A Xunta acomete obras na cidade e a súa contorna [Páx. 6 e 7]
CIDADE
Páx.4 CIDADE
Ourense en Común pide a paralización da Relación de Postos de Traballo
Páx.5 CIDADE
O Concello presenta as actividades para celebrar o Día da muller traballadora
Páx.8 O CARBALLIÑO Páx.10-11 DEPORTES
A moda estará presente na xornada inaugural da “Ourense ICC Week”
Entrevistas a Francisco Fumega e Adolfo Nogueira trala crise no Concello de Carballiño
Páx.12
O Club Ourense Baloncesto recibe ao Levitec Huesca no Pazo este sábado ás 19 h
Chegan os días grandes do Entroido [Páx. 2 e 3] As vilas da provincia organizan un completo abano de actividades, dirixidas a todos os públicos, para festexar os días centrais do Carnaval./B.MARTÍNEZ.
Número: 86 - Ano: XII - 28 de febreiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 28 de febreiro 2018
ENTROIDO especial
Desfile de comparsas no Carballiño o pasado ano durante a celebración da Festa da Cachucha. /ARQUIVO.
A Festa da Cachucha do Carballiño e o desfile de Barbadás, outros atractivos do Entroido ourensán 4 Co Xoves de Comadres arrancan os días fortes. Redacción Moitos puntos da xeografía ourensá xa levan días celebrando o Entroido, pero os días fortes arrancan a partir deste xoves coas Comadres. Ourense, Laza, e sobre todo, Verín celebran este día dun xeito especial. O Carballiño A vila do Arenteiro celebra do 1 ao 10 de marzo o seu Entroido. Este ano a praza Maior será o epicentro das actividades; instalarase unha carpa por se a climatoloxía fora adversa. Unha festividade que crece en cada edición e que o demostra o incremento dos premios do desfile de comparsas do martes, 5 de marzo. O Concello concederá suculentos premios para os mellores disfraces. A outra aposta é a da festa da Cachucha que queda para o domingo, 10 de marzo (Domingo de Piñata), e que este ano chega á súa 25ª edición. Vintetrés mesóns, restaurantes e bares participan no xantar, con máis de 3.000 servizos e uns prezos que oscilan entre os 15 aos 25 euros. Tamén se celebrará durante este domingo un pasarrúas pola mañá e un desfile de comparsas pola tarde.
Ademais, o sábado, 2 de marzo, celébrase a Ruta 2 mil. Trátase dun concurso de disfraces para peñas que, para participar, deberán acudir alomenos a sete dos establecementos que participan neste evento. Son 1.500 euros en premios e cada peña debe constar dun mínimo de oito integrantes. En definitiva, cinco charangas, tres orquestras, un grupo folk, catro desfiles, tres concursos de disfraces e comparsas e as xa tradicionais Coplas de Entroido dos Liborianos, así como a Ruta das Tapas, obradoiros e actividades infantís e dúas demostracións da Escola Municipal de Danza, animarán as rúas e prazas do Carballiño para darlle cor ao Carballiño nestas datas. Barbadás Cada ano que pasa, o Entroido de Barbadás colle importancia na provincia. A gran foliada (desfile) e dos máis con-
A Festa da Cachucha do Carballiño, 10 de marzo, celebra 25 anos
corridos. Como xa é tradición celébrase o martes de Entroido, nesta ocasión cae a día 5 de marzo, e dará comezo ás 17 horas percorrendo a avenida de Celanova -A Valenzá-. Os premios para os mellores ascenden a máis de 5.000 euros.
Pero antes dese día Barbadás se disfraza. Este xoves, 28 de febreiro, o alumnado dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro correrán as Comadres. O venres, 1 de marzo, realízase a Colga do Meco na avenida de Celanova e terá lugar sendos desfiles infan-
tís dos alumnos do colexio O Ruxidoiro -ás 11.30 horas- e dos do Filomenta Dato -ás 13 horas-. E pola tarde, ás 20 horas, pregón a cargo das “Mulleres da Farándula”, xunto á estatua da familia na Valenzá. O día 2, gran troulada para festexar o Sábado de Piñata, de 11 a 13 horas no espazo infantil. A animación musical non faltará os días 3 e 4 pola Valenzá. Rematarán as actividades entroideiras en Barbadás o día 5. Ás 19 horas, exposición e concurso dos mecos, na praza Vella e ás 20 horas, queima do meco. O público que asista ao desfile previo á queima poderá coller velas na Casa da Cultura e no propio desfile. Ourense Na capital da provincia o pregón correra a cargo do humorista Xosé Antonio Touriñán, o xoves de comadres 28 de febreiro, dando o pistoletazo a unha semana de festa. Tralo pregón, ás 00 h., haberá orquestra na praza Maior. O sábado ás 17.30 horas haberá entroido infantil na praza das Mercedes e pola noite orquestra na praza Maior. O desfile terá lugar o domingo 3 de marzo a partir das 5 da tarde. Ao seu re-
mate entregarase o premio das carrozas e comparsas e elexirase ao rei ou raiña do Entroido deste ano, será sobre as 19.30 h. O luns, ao igual que o sábado, haberá festa infantil nas Mercedes e orquestra pola noite na praza Maior. E o mércores, 6 de marzo, Ourense despídese co Enterro da Sardiña (ás 20 horas). Ademais, non se pode esquecer o entroido das Eiroás, coa voda da Pita o martes 5, ás 13 horas; o de Seixalvo, co seu desfile o martes 5 ás 17 horas; e o de Frei Canedo, coa súa procesión o lúns 4 de marzo. Hai que “vivilo intensamente”, dicía o alcalde de Ourense na presentación do programa de actividades que o Concello organiza, e no que as charangas serán protagonistas. Verín Na capital do Támega este pasado domingo, 24 de febreiro, 400 Cigarróns concentráronse na praza do Concello, recibindo aos fregueses; houbo o pregón a cargo de Manolo “Cazoleiro”. En canto ao Xoves de Comadres, pola mañá (11.45 h) os máis cativos terán o seu desfile (come-
especial ENTROIDO
zará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá para rematar na praza Maior) e pola noite mandarán, como é tradición, as mulleres, con procesión incluída. O Venres de Compadreo será o 1 de marzo. E seguirán cinco días de troula sen parar. O sábado, o máis destacado será o “Bautizo do Cigarrón” ás 17 horas; o domingo -día grande- a partir das 12, cigarróns, comparsas e carrozas percorrerán o centro da vila no gran desfile matinal. O luns, ás 16:30 horas, festa infantil con obradoiros, xogos e karaoke no pavillón de deportes. O martes, o derradeiro desfile dará comezo ás 16.30 horas. E como epílogo das festas, o Domingo de Piñata, 10 de marzo, pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles onde se entregarán os premios “Pescadilla”, “Cigarrón de Honra” e “Fidelidade”. Laza O Entroido máis enxebre, o de Laza, dará comezo o 28 de febreiro co Xoves de Comadres. Pola mañá, os nenos do CEIP O Castiñeiro farán un folión e xa pola noite verbena para o máis maiores. De seguido, o venres día 1 de marzo pola noite terá lugar o gran folión do Entroido. O prato forte do sábado 2 de marzo será a Cabritada, xa consolidada nestas datas, e a fariñada na praza da Picota. O domingo día 3 por fin poderemos ver aos peliqueiros desfilar polas rúas
da vila e pola tarde acompañarán o desfile. E chegamos ao día forte, o Luns Borralleiro, que comezará coa farrapada xa de mañás e, pola tarde, a baixada da Morena e as formigas farán a súa aparición e suporá o éxtase para todos os alí presentes. Pechando, o martes 5 de marzo, os peliqueiros sairán pola mañá cedo. Pola tarde, un novo desfile precederá á lectura do testamento do burro e o loito dos peliqueiros porá fin a tantos días de troula. Xinzo de Limia Depois dos domingos Fareleiro e Oleiro chegou o Corredoiro, día na que as Pantallas saíron por primeira vez. A capital da Limia meterase de cheo no Entroido o venres, 1 de marzo, ás 11.30 horas co desfile infantil dos máis cativos. Omartes, día 5, a partir das 17.30 horas, será o tradicional desfile de disfraces e comparsas polas rúas da vila. Este ano, a vila contará coa campaña “Quítalle a máscara ao machismo”, para facer fronte ao acoso á violencia contra as mulleres. Habilitaranse varios puntos para atender calquera incidencia que se presente deste tipo. Maceda Os Felos de Maceda non faltarán á cita.
