Pepe Araújo afíliase a Ciudadanos e apunta a candidato en Ourense [Páx. 2]
CIDADE
Páx.4 CIDADE
As obras de renovación da Otero Pedrayo rematan a finais de marzo
Páx.4
A Xunta ofrece máis de 5 millóns para a promoción da igualdade
XINZO
Páx.7
PP e PSOE pedirán a construción dun auditorio en Xinzo de Limia
XINZO
Páx.8 DEPORTES
O primeiro PXOM de Trasmiras conta con 70.000 m2 para zonas verdes
Páx.10
O Campus Ourense Rugby cae derrotado ante o líder, Bathco, na División de Honra B
24.000 persoas visitan Xantar
[Páx. 6]
O Sala Ourense vence ao Santiago de Sama
Comeza o Entroido
[Páx. 3]
[Páx. 10]
Xinzo comezou o Entroido co Domingo Fareleiro. // A 20ª edición de Xantar pechou as súas portas con éxito de asistentes. // O Sala Ourense ten máis preto a permanencia./RAMSÉS.
Número: 84 - Ano: XII - 14 de febreiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 14 de febreiro 2018
TEMA DA SEMANA
ao estar disconforme con esta incorporación da “vella política”. Negou que esta decisión tivera que ver con ser el o candidato.
Pepe Araújo anunciando que se pasa a Ciudadanos./RAMSÉS.
Pepe Araújo, un “Ciudadano” coñecido
Novas incorporacións Parece claro que a chegada de Pepe Araújo non será a única. A boa relación coa que fora compañeira e concelleira (ao principio de mandato), Isabel Castelo, semella que será decisiva para que ela se una ao proxecto. O primeiro paso xa está dado, logo de darse de baixa no PP. Ademais, Laureano Bermejo remar-
cou que están abertos “á captación de talento”. Outro dos nomes propios que soan con forza estes días é a de Montse Lamas. A deputada provincial a día de hoxe continúa no Partido Popular. En caso de cambiar de aires, posiblemente sería a candidata á alcaldía de Xinzo de Limia. Bermejo dixo que ao estar afiliada a outro partido “non era o momento de falar delo”. Jesús Vázquez O alcalde non perdeu a ocasión de falar deste tema
Araújo: “Non veño a por dous concelleiros, senón a gañar” e atacar ao que fora un dos seus homes de confianza. Jesús Vázquez acusouno de antepoñer “os seus intereses por riba de Ourense”. Criticou tamén á formación laranxa da que “non se coñece estratexia en ningunha cidade” e aproveitou a ocasión para proclamar que non hai alternativa “ao PP” e a “Jesús Vázquez”.
4 O exedil popular fichou por Ciudadanos e será o posible candidato a alcalde da cidade. R. Torres Primeiro deuse de baixa no Partido Popular -ao que levaba ligado 27 anos-, despois dimitiu de todos os seus cargos no Goberno local e deixou a súa acta de concelleiro. O seguinte paso foi o de anunciar que ficha por Ciudadanos, para nun futuro non moi lonxano anunciar que será o candidato da formación laranxa a alcaldía da cidade das Burgas. Aínda que durante a súa comparecencia, xunto ao secretario de organización de Ciudadanos en Galicia, Laureano Bermejo, non quixeron desvelar que será Araújo o alcaldable (“non me corresponde a mín dicilo” aseguraba o ex do PP), todo indica que así será. Na súa declaración deixou varios titulares que apuntan nesa dirección. “Estou disposto a encabezar a candidatura, veño con ganas”; “non veño a por dous concelleiros, senón a gañar”, -en alusión á última enquisa publicada que sitúa a Ciudadanos no Consistorio ourensán con dous concelleiros despois das eleccións do 26 de maio; ou “teño capacidade para liderar” foron algunha das frases que presaxian o que todos barruntan. O exedil do PP xa se adianta a un posible panorama post electoral no que esté fragmentado a corporación municipal. Buscará diálogo, xa que para el “todos serán importantes”;
eso si, non pactará con quen pase unhas “barreiras” ou non “pidan desculpas”. Ante unha sala abarrotada de xornalistas volveu a explicar, como xa o fixera hai dúas semanas, os motivos da súa marcha tanto do Partido Popular e da súa renuncia aos cargos na administración municipal. Volveu a cargar contra Goberno e oposición acusándolles de facer “moi poucas cousas postivas neste mandato” recordando os insultos dun e os selfies doutros. A súa pretensión, a partir de agora, será a de “dar unha luz diferente á política actual”. De estar na súa man, Araújo pretende dialogar co resto de partidos para chegar a acordos “que beneficien a todos”. En canto á decisión de apostar por Ciudadanos foi claro asegurando que era un partido “moderado” co que se sentía identificado, e negou rotundamente que a decisión se debera a unha estratexia creada desde dentro do seo popular. Esa idea rechazouna asegurando que tiña unha posición moi destacada sendo portavoz no Concello, presidente de distrito e mesmo insinuaron que repetiría na lista. Pola súa banda, Laureano Bermejo, destacou do novo compañeiro de formación que é “unha persoa socialmente coñecida” e “o seu traballo o respalda”. Ademais alabou os
seus “coñecementos dentro do concello”. Crise Ás poucas horas de anunciar a fichaxe de Pepe Araújo por Ciudadanos saltou a primeira crise. O que era coordinador provincial, Alberto Rodríguez, dimitiu
Laureano Bermejo e Pepe Araújo ante os medios de comunicación./RAMSÉS.
TEMA DA SEMANA
Barrios 14 de febreiro 2018
Xinzo de Limia celebra o Domingo Oleiro o 17 de febreiro. O xoves de Comadres -28 de febreiro- Verín será o epicentro. E a baixada da Morena de Laza será o luns 4 de marzo 17:30 horas será o desfile dos Felos, comparsas e carrozas (con máis de 1.000 euros en premios) desde a praza das Canteiras. E o día 6 rematarán os actos co enterro do Entroido.
A praza Maior de Xinzo lucía este aspecto no Domingo Fareleiro. /RAMSÉS.
Xinzo tínguese de branco para dar a benvida ao Entroido 4 O Domingo Fareleiro reuniu na praza Maior da localidade a centos de persoas. R. Torres Como vén sendo tradición Xinzo de Limia é dos máis madrugadores á hora de dar comezo ao Entroido. Tres semanas antes dos días fortes desta celebración os limiáns comezan co Petardazo e o Domingo Fareleiro. Este último
tivo lugar o 10 de febreiro (o día 9 foi o Petardazo) e congregou a centos de persoas na praza Maior que tiñan gañas de troula. En poucos segundos a zona tinguíuse de branco para dar o pistoletazo de saída dun dos Entroidos máis longos e declarado de Interés Turístico Internacio-
Ninguén puido esquivar a fariña. /RAMSÉS.
