euros. O premio de honra desta edición recae en Carlos Blanco. Por outra banda, ás 19.30 horas, no Anfiteatro, celebraranse ac-
tuacións para as cales a entrada será gratuíta. Comezarán o martes, 5 de setembro con “Welcome” da compañía Duelirum,
ao día seguinte será “Lila Star” da compañía Vueltos de Rosca. O xoves, 7 de setembro, actuará a compañía Pistacatro coa obra “Escola de saltimbanquis” e o venres será a quenda para a compañía Nono Productions coa obra “Nono”. O sábado, 9 de setembro, actuará a compañía IO coa obra “Contiguo”. O programa do FETEGA complétase con actividades paralelas, que
Presentación da FETEGA na Deputación de Ourense.
abranguen desde animación na rúa, obradoiros de “improvisación escénica” e “novas linguaxes escénicas”, así como unha conferencia de Teatro Posdramático Galego.
O premio de honra, pola súa traxectoria, desta edición recae en Carlos Blanco
Barrios Agosto 2017
Boletín socialista do Irixo Redacción O Partido Socialista do Irixo entregou, un ano máis, o seu boletín aos veciños. Nel, explican o traballo realizado e recollen as necesidades, propostas e inquedanzas da veciñanza. O grupo critica a deixadez do alcalde para traballar en prol dunha zona que perde veciños a razón de 300 cada catro anos. Entre as propostas están a de poñer en marcha un obradoiro de emprego, un transporte municipal co Carballiño, un centro de día, unha gardaría municipal, contratar a obra pública ás empresas do Irixo, entre algunha outra. Ademais presentaron unha moción para pedir a implicación do concello na elaboración do plan de transporte público de Galicia.
10
Barrios Agosto 2017
especial CONCELLO DO CARBALLIÑO
O presidente e a secretaria do Centro Partido Carballiño de Buenos Aires homenaxeados na casa do Concello.
De Alemania a Arxentina A próxima Festa do Pulpo dedicarase ao Centro Partido de Carballiño en Buenos Aires, con motivo do seu centenario. Así o adiantou o alcalde, Francisco Fumega, nun acto de homenaxe ao presidente e secretaria deste centro. Despois de estar adicada este ano aos emigrantes galegos en Alemania para o 2018 a homenaxe viaxa ata Argentina. Desfile de camisetas Noutra orde de cousas, ao redor de tres mil persoas, na súa maioría novas, repartidos en cento quince peñas, participaron no concurso e desfile de camisetas da Festa do Pulpo. Isto supón
unha nova marca absoluta tanto no número de peñas como de participantes. O desfile tivo lugar o día previo da festa.
Participantes no desfile de camisetas.
Monólogos en setembro Os monólogos regresan ao Concello do Carballiño o vindeiro mes de setembro. E regresan ao grande: coa actuación do cómico Edu Soto. O Auditorio municipal do Carballiño acolle a actuación deste actor televisivo que chegará á vila do Arenteiro o día 15 de setembro ás 21:30 horas. Os puntos de venda físicos das entradas estarán nos restaurantes Fuchela e Comonacasa. Online pódense adquirir en ticketea.com. O prezo da entrada é de 10 euros máis gastos de xestión por internet, e de 13 euros se se merca na billeteira. Edu Soto é coñecido polas múltiples facetas como actor en diversos programas televisivos, pero o seu personaxe máis famoso foi o de “El Neng de Castefa” que realizou no programa de Andreu Buenafuente. Tamén fixo os seus pinitos na pantalla grande interpretando a Mortadelo en Mortadelo y Filemón, Mortadelo e Filemón.
Misión: Salvar a Terra. Outro dos programas de éxito de audiencia no que participou foi en Me Resbala. Presentou o espazo El árbol de los deseos e encabezou o cartel do musical Cabaret xunto a Cristina Castaño.
Edu Soto estará o 15 de setembro no Auditorio municipal do Carballiño.
Un pulpeiro engadindo aceite nunha ración. /RAMSÉS.
A Festa do Pulpo máis “viral” reuniu a 125.000 persoas A Festa do Pulpo, que este ano celebrou a sús 55ª edición o día 13 (segundo domingo de agosto coma sempre), foi a máis “viral” de todas as celebradas ata a data. Milleiros de persoas inmortalizaron esta xornada nos seus respesctivos perfís das redes sociais como ventás polas que se puideron colar neste punto de Galicia millóns de persoas. En persoas foron 125.000 as que non se quixeron perder unha das festas gastronómicas galegas por antonomasia. A procedencia dos mesmos de Galicia e Portugal, na súa maioría, aínda que tamén chegaron visitantes doutros puntos da península. O feito de que houbera retencións en todos os accesos ao Carballiño xa daba conta do que se estaba a “cocer” no parque Municipal, e nas rúas da vila. Nada máis e nada menos que 75.000 quilos e unhas 200.000 racións de pulpo (segundo a organización). O feito de reunir a tanta xente supón un incremento do 25% con respecto á afluencia do ano anterior. Os postos de polbo presentes no parque (uns 30) e outros repartidos polas rúas, xunto a restaurantes, traballaron con moito énfase para que todo saíra redondo -como cada tallada do cefalópodonese día. Festa de Interese Internacional A pretensión desta edición foi que sexa declarada Festa
de Interese Internacional. Para que poida ser distinguida como tal é preciso un seguimento nos medios de comunicación a nivel internacional. Varios foron os medios nacionais que se volcaron co evento e tamén tivo a súa repercusión fóra das nosas fronteiras. Asi, a Cadena 3 Argentina e o Grupo Radio Centro (para México e Estados Unidos) fixeron un amplo seguimento, polo que desde o concello están con-
vencidos que vai por bo camiño a declaración internacional. Tamén o apoio por parte da Xunta de Galicia é total. O propio presidente do ente autonómico, que estivo presente nos festexos asegurou que “a festa xa é de interese internacional” a que soamente falta “casar esta realidade coa oficialidade”. A LV Festa do Pulpo” estivo este ano adicada aos emigrantes galegos en Alemania.
Unha pulpeira collendo do pote un polbo. /RAMSÉS.
PUBLICIDADE
Barrios Agosto 2017
11
12
Barrios Agosto 2017
XINZO E COMARCA
Continúan as actividades de verán en Vilar de Santos 4 O Campamento prolongarase ata setembro. Redacción Placa na honra de Olimpia Valencia no centro de saúde de Baltar. /AGN.
Homenaxe a Olimpia Valencia O Concello de Baltar rendeu homenaxe o pasado 29 de xullo a Olimpa Valencia. Primeira muller galega licenciada en medicina e tamén a primeira xinecóloga de Galicia. No acto estivo, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira. Nada en Baltar en 1898, Olimpia Valencia licenciouse en medicina na Universidade de Santiago en 1925. Posteriormente, especializouse en xinecoloxía, ampliando estudos en Alemaña e Suiza, para exercer en Vigo ata a súa xubilación. Apoiou aos candidatos galeguistas en 1931 e respaldou publicamente ao plebiscito do Estatuto do 36, feitos que chegarían a provocar a súa detención en 1937, despois do levantamento militar.
