Entrevista a Eligio González, presidente da Praza de Abastos do Carballiño [Páx. 8]
CIDADE
Páx.3 CIDADE
Licitadas as obras da segunda fase de posta en valor da Ponte Vella
Páx.4 VERÍN
Nova sede para a Policía Autonómica sita no antigo Pazo de Xustiza
Páx.5 O CARBALLIÑO Páx.10 DEPORTES
O Desfile Infantil conta con cartel deseñado polo CPR María Inmaculada
Convenio Deputación Concello para mellorar o acceso ao Balneario de Caldas de Partovia
Araújo abandona o Concello e o PP
Páx.11
O ciclista limián Carlos Canal logra dúas medallas na Copa do Mundo de ciclocrós
A Alameda da Ponte, en obras ata primavera
[Páx. 3]
UD Ourense - Ourense CF, este sábado no Couto
[Páx. 2]
[Páx. 11]
Pepe Araújo explicando os motivos da súa dimisión. // Visita institucional ás obras da Alameda da Ponte.// O derbi capitalino dispútase ás 18.30 horas. /RAMSÉS E YEDRA SEARA.
Número: 82 - Ano: XII - 31 de xaneiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 31 de xaneiro 2019
TEMA DA SEMANA
Dimite Pepe Araújo 4 Despois de 27 anos no PP, renuncia como edil, como voceiro e dase de baixa no partido. Redacción Visiblemente emocionado chegou Pepe Araújo ás portas do Concello de Ourense este 29 de xaneiro a unha rolda de prensa que el mesmo organizara para os medios de comunicación. A noticia saltara facía unhas horas e el mesmo a ratificou: dimitía como edil, deixando a portavocía do grupo popular, e dándose de baixa do PP tras 27 anos. Este venres 1 de febreiro esta saída farase oficial no pleno municipal e coñecerase quen será o seu sustituto. “Non se pode gobernar a base de selfies e insultos”, así de contundente se amosaba o ex edil de Infraestruturas e Medio Ambiente, entre outras áreas. Araújo considera
que tanto o goberno como oposición “non cumpren as expectativas que ten esta cidade” e asegura que “temos e teñen a culpa de que as cousas importantes da cidade non avancen”. Durante toda a súa comparecencia demostrou unha e outra vez estar canso da actual situación política do Concello. “Foi moito tempo reflexionando e non me vexo nunha futura corporación ao mesmo ritmo que na actual”, engadiu. “Non son de andar montando guerras, creo que cando non estás de acordo debes dar un paso ao lado, ese é o meu estilo”, insistía. Sobre o seu futuro dixo que necesitaba unhas semanas para tomar unha decisión. “O que me plantexo agora é reflexionar se
me aparto da vida municipal ou continúo. Ábrese unha porta nova, cunha independencia que non tiña, espero que nun par de semanas saiba o que facer, pero os tempos os marco eu”, aclarou. Aínda que confirmou que houbo partidos políticos que se puxeron en contacto para tratar de convencelo de que se unise a eles. De todas as ofertas únicamente confirmou manter conversas con Ciudadanos, que podería terlle ofrecido ser o seu candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de maio. De feito, o secretario de Organización da formación laranxa, Laureano Bermejo, tras coñecer a dimisión de Araújo manifestou públicamente que o xa ex popular encaixa no seu proxec-
Un dos últimos actos aos que Pepe Araújo e Jesús Vázquez acudiron xuntos foi con motivo da visita da conselleira Ángeles Vázquez ás obras da Alameda da Ponte./RAMSÉS.
Numerosos medios de comunicación acudiron á rolda de prensa convocada por Araújo para anunciar oficialmente a súa dimisión./RAMSÉS. to político á perfección. A reacción do alcalde Durante a comparecencia que o rexedor ourensán ofreceu ese mesmo día para presentar as obras de mellora do entorno da Ponte Romana, foi inevitable que lle preguntasen pola dimisión dun dos homes fortes do partido a nivel municipal. Jesús Vázquez lamentou esta decisión e aclarou que el se enterou a primera hora desa mañá, que Araújo o informou en primeiro
lugar a el e acto seguido ao resto de edís do PP. “Comunicoume a súa decisión con carácter inmediato, non reversible e, polo tanto, eu o único que podo dicir é que respeto esa decisión persoal”, aseguraba Vázquez, quen confesou que o tiña en mente para a súa lista de cara aos próximos comicios. “Se antes eu manifestaba que el era unha persoa da miña confianza pois estaba todo dito. É unha decisión que hai que asumir e respetar, e o que nos queda den-
de o PP é seguir traballando de cara ás eleccións”, sentenciaba. Ademais, para o alcalde a posiblidade de que Araújo sexa cabeza de lista por Ciudadanos pode chegar a beneficialos ante unhas posibles futuras negociacións.
“Non se pode gobernar a base de selfies e insultos”, sentenciaba Pepe Araújo
CIDADE
Barrios 31 de xaneiro 2019 EN BREVE
Reformas na Alameda da Ponte
4 OUeC
4 Rematarán en primavera. Redacción Desde a Xunta de Galicia prevese rematar as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte para a primavera. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, foi a encargada de anuncialo durante a visita ás obras. As obras foron necesarias para realizar unha recuperación, que inclúen traballos de impermeabilización na zona oeste para poñer fin ás filtracións existentes; ao tempo que se melloran os equipamentos, como coa colocación de novo mobiliario; se reparan elementos de peche; e se favorecen as condicións de accesibilidade e a rehabilitación da fonte existente.
Os traballos rematarán con tarefas de axardinamento e outras melloras que permitan poñer en valor este espazo, ata o de agora con pouco uso polas condicións nas que se atopaba. Outras obras O alcalde da cidade presenteoulle un novo proxecto para recuperar a praza Daniel González, nas Lagoas, cun investimento de 400.000 euros. A conselleira indicoulle a necesidade de remitir a documentación relativa a esta nova iniciativa. Ademais, tamén nas Lagoas, desde este mes o parque de Camiño Caneiro incorpora novas áreas de xogos infantís e de elementos biosaudables para adultos.
Operario da obra na Alameda da Ponte./RAMSÉS.
