Skip to main content

Barrios 85

Page 1

Especial Entroido na provincia de Ourense [Páx. 8 e 9]

CIDADE

Páx.3 CIDADE

Os autónomos denuncian sentirse “afogados” polas institucións

Páx.4

A plataforma ProCapd reclama axilidade para a construción do novo centro

VERÍN

Páx.7

O programa “STARS”, de mobilidade sustentable, chega a Verín

VERÍN

Páx.7 DEPORTES

Santiago Cañaveral impartirá un curso de interpretación teatral

Páx.12

O hipódromo de Antela acolle o I Cros Antioquía - Campionato provincial

Sen comercio local non hai vida [Páx. 2] Desde o Periódico Barrios solidarizámonos co pequeno comercio da nosa provincia, negocios que sempre apostaron por nós.

Número: 85 - Ano: XII - 21 de febreiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 21 de febreiro 2018

TEMA DA SEMANA

Un féretro, con coroa de flores incluída, presidiu a concentración dos comerciantes locais na praza Maior ante as preto de 2.000 persoas que se reuniron./RAMSÉS.

O comercio local desángrase 4 Os pequenos establecementos pecharon na tarde do mércores para denunciar as circunstancias nas que se atopan. R.T. Comerciantes de todos os puntos da provincia de Ourense participaron na manifestación que tivo lugar na capital este mércores 20 de febreiro ás 20 horas. Unha concentración de auxilio na que se deu mostra da difícil situación que está a atravesar o comercio local. Decenas de pequenos comercios de Ourense e doutras vilas como O Carballiño, Verín, Xinzo ou Ribadavia pecharon esta tarde as súas portas convocados pola Federación Provincial de Comercio, para exemplarizar o que acontecería se rematan botando o peche. Con saída desde a Subdelegación do Goberno, as preto de 2.000 persoas que participaron percorreron a rúa do Paseo e Lamas

Carvajal ata chegar a unha praza Maior que se quedou pequena para este acto. Ás portas do Concello agardaba un coche fúnebre co seu féretro, en clara metáfora do estado actual dos locais comerciais. Desde a crise que chegou, e parece que para quedarse, en 2008, o comercio local asemella que está nunha eterna caída libre. Son moitos os negocios que, chegado un día, non levantan a persiana máis, deixando un panorama desolador en moitas rúas das vilas ourensás. Demandas Chegados á praza Maior leuse un manifesto con varias demandas. Entre as peticións dos comerciantes están a de regular as rebaixas, xa que as promocións contínuas desmotivan as compras dos clien-

O alto custo dos alugueres, taxas municipais, venda por Internet e desregularización das rebaixas, son parte das queixas do comercio local

tes e afectan aos marxes de beneficio. Outra das demandas tamén ten que ver cunha rebaixa, pero nesta ocasión a das taxas municipais nos servizos de auga a lixo. Ademais, denuncian a competencia desleal que sofren coa venda ambulante, o que lles supón un perxuízo económico. E piden un gravame do 20% ás vendas online e que este imposto repercuta no Concello desde o cal se realiza a compra. Así mesmo, o alto custo dos alugueres é outro dos condicionates para os que se atreven a montar un negocio. Unha vez lido o manifesto, os presentes berraron proclamas coma “o comercio unido, xamais será vencido”, “comercio local somos todos” ou “sen comercio, Ourense morre”. Apoios O Centro Comercial Ponte Vella estivo na manifestación apoiando as reivindicacións dos nego-

A praza Maior quedouse pequena para acoller esta manifestación cios da cidade e provincia, así como a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). A asociación Comercio Vivo Ourense tamén estivo presente, advertindo que cando “un pequeno comercio colga o cartel de peche, unha parte de Ourense vaise con el”. Para Comercio Vivo os motivos desta situación son varios, entre os que se atopan as cotas de autónomo inxustas, alugueres desorbitados e as xa mencionadas compras pola rede e rebaixas sen data fixa.

Ponte Vella, CEO e Comercio Vivo mostraron o seu apoio aos pequenos negocios

De arriba abaixo: dous locais - da rúa da Paz e na esquina da praza Maior- pechados. // A manifestación contou cun gran número de participantes./RAMSÉS.


TEMA DA SEMANA

Autónomos ourensáns congregáronse ante a Subdelegación do Goberno para reivindicar os seus dereitos./RAMSÉS.

Os autónomos séntense “afogados” polas institucións

Barrios 21 de febreiro 2018

é o dobre que á dos traballadores de Réxime Xeral. “Cósennos a impostos, traballamos para subsistir”, denuncian. Así mesmo, reclaman ante a “subida indiscriminada” da súa cuota á Seguridade Social e ante as falsas promesas dos políticos, xa que o 60% das solicitudes de paro por cese de actividade actualmente son denegadas. Por iso, fan un chamamento á solidariedade de toda a cidadanía, e lembran a vital importancia do seu papel na economía do país. “Se caemos nós, caeremos todos”, “somos o pulmón do país, non o hucha”, din. Esta foi a primeira das súas concentracións, sen dúbida, haberá máis. AUPA Autónomos Unidos Para Actuar (AUPA) naceu en

Facebook recentemente en resposta aos traballadores por conta propia que non se senten representados pola ATA. AUPA está rexistrada como unha asociación sen axudas nin gastos de persoal, na que os seus colaboradores son voluntarios que adican o seu tempo a levar adiante as reivindicacións deste colectivo. Agora veñen de crear grupos de Whatsapp para desenrolar este movemento e conseguir que se sumen todos aqueles autónomos que o desexen.

Na actualidade, o 60% das solicitudes de paro por cese de actividade son denegadas

4 Cunha concentración reclamaron maior protección ante as baixas médicas, o desemprego ou os impagos. Redacción Preto de douscentos autónomos ourensáns manifestáronse este 15 de febreiro ante a Subdelegación do Goberno na capital para denunciar que se senten “afogados, estafados e desamparados” por parte dos dirixentes políticos. Na protesta, organizada pola asociación Autónomos Unidos Para Actuar

Durante a crise un de cada catro autónomos tivo que pechar o seu negocio por impagos

(AUPA), que representa a máis de 42.000 profesionais por conta propia de toda España (200 de Ourense), este colectivo denunciou sentirse como “traballadores de segunda”, aos que únicamente as institucións vencellan coa evasión de impostos e a economía sumerxida. Baixo o lema “O despertar dos autónomos”, no manifesto lido durante este acto reclamaron leis igualitarias e o apoio das institucións ante baixas médicas e vacacións, e colocáronse unha soga ao pescozo para exemplificar a situación de asfixia á que fan fronte a diario e á que contribúen as políticas actuais.

Entre as reclamacións de AUPA atópanse cotizacións especiais e progresivas en función dos ingresos, cotización a tempo parcial ou por días traballados, desconto na cuota durante o período de lactancia e pola redución de xornada para o coidado dos fillos, axudas á contratación dun empregado polos autónomos con algunha discapacidade, e a exención do pago da cuota durante as baixas médicas. “Reivindicamos declarar as facturas por data de cobro/pago e non por data de factura, o acceso a prestacións sociais en igualdade de condicións que un asalariado, a rebaixa dos

requisitos para poder acceder á prestación por desemprego e maior flexibilidade para recuperar o IVE dos impagos”, incluía o manifesto. “Non se nos escoita nin se nos atende e sempre se deriva en igualarnos ao Réxime Xeral para ter as mesmas obrigas e dereitos. Pero nunca se fala do risco, a inversión e a incertidume ás que estamos sometidos”, engaden. Os autónomos lembran que durante a crise económica un da cada catro tivo que pechar o seu negocio por impagos ou retrasos nos pagos de facturas e sinalan que a taxa de pobreza dos autónomos en España

Cunha soga representaron a asfixia que senten./RAMSÉS.


