Skip to main content

Barrios 79

Page 1

O pequeno comercio simula o peche para denunciar a súa situación [Páx. 2]

CIDADE

Páx.6 A VALENZÁ

Un novo albergue de peregrinos prepara a Ourense para o Xacobeo 2021

Páx.4 XINZO

Recibíronse 130 avisos pola vespa velutina neste ano no Concello de Barbadás

Páx.16 CELANOVA

A Xunta quere comezar en 2019 as obras de ampliación do polígono de Xinzo

Páx.17 ALLARIZ

Un obradoiro de emprego crea App´s sobre Celanova, Bande e Verea

Páx.18

O xurado do Festival Internacional de Xardíns seleccionou 10 xardíns de cine

Chega o Nadal a Ourense

[Páx. 3] Toda a provincia de Ourense celebra desde comezos de mes o Nadal con infinidade de actividades de lecer para todas as idades ./RAMSÉS.

Número: 79 - Ano: XI - 13 de decembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 13 de decembro 2018

TEMA DA SEMANA

O Concello mostra o seu apoio ao comercio local 4 A programación de Nadal concentra esforzos na dinamización das áreas comerciais da cidade. Os comerciantes ourensáns concentráronse este 4 de decembro ante as portas do Concello para concienciar do seu importante papel na economía da cidade./RAMSÉS.

O pequeno comercio simula o seu peche para denunciar a súa situación 4 A asociación Comercio Vivo promoveu esta iniciativa para concienciar de que cada día pechan tres tendas en Galicia. Redacción Os comerciantes de Ourense levaron a cabo unha iniciativa de concienciación sen precedentes os días 2 e 3 de decembro, na que simulararon o peche dos comercios locais de toda a cidade tapando e apagando os seus escaparates. 170 tendas do centro da cidade; todos os establecementos da avenida das Caldas, así como moitos das rúas Vicente Risco e San Rosendo; xunto a outros de Doctor Fleming e Ervedelo, co apoio do CCA do Couto, amosaron a boa acollida desta proposta por parte dos pequenos empresarios ourensáns. Baixo o lema “Imaxina a túa cidade sen comercio”,

esta iniciativa, promovida pola asociación Comercio Vivo, reivindicaba que están “fartos de que ninguén se fixe nas cifras tan alarmantes do maltreito sector comercial. Fartos de esperar que alguén actúe. Cada día pechan tres tendas en Galicia”, denuncian. Esta simulación do peche das tendas de barrio consideran que “acabará sendo real e non simulada, nun curto prazo de tempo, de non frearse a actual situación”. A ausencia de luces de Nadal a comezos de mes nas rúas ouresás facía, segundo os comerciantes, que o espíritu navideño que sempre vén acompañado de máis consumo se vise duramente afectado. “Non se nos ocorre mellor momento nin mellor

oportunidade para demostrarlle a todo o mundo que a nosa presenza é fundamental para a vida da cidade, que consumir no comercio local é bo para todos, que xeramos emprego, riqueza, que estamos desfavorecidos polas leis e abandonados por unha administración irresponsable”, insisten. Lembran que a crecente venta online, os continuos descontos fóra de tempada de rebaixas, a “Mid Season”, o “Black Friday”, o “Ciber Monday”, o cambio climático… fan que “a situación sexa alarmante, e se non conseguimos remontar nesta campaña de Nadal, é moi probable que algúns dos que hoxe nos manifestamos, en xaneiro xa non estaremos”, auguran.

Redacción O Concello de Ourense vén de facer un chamamento de apoio ao comercio local. De feito, o rexedor ourensán, Jesús Vázquez Abad matiza que “toda acción para visibilizar as reivindicacións do comercio local, un sector que crea emprego e riqueza na nosa cidade, contará sempre co apoio deste Gober-

no Municipal. E o mellor exemplo que podemos dar é mercando na nosa cidade”. O alcalde apoia ao sector comercial nas súas reivindicacións para concienciar aos consumidores ourensáns da necesidade de “invertir a ilusión do Nadal no comercio de proximidade, no noso comercio, para fomentar que os consumidores ourensáns merquen no comercio local ourensán.

A Praza de Abastos festexa o Nadal 4 Organiza diversas actividades para os seus clientes. Redacción A Praza de Abastos iniciou as actividades do Nadal, este sábado día 8, coa apertura do mercado e o comezo do I Concurso de fotografía do mercado. Os participantes só terán que subir unha foto do mercado co hashtag #FotoNadalnoMercado nas redes sociais para participar. Dentro das actividades programadas os clientes da Praza de Abastos xa

poden gozar durante estas festas do Reno do Nadal de máis de dous metros, pasar polo Photocall de Papá Noel, deixar as súas cartas na caixa de correos real ou participar no sorteo de seis lotes de produtos do mercado valorados en 600 euros, os días 20, 21, 22, 26,27 e 28. A estas actividades permanentes únese os talleres de maquillaxe o domingo 23 e 30 a partir das 11 horas, días nos que o mercado abrirá en

Mercando no comercio de Ourense, facemos cidade”. Así, dentro da programación de Nadal do Concello inclúese unha iniciativa para animar aos ourensáns a mercar os seus agasallos e todo o que precisen para estas festas no pequeno comercio. Baixo o lema “Pasaporte aos teus soños” ponse en marcha unha campaña mediante a cal as compras nos establecementos ourensáns poden vir acompañadas de premios para toda a familia, como estancias no Parque Warner ou en balnearios, así como ceas e comidas en establecementos da Unión de Hostaleiros de Ourense.

“Mercando no comercio de Ourense facemos cidade”, afirmaba Jesús Vázquez horario normal. Papá Noel tamén acudirá ao mercado para facerse fotos cos clientes e repartir obsequios aos que se portaron ben. Será os días 14, 15, 23 e 24 días, nos que tamén haberá unha mesa doce nas instalacións ourensás. Concienciación Así mesmo, dende a asociación de comerciantes queren concienciar aos consumidores sobre a problemática que se dá nestas datas coa venda de produtos alimentarios fóra das canles legais, en especial do marisco, e lembran que é de especial importancia que estea etiquetado e que pasase por controis pertinentes, coma si sucede nas Prazas.


TEMA DA SEMANA

O acendido das luces navideñas tivo lugar o pasado 5 de decembro./RAMSÉS.

O Concello organiza máis de 400 actividades de Nadal 4 Música, teatro, deporte e as visitas de Papá Noel e os Reis Magos forman parte da ampla axenda cultural. Redacción O Concello de Ourense presentou a súa programación de Nadal 2018-2019, que este ano contará con máis de 400 propostas culturais, deportivas, de lecer e mesmo solidarias. O primeiro paso foi o acendido das luces de Nadal o día 5 cun espectáculo na Praza Maior.

A Cabalgata de Reis rematará cunha tirada de fogos artificiais

Outras dúas citas darán pulo á chegada destas festas. Por unha banda, a inauguración do Belén de Baltar, o 13 de decembro ás 18:30 horas; e un día máis tarde, os Xardíns do Padre Feijóo acollerán a inauguración do Poboado de Nadal, aberto até o 6 de xaneiro. Non faltará o tradicional video-mapping, na fachada do Concello, con sesións os días 21 e 28 de decembro e o 4 de xaneiro, ás 19:30 e 21 horas; salvo o Día dos Inocentes, no que ás 21 horas haberá un espectáculo pirotécnico.

Pola súa banda, o Xardín Xaponés acollerá do 19 ao 30 de decembro, unha carpa de realidade virtual. Así mesmo, a música vai ser protagonista e o Auditorio o seu escenario. Nel o cantante Sergio Dalma acturará o 14 de decembro; a Banda da Loba faráo o 18, ás 20:30 horas; o 20 de decembro será a quenda dun espectáculo único en Galicia, o Brothers in band “The very best of Dire Straits. European Tour 2018”; e o día de Reis haberá unha gala de ópera a cargo da Orquestra Sinfónica e o Coro Gli Appasio-

nati. A música local virá da man de María do Ceo, que ofrecerá un concerto de Nadal, o venres 21 de decembro, na Catedral; e o cantautor Emilio Rúa ofrecerá diversas actuacións en Igrexas de toda a cidade. Tampouco faltarán na axenda musical o grupo Priscila, Broken Peach e Cha, cerveza e violão. Ademais, a Igrexa de Santa Eufemia acollerá durante tres días a XXIV Edición do Certame de Vilancicos e Panxoliñas, e haberá tres actuacións da Coral de Ruada (22 e 28 de decembro, e 3 de xaneiro). Actividades infantís A cativada terá varias citas co teatro infantil no Auditorio, a través das obras “Oviravai”, “Aladino e a lámpada marabillosa” e “Vaia Santa Claus. O Musical do Nadal”. E tamén poderán gozar un ano máis coas propostas da tradicional MOTI. Para os máis pequerrechos haberá actividades especiais para bebés: teatro infantil no Auditorio, música na Sala Valente; e Os Bolechas presentarán o seu último espectáculo o 3 de xaneiro. A Concellería de Educación ten previstas, ademais, para a mocidade actividades na Escola Municipal de Inglés, panxoliñas escolares ou teatro, na rúa do Paseo. Aínda que o seu día grande será o 17 de decembro, ás 20 horas, coa festa de Nadal a cargo dos gru-

