Skip to main content

Barrios 83

Page 1

Entrevista a Avelino Jácome, coautor de “As Andrómenas e outros contos” [Páx. 13]

CIDADE

Páx.3 A VALENZÁ

O Goberno licita por 12,2 millóns a reforma do Museo Arqueolóxico

Páx.6 CELANOVA

Inaugurouse o Centro de Información da Muller (CIM) de Barbadás

Páx.7

A Fundación Curros Enríquez atendeu a 13.616 persoas durante 2018

20 anos de Xantar

ALLARIZ

Páx.8 DEPORTES

Zaida Rodríguez repite como candidata do PSOE en Allariz

Páx.10

A gran tempada do Rio Ourense Termal fai pensar nos playoffs de ascenso

Os bombeiros de Ourense queren máis persoal

[Páx. 3]

O derbi ourensán foi para a Unión Deportiva Ourense

[Páx. 2]

[Páx. 9]

A 20ª edición de Xantar celébrase ata o domingo, 10 de febreiro. // Tres bombeiros fixeron unha folga de fame ás portas do Concello. // Os unionistas venceron 1-0. /RAMSÉS.

Número: 83 - Ano: XII - 7 de febreiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 7 de febreiro 2018

TEMA DA SEMANA

ratas de Iguaçu, unha das Sete Marabillas Naturais do Mundo. A presenza de Brasil neste evento internacional ten o obxectivo de situar á súa rica, variada e ecléctica gastronomía como un atractivo máis á hora de visitalo. Así, Foz do Iguaçu contará cunha caseta promocional do destino e un restaurante propio dentro do salón no que ofrecerá un menú degustación dalgúns dos produtos máis típicos do Estado de Paraná, no que se sitúa esta cidade.

Numerosos comensais non quixeron perderse a xornada inaugural de Xantar 2019. /RAMSÉS.

Xantar celebra os seus 20 anos coa presenza de 12 países 4 15 restaurantes de España, Portugal, Panamá e Brasil (país convidado) ofrecen 20 menús entre os 15 e os 39 euros. Redacción Este mércores 6 de febreiro botou a andar a 20ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, cun programa de actividades do máis internacional no que, á tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal, únese con máis forza que nunca a cooperación iberoamericana. Expourense convértese ata o 10 de febreiro, no epicentro do turismo enogastronómico reunindo 283 expositores e 12 países (España, Portugal, Brasil, Panamá, Costa Rica, México, Italia, Perú, Colombia, Cuba, Arxentina e Nicaragua). 200 experiencias O programa de actividades de Xantar 2019 inclúe tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no “XIV Encontro Internacional sobre Gastronomía Sustentable e Saudable”. Ofrecerá ao público máis de 200 experiencias, é dicir, unha media de 4

actividades por cada hora de celebración do salón. Recoñecidos chefs de 9 países impartirán un total de 77 showcookings. Neste programa destacan os organizados pola Consellería do Medio Rural e a de Mar, que teñen o obxectivo de pór en valor vos produtos de calidade de Galicia amparados con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida ou con selos de garantía. Así mesmo, veremos nos fogóns a chefs galegos como Javier Rodríguez “Taky”, Adrián Felípez, José Manuel Mallón ou Emma Pinal, xunto a outros de Portugal, Costa Rica, Panamá, México, Colombia, Perú, Brasil e Nicaragua. Nesta edición hai que engadir ademais a cociñeiros mediáticos como Carlos Maldonado, gañador de Masterchef 3 e aos integrantes da recentemente creada Asociación

Chefs de 9 países impartirán un total de 77 showcookings

“Cociña Ourense”, que ofrecerán 12 talleres baseados en produtos autóctonos de calidade como a castaña, o aceite ou a Bica de Trives. Para dar cabida a este amplo programa de actividades, Xantar contará con tres aulas, unha de cata e un Túnel do Viño. Este último conta co apoio do cinco consellos reguladores de viño de Galicia e do de Licores e Augardentes e presentará 140 referencias da comunidade. O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o VI Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 20 blogueros de Galicia, Asturias e Portugal ou o XV Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 40 entidades de 4 países. Xantar 2019 contará tamén cun amplo programa de actos especiais como a Noite do Deporte ou a do Comercio. Pais convidado Brasil será o país convidado en Xantar 2019. Este país, que participa

por primeira vez, estará representado pola Prefeitura Municipal de Foz de Iguaçu, o segundo destino elixido polos estranxeiros que visitan Brasil que alberga as famosas Cata-

15 restaurantes Na 20ª edición de Xantar participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León, Portugal (representados por Braga, Vila Real e Azores), ademais de Panamá e Brasil. En total, ofreceranse máis de 20 menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade. Os prezos oscilan entre os 15 e os 39 euros e hai importantes descontos para grupos. A iso hai que sumar os menús infantís ou os especiais para celiacos. Entre as novidades destaca o restaurante do Xeodestino Condado-Paradanta, que ofrecerá un menú baseado na lamprea ou o requeixo; o restauran-

Showcooking que tivo lugar o 6 de febreiro./RAMSÉS.

Os restaurantes do Inorde, Concello de Ourense e Maceda representan á nosa provincia te de Azores que ofrecerá un menú medieval ou o de Panamá que elixe un menú prehispánico. O Inorde repite a súa acción de ofrecer un menú de calidade 100% ourensán. E o Concello de Ourense participa con dúas apostas: a primeira cunha selección dos petiscos gañadores nos concursos Sabores de Ourense 2018; e a segunda para elexir entre cocido de Entroido ou menú de chuletón. A participación da provincia complétase co restaurante do Concello de Maceda. Outras opcións que poderán degustarse serán os menús ofrecidos pola Guarda (Festa da Lagosta); Beluso-Ría de Pontevedra, Vila de Cruces (Festa do Galo de Curral) e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia- BOAGA. Turismo Xantar volveu a pór en marcha o paquete “Sente Galicia” que permite regalar unha experiencia enogastronómica. A contratación deste paquete inclúe aloxamento en réxime AD en hotel de 4 estrelas, a entrada ao salón, o xantar ou cea nun dos seus restaurantes e a participación nas actividades. As reservas poden realizarse a través de www.sientegalicia. com. E repite, ademais, co denominado “Paquete Tren”, orientado aos visitantes que poden achegarse a Ourense na liña de Alta Velocidade, Avant, desde A Coruña ou Santiago. Este paquete está dispoñible para o sábado 9 e domingo 10 de febreiro e inclúe a viaxe ida e volta, traslados, visitas guiadas ás áreas termais e centro histórico e comida no salón. Todo a partir de 55 euros. As novidades do salón poden seguirse a través da web www.xantar.org ou das súas redes sociais.


CIDADE

Barrios 7 de febreiro 2018

Luz ao final do Arqueolóxico 4 O Goberno licita por 12,2 millóns a súa reforma. Redacción

Os bombeiros durante a folga de fame ás portas do Concello de Ourense. /RAMSÉS.

Os bombeiros rematan a folga sen acordo co Goberno local 4 Aseguran que as reivindicacións non rematarán. Redacción Tres bombeiros de Ourense, representantes sindicais, mantiveron unha folga de fame desde a mañá do luns, 4 de febreiro, ata o mércores día 6, ás 22 horas. Trala mesma marcharon cara as súas casas para asearse, comer algo, descansar un pouco e comezar o seu turno no parque de bombeiros o xoves ás oito da maña. Preto de tres días de folga que non lograron achegar posturas entre os bombeiros e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen criticou a actitude ao non “realizar unha petición formal para manter unha reunión”. Ademais, o rexedor asegurou que se reuniu co colectivo hai dous meses nunha xuntanza na que houbo boas palabras. Porén os bombeiros contradecían ao rexedor aducindo que os chamara para unha reunión informativa na que non ía negociar “absolutamente nada” quedando claro, ademais, que

“nós non aceptamos interinos e el dicía que si”. Demandas Son tres as demandas que realiza o colectivo. Piden cubrir “as 17 prazas -que corresponden segundo a RPT- vacantes mediante funcionarios de carreira (oferta de emprego pública)”. Os bombeiros recordaban que “no ano 2000 erán 72” no parque ourensán e que actualmente “somos 50”. Aseguraron nos diversos encontros que tiveron coa prensa ao longo deses días que o alcalde quería cubrir prazas con interinos ao que se negan, “non pode pasar unha persoa as probas físicas e dentro de tres anos o boten porque se realiza unha oferta de emprego pública, queremos devandita oferta xa”. Neste intercambio de golpes, o alcalde afirmaba que podían botar polo chan a oferta, ao que responderon estes que os seus asesores “aseguráronnos que si é factible” e recordaron que no 2014 houbo

unha oferta “cos orzamentos prorrogados”. A segunda das peticións é que se invista a partida orzamental de Unespa, que ascende a 1,3 millóns de euros aproximadamente, en “mellorar a organización do servizo en canto a prevención, formación e protocolo de actuación”. “Foi a pleno pero que non se deu ningún paso para a súa utilización en material e mobiliario”, denunciaban. E a terceira reivindicación é a comarcalización “que tanto venderon ao colectivo e ao cidadán”, explicaban entre os tres bombeiros manifestantes. E facían unha súplica, “que a seguridade de todos os ourensáns non estea en entredito” e o argumentaban explicando que algún turno en verán “había seis persoas en ser-

vizo, unha na sala de comunicacións, dous mandos e tres persoas para traballar; unha situación moi perigosa”. Durante a folga tiveron o apoio dos seus compañeiros e doutros parques de Galicia, de políticos do Concello, Deputación e ex dirixentes políticos, ademais de persoas anónimas que mostraron a súa solidariedade estando de acordo coas súas reivindicacións e ofrecendo o que precisaran neses días de folga.