Momento da entrega do libro por parte do Centro de Día á Biblioteca.
Lolo anda en bicicleta O Centro de Día de Xinzo de Limia fixo entrega á Biblioteca Municipal do libro que, con moito agarimo, fixeron en colaboración con Residentes da Residencia da Terceira Idade Santa Mariña, cos alumnos dos CEIP´s Carlos Casares e Rosalía de Castro, coa ludoteca Ludo 3, coa Asociación Limisi e con Álex Cabido. O libro foi entregado ao concelleiro de Cultura limián, Luis Miguel Gil, e á bibliotecaria, Manuela López Rodríguez o día 4 de agosto, e estará exposto ao público na Casa da Cultura.
O Concello de Vilar de Santos organizou para este verán numerosas actividades, durante os meses de xullo, agosto e setembro. Todas as actividades ofrecen alternativas lúdicas para o tempo libre, e teñen destacado pola convivencia e a participación nos diferentes espazos e lugares do concello. Continua o Campamento de Verán do Concello, ata o mes de setembro, todos os días polas mañás con obradoiros de todo tipo, xincanas, xogos, saídas, actividades na piscina municipal, cociña e outras actividades lúdicas e formativas dirixidas aos mais pequenos de 3 a 12 anos. Con el, pretendemos ocupar o ocio e o tempo libre dos rapaces durante o período de vacacións de verán e ademais, facilitar a conciliación das familias. Están inscritos 24 nenos nas diferentes quendas. A piscina municipal segue co programa habitual e apertura diaria polas tardes. Incorporanse novas actividades varios días pola maña para os mais pequenos e tamén os maiores. Este ano incrementouse a afluencia diaria ás instalacións.
No Telecentro do Concello que está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, durante xullo, agosto e setembro, polas mañás, organiza actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías ou mellorar coñecementos. Agora en agosto hai programados obradoiros gratuítos de Programación e Videoxogos con Scratch, o 1 e 2 de agosto e despois o 22 e 23 de agosto. De 12 a 13 h. Dende os 8 anos. Envellecemento Activo O Programa de Envellecemento Activo que se está a realizar nos últimos anos inclúe no verán unha
actividade de psicomotricidade acuática na piscina municipal; todos os luns de 11 a 12. Actividades Ademais, xa se levou a cabo unha observación astronómica “O ceo de Vilar de Santos”, o 10 de agosto, unha actividade divulgativa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. O día 22 de agosto, cine en familia coa película Mascotas, na praza do Concello. No Museo da Limia estará exposto ata o 31 de agosto, unha exposición de máis de 200 figuras de ras, pertencentes á colección particular do veciño da Limia, Antonio Blanco. Tamén haberá unha actuación no mes de setembro dentro do ciclo das Noites do Museo, a parte de poder visitar o Museo no horario de apertura habitual.
O Museo da Limia acolle, ata o 31 de agosto, máis de 200 figuras de rás
Rapaces do campamento de verán na piscina de Vilar de Barrio.
PUBLICIDADE
Barrios Agosto 2017
13
14
Barrios Agosto 2017
Contaminación no río Limia Redacción Investigadores do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo, determinarán de onde procede a contaminación do río Limia, cauce maltratado históricamente. Un convenio entre o Campus e a Confederación Hidrográfica MiñoSil o fará posible. O importe de 20.691 euros. O obxectivo é coñecer se a presenza de nitratos procede de fertilizantes químicos ou residuos urbanos ou gandeiros. Durante un período dun ano, un equipo de investigadores do campus de Ourense e técnicos da CHMS analizarán a presencia de nitratos nas augas do Limia, un río históricamente maltratado e no que espazos como o embalse das Conchas chegaron a pecharse ao baño pola proliferación de cianobacterias. O obxectivo é determinar a orixe da contaminación e implementar medidas que axuden a reducir a presenza de nitratos e a mellorar a salubridade das augas. Desde a CHMS aseguran que esta medida non é para sancionar, “senón para buscar solucións”. Analizaranse 15 mostras mensuais e coa información obtida redactaranse as recomendacións sobre os usos do chan.
XINZO DE LIMIA E COMARCA
Medio Rural fomentará a contratación de pólizas no agro na zona da Limia 4 Realizará charlas na zona da Limia afectadas polo pedrazo. Redacción Representantes dos concellos ourensáns de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sandiás mantiveron, recentemente, unha xuntanza de traballo coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e con responsables de Agroseguro (a entidade xestora dos seguros agrarios en España). O motivo foi o de avanzar na colaboración entre as diferentes administracións implicadas para paliar os danos ocasionados en diferentes cultivos da zona da Limia polo pedrazo, que afectou especialmente á produción de pataca. Charlas No encontro a directora xeral destacou a importancia dos seguros agrarios para facer fronte a este tipo de situacións. Por iso, a Consellería do Medio Rural comprometeuse, xunto con Agroseguro, a organizar unha serie de charlas informa-
4 Nunha xornada en Paradela de Abeleda. A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia proseguiu as súas actividades cunha conferencia/ taller divulgando hábitos de vida saudable. A lonxevidade e os hábitos de
4 De alugueiro social para familias en dificultades. Redacción
A Escola Rural de Saúde ensina bos hábitos
Redacción
Xinzo únese ao Programa de Vivendas Baleiras
alimentación saudable, así como información sobre o genotipo e o fenotipo foron os temas tratados por Pablo Vivanco, Licenciado en Farmacia e Máster en Nutrición. Co obxectivo de chegar ao rural de Ourense
tivas sobre esta cuestión nas zonas afectadas, que terán lugar no outono. Desbotouse realizar antes estas actividades para non interferir cos traballos da colleita e para facelas coincidir cos prazos establecidos para a xestión dos subsidios agrarios. O obxectivo destas charlas é reforzar a toma de conciencia por parte dos agricultores sobre a necesidade de subscribir este tipo de pólizas, mellorando así o grao de aseguramento no campo galego. Axudas Neste sentido, a directora xeral lembrou que Medio Rural destina este
ano 4,7 millóns de euros a financiar a contratación de pólizas. Ademais, explicou que se vai publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde específica para os afectados polo pedrazo e as xeadas, tanto para os cultivos de pataca como de uva ou castaña, e a Xunta solicitará tamén ao Goberno central a realización de desgravacións no IRPF para os agricultores damnificados.