O humorista Xosé Antonio Touriñán, dará o pregón en Ourense, o xoves de comadres, 28 de febreiro
Barrios 28 de febreiro 2018
400 Cigarróns saíron ás rúas de Verín para quentar motores de cara aos días grandes do Entroido. /B. MARTÍNEZ. O sábado 23 de febreiro celebrouse o Sábado de Desmadre, a partir das 20 horas na praza das Toldas da vila. O día 1 de marzo será o Venres de Comadres, tamén nas Toldas ás 20 horas. Os días 2 e 3, os Felos farán un percorrido durante toda a xornada polos pobos, con saída e chegada en Maceda. O día 3 realizarase a Baixada da Marela (ás 20:30 horas desde o parque do Toural). O 4 de marzo, o pavillón municipal acolle unha festa infantil a partir das cinco da tarde (con inchables, o Mago Deimi e un desfile). O martes 5, ás 17:30 horas será a quenda do desfile dos Felos, comparsas e carrozas (con máis de 1.000 euros en premios) desde a praza das Canteiras. E o día 6 rematarán os actos co enterro do Entroido. Outros entroidos En Bande o máis destacado será a saída dos Troteiros, (xa saíron o sábado
As Pantallas deiráxonse ver en Xinzo no Domingo Corredoiro. /I. OSORIO.
23 de febreiro) o domingo 3 e o martes 5 de marzo. O desfile está previsto para a tarde do domingo 3. Celanova, pola súa banda, centra todo o seu Entroido no Sábado de Piñata, 9 de marzo, cun popular
desfile que congrega a un gran número de comparsas de toda a provincia. En Allariz, o día 4 no pavillón do IES festa infantil, ás 17.30 horas, e unha cachuchada, na Barreira, as 21.30. O martes
5, a partir das 17.30, será o desfile de comparsas, con baile ao remate. E o mércores 6 ás 20 horas, a praza Maior acollerá o pranto do Entroido coa queima do meco no campo dos Brancos.
Barrios 28 de febreiro 2018
EN BREVE 4 AAVV Miño A Agrupación Miño esixe que se conte coa participación veciñal á hora de elaborar os pregos nos procesos de contratación de servizos municipais como poden ser o da recollida do lixo ou o transporte urbano.
4 Concentración
As traballadoras do servizo de limpeza dos colexios públicos municipais concentráronse díante do Concello este mércores, 27 de febreiro, contra a intención do alcalde de dividir en lotes a futura concesión do servizo.
4 ARRU Os proxectos para a mellora e reforma interior de vivendas incluídas nas catro Áreas de Rexeneración e Rehabilitación Urbana (ARRU) da cidade contarán cunha achega de 1,5 millóns euros para o período 2018-2020. 350.825 euros no Centro Histórico; 108.000 para o núcleo etnográfico de Seixalbo; 910.000 para a área de O Polvorín - As Camelias - A Carballeira; e na área de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada, de 180.000.
CIDADE
Ourense en Común pide a paralización da RPT 4 DO quere crear un centro de intelixencia artificial. Redacción A tres meses das eleccións municipais os partidos continúan co seu día a día. Ourense en Común levará ao pleno do mes de marzo a Relación de Postos de Traballo (RPT). Considera que o Goberno municipal quere unha “chea de inxustizas e arbitrariedades, erros, irregularidades e incoherencias, tramitada pasando por alto os principios democráticos”. Por iso, pedirán no pleno a paralización da mesma ata que “o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non se pronuncie”. O grupo propón tamén nos acordos iniciar, xa coa nova corporación, a
elaboración dunha nova RPT para ir “avanzado o traballo do próximo ciclo electoral”. Ademais, OUeC solicitará no pleno que se difundan na páxina web do concello todas as ofertas de contratación, e especialmente aquelas para a adxudicación de contratos menores, segundo a Lei de Contratos do Sector Público de fai un ano. DO Democracia Ourensana, pola súa banda, volve a centrar o foco na Inteligencia Artificial. Desde DO pedirán á Xunta e o Estado español que financien e constrúan en Ourense, o “maior e máis equipado” centro de investigación
4 FP O Centro Galego de Innovación e FP en Ourense (antiga Escola Fogar Mariñamansa) contará cun investimento total de 9,9 millóns de euros.
Martiño X. Vázquez, de OUeC, formación que quere paralizar a RPT ata que se pronuncie o TSXG.
de Inteligencia Artificial de España dotándoo dos medios técnicos e humanos precisos para estar na “vangarda mundial”. Outros partidos Comeza o baile de partidos que concorrerán nas próximas municipais. O empresario Tino Iglesias visita os barrios e entidades sociais de cara a dar a coñecer as súas propostas. Adelante Ourense recolle, ata o 20 de marzo, propostas e compromisos, da sociedade civil, para o seu proxecto de cidade. E outra formación súmase ao puzzle de candidatos a ocupar a alcaldía. A Plataforma Ourense Mellor decide presentarse ás municipais logo de realizar unha asemblea esta semana no Campus de Ourense. A decisión foi tomada despois de que a esquerda (BNG e OUeC) rexeitaran unha posible confluencia.
Ourense Mellor presentarase ás municipais tralo rexeitamento dunha confluencia de esquerdas
Zona xunto ás vivendas da praza 200 onde se realizaron as tarefas de desratización.
Desratización na zona da estación de autobuses 4 O Concello atende a demanda da AVV As Termas meses despois. Redacción Un ano houbo que agardar para que o Concello de Ourense fixera caso a AVV As Termas para a desratización da zona. A Asociación Veciñal As Termas leva máis dun ano pedindo solucións ante as queixas recibidas pola presenza de ratas nas zonas verdes do entorno da estación de autobuses. Despois das queixas -e dos escritos enviados- da presenza destes roedores durante 2018, tiveron a
súa continuación durante este ano. Solicitaban medidas para eliminar zonas de arbustos, tapar as tobeiras e tamén medidas de desratización das zonas verdes. A resposta do ente municipal foron pequenas intervencións que non solucionaron o problema. Foi neste mes de febreiro de 2019 cando o Concello precintou unha zona verde nas vivendas sociais a carón da estación de autobuses e tomou as medidas necesarias para erradicar o problema.
