Skip to main content

Barrios 81

Page 1

Balbordo coa partida para Ourense dos orzamentos xerais do Estado [Páx. 5]

CIDADE

Páx.2 A VALENZÁ

Ourense pechou 2018 cun total de 19.099 parados, 831 menos que en 2017

Páx.6 XINZO

O Concello de Barbadás implantará un sistema de entrada e saída aos seus traballadores

Páx.10 ALLARIZ

A Xunta de Galicia aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Trasmiras

Páx.11 CELANOVA

“Ourense recopila” arrancou en Allariz para concienciar sobre a reciclaxe

Páx.13

A romaría Raigame recibe o premio Rebulir da Cultura Galega 2018

A provincia perde 2.387 veciños nun ano O conselleiro de Medio Rural visita A Limia [Páx. 8]

O COB, en postos de playoff

[Páx. 3]

[Páx. 13]

Imaxe dunha rúa céntrica da capital ourensá. // José González reuniuse con axentes do sector agroalimentario. // O COB venceu a Melilla e é sétimo. /RAMSÉS, M. REJO e DOMARCO.

Número: 81 - Ano: XII - 17 de xaneiro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 17 de xaneiro 2019

TEMA DA SEMANA

A nosa provincia rematou o ano con 101.993 cotizantes á Seguridade Social, 25 menos que en decembro de 2017./M. REJO.

Ourense pecha 2018 con 19.099 parados 4 Mentras a CEO ve o dato como positivo, dende os sindicatos destacan a precariedade e a temporalidade dos contratos. Redacción Ourense pechou 2018 cun total de 19.099 parados (831 menos que o ano anterior). Trátase da cifra máis baixa dos últimos 11 anos. Non obstante, distinta é a realidade en materia de afiliacións, pois aínda que a Seguridade Social pechou o ano en Galicia cun aumento de 20.659 cotizantes, non acontece o mesmo na nosa provincia. Ourense rematou o 2018 con 101.993 cotizantes, 25 menos que os que tiña hai un ano. Deste xeito en Ourense, cunha poboación de 309.293 habitantes, están dados de alta como coti-

zantes na Seguridade Social menos dun terzo da poboación total. É dicir, a emigración e o envellecemento baixan unhas cifras que non dá compensado a creación de emprego. CEO Para a Confederación Empresarial de Ourense, os datos do mes de decembro son “positivos e confirman a boa evolución do mercado laboral, en liña co resto do ano, que se pecha con balance positivo para a provincia, coincidindo tamén coa tendencia autonómica estatal nesta materia”, indican. A CEO entende que esta dinámica debería levar a manter as medidas que fa-

voreceron a recuperación económica no noso país, evitando anuncios que provoquen dúbidas ou minen a confianza dos consumidores, como o realizado polo Goberno fronte aos vehículos diesel, “posto que danan a un sector moi sensible para a economía e particularmente a de Galicia e Ourense”. CIG Fonte á visión da CEO, os sindicatos son críticos coas cifras do paro. “Volve ser emprego precario que nin consolida unha actividade laboral continuada, nin tan sequera fixa poboación”, sentencian dende a CIG. No mes de decembro, o

paro en Ourense aumentou na Agricultura (+22), na Industria (+15), e na Construción (+55), diminuíndo no colectivo sen emprego anterior (-105) e no sector Servizos (-353). “É dicir, o paro aumenta nos sectores que poderían dar maior estabilidade, e redúcese nas actividades máis estacionais e con menor cualificación”, explica Anxo Pérez, secretario comarcal. Proba desta precariedade é o elevado número de contratos asinados en Ourense: 5.572 en decembro (599 indefinidos e 4.973 temporais) que ascenden no conxunto do ano 2018 a 82.303 contratos asinados (8.754 indefinidos e 73.549 temporais). “Como se entende que se asinen máis de 80.000 contratos nun ano, para acabar reducindo o número de parados en pouco máis de 800 persoas? A explicación non é outra que o abuso da temporalidade, a precariedade elevada ao grado máximo, e o fracaso absoluto das reformas laborais que desde 2010 empobreceron á clase traballadora e lle arrebataron dereitos e conquistas que melloraban as súas condicións de vida e de traballo”, conclúe. Por iso, dende a CIG exisen a derogación desas reformas e unha aposta clara por un novo modelo produtivo máis sustentable e menos estacional. CCOO Dende Comisións Obreiras tamén len entre as cifras e sinalan o “emprego temporal, inestable e os baixos salarios” como a tónica habitual na nosa provincia en decembro de

2018. O sindicato lembra que a maior baixada do paro dáse no sector servizos, froito da campaña de Nadal, con 353 persoas desempregadas menos e no colectivo de ‘sin emprego anterior’, con 105 persoas menos. No resto dos sectores aumenta. “Novamente, ponse de manifesto que a creación de emprego segue concentrada nosservizos poco produtivos e de baixo valor engadido (comercio, hostalaría, servicios auxiliares), que xeneran empregos inestables e donde se pagan salarios baixos, cun peso moi reducido para a industria e os sectores de intesidade tecnolóxica media e alta, o que non benficia para nada o despegue económico da nosa provincia e obriga á xuventude a buscarse a vida fóra de Ourense”, denuncian. E insisten en que “o emprego que se crea é precario e temporal, o 89%

dos contratos asinados en decembro novamente foron temporais e a xornada parcial”. Así, dende CCOO defenden que “é preciso que os salarios recuperen poder de compra, lembramos que o noso país sufriu unha intensa desvalorización salarial nestes anos de crise, cun recorte medio real do salario en nómina do 7,6%, que no caso dos salarios máis baixos como son os da nosa provincia, chega ao 22,5%. Por esto é importante resaltar a importancia da subia do salario mínimo”. CCOO tamén fai un chamamento ao sector empresarial para que se comprometa na saída da crise, apostando pola creación de emprego de calidade e fagan esforzos por captarinversións en actividades industriais e tecnolóxicas que permitan o despegueeconómico da nosa provincia, que aliviaría, ao mesmo tempo, o problema demográfico.

A campaña de Nadal implicou un aumento na contratación dentro do sector servizos./M.REJO.


TEMA DA SEMANA

Barrios 17 de xaneiro 2019

propio Allariz mantén os 13. Ademais, a vila alaricana subiu 74 habitantes quedando en 6.110. Maceda manterá os 11 edís; nove terán Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía; e sete en Xunqueira de Espadañedo.

Xinzo perderá representación municipal ao perder poboación nos últimos catro anos. /M. REJO.

