Page 1

Entrevista a Jesús González, técnico de Elyte Xinzo [Páx.7]

VERÍN

Páx. 2

Fontenova acollerá un parque de sete hectáreas

CARBALLIÑO Páx.5

ESPECIAL Páx.10-13

ALLARIZ

Páx.11

O Carballiño súmase ao alumeado LED nas súas rúas

Prepara cos mellores profesionais as túas celebracións

Conmemoración dos 700 anos da Festa do Boi

CELANOVA

A Oficina de Turismo de Celanova amplía o seu horario

Novo cemiterio para Verín

Polémica coas árbores da avenida de Celanova de Xinzo [Páx. 8]

Páx.17

[Páx.3]

Senda peonil entre Allariz e Outeiro [Páx. 14] de Orraca

As obras na Avenida de Celanova poderían eliminar as árbores. Verín contará cun segundo cemiterio. Autoridadez no paseo de Allariz a Outeiro./M.REJO.

Número: 36 - Ano: X - Abril 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios Abril 2017

TEMA DO MES

Aniceto Rodríguez seguirá en prisión ata o xuízo 4 A Audiencia Provincial basea a decisión no risco de fuga polas altas penas solicitadas. Redacción

Imaxe do deseño do futuro parque que acollerá a zona de Fontenova.

Fontenova acollerá un parque de sete hectáreas 4 O alcalde agarda que unha parte do mesmo estea operativa este mesmo verán. Redacción A zona verde máis ampla de Verín englobará as zonas da antiga Fontenova e o Auditorio. Trátase dun parque de sete hectáreas que disporá de xardín, árbores, estanque, xogos, zona para mascotas, laguna e praia. As obras de execución comezarán en pouco máis de dúas semanas, co fin de que unha parte do proxecto estea rematado antes de verán para que os veciños poidan xa gozar deste espazo. Como explica o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a recente anulación do PXOM non lles impedirá o inicio dos traballos, “como a maioría de fincas xa as fomos adquirindo podémolas utilizar, polo que agardamos que para verán unha parte do parque xa estea operativa, para que a xente poida pasear”, detalla.

“Como a maioría das fincas as fomos adquirindo, podémolas utilizar”, aclara Seoane sobre o inicio das obras

En canto ao resto da execución (dependente das novas normas urbanísticas) aclara que “xa iniciaramos unha modificación do Plan, que pasou o trámite ambiental, e agora supoño que tardaremos ao redor dun ano en aprobar un Plan Especial preciso, independente do Plan Xeral”. Polas súas dimensións, esta será unha das grandes obras do mandato, pero non a única. “Hai outro parque no río de tres hectáreas, que tamén expropiamos xa, e outro máis de dúas hectáreas”, especifica o rexedor, quen destaca que para o goberno bipartito “no conxunto da vila, a rehumanización, plantar árbores, mellorar e ampliar as zonas verdes, e acondicionar as vías principais son o noso obxectivo prioritario”. Proxecto A primeira das actuacións que se levará a cabo será na zona do antigo balneario, onde os operarios da brigada municipal de obras recuperarán os vellos xardíns do manancial, incluíndo un pequeno estanque circular no centro, “de imitación

Será unha das grandes obras deste mandato, pero Verín contará con dous parques máis, de tres e dúas hectáreas aos parisinos”, detalla Seoane. Ademais, dentro do proxecto está programada a construción dunha lagoa artificial (na parte superior da imaxe), núcleo de outras dúas superficies concéntricas, unha para unha praia de area e outra para zona de xogos infantís. Así mesmo, tamén haberá, sita moi próxima á entrada do centro de artes escénicas, unha pradeira circular, e á dereita da mesma habilitarase un pequeno bosque para que poidan divertirse as mascotas. Un espazo deportivo, un punto de información sobre os beneficios das augas mineromedicinais da comarca e diversas zonas de céspede e árbores completarán este amplo recinto pensado para que goce toda a familia.

Este 18 de abril Aniceto Rodríguez, de 77 anos, acudiu á vista celebrada na Audiencia Provincial de Ourense na que se decidía se continuaba ou non en prisión ata a celebración do xuizo polo presunto asasinato a coiteladas da súa muller, Isabel Fuentes (66), o 8 de maio de 2015 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se recuperaba dunha agresión anterior sufrida o 2 de abril na súa casa de Pazos (Verín). O prazo máximo de prisión provisional é de dous anos, que están a piques de cumplirse, pero pode chegar a prorrogarse se así o decide a xustiza. A Fiscalía solicita para el 39 anos de cadea, por un delito de intento de asasinato e outro de asasinato consumado, co agravante de parentesco. A familia, pola súa banda,

eleva a solicitude ata os 49 anos, engandíndolle o ensañamento. Fiscalía, Xunta, Sergas e a familia de Isabel Fuentes pedían que Aniceto continuase privado de liberdade ata o xuízo polo elevado risco de fuga, baseándose na falta de arraigo previo ao crime e nas elevadas penas solicitadas, así como na súa tendencia a “maquinar”. Lembran que no ataque sufrido por Isabel na vivenda familiar, o acusado finxiu un roubo ante os veciños aos que pediu axuda. A defensa pediu, en cambio, a liberdade provisional descartando a fuga polo estado de saúde do home, que sufriu un ictus despois de autolesionarse co mesmo coitelo co que agrediu presuntamente á súa dona na habitación hospitalaria. O avogado pide, respectivamente, 3 e 4 anos de prisión polo primeiro ataque no domicilio, que califica de lesións, e polo crime no CHUO. Segun-

A Fiscalía solicita 39 anos de cadea por intento de asasinato e asasinato consumado, co agrabante de parentesco. A familia de Isabel reclama 49 anos, engadindo o ensañamento

Fiscalía, acusación e a familia de Isabel coinciden en que o acusado finxe un estado peor ao real do a defensa, Aniceto non é consciente nin de atacar nin matar á súa muller. En relación ao asasinato argumentará ante o xuíz o atenuante de trastorno mental transitorio. Problemas de saúde finxidos Ante os problemas de saúde e mobilidade que alega o avogado e que mostra o acusado, a familia de Isabel, fiscal e acusación particular coinciden en que o home finxe un estado peor ao real. A fiscalía e a avogada da acusación insisten, ademais, en que as secuelas do ictus non afectan á súa capacidade de comprensión, tal e como certificaron os forenses. Despois da vista celebrada, tal e como se agardaba, a maxistrada da Audiencia Provincial determinou que o septuaxenario continuará en prisión á espera de xuízo, que previsiblemente terá lugar antes de agosto, dado que a causa está pechada.

Aniceto Rodríguez compareceu tan só cinco minutos na vista celebrada na Audiencia Provincial o pasado martes 18 de abril./M.REJO.


VERIN E COMARCA

Verín incrementou o seu remanente de tesourería

Comezan en maio as obras do centro de día

4 En 636.000 euros.

4 Sito na pranta baixa da Praza de Abastos, entrará en funcionamento a final de ano.

Redacción

Redacción

O Goberno municipal deu conta na última sesión plenaria dos resultados económicos do primeiro exercicio (2015) do actual executivo, que serán remitidos ao Ministerio de Economía. O remanente de tesourería aumentou, pasando do 1.705.026,79 millóns de euros en 2014 a 2.341.195,86 en 2015. Este incremento, “amosa unha estabilidade orzamentaria exemplar e unha gran solvencia económica”, afirmou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. O remanente de tesourería é o saldo que permite coñecer a capacidade dunha administración para afrontar as súas débedas. Segundo os datos presentados ao pleno, esta capacidade incrementouse,

na primeira anualidade do bipartito de Verín en 636.169,07 euros. Estes datos confirman, segundo Lourenzo, “que o noso Goberno administra moito, e administra ben; porque o resultado das inversións realizadas están á vista dos veciños”. Ademais, estes datos confirman o cumprimento de todos os criterios de estabilidade orzamentaria requiridos polo Executivo Central.

O PP de Verín lamentou en rolda de prensa as declaración realizadas (segundo os populares) polo rexedor municipal, Gerardo Seoane, nas que rexeita solicitar a declaración do Entroido como Festa de Interese Turístico Internacional, tal e como está a realizar Xinzo de Limia. “É moi curioso o argumento que utiliza o rexedor para rexeitar esta solicitude”, indica o voceiro popular, Juan Manuel Jiménez, “xa que esgrime o temor á posible masificación das festas e perda de identidade cando a posteriori engade que este ano

funcionamento. Cunha inversión de 125.000 euros, este centro de día contará con 36 prazas e estará xestionado por unha empresa especializada privada. O alcalde explicou que aínda que non é intención do Concello a privatización de servizos públicos, consideran que por un tempo é precisa esta medida pola súa falta de competencia no sector.

Superávit O documento de peche de 2015 recolle un superávit nas contas do Concello de Verín de 174.156,22 euros, e un resultado económico-financeiro positivo (ingresos-gastos) de 704.285,95 euros, fronte aos 248.771,18 do 2014.

O PP súmase a proclamar internacional o Entroido de Verín Redacción

Este mes de maio darán comezo as obras do primeiro centro de día de Verín, que estará ubicado na pranta baixa da Praza de Abastos da vila, onde ata fai pouco tiñan lugar as clases da Escola de Artes e Oficios, que foi trasladada. Pola súa banda, na primeira pranta continuará de momento a oficina de Medio Rural, xa que

Concello e Consellería non chegaron a un acordo alternativo. O obxectivo do goberno municipal era deixar libre ese espazo por se era preciso ampliar o centro de día nunha segunda fase. O alcalde asegura contar xa con todos os permisos precisos para comezar agora os traballos, por tratarse dunha zona do casco urbano especialmente protexido. E agarda que antes de que remate o ano estea en

foi a cita máis masiva e que houbo máis xente que nunca, aínda que iso sexa falso”. Jiménez destaca “a repercusión económica que levan consigo estas distincións, non só en axudas da administración, senón tamén para ao sector da hostalaría e restauración”. O alcalde responde Pola súa banda, Gerardo Seoane, cando foi preguntado por esta reclamación do PP, negou que o Concello rexeitase solicitar esta distinción. “Ninguén renunciou a nada, seguimos adiante”, sentenciou o socialista.

A oficina de Medio Rural e o novo centro de día compartirán as instalacións da Praza de Abastos /M.REJO.

