Entrevista a Adolfo Nogueira, concelleiro de Comercio do Concello do Carballiño [Páx. 15]
CIDADE
Páx.5 CIDADE
O Auditorio ourensán acolle a tradicional gala da AECC para recadar fondos
Páx.5 VERÍN
Fomento mellora a N-542 tralas continuas peticións da AVV As Termas
Páx.8
Verín aproba o seu orzamento de 2018 en 10,8 millóns de euros
O CARBALLIÑO Páx.14 DEPORTE Entrevista a Juan Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto do Carballiño
Reforma do Materno Infantil
Páx.18
O COB logra a vitoria diante do Cáceres no último partido do ano no Paco Paz
Descubrimos o Museo do Claustro Mercedario
[Páx. 12]
III San Silvestre Ourensá
[Páx. 20] O presidente da Xunta presentou o proxecto de ampliación do CHUOU para 2019. // O Museo Mercedario xa suma máis de 21.000 visitantes. // O día 31 regresa a San Silvestre./R.T.
Número: 80 - Ano: XI - 20 de decembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 20 de decembro 2018
TEMA DA SEMANA
Un ano de novas 4 Política, cultura e a actualidade social ocuparon as nosas páxinas neste 2018. Redacción Un ano enteiro dá para moito, sobre todo para moitas noticias. En xaneiro Ourense manifestábase pola Sanidade pública. Veciños, profesionais e políticos mostraron o seu rexeitamento á nova lei galega de saúde. Lográronse 24.000 sinaturas contra os recortes, que traballadores do CHUOU fixéronlle chegar á Consellería de Sanidade. Ao mes seguinte, a provincia disfrazouse para celebrar o Entroido, que con tanta paixón se goza na nosa provincia. Pero non todo foi troula.
Unha noticia menos amable era a folga na xustiza galega. Os funcionarios continuaban co seu paro indefinido á espera dunha solución. Esta chegaría casi catro meses despois mediante un acordo coa Xunta. Marzo foi o mes das mulleres. Con motivo do Día Internacional da Muller, milleiros delas -e homes tamén- saírons as rúas de toda a provincia para reivindicar os seus dereitos. Sen dúbida algunha foi un dos 8M de maior concienciación social. Este mes tamén saíron a rúa as forzas e corpos de seguridade do estado
esixindo equiparación salarial, ademais dos xubilados por unhas pensións dignas.
nema para gravar algunhas esceas da película de Isabel Coixet “Elisa e Marcela”.
Senda peonil En abril, a Xunta presentou unha senda peonil e ciclista en Reza que foi rexeitada polos veciños da zona e os partidos da oposición. Despois de varios tira a afrouxa, o ente autonómico recuou e pasou a definila coma senda peonil sen saber claramente que se fará finalmente. Así mesmo, o Concello cedía en Barrocás a parcela para o novo centro para persoas con discapacidade, mentres que a Plataforma Procapd Ourense reclamaba un “compromiso firme”. En Xinzo, Manuel Casas convertíase en alcalde despois da demisión de Antonio Pérez, condenado por prevaricación administrativa continuada (esta foi confirmada pola Audiencia hai uns días). En maio, os partidos da oposición reprobaban a Jesús Vázquez, por segunda vez no que ía de mandato; e unha vertedura no río Támega poñía en alerta o consumo de auga en Verín.
Relevo en Allariz Chegaba o verán e as novas en Ourense non se ían de vacacións. A nacionalista Cristina Cid estreábase como alcaldesa de Allariz, trala renuncia de Francisco García. Así mesmo, a Consellería de Medio Rural comprometíase con representantes da Asociación de Produtores de Pataca da Limia para mellorar as contratacións de seguros; e a DO Monterrei celebraba os seus 25 anos de historia.
Sen orzamentos Case a metade de ano un novo pleno rexeitaba o orzamento do PP e a cidade ía camiño dun mandato enteiro sen eles (os actuais son do 2014). Tamén neste mes inagurouse a Praza de Abastos provisional de Ourense, que dará servizo durante algúns anos; e Celanova convertíase nun plató de ci-
A Plataforma ProCapd foi noticia en varias ocasións, denunciando os retrasos do centro de Barrocás./R.T.
Xinzo de Limia tivo tres alcaldes distintos en só cinco meses
Xinzo repite cambio En agosto, Xinzo seguíu sendo noticia, xa que Manuel Casas deixaba a alcaldía -por motivos familiares-, converténdose Manuel Cabas no seu sucesor. Era o terceiro rexedor en só cinco meses. Na capital foron protagonistas os organizadores do Outono Fotográfico, que anunciaban que este ano non se celebraría o certame por incumprimento económico do goberno municipal popular. Un goberno que seguíu a destacar en setembro, ao acumular unha débeda de 8,5 millóns de euros en facturas pendentes. Entre eles, Valoriza reclamáballe o pago 1,8 millóns. Ademais, Barbadás organizaba a primeira romaría feminista e comezaban as obras da Intermodal. OUFF Ante a imposibilidade do Concello de organizar unha nova edición do OUFF, a Deputación asumía esta responsabilidade. Finalmente celebrouse do 29 de novembro ao 5 de decembro.
Os comerciantes locais de Ourense concentráronse a comezos de decembro para concienciar do importante papel que xogan para a cidade./RAMSÉS.
O 8M e o 25N foron motivo de diversas concentracións e actividades para denunciar a desigualdade e a violencia que sofren as mulleres Pola súa banda, en Celanova analizáronse as novas tendencias en márketing dixital referidas ao sector turístico galego; e no Concello da Bola desaloxaban a residencia de Podentes. Tras varios días de intenso conflito, os 24 usuarios foron trasladados a outros centros da provincia para proceder ás obras de mellora. Xa en novembro, regresaba á actualidade a Plataforma ProCapd Ourense, que denunciaba retrasos nos prazos do futuro centro de Barrocás. A San Martiño foi tamén tema central deste mes, como cada ano, con máis de 10.000 inscritos na súa
42ª edición. E a provincia sumábase á loita contra a violencia de xénero con motivo do 25N, organizando diversas actividades para concienciar a mozos e adultos sobre esta lacra social. E no último mes de ano o Nadal está presente en todos os rincóns da provincia. Unhas datas que aproveitaron os comeciantes locais de Ourense para denunciar a súa complexa situación simulando durante uns días o seu peche. A Operación Quilo tamén regresou cunha nova edición de recollida de alimentos. E sobre a campá, o Concello de Verín deu luz verde ao seu orzamento de 2018.
TEMA DA SEMANA
O proxecto de ampliación do CHUO foi presentado polo presidente da Xunta, ante o alcalde de Ourense, o presidente do Parlamento e outras autoridades./RAMSÉS.
A Xunta reformará o Materno Infantil en 2019 4 Integrar a hospitalización de adultos, pediátrica e xinecolóxica é un dos obxectivos. Redacción O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este 17 de decembro que a reforma do Hospital Público de Ourense continuará o ano que vén, cunha nova fase que suporá a construción dun novo edificio e a reforma integral do materno infantil, cun investimento de 64,4 millóns de euros.
Durante a presentación do proxecto de ampliación, Feijóo reeditou o compromiso de acometer, “sen agardar”, as fases que faltan para que este hospital público quede preparado para as próximas décadas, baixo tres retos: integrar a hospitalización de adultos, pediátrica e xinecolóxica; modernizar o 100% de todas as áreas de hospitalización; e centralizar as áreas
diagnósticas e preparar a futura reforma das consultas e áreas docentes e administrativas. Novo edificio Deste xeito, incidiu en que, de forma inmediata, se impulsará un novo edificio ao que se prevé trasladar a hospitalización que resta por modernizar, ben comunicado coas restantes áreas de ingreso, servizos
diagnósticos, bloque cirúrxico, urxencias e unidades de críticos. “Isto permitirá baleirar o materno infantil e proceder á súa total remodelación, creando un núcleo compacto de hospitalización e servizos que pola súa vez faciliten fases posteriores”, dixo, ao que engadiu que, a maiores, nesta fase tamén se reformarán as ás esquerdas do vello edificio de hospitalización -o edificio Cristal-, para que faga as funcións de comunicación e de apoio clínico para as zonas de hospitalización dos dous novos edificios, tanto o inaugurado en 2017 como do de próxima construción. Deste xeito, conseguirase un núcleo compacto de hospitalización e servizos, e a unión interna tamén entre as urxencias pediátricas e as xerais. A isto hai que engadir que os novos núcleos de comunicación farán posible independizar as circulacións internas –de ingresos e do persoaldas ambulatorias. E a reforma do Materno infantil, ademais da modernización integral do edificio, fará posible a ampliación do espazo para unha área ambulatoria con acceso directo desde a rúa. O obxectivo é licitar a redacción deste proxecto nos primeiros meses de 2019. Ademais, Feijóo asegurou que, de xeito paralelo, xa se está a traballar nos usos e remodelacións necesarios para os edificios
Barrios 20 de decembro 2018
orixinais do hospital. Atención primaria O presidente da Xunta aseverou que este proxecto contribuirá a mellorar o día a día dos profesionais, pacientes e familiares, como xa o fixo o edificio que, cun investimento de 41 millóns, se iniciou en plena crise económica e se puxo a funcionar en setembro de 2017. “Unha infraestrutura que dotou este centro de 52.000 metros cadrados adicionais, conseguindo concentrar todas as unidades nun único edificio fronte aos tres anteriores e con 287 camas máis”, explicou, referíndose tamén á adecuación de espazos no Santa María Nai, para novas consultas en oncoloxía ou na ampliación do hospital de día; coa reforma integral da área de Resonancia Magnética e TAC, que se
está a piques de rematar; ou coa apertura de novos locais de restauración, aos que se sumará a nova cociña nos primeiros meses de 2019, tras un investimento de máis de 4,5 millóns. Feijóo concluíu lembrando tamén a construción de oito novos ambulatorios - A Merca, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, A Peroxa, O Couto, Pontedeva e en Barbadás-, aos que se sumarán outros dous –en Paderne de Allariz e en Pereiro de Aguiar-; e a reforma doutros cinco –en Carballeda de Avia, A Rúa, Muíños, Gomesende e O Bolo-.
As melloras que se efecturarán no CHUO terán un custo de 64,4 millóns de euros
Durante a súa intervención, Núñez Feijoo detallou as melloras que inclúe esta ampliación do CHUO./RAMSÉS.
Barrios 20 de decembro 2018
EN BREVE 4 Moteros solidarios Desde Moteros Solidarios Galicia solicitan voluntarios para probar, clasificar e envolver o xoguetes donados. Para contactat coa agrupación, no teléfono 988 224 341 ou acudindo á súa sede en Pena Trevinca, 29 baixo.
4 Operación Quilo A Asociación Xuvenil Amencer fai un chamamento para os últimos días de recollida de alimentos para os máis necesitados. Este venres, 21 de decembro, remata a Operación Quilo, polo que se pide á cidadanía un último esforzo de axudar deixando alimentos nos carros dos supermercados habilitados para tal fin.
4 #Soylibreparacorrer Centos de persoas concentráronse nos exteriores do pavillón dos Remedios en repulsa do asasinato de Laura Luelmo. A iniciativa xurdiu dun mensaxe de Whatsapp de Elena Pérez as súas compañeiras de adestramentos e carreiras. Un emotivo minuto de silencio seguiuno un adestramento popular.
