Skip to main content

Barrios 75

Page 1

Entrevista a Zeltia Lado, xerente do Instituto Enerxético de Galicia [Páx. 5]

CIDADE

Páx.2 A VALENZÁ

Fomento, Xunta e Concello avanzan no proxecto da estación intermodal

Páx.6 CELANOVA

Melloras na Escola Infantil de Barbadás cunha achega de 27.000 euros da Xunta

Páx.11

A Confederación Miño - Sil axuda nas excavacións de Aquis Querquennis

ALLARIZ

Páx.12 DEPORTES

25.000 turistas foron atendidos na Oficina de Información Turística de Allariz

Páx.13

A Unión Deportiva Ourense continúa invicta na Terceira división de fútbol

Pérez Jácome repite por DO

[Páx. 6]

AJE Ourense mostra músculo

Inscricións abertas para a 42ª San Martiño [Páx. 3]

[Páx. 8]

O 11 de novembro remata o prazo de inscricións da San Martiño. // Pérez Jácome preséntase por quinta vez á alcaldía de Ourense. // AJE Ourense expón as súas cifras. /RAMSÉS.

Número: 75 - Ano: XI - 8 de novembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 8 de novembro 2018

TEMA DA SEMANA

Ethel Vázquez, Ignacio Maestro, Isabel Pardo e Jesús Vázquez, na xuntanza mantida en Madrid.

Fomento, Xunta e Concello avanzan no proxecto da estación intermodal 4 A Consellería de Infraestruturas está executando actualmente as obras da nova terminal de autobuses, que deben sincronizarse coas de liberación de vías e do aparcadoiro. Redacción O Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense concretaron este 5 de novembro a coordinación dos traballos entre os distintos elementos que forman a primeira fase da estación intermodal que se está a executar na cidade. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vazquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo un

encontro coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na que abordaron os avances nesta infraestrutura. Actualmente a Xunta de Galicia está a executar a estación de autobuses integrada na terminal de ferrocarril, uns traballos que necesitan sincronizarse coas obras de liberación de vías que executa Adif, así como co aparcadoiro subterráneo, cuxa licitación vén de ser aprobada polo

administrador ferroviario. Tanto dende a Xunta de Galicia como dende o Concello de Ourense manifestaron unha valoración positiva por este paso adiante e solicitaron que se axilice a contratación e execución do aparcadoiro na medida do posible para facilitar así o desenvolvemento das obras da estación de autobuses. A primeira fase da estación intermodal da Ourense está formada pola estación de autobuses e o

aparcadoiro subterráneo, mentres que a liberación de vías está a ser desenvolvida como parte dos traballos preparatorios para a chegada dos trens AVE á terminal. Na xuntanza das tres administracións abordaron tamén o anteproxecto sobre a reforma da estación de ferrocarril que Adif mantén actualmente en proceso de información pública. A ese respecto, tanto o Goberno galego como o Concello de

Ourense solicitaron a Adif un compromiso de execución do proxecto integral que foi acordado e que non está reflectido na súa totalidade no deseño que se atopa en fase de información pública. Por iso, as alegacións presentadas por parte do Concello, que solicita por unha banda ao Ministerio que realice un estudo de alternativas para o chamado ‘caixón ferroviario’, que cubrirá as vías polas que circularán os trens. Por outra, esíxelle que o estudo inclúa a urbanización do espazo público axardinado sobre a praia de vías, e un vial rodado de conexión entre os barrios, como se recollía no protocolo asinado para a execución das obras, mais o compromiso por parte de ADIF de asumir o financiamento, por importe de máis de 27 millóns. De feito, o Concello reclama que se inclúan todas as fases programadas e fixadas no Convenio Marco asinado o 22 de xuño de 2016. A día de hoxe, faltan dúas fases que debe asumir o Ministerio de Fomento, primordiais para a cidade por un importe de 27,6 millóns de euros. Inclúen o axardinamento da plataforma de cubrición das vías, así como os seus muros e o vial novo de circulación, claves para a permeabilidade dos barrios de a Ponte e O Vinteún. Estación de autobuses A Consellería de Infraes-