CIDADE
Barrios 28 de febreiro 2018
Un estudo para detectar lugares inseguros 4 Para previr situacións de risco para as mulleres. Redacción O Concello de Ourense elaborará un estudo para detectar os espazos urbanos percibidos como inseguros polas mulleres. O proxecto “Estudo: Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense” realizarase -en cinco meses- en colaboración coa consultora Rizoma Social. Con el, preténdese promover a igualdade nos espazos públicos da cidade e previr situacións de risco en zonas públicas. O estudo pretende dar resposta a varios puntos: detectar as necesidades da poboación feminina res-
pecto ao uso do espazo público na cidade; determinar si existen zonas inseguras e elaborar ferramentas de prevención para que o uso destes espazos non sexa limitativo por cuestión de xénero. Tamén analizará os factores que contribúen á percepción do medo por parte das mulleres e establecer recomendacións dirixidas a potenciar a súa autonomía e empoderamento. Os resultados e recomendacións achegaranse a todas as concellerías e as entidades de cada barrio para que se poidan aplicar no día a día da cidade.
As concelleiras de Cultura, Belén Iglesias, e de Igualdade, Sofía Godoy, e o de Deportes, Mario Guede, presentaron as actividades do Concello para o 8M. /RAMSÉS.
O Concello presenta as actividades do 8M 4 Arte e deporte para conmemorar o Día da muller traballadora. Redacción O programa agrupa actividades musicais, como
Cantan-Elas (dia 8, ás 22:30 horas, na praza do Correxidor e Xénero Versus, o día 13 no edificio Lusquiños);
teatrais, coa obra Mariana Pineda (día 15, auditorio); deportivas, coa carreira Son libre para correr (día
10, ás 11 na praza Maior); de emprendemento, o Art Woman (22 ao 24 na praza Maior e Bispo Cesáreo); e sociais (cursos no Centro Cívico Colón o día 8 ás 11 horas; Muler-ES, do 4 ao 8 nos centros cívicos de Colón, A Ponte, As Termas e Seixalbo; e obradoiro de Biodanza Chea de vida, todos os martes desde o 12 de marzo ata o 11 de xuño de 19 a 21 horas no Centro Cívico da Ponte). A campaña deste ano “xira arredor do concepto da fortaleza da muller, que dun xeito imparable vai accedendo a todos os estamentos e esferas”, afirmou a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy. Actos O día 7 de marzo, xoves, lerase un manifesto institucional no salón de plenos do Concello ás 12 horas. Ese mesmo día, pola tarde, o Liceo acollerá o acto de entrega do premio Clara Campoamor (ás 20 horas) que este ano recaeu no IES Portovello e na investigadora Rosa María Cid.
Barrios 28 de febreiro 2018
CIDADE
A Xunta aposta pola mellora de infraestruturas na cidade e a súa contorna 4 Adicará máis de 4 millóns de euros á renovación da estrada de Seixalbo, Marcelo Macías e diversos centros escolares, entre outros. Redacción A Xunta de Galicia, a través de distintas Consellerías, vén de adiantar diversas obras de mellora que nos próximos meses realizará en Ourense cidade e arredores. Seixalbo A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este 22 de febreiro que a partir de maio os veciños de Seixalbo terán a súa disposición unha estrada OU-105 completamente renovada, que garante a convivencia segura dos seus usuarios e optimiza a circulación de peóns, ciclistas e do tráfico rodado, cun investimento autonómico de 847.000 euros. Lembrou que nesta primeira fase, a intervención céntrase nun treito de 1,5 km., entre a zona do tanatorio e o Cumial, onde finalizan as vivendas, buscando a reordenación do tráfico, a mellora da mobilidade e seguridade dos usuarios vulnerables. Una actuación que, tal e
como adiantou, terá a súa continuidade nunha segunda fase, e cun investimento autonómico de 500.000 euros permitirá reordenar o tráfico na intersección do tanatorio das Burgas. O proxecto está rematándose e sairá a Información Pública no mes de marzo. A conselleira explicou que se eliminará o terceiro carril existente para calmar o tráfico e dispoñer de espazo para aparcadoiros e para carrís centrais que faciliten os xiros á esquerda. Tamén permitirá mellorar os pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica, completará beirarrúas e habilitará sendas en ambas as marxes no treito final, incidindo na traza do Camiño de Santiago ao que suma un carril para a circulación de bicicletas. Concretou, ademais, que no marco das obras se inclúen novas zonas destinadas á parada de autobuses, polo que se instalarán tres marquesiñas. Ademais, Ethel Vázquez enumerou outras
Ethel Vázquez visitou o 22 de febreiro as obras da estrada OU-105./RAMSÉS.
actuacións importantes do departamento de Infraestruturas da Xunta en materia de rede viaria, como a
reforma da Avenida Otero Pedrayo, que calculan que estará ultimada para finais de marzo. E tamén falou doutras intervención coas que se dará continuidade a estas melloras, como a 2ª fase da Ponte Vella e as intervencións nas rúas Marcelo Macías, Progreso, Arnoia ou Concordia. Rural Tres camiño rurais e dúas rúas de diferentes parroquias de Ourense verán mellorados o seu firme, grazas á colaboración solicitada por parte
da Alcaldía á Consellería de Medio Rural. Segundo un convenio de cooperación subscrito entre o Concello e esta consellería da Xunta, mellorarase o firme en núcleos das parroquias de Untes (camiño da Seara), Santa Cruz de Arrabaldo (Toco do Raposo), San Miguel de Canedo (costiña de Canedo), e nas rúas Pazos de Eiroás e rúa do Medio. O custe destes traballos será de 61.128,72 euros. Colexios Recentemente, o Gober-
no galego tamén fixo repaso da súa colaboración co Concello de Ourense nos últimos anos para levar a cabo melloras en 40 centros educativos da cidade, que acadaron un investimento de 11,2 millóns de euros. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, mantiveron un encontro de traballo onde, ademáis de analizar as obras desenvolvidas desde xuño de 2015, tamén se avanzaron nos vindeiros proxectos deste
CIDADE
ano: a ampliación do CIFP de A Carballeira e o peche da pista deportiva do CEIP Irmáns Villar, xa en execución, por un importe conxunto de 1.153.754 euros. Marcelo Macías E a última das actuacións previstas pola Xunta, ata o momento, anunciada é a da avenida Marcelo Macías. A inversión de 1.711.280,51 euros mellorará de xeito integral a avenida. A Axencia Galega de Infraestruturas ten redactado o proxecto para executar as melloras. En liñas xerais, as actuacións plantexadas neste proxec-
to son fundamentalmente a rehabilitación do firme da calzada, a reparación de pavimentos dañados de beirarrúas, a renovación de servizos obsoletos e en mal estado (saneamento, abastecemento, alumeado e tráfico), a renovación da iluminación, o viaducto e a sinalización, balizamento e defensas; ademais da adaptación dos itinerarios peonís ás normativas de accesibilidade vixentes.
