Skip to main content

Barrios 76

Page 1

Entrevista a Ricardo Capilla, director xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia [Páx. 5]

CIDADE

Páx.2 CIDADE

A plataforma ProCapd Ourense denuncia retrasos nos prazos do centro

Páx.3 CIDADE

A segunda fase da posta en valor da Ponte Vella comezará antes de verán do 2019

Páx.6

A Xunta sorteará a finais de mes oito vivendas de promoción pública en Covadonga

XINZO

Páx.9 DEPORTES

Actos para a eliminación da violencia contra a muller en Xinzo

Páx.12

O COB recibe ao Leyma Coruña este sábado, ás 19 horas, no Pazo dos Deportes Paco Paz

A Xunta sinaliza nove igrexas en Xinzo

[Páx. 6]

II Salón do Deporte e Turismo Activo “Sportur”

O deporte galego mira cara Ourense

[Páx. 14]

[Páx. 13]

Este domingo, 18 de novembro, chega a San Martiño. // A Xunta coloca paneis informativos en igrexas de Xinzo. // Expourense acolle o Salón Sportur do 15 ao 17 de novembro./R.T.

Número: 76 - Ano: XI - 15 de novembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 15 de novembro 2018

TEMA DA SEMANA

Rolda de prensa da plataforma ProCapd Ourense na que esixían á Xunta de Galicia que cumprise cos prazo acordados./RAMSÉS.

A plataforma ProCapd Ourense denuncia retrasos nos prazos do centro

4 Ourense é a única provincia galega que carece dun centro público para discapacitados maiores de 21 anos. R. Torres A plataforma Procapd Ourense, formada por pais e nais, ademais de partidos políticos, sindicatos e asociacións, esixen á Xunta que non retrasen a obra e cumpran co acordado. Desde a plataforma levan loitando, desde 2016, pola creación dun centro de atención a persoas con diversi-

Pedro Rodríguez: “prometérannos que a final deste ano, ao máis tardar, empezarían as obras”

dade funcional (CAPD), de xestión pública e que conte con Centro Residencial, Centro de Día e prazas de respiro familiar. Esta mesma semana realizaron unha rolda de prensa denunciando o retraso que a Xunta leva sobre este tema. Á mesma acudiron representantes políticos, a excepción do Partido Popular, como resaltou a socialista Noela Blanco quen dixo que todos os partidos firmaran un acordo que contemplaba dúas fases, entre 2017 e 2018, do proxecto. Pedro Rodríguez, un dos portavoces da plataforma afirmaba que segundo os prazos “prometérannos que a final deste ano, o

máis tardar, empezarían as obras. A día de hoxe presentaron o concurso de proxectos, houbo un gañador (que se sabe desde setembro) pero aínda está sen adxudicar ese proxecto”. Por este motivo séntense “enganados”, pero “non nós, senón os nosos familiares que precisan coidados e son seres totalmente indefensos” aseguraba Raquel Álvarez, irmá dunha persoa que precisa deste centro e tamén portavoz de ProCapd. Ourense é a única provincia galega que non conta cun centro público residencial para discapacitados maiores de 21 anos, polo que consideran estar nunha “situación realmente críti-

ca”, e proseguía: “temos un neno en agudos por non ter prazas, e outros teñen que ir para A Coruña”. Unha das nais lembrou que o seu fillo “leva seis anos en Sarria” e alzaba a voz dicindo “quero traelo a Ourense xa!”. Na comparecencia explicaron que desde o ente autonómico asegurábanlles antes que non había listas de espera e que agora o discurso é que non teñen prazas. “A única oferta que temos agora mesmo é unha praza privada que custa 2.500 euros ao mes”, manifestaba Álvarez. Ademais recordaba que no mes de maio, unha vez resolto o cambio de titularidades da parcela destinada ao CAPD (no barrio de Ba-

rrocás) “deúsenos a coñercer os pasos a seguir pola consellería”. Estes pasos irían desde a redacción do proxecto en 2018 ao remate da obra no 2020. Porén, consideran que unha obra destas características “é imposible que se faga nun ano”. Pedro Rodríguez reiteraba que volverán a comezar como ao principio, “levamos tres anos escoitando promesas, pero a día de hoxe non hai feitos” polo que “non nos quedaremos quietos”. Polo que non se descartan novas movilizacións. Xunta Desde a Consellería de Política Social da Xunta

de Galicia aseguran que continúan co calendario e que a formalización do contrato para a redacción do proxecto terá lugar este ano. No primeiro trimestre do vindeiro ano redactarase, comezando coa licitación. Adxudicada a obra e co periodo previo ó inicio das obras, estas darían comezo, se todo vai polos cauces previstos, a finais de 2019. Un ano despois, últimos meses de 2020 o CAPD estaría rematado.

Desde a Xunta aseguran que para finais de 2020 o CAPD estará rematado


TEMA DA SEMANA

Barrios 15 de novembro 2018

A segunda fase da posta en valor da Ponte Vella comezará antes de verán 4 Os traballos inclúen a mellora da zona da capela dos Remedios, co traslado do parque de skate ao Couto. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo, Manuel Vila, e o alcalde, Jesús Vázquez, presentaron este 9 de novembro o proxecto da 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella, cuxas obras comezarán antes do vindeiro verán, incluíndo a mellora da zona da capela dos Remedios. Vázquez Mourelle destacou que a Xunta está a achegar un investimento global de 1,5 millóns de euros na potenciación da Ponte Vella e todo o seu contorno, xa que aos traballos presentados, cun orzamento dalgo máis dun millón de euros, cómpre sumarlle o medio millón xa investido na 1ª fase. Este proxecto está enmarcado na colaboración entre as consellerías de In-

Esta segunda fase conta cun investimento da Xunta de Galicia dalgo máis dun millón de euros

para lograr un espazo de continuidade que poida ser aproveitado polos veciños como lugar de desfrute e encontro, e tamén como punto de referencia obrigada para todos os turistas que se acheguen ata Ourense. Fixo fincapé en que o río Miño e as pontes que o cruzan forman parte indisoluble da identidade e do potencial turístico desta cidade. Así, o Executivo autonómico tamén acometeu a renovación da

Ethel Vázquez destacou que “o río Miño e as súas pontes forman parte do potencial turístico da cidade” Ponte do Milenio, actuando sobre a estrutura. Pola súa banda, o rexedor ourensán, Jesús Vázquez, amosou o seu convencemento de que logo da finalización destas obras a Ponte Romana “será unha das imaxes e referencias máis queridas da nosa cidade. Non só para os visitantes que veñen con intención de descubrir os nosos monumentos, tamén para todos os que amamos este monumento único”.