A provincia perde poboación 4 Os datos do INE confirman unha baixada nun ano de 2.387 habitantes. Redacción Un ano máis, o Instituto Nacional de Estatística (INE) sacou á luz os datos do padrón na provincia de Ourense. Estes reflicten unha baixada de 2.387 habitantes. Se en 2017 os veciños ourensáns sumaban 311.680 en 2018 a cifra reduciuse ata os 309.293. Se contamos con respecto ao último ano de eleccións municipais (2015) a baixada total é de 13.000 menos. Esta actualización censal sempre é importante e cobra relevante importancia en ano de eleccións municipais. Con respecto ao último ano no que houbo eleccións aos concellos (ano 2015) o número de habitantes en Ourense caeu en 9.098. Isto supón que 12 concello, dos 92, perderán edís a partir de maio (o día 26 dese mes serán as elec-

cións). O caso contrario dase soamente en San Cibrao das Viñas. O Concello próximo á capital pasa de 4.972 a 5.249 veciños o que o levará a contar con 13 edís polos 11 deste mandato, grazas a superar a barreira dos 5.000 habitantes. Na capital ourensá, a pesar de perder poboación (de 106.905 a 105.505) non perigan, polo momento, os 27 edís. Seguindo coa comarca destaca Amoeiro que crece en poboación e mantén 11 concelleiros; Barbadás tamén crece (160 veciños máis) e continúa con 17. Nogueira de Ramuín quedouse ás portas de perder dous pero mantén os 11. O crecemento de poboación de San Cibrao das Viñas nestes catro anos (de 4.972 está agora en 5.249) fai que suban dous e vaian a ter 13. Vilamarín será outro dos municipios que

perda representación no consistorio ao baixar dos 2.000; dos 11 de agora quedará en nove. Xinzo, o máis damnificado De todos os concellos damnificado o máis destacado é Xinzo. A capital da comarca da Limia perde 364 habitantes (dos 10.200 de hai catro anos aos 9.836 da actualidade) baixando dos 10.000. Esta baixada repercutirá nos edís que pasarán dos 17 actuais a 13. Seguindo na Limia, a perda de poboación en

Nas eleccións de maio, 12 concellos dos 92 da provincia, perderán edís debido á baixada de poboación

Baltar -de 1.019 a 968leva consigo un menor número de edís (pasarán de 9 a 7). No resto da comarca da Limia perdeuse poboación pero non levará consigo unha reducción no que a edís se refire. Allariz Na comarca de Allariz - Maceda todos os concellos manteñen o número de concelleiros. Así, o

Celanova A vila de San Rosendo, que subiu en poboación con 78 persoas máis, continuará con 13. Celanova pasa de 5.455 a 5.533 habitantes (aínda que perde con respecto ao último ano electoral 82 veciños). Dous son en Terras de Celanova os concellos que perden concelleiros: A Merca, que pasa de 11 a 9 por baixar dos 2.000 habitantes (de 2.078 a 1.911), e Verea, que o fai de nove a sete ao contar con menos de 1.000 veciños (de 1.059 a 933). O resto de concellos manteñen os seus edís: Cartelle, 11; A Bola, Ramirás e Padrenda, nove; e Pontedeva, Gomesende e Quintela de Leirado, sete. Verín Na comarca de Monterrei Verín manterá os 17 concelleiros a pesar de perda de poboación en 72 persoas nun ano. Monterrei mantén os 11 e Cualedro, Laza, Riós e Castrelo do val os nove; este último quedouse a un de perder dous concelleiros (conta no seu censo con 1.001 habitantes). A nota negativa desta

comarca póñena Oímbra e Vilardevós (ámbolos dous perden dous edís quedando con nove); o primeiro baixa dos 2.020 aos 1.766 veciños, e o segundo dos 2.024 aos 1.912. O Carballiño A capital do Arenteiro creceu en poboación no último ano (85) para seguir cos 17 representantes municipais. No lado contrario está Beariz que baixa de 9 a 7 ao contar con menos de 1.000 censados Resto No resto da provincia, perden concelleiros: O Bolo (de 9 a 7); Lobios (de 11 a 9); Avión (de 11 a 9), Beariz (de 9 a 7) e Arnoia (de 9 a 7). Só crecen nove Dos 92 concellos que conforman a provincia de Ourense soamente nove conseguen aumentar a súa poboación de 2017 a 2018. A provincia conta con 2.387 veciños menos. Os concellos que manteñen o tipo son: Barbadás, con 160 máis; O Carballiño, con 85; Allariz (84) Celanova, 78; San Cibrao das Viñas, 65; Amoeiro (34); Pereiro de Aguiar (26); Baltar (11) e A Mezquita (59).

A provincia baixou nun ano dos 311.680 veciños ata os 309.293

A capital da provincia tamén perdeu poboación (de 106.905 a 105.505). /RAMSÉS.


Barrios 17 de xaneiro 2019

CIDADE

EN BREVE

«Nin un paso atrás», maniféstase

4 AVV Carlasca A Asociación de Veciños Carlasca, no barrio da Carballeira, solicita á Xunta de Galicia e ao Goberno Municipal da cidade. que recolla as propostas veciñais para a reforma integral da rúa Marcelo Macias, onde se preve unha inversión de 1,5 millóns de euros. Ditas propostas foron iniciativa dos veciños da zona e veñen avaladas por 250 signaturas e que foron entregadas no Rexistro do Concello e da Xunta o pasado 20 de decembro. Entre as peticións están: a regularización do tráfico (reducir a velocidade a 30 Km/h) ou cambiar o alumado por novo sistema led de baixo consumo e máis ecolóxico, entre outras medidas.

4 Antigo cárcere Ourense en Común propón sacar do abandono o cárcere de Progreso. Para elo, levará ao vindeiro pleno unha moción para instar ao goberno a a redactar un proxecto co que concorrer á próxima convocatoria de axudas do Programa «1,5% Cultural» do Ministerio de Fomento, destinado a financiar traballos de conservación e rehabilitación de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español. Dende OUeC apostan por un xardín termal público, para recuperar a antiga prisión provincial.