Barrios 21 de febreiro 2018

Casa de Acollida Redacción Ourense en Común denuncia que o PP puxo en mans da Xunta a Casa de Acollida de mulleres vítimas de violencia machista. Segundo explican, en só un mes, o PP publicou un concurso de contratación, conveniou entre institucións o mantemento da casa, resolveu subvencións en favor da congregación relixiosa que presta o servizo, e declarou deserta a licitación.

CIDADE

Un río Miño máis aberto á cidade

4 Preténdese dinamizalo. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, mantivo un encontro de traballo coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como con José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia. O motivo desta reunión foi a solicitude de

cooperación para a posta en valor do río Miño no seu tramo urbano. Así, Vázquez Abad trasladoulle á titular deste departamento da Xunta, “a necesidade de poñer en marcha un proxecto que sirva para abrir Ourense cara o río desde o punto de vista deportivo e turístico”. Tanto a conselleira como o

responsable de Portos de Galicia comprometéronse a analizar esta petición para articular un proxecto, conxunto co Concello de Ourense, que permita a valorización e dinamización do tramo urbano do río Miño ao seu paso pola cidade das Burgas. Concentración de ProCapd fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ourense ./RAMSÉS.

Alcalde e conselleira reunidos.

A ProCapd pide axilidade 4 Desde a plataforma non cren que a Xunta cumpra os prazos para a construcción do centro. R. Torres A plataforma ProCapd volveuse a manifestar diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Casa de Chocolate) en Ourense. Consideran que o ente autonómico non vai cumprir os prazos que prometeron para a construccion do centro público que está proxectado no barrio de Barrocás. Son tres anos de loita -dous desde a grande manifestación no que a cidadanía os apoiou- nos que os familiares consideran que apenas se avanzou. O que pretenden é que liciten a obra na maior brevidade posible e coñecer o pliego de condicións. A intranquilidade instálase nuns familiares que dubidan que o centro esté rematado para 2020 debido á magnitude da obra. Desde a Xunta din que o proxecto vai nos prazos previstos. A empresa adxudicataria ten ata maio para entregar o proxecto, e deseguido comezará a licitación. Ourense é a única provincia galega sen un centro público de atención para persoas adultas con diversidade funcional. Concello Minutos despois da manifestación, desde

o Concello de Ourense lanzaron un comunicado de prensa. Nel, o alcalde, Jesús Vázquez, salientaba como “unha inmellorable noticia para a cidade” o feito de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia adxudicase o proxecto do deseño do edificio e da contorna do edificio que albergará o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) no día de hoxe. Os familiares, pola súa banda, queixanse que a día de hoxe “non temos nada”. “O problema é que si alongan a firma do contrato os prazos comezan a contar desde aí”, apuntaban desde a plataforma. Cren que canto máis o alonguen, máis lle convén. “Cando chegue o mes de maio -data de eleccións municipais- dirán que non deu tempo porque hai que cumprir uns prazos. Sempre é a mesma historia e xa estamos fartos”, lamentanse. Sobre a data 2020 recordan que teñen que cubrir “unhas prazas de persoal” debido a que será de “xestión pública”. Polo que consideran “imposible” que este todo listo para esa data. O que teñen claro e que insistirán “ata que non poidamos máis”, remataba.


CIDADE

Barrios 21 de febreiro 2018

A Xunta rehabilitará catro edificios no Casco Vello 4 Investirá 500.000 euros para a adquisición de máis inmobles. Representantes da CIG co cartel do 8M. /RAMSÉS.

O CIG convoca unha folga para o 8M 4 Será de 24 horas. Redación O sindicato CIG vén de anunciar as medidas a tomar durante a celebración do Día Mundial da Muller Traballadora (8 de marzo). As reivindicacións son as mesmas de sempre: sentenzas machistas, soldos máis baixos, teito de cristal, ademais de que sóen ser as mulleres as que teñen que encargarse doutras tarefas (coidado de nenos e persoas maiores). Reivindicacións que dan a impresión de que “non se avanza” apuntaban desde o sindicato. Durante a rolda de prensa defendéronse da dereita política tralas declaracións que se fan ultimamente desde VOX e o Partido Popular; “queren que nos quedemos na casa”, criticaban.

EDAR de Reza Redacción Transformar augas residuais en materia prima é o que fará a biofactoría de Reza. Un proxecto pioneiro para Ourense que pretende aproveitar a economía circular reutilizando

A primeira medida é a de convocar unha folga xeral de mulleres de 24 horas. As mulleres que traballen en quendas darán comezo a folga ao comezo do seu turno puidéndose adiantar ou retrasar o paro segundo comece a súa quenda. Concentración Outra das medidas que tomarán será a de concentrarse ás 11.30 horas á altura da Mutua Universal (Progreso, 6). O motivo é que esta Mutua da a baixa laboral por un embarazo de risco ás 30 semanas e non ás 22 que é o habitual. Ademais participarán na manifestación que terá lugar en Ourense pola tarde e a que se realizará a nivel galego en Lugo. os residuos -é capaz de tratar 72.000 m3 de augas residuais ao día-, o que lle permite actuar sobre unha poboación superior aos 350.000 habitantes. O proxecto ten un custe de 1,8 millóns de euros e contará con 11 postos de traballo cualificados.

Visita de autoridades ao EDAR de Reza./I. OSORIO.

R.T. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou o Casco Vello da cidade -xunto á delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez-. O motivo foi o de achegarse á zona onde a Xunta de Galicia adquiriu catro edificios (situados na praza Manuel Sueiro e en Cervantes, Liberdade e Pelayo) para a súa rehabilitación dentro do Plan Rexurbe. As obras para a creación de 12 vivendas neses catro edificios están a piques de comezar (a falta de pechar cuestións administrativas).

Nova partida A conselleira avanzou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo lanzará este ano unha nova convocatoria para adquirir máis inmobles na zona histórica. Buscan novos edificios

na contorna dos xa adquiridos para recuperar a zona “dun xeito ordenado e equilibrado”. Vázquez Mejuto indicou que haberá outros 500.000 euros para a adquisición destes novos inmobles.

EN BREVE 4 RPT

A mesa de negociación da Relación de Postos de Traballo de Ourense reúnese este 21 de febreiro, para analizar as alegacións de xeito máis profundo e por bloques, con exposicións da Administración e dos sindicatos. OUeC aclaraba, pola súa banda, que aprobar a RPT antes de maio, como ten previsto o Goberno Local, é praticamente imposible, xa que “non se pode aprobar antes de que o TSXG se pronuncie”, despois de admitir a trámite o recurso contencioso-administrativo iniciado por esta formación.

4 ICC Week

Ángeles Vázquez visitou a zona onde a Xunta mercou edificios para construir vivendas./RAMSÉS.

Adriana Domínguez, Purificación García e Ágatha Ruiz de la Prada serán as protagonistas da nova vertente creativa que estrena a ICC Week. E farano cun acto, con entrada de balde, o 2 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel.