As obras na estrada de Seixalbo estarán rematadas en maio
4 Igrexa da Santísima Trinidade O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, xunto ao bispo da Diocese de Ourense, José Leonardo Lemos, e do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, vén de visitar a igrexa da Santísima Trinidade de Ourense, templo que será obxecto de restauración durante este ano cun investimento superior a 400.000 euros. Como explicou o titular do departamento autonómico, o obxectivo da intervención consiste nunha serie de actuacións que melloren a situación actual da edificación. Deste xeito, resolveranse as patoloxías existentes no sistema de cubertas grazas á renovación das mesmas e da rede de evacuación de pluviais. Ademais, prevese limpar a fachada, repoñer os rexuntados deteriorados, drenar os muros en contacto co terreo e sanear os paramentos interiores. Román Rodríguez salientou o carácter integral desta actuación e explicou que, ademais, se realizarán os traballos de consolidación da bóveda de barrotillo da nave. Restaurarase, así mesmo, a crestería, instalarase un novo pavimento de tarima de madeira de nogueira, renovarase a instalación eléctrica e instalarase a protección
Barrios 28 de febreiro 2018
contraincendios entre outras actuacións. O conselleiro amosou o seu agradecemento á Diocese de Ourense, quen, a través dun convenio de colaboración coa Xunta, puxo a disposición os terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración. Sentenza do TSXG Pero este proxecto de rehabilitación non será inminente, xa que Concello e Diocese agardan unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de que o Xulgado ContenciosoAdministrativo aceptara algunhas das cuestións plantexadas pola Igrexa sobre un presunto incumplimento, en relación ás indemnizacións, do convenio -suscrito co Concello- en 1994. De ser favorable a sentenza do TSXG, deberase proceder á reparcelación dos terreos, elaboración dun novo proxecto e á indemnización da Igrexa. Se, pola contra, sae adiante o recurso de apelación do Concello, manterase o proxecto actual e habería que resolver o problema das indemnizacións, cuestionado polos técnicos xurídicos municipais.
O conselleiro de Cultura, Román García, xunto ao alcalde e ao bispo de Ourense, analizando o proxecto de restauración da igrexa da Santísima Trinidade. A avenida Marcelo Macías tamén terá as súas obras de mellora. /RAMSÉS.
Barrios 28 de febreiro 2018
OCIO E CULTURA
A moda, presente na “ICC Week” 4 Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez inaugurarán esta edición. Redacción O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García -centro-, participando no Día Inernacional da Lingua Materna. /M. REJO.
O Centro Interxeracional celebra o galego 4 No Día Internacional da Lingua Materna. Redacción A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) escolleu o Concello de Ourense para a celebración do Día Internacional da Lingua Materna. Foi na Escola Infantil de Ourense Centro Interxeracional e estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística e presidente da RDL, Valentín García. No acto participaron os 80 bebés e familias usuarias do centro. García quixo lembrar na súa intervención as vantaxes e a importancia de falarlles o galego nas casas, e no seo das familias, aos nenos e nenas. Tralo acto institucional, os bebés usuarios do centro puideron gozar dunha breve actividade de dinamización lingüística baseada nas músicas da actividade
Homenaxe a Rosalía de Castro Redacción Numerosos actos celebráronse en Ourense en homenaxe a Rosalía de Castro polo seu aniversario do seu nacemento. Entre eles estivo o que tivo
infantil de dinamización lingüística Puño Puñete, a cargo de Andrea Bayer e Davide González, de Baobab Teatro. Celebración O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente desde o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia vén sumándose a esta conmemoración desde o 2011 e a RDL incorporouse a ela dous anos despois, tras a súa creación. Desde entón esta celebración é acollida por algún dos concellos adscritos, a Ourense tocoulle este ano. lugar na Deputación de Ourense. Alumnos dos colexios de Carmelitas, Franciscanas, Maristas, Josefinas e Salesianos participaron nun evento no que se lemboru a figura de tan grande artista. A música e a poesía foron as protagonitas deste evento.
Pouco a pouco se vai sabendo máis da “Ourense ICC Week”, a Semana das Industrias Culturais e Creativas, que este ano celebra a quinta edición do 2 e 7 de abril. Se en da-
tas anteriores coñecíamos a presenza de personaxes coma o periodista Iker Jímenez ou o humorista Luis Piedrahita, agora sabemos da asistencia de tres mulleres vinculadas á moda. Elas son Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García
e Adriana Domínguez. As tres estarán na xornada inaugural, martes 2 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. As entradas serán de balde, ata completar o aforo, previa inscrición na plataforma Woutick.
Kiko Veneno Tamén está confirmada a presenza do cantante Kiko Veneno, que chega a Ourense no preámbulo da presentación do que será o seu novo disco “Sombrero Roto”.
Agatha Ruíz de la Prada estará na xornada inaugural da “Ourense ICC Week”.
PUBLICIDADE
Barrios 28 de febreiro 2018
10
Barrios 28 de febreiro 2018
O CARBALLIÑO E COMARCA
ENTREVISTA A ADOLFO NOGUEIRA, EX CONCELLEIRO DO PSOE NO CONCELLO DO CARBALLIÑO
“Somos socialistas sen partido”
4 Adolfo Nogueira fálanos do seu cese e do seu futuro. Redacción Tras un mes de xaneiro convulso no grupo de goberno socialista, todo rematou co cese e o paso de tres concelleiros ao grupo dos non adscritos, entre eles Adolfo Nogueira, que nos detalla o ocorrido e da a súa versión dos feitos. Moito se falou do seu cese e os motivos. Recibiu algunha explicación de alguén e por qué? Adolfo Nogueira (A.N.): “Non. A día de hoxe despois dun mes sigo dicindo que me enterei de que hai intención de cesarme pola declaración do xefe da oposición, Marnotes, nun medio de comunicación a primeiros de xaneiro, xa o intentara fai dous anos, o que indica o despropósito de todo isto. A día de hoxe non teño unha explicación do alcalde. Parace que as presións que chegaban desde Ourense para purgarnos aos pachistas tiveron o seu efecto. Tras uns días de declaracións cruzadas o alcalde decide sacarme as competencias. É unha decisión unipersonal”. Está de acordo cos motivos? A.N.: “A min ninguén me dixo que fixera unha mala xestión ou que o meu traballo estivera mal feito. Entendo que son cuestións internas de partido se deben resolver dentro do partido. Como mínimo unha conversa comigo para saber as miñas explicacións. Nese tempo tivemos algunhas xuntas de goberno e non se me dixo nada. O que pasou e que nós discrepamos e sacouse a guillotina porque había ganas de facelo. Se o alcalde quere cesarme está no seu dereito pero se quería solucionalo que menos
que ter unha conversa para achegar posturas onde me pregunte: Adolfo, tes pensado ir noutra lista?, vas facer outro proxecto político?... Nunca houbo esa conversa. Penso que non obrou correctamente e non sei a que estratexia responde todo isto. A proba está en que moitos militantes abandoaron a agrupación. Este pobo é de dereitas pero grazas ao traballo desa militancia, 400 ou 500 persoas, conseguiuse a alcaldía. Eu estaba dentro desa xente e cando Paco chegou a alcalde e se esqueceu de toda esta xente. E polo que se ve a dirección provincial aplaude esta decisión. A oposición afirma que desde hai dous anos hai desgoberno municipal. Está de acordo? A.N.: “O goberno pese a ser mellorable non funcionaba mal. Si que había unha ausencia total de traballo en equipo. Eu sempre insistín en facer reunións de grupo pero nunca podía ser por unhas e outras excusas por parte dos que quedaron no goberno. En catro anos tivemos catro reunións”. No último pleno o PP declarou que xa pediu o seu cese fai dous anos e que moitos decretos acordaronos PP e PSOE. Sabe por que? A.N.: “Teño moitas dúbidas de que os militantes do PP estean de acordo con esta estratexia. O voceiro do PP ten unha teima comigo e con Pachi Vázquez, o que o leva a facer cousas moi estranas. Cando os tres membros que xa non estamos no goberno pide o cambio nunha moción do pleno para que non se reprobe ao alcalde senón aos membros do goberno, aos oito. Xa nos cesaron, qui-
“Ao final todo isto leva a que o partido socialista do Carballiño rompa pola metade, algo que non sucedeu en 25 anos”, explica
do Carballiño nin ao grupo de goberno. Eu respetei que o alcalde pactara os orzamentos coa oposición, que nos enteraramos de acordos xa nos plenos... pero sempre acatamos a disciplina de voto do grupo. Sempre respetamos ao alcalde ata que decidiu romper todo. Ao final todo esto leva a que o partido socialista do Carballiño rompa pola metade. Non sucedera en 25 anos”.