CIDADE
O Auditorio encherase para loitar contra o cancro 4 A gala da AECC Ourense será este sábado, 22 de decembro. Redacción O Auditorio municipal de Ourense será o lugar onde se celebre a sexta edición da gala contra o cancro. Terá lugar este sábado, 22 de decembro, a partir das 20.30 horas e conducirán o acto Rubén Riós e Paula Señarís. As entradas, que están a piques de esgotarse, están dispoñibles nas oficinas da Asociación Española contra o Cancro de Ourense, sita na rúa Curros Enriquez, 26. O custe é de 5 euros; se se adquiré na billeteira o prezo será de 8. Son máis de 700 as entradas xa vendidas. Como dato, destacar que entre todas as edicións están a piques de superar os 35.000 euros de recadación. Esta sexta edición estará marcada por unha ampla variedade musical. Destaca a presenza este ano da cantante tomiñense Andrea Pousa
que xunto con Nani García interpretará cancións do seu novo álbum “Respirar”. Outro intérprete como Nando Agüeros ofrecerá tamén un adianto dos seus últimos éxitos, tras regresar dunha exitosa xira por Latinoamérica. En representación local, os limiáns de Habitación Vudú porán o toque rock e desenfadado á gala, con ritmos frenéticos do seu último disco “Flores falsas”. Tampouco faltará o baile, coa actuación da Escola de Danza Cuatro Pasos. Como novidade nesta edición, a poesía en ton satírico e humorístico correrá a cargo de Aldaolado. O dúo conformado por Lucía Aldao e María Lado promete sinceridade, presenza e moitas, moitas risas. Recadación Na presentación, María Isidora Gómez, presidenta de AECC en Ourense, quixo destacar a impor-
tancia do evento, dado que “convertiuse nun referente a nivel galego de solidariedade e a recadación irá destinada ó mantemento dos servizos e programas gratuitos que ofrece a AECC Ourense na provincia para persoas diagnosticadas de cancro”.
Obras na N-542.
Fomento mellora a N-542 4 Trala continua petición da AVV As Termas. Redacción
As entradas da gala pódense adquirir na sede da AECC
María Isidora Gómez con David Rodríguez e Rubén Riós na presentación da gala..
Este mes de decembro deron comezo as obras no tramo da N-542 entre a ponte do Milenio e o barrio de vivendas sociais xunto a estación de autobuses. Uns traballos que consisten na construcción dun muro de pedra para evitar os continuos desprendementos que sufría a beirarrúa que comunica as vivendas coa ponte. Un total de cinco anos levan desde a Asociación Veciñal As Termas solicitando por rexistro ante o Ministerio de Fomento, titular da estrada, para que tomara medidas ante
o perigo que para seguridade, de peóns e vehiculos, supuñan os continuos desprendementos que afectaban a beirarrúa e a propia calzada. A constancia deu, por fin, os seus froitos. Dende a asociación valoran positivamente que despois “da reiterada presión veciñal” o Ministerio “actuara por fin na zona”. E proseguen: “agardamos que sexa un primeiro paso para que a tan prometida humanización da N-120 para convertela en Bulevar se execute. Son máis de mil persoas as que continúan rodeadas pola estrada nacional que continuaremos solicitando se humanice”.
REPORTAXE
Sandra Vasallo (coordinadora), Carina Ferreira (odontóloga), Miriam Fiter (admisión), Belén González (logopeda), Paula García (psiquiatra), Belén Castro (medicina xeral) e Diego Vieytes (hixienista dental)./M.R.
Centro Médico Progreso, unha nova opción en Ourense Os ourensáns teñen un novo lugar onde coidar da súa saúde: Centro Médico Progreso. Sito na rúa Progreso 143, e con acordos con todas as aseguradoras, é unha clínica médica e dental de dúas plantas de 300 m2 cada unha. O seu xerente, Carlos Rodríguez, explica que “os usuarios poderán acceder a unha ampla va-
riedade de especialidades médicas de forma rápida, eficaz e coa máxima calidade”. Dispón das máis modernas instalacións, persoal altamente cualificado, sete consultas e tres gabinetes dentais. Dentro da súa gran carteira de servizos atópanse: -Gabinete dental -Medicamento xeral e
Enfermaría -Vacinación. -Punto de extracción de sangue -Otorrinolaringoloxía -Neuroloxía -Pneumoloxía -Dixestivo -Traumatoloxía -Psiquiatría -Psicoloxía -Podoloxía -Logopedia -Certificados médicos -Recoñecementos médicos Proximamente, o centro contará con servizo de neurofisioloxía, uroloxía, medicamento interno, cirurxía vascular e oftalmoloxía. “O noso obxectivo é asentar as especialidades e observar a acollida dos pacientes con respecto a esta nova oferta asistencial”, comenta o xerente con respecto a este novo e ilusionante proxecto. Carlos Rodríguez (Ourense, 1982) provén do ámbito sanitario, con experiencia na xestión de centros médicos.
Barrios 20 de decembro 2018
Rectoral Rebollo, centro para persoas maiores Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño a vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo”, oferta 12 prazas en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. O conselleiro do Medio Rural, José González, estivo presente na inauguración da residencia. Na antiga casa reitoral, totalmente restaurada, únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Servizos En canto aos servizos,
disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras dobres, todas con baño propio, nas que seguro os
seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Desde este 1 de decembro a vivenda comunitaria xa funcionará a pleno rendemento, tanto polo persoal que traballa nela coma polos seus habitantes, pois xa ten algunhas prazas ocupadas. Pero as familias ou persoas interesadas en acceder ás libres poden poñerse en contacto cos seus propietarios que resolveranlles calquera dúbida ao respecto, chamando ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribindo a rectoralrebollo@gmail. com e concertar unha cita para poder vela, no lugar de Prado, en Alongos, no Concello de Toén.
Entrada a esta rectoral do s. XVIII, agora restaurada.
Barrios 20 de decembro 2018
EN BREVE 4 Vox Vox Ourense vén de crear unha xestora na provincia de cara a presentarse nas municipais de 2019. Aínda que non é oficial o nome de Julio Vázquez (expresidente do COB) é o que sona con máis forza para ser o candidato da formación de dereitas.
4 Alugueiro Ourense en Común levará a pleno os problemas de acceso a vivenda en réxime de alugueiro. Desde a formación indican que no ano 2017 só 4 vivendas foron postas a disposición do programa, e ningunha foi adxudicada ao ter todas as persoas demandantes uns ingresos demasiado baixos (os requisitos determinan que as persoas beneficiarias deberían ter uns ingresos elevados). Este ano houbo 21 solicitudes e ningunha adxudicación. 10 persoas foron rexeitadas.
4 Democracia Ourensana Democracia Ourensana proporá para o pleno de xaneiro a elaboración dunha ordenanza municipal que regule e estableza os requisitos para o uso en Ourense dos patinetes eléctricos, delimitando os espazos de utilización dos mesmos nas vías públicas.
CIDADE
O Concello premia aos clientes do comercio local
Concurso de fotografía Redacción O Centro Comercial Ponte Vella entregou os premios ás mellores fotos do primeiro concurso de fotografía organizado polo centro. Foron máis de 220 as persoas que participaron coas súas fotos facendo complicada a elección do xurado. Un éxito que fará que se repita o concurso en vindeiras edicións.
4 Pon en marcha a campaña “Pasaporte aos teus soños”. Redacción
Foto de familia dos premiados e o xurado no I concurso de fotografía organizado por Ponte Vella. /RAMSÉS.
As participantes dos cursos acompañadas dos seus monitores. /RAMSÉS.
Dilpomas dos cursos da AVV Peliquín A Asocación de Veciños Peliquín entregou os diplomas a todas as persoas que participaron nos seus cursos de ioga-pilates e bailes latinos durante este 2018. En total foron 120 as persoas que se anotaron a estes cursos demostrando o éxito dos mesmos. Por iso, para o vindeiro 2019, a asociación solicitou ao Concello que manteñan estes cursos; ademais pediron un máis para os seus socios: o de Taller de memoria. Ao final do acto de entregas todos os presentes puideron gozar dun ágape no que non faltou empanada, embutidos, queixo, tortilla, bica, e unha espectacular tarta de mazá, acomapañado todo isto, de viño, auga e refrescos.
O comercio local de Ourense incentiva as compras neste Nadal. Grazas ao apoio do Concello de Ourense que pon en marcha a campaña “Pasaporte aos teus soños”. Esta iniciativa ofrece a posibilidade de gañar viaxes, estancias en balnearios, comidas e ceas ofrecidos polos comerciantes, ás persoas que durante estas festas realicen as súas compras nos establecementos da cidade. O pasaporte consiste nunha tarxeta que conta con oito casillas que deberán ser seladas en comercios diferentes da cidade, e que se cubrirán cando as compras superen o importe de cinco euros. Unha vez que se teña completamente selado o pasaporte deberá entregarse nun buzón instalado ás portas da casa consistorial -praza Maior-. Os participantes terán ata o 7 de xaneiro para poñer todos os selos
ao pasaporte. O sorteo terá lugar o 8 de xaneiro, e a entrega dos premios será o día 10 de xaneiro. Premios Os participantes poderán optar a tres estancias no Parque Warner de Madrid; tres fins de semana en balnearios, cortesía de Caldaria; dúas ceas para dúas persoas e unha noite de aloxamento no Hotel Rústico San Jaime (Pereiro de Aguiar) ofrecidas pola propia empresa e seis ceas para dúas persoas en establecementos pertencentes á Unión de Hostaleiros de Ourense.
Cartel do pasaporte que se entragarán nos comercios locais de Ourense.
CIDADE
Unión entre Farmacia e Enfermería en Ourense 4 As organizacións colexiais mostran a súa total sintonía. Redacción A presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo e o máximo responsable dos farmacéuticos da provincia, Vicente J. Álvarez, mantiveron un encontro. Tralo encontro, Álvarez fixo especial finca-
pé en que “ningunha das profesións ten intención de invadir as competencias da outra”. Fixo esta afirmación en relación ao recente cruzamento de declaracións entre o Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España e o Sindicato de Enfermaría Satse nas que se puña
Ascensión Pérez e Vicente Álvarez durante a reunión.
en cuestión o modelo de farmacia comunitaria e a asunción de novos roles asistenciais por parte dos farmacéuticos. Pola súa banda, Ascensión Pérez, súmase a este sentir ao referirse a ambas as profesións como “irmás”. Ademais, Pérez incide na pertinencia de que, tanto Farmacia como Enfermaría, defendan e manteñan as competencias propias de cada profesión, sen interferir no labor da outra. Para concluír, ámbolos dous puxeron sobre a mesa a súa intención de colaborar naquelas cuestións que supoñan un beneficio para ambas as profesións.
Barrios 20 de decembro 2018
Perruquería JM, expertos en estética masculina A perruquería JM da Valenzá e Progreso, en Ourense, continúa á vangarda das últimas tendencias para darlle o mellor sevizo de estética masculina actual. Desde hai 20 anos buscan a beleza masculina cos seus orixinais e modernos cortes de pelo, as mechas e tinguiduras en cores imposibles ou o afeitado e arranxo da barba. Esta é unha das poucas barbarías de cabaleiros que ofrece unha gran variedade en produtos para o coidado do cabelo, a barba e a pel. Non podía ser menos posto que José Andrés provén dunha familia con tradición perruqueira, herdada do seu pai e tíos. Pero na súa constante
renovación e para satisfacer a demanda dos seus clientes ten ampliado os seus servizos. Agora tatuarse ou poñer un piercing tamén é posible na perruquería JM. Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, plasmará sobre a túa pel o que ti desexes.