Ethel Vázquez, Jesús Vázquez e Mª del Carmen Martínez, na firma do convenio da segunda fase das obras na Ponte Vella. /RAMSÉS.
Licitadas as obras da segunda fase de posta en valor da Ponte Vella 4 Darán comezo, segundo a conselleira, antes do verán. R. Torres A firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Ourense abre a porta á realización da segunda fase das obras na Ponte Vella. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asinaron o convenio de colaboración que impulsa devanditas obras; segundo a conselleira, estas “darán comezo antes do verán” para rematar na primeira metade de 2020. O seu investimento supera o millón de euros. Para o alcalde, estes traballos “permitirán transformar a contorna da Ponte e a capela dos Remedios nunha zona aberta, deseñada para maior confort dos
usuarios e resaltar a súa beleza”. Actuacións Co fin de resaltar a monumentalidade da ponte romana realizaranse labores de conservación na propia ponte, mellorando tamén o contorno da capela dos Remedios, acondicionando e ampliando o acceso á entrada lateral da ermida e substituíndo a varanda. Ademais, potenciaranse as conexións peonís desde os distintos puntos da cidade cara a este conxunto patri-
monial. Tamén se habilitará un miradoiro, como novo atractivo turístico da cidade, desde o que poder observar o río Miño e a Ponte Vella. Para rematar procederase a trasladar a pista de skate da contorna da capela ao barrio do Couto.
Habilitarase un miradoiro, como novo atractivo turístico da cidade
Ourense en Común comezou esta semana unha iniciativa que os leva barrio a barrio para convidar ás veciñas e veciños de Ourense a “ilusionarse co futuro” e sumarse para “construílo xuntas” facendo un “proxecto político gañador”.
4 CAPD A portavoz de Política Social do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noela Blanco, cualificou de “deslealdade e canallada” cara ás familias o retraso de 3 anos por parte da Xunta na construción do novo centro de atención para persoas con diversidade funcional de Ourense. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para urxir a licitación da obra antes do próximo mes de maio, que foi aprobada este mes por unanimidade.
4 Democracia Ourensana Democracia Ourensana pediu un pleno extraordinario para pedir que o concello de Ourense solucione o que eles cren unha “usurpación” do subsolo da praza San Antón. O xulgado ditaminou que o espazo é público e que está explotado por mans privadas.
4 Centro Saúde
Plano do lugar onde se realizarán as actuacións.
O alcalde anunciou o acordo coa Xunta para a construción dun centro de saúde no barrio do Vinteún. O PSOE, pola súa banda, criticou o anuncio de electoralista despois de oito anos de “falsas promesas”.
Barrios 31 de xaneiro 2019
EN BREVE 4 Cartel Entroido O Concello de Ourense abre prazo, ata o 18 de febreiro, para entregar propostas do cartel do Entroido 2019. O concurso está dotado cun premio de 800 euros. As bases pódense consultar na web do Concello, www.ourense.gal.
4 Espazo Lusquiños O Espazo Lusquiños abre unha nova convocatoria para os locais de ensaio dirixida a grupos e solistas noveis. O prazo para anotarse comeza o 1 de febreiro e está destinado a músicos de 15 a 35 anos empadroados en Ourense. Poderán solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9 a 14 horas) o formulario dispoñible na páxina web do Lusquiños ou na sección de impresos de www.ourense.gal.
4 Cursos AVV Máis de 2.500 ourensáns participarán, ao longo deste ano, nos 137 cursos que se darán nas asociacións de veciños.
CIDADE
AVV As Termas inicia 2019 a ritmo de música 4 A asociación organizou un concerto para inaugurar o programa de actividades. Redacción A AVV As Termas organizou un concerto -a cargo da Rondalla Alecrín- para dar a benvida á programación de actividades para a dinamización do barrio neste 2019. Ao remate do concerto os presentes puideron saborear chocolate e bica. Actividades A programación que dende a Asociación Veciñal As Termas desenvolverá para 2019 xirará en catro piares fundamentais: Igualdade, Benestar, Dinamización e Reivindicacións. No primeiro apartado non faltarán actividades xa consolidadas en anos anteriores como o “Espazo de Saúde Integral para Mulleres” ou “Mulleres Transformando o Barrio para conmemorar o 8M” ademáis de campañas es-
pecíficas contra as violencias machistas. No referido a Benestar Social, continuarán as de envellecemento activo como os Obradoiros de Memoria ou os faladoiros sobre saúde en colaboración son entidades sociais. En canto a Dinamización ampliarase a oferta de cursos e actividades lúdicas e culturais primando sempre a colaboración con outras asociacións. Reivindicacións En canto a reivindicacións, dende As Termas
continuaran na defensa do arranxo da pasarela que comunica o barrio (na que se producen caídas dos peóns), de garantir un uso público consensuado coa veciñanza para o soar da estación de autobuses e esixir o cumprimento da promesa incumplida para o Bulevar Termal reformando a N-120 que rodea o barrio. Ademais, tamén solicitaron o mantemento da Praza 200 e Rúa D, nos que consideran “hai síntomas de falta de limpeza”
Actuación da Rondalla Alecrín.
Inauguración da sede da Policía Autonómica. /RAMSÉS.
Nova sede para a Policía Autonómica 4 Ubicada no antigo Pazo de Xustiza. Redacción A Policía Autonómica conta con nova sede en Ourense ubicada no baixo e na primeira planta do antigo Pazo de Xustiza de Ourense. Este traslado permitirá deixar de aboar o arrendamento do inmoble que ocupaba a Unidade, que sumaban preto de 80.000 euros anuais. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi o encargado da súa inauguración. A Autonómica leva traballando 25 anos na cidade das Burgas, levando a
cabo tarefas de especial relevancia como a protección das vítimas da violencia de xénero ou a loita contra o furtivismo. Ademais teñen encomendadas tamén tarefas de prevención e investigación de incendios forestais, protección do menor, e conservación do medio ambiente. Alfonso Rueda comunicou que leva solicitado en reiteradas ocasións ao Ministerio do Interior que complete o cadro de persoal da Policía Autonómica, xa que na actualidade só están cubertos o 80% dos postos.