Adolfo Nogueira, ex concelleiro do Carballiño, aínda medita ir nunha lista. /M. REJO. taronos as competencias, o soldo... só falta que nos lapiden según eles. Neste mandato acordaron dous orzamentos de catro, o plan de obras, teñen reunións
diarias... non hai tempo para reunirse cos membros do grupo pero si para o xefe da oposición. Toda esta estratexia non vexo que beneficie aos veciños
A nivel persoal imaxinabase todo o ocorrido e tivo algunha repercusión a nivel ideolóxico? A.N.: “Non. Desde que lembro son socialista. O desencanto é coas persoas. Agora mesmo este partido socialista e quen o pilota non comparto a maiorías das cousas que se están fa-
cendo. Como non compartimos as liñas de traballo que se están facendo non significa que sexamos menos socialistas. Eu non reparto carnéts ideolóxicos e decido a ideoloxía dos demais pero que non comparta unha maneira de traballar non significa que sexa menos socialista. Hai unha frase que creo que é de Pachi que di que somos socialistas sen partido. Seguimos sendo socialistas. Nunca me verás nunha lista de ciudadanos”. Presentarase por algún partido nas próximas eleccións municipais? A.N.: “Por un compromiso persoal e lealdade vou a apoiar a Pachi. Non podo dicir agora mesmo desde que ángulo. As mostras de cariño e o apoio da xente levoume a plantexar esta situación. Falarei con compañeiros, coa familia. O que si teño claro é que faga o que faga seguirei traballando polo Carballiño porque levo toda a vida facéndoo, de xeito altruísta moitas veces”.
O CARBALLIÑO E COMARCA
Barrios 28 de febreiro 2018
11
ENTREVISTA A FRANCISCO FUMEGA, ALCALDE DO CARBALLIÑO
“Paréceme un éxito que cun goberno en minoría en catro anos aprobaramos tres orzamentos”
Traballos de limpeza na ponte de Veiga.
Nova cara para a ponte de Veiga
4 O alcalde fai un resumo deste mandato, do que resta ata o seu remate e do cese de Adolfo Nogueira.
4 Co fin de preservar e valorizar este monumento.
Redacción
Redacción
Francisco Fumega recibenos no seu despacho para facernos un resumo do mandato e de como afronta estes últimos días de mandato, con varios proxecto na mesa. Do cese de Adolfo di que está todo dito pero cita algún motivo. Adolfo afirma que ninguén lle comunicou o seu cese. É verdade? Francisco Fumega (F.F.): “Xa din as explicacións no pleno. Fixen un decreto. Rompeuse o diálogo e pouco máis. Estaba facendo unha enquisa con cartos do partido onde se valoraba a Pachi ás costas do alcalde e da agrupación local. Perdeuse a confianza”. A oposición afirma que desde hai dous anos hai desgoberno municipal. Está de acordo? F.F: “Xa están en campaña. Hai unha acción de goberno clara e os veciños dentro duns meses decidirán o que pensan sobre iso. Non pode haber desgoberno cando a débeda se reduxo en catro millóns, cando estamos arranxando as rúas do pobo, cando en comercio, turismo e cultura van moi ben, cando o polígono industrial non ten espazo porque está ocupado ao 100 %, cando
o matadoiro está en marcha, pensa que estamos invirtindo sobre un orzamento de 10 millóns un superavit de 1,4 millóns de euros todos os anos e ímolo manter grazas a ter reducido á debeda”. Como afrontas estes meses ata o final do mandato? F.F: “O tempo que queda vai ser practicamente de campaña. O 28 de abril hai eleccións xerais e ao saír delas en maio as municipais. Afrontoo con ilusión e traballo. Temos moitos proxectos na mesa. Esta semana estamos restaurando a ponte medieval de Veiga e instalando a estatua da pulpeira. Tamén estamos asfaltando as rúas Alberto Vilanova, as seis rúas que baixan ao balneario, en Arcos... Hai actividade contínua. Neste mandato que xa remata, quedou algo por facer F.F: “Faltou moito. A fábrica de papel está en marcha pero faltoulle impulso. Pero neste mandato colleronos dous elementos claves. Por un lado a informatización do Concello, o papel desapareceu, o que levou ter que adaptar ao persoal. E segundo colleunos a nova lei de contratos que está relantizando todo nos concellos”.
“Eu repito como candidato a alcalde. Será xente disposta a traballar polo Carballiño e repetirán bastantes membros da actual corporación”
Xa deron comezo as obras de limpeza da Ponte de Veiga. O proxecto tamén contempla a cata dunha franxa de terreo á entrada da ponte para descubrir un tramo da antiga calzada medieval. Polo que respecta á sondaxe do terreo situado ao este da entrada á ponte, no proxecto contémplase a excavación dunha cuadrícula duns 32 metros cadrados co O alcalde realizando xestións no seu despacho. /M. R. Adolfo insinuou que PSOE e PP póñense de acordo. Que opinión lle merece? F.F: “Adolfo estivo no goberno e pactamos orzamentos e daquelas non dícia iso. Eu pactei con Alternativa Veciñal, co PP, ofrecínlle ao Bloque formar parte do goberno e non houbo ningún tipo de problemas. Ven por aquí Argimiro (do PP) e o recibo igual que recibo a Bernardo. Pareceme un éxito que un goberno en minoría catro anos aprobáramos tres orzamentos cando en Ourense, por exemplo, non se aprobou nin o primeiro, iso paraliza a unha cidade e un alcalde non se o pode permitir”. Como está o partido socialista tras a saída de afiliados últimamente? F.F: “Mantense 50 afiliados. Houba 30 baixas pero déronse de alta outros 30 apróximadamente, coa
posibilidade de seguir crecendo”. Se se confirma a presentación do partido de Pachi Vázquez terá efecto nas eleccións municipais? F.F: “É evidente que si, vainos facer dano. De xeito negativo. Ímos sufrir un desgaste por ese lado. Confío en que a acción de goberno distes anos consiga recuperar votos por outro lado. Dunha maioría moi clara que tíñamos asegurada agora non é tan clara. O gran beneficiado por todo isto é o Partido Popular”. Xa tes clara a lista para as municipais F.F: “Si. Prácticamente xa está confeccionada. Eu repito como candidato a alcalde. Será xente disposta a traballar polo Carballiño e repetirán bastantes membros da actual corporación”
Velutina Redacción O alcalde, Francisco Fumega, asistiu a unha demostración dun fusil de Paintball que permite disparar aos niños de avispas asiáticas e deixalos inutilizados. Este sistema está sendo empregado en Cantabria desde fai dous anos cun alto grao de eficiencia. Trátase dun fusil que dispara unhas bolas (vectores conxelados) nas que se introduce o veleno que, unha vez disolto dentro do niño, mata ás avispas e inutiliza o niño. Segundo a empresa, que asegura que O Carballiño será o primeiro concello de Galicia en usar este sistema, o 95% das veces o niño queda tratado á primeira, non sendo necesaria unha segunda actuación. Tras a demostración, o alcalde afirmou que o concello ía adquirir un destes fusiles, cuxo cus-
fin de verificar a existencia do antigo enlousado do camiño neste sector. A Ponte Veiga é un dos monumentos medievais máis salientables do Carballiño. A Ponte de Veiga data dos séculos XIII-XIV, ainda que sufriu modificacións posteriores coa colocación dos petrís na parte superior. A financiación corre a cargo da institución municipal, que aporta ao redor de 9.000 euros.