Horarios Este establecemento está á túa disposición de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 9.00 a 13.30, nos seus dous locais, o da avenida de Celanova 22 A Valenzá- (Tel. 677 098 251) e Progreso 51 (Tel. 634 934 344).
Os modernos cortes de pelo son un dos seus puntos fortes.
Barrios 20 de decembro 2018
EN BREVE 4 Gala solidaria O Concello de Verín organiza unha gala solidaria a favor das vítimas de violencia de xénero. Este terá lugar o venres, 4 de xaneiro do vindeiro ano a partir das 20 horas.
4 Curso de cata O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu o terceiro curso de cata da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido por Luis e Alejandro Paadín. A través deste curso coñecéronse algúns dos viños espumosos máis relevantes do mundo. Dende o despertar dos espumosos de Galicia, dos que se cataron espumosos de 18 e 24 meses, pasando por Lambruscos, un coupage Xarello, un “ancestral” de moscatel, un método tradicional da India (de Moët), ata os míticos Millésime Champagne.
VERÍN E COMARCA
Volve o Ludonadal para a conciliación familiar 4 Terá lugar do 22 de decembro ata o 7 de xaneiro. Redacción Xa queda menos para que o Ludonadal 20182019 abra as súas portas. Desde o 22 de decembro e ata o 7 de xaneiro estará aberto este servizo. Devandita iniciativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos nenos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. ‘Ludonadal’ realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo) e no pavillón Munici-
pal de Deportes, de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 9 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día). Son moitas as actividades programadas para eses
Ludoteco.
días. Ademais, e como novidade, haberá inchables de mañá e de tarde no pavillón municipal, varios días pola semana. Este ano, como novidade, teremos inchables de mañá e de tarde no Pavillón de Deportes, varios días pola semana. Cabalgata Os menores que queiran participar na Cabalgata de Reis vestidos de anxos, estrelas e pastorciños teñen que apuntarse na ludoteca. Por outro lado, o pavillón acollerá o 31 de decembro, a partir das 10 horas, un Gran Cotillón Infantil e a partir das 12 do mediodía badaladas para despedir o 2018 e dar a benvida ao ano 2019.
Verín aproba o seu orzamento 4 Estimáronse alegacións de PP e CIG. Redacción O Concello de Verín xa ten aprobado o orzamento deste ano. Os votos do bipartito (PSOE e BNG) foron suficientes para sacalos adiante estimando as alegacións presentadas polo PP e a CIG modificando en 341.000 euros a partida inicial (de casi 10,8 millóns de euros). O portavoz popular, Juan Manuel Jiménez
Imaxe dun pleno extraordinario en Verín.
Morán calificaba as contas de “situación financieira desastrosa” o que vai “hipotecar a economía de Verin para moitos anos”. Morán proseguía asegurando que a previsión de ingresos “non se vai a cumplir”. Alcalde Pola contra, para o alcalde, Gerardo Seoana, “a situación do Concello é boísima”, argumentando que a débeda a longo prazo reduciuse nun 50%. Ademais, aseguraba que o Concello se atopa nunha situación de equilibrio económico. O rexidor considera que o informe do interventor é favorable, e en canto ao pago de proveedores augura solucionar o problema en breve.
PROVINCIA
Últimos días da campaña de vacinación antigripal 4 A provincia supera os 58.000 vacinados. Redacción Segundo os datos oficiais, na provincia de Ourense, ata o 16 de decembro (oitava semana da campaña de vacinación), están vacinadas 58.264 persoas entre a poboación maior de 65 anos. Esta franxa de idade a integran un dos colectivos de risco aos que se recomenda administrar a vacina co obxectivo de minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Esta cifra
Os profesionais de enfermería están a chamar á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina
representa o 60,53% da poboación de maiores de 65 anos, convertendo a Ourense na área sanitaria galega con maior cobertura de toda a comunidade, catro puntos por riba da media galega. Con estos datos, os ourensáns están a cumplir coa recomendación do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en canto á prevención da gripe. A campaña promovida pola Consellería de Sanidade, que ten por lema ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe’ remata a finais de ano. Onda epidémica Habitualmente os niveis máximos da onda epidémica da gripe coinciden coas datas de Nadal, polo que os cidadáns que non estean vacinados aínda están a tempo de protexerse deste virus xa que a campaña antigripal está activa ata o vindeiro 28 de decembro,
nos 185 puntos de vacinación existentes na provincia. Cómpre lembrar que a vacina antigripal non so evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe. Ata o momento, na provincia non se rexistrou ningún ingreso hospitalario por esta doenza. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recordaba hai uns días que a vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras
con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade. Tamén se desenvolve o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa. Os profesionais de enfermería están a chamar á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña. Ademais establécense axendas de citación especial para vacinación e realizarase vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio. Profesionais Outra das novidades da campaña da vacinación deste ano foi que por primeira vez se ofertou ao persoal sanitario a oportunidade de vacinarse unha semana antes do inicio da campaña oficial. Esta medida permitiu que os profesionais afrontaran o inicio da campaña xa protexidos, evitando o risco de transmisión da gripe aos seus pacientes. Ademais, nunha aposta pola importancia que nesta campaña ten a vacinación dos sanitarios,
Unha persoa na franxa de idade de risco poñéndose a vacina da gripe nun dos puntos habilitados pola Xunta de Galicia.
Barrios 20 de decembro 2018
A vacina é gratuíta para persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas, embarazadas e persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco de padecer complicacións derivadas da gripe distribuíuse entre o persoal vacinado unhas chapas co lema Eu vacineime. E ti?, para incentivar os profesionais comprometidos coa vacinación. Obxectivos A vacinación ofértase, ademais dos casos mencionados anteriormente, ás persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade. A vacina antigripal non só evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe. Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%, conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao 65%, e acadar unha cobertura superior ao 40% nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde e nas mulleres embarazadas. Melloras Os profesionais sanitarios contarán este ano con informes mensuais sobre a cobertura da vacinación antigripal por cupo, o que lles permitirá contar con información personalizada. A Consellería de Sanidade ten activa tamén unha web temática como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualiza toda a información técnica e os datos de evolución da campaña. Así mesmo, todos os usuarios da aplicación informática VACGAL recibirán os avisos do inicio da campaña. Esta ferramenta, unha App gratuita da Consellería de Sanida-
de, iniciouse en abril deste ano poñendo a disposición da cidadanía información fiable e personalizada sobre o calendario vacinal por medio dos seus dispositivos móbiles. Resultados 2017 Durante a pasada campaña do ano 2017 administráronse un total de 539.696 doses. Acadouse unha cobertura global nas persoas de 65 ou máis anos do 57,96 %, cun aumento de case dous puntos con respecto á anterior e cunha subida constante desde o ano 2013. Tamén aumentou a vacinación do persoal sanitario do Sergas, cunha subida de cinco puntos respecto do ano anterior (38,85% fronte ao 33,45%), acadándose e incluso superando o obxectivo proposto en Atención Primaria, cunha cobertura do 46,35%, e en Atención Hospitalaria cun 35,63%. A análise por categoría profesional acada ou supera o obxectivo no persoal médico, tanto de Atención Primaria (40,80%) como Hospitalaria (41,13%) e no persoal de enfermería, o supera amplamente en Atención Primaria (53,67%) e non o acada en Atención Hospitalaria (31,65%). No marco do programa para fomentar a vacinación antigripal entre a poboación mediante chamada por parte dos profesionais de enfermería realizáronse 35.445 chamadas e acudiron a vacinarse 5.244 destas persoas. A porcentaxe de persoas vacinadas sobre o número de chamadas ascendeu ao 14,79% fronte ao 11,5% do ano 2016.
Na provincia de Ourense hai 185 puntos de vacinación
10
Barrios 20 de decembro 2018
VERIN E COMARCA
Recursos de titoría, orientación e formación en Internet O Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín quere aproveitar estas datas de vacacións para recomendar algúns materiais e recursos pedagóxicos de utilidade para a titoría, a orientación académica e a formación permanente en internet dos estudantes e persoas interesadas en xeral. Nas nosas sesións de titoría individualizada co alumnado, facemos fincapé na necesidade de crear un hábito de estudo diario –sen tempo non hai aprendizaxe- con disciplina e perseverancia, sabedores de que acostuma a ser un dos problemas principais co que nos atopamos. Para reforzar esta idea básica e
outras complementarias, facemos uso dos múltiples recursos audiovisuais que nos facilita Internet e que habitualmente publicamos no noso blog de Orientación, en Facebook e na web do propio IES García Barbón. Recursos de utilidade para a titoría e a orientación académica. O Departamento de Orientación elaborou unha presentación moi simple na que ofrece un conxunto de materiais de titoría elixidos pensando nas necesidades do noso alumnado. En concreto, en http://tinyurl.com/ydhhqzsa podemos visualizar -entre outros- vídeos sobre técnicas de estudo, organización do tempo e
métodos de concentración. Unha maneira eficiente de planificar o noso tempo de estudo é mediante o uso da Técnica Pomodoro. No vídeo que se facilita, http://tinyurl.com/y7mmbbf9 explícase o procedemento e as vantaxes que se derivan da súa posta en práctica. No ámbito da orientación académica presentamos una coidada selección de recursos: o programa Orienta 2018 que se pode cumprimentar en liña, unha guía dos graos universitarios en Galicia e todas as ligazóns oficiais aos estudos que se ofertan en Galicia (Formación Profesional, Ensinanzas Especiais e outras opcións académica
Presentación da guía de viños na DO Monterrei 4 Aparecen referenciadas as 26 adegas da Denominación de Orixe. Redacción A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu a presentación da “Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2019”. No acto no que participou a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, e o autor da guía, Luís Paadín, mostrouse aos asistentes o contido da publicación na que aparecen referenciadas as 26 adegas pertencentes á Denominación de Orixe Monterrei. Un total de 77 viños obtiveron medalla, dos cales 10 foron Gran Ouro, 50 Ouro e 17 prata. Durante a presentación, á que asistiron adegueiros de Monterrei, explicouse o obxectivo desta guía, un referente no panorama vitivinícola nacional e internacional. Así o acreditan os galardóns como os Gourmand Awards na ca-
tegoría de Premio Especial do Xurado como Mellor Libro de Bebidas do Mundo 2017 e Mellor Libro de Viño e Turismo de España 2013. Premios Magnum Os viños Terras do Cigarrón 2017 e Mara Martín 2017, da adega Cooperativa Terras do Cigarrón, lograron senllas medallas de ouro na categoría de
brancos novos na décima edición dos Premios Magnum, onde se reparteiron un total de 24 medallas. Ademais, dez adegas e viños da DO recibiron, a principios do mes de decembro, as medallas individualizadas e diplomas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T entre os anos 2013 e 2017.
Presentación da Guía de Viños.
e profesionais). Tamén se ofrece información de moita utilidade sobre a necesidade de ter unha alimentación equilibrada, a importancia de realizar exercicio físico e a necesidade de dormir as horas necesarias. Plataformas de formación en liña e sen coste
Técnica Pomodoro
As oportunidades de formación en liña e sen coste son moitas e non cabe dúbida que se pode considerar unha boa opción de formación complementaria. Na ligazón que se anota http://tinyurl. com/y9myaggn facilitamos información sobre un conxunto de plataformas de formación en liña e sen
coste que poderían ser do noso interese. A oferta de formación en liña é moi variada e non é sinxelo elixir. A nosa recomendación inicial, tendo en conta que os cursos son sen coste e moitos dos temas poderían ser do interese dos nosos estudantes é: https://miriadax. net/home.