Máis dunha década houbo que agardar para que o Goberno do Estado licitara as obras de reforma do Museo Arqueolóxico. E por fin, en 2019 licítase por 12,2 millóns de euros a restauración dun dos emblemas da nosa cidade. Hai luz ao final do Arqueolóxico! A plataforma de contratación do sector público publicou o luns, 4 de febreiro, o anuncio de licitación e o pliego das obras, cun importe total de 12.246.860,33 euros, e un orzamento do proxecto cifrado en 10.121.372,17 euros As empresas interesadas en acometer esta obra, cunha duración de 30 meses, teñen ata o 14 de marzo para presentar as súas ofertas, polo que as mesmas poderían estar adxudicadas en abril. Se

se cumpren os prazos, en 2022 Ourense tería operativo o antiguo Palacio Episcopal. Medallas Tanto PSOE coma PP colgáronse as medallas da licitación do Arqueolóxico. Mentres o alcalde, Jesús Vázquez, falaba “dun dos grandes obxectivos deste mandato” ademais dun “intenso traballo levado a cabo nestes meses” nos que se outorgou “a licencia de obra en tempo récord”, os socialistas lembraban os oito anos de “absoluta parálise e vendo como os gobernos de Mariano Rajoy e de Núñez Feijóo foron incapaces de facer nada para executar as obras”.

O Museo podería estar aberto para 2022

Máis accións Unha vez rematada esta manifestación aseguraron que as accións non se ían quedar na folga de fame que realizaron ás portas da Casa Consistorial. “Non queremos palabras, queremos feito”, sentenzaban.

Os bombeiros demandan unha oferta de emprego pública, inversión en material e a comarcalización

Infografía do interior do Museo Arqueoloxico.


Barrios 7 de febreiro 2018

CIDADE / EMPRESAS

EN BREVE

Cando viaxes, mellor asegurado con Allianz

4 OUeC Ourense en Común continúa co seu proxecto de ir barrio por barrio para coñecer as inquedanzas e implicar á cidadanía a formar parte da actividade social da cidade. Os seguintes puntos de encontro estarán en: O Vinteún, sábado 9; Barrocás, domingo 10; e o centro da cidade, venres 15.

4 A Farixa

Esta semana se iniciaron as obras de reparación das fochas no firme nas rúas Farixa, Miramón e Alberto García Ferreiro, emprazadas entre a Avenida de Zamora e a Finca Sevilla.

4 IES 12 de outubro O IES 12 de outubro leva a cabo esta semana a 4ª Semana da empresa e o emprendedor. O evento consta de charlas coloquio que tratan diversos aspectos do mundo empresarial e laboral. O venres 8, haberá unha mesa coloquio con exalumnas/os do centro que levaron adiante proxectos empresariais.

4 Oficina de atención cidadá A Oficina atendeu a 18.576 persoas nas súas dependencias na planta baixa do Concello; a 2.494 por teléfono e a 2.536 por vía telemática durante 2018.

4 Democracia Ourensana Democracia Ourensana denuncia que desde hai unhas semanas nas instalacións termais das Burgas non funciona a auga quente das duchas.

A conselleira, Carmen Pomar, na visita ao CIFP A Carballeira. /M. REJO.

A Xunta acometerá a ampliación do CIFP A Carballeira 4 Investirá ao redor de 800.000 euros. R.T. O CIFP A CarballeiraMarcos Valcárcel ampliarase grazas a un investimento da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de 800.000 euros. A conselleira, Carmen Pomar, visitou un centro que conta con máis de 830 estudantes. Desde o centro están interesados en ampliar o número de ciclos plurilingües que imparte, sendo dous neste momento: Laboratorio de análise e de control de calidade e Hixiene bucodental. Neste momento estase a avaliar a encarga do proxecto técnico, que se desenvolverá no segundo trimestre deste ano 2019. O obxectivo é licitar a obra antes de que remate o

ano. A actuación consistirá no reforzo da estrutura para a construción dunha planta adicional cunha superficie construída duns 1.000 m², dos que aproximadamente 700 útiles corresponderán a espazos lectivos. Nela ubicaranse dúas aulas polivalentes e seis aulas-taller para as familias profesionais de Sanidade, Química e Informática. A conselleira, que estivo acompañada pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e polo alcalde, Jesús Vázquez Abad, felicitou tamén o centro pola súa excelente participación na Galicia Skills 2018. Non en balde un dos seus alumnos, Iván Rodríguez Salgueiros, gañou a medalla de ouro na skill de Solucións de software para empresas, polo que formará parte do equi-

po que participe en Spain Skills. Escola de arte Carmen Pomar aproveitou o seu paso por Ourense para visitar a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, que conta con case 300 alumnas e alumnos distribuídos entre as ensinanzas profesionais de Ebanistería Artística, Fotografía e Ilustración, e as superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

A actuación consistirá no reforzo da estrutura para a construción dunha planta adicional

Son moitas as noticias que escoitamos na televisión ou lemos na prensa de cancelación de voos, folga de transporte ou calquera outra que pode afectar ao noso período de vacacións. Agora que se achega a época de facer as maletas e realizar algunha viaxe, que mellor maneira que facelo estando asegurado. Para estar o máis tranquilo posible e gozar 100% das túas vacacións Allianz ofréceche unha cobertura acorde ás túas necesidades para que o único que te preocupe é que non se rematen esos días de decanso. Con Asitencia en viaxe de Allianz dedícanse de maneira especial á asistencia en viaxe para que non te agobies en caso de calquera continxencia fóra da túa planificación. Posibilidades Allianz dache a posibilidade que collas o seguro que máis se adapte as túas necesidades, xa que cubre todos os países do

mundo. Hai catro posibilidades de asegurar a túa viaxe, así sexa a España, países da Unión Europea, do Mediterráneo ou do resto do mundo. Entre moitas outras cousas o seguro cubre roubo, perda das maletas (moitas veces cando chegas ao destino as maletas están na outra punto do mundo), perda do pasaporte, cancelación de voos, cobertura médica, traslado ou repatriación. Unha vez asegurado tan só tes que ter contigo o teléfono de asistencia para contactar ante calquera problemática. Son máis de 30 anos os que avalan a Allianz neste tipo de coberturas. Para máis información podes achegarte á sucursal de Allianz Seguros na rúa Bedoya, nº 7 primeira planta - local 9. Teléfono 988 236 170 / 680 636 539 (atende tamén WhatsApp) ou no mail: tirsocd88@gmail.com.

Allianz Seguro de Asistencia en Viaxes fará que te olvides dos problemas nas túas vacacións


CIDADE

Reza esixe o seu Centro Social 4 No antigo edificio da depuradora. Redacción A Agrupación Miño que integra a máis de 20 AAVV da periferia e o perímetro rural da cidade respaldou a manifestación convocada pola AVV Quince de Agosto o 31 de xaneiro esixindo a apertura do Centro Social de Reza no edificio da antiga depuradora. Actualmente o colectivo veciñal de

Reza non ten local donde desenvolver as súas actividades. En palabras da presidenta da Agrupación , Lorinda Fernández “As Asociacións Veciñais no rural e a periferia son o único espazo de reunión, actividades, debate e lecer para a veciñanza, en especial para as persoas maiores. Reza ten dereito a un Centro Social para as actividades veciñais.”

Veciños de Reza reclamando a apertura do Centro Social na antiga depuradora.

Oficina do Inem na rúa Progreso de Ourense.