Conta atrás para o novo cemiterio 4 Investiranse 300.000 euros na primeira fase. Redacción O Concello de Verín vén de iniciar o trámite medioambiental previo á redacción do Plan especial de infraestructuras e dotacións que se require para comezar o proxecto dun novo cemiterio municipal, o cal, segundo o alcalde, Gerardo Seoane, estará dispoñible no prazo dun ano e irá ubicado entre as localidades de A Salgueira e Vilamaior. 300.000 euros serán precisos para executar a primeira fase, que inclúe o acondicionamento dos

viais de acceso, abastecemento, saneamento e a instalación de electricidade no recinto. De seguido, construirase o interior, condicionado pola demanda, que se agarda sexa elevada xa que actualmente existen máis de

300 peticións de nichos, porque o actual camposanto, na rúa Rosalía de Castro e datado en 1866, atópase ao completo. Será municipal O novo cemiterio estará ubicado nun terreo de 47.000 metros cadrados e será de titularidade municipal, polo que será o Concello o que afronte a totalidade da inversión. Segundo especificou o rexedor, o precio dos nichos, entre outras cuestións, serán definidas nos próximos 12 meses.

Actual cemiterio, na rúa Rosalía de Castro./M.REJO.

Barrios Abril 2017



EN BREVE 4 O Concello reactiva a ORA O Concello de Verín reimplantou este 17 de abril a ORA en oito rúas, a petición dos comerciantes, para estimular a rotación do aparcamento nas zonas de servizos. Non haberá concesión, e será a propia Policía Local a que vixie o cumprimento dos horarios. A nova tarifa que se aplicará na zona ORA será de 0,50 euros/hora e estará en funcionamento nas avenidas Luís Espada e de Portugal, e a rúa Deputación.

4 Actividades de verán para mozos A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín mantén -ata o 2 de maioaberto o prazo de inscrición para participar na campaña de Verán 2017, dirixida a mozos de entre 9 e 17 anos. As actividades terán lugar en xullo e agosto e inclúen iniciativas de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. Os prezos, dependendo do lugar elixido, oscilan entre 100 e 300 euros. As familias numerosas contan cun 50% de desconto e quen posúa carné xove un 25%. Estes descontos non serán acumulables.

4 Seminario na Eurocidade Do 3 ao 7 de abril tivo lugar, na Eurocidade Chaves-Verín, o seminario internacional “As idades da auga: as augas construtoras de paisaxes”, no que participaron 30 persoas e que incluíu visitas a balnearios, con especial atención ás piscinas romanas. As conclusións desta cita establecen propostas baseadas na sostibilidade, na transversalidade do territorio co río como eixe principal -prestando especial atención ao espazo agrícola da Veiga de Chave-, na integración paisaxística e na posta en valor da agricultura.




Barrios Abril 2017

VERÍN E COMARCA

Importadores de 20 países visitan a D.O. Monterrei 4 O seu “Túnel do viño” achegarase, en breve, a cidades como León, Málaga e Gijón. Redacción O pasado 3 de abril un total de 65 importadores e distribuidores de viño de 20 países achegáronse a Monterrei para coñecer os brancos e tintos que alí se elaboran. Nun primeiro momento, achegáronse ao viñedo máis grande de Galicia, sito en Vilardevós; e visitaron a adega Alba AlBar S.L., onde lles mostraron o proceso de elaboración dos viños brancos e tintos. Para finalizar tivo lugar unha cea nun restaurante de Verin acompañado de viños de Monterrei. Túnel do viño 100 persoas participaron este 18 de abril no Centro

Cultural Marcos Valcárcel no “Túnel do viño” organizado pola D.O. Monterrei. Ao longo de tres horas, profesionais da hostalaría, distribución, prensa, profesores e alumnos tiveron a oportunidade de coñecer a elaboración de brancos e tintos de Monterrei. 45 referencias de 18 adegas incluídas na D.O. permitiron aos asistentes degustar viños de varias colleitas, variedades e procedentes de diferentes chans. Esta xornada está enmarcada nunha promoción itinerante dos viños de Monterrei, que percorrerá varias cidades españolas, como León, Málaga ou Gijón, nas próximas semanas.

Curso de cata O C.R.D.O. Monterrei está a organizar o “Curso de iniciación á cata de viños”, co obxecto de mostrar aos 15 participantes (incrición

previa no 988 590 007 ou en info@domonterrei. com) nocións básicas sobre a viticultura, enoloxía e mecanismos de cata. A actividade divídese en tres sesións que terán lugar os días 21, 22 e 28 de abril na adega Alba AlBar S.L. (Daniel Fernández), impartidas por Iria Otero (licenciada en Farmacia e Enoloxía, con longa experiencia en adegas e formación en Galicia, Rioja e Navarra.

Participantes no “Túnel do viño” celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel./D.O.MONTERREI.

Licitado o equipamento do centro de día de Vilardevós 4 Cun orzamento de 180.000 euros e execución en 30 días. Redacción A Xunta anunciou o pasado 17 de abril, a través do DOG, a licitación polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria para contratar o subministro de equipamento e amoblamento do centro de día e mini-residencia para maiores de Vilardevós. O orzamento desa actuación é de 178.303,27 euros e o prazo de execución de 30 días. As empresas interesadas en participar nese concurso terán ata o 2 de maio ás

14 horas para presentar as súas ofertas. O centro de día e miniresidencia de Vilardevós, construído polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, supuxo un investimento total de case 1,5 millóns de euros, incluíndo estudos previos, dirección, proxectos e obra. Está previsto que esta infraestrutura entre en funcionamento neste mesmo ano, ofertando un total de 40 prazas de centro de día e 24 de fogar residencial.


VERÍN E O CARBALLIÑO E COMARCAS

Antiga alumna do IES García Barbón, “Premio de Excelencia Académica” Paula Alonso Campos, estudante de 2º de Bacharelato do IES García Barbón -durante o curso 2015/2016- recibirá o día 20 de abril un dos Premios de Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos –cunha nota media de 9.9-. Noraboa! para Paula de parte da comunidade educativa do IES García Barbón. Iniciativas do IES García Barbón Un ano máis estivemos co noso stand en Agromáis Verín os dias 1 e 2 de abril de 2017 para promocionar a nosa oferta formativa e, nesta edición, conxuntamente co IES Castro de Baronceli, que tamén ofreceron información sobre a súa oferta formativa e os servizos complementários que facilitan aos estudantes da comarca. Estamos a levar adiante unha campaña de recollida de tapóns para Valeria no noso centro, por iniciativa de Rosa Roldán, xefa de estudos da Escola Oficial de Idiomas de Verín. Tamén participamos nunha iniciativa entre centros da comarca que xá chega a súa V edición de Fotoentroido. No caso do noso IES resultaron gañadores: co primeiro premio Marta Guede e co segundo premio Ian Fernández. Para o noso alumnado

de ciclos formativos -2º curso- facilitamos unha charla de orientación laboral impartida póla orientadora da Mancomunidade de Municipios da comarca de Verín, Lorena Álvarez Martínez. As iniciativas de fomento da lectura e da escritura –os Clubes de lectura- realizaron unha tertulia en Xinzo co escritor Antón Riveiro Coello. No IES García Barbón tivo lugar un Obradoiro de poesia a cargo de Xabier Xil Xardón. As saídas pedagóxicas de diferentes grupos de alumnado pasaron pola visita a Madrid –estudantes do Ciclo de Automoción- para asistir, entre outras actividades, á Feira Motortec; a excursión A Coruña de alumnado do Ciclo de Mantemento e de 2º de Bacharelato –para coñecer as instalacións de Inditex-; a visita formativa a Santiago, A Coruña e Vilagarcía de Arousa das mozas e mozos do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría e a saída dos estudantes de 2º de Bacharelato para realizar a ruta da Esmorga en Ourense.

Máis información:

http://barboningles. blogspot.com.es/ http://englishlanguagegarciabarbon.blogspot. com.es/

Paula Alonso, antiga alumna do IES García Barbón, que recibirá o premio á excelencia.

Barrios Abril 2017



O Carballiño súmase á LED 4 No alumeado público. Redacción O concello do Carballiño está implantando a iluminación led no alumeado público. É un proxecto que se iniciou recentemente e que se realiza por fases, debido

ao seu custo. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa implantouse en catro rúas: Calviño, Galicia, Martínez Avellanosa e Conde Vallellano, e as seguintes fases contemplan a continuación pola Avenida Xullo

A iluminación LED chegou ao Carballiño. Rodríguez Soto e outras rúas e avenidas. Asemade, prevese realizar o cambio de sistema no polígono industrial e parque empresarial da Uceira. Nesta primeira fase o investimento realizado

ronda os 40.000 euros, que foron sufragados polo concello e as administracións provincial e autonómica, a través de subvencións. O cambio supón un aforro do 50% no gasto eléctrico.




Barrios Abril 2017

especial CONCELLO DO CARBALLIÑO

Creación literaria na Biblioteca do Carballiño A Biblioteca Pública Municipal celebrará este venres o Día Internacional do Libro cunha actividade dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Trátase dun obradoiro que, baixo o título de “O meu primeiro libro”, promove que os participantes crean, debuxen e lean a súa primeira obra. Este obradoiro terá lugar este

venres, 21 de abril, de 18,00 h. a 19,30 h., na sala infantil e xuvenil da biblioteca. A Galiña Azul Por outra parte, os nenos e nenas da Galiña Azul tamén estiveron esta semana na sala infantil da biblioteca realizando un obradoiro de manualidades.

Rapaces da Galiña Azul na Biblioteca.

O Carballiño celebra o Día da Árbore, da Auga e da Poesía O Día Internacional da Árbore, da Auga e da Poesía, que estaba previsto celebrarse, na comarca do Carballiño, no marzo pasado pero que se suspendera por causa da chuvia xa ten nova data. O acto terá lugar o vindeiro luns, ás 11 da mañá, na Ínsua dos Poetas, na Esgueva, en Madarnás. Arredor de 300 alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras, de oito centros educativos da comarca do Carballiño estarán presentes na conmemoración. A organización deste evento correspóndelle ao Instituto Manuel Chamoso Lamas, que se al-

Celebración na Ínsua dos Poetas nunha edición anterior.

terna co IES nº 1 do Carballiño. Os directores de ambos centros, José Manuel Vázquez e Manuel Amil Otero, presentaron conxuntamente a iniciativa. Lectura de poemas Oito centros educativos da comarca estarán representados neste acto no que se dará lectura a poemas, se realizarán representacións dramatizadas, se cantarán cancións e se prantarán árbores. O protagonismo será para os alumnos e alumnas dos centros educativos que, ao remate do acto, prantarán oito árbores autóctonas. Cada centro elexiu unha árbore diferente: Boborás, un buxo e un salgueiro; Cea, unha sobreira; Chamoso Lamas, un carballo; Irixo, unha cerdeira; Sagrado Corazón, un amieiro; Vila do Arenteiro, un loureiro, e o Ies nº 1, un érbedo. Presenza A este acto tamén asistirán as autoridades municipais e o director xeral de Política Lingüística, así como da Fundación Ínsua dos Poetas.