4 A plataforma oponse a que formacións políticas negocien sobre violencia de xénero. Praza San Marcial./RAMSÉS.

Redacción

A praza San Marcial contará con 16 novas árbores 4 Substituriranse seis que se atopan en mal estado. Redacción A praza San Marcial renovará a súa flora coa plantación de 16 novas árbores. Estas, substituirán a seis (catro plataneiros e dous arces) que se atopan en mal estado e que se trasladarán ao viveiro municipal, no caso que sexa posible, para recuperalos das súas enfermidades e transplantalos a outros espazos. Árbores Instalaranse 12 carballos e catro pereiras ornamentais, despois de que un estudo -encargado polo Concello de Ourense- recomendara a substitución da masa arbórea actual polo seu estado

de saúde e por considerar que non son as máis idóneas para esta contorna. As especies foron escollidas tras un estudo encargado polo Concello. Para a súa elección apostouse porque tiveran tolerancia ás podas e non tivesen un crecemento excesivo que afectase ao levantamento do firme e a ocultación das fachadas. Pero tamén se escolleron pola súa especial adaptación á climatoloxía da nosa cidade, en especial a seca e as temperaturas extremas no inverno e no verán. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que a colocación das árbores “devolverálle vida a un espazo verde que estaba moi degradado polo envellece-

mento das súas especies vexetais”. Na Praza de San Marcial existen 12 alcorques, dos que na actualidade somentes conteñen árbores a metade. Varios plataneiros tiveron que ser retirados polo seu envellecemento e mala saúde, e ante a posibilidade de que supuxesen un perigo para os usuarios da praza. De feito chegaron a desprenderse varias pólas sen que se producisen danos persoais ou materiais.

Instalaranse 12 carballos e catro pereiras ornamentais

Ourense uniuse á onda de manifestacións que colectivos feministas realizaron por todo o estado español. Fronte á Subdelegación do Goberno reuníronse en torno ao medio milleiro de manifestantes que protestaron polas negocacións que se fan desde varios partidos sobre a igualdade de xénero e que pode supoñer un paso atrás do logrado ata o de agora. Que non se

negocie políticamente sobre este tema é o levantou este movemento na maioría das cidades. A lei foi aprobada, por unanimidade, en 2004. A concentración contou co respaldo de varias formacións políticas como Ourense en Común, PSOE ou Esquerda Unida, ademais de sindicatos como Satse, CCOO e UGT. Durante o acto leuse un manifesto que foi o mesmo que o lido no resto de concentracións do territorio nacional.

Manifestación de “Nin un paso atrás”, fronte á Subdelegación do Goberno./I.OSORIO.


CIDADE

Barrios 17 de xaneiro 2019 EN BREVE

Balbordo polos orzamentos xerais do Estado

4 Moteros solidarios

4 A partida para Ourense é de 295 millóns. O Partido Popular tamén se manifestou sobre os presupostos do Estado. R.T. As reaccións aos orzamentos do Estado non se fixeron agardar en Ourense. Moitos partidos políticos criticaron uns presupostos que dan á provincia

295 millóns de euros, dos cales 264 irán para o AVE. Nos mesmos non aparecen infraestruturas como a variante norte -que levan aparacido nos mesmos desde 1999 pero sen ser todavía licitado-, a ponte

Noa Presas, BNG, valorando os orzamentos do Estado.

de Tarascón ou o paso de Ramón Puga. Alcalde Sobre estas tres infraestruturas falou o alcalde, Jesús Vázquez, quen manifestou a súa disconformidade e catalogou a asignación a Ourense como “insxustiza de magnitude histórica”. O rexedor pide unha fronte común ante o que considera unha “aldraxe” para a cidade. “Chegou o momento de defender o noso”, arengaba. O PP de Ourense anunciaba unha contundente iniciativa política fronte

ao agravio de Ourense nos orzamentos. Os deputados e senadores catalogaban a anuncio dos mesmos como “agravio, engano e discriminación” priorizando “outros territorios” como Cataluña, para pagar “a peaxe” do apoio independentista ao goberno socialista. Outras formacións Para Democracia Ourensana trátase dunha tomadura de pelo “dos tres grandes partidos” nacionais con representación no Parlamento (PP, PSOE e Podemos). Por iso, levará

unha moción ao vindeiro pleno sobre este tema. O BNG considéraos como “unha labazada” e que demostran que “as forzas de obediencia estatal non son útiles para Ourense”. Pola súa banda, para o PSOE “son beneficiosos para a provincia polo carácter social dos mesmos”.

O alcalde considera de “aldraxe” os orzamentos para Ourense

Despois da campaña de recollida e entrega de xoguetes aos nenos ourensáns máis necesitados, Moteros solidarios celebra o seu tradicional xantar de Nadal. Será este domingo, 20 de xaneiro, no hotel San Cibrao do polígono industrial da localidade. Ao evento acudirán arredor de 50 persoas entre os clásicos socios e novos membros do club.

4 Operación Quilo Este ano a Operación Quilo, levada a cabo desde a asociación xuvenil Amencer desde hai 32, anos recolleron 26.917 quilos de alimentos e 2.180 quilos de xoguetes. Colaborouse con 16 cáritas parroquiais e atendéronse a 1.238 familias formadas por 3.167 persoas.


Barrios 17 de xaneiro 2019

EN BREVE 4 CEIP Irmáns Villar O Concello concede licenza urbanística de obra á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o proxecto de execución da cuberta e o peche da pista deportiva do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Irmáns Villar. Contará cun orzamento de execución de 259.755,07 euros.

4 Expourense

Expourense volverá a contar con dúas feiras internacionais no seu calendario (Xantar e Termatalia). Así se contempla no BOE de 28 de decembro. Ademais, a Secretaría de Estado de Comercio considera internacional “a efectos aduaneros” Vinis Terrae “Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade”.

CIDADE / A VALENZÁ

Barbadás conta desde este ano cun CIM 4 Ubicado no antigo centro de saúde. Redacción Neste xaneiro comeza a funcionar o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Barbadás. O CIM de Barbadás xa ten a acreditación da Xunta, imprescindible para comezar a funcionar, e iniciará a súa actividade neste mes de xaneiro. Está ubicado no antigo centro de saúde. Con el xa serán 82 os que funcionen en toda Galicia. A importancia dos CIM radica no seu papel como porta de entrada e apoio ás mulleres en situación

de vulnerabilidade. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o valor dos Centros de Información á Muller (CIM) na loita contra a violencia de xénero. Fíxoo durante unha visita ao CIM de Barbadás (Ourense), xunto á delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde da localidade, Xosé Carlos Valcárcel, ademais doutros membros da corporación municipal. CIM Os CIM realizan un importante labor en atención

especializada e asesoramento xurídico e psicolóxico en casos de violencia de xénero (denuncias, ordes de protección, ordes de afastamento...), xestión de aloxamento alternativo, tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para as vítimas, xestión dos recursos necesarios nestes casos, apoio psicolóxico e colaboración con outros servizos de intervención en casos de violencia de xénero, como a Garda Civil, casas de acollida, servizos públicos sanitarios ou xurídicos.