Aumenta o paro 4 Ourense suma 262 desempregados en xaneiro. Redacción Os datos do paro cumpren coa tradición e demostran que xaneiro é un mal mes para a xeración de emprego. O fin da campaña de nadal deixa na provincia 19.361 inscritos nos rexistros públicos de emprego, o que supón sumar 262 máis aos de decembro, incrementándose un 1,37% o dato do último mes, aínda que, como é habitual a taxa interanual segue sendo positiva xa que hai 1.024 parados menos

que hai un ano; é dicir, un 5,02%. A maioría das novas desempregadas (222) son mulleres. Os datos tamén desmenten a teoría de que o comercio é capaz de manter a contratación en xaneiro grazas ás rebaixas xa que o sector servizos incrementou o paro en 224 persoas. Tamén sumaron parados a construción (57) e a industria (48). Reduciron parados a agricultura (45) e o colectivo sen emprego anterior (22). Pero, sen dúbida, o maior revés dos datos de

Barrios 7 de febreiro 2018

xaneiro na provincia albíscase nos 1.147 afiliados á Seguridade Social que se perderon nada máis arrincar o ano. Con iso, agora hai 100.846 cotizantes, a cifra máis baixa de Galicia e xa a taxa interanual é negativa en seis persoas. Desde a Xunta, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, fai unha valoración respecto da evolución anual. Toca apunta que Galicia comeza o ano con 15.086 parados menos que en xaneiro de 2018. Ourense é a provincia que ten un peor comportamento, xa que a taxa de paro nos últimos doce meses baixou apenas un 5,02 % (A Coruña, Pontevedra e Lugo superaron o 8 %). Non é mellor a lectura que fan desde CC.OO. «Os datos de paro rexistrado confirma a retardación do mercado laboral ourensán». Ademais, apuntan como dato que no mes de xaneiro, nove de cada dez contratos rexistrados foron temporais e a tempo parcial.

Hemodinámica Redacción O PSdeG-PSOE demandará no Parlamento, na Deputación e nos concellos, que a Xunta implante, de inmediato, o servizo de hemodinámica as 24 horas os sete días da semana. Os socialistas denuncian que PP deixa a Ourense sen este servizo básico, cando ten a taxa de mortalidade por infarto máis alta de Galicia. A deputada provincial, Isabel Gil, que é médica en activo, dixo que “os tempos de atención son importantísimos nas crises coronarias para evitar chegar ó infarto de miocardio, polo tanto, a hemodinámica canto máis preto, mellor”. Destacou os problemas existentes coa falta de UVI móvil medicalizada nas áreas sanitarias de Verín e Valdeorras, e recordou que “polo noite o helicóptero medicalizado non pode voar, polo que é necesario prestar hemodinámica as 24 h. preto”


Barrios 7 de febreiro 2018

BARBADÁS

Para evitar problemas, Estrada de Moreiras a Toén

Casas de apostas Redacción Desde a agrupación local de Ciudadanos en Bardabás, a súa portavoz, María José Fernández Soto presentou no Concello unha moción para modificar a planificación urbanística coa intención de evitar que cohabiten as casas de apostas nas proximidades de colexios, institutos e centros xuvenís. Ciudadanos Bardabás, explica Fernández Soto, “ademais de pedir a modificación da normativa urbanística, insta ao Goberno municipal a pór en marcha campañas de concienciación dirixidas a centros escolares e tamén aos proxenitores sobre os riscos que entraña o xogo, xunto á colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade para a supervisión dos mecanismos de identificación que detectan o acceso de menores de idade aos mesmos”. Desde Cidadanos piden que desde o concello dificulten as instalacións preto de centros con elevado tránsito de menores de idade, para que os mozos non vexan nestes negocios como centros aptos para o seu acceso pola súa proximidade e facilidade de acceso. Escola deportiva Noutro orde de cousas, Ciudadanos, tamén, propón ao Concello que a información sobre a oferta da Escola Deportiva Municipal estea presente nos colexios para, deste xeito, “fomentar os deportes minoritarios”.

4 O pleno de Barbadás cambiou o nome da rúa Reverencia. Inauguración do CIM de Barbadás.

O Centro de Información da Muller de Barbadás bota andar 4 Está ubicado no vello centro de saúde. Redacción O Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás botou andar de xeito oficial nun concurrido acto cheo de contido que contou coa presencia do tenente de alcalde do Concello, Xosé Manuel Fírvida; a portavoz do grupo municipal socialista, Victoria Morenza; e o representante de Compromiso por Barbadás, Ramón Padrón, así como un representante da Garda Civil membro do equipo dos programas sobre violencia de xénero. O novo centro trátase dun espazo no que o concello ten postas “moitas expectativas, xa que ademáis de atender ás mulleres que sexan víctimas da violencia de xénero, tamén porá o foco “no traballo con colectivos variados de mulleres e homes que teñen como obxectivo mu-

dar a sociedade patriarcal na que vivimos”, segundo afirmou Ánxela González Cid, concelleira de Cultura, Mocidade e Igualdade. Neste senso, engadiu que “nestes grupos de traballo elaboraranse propostas de accións ou iniciativas para debate e posta en marcha, favorecedoras da igualdade real”. O CIM de Barbadás ubicado no edificio do antiguo centro de saúde, a poucos metros da Casa Consistorial, conta con instalación acaídas para o labor ao que está concibido. O centro está dotado de psicóloga, asesora legal e técnica de igualdade. Inauguración No acto participaron o dúo de voces e guitarra formado por Marta e Héctor, que interpretaron varias cantigas relacionadas coa igualdade. Tamén tiveron destacada participación un grupo de alum-

nos do instituto Ferro Couselo, membros á sua vez dun programa posto en marcha polo equipo directivo e profesorado do centro educativo e máis o concello de Barbadás. O alumno Alejandro Casas deu lectura a unhos versos da tamén alumna e poeta Rebeca Valiña “Becky”, que non poido estar presente, no que fala da valentía para encarar a loita polos dereitos da muller e a igualdade. Andrea Valeria Jiménez, tamén do Ferro Couselo, deu lectura a un manifestó coa mesma temática, contra “a cousificación” das mulleres e en favor da sua dignidade e liberdade, ao tempo que reivindicaba o traballo e a loita compartida pola igualdade e a xustiza. Por último, colgouse nunha das paredes do vestíbulo, a reproducción dun cadro da pintora Génesis Pereira.

Redacción O pleno de Barbadás, celebrado o pasado luns, 4 de febreiro, aprobou cambiarlle o nome a rúa Reverencia da localidade de Piñor. Devandita rúa pasará a chamarse Estrada de Moreiras a Toén. A petición dos veciños xunto cos innumerables problemas que tiñan carteiros e repartidores levaron a dar luz verde a esta medida por unanimidade da corporación municipal. Outro punto aprobado, nesta ocasión só cos

votos favorables do grupo de Goberno foi a creación dunha terceira praza de traballador social (grazas a unha subvención da Xunta de Galicia), unha para intervención e unha máis de auxiliar administrativo. Outras mocións No pleno tamén entraron unha moción do BNG sobre a sanidade pública e a súa defensa e unha dos populares sobre a intervención en viais do municipio, ou as do grupo mixto sobre melloras nas vías publicas e alugueiros de vivendas.

EN BREVE 4 Xornada

4 Entroido

O venres, 22 de febreiro, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás terá lugar unha xornada formativa sobre o risco de incendio no fogar. Será a partir das 19.30 horas. A inscrición é gratuíta chamando ao teléfono: 988 36 04 13.

Xa está aberto o prazo para inscribirse na gran Foliada do Entroido de Barbadás que terá lugar o martes, 5 de marzo. O prazo de inscrición remata o día 1 de marzo (venres). As solicitudes están disponibles na Casa da Cultura e na páxina web barbadas. gal. A inscripción realizarase na Casa da Casa da Cultura, a través de correo electrónico casacultura@ barbadas.es ou por teléfono: 988 246 885. O concurso de mecos tamén ten prazo de inscrición ata o 1 de marzo e polos mesmos cauces.

4 Mocidade O Concello de Barbadás facilita axudas para poñer en marcha proxecto liderados pola mocidade (entre 18 e 30 anos). Máis info na web do concello ou en xuventude.xunta.es.


CELANOVA E COMARCA

Celanova quere humanizar a rúa Castor Elices

4 O DOG publicou unha orde de axudas para tal fin. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, con quen analizou a posibilidade de que o seu departamento poida colaborar nun proxecto de humanización urbanística na rúa Castor Elices. Trátase dunha rúa que comunica o casco histórico e a zona de maior expansión urbanística de Celanova. O que se pretende é resolver os problemas de accesibilidade actuais mellorando e ampliando as beirarrúas e renovando todas as ins-

talacións para facilitar a súa integración. DOG A conselleira comprometeuse a estudar o proxecto. Ademais, comunicoulle ao rexedor que o o Diario Oficial de Galicia publicou unha nova orde de axudas, dotada con case 2,5 millóns de euros e destinada, precisamente, á creación ou mellora de infraestruturas urbanas en concellos de menos 50.000 habitantes. Por iste motivo, animou ao rexedor de Celanova a presentarse á convocatoria con este proxecto.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co alcalde de Celanova, Jose Luis Ferro.