Barrios 13 de decembro 2018

pos de Teatro Escolar. Ademais, durante as vacacións escolares os nenos poderán participar en actividades de conciliación na Aula da Natureza e nas bibliotecas municipais. E os barrios recibirán a visita da Carpa da maxia. Papá Noel e os Reis Os días 22, 23 e 24 de decembro Papá Noel e os seus elfos estarán nos soportais da Praza Maior recollendo as peticións dos nenos de Ourense. Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, será a quenda dos paxes reais, na rúa do Paseo. Así mesmo, a tradicional Cabalgata de Reis terá lugar o 5 de xaneiro e rematará cunha tirada de fogos artificiais. Deporte Entre as actividades deportivas para o público infantil destacan a cabalgata acuática “Hai que mollarse”, o 21 de decembro; e unha xornada de entrega de cartas a Papá Noel nun buzón máxico instalado no rocódromo da cancha central de Os Remedios. A elas súmanse iniciativas para compartir en familia como o Festival de Nadal de Natación Artística (23 de decembro); o II Open Nadal de Escalada (26 de decembro); o Torneo Nadal de Chave (29 de decembro) ou o Torneo de Nadal de Atletismo en Pista Cuberta (4 de xaneiro). Ademais da III San Silvestre Ourensá (31 de decembro ás 16 h) ou do VII

O XXIII Concurso de Beléns repartirá 2.000 euros en premios nas súas tres categorías Torneo Social de Nadal de balonmán (28 de decembro), e no que se recollerán alimentos para a Asociación Amencer e fondos para a AECC de Ourense. Moitas outras actividades compoñen o completo programa do Concello, como unha gran festa Fin de Ano e Aninovo na Praza Maior. Concurso de Beléns Chega o XXIII Concurso de Beléns Públicos de Ourense, que premiará os mellores nacementos en tres modalidades: entidades, familiares e escolares. Na categoría de entidades poderán participar as asociacións sen ánimo de lucro e comercios; e optarán a un primeiro premio de 400 euros e un segundo de 300. Na categoría familiares premiaranse con 300 e 200 euros os dous mellores beléns instalados en domicilios particulares, mentres que na categoría escolar daranse premios pola mesma contía a aqueles realizados por alumnos de ensino non universitario. Así mesmo, establécese un premio especial de 300 euros á creatividade e singularidade nos materiais e no deseño do belén, de entre todos os presentados.

“A cirurxía laparoscópica


Barrios 13 de decembro 2018

CIDADE

EN BREVE

O Obispado expón beléns do mundo

4 PSOE A executiva provincial do partido socialista cesou ao portavoz na Diputación, Francisco Fraga, despois de posicionarse do lado de Pachi Vázquez logo de coñecerse que este se dera de baixa no partido. A decisión contou con 27 a favor por dúas abstencións e un voto en contra.

4 PXOM Mentres Ourense en Común advertía que o PP quere aprobar o PXOM “en solitario, antes das eleccións e con todos os informes en contra”, os populares aseguraban -en palabras do concelleiro José Cudeiro- que “actuamos con total transparencia, dando información concreta e precisa no momento en que se nos require”.

4 Pleno Un novo pleno extraordinario acollerá a Casa Consistorial do Concello de Ourense. Será este mesmo xoves. Tratarase de aprobar as modificacións de crédito para o pago de facturas da conta 413 que ascende a máis de 4 millóns de euros.

4 Compromiso por Galicia O partido Compromiso por Galicia vén de presentar ao seu candidato á alcaldía de Ourense. O empresario da hostalaría, Constantino Iglesias Fernández, será o encargado de encabezar a lista da capital ourensá.

4 Obras Ata o venres 14, a rúa Alejandro Pedrosa estará pechada por obras.

4 A mostra estará aberta ata o 4 de xaneiro. Redacción

Marcos Vila, acompañado de Carlos Hermida, na presentación desta iniciativa /R.T.

12 horas de solidariedade 4 Amencer colocará caixas de recollida de alimentos en Ponte Vella. Redacción

data”, declaraba Vila.

A conexión entre a Asociación Xuvenil Amencer e os propietarios de Centro Comercial Ponte Vella é notable. Proba diso, é a estreita colaboración que teñen, sobre todo cando da Operación Quilo se refire. Nesta 32ª edición da iniciativa a cooperación intensifícase o vindeiro sábado 15 de decembro. Ese día, Amencer colocará caixas para a recollida de alimentos en dous puntos do centro: na entrada ao supermercado Gadis e na entrada principal do centro comercial. Durante 12 horas estarán colocadas e supervisadas por voluntarios para recoller a comida que os usuarios de Ponte Vella deixen. O xerente, Marcos Vila, asegurou na presentación da idea que durante estas datas “hai moita afluencia de público”, polo que se Amencer o pide “poderíamos repetir a acción outra

Datos O ano pasado recolléranse 22 toneladas de alimentos, este ano estase a achegar a esa cifra polo que é moi posible que se supere. Amencer terá colocados os carros de compra en varios supermercados -tamén se colocan en eventos deportivos- ata o día 21; ao día seguinte entrégase a Cáritas que é a encargada de xestionar o reparto. O pasado ano chegou esta axuda a 1.020 familias e un total de 3.400 persoas repartidas en 16 parroquias. Ademais, en establecementos da cidade colocáronse petos; o recadado invertirase na merca de máis produtos alimenticios. Moteiros Solidarios Por quinto ano consecutivo en Moteiros Solidarios de Galicia inician a campaña de recollida de xoguetes a favor das casas de acollida de Ourense.

Calquera persoa que desexe colaborar nesta campaña pode deixar xoguetes en bo estado en calquera dos puntos de recollida (hai nove entre a cidade e A Valenzá). A campaña rematará o 15 de decembro. Os interesados que queiran empaquetar os xoguetes deberán achegarse para máis información a Motorcycles Shop Ourense (R/ Pena Trevinca). Lápis solidario Outra tradicional iniciativa nestas datas é o lápis solidario, que xa suma 14 edicións. Os lápices están á venda en preto de 100 establecementos da cidade, ata o 7 de xaneiro a prezo dun euro.

O día da recollida intensiva será este sábado 15 de decembro

Como cada ano desde 2006, o Obispado de Ourense abriu as súas portas á cidadanía para que visiten a exposicións de beléns do mundo que estará aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro (en horario de 10 a 13 horas). Unha zona da mostra está adicada a obras ourensás, de artistas como Sansedo (Santiago Seijas Docampo), Arturo Baltar ou Mayte Vazquez. Outros son chegados de puntos tan dispares coma

Perú, Tailandia, Camerún ou mesmo Ecuador, por citar algún deles. Cada belén está feito de forma artesanal co material propio de cada país onde se pode atopar: madeira de Ébano, pau de rosa, pau de naranjillo, caoba, madeira de oliveira, pedra de xabón, pedra volcánica, resina, óso de pichincha, bronce policromado, tawua ou marfil vexetal, follas de maiz, casca de noz, cerámica, alabastro, faragulla de pan, teas, papel ou barro policromado.

O obispo de Ourense cun grupo de alumnas diante dun dos beléns. /RAMSÉS.

Pista de xeo Redacción A pista de xeo de Centro Comercial Ponte Vella estará aberta ata o 7 de xaneiro. O horario será de luns a venres, de 17 a 21 horas; sábados, domingos e festivos, de 12 a 22 horas. Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro o horario será de 12 a 22

horas todos os días da semana. Para os días 24, 25 e 31 de decembro, e 1 de xaneiro debe consultarse na web do centro os horarios. A entrada xeral ten un custe de 6,50 euros existindo, ademais, descontos especiais para grupos e outras promocións específicas. Conta con 300 m² e atrae cada Nadal a milleiros de persoas da provincia e de fóra dela.


CIDADE / REPORTAXE

Melloras no Campo de Santiago 4 Turismo crea un novo espazo deportivo. Redación O Campo de Santiago (na contorna do Muíño da Veiga) contará cun novo espazo deportivo e de lecer saudable ao aire libre. O acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia de Turismo de Galicia, co concello ourensán fan posible a posta en

Nava Castro visitou o Campo de Santiago.

valor desta zona. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou as obras, que inclúen a reforma dos aseos, que contan cun orzamento de máis de 84.000 euros. O novo espazo inclúe unha área para os máis pequenos, pensada para poder xogar facendo exercicios e desenvolver habilidades e destrezas motoras. Para os adolescentes créase unha zona para realizar diferentes actividades adaptadas ás súas idades. E unha área para adultos, onde se sitúan diferentes máquinas para exercicios complementarios con bancos abdominais, aparatos de marcha ou bicicleta elíptica, entre outras.

Barrios 13 de decembro 2018

Rectoral Rebollo, centro para persoas maiores 4 Con habitacións individuais e dobres, aínda quedan algunhas prazas libres. Redacción Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño a vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo”, oferta 12 prazas

en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. O conselleiro do Medio Rural, José González, estivo presente na inauguración da residencia. Na antiga casa reito-

O conselleiro de Medio Rural na inaguración. /M.REJO.

Entrada a esta rectoral do s. XVIII, agora restaurada. ral, totalmente restaurada, únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Servizos En canto aos servizos, disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras dobres, todas con baño

propio, nas que seguro os seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Desde este 1 de decembro a vivenda comunitaria xa funcionará a pleno rendemento, tanto polo persoal que traballa nela coma polos seus habitantes, pois xa ten algunhas prazas ocupadas. Pero as familias ou persoas interesadas en acceder ás libres poden poñerse en contacto cos seus propietarios que resolveranlles calquera dúbida ao respecto, chamando ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribindo a rectoralrebollo@gmail. com e concertar unha cita para poder vela, no lugar de Prado, en Alongos, no Concello de Toén.