Intervención da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante a presentación da 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella./RAMSÉS. fraestruturas e Mobilidade, a de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que posibilitou que en 2016, xa se levara a cabo a conservación e restauración da infraestrutura, así como a retirada da tubaxe que a cruzaba. Tamén se efectuou un cambio da iluminación, con luminarias led, de cara a realzar a monumentalidade da ponte vella e potenciar o seu atractivo turístico. Avanzou que agora se dá un paso máis avanzando na 2ª fase, tal como se tiña comprometido. Aínda que se farán traballos na ponte, actuarase máis so-

bre o contorno, coa mellora da zona da capela dos Remedios e o espazo inmediato coa Ponte Vella. Liberarase a zona hoxe ocupada polo parque de skate, que se reconstruirá no barrio do Couto, para acadar un espazo amplo e aberto que sirva de antesala á capela e como conexión coa ponte e a oficina de turismo. Ethel Vázquez indicou que se favorecerán as conexións peonís desde distintos puntos da cidade cara a este conxunto patrimonial, coidando o mobiliario e creando un espazo máis humano, pensado

para o desfrute de veciños e turistas. Concretou que se habilitará un miradoiro desde o que poder contemplar a Ponte Vella, o río Miño e todo o contorno da capela dos Remedios. Salientou que estas accións permitirán realzar a monumentalidade da Ponte Vella e da capela dos Remedios, ao tempo que os amantes do skate contarán cun espazo propio para a práctica deste deporte, máis adaptado e mellor integrado no contorno urbano. Subliñou que se trata dun conxunto de accións

Entre os traballos na zona da capela dos Remedios inclúese a recuperación da parcela orixinal e a mellora dos accesos e da iluminación.


Barrios 15 de novembro 2018

EMPRESAS

4 “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”

O laboratorio de biotecnoloxía da Tecnópole acolle Akunatura, unha empresa de I+D e servizos avanzados de seguridade alimentaria. /ARQUIVO.

A biotecnoloxía, o sector con máis potencialidade de crecemento 4 Un cento de empresas galegas xa se adican a este sector. Redacción A boitecnoloxía chegou para quedarse na nosa sociedade. Está claro que o sector biotecnolóxico está chamado a ser un dos terreos con máis oportunidades de crecemento nos próximos anos e, para Galicia, é un dos eidos clave dentro da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia. Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2020 Para a Xunta de Galicia non pasou desapercibida esta tendencia e, desde 2016, impulsou a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2020, que mobilizará 200 millóns en investimentos. En 2017 alcanzou o 90% do obxectivo de facturación: lográronse 258 millóns de euros dos 300 previstos. A posta en marcha da Estratexia fixo, ademais,

que se fundaran 11 novas compañías biotech facendo que se alcanzara o cento de empresas que se dedican en Galicia en exclusiva a producir biotecnoloxía. O investimento en I+D é de 37 millóns de euros, e os postos de emprego creados no sector xa chegaron aos 125. Comunidade bioemprendedora Con estos datos, Galicia foi a cuarta comunidade máis bioemprendedora de 2017 e a primeira en volume de financiamento alcanzado polas empresas biotecnolóxicas. Compañías que representan o 8,6% no conxunto de España e que empregan a 3.000 profesionais no noso territorio. A posta en marcha da Estratexia contou coa participación e colaboración de 66 axentes do sector entre empresas, universi-

A a biotecnoloxía galega posiciónase como unha tecnoloxía facilitadora e como valor engadido na industria galega, en sectores como a pesca, a agricultura, ou o ámbito sociosanitario

dades, fundacións, sistema hospitalario, centros tecnolóxicos e de investigación, clústers e asociacións e a propia Xunta. Esta aposta por seguir nesta senda da colaboración e do traballo conxunto para dar o impulso definitivo a un sector no que Galicia está chamada a ser un referente. A Estratexia de Especialización Intelixente afronta os dous próximos anos en Galicia co obxectivo de incidir nesa cohesión do ecosistema biotecnolóxico a través dos futuros Hubs de innovación dixital. Neste percorrido que leva Galicia na Estratexia de Biotecnoloxía xa marcou fitos como o de impulsar cinco Unidades Mixtas de Investigación no sector bio nas que colaboran empresas da talla de Roche, Laboratorio Esteve, Jealsa-Escurís, Calvo ou Coren; contar coa primeira incubadora de fármacos de España da man da Fundación Kaertor e Janssen; e a próxima posta en marcha en Santiago, xunto coa Fundación Incyde, dunha aceleradora especializada no sector biotecnolóxico. Ao tempo que se aposta

por reforzar o sistema galego de saúde, avanzando en novos produtos e servizos para os cidadáns, a biotecnoloxía galega posiciónase como unha tecnoloxía facilitadora e como valor engadido na industria galega, en sectores como a pesca, a agricultura, ou o ámbito sociosanitario. As mellores oportunidades, neste sentido, na biotecnoloxía galega están hoxe nos novos produtos e procesos para o sector lácteo; o aproveitamento dos recursos mariños e pesqueiros; a eficiencia na sanidade animal; a alimentación e o envellecemento activo; as novas tecnoloxías para medicina personalizada; ou a innovación aberta no descubrimento de fármacos.

A Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2020 da Xunta mobilizará 200 millóns en investimentos

Centos de escolares pasaron polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, o pasado mes de outubro, para participar nas xornadas de impulso das vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Tecnópole únese así a outros 15 parques de toda España no marco da iniciativa “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”, promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE). Os alumnos e alumnas aprenderon que as diferencias de xénero non deben ser un condicionante para elixir unha carreira académica e profesional. A xornada comezou cunha competición na que os participantes demostraron os seus coñecementos sobre a selección de científicas e tecnólogas con traxectorias destacadas que forman parte da exposición “Mulleres que cambiaron o mundo”. Posteriormente, a enxeñeira técnica de montes Azahara Soilán explicoulles que ela elixiu os seus estudos porque lle apaixonaba a madeira e aclaroulles que “durante os estudos, rapazas e rapaces facíamos equipo, non había diferencias”. Sobre a súa traxectoria profesional, asegurou que “tiña claro que quería traballar na tecnoloxía relacionada coa madeira. Despois de moito esforzo, hoxe estou xusto onde quería,

no CIS-Madeira”, centro tecnolóxico da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA). “Loitade por dedicarvos ao que vos guste”, insistiulles. No taller sobre o cerebro, o divulgador David Ballesteros deixoulles ben claro que non hai relación entre xénero e maior ou menor intelixencia, precisando que “sexas home ou muller, o cerebro consume o 20% da túa enerxía”. Finalmente, participaron nun taller no que, traballando en equipos liderados por rapazas, deberon formular propostas de solucións innovadoras a retos sociais contemplados na Estratexia Europea 2020 da UE. Todas os participantes nas xornadas recibiron a guía “Que quero ser de maior?”, na que se explican as saídas profesionais dos estudos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. Nas xornadas participan tanto rapazas como rapaces para contribuír á súa concienciación sobre a igualdade de xénero.

Azahara Soilán, enxeñeira técnica de montes, animoulles a que loiten polo que lles guste

Azahara Soilán, na conferencia na Tecnópole dentro da xornada “Ciencia e tecnoloxía en feminino”.