VERÍN E COMARCA
O Entroido de Verín xa ten cartel
AEVER vólcase co Nadal de Verín
4 Leva por título “O descanso dos Cigarróns”.
4 Presentou as súas actividades para estas datas.
Redacción
Redacción
“O descanso dos Cigarróns” é o lema do cartel gañador para o Entroido 2019. A autora da que será a imaxe desta festa é Ana Isabel Árias López, que se leva un premio de 600 euros. A obra resultou gañadora logo dun reconto da votación popular celebrado o día 10 de decembro no Auditorio Municipal. No proceso de votación -celebrado o pasado 1 de decembro- participaron un total de 590 persoas. Todas elas puideron valorar o deseño que máis lle gustou dos carteis que concursaban para a imaxe oficial do vindeiro Entroido. Devandita celebración
terá lugar na vila do Támega do 22 de febreiro ao 4 de marzo.
Presentación de “O descanso do Cigarrón”, cartel gañador do entroido de Verín 2019.
A Asociación de Comerciantes de Verín presentou as actividades a realizar na campaña de Nadal. Estas contan co apoio do Concello de Verín e da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM). Como o ano pasado, unha das atraccións será a pista de xeo natural, que estará dispoñible do 21 ao 31 de decembro na praza Maior. O horario será de 11 a 14 horas pola mañá e de 16 a 22 horas durante a tarde, e o prezo da entrada será de cinco euros, podendo acadar un desconto de 2
euros presentando os vales desconto tanto en locais asociados de AEVER coma de AEHCOM. Sorteo Todas as persoas que fa-
Barrios 20 de decembro 2018
gan compras superiores a 10 euros nalgún local asociaciado de AEVER entrarán no sorteo dun premio de 1.000 euros. A campaña chamada “Este Nadal fai as túas compras en Verín” estará en funcionamento ata o 2 de xaneiro, sendo o día 3, na gala “Estrelas Máxicas” (pavillón municipal) cando se entrege o premio. Nesa gala tamén se entregarán os premios do concurso de escaparates.
11
EN BREVE 4 Gas Natural A compañía Naturgy vén de instalar unha planta de gas natural licuado, de 80 m3 de capacidade, para fornecer gas natural a Verín. Isto supón que preto 2.300 fogares e comercios teñen acceso a este servizo. Grazas a esta transformación, preto de 5.000 veciños poden ter acceso ao gas natural, unha enerxía máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.
4Oímbra
Presentación da campaña de AEVER.
A Xunta de Galicia achegou 60.000 euros no Concello de Oímbra para renovar a pavimentación e eliminar desniveis. A finalidade era a de facer máis accesible toda a zona de acceso ao Centro de Saúde e Concello. Ademais construíuse unha rampla e creouse unha praza de aparcadoiro para persoas con discapacidade.
12
Barrios 20 de decembro 2018
VERÍN
DESCUBRIMOS O museo do claustro mercedario
O Museo cobre dende hai un ano a demanda cultural que precisaba Verín 4 Con máis de 21.000 visitantes dende marzo de 2017, naceu coa vontade de divulgar a identidade comarcal de Monterrei. Redacción Grazas a un acordo cos Irmáns da orden da Merced para revitalizar ó claustro que estaba pechado ó publico e non tiña actividade pese a estar no centro da vila, conseguiuse darlle un pulo ao casco histórico e serviu de dinamizador cultural da vila de Verín. Falamos do Museo do Claustro Mercedario, inaugurado no mes de marzo de 2017 coa exposición monográfica “Dionisos, 2.000 anos de viño en Monterrei” como non, adicada ó viño. A DO de Monterrei pese a ser a máis xoven administrativamente de Galicia é a que ten pegadas históricas máis antigas. A estrela de esa exposición foi o busto de Dionisos, o deus grego do viño, atopado nunha explotación vitivinícola
da zona e datada sobre o século I ou II. Reproduciuse a escala 1/1 cunha impresora 3D e, ademais, deuselle o aspecto que tería se non levara 2.000 anos enterrada. A partires desta peza organizaron ó seu redor unha antropoloxía do viño no val de Monterrei con preto de 100 pezas. Esta exposición tivo unha acollida enorme con 6500 visitas. Isto xa deu idea de que a zona demandaba un museo ou centro cultural que acollese nada en concreto senón as súas señas de identidade. Esta dedicado a calqueira elemento que sirva de difusión das señas de identidade do Val de Monterrei, a terra do Támega. Novas exposicións Xa a finais do 2017 e principios do 2018, prepararon tres novas expo-
Busto de Dionisos que inaugurou o Museo no ano 2017.
sicións, que xunto coa primeira que o inaugurou, continúan hoxe en día. Unha delas e “Monterrei, berce do licor café”, que explica os motivos de por qué o licor café esta tan presente en Monterrei, fruto da abundancia de café e augardente a finais do século XIX, principios do XX. Tamén se desgrana a historia do contrabando de café na fronteira e a importancia da apertura das liñas de ferrocarril. Descubre toda a economía que movía este estraperlo na comarca, nunha época de postguerra na que no resto de España había moitas necesidades. Noutra ala do museo está a exposición de “Identificadores aromáticos dos viños da DO Monterrei”, que é un tunel do viño cuns tubiños que contén os aromas dos distintos viños da comarca e un panel explicativo de como se cata o viño e descubres os distintos aromas. A última exposición é “Tartessos, primeiros contactos” dedicada a patrimonio con reproduccións de aras romanas e coa peza principal, “a estela do guerreiro” ou “pedra alta de Castrelo do Val”, atopada no ano 2011 e que non se explicou
O Museo do Claustro Mercedario inaugurouse en marzo de 2017 coa exposición monográfica “Dionisos, 2000 anos de viño en Monterrei”
No Museo hai actualmente catro exposicións simultáneas, todas relaciondas con Verín. adecuadamente. A peza orixinal está nun Museo en Madrid e aquí fixeron unha reproducción a escala 1/1 e contan a súa orixe. Trátase dun escudo de armas dun guerreiro do ano 1000 A.C., do Bronce final, e é moi importante porque os achadegos dos Tartessos, preto de 90, están só están na zona de Cádiz, menos un, este que apareceu en Castrelo do Val, o que indica que había un contacto comercial xa naqueles tempos entre o norte e o sur a través de varias vías. Actividades Xa fóra de exposicións inauguraron co arqueólogo Antonio Rodriguez Colmenero unha instalación na entrada coa interpretación do “Padrón dos pobos” de Chaves e onde
aparece por primeira vez a palabra “Tamagani”, que ten como raíz “auga escura” ou “auga profunda” e que está compartido en moitas linguas europeas. A UNED tamén se interesou por esta iniciativa e xa leva tres cursos realizados de dez que realizará ao longo deste curso académico. O último curso foi o “De Monterrei ao mundo” , un curso especializado en cata e enoloxía. Paralelamente desenrolan outras actividades, como a “Semana Micolóxica” que durou 15 días cunha exposicición que tivo bastante repercusión, con 1000 visitantes nun día. Para ser o primeiro ano consideran que foi un éxito. Actualmente negocian coa orde da Merced para
Actualmente negocian un convenio coa orde da Merced para cooperar no conxunto do claustro para os próximos anos cooperar no conxunto do claustro para os próximos anos. Necesitará unha reforma o novo espazo adquirido pero permitirá ampliar as actividades e as exposicións. As 21.000 visitas que levan neste curto espazo de tempo máis agora que xa comezan a xestionar visitas de grupo que ven desde Madrid, Benavente ou Sanabria auguran un futuro prometedor ao Museo do Claustro Mercedario.
Unha exposición está dedicada ao viño. Trátase dun tunel do viño de todas as bodegas.
VERÍN
Barrios 20 de decembro 2018
13
Programación de nadal do concello de Verín
“Tentamos facer unha programación de Nadal que guste tanto a nenos como a maiores” 4 Emilia Somoza preséntanos as actividades para estas vacacións, destacando como novidade a Gala solidaria a favor das vítimas de violencia de xénero o día 4, con artistas locais. Emilia Somoza Emilia comentanos que no último mes preparou esta programación de Nadal e que “sen a axuda imprescindible da Asociación Cultural Candaira non sería posible”. Según nos comenta o concello cédelles persoal e instalacións pero o peso forte do traballo lévano eles. Destaca “a gala de AEVER e a nova gala a favor das vítimas de violencia de xénero na que haberá canto, bailes, monólogos onde todos os artistas serán locais, da comarca de Verín, que colaboran con nos. A entrada será un
Redacción O Belén de Viruca, ubicado no Salón Parroquial, da inicio a programación de Nadal de Verín. O Belén que a verinesa Viruca González elabora tradicionalmente na vila de Verín superou este ano as 300 pezas e preto dos 70 metros cadrados, con elementos móbiles animados con motores de microondas e outras pezas recicladas. Ademáis, inclúe numerosos guiños a actualidade, cuhna representación das monxas do Asilo, de centenario este ano, así como os viñedos da Denominación de Orixe Monterrei. Este Belén sitúa a Verín no mapa dos máis grandes de Galicia. O horario de visita é de 17 a 20 h. durante a semana, e de 12 a 14 h. e de 17 a 20 h. sábados e domingos. En Verín programan para este Nadal actividades novidosas, como proba delo o “Agasallarte”, agasallos artísticos orixinais, ata o día 12 de xaneiro. Nadal e Reis son datas asociadas aos agasallos. Nada mellor que regalar algo orixinal, froito da nosa imaxinación e pericia. A Escola de Artes e Oficios de Verín presenta unha colección de obras creadas con esa finalidade, en diversas perspectivas, materiais e formatos. Do 22 ata o 30 de decembro na Praza García Barbón, de 11 a 14 h. e de 16 a 22 h. todos os que se acheguen poderán dar unha volta na pista de xeo que alí se atoparán. O prezo da entrada é de 5 euros pero se mercas nos establecementos asociadoas a CCU AEVER e AEHCOM conseguirás un ticket desconto de 2€. Ao longo de todas as vacacións de Nadal haberá un servizo de ludoteca,
Emilia Somoza, concelleira de cultura, no último festival de curtas.
Ludonadal, para facilitar a conciliación familiar, no Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres en horario de mañá e tarde, ata ó 7 de xaneiro. O sábado día 22 haberá unha gala no Auditorio Municipal ás 19 h. cun concerto a cargo da banda “Nova Era” co espactáculo “ Winter has come”. Tamén este mesmo sábado na Residencia de Anciáns Fogar Santa María ás 16 h. concerto de Nadal da banda Conservatorio Elemental de Música de Verín con temas populares de repertorio internacional. O próximo sábado, 29 de decembro, gala de Nadal da Asociación Cultural Candaira no Auditorio
“O donativo de 5 euros da gala irá destinado á asociación Portas Abertas, que xestiona fondos para axudar ás vítimas desa violencia”
Municipal ás 20 h. Xa metidos no ano que vén, o mércores día 2 teatro infantil coa obra “O coello blanco” no Auditorio Municipal ás 18 h. O día 3, gala familiar organizada por AEVER, “Estrelas máxicas” de Menudo Circo no Pavillón de Deportes ás 18.30 h e onde terá lugar o tradicional sorteo e premio de escaparatismo. Como novidade este ano, o día 4 de xaneiro no Auditorio Municipal ás 20 h. terá lugar unha Gala Solidaria a favor das vítimas de violencia de xénero, onde actuarán artistas da comarca de Verín, dende cantantes, humoristas e actores. E como non, o día 5 de xaneiro a partires das 17.30 h a tradicional Cabalgata de Reis co recorrido habitual, comezando no asilo e terminando no Pavillón Municipal de Deportes. Poderanse recoller os traxes de pastor/a, anxo ou estrela na Ludoteca de Nadal para formar parte da cabalgata acompañando aos reis meigos.
donativo de 5 euros que irá destinado a asociación Portas Abertas que xestionan fondos para axudar ás vítimas desa violencia” Engade que “tentamos facer unha programación que guste tanto a nenos pequenos como a maiores”. Fálanos tamén da Cabalgata de Reis, datas na que “agarda faga bo tempo e poida lucir polas rúas da vila, saíndo dende o asilo, pasando pola avenida Luis Espada ata o pavillón onde rematará e terá lugar a entrega de agasallos”. Seguindo cos Reis Magos “sei que os paxes dos Reis
estarán na Igrexa Parroquial de Verín o domingo 30 de decembro para recoller as cartas”. Cree que se conseguiu unha programación moi familiar, grazas tamén a ludoteca que axuda na conciliación, e repite o éxito da pista de xeo en colaboración con AEVER.