truturas e Mobilidade está a investir máis de 9 millóns de euros na estación intermodal de Ourense, na que participa coa construción da terminal de autobuses e co financiamento de máis do 60% do aparcadoiro subterráneo. A construción da nova estación de autobuses comezou o pasado setembro coas demolicións dos edificios situados na parcela. Esta nova terminal de autobuses contará con 13 dársenas de operación e 3 de regulación e cun edificio de máis de 700 m² construídos para albergar os diferentes servizos. Impulso ao Ecobarrio Na xuntanza participou tamén a xerente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Zeltia Lado, quen explicou que a estación intermodal de Ourense está integrada dentro do proxecto do Ecobarrio que a Xunta de Galicia desenvolve na cidade. O proxecto do EcoBarrio contempla a posta a punto de fachadas en envolventes térmicas en edificios particulares e públicos, tales como centros de ensino ou a futura estación intermodal; a substitución do alumeado actual por LED en edificios e rúas da Ponte; o fomento da mobilidade sustentable centralizada no parque móbil do Concello; e a posta en marcha da Oficina do EcoBarrio para facilitar información e asesoramento aos veciños en materia de eficiencia enerxética.


ENTREVISTA

Barrios 8 de novembro 2018

ENTREVISTA A ROBERTO ABAD, COORDINADOR DA CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

“Unha carreira desta magnitude leva detrás de si moitas horas de dedicación e traballo por parte da organización” 4 Roberto Abad volve a estar ao fronte da coordinación da carreira do San Martiño. Redacción

son moitísimos os voluntarios que participan no bo desenvolvemento da proba, xa desde os días previos á mesma, na entrega de dorsais en Expourense, con motivo da Feira do Deporte e o Turismo activo de Sportur. Estamos a falar de que son, aproximadamente, unha centena os voluntarios que participan cada ano nesta carreira”.

Que a carreira popular do San martiño sexa un éxito é grazas a labor de moitísima xente -voluntarios, Protección Civil, Policía Local,...- todas elas coordinadas nas últimas edicións por Roberto Abad. Chega unha nova edición do San Martiño, a número 42. Na cidade e tamén entre os usuarios do pavillón nótase que hai moita xente preparándose para esta cita inescusable para milleiros de persoas? Roberto Abad: “Efectivamente, unha nova edición na que se perciben xa as ganas da xente de participar na nosa emblemática e popular carreira pedestre, que como ben dis, xa vai, nin máis nin menos, que por corenta e dúas edicións. As inscricións van a moi bo ritmo, e contamos con estar nos mesmos rexistros de inscrición que en anos anteriores”. De novo serán milleiros de persoas as que saian ás rúas de Ourense para participar na proba decana das carreiras populares de Galicia. É unha gran responsabilidade? R.A.: “Si, pensa que estamos a falar de máis de 10.000 participantes directos, máis toda a cidadanía que se achega para seguir e apoiar este gran evento. Son miles de persoas as que en catro ou cinco horas danse cita nas rúas da

Roberto Abad, coordinador da San Martiño. /RAMSÉS. cidade, e os medios de seguridade, tanto en carreira como nos arredores deben ser extremos. Obviamente, sen a colaboración da Policía Local, de Protección Civil, dos traballadores do Consello Municipal de Deportes e dos voluntarios, que cada vez son máis, esta carreira sería imposible de levar a cabo, polo que podemos dicir que son varios os grupos humanos e as áreas do Concello que comparten esta gran responsabilidade”. Canto tempo levades traballando na edición deste ano do San Martiño? R.A.: “Unha carreira