VERÍN E COMARCA
Alianza Abanca Aever
O Desfile Infantil xa conta con cartel
4 Firman un convenio para impulsar proxectos.
4 Foi deseñado polo CPR María Inmaculada.
Redacción
Redacción
Abanca e os empresarios de Verín buscan novas fórmulas para impulsar os proxectos comerciais. O convenio facilita que os asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, anticipos (sen xuros ou comisións) ou liñas de desconto comercial. O documento tamén pon a disposición dos asociados liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos. Así, as empresas adheridas poderán dirixirse ás oficinas de Abanca para solicitar información
e financiamento, a través desta liña aberta polo banco e a Deputación de Ourense. Ademais, poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, entre outros servizos.
O presidente de AEVER e a directora de zona de Abanca rubricaron o acordo.
O CPR María Inmaculada, de Verín, deseña o cartel oficial que representará o vindeiro Desfile Infantil do Entroido 2019, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. Elección Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do mesmo, nesta ocasión, o centro citado.
Barrios 31 de xaneiro 2019
tación o cartel oficial do desfile infantil deste ano. O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín.
O Desfile Infantil
Tras elaborar este terá lugar centro tres carteis, durante a mañá representantes das garderías Pinocho e a do Xoves de Asociación Tres ReiComadres nos da Gudíña; os colexios Princesa de España, Augusto Assia da Mezquita, Rural Agrupado Monterrei, Amaro Refojo, Ventas da Barreira, e Castrelo do Val; e as Casa Niño de Monterrei, Castrelo do Val e Monterrei seleccionaron mediante vo- Cartel do Desfilen infantil.
EN BREVE 4 Protesta Traballadores do Concello de Verín realizaron unha concentración para reclamar a negociación do convenio colectivo. Os sindicatos CIG e CSIF foron os convocantes.
4 Torneo de debate O Concello de Verín e a Asociación de Oratoria e Debate (Code) asinan un convenio para a celebración do primeiro torneo de debate universitario “Vila De Verín”. Terán lugar os días 12 e 13 de abril.
4 Exposicións A Sala de Exposicións de Verín acolle as mostras “Obxectivos do desenvolvemento sostible” e “15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte”. Poderanse visitar ata o 7 de febreiro.
Barrios 31 de xaneiro 2019
VERÍN E COMARCA
Obras en Oímbra
Morán, candidato do PP
4600.000 euros para mellorar o acceso á ermida de San Roque.
Redacción Juan Manuel Jiménez Morán encabezará de novo a candidatura que o PP presentará en Verín para recuperar “todo o que perdemos nestes catro anos de nula xestión e despilfarro que só nos levaron ao empobrecemento do concello”. Juan Manuel Jiménez afirma manter a ilusión intacta para recuperar o dinamismo dun concello “do que agora únicamente saen noticias negativas, cun goberno de nula xestión e despilfarro progresivo que só conseguíu baleirar prácticamente as arcas municipais”. Entroido O portavoz do PP en Verín, Jiménez Morán, tamén fixo unha rolda de prensa días atrás sobre as últimas declaracións de Gerardo Seoane para demostrar que segue mentindo. Cunha copia das declaracións feitas por Gerardo Seoane o día 8 de marzo de 2017, onde o actual alcalde di “O actual executivo non dará ningún paso nin agora nin máis adiante para tentar obter esa distinción internacional”. Morán continúa sobre as declaracións do alcalde nas que dixo que “esta declaración a puido pedir o anterior grupo de goberno, e hai que ter moita cara para dicir isto, cando foi Gerardo Seoane, o que parou os tramites que iniciara o Partido Popular, e se non o fixera xa hai tempo que Verín tería esta declaración, agora o problema é que aínda que se inicie de novo tardase como mínimo un cinco anos”. Ademais, engade, “pero é que isto non é o único que fixo en contra do entroido. O señor Gerardo Seoane permitiuse o 7 de febreiro de 2016 facer unhas declaracións nas que dicía que o ano anterior rexistráronse 48 denuncias por acoso sexual o xoves de comadres, cando non existira ningunha denuncia por ese motivo e facendo con esas declaracións unha publicidade negativa da festa” .
Redacción
Rapaces de Verín participando no pleno infantil deste 28 de xaneiro.
Pleno infantil en Verín Máis de 120 alumnos de Primaria e 1º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron o martes 28 de xaneiro no Pleno Infantil, convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila. Coincidindo coa celebración o 30 de xaneiro do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o pleno infantil deste ano centrouse na valorización dunha educación que fomente a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Ao finalizar o pleno, os cativos tamén tiveron a oportunidade de comentar cos representantes públicos as súas inquedanzas, tales como os problemas de despoboamento, o consumo de drogas en parques públicos ou a correcta utilización do mobiliario urbano. “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un método moi efectivo para que os nenos e nenas lle transmitan aos seus familiares importantes valores”, explicou o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo.
A delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, achegouse ao concello de Oímbra e analizou xunto coa alcaldesa, Ana Villarino, o proxecto que se está a executar ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais da Consellería do Medio Rural 2018-2019. Oímbra solicitou con cargo a este programa a concesión dunha axuda para mellorar o camiño municipal de acceso á ermida de San Roque dende a capitalidade do municipio, dado o seu estado de deterioración. Así, Medio Rural aprobou este proxecto
que conta cun investimento total de 59.946 euros, distribuídos en dúas anualidades, dentro do obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros fins o da cohesión territorial. A actuación executarase nos case 470 metros que ten de lonxitude este camiño e consiste na súa pavimentación e ensanche. O orzamento do Plan Marco da convocatoria do pasado ano na provincia de Ourense foi de 3,4 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades.
Delegada da Xunta e alcaldesa na visita ás obras.
Volve o Kero Kolo a Verín Redacción A área de Educación do Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo, que se desenvolverá todos os martes e xoves, de 11 a 12:30 h, na aula de psicomotricidade do Pavillón de Deportes. Esta iniciativa busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de 0 a 3 anos) onde, acompañados pola persoa directora das sesións, crearase un espazo relacional, asentando así as bases para unha sólida
educación e convivencia con outros iguais. Devandito programa ten por obxectivo crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os/as menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos/as participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás. As inscricións pódense realizar no Servizo de Educación e Apoio familiar situado na Casa da Xuventude ou no teléfono 98841476.