nal. Veciños e visitantes disfrazáronse ou puxéronse os “mellores” farrapos para acudir a esta batalla na que o armamento é a fariña. Oleiro Tras esta primeira toma de contacto, esta fin de semana continúan as actividades. Así, o día 16 colgarase ao Meco despois dun percorrido polo casco Vello. Ao día seguinte, será o Domingo Oleiro. O sábado 23 de febreiro celébrase a Noite de Corredoiro e o 24, o Domingo Corredoiro (día no que sairán á rúa as Pantallas por primeira vez). E, finalmente, Xinzo meterase de cheo no Entroido durante cinco días de auténtica troula. O venres, 1 de marzo, ás 11.30 horas os máis cativos toman o protagonismo co desfile infantil. O martes, día 5, a partir das 17.30 horas, será o tradicional desfile de disfraces e comparsas
polas rúas da vila. Este ano, a capital limiá contará coa campaña “Quítalle a máscara ao machismo” para loitar contra a violencia de xénero. Habilitaranse varios puntos para atender calquera incidencia que se presente deste tipo. Maceda Os Felos de Maceda non faltarán á cita. O sábado 23 de febreiro celébrase o Sábado de Desmadre a partir das 20 horas na praza das Toldas da vila. O día 1 de marzo será o Venres de Comadres, tamén nas Toldas ás 20 horas. Os días 2 e 3, os Felos farán un percorrido durante toda a xornada polos pobos, con saída e chegada en Maceda. O día 3 realizarase a Baixada da Marela (ás 20:30 horas desde o parque do Toural). O 4 de marzo, o pavillón municipal acolle unha festa infantil a partir das cinco da tarde (con inchables, o Mago Deimi e un desfile). O martes 5, ás
Verín Na capital do Támega a festa comezará o xoves de Compadres, o 21 de febreiro, coa primeira saída dos Cigarróns. O domingo, 24 de febreiro, a partir das 11:30 horas, haberá concentración de Cigarróns na praza do Concello, que recibirán aos fregueses; e ás 13:30 terá lugar o pregón. Un dos días grandes será o xoves de Comadres (28 de febreiro). Pola mañá (11.45h) os máis cativos terán o seu desfile (comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá para rematar na praza Maior) e pola noite mandarán as mulleres, con procesión incluída. O venres de Compadreo será o 1 de marzo. E seguirán cinco días de troula sen parar. O sábado, o máis destacado será o “Bautizo do Cigarrón” ás 17 horas; o domingo -día grande- a partir das 12, cigarróns, comparsas e carrozas percorrerán o centro da vila no gran desfile matinal. O luns, ás 16:30 horas, festa infantil con obradoiros, xogos e karaoke no pavillón municipal de deportes. O martes, o derradeiro desfile dará comezo ás 16.30 horas. E como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles. Laza Laza fará os seus tradicionais folións ás 23 horas dos días 8, 15 e 22 de febreiro. Tamén celebrará o
Sábado de Cabritada (o 2 de marzo). O domingo 3 estrearanse os Peliqueiros pola mañá. O lúns Borralleiro (día 4) será o momento da baixa da Morena. E a festa rematará o martes día 5 co enterro do entroido e loito dos Peliqueiros. Ourense Na capital o pregón correrá a cargo do humorista Xosé Antonio Touriñán -o xoves de comadres, 28 de febreiro-. O desfile terá lugar o domingo, 3 de marzo a partir das 5 da tarde. E o mércores, 6 de marzo, Ourense despídese do entroido co Enterro da Sardiña (20 horas). Ademais, non se pode esquecer un dos entroidos das Eiroás, coa voda da Pita o martes 5, ás 13 horas; o de Seixalvo, co seu desfile o martes 5 ás 17 horas; e o de Frei Canedo, coa súa procesión o lúns 4 de marzo. Hai que “vivilo intensamente”, dicía o alcalde de Ourense na presentación do programa de actividades que o Concello organiza para eses días, e nas que as charangas serán protagonistas. Outros entroidos En Bande o máis destacado será a saída dos Troteiros, o sábado 23 de febreiro, o domingo 3 e o martes 5 de marzo. O desfile está previsto para a tarde do domingo día 3. Celanova, pola súa banda, centra todo o seu Entroido no Sábado de Piñata que terá lugar o sábado 9 de marzo. Os que se resiten a deixar o disfraz ata o ano que vén achéganse á vila de San Rosendo para participar neste evento que congrega a un gran número de comparsas de toda a provincia.
Barrios 14 de febreiro 2018
CIDADE
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense e o alcalde da cidade, na visita ás obras da Avenida Otero Pedrayo./R.T.
A Avenida Otero Pedrayo, renovada a finais de marzo 4 A Xunta investiu nas mesmas 2,2 millóns de euros, para mellorar a seguridade viaria e a integración urbana. Redacción O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde, Jesús Váz-
As dúas glorietas, de acceso á Rabaza e ao campus, están case rematadas
quez, supervisou este 8 de febreiro as obras de mellora na Avenida Otero Pedrayo, que estarán rematadas a finais do vindeiro mes de marzo, tras o investimento de 2,2 millóns de euros. Francisco Menéndez destacou que é unha obra de reforzo da seguridade viaria e integración na trama urbana, ambiciosa e completa, coa que o Goberno galego lle dá resposta ás necesidades dos veciños.
A Xunta actuou nos 2 primeiros quilómetros desta estrada, que conta con tráfico intenso ao atravesar o campus e ser, ademais, unha das vías de entrada á cidade e os traballos xa se atopan ao 80% da súa execución total. Traballos O director da AXI explicou que as dúas glorietas, no acceso ao barrio da Rabaza e ao campus norte, están practica-
mente rematadas e xa funcionan como tal. Engadiu que a mellora da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe tamén está finalizada. Concretou que xa están executadas as novas beirarrúas e un tramo de senda peonil, así como a iluminación coa colocación de luminarias LED para maior eficiencia enerxética, e os semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns. Nestes momentos, están a executarse os traballos de xardinería e acondicionamento do interior das novas glorietas, nas que se colocarán fontes con iluminación decorativa, para reforzar o vínculo de Ourense coa auga, símbolo xa da cidade. Deste xeito, queda pendente o aglomerado e o pintado da estrada, para o que cómpren boas condicións meteorolóxicas. Outras actuacións O Executivo autonómico segue traballando para mudar por completo a imaxe desta zona de Ourense cunha actuación integral que fará a cidade máis humana e segura. A ese obxectivo tamén contribúen outras actuacións xa en marcha na rúa Seixalbo, e ás que se sumarán tamén obras nas rúas Marcelo Macías, Progreso, Arnoia, Concordia ou a 2ª fase de Ponte Vella.
Máis de 5 millóns para a promoción da igualdade 4 A Xunta ofrece axudas ás entidades locais. Redacción A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron unha xuntanza cos responsables e persoal técnico dos concellos da provincia para informarlos da nova convocatoria do Goberno galego de axudas para a promoción da igualdade. Este programa conta cun importe de máis de 5,3 millóns de euros, un 16% respecto ao ano 2018. A Xunta pretende apoiar e consolidar as actuacións que se están levando a cabo desde as administracións locais
en catro programas distintos, sobre prevención e eliminación da violencia de xénero (cun orzamento de 352.000 euros); conciliación da vida persoal, laboral e familiar (ao que se destinan 797.065 euros); apoio á rede de centros de información ás mulleres (CIM) existente, dos que 15 pertencen a Ourense (é a liña de maior dotación, cun orzamento de máis de 3.411.000 euros); e, finalmente, está o programa pioneiro que se introduce este ano na convocatoria que é o de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, dotado con 800.000 euros.
Xuntaza informativa para os representantes locais./R.T.
CIDADE
Os bombeiros, contra o alcalde 4 Táchano de dictador. Redacción Bombeiros e alcalde continúan en pé de guerra. Na reunión mantida entre ambas partes o rexedor explicou que neste mes aprobarase a convocatoria de 11 prazas de bombeiros interinos. Tamén lles falou sobre a compra recente de material, ademais dos fondos de Unespa, que estarán habilitados este ano unha vez reincorporados os remanentes. Bombeiros Pola súa banda, os bombeiros sacaron un comunicado sobre a reunión. Tacharon de dictador e mentireiro ao alcalde. En canto ás prazas de interinos, estes opóñense como xa o dixeran os tres representantes que fixeran folga de fame a pasada semana.