Realizaranse charlas informativas en outono, unha vez rematada a colleita
Reunión mantida en Santiago entre Medio Rural, Agro seguro e os concellos afectados polo pedrazo.
e dentro do programa de Atención sociosanitaria e educación para a saúde, continúan co percorrido da saúde, sendo nesta ocasión en Paradela de Abeleda (Concello de Porqueira) o lugar da actividade complementándose coa promoción e educación para a saúde con talleres prácticos que inclúe a medición de diferentes parámetros: colesterol, glucosa, tensión e saturación de osíxeno en sangue. A xornada finalizou cunha merenda saudable con produtos achegados polos propios participantes. A Asociación de Veciños Virxen dá Saúde e
voluntarios fan posible o labor da Escola Rural de Saúde, promovendo a di-
A Xunta remitiulle ao concello de Xinzo de Limia o convenio de adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras que ten por obxectivo destinar os inmobles desocupados deste municipio a alugueiro social para familias en dificultades. O concello recibiu o acordo de incorporación ao programa, xa rubricado pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde fixo o propio polo que, deste xeito queda formalizada a integración dentro do programa. O convenio fixa un prezo máximo da renda do aluguer de 300 euros, a contía está determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios. Trátase, en definitiva, de que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario: que ao propietario lle compense incorporar a vivenda baleira a este programa pola renda que vai recibir
namización do rural así como a saúde social, que xunto coa saúde física e
O prezo máximo da renda de aluguer será de 300 euros
Xinzo únese ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia. e que o beneficiario pague un alugueiro asequible que é compatible, ademais, con outras axudas que poida percibir, tanto do Concello, como da Xunta. Seguros As vivendas que se incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta mediante un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos arrendatarios. Conestes seguros os propietarios terán menos reticencias á hora de alugar o inmoble a familias en dificultades.
mental son a triada que conforma o benestar das persoas.
Participantes na xornada sobre vida saudable en Paradela de Abeleda.
XINZO DE LIMIA / CELANOVA
A oposición de Xinzo pide ecuanimidade á Deputación de Ourense 4 Nas achegas que fai o ente provincial aos concellos. R. Torres O Partido Socialista Obrero Español, XA (Xinzo Adiante) e BNG de Xinzo de Limia unense nunha moción para esixirlle á Deputación de Ourense a posta en marcha dun modelo de Plan Único para os concellos da provincia. Desde a oposición limiá consideran insuficientes as achegas que desde a Deputación fan aos concellos ourensáns. Asegu-
ran que o ente provincial utiliza en torno ao 10% do seu orzamento (de 77 millóns de euros) en plans que chegan aos concellos -e de todos eles tan só o provincial, de emprego e de acción social distribúense con criterios predeterminados-. Para as tres formacións, estes datos “contrastan considerablemente cos esforzos” das outras tres deputacións galegas, que se moven por riba do 25% chegando ao 42% no caso
da Coruña. No que atinxe a Xinzo de Limia (e vilas como Carballiño e Verín) se se comparan con outras de semellante poboación na provincia de Lugo (Sarría), esta percibe nove veces máis en axudas; se se compara Vilar de Santos con Triacastela, o municipio lucense percibe catro veces máis. E prosiguen. “O superávit da Deputación distribúese con criterios subxectivos e discrecionais” o que impide chegar ás achegas a todos os concellos. Por todo iso, PSOE, XA e BNG instan á Deputación de Ourense a que no vindeiro orzamento se faga un reparto aos concello a través dun Plan Único que se sitúen en torno ao 33% do orzamento. Tamén solicitarán que suplemente, neste ano, as partidas destinadas dotándoas de recursos para modificar as actuais cantidades.
Rebulir, de xira por Europa 4 España, Andorra e Francia, os seus destinos. Redacción A actividade do grupo Rebulir non para no verán, xa que o seu espectáculo “O Cantar do Arriero” percorrerá España, Andorra e Francia. Así, xa estiveron no Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse e Tyrosse (Francia) entre os días 19 e 23 de Xullo. Tamén participarán no encontro estatal de folclore que terá lugar en Astorga (León) o día 27 de Agosto. E para finalizar o verán, desprazaranse para actuar, unha vez máis, no Festival Nacional de Folclore de
Barrios Agosto 2017
15
EN BREVE 4 Los brujos de Chávez A Casa Dos Poetas de Celanova acolleu a presentación do libro “Los brujos de Chávez”, novela do escritor venezolano David Placer. A novela relata, mediante entrevistas, de como a santería e a bruxería cubana foron utilizadas polo chavismo para converter ao militante en devoto e ao movemento político nunha relixión.
4Poetas en Celanova Rebulir en Tyrosse. Móstoles (Madrid) entre os días 22 e 24 de Setembro. Nestes intercambios culturais establécese o cerne do FIR (Festival Internacional Rebulir), referente na programación lúdico cultural do mes de decembro.
O pasado 6 de agosto poetas de tres continentes recitaron en Celanova. Rosa Silverio e José Enrique Delmonte leron os seus versos. Pola súa parte, a actriz senegalesa Benedicta Sar recitou poemas de Leopold Sedar Senghor. O celanovés José Mª Paz Gago contribuiu coa súa obra.
16
Barrios Agosto 2017
Saneamento en Amoroce Redacción Desde o Bloque Nacionalista Galego din que os veciños de Amoroce reclaman ao alcalde de Celanova, a dotación dunha rede de saneamento e abastecemento. Para así, poder disfrutar dun servizo mínimo e de calidade nos seus respectivos domicilios. “Esta demanda vai acompañada de arredor de cen sinaturas e xa non á a primeira vez que se fai efectiva de xeito formal nas oficinas do concello, pois o 30 de setembro do ano pasado rexistrouse un documento semellante nas devanditas oficinas, sen que a día de hoxe tivesen ningunha resposta do alcalde, José Luís Ferro”, aseguran desde a formación nacionalista. E continúan, “esta demanda non é nova, non só por parte desta parroquia, senón doutros lugares limítrofes coa vila, como por exemplo Mandrás”. Para o BNG é “surrealista” que lugares que limitan coa vila teñan que facer “esta demanda de servizos tan básicos”. O voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez Puga considera que tal deixadez por parte do alcalde, José Luís Ferro, e o seu equipo de goberno lévanos a que a veciñanza teña que “amañarse como poida para suplir estas necesidades básicas, que tiñan que ser prioridade dos responsables políticos no goberno do concello”. “A atención ao rural non pode limitarse a botar chapapote nos camiños en vésperas das eleccións, como adoita facer o Partido Popular”, conclúe o voceiro do BNG.
Un dos núcleos de vivendas de Amoroce. /R.T.