“Quen queira participar como voluntario debe debe porse en contacto co Consello Municipal de Deportes (pavillón dos Remedios)”

desta magnitude, que reúne a tantos deportistas e afeccionados, como non pode ser doutra maneira, leva detrás de si moitas horas de dedicación e traballo por parte da organización. No San Martiño está a traballarse desde o día seguinte á celebración da anterior. Pensa que no mesmo momento que se clausura a carreira, xa se están analizando os posibles cambios e melloras, nesa procura permanente pola mellora da proba. Non en tanto, o traballo intensifícase sobre todo a partir do mes de setembro, onde xa se empezan a pechar os últimos detalles”. Entre o venres e sábado anteriores (coa entrega de dorsais) e o propio día da carreira, canta xente contribúe a que este evento sexa o éxito que é cada ano? R.A.: “Como che dixen

Por que o labor do voluntario é importante? R.A.: “O correcto labor dos voluntarios non é importante, é determinante, xa que son numerables os labores que hai que desempeñar no transcurso destes días. Desde a entrega de dorsais/chips dos días previos, como o control de gardarroupa, control das zonas de avituallamento, acompañamento dos nenos en zona de meta e control de lugares estratéxicos en diferentes puntos do percorrido pola cidade”. Se alguén quere participar sendo voluntario, que debe facer? R.A.: “Pois debe porse en contacto co Consello Municipal de Deportes, para achegar os seus datos persoais, e vir cargado de ilusión e ganas por formar parte desta marabillosa festa do deporte ourensán”. Este ano celébrase a primeira carreira inclusiva. Fálanos dela. R.A.: “A idea desta carreira é dar visibilidade e a oportunidade de participar a diferentes grupos de poboación e, en concreto, a todas aquelas persoas con diferentes capacidades ou diversidade funcional. Para estas persoas, consideramos, desde a área de Deportes do Concello, fundamental a súa inclusión

na sociedade, a través, non só do traballo ou os estudos, senón tamén desde a práctica deportiva”. Para rematar, algunha recomendación ás persoas que se calcen as zapatillas o 18 de novembro para participar no San Martiño? R.A.: “Son moitas as persoas novas, maduras e de idade algo máis avanzada que na actualidade lánzanse a correr ou practican algún tipo de actividade física de diferentes intensidades sen unha revisión previa, cos consecuentes riscos que iso entraña. Cando se trata de actividade física intensa, e esta proba para moita xente éo, é aconsellable, antes

“A idea desta carreira -a inclusiva- é dar visibilidade e a oportunidade de participar a diferentes grupos de poboación” de comezar, facerse unha boa revisión médica para determinar se o noso corazón está ben, se non padecemos dalgún problema coronario ou cardiorrespiratorio grave, e se, en liñas xerais o noso estado de saúde é o adecuado para a práctica deportiva. A partir de aí, a gozar un ano máis da nosa querida e entrañable San Martiño”.

4 Inscricións ata o 11 de novembro A carreira do San Martiño -decana das populares de Galicia- mantén aberta as inscricións ata o próximo domingo, 11 de novembro. Ao peche desta edición de Barrios o número de inscritos achegábase aos 10.000, preto de 3500 na absoluta, algo máis de 2.500 na de 4,7 km; e uns 3.800 para as dúas de 1,4 quilómetros. Para os de última hora, os que queiran participar deberán anotarse a través da web championchinorte,com;

o prezo é de 7 euros para a categoría absoluta e de balde para o resto de categorías. Novidades Este ano hai unha carreira inclusiva para persoas con algún tipo de discapacidade. Estes correrán ao mesmo tempo (13.30 h) e a mesma distancia (1,4 km) que os nados nos anos 2012 e posteriores. Outra novidade deste ano é que a carreira será retransmitida por streaming.

Presentación da 42ª San Martiño. /RAMSÉS.