Ademais, aseguran no comunicado que os amenazou con crear GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) se non apoiaban a contratación de interinos. Tamén aseguran que quere impoñer unha posible comarcalización do parque de bombeiros.
Dous dos tres bombeiros de Ourense que estiveron en folga de fame a pasada semana. /RAMSÉS.
Barrios 14 de febreiro 2018
Os autónomos queren os mesmos dereitos 4 AUPA convoca unha manifestación este venres fronte á Subdelegación do Goberno. Redacción A asociación de Autónomos Unidos Para Actuar (AUPA) convoca para este venres, 15 de febreiro, unha manifestación ás portas da Subdelegación do Goberno. Desde ás 11.30 ata ás 13:30 horas estarán convocados todos os autonómos (tanto se son da asociación coma se non) e calquera cidadán que os queira acompañar nas súas reivindicacións. Ás 12 horas lerán un manifesto no que reclamarán a igualdade de dereitos cos que conta calquera outro traballador. Desde a asociación agardan que teña repercusión a protesta xa que moitos establecementos
pecharán para que os donos poidan acudir á concentración. Nas súas peticións están a de pagar a cota mensual en función dos seus ingresos, ter dereito a paro ou mesmo non ter que adiantar o IVE das facturas non cobradas. AUPA Esta asociación naceu en
Albacete con cinco autónomos, agora son máis de 42.000 asociados. En Galicia contan con máis de 1.500 e Ourense ten 200. Cifra que agardan incrementar en breve, xa que na provincia instauráronse fai pouco. Baixo as súas siglas están presentes autónomos de moitos ámbitos (perruqueiras, taxistas, artesáns, etc.).
EN BREVE 4 Deputación
Para os socialistas da Deputación de Ourense, o presidente, Manuel Baltar, inventou un “erro burocrático” para non comparecer en comisión a explicar a compra de alcaldes e alcaldesas doutros partidos con fondos da Deputación. Os socialistas “reclamaron en tempo e forma” a comparecencia do presidente na comisión de transparencia, pero primeiro o PP aludiu a un suposto “erro dos funcionarios”, e logo “tumbou” a comparecencia grazas á súa maioría absoluta por considerala “unha mera especulación carente de fundamento”.
4 Limpeza
Membros de AUPA ensinando o cartel que levarán á manifestación deste venres. /I. OSORIO.
As traballadoras do servizo de limpeza dos colexios públicos municipais concentráronse diante do Concello, contra a intención do Goberno municipal de Ourense de dividir en lotes a futura concesión do servizo.
Barrios 14 de febreiro 2018
CIDADE
ns de porco con puré de castaá e mazá e guarnición de cogomelos e champiñóns. O equipo de estudiantes del IES Vilamarín (David Bouza, Carla di Simone e Marat Mosquera) lograron o premio semiprofesional cun solombo de porco con salsa de castaña ao licor café. E Daniel Fernández Prieto foi o mellor no apartado profesional cunha receita de lombo de porco selecta, texturas de castaña e ensalada tépeda. Numerosos comensais nun dos restaurantes de Xantar 2019. /RAMSÉS.
Xantar, un gran punto de encontro gastronómico 4 Máis de 24.000 persoas pasaron por Expourense na súa vixésima edición. Redacción O 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico pechou as súas portas despois de cinco días nos que pasaron máis de 24.000 persoas. Moitas delas chegadas doutras provincias colindantes con Ourense e de Portugal alcanzando o obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. O Conselleiro de Medio Rural, José González, foi o encargado de clausurar o salón. González destacou o “papel de Xantar como dinamizador económico e impulsor dos sectores agroalimentario e turístico que constitúen unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o mellor da nosa terra”. Un dos actos máis emotivos desta última xornada foi o recoñecemento a José Manuel Pérez Canal, falecido hoi unhas semanas e que sempre apoiou a Xantar tanto no seu papel coma coxerente de Aceites Abril, empresa patrocinadora do salón, coma pola súa función de presidente de la Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e membro do Patronato de Expourense. Esta edición ofreceu máis de 200 actividades -
seguidas por máis de 7.000 participantes- e contou con 283 expositores de 12 países representandos. Entre as actividades realizáronse exhibicións de cociña en directo na que participaron recoñecidos chefs de Galicia, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Perú, Brasil e Colombia; catas comentadas de produtos como o viño, licores, quesos, mel, ron ou café; degustacións ofrecidas polos expositores como as de rosca con queixo e viño de Amandi de Sober, o Botelo do Barco de Valdeorras ou o xamón da Cañiza, por citar algunhas das organizadas
na xornada de clausura. Premios Unha xornada que tivo unha actividade frenética; ás numerosas actividades que se suceden cada hora, ademais da visita institucional, o domingo tamén foi o día da entrega dos premios do sétimo concurso Xantar Gourmet Grupo Cuevas que este ano incluía como novidade a inclusión da categoría de semiprofesional. Os gañadores realizaron pratos coa castaña como protagonista. Marcos Céspedes Seijo logrou o premio ao mellor afeccionado co seu medalló-
Brasil O país sudamericano foi o país convidade este ano a través da Prefeitura de Foz do Iguaçu. Esta invitación supón continuar coa estratexia do salón de impulsar a cooperación Iberoamericana. Tamén participaron profesionais procedentes de Panamá, México, Costa Rica, Colombia ou Perú. Vinis Terrae A vindeira cita en Expourense, ao marxe da pista cuberta, será “Ourense, Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores de Calidad de Galicia” que celebrará a súa 8ª edición os días 1 e 2 de abril.
Esta edición ofreceu exhibicións de cociña en directo e degustacións, entre outras actividades
O Conselleiro de Medio Rural, José González (segundo pola dereita), visitou Xantar o domingo 10 de febreiro. /RAMSÉS.
O CHUOU de Ourense. /ARQUIVO.
Operacións sen hospitalización 4 Máis da metade das intervencións de Ourense non requiren ingreso. Redacción Mais da metade dos ourensáns operados o pasado ano, nalgún dos tres hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde na provincia, puideron voltar ao seu domicilio no mesmo día, sen necesidade de ingresar. Dato que confirma a tendenza crecente da cirurxía maior ambulatoria, e das técnicas mínimamente invasivas, que en Ourense supoñen xa o 54% de toda a actividade cirúrxica rexistrada. Esta porcentaxe representa 12.935 intervencións, do total de 23.787 realizadas en 2018, cirurxías todas elas que, hai tan só uns anos, levaban parello un ingreso hospitalario de varios días ou incluso semanas. Isto é debido ao avance técnico e tecnolóxico, coa extensión e progresivo incremento de intervencións e técnicas laparoscópicas ou endoscópicas, nas que os profesionais do Hospital Universitario de Ourense e os comarcais de Valdeorras e Verín contan con ampla experiencia. Oftalmoloxía Por servizos, o que máis emprega este tipo de abordaxe é o de Oftalmoloxía, que desde hai anos realiza a totalidade da súa amplísima actividade cirúrxica (6.579 in-
tervencións anuais o pasado ano) directamente sen ingreso, o que supón case a metade, o 47%, de todas as realizadas por esta vía, seguido de Dermatoloxía con 1.750, o 12% do total. Hemodinámica Nestas datas foron moitas as voces que falaron sobre a Unidade de Hemodinámica. O último en falar foi o alcalde ourensán, Jesús Vázquez, que reclamou ao conselleiro de Sanidade “igualdade de trato con outras cidades” respecto a este tema, lembrando que Lugo ten este servizo as 24 horas do día. Amplicación Na reunión do rexedor e o consellerio tamén se abordou a próxima reforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, cun investimento previsto de 64 millóns de euros que inclúe a reforma do actual Hospital Materno Infantil; un novo edificio de hospitalización e a construción dun bloque de comunicación entre os distintos servizos. O terceiro tema tratado na reunión estivo referido ao futuro Centro de Saúde do Vinteún, “un barrio que leva demasiado tempo agardando por unha infraestrutura de calidade que dea o mellor servizo asistencial e sanitario”, afirmaba Jesús Vázquez.