“A Cabalgata de Reis sairá do asilo, pola avenida Luis Espada , ata o pavillón”, adiantounos
14
Barrios 20 de decembro 2018
O CARBALLIÑO
ENTREVISTA A JUlIÁN GARRIGA CRESPO, PRESIDENTE DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DO CARBALLIÑO
“O comercio local de momento vai aguantando. Penso que xa pasamos o peor, pero quedamos moi tocados. A crise foi brutal” 4 Julián Garriga dirixe dende fai oito anos o Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes do Carballiño. “Facemos cursos. Somos moi dinámicos. De feito xa van dous anos que nos dan o premio ao centro comercial aberto máis dinámico de Galicia. Parécenos un bo recoñecemento”
Redacción Xa se aproximan as datas do Nadal, tempo de xuntanza e, porque non, tamén de compras, onde moitos comercios aumentan a súa facturación. Para saber como se presenta esta campaña de Nadal no Carballiño entrevistamos a Julián Garriga. Podemos dicir que é unha entrevista dobre, pois e presidente do Centro Comercial Aberto (CCA) e da Asociación de Comerciantes do Carballiño. No seu mandato incluíronse os restaurantes, cafeterías e bares dentro do centro comercial aberto para ampliar os seus obxectivos. Nas suas palabras “aínda que os restaurantes, cafeterías e bares non nos computan a efectos de subvencións, senón estaríamos no tramo máis alto, si que nos axudan co seu aporte económico e social, fan visible a asociación”. Preto xa de deixar ó relevo a outra directiva, deixará o CCA con máis socios que cando a colleu (pasou de 60 a 100 asociados), e como el di “isto é coma a política, ven xente xoven detrás con outras ideas”. Pero recoñece que será un socio toda a vida e seguirá colaborando. Defende a unidade de todos para ser máis fortes. Cales son as campañas estrelas do centro co-
Julián Garriga, presidente do CCA do Carballiño. /M.R.. mercial aberto no Carballiño? Julián Garriga (J.G.): “A principal é a do verán, que coincide cando veñen os emigrantes, que son veciños de aquí e seguen voltando aínda que agora en períodos máis curtos, antes botaban máis tempo, algúns seis meses ou máis, pero a crise fixo que acurten a súa estancia ou tarden varios anos en vir. Pero é un cliente moi fiel, gústalle mercar na vila, ir á praza de abastos, o seu restaurante favorito...E aproveitamos para facer a campaña máis forte e máis longa. O formato da campaña é sempre o mesmo, vales de compra, por-
“A principal campaña é a do verán, que coincide coa chegada dos emigrantes, que son veciños de aquí e seguen voltando aínda que agora en períodos máis curtos, antes botaban máis tempo”, confesa
que volve repercutir no comercio local. Despois está a de Nadal. O formato é o mesmo. Ao cliente con cada compra dáselle un vale cuns números que facemos coincidir co sorteo do Neno. O primeiro premio son 250 euros e optas a outros premios que nos achegan colaboradores, como botellas de viño, masaxes, balnearios ... antigamente sorteábamos unha moto, un coche, 1000 euros pero agora xa non se pode”. Cal é a vosa financiación? J.G.: “Realmente dependemos das subvencións da Xunta, como todos estes entes. Agora cada vez hai máis centros comerciais abertos e tocamos a menos diñeiro a repartir entre máis. Non é doado. Pensamos que a xente está contenta e, ademais, cada ano ímos aumentando o número de socios. Chegados a este
punto é máis difícil manter o número de socios que facer novos, pero creo que o estamos conseguindo. Hai que ter en conta que todos os anos pechan negocios xa sexa pola crise ou por xubilación. Cando alguén monta un negocio na vila tentamos estar ó seu lado. Outra fonte de ingreso que temos é a cuota de 25 euros mensuais por negocio”. Qué vantaxes ten ser asociado do centro comercial aberto? J.G.: “Ademais das campañas damos asesoramento para posibles subvencións que saían para os socios. Non somos unha asesoría que tramita a subvención pero si de indicarlle ás opcións que pode ter. Estamos en contacto coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) para aclarar calqueira dúbida que teña un asociado. De feito, formamos parte da CEO. Eles levannos o tema das nóminas, da contabilidade”. Canta xente traballa no centro comercial aberto? J.G.: “Temos unha xerente que e a que realmente move todo. Os que estamos na directiva temos os nosos negocios e non temos tempo para adicarnos a isto o 100%. Ela mira todas as posibles subvencións e encargase do día a día”.
Como ves a situación actual do comercio no Carballiño? J.G.: “O comercio local de momento vai aguantando. Penso que xa pasamos o peor pero quedamos moi tocados. A crise foi brutal. Tamén aguanta porque Carballiño é unha vila moi importante, ten población, está moi ben comunicada e os distintos grupos que estiveron gobernando no Concello acertaron con potenciar á Festa do Pulpo. Esta festa fai moitos anos era só un día e agora dura case un mes e de interese turístico nacional. Ao longo dese mes coñecenos moita xente que despois volta a vila, grazas a gastronomía do polbo que hai na vila. Creo que iso fixerono moi ben. Así, o Carballiño non é só o emigrante senón que empeza a haber turistas. Na Semana Santa tamén o están facendo ben, fai 10 ou 15 anos non existía practicamente. Estanse a facer cousas para que isto vai para arriba. Igual que estamos moi ben situados, a 15 minutos de Ourense, a 50 de Vigo, a 40 de Santiago, notamos que algún fin de semana a
xente vaise fóra, aos centros comercias desas cidades. Pero non atopamos nada que non haxa aquí, o 90% das cousas están no Carballiño”. Facedes campañas de sensibilización para mercar no comercio local? J.G.: “Continuamente. Coincidindo con datas onde pode haber compras, como o día da nai, do pai, do libro, magostos ... temos accións. Facemos cursos. Somos moi dinámicos. De feito xa van dóus anos que nos dan o premio ao centro comercial aberto máis dinámico de Galicia. Parecenos un bo recoñecemento”. Que orzamento manexa o centro comercial aberto? J.G.: “Realemente son as cuotas dos asociados, eses 2500 - 2600 euros mensuais. Úsanse para pagar a nómina da xerente e pequenas facturiñas que imos tendo de cartelería nas campañas que facemos que tentamos ter o día, aínda que ás veces e complicado. Traballamos todo con proveedores do Carballiño. Cando recuperamos esa inversión é cando a Xunta, normalmente a finais de ano, convoca a subvención e nos devolve o 80%, máis o menos. Como hai accións e cousas que se subvencionan e outras non, é cando tiramos deses 2500 euros”.
“Traballamos todo con proveedores do Carballiño. Cando recuperamos esa inversión é cando a Xunta, normalmente a finais de ano, convoca a subvención e nos devolve o 80%, máis o menos”
O CARBALLIÑO
Barrios 20 de decembro 2018
15
ENTREVISTA A adolfo nogueira, concellEIRO de comercio Do concello DO CARBALLIÑO
“Estamos a piques de rematar o plan de dinamización comercial, que abrangue os próximos catro ou cinco anos” 4 Adolfo Nogueira prioriza o comercio local por enriba de Internet ou as grandes superficies e, por iso, insiste en campañas de sensibiliación e apoio total ao pequeno comercio. Redacción Igual que Julián nos adiantou a campaña de Nadal dende o punto de vista dos comerciantes, Adolfo Nogueira manda unha mensaxe de optimismo e traballo dende a administración local, máis concretamente dende a súa concellería de comercio. Ademais, preséntanos unha nova ferramenta para apoiar ao pequeno e mediano comercio do Carballiño, o plan de dinamización comercial, onde estarán implicadas varias admininstracións e que agarda presentar en brve. Que tedes preparado desde Concello este Nadal? Adolfo Nogueira (A.N.): “Desde o Concello o que facemos e pornos ó dispor do Centro Comercial Aberto do Carballiño, apoiando todas as iniciativas que emprenden, que non son poucas, hai un calendario bastante amplio para este Nadal e todas nos parecen poucas. O comercio no Carballiño ten unha forte tradición, moito arraigo, pero como está pa-
sando en xeral, tamén nas grandes cidades, o comercio local ten a competencia de internet, das grandes superficies que fai moi difícil o día a día dos comercios. E aínda que desde as administracións nos volquemos con todos os recursos que temos a man e moi difícil. Pasa por un cambio de hábitos, sobre todo da xuventude, e por un cambio de modelo, os comercios tamén teñen que adaptarse ás novas tecnoloxías, abrirse ás redes sociais, unha serie de pasos moi grandes que debe dar o comercio local para subsistir. No caso do Carballiño vimos de facer cursos para que pequenos comerciantes aproveiten os recursos que ofrece Facebook e outras redes sociais. Estamos constantemente apoiando campañas que se fan desde o centro comercial aberto e, tamén, abertos a calqueira outra solicitude que se nos faga. O máis importante polo de agora e que estamos a piques de rematar o plan de dinamización comercial que abrangue os próximos catro ou cinco anos, as iniciativas que hai que tomar dende todos os ángulos
Adolfo Nogueira, concelleiro de Comercio do Concello do Carballiño. /M.REJO.
“O importante é que a xente entenda que se non merca no comercio local e desaparece, pouco a pouco o pobo desaparece detrás” para potenciar o comercio da nosa vila. A idea é presentar este plan a finais de ano, ou primeiros do que ven, e comezar a aplicalo de inmediato. É un plan moi heteroxéneo, abarca iniciativas de dinamización turística, que revirtan no pequeno comercio, propostas de actualización, solucionar problemas de aparcamento... Afecta a moitos departamentos do Concello, a outras Administracións ás que hai que pedirlle axuda para que isto sáia adiante. Neste proxecto estamos traballando man a man co centro comercial aberto porque hai unha serie de iniciativas para que sexan os propios comerciantes quen máis turren disto. Pero insisto, é moi importante desde xa a concienciación”. Dende o Concello facedes campañas de sensibilización? A.N.:”Hai varias propostas nese sentido pero o importante é que a xente entenda que se non merca no comercio local e o comercio local desaparece, pouco a pouco o pobo desaparece detrás. Se pechan tendas co tempo pecharán bares, se pechan bares co tempo pecharán restaurantes... Queremos que a xente do Carballiño lle dea primeiro unha oportunidade
ao comercio local antes de internet e grandes superficies. Creo que se dás unha volta polo comercio local máis de un levaría unha grata sorpresa porque hai moita oferta na vila e tendas moi competitivas. Moitas veces é xa por inercia, vamos a Ourense, a Vigo, a tal de compras. Temos que tentar revertir iso un pouco porque corremos o risgo de que a volta dun tempo non exista o comercio local”.