O BNG solicita información Redacción O portavoz nacionalista, Leopoldo Rodríguez, e número un da candidatura do BNG para as eleccións de maio pedirá información sobre a compra dunha máquina varredora e que criterios se seguiron por parte do Concello. Rodríguez se pregunta “porque non se informou en pleno”. Ademais mostra a súa sorpresa porque “a empresa adxudicataria sexa Veicar, con sede en Bergondo, na Coruña, e que está baixo investigación xudicial desde o pasado ano tras unha intervención da UDEF (Unidad de Delincuencia Económica y Fiscal,

da Policía Nacional) no marco da Operación Enredadera”. Criterios “Descoñecemos que criterios e informes se seguiron e cal será a eficiencia do servizo en relación ao gasto da varredora”, subliña Leopoldo Rodríguez, e engade que o BNG de Celanova solicitará unha información detallada no próximo pleno respecto de como afectará a incorporación da máquina ao servizo, “se se eliminarán os varridos manuais en determinadas zonas, de que maneira se verá afectado o persoal, ou os horarios e condicións nas que se utilizará” remataba o edil nacionalista.

Celanova atrae pola música e a literatura Redacción A Fundación Curros Enríquez atendeu a 13.616 persoas durante o ano 2018. Cifra que responde á suma dos visitantes da Casa dos Poetas (casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez), dos visitantes da Torre da Homenaxe e da Cova de San Vivián en Vilanova dos Infantes, dos participantes nas

actividades culturais organizadas por esta entidade e dos grupos concertados que solicitaron un acompañamento nos roteiros ‘Celanova: pedra e poesía’ e ‘Celanova: un paseo pola

Barrios 7 de febreiro 2018

historia de Galicia’ que inclúen visitas ao Mosteiro de San Rosendo, á Torre das Campás, a Vilanova dos Infantes e a Castromao. Case a metade das per-

soas atendidas pola fundación achegáronse á vila de San Rosendo formando parte de grupos concertados (186); os centros de ensino (99) desprazaron 3.639 estudantes.

Visita á Casa dos poetas do CPI Virxe do Remedios de Castro Caldelas.


Barrios 7 de febreiro 2018

CELANOVA E ALLARIZ E COMARCA

Obradoiro de poesía virtual

O PSOE repite candidata en Allariz

4 Sobre a obra dos autores de Celanova.

4 A militancia continúa apoiando a Zaida Rodríguez.

Redacción

Redacción

A Casa dos Poetas acolle os sábados 9 e 16 de febreiro un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo gravador Xosé Poldras. Cunha duración de dúas horas por xornada (16:30-18:30) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes para acadar unha obra utilizando material de refugallo. Unha parte será a proxeción de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe; elaboraranse ensamblaxes

Sábado de Piñata Redacción O sábado de Piñata xa é un clásico -ademais da xornada central- do entroido de Celanova. Co cartel xa seleccionado, desde o Concello veñen de abrir o prazo de inscricións para participar no desfile, que cada ano conta con máis participación logrando facerse un oco entre os entroidos da provincia. Este no celebrarase o día 9 de marzo e chega cunha novidade que afecta aos veciños da vila. Entre os repartos das mellores comparsas, este ano tamén se premiará á mellor que esté conformada por empadroados en Celanova

para ser fotografados combinando obxectos con textos dos poetas de Celanova; e unha tercerira parte adicarase ao retoque dixital en grupo, de cada obra final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo, ou o que se considere entre todos, á luz dos resultados. Inscricións O aforo da actividade está limitado a 10 persoas polo que é preciso realizar unha inscrición na actividade a través do teléfono 646.026.421 ou do correo electrónico fundacion@currosenriquez.es. (un mínimo do 60% dos compoñentes). Haberá 3.300 euros en premios que se repartirán nas seguintes categorías: individual, parellas/tríos, grupos, comparsas de Celanova e comparsas en xeral (as catro mellores levarán premio). As inscricións están abertas ata o 8 de marzo na oficina de Turismo.

Sábado de Piñata.

O PSOE de Allariz deu a coñecer á súa candidata para as eleccións de maio. A militancia volveu a confiar en Zaida Rodríguez para tentar gobernar unha vila na que o BNG ten a maioría. A candidata socialista destaca que presenta a súa candidatura para que “as potencialidades

da na nosa vila repercutan directamente na calidade de vida das nosas veciñas e veciños” A actual voceira socialista remarcou que “a candidatura socialista pretende superar as políticas continuistas e faltas de ilusión dun pasado demasiado longo” porque os tempos do cambio “son chegados”. Rodríguez explicou a importancia das políticas

Febreiro: mes de educación sexual 4 Realízase un curso de monitor de educación sexual. Redacción As áreas de igualdade e educación familiar de Allariz organizan, en colaboración co Colexio Padre Feijoo e co IES de Allariz, unha nova actividade co alumnado de 6º de primaria, 2º e 4º da ESO de Allariz. Durante o mes de febreiro, unha vez por semana, e baixo a supervisión de profesionais do Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid INCISEX, a actividade busca aportar coñecementos sobre a pubertade, a adolescencia e aqueles cambios que teñen lugar nestas idades e que implican aspectos

que van máis alá do físico. “Falamos de sentimentos e de relacións” explican as técnicas. “Será un espazo para o coñecemento sexolóxico, onde os contidos aportan entendemento e comprensión dos mozos e mozas, do que son e das formas de establecer rela-

sociais en terras alaricanas. “Quero facer fincapé nas políticas sociais, xa que Allariz ten unha gran riqueza en moitos campos, pero as políticas sociais están moi abandoadas”, remarcaba.

EN BREVE 4 Museos Os museos de Allariz reabriron as súas portas logo dun parón dun mes para mantemento e mellora. O Museo Galego do Xoguete, o Museo da Moda de Allariz e o Museo do Coiro mudarán o seu horario a partir deste mes de febreiro e abrirán sábados, domingos e festivos de 11h a 14h e de 17h a 19h.

4 Río Arnoia

Zaida Rodriguez. cións coa finalidade de estar a gusto”, remarcan. “Unha forma de investir nunha sociedade mellor, máis xusta e máis respectuosa onde a diversidade se tome coma un valor e a convivencia como un dos obxectivos máis cotizados”. Obxectivo A formación, cuxo obxectivo principal é analizar e afondar no feito sexual humano, desenvolverase entre os meses de febreiro e xuño, cun total de 40 horas presenciais e 10 horas on line.

A Confederación do Miño-Sil iniciou os traballos de mellora das beiras do río Arnoia o seu paso pola zona urbana de Allariz. O prazo de execución estímase en cinco semanas entre os meses de febreiro e marzo cun investimento preto aos 18.000 euros.

4 Maceda Medio Rural colabora co Concello de Maceda na mellora das súas infraestruturas -en particular no que atinxe á mellora de camiños de titularidade municipal- e na prevención de incendios. Ademais, o alcalde amosou a súa disposición á posible adhesión do Concello ao convenio entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a xestión da biomasa nas faixas próximas aos núcleos de poboación.

4 Paderne de Allariz

Cartel do curso de educación sexual.

O Concello de Paderne de Allariz está en trámites para a construción dunha escola infantil da Galiña Azul. Prevese licitar a obra neste primeiro trimestre de ano.