Barrios 13 de decembro 2018

CIDADE

Latexando con Ourense Segundo o informe “Desfibrilación semiautomática en España” elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anualmente prodúcense en España máis de 24.500 paradas cardíacas extrahospitalarias, ocasionando máis mortes que os accidentes de tráfico. A gran maioría son debidas á fibrilación ventricular e, nestes casos, a realización dunha desfibrilación dentro do primeiro minuto da súa detección consegue a recuperación dun ritmo cardíaco eficaz no 90% das ocasións. Se á beira de cada extintor houbese un desfibrilador e persoal con coñecementos mínimos en reanimación, poderían salvarse máis de 4.500 vidas ao ano.. Poboación A provincia de Ourense ocupa o terceiro lugar do top 10 da axencia Eurostart de áreas europeas con maior porcentaxe de poboación de xubilados superando o 30% a súa proporción de persoas con 65 ou máis anos. Ademais, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, Ourense é a segunda cidade, das sete máis grandes de Galicia, coa media de

idade máis alta -cunha cifra de 44,5 anos para os homes e 48,1 para as mulleres-. Só lle supera O Ferrol onde os homes teñen de media 45,8 anos e as mulleres alcanzan os 50,3. A poboación con menos de 20 anos no municipio de Ourense é do 16,2% fronte ao 24,7% que ten máis de 64 anos. O barrio da cidade onde se sitúa o rango de idade máis nova é Barrocás onde a media de idade dos habitantes é de 38,2 anos. As marxes do río que van en dirección Reza e Outariz, A Granxa, A Rabaza, A Lonia, Mende ou Rairo son as localizacións que presentan unha poboación máis envellecida, superan-

Hai tres modelos das pulseiras “Latexando con Ourense”.

Un novo albergue de peregrinos prepara a Ourense para 2021 Merca a túa pulseira de “Latexando con Ourense” para colaborar cunha boa causa. do os 50 anos de media de idade. No barrio do Vinteún, a idade media de idade é de 57,2 anos, unha das máis altas da cidade. Fronte aos 53 desfibriladores publicados en Santiago de Compostela ou os 48 na Coruña, actualmente a aplicación de Urxencias Sanitarias de Galicia -061tan só publica 15 localizacións nos que existe un desfibrilador en Ourense, a maioría deles instalados en edificios de institucións públicas (por exemplo, na Deputación Provincial, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no Teatro Principal, no Paco Paz, no Pavillón, no ISSGA ou na piscina universitaria). Campaña Latexando con Ourense é unha campaña de responsabilidade social de venda de pulseiras entre os cidadáns de Ourense para recadar cartos para a adquisición de equipos semiautomáticos de desfibrilación que se instalarán por toda a

cidade. Os comercios asociados á campaña venderán as “pulseiras latexando” a un prezo 3 euros cada unha co obxectivo de financiar o 100% do gasto que supón a instalación dos desfibriladores nos comercios, empresas, institucións, comunidades de veciños ou outras entidades que o soliciten, así como impartir a formación necesaria para o seu uso. Os ourensáns son os protagonistas desta iniciativa. Mediante a compra dunha ou máis destas “pulseiras latexado” (hai até tres colores diferentes) estarán a investir na súa propia saúde e farán posible que Ourense se converta nunha cidade cardioprotexida. Para máis información: www.latexando.com.

A campaña pretende recadar fondos para a adquisición de desfibriladores

4 Ano do vindeiro Xacobeo. R. Torres

820.000 euros.

A cidade de Ourense conta cun novo albergue de peregrinos que a prepara para o no Ano Santo, en 2021. Esta instalación é realidade grazas a rehabilitación dun edificio na rúa Barreira. Na inauguración, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, reiterou o compromiso co “mellor ano santo da nosa historia” (en alusión ao vindeiro, en 2021). Feijoo desvelou que a inversión nesta infraestrutura foi de

Características O novo albergue, do Camiño Mozárable - Vía da Prata, polo que este ano pasaron 9.000 peregrinos, conta cun centro de interpretación. O edificio ten capacidade para acoller a 42 peregrinos nos 647 m2. No soto está a lavandería, almacén de mochilas e cuartos de instalacións; na planta baixa, salón de estar, cociña, aseos e control de entrada; nas plantas primeira e terceira, os dormitorios; e na segunda, aseos e duchas.

Inauguración do albergue de peregrinos sito na rúa Barreira de Ourense.


PUBLICIDADE

Barrios 13 de decembro 2018


Barrios 13 de decembro 2018

CIDADE / REPORTAXE

Ourense, na procura de residuos cero 4 A EDAR de Ourense acollerá nos vindeiros tres anos o proxecto CIGAT-Biofactoría. Redacción A cidade de Ourense comeza o seu obxectivo de residuos cero. O concello será pioneiro e referente mundial da Economía Circular, unha estratexia que aposta por transformar e aproveitar os residuos que se producen nas sociedades avanzadas. Durante os vindeiros tres anos a EDAR de Ourense acollerá a Unidade Mixta Centro de innovación galego de sistemas avanzados de tratamento de augas (CIGAT)-Biofactoría. Esta alianza estratéxica entre a empresa Viaqua e o Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua) co apoio da Xunta comeza a

súa fase de consolidación, na que se investirán 1,86 millóns de euros, tras investir 2,3 millóns de euros desde a súa posta en marcha en 2015. Neste novo período, o proxecto inclúe a proba na estación depuradora da cidade das Burgas dun prototipo demostrativo das tecnoloxías desenvoltas,

que permitirá avanzar na obtención de enerxías a partir dos residuos da auga. Así, a EDAR situarase como unha instalación pioneira a nivel mundial no campo da biorrefinería, é dicir, na obtención de produtos de alto valor engadido baseados no carbono non obtidos do petróleo.

Presentación do proxecto. /I. OSORIO.

Perruquería JM, expertos en estética masculina A perruquería JM da Valenzá e Progreso, en Ourense, continúa á vangarda das últimas tendencias para darlle o mellor sevizo de estética masculina actual. Desde hai 20 anos buscan a beleza masculina cos seus orixinais e modernos cortes de pelo, as mechas e tinguiduras en cores imposibles ou o afeitado e arranxo da barba. Esta é unha das poucas barbarías de cabaleiros que ofrece unha gran variedade en produtos para o coidado do cabelo, a barba e a pel. Non podía ser menos posto que José Andrés provén dunha familia con tradición perruqueira, herdada do seu pai e tíos. Pero na súa constante

renovación e para satisfacer a demanda dos seus clientes ten ampliado os seus servizos. Agora tatuarse ou poñer un piercing tamén é posible na perruquería JM. Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, plasmará sobre a túa pel o que ti desexes.

Horarios Este establecemento está á túa disposición de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 9.00 a 13.30, nos seus dous locais, o da avenida de Celanova 22 A Valenzá- (Tel. 677 098 251) e Progreso 51 (Tel. 634 934 344).

Os modernos cortes de pelo son un dos seus puntos fortes.


PUBLICIDADE

Barrios 13 de decembro 2018


10

Barrios 13 de decembro 2018

EN BREVE 4 Programación Nadal O Concello de Barbadás trae unha variada programación de lecer para este Nadal. Despois do acendido da árbore de Nadal, o mércores día 19 as SS.MM. Os Reis Magos visitarán os colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro. Os días 26 e 27 deste mes celébrase un clinic de porteiros, no municipal dos Carrís polas mañás. As categorías participantes serán as de cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín. Seguindo co deporte, o día 28 terá lugar un torneo benéfico prebenxamín de fútbl 8 nos Carrís. O 3 de xaneiro, os Reis Magos percorrerán Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Parada e Piñor. E o día 4, venres, será a quenda de Diverland 4.0 no polideportivo. A ludoteca de Nadal estará aberta os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas. Para grupos de nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 14. A inscrición debe realizarse ata o 18 de decembro na Casa Municipal da Xuventude.

4Concurso de escaparates O Concello de Barbadás volve convocar o seu concurso de escaparates. Os participantes poderán optar a ser o mellor en dúas categorías: mellor decoración en establecemento hostaleiro e mellor escaparate comercial. Cada categoría conta cun premio de 200 euros.

A VALENZÁ

O Nadal ilumina A Valenzá 4 Barbadás acende o seu alumeado. Redacción Música, un photocall con persoaxes infantís e unha chocolatada acompañaron o acendido das luces de Nadal que, como desde 2015, adornan a árbore de 10 metros que se atopa no centro da Valenzá. A iluminación de Nadal por todo o concello ten un custo aproximado de 10.000 euros, contía financiada pola Concellería de Servizos Públicos. Pola súa banda, o custo do alumeado coa instalación de figuras en diferentes puntos da Valenzá ronda os 2.600 euros. O alumeado inclúe a ornamentación de 75 árbores na avenida de Celanova, a instalación de sete arcos grandes na mesma

Museo Etnográfico Redacción Loiro, municipio do Concello de Barbadás, conta desde este mes cun Museo Etnográfico popular, que acolle obxectos de todo tipo do pasado, na súa maioría pertencentes ao século XX, e que as novas xeracións descoñecen que son e para que sirven. A museo arranca con máis de 200 pezas e está arroupado pola exposición fotográfica “Loiro na memoria”, inaugurada na primaveira pasada e que axuda a contextualizar o material amosado no edificio do novo

A conelleira de Servizos e membros de Protección Civil con material para actuar contra a vespa velutina.