VERÍN E COMARCA
Ciclo Medio de Montaxe e Mantemento Electromecánico no IES García Barbón Que é? O CM de Mantemento Electromecánico é un ciclo medio de formación Profesional que antigamente se denominaba Mantemento Industrial, o cal pode dar acceso a un Ciclo Superior como o de Mecatrónica Industrial que se imparte en Ourense, ou calquera outro Ciclo Superior do noso Sistema Educativo. No noso ciclo aprenderemos a montar e facer o mantemento de maquinaria, equipamento industrial e de liñas automatizadas de produción. Que saídas profesionais ten? Rematado o ciclo e obtido o título que inclúe 410
horas de prácticas formativas presenciais en empresas do sector, atopámonos cunha realidade plausible que é que existe un grande interese a nivel industrial polos técnicos de mantemento industrial. Podendo traballar, entre outras funcións, de: Mecánico/a de mantemento, Montador/ora Industrial, Mantedor/ora de equipamento industrial e de liñas automatizadas, Reparador/ora de equipamentos de control, medida, presión, etc. En multitude de plataformas de busca de emprego online, podemos atopar un sen fin de ofertas de traballo demandando técnicos de mantemento industrial para toda a xeografía española,
A DO Monterrei, presente en Xantar 4 Será colaborador de Expourense durante todo o ano. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei ratificou a súa condición de colaborador fixo de Expourense, o que lle permitirá estar presente en todas as feiras e eventos organizados polo recinto para este ano 2019. A sinatura deste convenio co-
rreu a cargo da presidenta da D.O. Lara da Silva, e o director xerente da Fundación Expourense, Alejandro Rubín. Este Consello Regulador é entidade colaboradora da Fundación dende o ano 2015. Isto implica a participación de Monterrei nas distintas accións promocionais que Expourense realiza ó lon-
Lara da Silva, presidenta da D.O., e o director xerente da Fundación Expourense, Alejandro Rubín, na firma do convenio.
e tamén na nosa contorna, nos diferentes sectores produtivos. As últimas publicacións en canto ás ofertas de emprego dos últimos 15 anos, indican que un 14% das ofertas son para traballos que antigamente non existían, pero isto non é indicativo de que se destrúan postos de traballo, senón que as tendencias están cambiando. As novas tecnoloxías fan evolucionar os postos de traballo, como pode ser o caso das caixas automáticas de cobro, que poden eliminar emprego dentro dos propios establecementos, pero á súa vez, crean novas oportunidades de traballo para os técnicos de go do ano, sobre todo en Portugal, en virtude dos distintos convenios de cooperación transfronteiriza que a Fundación mantén con distintas entidades da Eurorrexión. Xantar Esta colaboración especial para o 2019 dará comezo durante a celebración de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 6 e o 10 de febreiro. A DO estará presente no Túnel do Viño, un área que lles presentará aos visitantes a calidade e as variedades autóctonas galegas. O consello convida ás adegas adscritas a participar neste espazo, un dos máis visitados polos profesionais que acoden ao salón para coñecer novas referencias. Os seus viños estarán presentes ademais maridando os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia nos showcookings de Xantar e organizarán unha cata comentada.
A DO colabora con Expourense desde 2015
mantemento e os creadores de ditas máquinas. Por que estudar no IES García Barbón? O IES García Barbón é un centro de Formación Profesional e de Bacharelato que ofrece moitas vantaxes á hora de realizar os estudos, xa que, presenta grupos de traballo reducidos con profesores especializados, empregando una metodoloxía adaptada ás necesidades de cada alumno. Realizando a aprendizaxe nun entorno amigable e agradable, centrándonos principalmente no desenvolvemento, non só profesional, senón tamén persoal do alumnado, impartindo actitudes e valores seguindo un modelo formativo centrado no desenvolvemento persoal e profesional. No noso centro cada alumno recibe un asesoramento personalizado podendo apoiarse en todo momento no seu titor-profesor así como na área de orientación do
Barrios 31 de xaneiro 2019
centro, e todo enfocado a impartir una Formación de Calidade por profesorado experto para a formación dos futuros profesionais que demanden as empresas da nosa contorna.
O IES García Barbón ofrece moitas vantaxes á hora de realizar os estudos
Barrios 31 de xaneiro 2019
especial PRAZA DE ABASTOS DO CARBALLIÑO
ENTREVISTA A ELIGIO GONZALEZ PORTABALES, PRESIDENTE DA PRAZA DE ABASTOS DO CARBALLIÑO
“A relación calidade-prezo e as campañas de dinamización son o segredo de que a Praza de Abastos siga viva”
4 Representa aos 20 comerciantes que traballan na Praza. Redacción Eligio González Portabales, máis coñecido como “Quini”, dirixe dende hai tres anos e medio aos comerciantes da Praza de Abastos de O Carballiño. Representa aos 20 comerciantes que traballan na Praza e grazas aos seus 34 anos de experiencia vendendo na carniceria que ten na mesma praza dirixea con grande acerto e agarda ser reelixido nas próximas eleccións a presidente deste verán, deixando antes solucionado o futuro dos praceiros actuais. Tivechedes algunha axuda neste tempo? Eligio González (E.G.): “Quero agradecer a Sol Vázquez, directora xeral de comercio da Xunta, a Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e a Adolfo Nogueira, concelleiro de Promoción Económica do concello. Os tres foron un piar para
que esta praza estea hoxe como está. Adolfo tamén nos axuda coas campañas que facemos imprimindo toda a cartelería e está sempre pendentes de nós e as nosas necesidades”.
“Se ao bo xénero que vendemos lle sumamos un agasallo, a xente anímase a vir”
Cantos asociados forman parte da Asociación da Praza de Abastos? E.G.: “Somos 20 asociados, todos con postos nesta praza de peixerías, carnicería ou froitería”.
nolo din os clientes e a aos de fóra, os emigrantes, tamén”.