DEPORTES

Marquitos dalle o derbi á UD Ourense 4 Un gol do porriñés no 82 supuxo os tres puntos para algarabía da bancada unionista. R. Torres O dianteiro da Unión Deportiva Ourense, Marquitos, deulle a vitoria ao seu equipo no derbi ante o Ourense C.F. Os preto de 3.000 afeccionados (maioría unionista) que estiveron presentes no Couto viviron un derbi típico; a emoción superou ao xogo durante os 90 minutos. Comezaron os locais cunha ocasión no primeiro minuto de encontro, despois pasou o dominio

para os visitantes, que foron quen de controlar o partido en toda a primeira metade. Os de Fran Justo dominaban os primeiros 45 minutos con Rali e Beceiros moi eléctricos na zona de perigo -Pato viu unha amarela por cortar unha contra lonxe do seu marco-, pero os goles non chegaban. O segundo tempo estivo máis igualado, con ocasións nas dúas portarías. Polos albinegros, a máis clara foi un pase de

Iago Beceiro que deixou só diante de Pato a Rober pero o seu disparo estrelouse no cancerbeiro moi ben colocado. Pola contra, Marquitos si que viu porta no 82. Rubén Arce desfaise do seu par na banda e o seu centro o remata Marquitos ao fondo das mallas. Un a cero e a ledicia desbórdase entre a maioría dos afeccionados presentes. Ata o final, o Ourense CF o tentaría pero o marcador xa non se movería. Esta vitoria mantén aos de Fernando Currás na terceira posición (45 puntos) a tres puntos do líder, Rácing de Ferrol. O Ourense C.F. é undécimo con 28 puntos. Esta fin de semana o equipo de Fran Justo fará de local ante o Porriño, mentres a UD Ourense será visitante no campo

Barrios 7 de febreiro 2018

do Polvorín. Resto ourensáns O Barco non puido pasar do empate na casa diante do Ribadumia. O Arenteiro caeu como local ante o Bergantiños. Para esta fin de semana os valdeorreses visitan ao Somozas e os do Carballiño ao Laracha. O Barco é quinto a un punto da promoción de ascenso e o Arenteiro é 16º con catro puntos máis que a zona de descenso. Autonómica Na autonómica, a única ledicia ourensá foi a vitoria do Barbadás (0-3) diante do Grove. Bande, Antela e Velle caeron diante de Mondariz (3-0), Moaña (4-1) e Sanxenxo (2-0). Nesta vindeira xornada reciben a Marcón, Pontellas (líder), Moaña e O Grove, respectivamente.

Momento do derbi capitalino de Terceira entre UD Ourense e Ourense CF. /RAMSÉS.


10

Barrios 7 de febreiro 2018

DEPORTES

EN BREVE

O Río Ourense Termal manténse firme en postos de playoffs

4 Campionato de remo Os campionatos de España de remo nas modalidades de Longa Distancia e de Seleccións Autonómicas disputaranse os días 9 e 10 de febreiro no parque náutico de Castrelo de Miño, e reunirá a un total de 1.150 remeiros de 107 equipos de 9 comunidades. O IX Campionato de España de Longa Distancia terá lugar o 9 de febreiro a partir das 9.00 horas, nas categorías de cadete, xuvenil e absoluto, sobre unha distancia de 5.500 m., e no que atinxe ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputarase o 10 de febreiro, a partir das 16.30 h, no que competirán remeiros das mesmas categorías, sobre unha distancia de 1.000 m.

4 Voleibol Cómoda vitoria do Aceites Abril no País Vasco. As ourensás gañaron por un rotundo 3 a 0 ao Vialki Udapa. Co seu bo xogo habitual e pese as baixas, ata seis xogadoras, lograron imporse nos 3 sets as vitorianas. No primeiro set adiantáronse moi pronto e non deron opción ás vascas, remantando 13 a 25. No segundo case o mesmo, pese a unha reacción inicial das locais, rematou cun 14 a 25. No derradeiro as ourensás non deron lugar a dúbidas e se impusxeron por un rotundo 14 a 25. A próxima xornada reciben no Pompeo ao Collado Villalba.

4 Rugbi Nova vitoria como local do Campus Universitario de Ourense ao equipo vasco Babyauto Zarautz RT por 51 a 23. Aínda que comezaron adiantándose os de Zarautz, os universitarios reaccionaron e conseguiron unha cómoda vitoria. Grazas a esta vitoria marchan cuartos con 11 vitorias e 6 derrotas, moi preto dos postos de arriba. Na próxima xornada visitan Santander para medirse ao líder, o Bathco Rugby Club.

4 Trala vitoria de Oviedo vai quinto, a unha vitoria do segundo. Redacción Sara Moreno, tentando levarse un balón, acompañada de Marta./ M.R.

Ben os de abaixo, mal os de arriba en fútbol sala 4 Derrotas do Sala Ourense e Envialia, e vitoria do Envilia “B” e Cidade das Burgas Redacción O resumo desta pasada xornada para os equipos de fútbol sala, tanto masculino como feminino, ben podía ser: “Mal os de arriba e ben os de abaixo”. O Sala Ourense masculino e o Envialia Ourense feminino perderon os seus partidos, os primeiros como visitante e as segundas como locais. O Sala Ourense perdeu co Esteo 4 a 3. O equipo das Pontes de García Rodriguez impuxose ó final do partido. Chegaron ao descanso gañando os ourensáns por 1 a 2. No segundo tempo se puxeron por diante os do Esteo, 3 a 2. No minuto 36 empataron a tres pero aos poucos segundos volveu marcar o Esteo, deixando o marcador no definitivo

O Sala Ourense perdeu contra o Esteo e marcha noveno con 27 puntos. Xoga este domingo ás 12 nos Remedios contra o Santiago de Sama “A”

O Cidade e o Envialia B, gañaron e marchan con bo pé en segunda 4 a 3. Unha mágoa porque de gañar os de Kike García os adiantarían na táboa e ascenderían varios postos. Así, o Sala Ourense continúa noveno con 27 puntos. A xornada do 9 de febreiro, o Sala Ourense recibe ao Santiago de Sama “A” no pavillón dos Remedios o domingo ás 12 h., que se atopa por debaixo na clasificación, case a 10 puntos, e na primeira volta gañoulle na casa por 5 a 7. Na categoría feminina o Ourense Envialia perdeu na central dos Remedios contra o Alcorcón por 1 a 3. As madrileñas adiantáronse no marcador e o Envialia nos soupo atoparlle a medida ó rival e non foi quen de meterse no partido. Sen grandes evidencias o Alcorcón levouse o partido. Este resultado achega ó Alcorcón a un punto das ourensás, que ten 29. Tralo parón polos partidos da selección española, o Ourense Envialia mídese ao Leganés outra vez no pavillón dos Remedios. O

Leganés marcha na undécima posición con 16 puntos pero cabe lembrar que na primeira volta empataron a ceros en Leganés. Posible partido trampa para os de Morenín que non pode ter máis tropezos se queren ter esperanzas de xogar a Copa da Raíña esta tempada. En canto aos equipos femininos de segunda división todo lle marcha vento en popa. O filial do Envialia gañou na casa ao Orvina por 4 a 2. Con esta vitoria colocase sexto con 30 puntos. A semana que vén tamén xoga na casa fronte ó Muslera. Por outra banda o Cidade das Burgas vén de gañar na casa do Muslera por 1 a 3. Grazas a esta vitoria marcha terceiro con 38 puntos, a un punto das segundas, o Ferrol. A seguinte xornada, a do día 16 de febreiro, tamén xoga fóra contra o Fisgón que vai quinto con 31 puntos.

As de Morenín ten que gañar ó Leganés na casa para ter opcións de entrar na Copa

De xogarse hoxe os playoffs de ascenso, o Río Ourense Termal tería asegurado o factor cancha. Agardemos que esto continúe así ata o final da tempada. E pode ser que si visto o potencial do equipo nestas últimas xornadas. O intratable Oviedo non puido dominar os ourensáns e perdeu pola mínima e no último segundo por 78 a 81, grazas a un triple de Vidal na derradeira xogada. O que na tempada anterior non entraba e facía perder partidos na última xogada, nesta tempada ocorre todo o contrario. Semella que o equipo é máis maduro e afronta sen medo eses finais incertos. O éxito deste equipo basease na intensidade defensiva e no acerto ofensivo. Quedou demostrado en Oviedo. Pese a nun momento do partido ir por 16 puntos debaixo no marcador, o COB reaccionou e puxose por diante. Ata o final do partido houbo igualdade, entrando nos

instantes finais tres puntos abaixo, 78 a 75. Un triple de Zamora, puxo o empate e, cando todos pensaban na prórroga, outro triple de Vidal dáballe a vitorio aos ourensáns. Neste partido foron moi importantes os 16 puntos de Ott e os 15 de Van Wijk que se erixiron en máximos anotadores. Acompañados por Vidal con 13, triple gañador incluido, Rozitis 12 puntos e 9 rebotes, Zamora con 11 puntos, e Masters con 10 puntos. Próximo partido Agora só falta que continúe a racha fronte ó Tau Castelló o vindeiro venres 15 de febreiro ás 21 hora no Pazo Paco Paz. O Tau Castelló vai de 14 na clasificación con 7 vitorias e 13 derrotas. Na primeira volta o conxunto ourensán xa foi quen de vencer aos castellonenses por 80 a 85. De producirse a vitoria e tendo en conta o partido entre o Melilla e o Oviedo, no que un dos dous gañará, o COB pode asegurar aínda máis o camiño hacia o playoff desta tempada.