A Valenzá acende as súas luces de Nadal. /M. REJO. avenida, de catro arcos medianos en rúas adxacentes: Areal, Rodríguez Punxín, Valenzá vella, etc. O polideportivo tamén conta con alumeado, a casa consistorial e outras localidades do municipio. Trineo A Concellería de Comer-

cio instalou un trineo preto da glorieta da familia. A responsable desta área, Marga Pérez, explica, que o obxectivo desta iluminación complentaria “é propiciar as compras no comercio de proximidade e crear un ambiente que tanto gusta aos pequenos da familia”.

centro social de Loiro. Durante o recente acto de inauguración, que contou con gran afluencia de público, houbo música, e, xunto aos dis-

cursos do momento, o corte simbólico da cinta correu a cargo de Elvira Fernández Calviño, unha veciña de 98 anos de idade.

130 avisos pola vespa velutina 4 Durante este ano. Redacción A piques de rematar o ano, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil (PC) de Barbadás informa das actuacións levadas a cabo durante estes 12 meses en relación á vespa velutina. Recibíronse 130 avisos e invertíronse un total de 190 horas de traballo e participaron un total de 12 operarios. Das 115 intervencións de PC, 98 foron consideradas de prioridade

máxima por estar localizadas en puntos críticos, preto de lugares de pública concorrencia ou vivendas particuales. Avisos As previsións indican que trala caída da folla se reciban máis avisos de avistamentos de vespa velutina. para elo, farase unha campaña de trampeo na que estarán implicados apicultores, poboación civil e outros servizos municipais, co fin de reducila presenza da velutina.

Pleno infantil en Barbadás.

Pleno infantil

Inauguración do Museo Etnográfico de Loiro.

A creación dun carril para bicicletas, o arranxo do teito do Filomena Dato no patio cuberto e a búsqueda dunha solución ante a sucidade que xeran as pombas nesta zona de ocio foron algunhas das inquedanzas plantexadas no pleno infantil que contou con 40 escolares do colexio Filomena Dato.


PROVINCIA

Barrios 13 de decembro 2018

O sector agroalimentario medra en Ourense 4 Segundo o último informe do ICEX. Redacción Baltar cos alumnos de Maristas.

60 alumnos de Maristas coñecen o Pazo Provincial 4 O presidente da Deputación de Ourense recibiu ao alumnado. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial, a 60 alumnos de infantil do colexio Maristas de Ourense que acompañados por docentes e algúns pais, puideron coñecer as instalacións do edificio principal do goberno provincial da man do presidente. Manuel Baltar guiou aos alumnos de cinco anos polo despacho da presidencia, a sala de xuntas, a exposición de “Voces da Ourensanía”, e rematou a visita no Salón de Plenos do Pazo Provincial, onde o presidente da Deputación de Ourense lle entregou a

cada neno un carné de deputado e un agasallo. Posteriormente, o presidente do goberno provincial recibiu aos 15 alumnos de 1º e 2º da ESO do colexio Maristas que visitaron o Pazo Provincial para desenvolver unha sesión plenaria, con motivo da 6ª “Semana Escolar da Provincia”, na que recrearon debates sobre a época dos suevos na Gallaecia. A súa visita á Deputación de Ourense rematou na Biblioteca. En total participaron na semana escolar- 8.882 persoas, entre alumnado e docentes, que traballaron durante esa semana nas actividades propostas.

O sector agroalimentario de Ourense crece o dobre que o galego. Esa é a conclusión do último informe do ICEX, referido ao comercio exterior agroalimentario de Galicia (2006-2017), que foi presentado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto á presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e o director territorial de Comercio e do ICEX en Galicia, Sergio Prieto. Nos 10 últimos anos pasou de 114 a 131 millóns de euros, cun crecemento anual do 10,4% (o dobre que en Galicia). En canto aos destinos, as exportacións concéntranse en catro países: Portugal, Francia, Italia e Reino Unido, aínda que se está a producir un aumento cara mercados como Suíza, China, Alemaña e Xapón. No caso concreto do aceite, este pasou de facturar 26 millóns de euros no ano 2006 aos 41,8 millóns de euros no ano 2017, duplicando practicamente as súas cifras, e o sector vitivinícola presenta un crecemento

Sergio Prieto, Manuel Baltar e Patricia García presentando o informe. estable durante estes anos, pasando de rexistrar vendas por importe de 18,9 millóns a 19,5 millóns de euros. Neste sector os viños con denominación de orixe representan case o 56% da exportación. Sector fundamental Manuel Baltar destacou na presentación “a importancia fundamental” que para Ourense ten o sector agroalimentario, salientando que informes como o que se presenta “permiten realizar proxeccións, analizar tendencias e determinar como as potencialidades engaden valor

e dinamismo económico e social ao territorio”. O presidente do goberno provincial citou como exemplos destacados da puxanza do sector agroalimentario na provincia de Ourense a Coren e ao sector vitivinícola coas súas denominacións de orixe, citando iniciativas como a desenvolvida onte na Veiga, coa xornada sobre o sector forestal, “porque todo elo contribúe a reforzar a aposta polos produtos autóctonos, unha defensa do noso que a Deputación de Ourense apoia con firmeza”.

11

Baltar, vicepresidente da CEPLI Redacción O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente de Partenalia -asociación europea de gobernos provinciais-, Manuel Baltar, foi elixido por unanimidade vicepresidente da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios (CEPLI). É a primeira e maior rede de cooperación territorial europea, integrada polas asociacións de provincias de oito estados membros da UE, ademais dos 40 territorios europeos das redes de networking político e técnico de Partenalia e Arco Latino. En intervención ante a asemblea xeral de CEPLI, en Bruxelas, Manuel Baltar afirmou que o gran reto desta macroalianza de cooperación de gobernos locais intermedios de Europa que é CEPLI “é defender os intereses identitarios de cada un dos nosos territorios desde o lugar común de todos, Europa, conseguindo maior autonomía económica para a xestión dos Fondos de Cohesión e o desenvolvemento de proxectos que melloren os servizos e a calidade de vida fundamentalmente nos territorios rurais”.


12

Barrios 13 de decembro 2018

PROVINCIA

Unha persoa na franxa de idade de risco poñéndose a vacina da gripe nun dos puntos habilitados para tal fin pola Xunta de Galicia.

Os ourensáns vacínanse contra o virus da gripe 4 Máis de 52.500 xa o fixeron. Redacción Os ourensáns están a cumplir coa recomendación do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en canto á prevención da gripe. Son máis de 52.500 os ourensáns que se levan vacinado contra o virus da gripe. A campaña promovida pola Consellería de Sanidade, que ten por lema ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe’ remata a finais de ano. Ourense é a provincia galega cos mellores datos de cobertura antigripal en maiores de 65 anos. Segundo os datos oficiais, na provincia

ourensá, ata o momento, están vacinadas máis de 52.500 persoas deste grupo de idade, que integran un dos colectivos de risco aos que se recomenda administrar a vacina co obxectivo de minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Esta cifra representa o 54,61 % da poboación de maiores de 65 anos, convertendo a Ourense na área sanitaria galega con maior cobertura, case 5 puntos por riba da media galega.

Onda epidémica Habitualmente os niveis máximos da onda epidémica da gripe coinciden coas datas de Nadal, polo que os cidadáns que non estean vacinados aínda están a tempo de protexerse deste virus xa que a campaña antigripal está activa ata o vindeiro 28 de decembro, nos 185 puntos de vacinación existentes na provincia. Cómpre lembrar que a vacina antigripal non so evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada

coa gripe. Ata o momento, na provincia non se rexistrou ningún ingreso hospitalario por esta doenza. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recordaba hai uns días que a vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden

transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade. Os profesionais de enfermería están a chamar á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña. Profesionais Outra das novidades da campaña da vacinación deste ano foi que por primeira vez se ofertou ao persoal sanitario a oportu-

nidade de vacinarse unha semana antes do inicio da campaña oficial. Esta medida permitiu que os profesionais afrontaran o inicio da campaña xa protexidos, evitando o risco de transmisión da gripe aos seus pacientes. Ademais, nunha aposta pola importancia

Os profesionais de enfermería están a chamar á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina


PROVINCIA

A vacina é gratúíta para persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas, embarazadas e persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco de padecer complicacións derivadas da gripe que nesta campaña ten a vacinación dos sanitarios, distribuíuse entre o persoal vacinado unhas chapas co lema Eu vacineime. E ti?, para incentivar os profesionais comprometidos coa vacinación. Obxectivos A vacinación ofértase, ademais dos casos mencionados anteriormente, ás persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade. A vacina antigripal non só evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe. Os obxectivos específicos son acadar unha cober-

tura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%, conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao 65%, e acadar unha cobertura superior ao 40% nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde e nas mulleres embarazadas. Melloras Os profesionais sanitarios contarán este ano con informes mensuais sobre a cobertura da vacinación antigripal por cupo, o que lles permitirá contar con información personalizada. A Consellería de Sanidade ten activa tamén unha web temática como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualiza toda a información técnica e os datos de evolución da campaña. Así mesmo, todos os usuarios da aplicación informática VACGAL reci-

birán os avisos do inicio da campaña. Esta ferramenta, unha App gratuita da Consellería de Sanidade, iniciouse en abril deste ano poñendo a disposición da cidadanía información fiable e personalizada sobre o calendario vacinal por medio dos seus dispositivos móbiles. Tamén se desenvolve o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa. Os profesionais de enfermería chaman á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña. Ademais establécense axendas de citación especial para vacinación e realizarase vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio. Resultados 2017 Durante a pasada campaña do ano 2017 administráronse un total de 539.696 doses. Acadouse unha cobertura global nas persoas de 65 ou máis anos do 57,96 %, cun aumento de case dous puntos con respecto á anterior e cunha subida constante desde o ano 2013. Tamén aumentou a vacinación do persoal sanitario do Sergas, cunha

A campaña antigripal está activa ata o vindeiro 28 de decembro.