ENTREVISTA

Barrios 15 de novembro 2018

ENTREVISTA A RICARDO CAPILLA, DIRECTOR XERENTE DE PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA - TECNÓPOLE

“A Tecnópole converteuse nun referente no ámbito da divulgación científico-tecnolóxica” 4 Ricardo Capilla adéntranos na Tecnópole para mostrarnos todo o que ofrece. Redacción En 26 anos a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) converteuse nun referente para empresas e un lugar onde os máis novos mostran os seus coñecementos na Galiciencia. Ricardo Capilla falános dela. A Tecnópole foi creada para ser un lugar de referencia en Galicia da tecnoloxía e a investigación. Cumpriu as expectativas nestes anos? Ricardo Capilla: “Tecnópole leva 26 anos ao servizo do tecido empresarial galego de perfil tecnolóxico e innovador. E non soamente logrou consolidar un modelo de apoio á competitividade e o crecemento empresarial que non existía en Galicia, senón que configurou un pequeno ecosistema de centros de coñecemento e converteuse nun referente no ámbito da divulgación científico-tecnolóxica. A todo isto súmase unha intensa actividade de impulso ao emprendemento con máis de 180 iniciativas nadas e desenvolvidas nos nosos viveiros de empresas”. Que ofrece a Tecnópole? R.C.: “Todo o que calquera empresa innovadora poida desexar e necesitar; e todo iso tendo en conta que a evolución ao longo deste tempo veu marcada por unha constante adaptación ás necesidades das empresas nunha contorna cambiante. O que nos diferencia dun polígono industrial é a nosa oferta de servizos avanzados que se prestan a través da sociedade xestora e que irá crecendo e especializándose. Ade-

mais, puxemos en marcha instalacións científico-tecnolóxicas de primeiro nivel que pon a disposición do tecido empresarial equipos nos que realizar I+D, testar produtos e formar persoal no uso de tecnoloxías punteiras. É o caso do Laboratorio de Biotecnoloxía e do Centro de Tecnoloxías Médicas Avanzadas. Polo que se refire ao apoio á creación de empresas, ademais de pór espazos de traballo totalmente equipados a disposición dos emprendedores na nosa incubadora, acompañámoslles no seu proceso de desenvolvemento de negocio e de contacto coas empresas consolidadas da Tecnópole e a súa contorna. Ademais, en colaboración coa Universidade de Vigo promovemos unha preincubadora na que recentemente licenciados poden dar os primeiros pasos como empresarios a partir dunha idea de negocio gañadora. Ademais, estamos moi comprometidos co impulso das vocacións científicotecnolóxicas entre os máis novos e levamos moitos anos pondo en marcha iniciativas propias neste ámbito”. Cantas empresas están instaladas no recinto? E de cantos traballadores estamos a falar? R.C.: “Neste momento superamos a barreira do centenar de empresas, contamos cun total de 103. O número de traballadores supera os 1.400. Ao longo destes 26 anos de traxectoria son máis de 300 as empresas que formaron parte da Tecnópole e seguimos sendo un polo de atracción porque iremos

“Temos instalacións -para o tecido empresarial- con equipos nos que realizar I+D, testar produtos e formar no uso de tecnoloxías punteiras”

R.C.: “Cada vez hai máis start-ups no ámbito tecnolóxico en Galicia, ao que hai que sumar un número crecente de empresas de sectores estratéxicos de corte máis tradicional que están a incorporar a innovación como ferramenta de competitividade e crecemento. Estas dúas contornas son o noso hábitat natural, polo que creo que Tecnópole ten un campo de acción cada vez máis amplo, sobre todo porque intensificamos os nosos esforzos para prestar servizos non soamente ás empresas que se desenvolven dentro do noso recinto, senón ao tecido empresarial galego en xeral”.

Ricardo Capilla, director xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole. ampliando as nosas modalidades de acceso a chan empresarial até cubrir todo tipo de necesidades. Agora mesmo calquera empresa que queira instalarse ten desde a opción de comprar ou alugar unha parcela até a posibilidade de contratar unha domiciliación virtual, pasando polo aluguer de oficinas, o acceso a niños ou a ocupación esporádica da sala de coworking”. Cales son os proxectos máis destacados? R.C.: “Polo que se refire aos servizos que prestamos ás empresas, agora mesmo estamos centrados en apoialas nos seus procesos de internacionalización. Tecnópole é, xunto coa Axencia Galega de Innovación, o nodo galego da Enterprise Europe Network a través de Galactea Plus. Trátase da maior rede mundial de información e asesoramento a pemes para promover a súa competiti-

vidade a nivel internacional e o que facemos nós é expandir o radio de acción das empresas galegas a través dos servizos que presta esta rede. Neste marco, por exemplo, organizamos con GAIN toda a axenda de reunións bilaterais da Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico, celebrada en Vigo. No ámbito da divulgación, ademais de participar como entidade de referencia en Galicia do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), renovamos a nosa oferta de actividades de divulgación orientando as actividades cara ao STEAM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas)”. Creceu o número de empresas en Galicia dedicadas a este sector?

A función educativa é fundamental. Cantos alumnos pasan por ela cada ano? Que tipo de iniciativas realizades cos alumnos? R.C.: “Nas nosas aulas de capacitación en habilidades innovadoras están matriculados este curso preto de 60 nenos e nenas, 19 de entre 8 e 11 anos e 38 de entre 12 e 18 anos. É importante que os grupos sexan pequenos para que a atención dos titores especializados sexa personalizada e a orientación práctica funcione. Estarán todo o curso, até xuño, traballando en proxectos multidisciplinares baixo unha metodoloxía innovadora. Despois, no mes de xullo, celebraremos unha nova edición do noso campamento tecnolóxico de verán, o T2W, que xa se converteu nun referente. E, por suposto, a Galiciencia, que leva 13 edicións celebradas con máis de 700 proxectos expostos e máis de 25.000 visitantes. Ademais de ser a maior feira científica de Galicia, é tamén un referente a nivel estatal, polo que levamos xa varios anos recibindo o apoio da Fundación Española de Ciencia e Tecno-

loxía (Fecyt), ademais da Consellería de Economía, Emprego e Industria”. Vendo a implicación destes, Galicia ten futuro na ciencia e a tecnoloxía? R.C.: “Cada ano quedamos coa boca aberta ao ver os proxectos que traen os máis novos á Galiciencia. Supéranse curso a curso en capacidade de observación da súa contorna para detectar oportunidades de innovación e tamén en competencias e habilidades tecnolóxicas. Moitos veñen aquí xa falando de patentes, emprendemento e conceptos que son aínda de difícil dixestión para os adultos, e estamos a falar en moitos casos de mozos e mozas de 12 e 13 anos. Desde logo, a Galiciencia é un termómetro fantástico para medir o talento que liderará a Galicia do futuro e creo que podemos estar tranquilos respecto diso”. Poderá ser -ou xa o é- un referente neste sector? R.C.: “Galicia está chamada a ser un referente en ámbitos tecnolóxicos aos que se ha ir enfocando, de forma moi oportuna, a través da especialización intelixente. Hai que aproveitar nichos de coñecemento nos que, ben polas nosas particularidades ou pola nosa experiencia, temos especial percorrido. É o caso do envellecemento activo e saudable, un ámbito no que varias empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole están a traballar, por exemplo, a través do desenvolvemento de alimentos funcionais”.