O Potiños achega a fotografía a xóvenes de 10 a 17 anos A Asociación Fotográfica O Potiños, en colaboración coa concellaría de Cultura do Carballiño, organiza dous cursos de iniciación á fotografía para a mocidade, que se desenvolverán os días 20 e 27 de maio na Aula José Suárez de Partovia. O primeiro curso chegará o sábado 20 de maio e está dirixido a mozos e mozas de 10 a 13 anos. E o sábado 27 de maio terá lugar o segundo curso, para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Ambos cursos desenvolveranse en horario de 10:00 h a 13:00 horas. A iniciativa foi presentada polo presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco, e polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; este, agradeceu o labor que desenvolve a asociación ao longo do ano e destacou a importancia de ofrecer este tipo de cursos para que a mocidade.

Manuel Blanco, pola súa banda, agradeceu a colaboración do concello e a do profesor José Emilio Gómez, que será quen imparta os cursos, e que incluso cedeu unha vivenda propiedade súa como sede social da Asociación Fotográfica O Potiños. Prazas Para ambos cursos de fotografía as prazas son limitadas, co obxectivo de facilitar a apren-

dizaxe da técnica fotográfica. Así, establécese un máximo de 15 prazas por cada curso. Non obstante, no caso de que se superen as inscricións, a asociación valora ampliar os cursos noutras datas. Os cursos son totalmente gratuitos e para participar só hai que inscribirse na área municipal de Cultura do concello, e acudir cunha cámara fotográfica o día da realización do curso.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco.

Nuremberg, protagonista na LV Festa do Pulpo O concello do Carballiño adicará a edición deste ano da Festa do Pulpo á cidade alemana de Nuremberg, e máis concretamente, ao Centro Galego desta cidade, que o próximo mes de xuño cumplirá o 25º aniversario da celebración da súa propia Festa do Pulpo. Por este motivo, e co obxectivo de ultimar a documentación que se precisa para a consecución

da denominación de Festa de Interese Turístico Internacional, é polo que se lle adica a 55ª edición da Festa do Pulpo. Hai uns días o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal,se reunían co presidente do Centro Galego de Nuremberg, Gerardo Arias González, un emigrante de Valdeorras, e con Ramiro Bieito Vilas, un emigrante carballiñés

e directivo do centro, para comunicar esta decisión e analizar a realización dun acto para presentar a LV edición da Festa do Pulpo do Carballiño, coincidindo coa celebración da Festa do Pulpo deste centro galego. Os directivos amosáronse moi receptivos a esta proposta e dende entón trabállase para ultimar os detalles da presentación, que terá lugar o sábado 24 de xuño.

O prato xigante foi unha das actividades realizadas arredor da Festa do Pulpo.


XINZO E COMARCA

Entrevista a Jesús González, técnico de Elyte Xinzo

“A electricidade é tres veces máis cara que o gas natural” 4 Jesús González fálanos das vantaxes de pasarse ao gas natural. Redacción Xa hai máis de dous anos que Xinzo de Limia conta con servizo de gas natural canalizado. Desde agosto de 2014, a empresa Elyte Xinzo pon o seu empeño en facer chegar esta enerxía á maioría dos fogares da poboación. Para iso, conta coa colaboración de Jesús González, técnico en gas e calefacción, que leva máis de 20 anos en Galicia traballando para que os fogares e as empresas teñan a mellor solución ás súas necesidades enerxéticas. Que significa para Xinzo dispor do servizo gas natural? Jesús González: “Equipara enerxéticamente a Xinzo coas principais poboacións da rexión. Os fogares obteñen maior confort, comodidade e seguridade, e a un prezo máis que razoable”. Como está a ser o proceso de implantación do gas natural? J.G.: “Na primeira fase, cando aínda existía a canalización de gas propano en Xinzo, comezouse a ofrecer o cambio dun gas por outro, nunhas condicións moi vantaxosas. O funcionamento era similar e o prezo, preto dun 30% máis económico. A seguinte fase, aínda non finaliza-

da, dedícase á substitución de instalacións de butano, á substitución de calefaccións eléctricas e de gasóleo”. É custosa a instalación para usar gas natural? J.G.: “Depende da vivenda e do tipo de instalación. Grazas ás bonificacións da empresa distribuidora, moitas vivendas conectáronse ao servizo cos seus aparellos existentes de butano (quentadores e cociñas principalmente), sen máis custo que as taxas oficiais. Elyte Xinzo, como empresa de confianza de Gas Natural, realiza as instalacións trasladando sempre as mellores ofertas da compañía, ademais de ofertar os cambios de caldeira con condicións vantaxosas de prezo e financiamento”. É caro o gas natural? Cales son as súas principais vantaxes? J.G.: “O kwh de gas natural, para a tarifa de calefacción, rolda os 0,043 euros. Se ese kwh obtémolo con electricidade, o prezo vén ser duns 0,13, é dicir, tres veces máis caro. Se o kwh obtémolo con butano, o prezo rolda os 0,070 euros (aínda que non ten custos fixos). Unha vivenda media de Xinzo, necesita para ter un ambiente confortable, preto de 15.000 kwh de enerxía. É

Jesús González, técnico de Elyte Xinzo. /M. REJO.

fácil facer números”. Cal é o seu papel e o de Elyte Xinzo na implantación do gas natural? J.G.: “No seu momento, Elyte Xinzo apostou por esta enerxía e solicitou colaborar coa distribuidora. E non só iso, senón que obtivo o recoñecemento

especial como Empresa de Confianza de Gas Natural. Nun primeiro momento solicitou a miña colaboración, pois coñecía o meu traballo como técnico en enerxías, primeiro en Asturias e despois en Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. A principal premisa de Elyte é dar un bo servizo aos clientes, actuar con honradez e procurar mellorar as condicións das vivendas”.

“Elyte Xinzo e Empresa de Confianza de Gas Natural”, afirmaba Jesús González

Saneamento no río Limia Redacción A Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Concello de Xinzo de Limia veñen de firmar un convenio para o saneamento da conca do río Limia. Devandito convenio consiste en eliminar as fosas sépticas de Fiestras e Santa María de Laroá, dando servizo a 61 e 20 habitantes, respectivamente. Por iso, procederase á construción dunha nova depuradora en Fiestras, con capacidade para 100 habitantes, e que se situará na mesma parcela

Barrios Abril 2017



que ocupa a fosa séptica. A nova construción contará dun pozo de bombeo en entrada, arqueta con desbaste, decantador primario, depuradora de biodiscos, decantador secundario e arqueta de saída e control. Por outra banda construirase un bombeo de augas residuais para o sur do núcleo de Laroá. Investimento O investimento previsto supera os 250.000 euros que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante. Estas novas instalacións prevese que poidan estar finalizadas e en servizo en prazo de tres meses.




Barrios Abril 2017

EN BREVE 4 Salón de plenos En torno a un mes estarán rematadas as melloras do equipamento do salón de plenos municipal. Mellorarase a accesibilidade, a megafonía e a comodidade tanto para plenos como para calquer acto.

4Cancro Xinzo Adiante vén de rexistrar unha moción para o Pleno ordinario, instando á Xunta de Galicia a realizar un estudo sobre a incidencia do cancro na Limia e as causas que o provocan, ademais de adopción de medidas preventivas para paliar a especial incidencia desta enfermidade.

4Regadío O Parlamento de Galicia aproba a iniciativa de En Marea na que se insta á Xunta a executar antes de xuño de 2018 as obras do plan de regadío da comarca da Limia.

XINZO E COMARCA

As árbores da discordia 4 As obras da avenida de Celanova de Xinzo farán que se talen 56 árbores. R.T. Despois de que a conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, anunciara que se acometerán obras na avenida de Celanova este verán, as réplicas non se fixeron esperar. Desde a plataforma cidadá Amigos das Árbores consideran que na reforma contemplada supón a tala dos 56 árbores (especie Platanus hybrida) para substituilas por outro tipo de vexetación. Desde a plataforma pretenden que se acometan as obras sen que afecten ás árbores centenarias da

avenida. Xa andan polas 2.500 sinaturas para de-

Unha das árbores da avenida de Celanova coa sinal de defunción. /M. REJO.

fender os 56 exemplares da avenida de Celanova. Ademais aseguran que ao estar no Camiño de Santiago (Vía da Prata) está protexido pola UNESCO Andaina O domingo, 23 de abril, celebrarase unha andaina reivindicativa en contra da eliminación das árbores. Será unha andaina de 13 quilómetros desde Viladerrei a Xinzo da Limia, con saída ás 10 horas desde o parque do Pombal. O acto central será ás 14 horas co apadriñamento das árbores centenarias, asinando un documento onde se solidarizarán e se comprometerán ao seu coidado e protección.

Amigos das Árbores da Limia queren que se fagan as obras sen a tala das árbores

A delegada da Xunta de Galicia en Ourense, facendo entrega dos diplomas do obradoiro Xin-bal de Xinzo.

Obradoiros de Xin-Bal e río Arnoia Tralos seis meses de formación realizouse o acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes dos obradoiros de emprego Xin-Bal e Río Arnoia. Devanditos obradoiros (de albanelería e xardinería) tiveron lugar en Xinzo, Baltar, Cartelle, Ramirás e A Merca. Revalorización e conservación ambiental nos parques e zonas verdes, e reaparacións de muros e beirarrúas, ademais de limpeza e rehabilitacións de fontes e lavadoiros foron algunhas das accións do alumnos dos obradoiros. Recentemente saíu publicado no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas para os obradoiros de emprego ordinarios á que este ano a Xunta destina un total de 20,5 millóns de euros, preto dun 50% máis que na convocatoria inicial anterior.


PUBLICIDADE

Barrios Abril 2017




10

Barrios Abril 2017

especial CELEBRACIÓNS

Event Bodas y Fiestas ofréceche a súa experiencia na organización de eventos A empresa pioneira en Ourense na organización de todo tipo de eventos, Event Bodas y Fiestas, pon a súa experiencia ao teu servizo para preparar o teu enlace. Coa súa axuda, as parellas aforrarán tempo, diñeiro e preocupacións, pois asumen a realización de calquera dos detalles que se precisan nunha voda. Os trámites documentais, a asesoría, as invitacións, as alianzas, os traxes, a perruquería, a música, as fotografías ou o vídeo, os detalles para os invitados ou o banquete, en Event axudaranche con cada un destes aspectos para que nada falle no teu gran día. Novidades en entretemento Segundo nos conta a xerente de Event, Teresa Rodríguez, cada vez máis os noivos apostan por incorporar “moitos entretementos nas vodas para os invitados”, como candybars (barras libres de golosinas e doces), caricaturistas, árbores dos desexos ou un photo-call con atrezzo para que noivos e invitados poidan disfrazarse e levar un recordo distinto da celebración. En Event ofertan, ademais, fogos artificiais fríos, que non necesitan

permiso, así como a personalización de zonas chill out para seguir a festa tralo banquete. Outros servizos Como todas as tempadas, en Event van incorporando novos deseños de invitacións e de detalles para os convidados, cunha liña económica. En fotografía e vídeo traballan coas fotógrafas “Ana y Luna”, que tan só realizan unha única reportaxe por día para ofrecer aos clientes o seu mellor servizo.E no apartado musical, con Event traballa a única soprano organista profesional de toda Galicia. Animación para outros eventos En Event tamén dispoñen de animación específica para outras celebracións, como primeiras comuñóns, despedidas de solteiro ou aniversarios: pallasos, inchables, dúos ou tríos musicais, discotecas móbiles, stripers, gogo’s-... E en particular para despedidas de solteiro/a, organízanas de fin de semana completa moi animadas e con moi bos prezos.