EN BREVE 4 Pulpeiras Unha escultura de bronce, obra da mestra canteira Laura Rodríguez Miranda, será colocada os próximos días na Praza Maior do Carballiño para render homenaxe ás feiras e ás pulpeiras. A escultura representa a figura dunha pulpeira con todos os elementos característicos do seu oficio: caldeira, táboa, pratos, aceiteira, pimenteira, tesoiras, pincho e, por suposto, un pulpo cocido.
4 Ruta das Tapas Os 14 locais hostaleiros integrados na Ruta das Tapas celebran este venres, 1 de marzo, unha nova xornada de degustación de pinchos que, nesta ocasión, están dedicados aos Sabores do Entroido. Tamén este sábado, 2 de marzo, terá lugar a Ruta dos Mil, que é o concurso de disfraces de peñas que organizan vinte locais hostaleiros da vila.
12
Barrios 28 de febreiro 2018
EN BREVE 4 Rugbi O Campus Ourense Rugbi gañou como local o derbi galego ante o CRAT de Coruña por un axustado 29-25.
4 Sincro Bo resultado para o Sincro Ourense na segunda xornada da Liga Galega de Figuras de Nivel de Natación Artísica disputada en Pontevedra. As ourensás volveron a casa co primeiro posto na categoría alevín acadado por Estela Luisa Ojea. As rapazas do Sincro ocuparon na súa maioría postos na primeira metade da clasificación. Na categoría infantil, a primeira clasificada foi Antía Touriño, cuarta.
4 Fútbol Sala O Ourense Envialia acadou unha sufrida vitoria ante o Leganés nos Remedios por 3 a 1 que as coloca sextas. Na 2ª división, vitoria do Cidade das Burgas ante o Calceatense no pavillón por un axustado 2 a 1. Con esta vitoria colócase terceiro a dóus puntos do segundo. O filial do Envialia obtivo unha cómoda vitoria fóra ante o Mutilvera por 1 a 5. Así, o Envialia marcha sexto. No masculino, abultada derrota do Sala Ourense na súa visita á cancha do Deporcyl por 7 a 1. Acaba esta xornada oitavo con 30 puntos.
DEPORTES
O COB agarda ao Levitec Huesca 4 Os dous equipos contan con 14 vitorias. R.T. Rio Ourense Termal e Levitec Huesca veranse as caras no Paco Paz este sábado, 2 de marzo, a partir das 19 horas. Os dous suman 14 vitorias polo que o partido se antoxa vital para os intereses duns e doutros para estar a final de curso en playoffs. Nunha LEB Ouro tan igualada (da segunda posición á décima hai tan só dúas vitorias de diferenza) o basketaverage será clave no final de tempada. Na sétima xornada os oscenses venceran aos ourensáns por cinco puntos de diferenza (79 a 74), polo que ademais da vitoria, os homes de Gonzalo García de Vitoria tentarán que esta sexa por máis de cinco puntos. O Huesca é un equipo que está a render a un gran nivel se temos en conta que dous dos 10 xogadores teñen pasado na LEB Ouro (Agustí Sans e Kenan Karahodzic), o resto son noveis na competición, o que lle da máis mérito ao rendemento que ten o equipo dirixido por Guillermo Arenas.
Lleida O partido contra Lleida supuxo unha importante vitoria do COB logrando, ademais, o average particular. A baixa de Vidal non lastrou a un COB que tivo no xogo colectivo o seu punto forte. Nos primeiros minutos foron os locais os que dominaban no electrónico, pero os visitantes, pouco a pouco, fixéronse co tempo do partido sendo quen de darlle a volta ao marcador. Un marcador que rondou
os 20 puntos de vantaxe nalgún momento. O Lleida non se rendiría e, a piques estivo de darlle a volta ao marcador. Porén, os de García de Vitoria foron quen de manterse por diante e rematar o partido cun 61 a 70 final. Entroido Para o partido deste sábado, o COB lucirá unha equipación coas máscaras dos entroidos máis característicos da provincia de Ourense. Ademais estará á venda por 30 euros cun desconto de cinco euros para os socios do club.
O partido contra Huesca será ás 19 horas este sábado no Pazo
Van Wijk tentando entrar a canastra.
Arce nun partido desta tempada. /Y. SEARA.
Importante vitoria da UD Ourense 4 Vence no campo do Alondras por goleada. R. Torres A Unión Deportiva Ourense deu un golpe na mesa ao vencer a domicilio ao Alondras por 0-4. Os goles de Alfredo, Adri e Durán por partida dobre deron os tres puntos ante un rival directo na loita pola promoción. A mala noticia foi a lesión de Rubén Arce que tivo que ser intervido cirurxicamente no tendón de Aquiles da súa perna dereita; unha baixa sensible nos plans do seu adestrador, Fernando Currás. Con esta vitoria, os unionistas manteñen a terceira posición pero agora a catro puntos do líder, o Bergantiños; e a tres do segundo, o Rácing de Ferrol. Se a cara dos ouren-
sáns é a UD Ourense, a cruz, é o Arenteiro. A derrota da pasada fin de semana fronte Ribadumia (2-1) o mete no pozo do descenso. Pola súa banda, o Barco non levanta cabeza e volveu a caer nesta ocasión diante do Polvorín por 2-1 (a pesar de todo mantén a quinta posición), e o Ourense C.F. non pasou do empate diante do Boiro (0-0) e seguen ocupando a undécima posicion. Xornada Esta xornada a UD Ourense recibe ao Silva o sábado, 2 de marzo, a partir das 17 horas no Couto. Mentres, Barco e Arenteiro reciben a Céltiga e Somozas, respectivamente. O Ourense C.F. visita ao Choco.
DEPORTES
Barrios 28 de febreiro 2018
13
Teijeiro e Fernández reinan no cross de Antioquía 4 Computou para o campionato provincial de campo a través. R.T.
Francisco Conde, conselleiro, e Lete Lasa, secretario xeral, en Expourense. /M.R.