CELANOVA E COMARCA
O Hércules Brass pecha unha nova edición de éxito 4 Concertos e clases maxistrais tiveron lugar na cuarta edición. Redacción O Hércules Brass despídese ata o ano que vén. Concertos e clases maxistrais tiveron lugar na cuarta edición que se celebrou entre o 31 de xullo e o 4 de agosto. Na última xornada unha serie de concertos tiveron lugar no claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova. O Hércules Brass Ensemble, formado por un elenco de artistas de primeiro nivel, profesores, solistas de orquestras sinfónicas e solistas internacionais, foi o encargado de abrir os espectáculos de clausu-
ra. Cun repertorio moi variado que vai desde Bach ata Duke Ellington, desde a música música clásica ao swing, o grupo reúne parte do mellor talento do vento metal e a percusión. Despois foi o turno do trompetista Rubén Simeó e da Banda de Música de Celanova. O artista vigués, estivo acompañado por unha das bandas con máis tradición de Galicia, rematando así a cuarta edición do festival. Cuarta edición Xunto coas clases maxistrais de trombón, trompa, tuba e trompeta dirixidas a preto de 90 alumnos e alumnas, a
O festival ofreceu un cartel de nove concertos cargo de recoñecidos intérpretes de dentro e de fóra de Galicia, o festival ofreceu un cartel de nove concertos, que deu comezo o pasado 31 de xullo cun espectáculo a cargo de Fernando Buide, xunto co profesorado do curso, na igrexa de San Salvador. VigBrass Ensemble, Back to Brass, Hércules Brass Quinteto de Metais e Natalia Ensemble foron outras das formacións que participaron na cuarta edición deste encontro.
Actuación na clausura da cuarta edición do Hercules Brass. /CEDIDA.
20 mozos participaron nun obradoiro de cine 4 Recibiron a visita da directora xeral de Xuventude. Redacción Un campo de traballo denominado “Audiovisual Galego” tivo lugar en Celanova do 16 ao 30 de xullo. Nel participaron un total de 20 mozos de 18 a 30 anos. Durante eses días aprendeuse a realizar todo tipo de traballos
que teñen que ver coa realización dun filme. O campo de traballo recibiu a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez. Cecilia Vázquez explicou logo da visita que este campo de traballo tiña como obxectivo aprender de forma práctica as
diferentes disciplinas que se conxugan para poder levar a cabo un proxecto audiovisual. As actividades que ofrece van dende aprender a redactar un guión ata cursar principios de interpretación, pasando, como non, por produ-
Francisco Conde, no centro, na súa intervención na inauguración do II coworking de Celanova. /RAMSÉS.
A segunda edición coworking forma a 35 emprendedores 4 A iniciativa busca acelerar a posta en marcha dos 22 proxectos seleccionados. Redacción Comezou a andar a segunda edición coworking de Celanova. Un total de 35 emprendedores están a recibir formación e asesoramento especializados para acelerar a posta en marcha dos 22 proxectos seleccionados. Súmanse ás 19 iniciativas empresariais que completaron o seu proceso de formación e asesoramento ao abeiro da primeira edición. Na xornada inaugural asistiu o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,
ción, rodaxe, montaxe e posprodución. Por outra banda, tamén recordaba que se participará nalgunhas conferencias do “Curso de Verán sobre o Audiovisual” que imparte a Universidade de Vigo e que se leva a cabo en Celanova.
quen na súa intervención apuntou os esforzos por facilitar o acceso ao financiamento, con accións como o Galicia Emprende e o Galicia Rural Emprende, que no seu conxunto suman este ano 7,5 millóns de euros, o que supón duplicar as axudas directas para iniciativas de emprendemento, e o programa Galicia 1000, que inclúe os fondos de capital risco de XesGalicia. Ademais participou nesta presentación da segunda edición o humorista Sergio Pazos quen presentou o espectáculo “Afiando o humor”.
Os mozos participantes no campo de traballo tiveron a visita da directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez
Imaxe aérea dos participantes no campo de traballo “Audiovisual galego” na visita da directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez . /CEDIDA.
PROVINCIA
Barrios Agosto 2017
17
ENTREVISTA A ANXO PÉREZ- SECRETARIO COMARCAL DA CIG EN OURENSE
“Preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recade a metade na Seguridade Social” 4 Coñecemos a Anxo Pérez, o relevo de Etelvino Blanco como secretario comarcal da CIG. Ramsés Torres
na Seguridade Social. Porque os contratos son parciais, polo que non se está realmente sementando un modelo produtivo distinto. Estase afondando no mesmo modelo que nos levou á crise”.
A CIG vén de comezar unha nova etapa na provincia logo de que o seu secretario comarcal durante os últimos 20 anos decidira xubilarse. O histórico sindicalista ourensán Etelvino Blanco deixou paso a Anxo Pérez, que encabezou a única candidatura para sustituílo. partindo do consenso e a unidade da formación. Fainos unha valoración dos 20 anos de Etelvino Blanco na primeira liña da CIG. Anxo Pérez: “É un estandarte da CIG en Ourense. Estiven moitos anos con el na loita sindical polo que podería destacar mil anécdotas; máis alá do sindicato. No sindical é de sobras coñecido para saber que foi unha referencia, persoa entregada en corpo e alma ao sindicalismo. Nestes anos compartimos moitos sabores e sinsabores, que van forxando a vida e a personalidade. O único que me queda é desexarlle que lle vaia ben, que intente desconectar da tensión diaria e que colla o novo ritmo da nova vida”. Entra unha época nova na CIG, como vai ser? A.P.: “Desde o momento que se plantexou o cambio en primeiro lugar eu accedía sempre que houbera consenso entre as correntes que hai dentro da CIG. Ese consenso produciuse. Hai unha renovación case total na executiva comarcal. Os retos que nos marcamos son moi ambiciosos, son externos e internos. Os retos externos é chegar a ser a primeira forza sindical na provincia de Ourense; xa o somos en afiliación, pero queremos selo desde o punto de vista da
Anxo Pérez, novo secretario comarcal da CIG en Ourense./RAMSÉS.
“Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo digno. Desgraciadamente hai moita xente que traballando está por debaixo do umbral da pobreza”, denuncia Anxo representatividade electoral. Temos que renovarnos constantemente. E un reto interno que é fortalecernos organizativamente, aumentar aínda máis en afiliación, a CIG foi quen de volver ter a mesma afiliación que antes dos peores anos da crise. Moitas veces, e iso foi unhas das cousas que máis me afectou animicamente, moitos compañeiros e compañeiras viñan a darse de baixa porque non tiñan medios económicos para pagar a cota, a pesar de que temos cotas distintas en función de que haxa ingresos ou non na familia. Pero xa recuperamos ese número de afiliación e querémolo seguir aumentando para ser unha ferramenta eficaz. E iso significa fomentar equipos e fomentar relevos. En seis ou sete anos hai que ter un “exército” de cadros intermedios que poidan tomar as rendas do sindicatos cando sexa preciso”. Cales son os retos a nivel dos traballadores? A.P.: “Botamos uns anos
de pura resistencia. Tentamos aguantar as conquistas que se tiñan conseguido. Algunhas perdéronse polos gobernos sucesivos, e moi especialmente o último do PP, que por lei arrebatounolos; pero outras tamén se perderon por debilidade sindical. Debilidade para retomar os convenios colectivos, por exemplo. Esa época de resistencia dámola por rematada e agora estamos no contraataque. Temos que entrar nun novo periplo no que se volva a negociar e conseguir melloras en xornadas, vacacións, baixas, incrementos salariais, saúde laboral, etc. Queremos que mellore o emprego porque agora é moi precario. Non só é estar parado ou non, se non que é ter un traballo minimamente digno. Desgraciadamente hai moita xente que aínda traballando está por debaixo do umbral da pobreza e ten realmente moitísimos problemas. Iso témolo que ir combatendo e a forma de facelo é co traballo da formigiña: em-
presa por empresa, sector por sector, convenio por convenio”. Como valoras os datos do paro? A.P.: “Creo que é unha trampa andar valorando os datos do paro. Porque están absolutamente tuneados. Primeiro: o paro rexistrado non contempla, por exemplo, aos traballadores que están facendo un cursiño; nin aos que teñen un contrato de tres, catro, cinco, doce horas semanais; non son parados e son realmente, insisto, xente que está raiando a pobreza extrema. Tampouco nos valen xa que non recollen a unha xeración enteira que tivo que emigrar. O paro rexistrado non é máis que unha posta en escena dunha maquillaxe do goberno de turno que engánase a si mesmo e ao resto da sociedade. Se cruzamos os datos que eles mesmos nos ofrecen preguntámonos como é posible que se reduza o paro e se recaude a metade
Cando se podería dicir que remata a crise? A.P: “Eu desde que son pequeno sempre recordo o tema da crise. A do ´73 do petróleo; e despois,… outra e outra. Constantemente estamos en crise. Que pasa? Que aquí houbo un impacto internacional pero no estado español había un modelo de produción absolutamente artificioso baseado no turismo e no ladrillo e iso levounos a auténtica quebra. E o que me preocupa é que se está repetindo. Recordo alá polo 2002 ou 2003 que repartindo o convenio da construción nas obras e nunha delas no barrio da Carballeira falamos cun traballor a punto de xubilarse; e díxome: “mira, rapaz, ves cantas grúas hai? isto é a fartura de hoxe e a fame de mañá”. Cando os economistas nos dicían que estabamos na “Champios League” da economía, aquel albanel xa sabía que ía toupar dalgunha maneira. Temos que cambiar o modelo produtivo. En Galicia hai que poñer en valor o monte. Temos un país co 80% de masa forestal e estamos utilizando o monte para plantar eucaliptos. Hai que apostar pola multidiversidade do monte, porque é madeira nobre, son setas, é agricultura. O monte tiña que ser un dos beneficios culturais e económicos máis importantes do noso país e porén estase abandonando, o que provoca incendios, abandono
do rural. Hai medios para saír adiante. Temos que aproveitarnos da industria que temos e crear arredor industrias auxiliares que abastezan a esa industria. Hai que aproveitar o tirón que ten o noso textil, pero non con empregos precarios de 800 euros mensuais, que é o que está pasando. E logo vas mercar un pantalón e vale máis do que lle pagan á traballadora en toda a semana. E logo falamos de China. A nós educáronos e estanos a educar para coñecer de todos os países menos dos que temos ao lado. Sabemos das primarias de Estados Unidos e preguntas pola rúa como se chama o primeiro ministro de Portugal e non o sabemos. Ben, pois en Portugal, desde hai un par de anos existe un goberno que lle dixo á Troika: “non, por ese camiño non vamos, imos gastar diñeiro na sociedade. E Portugal está repuntando e nós non”. Unha última reflexión. A.P: “Quero mandar unha mensaxe optimista. Non podemos dar todo por perdido, as batallas que se perden son as que non se pelexan. Sempre vale a pena intentalo. Sempre se cambiou na historia e para ben. Pero a nosa memoria é curta no espazo e no tempo e só nos lembramos destes últimos anos, pero é posible cambiar de modelo e de sociedade”.
“Temos que volver negociar e conseguir melloras nas xornadas, baixas, vacacións...”
18
Barrios Agosto 2017
EN BREVE 4 Roubo O xefe da Policía Local de Allariz, baixo a orde do alcalde, presentou denuncia, diante da Garda Civil, polo roubo de 4.000 euros do espazo habitual destinado a obxectos perdidos nas propias dependencias sitas na praza Maior nº 1, planta baixa.
4 Roteiro O Concello de Allariz organiza, por segundo ano consecutivo, os roteiros teatrais nocturnos “Eiró dun soño de verán” de gran repercusión a pasada edición. Todos os xoves, ata o 7 de setembro -sobre as 23 horas-, representaranse diferentes escenas que porán en valor o patrimonio histórico alaricano, mostrando os lugares menos visitados así como dando a coñecer personaxes máis destacados de Allariz.
ALLARIZ E COMARCA
Allariz reclama as liñas de transporte suprimidas 4 A que une con Ourense reduciu o horario. Redacción O Concello de Allariz considera inaceptable a desaparición das liñas do transporte público que unían as parroquias con Allariz, así como a redución dos servizos da liña Allariz-Ourense e Ourense-Allariz. Desde o concello consideran incuestionable a necesidade de manter os servizos existentes que permitían que os veciños das parroquias se achegase á capitalidade do concello para realizar calquera tipo de xestión administrativa. Ademais, aseguran que os veciños
O PSOE reclama a rehabilitación de vivendas 4 Algunhas parroquias están dentro do ARI. Redacción O PSOE de Allariz demanda que se poña en marcha a rehabilitación das vivendas do rural e se remate co seu esmorecemento e abandono. Desde o grupo socialista recordan
o esforzo que se fixo para recuperar o casco histórico, pero que non se poden esquecer outros núcleos de poboación no rural. Debido a que o Plan Estratéxico 2020 de Allariz xa recolle que un dos obxectivos é fomentar a rehabilita-
e veciñas teñen trasladado ao concello as queixas por esta “situación caótica” na que os novos concesionarios do transporte do concurso efectuado pola Xunta deixaron de prestar e que existían con anterioridade. Así mesmo, traballadores, funcionarios, estudantes e veciños que necesitan comunicación de transporte público con Ourense e de Ourense con Allariz ven reducida a frecuencia e mesmo os horarios para os que algún destes colectivos o servizo é imprescindible para chegar aos seus traballos, así como o mantemento
ción das vivendas rurais do concello, o PSOE impulsa, mediante moción, que esta proposta non quede no esquecemento e se adopten medidas urxentes para levar a cabo este proxecto. Por isto, demandan que se inicie unha campaña informativa e pedagóxica de concienciación dos veciños e veciñas para a promoción da rehabilitación da vivenda dos diferentes núcleos de poboación do rural alaricano. Camiño de Santiago Allariz forma parte da Ruta da Prata do Camiño de Santiago e que hai numerosas parroquias alarica-
da relación de paradas habituais na cidade, que permitían unha correcta funcionalidade do servizo. Por iso, reclaman que se manteña a posibilidade de utilizar o transporte público e a comunicación de Allariz con Ourense e de Ourense con Allariz mediante unha frecuencia acaída de servizos para estas actividades. Sen fundamento Para o Concello hai novas liñas carecen de todo fundamento. E explican o exemplo da Allariz-Casnaloba coma un suposto traxecto que “non conleva servizo algún para os veciños das parroquias de Allariz”. O goberno local afirma que agardará que a petición, trasladada á Xunta de Galicia, se poida materializar, ao mesmo tempo manterán o apoio ás reclamacións dos veciños ata que o servizo sexa recuperado.
nas que se vén beneficiadas por esta circunstancia e por estar situadas no ámbito da ARI (Área de Rehabilitación integral), dado que o camiño transcorre polas súas rúas, tales son os casos de: Santo Estevo, Santa Mariña de Augas Santas, Santiago de Folgoso, etc. Tendo en conta isto, dende o PSOE lembran que hai axudas específicas e que unha delas xa ten rematado o prazo de solicitude polo que demandan que se comece a traballar de inmediato na rehabilitación de vivendas no rural para non perder máis oportunidades.