XINZO E COMARCA
PP e PSOE pedirán un auditorio para Xinzo de Limia 4 Xinzo Adiante lamenta que sexa agora cando o soliciten. Redacción O edil de Cultura de Xinzo, o popular Carlos Gómez, e a portavoz do PSOE, Elvira Lama, comprometéronse a reclamar
ante Deputación e Xunta a construción dun auditorio para a capital da Limia. Esta proposta fixérona pública durante a clausura do II Curso de Iniciación á Dirección de Banda de
Escolares da provincia, participando nunha proba de campo a través.
Cross no hipódromo de Antela 4 Celebrarase o campionato provincial. R. Torres A Asociación Deportiva Limiactiva organiza o I Cross de Antioquía - Campionato provincial de campo a través. A data será o domingo 24 de febreiro, e o escenario o hipódromo de Antela, que nesta ocasión quita o protagonismo aos cabalos para darllo aos atletas. Neste evento poderán participar tanto federados coma populares, ademais de escolares. As inscricións están abertas ata o 19 de febreiro -ás 23.59 horas-. Os atletas populares de categoría absoluta teñen que pagar cinco euros. O resto poden anotarse de balde. Absoluta A proba feminina absoluta dará comezo ás 12:15 horas mentres que
a de categoría masculina farao ás 13 horas. Ámbalas dúas deberán dar tres voltas a un circuíto de 2 quilómetros para completar os seis cos que conta cada carreira. Anteriormente disputaranse as probas escolares cun percorrido menor. Provincial No Campionato provincial concederanse premios aos tres primeiros clasificados absolutos e aos tres primeiros clubs da provincia de Ourense.
A proba absoluta feminina terá lugar ás 12:15 e a masculina ás 13 horas
Música, organizado pola Agrupación Musical da Limia, que ten que levar fóra da vila o concerto de fin de curso (o ano pasado a Verín e este a Celanova). Xinzo Adiante Pola súa banda, dende Xinzo Adiante lamentábanse de que sexa agora cando PP e PSOE piden o auditorio. Recordan que durante 2008, co “Plan E” promovido polo Goberno de Zapatero, creouse o conservatorio nun emprazamento contrario aos desexos dos
veciños, que reclamaban “outra ubicación, no solar que o Concello ten ao final da Rúa Toural – Alexandre Bóveda. Alí podía facerse un auditorio no baixo e o conservatorio nas tres plantas superiores. E no parque do Toural poderíase facer un auditorio exterior para a época de bo tempo”, reclaman desde XA. Ademais, recordaron que en 2015 levaban no seu programa “facer o Auditorio como unha das infraestruturas máis necesarias para o desenvolvemento económico e social de Xinzo”.
Barrios 14 de febreiro 2018
4 Clausura de curso O domingo 3 de febreiro finalizaron as 70 horas prácticas, impartidas en 5 fins de semana, do II Curso de Iniciación á Dirección de Banda de Música, o único que está homologado por unha universidade en toda España. Participaron 16 alumnos do ano pasado e 11 que o fixeron por primeira vez. En total 27 alumnos/directores non só de Galicia, se non de Espa-
ña e Portugal. O ano que vén só se poden ofrecer 6 prazas. Nesta ocasión, o profesorado estivo coordinado por José Luís Tielas, director da agrupación tendo como relatores españois a Francisco J. Andreo; José A. Cantal e Javier Viceiro. Xunto a tres mestres estranxeiros :Douglas Bostok, Jan Cober e Andrea Loss, a quen lle tocou pechar o curso práctico.
Barrios 14 de febreiro 2018
EN BREVE 4 Vilar de Barrio O Parlamento de Galicia vén de aprobar a proposta de En Marea de solicitar ao Ministerio de Fomento a través da Xunta a cesión de catro vivendas abandonadas e unha parcela anexa en Vilar de Barrio. De titularidade de ADIF, preténdese destinalas a uso residencial para maiores. Proponse sobre a parcela anexa facer unha zona de ocio e zona verde.
4 Cruz Vermella Cruz Vermella precisa voluntariado na Limia para realizar actividades coa infancia. Desde a asamblea comarcal fan un chamamento a todas as persoas que queiran colaborar nesta área ou noutras.
4 Transferencia de viais en Xinzo A Xunta transfire ao Concello de Xinzo de Limia os tramos urbanos da avenida de Portugal, rúa Dous de Maio e avenida de Celanova. O Concello será o responsable da súa conservación e mantemento e poderá actuar sobre estas vías de modo acorde coas súas características.
4 SLG O Sindicato Labrego Galego denuncia o desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Xinzo e demanda recursos suficientes para ela. Por iso, o SLG pide -mediante instancia- que a Consellería de Medio Rural dote de suficientes medios a OAC de Xinzo de Limia.
XINZO E COMARCA
Trasmiras xa conta co seu primeiro PXOM 4 70.000 m2 están reservados a espazos libres e zonas verdes. Redacción O Diario Oficial de Galicia publicou a 1 de febreiro a Orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trasmiras, o primeiro instrumento urbanístico propio co que contará este concello ourensán despois dunha década dedicada ao seu deseño e planificación. Agora será o Concello o que terá que publicalo no Boletín Oficial da Provincia e inscribir no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia antes da súa entrada en vigor. O termo municipal conta con case 57 km2 e se distribúe en 10 parroquias: Avabides, Chamusiños, Escornabois, Lobaces, Rabal, Trasmiras, Vila de Rei, Vilar de Le-
Plan Básico Municipal de Porqueira Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá a redacción do Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa de Porqueira, Susana Váz-
bres, Vilaseca e Zos. Trátase dun concello eminentemente rural, xa que máis dun 95% do seu territorio corresponde a solo rústico e un 3,23% a núcleo rural. O 0,18% é solo urbanizable e o 0,67%, solo urbano. Distribución Case 70.000 m2 irán destinados a espazos libres e zonas verdes, un 40,5% máis do que esixe a Lei do Solo; e os 20.500 m2 destinados ao sistema xeral de
equipamento comunitario supoñen un 24,23% máis do que esixe a normativa vixente. Vilar de Lebres Noutro orde de cousas, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou tamén un anuncio polo que se fai pública a resolución relativa á revisión cartográfica e documental do acordo de concentración parcelaria de Vilar de Lebres.
Ánxeles Vázquez asinando a orde definitiva do PXOM de Trasmiras a comezos de ano. /M. REJO. quez Dorado. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) serán os encargados de redactar este documento. Na actualidade réxese por unhas Normas subsidiarias de planeamento (NSPP), aprobadas en abril de 1991. Polo que este novo instrumento de ordenación aportará seguridade xurídica e actualidade ao marco normativo en materia de urbanismo. Ademais
permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano. Estará vixente ata que xurdan iniciativas ou razóns determinantes con maior complexidade que aconsellen a formulación dun plan xeral de ordenación municipal polo respectivo municipio.
Reunión do conselleiro e a alcaldesa.