Que percepción notades nos comerciantes da vila? A.N.:”As cousas non están ben. Todo o mundo busca responsabilidades. O noso compromiso co comercio é indudable. Hai unha enquisa feita con turistas, clientes e comerciantes onde a valoración do traballo que se fai dende o Concello non é negativa, pero sempre nos esiximos
máis”. Tedes datos das visitas á vila? A.N.:”Somos un pobo eminentemente estival. No verán a poboación practicamente se duplica e iso repercute no comercio. Son os mellores meses tanto de hostalaría como do comercio. Temos un verán bastante activo, sobre todo coa Festa do Pulpo. Por sorte a xente que está fóra, regresa no verán.”.
4 Programación de Nadal en Carballiño Este Nadal na vila do labares e maxia na raza campaña de animación á 4 Programación de Nadal en Carballiño Carballiño estará cheo Maior. Eses dóus días talectura na Biblioteca Mude actividades culturais e deportivas, tanto para os máis cativos como para os máis maiores. Ditas actividades xa comezaron a principios do mes de decembro. Para as próximas datas, este venres 21 de decembro ás 18 h no Auditorio, o musical de “A bela e a besta. A lenda” para un público familiar. Ese mesmo día pola noite, ás 20 h no Paco Chao, gala de Nadal do Club Patinaxe Aehde. O día seguinte, o sábado 22 na praza de Abastos ás 13 h saberemos o gañador da campaña “Vive o Nadal”. Xa pola tarde interesante partido no Espiñedo de Terceira división entre o Arenteiro e o Porriño Industrial ás 16.30 h e un pouco antes os rapaces do fútbol sala reciben ao Concello de Begonte no Paco Chao ás 16 h. Ás 18 h no Auditorio teatro para rapaces maiores de 8 anos coa obra “Os fabulosos Cleaners”. Os días 22 e 23 de decembro, ás 12 e 20 h os dóus días, animación de rúa con zancudos, ma-
mén poderás subir ó tren do Nadal do Centro Comercial Aberto e visitar ás rúas da vila de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. O domingo 23, a 10ª Carreira Solidaria do Arenteiro que sairá ás 11 h da Praza da Veracruz. E o día 24 o prato forte será a chegada de Papá Noel. Recollerá as cartas dos nenos e nenas na Praza Maior os días 22 e 23 de 17 h a 21 h e o día 24 de 17 a 19 h porque xa se ten que preparar para a noite poder repartir. O día de Nadal, 25, ás 12.30 no Templo da Veracruz, concerto da Coral Polifónica do Carballiño. Os días 26, 27 e 28 de 11.30 a 13.30 h obradoiros e campaña de animación á lectura na Biblioteca.Eses días tamén haberá cine infantil. No Auditorio ás 18 h os tres días, o martes 26 “O malvado raposo feroz”, o mércores 27 “Os incribles” e o xoves 27 “Vengadores. Infinity War”. Tamén o 26, 27 e 28 o CCA organiza uns obradoiros nas súas oficinas de educación ambiental e robótica, “Roboccamb”. Xa no nova ano voltará a
nicipal. Os días 2, 3 e 4 de 11.30 a 13.30 h. O día 3 de xaneiro no Auditorio gala dos alumnos do conservatorio ás 20.30 h. Entre os días 3 e 5 celebraráse o I Torneo de Reis de fútbol sala base do GRI Carballiño no Pavillón Paco Chao. Entre os días 4 e 11 de xaneiro nova Ruta de Tapas. O día 4 entre 16.30 e 20.30 hs colchonetas para todos na praza do pobo. O sábado 5 de xaneiro o I Campionato de Reis de Xadrez sub 14 no Auditorio. O día 5 de xaneiro a partires das 18 h as súas maxestades de Oriente percorrerán as rúas da vila cun espectáculo de lume, luz e son. Xa rematando as datas do Nadal, o día 11 ás 19 h no Auditorio musical tributo a Mary Poppins. O seguinte día, o 12, monólogos de JJ Vaquero e Chema Trueba ás 21 h no Auditorio. E o sábado 19 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio para maiores de 10 anos, espectáculo de mentalismo e hipnose. Non se pode pedir máis nestas datas no Carballiño.
16
Barrios 20 de decembro 2018
PROVINCIA
EN BREVE
A Deputación, con “Cociña Ourense”
4 Pedro Quevedo Manuel Baltar e o autor da publicación, Jesús de Juana, presentaron no centro cultural “Marcos Valcárcel”, “unha obra sobre unha personaxe de relevancia na historia de Ourense, que foi bispo durante máis de catro décadas e de quen este ano se conmemora o bicentenario do seu pasamento”, dixo Manuel Baltar. De Juana destacou a importancia do bispo Quevedo, “protagonista de importantes acontecementos históricos, o cal chegou mesmo a ser presidente da Rexencia de España”.
4”Olvido y León” Manuel Baltar, visitou co cineasta ourensán Xavier Bermúdez o balneario de Laias e a contorna, localizacións que o director de cine incluirá na súa nova película, “Olvido y León”, no que estará presente o termalismo e que se rodará integramente na provincia de Ourense.
4Innovación A Deputación de Ourense pon en marcha o proxecto “Compra Pública de Innovación” para atraer servizos de vangarda á xestión provincial. Esta iniciativa, que impulsa a Área de Transparencia, ten como obxectivo promover a innovación desde a demanda, por medio da adquisición de produtos e servizos que non existen no mercado
4 A favor da gastronomía feita con produtos ourensáns. Visita das autoridades a estación de Manzaneda
Redacción
Comeza a tempada de neve en Manzaneda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse o domingo 16 de decembro no Pazo Provincial cos chefs Miguel González e Marco Varela, promotores da asociación “Cociña Ourense”, que o vindeiro mes de xaneiro presentará publicamente esta proposta gastronómica ourensá que conta para 2019 co apoio económico da Deputación e que ten como obxectivo difundir a restauración feita con produtos autóctonos ourensáns. Tal e como confirmara hai uns meses o presi-
4 Comprobaron a instalación dos novos 29 canóns de neve e outras actuacións. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou este martes 18 de decembro, xunto co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda para comprobar o funcionamento dos 29 canóns de produción de neve instalados, “cos que a estación de montaña da un salto cualitativo e innovador”, expresou Baltar. Os canóns e o resto de actuacións permitirán mellorar a calidade das pistas e alongar a tempada de inverno para a práctica do esquí. Esta estratexia de desestacionalización da estación de montaña e de potenciar os recursos autóctonos son obxectivos da Deputación de Ouren-
se e da Xunta de Galicia nesta materia, “para seguir modernizando a infraestrutura máis importante de deportes de inverno e natureza do noroeste da Península Ibérica”, afirma o presidente do goberno provincial. Manuel Baltar lembrou o programa EsquiOU, que a Deputación de Ourense mantén coa estación de montaña, para que nenos da provincia de Ourense coñezan as alternativas dos deportes de inverno, “que é un éxito ano tras ano, e todas as melloras que fagamos neste ámbito están focalizadas á cooperación entre administracións, a seguir poñendo en valor esta infraestrutura única en Galicia”. En total, instaláronse 29 canóns que permiten cubrir de neve as pistas principais da estación en 50 horas. Abarcan unha
superficie de máis de 123.000 metros cadrados con tres capas de neve de, polo menos, 50 centímetros de espesor. A actuación busca aumentar o número de días nos que a estación estea aberta e operativa, ao tempo que mellora a calidade da neve, a oferta de servizos e a imaxe turística da zona, co seu correspondente impacto socioeconómico. Xunto ao novo sistema de innivación introducíronse toda unha serie de melloras nas pistas, nos accesos e nas prestacións da estación. Así, habilitarase unha app para a venda de abonos a través dos teléfonos móbiles, acompañado de ferramentas para a reserva de equipos por internet ou a xestión de grupos, equipamentos e clases, entre outras iniciativas.
dente do goberno provincial na primeira reunión que mantivo cos chefs, a Deputación de Ourense “estará ao carón desta asociación gastronómica, pois apoiar o seu labor contribúe a impulsar unha das fortalezas principais da provincia de Ourense: a nosa cociña, exemplo de tradición e innovación, ámbalas dúas trazas da identidade ourensá”. “Cociña Ourense”, reúne aos mellores cociñeiros de Ourense e a súa finalidade -unidos ao redor desta iniciativa gastronómica-, é potenciar un turismo de calidade que difunda a excelencia da nosa cultura e os produtos autóctonos.
Manuel Baltar, reunido no Pazo cos chefs Miguel González e Marco Varela.
PUBLICIDADE
Barrios 20 de decembro 2018
17
18
Barrios 20 de decembro 2018
DEPORTES
A Terceira división despídese ata 2019
Campus Ourense Rugby Redacción Os derbis non entenden de clasificación. Iso é o que puideron comprobar os que presenzaron o Campus Ourense Rugby - Universide de Vigo o pasado domingo nas Lagoas. A pesar da diferenza na táboa -cuartos os ourensáns e penúltimos os de Vigo- o partido estivo moi igualado. Tan igualado estivo que non se decantou ata a última xogada na que Simaile ensaiou e Shearer transformou dando a vitoria aos locais por 19 a 18. A choiva e o estado do terreo de xogo foron determinantes nun encontro no que os homes de David Monreal nunca estiveron cómodos. O Campus visita ao Getxo esta fin de semana. Os ourensáns despiden no campo do líder a competición ata o ano que vén. A liga regresa o 13 de xaneiro cun novo desprazamento para medirse ao Bera Bera.
Partido do Campus Ourense Rugby. /RAMSÉS.
4 Esta fin de semana acolle a última xornada do ano. R.T.
Zamora machaca o aro no encontro contra o Cáceres. /CARLOS DOMARCO.
Despedida de ano no Pazo con vitoria para o COB 4 O Club Ourense Baloncesto logra a sétima vitoria da tempada. R. Torres O Club Ourense Baloncesto sumaba a sétima vitoria na LEB Ouro na última xornada que se verá neste ano no Pazo Paco Paz. No primeiro cuarto os locais lograron un parcial de 28-23 cunha gran actuación de Pepo Vidal e Davis Rozitis. A tendencia positiva seguía para os homes de Gonzalo García de Vitoria no segundo. Así, marcharían ao descanso con 12 puntos de vantaxe: 52-40 e con Watson facendo le-
vantar ao respetable do seu banco con dous mates. Despois do paso polos vestiarios, o COB tivo uns minutos de debilidade dándolle alas ao Cáceres, que se achegou no marcador a cinco puntos (57-52). Os bos minutos de Muratovic fixeron que ao final do terceiro cuarto a distancia non fora inferior aos seis puntos (63-57). No último cuarto, Zamora colgouse ás costas o equipo e grazas a uns minutos de gran nivel fixo que se distanciaran no electrónico. Ao final, vitoria ourensá por 85 a 73.