Restos arqueolóxicos de Armea . /M. REJO.
Continúan descubrindo Armea 4 Os arqueólogos acharon unha casa e a muralla. R. Torres A sétima campaña arqueolóxica en Armea, parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, deixa novos descubrimentos no coñecemento histórico da antiga “Cibdá de Armea”. Así o aseguraba Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo, que durante o mes de xullo desenvolveu a campaña arqueolóxica dirixida por Patricia Valle e froito dun convenio de colaboración suscrito co Concello de Allariz. A intervención no xacemento denominado “Atalaya”, que según os arqueólogos estivo habitado entre os séculos I e II, tería unha extensión que rondaría las 4,5 hectáreas, permitiu deixar ao descuberto unha nova “domus” na zona nor-
te, bautizada tamén como casa do “trisquel” pola aparición do símbolo nunha das pedras, “cun gran patio enlousado e un pórtico con columnas das que se conservan tres bases”, destacou Fernández, ao tiempo que confirmaba o descubrimento de varias estancias da casa e un canal de desaugue que discorre baixo o chan feito en parte con ladrillos. Tamén saiu á luz un posible almacén con muíños. Ademais escaváronse dúas estancias que sinalan que a zona estivo adicada á producción de utensilios de metal e vidro. Incluso descubriuse “un recinto previo á ocupación romana da Atalaia”, finalizaba Adolfo Fernández.
Tamén saíu á luz un posible almacén con muíños
ALLARIZ E COMARCA
O burro ten a súa propia rúa 4 Na aldea de San Salvador dos Penedos. Redacción O Concello de Allariz, xunto coa Asociación Nacional para a Defensa e Recuperación da Especie Asnal (Andrea) e a Casa Garande de Xanceda, vén
de inaugurar, a finais do pasado mes, unha rúa dedicada ao burro en San Salvador dos Penedos. Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, agradecía a escolla do concello de Allariz como
Récord de visitantes no Festival de Xardíns 4 Xa suman máis de 17.000 euros de ingresos en entradas. Redacción A Festival de Xardíns de Allariz acada cifras récord de visitantes durante este verán. Comezado o mes de agosto os ingresos por venda de billetes superaban os 17.000 euros, sendo o mes de xullo o que, ata agora, contaba cun maior número de visitas, contabilizando algo máis de 6.500 euros ingresados. Estes datos avalan ao festival internacional alaricano coma un dos principais reclamos turísticos da vila. Deste xeito, consolídase coma un referente tanto para o público especializado, profesionais do sector, e visitantes que se achegan a ver os xardíns,
ano a ano. Ademais, o festival acolle eventos relacionados con ese ámbito, coma poden ser a asemblea xeral da Asociación Galega de Empresas de Xardinería, así como outras actividades lúdicas e culturais como o Festival de Bandas de Música. Festival 2018 Esta edición terá aberta as súas portas ata o vindeiro 29 de outubro. Pero xa se está a traballar no vindeiro ano. Ata o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o título de “O erotismo no xardín”.
Algunhas das creaciónns da edición 2017 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz./M.REJO.
primeira localidade, en Galicia e en España, cunha rúa adicada ao burro “no ánimo de colaborar na visibilización do burro, que en moitos casos foi fundamental nas casas labregas galegas”. En San Salvador viven preto de dúas ducias de exemplares e con esta iniciativa ademais tivo o premio de agasasllarlles con 2.500 cenorias. Campaña Esta homenaxe enmárcase dentro da campaña
solidaria “Vaya burrada!” iniciada dende a Casa Grande de Xanceda, que comezou fai uns meses coa recollida de sinaturas para solicitar a incorporación do burro no WhatsApp. Por cada sinatura doarase á Asociación Andrea unha cenoria como mostra de recoñecemento e apoio polo seu traballo na protección desta especie en perigo de extinción. Desde a aldea ourensán xestionáronse máis de 500 adopcións de burros.
Barrios Agosto 2017
19
Inauguración da Rúa do Burro na aldea de San Salvador de Penedos.
20
Barrios Agosto 2017
DEPORTES / OCIO E CULTURA
Deporte en Allariz pola Festa da Empanada 4 Piragüismo, fútbol e triatlón foron as actividades. R. Torres Durante a pasada fin de semana celebrouse en Allariz a Festa da Empanada, que trouxo ademais do rico prato galego moita actividade á vila na que o deporte tivo un papel protagonista. O sábado, 19 de agosto, celebrouse o tradicional triatlón de Allariz; proba que cada ano cubre o cupo de inscritos. En categoría masculina subiron ao podio Alberto González (terceiro ano consecutivo que logra a vitoria), Jacobo Crego e Marcos Vila,
como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. En mulleres, primeira foi María Jesús Coya, seguida de Ana María Santiso, segunda, e Cristina Torres, terceira. Piragüismo E as piraguas tamén estiveron presentes nesta exaltación gastronómica. Preto de 200 piragüistas non se quixeron perder a 24ª edición da Regata Festa da Empana que discorreu polo río Arnoia. Os integrantes do Barco, Jesús Rodríguez León, en homes, e Kissi Torres, en
mulleres, foron os dominadores da proba absoluta. Fútbol Outro deporte que fixo acto de presanza esta fin de semana foi o fútbol. O equipo local do Allariz recibía en amigable a unha das sensacións do fútbol provincial: a Unión Deportiva Ourense. Aínda que o resultado foi o de menos, os visitantes golearon aos locais por cero goles a cinco. Os goles foron obra de Luis, Alfredo, Corzo, Unai e Germán.
Participantes na regata organizada pola Festa da Empanada./RAMSÉS.
Iván Feijoo, bronce 4 No nacional de BTT. Redacción O ciclista Iván Feijoo lograba a medalla de bronce, en categoría júnior, no Campionato de España de BTT XCO celebrado na localidade valenciana de Cofrentes. O ourensán subiuse ao podio nunha proba na que venceu o catalán Jofre Cullel, número 1 del ránking mundial.
Polo tanto, un novo éxito nacional do corre-
Iván Feijoo durante a proba.
dor do Academia Posta Actyon MMR. Pablo Rodríguez Na categoría elite, o macedán Pablo Rodríguez Guede, do MMR remataba segundo.