Barrios 21 de febreiro 2018

EN BREVE 4 Aparcadoiros Democracia Ourensana levará ao vindeiro pleno unha moción pedindo que se habiliten as prazas do Auditorio Municipal para o seu uso como aparcamento de pago. Ademais proporán o estudio e elaboración dun proxecto para o establecemento de aparcadoiros disuasorios nos puntos de entrada ou extratéxicos da cidade.

4 Rede Eusumo

Ourense en Común apela ao Concello a concorrer ás axudas da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social. OUeC denuncia que máis de vinte días antes de finalizar o prazo para solicitar as axudas -finaliza o 7 de marzo-, “Pumar -o concelleiro responsable desta áreaxa desbota presentar ao concello á subvención”.

4 CEO

A Confederación Empresarial de Ourense integrarase na Alianza Empresarial do Noroeste, xunto con organizacións análogas de Galicia, Asturias e Castela e León. Nace para a defensa común dos intereses empresariais e sociais do territorio que abarcan os seus integrantes. Tamén se aprobou a proposta de novos estatutos da Confederación de Empresarios de Galicia. A próxima Asemblea Xeral Ordinaria será o próximo 9 de maio, sendo a Asemblea Electoral o 6 de xuño.

4 Sanidade

Máis de 650 escolares de cinco centros educativos e 20 familias da cidade participan, este curso 2018-19, nos programas de promoción da saúde e prevención de condutas adictivas que desenvolve a Concellería de Sanidade: o programa Vixía e a Escola de Nais e Pais, respectivamente. A inscrición, de balde, segue aberta. Toda a información, na rúa Vasco da Ponte nº 1 ou no teléfono 988 510 622.

CIDADE

Europa concede máis fondos contra a despoboación 4 Alomenos un 5% dos recursos Feder será para o desenrolo de áreas non urbanas. Redacción A UE destinará máis fondos contra o despoboamento e recoñece á provincia como destinatario das axudas europeas. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, defendeu este aspecto en calidade de presidente da rede europea de gobernos provinciais, Partenalia. Para Baltar, que se recoñeza por primeira vez á provincia como destinatario destas axudas e non só a rexións ou comunidades autónomas “significará un decisivo e fundamental bene-

ficio para Ourense”, quen cualifica de “histórico” o acordo. O Parlamento Europeo aprobou o novo Regula-

mento dos Fondos de Cohesión 2021-2027, que recolle que, polo menos, o 5% dos recursos do Feder destinaranse ao desenvolvemento territorial en áreas non urbanas. Calcúlase que as zonas despoboadas con declive demográfico recibirán uns 13.000 millóns de euros. Estas demandas foron trasladadas ao vicepresidente do Parlamento europeo, Ramón Luís Valcárcel, na reunión que mantiveron o 12 de xullo de 2018 na capital comunitaria.

Baltar e Valcárcel na reunión do ano pasado.

“Latexando” instala o seu primeiro desfibrilador 4 Ubicado no supermercado da estación de servizo Pérez Rumbao de Progreso. Redacción Esta semana colocouse o primeiro desfibrilador externo semiautomático, no marco da iniciativa de responsabilidade social colectiva “Latexando”. O primeiro destes desfibriladores foi colocado na estación de servizo Pérez Rumbao da rúa Progreso, 97. Formación Ademais, o pasado 16 de xaneiro, na aula de formación de Cualtis/Mugatra, tivo lugar a primeira xornada formativa realizada no marco desta iniciativa, pola cal se impartiu aos traballadores de Estacións de Servizo Pérez Rumbao o curso que habilita para o

manexo deste aparello por persoal non sanitario. A campaña deseñouse de forma que os custos necesarios, tanto para conseguir os desfibriladores como para impartir a formación necesaria para o seu uso, sexan sufragados mediante a participación colectiva a través da venda de pulseiras nos comercios de Ourense. Actualmente, hai en circulación preto de 5.000 pulseiras, e existen vinte e tres puntos de venda por toda a cidade nos que os potenciais usuarios dos desfibriladores, é dicir, os ourensáns, poden pór en valor o seu compromiso coa súa propia saúde e a dos que lle rodean, comprando unha “pulseira latexando” a cambio dunha achega de 3 euros.

Información Para máis información, pódese visitar a páxina web www.latexando. com, ou enviar un correo a hola@latexando.com.

Reunión do alcalde con membros de ACCOU.

Baños públicos adaptados Ourense adaptará os baños públicos para persoas ostomizadas coa colocación de cabinas nos baños de homes e mulleres do auditorio e do pavillón dos Remedios. As instalacións responden á proposta presentada pola Asociación de enfermos e enfermas de Crohn e Colitis Ulcerosa (ACCOU). Desde a Asociación de Enfermos e Enfermas de Crohn e Colitis Ulcerosa (ACCU) sinalase que en Ourense existen máis de 800 persoas que precisan deste servizo.

Momento da homenaxe a Paco.

Homenaxe a Paco na AVV Castro de Beiro O centro social da AVV Castro de Beiro acolleu á homenaxe que se lle fixo ao que fora presidente da mesma -e vogal da Agrupación Miño- e coñecido por todos coma Paco. Durante o acto descubriuse unha placa e entregóuselle unhas flores á súa viuva. No acto acompañaron a familia, veciños de Castro de Beiro, o Concelleiro de Participación Cidadá, representantes de BNG e PSOE, membros da directiva da Agrupación Miño e representantes doutras asociacións veciñais de Ourense.

Pablo Casado, segundo pola dereita, en Ourense.

Visita á cidade de Pablo Casado

O desfibrilador colocado á vista e de fácil acceso para quen o precise.

O presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, visitou a pasada semana Ourense para reunirse con militantes e simpatizantes do partido. Durante a súa estadía, Casado estivo acompañado polo presidente do partido na provincia, Manuel Baltar, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Casado, primeiro, visitou Aixiña para saudar a usuarios e traballadores para despois compartir un xantar con afiliados e simpatizantes. O presidente popular non fixo declaracións pero calificou ao PP de Ourense coma referente.


VERÍN E COMARCA

Verín forma en atención sociosanitaria

de que todo iso redunde nunha mobilidade segura e sustentable facendo unha contorna máis amable e accesible para todos os usuarios.

4 No curso participan 15 alumnos. Redacción Un total de 15 alumnos participan no “Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” que se está a impartir na Casa da Xuventude de Verín. Os alumnos que o completen conseguirán o certificado de profesionalidade nivel 1 (titulación mínima necesaria para traballar en institucións xerontolóxicas a partir de 2020), que os capacitará para atender de maneira óptima a persoas dependentes no ámbito sociosanitario,

aplicando estratexias e procedementos profesionais destinados a manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna. A Consellería de Economía, concedeu unha subvención ao Concello de Verín para a organización deste curso, que foi solicitado por terceiro ano consecutivo. Esta formación componse dunha parte teórica e dunha parte práctica (ao final do curso). A súa duración é de 468 horas, que van do 7 de febreiro ao 1 de xullo do 2019.

Participantes do curso de atención sociosanitaria.