4 Ponte Vella O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre as consellerías de Infraestruturas e Mobilidade e de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense para a execución das obras da 2ª fase da posta en valor da Ponte Vella e da súa contorna, cun investimento de case 1,2 millóns de euros.

4 Anpas O Concello de Ourense abre o prazo, ata o 25 de xaneiro, de presentación de solicitudes para a convocatoria de subvencións que darán apoio a anpas para desenvolver actividades e proxectos pedagóxicos. As solicitudes deberanse presentar por sé electrónica.

Control laboral en Barbadás 4 O Concello implantará un sistema de entrada e saída aos seus traballadores. Redacción O primeiro pleno do ano no Concello de Barbadás aprobou a implantación dun sistema de control laboral dos empregados do Concello. A proposta de Democracia Ourensana contou co apoio do resto dos grupos. Outra das mocións deste pleno de xaneiro foi a do Partido Popular sobre a prevención da ludopatía e a protección dos menores fronte os xogos e apostas on line; o grupo de goberno estivo de acordo nesta iniciativa. A moción do

Subvencións a novas empresas Redacción Visita ao CIM de Barbadás de autoridaes entre as que se atopan o alcalde de Barbadás, segundo pola dereita, e secretaria xeral de Igualdade, centro.

EN BREVE 4 Escaparates

O Concello de Barbadás entregou os premios dos mellores escaparates de Nadal. A concelleira de Urbanismo e Infraestructuras, Victoria Morenza foi a encargada de entregar os premios a “O ropupeiro de Uxía” e Cafetería Kibú, sendo estes escaparates máis votados.

4 Obradoiros

Barbadás organiza o venres, 25 de xaneiro, un taller de primeiros auxilios. Será no Centro Empresaria Transfronteirizo. Para anotarse no teléfono: 988 36 04 13. Ademais realizaranse na Valenzá, Loiro, Piñor e Bentraces obradoiros de memoria en colaboración con Afaor.

4 Menús

Este xoves, 17 de xaneiro de 2019, ás 20.30 horas, terá lugar unha reunión coas familias do alumnado da Escola Infantil Municipal. A finalidade é a de tratar as posibles modificacións dos menús que se ofertan ao longo do curso na propia escola infantil.

Oito empresas de nova creación de Barbadás contaron con axuda do concello para fomentar o emprendemento. Das oito iniciativas, cinco delas son promovidas por mulleres. O tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida, explicaba que o obxectivo é o de “colaborar á consolidación de iniciativas empresariais e comerciais recentes e que poidan situarse no camino da dinamización económica e social do noso concello”, segundo o edil naciona-

grupo mixto para reclamar a compra de maquinaria para a brigada tamén foi aprobada. No que non se estivo de acordo foi na moción do PP sobre os orzamentos. O tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida anunciou que se levará a pleno en próximas datas. Censo Ademais aprobouse o novo padrón de habitantes que o INE cifra en 10.951 personas. Desde o grupo de goberno aseguran que xa sobrepasaron os 11.000 veciños por que “as cifras son sempre cun ano de retraso”. lista. A cuantía das axudas, fixada inicialmente en 12.000 euros, foi incrementada nun 50%, situándoa en 18.000 “debido ó número de solicitudes presentadas e que nos parecían o suficientemente interesantes e ben enfocadas para resultar exitosas como para aumentar o esforzo orzamentario por parte do Concello”, apuntaba Fírvida. As axudas contemplan subvencións para a compra de inmovilizado, equipos informáticos, gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa, adquisición inicial de mercadorías e gastos correntes de aluguer de local, entre outras.


PUBLICIDADE

Barrios 17 de xaneiro 2019


Barrios 17 de xaneiro 2019

EN BREVE 4 PSOE O grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense vén de escoller a Elvira Lama como a primeira muller portavoz dunha formación política nesta institución. Lama é concelleira no Concello de Xinzo.

4 Avenida de Madrid Xinzo de Limia licita as obras de pavimentación e mellora do abastecemento e saneamento da Avenida de Madrid. O orzamento base de licitación das obras ascende a 285.040,75 euros, IVE incluído. O prazo de execución das obras está fixado nun máximo de tres meses dende a concesión do contrato público.

4 Pleno

No primeiro pleno do ano recoñeceuse ao ciclista Carlos Canal, recentemente proclamado campión de España. Noutro orde de cousas aprobáronse por unanimidade as seguintes mocións: a de Xinzo Adiante para que se inste a Xunta de Galicia a esixir o cumprimento do contrato de cesión e xestión da estación de autobuses; a dos populares instando ao Ministerio de Fomento, para que que dote unha partida orzamentaria para a mellora do vial e beirarrúas da avenida de Ourense; e a do BNG para pedir ao goberno para que se reduza o IVE do consumo eléctrico do 21 ao 4%. Tan só o PP votou a favor da taxa reguladora pola utilización de recintos e infraestruturas de carácter deportivo.

XINZO E COMARCA

Medio Rural avanza na modernización dos regadíos da Limia 4 Estanse redactando os proxectos de obra e completándose os trámites medioambientais necesarios.

4 O rexedor mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda. Redacción

Redacción O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou a comarca da Limia na que se reuniu con axentes do sector agrario. Durante a visita, anunciou que o seu departamento investirá este ano 4,3 millóns de euros na modernización dos regadíos da zona, moi demandado nas zonas de San Salvador de Sabucedo, Corno do Monte, Lamas Ganade e Alta Limia. Asegurou que se está en fase de redacción dos proxectos de obra e de trámites medioambientais, co obxectivo de contratar as actuacións e inicialas canto antes. José González sinalou ademais que “en breve está previsto convocar unha nova reunión do Comité de Seguimento dos Regadíos” co obxectivo de informar dos seguintes pasos a seguir. O inicio das obras están previstas para este ano e repercutirán nos cultivos da zona, especialmente da pataca. Ademais, o conselleiro anunciou a creación dun grupo de traballo específico cos agricultores e gandeiros da Limia que se reunirá antes de que acabe o mes de marzo para abordar as súas demandas e tratar de darlles solución.