Rairiz de Veiga quere impulsar a agrogandeiría 4 O conselleiro de Medio Rural visitará a localidade. Redacción José González, conselleiro de Medio Rural, visitará Rairiz de Veiga para analizar as posibilidades de recuperar a produtividade agrogandeira dalgunhas parcelas infrautilizzadas do Concello. Así o asegurou na visita que lle fixo a alcaldesa da localidade, Josefa Asunción Morgade, en San Caetano. O titular de Medio Rural comprometeuse a estudar as posibilidades
Vilar de Santos Redacción A Xunta publicou no DOG a transferencia a prol do Concello de Vilar de Santos dun tramo antigo da estrada OU-531 ao seu paso polo núcleo de Parada. O Concello solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a transferencia deste treito de 180 metros situado na marxe esquerda
agrarias e forestais que teñen as terras do municipio, e avanzoulle á alcaldesa que visitará o concello para comprobar o estado das parcelas a recuperar. Ademais, na reunión abordáronse as reestruturacións parcelarias abertas no municipio. No que respecta á concentración de Guillamil-Sabariz, o conselleiro informou de que están a punto de rematar as obras da rede de camiños principais, na que se investiron preto de 1,8 millóns de euros. desta vía, resultante da mellora de trazado realizada en tramos situados dentro do seu termo municipal. Este cambio chega para racionalizar a estrutura viaria municipal e permite unificar a titularidade da estrada no concello, conseguindo así unha mellor xestión dos recursos públicos. Agora, Vilar de Santos encargarase da xestión, mantemento, conservación e explotación das vías.
XINZO E COMARCA
O BNG critica os experimentos do PP 4 Polas obras no Toural e na rúa do Peto en Xinzo. Redacción O BNG de Xinzo critica a situación dos diversos parques infantís, espazos de lecer e zonas verdes espalladas ao longo e ancho da vila. De entre todas destacan a Alameda e o Parque do Toural, “campo de experimentación de sucesivas escolas-taller organizadas polo Concello e que, malia forte achega de recursos económicos, non conseguiron solucionar as necesidades nin dotar ás veciñas e veciños de Xinzo dunha zona de esparcemento axeitada, como teñen en outras vilas e pobos máis pequenos”, según os nacionalistas. Denuncian que “son moitas, e case todas dañinas, as actuacións dos últimos tempos: eliminación do muro perimetral de pedra, con polémica aparellada polo destino final da mesma, desaparición paulatina e sistemática de exemplares arbóreas, construción do “paseo” á beira do Limia, con regadío incluído, que non fixo máis que separarnos aínda máis do propio río, embaldosado do parque infantil, instalación dunha estación de
recollida de información meteorolóxica, … as desfeitas suman e seguen”. Por outra banda, tamén queren facer saber que nas obras de mellora que se están a realizar na rúa do Peto foron destapados novos restos arqueolóxicos dos que se descoñece a datación e están pendentes de valoración polos expertos. Por iso, o BNG de Xinzo rexistrou o pasado 28 de xaneiro un escrito no Concello solicitando que se estuden as opcións para que poidan ser conservados, postos en valor e utilizados como reclamo turístico e cultural, posto que Xinzo de Limia conta con “zonas extensas cheas de xacementos que nos falan de asentamentos prerromanos, romanos, do medioevo ata a actualidade”, rematan. Apuntan que no pleno ordinario do 30/08/2007 aprobouse, por unanimidade, a creación dunha Comisión Especial multidisciplinar para propoñer accións concretas que permitiran a posta en valor do noso patrimonio e que “a data de hoxe esta comisión fica sen constituir”.
Imaxe das obras no Parque do Toural.
Barrios 14 de febreiro 2018
Humanización do grupo San Sebastián 4 Realizarase en dúas fases. Redacción O alcalde de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, presentou aos veciños de grupo San Sebastián, que deron o seu visto bo, o proxecto de humanización da zona. As obras, que sairán a concurso en breve, realizaranse en dúas fases, cun orzamento de 120.000 euros e nunha zona que abrangue 2.000 m2. A primeira fase afecta o areal actual que se converterá nun campo de deportes e nun parque infantil. Ademais actuarase en novas beirarrúas e no acceso para que os escolares poidan coller o autobús con máis seguridade. En canto á segunda fase, esta será no medio dos dous edificios de vivendas. Pasará de ser unha zona de terra a un parque para maiores con bancos, árbores e unha fonte. A praza estará totalmente empedrada.
Outra das actuacións será a supresión de dous muros para lograr unha maior amplitude. Deste xeito acadaranse 20 prazas de aparcamento, dúas delas para persoas con dificultades para acceso. Para aforrar custes está previsto que “os parques e o empedrado da praza”
o fagan “os alumnos do obradoiro” de albanelaría e xardinaría, explicaba o rexedor, quen tentará que as dúas fases “fáganse á vez”.
As obras licitaranse nestas datas
EN BREVE
4 PSOE A voceira do grupo socialista, Elvira Lama, salienta que “da trintena de pasos de peóns analizados só nove están na estrada N-525, polo que a meirande parte da responsabilidade deste grave problema de seguridade é única e exclusivamente do Concello de Xinzo”. Engade que “Ricardo Sieiro debe deixar de presumir do que non fai porque cobra unha adicación exclusiva que non se lle paga para que minta descaradamente e escorra o vulto dunha desfeita que é culpa só da súa vergoñenta inoperancia”.
4 CEIP Carlos Casares
Manuel Cabas explicando a humanización que terá lugar no Grupo San Sebastián.
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou os CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro en Xinzo onde leva investidos máis de 1,7 millóns en obras entre as que destacan as intervencións de rehabilitación e eficiencia enerxética feitas nos dous colexios. Pomar quixo destacar a participación destes CEIP nos diferentes programas impulsados pola Consellería.
10
Barrios 14 de febreiro 2018
DEPORTES
Derrota do Campus Ourense ante o líder Bathco 4 O conxunto santanderino demostrou porque é un dos mellores conxuntos. Redacción
Gato controlando un balón. /RAMSÉS.
O Sala Ourense saca peito 4 Vence ao Santiago de Sama de Langreo. R.T. O Sala Ourense venceu a pasada fin de semana ao Santiago de Sama por cinco goles a tres. Esta sufrida vitoria os achega ao obxectivo da permanencia. O encontro da 19ª xornada disputado na cancha central dos Remedios comezou cunha forte presión do equipo de Langreo. Foron os visitantes os que estrearían o marcador aos cinco minutos. Despois de varias ocasións por ámbalas dúas partes foi Martín, no minuto 12, cando faría o empate. Os ourensáns, pouco a pouco, desfacíanse da presión rival e Adrián Araújo tras unha xogada de Allariz daba vantaxe aos locais. Antes do tempo de lecer, Édgar, tras nova asistencia de Allariz, poñía terra de por medio co 3-1. Na reanudación os asturianos pagaron a forte presión do principio. Dani Gato e Allariz estiveron a piques de facer o cuarto, pero o gardamallas o evitou. Porén non puido evitar un novo remate de
Gato para subir o cuarto tanto no casilleiro. Neste momento o técnico visitante optou polo xogo de cinco, e Guede tivo que empregarse a fondo. Martín, despois dun roubo de balón, sentenciaba co quinto gol dos de Kike García. Nos dous últimos minutos de encontro, os de Langreo foron quen de maquillar o marcador con dous goles para deixar o definitivo 5-3. Esta próxima xornada xogan diante do segundo clasificado, o Guardo de Palencia. Feminino A disputa do Europeo fai que durante dúas semanas non haxa competición na Primeira división. A Liga reanudarase dentro de dúas fins de semana co Ourense Envialia recibindo ao Leganés. Quen si terá competición esta fin de semana será o Cidade das Burgas e Envialia B na Segunda división. As primeiras visitan ao Fisgón, e as segundas reciben ao Muslera.