Que campañas realizades dende a asociación? E.G.: “Facemos moitas campañas ao longo do ano. Este ano sorteamos un viaxe a Mallorca que tivo moito éxito, 1200 euros, ceas... Todas ten a mesma fórmula. Mercando aquí dámoslle uns vales onde pón o seu nome e teléfono e introducenos na furna que está na praza. Como exemplo, neste último Nadal xuntamos 10.000 papeletas. Quero dar as grazas aos meus compañeiros e asocia-
Exterior da Praza de Abastos do Carballiño. /M. REJO.
Cal cres que é a diferencia de mercar na praza de abastos? E.G.: “Nas prazas de abastos sempre vas a atopar unha boa relación prezo-calidade, eso sempre. Ademais hai que sumarlle a amabilidade e o trato das persoas que te atenden. Había que volver a identidade que ten as prazas de abastos. Volver ao noso”. Eligio González Portabales “Quini”, na Praza de Abastos do Carballiño. /M. REJO. dos da praza porque me apoian en todo o que fago. Eu penso que se non facemos estas campañas a praza morre. Con estas cam-
pañas de dinamización a praza relanzouse. Se ao bo xénero que vendemos lle sumamos un agasallo, a xente anímase a vir.
Ademais, cando facemos as entregas de premios e os sorteos facemos actuacións musicais e énchese esto de xente”. A xente segue vindo a praza de abastos a mercar? E.G.: “Si. Todas as semanas ven centos de persoas a mercar. Temos épocas onde aumenta a afluencia de xente. É no verán, e dentro do verán a festa do Pulpo move moita xente, e no Nadal sobre todo. No verán a vila está chea de vida e de actividades que fan que Carballiño sexa a gran capital do interior de Galicia. Nesas datas entre a xente que vén á praza e aos restaurantes que tamén servimos, dannos un pulo moi importante. E nesas datas vemos que as campañas que facemos de dinamización funcionan porque
Que proxectos quedan pendentes por facer na praza de abastos? E.G.: “O que nos gustaría é que todos os postos da praza estean ocupados. Pero acabou a concesión e o concello presentounos un borrador e estamos pendentes de reunirnos todos e analizalo. Decidiremos o que queira a maioría por suposto. O que pretendemos é que os que xa estamos continuemos igual, que se consoliden os nosos postos, e que veñan máis praceiros. Xa veremos pero a predisposición do Concello parece boa co borrador que nos presentou Adolfo -concelleiro de Promoción Económica-”.
“Había que volver á identidade que teñen as prazas de abastos. Volver ao noso”, explica
PRAZA DE ABASTOS DO CARBALLIÑO especial
Barrios 31 de xaneiro 2019
Unha praza de abastos dinámica 4 Campañas, premios e unha importante remodelación son chave para fidelizar ao cliente. Redacción A Praza de Abastos do Carballiño móstrase ante o cliente coma un lugar óptimo para facer as compras. Varias son as iniciativas que se levan a cabo desde a mesma para fidelizar a unha clientela que cada vez crece en número de usuarios. Campañas como a de Nadal e Verán promóvense neste lugar tan singular da vila do Arenteiro. Na de
Nadal, que levou por lema “Vive o Nadal coa praza de Abastos” sorteáronse vales de compra, circuitos termais no Balneario das Caldas, cestas de Nadal, entredas para ver ao Arenteiro, entre outros agasallos. “Enchúfate coa praza de Abastos” foi o lema da campaña de verán na que
En 2019 a Praza de Abastos cumpre 90 anos
tampouco faltaron os sorteos dun televisor, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora ou unha caixa de viño Pazo Tizón, entre outros. Obras de mellora Foi a principios de 2018 cando a praza acometera unhas obras de mellora e modernización. Realizadas polo Concello do Carballiño contaron co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A
directora xeral desta consellería, Sol Vázquez, visitou devandita praza xunto co alcalde da localidade Francisco Fumega. Entre as actuacións desenvolvidas, destacan a limpeza das fachadas de cantería, así como o acondicionamento dos postos exteriores mediante a recolocación de mobiliario urbano. Tamén se instalou nova iluminación e pavimentación co obxectivo de mellorar a imaxe da Praza
A directora xeral de Economía, Emprego e Industria, Sol Vázquez, nunha visita Praza de Abastos do Carballiño./ ARQUIVO.
de Abastos. A modernización deste enclave se leva realizando desde 2015, cun total de 170.000 euros -por parte da Xunta- que se destinaron tanto á mellora e acondicionamento do mercado como á realización de campañas publicitarias, a adopción dunha imaxe común ou a creación de aparcadoiros. Daquelas, a directora xeral de Economía, Emprego e Industria, Sol Vázquez, valorara a praza de Abastos como unha
Presentación da campaña de verán “Enchúfate coa praza de Abastos”. /ARQUIVO.
“infraestrutura clave” para a dinamización do comercio de proximidade local. As últimas modelacións remataron a principios do ano pasado. Aniversario Este ano cumpre 90 anos, xa que foi inaugurada aló polo 1929. Os praceiros a bo seguro están preparando novas iniciativas para festexar esta efemérede, e que os veciños e visitantes do Carballiño sexan participes.
Concello e Consellería de Economía, Emprego e Industria acometeron obras de mellora a principios do ano pasado
10
Barrios 31 de xaneiro 2019
O CARBALLIÑO E COMARCA
Crise no PSOE do Carballiño 4Trala destitución de Adolfo Nogueira como voceiro. Redacción Nesta crise dentro do partido socialista do Carballiño, que lembremos goberna en minoría, hai varios protagonistas. Por unha banda, o edil de Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidade, Promoción Eco-
nómica, Réxime Interior e Comunicación, Adolfo Nogueira, que representa ao sector do partido que se identifican coa figura do exrexidor Pachi Vázquez; e, por outra, o actual alcalde, Francisco Fumega, apoiado pola figura do secretario provincial Rafael Villarino.
Convenio entre a Deputación e O Carballiño 448.000 euros mellorarán o acceso ao Balneario de Caldas de Partovia. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asinaron o pasado 21 de xaneiro no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas administracións que permitirá levar a cabo o acondicionamento da pista TorrónAs Caldas de Partovia e a
mellora de accesibilidade ao balneario. Esta alianza de colaboración, a través da cal a Deputación de Ourense destina 47.983 euros, fará posible desenvolver unha obra que contribuirá “á mellora da oferta termal do municipio co acondicionamento do acceso a un dos establecementos balnearios da nosa provincia”, explicou Manuel Baltar.