Aberta a inscrición para carrozas e comparsas Redacción O Concello de Verín abríu o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar nos desfiles do Entroido deste ano. A data tope para anotarse e o venres 1 de marzo ás 14 horas. A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización e será concretada na reunión organizativa do desfile que terá lugar o mércores 27, ás 20 horas,

na Casa da Cultura. Os interesados en inscribirse poden facelo na Oficina de Información Turística de Verín; en horario de mañá de 10 a 14 horas, e de tarde de 16:30 a 20. Os desfiles terán lugar en Verín o domingo 3 de marzo ás 12 e o martes día 5 ás 16:30 horas. A comparsa ou carroza que participe no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a organización poida colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

Barrios 21 de febreiro 2018

Firma da adhesión de Verín a “STARS”.

O programa “STARS” chega a Verín 4 É un proxecto europeo de mobilidade sustentable. Redacción O Concello de Verín vén de adherirse ao proxecto educativo STARS (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sustentables para Colexios), de orixe europea e coordinado pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), destinado ao fomento da mobilidade activa e sustentable entre a comunidade educativa do municipio. A sinatura da carta de

colaboración do proxecto tivo lugar entre a Concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección civil de Verín, Cándida Couñago, e o xefe provincial da Xefatura de Tráfico de Ourense, David Llorente, co que se formalizou o compromiso entre ambas as partes de promover e desenvolver aquelas accións ligadas ao Proxecto STARS e a súa metodoloxía, adaptándoa aos recursos e medios existentes no municipio co fin

Obxectivos Entre os seus principais obxectivos, o programa STARS busca: aumentar o número de nenos e adolescentes que realizan desprazamentos activos (a pé ou en bicicleta) aos seus correspondentes centros educativos; fomentar a autonomía da infancia na cidade, promover o compromiso dos mozos co espazo público e os estilos de vida saudables e coidar o medio ambiente, mellorar a saúde e o benestar dos mozos a través do exercicio, optimizar a seguridade viaria cara a e desde os centros educativos e proporcionar a pais e alumnos información sobre os diferentes modos de desprazamento escolar.

O programa busca aumentar os desprazamentos activos entre os máis novos

Curso de interpretación teatral Redacción O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila de marzo a xuño. A actividade terá unha periodicidade semanal, cunha división en dous grupos, mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, con orientación ao superamento de bloqueos emocionais. A finalidade do curso, ademais da profesionalización actoral, é o recoñecemento e eliminación da autocensura, provocada polos condicionantes sociais. A inspiración parte das ensinanzas dos principais mestres da interpretación do século XX. A perspectiva didáctica estará enfocada ao teatro pobre, centrado na formación total do actor, física e psicoloxicamente. Un dos apartados da programación oriéntase á representación de escenas a finais do mes de xuño, momento no que se amosará a creatividade e a coraxe dos alumnos. As persoas de 12 a 18 anos estarán no grupo de mozos. Os maiores de 18, no de adultos. O contido será o mesmo, mais tendo en conta as diferenzas xeracionais. As persoas interesadas en inscribirse neste curso, que terá un custo de 80 euros, poden facelo no primeiro andar do Concello de Verín (Oficina de Cultura).

Asistentes ao Curso de Cata impartido no Museo do Claustro Mercedario.

Un curso da UNED repasa a historia do viño O Museo do Claustro Mercedario acolleu un novo Curso de Cata da UNED, impartido por Luís e Javier Padín, e por José Manuel Ferreira, enólogo da adega Prada a Tope, centrado na historia e nas posibilidades da maceración carbónica. 30 persoas asistiron a esta nova sesión, algunhas delas procedentes de Ourense e Pontevedra.

O curso impartirase de marzo a xuño.


Barrios 21 de febreiro 2018

ENTROIDO especial

Os Cigarróns invadindo as rúas de Verín no Domingo de Corredoiro.

As vilas de Verín e Laza, preparadas para o Entroido 4 Cigarróns e peliqueiros tomarán as rúas de dous vértices do triángulo máxico. Redacción Tanto Verín coma Laza -dúas das tres vilas do denominado triángulo máxico do Entroido- están preparando os seus cigarróns e peliqueiros, respectivamente, para dar comezo a un Entroido 2019 que volverá congregar a milleiros de persoas polas suas rúas. Na capital do Támega a festa comezará o Xoves de Compadres, o 21 de febreiro. O domingo, 24 de febreiro, a partir das 11:30 horas, haberá concentración de Cigarróns na praza do Concello, que recibirán aos fregueses; e ás 13:30 terá lugar o pregón na praza Maior. Un dos días grandes será o Xoves de Comadres (28 de febreiro). Pola mañá (11.45 h) os máis cativos terán o seu desfile (comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá para rematar na praza Maior) e pola noite mandarán, como é tradición, as mulleres, con procesión incluída. O Venres de Compadreo será o 1 de marzo. E seguirán cinco días de troula sen parar. O sábado, o máis

destacado será o “Bautizo do Cigarrón” ás 17 horas; o domingo -día grande- a partir das 12, cigarróns, comparsas e carrozas percorrerán o centro da vila no gran desfile matinal. O luns, ás 16:30 horas, haberá festa infantil con obradoiros, xogos e karaoke no pavillón municipal de deportes. O martes, o derradeiro desfile dará comezo ás 16.30 horas. E como epílogo das festas, o Domingo de Piñata, 10 de marzo, pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles onde se entregarán os premios “Pescadilla”, “Cigarrón de Honra” e “Fidelidade”. Tenda oficial O Concello de Verín abriu ao público a súa tenda oficial do Entroido

O pregón do Entroido de Verín será o domingo 24 de febreiro ás 13.30 horas na praza Maior

situada na praza García Barbón. Os cartos obtidos neste establecemento teñen como obxectivo financiar devanditos festexos. A tenda abrirá en ho-

rario de 12 a 14 e de 17 a 21 horas, e nela veciños e visitantes poderán adquirir suadeiros a 16 euros, camisetas a 8, panos a 3, bragas a 4., cuncas a 6. e chapas e pins a un euro; todos eles,

co emblema identificativo do Entroido de Verín 2019. Laza O Entroido máis enxebre, o de Laza, dará comezo o 28 de febreiro co

Xoves de Comadres. Pola mañá, os nenos do CEIP O Castiñeiro farán un folión e xa pola noite verbena para o máis maiores. De seguido, o venres día 1 de marzo pola noite terá


especial ENTROIDO

lugar o gran folión do Entroido. O prato forte do sábado 2 de marzo será a Cabritada, xa consolidada nestas datas, e a fariñada na praza da Picota. O domingo día 3 por fin poderemos ver aos peliqueiros desfilar polas rúas da vila e pola tarde acompañarán o desfile. E chegamos ao día forte, o Luns Borralleiro, que comezará coa farrapada xa de mañás e, pola tarde, a baixada da Morena e as formigas farán a súa aparición e suporá o éxtase para todos os alí presentes. Pechando xa o Entroido de Laza, o martes 5 de marzo, os peliqueiros sairán pola mañá cedo. Pola tarde, un novo desfile precederá á lectura do testamento do burro e o loito dos peliqueiros porá fin a tantos días de troula. Xinzo de Limia O triangulo máxico complétase con Xinzo de Limia. Depois do Fareleiro e Oleiro, Xinzo celebra esta fin de semana o Domingo Corredoiro. Antes, o sábado 23 de febreiro celebra a Noite de Corredoiro e xa o 24 sairán á rúa as Pantallas por primeira vez. Finalmente, a capital da Limia meterase de cheo no Entroido o venres, 1 de marzo, ás 11.30 horas co desfile infantil dos máis cativos. E o martes, día 5, a partir das 17.30 horas, será o tradicional desfile de disfra-