O Campus Universitario Ourense non puido sacar nada positivo da súa visita ao campo do líder, Bathco Rugby Club. Os santanderinos foron moi superiores ante un conxunto ourensán que chegaba ao encontro algo mermado de efectivos. O resultado de 39 a 12 deixou ás claras que o equipo local é un claro aspirante ao ascenso. Pola súa banda, o Campus perdeu toda opción de entrar no playoff de ascenso. Restan catro xornadas para rematar a liga e coa permanencia asegurada e sen opcións de loitar por subir á Liga Heineken, os homes de David Monreal tentarán lograr o maior número de puntos posibles para estar o máis enriba posible da clasificación ao remate da tempada. Ser o mellor galego
e mellorar a quinta posición (a mellor que logrou desde que está nesta categoría) son alicientes para este tramo final. Ademais o neozelandés, Shearer, xa ten no peto ser o máximo anotador histórico nunha tempada do Campus na categoría. Os 224 puntos seguramente incrementaranse nestes catro partidos. Ata o de agora, Jason Harvey era o máximo ano-
tador nunha tempada con 150 puntos. Crat Esta fin de semana é xornada de descanso. A competición regresará o 24 de febreiro co derbi galego contra o Crat Residencia Rialta a disputar nas Lagoas. Será unha boa oportunidade de achegarse na táboa ao conxunto coruñés.
Partido do Campus Ourense nas Lagoas. /ARQUIVO.
Campionato de Galicia de campo a través Redacción O Campionato Galego de campo a través do programa XOGADE disputarase o vindeiro sábado 16 no Complexo Deportivo de Monterrei. Reunirá a preto de 400 nenos e nenas das catro provincias -103 da provincia de Pontevedra, 99 da provincia da Coruña, 90 da provincia de Lugo e outros 90 da provincia de Ourense-. O evento foi presentado en Ourense polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa. Os participantes competirán o sábado tanto nas modalidades individual e por equipos nas categorías alevín, infantil e cadete. Chegan a esta cita tras clasificarse nos sesenta eventos de cross previos do XOGADE entre fases previas, comarcais e provinciais. Nesta tempada, o cross conta con máis de 32.000 nenos e nenas inscritos.
Andaina solidaria Redacción O 24 de febreiro o Ourense C.F. organiza unha andaina solidaria a favor dos proxectos de infancia de Cruz Vermella en Ourense. Esta terceira edición foi presentada no Centro Comercial Ponte Vella. Serán 12 quilómetros que darán comezo ás 10 horas con saida e chegada en Oira. O prazo de inscrición remata o 21 de febreiro e ten un custe de 5 euros. Para máis información: no correo ourensecf@ ourensecf.es ou no teléfono 988 21 90 61.
Presentación da andaina solidaria no C.C. Ponte Vella. /RAMSÉS.
PUBLICIDADE
Barrios 14 de febreiro 2018
11
12
Barrios 14 de febreiro 2018
EN BREVE 4 Fútbol gaélico Nova xornada na Liga galega de fútbol gaélico para o Auriense Campus da Auga. Mentres o equipo feminino perdía fronte o Herdeiras de Dhais (26-24), o cadro masculino lograba a vitoria ante o Pontevedra (10-29).
4 Salvamento acuático A deportista do club Salvour, Blanca Corrales Gil, participou no Campionato de España infantil de salvamento acuático. A ourensá, que debutaba en competición nacional, lograba o posto 12 na proba dos 100 metros socorrista. A vindeira cita nacional para os ourensáns será o Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto que se disputarán en Torrevieja.
4 Xadrez Na terceira xornada da División de Honra o Xadrez Ourense non pasou do empate no seu desprazamento a Rianxo. O que era colíder da clasificación viu freadas as súas aspiracións de manterse en cabeza. O Universidade de Santiago lidera a clasificación. Pola súa banda, o Club Xadrez Verín -debutante na competición- caeu fronte o Tui aínda que logrou levarse dous puntos importantes para a permanencia.
4 Tiro Os días 16 (sábado a partir das 9.30 h) e 17 de febreiro (domingo desde as 10 horas) celébrase no club de tiro Eiroás o 35º Trofeo San Sebastián.
DEPORTES
O Ourense C.F. sálvase da queima desta xornada 4 Os outros ourensáns de Terceira perderon os seus encontros. R. Torres Salvo o Ourense C.F. o resto de equipos ourensáns de Terceira división non puideron puntuar na 23ª xornada de liga. Os de Fran Justo deron a única ledicia ourensá ao vencer ao Porriño por dous goles a cero (Martín Lamelas foi o bigoleador no Couto). Unha cómoda vitoria para un equipo asentado nos postos tranquilos da clasificación. A UD Ourense levaba nove xornadas sen perder. A derrota chegou no campo do Polvorín (Lugo B) por tres a un. Os de Fernando Currás perdoaron en exceso e, xunto ao acerto local, non sacaron nada positivo da súa visita a terras lucenses. O Barco coa derrota no campo do Somozas (3-1) xa leva seis xornadas sen sacar os tres puntos. Con esta racha negativa os valdeorreses non se dan enganchado a zona de promoción; actualmente son quintos a catro puntos dos cuartos, precisamente a UD Ourense. E o Arenteiro tampouco tivo unha boa xornada ao perder contra o Laracha por tres goles a cero. Os do Carballiño ven como o descenso cada vez está máis preto; tan so os separan tres puntos. Derbi Nesta nova xornada
tres ourensáns xogarán diante da súa afección. A UD Ourense recibe no Couto ao Céltiga, equipo que ocupa postos de descenso; o Arenteiro ao Vilalbés, tamén en descenso. E Calabagueiros acollerá un novo derbi ourensán: o Barco recibe a visita do Ourense C.F. Asamblea A UD Ourense rematou o primeiro plazo de presentación de candidaturas para coller o timón do club sen ninguén interesado en facelo. Deste xeito, abriuse unha segunda convocatoria que rematará o 27 de febreiro; despois realizaríase una asamblea
extraordinaria o día 7 de marzo para anunciar a nova directiva ou facer eleccións (en caso de presentarse dúas ou máis candidaturas). De quedar novamente deserto hai dúas opcións: ou volver a fixar un terceiro prazo ou celebrar unha asamblea extraordinaria para modificar os estatutos e así abrir máis a posibilidade de presentarse non soamente os socios.
A UD Ourense aínda non ten candidatos para substituír a actual directiva
Encontro da UD Ourense en terras lucenses diante do Polvorín. /YEDRA SEARA.
Xogadores do COB atendendo ás explicacións de Gonzalo García de Vitoria. /C. DOMARCO.
O COB regresa á competición ante Castelló 4 Será este sábado no Pazo a partir das 19 horas. R. Torres A LEB Ouro regresa despois da disputa da Copa Princesa de Asturias na que o Betis gañou a Retabet Bilbao Basket por 80 a 70. Os sevillanos apuntan desde fai semanas á ACB e este título -ante un dos seus rivais de cara ao ascenso- o refrenda. Esta fin de semana dispútase a 22ª xornada e o fará con Rio Ourense Termal facendo de anfitrión ante Tau Castelló. O encontro disputarase na tarde do sábado, 16 de febreiro, a partir das 19 horas. O vento de cola que levan os homes de Gonzalo García de Vitoria presume que haberá moitos afeccionados nas bancadas do Pazo Paco Paz. Os castellonenses son décimo cuartos cunha vitoria máis que a zona de descenso, polo que veñen con moitas urxencias. Os de Ten López deberán sumar o triunfo para manter a raia aos de abaixo.