Baltar e Fumega trala sinatura do convenio.
As diferenzas soterradas do socialismo provincial comezaron a notarse na vila do Arenteiro co cese de Francisco Fraga como voceiro na Deputación, e, case ao mesmo tempo, da candidata socialista á alcaldía de Maceda, Ana María Rodríguez. Os afíns a Pachi Vázquez falaron de “purga” e todo semella que as reaccións xa se fixeron notar. Agora vimos de coñecer a noticia de que o alcalde, Francisco Fumega, cesou a Adolfo Nogueira como voceiro da formación, mentras este asegura que
non se lle notificou nada. Os primeiros movementos correron a cargo do aparato provincial pero todo apunta a que os afíns a Pachi Vázquez darán batalla e presenten candidaturas nalgúns concellos, entre os que pode estar mesmo o do Carballiño. E con todos estes movementos, o socio de goberno dos socialistas, o BNG, reclama que non se lles informou de xeito oficial de nada. Ademais, agora mesmo aínda falta por saber se ademais Nogueira será relevado como concelleiro. Continuará.
Adolfo Nogueira e Francisco Fumega nun pleno anterior.
DEPORTES
O Ourense Envialia cae ante o Futsi
Xornada positiva para os ourensáns
4 O Cidade das Burgas gañou ao Txantrea.
4 Ningún dos catro perdeu.
R. T.
A xornada desta fin de semana, a número 21 de Terceira, deixou unha vitoria e tres empates para os equipos ourensáns. A vitoria correu a cargo da UD Ourense quen venceu no campo do Somozas por un gol a dous. Esta vitoria o mantén na zona de promoción sendo terceiros (42 puntos) a tres puntos do Rácing de Ferrol. O equipo departamental empatou a un gol
Na Primeira división de fútbol sala o Ourense Envialia tiña un desprazamento complicado. Acudía a terras madrileñas para medirse ao Atlético de Madrid. As locais con dous goles na primeira metade encauzaron un encontro na que as ourensás non tiveron a faísca doutras veces. Este sábado reciben ao Alcorcón nos Remedios. Cidade O Cidade sumou tres puntos ante un rival directo. As franxiverdes golearon ao Txantrea por 5-0 o que lles vale para ser terceiras a un punto das segundas Ferrol-; moi lonxe teñen ao líder Bilbo, polo que parece que loitarán por ser un dos mellores segundos dos catro grupos de Segunda. Esta fin de semana visita ao Muslera. Sala Ourense O Sala Ourense tivo xor-
Redacción
Dous podios mundiais Amelia controlando o balón no partido contra o Txantrea. /RAMSÉS. nada de descando despois de perder na casa diante do Benavente, líder da Segunda B. A competición reanúdase esta fin de semana na que visita ao Esteo.
Redacción O ciclista, de categoría júnior, Carlos Canal, logrou dous podios mundiais nas últimas probas disputadas da Copa do Mundo de ciclocrós. A pasada fin de semana foi na localidade holandesa de Hoogerheide onde logrou a medalla de prata. Despois dunha carreira
no Couto ante o Ourense C.F.; os ourensáns con este empate continúan na zona media da clasificación con 28 puntos. O Barco sacou un punto no campo do Vilalbés (11) para ser cuarto con 40 puntos. E o outro empate foi o do Arenteiro fronte o Choco (1-1), para situarse cinco puntos por enriba do descenso. Xornada Esta próxima xornada deixanos o derbi con máis
Barrios 31 de xaneiro 2019
Partido da primeira volta entre Ourense CF e UD Ourense. /YEDRA SEARA. morbo da Terceira. Os dous equipos da capital enfróntase o sábado, 2 de febreiro, no Couto a partir
das 18.30 horas. O Barco recibirá ao Ribadumia e o Arenteiro a Bergantiños.
que chegou a dominar, Canal rematou segundo a nove segundo do primeiro, Witse Meeussen. Iván Feijoo, en sub 23 era 28º. Pontchateau Unha semana antes participaron na proba disputada en Pontchateau (Francia). O limiao estivo no grupo cabeceiro en todo momento sendo terceiro no sprint final. Unha caída relegou a Feijoo, pola súa banda, a 32ª posición.
11
Carlos Canal no podio de Hoogerheide.
12
Barrios 31 de xaneiro 2019
DEPORTES
O COB continúa imparable 4 Aséntase nos postos de cabeza na LEB Ouro. Redacción
Adestradoras de ximnasia rítmica do CX Pavillón.
Ximnasia, piar no deporte ourensán 4 Cada vez son máis os que practican este deporte. Redacción No Pavillón dos Remedios xestionouse o xermo de grandes clubs deportivos da nosa cidade. Ao amparo do club de atletismo naceron as primitivas escolas do Pavillón e entre elas a escola de ximnasia rítmica e a escola de ximnasia artística. Cos anos cada modalidade xestionouse como club independente, aglutinando o Club Ximnasia Pavillón Ourense as modalidades de ximnasia rítmica e artística. Moi pronto a modalidade de ximnasia rítmica despertou o interés de moitas nenas que aínda nos anos 80 non tiñan un abano tan amplo de actividades deportivas como podían ter os nenos. O crecemento da actividade deste deporte derivou nunha carencia de instalación. Moitos nenos e nenas quedaban en lista de espera por falta de espazo para practicar este deporte. Xurde así o Club Ximnasia Escola Pavillón para poder acoller a nenos e nenas nos estadios iniciais e darlle saída ás listas de espera. Ademais fan unha labor de promoción do deporte a todos os niveis, colaborando con escolas deportivas da provincia (Barbadás, Celanova) e levando a ximnasia a todas as bisbarras a través da súa labor nos centros educativos (Albino Núñez, CEIP de
Prácticas, Mestre Vide, O Couto, Manuel Luis Acuña, Manuel Sueiro, Miraflores ...). Na presente tempada a labor de difusión do deporte do Club Ximnasia Escola Pavillón extendeuse tamén á vila de Ribadavia. Todas as idades A escola acolle a nenos e nenas desde os tres anos con actividades de psicomotricidade encamiñadas á practica da ximnasia. Aos 5 anos comezan nas escolas de ximnasia rítmica ou de trampolín segundo as súas preferncias e desde esta idade ate os 18, para os que normalmente salen a estudiar fóra de Ourense ou incluso mais para aqueles ximnastas que continúan a súa formación universitaria en Ourense e comparten estudios, adestramento e en ocasións traballo, xa que moitas ximnastas pasan a ser adestradoras en algún dos dous Clubs pavillonistas. A partires do ano 2018 o Club comezou a práctica da ximnasia estética de grupo, precisamente para favorecer un percorrido máis longo no deporte ás ximnastas de rítmica, xa que se trata dunha modalidade que se pode practicar a un nivel alto aproveitando as habilidades adquiridas en menos horas de adestramento.