Vilar de Santos analiza as axudas para vivendas

O conselleiro con membros de Adegal. /RAMSÉS. Desde a asociación Adegal -que aúna aos traballadores dos sectores de agricultura e gandería- reclamaron á Xunta un plan integral de xestión de residuos agrogandeiros, ademais da limpeza das canles do río Limia. O conselleiro visitou o Centro Agrogandeiro limiao -pertencente ao Inorde-, onde coñeceu o traballo diario que realizan os seus técnicos a prol da sanidade das fincas e plantacións da contorna. Na súa estadía na Limia, José González visitou as instalacións da empresa Hortícolas Galegas e á cooperativa láctea Antelana. Mel O Movemento Ecoloxita da Limia (MEL) aproveitou a visita do Conselleiro Limia para entregarlle un dossier de máis de 30 fotos

onde se pode comprobar a desfeita ecolóxica que están provocando os xurros na zona e que son a causa das cianobacterias que intoxican o encoro de As Conchas que leva varios anos sufrindo unha eutrofia que impide incluso o baño. O conselleiro comentoulles que é a Confederación Hidrodrafica Miño-Sil a que ten competencia no tema; mentres a CHMS pasoulle a pelota á consellería. Xinzo Adiante Pola súa banda, Xinzo Adiante considera a visita do titular de Medio Rural como acto de campaña electoral do PP e denunciou que desde o Concello avisaran á formación sobre a visita con menos de 24 horas de antelación, polo que non puido acudir ningún representante.

O alcalde de Vilar de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón Pedras, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantiveron en Santiago unha reunión na que contemplaron as distintas liñas de actuación do Goberno galego para facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación, como o programa Rexurbe ou o programa para a rehabilitación de vivendas de mestres. Vázquez Mejuto indicoulle que ao longo de 2019 o IGVS disporá de 1,6 millóns de euros para a posta en marcha de actuacións ao abeiro deste programa. Así mesmo, a conselleira comentou que para garantir o acceso a unha vivenda aos colectivos máis desfavorecidos, os orzamentos deste ano inclúen en concepto de axudas por desafiuzamentos unha partida de

2,6 millóns de euros, á que se suman os 2,2 millóns de euros do Bono Alugueiro Social e os 7,6 millóns que se destinarán á construción pisos de protección. A titular de Medio Ambiente amosou a súa máxima disposición a traballar da man do Goberno municipal para poder atender a súa demanda asegurando que as políticas en materia de vivenda son unha ferramenta moi efectiva á hora de lograr a dinamización do medio rural e de fixar poboación nos concellos máis pequenos. Plan urbanismo Outro dos puntos abordados na reunión foi a situación do planeamento urbanístico do Concello de Vilar de Santos. A conselleira trasladoulle a máxima colaboración dos técnicos da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para conseguir que o plan xeral deste concello da provincia de Ourense sexa unha realidade o antes posible.

Conselleira e alcalde na reunión.


XINZO E COMARCA

Protección Civil presenta a súa memoria anual 4 Os voluntarios de Xinzo realizaron case 900 saídas. Redacción A agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia vén de presentar a súa memoria de actividade do pasado ano 2018. Neste documento recóllese a realización dun total de 888 saídas da agrupación, tanto dentro do termo municipal coma noutros concellos e comarcas da provincia de Ourense. Destacan os meses do verán –especialmente xullo– coma os meses de maior actividade, debido á numerosa cantidade de festas e celebracións que teñen lugar nestas datas por toda a xeografía. Con respecto á preseza de niños de avespa velu-

tina na nosa comarca, a agrupación municipal informa dun incremento moi notable dos avisos a este respecto. Só no pasado mes de setembro retiraron 43 niños, cando en todo o pasado ano 2017 só se produciran dúas destas actuacións. A retirada destes case dous centos de niños foi posible grazas á colaboración da agrupación de voluntarios co parque de Bombeiros da Limia. Entre outras moitas outras actuacións e saídas destacan a súa presenza en accidentes na estrada, no rescate de animais e en operativos específicos para festexos e todo tipo de eventos e celebracións.

Voluntario descargando os produtos da furgoneta para levalos ao Centro de Inclusión Lodoselo.

Entrega de produtos básicos 4 Por parte do CDR “O Viso” de Xinzo. Redacción No pasado mes de decembro o CDR “O Viso” organizou os lotes de reparto no Centro de Inclusión de Lodoselo para trasladalos ó baixo que o

Concello de Xinzo de Limia lles cede para o depósito temporal dos mesmos previos á súa entrega. A entrega dos mesmos foi o día 20 de decembro. Prestaron apoio a preto de 50 persoas en situación

Barrios 17 de xaneiro 2019

de vulnerabilidade da Comarca da Limia. Este programa conta coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e Deputación de Ourense. É desenvolvido en coordinación cos servizos sociais comunitarios básicos dos municipios que conforman a comarca, se ben ten un maior impacto no de Xinzo de Limia e Sarreaus. As actuacións desenvolvidas van dirixidas á incorporación desta persoas en situación de risco de exclusión social compartíndo polo tanto os seus obxectivos co resto de axentes sociais cos que se actúa. Neste pasado mes de decembro destacan a colaboración da sociedade limiá que o domingo 9 de decembro fixo a súa doazón para acceder ó encontro do Antela FC. Agradecen o ofrecemento do clube limiá, e tamén á Parroquia Santa María de Couso de Limia que –como é habitual nestas datas- fixo a súa aportación.

Limiactiva Redacción Limiactiva presentou a tempada 2018-2019 nun acto no Casino Antelano o pasado decembro. Despois de lembrar os resultados acadados e probas e actividades organizadas tanto de atletismo como orientación, entregáronse os premios do Ranking Limiactiva 2018. Nova proba Limiactiva quere organizar unha nova proba de cross, que xa ten nome, o Cross de Antioquía, data, o 17 de febreiro, e lugar, o Hipódromo de Antela. Trátase de programar varias carreiras de campo a través, onde participarán todas as categorías masculinas e femininas. Neste evento, poderán participar tanto atletas federados como populares. Será proba oficial da Federación Galega de Atletismo e nesta primeira edición será Campionato Provincial de Campo a Través.


10

Barrios 17 de xaneiro 2019

XINZO E COMARCA

Alumnos dos Blancos fórmanse en robótica 4 Participan este curso nun programa introductorio. Redacción

A Concelleira Ánxeles Vázquez en Trasmiras. /M. REJO.