“Galiciencia leva 13 edicións con máis de 700 proxectos expostos e máis de 25.000 visitantes”


Barrios 15 de novembro 2018

CIDADE / XINZO E COMARCA

A cidade contará con 16 novas vivendas de promoción pública 4 O próximo 28 de novembro a Xunta adxudicará oito pisos protexidos.

A Xunta sinaliza nove igrexas en Xinzo de Limia 4 Para comprender as súas singularidades históricas. Redacción

Redacción A cidade de Ourense contará con 16 novas vivendas de promoción pública. Oito deses inmobles xa están rematados e serán adxudicados mediante sorteo público o vindeiro 28 de novembro, mércores, entre todos os inscritos no Rexistro de Demandantes da cidade, tal e como anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez na súa visita aos inmobles. Localizadas no barrio de Covadonga, o Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) realizou un investimento de preto dun millón de euros. Segundo explicou a titular de Vivenda, no mes de outubro finalizou a rehabilitación de dúas vivendas na rúa Vilar. Ademais, están adxudicadas as obras de tres inmobles, de nova contrucción, nesta mesma rúa e hai outros tres en proceso de rehabilitación nun edi-

Ángeles Vázquez visitando as vivendas de promoción pública do barrio de Covadonga. /M. REJO. ficio cedido polo concello. En total, engadiu, a Xunta mobilizará 2,5 millóns de euros en obras para dotar a Ourense de 16 novas vivendas protexidas. Rexurbe A conselleira incidiu en que Ourense tamén será un dos concellos que se beneficie do Rexurbe, un novo programa do IGVS para rehabilitar cascos históricos a través da compra de inmobles. En concreto, a contía reservada este ano

para a adquisición de edificios no Casco Vello ourensán ascende a 2,8 millóns (800.000 euros para operacións de compra e os 2 millóns restantes para acometer a súa rehabilitación).

En outubro finalizou a rehabilitación de dúas vivendas na rúa Vilar

Nove igrexas románicas de Xinzo de Limia contan con paneis informativos para o fomento da accesibilidade e sinalización turística. Estes templos están considerados como un dos principais recursos turísticos e

patrimoniais da Limia. Esta intervención está enmarcada na liña de axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural e supuxo un investimento de case 12.000 euros por parte da Consellería de Cultura e Turismo.

O investimento foi de 12.000 euros por parte de Cultural e Turismo

Actuación Instaláronse paneis interpretativos que permiten ao visitante comprender e coñecer as singularidades históricas e artísticas de cada unha destas igrexas:

Obradoiro de albanelería e xardinería 4 Os alumnos realizarán traballos no Toural e ponte de Lima. Redacción

Rosa Otero recibe o premio nas instalacións de Peugeot en Ourense.

10º Salón do Automóbil Rosa María Otero Álvarez, recibiu no concesionario de Peugeot PSA Retail de Ourense o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ao mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 10º Salón do Automóbil que se celebrou durante dúas fins de semana de outubro no recinto feiral. O premio foille entregado polo xerente de Peugeot en Ourense, Carlos Miranda; polo comercial que lle vendeu o coche, Víctor González; pola directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez; polo director de Ourense Centro de ABANCA, Quique Romero, e polo tamén representante de ABANCA, Nacho Domínguez.

Da comezo en Xinzo un obradoiro de emprego que comprenderá dúas especialidades:albanelería e xardinería. Xunto co de Baltar formará a 15 persoas. Os alumnos que rematen satisfactoriamente terán a cualificación profesional de nivel 2, certificado acreditativo para a obtención do correspondente certificado de profesionalidade. Os alumnos realizarán

traballos no parque do Toural (colocando bancos de mampostería e elementos de pedra, entre outros) e no ponte de Lima (instalación de rego automático e actuacións no paseo central plantando especies vexetais). Impartiráselle formación complementaria en temas de sensibilización ambiental e en igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, iniciación a informática e orientación laboral.

Presentación do obradoiro de emprego en Xinzo.

Santa Mariña de Xinzo, San Tomé de Morgade, San Pedro de Boado, Santo André de Piñeira Seca, San Xoán de Guntimil, San Xoán de Seoane de Oleiros, San Nicolau de Novás, Santa María de Laroá e San Pedro de Solbeira de Milia.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, comprobou os paneis das 9 igrexas de Xinzo.

Aula madrugadores nos CEIP de Xinzo Redacción Os representantes das ANPAS dos centros de primaria Carlos Casares e Rosalía de Castro, volvéronse a reunir co concelleiro de Educación Luís M. Gil para tratar de matizar as últimas decisión para a posta en marcha da aula de madrugadores. Haberá unha soa aula para os dous centros que estará no Rosalía de Castro. Prevese que sexan entre 15 e 20 os nenos que acudan a esta aula este primeiro ano. A apertura da aula sería a partir das 7:30 e remataría as 9 horas, hora de entrada do alumnado do Rosalía. Bonos Outro dos acordos tomados foi o de ter a posibilidade de coller os bonos mensuais, de medio mes e outro bono de 20 días que irían consumindo ao longo do curso, en días que se necesitase por calquera motivo persoal.


PUBLICIDADE

Barrios 15 de novembro 2018


Barrios 15 de novembro 2018

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Sarreaus fomenta a saúde entre a poboación

4Pleno

4 A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia desenrolará o programa. Redacción O Concello de Sarreaus levará a cabo, coa axuda da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, un programa para mellorar a saúde e o benestar. O mesmo propón o desenrolo progresivo de intervencións dirixidas a gañar saúde e a previr enfermidades. O que se pretende é promover estilos de vida saudable, así como contornas e condutas seguras ao longo das diferentes etapas da vida; promover o envellecemento activo na poboación maior de

50 anos mediante a intervención integral; e previr a deterioración funcional e promover a saúde e benestar emocional na poboación maior de 70 anos potenciando a coordinación de intervencións integrais nos ámbitos sanitario, de servizos sociais e comunitario. Liñas Potenciarase, como liñas a seguir, a saúde e equidade pública, a promoción das contornas saudables e seguras, así como participación e acción comunitaria.

Presentación no Concello de Sarreaus do programa para mellorar a saúde e o benestar.

Reunión entre o concelleiro de Facenda en Xinzo, Carlos Gómez, co novo conselleiro de Medio Rural, José González.