O Club Ourense Baloncesto continúa unha semana máis en postos de playoff. A súa traballada vitoria diante do filial do FC Barcelona fai que os homes de Gonzalo García de Vitoria ocupen a sétima posición con 12 vitorias e 8 derrotas; unha cifra que deixa o obxectivo da salvación se non conquerido, si moi preto de logralo. A vitoria fronte ó Barcelona B por 76 a 69 deixou voas sensacións. Tras un comezo errático por parte dos locais ó final á inexperiencia e os nervios traizoaron aos cataláns que perderon o partido no terceiro cuar-
to practicamente. O que se comeza a vislumbrar é que a plantilla deste ano é máis longa coutros anos. Como exemplo sirva este partido contra o filial do Barcelona. Tralos infalibles Zamora e Rozitis, 11 puntos cada un, apareceron Ott e Muratovic, con 12 e 15 puntos respectivamente. Boas novas a estas alturas de campionato e que poden augurar uns playoff prometedores para os ourensáns. Esta fin de semana, o sábado día 2 de febreiro, o COB visita ao Oviedo. Os asturianos son segundos nunha clasificación na que Betis xa se destacou na primeira posición e na que entre o segundo e o
sétimo hai unha vitoria de diferenza. Nova fichaxe Trala marcha voluntaria de Okeke ao non dispor dos minutos que el consideraba, chega ao COB unha xoven promesa, Ablaye Sow, cedido polo Unicaja. O pívot senegalés de 20 anos en agosto de 2016, lesionouse de gravidade no primeiro adestramento da pretempada co primeiro equipo entrenado daquelas por Joan Plaza. Ablaye sufriu
unha fractura no tercio medio da tibia da perna esquerda. Trala súa recuperación, este ano volveu a xogar co filial do Unicaja en Liga EBA, promediando 10.1 puntos e 6.6 rebotes para 12.3 de valoración en 20 minutos.
COB-Tau Castelló, o 15 de febreiro, ás 21 h, é o próximo partido no Pazo
Masters no partido ante Barça B./C.DOMARCO.
OCIO E CULTURA
“As Andrómenas e Outros Contos”, un libro de Avelino Jácome e Manuel Blanco 4 Contén 32 relatos contados por dous nenos da Galicia interior. Redación O Liceo de Ourense acolleu a presentación do libro “As Andrómenas e Outros Contos”, de Avelino Jácome -colaborador deste xornal- e Manuel Blanco. Trátase dunha serie de 32 relatos curtos que contan a través da inocente mirada de dous nenos a historia real, de dúas familias da Galicia interior. Dúas miradas diferentes, unha máis poética e dramática e outra máis pragmática. Ambos, van debuxando a súa historia máis íntima, como unha metáfora das
dúas Galicias: por unha banda, a emigrante coas súas penalidades e os seus triunfos e por outro a que quedou pelexando aquí na máis absoluta miseria. Os dous nenos sofren nas súas carnes a orfandade de nai, quedando desamparados nun mundo hostil. Ao longo dos relatos podemos ver como os valores de loita e perseveranza vanse impondo á realidade, albiscando ese futuro mellor creado polas mulleres e homes dentro e na diáspora da emigración case obrigada. A historia de dúas familias que conforman
realmente a intrahistoria da Galicia da posguerra, mesturando historias de acá e de alá, con tradicións e supersticións, coa morte e a vida como pano de fondo, a dozura dun neno coa traxedia da vida nunha incomparable tensión lograda con dúas visións alternadas, diferentes e complementarias. En resumo, un conto de nenos para que mediten os adultos. Un camiño, para coñecernos mellor, unha imaxe da emigración como salvación, a acollida nos países hispanoamericanos, a loita por saír adiante, os heroes
anónimos que partindo de grandes desvantaxes souberon impulsar o benestar do que gozamos. Este libro é unha homenaxe aos valentes que se enfrontaron con coraxe e valentía á miseria para transformala.
Barrios 31 de xaneiro 2019
O libro Escrito en galego e castelán conta con máis de 30 pinturas do ourensán Miguel Anxo Martínez Coello realizados exclusivamente para esta edición. Abarcan desde o retrato dos protagonistas, ás paisaxes e
13
lugares onde transcorren as historias, captando escenas do vivir cotián tales como: “A Malla”, “Os cestos”, “Un día de feira” ou outras máis desgarradoras, como “A meniña das maletas” ou “Funeral por un neno morto”.
Avelino Jácome e Manuel Blanco, xunto a Martínez Coello, na presentación no Liceo do libro “As Andrómenas e Outros Contos”. /RAMSÉS.