A Xunta aproba o PXOM de Trasmiras

4 Asinouse a orde de aprobación definitiva. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou a principios de ano a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trasmiras. Este documento convértese no primeiro instrumento de planeamento xeral propio, dado que o urbanismo neste municipio se rexía por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais. Ángeles Vázquez salientou o feito de que -coa sinatura da orde de aprobación- culmínase unha tramitación que comezou hai unha década, radicando a súa importancia no feito de substituír a unha ordenación urbanística obsoleta e dotar ao Concello dun documento de ordenación integral, caracterizado por aportar a precisa e obrigada seguridade xurídica, a súa coherencia coa realidade territorial de Trasmiras e que se rexe polo principio de utilización racional dos recursos e desenvolvemento sostible do territorio. Recordou que a elaboración desta ferramenta supuxo estudar en detalle

a totalidade da superficie do termo municipal, que acada case 57 km2 e que se distribúe en 10 parroquias: Avabides, Chamusiños, Escornabois, Lobaces, Rabal, Trasmiras, Vila de Rei, Vilar de Lebres, Vilaseca e Zos. Concello rural En base a dito estudo, pódese afirmar que Trasmiras é un concello eminentemente rural, xa que máis dun 95% do seu territorio corresponde a solo rústico e un 3,23%, a núcleo rural. O 0,18% é solo urbanizable e o 0,67% é solo urbano. Tamén cómpre destacar os case 70.000 m2 para o sistema xeral de espazos libres e zonas verdes, un 40,50% máis do que esixe a Lei de Ordenación Urbanística, e a reserva de 20.500 m2 para o sistema xeral de equipamento comunitario, un 24,23% máis do que esixe a Lei.

Máis dun 95% do seu territorio corresponde a solo rústico e un 3,23%, a núcleo rural

Na provincia de Ourense un total de 16 colexios públicos participan neste curso no programa de innovación Introdución á robótica educativa en primaria. Deles, sete incorporáronse este ano por primeira vez, mentres que os nove restantes renovan, continúan ou amplían o proxecto do curso anterior. Entre os novos atópase o CEIP Plurilingüe dos Blancos que foi visitado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. A delegada comprobou o emprego que os sete

alumnos de 4º,5º e 6º de Primaria do centro fan do material entregado por participar neste proxecto. A dotación consiste en 6

robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica. Este curso como centros de nova incorporación sumáronse ademais do centro dos Blancos, os CEIPs Curros Enríquez de Celanova; Rosalía de Castro de Xinzo de Limia; Santa María A Real de Entrimo; o de Maceda; e o Manuel Luís Acuña e o Plurilingüe de Seixalbo, da capital ourensá.

Programa O programa enmárcase na Estratexia Galega de Educación Dixital, Edudixital 2020, impulsada pola Consellería de Educación, a través da cal se busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica.

Alumnos do CEIP plurilingüe dos Blancos cos seus robots Mbot./ M.REJO.


ALLARIZ E COMARCA

“Ourense recopila” arrancou en Allariz 4 A campaña pretende concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe. R. Torres A vila de Allariz foi o escenario da posta de largo da campaña “Ourense recopila”, que pretende concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe de pilas e baterías. A iniciativa percorrerá durante un ano 72 concellos da provincia con actividades e material divulgativo que se porá a disposición dos cidadáns interesados en coñecer cal é a maneira axeitada de reciclar estes residuos. A campaña está impulsada por Ecopilas, a fundación encargada en España desta iniciativa. Así mesmo, tamén se habilita-

rá un servizo de recollida cun número de teléfono 982 254 878 no que os cidadáns poderán contactar cos responsables dos puntos de recollida de pilas de cada concello. Allariz contará con 20 puntos máis de recollida, o que pode facer que se incremente a media tonelada que se reciclou o pasado ano. Altamente contaminante Este tipo de residuos teñen unha alta carga contaminante. A modo de exemplo, unha soa pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode

A campaña “Ourense recopila” arrancou en Allariz e percorrerá 72 concellos da provincia./M. REJO.

EN BREVE 4 ITV Agrícola

4 Allariz debuxado

A ITV agrícola desprazarase ata Allariz do 11 ao 13 de febreiro. Estará localizada no campo de fútbol do Seixo, de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18 horas. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias. Para solicitar cita previa deberase chamar ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

O III Festival Allariz Debuxado abre o prazo de inscrición, ata o 18 de xaneiro, para participar na II Feira da Creación que se celebra na derradeira fin de semana de xaneiro. O día 26 o Espazo BenComún acollerá, na praza da Torre Lombarda, unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades. Inscricións no correo cesar.lorenzo@ bencomun.gal.

contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida, polo que resulta primordial a súa reciclaxe. ‘Pilabot’ Esta iniciativa súmase e complementará á campaña Pilabot, posta en marcha a comezos do pasado mes de outubro por parte da Consellería de Medio Ambiente para sensibilizar aos escolares galegos sobre a importancia de recoller e depositar nos lugares axeitados este tipo

de residuos. Ademais, 150 colexios de toda a comunidade se inscribiron no concurso de reciclaxe. Os centros que consigan as mellores cifras de recollida recibirán un premio económico, que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo para a realización de actividades educativas.

Allariz contará con 20 puntos máis de recollida

Barrios 17 de xaneiro 2019

Educación sexual Redacción O Concello de Allariz, en colaboración co Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid (INCISEX), organiza para o ano 2019 un curso de formación de monitores de Educación Sexual. A formación terá lugar entre os meses de febreiro e xuño, cun total de 40 horas presen-

11

ciais e 10 horas on line. Contidos Os contidos versarán sobre o feito sexual humano e as sesións presenciais serán un sábado ao mes cun total de oito horas por sesión. Devanditos sábados serán: o 2 de febreiro, 9 de marzo, 13 de abril, 4 de maio e 1 de xuño. Información Para máis información: 988554059 (Ana Cardoso - técnica de Igualdade).


12

Barrios 17 de xaneiro 2019

EN BREVE 4 Coworking Celanova Celanova pon en marcha a cuarta edición do seu coworking. Convocatoria aberta a emprendedores cun proyecto empresarial en fase temperá de desenrolo ou cunha empresa creada recentemente (non más de 6 meses antes da súa incorporación ao espacio coworking). Máis info en: cwcelanova@eoi.es.

4 Saneamento A rede de saneameto e abastecemento de Celanova mellorará grazas a actuacións por valor de 340.000 euros. Unha das máis agardadas é a de Mandrás ao carecer este núcleo de servizo de abastecemento e saneamento.

CELANOVA E COMARCA / PROVINCIA

Rebulir entregou os seus premios 4 O Concello de Celanova foi un dos galardoados. Redacción A finais de decembro do pasado ano celebrouse o 13º Festival Internacional Rebulir. O polideportivo do Picouto, en Ramirás, volveu a ser o escenario deste evento no que participaron agrupacións de Guinea, México,

Portugal, Castela e León, Cantabria e Comunidade Valenciana, xunto co grupo local Rebulir. Este ano estivo adicado aos donantes de sangue e órganos, polo que o seu lema “Latexando tradición”. Como se veu facendo nas últimas edicións do Festival, membros de

4 Feira Abriuise o prazo de solicitudes para acudir á feira que se celebra todos xoves en Celanova. Os vendedores ambulantes que o desexen deberán inscribirse antes de que remate o prazo, o 29 de marzo.