Pola contra, está un COB que quere seguir sumando vitorias para esquecerse da permanencia -obxectivo practicamente logrado- e loitar por unha meta maior. Os ourensáns están en postos nobles e non se queren baixar deles. Con 13 vitorias e oito derrotas son quintos empatados con outros catro equipos. Unha vitoria máis ten o segundo, Bilbao, e unha menos ten o noveno clasificado. Os postos que non dan dereito a xogar o playoff de ascenso están a dúas vitorias, o que da mostra da igualdade desta liga na loita polas primeiras posicións. O que si é e que practicamente está salvado. O rival Salvo o xaponés Isao Kinoshita e o lituano Evaldas Zabas, o resto teñen unha prolífica traxectoria na competición. Xogadores coma Roma Bas, Eduard Gatell, Javier Lucas ou Tautvydas Sabonis contan con máis dun lustro ininterrompidamente na LEB Ouro.
ENTREVISTA / OCIO E CULTURA
Barrios 14 de febreiro 2018
ENTREVISTA A AVELINO JÁCOME, COAUTOR DO LIBRO “AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS”
“Un é, fundamentalmente, o meniño que foi” 4 Avelino Jácome achéganos á obra da que é coautor xunto a Manuel Blanco. R.T./M.R Despois de ter un espazo coas súas “Andrómenas” neste xornal desde 2013, Avelino Jácome deu o paso de publicalo nun libro moi recomendable xunto a outras historias escritas por Manuel Blanco. Cóntanos de que trata este libro. A.J.: “Trata de ensinar a Galicia do interior, vista de dous xeitos, por unha banda a Galicia dos que tiveron que emigrar, por exemplo unha das miñas Andrómenas conta como a miña nai, unha moza de só 28 anos, vese obrigada a deixar a súa aldea, para embarcar en Vigo nunha travesía de dous meses, sen saber tan sequera a onde a levaban, deixando ao home e dous fillos aquí, para chegar a unha cidade como Caracas. Ela que nunca estivera nunha cidade; xa te imaxinas a valentía que lle tivo que botar, e en menos de 10 anos ter un negocio propio, xuntar á súa familia, e mudar a fame por un porvir mellor. E, por outra band, a historia dos que se que-
daron aquí cóntaa o outro autor, Manuel Blanco, o meu compañeiro nesta aventura. A loita para saír da escravitude, de ser caseiros, sen terra de seu, matarse a traballar para ter que darlle a metade da colleita ó Señor das terras. Nesa loita a súa nai perde a vida, pero tamén pouco a pouco, cheiños de traballo, conseguen mudar esa realidade”. Estas historias que narras, teñen un alto contido autobiográfico? A.J.: “Sen ningunha dúbida; son autobiográficas dende o punto de vista dos recordos. Dicía Gabriel García Márquez que a realidade non é como foi, senón como un a recorda, e isto é o que acontece, estas lembranzas pode que nalgúns casos sexan un chisco idealizadas, pero non por iso deixan de ser anacos das nosas vidas”. Narra dúas realidades que se complementaron hai unhas décadas na Galicia interior. A.J.: “Si, esas dúas realidades, as dos que se foron e as dos que se quedaron, pero tamén na-
rra outras cousas menos tristeiras, a malla, un dia de feira, os cestos, o Nadal ou o Samaín, días tamén de troula”. Neste libro, pódese dicir, ábreste en canle e ensinas a túa alma? A.J.: “Espidos, abertos de par en par sen cancelas, un é fundamentalmente o meniño que foi, por moitas voltas que a vida dea, a nenez é o paraíso ou o inferno que nos acompañará sempre. Apesares das tristuras, tanto Manuel coma eu vivimos nese paraíso, que é unha aldea para un cativo”. Este libro pódese mercar en Orixe Publicidade, na rúa Francisco de Moure 20, ou pedindoo no correo avelino. orixe@gmail.com.
“Sen ningunha dúbida, estas historias son autobiográficas dende o punto de vista dos recordos”
Avelino Jácome, na presentación do libro no Liceo de Ourense. /RAMSÉS.
Inauguración da exposición polas autoridades.
Afundación lembra a Antonio Quesada 4Acolle unha exposición das súas obras ata o 12 de maio. Redacción A Sala de Exposicións Afundación de Ourense acolle desde o mércores
13 de febreiro, a exposición «Antonio Quesada. Desde o sentimento», No acto de inauguración estiveron o presidente do
13
Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco; a coordinadora, Teresa Cendón; Marifé, Humberto, Antonio e Héctor Quesada, fillos do artista, e a súa viúva, Fe Rodríguez; e a patroa de Afundación de Ourense, Mercedes Rozas. A mostra «Antonio Quesada. Dende o sentimento» é un percorrido completo polas achegas máis relevantes do pintor ao panorama artístico cando se cumpren catro anos do seu pasamento. Poderase visitar na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, na praza Maior 4, ata o vindeiro 12 de maio.
14
Barrios 14 de febreiro 2018
4AXENDA Exposicións - Ata o 17 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 17 de febreiro - Exposición de Alberto Pena “Corpo, Natureza e Conciencia”- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 14 de febreiro - Danza “A Gala. Licenciada Sotelo” - 20.30 h. - Auditorio Municipal - 16 de febreiro - Teatro “A leituga” - 20 h. - Teatro Principal - 16 de febreiro - “Borrajo Perdido” - 20.30 hAuditorio Municipal - 17 de febreiro - Teatro infantil “Facendo o indio” - 12 h. - Auditorio Municipal - 21 de febreiro - Teatro “Cinco minutos sen respirar” - 20.30 h- Auditorio Municipal Música - 25 de febreiro - Jam Session Rock - 22 h- Café Cultural Auriense Deportes - 17 de febreiro - UD Ourense - Céltiga FC 17 h. - O Couto - 16 de febreiro - COB - Tau Castelló - 19 h. Paco Paz Outros -14, 21 e 28 de febreiro - Curso de iniciación á cestería - de 16 a 20 h. - A Arca da Noé - 16 de febreiro - Xogade Campionato de Galicia de campo a través - 11.30 h. - instalacións deportivas de Monterrei - 16 e 17 de febreiro - XXXV Trofeo San Sebastián de tiro olímpico - Club de tiro olímpico Eiroás - 17 de febreiro - Campionato de Galicia de Wushu - Formas 2019 - 10 h. - Pavillón dos Remedios - Do 18 ao 20 de febreiro - Esquiou 2019 Cuarta Quenda para rapaces de Verín e Viana - Estación Manzaneda - 19 de febreiro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS / OCIO E CULTURA
4TRIBUNA ABERTA
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Carta aberta ao candidato do PP trivés Di que se presenta polo PP para traer subvencións ao pobo, pero en Castro Caldelas goberna unha alcaldesa do PSOE e conseguiu máis do dobre de subvencións que o seu grupo en oito anos. Señor candidato as mentiras teñen as pernas moi curtas. Vostede o que busca é seguir tapando o malgasto, o malgasto que permitiu como tenente alcalde e agora como alcalde, eses 18 mil euros que vostede permitiu pagar a un avogado de Guadalis da Serra, por unha asesoría feita á súa medida, pois a Deputación Provincial ten ese servizo gratuíto para os concellos. Pode dicir aos triveses
en que mellorou o noso pobo co diñeiro gastado en preitos perdidos. Xuízos que vostede consentiu, xuízos que nunca debeu ter este concello, xuízos por capricho persoal cara a unha persoa. Terá o valor necesario para presentar a súa dimisión se lle demostro que vostede consentiu que o alcalde do seu grupo de goberno mentise nun pleno? Ten o valor de presentar a súa dimisión se lle demostro que vostede mentiu en prensa? Co respecto que me merece, dígolle que unha persoa cun mínimo de intelixencia non berra e non insulta a un voluntario de protección civil no me-
dio dunha rúa diante da xente. Vostede é o que fixo, por iso dimitiu ese voluntario e cos 20 compañeiros. Diga a verdade pois a mentira ten as pernas moi curtas e sempre se demostra que son mentiras. Busque xustificación do aumento dun millón de euros deste concello, o plan de axuste deixou a débeda en catrocentos mil euros, hoxe dita débeda é dun millón catrocentos mil euros, onde esta ese diñeiro, foi gastado en beneficio dos triveses? Esperando que teña que contestar, despídese un trives.