O Plan Forestal, na mesa de Medio Rural 4 O concelleiro, Carlos Gómez, reuníuse co novo conselleiro. Redacción O concelleiro de Facenda e Promoción Económica de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, reuníuse en Santiago co novo conselleiro de Medio Rural, José González, para abordar distintos temas. Os dous analizaron proxectos que a consellería ten implementado a nivel xeral como o Plan Marco de mellora de camiños ou o Plan de Infraestruturas Rurais. Falaron sobre as recomendacións do Plan Forestal e diferentes proxectos de mobilidade de terras agrarias levadas a cabo para recupe-

rar a actividade agraria ou gandeira en terreos en desuso, co fin de poñelos a traballar e así loitar contra o abandono de parcelas e diminuír o risco de incendios forestais. Tamén analizaron distintos programas que a consellería está implementando para os vindeiros anos e que van ter unha incidencia relevante nas terras da Limia. Neste senso, trataron asuntos como a necesidade de subscribir seguros agrarios para salvagardar os cultivos que se poidan ver afectados, en maior ou menor medida, polas enfermidades que afectan ás distintas producións.

Eido comarcal Falouse da mellora das estruturas de rega na Limia que contará cunha partida de 4,3 millóns de euros nos orzamentos de 2019. Outro tema foi as inversións a través do Plan Marco de mellora de camiños rurais e do Plan de Infraestruturas Agrarias (PIR), para proceder a mellorar diversas infraestruturas no municipio.

A mellora das estruturas de rega na Limia terá unha partida de 4,3 millóns

No pleno de Xinzo do mes de outubro acordouse ceder a xestión do Museo Galego do Entroido á Deputación de Ourense. A pesar das críticas da oposición, o Partido Popular contou co voto a favor do PSOE. Os socialistas argumentaron, a priorización da reapertura, para poñerse do lado dos populares. En canto á transferencia de crédito para o pago a proveedores, a oposición abstívose ao igual que o punto sobre a actualización do IPC no servizo de abastecemento de augas e tratamento de depuración. Sobre a moción de Xinzo Adiante pedindo garantía -ao Sergas- nos servizos sanitarios e abastecemento das farmacias, os populares votaron en contra.

4 BNG O BNG de Xinzo volverá a contar con Ramiro Rodríguez como candidato á alcaldía. A número dous será Alba María Feixóo e o tres, Gabriel Rodríguez.

4 Vertidos A Xunta eliminou cinco puntos de vertido incontrolado en Xinzo. Os focos nos que se realizaron as últimas intervencións estaban localizados nos lugares de As Riscas, San Vitorio, Quintas, Porto Alto e Pereiral.


XINZO E COMARCA / REPORTAXE

Actos polo 25 de novembro en Xinzo 4 Para a eliminación da violencia contra a muller. Redacción A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar vén de presentar os talleres titulados “Sensibilización en igualdade de xénero - Educando dende a igualdade” que se desenrolarán durante a próxima semana tanto en Xinzo como nos pobos e centros educativos, pertencentes a Limia. Todas estas activi-

dades comezarán o día 19 e rematarán o 22. Andaina O día 25 comezará cunha andaina polas terras do mosteiro de Trandeiras e a torre de Pena. A saída terá lugar as 09:30 dende a praza de Carlos Casares, voltando a ela ó seu remate, sobre ás 12. A inscrición será gratuíta.

Presentación no Concello dos actos do día 25 deste mes.

Barrios 15 de novembro 2018

Xornadas de portas abertas en Rectoral Rebollo 4 Serán do 19 ao 25, trala inauguración este sábado, 17 de novembro ás 12 h. Redacción Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño, este sábado, 17 de novembro, inaugura

ás 12 horas a vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo”, que oferta 12 prazas en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. Na antiga casa reito-

Vistas desde unha terraza de “Rectoral Rebollo”.

Entrada a esta rectoral do s. XVIII, agora restaurada. ral, totalmente restaurada, únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Servizos En canto aos servizos, disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras

dobres, todas con baño propio, nas que seguro os seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Para os que desexen máis información ou reservar unha praza poden aproveitar esta semana que vén, do 19 ao 25, a xornadas de portas abertas que realizan os propietarios para que os interesados poidan ver en persoa todas as virtudes desta vivenda comunitaria e solventar todas as dúbidas que teñan. Para elo, chamar ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribir a rectoralrebollo@gmail.com e concertar unha cita para poder vela, e achegarse ó lugar de Prado, en Alongos, no concello de Toén


10

Barrios 15 de novembro 2018

PROVINCIA

EN BREVE 4 Monterrei O municipio de Monterrei contará cun Centro de Interpretación da imprenta incunable de Galicia para poñer en valor un feito histórico “como foi que o primeiro libro impreso en Galicia fora impreso en Monterrei, por Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xohán de Porres, o 3 de febreiro de 1494, o Missale Auriense”, explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

4 Ecuador O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou co ministro de Turismo de Ecuador, Enrique Ponce de León, un protocolo de colaboración entre ámbalas dúas entidades co obxectivo de levar a cabo iniciativas de asesoramento e intercambio de información nos campos da investigación e a innovación turística.

4 Ramón Santamarina O cemiterio da Recoleta, en Bos Aires, acolleu o acto de homenaxe á memoria de Ramón Santamarina, empresario e filántropo ourensán, fundador da vila de Orense, na provincia de Bos Aires, facendo honra ás súas raíces, e cuxo legado de benefactor púxose en valor da man da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, na entrega do premio Ourensanía 2018 en Bos Aires, nun acto de recoñecemento da emigración ourensá.

Premios Ourensanía 2018 4 Por primeira vez entegáronse fóra da nosa provincia, en Bos Aires (Arxentina). Redacción O Centro Partido do Carballiño e o Centro Ourensano de Montevideo, dúas entidades senlleiras na emigración ourensá en Arxentina e Uruguai, recibiron o 11 de novembro en Bos Aires, de man do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o premio “Ourensanía” 2018, un galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. Un premio que os representantes de ámbalas dúas colectividades, Emilio Nogueira e Pablo Fernández Rivero, recibiron emocionados polo que supón de reco-

ñecemento ao traballo dos emigrantes ourensáns e o vínculo que sempre mantiveron coa súa terra. No acto celebrado nun abarrotado Centro Galicia da capital bonaerense, coa presenza de centos de emigrantes ourensáns e as súas familias, o presidente do goberno provincial destacou que a Ourensanía “é unha ambición de seu que os nosos emigrantes levan por todo o mundo”, afirmando que “con este galardón, o de maior e máis íntimo significado entre os que concede a Deputación de Ourense honramos a dúas institucións exemplares da diáspora: o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, que celebrará dentro de poucos días o seu centenario, e ao Centro Ourensano de Montevideo, que conta con máis de setenta anos de ininterrompida andadura, levando a cabo un meri-

torio labor”. Na súa intervención na clausura do acto, Manuel Baltar puxo o acento na importancia da colectividade ourensá en Arxentina e Uruguai, “que alenta unha parte substancial do futuro de Galicia”. “Cando en Europa remanecen ventos ábregos, cando rexurde a insolidariedade, quédanos a nós, aos galegos e ourensáns, a esperanza que representa esta gran nación Arxentina”. “A Ourensanía non só esta presente na provincia de Ourense -destacou o xurado-, senón que chega a todas as partes do mundo alá onde hai un ourensán”. Destacados galeguistas, como Rodolfo Prada, albacea de Castelao, propulsaron a creación nos anos 40 do século pasado do Centro Ourensano de Bos Aires, casa común do galeguismo, “desde onde o propio