4 Vilanova Crearase na estrada OU-0251 -que une Celanova con Vilanova dos Infantes- un sendero peonil para mellorar a seguridade dos viandantes. A primeira fase conta cun orzamento de 40.000 euros e permitirá acondicionar un tramo dun quilómetro de lonxitude. Nesta fase, ademais de acondicionar unha zona de paseo, crearase unha canalziación para as augas pluviais.

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, recollendo o premio entregado a Vilanova dos Infantes. /RAMSÉS.

Poema na Antártica Redacción O Capitán do exército de terra -Antonio Donisfixo entrega dunha placa (á Fundación Curros Enríquez) cos primeiros versos do poema de Celso Emilio Ferreiro, “Alma da terra”, e a distancia que hai entre a Antártica e

Celanova (12.556 km). O militar, natural da Bola, participou na “XXI misión Antártica” en Illa Decepción, onde está situada a Base militar e científica “Gabriel de Castilla”. A placa co poema e a distancia entre a base e a vila de San Rosendo queda colocada na Casa dos Poetas e permanecerá xunto co poema completo e unha serie de fotografías da ex-

cada unha das agrupacións participantes deron a benvida aos asistentes cunha pequena degustación da gastronomía do seu lugar de procedencia. Premiados Despois fíxose entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega 2018. O alcalde de Celanova, Xosé Luis Ferro, recolleu o galardón entregado á Romaría Raigame da man do director xeral de Políticas Lingüísticas da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Ferro quixo agradecer a Rebulir por terlle concedido o premio, así como as institucións que fan posible a Romaría, pero “tamén a todos os obreiros e veciños de Vilanova dos Infantes, sen os que toda esta festa que recupera a nosa cultura e tradición non sería posible”. Destacou que no 2019 “chegamos á nosa 18ª edición e queremos convidar a todo o mundo a que veña celebrar con nós a maioría de idade”. Ademais do Raigame, tamén foron premiados Guadi Galego e Carlos Blanco. Depois foi o turno das actiacións de todos os grupos participantes. pedición e da propia placa na Antártica.

A placa na Antártica.

A delegada da Xunta, Marisol Díaz, cos alcaldes de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas. /RAMSÉS.

A Xunta actuará en seis estradas da provincia 4 O importe das actuacións será de máis de 1,5 millóns de euros. Redacción A Xunta publicou na plataforma de contratación a licitación de dous proxectos de reforzo de firme nos treitos máis danados de seis estradas autonómicas da provincia de Ourense coa finalidade de mellorar a seguridade e a comodidade dos seus usuarios. O importe total é de 1.547.394 euros. A primeira actuación, que conta cun investimento de máis de 776.000 euros, desenvolverase nas estradas OU102, OU-103, OU-104 e OU-320 e beneficiará aos concellos de Paderne de Allariz, Maceda, Baños

de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas. O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o de Maceda, no que se proxectan traballos por un importe de case 210.000 euros; en Baños de Molgas executaranse obras cun presuposto de preto 185.000 euros; no municipio de Taboadela o importe das obras cífrase en pouco máis de 103.000 euros; polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Paderne de Allariz o seu investimento supera os 126.000 euros, mentres que os traballos proxectados en San Cibrao das Viñas superan os 92.000 euros.


DEPORTES

Unha xornada para recordar 4 A UD Ourense métese en promoción, o Ourense CF vence ao Compostela e Barco e Arenteiro empatan no derbi. R. Torres

puntos.

Bo final de primeira volta para os equipos ourensáns de Terceira división, xa que todos eles acabaron puntuando. A Unión Deportiva Ourense de Fernando Currás tivo que remontar un 0-1 adverso ante o Vilalbés; os goles de Marquitos e Hugo García deron a volta ao marcador para colocar aos unionistas na cuarta praza con 36 puntos e estar en postos de promoción de ascenso. Por outra banda, o Ourense C.F. foi quen de dobregar ao Compostela no estadio Vero Boquete despois de remontar, tamén, un gol do rival. Rober, Renan e Juanma poñían o 1-3 definitivo e sitúa aos de Fran Justo na décima posición con 26

Derbi E Calabagueiros acollía o derbi da xornada entre Barco e Arenteiro. Os goles de Tabala e David, para os locais, e Hugo Sanmartín por partida dobre, para os visitantes, deixaban as táboas no marcador e satisfeitos a ámbolos dous equipos. Segunda volta A próxima fin de semana arranca a segunda volta. A UD Ourense volve a xogar no Couto; nesta ocasión diante do Ribadumia (domingo, 16.30 horas) e o Barco recibe ao Laracha. Mentres, o Ourense CF e Arenteiro xogan fóra diante de Arousa e Boiro, respectivamente.

Alfredo, lateral esquerdo da UD Ourense, disparando a porta no partido contra o Vilalbés no Couto.

Rozitis entrando a canastra para realizar un mate diante dos xogadores do Melilla. /C. DOMARCO.

O COB segue sumando 4 Trala vitoria na casa ante o Melilla continúa en postos de playoff. Redacción Se hai un equipo que fai afección, ese é o COB. Podemos dicir que o partido contra o Melilla seguiu o guión de multitude de partidos xogados no Pazo. Mal comezo, igualada no marcador ó final de primeiro e segundo cuarto. Terceiro cuarto explosivo que da

paso a un último cuarto onde o cansazo fai que os xogadores tomen decisións equivocadas ou fallen canastras imposibles de crer. E como non, non podía faltar o héroe, outra vez máis Jhornan Zamora que anotou dous triples salvadores no derradeiro cuarto cando os nervios atenazaban aos xogadores cobistas. Non nos podemos

Barrios 17 de xaneiro 2019

esquecer neste partido da aparición de Pluta, xogador cedido polo Betis, que por fin mostrou o seu potencial. Outro que ben se pode comparar con Jhornan é o pívot letón Rozitis, que cos seus puntos no último cuarto xunto ao seu xogo interior condicionou o xogo do equipo rival. Con esta vitoria por 68 a 60 o equipo ourensán colocase séptimo na táboa con dez vitorias e sete derrotas, empatado co Oviedo, que marcha quinto, Melilla e Granada. Iste último equipo, o Granada, visita o Pazo Paco Paz este próximo sábado 19 de xaneiro ás 18 horas. Ven de gañar os dous últimos partidos fronte ao Palencia e Cáceres co que será outro partido difícil pero agardamos que continue a racha e o COB sume unha victoria máis que o consolide nos postos de playoff.