14
Barrios 31 de xaneiro 2019
ARTIGOS / OCIO E CULTURA
4HUMOR
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
Anduriña Aquel día sentín un lostrego na miña alma. Escoitei na tele unha nova que axitou o meu corazón. Era só un neno, unha anduriña pechada na invisible gaiola do silencio. Once primaveras recén cumpridas, e de súpeto, todo se foi nun intre. Ninguén se percatou do seu febre murmurio, sufriu a humillación de 4 cobardes, en soedade. Ninguén, foi quen de erguer a voz. Era un cativo brilante, cun exemplar comportamento, mais sempre calou, porén, acurralado e canso de aguantar, tivo que dobrar o xeonllo ante unha parte da sociedade estudiantil que o rodeaba e que son merecedores do suspenso perpetuo, na asignatura máis difícil... a dignidade. Un día calquera de outono a fiestra da gaiola abriuse de par en par, e aquela anduriña tirouse a voar ceibe, deixando unha habitación baleira e un impotente remordemento nos que estiveron con el. Ó carón do seu moneco
preferido, deixou unha libreta, onde gardaba o relato do inferno. Cada día foi escribindo un suspiro de vida, ou tal vez de morte, e foi quen de reflexar con detalle, como o demo, ía actúando as súas anchas, pasando desapercebido por un esteril mecanismo responsábel da ensinanza que non fixo nada para detectar estes tristes acontecementos, que a miúdo, suceden preto de nós. O avó non poderá contarlle mais o conto de Pinocho antes de cair nos doces sonos, e gardará no seu peito ferido, os bicos da súa anduriña, sabedor de que algún día, voltaran a xuntarse. É duro escoitar as verbas dunha nai ou dun pai que o seu fillo esta a soportar o “Bullying”, acoso escolar no seu máis amplo sentido. Por experiencia podo decir que non é doado asimilar esta desagradable situación, polo que temos que pór todolos medios necesarios para erradicar esta lacra. Un sinxelo e desgastado
balón de fútbol, era dabondo para xuntar os da miña xeración, incluso con discusións e pelexas propias da idade, pero que xamais pasaron mais ala. Aqueles xeitos de convivir, foron as que nos mantiveron xuntos moito tempo. Nestes tempos modernos, cando intentamos trasmitir os nosos fillos, que saltar con forza por riba das costas dos amigos e unha vez no alto deles, berrar con forza os catro ventos: “churro, media manga, manga enteira¡¡” é un acto de amizade, case que nos toman por tolos inconscientes, e pola contra eles non se percatan, de que os amigos son para abrazalos e bicalos, que estan ahí, na rúa, pretiño de nos cos brazos abertos, esperando unha aperta sincera e con sentimento percibir o calor do verdadeiro amigo. Hoxe só se aceptan as amizades dun perfil determinado. Non aceptan sentir o contacto dun choque de mans, ou dun bico. Os mozos agregan amigos a ba-
rullo. Pobres de espirito, que recollen as secuencias das súas vidas en imaxes e videos que despois exhibirán, inconscentemente, nun escaparate turbio e infinito, que moitas veces voltase perigosamente na súa contra. Os ecos imborrables do sufrimento, que as vítimas inocentes do acoso escolar soportan, aínda se agochan por moitos centros docentes da nosa terra. Non podo esquecer aquel episodio brutal e inxusto daquela anduriña, que un día, marchou para non voltar. Ningún dos seus mestres, foi quen de ler unha soa liña daquela libreta esquecida,.. xa era demasiado tarde¡. Chamabase Diego, igual co meu fillo, quizais por eso, levo clavado no meu corazón, aquel neno que me fixo derramar incontables e dolorosas bagoas de impotencia. Apertas¡ Miguel A. Prieto “Chitin”
“Feminicidio” Redacción A Biblioteca de Verín acolleu a presentación do último libro de Carmen Adán, “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”. O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E
o ser humano toma conciencia a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo. Mais non é este só un libro de palabras, como di a autora, coñecida intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne.
AXENDA / ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 31 de xaneiro 2019
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº82 - Ano: XII - 31 de xaneiro de 2019 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4AXENDA
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Exposicións - Ata o 7 de febreiroExposición ContemporáneA “Na noite, no silencio” - Parque Náutico de Castrelo de Miño - Ata o 24 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
Teatro - 3 de febreiro - Danza “Pi” de Outradanza - 18 h. - Auditorio Municipal - 7 de febreiro - “Malo Será!” - 20.30 h- Auditorio Municipal Música - 6 de febreiro - Ciclo Enclave de Cámara “Cuarteto Gerhard” - 20 h- Teatro Principal - 8 de febreiro - Concerto de Luz Casal “Xira que corra o aire” - 20.30 h- Auditorio Municipal Deportes - 2 e 3 de febreiro Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo Deportivo - Piscina Rosario Dueñas no Pavillón dos Remedios (Ourense) - 3 de febreiro - UD Ourense - Ourense CF 18.30 h. - O Couto - 3 de febreiro - CD Arenteiro - Bergantiños CF - O Espiñedo Outros - 7 de febreiro - Grabación do programa Malosrerá! da TVG - 21:30 h - Auditorio Municipal www.periodicobarrios.com
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
Imaxe do xogador José González Suárez, Pita.
Pita José González Suárez, “Pita”, era fillo de José González Paz, “O Pepe do Fernando”, soado carpinteiro, amigo de intelectuais e prolífico axente cultural. Comeza “Pita” a xogar ao fútbol no colexio Cardenal Cisneros. As súas manifestas aptitudes lévano a defender as cores do “Amanecer”, onde alterna a portaría co posto de extremo esquerdo. Despois virán: “Unión Deportiva Orensana”, “Atlético Aviación”,
“Deportivo”, “Zaragoza”, “Oviedo”, “Santander”, “Orense” e “Fabril”. Case nada! Malia falecer o 20 de setembro de 1971, o recordo do porteiro vive na memoria dos afeccionados de maior idade. Platini afirmou que os equipos de fútbol son, en realidade, unha maneira de ser, unha cultura, e debo dicir que a min vanme cadrando as contas. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e in-
formes. Económico. Tel.: 616 361 548. Busco traballo como interna ou polas noites. Tel.: 666 624 459.
INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Alugo apartamentos en Montalvo - Sanxenxo con todas as comodidades. Tlf: 649 673 492.
VENDAS Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo Mazda 3, 1.6. Diesel, ano 2008, negro metalizado. Luces e limpiaparabrisas automático, chave confort, gancho de remolque desmontable, cristais tintados. 3.500 euros. Tel.: 659 999 531. Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05.. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600€, media alza 300€ e cuarto de alza 150€, cadros soltos a 1,50€. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50€/m. Tel. 625 591 151
VARIOS Perdéronse unhas gafas progresivas de vista de muller no centro de Ourense. De cor azul e violeta. Contacto: 600 476 393.
Barrios 31 de xaneiro 2019