Castelao desenvolveu o seu labor político e artístico no exilio bonaerense ao longo dunha década”, sinala o xurado. Fusionados nos anos 80 os catro centros provinciais nunha única institución -o Centro Galicia de Bos Aires-, a Ourensanía pervive en ámbalas dúas cidades da Plata, Bos Aires e Montevideo, a través das institucións hoxe galardoadas: o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, que estes días cumpre o seu centenario, e o Centro Ourensán de Montevideo, con máis de setenta anos de historia, a institución máis antiga de Sudamérica que leva o nome de Ourense na súa denominación. Emoción e sentimento O acto contou no apartado musical coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e do gaiteiro Marco Foxo, quen interpretaron temas do folclore galego, ademais dos himnos de Arxentina e Ourense, nun evento caracterizado

pola emoción e o sentimento que transmitiron os vídeos nos que se lembrou a traxectoria histórica e social de ámbalas dúas entidades galardoadas, e tamén nos discursos por parte dos premiados; do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do mantedor do acto, o escritor Luis González Tosar. Manuel Baltar entregou aos representantes do Centro Partido do Carballiño e do Centro Ourensán de Montevideo senllas figuras de bronce, obras do escultor Xosé Cid, así como as copias das actas co ditame do xurado, nunha celebración que, ademais de merecida homenaxe, foi unha sentida aperta á historia da emigración ourensá. Esta é a primeira vez que a gala do premio Ourensanía trasládase fóra da provincia de Ourense, para homenaxear nesta edición especial a quen tanto fixo pola nosa terra, un acto que percorreu a lembranza, o sentimento e a ilusión polo futuro que representa a emigración ourensá.

Asistentes ao acto de entrega do premio ao Centro Partido do Carballiño e o Centro Ourensano de Montevideo.


PUBLICIDADE

Barrios 15 de novembro 2018

11


12

Barrios 15 de novembro 2018

Mundial de salvamento acuático Redacción A nadadora Cristina Colomo representará a Ourense no Mundial de salvamento acuático que se celebrará en Adelaida (Australia). A ourensán participará como membro do club Salvour medíndose coas mellores do mundo na disciplina. As praias e piscinas da localidade australiana de Adelaida serán os escenarios dos campionatos de mundo de salvamento e socorrismo deportivo que se levan a cabo cada 2 anos. Esta competición dá comezo o 16 de novembro e prolóngase até o 2 de decembro. Os mellores socorristas do mundo danse cita neste evento. A deportista ourensá do club Salvour, Cristina García Colomo, estará entre eles coa intención de aumentar o seu palmarés deportivo nesta espacialidade deportiva na que xa é campioa de España e de Europa da categoría máster. E mesmo posúe varias marcas de España. Liga galega O club Salvour foi o anfitrión da segunda xornada da Liga galega de salvamento acuático. O club obtivo varios primeiros postos nesta xornada. En concreto foron sete dos 30 deportistas ourensáns os que alcanzaron esa primeira posición.

Cristina Colomo.

DEPORTES

A UD Ourense vence ao líder 4 E continúa invicta. R.T. Unha xornada máis, e van 12, a Unión Deportiva Ourense continúa invicta na Terceira división -leva un partido menos pola suspensión do encontro fronte o Ourense CF-. Na pasada xornada foi o líder, o Bergantiños, o que sufriu aos homes de Fernando Currás. Un gran gol de volea de Rubén Durán foi suficiente para que os ourensáns sumaran tres puntos máis e ocuparan a cuarta praza. Esta semana reciben ao colista, o Porriño. O Barco é o outro

conxunto da provincia que ocupa postos de promoción. Asentado na terceira posición vén de gañar ao Arousa (3-2); e visita nesta xornada ao Rácing de Ferrol. A vitoria fronte ao So-

Amelia dispoñéndose a lanzar o balón contra a portaría do Rodiles. /RAMSÉS.

Gol de Durán fronte ao Bergantiños. /RAMSÉS.

Derbi galego: COB - Leyma Coruña 4 Os dous equipos veñen de perder os últimos partidos. Redacción Os derbis galegos da LEB Ouro quedan reducidos ao COB - Leyma Coruña; equipos que se miden este sábado ás 19 horas no Pazo Paco Paz. Os dous equipos chegan tras perder os seus

mozas fai que o Ourense Club de Fútbol estea remontando ata chegar á zona media da táboa. Noveno con 15 puntos está a un punto do cuarto equipo ourensán: o Arenteiro. Os de Espiñedo veñen de sufrir unha dura derrota na casa diante do Silva (0-3). Esta xornada, os de Fran Justo visitan ao líder, o Bergantiños, e os do Carballiño xogan no campo do Paiosaco.

últimos encontros. O Rio Ourense Termal leva perdido nas dúas últimas xornadas e os de Coruña só gañaron o primeiro partido deste curso. Será un encontro para que un dos dous rompa esa racha e demostre o verdadeiro potencial da súa

Partido do COB na casa. /ARQUIVO.

plantilla. O COB necesita ademais da vitoria, reencontrarse co acerto no tiro exterior (conta cunha das porcentaxes máis baixas -30,5%-), ademais de ser o conxunto con menos puntos por partido, con 71,3 cada 40 minutos. En canto ás baixas, se todo transcorre con normalidade ata a hora do encontro, o técnico Gonzalo García de Vitoria tan só contara coa ausencia do pívot Earl Watson. Convenio O Rio Ourense Termal vén de firmar un acordo coa cadena hostaleira Domino´s Pizza, pasando a ser un dos colaboradores de Club Ourense Balonces. Os socios do club terá atractivos descontos nas pizzerías desta coñecida marca.

O partido disputarase este sábado, a partir das 19 horas no Paco Paz

Vitorias no fútbol sala ourensán 4 Sala Ourense, Envialia e Cidade lograron o triunfo esta xornada. Redacción Tras gañar ao Leis Pontevedra pola mínima na casa, 6-5, o Sala Ourense viaxa ata Zamora, coa intención de continuar a racha. O rival conta con 10 puntos, polos 12 dos ourensáns, polo que os tres puntos en disputa antóxanse vitais. Depois dun mal inicio de curso os homes de Kike García comezan a remontar e deixar atrás a zona perigosa da clasificación; despois de nove xornadas son décimos. A táboa lidéraa o outro conxunto ourensán: o Pizarras Los Tres Cuñados, do Barco de Valdeorras. O Ourense Envialia, pola súa banda, gañou ao Viaxes Amarelle por 30 e volve xogar na casa fronte ao Sala Zaragoza, antepenúltimo, este sábado, a partir das 17 horas. De lograr a vitoria se-

guirá na parte alta da clasificación, actualmente é quinto a seis puntos do líder, Burela. As dúbidas que se tiñan nun primeiro momento ao ser un equipo moi novo con respecto ao ano pasado, estanse disipando conforme se van consumindo as xornadas. As de Morenín están a render a un gran nivel. Segunda división Na Segunda feminina, o Cidade marcha na terceira posición trala vitoria por 52 diante do Rodiles. As de Manolo Codeso continúan a axexar aos dous primeiros clasificados: Ferrol e Bilbo. Esta semana visitan ao Ribamontán Al Mar. En canto ao Envialia B, estas perderon diante do Valdetires Ferrol. O filial albinegro sufriu unha goleada (6-0) na cidade departamental. Esta fin de semana reciben á Universidade de Valladolid.