ces e comparsas polas rúas da vila. Este ano, a vila contará coa campaña “Quítalle a máscara ao machismo”, para facer fronte ao acoso á violencia contra as mulleres. Habilitaranse varios puntos para atender calquera incidencia que se presente deste tipo. Maceda Os Felos de Maceda non faltarán á cita. O sábado 23 de febreiro celébrase o Sábado de Desmadre, a partir das 20 horas na praza das Toldas da vila. O día 1 de marzo será o Venres de Comadres, tamén nas Toldas ás 20 horas. Os días 2 e 3, os Felos farán un percorrido durante toda a xornada polos pobos, con saída e chegada en Maceda. O día 3 realizarase a Baixada da Marela (ás 20:30 horas desde o parque do Toural). O 4 de marzo, o pavillón municipal acolle unha festa infantil a partir das cinco da tarde (con inchables, o Mago Deimi e un desfile). O martes 5, ás 17:30 horas será a quenda do desfile dos Felos, comparsas e carrozas (con máis de 1.000 euros en premios) desde a

O día 4 de marzo, Luns Borralleiro, terá lugar a baixada da Morena e as formigas en Laza

praza das Canteiras. E o día 6 rematarán os actos co enterro do Entroido. Ourense Na capital da provincia o pregón correra a cargo do humorista Xosé Antonio Touriñán, o xoves de comadres 28 de febreiro, dando o pistoletazo a unha semana de festa. Tralo pregón haberá orquestra na praza Maior. O sábado ás 17.30 horas haberá entroido infantil na praza das Mercedes e pola noite orquestra na praza Maior. O desfile terá lugar o domingo 3 de marzo a partir das 5 da tarde. Ao seu remate entregarase o premio das carrozas e comparsas e elexirase ao rei ou raiña do Entroido deste ano, será sobre as 19.30 h. O luns, ao igual que o sábado, haberá festa infantil nas Mercedes e orquestra pola noite na praza Maior. E o mércores, 6 de marzo, Ourense despídese co Enterro da Sardiña (ás 20 horas). Ademais, non se pode esquecer o entroido das Eiroás, coa voda da Pita o martes 5, ás 13 horas; o de Seixalvo, co seu desfile o martes 5 ás 17 horas; e o de Frei Canedo, coa súa procesión o lúns 4 de marzo. Hai que “vivilo intensamente”, dicía o alcalde de Ourense na presentación do programa de actividades que o Concello organiza para eses días, e nas que as charangas serán protagonistas.

Imaxe de anos anteriores do Luns Borralleiro, o día forte no Entroido de Laza.

Outros entroidos En Bande o máis destacado será a saída dos Troteiros, o sábado 23 de febreiro, o domingo 3 e o martes 5 de marzo. O desfile está previsto para a tarde do domingo día 3. Celanova, pola súa banda, centra todo o seu Entroido no Sábado de Piñata, 9 de marzo, cun popular desfile que congrega a un gran número de comparsas de toda a provincia. En Allariz, o día 4 terá lugar no pavillón do IES unha festa infantil, ás 17.30 horas, e unha cachuchada, na Barreira, as 21.30. O martes 5, a partir das 17.30, será o desfile de comparsas, con baile ao remate. E o mércores 6 ás 20 horas, a praza Maior acollerá o pranto do Entroido coa queima do meco no campo dos Brancos.

Barrios 21 de febreiro 2018

Trala antesala do Domingo Fareleiro e o posterior Oleiro, chega o Domingo Corredoiro a Xinzo. /R.T.


10

Barrios 21 de febreiro 2018

VERÍN E COMARCA

Datas de admisión nos estudos de Bacharelato no IES García Barbón Lembramos que do día 1 ao 20 de marzo está aberto o proceso de admisión nos estudos de Bacharelato no IES García Barbón. O horario de atención ao público é de 9 a 14 horas. As datas de realización da matrícula no prazo ordinario é do 25 de xuño ao 10 de xullo. No caso do prazo extraordinario é do 1 ao 10 de setembro. Para calquera pregunta ou consulta que quixeran facer poden chamar ao teléfono 988 685085. Para saber máis sobre o procedemento de admisión ou para xestionalo por internet hai que visitar a páxina: https://www. edu.xunta.es/admisionalumnado. Premio de Blogs do IES García Barbón 2019 Coa pretensión de potenciar o uso educativo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación entre todos os estudantes, convocamos o Premio de Blogs Escolares 2019. Poden participar to-

dos os alumnos e alumnas matriculados no IES García Barbón. O blog será individual -non se admiten blogs colectivos- e redactado preferentemente en lingua galega – pode ter entradas noutras linguas impartidas no centro- e creado en 2018 ou 2019. Para poder participar hai que enviar un correo electrónico a: blogsgarciabarbon@gmail.com No correo que se envía teñen que aparecer os datos que se detallan: nome e apelidos, curso e grupo, nome do blog, Url do blog e breve comentario sobre o blog. Haberá tres

servizo de axuda a domicilio do concello. Estiveron enfocados a traballar e sensibilizar sobre os estereo-

Redacción 263 persoas participaron nos obradoiros “Cambios na fala, cambios na mente” organizados polo Concello de Verín. Déronse nos Institutos de Educación Secundaria da vila, así coma no medio rural, chegando incluso as auxiliares do

4 Pactan fórmulas para facilitar o acceso á financiación. Redacción

premios que está previsto entregar a finais do mes de xuño de 2019.Poderá haber premios especiais. Recursos de orientación académica Recomendamos unha páxina de axuda na toma de decisións de futuro –con divertidos xogosque podes consultar en: https://www.mywaypass. com Para saber máis sobre esta ferramenta útil e gratuita podemos consultar: https://bit.ly/2GukHlt Outra aportación é Wikigrado -https://wikigrado.com/-. É unha aplicación móbil sen coste que che permite consultar información en vídeo sobre 58 titulacións universitarias.

O IES García Barbón convoca o Premio de Blogs Escolares 2019 “Cambios na fala, cambios na mente”

A DO Monterrei e Abanca renovan colaboración

Alumnos dos obradoiros.

tipos respecto ás persoas maiores; enfocados hacia persoas que traballan con maiores.

A presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva, e a directora de zona de Abanca en Ourense Sur, María José López, rubricaron un novo convenio para facilitar o acceso ao financiamento. O convenio ofrece un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciais unha vez finalizada a vendimia. Así, os productores

poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización am-

plos e intereses baixos. A oferta tamén se completa con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, avales e anticipos de subvencións ou impostos. Ademais, a entidade poñerá a súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

Da Silva e López asinando o convenio.


VERÍN E COMARCA

Barrios 21 de febreiro 2018

A OMIC atendeu 700 casos en 2018

EN BREVE

4 As telecomunicacións centraron a maioría.

Os presidentes galego e provincial do Partido Popular, Alberto Núñez e Manuel Baltar, visitaron a pasada semana as comarcas de Monterrei e A Limia para apoiar coa súa presenza aos candidatos populares de Vilardevós, Manuel Cardoso; de Verín, Juan Manuel Jiménez; e de Trasmiras, Emilio Pazos.

Redacción

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitando o obradoiro “Támega V” no Concello de Monterrei. /M. REJO.