O COB recibe no Pazo ao Granada, este sábado 19 de xaneiro ás 18 h

13

Fútbol sala Redacción O fútbol sala feminino poucas sorpresas nos deparou. Todo marcha ben para os equipos ourensáns. Na primeira división o Ourense Envialia gañou a un rival directo para estar nos postos de cabeza e poder xogar a copa. Venceu na casa por 4 a 2 ao Poio de Antia. Esta fin de semana xoga fóra contra o Majadahonda, rival máis que asequible para as pupilas de Morenín. Na segunda división o Cidade das Burgas empatou a 7 na casa do Valdetires Ferrol e perdeu unha oportunidade de igualarse co equipo departamental na segunda praza. Esta semana recibe nos Remedios ao Universidade de Valladolid. O Ourense Envialia B marcha sexto pese a perder na casa co Fervenza por 2 a 4. Visita ó Rodiles nesta fin de semana. Masculino O Sala Ourense perdeu na casa do terceiro clasificado por un axustado 2 a 1 e nesta próxima xornada recibe na cancha central dos Remedios ó lider, o Atlético Benavente.


14

Barrios 17 de xaneiro 2019

IMAXES DO MES

Os nenos de Celanova recibiron con ilusión aos Magos de Oriente. /RAMSÉS.

Na capital, os Reis Magos comezaron o percorrido dende a estación da Ponte. /M.R.

Celanova dá a benvida aos Reis

As súas Maxestades percorreron Ourense

O frío non foi impedimento para que moitas familias de Celanova se achegaran á tradicional cabalgata dos Reis Magos na vila. A comitiva partiu, o 5 de xaneiro, ás 18.30 da residencia de anciáns, onde as súas maxestasdes fixeron que os maiores voltaran por un intre á súa infancia e recuperaran a ilusión perdida, ou quizáis non. Dende ahí, continuaron ata a Praza Maior, onde rematou o desfile e se detiveron cos máis cativos, para tomar nota dos agasallos que desexaban recibir esa noite. Algúns, os máis pequerrechos, tíñanlle medo, pero coa súa máxia os Reis Magos fixeron pasar un bo rato a todos, tanto maiores como pequenos.

Con puntualidade británica, como non podía ser doutra maneira tratándose dos Reis Magos, chegaron á estación da Ponte, Melchor, Gaspar e Baltasar para saudar a grandes e pequenos. Algúns nenos aínda podían facer unha última petición ás maxestades antes de que remataran o desfile, que pasou pola ponte romana e tras enfilar rúa Progreso finalizou na Praza Maior de Ourense. Un sinfín de actuacións amenizaron a espera para ver pasar aos Reis Magos de Oriente. Desde carteiros reais, cisnes , aviadores, batucadas, burbullas xigantes e ata os Bolechas acompañaron nas rúas a centos de familias disfrutando dun momento inesquecible.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 17 de xaneiro 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº81 - Ano: XII - 17 de xaneiro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4AXENDA Exposicións - Ata o 7 de febreiroExposición ContemporáneA “Na noite, no silencio” - Parque Náutico de Castrelo de Miño - Ata o 24 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 18 de xaneiro - Monólogos de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán “Somos Criminais” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 19 de xaneiro - Teatro “Espía a unha muller que se mata” - 20 h. - Teatro Principal - 27 de xaneiro - Teatro “O empapelado amarelo” - 18 h. - Auditorio Municipal de Ourense

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A néboa do verán O “Regimiento de Infantería Zamora 8”, “El Fiel”, tivo como base a cidade de Ourense desde o ano1943 ata a súa disolución, un venres 23 de outubro de 1987. O 11 de abril de 1986, a corporación acordaba en sesión plenaria, outorgarlle ao “Zamora 8” a medalla de ouro de Ourense. Imborrable vínculo o creado entre os soldados e a urbe que, coa marcha do último deles, gañou en silencio e perdeu en vida.

Crónicas imprecisas, historias de bar, faladoiros de parque e ascensor. Ourense desángrase a chorro cando desidia e infortunio adquiren o status de normalidade. Entrementres, o espazo que ocuparan as tropas, agarda un destino tardío. Misterioso e confuso, como néboa do verán. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Música - 25 de xaneiro - Concerta da Real Filharmonía de Galicia - 20 h. - Teatro Principal - 25 de xaneiro - Concerto de Cepeda “Gira Principios” - 21.30 h. Auditorio Municipal - 28 de xaneiro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense Deportes - 18 e 19 de xaneiro XVIII Campionato de España - I Open de España de Remo Indoor - Pavillón da Universidade - 19 de xaneiro - “II Master Class de Ximansia con Lourdes Mohedano” - Pavillón Municipal de Xinzo de Limia - 19 de xaneiro - Río Ourense Termal - Granada - 18 h. - Pazo Paco Paz - 20 de xaneiro - UD Ourense - CD Ribadumia - 16.30 h. - O Couto Outros - 22 de xaneiro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com

Ano 1986. Interior do cuartel de San Francisco.

4HUMOR

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Ofrécese señora de 43 anos, española, para traballo en servizo doméstico na cidade de Ourense. Tel . 674 500 513 Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Clases individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail. com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.: 616 361 548. Ofrécese señor para des-

broces, tractorista, carretilleiro ou camioneiro con anos de experiencia. Tel.: 637 282 405. Busco traballo como interna ou polas noites. Tel.: 666 624 459.

INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131 Véndese casa semirestaurada de 2 plantas en Rante con terreo. Oportunidade. 28900 eu. Forma de pago a convir.. Tel.: 606 422 543. Véndese finca edificable de 750 m2 en Rante. 11900 eu. Tel.:606 422 543. Vendo casa de planta baixa con galpón. Con auga, luz e terreo. Tlf: 649 673 492. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

VENDAS Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05. Vendo Mazda 3, 1.6 CRTD Active. Diesel, ano 2008, negro metalizado. Luces e limpiaparabrisas automático, chave confort, gancho de remolque desmontable, cristais tintados. 3.500 euros. Tel.: 659 999 531. Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05.. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600€, media alza 300€ e cuarto de alza 150€, cadros soltos a 1,50€. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50€/m. Tel. 625 591 151

VARIOS Perdéronse unhas gafas progresivas de vista de muller na zona centro de Ourense. De cor azul e violeta. Contacto: 600 476 393.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.


Barrios 17 de xaneiro 2019


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 81 by Periodico Barrios - Issuu