Unha pantalla xigante e máis bancadas para a pista cuberta de Ourense 4Foron as últimas obras realizadas para poder albergar campionatos de nivel. R.T. A pista cuberta de Ourense, sita no recinto feiral de Expourense, loce con máis bancadas e unha pantalla xigante, requisitos para poder albergar competicións de certo nivel tanto nacionais como internacionais. Porén, estas actuacións farán posible convertelo recinto nunha instalación multifuncional co fin de compatibilizar a actividade feiral coa deportiva. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, comprobaron o resultado final das devanditas actuacións. Segundo engadiu o conselleiro, trátase “dun proxecto moi importante para a cidade que está permitindo que Ourense teña unha marca vinculada ao deporte, ao termalismo, á gastronomía e á actividade feiral”. “Ourense ten unha das mellores pistas de atletismo cubertas que hai
O Campionato de España máster, do 8 ao 10 de marzo, pode reunir a 4.000 persoas
a nivel nacional e internacional, un patrimonio que hai que poñer en valor para ofrecer aos deportistas e para que se converta nun polo de atracción desde o punto de vista económico e que sirva para vertebrar á provincia”, rematou. Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a compatibilidade de usos como a principal característica desta infraestrutura que posibilita que a pista, desde a súa inauguración, acollera “importantes campionatos autonómicos e nacionais así como outras actividades expositivas e feirais de primeiro nivel”. Máis bancadas Unha das intervencións levadas a cabo foi a de aumentar a capacidade da pista de atletismo hidráulica ata as 1.500 persoas, requisito para acoller competicións de maior prestixio. Outra foi a colocación dunha pantalla xigante -xa utilizada no Salón Gastronómico Xantar- e que servirá para seguir as competicións a través dela. Nos dous últimos anos a Xunta leva investido máis de 4,3 millóns no recinto. Vindeiros campionatos Expourense recibiu en
2018 máis de 113.000 visitas, un 27,7% máis que o ano anterior. Este ano esa cifra pódese quedar pequena se seguen medrando en calidade e cantidade os eventos deportivos. A pista volve estar en funcionamento. Xa acolleu o 62º Campionato de Galicia sub18 e sub20, o pasado sábado 23 de febreiro e o 12º Campionato de Galicia sub10, sub12 e sub14, o pasado domingo 24 de febreir. Nas vindeiras datas acollerá o 32º Campionato de Galicia sub16, o sábado 2 de marzo; o Campionato de Galicia máster, o domingo 3 de marzo; e o prato forte deste final de tempada no que a pista cuberta se refire, o 30º Campionato de España máster, do 8 ao 10 de marzo, evento que pode chegar a reunir durante os tres días de competición a unhas 4.000 persoas, entre atletas e acompañantes.
Grazas a estas melloras poderá albergar competicións de certo nivel, tanto nacionais como internacionais
Foron Sonia Teijeiro e Alejandro Fernández os máis rápidos en Antela. O hipódromo albergou o I cross de Antioquía Campionato provincial de campo a través. Nunha mañá máis propia de verán que de inverno, déronse cita máis de 150 participantes. Na categoría absoluta feminina, Sonia Teijeiro volveu a demostrar que non ten rival na provincia. A do Burgas foi a vencedora por diante da atleta do Atletismo Arenteiro, Begoña Domínguez; María Ferreiro, do Burgas, completou o podio. Por equipos, Burgas e Limiactiva foron primeiro e segundo. En homes, Alejandro Fernández (Ourense) foi o gañador por diante de Akka Essaadaoui (Adas) e de José Canda (Arenteiro), primeiro e segundo, respectivamente. O me-
llor equipo foi o Atletismo Arenteiro, segundo foi o Ourense Atletismo e terceiro, o Adas. Autonómicos A pista cuberta volve a ter actividade e esta mesma fin de semana acolle dous campionatos auto-
As saídas das carreiras do Cross de Anqioquía foron desde os caixón onde saen os cabalos. Na imaxe, a saída da proba feminina absoluta. /RAMSÉS.
O Ourela logra o bronce en Madrid
4 No Latina Grupos Show. Redacción Once patinadoras do C.D.Ourela de patinaxe artística conseguiron subirse ao podio o sábado no “XXII Trofeo Internacional Latina Grupos Show” en Madrid na modalidade de Grupos Pro-
nómicos. Por unha banda, este sábado -en xornada vespertina- celébrase o Campionato de Galicia sub16, e durante todo o domingo acolle o autonómico máster, preludio do Campionato de España máster que se celebra do 8 ao 10 de marzo.
mocionais. Competiron entre 29 grupos de toda España, un de Francia e outro de Estonia. “Teñen moitísimo mérito porque era a súa primeira participación neste Trofeo e ademáis sairon cuartas de vintenove. Conseguir quedar na terceira posición é
O equipo do Ourela, bronce en Madrid.
un resultado magnífico” – apuntan as súas adestradoras Nuria e Lara Rives. Nesta modalidade de Grupo o Ourela xa conseguira grandes resultados a pasada tempada (bronce no Trofeo Internacional de Vigo, bronce no Campionato Galego de Segunda Categoría e ouro no Campionato Xogade). Un gran éxito para un deporte que ten complicado conseguir apoios económicos e instalacións deportivas.
14
Barrios 28 de febreiro 2018
4AXENDA Exposicións - Do 21 de febreiro ata o 21 de abril - Exposición pictórica de Alexandro “Lume” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 28 de febreiro ata o 31 de marzo - Exposición de Antonio Quesada “Rarezas”- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 1 de marzo - Teatro infantil “Mínia convídate a xogar” - 18 h. - Auditorio Municipal - 3 de marzo - Teatro infantil “A familia unida” - 12 h. - Auditorio Municipal - 7 de marzo - Teatro “Strpts//episodio 1” 20.30 h. - Auditorio Municipal Música - 8 de marzo - Voces femininas 2019 “Pauline na praia/mow” - 21 h. - Teatro Principal Deportes - 2 e 3 de marzo - XXXI Copa Deputación de tiro olímpico - Club de tiro olímpico de Eiroás - 2 de marzo - XXXII Campionato de Galicia sub16 en pista cuberta - Pista de atletismo de Expourense - 2 de marzo - UD Ourense - Silva CD - 17 h. - O Couto - 2 de marzo - COB - Peñas Huesca - 19. h. Paco Paz - 3 de marzo - CD Arenteiro - UD Somozas - 17 h. - O Espiñedo Outros - 28 de febreiro - Pregón do Entroido ourensán a cargo de Xosé A. Touriñán - 00.00 h. - Praza Maior de Ourense - 3 de marzo - Desfile de Entroido de Ourense17 h. - Saída de Lagoas ata a Praza Maior - 5 de marzo - desfile do Entroido de Carballiño - 17 h. - Remate na Praza Maior - 5 de marzo - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 10 de marzo - XXV Festa da Cachucha - O Carballiño www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS / HUMOR
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O ceo das cegoñas (continuación do relato “Soidades do Nadal”) A tardiña do marzo “marceiro” estaba tristeira, namentres Arturo achegado á Lareira mira cos ollos cansos a súa cegoña, tan “rebulideira” noutra hora, tan vagarosa agora, pretiño da fogueira do fumeiro, agarda a chegada do seu Tepletán querido, que dende Cidade do Cabo volverá un ano máis para criar os seus filliños na palleira do vello Arturo, o seu salvador que a coidou dende aquel tráxico día que lle estoupou aquel tiro na súa á. Non me podo queixar pensa, moitos fillos e netos saíron de min, encheron de vida o val, se non fora por Arturo e polo meu cegoño, que ano tras ano ensínalle o voo ós nosos meniños e os guía amosándolle os camiños doutro fogar naquel outro continente. Que sorte teño de telos a eles¡ Pasaron 20 anos desde que a acolleu Arturo e agora xa estamos velliños os dous, pensa, mentres segue preguntándose se poderá tornar un ano máis o seu Tepletan, os anos tamén pasan para el, aínda que o disimule batendo o peteiro oufano, como se fora aquel rapaz do que se namorou sendo aínda unha meniña. Mira pola fiestra a ver se o ve chegar, mais cada ano ven un chisquiño máis tarde, porque as súas fortes ás xa están cansas. Non se enganou non, cando o escolleu aquel día na fervenza, cando nos seus olliños claros viu o arrinque para tirar sempre cara adiante, a ousadía e a forza dos valentes, o mellor pai para os seus fillos, o mellor namorado para ela, sóuboo no primeiro agarimo, dende o primeiro bico xa o soubo.