Novidades en entretemento: zonas chill out e fogos fríos

Decoflower ofréceche todo o material que precisas para levar a cabo as túas celebracións.

Decoflower, aluguer de carpas, enxoval e complementos Teresa Rodríguez, xerente de Event./M.REJO.

Decoran tanto espazos interiores como exteriores.

EVENT BODAS Y FIESTAS r/Celso Emilio Ferreiro, 36, baixo, Ourense Tel. 988 240 548 -619 81 96 44 info@event-bodas.com www.event-bodas.com

Decoflower ofréceche aluguer de carpas, enxoval e complementos. Trátase dunha empresa ourensá con máis de 20 anos de traxectoria no mundo dos eventos. O que empezou sendo unha floraría e decoración nos seus inicios en Venezuela, especializouse na realización de celebracións e co paso do tempo a carta de servizos que ofrece aos seus clientes tense ido incrementando. En Decoflower poderás atopar todo o que precisas para levar a cabo calquera evento como vodas, comuñóns, bautizos, festas populares, reunións familiares, cerimonias civís, etc.

Decoflower ofrécelle aos seus clientes, entre outros, carpas de distinto tamaño e formas, decoración, cadeiras con/sen funda, enxoval, mesas redondas, alongadas, servizos de transporte, mantelería, baños químicos, servizos de catering, cogomelos de calor, tarimas, moquetas, discotecas móbiles, grupos electróxenos, material de cociña (termos, bandexas...) e moito máis. Para Decoflower a satisfacción do cliente é o máis importante, por iso se tes pensado organizar unha celebración especial infórmate sen compromiso en www.deco-flower.es, no enderezo info.decoflower@gmail.com ou chamando ao 988 245 728.


CELEBRACIÓNS especial

Barrios Abril 2017

11

Consellos para unha voda orixinal Cambiar o arroz por pompas de xabón e o vals por unha coreografía cos amigos son algunhas das propostas.

A oferta de suxeitadores vai desde a copa B á dobre H.

Kaprichos, a túa tenda de lencería en Verín Desde fai oito anos, Kaprichos é a opción de moitos verineses e verinesas para as súas compras de lencería e roupa de fogar. Para o día ao día, pero tamén para celebracións especiais como é unha voda, en Kaprichos de seguro atoparemos o que estamos buscando e mellor nos queda. Suxeitadores, bragas, ligueiros, camisóns, batas… de marcas como Passionata, Intima Cherry, Freya ou Chantelle. A oferta é ampla, desde a talla 38 ata a 50 e desde a copa B ata a dobre H. O branco xa non se leva, agora as noivas decántanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava. Sexa cales sexan as túas preferencias e gustos, Marisa Rodríguez, á fron-

te do negocio, darache o mellor consello. En Kaprichos tamén poderás mercar o bikini ou bañador e toalla que levar á túa lúa de mel, ou mercar a roupa para o teu bebé. Nova colección de bañadores 2017 E para este verán, descubre todas as novidades en traxes de baño, coa colección de 2017. Date unha volta polo seu establecemento e sorprenderaste con todo o que atopas no seu interior.

As noivas decátanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava na súa roupa interior

Cada vez son máis os noivos que buscan ideas diferentes co desexo de que a súa voda non sexa como todas. E cada vez xorden máis novas ideas de voda orixinais, todo depende do atrevidos que sexamos e do noso orzamento. Boda temática Podemos facer que toda a voda en si sexa completamente atípica organizando unha voda temática. Só temos que elixir un tema que nos guste ou que exprese a nosa personalidade e basear nel todos os detalles da celebración. Vodas baixo a auga, nudistas, surfeiras, medievais, celtas, ecolóxicas, rockeiras, vodas inspiradas nos anos 20 ou nos 60, ibicencas, hawaianas... Pero, se simplemente queremos cambiar ou engadir algún detalle para diferenciarnos e sorprender aos nosos invitados, podemos facer unha variedade de cousas fóra do común para implementar a voda. Chegar á cerimonia montados en moto, en sidecars ou en cabalo. E á saída podemos cambiar o arroz por pompas de

Os fotógrafos tamén están a realizar un gran traballo na elaboración de modernos e vistosos recordos para as parellas de recén casados./RAMSÉS. xabón, que darán un toque máxico ás fotografías. Pódese alugar unha máquina que as faga ou repartir pompeiros entre os invitados. Música Para o cóctel, podemos contratar unhas voces en directo, como un grupo de jazz, un coro, unha tuna ou unha charanga, que farán a espera dos vosos invitados moi animada. Como a música é sempre personalizable podes contratar un grupo de toda a vida que todos coñezades para facer a velada máis amena e participativa. Banquete Nomes e imaxes divertidos para as mesas (de ci-

As vodas temáticas son unha opctión moi chamativa

dades, flores, películas...) ou segundo os apelidos da familia que sentará coa imaxe do seu escudo de armas xunto a un breve texto coa historia dos apelidos son boas ideas para sorprender. Cada mesa decorada dunha forma ou unha cor diferentes, ou directamente un xogo de simetría de mesas, algo que descoloque totalmente aos invitados, a idea é saírse do común. Centros de mesa comestibles, ou pergamiños con notas de agradecemento en cada prato tamén farán dese día o máis especial. Para os nenos Colocar globos de helio nas cadeiras dos nenos ou sentalos a todos nunha mesma mesa, decorada especialmente, e entretidos por un animador ou un pallaso, seguro que os papás volo agradecerán. E un mago, un cómico

ou un grupo divertido para amenizar as sobremesas. Torta e agasallos Tamén é unha gran idea elexir figuras para a torta de voda divertidas ou personalizadas, que logo poderedes regalar a esa persoa especial. Ademais, podedes variar co formato do postre, xa que hai miles de combinacións. Coreografías No canto dun vals ou balada, podedes facer unha coreografía divertida xunto aos vosos amigos ou familiares. E finalizar con barra libre, bandexas de lambetadas ou pasteliños de cores, e un servizo especializado de coctelería. Seguro que con algunhas destas ideas a bosa voda será inesquecible. [+ info en www.lasbodasoriginales.com]


12

Barrios Abril 2017

especial CELEBRACIÓNS

Alugar os autobuses de Anpian para as túas celebracións: todo un acerto! O aluguer de autobuses con condutor permitirache gozar dos teus eventos familiares dunha forma distendida e relaxada. Só tes que confiar nos excelentes profesionais de Anpian e os invitados quedarán agradecidos por non ter que coller os seus coches e poderán volver tranquilos da gran festa. Anpian encárgase de que o teu evento sexa o esperado, onde non se teñan que preocupar dos seus vehículos. Cun único vehículo, poderás gozar da comuñón/bautizo/voda e da satisfacción de todos os invitados. A comodidade que supón este servizo de aluguer de autobuses de Anpian é algo que realmente non ten prezo. Un servizo

Anpian ofréceche autobús con condutor para que goces de forma distendida dos teus eventos familiares. cómodo, económico, axustado ás túas necesidades e con todas as garantías de seguridade ao volante que xamais imaxinases. E como todas as celebracións non son iguais, dispoñen de diferentes vehículos, con varias capacidades, que se adaptarán perfectamente ao que teña planeado. O seu gran equipo de expertos da condu-

Contrata a túa lúa de mel en Viaxes Piña ou Viaxes Auria.

ción levaranlles a lugares onde a seguridade e a satisfacción profesional, reinarán en todo momento no teu gran día. Ofertas en viaxes As axencias de viaxes do grupo Anpian, Viaxes Piña e Viaxes Auria, contan cunha oferta estrela para as vodas, ofrecendo a oportunidade de que o transporte dos noivos e convidados che saia gratis se contratas a lúa de mel con eles. Un servizo moi demandado por quenes están a organizar a súa voda. Ademais, se non dispós de tempo para achegarte a algunha das axencias, Viaxes Auria desprázase onde ti queiras para que poidas realizar os trámites necesarios para elixir destino e contratar a lúa de mel. As axencias de viaxe do grupo Anpian son a mellor opción á hora de contratar calquera tipo de vacacións, reservas de hotel, entradas a concertos e eventos, billetes de avión, tren ou bus, cruceiros, etc.

Komodamoda ofrece roupa de festa cunha ampla tallaxe Porque a comodidade non está reñida co estilo, Komodamoda leva case unha década ofrecendo ás súas clientas ourensás roupa de festa cunha ampla tallaxe. Se tedes unha festa ou celebración, en Komodamoda queren que a talla non sexa un problema e por iso ofrecen moda actual, xuvenil, con cores e cortes que sentan moi ben, tanto en vestidos longos coma curtos; vestidos con encaixe, drapeados, estampados ou lisos. Tempada Esta tempada temos unha ampla variedade de vestidos longos con corpos bordados, e con faldas vaporosas en gasa ou tul. Lévase moito o encaixe e os grandes estampados, e se se quere variar do típico vestido longo temos conxuntos de pantalón ancho

Os vestidos longos con estampados florais son tendencia esta tampada para estar perfecta en toda cerimonia./M.REJO. (tipo palazo) con partes de arriba moi elegantes e cómodas. E volve tamén o mono, que é unha gran prenda e gusta moito. Ambas opcións son boas ideas como alternativa ao vestido.

E o máis importante é que a gran maioría do que ofrece Komodamoda na súa liña de festa chega ata a talla 60, solucionando así o gran problema que é atopar roupa bonita en talla grande.

Komodamoda conta cunha gran exposición de prendas en rúa Bedoya, 13./M.REJO.


ESPECIAL BODAS

Barrios Abril 2017

13

Abre as súas portas en Ourense “Vorec novias”

Vorec ofrece aos noivos un amplo surtido de detalles para agasallar aos convidados, así como numerosas opcións para facer unha festa inesquecible: buffete doce, zona chill-out, aluguer de sillas Tiffany brancas, etc./M.REJO.