O “Támega V” forma a vinte desempregados 4 O obradoiro ofrece coñecementos en albanelería e xardinería. Redacción O obradoiro dual “Támega V” está a formar a 20 desempregados aos que ofrece coñecementos de albanelería e xardinería. Este obradoiro desenvólvese a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o comparten os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e Laza. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta iniciativa de emprego na que os participantes contan cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses para especializarse en prácticas de albanelería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Para o seu desenvolvemento, o Goberno galego achega 288.807 euros. A principal novidade deste obradoiro permite

Exposición sobre desenvolvemento sostible Redacción Máis de 300 escolares visitaron a exposición Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e 15 Visións: unha perspectiva de

que parte dos seus participantes conten, unha vez finalizado o período inicial de nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada na zona, e cunha actividade vinculada ás materias nas que se están formando. Obras de prestación Nestes programas realízanse obras ou prestación de servizos de interese xeral. Durante os nove meses realizarán traballos de limpeza e axardinamento de áreas recreativas e parques, acondicionamentos de fontes e edificacións municipais e creación de parques infantís. Está pre-

visto que acondicionen a a escola da Retorta, no Concello de Laza, para convertelo en Albergue; en Vilardevós proxéctase o acondicionamento da primeira planta da antiga Cámara Agraria; no municipio de Castrelo do Val axardinarase a área recreativa As Parras e o Terrón; en Cualedro crearanse parques infantís en Carzoa e Atas, ademais de acondicionar para local social un alpendre en Lucenza; en Monterrei reconstruirase o muro perimetral na capela de San Sebastián; e, por último, en Oímbra actuarase nas áreas recreativas do Rabal e San Ciprián.

Realizarán traballos de limpeza e axardinamento de áreas recreativas e parques, acondicionamentos de fontes e edificacións municipais e creación de parques infantís diferentes realidades desde o punto de vista da arte. Coa pretensión de concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir respecto de 17 obxectivos do desenvolvemento sostible, o alumnado de cada un dos grupos participantes pactaron unha acción que realizarán para lograr un destes 17propó-

sitos. Educadoras sociais do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e da Cruz Vermella e persoal do Concello de Verín realizaron actividades con cada un dos 15 grupos participantes coa finalidade de transmitirlles contidos complementarios ás exposicións.

11

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Verín pecha 2018 cun total de 707 atencións (consultas, mediacións e reclamacións) realizadas. O sector con máis demandas segue sendo o das telecomunicacións (telefonía e internet) con 172 reclamacións, 45 mediacións (solucionadas vía teléfono) e 61 consultas. Problemas coa contratación de liñas fixas e móbiles, desacordos coa facturación, incumprimento de ofertas, son algunha das causas polas que se realizaron as chamadas.

A OMIC foi moi demandada polos veciños. As reclamacións que ocupan o segundo lugar son as do sector comercio (garantías de produtos, cambios e devolucións e compras en portais web pouco seguros); e en terceiro lugar está o sector eléctrico (cortes de luz, danos por incidentes eléctricos, Bono Social).

4 Eleccións municipais

4 Exposición “Entroido é todo” A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Entroido é todo” de Aurora López. Máis dunha vintena de obras en diversos soportes (tea, lenzo, papel…) e técnicas. Estará aberta ata o 8 de marzo, de luns a venres de 16.30 a 20 horas.


12

Barrios 21 de febreiro 2018

Xornada dispar Redacción Esta xornada de fútbol en Terceira pódese resumir como X-2. O Barco e o Ourense C.F. empataron no clásico derbi provincial. Adiantáronse os locais na primeira metade pero ao comezo da segunda Lamelas acadou o empate para os capitalinos. Así, os do Barco, quintos, xa teñen unha brecha de catro puntos cos postos de promoción e os do Ourense C.F. seguen na metade da táboa, iso si, un pouco máis lonxe dos postos de descenso. Os da U.D. Ourense tamén empataron na casa a ceros co Céltiga, penúltimo. Sorprendente resultado dos unionistas que os sitúa cuartos. Unha mágoa, pois agora ten o primeiro posto a seis puntos. A mala nova da xornada foi a derrota do Arenteiro. Perdeu na casa 0 a 1 fronte co Villalbés, un rival directo na loita por alonxarse dos postos baixos. Trala derrota vai 14º con 26 puntos, un punto por riba do descenso. Próxima xornada Este 22 de febreiro, o Ourense C.F. xogará na casa fronte ao Boiro. Os demais xogan fóra. O Barco contra o Polvorín, A U.D. Ourense co Alondras e o Arenteiro fronte ao Ribadumia.

DEPORTES

O mal xogo condena ao COB ante o TAU Castelló 4 A pesar da derrota segue en postos de playoff. Redacción Derrota sen paliativos para o Río Ourense Termal. Tras unha racha de vitorias, tres, e nadar na

parte alta da táboa, o equipo recibiu un baño de realidade. Parecía un partido cómodo, rival na parte alta (COB) recibe a rival da

Zamora volveu a liderar ao equipo. /C. DOMARCO.

Fútbol Sala Redacción Complícanse as opcións de ascenso para o Cidade das Burgas trala derrota por 4-3 na casa do Fisgón. Terceiras con 38 puntos, están a catro do segundo, o Valdetires Ferrol. Pola contra, a filial do Envialia gañou cómodamente ao Muslera “A” por 5 a 0 na

central dos Remedios. Con esta vitoria colócase 6º con 33 puntos. En canto aos mozos do Sala Ourense, perderon na casa do Xove por 4-1. Van 7º con 24 puntos. Vanessa Sotelo Non houbo xornada na primeira división feminina polo Europeo que se celebrou en Portugal. A ex do Cidade das Burgas, En-

parte baixa (Tau), pero estes son os partidos coñecidos como “trampa”. Así o recoñecería Gonzalo de Vitoria ao remate do encontro, aproveitando para darlle un toque ao equipo. Aínda así, chegou ao final da primeira metade con opcións pese a desenrolar un xogo moi frouxo, sobre todo en defensa. No terceiro cuarto, o COB perdeu o partido. Unha pésima defensa sumada a malas decisións en ataque fixeron que os castellonenses acadaran 16 puntos de diferenza. No último cuarto, empuxado pola afección do Pazo, chegou a empatar pero fallos nos derradeiros minutos non obraron o milagre da remontada. O 72-82 fixo xustiza ao vivido na cancha. Esta derrota non pode crear alarma nun equipo que vive por enriba das súas posibilidades. Neste momento o COB aínda está en playoff, pois marcha no 7º posto con 13 vitorias, a unha do 3º posto, pero tamén a unha derrota do 10º. vialia e actual xogadora do Alcorcón, a ourensá Vanessa Sotelo, ademais de proclamarse campioa coa selección española, de marcar na final, de ser máxima goleadora da competición, foi elixida mellor xogadora do torneo. Algo merecido para ela, por suposto, pero tamén para a nosa cidade, canteira de grandes xogadoras deste deporte.

O hipódromo de Antela acolle o provincial de cros 4 Celébrase este domingo, 24 de febreiro. Redacción O hipódromo de Antela acollerá este domingo, día 24, a primeira proba atlética do “Cros de Antioquía”, que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e será Campionato Provincial de Campo a Través absoluto, individual e por equipos.