Barrios 13 de decembro 2018

13

Na provincia de Ourense hai 185 puntos de vacinación subida de cinco puntos respecto do ano anterior (38,85% fronte ao 33,45%), acadándose e incluso superando o obxectivo proposto en Atención Primaria, cunha cobertura do 46,35%, e en Atención Hospitalaria cun 35,63%. A análise por categoría profesional acada ou supera o obxectivo no persoal médico, tanto de Atención Primaria (40,80%) como Hospitalaria (41,13%) e no persoal de enfermería, o supera amplamente en Atención Primaria (53,67%) e non o acada en Atención Hospitalaria (31,65%). No marco do programa para fomentar a vacinación antigripal entre a poboación mediante chamada por parte dos profesionais de enfermería realizáronse 35.445 chamadas e acudiron a vacinarse 5.244 destas persoas. A porcentaxe de persoas vacinadas sobre o número de chamadas ascendeu ao 14,79% fronte ao 11,5% do ano 2016.

A Xunta de Galicia lanzou a campaña que ten por lema ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe’.

4 Datos de Galicia A Consellería de Sanidade adquiriu para a campaña da gripe deste ano un total de 608.000 doses (325.000 corresponden á vacina antigripal convencional; 260.000 doses son de vacina adxuvada, e 23.000 doses son de vacina tetravalente), 48.000 máis que a pasada campaña, o que supón un investimento de 2.183.220 euros (226.980 euros máis que no ano 2017). A vacinación ofrécese de xeito continuada durante 10 semanas (dende o pasado 22 de outubro e ata o 28 de decembro próximo), en arredor de 900 puntos de vacinación en toda Galicia. Deste xeito, haberá vacinas dispoñibles en todos os centros sanitarios durante todo este tempo. Calquera persoa vacinada en calquera das semanas da campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia. Novidades Entre as novidades da campaña deste ano

destaca a utilización da vacina antigripal tetravalente, que se vai empregar en dous grupos de poboación: en mulleres embarazadas e nos menores de 15 anos que presenten algunha condición de risco. Tipos de vacinas Ademais desta vacina tetravalente, durante a campaña de 2018 empréganse outros dous tipos de vacinas. Unha delas é a vacina convencional, que é unha antigripal inactivada de antíxenos de superficie e que pode ser utilizada a partir dos 5 anos de idade. A outra das vacinas empregadas é a de antíxenos de superficie inactivados con adxuvante, indicada para as persoas de 75 ou máis anos e para as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos, xa que esta vacina ten unha maior inmunoxenicidade, para os que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de complicacións.


14

Barrios 13 de decembro 2018

Masterclass de ximnasia Redacción O Club EDC Xinzo de Limia e a Concellería de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia organizarán a “II Master Class de Ximnasia” coa ximnasta española Lourdes Mohedano. O evento terá lugar o sábado 19 de xaneiro de 2019. Xa está aberto o prazo de inscrición para todas as ximnastas que o desexen, maiores de 7 anos. Haberá prazas limitadas. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario de inscrición na web www.deportesxinzodelimia.com. O

XINZO E COMARCA

prazo de inscripción remata o 28 de decembro. A cota será de 25 euros para os integrantes do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia e de 40 euros para ximnastas de outros clubs (inclúe asistencia á Master Class, camiseta de adestramento, diploma e un pequeno lunch que constará auga e froita).

Rocío Mohedano.

4 Un clarinete ou unha pista de salto, entre as actuacións. O Concello de Xinzo de Limia vén de realizar varias actuacións cunha inversión de máis de 35.000 euros. A Deputación de Ourense encargouse de mercar un clarinete baixo para o Conservatorio Profesional Municipal cun valor de preto de 8.000 euros. Tamén instalou a megafonía do polideportivo municipal da vila (6.000 euros). O Concello sufragou o acondicionamento do acceso da grada da Moreira, baños e bar. Ademais, antes de rematar o verán, acondicionou unha pista de salto de lonxitude e un foso de lanzamento na

Redacción O Pleno do Concello de Xinzo aproba novamente o expediente para declarar o Entroido como Festa de Interes Internacional, cos votos a favor de toda a corporación. Crédito O primeiro punto do pleno extraordinario trataba a aprobación do expedente da transferencia de crédito por 85.000

Inversións por máis de 35.000 euros

Redacción

Pleno extraordinario

zona entre a piscina climatizada e as piscinas exteriores; o seu custo foi de case 6.000 euros. Casa da Cultura Rematáronse as obras de cambio de calefacción na primeira planta da Casa da Cultura da vila. A biblioteca, o despacho dos técnicos, a Aula CEMIT e varias aulas máis utilizadas para diferentes actividades entre a que se encontra a da Escola Rural de Saúde da Limia, contarán xa cunha calefacción máis estable. A inversión foi de máis de 12.000 euros. A achega correu a cargo do propio Concello e a Xunta de Galicia.

Alumnos do Conservatorio de música que contan cun clarinete baixo para as súas clases.

euros. Este punto foi aprobado cos votos afirmativos do PP, a abstención do BNG e PSOE e o voto en contra do grupo XA. O BNG congratulouse de detectar un erro no expediente, corrixido, e opúxose a que os cartos da venda da parcela do polígono por máis de 700.000 euros non se vaian repoñendo nos 10 anos, como se quedou. O representante do XA acusou ao grupo de goberno de intentar facer agora a fin de ano todas as obras que non fixeron nunha dé-

cada. Elvira Lama, acusou aos membros do PP, de estar en plena campaña electoral, facendo obras a última hora. O voceiro do PP replicou os argumentos da oposición, asegurando que sería incoherente deixar cartos sen gastar a final de ano podendo facer obras, que son beneficiosas para os veciños. O alcalde dixo que isto simplemente era un axuste orzamentario, práctica habitual nos concellos por estas datas.

EN BREVE 4 Cualedro Medio Ambiente deu comezo os traballos para a eliminación de sete puntos de vertido incontrolado no Concello de Cualedo. As actuacións contan cun custo inicial de preto de 30.000 euros.

4CDR O Viso O CDR O Viso foi galardoado no XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en Ourense. Un recoñecemento á súa longa traxectoria.


PUBLICIDADE

Barrios 13 de decembro 2018

15


16

Barrios 13 de decembro 2018

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Media tonelada de solidariedade

4 Audiencia A Audiencia rexeita o recurso de apelación do exalcalde de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez. Deste xeito, confirma a sentenza que o condena a oito anos e medio de inhabilitación para empleo ou cargo público por un delito continuado de prevaricación.

4Autobuses Xinzo Adiante presenta unha moción para esixir o cumprimento das condicións do contrato de concesión da xestión da estación de autobuses. Desde a formación consideran que tanto na Xunta coma no Concello houbo unha deixadez de funcións.

4 Foi a cantidade de alimentos recadada polo CDR O Viso. Redacción Fabiola García reunida co alcalde, Manuel Cabas, e o concelleiro, Carlos Gómez.

Servizo de Axuda no fogar A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, para falar sobre o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). García resaltou o notable incremento no último ano das horas de axuda a domicilio postas a disposición do dos veciños do concello. Un aumento de preto do 90% que o eleva o total de horas anuais habilitadas ata as 35.388. Por último, Fabiola García e o alcalde de Xinzo de Limia acordaron continuar con esta liña de colaboración para seguir contando cuns servizos e recursos sociais próximos e de calidade.

Ampliación do polígono de Xinzo 4 A Xunta quere comezar as obras en 2019. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez,

visitou, xunto a unha expedición da corporación municipal o polígono empresarial de Xinzo de Limia.

Vázquez avanzou un novo paso na tramitación necesaria para a ampliación co inicio do proceso de expropiación dos terreos que permitirán executar o que se denominará Polígono 2. O Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio de inicio da expropiación, que estará a disposición pública durante un mes. Con esta ampliación dis-

Visita da conselleira, Ángeles Vázquez, ao parque empresarial de Xinzo. /M. REJO.

poranse de case 120.000 m2, dos que máis dun 70% -case 86.000 m2-, serán a superficie bruta destinados ás 23 novas parcelas de uso industrial e comercial. Actualmente, 40 empresas radican neste parque empresarial. Esta actuación implica un investimento de máis de 3,3 millóns de euros. PSOE Desde o PSOE reclaman melloras e atención das necesidades dos empresarios do parque empresarial. A portavoz socialista, Elvira Lama, denuncia que “empresarios e empresarias de Xinzo levan 20 anos abandonados e, para colmo, non obteñen resposta algunha ás súas solicitudes de melloras tan básicas como a iluminación”.

Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” realizou unha xornada solidaria o pasado domingo, 9 de decembro, no estadio de fútbol da Moreira. Recadáronse máis de 500 kg de produtos básicos de alimentación e hixiene (media furgoneta), cos que ateigaron novamente os almacéns do Centro de Inclusión de Lodoselo, destinados ás persoas en situación de vulnerabilidade da Comarca da Limia. Estes alimentos serán entregados en datas previas ao Nadal. A estas persoas acompáñaselles dende os programas de atención ás

necesidades básicas e de incorporación social e laboral que o C.D.R. O Viso desenvolve co apoio da Deputación de Ourense e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. As persoas que colaboraron coa causa levaron máis da cantidade do que se solicitaba por persoa. Desde a entidade, mostrábanse satisfeitos pola solidariedade dunha boa parte das persoas que alí se deron cita. Destacar, tamén, que algunha das bolsas que se recadou proviña de Mondariz, cos que se puxera en contacto a directiva do Antela FC previamente explicándose a campaña solidaria que se ía realizar durante o encontro dos dous equipos.

Voluntarios recollendo os alimentos que entregaron os afeccionados no partido entre Antela e Mondariz.


CELANOVA E COMARCA

Barrios 13 de decembro 2018 EN BREVE

Aplicacións para coñecer Celanova, Bande e Verea

4 Sábado de Piñata 2019

4 Foron creadas por alumnos do obradoiro de emprego “Novicrea 4.0”. Redacción Tres aplicacións informáticas e outros tantos vídeos promocionais dos recursos patrimoniais e turísticos de Celanova, Bande e Verea, que xa están colgados nas redes, son o resultado final dos nove meses de traballo dos alumnos das especialidades de aplicacións web e de audiovisual ‘Novicrea 4.0’ A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na presentación das

iniciativas de promoción turística que elaboraron os alumnos promovido pola agrupación de concellos de Celanova, Bande e Verea e centrado nas novas tecnoloxías da información. O acto contou tamén coa presenza dos alcaldes dos tres municipios promotores do taller.

As App destacan os recursos patrimoniais e turísticos dos tres concellos

O coordinador do obradoiro xunto cos alcaldes dos tres concellos e a delegada da Xunta en Ourense presentando as tres aplicacións de Celanova, Bande e Verea. /RAMSÉS.

17

Alumeado de Nadal na praza Maior de Celanova. /C. ÁLVAREZ.

Os festivais de Nadal invaden Celanova 4 Completa programación do Concello para estas datas. Redacción O mes de decembro chega cunha axenda de lecer cargada a Celanova. Varias sos as propostas nas que destacan os festivais de Nadal de diversas escolas municipais. A Casa do Concello xa acolle os buzóns máxicos para recibir as cartas de Papá Noel e os Reis Magos. Por días, o 14 (venres ás 20.30 h) terá lugar a obra de teatro “Historias do estrapelo” no auditorio Ilduara. Ao día seguinte, masterclass solidaria (a partir das 10

h) no pavillón das Triguerizas, de box functional, pilates, zumba e pilates dance; Festival de Nadal de patinaxe no pavillón Pedra da Moa ás 18.30 horas; e monólogo de kike San Francisco no auditorio ás 21 horas. O domingo 16 será o momento do Festival de Nadal de ximnasia rítmica, ás 11, no pavillón das triguerizas e o concerto de Lucía Pérez no auditorio (19 horas). O xoves 20, terá lugar o festival da escola infantil (no auditorio ás 19h). Un día despois, haberá concerto no Ilduara a cargo de The Teta´s Van ás

20 h. O sábado 22, chega un obradoiro de xoguetes na praza de Abastos (11 h) e a actuación da Escola de Música da Banda de Celanova (18 horas). Un día despois as Escolas Deportivas celebran o seu festival no Pedra da Moa a partir das cinco e media da tarde. Ademais, a Rede de Auditorios de Ourense traen ao auditorio municipal ao Mago Teto “Alquimia”, o mércores 26, ás 20 horas; o espectáculo de títeres “Vacacións no mar” e o concerto de “Blues do País”, o xoves 27, ás 20 e 21.30 horas, respectivamente. Outras actividades A ludoteca de Nadal estará aberta do 26 ao 28 para nenos de 3 a 12 anos. Tamén haberá un taller de ilustración con Kathy Ojea, para escolares de 12 a 18 anos. Serán na Casa dos Poetas, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O Concello de Celanova vén de convocar o concurso para elexir o cartel anunciador do Sábado de Piñata 2019, centro do Entroido na vila. Os traballos serán entregados no rexistro do Concello de Celanova ata o 28 de decembro e terán un tamaño de 50x70 cm, de forma vertical. Os carteis presentados expoñeranse do 3 ao 18 de xaneiro na Sala dos Arcos do Concello de Celanova. Durante estas datas os veciños poderán votar o deseño que máis lles guste. Só será válido un voto por persoa.

4 Exposición A exposición “María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes”, mostra central das Letras Galegas 2018, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, exhíbese na Casa dos Poetas ata este venres, 14 de decembro.

4 Obras Estanse a acometer obras de mellora nas instalacións deportivas de Celanova. Concretamente no campo de herba artificial cambiarán de ubicación as súas bancadas. Ademais, construiranse dúas pistas de pádel. O orzamento é de 100.000 euros e incluirá outras accións na zona.


18

Barrios 13 de decembro 2018

EN BREVE 4 Orzamentos O BNG de Allariz aprobou o orzamento municipal para 2019. O mesmo conta cunha contía de 6.207.000 euros -algo inferior ao deste ano-. Desta partida, algo máis de 1,3 millóns irán destinados a inversións. A oposición criticou estas contas. Mentres a portavoz popular, Luz Doporto, puxo sobre a mesa a débeda (de casi cuatro millóns de euros), a edil socialista, Zaida Rodríguez, pedía máis investimento en politicas sociais.

4Maceda A asamblea local de Maceda do PSdeG PSOE apoia unaninemente a Ana María Rodríguez como candidata á alcaldia. Rodríguez agradeceu o seu respaldo despois de que se coñecera a posibilidade de que un ex candidato doutras formacións políticas, Xabier Oviedo, puidese encabezar a lista do PSOE no municipio.

ALLARIZ E COMARCA

Actividades variadas no Nadal de Allariz 4 Música, humor e a cabalgata de Reis, entre as propostas do Concello. Redacción Do 14 de decembro ao 5 de xaneiro Allariz conta cun programa de actividades para este Nadal para todas as idades. Concertos musicais, monólogos de humor, sesións de contacontos e outras actividades propias destas datas, como a carreira solidaria que despide o ano ou a chegada do paxe real e a cabalgata de Reis son algunha desas propostas. Así, o pavillón do IES de Allariz acollerá, como é habitual, unha nova edición do NadalParc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os máis cativos, ata 12 anos, poderán di-

vertirse nos inchables, nas zonas de xogo, no circuíto de educación viaria e nos obradoiros que se desenvolverán neste espazo. A Casa da Mocidade e o Fogar dos Maiores tamén se suman á programación de Nadal con torneos para os mozos e mozas e actividades para facer rir e cantar para os máis maiores. Touriñán Este mesmo venres terá lugar a presentación do libro “El castillo de Allariz” na casa da Cultura -20.30 h-. E o sábado 15 chega un dos eventos máis agardados; Xosé Antonio Touriñán fará rir a todos co seu Alter ego Manolo Lojo -a partir das 11 horas

4Reserva da Biosfera de Allariz Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, como concellos que conforman a Reserva da Biosfera Área de Allariz, solicitarán, novamente, á Xunta de Galicia que inclúa na Red Natura 2000 á contorna do río Arnoia e ao Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural de San Salvador dos Penedos (Allariz). Este sería un dos requisitos que a Unesco pediría para non retirarlle a declaración. A organización fará unha auditoria para 2025.

Presentación da programación de lecer para este Nadal no Concello de Allariz.

na Casa da Cultura. O domingo 16, no mesmo espazo, será a actuación da Banda Unión Musical de Allariz -12.30 h-. Seguindo coas actividades na Casa da Cultura, o venres 21 (20 horas) entregarase o premio do concurso Balbino de relatos, xunto á presentación do libro “Máis alá do río do esquecemento”. O sábado 22, ás 23 horas, será o monólogo de Stephy Llaryosa. E dous concertos máis (Trío Auria, o día 23 ás 19 horas e Agrupación Coral de Arnoia, o día 30) pecharán a programación na Casa da Cultura. Pero a actividade segue, o pavillón do IES acolle así o contacontos “O apalpador conta con vós”, ás 16.30 horas do sábado 29. O deporte tamén se cola nestas datas coa tradicional carreira “A derradeira”, que se celebra o 31 de decembro a partir das 16.30 horas con saída desde a praza Maior. O mércores 2, será a chegada do paxe real, ás 18.30 horas, á praza fronte o instituto e o sábado día 5, ás 18.30 horas, desde a Alameda, comezará a Cabalgata de Reis.