Empresa consolidada en Ourense de organización de vodas e outros eventos agora abre tenda nova onde poderás atopar como novidade unha sección de vestidos de noiva cunha gran variedade de modelos e tallas. Coméntanos Eva Olmos, directora e xerente de Vorec que “despois de moitos anos organizando vodas era algo que demandaban moitas noivas, vestidos de noiva a prezos moi económicos e que agora poderemos ofrecerllo na nosa nova tenda”. Dispoñen dun amplo catálogo onde todas as noivas poderán atopar o seu vestido para o seu gran día e a un prezo fantástico, o rango de prezos vai desde os 700 ata os 1300 euros. Tamén dispoñen de vestidos para madriña e festa e todo tipo de complementos. Por suposto tamén atopardes en Vorec os servizos que leva ofrecendo durante tantos anos: organización de vodas e outros eventos, catering, carpas,

aluguer de mobiliario e decoración, cadeiras tiffany, photocall, oficiante de cerimonias, mesas doces, decoración, montaxe de cerimonias, almorzos a domicilio, fontes de chocolate,etc. Se tendes algunha celebración non dubidedes en visitar a sección de agasallos, se non sabedes que regalar aos vosos invitados de voda en Vorec asesóranvos e axudan a buscar ese detalle especial para o voso gran día. Pero tamén dispoñen de agasallos para aniversarios, comuñóns... En Vorec contan cun equipo de profesionais que te asesorarán e axudarán en todo o que necesites. Tras o seu cambio de direccción xa te podes achegar a rúa Sáenz díez, 20 (ao carón do CC Ponte Vella).

NOVA DIRECCIÓN r/Sáen Díez, 20 Tel. 988 103 099 - 661567172 contacto@vorec.es www.vorec.es

A nova tenda de Vorec ofrece vestidos de noiva, madriña e festa a prezos moi económicos.


14

Barrios Abril 2017

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Lista a nova senda peonil entre Allariz e Outeiro de Orraca

4 Axudas do Concello de Maceda O Concello de Maceda dará axudas para material escolar a nenos de 3 a 6 anos. Así foi acordado no pasado pleno por maioría absoluta a petición do grupo socialista.

4 Na estrada OU-320. Redacción

4Reserva da Biosfera A Reserva da Biosfera Área de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro participaron o pasado mes de marzo, no primeiro encontro da Rede de Coñecementos da Rede Española de Reservas da Biosfera. O proxecto dialogosRB.net é a resposta dun grupo de xestores de cinco reservas da biosfera, RB Área de Allariz, RB do Montseny, RB Alto Bernesga, RB Sierra de las Nieves e RB de Lanzarote, xunto con técnicos e científicos de catro universidades, preocupados pola dispersión e a perda constante de tales coñecementos. Preténdese que a Rede sexa un lugar de aprendizaxe e onde poidan compartir os coñecementos propios.

4Campionato de España de tapas

Iván Méndez, cociñeiro de “A Taberna do Pepiño”, de Allariz, participará este 26 de abril na V do Gourmetapa/Estrella Galicia, Campionato de España de Tapas para Gourmets. Méndez acudirá a Madrid -lugar de celebración do evento- co “Magnum de foie-gras, mirabel do rosal, chocolate 70 % y améndoas caramelizadas ao curry”.

Presentación da Festa do Boi 2017 por parte de membros da asociación Xan de Arzúa e do alcalde de Allariz, Francisco García./CEDIDA.

700 anos da Festa do Boi 4 Este ano terá lugar do 10 e o 18 de xuño. Redación Do 10 e o 18 de xuño Allariz conmemorará os 700 anos de historia da Festa do Boi, cando en 1317, Xan de Arzúa sae ao lombo dun boi encabezando a procesión de Corpus. En 1983 recuperouse a Festa. Membros da Asociación Cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa, xunto ao alcalde de Allariz, Francisco García, presentaron o programa deste ano. Neste aniversario a actividade será moi variada. Carreiras do boi, representacións teatrais, encontros populares, actividades para nenos e moita máis música centran o programa que comezará o 10 de xuño coa tradicional Baixada dos Bois dende Penamá. Desde a asociación o que queren é que ao longo do ano haxa actividades

paralelas “que recorden este aniversario”, apuntaba Eva Sampedro, secretaria da Asociación. Así, a cachuchada no Entroido, o Expoboi de traxes medievais inaugurado en marzo no Museo da Moda de Allariz e actividades variadas cos alumnos do CEIP Padre Feijóo leváronse a cabo ata o de agora. Aínda quedan por celebrar o ForoBoi 700, a finais de abril; a exposición dos carteis que participaron no concurso do cartel anunciador da Festa; o curso “As danzas gremiais” e Encontro de Tarascas, a exposición “700 anos de historia, ben valen unha festa” ou a inauguración dunha estatua en pedra alusiva á Festa son, entre outras, actividades que terán lugar durante o ano. Cartel O cartel gañador -dun concurso público- desta efeméride foi a parar ao

murciano Rubén Lucas García. O artista explicou sobre el que a imaxe é un “700 a primeira vista”, pero o que representa é “un boi e un sedeño”. Outra das novidades do 700 aniversario ten que ver coa cor do pano que todo participante da festa leva ao pescozo. “Un símbolo de identidade que este ano muda de cor ao verde que representa Allariz”, sinalaba o rexedor Francisco García.

A Xunta de Galicia remata a nova senda peonil entre Allariz e Outeiro de Orraca, na estrada OU320. O investimento total da obra ascendeu a uns 232.000 euros. O paseo consta de case 2 quilómetros de lonxitude, e permite conectar o núcleo de Allariz co de Outeiro de Orraca. Pola marxe esquerda executáronse 150 metros de senda, dando continuidade á beirarrúa existente. Na marxe dereita da estrada construíuse a senda completa, ao longo de 1,7 km, ata o final da travesía. Este proxecto completouse coa construción dunha rede de recollida de pluviais e coa renova-

ción dun treito da tubaxe de abastecemento. Esta senda vén a completar unha actuación rematada a finais de 2015, o itinerario peonil de medio quilómetro de lonxitude que se inicia na travesía de Gundiás e remata na intersección coa N-525, e que contou cun investimento da Xunta de 75.000 euros. Máis seguridade A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comentou, na visita realizada á zona, que a nova senda “achega máis seguridade, maior comodidade e funcionalidade aos veciños de Allariz”, xa que conecta “as vivendas existentes en Outeiro de Orraca co centro urbano da vila”.

Orzamento O orzamento é de 93.000 euros, sufragados polos veciños, comerciantes e hostaleiros de Allariz. Tamén pola venda de produtos relacionados co evento.

O pano da Festa do Boi este ano pasa a ser de cor verde

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitando as obras xunto ao alcalde. /M. REJO.


PUBLICIDADE

Barrios Abril 2017

15


16

Barrios Abril 2017

Festa dos Maios en Allariz Redacción O vindeiro día 28 de abril, Allariz celebra a tradicional Festa dos Maios, na que os alumnos e alumnas do colexio de Primaria e o Instituto de Allariz presentan as súas creacións naturais e cantan as súas coplas. Tanto os Maios coma o canto de coplas están suxeitos a concurso polo que se outorgan premios fixados pola Concellería de Cultura, que van dos 30 a 50 euros. Para participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura antes do 26 de abril. O veredicto do xurado emitirase o día 28, no transcurso da Festa dos Maios que se desenvolve no Campo da Barreira a partir das 12:15h. O acto contará co acompañamento musical do Grupo de Gaitas do Centro Socio Comunitario de Xinzo de Limia e coa actuación da Escola de Danza de Allariz.

ALLARIZ E CELANOVA E COMARCAS

Reabre a Olería do Batán en Tioira 4 Como museo - taller. Redacción O pasado venres, 14 de abril, inaugurouse a Olería do Batán, un museotaller para poder ver a olería típica da comarca de Tioira. O acto inaugural estivo organizado pola familia Carrera Conde en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera. Acudiron ao redor de 400 persoas ao longo da tarde, que puideron ver de primeira man cómo se traballa o barro. Había tres “oleiros” traballando simultaneamente, dous fillos e un neto de Manuel Carrera. Todos os asistentes

puideron ver a proxección dun vídeo de Manuel Carrera facendo unha ola. Tamén había unha pequena mostra de cacharros feitos por Manuel Carrera e Agustín de Niñodaguia; un mazo e o pisón, utilizado antigamente para mazar o barro; dúas rodas manuais e dúas eléctricas e a vella amasadora da alfarería de Manuel Carrera. Historia Tioira foi unha parroquia famosa polas súas olas, como xa recolle o Catastro do Marques de la Ensenada a mediados do século XVIII. Alí, as olas

sempre se elaboraron en dúas partes que o artesán unía á perfección. Trátase dunha cerámica moi delgada que buscaba combinar a resistencia coa lixeireza. Picasso Manuel Carrera, que durante unha etapa traballou na cerámica de Vallauris, na Costa Azul francesa, coñeceu alí a Pablo Picasso e pode que intercambiara con el segredos de artesán oleiro.

Manuel Carrera coñeceu a Picasso cando traballaba na cerámica de Vallauris, na Costa Azul francesa

Centro de día de Maceda Redacción O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou o novo centro de día de Maceda, que entrou en funcionamento a finais do ano pasado tralo convenio asinado co concello ourensá para garantir o seu correcto funcionamento e mantemento. Rey Varela sinalou que a apertura desta nova instalación “supón un impulso aos servizos sociais de Maceda e dos concellos próximos”, que tamén poden derivar usuarios. O centro de día de Maceda ten unha capacidade máxima de 60 prazas, ofertándose a metade nesta primeira fase da súa entrada en servizo. Investiuse un total de 1,1 millóns de euros nesta infraestrutura destinada a espazo de socialización das persoas maiores.

Na inauguración da Olería de Batán, en Tioira se puido ver a tres oleiros traballando o barro: dous fillos e un neto de Manuel Carrera.

Aberto o prazo para a Aula de Espera 4 Para o curso 2017-2018. Redacción

día 28 de abril.

A aula de espera de Allariz abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2017-2018. A matrícula débese formalizar no Fogar dos Maiores de Allariz antes do

Conciliación A Aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral de atención á infancia que ofrece aos pais e nais traballadores

a posibilidade de deixar aos escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ao inicio das clases. Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria. Información e inscricións: Fogar dos Maiores (Tlf: 988 554 059).

Os amantes do polbo á feira non faltaron á súa cita na IX Feira da oportunidade. /FERNANDO SOLANA.

Descontos, fabas e paixón en Celanova 4 Durante a celebración da Semana Santa. Redacción Celanova viviu coma ningún outro lugar a súa Semana Santa. Procesións, Feira da oportunidade e fabas foron o menú na vila de San Rosendo. O Xoves Santo, chegaba a novena edición da Feira da oportunidade. Centos de persoas non se quixeron perder esta feira que cada ano conta cun maior número de visitantes (incluso, ao ser período vacacional, de fóra de Galicia). Venda de artigos de todo tipo ademais de postos gastronómicos para xantar foron o principal reclamo, pero ademais houbo outras actividades como actuacións musicais, exposición de aves rapaces, e diversos xogos. Festa da Faba Celanova non parou

e dous días máis tarde realizouse a primeira edición de dúas actividades simultáneas: a Feira de artesanía e de segunda mán e a Festa da Faba. De novo se congregaron centos de persoas para realizar compras e degustar un bo cunco de fabas. Procesións Outro dos atractivos da vila de San Rosendo en Semana Santa foron as súas procesións. Centrado principalmente na paixón de Cristo (teatralización no Mosteiro) e o Santo Enterro, que percorreu as rúas de Celanova.