O I Cros de Antioquía, organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva, contará con preto de 200 participantes con carreiras cuxos percorridos varían por categoría e van desde os 1.000 aos 6.000 metros. Os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata este xoves, día 21, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

Presentación do I Cros de Antioquía. /C.DOMARCO.

Éxito en ximnasia Redacción Na Copa de España, as integrantes do Club Burgas Xela Cid e Jimena Gómez, en parellas alevín, lograron o subcampioanato. Pola súa banda, Olivia Pampín, Laura Tejada e Candela Louzao, en tríos alevín, foron ter-

ceiras. E Naia Ramos e Sofía Fernández foron cuartas en parella alevín, o mesmo que o trío sénior. Así mesmo, polo Club Burgas, na Copa Galicia Internacional, o trío sénior de Inés Dacal, Iria Denascimento e Sara Pazos logrou a 3ª posición no exercicio dinámico. Ademais, acadouse un 5º posto en exercicio de equilibrio e o 4º na xeneral de tríos.


DEPORTES

Francisco Conde, conselleiro, e Lete Lasa, secretario xeral, en Expourense. /M.R.

Pantalla xigante e máis bancadas para a pista 4Foron as últimas obras realizadas na pista cuberta de Expourense. R.T. A pista cuberta de Ourense, sita no recinto feiral de Expourense, loce con máis bancadas e unha pantalla xigante, requisitos para poder albergar com-

peticións de certo nivel tanto nacionais como internacionais. Porén, estas actuacións farán posible convertelo recinto nunha instalación multifuncional co fin de compatibilizar a actividade feiral coa

deportiva. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, comprobaron o resultado final das devanditas ac-

Barrios 21 de febreiro 2018

Grazas a estas melloras poderá albergar competicións de certo nivel, tanto nacionais como internacionais

cipal característica desta infraestrutura que posibilita que a pista, desde a súa inauguración, acollera “importantes campionatos autonómicos e nacionais así como outras actividades expositivas e feirais de primeiro nivel”.

tuacións. Segundo engadiu o conselleiro, trátase “dun proxecto moi importante para a cidade que está permitindo que Ourense teña unha marca vinculada ao deporte, ao termalismo, á gastronomía e á actividade feiral”. “Ourense ten unha das mellores pistas de atletismo cubertas que hai a nivel nacional e internacional, un patrimonio que hai que poñer en valor para ofrecer aos deportistas e para que se converta nun polo de atracción desde o punto de vista económico e que sirva para vertebrar á provincia”, rematou. Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a compatibilidade de usos como a prin-

Máis bancadas Unha das intervencións levadas a cabo foi a de aumentar a capacidade da pista de atletismo hidráulica ata as 1.500 persoas, requisito para acoller competicións de maior prestixio. Outra foi a colocación dunha pantalla xigante -xa utilizada no Salón Gastronómico Xantar- e que servirá para seguir as competicións a través dela.

O Campionato de España máster, do 8 ao 10 de marzo, pode reunir a 4.000 persoas

13

Nos dous últimos anos a Xunta leva investido máis de 4,3 millóns no recinto. Vindeiros campionatos Expourense recibiu en 2018 máis de 113.000 visitas, un 27,7% máis que o ano anterior. Este ano esa cifra pódese quedar pequena se seguen medrando en calidade e cantidade os eventos deportivos. A pista volve estar en funcionamento para acoller cinco campionatos nas vindeiras semanas: o 62º Campionato de Galicia sub18 e sub20, este sábado 23 de febreiro; o 12º Campionato de Galicia sub10, sub12 e sub14, o 24 de febreiro; o 32º Campionato de Galicia sub16, o 2 de marzo; o Campionato de Galicia máster, o domingo 3 de marzo; e o prato forte deste final de tempada no que a pista cuberta se refire, o 30º Campionato de España máster, do 8 ao 10 de marzo. Este evento pode chegar a reunir durante os tres días de competición a unhas 4.000 persoas, entre atletas e acompañantes.


14

Barrios 21 de febreiro 2018

AXENDA / OCIO E CULTURA

Volve o ioga termal ás Burgas

4AXENDA Exposicións - Do 21 de febreiro ata o 21 de abril - Exposición pictórica de Alexandro “Lume” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 28 de febreiro ata o 31 de marzo - Exposición de Antonio Quesada “Rarezas”- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 21 de febreiro - Teatro “Cinco minutos sen respirar” - 20.30 h- Auditorio Municipal - 23 de febreiro - Teatro “O empapelado amarelo” - 20.30 h- Auditorio Municipal - 24 de febreiro - Danza “Gaia” - 12 h. - Auditorio Municipal Música - 25 de febreiro - Jam Session Rock - 22 h- Café Cultural Auriense Deportes - Do 22 ao 24 de febreiro - Campionato de Galicia de inverno de natación infantil - júnior 2019 - 9.30 h. - Pavillón dos Remedios - 23 de febreiro - LXII Campionato de Galicia Sub18 e Sub20 en pista cuberta - Pista de atletismo de Expourense - 24 de febreiro Ourense CF - CD Boiro - h. - O Couto - 2 de marzo - COB - Peñas Huesca - 19 h. Paco Paz Outros -22 de febreiro - Conferencia de Modesto Corderí “O aninovo chinés: cultura e costumes” - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 26 de febreiro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense -26 de febreiro - Conferencia de Víctor Javier Pérez Baltar “A Lagoa de Antela. Unha historia en común: A Lagoa de Antela e a Limia Alta” - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel -27 de febreiro - Ciclo de cine e vida “O insulto” - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com

4 Presentouse tamén a programación do botánico. Redacción Miguel Boo, primeiro pola esquerda, na presentación da biografía de Suso Vaamonde, xunto a Valentín García, Jesús Vázquez e Miguel Santalices, entre outros. /M. REJO.

A biografía do músico Suso Vaamonde, presentada en Ourense 4 O seu autor é Miguel Boo. Redacción A biografía de Suso Vaamonde foi presentada no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, baixo o título “Suso Vaamonde, luz de trebón”, libro escrito por Miguel Boo. O escritor -músico e periodista- ensalza a figura deste músico vigués que popularizou a música galega musicalizando a

poetas galegos. O volume fala sobre a vida do músico creador da Roda e integrante de Voces ceibes. Vaamonde tivo unha estreita relación con Ourense ao ser aquí onde coñeceu á súa primeira muller. Durante a presentación houbo tempo para a música a cargo do propio Boo. No acto acompañaron ao autor personalidades coma o vicepresidente da Deputación de Ourense,

Rosendo Fernández; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O presidente do Parlamento e o escritor, Xosé Carlos Caneiro, foron os encargados, xunto ao autor, de dirixir unhas palabras durante o acto ao público presente.