DEPORTES

Barrios 15 de novembro 2018

13

A presentación da segunda edición de Sportur contou coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e a directora xeral de Turismo, Nava Castro -no centro-. /RAMSÉS.

A Xunta pon en marcha a segunda edición do Salón do Deporte e Turismo Activo “Sportur Galicia” 4 Terá lugar en Expournese desde este xoves, 15 de novembro, ata o sábado día 17. Redacción A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron o pasado luns 12 de novembro na presentación da segunda edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia en Expourense. Alí, tras destacar moitas das cualidades do deporte incidindo na igualdade entre homes e mulleres, salientou que o deporte “sempre desperta interese, ten capacidade de sorprender, de emocionar, de motivar e de acadar beneficios para a sociedade, é desenvolvemento social, desenvolvemento económico e xera unha imaxe positiva”. A responsable do Deporte galego uniu todas estas características a Sportur ao que definiu como “un imán para todos os que como nós saben que a actividade deportiva é a plataforma sobre a que se tece unha sociedade de futuro”. Dixo ademais que a feira é “un evento emblemático para toda a Comunidade Autónoma” que terá lugar en Expourense, recinto que grazas a súa compatibilidade conta coa “máxima

ocupación a nivel feiral e deportivo”. Neste sentido, destacou que a pista cuberta de Ourense “posiciona ao atletismo galego nesta cidade e desestacionaliza a oferta”. “Todo isto suma na conquista do desenvolvemento económico da cidade onde traballa o mundo deportivo, o turismo activo e o tempo de lecer”, engadiu. No transcurso da súa intervención, Marta Míguez subliñou tamén como a Xunta “impulsa o desenvolvemento económico da cidade apoiando a celebración de eventos como Sportur xeradores de impacto no sector turístico e deportivo e que xeran unha sociedade máis completa e máis activa”. Ademais indicou que, a pesar de ser o segundo ano, “Sportur está medrando e posicionándose de xeito contundente”. O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no “núcleo do at-

letismo e do deporte galego” esta fin de semana grazas tamén á carreira á que definiu como un “evento autonómico de primeira orde e moi coñecido a nivel nacional”. Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou o papel estratéxico que o turismo activo ten en Galicia polo seu importante potencial para descentralizar a actividade turística e por permitir achegar os beneficios do turismo tanto á costa como ao interior, dando así resposta aos compromisos da Estratexia do turismo de Galicia 2020. “O deporte e o turismo son perfectos compañeiros de viaxe, e Galicia e un escenario privilexiado para poñelos en práctica”, explicou Nava Castro. Neste sentido, referiuse a iniciativas como as máis de 20 propostas para coñecer os seis parques naturais da Comunidade impulsadas pola Xunta e que no caso de Ourense permiten coñecer, por exemplo, o Parque de Serra de Enciña da Lastra a bordo dun kaiak polo embalse e entrar nunha das súas covas para facer espeleoloxía ou mesmo

descubrir o Parque do Invernadoiro ou o do Xurés a través de orixinais rutas ciclointerpretativas en bicicleta, combinándoo con estadías no rural galego. A elas súmanse experiencias como Galicia Surfing, con propostas de viaxe para coñecer os recursos na costa galega a través deste deporte; os minicruceiros costeiros polas rías de Galicia ou as numerosas oportunidades que presentan os recursos fluviais galegos para realizar tanto sendeirismo ás beiras dos ríos como para a práctica de deportes de aventura, como remo, rafting ou barranquismo, entre outras moitas. Como indicou, Nava Castro a Consellería de Cultura e Turismo traballa para continuar reforzando as sinerxías, cada vez máis fortes, entre deporte e turismo no seu compromiso por un modelo turístico de calidade, responsable, sustentable e saudable.

Míguez: “Sportur está medrando e posicionándose de xeito contundente”

Segunda edición O Salón do Deporte e Turismo Activo, é un evento destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, afeccionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas. O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Os obxectivos de Sportur Galicia son propiciar un punto de encontro para o sector, dar a coñecer hábitos saudables para lograr unha mellor calidade de vida, presentar as últimas tendencias e novidades no sector, achegar a actividade física e o deporte a todos os cidadáns, fo-

mentar o coñecemento da contorna natural, fomentar a venda de paquetes turísticos e excursións e a promoción de asociacións e clubs deportivos. O éxito da primeira edición converteu a Ourense nun dos epicentros mundiais do deporte e o turismo activo con presenza de entidades de turismo e cámaras municipais internacionais como Portugal ou Arxentina. Ademais, déronse cita en Expourense 10.500 persoas para visitar os máis de 120 expositores, dos que 32 pertencían a federacións ou clubs e asociacións deportivas. Este ano, Sportur contará con máis dun centenar de actividades e 125 expositores.

A halterofilia estará, novamente, en Sportur. /ARQUIVO.


14

Barrios 15 de novembro 2018

DEPORTES / OCIO E CULTURA

A San Martiño e Sportur poñen a Ourense no centro do deporte galego 4 A 42ª edición conta con 11.036 inscritos. Redacción A carreira popular do San Martiño chega a súa 42ª edición cargada de novidades. Unha cita que pechou o prazo de inscrición con 11.036 inscritos e que volverá, xunto a Sportur, a poñer a Ourense no centro do deporte galego durante esta semana. Sportur celébrase en Expourense do 15 ao 17 de novembro, mentres que a San Martiño terá lugar o domingo, 18 de novembro. Dos máis de once mil inscritos, 4279 son da carreira absoluta (nados en 2001 e anos anteriores); 2719 son escolares (nados entre os anos 2007

e 2002); e 4.038 son cativos e participantes da carreira inclusiva (nados entre 2008 e posteriores e persoas con diversidade funcional). Este ano os

4 Javier Gutiérrez e Cristina Castaño, no reparto. Javier Gutiérrez e Cristina Castaño son dous dos actores galegos máis recoñecidos do cine e da televisión na actualidade, e son os protagonistas de “Quen é o señor Schmitt?”, a obra de teatro que programa o Auditorio este venres ás 20:30 horas. Dirixida por Sergio Peris-Mencheta a partir dun texto orixinal de Sébastien Thiéry, pon en escena ao señor e á señora Carnero que, namentres cean tranquilamente na súa casa, reciben unha chamada de teléfono na que un misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt. Comezou o pesadelo. “Quen é o señor Schmitt?” é unha obra nada

Novidades Este ano a decana das carreiras pedestres populares da nosa comunidade chega con novidades moi satisfactorias para, tanto os atletas como para os pais dos máis cativos que participen. A máis destacada é a carreira inclusiva. Para persoas con discapacidade, estes correrán na mesma proba que o farán os cativos nados entre 2012 e

Participantes da San Martiño 2017 na liña de saída, sita na Ponte do Milenio. /ARQUIVO.