O matadoiro A principios do século pasado, o derradeiro hálito das bestas interrompía con brusquidade os pracenteiros paseos na Alameda. O vello matadoiro do século XVI, encostado ao tamén desaparecido lavadoiro, presentaba na súa fachada un fermoso escudo de Ourense que hoxe custodia o Museo Arqueolóxico Provincial, no que figuraba a lenda “por el rei”. No soar que ocupan hoxe as “Josefinas”, localizouse antano a fábrica de curtidos de Conde
Balvís. A proximidade dunha fonte de auga quente onde lavar os refugallos e sanear os coiros, inflúe notablemente na localización destas infraestruturas na contorna da Burga. Nos anos 50, a salubridade e os novos conceptos hixienistas, obrigan a desprazar estas industrias desde o núcleo poboacional cara a fóra. Curiosas confluencias de recursos. Sinerxias dun pasado suntuoso. Fernando Valcárcel Arquivo Visual Ourensán
Juan Blanco Álvarez
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Adelgazar sen grande esforzo O noso corpo ten que ser unha máquina de queimar calorías e o peso regresará ao normal. Hai profesionais de saúde, que para probar a súa capacidade, dan dietas radicais, que benefician por un lado, mais prexudican por outro. “Roma e Pavia, non se fixeron un día” e por iso debe utilizarse métodos máis graduais, día a día: Logo pola mañá beba un vaso ou dous de auga e así iniciar a limpeza orgánica. Como a auga vai estar no estómago ao redor de 15 minutos, bote só unhas escasas gotas de limón, porque se bota en exceso pode damnificar o estómago, sobre todo se
sufre de gastrite ou úlcera. O exercicio físico é obrigatorio para queimar calorías e durante o día inxira polo menos 8 vasos de auga. Cando se ten exceso de peso, normalmente temos o sistema dixestivo lento e preguiceiro e sendo así facer unha purificación orgánica do cólon é importante para nos librar das toxinas. Nas tendas de produtos naturais dan indicacións nese sentido. O azucre branco, fariñas brancas, refrixerantes dietéticos son moi perxudiciais. Unha das razóns de exceso de peso é a hormona de crecemento presente nas carnes e nos lacticinios non biolóxicos.
O exercicio físico é imprescindible.
Comer ensaladas regadas con zume de limón e vinagre de mazá biolóxica. Nos asados adicione malaguetas, aceleran o metabolismo e fan que o organismo queime máis calorías. Antes das comidas beba auga ou inxira froita. É importante iniciar a comida cunha sopa ou terminala como sobremesa. Facer un xaxún parcial será o máis difícil. Unha dieta de zumes, durante algúns días desintoxica o organismo e elimina as células adiposas. A dieta do Paleolítico é xa seguida por moita xente; promove unha dieta rica en graxas monoinsaturadas, ómega 3, fibras, proteínas e a exclusión de alimentos procesados, ricos en azucre, sal e aditivos químicos. Unha das grandes vantaxes tamén é a ausencia de hidratos de carbono, de alto índice glicémico, responsables de moitas doenzas actuais. Os resultados serán evidentes
João Damião
Matadoiro municipal baixo o pontillón da Burga.
4HUMOR
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 14 de febreiro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº84 - Ano: XII - 14 de febreiro de 2019 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
60 espectáculos e talento ourensán no Auditorio 4 Pablo Milanés, Antonio Orozco ou Enrique San Francisco encabezan o programa deste semestre. Redacción Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, “un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, contempla actividades “para todos os públicos, todos os gustos e sensibilidades”, afirmou o rexedor. Entre os máis de 60 espectáculos previstos, moito talento ourensán: Como mostra, os nomes propios desta mesma semana: a bailarina Nuria Sotelo con “A Gala” (xoves 14 de febreiro ás 20:30 h.) e o cómico Moncho Borrajo co seu novo espectáculo, “Borrajo perdido” (sábado 16 ás 20:30 h). Pechará a oferta da fin de semana o
espectáculo para público infantil “Facendo o indio”, dos Galitoon (domingo 17 de febreiro ás 12 h). Teatro e danza Outros nomes recoñecidos na nosa cidade para esta primeira parte da tempada son os da cantante Silvia Alonso, que volve con “Steps”, a dramaturxia de Tito Asorey e Melania Cruz con “O empapelado amarelo”. De novo, unha nova edición da MITEU, do 29 de abril ao 10 de maio, ou o concerto de homenaxe á Coral de Ruada, no ano do seu centenario. Unha das actividades estrela deste espazo cultural amosará unha escolma das mellores producións teatrais do momento, tanto de compañías galegas como nacionais: Ítaca Teatro, Redrum Producciones, Teatro do Noroeste ou os portugueses Cinema Sticado, cunha novidosa posta en escena que mestura o teatral e o audiovisual, son algúns dos nomes propios. A danza tamén ten o seu
lugar privilexiado nesta programación, cos espectáculos de Fran Sieira ou Daniel Abreu, dous referentes do panorama internacional.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
Infantil Por outra banda, musicais coma os de “Schreck” ou “O Rey León”, a finais de marzo, ou o tributo á banda Queen, serán algunha das fortes apostas que mantén o Auditorio de Ourense polos espectáculos dirixidos ao público familiar. “Se de público infantil falamos, coido que a oferta desta Concellería de Cultura é sinxelamente espectacular”, afirmaba Vázquez Abad na rolda de prensa. “Desde as idades máis tenras, grazas aos espectáculos para bebés dentro do programa Apego, ata a clásica cita dos domingos ás 12 da mañá”, onde se poderá gozar dun compendio de monicreques, maxia, danza, ou música, por non falar de que todas estas disciplinas se xuntan, a miúdo, no mesmo espectáculo”.
Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.:
O Auditorio de Ourense acollerá a MITEU ou o concerto de homenaxe á Coral de Ruada no seu centenario
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
616 361 548. Busco traballo na zona de Celanova de mañás (de 8 a 11). En cociña, coidado de nenos ou de persoas maiores. Con experiencia. Tel: 662 917 651.
INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.
VENDAS Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo Mazda 3, 1.6. Diesel, ano 2008, negro metalizado. Luces e limpiaparabrisas automático, chave confort, gancho de remolque desmontable, cristais tintados. 3.500 euros. Tel.: 659 999 531. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Moi pouco uso. 350€ negociables. Tamén accesorios para cans medianos e grandes, 3 arneses de tiro, 2 comedeiros automáticos, correas e colares. Todo en perfecto estado. 130 € (negociable) Tel: 988 232 565-636 286 434.
VARIOS Perdéronse unhas gafas progresivas de vista de muller no centro de Ourense. De cor azul e violeta. Contacto: 600 476 393.
Barrios 14 de febreiro 2018