Próxima xornada O Club Ourense Baloncesto despedirá o ano na cancha do único equipo que dá seguido a estela do Betis. Os ourensáns visitan ao Palencia o domingo 30 de decembro, nunha saída moi complicada. Tampouco xogarán na casa na primeira xornada de 2019. O día de Reis, 6 de xaneiro, visitan ao Araberri. Haberá, pois, que esperar ao día 11 de xaneiro, venres, cando o COB se reencontrará coa súa afección ante o Melilla. Será a última xornada da primeira volta.
O fútbol de Terceira ten un último compromiso antes de rematar o ano. Esta fin de semana dispútase a xornada número 18 que, ademais, será a penúltima da primeira volta. A Unión Deportiva Ourense é a primeira en xogar e tamén a primeira en coller vacacións. O Laracha será o seu rival en terras coruñesas. O Ourense CF disputa o seu partido na matinal do domingo fronte o Paiosaco, nos Remedios. Pola súa banda, o Barco visita ao Choco e o Arenteiro recibe a Porriño. Despois os equipos collerán uns días de vacacións para recuperar folgos de cara ao que resta de curso; os conxuntos ourensáns dan días libres ata o 2 ou 3 de xaneiro. O día 13 reanúdase a competición coa última xornada da primeira vol-
ta. A UD Ourense recibirá ao Vilalbés e o Ourense CF visita ao Compostela. Calabagueiros vivirá un novo derbi entre Barco e Arenteiro. Derbi Como derbi o vivido o pasado sábado 15 entre UD Ourense e Arenteiro. O duelo rematou en táboas con dous goles para cada bando, nun terreo con poucas posibilidades de facer xogo combinativo. Clasificación O conxunto ourensán mellor clasificado é o Barco; os valdeorreses son terceiros -postos de promoción de ascenso- con 36 puntos. A UD Ourense marcha quinta con 32. O seguinte ourensán é o Ourense CF na oitava posición e con 23 puntos. Os últimos dos ourensáns é o Arenteiro que con 18 puntos marcha décimo terceiro.
Partido da UD Ourense e o Arenteiro no Couto. /RAMSÉS.
DEPORTES
Envialia e Cidade caen ante o líder 4 O Sala Ourense tamén perdeu os seus encontros. R. Torres Se fai unha semana todo ía de cara para o fútbol sala ourensá, nesta pasada xornada tornouse cruz a moeda. O Ourense Envialia, Primeira división, caeu derrotado no Pazo -o partido non se puido disputar nos Remedios por goteiras na cancha central- por 0-2. Esta foi a súa primeira derrota da tempada e non sen sufrimento para un Burela que marcha líder. As da Mariña lograron un gol en cada parte (o último sonaba xa o final do encontro cando o balón voaba cara a portaría local). As de Morenín tentaron sacar algo positivo ata o final pero non souperon aproveitar as poucas ocasións que dispuxeron. Con esta
derrota son quintas a oito puntos das lucenses. Esta fin de semana visitan ao Penya Esplugues (terceiro) antes do parón. Segunda División O Cidade das Burgas visitaba a cancha do seu máximo rival, o Bilbo, co liderato en xogo. As de Manolo Codeso buscaron o gol na primeira metade, pero unhas veces a falta de acerto e outras, o acerto da cancerbeira, desbarataban cada ocasión. A pesar de que a primeira metade era de dominio visitante, as locais marchaban ao descanso cun gol de vantaxe. Na segunda metade, dous goles máis do Bilbo deixaban os tres puntos e o liderato do grupo primeiro da Segunda división en terras
vascas. Agora, cun partido menos, o Bilbo sácalle dous puntos ás ourensás que viron como esta xornada igualáballes a puntos o Valdetires Ferrol (con 28). O filial do Envialia goleou ao Calceatense por 9-1. Esta fin de semana dispútase a último xornada do ano; mentres o Cidade descansa, o Envialia B visita a Santurtzi.
Sala Ourense O Sala Ourense de Segunda B masculina non puido sacar nada positivo do seu enfrontamente contra o Xove. Caeron os de Kike García por un claro 4-1 nun partido que aguan-
Barrios 20 de decembro 2018
taron na primeira metade pero foron a menos na segunda. Para rematar o ano, os ourensáns reciben esta fin de semana ao Albense, equipo que conta con catro puntos menos.
Nas súas respectivas ligas o Sala Ourense é sétimo; o Ourense Envialia, quinto; e Cidade, terceiro
O encontro entre Ourense Envialia e Burela disputouse no Pazo Paco Paz. /RAMSES.
19
Copa Galicia de ciclocross Redacción Unha expedición de ciclistas do Club Ciclista Maceda desprazabase ata Betanzos para participar na Copa Galicia . Iván Feijoo lograba a vitoria. Desde as primeiras voltas, o ourensán destacou nun circuíto moi complicado. Tamén lograba subirse ao alto do podio Noela Saa na categoría júnior. Saa tivo que superar algún percance para alzarse coa vitoria. A súa compañeira, Andrea García, era segunda. A terceira vitoria do CC Maceda chegaba en cadetes. Un man a man entre Martín González e o seu rival Fabián, decantouse do lado do ourensán logrando a primeira vitoria da tempada. Esta fin de semana celébrase en Maceda e Baños dúas citas da Copa de Galicia de ciclocross na que os ourensáns darán que falar.
20
Barrios 20 de decembro 2018
Salvamento acuático Redacción A cuarta xornada da liga galega de salvamento e socorrismo acuático convocou aos seis equipos do grupo sur entre os que estaba o Salvour. O conxunto ourensán competiu con 11 deportistas. Silvia Fernández López e Roberto Naranjo Pérez lograron a primeira posición en categoría máster. O xuvenil Roi Naranjo Estévez foi terceiro en 100 metros rescate con aletas do mesmo xeito que o absoluto Miguel González Alvar. Eloi Xosé Fernández quinto posto nos 100 metros socorrista. Tamén sobresaíu a infantil Branca Currais Gil, segunda na proba de 100 metros socorrista. A próxima cita dos ourensáns serán os campionatos galegos de inverno que nas categorías xuvenil, junior, senior e máster celebraranse en Ourense os días 2 e 3 de febreiro.
Integrantes do Club Salvour de Ourense.
DEPORTES
Un decembro á carreira 4 Ás numerosas carreiras populares e San Silvestres, súmase a pista de Expourense. R. Torres O mes de decembro estase a converter no mes do atletismo en Ourense. Despois da popular da San Martiño -en novembro- son moitos os que aproveitan a inercia dos adestramentos para seguir participando en probas atléticas antes de despedir o ano. Este pasado domingo 16 San Cibrao acolleu o quinto campionato provincial de 10 km en ruta. Alex Fernández e Sandra Mosquera fixéronse co título. Esta fin de semana chegan dúas citas máis en ruta: as populares de Ribadavia (sábado 22 a partir das 16 horas) e do Carballiño (domingo 23 ás 11 horas). San Silvestres Tampouco faltarán á cita do 31 de decembro
Bo papel do Pavillón en Navarra 4 O club estivo presente con catro equipos. Redacción
Os 1.500 feminino da Copa Deputación. /RAMSÉS. as San Silvestres. Allariz organiza “A derradeira” e Castrelo de Miño tamén organiza a súa. Desde hai dous anos Ourense ofrece a posibilidade de correr polas súas rúas nas últimas horas do ano. Por terceiro ano consecutivo se organiza a San Silvestre que ten o seu punto neurálxico no xardín do Posío. Desde as catro da tarde disputaranse catro probas (pitufos, sub 10 e 12, sub 14 e 16 e absoluta). As inscricións están abertas en carreirasgalegas.
Presentación da III San Silvestre Ourensá. /RAMSÉS.
com ata o 26 de decembro. Pista cuberta E desde o ano pasado a oferta amplíase grazas a pista cuberta de Expourense. Este mes abriu e con ela chegan numerosas xornadas de competición. Abriu o telón cas primeiras xornadas da Liga galega Abanca e a Copa Deputación (o sábado día 15), que continúan coa segunda xornada este sábado e domingo, respectivamente. Para rematar o ano na cuberta ourensá, os días 29 e 30 acolle o quinto Campionato de Galicia de clubs probas combinadas.
A San Silvestre Ourensá mantén aberta a inscrición ata o 26 de decembro
A pasada fin de semana celebrouse en Pamplona o Campionato nacional de conxuntos absolutos de rítmica e catro eran os conxuntos alí presentes do Club Ximnasia Pavillón e o Escola Ximnasia Pavillón. O conxunto alevín, con todas as súas ximnastas de primeiro ano na categoría (Candela, María, Mariña, Noa, Paula, Laura e Claudia) estreábase nesta tempada con aparello. Realizaron dous pases moi correctos que as levaron ao posto 23 da clasificación.
O conxunto júnior (María, Sara, Rebeca, Sabela, Paula e Lucía) abriu a competición cun gran pase e realizando o segundo con algún erro ao principio do exercicio; logrou situarse no posto 18 das 44 participantes. O júnior do Escola Pavillón (Claudia, Julia, Sara, Uxía, Candela Díaz e Candela Pérez) non estivo acertado o primeiro día pero conseguiron realizar un bo segundo pase e ser 34 na xeral. As sénior puñan o broche final á súa carreira ximnástica neste campionato e gozaron os seus dous últimos pases por tapiz, sendo 44 na xeral.
O equipo alevín nun dos seus exercicios.
OCIO E CULTURA
Barrios 20 de decembro 2018
O FIC premia a cintas de tres continentes Presentanción da 15ª MOTI as portas do Concello.
Quince anos atraendo ao teatro aos máis pequenos 4 Chega a Ourense a Mostra de Teatro Infantil. Redacción Os primeiros espectadores da MOTI xa son adolescentes. Creceron á par que crecía a Mostra de Teatro Infantil (MOTI) que este ano chega a súa 15ª edición. Este ano chega con música, maxia, danza, monicreques e grafittis. As datas de celebración son o día 21 e do 26 ao 30 de decembro. Este venres, 21 de decembro, ás 19 horas, inaugura a mostra Trécola Teatro coa súa obra “Moti a culleradas (marchando unha de MOTI)” que percorrerá a rúa do Paseo ata a praza de San Martiño. Despois 18 espectáculos en cinco días -do 26 ao 30- e catro escenarios (Auditorio, Campus -sala Pardo Bazán e nunha carpa
exterior- e Teatro Principal). Catorce son as compañías participantes nesta edición chegadas de Galicia, comunidade alenciana, Madrid, Euskadi, Castela e León e Portugal. Cada día haberá entre dous e tres representacións e nalgunha ocasión a obra contará con varios pases. O prezo das entradas estarán entre os 3 e 4 euros; isto é debido, segundo Fernando Dacosta -un dos creadores da MOTI- “á indispensable colaboración de todas as institucións”, en alusión ao Concello de Ourense, Universidade de Vigo e Deputación provincial. A recadación dos espectáculos da MOTI no Campus de Ourense irá, un ano máis, para Unicef.
4 Nesta terceira edición participaron arredor de 3.000 persoas. Redacción Verín baixa o telón da terceira edición do seu Festival de Curtas, no que participaron arredor de 3.000 persoas durante toda a semana. A asistencia e participación no festival e nas súas actividades paralelas foi de “arredor 3.000 persoas”, tal e como revelou no descurso da gala o director do certame, Carlos Montero. En nome do Concello de Verín, o tenente alcalde Diego Lourenzo, afirmou que esta gala é “unha celebración do cinema” e “unha celebración da cultura”. O FIC sitúa a Verín como “un epicentro de cine e cultura”, demostrando, unha vez máis, “que somos
Casa del Mueble, primeiro premio do concurso “Escaparates de cine”.