O NadalParc estará aberto do 26 de decembro ao 3 de xaneiro

Dez xardíns de cine para o FIXA 2019 4 O xurado seleccionou os que formarán parte da décima edición deste certame. Redacción Xa se coñecen os dez xardíns do FIXA 2019. O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da décima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz dedicada ao cine. Foron elixidos de entre 37 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, Barcelona, Arxentina, Chile, Italia, Estados Unidos ou Edimburgo, entre outros. Cine Un tributo ao cine clásico en blanco e negro, inspiracións en películas tan coñecidas como Mary Poppins, “Mi tío” dirixida polo francés Jacques Tati ou o referente cinemátrográfico “Dogville”, así como alegorías á alfombra vermella,

e outros interactivos nos que os visitantes poderán ser actores da súa propia película, son os temas escollidos polos paisaxistas e arquitectos seleccionados para formar da futura edición do Festival de Xardíns de Allariz, que estará aberta dende maio a outubro de 2019. Erotismo En canto á edición deste ano, na que o erotismo era o protagonista, foi “O xardín prohibido” o que recibiu a maioría dos votos dos visitantes. O 24,91% dos votos elixiron o xardín que mostraba o desexo do froito prohibido tras o pecado de Adán e Eva no Edén. Co 19,42% e máis de 2.000 votos, “Na procura do íntimo” foi o segundo máis votado. En terceiro lugar, co 15,39% dos votos, atopamos o xardín austríaco “Despois do amargo vén o doce”. En canto ao premio profesional, este recaeu en “En busca do prohibido”.

Reunión do xurado do 10º Festival Internacional de Xardíns de Allariz, na que seleccionaron os xardíns participantes adicados ao cine.


DEPORTES

Boa nota para Sala, Cidade e Envialia 4 O fútbol sala ourensán está en racha positiva. Redacción Grandes resultados para os conxuntos de fútbol sala ourensá a pasada fin de semana. En Primeira división o Ourense Envialia continúa coa súa gran dinámica ao vencer (0-1) no feudo do Roldán. As de Morenín non coñecen a derrota nas 11 xornadas disputadas. En Segunda división, o Cidade das Burgas encarámase ata a primeira po-

sición trala vitoria ante Mutilvera (4-0) e a derrota do Bilbo (3-1) fronte o Txantrea. As franxiverdes teñen un punto e un partido máis. O filial do Envialia é sexto. En canto ao Sala Ourense, a súa vitoria diante do Puertas Deyma, por 5 a 0, fai que os homes de Kike García ocupen a quinta posición. Vindeira xornada Para esta fin de sema-

Partido entre Sala Ourense e Puertas Deyma.

Alejandro Montero, no centro, homenaxeado no Concello de Ourense. /RAMSÉS.

Alejandro Montero O atleta do Ourense Atletismo, Alejandro Montero, foi recibido -e homenaxeado cunha placa- polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Montero proclamouse dobre campión de Europa xunto aos seus compañeiros de selección no europeo disputado en Italia tanto en distancia curta coma longa. O ourensán leva varias competicións FEDDI (Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual) representando a España. No acto estiveron presentes o seu adestrador, Alfredo González, os seus pais, xunto ao presidente do club onde milita, José Antonio Álvarez.

na, o Sala Ourense visita ao Xove na Segunda B. En Segunda feminina, o Envialia B recibe ao Calceatense mentres que o Cidade visita ao Bilbo na loita polo liderato. E na Primeira división, Os Remedios será testemuña do apaixoante derbi galego entre o Envialia - Burela (cuarto contra primeiro).

Barrios 13 de decembro 2018

19

EN BREVE 4 San Silvestre

Cidade - Envialia B. /RAMSÉS.

Unha nova edición da San Silvestre Ourensá celebrarase o vindeiro 31 de decembro; con saída e meta no xardín do Posío. As inscricións xa están abertas na web carreirasgalegas.com. O prazo remata o 26 de decembro.


20

Barrios 13 de decembro 2018

EN BREVE 4 Voleibol O Club Voleibol Ourense perdeu con claridade no Pompeo e diante do pechacancelas: Universidade de Salamanca. O resultado final foi de un set a tres e de seguro que é un toque de atención para un equipo que levaba unha boa tempada.

4 Provincial

Este domingo, 16 de decembro, o Polígono de San Cibrao volve a ser a sede do Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta. A cita dará comezo ás 10.30 horas coa carreira de menores (2,5 km) e ás 11.30 h será o turno da carreira absoluta onde ademais do quinto provincial celébrase a 17ª edición da carreira pedestre do Nadal.

4Gaélico

Emocionante victoria do Auriense Campus da Auga na visita á Estrada, contra o equipo local do Braithreachas. Nun final de infarto, os ourensáns defenderon a súa porta para levarse unha victoria que de novo os aupa á parte alta da clasificación: 5-05(20) - 5-08(23). Este próximo domingo, retoma a competición o equipo femenino contra o Herdeiras de Dhais de Lalín. O cadro masculino ten ao mesmo rival este domingo no Campus.

DEPORTES

O COB rende contas 4 Vence a Prat e aproba o orzamento. R.T. O Club Ourense Baloncesto vén de superar dous escollos nos últimos días. Os dous bastante sinxelos polo que se puido comprobar. En primeiro lugar o da cancha. Os homes de García de Vitoria lograron superar con facilidade a un Prat que demostrou por que é o pechacancelas da LEB Ouro. A vitoria (74-59) non deixou dúbidas da superioridade ourensá. Asamblea O outro escollo estaba nos despachos e era o de aprobar os puntos da asamblea ordinaria. Como nos últimos anos, rápida reunión na que se aprobou por unanimidade todos os puntos na orde do día. Así, cun quórum do 53,24%, o COB conta para este ano cun orzamento de 604.000 euros; aprobaron un superávit de 9.618,65 euros da pasada campaña; e Félix Díaz González e José

Antonio Bermejo Domínguez serán os dous novos conselleiros a proposta do presidente, Camilo Álvarez. Pola súa banda, José Domarco Piñeiro renunciou por incompatiblidade laboral. Bilbao E con todo isto chega unha nova xornada. O Rio Ourense Termal mídese ao Bilbao -en terras vascaseste domingo en xornada matinal. Os vascos chegan

Partido entre COB e Prat. /C. DOMARCO.

O Campus Rugby encandila en casa 4 Gañaron ao Uribealdea por 50 a 7. R.T. O Campus Ourense Rugby non deu opción ao Uribealdea e venceu por un contundente 50 a 7. Os homes de David

Aprobouse un orzamento de 604.000 euros

Hugo nun poartido no Couto.

Unha mala xornada 4 Soamente UD Ourense logrou un punto. Redacción

4Hoquei O Caldaria Barrocás chega ao remate da primeira volta coa derrota diante do Taburiente (34). Agora toca descansar aos de Oliveira polo parón de Nadal.

a este encontro con oito vitorias ocupando a quinta praza, mentres que os ourensáns son oitavos e contan con dúas vitorias menos, seis. O seguinte encontro no Pazo terá lugar o mércores, 19 de decembro, e enfrontarao a Cáceres.

Monreal non viron perigar en ningún momento o partido a xa desde o principio puxeron terra de por medio; 33-0 ao remate do primeiro tempo. As baixas ourensás apenas se

A xornada número 16 non foi a máis prolífica dos equipos ourensáns de Terceira división; tan só a UD Ourense logrou sacar un punto do seu partido contra o Choco xogando como visitante. O resto, derrotas na casa. O Ourense CF perdeu contra o Alondras (1-2); o Arenteiro caeu goleado ante o Rácing de Ferrol

(0-4); e o Barco deixouse os tres puntos contra Bergantiños (0-2). Derbi Para esquecerse dunha mala tarde que mellor que cun derbi. O Couto será o lugar onde a UD Ourense reciba ao Arenteiro. O partido adiántase ao sábado. Pola súa banda, o Barco (en postos de promoción) recibe ao Boiro e o Ourense CF visita ao Silva.

notaron. O conxunto das Lagoas móvese con naturalidade na zona alta da clasificación ocupando o cuarto lugar. En 11 partidos suman sete vitorias. Derbi Esta fin de semana volven a xogar como locais no derbi galego. O domingo 16, a partir das 12 da mañá reciben ao Kaleido Universidade de Vigo no que será unha boa oportunidade para manterse nos postos de enriba.

Partido do Campus na casa. /ARQUIVO.


OCIO E CULTURA

“Mug”, “La mujer de la montaña” e “Capharnaüm”, os vencedores no OUFF 4 Mabel Rivera recibe o premio AISGE. Redacción Durante unha semana viuse o traballo de sete para sacar adiante o Festival de Cine de Ourense. O certame pechou a súa 23ª edición coa gala de clausura na que se entregaron os premios aos mellores traballos. A actriz Mabel Rivera foi a primeira en subir ao escenario. A intérprete de “Pratos combinados” e “Mar adentro” recibiu, emocionada, o prezado premio Fundación AISGE a toda unha traxectoria. Despois chegarían os premios oficiais. A polaca “Mug” levouse o premio Calpurnia á mellor película; “La mujer de la montaña” acadou o Premio Carlos Velo á mellor di-

rección; e “Capharnaüm” logra o premio especial do xurado e premio do público. O xurado concedeu dúas mencións especiais: a “Cría puercos” e “Tódalas las mulleres que coñezo”.

Outros premios Carlos Fernández de Vigo, director de “Memorias de un hombre en pijama” subiu ao escenario a recibir o premio Galicia da Xunta de Galicia á me-

Os premiados da 23ª edición do OUFF.

llor produción galega; “Mar de terra”, a banda sonora. En canto ás curtas, o primeiro premio foi para “The widow”; “Feminazi”, o premio do público. Xosé Eirín por “Limbo” e para Rosalía Castro por “Mouras” foron as mellores interpretacións. Os proxectos “Vía láctea”, de Alejandro Rodríguez e Ana Campos, e “O inferniño”, de Javier Sobrado e Ricardo Araújo, foron os gañadores do programa Fas Muvis.