Celebráronse as primeiras edicións da Festa da Faba e da Feira da Artesanía e de segunda man

Procesión do Santo Enterro en Celanova. /RAMSÉS.


CELANOVA E COMARCA

4 Premio documental

4 Xa están licitadas. A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reforzo de firme na estrada OU-531 ao seu paso polos concellos ourensáns de Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, A Bola e Celanova, que contarán cun orzamento de máis de 765.000 euros. As actuacións, que teñen un prazo de execución de seis meses, pretenden rehabilitar o firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de microaglomerados. O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o da Bola, no que se proxectan traballos por un importe de case 289.000 euros; en Celanova executaranse obras cun presuposto de

preto 205.000 euros; no municipio de Rairiz de Veiga o importe das obras cífrase en pouco máis de 180.000 euros; polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Vilar de Santos o seu investimento acada case os 82.000 euros; mentres que en Sandiás o orzamento das obras supera os 8.500 euros. Accións Nesta estrada OU-531, o ano pasado o departamento dirixido por Ethel Vázquez xa executara dous tramos, no alto do Furriolo e na travesía de Celanova, cun investimento de 100.000 euros.

As actuacións contan cun prazo de execución de seis meses

Alcaldes e membros da Xunta visitando a estrada OU-531 onde se executarán as obras. /CEDIDA.

A oficina de turismo de Celanova amplía o horario 4 Abre domingos e festivos. Redacción A oficina de turismo de Celanova volve a abrir os domingos (pola mañá) e festivos. Como resposta

a unha demanda turística que está crecendo nos últimos meses. Ademais coordinaranse estas visitas co servizo de atención ao visitante que ofrece

17

EN BREVE

Obras na estrada de Rairiz a Celanova Redacción

Barrios Abril 2017

Alumnos do obradoiro de emprego xunto a docentes e autoridades.

O obradoiro de emprego formou a 15 persoas 4 Centráronse no mantemento de xardíns, parques e zonas verdes. Redacción Clausurouse o obradoiro de emprego que formou a 15 persoas en xardinería. Promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova contou cun investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de máis de 130.000 euros. Na clausura e entrega de diplomas estivo presente a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, quen puxo en valor estes programas mixtos de formación e emprego que, segundo apuntou, “incrementan a inserción no mercado de traballo dos seus participantes”. Tamén estiveron presentes na clausura os alcaldes e representantes dos municipios que promoven este obradoiro, concretamente os dos concellos de Celanova, A Merca, Verea, Gome-

a Fundación Curros Enríquez dende a Casa dos Poetas e dende a torre de Vilanova dos Infantes. Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, haberá unha persoa de apoio. En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, a Oficina de Turismo e a Casa dos poetas teñen coordinado

sende, Ramirás, Pontedeva, Cartelle e Quintela de Leirado. O alumnado desenvolveu labores nas especialidades de xardinería e albanelería. Actuacións Tras unha etapa inicial de formación, os alumnos do obradoiro puxeron en práctica, durante os seis meses que durou a iniciativa, os coñecementos adquiridos. Así, realizaron o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes do barrio da Ermida e do aparcadoiro das Triguerizas, no concello de Celanova; en Verea, na parcela Lama de Muíño; executaron accións de mantemento e mellora da zona verde da Concentración de canastros, en Val do Seixo, na Corredoira, e na contorna da Casa do Concello, no municipio da Merca; en Gomesende tra-

os horarios para poder atender a demanda turística, non só do Mosteiro de San Rosendo e da Casa dos Poetas, senón tamén do conxunto urbano de Vilanova dos Infantes e do conxunto arqueolóxico de Castromao, durante todos os días da semana, agás os luns. Tamén se ofrece acompañamento nun paseo polo conxunto urbano a través dos poetas de Celanova e a cova do San Vivián.

ballaron na contorna da Casa do Concello, e na contorna das escolas de Poulo e da capitalidade; o parque dos amedos do Picouto foi o lugar escollido para que os alumnos e alumnas traballaran en Ramirás; en Pontedeva centráronse no entorno da capela de San Bartolomeu, en Xinzo, e nas contornas da ludoteca, do cruceiro e da praza do lugar de Trado; o campo da feira de Cartelle; e, finalmente, en Quintela de Leirado as accións xiraron arredor do centro de saúde, da Casa do Concello e as piscinas municipais.

O obradoiro durou seis meses e contou cun investimento de 130.000 euros

Concertos Xa comezou a tempada de visitas dos centros escolares para coñecer e tocar o órgano monumental de Celanova. Prevese que se acheguen ata a vila de San Rosendo ao redor de 1.500 alumnos de toda Galicia para participar nesta actividade.

O oficina só pechará os luns

O documental “Fronteiras de enerxía animal (I)”, realizado por Plácido Romero e Aser Álvarez para a productora de Celanova Arraianos Producións, vén de acadar un novo recoñecemento a nivel internacional. O xurado da segunda edición do StarDocInternational Film Festival que se celebrou no Ánxeles, EE.UU. decidiu premialo na categoría “Natureza e Animais”.

4 Visita nocturna O venres, 28 de abril, volve a visita teatralizada polos segredos de San Rosendo, “Na Noite dos Tempos”. Será a partir das 22:30 horas con aforo limitado. A entrada é de cinco euros.

4 Animación 3D Todos os sábados, de 10:00 a 13:00 horas, dende o 22 de abril ao 24 de xuño, na aula CeMIT de Celanova: cine e animación 3D. Actividade para rapaces de 8 a 15 anos. Máis info en 123artesdixitais@gmail.com.

4 Autovía A conselleira de Infraestrutuas da Xunta, Ethel Vázquez, nunha xuntanza co alcalde de Bande, José Antonio Armada, comunicoulle que a Xunta sinalizará este concello no enlace sur da autovía de Celanova (AG-31).

4 Mundil Publicouse no DOG (de 11 de abril) o aviso da Consellería do Medio Rural polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas da reestruturación parcelaria de Mundil, no concello ourensán de Cartelle. Esta concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 15.471 parcelas (pasaron a 2.520) pertencentes a 813 propietarios.

4 BNG O BNG de Celanova comunicou que o posto de concelleira, deixado por Gonzalo López, será ocupado por Julia Paz.


18

Barrios Abril 2017

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

O novo balneario de Partovia reforza o liderado termal da provincia de Ourense O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, participou na inauguración das novas instalacións do balneario de Caldas de Partovia, no Caballiño, unha infraestrutura termal na que se investiron 3,5 millóns de euros e que supón o sétimo establecemento balneario da provincia, o que reforza o liderado termal de Ourense. O balneario, propiedade da familia Garriga, está situado a dous quilómetros da vila do Carballiño, no recinto que ocupaba o antigo balneario do ano 1842, cuxas augas, que manan a 37 graos centígrados, foron declaradas de utilidade pública en 1929. Tralo percorrido polas instalacións, Manuel Baltar dixo que con esta nova infraestrutura balnearia Partovia pasa do século XVIII ao século XXI, unindo historia, tradición termal, innovación e modernidade”. O presidente do goberno provincial destacou que con esta obra “a familia Garriga fai realidade un soño, aquí, no Carballiño, vila termal por excelencia de Galicia”. “Non hai mellor fío musical que escoitar como flúe a auga termal neste balneario”, expresou Baltar, afirmando que esta iniciativa “supón ter visión e seguir posicionando a Ourense”. Manuel Baltar tivo tamén pala-

Manuel Baltar xunto a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo e responsables do novo balneario, na inauguración do balneario de Partovia. bras de recoñecemento para o doutor Luis Rodríguez Míguez, destacando as súas achegas nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo, de quen lembrou que a Deputación de Ourense continúa a realizar os trámites “para concederlle, a título póstumo, a Medalla de Ouro da provincia de Ourense”.

O presidente provincial afirmou que a cooperación entre Deputación de Ourense e Xunta de Galicia “fai posible que sigamos desenvolvendo o Plan “Ourense, a provincia termal”, o cal se atopa nestes momentos executado ao 50 %” e avanzou que a Deputación de Ourense levará a cabo a construción dun paseo termal que unirá os tres grandes centros

termais do Carballiño: o Gran Balneario, Caldas de Partovia e o Bañino de Arcos. Pola súa banda, Alberto Núñez Feijoo destacou a importancia de colaborar entre a iniciativa privada e a pública, e dixo que instalacións como esta “xeran valor e emprego e apostan polo Carballiño, por Ourense e por Galicia”.

A Deputación organiza o I Foro Social O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu o I Foro Social Provincial, que organiza a Deputación de Ourense para visibilizar o labor que realiza o tecido asociativo da provincia de Ourense. Participaron 24 organizacións sen ánimo de lucro. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou no acto que o obxectivo do foro é “visibilizar ao traballo altamente profesionalizado e innovador que desenvolven as asociacións da provincia, e trasladalos a diferentes ámbitos profesionais dos Servizos Sociais”. O Foro Social Provincial nace no Consello Social Provincial recentemente constituído, “un proxecto incluído no Plan Ourense 15-19, que nace coa vocación de xerar un espazo de diálogo e interacción das entidades”, explicou Manuel Baltar. A filosofía deste encontro, pioneiro no territorio nacional, “é poñer en común experiencias e o labor que levan a cabo estas organizacións, e supón tamén un preludio do acto nacional que estamos a coordinar co Ministerio de Sanidade e que celebraremos en Ourense para poñer en valor o moito que se fai na nosa provincia no ámbito dos servizos sociais”, expresou Baltar. O Foro pretende tamén establecer novos mecanismos de colaboración e coordinación entre as entidades sociais e os Servizos Sociais comunitarios dos 92 concellos da provincia.

IV Premios Estatuto de Autonomía de Galicia A Deputación de Ourense entregou os IV Premios “Estatuto de Autonomía de Galicia, que conmemoran nesta edición o 36º aniversario da norma institucional básica galega. Baixo o lema “A nosa lingua” (artigo 5 do Estatuto), presentáronse ao concurso 330 traballos de estudantes de centros educativos da provincia de Ourense dos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial, nas modalidades de debuxo e redacción escolar. O acto, celebrado no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do

Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e a secretaria da Delegación da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, ademais de representantes políticos, sociais e institucionais de ámbito provincial, autonómico e estatal. A Deputación de Ourense, que organiza por cuarto ano consecutivo este certame, é a única institución, agás o Parlamento, que rende homenaxe á norma institucional básica galega. “Esta é unha data para poñer en valor o noso Estatuto, que permitiu 36 anos de progreso e dotar a Galicia dun au-

Alumnos, premiados e autoridades, nos IV Premios do Estatuto de Autonomía de Galicia. togoberno do que estarían ledos os senlleiros representantes do pensamento político galeguista, nunha Galicia como a actual, con poder lexislativo, autonó-

mico e xudicial, e esa é a cuestión máis importante: falar do noso Estatuto, hoxe, neste salón de actos, cheo de xente nova”, destacou Manuel Baltar no seu

discurso. O presidente do goberno provincial anunciou que a Deputación de Ourense editará unha publicación cos traballos gañadores.