“Quen é o señor Schmitt?”, no Auditorio municipal

Redacción

rapaces con idades entre os 7 e os 10 anos correrán a proba de cativos en vez de a escolar; a organización atendeu a demanda de moitos pais que pe-

dían ese cambio.

común: o que empeza como comedia, torna a thriller de suspense para acabar bordeando o drama e mesmo a traxedia con trazas de absurdo. Desde o primeiro momento búscase a implicación do público, que deberá decidir tamén o final da obra, que xoga continuamente con quen é realmente cada un e co que busca na vida, co real e co inventado. Sébastien Thiéry foi nominado en diversas ocasións ao mellor autor francés vivo nos Premios Moliére. En 2015, galardoado por “Dous homes espidos”, saíu ao escenario sen roupa para protestar polas condicións laborais dos autores en Francia.

posteriores. A cerimonia de premios pasará da cancha central do pavillón dos Remedios ás pistas exteriores. O avituallamento colocarase na rúa Pardo de Cela, xusto despois da liña de meta. E outra novidade será a retransmisión da proba por streaming. Ademais unha pantalla xigante instalarase na liña de meta para que o público poida seguir a proba en directo.

4AXENDA Exposicións - Ata o 9 de decembro - Exposición do pintor Xesús Vázquez “Hinterland” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 9 de decembroAntoloxía fotográfica de Tomás Vega- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 15 de novembro - Danza “In Between” 20.30h. - Auditorio Municipal de Ourense - 16 de novembro - Teatro “Quen é o señor Schmitt?” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 18 de novembro Cantaxogos “Eu teño dereito a xogar” Tour 201812.30 e 17 h. - Auditorio Municipal de Ourense Música -16 de novembro- Concerto blues “Rob Tognoni Band”-21 h.-Teatro Principal -16 de novembro- Concerto blues “Lluís Coloma Trío”-22.40 h.-Teatro Principal - 17 de novembro- Concerto blues “Izo Fitzroy”22 h.-Teatro Principal - 26 de novembro Jam Session Rock - 22 h. - Café Cultural Auriense Deportes - 17 de novembro - Torneo de Xadrez Expourense - Expourense - 17 de novembro - Torneo de Golf Magostos 2018 - Montealegre Club de Golf - 17 de novembro - Río Ourense Termal - Leyma Coruña - LEB Ouro19.00 h. - Pazo Paco Paz - 18 de novembro -LXII Carreira do San Martiño - 11 h. - Pavillón dos Remedios -18 de novembro - UD Ourense - Porriño Industrial FC - Terceira División - 12 h. - O Couto Outros - 20 de novembro - Contiños con Susana18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - Do 15 ao 17 de novembro - II Feira Sportur - De 10 a 14 e de 16 a 20 h. - Expourense www.periodicobarrios.com


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 15 de novembro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº76 - Ano: XI - 15 de novembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Reestrea do OUFF 4 Coa película fantástica “Las Brujas de E’lente”. Redacción O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o domingo, 2 de decembro, a partir das 18.00 horas, a estrea mundial da película ourensá ‘“Las Brujas de E’lente”, no marco da celebración do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Trátase da primeira película de cine fantástica feita completamente na nosa provincia que, tras cinco anos de duro traballo do seu director Simón Vázquez e do resto do equipo verá a luz durante o OUFF. A cinta contou coa colaboración da Deputación de Ourense así

4HUMOR

coma dos Concellos de Piñor, O Carballiño, San Amaro e Ourense, que tamén acolleron parte da rodaxe, facendo aínda máis especial a súa estrea. Segundo o seu director, Simón Vázquez, trátase “dun blockbuster indie feito de forma artesanal con toneladas de paixón e esforzo e cunha historia ó máis puro estilo de Guillermo del Toro”. Entre os seus protagonistas cabe destacar a actores e actrices tan recoñecidas coma Isabel Blanco, Luis Iglesia, Rubén Riós, Sabela Arán, Rosa Álvarez, Fernando González ou Xoel Yáñez, entre outros, tamén de orixe galego.

Estrea do tráiler Para ir abrindo boca de cara ó día da posta de longo, o 8 de novembro estreouse un adianto nas redes sociais de “Las Brujas de E’lente” e na web http://volverasatemeralasbrujas.es/, no que se dará a coñecer a historia de Eva, a protagonista, unha moza que volve á casa dos seus pais para rescatar a súa irmá. Esta película de terror e aventuras, que dá unha versión retorcida da mitoloxía bíblica, foi rodada a capas como se facía nos anos setenta e contou coa colaboración de diferentes mecenas que apoiaron o proxecto. Premio Calpurnia Nesta edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF), a número 23, o director ourensán Xavier Bermúdez recibirá o premio Calpurnia de Honra. Con este galardón, o certame quere recoñecer, por primeira vez en Galicia, a traxectoria artística dun cineasta e produtor que rodou algunhas das longametraxes de ficción máis premiadas do audiovisual galego. Entre elas cabe destacar “León y Olvido”, que recibira o premio ao mellor director no prestixioso festival de Karlovy Vary, na República Checa, e que tamén acadou os premios ao mellor director e mellor actriz en edicións anteriores do festival ourensán.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora para limpar por horas, só en Xinzo. Disponibilidade horaria. Tel.: 686 005 358. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Particular imparte clases particulares a domicilio en Ourense - capital. Matemáticas e Estatística (todos os niveis). Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto: whatsapp: 610.38.25.89 (enviar mensaxe); email: clasesadomicilio2014@ hotmail.com. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega,

con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81.

INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.000-1.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065

/ 627 608 758 (Paz Milagros). Alúgase praza de garaxe en Portonovo (Pontevedra). 55 euros. Tlf.: 636 32 95 24

VENDAS Véndese maquinas recreativas (modelos vellos), maquinas de dardos, maquinas expendedoras de tabaco, billares, futbolines, etc. Máis info e fotos no Tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo máquina de facer exercicio (elíptica). Prezo 350 euros negociables. Tel. 674 317 302. Vendo sofá 3+2, bici seminova. Tel. 672 089 349. Vendo calentador de auga gas cidade seminovo. Con todos os papeis necesarios. Prezo a convenir. Tel.: 988 22 49 98.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.


Barrios 15 de novembro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 76 by Periodico Barrios - Issuu