Numeroso público mercando empanada nos postos./RAMSÉS.
Ninguén faltou á cita coa empanada de Allariz 4 A vindeira fin de semana celebrarase a Feira da oportunidade. R. Torres Allariz celebrou, do 18 ao 20 de agosto, unha nova edición da Festa da Empanada. O venres tivo lugar cinema ao aire libre coa proxección de “Mascotas”. O sábado 19, o triatlón foi o protagonista, xunto co concerto do grupo Gin Toni´s e da Banda da Unión Musical de Allariz. O prato forte foi o domingo 20. O epicentro dese día foi a festa campestre que tivo lugar a mediodía no Campo de Vilanova. Os postos repartiron centos de empanadas nunha xornada marcada polas altas temperaturas. O público podía escoller empanadas de todo tipo, desde as típicas de carne ou bonito ata de carne de boi, pasando polas de zamburiñas o zorza, entre moitas outras. Feira da oportunidade De seguido, a alameda de Allariz acollerá, os días 26 e 27 de agosto,
unha nova edición da Feira da Oportunidade, organizada pola Asociación de Comercio e Hostalería de Allariz, en colaboración co Concello. A feira estará aberta en horario de 10 a 21:00 horas. Unha docena de comercios de roupa e complementos, calzado e deportes, entre outros, ofrecerán aos seus veciños e visitantes considerables descontos. A programación da feira inclúe, ademais, actividades infantís como xogos ou obradoiros de globoflexia, malabares, arte e pulseiras. Cesteiros Tamén na última fin de semana de agosto Santa Mariña de Augas Santas celebra o sétimo encontro de cesteiros. Así, ofrecerá o sábado 26 un roteiro arqueolóxico nocturno en Armea duns dous quilómetros. As prazas son limitadas, polo que os interesados deben anotarse en turismo@xeitura.com, en cultura@allariz.com ou nos teléfonos 988 44 08 59 e 609 47 49 76. A activi-
A Feira da Oportunidade celebrarase o 27 e 27 de agosto na alameda dade dará comezo ás 21:30 horas. O domingo haberá obradoiros, exposición e vendas de produtos de 11 a 14 horas e de 17 a 20 no entorno da escola de cestería de Santa Mariña de Augas Santas. Tamén terá lugar un taller infantil de cestería -de 11:30 a 13:30 horas-, un concerto -ás 12:45- e un xantar degustación de carne de boi ás dúas da tarde. Para participar no xantar é preciso mercar o bono na casa da Cultura de Allariz ou na A.VV. de Santa Mariña antes do día 24. Arte de man A Feira de Artesanía “Arte de man” terá lugar o segundo domingo de setembro, día 10, no casco histórico da vila. O horario será ininterrompido de 11 a 20 horas.
IMAXES DO MES
Tropa romana desfilando polas rúas de Xinzo de Limia./RAMSÉS.
Festa do Esquecemento
Xa son 17 os anos que se conmemoran a Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia. Este ano celebrouse do 18 ao 20 de agosto, e romanos e castrexos volveron a medir as súas forzas na vila limiá co mesmo final de sempre -na representación histórica, vitoria dos romanos, e na da actualidade nin vencedores nin vencidos, todo unidos arredor da festa que ten lugar nesta celebración-. Conta a lenda que as tropas romanas non se atrevían a atravesar o río Lethes (actual río Limia), xa que pensaban que quen o cruzaba perdía a memoria. Tivo que ser Décimo Junio Bruto quen o cruzara e fora nomeando un a un aos seus soldados para demostrar a falsedade de tal crenza. A festa recrea ese pasaxe ante a mirada de centos de visitantes que ademais gozaron de tres días de múltiples actividades.
O tradicional desfile de farois da Ramallosa congregou a numerosos veciños e visitantes nas rúas de Celanova./J.RODRIGUEZ.
Multitudinaria Ramallosa en Celanova
Como cada ano, na noite do primeiro sábado de agosto Celanova apagou as súas luces para deixar que os farois iluminasen as rúas da vila durante o desfile da Ramallosa, no que veciños e visitantes puideron ver creacións cada ano máis imaxinativas.
Barrios Agosto 2017
21
Imaxe do ceo desde Senderiz -Serra do Xurés- na noite do pasado 11 de agosto onde as Perseidas deixaron un espectáculo incomparable./JAVIER RODRÍGUEZ.
Noite de Perseidas
O ceo nocturno no Curral Vello, no monte Castro Laboreiro de Senderiz (Serra do Xurés), deixounos a mediados de agosto imaxes espectaculares coa chegada das tradicionais Perseidas ou “Bágoas de San Lorenzo”. Moita xente desprazouse lonxe dos núcleos urbanos para contemplar o firmamento e ver estas estrelas fugaces, froito das partículas producidas polo cometa Swift-Tuttle, coas que a Terra se atopa cada ano (polo seu movemento de traslación) por estas datas.
O grupo de Yakutia (Rusia) nunha das actuacións das Xornadas de Folclore 2017./R.T.
34 anos de folclore
Ata 16 municipios da provincia acolleron, do 7 ao 16 de agosto, a 34ª edición das Xornadas de Folclore, que lles achegaron as músicas e bailes de todo o mundo. Os grupos participantes este ano procedían de Kenia (África); Perú, Chile e México (América); e das cidades rusas (Europa) de Krasnodar e Yakutia.