DEPORTES

O Arenteiro, paso firme a Terceira 4 Está segundo na Rexional Preferente. Redacción A falta de seis xornadas para que remate a liga no grupo sur da Rexional Preferente, o Arenteiro marcha segundo e con opcións de ascender. Con 62 puntos está a dous do líder, Cultural Areas. A preocupación para os homes de Manel Vázquez vén dos perseguidores. Na terceira posición está o Estradense, a tres puntos dos do Carballiño, e en cuarta (cos mesmos puntos co terceiro) o Ourense C.F., cunha racha de seis vitorias consecutivas. Os dous primeiros ascenden directo. Verín Pechando a táboa clasificatoria está o Verín, que se sitúa a 11 puntos da salvación (faltan 18 puntos por disputarse). Difícil situación para un equipo que ten pé e medio na Primeira Galicia. En canto aos outros conxuntos ourensáns, o

Iván Feijoo, quinto en Francia 4 Na UCI Júnior Series de Marsella. Redacción

Xogador do Arenteiro nun partido. Polígono está en postos de descenso (practicamente descendido) e o Nogueira na zona media o que lle permitirá non pasar apuros neste tramo final. Copa Os catro equipos clasificados para as semifinais da Copa Deputación son o Bande, Ourense C.F., Allariz e Ribeiro.

O Verín está practicamente descendido

Un novo éxito para Iván Feijoo a nivel internacional. O deportista do Club Ciclista Maceda subiu ao podio ao rematar quinto na UCI Júnior Series -o equivalente a unha Copa do Mundo- de Marsella (Francia). Iván, desenrolando unha gran carreira, en todo momento estivo a loitar no grupo de cabeza, que se formaba desde a primeira volta e que estaba integrado por sete corredores. Nun circuíto moi embarrado, o ourensán mantivo as súas opcións ata practicamente a últíma volta, na que se decidiu a cita, entrando quinto en meta, e subindo ao podio. Unha progresión que chega a cotas mundiais para o alaricano. Ferrol Mentres Iván compe-

tía en Francia, o resto de compañeiros de equipo facían o propio na primeira proba do Open de Galicia no Ferrol; no que lograron vencer en cinco das categorías. Saúl López (elite), Raúl González (sub23), Abel Franco (júnior), Marco Nube (cadete) e Noela Saa (cadete feminina) foron os vencedores. Alemania e Poio Posteriormente, Feijoo repetía participación na UCI Júnior con menos sorte. Na proba disputada

Iván Feijoo na proba disputada en Alemania.

na localidade alemaña de Bad Säckingen nun puido pasar da 29ª posición. Pola súa banda, Saúl López lograba a sexta posición na Taça de Portugal de Viana do Castelo. En cadetes, vencía Carlos Canal, sumando así unha vitoria máis á súa exitosa temporada. O resto dos integrantes do Academia Postal - Actyon MMR participaron fai dúas semanas na proba do Open de Galicia de Poio. En sub 23, a vitoria foi para Raúl González, que mantén o maillot de líder; con Román Saa na segunda posición. En mulleres cadete, vencía Noela Saa (mantendo o liderato) e con Antía Martínez na terceira posición. Xiana Conde regresaba a un podio co segundo posto. e Abel Franco lograba ser segundo en júniors. E dos rapaces da Escola JA Hermida, Breogán Diz rematou segundo nunha proba de estrada en Portugal.

Raúl González (sub23) e Noela Saa (cadete) lideran o Open de Galicia

Barrios Abril 2017

19

A milla urbana máis solidaria Redacción Ourense contará con outra carreira popular no seu calendario. Nesta ocasión será unha proba distinta a cantas se levan celebrado polas rúas da vella Auria. Distinta pola distancia a percorrer, e distinta polo carácter solidario. Nesta ocasión os participantes deberán completar a distancia dunha milla (1.609 metros) tan de moda nos últimos tempos. Unha distancia, de medida inglesa, ao alcance de todo o mundo. Ademais contará con dous alicientes: por unha banda o recadado nas inscricións irá integramente á Asociación española contra o cancro (AECC), e pola outra, o circuíto, que estará ubicado na rúa do Paseo. Data e inscricións O domingo, día 30 de abril -en torno ás 11 da mañá- celebrarase esta carreira. As inscricións deben realizarse a través da web carreirasgalegas. com. O prezo é de tres euros para a categoría absoluta.


20

Barrios Abril 2017

PROVINCIA

Entrevista a Joost Korver, director xeral de Primagas

“O obxectivo é converterse en referente no mercado enerxético das zonas non urbanas”. Nava Castro, no centro, visitando o Centro de Interpretación da Castaña de Riós./M. REJO.

Melloras no albergue e centro de interpretación da castaña de Riós 4 Contaron cun importe de preto de 60.000 euros. Redacción A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o albergue e Centro de Interpretación da Castaña de Riós, un edificio que foi renovado ao abeiro dun acordo entre Turismo de Galicia e este concello ourensán. “Sen dúbida, trátase da adecuación dun espazo para uso turístico, que incrementará a oferta cultural e, polo tanto, o atractivo desta localidade como destino e coa que queremos que, xunto coa Festa da Castaña e do Cogumelo, se continúe dando a coñecer este produto da gastronomía galega e atraendo turistas entorno a este recurso endóxeno”, explicou a directora de Turismo de Galicia durante a visita. Froito deste acordo realizáronse obras de renovación e reparación da cuberta e da carpintería exterior. Tamén se realizaron traballos de adecuación interior debido á detección de problemas de humidades e filtración

de auga da choiva, unha obra total que contou cun investimento de preto de 60.000 euros. Castaña de Galicia Como recordou Nava Castro esta infraestrutura é o resultado dunha eficaz rehabilitación da antiga casa reitoral desta parroquia de Trasestrada que dá a coñecer todo o referente á castaña, un recurso fundamental para a comarca. De feito, como engadiu, a produción da castaña neste municipio rolda o 30% do que se produce en Galicia, converténdoa na localización idónea para este centro de interpretación. Súmase a isto que Riós conta coas variedades máis apreciadas de castaña, tanto polo seu consumo en fresco como para a súa transformación.

O Centro está ubicado na antiga casa reitora da parroquia de Trasestrada

4 Korver fálanos sobre as vantaxes da incursión da compañía no rural. Redacción Joost Korver é o director xeral de Primagas e fálanos sobre as vantaxes da incursión da compañía no rural. Por qué Galicia? Joost Korver : “A nosa misión como empresa é mellorar a calidade de vida das zonas non urbanas de Galicia. É unha rexión con moito potencial debido á alta porcentaxe de fogares e empresas situados fóra da rede de gas e o alto consumo de gasóleo na Comunidade. Primagas aposta por Galicia, para iso creou un equipo comercial e técnico con profesionais locais. Nos nosos plans de expansión temos entrar en máis de 20 municipios de toda Galicia”. Cales son as vantaxes do gas respecto ao gasóleo? J.K.: “En primeiro lugar algo tan sinxelo como a comodidade de non ter que andar trasteando coas bombonas cada vez que hai que cambialas. Ademais, desaprovéitase o gas que queda no fondo das bombonas que non chega a utilizarse. En segundo lugar, o gas é unha enerxía moito máis limpa que outros combustibles fósiles, como o gasóleo ou o fuel. E, por último, os equipos de gas son máis eficientes, xa que permiten aforros importantes na factura enerxética, un 30% aproxima-

damente se se compara co gasóleo e un 50% coa electricidade”. Din que sodes unha empresa familiar con 51 traballadores, cantos na vosa delegación de Galicia? J.K.: “Galicia é un foco para a nosa empresa. Por este motivo, contamos cun equipo de Primagas para crecer nesta zona. Temos cinco delegados en Galicia, así como unha extensa rede de colaboradores externos galegos”. Cal será o voso investimento na comunidade? J.K.: “Aproximadamente uns 20 millóns de euros nun período de 5 anos. Esta partida irá destinada a axudar aos clientes no cambio de gasóleo a gas e crear infraestruturas que leven o gas a pobos ou barrios enteiros. Ademais, tamén traballaremos en instalacións para o almacenamento do gas preto dos nosos clientes para poder ofrecer un servizo óptimo”. Contades xa cunha autorización para levar o gas de Primagas á Guarda. Como será o proceso? J.K.: “Tralo necesario trámite de competencia establecido pola Xunta, resultamos gañadores do mesmo para realizar a distribución na poboación da Guarda. Os nosos plans agora pasan por iniciar as obras nesta poboación e iniciar a distribución durante o próximo ano”.

Joost Korver, director xeral de Primagas./CEDIDA. Hai máis concellos interesados en sumarse? J.K.: “En efecto, na estratexia de Primagas en Galicia contemplamos ter unha participación o máis importante posible na distribución de gas natural en poboacións da comunidade que a data de hoxe aínda non gozan deste servizo. Durante este ano presentamos á Xunta proxectos para a distribución en varias poboacións”. Como valorades a presenza doutros competidores en Galicia? J.K.: “A pesar do gran desenvolvemento da distribución de gas natural en Galicia que propician,

pensamos que existen aínda moitas pequenas poboacións que non dispoñen do servizo e demándano. En Primagas poremos o noso foco nos próximos anos en atendelos. A nosa presenza neste mercado será moi positiva para Galicia e as súas zonas rurais”.

“Investiremos -en Galiciaaproximadamente 20 millóns en 5 anos para axudar, aos nosos clientes, no cambio de gasóleo a gas”


OCIO E CULTURA

Ourense convértese en “Terra Máxica” neste mes 4 Este programa de maxia achégase a Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín. Redacción

Xacobe e o Mago Paco.

A segunda edición de Terra Máxica ten lugar durante este mes de abril en cinco concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín. Ademais dos espectáculos de cinco grandes artistas, como Fran Rei, o Mago Teto, Dani García, o Mago

Cinco espectáculos Así, a Casa da Cultura de Allariz programará os domingos ás seis da tarde. O día 23 será a quenda do Mago Teto, con 25 anos de Tolemaxias, e esa mesma mañá ofrecerá no mesmo espazo a charla “A incrible historia da maxia”. Xa o domingo 30 tocara-

Concursos sobre Carlos Casares 4 Premios para conmemorar o Día das Letras Galegas. R.T.

de maio.