Rozitis pugnando polo balón cun xogador do Oviedo.


DEPORTES

O Salvour volve a dominar en Galicia

Campionato de España máster

4 En categoría máster feminino e conxunta.

O Concello de Ourense xunto coa Federación Galega de Atletismo analizaron nunha xuntanza o que será a celebración do 25º Campionato de España máster en pista cuberta. Concello e Federación mantiveron unha primeira toma de contacto con motivo do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, que

Redacción Un ano máis, o Club Salvour proclamouse campión galego de salvamento acuático en categoría máster. A piscina Rosario Dueñas volveu a ser o mellor escenario para celebrar este campionato autonómico. Polo vaso ourensán pasaron 12 clubs e preto de 250 deportistas, que estiveron acompañados por uns 600 afeccionados nas bancadas. A organización do evento correo a cargo da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) e o club salvamento Ourense Salvour. O club ourensán logrou o campionato en categoría máster femenino con Silvia Fernández, Paula Fernández, Cristina Colomo e Marta Estévez. Ademais levouse o título na clasificación conxunta con Jesús Quintas, Héctor Pérez, Julio Iglesias, Eloi Fernández e Roberto Naranjo. Todos eles medallistas e con varios títulos galegos e récords autonómicos. Actuacións A nivel individual destacaron as actuacións da xu-

Equipo máster do Salvour.

venil Eva Espinosa que subiu en dúas ocasións ao podio con medalla de prata na proba de 100 metros combinada e en 100 metros remolque de maniquí con aletas. O equipo formado por Eva Espinosa e Aldara Nerea Vesprini non puido loitar polas medallas na final de lanzamento de corda; tampouco accederon ao medalleiro os integrantes do 4x50 obstáculos Noel, Ecequiel, Jorge e Miguel González Alvar que alcanzaron un meritorio quinto posto a nivel absoluto. En sénior, Ecequiel Quiroga logrou a medalla de prata en 200 metros obstáculos, e Noel Quiroga, terceiro. Proba na que Jorge Sánchez quedou no posto sexto. Andrea Bello rozou o podio en varias probas.

Eva Espinosa, xuvenil, en dúas ocasións e Ecequiel Quiroga e Noel Quiroga lograron subirse ao podio

Redacción

terá lugar os días 8, 9 e 10 de marzo na pista de Expourense, e no que se prevé a participación de entre 1.500 e 1.800 persoas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, mantiveron un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o vicepresidente primeiro desta entidade, Eladio Gómez e Ángel Fidalgo, delegado en Ourense da Federación, para analizar diversos aspectos relacio-

Barrios 7 de febreiro 2018

nados con esta proba. Visitantes Segundo citas anteriores, poderían desprazarse -por este evento- até a cidada das Burgas entre

11

3.000 e 4.000 persoas, ao longo dos tres días de competición. Desta cifra, sobe a metade, unhas 1.800 persoas serán atletas de máis de 35 anos chegados de toda España.

Xuntanza para analizar o Campionato de España máster de pista cuberta que se celebrará en Ourense.


12

Barrios 7 de febreiro 2018

especial ENTROIDO

A provincia prepárase para días de troula co Entroido 4 Verín, Xinzo de Limia e a capital presentaron a súa programación. Redacción Empézase a notar que o Entroido achégase. Xa son varias as localidades que presentaron a súa programación. A de Xinzo de Limia, por exemplo, esténdese durante un mes. A capital da Limia, Verín e Ourense presentaron a súa programación para a festividade máis irreverente. Xinzo A primeira localidade que se pon en marcha é Xinzo, que este ano foi denominado de interese

turístico internacional. Este mesmo sábado, 9 de febreiro, darase o Petardazo para ao día seguinte celebrar o Fareleiro. O día 16 colgarase ao Meco despois dun percorrido polo casco Vello. Ao día seguinte, Domingo Oleiro. O sábado, 23 de febreiro, celébrase a Noite de Corredoiro e o domingo 24, o Corredoiro (día no que sairán á rúa as Pantallas por primeira vez). Xinzo meterase de cheo no Entroido durante cinco días de auténtica troula. O venres, día 1 de marzo, ás 11.30 horas os máis cativos

toman o protagonismo co desfile infantil. O martes, día 5, a partir das 17.30 horas, será o desfile polas rúas da vila. Verín Na capital do Támega o Entroido comezará o xoves de Compadres, o 21 de febreiro, coa primeira saída dos cigarróns. O domingo, 24 de febreiro, a partir das 11:30 horas, concentración de Cigarróns na praza do Concello, que recibirán aos fregueses. Ás 13:30h na mesma praza Maior terá lugar o Pregón.

Un dos días grandes será o xoves de Comadres (28 de febreiro). Pola mañá (11.45h) os máis cativos terán o seu desfile (comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá para rematar na praza Maior) e pola noite mandarán as mulleres, con procesión incluída. O venres de Compadreo será o 1 de marzo. E seguirán cinco días de entroido sen parar. O sábado, o máis destacado será o o “Bautizo do Cigarrón” ás 17 horas; o domingo -día grande- a partir das doce, cigarróns, comparsas e carrozas, percorren o centro da vila no gran desfile matinal. O luns, a partir de las 16:30 horas, entroido infantil con obradoiros, xogos e karaoke no pavillón municipal de Deportes. O martes, o derradeiro desfile dará comezo ás 16.30

Presentación do Entroido de Ourense. /RAMSÉS. horas. Como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles. Laza Laza fará os seus folións ás 23 horas dos días 8, 15 e 22 de febreiro. Tamén celebrará a localidade o sábado de cabritada (o 2 de marzo, sábado). O domingo 3 estreanse os Peliqueiros pola mañá. O lúns Borralleiro (día 4) será o momento da baixa da Morena. A festa rematará o martes día 5 co enterro do entroido e loito dos Peliqueiros. Ourense A capital no será allea aos disfraces e desde o Concello prepararon un Entroido con charangas. O pregón será a cargo do humorista Xosé Antonio Touriñán -o xoves de comadres, 28 de febreiro-. O desfile terá lugar o domingo, 3 de marzo a partir das cinco da tarde. O mércores, 6 de marzo, Ourense despídese do en-

Os personaxes máis destacados do triángulo máxico do entroido ourensán: a Pantalla, de Xinzo de Limia; o Cigarrón, de Verín; e o Peliqueiro, de Laza.

troido co enterro da Sardiña (20 horas). Ademais, non se pode esquecer un dos entroidos das Eiroás -coa voda da Pita o martes 5, ás 13 horas-; o de Seixalvo co seu desfile o martes día 5 ás 17 horas; e o de Frei Canedo coa súa procesión o lúns, 4 de marzo. Hai que “vivilo intensamente”, en palabras do alcalde de Ourense. Outros entroidos En Bande o máis destacado será a saída dos Troteiros, o sábado, 23 de febreiro, e domingo 3 e martes 5 de marzo. O desfile está previsto para a tarde do domingo día 3. Celanova, pola súa banda, centra todo o seu entroido no Sábado de Piñata que terá lugar o sábado, 9 de marzo, fin de semana seguinte aos días fortes do entroido. Os que se resiten a deixar o disfraz ata o ano que vén acheganse para participar neste evento que congrega a un gran número de comparsas de toda a provincia e de fóra dela.

Xinzo celebra o domingo Fareleiro o 10 de febreiro. O xoves de Comadres -28 de febreiro- Verín será o epicentro. E a baixada da Morena de Laza será o luns, 4 de marzo


ENTREVISTA

Barrios 7 de febreiro 2018

13

ENTREVISTA A AVELINO JÁCOME, COAUTOR DO LIBRO “AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS”

“Ensina a Galicia do interior, vista de dous xeitos: os que emigraron e os que quedaron” 4 O libro leva a reprodución de 32 pinturas do ourensán Miguel Ángel Martínez Coello. desa vida que se foi, e que era importante contala, para que non se perda”.