A piscina das Burgas volve acoller o “Ioga termal nas Burgas”. A primeira convocatoria tivo lugar o pasado 16 de febreiro e prolongarase ata o mes de xuño. As seguintes datas desta actividade serán: 2 e 16 de marzo; 6 e 20 de abril; 4 e 18 de maio; e 1 de xuño en horario de 11 a 12:30 horas. Trátase dunha actividade gratuíta, sen inscrición previa pero con aforo limitado para maiores e cativos a partir de 7 anos (estes sempre acompañados dun adulto). É preciso acudir con traxe de baño, toalla e chanclas. A actividade retómase despois do éxito acadado en pasadas edicións. “Ante o rotundo éxito que supuxo esta actividade nas pasadas festas de Nadal, propuxémonos darlle contuidade para ofertar esta novidosa actividade que conxuga

ocio, termalismo e saúde nun enclave único como é o da piscina termal de As Burgas”, sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez Abad. Montealegre O Concello de Ourense presentou os obradoiros gratuítos para público infantil e adulto no xardín botánico de Montealegre. Todos son gratuítos pero será preciso anotarse na web botanicodemontealegre.com. As actividades para o público infantil serán os domingos ás 11 da mañá, e as destinadas ao público adulto, os sábados pola tarde. Entre os obradoiros están o de Compostaxe na casa (sábado 23); Papiroflexia de animais (domingo 24); Entroido: caretas de animais (domingo, 3 de marzo); Plantas invasoras de Galicia (sábado, 23 de marzo); Experimenta coa auga (domingo, 24 de marzo); e Coñece as árbores do parque (domingo, 31 de marzo).

4TRIBUNA ABERTA

Carta aberta ao candidato do PP trivés Di que se presenta polo PP para traer subvencións ao pobo, pero en Castro Caldelas goberna unha alcaldesa do PSOE e conseguiu máis do dobre de subvencións que o seu grupo en oito anos. Señor candidato as mentiras teñen as pernas moi curtas. Vostede o que busca é seguir tapando o malgasto, o malgasto que permitiu como tenente alcalde e agora como alcalde, eses 18 mil euros que vostede permitiu pagar a un avogado de Guadalis da Serra, por unha asesoría feita á súa medida, pois a Deputación Provincial ten ese servizo gratuíto para os concellos.

Pode dicir aos triveses en que mellorou o noso pobo co diñeiro gastado en preitos perdidos. Xuízos que vostede consentiu, xuízos que nunca debeu ter este concello, xuízos por capricho persoal cara a unha persoa. Terá o valor necesario para presentar a súa dimisión se lle demostro que vostede consentiu que o alcalde do seu grupo de goberno mentise nun pleno? Ten o valor de presentar a súa dimisión se lle demostro que vostede mentiu en prensa? Co respecto que me merece, dígolle que unha persoa cun mínimo de intelixencia non berra e non insulta a un voluntario de

protección civil no medio dunha rúa diante da xente. Vostede é o que fixo, por iso dimitiu ese voluntario e cos 20 compañeiros. Diga a verdade pois a mentira ten as pernas moi curtas e sempre se demostra que son mentiras. Busque xustificación do aumento dun millón de euros deste concello, o plan de axuste deixou a débeda en catrocentos mil euros, hoxe dita débeda é dun millón catrocentos mil euros, onde esta ese diñeiro, foi gastado en beneficio dos triveses? Esperando que teña que contestar, despídese un trives. Juan Blanco Álvarez

Presentación dos obradoiros de Montealegre.

4HUMOR


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 21 de febreiro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº85 - Ano: XII - 21 de febreiro de 2019 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

50 entroidos Din os entroideiros mais vellos, que a xente de Verín non cumpre anos, senon que cumprimos entroidos. Ese recunchiño, que é coma un museo particular, onde cada familia, garda con agarimo os disfraces dos entroidos pasados, é o lugar da casa mais visitado cando chega o entroido. Estamos no preludio do entroido e na vila entramos en catarse colectiva e a imaxinación flue por todolos recunchos. Os motores están axustados, para dar inicio o desenfreo máis salvaxe e apaixoante do ano. Os nenos sairán no seu desfile, coa ilusionante tarefa de seguir con ese “virus entroideiro” contaxiado dende o nacer. Os compadres e as comadres afinan tipo e traxe, para dar paso a un festival de cores e xolda. O cigarrón da miña alma unha vez máis aparecerá de súpeto, polas pedras do barrio vello, buscando o seu camiño sen atrancos. El é a máis grande autoridade do entroido e, como tal, ten que ser ceibe, arrollador en arte e nobleza, e ten que demostrar o seu orgullo brincando e saltando, correndo lixeiro e azamarrando duro. Lémbrome dos capuchóns da infancia aínda colgados no recuncho, e que algún día se luciron antano na fermosa e coqueta praza maior de Verín e que

voltarán a estar alí. Coido, que xa pagaron dabondo a condea. Nun desgastado caixón, descansan as fotografías de antano. Daquela eran escasas, polo que se gardaron con moito esmero. Estes días atopei unha foto na que podo verme con tan só uns meses no carriño de bebé xunto coa miña nai e a miña avoa. Sería o meu primeiro entroido. Seguro que fun un neno feliz, estaba no meu ambiente. A fariñada, enzoufou o carriño, e quizáis os sons do cigarrón fixo que soltara bágoas de terror, que xamais foron tan doces. Dende aquela, ata hoxe, pasaron 50 entroidos. Os da miña xeración, temos a bendita fortuna, de poder beber do manantial inagotable dos mellores entroideiros do mundo, os do meu pobo. Sempre quixen ser coma eles, porén non deixei xamais de admiralos, e seguin os seus pasos, porque a verdadeira vitamina do entreoideiro está en ollar de vez en cando cara atrás, e intentar, alomenos, igualar aquelas parodias incribles que xurdían na praza ou en calquera recuncho. Non quero escribir aquí os nomes daqueles artistas do entroido, xa que non me gustaría que algún quedara sen lembrar, porque a todos eles, os que xa se foron e os que ainda dan batalla, teño que dar

gracias, por deixarnos en herdanza, infinitos xeitos de entroidear, sempre coa maxia e corazón. Eles estarán presentes sempre, xunto coas sensacións de entroido imborrables que permanecen no maxín. Charangas e comparsas de aquí, as fariñadas, o cheiriño a polvora que deixaban os petardos, o panico o cigarron, disfraces con imaxinación, os capuchons, a banda do “tio Xulio”, o bombeiro, amenizando os bailes da praza e do casino. Quizais hoxe, o noso entroido ten outra dimensión. Mais non deberíamos esquecer, que o entroido puro, como aquel entroido do “home engaiolado” no 73, que naceu no máis profundo da alma da xente desta vila, ese, non será manipulado por ninguén, e seguirá coas pautas que deixaron os mariscales, os capitáns xerais desta festa, que non son outros que os incribles entroideiros de todos os tempos. Pode que esté errado, mais coido que, 50 entroidos son dabondo para avalar o meu sentimento, que é ceibe e impoluto, como o fermoso e intrépido cigarrón de Verín. Unha aperta, e bo entroido para todos! Miguel A. Prieto “Chitín”

TRABALLO

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.:

616 361 548. Busco traballo na zona de Celanova de mañás (de 8 a 11). En cociña, coidado de nenos ou de persoas maiores. Con experiencia. Tel: 662 917 651.

INMOBILIARIA Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío e outro con carballos e piñeiros. Nas Barxas, un de labradío. Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.

VENDAS Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Como novo. Todo xunto, prezo negociable. Tlf: 526 747 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Moi pouco uso. 350€ negociables. Tamén accesorios para cans medianos e grandes, 3 arneses de tiro, 2 comedeiros automáticos, correas e colares. Todo en perfecto estado. 130 € (negociable) Tel: 988 232 565-636 286 434.

VARIOS Regalanse cañas de bambú asiático. Ideal para parras e vides. Interesados achegarse a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 21 de febreiro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 85 by Periodico Barrios - Issuu