A presentadora de televisión Nieves Rodríguez e a actriz Ledicia Sola foron as condutoras da gala de clausura.. unha vila chea de vida”, afirmaba Lourenzo. O director do Festival de Curtas, Carlos Montero, pola súa banda declarou que desde a organización tentouse “involucrar aos principais axentes socioeconómicos da comarca na engranaxe do festival”. Na gala de clausura participou tamén o actor Antonio Durán “Morris”, ao que a organización do FIC Vía XIV rendiu homenaxe este ano coa proxección de varias obras nas que participou. Premiados Na categoría Nova a cinta premiada foi Judgment; na de Outra Mirada, Our Song to War resultou gañadora; na categoria Horizontes levou o premio Bacha Posh; e Pele de Luz
logrou o premio A Raia. Ademais o premio do público foi para a obra “La poesía solo muere cuando termina”, mentres que o premio (Camira) da Crítica recaeu en Fauve. Escaparates de cinema Este ano púxose en marcha un concurso promovido conxuntamente coa asociación de comerciantes verinesa, AEVER, para que os establecementos interesados engalanasen os seus escaparates con motivos de cinema. Casa del Mueble foi o vencedor desta iniciativa, seguido de Noisiness, segundo, e Asubío, terceiro. Estes establecementos recibiron cadanseu premio de 150, 75 e 50 euros respectivamente.
21
EN BREVE 4 O Carballiño O Nadal en letras, Lecturas do mundo e Contos de Aninovo son as tres actividades de animación á lectura que propón o Servizo Municipal de Normalización Lingüística para estas datas de Nadal na sala infantil da Biblioteca Pública do Carballiño. Desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 11.30 a 13.30 h, e van dirixidas a nenos e nenas de catro anos en diante. As prazas son limitadas.
4Dire Straits “The Very Best of Dire Straits”, o mellor espectáculo de homenaxe á banda británica chega a Ourense dentro da xira europea 2018 de Brothers in Band. Será este venres, 21 de decembro, a partir das 21 h no Auditorio Municipal. As entradas están á venda a partir de 25 euros.
4A Bela e a Besta Este venres, 21 de decembro, a partir das 18 h, o Auditorio Municipal do Carballiño acollerá o espectáculo musical “A bela e a besta. A lenda”. Ademais, o venres, 11 de xaneiro, chega outro clásico á vila do Arenteiro: “Superscalifragilístico O Musical. Tributo a Mery Poppins”.
22
Barrios 20 de decembro 2018
4AXENDA Exposicións - Ata o 6 de xaneiroExposición fotográfica de Xulio Gil “O retrato maior do noso cine”Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 24 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 21 de decembro - Teatro ”Crime e telón” - 20 h. - Teatro Principal - 21 de decembro “Manualidades e Contacontos” - de 18 a 19.30 h. - Biblioteca Municipal de Verín Música - 21 de decembro - Musical “A Bela e a Besta. A Lenda” - 18 h. - Auditorio Municipal do Car - 21 de decembroConcerto “The very best of Dire Straits. European Tour 2018” - 20.30 h.Auditorio Municipal de Ourense - 22 de decembro - Concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia 20 h. - Teatro Principal - 23 de decembro“Vaia Santa Claus. O musical de Nadal” - 17.30 h.- Auditorio Municipal de Ourense - 31 de decembro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense - 2 de xaneiro- “Rapunzel, o musical”- 17.30 h.Auditorio Municipal de Ourense Deportes - 23 de decembro - X Carreira Solidaria do Arenteiro - 11 h - O Carballiño - 31 de decembro - III San Silvestre Ourensá - 16 h - Xardín do Posío www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS / HUMOR
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
A carta da ilusión Daquela, cando decembro, quedaba só no almanaque que a avoa colgaba na parede da salita, non tiña eu máis preocupación ca de ir pensando paseniño, o que lle pediría polo nadal os Reis. Apresurado, e con mil ideas repentinas, preparabame para escribir unha mensaxe dirixida os Magos de Oriente, que tantas ilusións nos deixaron naqueles lonxanos tempos da infancia. Lapis e papel, eran dabondo para facer un monólogo máxico con destino a outros mundos. Non era doado que o escrito saíra de primeiras, e máis dunha vez, tiñamos que esmendrellar o papel, e de novo, comezar unha sincera declaración de intencións, que non podía pasar desapercibida para os homes do turbante. Benditos tempos da inocencia, da fantasía e sobre todo da ilusión. Impacentes, tardabamos en coller o sono na madrugada do seis de xaneiro, noite de intranquilidade
4HUMOR
e nervosismo, esperando que o cansazo fixera mella, e caeramos rendidiños, sabedores de que en poucas horas, os camellos ateigados de sacos, entrarían no barrio, e os Reis, deixarían algún agasallo na galería, de xeito misterioso, sen romper o silencio, e case sen tempo para contemplar a dozura dos maravillosos sonos de cando nenos. E nos, cativiños doutra época irrepetible e fermosa, gozabamos ausentes dos atrancos, miserias e penurias, que os nosos Reis Magos tiñan que pasar para manter prendida a luz dunha tradición milenaria que xamais deberiamos esquecer. Días antes, o Carteiro Real recollía as cartas no seu zurrón, pretiño do bazar da esquina, e máis cedo que tarde, as nosas Maxestades, saberían das inquedanzas e intencións que días atrás escribimos con esmero e satisfación. Comezaba así o ritual de cada ano, unha travesía longa por un deserto interminábel. Andanzas duns Reis
exemplares, que con moito sacrificio, ían percorrer continentes inmensos e orillas deshabitadas, e todo coa única e fermosa intención de chegar as nosas almas. Quizais, Melchor non tiña dabondo co traballo que alguen lle ofreceu, e soportou noites en vela enzoufado ata os ollos para sacar rendemento on xornal mísero, e así poder conquerir o agasallo, que con letras enormes e renglóns tortos, o cativo da casa escribiu sen remordementos. Seguramente Gaspar, madrugou durante meses para sacar proveito dun traballiño temporal, precario e con caducidade, mais sempre, coa incrible coraxe dunha raiña anónima, que con só ollar a ledicia dos seus, era dabondo para sentirse orgullosa dun esforzo infinito. E como non, o velliño Baltasar, que rascou durante un ano no fondo dunha pensión raquítica, para tranformar, un anaco de vida, nun agasallo máxico, para que o pequeno, poidera sentir a sensación incrible de topar
o xoguete soñado, ó tempo que, unha vez máis, ía lembrar cheo de saudade, aquel nadal de antano, cando o barrio gozaba compartindo solidariamente amizade e ledicia. Agora, que o paso do tempo mudou todo, incluso aquelas cartas, os Magos de Oriente, que non eran máis que un ritual de ilusión permanente, onde cun simple lapis e papel, escribiamos a nosa maneira o que o corazón a cada quen nos dicía, eso si, comezando sempre, con aquel respetuoso e entrañable... Queridos Reis Magos ¡ Pasou o tempo, coma unha estrela fugaz, e aínda lembro aquel día, cando un canalla inocente, e baleiro de sentimentos, no colexio espetoume..os reis non existen!!. Aquelo cravouseme na alma, e ferido de nostalxia, quedei sen folgos, aquela fría mañá de xaneiro. A infancia foise diluindo paseniño, e co tempo fun curando as feridas ingratas daquel momento, e
coa fe, que só os maiores foron quen de inculcarnos de xeito sinxelo, seguín o camiño da ilusión ata hoxe, convencido, de que unha vez máis, os reis estarán con nos, na noite das noites, facendo que brile para o mundo, unha estrela cargada de esperanza. Do oriente saen, os tres Reis Magos, que por unha estrela foron ben guiados, a Xerusalén non vaiades reis magos, que en Xerusalén hai moitos malvados. Cantigas centenarias do altiplano, nadas quizais dos ecos profundos da serra das Penas Libres, ecos limpos que prolongarán no tempo as voces dos nosos vellos, porque sen dúbida algunha, eles foron os verdadeiros magos, polo que estou seguro, que xamais ían permitir, que ninguén poidera apagar a incrible luz que os nenos atesoran, cando sacan a relucir o seu fermoso sorriso. Unha aperta e Bon Nadal para todos¡¡¡ Miguel A. Prieto “Chitin”
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 20 de decembro 2018
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº80 - Ano: XI - 20 de decembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
Nadal Innovador Redacción O Nadal en Ourense é moito máis: unha fiesta aberta a un mundo máxico. Por iso, o concello aposta pola innovación tecnolóxica para facer destas datas unha experiencia irrepetible para os máis cativos. Así, ata o 30 de decembro no Xardín Xaponés, iniciará un espectáculo de realidade aumentada, sempre en horario de tarde, das 16 ás 21 h. Grazas a unha pantalla xigante, maiores e pequenos poderán interactuar coas persoaxes máis típicas destas datas. O 20 de decembro, o Xardín do Posío albergará o Box 3De Nadal. Nesta instalación haberá un photocall interactivo que permitirá a creación de video-selfies cunha experiencia de alta calidade e contidos de grande impacto. E o 21 de decembro chegará o Videomapping na fachada do Concello, na Praza Maior. Este ano, con tres días: o 21 de decembro (ás 19:30 e ás 21 h) e 28 dedecembro (este día o pase será ás 21 h e complementarase cun espectáculo piromusical, de música e fogos artificiais), e o 4 de xaneiro (con dous pases, ás 19:30 e 21 h). Como novidade este ano, dicir que cada día a proxección será distinta
“O Segredo do Castro de Doade” 4 O libro presentóuse este mércores na cidade. Redacción O 19 de decembro presentouse en Ourense, na sede de Queixumes dos Pinos, o libro “O Segredo do Castro de Doade”, un libro que recolle a odisea da excavación ó longo de cinco tempadas, dun castro dun grande valor etnográfico e cultural que entronca coas raíces celtas e despois cos asentamentos romanos, na ribeira do rio Asneiro en Codeseda, Lalin. O acto contou coa presenza do autor Manuel Blanco ,director do Museo Etnográfico Casa do Patrón, a primeira entidad privada que xestiona e conserva un legado destas características, coa poetisa alaricana Pasionaria Quintas que escribiu unha lenda orixinal para o libro, co pintor ouren-
sán Martínez Coello que o ilustrou e con Avelino Jácome, director de Orixe Comunicación colaborador habitual de este xornal, encargado da edición e publicación, e tamén autor da Lenda de Aldara e Galael incluida neste fermoso libro. En verbas de este último: “Todas as galegas e galegos temos unha débeda con esta xente capaz de crear riqueza material e cultural no medio rural, e por conservar para as novas xeracións a memoria dos nosos devanceiros, para saber para onde ir precisamos saber de onde vimos, este libro fala diso e tamén dos nosos soños, das nosas crenzas, e da nosa cultura, onde a tradición e a modernidade camiñan xuntas co desexo de albiscar un mundo mellor.
Autor, colaboradores e amigos, na presentación.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Ofrécese señora de 43 anos, española, para traballo en servizo doméstico na cidade de Ourense. Tel . 674 500 513 Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias de ESO e Bacharelato. Clases individuais e personali-
zadas. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail. com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel: 686 005 358. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Experiencia e informes. Económico. Tel.: 616 361 548.
INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5
min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
VENDAS Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600 eu., media alza 300 eu. e cuarto de alza 150 eu. Cadros soltos a 1,50 eu. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50 eu/m. Tel. 625 591 151 Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05..
CONTACTOS
Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.
24
Barrios 20 de decembro 2018