Que Xinzo de Limia se está a volcar no Día das Letras Galegas (este ano adicadas a Carlos Casares) é un feito. Proba delo son (e serán) as innumerables actividades que terán lugar ata o 17 de maio (dia da conmemoración). Dous premios son os que teñen aberto o prazo de entrega de traballos actualmente. Por unha banda o premio literario Carlos Casares, que este ano celebra a segunda edición. De temática libre, poden participar rapaces en idades comprendidas entre o ano 2005 e posteriores (categoría infantil); entre 1999 e 2004 (xuvenil) e entre 1992 e 1998 (júnior). O prazo de entrega de relatos remata o martes, 2

Portada E pola outra banda, o concurso para a realización da portada do libro Vento furado (Carlos Casares, 1967). As portadas serán presentadas no Concello de Xinzo de Limia ou na Oficina de Cultura da Casa da Cultura e Xuventude do Concello, finalizando o prazo de presentación ás 14:00 horas do día 10 de Maio de 2017. Máis información dos dous concursos na web do Concello de Xinzo de Limia.

O prazo do premio literario remata o 2 de maio

O Día das Letras Galegas 2017 están adicadas a Carlos Casares.

lle ao Mago Xacobe, con Ilusións máxicas. No Concello de Verín, o espazo escollido volve ser o Salón de Actos do Colexio María Inmaculada, e os días de función, os sábados ás sete. O día 22, charla do Mago Teto (que terá lugar na Casa da Cultura e non no Salón), e ás 19 horas, actuación do mesmo mago. O sábado

29 actuará o Mago Xacobe con Ilusións máxicas. Por outra banda, no Centro Cultural Avenida da Rúa programan tamén os domingos ás 18h. O día 23, o Mago Dani García dálle unha Volta á maxia.

Na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, o venres 21, ás 12.30, charla do Mago Teto e ás 19 horas un espectáculo moi especial; Xuntanza Máxica, maxia a catro mans co Mago Mimo Anyo. Por último, o venres 28 ás 19 horas, o Mago Xacobe

Presentación en Allariz da segunda edición do Terra Máxica.

Barrios Abril 2017

21

En Allariz os espectáculos serán os domingo e en Verín, os sábados pon en escena Ilusións máxicas.


22

Barrios Abril 2017

4AXENDA Exposición - Ata o 23 de abril Exposición de Ángeles Jorreto “Piel Marina”Fundación Vicente Risco (Allariz) - Ata o 25 de abril Exposición fotográfica “Ruralidades”- Sala de Exposicións de Verín - Ata o 30 de abril - Exposición Adri e Minux Cambalhota (Allariz) Música - 22 de abril - Concerto de Kin García Trío - 21 h - A Corte dos Bois (Sandiás) - 29 de abril - Concerto de Medela / Risco / Tabarés - 21 h - A Corte dos Bois (Sandiás) Cine - 22 de abril - ICC Kids “Animación 3D” - 10 h Aula Cemit Celanova Teatro - Ata o 6 de maio XXII MITEU - Varios puntos na provincia - 28 de Abril - Visita teatralizada “Na noite dos tempos” - 22.30 h. Mosteiro de San Rosendo (Celanova) Outros - 23 de abril - Andaina Soldidaria coas árbores da Limia - 10 h - Xinzo de Limia - 29 de abril - Monólogo de Marcos Pereiro - 21.30 h - Auditorio da Peroxa - 29 de abril - Mago Xocobe “Ilusións Máxicas” - 19 h - Auditorio Municipal de Verín - 6 de maio - “8 miles do Xurés” sendeirismo 9 h - Lobios - 6 de maio - Andaina Solidaria “Gotas para Níxer” - 18 h - Saída da Alameda de Verín - 6 de maio - Monólogos de Carlos Blanco - 21 h. - Auditorio Municipal de Verín Feiras - Todos os xoves - Feira en Celanova

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

O Caramelo Estes días estiven ollando programas de reciclaxe, que a miudo, por mor do traballo, fago para estar o día de cousiñas sinxelas, que cun anaco de sorte e boas mañas, poden salvar vidas. Abrin o archivo dunha clase maxistral onde anos atrás, os técnicos ensinaban, coñecementos básicos, para actuar ante un accidente por atragantamento, en cativos de curta idade. Despois dun tempo reollando na materia, o maxín voltou a miña infancia.. aquel milagroso día que volvín a nacer. O meu avó, o Pepe “puchas” de Verín “ home esplendido, do que non me esquecerei xamais, tiña a costume de andar con caramelos na chaqueta, e cando me atopaba con el, sempre sacaba do peto un carameliño para min, que por certo, sabían a gloria bendita! Daquela, era eu un rapaz lambisqueiro, e púñame tolo cos caramelos. Os domingos ía cos meus pais de paseo e o bar do “Pichin”, no veciño pobo de Pazos, ao pé de Monterrei, era parada obrigada para tomar unha chiquita. Despois íamos o bar do “Germancito”, moi célebre naquel tempo, onde se xuntaban personaxes do Verín, entre eles o inesquecible “Chichan”, que a calquera pregunta que lle facían, tiña a mesma resposta sempre. Aquel día, no bar do Germancito, aconteceu algo que me deixou marcado para sempre, algo incrible, que moito lle din gracias a Deus, por facer aparecer o meu “anxo da garda” no intre máis oportuno. No mostrador do bar había unha estantería con botes de cristal cheos de “Tofes”, que

eran os caramelos máis soados daquela, e cos que Germán, de vez en cando, nos agasallaba. Mentres os pais charlaban cos amigos e disfrutaban dunha tarde de domingo, un caramelo traicioneiro quedou na metade da miña gorxa, producíndome un taponamento que impedía que poidese respirar. Xa desafiuzado, e case sen alento, caín o chan, sin que ninguén se percatara, de que un neno de cinco anos, se afogaba sen remedio. Foi entón, cando de súpeto entrou no bar o Señor Lito “Faldrepas”, veterinario de profesión, e ao verme alí no chan, morado e case sen folgos, colleume polos pes, púxome coa cachola cara abaixo e berrou: “Que alguén lle pete nas costas!”. O meu pai golpeou no meu lombo, e o caramelo saiu disparado, quedando aliviado eu e mais todos os do redor. Nunca esquecerei aquelo, lémbrome daquel intre coma se fora hoxe, e estes días, por mor da reciclaxe, rememorei “aquel mal trago”. Hoxe, pasados os anos, escribo aqui este relato con bágoas nos ollos, non só porque aquel día aprendín unha lección máis da vida, senón tamén ao lembrar ao meu “anxo da garda”, que sempre terá un lugar no meu corazón. Pasados os anos, xa de mozo, cando atopaba ao señor Lito sentado na terraza do hotel Aurora, faláballe daquel día e el cun sorriso picarón, e con sorna verinense, decíame con voz pausada: “Neno, para estas cousiñas sinxelas, sempre está o veterinario”. Miguel A. Prieto “Chitin”.

EN BREVE

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4 Inscrición para a Festa dos Maios

Como aliviar a dor nas doenzas reumáticas Introducindo algúns nutrintes específicos podemos previr ou aliviar os síntomas dalgunhas doenzas reumáticas ou doutras patoloxías. Controlar o peso é primordial pois hai persoas que transportan vinte, trinta, até cincuenta quilos de máis no organismo e sendo así as articulacións van dicir ai. Consumir azucre de máis, café, té moi forte, alcol e sal é o suficiente para aumentar o risco de traer problemas para o noso organismo. Por iso máis auga pola mañá, zumes e antioxidantes. Os antioxidantes encóntranse nas froitas e legumes e os homeopatas recomendan mesturar unhas gotas de auga

oxigenada na auga pasando a ser un poderoso antioxidante. Despois non dubide en acudir á fisioterapia e a terapia son medidas importantes. A primeira contribúe para o alivio das dores e tamén para a redución das dificultades de mobilización e recuperación dos músculos atinxidos. A terapia axuda o doente a desempeñar correctamente as súas tarefas do día a día. A marcha a pé acompañada de alongamento dos músculos e dos tendóns e respiración profunda, axuda a manter os músculos flexíbles e maleables, aliviando dores, tensións e rixidez do sistema muscular. João Damião

Bebés e nais participantes no concurso./CEDIDA.

Éxito do gateo en Verin Unha vintena de nenos e nenas participaron no Concurso de Gateo celebrado no Pavillón dos Deportes de Verín - organizado desde a Escola de Familia do Concello de Verín, en colaboración con Unicef e a campaña “gotas para Níxer”- . O concurso tivo dúas categorías: 0 a 18 meses e 18 meses 36 meses. Todos os participantes recibiron unha medalla de chocolate como premio.

Verín organiza unha concentración de Maios artísticos, tradicionais e humanos, o 1 de maio no Parque da Alameda. As creacións poderán ser artísticas ou enxebres, e terán que presentar na súa totalidade elementos naturais. Poden inscribirse para participar (no Concello ata o 23 de abril) centros de ensino, institucións e asociacións da comarca, que recibirán unha axuda económica. As coplas deben entregarse dixitalizadas no consistorio antes do 26 de abril. O texto final, incluindo todos os participantes, será vendido por 1 euro. O diñeiro entregarase para o financiamento de de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia da nena Valeria.

4 Exitosa Feira do Lázaro de Verín Máis de 25.000 persoas participaron nalgunha das actividades da Feira do Lázaro durante a fin de semana do 1 e 2 de abril. A praza da Mercé, coa Feira do Libro, a Feira de Artesanía e a apertura do Museo Comarcal de Verín, sumou máis de 10.000 visitas. A exposición de Fernando Barreira no claustro foi visitada por máis de 3.000 persoas, mentres que outras 7.000 pasaron ou mercaron por as feiras no exterior. Así mesmo, unha media de 5.000 persoas acudiron á mostra Agro + Verín no pavillón cada xornada, para contemplar as exposicións e mostras de productos alí concentradas. En canto ás actividades deportivas, na mañá do domingo máis de 1.500 persoas abarrotaron a praza García Barbón.


CLASIFICADOS

Barrios Abril 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº36 - Ano: X - Abril 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Económica. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa para entrar a vivir en Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@ gmail.com. Alugo local económico. 15 metros cadrados. Valeiro pero pódese amoblar con mobles de oficina. Baños comunitarios. Ao lado da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo apartamentos, de marzo a outubro en Montalvo de 1 e 2 habitacións. Fronte a praia. Equipado, xardín con tumbonas e mesas, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar asi como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 672 105 (Tamén por whastap).

Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Vendo sofá 3 + 2 seminovo, dous lavacabezas e secador de perruquería, tres bicicletas e unha caldeira de calefación de gas cidade. Tel. 672 089 349. Vendo bicicleta estática practicamente a estrear. Tel. 620 061 531.

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330- 88 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Disponibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Abril 2017

Barrios abril  

Xa está na rúa o número de abril do periódico Barrios.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you