R.T. / M.R Tras cinco anos mandando puntualmente a súa colaboración, as súas “andrómenas”, Avelino Jácome decidiuse a recopilalas todas e plasmalas nun libro que presentou o pasado mércores día 30 de xaneiro no Liceo de Ourense, que se encheu para darlle os parabéns. “As androménas e outros contos” de seguro é un libro que pode ou non gustarche pero o que si é certo, eu dou fe, que que está escrito dende o corazón para chegar ó corazón. Dende o xornal Barrios recomendamos a súa lectura e, senón nos cren, o propio escritor os convencerá delo. Cando xurde plasmar en libro as Andrómenas e Outros Contos? Avelino Jácome (A.J.): “Este é un proxecto no que viña traballando dende o ano 2013, xorden como unha necesidade de contar a intrahistoria daqueles heroes anónimos, que pouco a pouco e cheos de traballos, foron quenes de mudar a realidade dunha posguerra, chea de miseria e fame, na realidade que hoxe coñecemos”. Cóntanos de que trata este libro A.J.: “Trata de ensinar a Galicia do interior, vista de dous xeitos, por unha banda a Galicia dos que tiveron que emigrar, por exemplo unha das miñas Andrómenas, conta como miña nai, unha moza de só vinte e oito anos, vese obrigada a deixar a súa aldea, para embarcar en Vigo nunha travesía de dous meses, sen saber tan sequera a onde a levaban, deixando ao home e dous fillos aquí, para chegar a una cidade como Caracas. Ela que nunca estivera nunha cidade; xa te imaxinas a valentía que lle tivo que botar, e

Avelino Jácome presentando o libro no Liceo. /RAMSÉS. en menos de dez anos, ter un negocio propio, xuntar a súa familia, e mudar a fame por un porvir mellor. E por outra banda a historia dos que se quedaron aquí, que conta o outro autor, Manuel Blanco, o meu compañeiro nesta aventura, loita para saír da escravitude, de ser caseiros, sen terra de seu, matarse a traballar para ter que darlle a metade da colleita ó Señor das terras, nesa loita a súa nai perde a vida, pero tamén pouco a pouco cheiños de traballo conseguen mudar esa realidade”. Xa levas moitos anos escribindo as Andrómenas para xornais como o Barrios, supoño que é unha necesidade contar estas historias? A.J.: “En primeiro termo quero darlle as grazas á xente deste xornal “Ourense por Barrios” por darme a oportunidade de publicar os meus escritos, se non fora por iso e pola resposta positiva dos lectores, non me houbera atrevido a escribilas, por outra banda o escritor quere que o lean. Aínda que as veces non se atreva a dicilo por medo ou por timidez, partindo do local, queremos alcanzar o universal e estas historias pretenden ser iso, uns contos de aquí que son de todo

o mundo, nenos grandes, mulleres e homes, porque no fondo o ser humano, sofre, ri e chora o mesmo, sen importar onde viva”. Estas historias que narras, teñen un alto contido autobiográfico? A.J.: “Sen ningunha dúbida, son autobiográficas dende o punto de vista dos recordos. Dicía Gabriel García Márquez, que a realidade non é como foi, senón como un a recorda, e isto é o que acontece, estas lembranzas pode que nalgúns casos sexan un chisco idealizadas, pero non por iso deixan de ser anacos das nosas vidas”. Narra dúas realidades que se complementaron hai unhas décadas na Galicia interior. A.J.: “Si, esas dúas realidades, as dos que se foron e as dos que se quedaron, pero tamén narra outras cousas menos tristeiras, a malla, un dia de feira, os cestos, o Nadal ou o Samaín, días tamén de troula. Teño que dicir que o libro leva a reprodución de trinta e dúas obras pictóricas do xenial pintor ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que poñen en imaxes a etnografía dos recordos

Neste libro, pódese dicir, ábreste en canle e ensinas a túa alma? A.J.: “Espidos, abertos de par en par sen cancelas, un é fundamentalmente o meniño que foi, por moitas voltas que a vida dea, a nenez é o paraíso ou o inferno que nos acompañará sempre, a pesares das tristuras tanto Manuel coma eu vivimos nese paraíso, que é unha aldea para un cativo”. Que se atopará o lector nel? A.J.: “Atoparase reflectido en moitas das historias, sentirá que falan do seu, da súa propia familia, dos seus veciños, das súas avoas e das súas nais, porque son

uns recordos contados por homes, mais as verdadeiras protagonistas son as mulleres, esas heroínas anónimas ás que lle debemos todo o que somos”. Cando a xente remate de lelo, que queres que sintan? A.J.: “Espero que sintan un fondo apego a súa terra, un orgullo de ser galego. Que saquen calquera complexo da súa testa, que miren para adiante, lembrando as súas orixes, porque estamos feitos de anaquiños de xenerosidade e de sacrificio, somos una xente valente e rexa”. Onde, e a que prezo se pode mercar o libro? A.J.: “Temos unha promoción para os primeiros 200 exemplares ó prezo de

20 euros, co agasallo para os primeiros 100 de dúas láminas inéditas. Pódese mercar en Orixe Publicidade, na Rua Francisco de Moure 20, ou pedindo no correo avelino.orixe@ gmail.com, a partires do dia 11 de marzo, que faremos outra presentación nas Terras do Deza, no museo Etnográfico Casa do Patrón, e se porá á venda en librerías xa ó prezo de 25 euros, tamén poderán dirixir os seus pedidos á editorial A Formiga Rabicha”.

O lector “atoparase reflectido en moitas das historias”


14

Barrios 7 de febreiro 2018

4AXENDA Exposicións - Ata o 17 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 17 de febreiro - Exposición de Alberto Pena “Corpo, Natureza e Conciencia”- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 7 de febreiro - “Malo Será!” - 20.30 h- Auditorio Municipal - 10 de febreiro - Teatro infantil “Patapatúm” - 12 h. - Auditorio Municipal - 10 de febreiro - Teatro “Jane Eyre” - 19 h. - Teatro Principal - 14 de febreiro - Danza “A Gala. Licenciada Sotelo” - 20.30 h. - Auditorio Municipal - 16 de febreiro - Teatro “A leituga” - 20 h. - Teatro Principal Música - 8 de febreiro - Concerto de Luz Casal “Xira que corra o aire” - 20.30 h- Auditorio Municipal - 25 de febreiro - Jam Session Rock - 22 h- Café Cultural Auriense Deportes - 9 e 10 de febreiro - IX Campionato de España de Remo Longa Distancia e Campionato de España de Seleccións Autonómicas - Castrelo de Miño - 10 de febreiro - “1º Social de Salto” - Club Hípico Coles - 10 de febreiro Ourense CF - Porriño Industrial FC - 18.30 h. - O Couto - Do 11 ao 13 de febreiro - Esquiou 2019 3ª quenda (rapaces do Ribeiro e Carballiño) - Estación de montaña Manzaneda - 15 de febreiro - COB - Tau Castelló - 21 h. Paco Paz Outros - Do 6 ao 10 de febreiro - Xantar “20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico” - Expourense - 7 de febreiro - Grabación do programa “Malo será!” da TVG - 21:30 h - Auditorio Municipal - 12 de febreiro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública www.periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS / OCIO E CULTURA

Fotos contra o micromachismo

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Soidades do Nadal No val de Escuadro preto da Igrexa de San Salvador onde veneran a Santa Isabel, virona os veciños andar torcidiña sangrandolle unha á, meteronlle un tiro nun prado de Graba, un cazador asasino, sen corazon. Tirou como puido, mais non puido voar, chorando a pobriña bate contra o chan, quen levará a África os fillos da derradeira niñada, que con tanto traballo criaron este ano, no niño da cheminea da casa grande ó caron da pista onde baixa o rio Toxa camiño do Deza para xuntarse co pai. Cando era noviña, aquela cegoña na fervenza moceaba, alí se namorou do seu Tepletán, chamaballe así porque ninguén lle gañaba no son do peteiro cando a quería saudar ledo, namorouse a Maleniña o velo tan garboso na cima da rocha, vindo de Fontao, tocaron os picos e fixeron balbordo, estiveron de festa case que un mes, as ras da Carixa podeno contar,son amores para sempre, non poden mudar, levan a semente cravada na alma, dúas vidas corren xuntas como os ríos camiño do mar. Cravada na chousa partida por dentro pideulle chorando que partira xa, os dous cegoñiños teñen que marchar na Cidade do Cabo espera o outro fogar, ti volve para o ano, dende marzo se vivo, pretiño do niño eite de agardar, cando cure a ferida cantarei cantigas para non te estrañar, subirei á fonte e vereite na auga, escoitarei nas miñas lembranzas o teu pico soar, coida dos meniños alén dese mar, se morro che pido que