Barrios 13 de decembro 2018

21

Manuel Portas gaña o Premio Blanco Amor 4 Pola súa obra Por puntos. Redacción O escritor santiagués Manuel Portas Fernández foi o gañador do 37º Premio de novela longa “Eduardo Blanco Amor” pola súa obra Por puntos. O xurado do certame elixiuna de entre os 24 orixinais presentados. O galardón, cunha dotación económica de 15.000 euros, foi concedido destacando a súa “calidade narrativa”, tratándose “dunha novela de interese para calquera tipo de lector, que recrea unha galería de personaxes interactuando nun contexto actual e urbano”. Na entrega do premio, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou que este

insigne autor “foi quen mellor expresou o ser de Ourense”. Pola súa banda, Manuel Portas dixo sentirse “fondamente agradecido por recibir o premio decano da nosa literatura, o recoñecemento máis importante que pode recibir un escritor da nosa lingua”.

Baltar entregando a Portas o galardón.


22

Barrios 13 de decembro 2018

4AXENDA Exposicións - Ata o 6 de xaneiroExposición fotográfica de Xulio Gil “O retrato maior do noso cine”Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 24 de febreiro - Exposición colectiva “Arte privado en Ourense” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 14 de decembro Teatro infantil “As parabolas de Pakolas” - 18 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 15 de decembro Teatro infantil “Paio e o poder da música” - 17.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 15 de decembro - Teatro ”Linda Vista” - 20 h. - Teatro Principal - 16 de decembro Teatro infantil “Aladino e a lámpada marabillosa” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 21 de decembro - Teatro ”Crime e telón” - 20 h. - Teatro Principal Música - 14 de decembro ContemporáneA “Entrega e demolición” - 20.30 h. - Parque Náutico de Castrelo de Miño - 15 de decembro- Concerto Sergio Dalma “Vía Dalma III” - 20.30 h.Auditorio Municipal de Ourense - 15 de decembro - Petiscos Musicais “Giart Dúo” - 21 h. - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 16 de decembro Concerto ”Charleston Gospel Voices ” - 19 h. - Teatro Principal - 31 de decembro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense Deportes - 21 de decembro COB - Cáceres - 21 h. Pazo Paco Paz - 31 de decembro - III San Silvestre Ourensá - 16 h - Xardín do Posío www.periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A pegada de Katiuska A mañá do xoves, 25 de xuño de 1959, espertaba coa música da banda e o máxico son das gaitas que anunciaban unha xornada festiva. Ás once da noite, “Liceo de Arte”, pertencente á “Obra Sindical de Educación y Descanso”, representaba, en dous actos, no Campo do Instituto de Ourense, a opereta do mestre Sorozabal titulada: “Katiuska, la mujer rusa”. A protagonista apare-

cía en escena cunhas botas altas semellantes ás empregadas para a choiva. A obra tivo un gran éxito e, aos poucos días da estrea, foron moitas as mozas que acudiron ás zapaterías na procura do calzado usado pola actriz principal. Desde aquelas, e ata hoxe, noméanse a este tipo de botas como “katiuskas”. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Katiuska en Ourense. 25-VI-1959. Foto Villar.

4HUMOR

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Descubrindo a vila de Boticas Boticas, a “Venecia de Tras os Montes”, é unha pequena vila serrana, situada no norte de Portugal, xunto ás serras de Barroso e Leiranco. O Concello ten sido un exemplo de boa xestión, grazas aos eficaces proxectos iniciados polo anterior Presidente, Fernando Campos, e ben continuados polo actual e sucesor, Fernando Queiroga, (anterior vicepresidente), colocándoos ó servizo dos varios sectores da sociedade, Boticas é dos municipios máis sociais do país. Tal e como os alcaldes da rexión do Douro se asociaron e crearon estruturas que levaron a National Geographic a consideralo o 7º lugar mellor do mundo para pasar vacacións, tamén estes dous alcaldes as crearon, asociándose a toda a poboación, incluíndo a oposición e, así, hoxe é un concello que ten alcanzado niveis de consi-

derable desenvolvemento económico e turístico. É dos poucos gobernos autónomos en que o desemprego é case nulo e ten un ránking nacional de débeda que dos máis baixos. Téñense tomado decisións innovadoras de calidade que ten sido o soporte de desenvolvemento desta pequena / gran terra. Senón vexamos: construción dos Pazos do Concello; rehabilitación da Agrupación Escolar; rehabilitación da rede viaria municipal; apoio á economía local a través de Asociacións, sempre co fin de prestar apoios sociais; creación dunha fábrica de cordas, ofrecendo postos de traballo a unha cantidade significativa de persoas; construción do parque Natureza e Biodiversidade de Boticas que ofrece ao turismo un local agradable e excelente para diversión con atraccións para miúdos e maiores (un proxecto de varios millóns de euros). Sempre vinculado ó espírito social, é aínda mérito

deste goberno autónomo a creación da “Unidade de Coidados Continuados”, unha necesidade elemental en calquera concello. É de salientar tamén que a Misericórdia de Boticas é o 2º maior empregador local, presta apoio a varios centenares de doentes con idades comprendidas entre os 6 e os 90 anos. Boticas, que antes só tiña as termas das Augas de Carvalhelhos, hoxe, ofrece outras razóns para se deixar encantar por elas. Unha vila tan pintoresca non podía deixar de lado a súa gastronomia. Na Carreira da Lebre desfilan 4 restaurantes, integrados nas “Tabernas do alto Tâmega”, que ofrecen unha coziña para degustar pratos tradicionais, onde pode aparecer o tan coñecido “viño dos mortos”, un clarete que está soterrado para ser servido na súa frescura natural. Parabéns Boticas! . João Damião


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 13 de decembro 2018

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº79 - Ano: XI - 13 de decembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Manuel Blanco e Joao Damiao, presentan libros 4 “O Segredo do Castro de Doade” e “Nutrición e Saúde” son os seus nomes. Redacción O mércores 19 de decembro ás 12 h., presentarase na sede da Asociacion Folclorica Queixumes dos Pinos o libro “O Segredo do Castro de Doade” O libro esconde moitos segredos que Manuel Blanco, o seu autor, nos quere revelar, segredos dos nosos ancestros, unha viaxe no tempo, escrita con unha prosa sinxela con pinceladas sublimes e maxicas. Un libro para todos, pequenos e grandes, de aqui e de acolá, que pon en valor o patrimonio de todos os galegos difundindo a milagre de Codeseda e da Casa do Patron que pasou de ser

a aldea mais afastada e esquencida do Deza a recibir cada ano milleiros de visitantes que poden disfrutar dunha aldea restaurada e conservada dun xeito único e respectuoso co medio e coas mais fondas tradicións, e por outra a difusión dos traballos realizados no Castro de Doade que despois de cinco excavacións, pode presumir de ser xa un dos castros mais divulgados de Galicia. Non sería xusto nesta pequena critica non facer mención das suas coidadas fotografías, que non deixarán de sorprender tanto pola sua beleza como pola inocencia desa mirada que esvara docemente

“O Segredo do Castro de Doade” de Manuel Blanco.

polo mundo máxico que nos legaron os nosos devanceiros e que en todo o mundo se recoñece como unha característica da alma galega. Direi tamen que o “Segredo” leva a marca de Avelino Jácome Dobarro no diseño e na maquetacion e que as portadas foron obra de Miguel Blanes, os dous creadores de Orixe Comunicación que souberon darlle esa calidez que se palpa con so coller o libro na man. Joao Damiao “Nutrición e Saúde” é o novo libro que acaba de lanzar o noso colaborador João Damião, de Santo André, un libro editado por Chiado Books. Con excelente presentación gráfica e portada bastante atrativa de Filipa Cantanhede, “Nutrición e Saúde” desenvolve temas que Damião estuda desde hai moitos anos, a medicina alternativa, destacando os alimentos biolóxicos, as herbas mediciñais e receitas variadas con base en alimentos naturais como a froita, os froitos secos, etc ... son postos como base dunha alimentación saudable. Son 179 páxinas ilustradas onde expón coñecementos que van alén dun afeccionado das prácticas da medicina, el investigou moito para nos brindar con este libro que nos indica os camiños a seguir para ter unha vida máis saudable.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.. Ofrécese señora de 43 anos, española, para traballo en servizo doméstico na cidade de Ourense. Tel . 674 500 513 Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Tamén resto de materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail:

clasesadomicilio2014@ hotmail.com. ITC idiomas precisa profesor de inglés. Interesados charmar ao 669 163 901 e 988 24 71 13.

INMOBILIARIA

Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131.

VENDAS Véndese maquinas recreativas (modelos vellos), maquinas de dardos,

maquinas expendedoras de tabaco, billares, futbolines, etc. Máis info e fotos no Tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo máquina de facer exercicio (elíptica). Prezo 350 euros negociables. Tel. 674 317 302. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600 eu., media alza 300 eu. e cuarto de alza 150 eu. Cadros soltos a 1,50 eu. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50 eu/m. Tel. 625 591 151 Vendo chaquetón de pelo (de Mayna) completamente novo. Talla mediana. Moi elegante. Tel: 610 979 897 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp : 630 67 21 05..

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.


24

Barrios 13 de decembro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 79 by Periodico Barrios - Issuu