22
Barrios Agosto 2017
4AXENDA Exposicións - Ata o 26 de agosto “Nós tamén fomos emigrantes” - Fundación Curros Enríquez (Celanova) - Ata o 3 de setembro - Exposición de Carlos Santos “Entropía” - Fundación Vicente Risco Allariz - Ata o 29 de outubro VIII Festival Internacional de Xardíns de Allariz “Os xardíns da memoria” - Allariz Música - 23 de agosto - “Solpores do Náutico” Concerto de Big Crunch - 21 h - Parque Náutico de Castrelo de Miño - 24 de agosto - Concerto de Luis Caracol - 21 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 24 de agosto - “Eiró dun soño de verán” roteiros teatralizados - 23 h - Allariz - 30 de agosto - “Solpores do Náutico” Concerto de Soul ´n´Roll - 21 h - Parque Náutico de Castrelo de Miño Outros -Todos os xoves de verán - Pincho Gastronómico nos bares de Verin - 2 de setembro - XI Festival Arteficial - 12 h - Ribadavia - 5 de setembro - “8 miles do Xurés” sendeirismo - 9 h - Lobios - Do 5 ao 9 de setembro - Festival de Teatro Galego FETEGA - O Carballiño - 15 de setembro Monólogo de Edu Soto - 21.30 h - Auditorio Municipal de Carballiño - 16 de setembro - “V Maratón de escalada Canón do Sil” - 8 h - Canón do Sil Festas e feiras - Do 14 ao 19 de setembro “Festas de San Cibrao” na vila do Carballiño - Todos os xoves - Feira en Celanova www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
O Chinquena Daquela, na antiga rúa Italiana, pretiño do corazón da vila, ao carón da casa familiar, tiña de veciño o señor Benito Estévez, coñecido popularmente como “O Chinquena”. Contei noutros relatos que o meu barrio e as súas xentes foron, son e serán un referente para min, e sempre estarán vivos nas miñas lembranzas, mentres poida exercer a espontánea e ceibe virtude de soñar. Hai uns días, baixei a costiña da fermosa rúa Mariano Carrero, e tan só ao camiñar uns pasos clavei a mirada nas casiñas baixas da parte dereita, e de súpeto o maxín levoume con maxia aos anos da miña infancia. Alí, no portón de madeira con doble folla, moraba Benito coa súa dona a señora Rosa. O Chinquena era un home apacible, con aspecto serio, pero bonachón, rexentaba un pequeno taller de bicicletas na rúa Maior de Verin, pretiño da praza. Ás veces metiame no taller e ollaba abraiado como Benito sumerxía os neumáticos nun cubo de auga para localizar os pinchazos, ao tempo que escoitaba as apaixoantes aventuras que xurdían da súa prodixiosa imaxinación, facendo que pasara
“Coido que os mellores tesouros non se mercan con diñeiro, e aquel detalle do Chinquena foi un momento entrañable”
un ratiño agradable. Coido que xamais ollei ao señor Benito a pé, camiñando pola rúa, só teño lembranzas de velo subido nalgunha das moitas bicicletas que posuía. Naquel tempo, o seu neto e máis eu compartíamos xogos na rúa, xogos enxebres, que nos facían medrar, en todolos xeitos, sen trapalladas coma hoxe en día, eso si, sempre co previlexio de poder andar en bicicleta. O avó, de vez en cando, abría o portón de doble folla e permitía que poideramos entrar por un intre no mundo incrible das bicis. Moitas veces, coa emoción, quedabamos bloqueados e non sabíamos a boa fe cal escoller. Foron momentos que non borrarei xamais. Na adega, había bicicletas de todos os xeitos, de home , de muller, de rodas grandes ou pequenas, de cores variados, mais a que chamaba a atención era a de dúas prazas, unha máquina única na vila, que cada vez que a ollaba entrábanme unhas gañas irresistibles de montar naquel sillín de atrás, que sempre ía baleiro. Unha tarde que os rapaces andabamos a rachar os zapatos a golpe de balón na rúa, o Chinquena ía saír do portalón coa bicicleta dos meus soños, aquel tándem tan rechamante, e ao pasar polo noso carón, miroume un intre e con xesto serio de súpeto espetoume: “sube!”. E sen pensalo máis, din un brinco, e cos pés medio colgando, viaxei naquela fermosa bicicleta ata a rúa Maior, non sen antes pasar pola rúa do Pozo e Traviesa, e como non pola praza, que, daquela, estaba ateigada de xente, e onde os rapaces ao
O descubrimento de Vidago “O Chinquena abría o portón e permitía que poideramos entrar por un intre no mundo incrible das bicis”” ver tal estamp, quedaban abraiados, sentíndome eu o neno máis importante do pobo. Ao chegar diante do taller puxen o pé no chan coa sensación maravillosa de ter un desexo cumplido. Coido que os mellores tesouros non se mercan con diñeiro, e aquel detalle do Chinquena quedoume para sempre formando parte dos moitos momentos entrañables que cando era neno disfrutei, pretiño sempre, das incribles xentes que alí viviron e que non esquecerei xamais. Agora, só quedan as lembranzas, escribo acá, con orgullo, as do señor Benito “Chinquena”, aquel home bo, que nos fixo gozar cias bicicletas, facendo gala dunha xenerosidade impagable. Hoxe na rúa maior de Verín, un anaco máis adiante do primitivo taller, atópase unha moderna tenda de bicicletas rexentada pola familia, xa coa terceira xeración guiando con esmero o negocio que o avó Benito Estevez, o Chinquena, comenzou, personaxe único e moi querido, dentro da maravillosa e abundante herdanza de historias que deixaron os maiores do meu pobo. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitin”
Vidago é unha vila situada no norte de Portugal, a 15 quilómetros de Chaves e en volta están as serras da Padrela e do Alvão. O seu poboamento é moi anterior ao século XII e durante moito tempo non pasaba dunha simple aldea. As súas augas seculares foron descubertas en 1863 e teñen propiedades únicas con tres fontes que afloran á superficie. Na orixe destas augas está o grupo das bicarbonatadas sódicas, ricas en gas carbónico e ph ácido no nacemento, destacando a auga Vidago-Campilho, que despois de inxerida é alcalina para o organismo e por tanto aconsellable o seu consumo. No inicio do século pasado, durante o reinado do rei Carlos I, nace o proxecto do Vidago Palace Hotel, considerado pronto un dos mellores hoteis de Europa e neste momento está valorado como o mellor hotel do mundo para a realización
de casamentos. Vidago é tamén unha referencia polo seu turismo rural, onde destaca o Solar de Oura, mansión do século XVIII, unha propiedade histórica que ten unha capela privada con talla dourada. E sen esquecer a quinta do Olival, que se sitúa a 6 quilómetros, na aldea de Vilas Boas, un lugar perfecto para os hóspedes que lles gusta o turismo rural. A oferta gastronómica de Vidago é vasta, auténtica e xenuína, como por exemplo, no restaurante “A Campesiña”, onde se pode degustar unha vitela excelente e un viño da rexión dun rico “bouquet”. Ademais, o restaurante de Souto Vello é unha referencia pola oferta da carne do porco bísaro. E pasando tamén polos dous maravillosos campos de golf, acá teñen boas razóns para deixarse namorar por esta encantadora Vila de Vidago.
Ludoteca de verán en Celanova
horario de 10:30 a 13:30, as actividades previstas procuran que os rapaces dean unha volta ao mundo neses días, co obxectivo de coñecer o noso planeta, os diferentes continentes e os lugares máis pintorescos. O luns 21 o protagonista foi Oriente Medio. De seguido, o martes 22 será a quenda de Escocia, a través de xogos Highlands; o mércores achegaranse a Italia, cociñando calzone; o xoves, a Australia, mediante un taller creativo e musical; e o venres pechan esta iniciativa en Groenlandia, descubrindo a vida dos pingüinos.
Redacción A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, está a organizar unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. A primeira parte da mesma tivo lugar na semana do 7 ao 11 de xullo, e a segunda está a celebrarse do 21 ao 25 de agosto Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e cun
João Damião
CLASIFICADOS
Barrios Agosto 2017
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº40 - Ano: X - Agosto 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase apartamento a cinco minutos da praia america. Reformado, bo prezo. Tel. 636 422 497 Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@gmail.com. Alugo apartamentos, de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.
COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531.
Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tel. 658 056 922.
EMPREGO Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
24
Barrios Agosto 2017