Cúmprense 15 anos este Nadal que a atopou Arturo tirada no chan, metida entre as pallas, 28 meniños levan criados

volvas casar, meu amor querido doce Tepletan. Miña queridiña como vou marchar, ferido de morte non puido voar, mais os pequeniños temos que salvar, meu amorciño pronto ei de voltar, se a xeada te mata e non podes aguantar, xúroche meniña que me irei contigo para o ceo das cegoñas, para ó outro mundo eime de ir xa, irei a fervenza onde te coñecin e deitareime na rocha á beira do Toxa, esperando quedo a morte que virá e irei contigo para sempre xuntos poder os dous andar, pideme o que queiras, que o farei por ti, mais non me pidas que viva soiño aquí, sen o teu piquiño doce que acariña, sen a tua risa, nin os teus olliños, pideme o queiras, que eu cho darei máis sin ti ruliña non podo vivir, nin podo cantar. Chegou a mañanciña e tiveron que arrincar os dous filliños ao carón do pai, no prado da costa cravada non chan, crebada sen forzas, botouse a chorar, adeus meus amores ide con ben, que o Deus das cegoñas vaia con vos, que coute a tronada e o vento de cara, que poña a forza para loitar e loitar, que axudes en todo o meu Tepletan, que atopen comida os meus pequeniños, que os coides do mal, saniños mos leves ó outro fogar. Pasaron os meses e o tempo mudou, os días cortiños e as noites máis longas que un dia sen pan, a pobre Maleniña detrás da Igrexa na casa de Arturo entrou de noite na palleira, agochada na herba alí se quedou, esperando a morte antes do Nadal. O ano pasado Arturo xa viúvo, sen fillos tamén se quedou, marcharon para lonxe, para a emigración, ao ver a cegoña lástima que lle deu, foiselle achegando e comida lle levou, agarimos e aceite na aliña mancada lle untou, ata que a forza de amor a cegoña curou, dúas soidades crebadas, fixéronxe un só neste mundo e camiñaron xuntiños para sempre. Arturo, que a coida, le-

vaa para a casa, prende lume na cociña, quentanse os dous ca leña de carballo que o velliño xuntou, nas súas patiñas ponlle a graxiña sen sal para que o frío non lle manque a pel, ela co pico agarimalle a man, el sinte o agarimo do doce animal, esta pequeniña que Deus lle mandou para que a soidade non o faga chorar máis, agora os dous xuntos nas tardes de sol camiñan un ao carón do outro nos prados do val. Dentro da palleira pasado o Nadal fixeron un niño para que poida criar cando veña en marzo o seu Tepletan, de agora en adiante aniñan na casa de Arturo, despois ós filliños ensinaos o pai a movelas ás e aprenden a voar e cando son grandiños volven marchar, mentres en Escuadro espera de novo, outro ano a Maleniña polo seu cariño o Gran Tepletan. Cumprense quince aniños este Nadal que a atopou Arturo tirada no chan, metida entre as pallas, soiña a chorar, vinteoito meniños levan criados xa, moitas parelliñas volven a aniñar, son todos os filliños da Maleniña e o Tapletan, os netiños do velliño Arturo, se non me creedes podedesvos achegar o val de Escuadro, alí os ides atopar, na primaveira oiredes os picos chocar, os niños preparados listos para criar. Cando os homes bos loitan polo ben, ocorren os milagres do Nadal, ti dicíalo sempre papá, se damos aloumiños Deus daranos agasallos, canta razón tiñas cando cantabas a beira da Lareira, ti que perderas tan novo a tua cegoña querida, seguías cada dia turrando da vida, sabes o que che digo papá, agora que estamos no Nadal, ti si que eres o meu Tepletan! Dedicada a Janet “mi chica querida, a Maleniña do Xan”. Avelino Jácome

4 Da fotógrafa Loly Villoch no Museo Municipal ata o 10 de marzo. Redacción A fotógrafa coruñesa Loly Villoch presenta, no Museo Municipal, o seu proxecto expositivo de fotografía “Metauniversos cotiáns”, unha colección de 44 fotografías impresas en formato cartón-pluma a maiores dunha instalación en vitrina representando unha das escenas da fotografía e unha proxección da artista. Permanecerá na sala 1 do espazo expositivo da rúa Lepanto até o 10 de marzo, e está organizada coa colaboración da Fundación Cum Laude. O proxecto mergúllase nos metauniversos da muller, e vén acompañada por unha serie de paneis que queren darlle visibilidade ás desigualdades existentes en materia de igualdade na actualidade, desde o espazo íntimo até o público e mesmo institucional. “Situacións e contextos que se repiten sen importar o lugar no que nos atopamos”, afirma a artista. Así, en cada imaxe preséntanos o fogar, o cotiá, co mundo onírico que se crea na cabeza da protagonista desta historia, un xogo entre os espazos macro e os micro: fotografías que

4HUMOR

transcenden do singular e nos elevan ao universal. Especializada en fotografía creativa e de viaxes (mesmo de carácter submarino), Loly Villoch comezou a captar imaxes á idade de 9 anos. A súa formación completouse a caró de fotógrafos como Gabi Tizón, Sofía Moro, Estela de Castro ou Alberto García-Álix. Os seus metauniversos, convertidos tamén en fotolibro, viaxaron por outros espazos coma o Aire Centro de Arte de Santiago de Compostela, e diferentes librarías de Galicia, entre elas a libraría Eixo de Ourense. Así mesmo, participou en numerosas exposicións e publicacións colectivas sobre fotografía en Santiago de Compostela. Os que desexen pasar a visitala, o horario do Museo Municipal é de de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas.

A exposición, de 44 fotografías, está organizada pola Fundación Cum Laude


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 7 de febreiro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº83 - Ano: XII - 7 de febreiro de 2019 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Semana cultural no Auditorio Redacción A semana que vén o Auditorio de Ourense ten programadas dúas actuacións que de seguro chamarán a atención do público. O xoves 7 de febrerio ás 20.30 h., o programa de humor “Malo será!“, gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo, quere facernos rir cunha sucesión de sketches. De seguido, o venres 8 de febreiro, ás 20:30 h., Luz Casal presenta o seu novo álbum, “Que corra el aire”, composto por dez novas cancións.Un disco que, como a propia artista di, “entronca co que algúns consideran o meu pasado e que para min é o meu presente”. Un espectáculo que vai satisfacer os seus seguidores máis fieis e sorprenderá a todos aqueles que aman a boa música. Os máis cativos, entre 3 e 8 anos, terán que agardar ata o domingo día 10 ás 12 h. para ver a obra teatral “Patapatúm” . “Patapatúm” é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Un espectáculo de teatro visual, sen palabras, para público infantil e familiar cunha banda sonora inspirada na música dixie.

Novas sobre a Ourense ICC Week 4 Íker Jiménez e Luis Piedrahita participarán na edición deste ano. Redacción A Semana das Industrias Culturais e Creativas celebra a súa quinta edición, entre os días 2 e 7 de abril, e centra a súa imaxe no Xadrez de San Rosendo, oito misteriosas pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense e que constitúen un dos vestixios máis antigos deste xogo en toda Europa. Esta xoia do noso patrimonio terá un especial protagonismo durante a celebración da “Ourense ICC Week” 2019, nunha mesa de debate que se celebrará o día 4 de abril na Catedral de San Martiño e na que participarán relatores de primeiro nivel. Xornalismo e humor Nesa liña de aposta pola diversidade creativa, darase cabida ao xornalismo en tódalas súas vertentes (audiovisual, radiofónica ou nas redes) da man de Iker Jiménez, xornalista, presentador de televisión e divulgador do misterio e o paranormal, que participará co seu formato en directo chamado

“Cara a Cara”. Trátase dunha nova experiencia de comunicación na que os asistentes poderán preguntar directamente a Iker. O encontro terá lugar o mércores, 3 de abril, no Teatro Principal. E do xornalismo pasarase ao humor como base de toda a creatividade co humorista, ilusionista, escritor e director de cine, Luis Piedrahita, quen ofrecerá o seu monólogo “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas”, o domingo, 7 de abril, no Auditorio. E-Sports A programación ESports ocupará espazo nas xornadas do xoves, venres, sábado e domingo, cando se celebren os torneos gratuítos de Fifa 19 e Fornite en plataforma PS4 con retransmisión online e premios para os gañadores. O apartado E-Sports inclúe este ano ademais unha charla que, baixo o título “Videoxogos: dos riscos ás oportunidades”, estará dirixida aos centros educativos para mozos de entre 12 e 17 anos.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e in-

formes. Económico. Tel.: 616 361 548. Busco traballo como interna ou polas noites. Tel.: 666 624 459.

INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.

VENDAS Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo Mazda 3, 1.6. Diesel, ano 2008, negro metalizado. Luces e limpiaparabrisas automático, chave confort, gancho de remolque desmontable, cristais tintados. 3.500 euros. Tel.: 659 999 531. Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05.. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600€, media alza 300€ e cuarto de alza 150€, cadros soltos a 1,50€. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50€/m. Tel. 625 591 151

VARIOS Perdéronse unhas gafas progresivas de vista de muller no centro de Ourense. De cor azul e violeta. Contacto: 600 476 393.


Barrios 7 de febreiro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 83 by Periodico Barrios - Issuu