“Pasaron 20 anos desde que a acolleu Arturo e agora xa estamos velliños os dous”
Arturo coida dela como sempre, aínda que agora as súas manciñas son máis febles e trémalle a voz cando lle fala con aloumiños e arrolos, onte non fixo a cea, nin tan sequera prendeu o lume, meteuse na cama moi cedo e durmiu ata as once, anda moi canso esta tempada. Hoxe o sol entra pola xanela con forza, ela suspira buscando no ceo esa sombriña voadora que tan ben coñece e tanto agarda, albisca ó lonxe unha manchiña, e o seu corazón da un chouto, pouco a pouco vaise achegando, si, é el! o Tapletán volve! e ela renace de novo, e tamén volve ser a poliña que antes fora. Corre cara a cociña para avisar a Arturo, para recibilo os dous como fan tódolos anos, el sorrí e dille, “vai ti, eu hoxe non me atopo ben”. “Esta primavera non imos criar, direille que se quede aquí e estaremos co Arturo que xa está moi enfermo”, cavilando no medo de perdelo unha bágoa córrelle pola cariña, mentres vai á porta a darlle a benvida ó amor da súa vida. Na mañanciña seguinte Arturo chamounos, pasoulle a manciña con agarimo a ela polo lombo, mirouna cos olliños fermosos que tanto quería e foise para o outro Val. Este nadal pasado viñérono a ver os fillos que estaban lonxe, foi unha ledicia, como un derradeiro agasallo. Agora a campá da igrexa toca a morte, un son que coñece ben Malena, e toda a xente do val, aqueles que se rían cando paseaban xuntos, “a estraña parella” como lles puxeron para facerlle mofa, choran polo toliño do Arturo, o amigo das cegoñas. Soterrárono no cemiterio, naquela outra casiña que miraba cada mañá dende a fiestra do celeiro, na mesma sepultura do amor da súa vida. Maleniña vai alí todos os dias a ficar con el un anaco, este ano non puxo ovos, xa non porá máis, quedarase co seu Tepletán para sempre e xuntiños voarán outra vez cara as
fervenzas de Ferveda, de Graba ou do Toxa, Maleniña dende o balado do atrio e Tepletán dende a cima do campanario. Contan os veciños que o dia da Santa Isabel, o dous de xullo, despois de beber na fonte milagreira caeu morta enriba da sepultura de Arturo, enterrárona con el, e alí está ata hoxe. Once dias despois atoparon a Tepletán morto na rocha da fervenza do Toxa onde se namoraran, por iso moitos mozos que coñecen esta historia, teñen amores alí. Antes do derradeiro alentar, unha das súas plumas saíu voando e pousouse na sepultura de Arturo, quedou cravada alí para sempre, se te fixas ben verás a súa pegada no mármore pretiño da lápida onde gravaron os seus nomes: Madalena (a súa muller) Arturo e Malena (a súa cegoña). Os veciños de Escuadro e de toda Silleda, e moitos que veñen de fora a velas, ben coñecen esta historia. A contorna, ó chegar marzo énchese de vida e en Escuadro, en Graba, en Cervaña ... a vida agroma, e nos niños as cegoñas crían os novos xermolos, todos descendentes daqueles devanceiros, a pequena Maleniña e o valente Tepletán! Ti sempre o dicías papá “os amores verdadeiros nunca morren”, ti tamén me criaches a min soíño, e curáchesme as feridas do corpo e da alma, seguro que no paraíso das cegoñas e dos homes nos atoparemos, e ti acariñarás a miña cariña coa túa man e dirasme: “déixate de Andrómenas chiquito! que con estes contos de cegoñas case me fas chorar, pasarasme a man polo lombo e botarémonos os dous a rir, non sí? Dedicada a miña afillada Begoña e a Xosé, Uxía e Antía, que me levaron a ver as cegoñas por todo Silleda. Avelino Jácome
Gulírico Beatífico maná de liñas e curvas, artífice dun electicismo de altura: meritorio, harmonioso e sedutor. O arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez semellaba ter vido ao mundo moi lonxe do seu Beariz natal. O distinguido porte, a elegancia no vestir e a capacidade creativa que envolvía a súa existencia, perfilaban un visionario, un home anticipado ao seu tempo, un persoeiro procedente alén do mar. Nada máis lonxe, era ourensán e en Auria deixou un abondoso e prezado legado que hoxe cotiza á alza. Gulías ensinounos, sen pretendelo, a
ollar a cidade doutro xeito, convidándonos a deixar de mirar para comezar a admirar. O Centro Cultural Daniel Vázquez-Gulías programa no Liceo, durante o ano 2019, unha serie de actos que nos achegan a este senllerio urbanista nunha sorte de merecido recoñecemento tan tardío como necesario. Fabuloso, sublime, engaiolante: os cualificativos para describir a súa obra nunca farían xustiza, por iso merecen ser inventados: “gulírico”. Fernando Valcárcel Arquivo Visual Ourensán
Retrato do arquitecto Vázquez-Gulias.
4HUMOR
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 28 de febreiro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº86 - Ano: XII - 28 de febreiro de 2019 - Difusión: 7000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
EN BREVE 4 La Molinera Xa está aberta desde o pasado 22 de febreiro a inscrición en obradoiros de impresión 3D, presentacións dixitais, robótica, tecidos electrónicos e programación para a cativada no centro municipal La Molinera para nenos e nenas de até 16 anos.
4 Educación A Concellería de Educación para o curso escolar 2018-19 quere facer énfase en promover o civismo e a sensibilidade co medio ambiente entre a rapazada ourensá. Serán cinco actividades diferentes: “Charlas sobre alcoholismo”, “Coñécete: Educación Sexual” e “Medrando en Igualdade”, dirixidas a nenos de sexto de primaria e de ESO; “Sensibilización contra o vandalismo urbano”, para nenos de ESO e “Axudo a coidar da miña cidade”, para nenos de educación infantil
4 Pórtico do Paraíso O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo EFFE Label 2019-2020, selo de calidade europeo que se lles concede a aqueles festivais que amosan o seu compromiso no campo das artes, da participación comunitaria e da apertura internacional.
Xa hai gañadores do concurso de carteis do 8M
4 Entre eles un colexio de Ourense e un instituto do Barco de Valdeorras. Redacción A Xunta resolveu a convocatoria do concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller 8M-, e no que participou alumnado de 5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, cun total de 117 centros educativos de Galicia. O obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. Os carteis gañadores do alumando de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º ESO, foron o
Colexio Santo Ángel de Ourense, o CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña. Os carteis gañadores do alumnado pertencente a 3º e 4º ESO e bacharelato, foron o IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o Colexio Santo Ángel de Ourense e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos Os carteis gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. O concurso está financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
En Ourense gañaron o colexio Santo Ángel e no Barco o IES Lauro Olmo
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.:
616 361 548. Busco traballo na zona de Celanova de mañás (de 8 a 11). En cociña, coidado de nenos ou de persoas maiores. Con experiencia. Tel: 662 917 651.
INMOBILIARIA Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío e outro con carballos e piñeiros. Nas Barxas, un de labradío. Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.
VENDAS Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Como novo. Todo xunto, prezo negociable. Tlf: 526 747 611. Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. 350€ negociables. Tamén accesorios para cans medianos e grandes, 3 arneses de tiro, 2 comedeiros automáticos, correas e colares. En perfecto estado. 130 € (negociable) Tel: 988 232 565-636 286 434. Véndense maquinas recreativas (modelos vellos), dardos, tabaco, billares, futbolíns, etc. Tamén mandos a distancia para portas de garaxe ou de tabaco, varias frecuencias, compatible con varios sistemas. Tel: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).
VARIOS
Regalanse cañas de bambú asiático. Ideal para parras e vides. Interesados achegarse a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.
Barrios 28 de febreiro 2018