Barrios 8 de novembro 2018

EMPRESAS

Grande aposta polas enerxías renovables 4 A Administración autonómica pon en marcha as Directrices Enerxéticas 2018-2020, coas que busca movilizar máis de 3.000 millóns de euros no sector enerxético e xerar 12.000 postos de traballo. Redacción A Xunta de Galicia dá cada día pasos na procura de que na nosa comunidade as enerxías renovables teñan maior protagonismo. Cumprindo coas esixencias da Unión Europea e compartindo as demandas dunha sociedade cada máis concienciada coa importancia do respecto ao medio ambiente, o Goberno galego vén de aprobar as Directrices Enerxéticas 2018-2020, coas que se busca mobilizar máis de 3.000 millóns de euros no sector enerxético ata 2020 e impulsar a creación de 12.000 empregos. Dentro deste proxecto destaca o investimento de 1.300 millóns de euros en enerxías limpas para a instalación de 1.200MW en toda a comunidade, 1.000 deles para a produción de electricidade a través da enerxía eólica, hidráulica e fotovoltaica; e os outros 200 para a produción de calor mediante biomasa, enerxía solar térmica, xeotermia e aerotermia. O obxectivo é que no ano 2020 o 85% do consumo eléctrico e o 34% de calefacción e refrixeración proveñan de renovables, e o 35% do consumo de combustibles de uso térmico proceda da biomasa. Toda esta diminución do consumo enerxético conlevará un aforro aproximado de 150 millóns de euros, grazas a medidas como as liñas de aforro enerxético da Xunta ou o proxecto do primeiro EcoBarrio, en Ourense. Empresa e industria A Xunta de Galicia vén de aprobar unha serie de axudas para empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais en materia de eficiencia enerxética. Esta actuación, aproiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destina-

Entrada ao barrio da Ponte -pola ponte Romana-, primeiro Ecobarrio de Galicia. /ARQUIVO. rá 7,75 millóns de euros públicos que permitirán mobilizar arredor de 30 millóns e crear ou manter máis de 250 empregos. Deste xeito 434 proxectos lograrán un aforro total nas súas facturas enerxéticas de 5,5 millóns de euros ao ano, incrementándose a competitividade do tecido empresarial ao tempo que se reducen os custos. Sen esquecer que se deixarán de emitir á atmosfera 25.700 toneladas de CO2. Do total, 202 proxetos consistirán na instalación de equipos de biomasa, aerotermia, solar térmica e xeotérmica. Deles, 150 desenvolveranse no eido

O obxectivo é que no ano 2020 o 85% do consumo eléctrico e o 34% de calefacción e refrixeración proveñan de renovables

da biomasa. Por outra banda, tamén se convocan axudas para impulsar o aforro en industria, servizos e sector agrícola primario, mediante un total de 232 auditorías, sistemas de xestión enerxética e proxectos de aforro. Nestes últimos, inclúense a instalación de plantas fotovoltaicas de xeración eléctrica para autoconsumo, a renovación de maquinaria industrial de proceso e de instalacións auxiliares, instalacións de aproveitamento de enerxía aerotérmica para climatización e proceso, substitución da iluminación por tecnoloxía LED ou a implantación de equipos de medida e sistemas de procesado avanzado de datos asociados a actuacións de optimización do consumo enerxético. Axudas ás familias Estes dous programas de axudas compleméntanse cunha convocatoria específica destinada á implantación de enerxías

renovables nos fogares galegos, da que se beneficiarán 1.545 familias que poderán aforrar un millón de euros ao ano nas súas facturas enerxéticas. Os proxectos que se van desenvolver (951 de biomasa, 512 de aerotermia e enerxía solar, e 82 de xeotermia) recibirán 4,66 millóns de euros en axudas, que permitirán a mobilización de 11,3 millóns no sector; así como o aforro anual de 2,45 millóns de litros de gasóleo e a redución da emisión de 7.300 tonelas de CO2. En concreto, nos 951 proxecos de biomasa concedidos, a Xunta investirá 2,37 millóns de euros, que lles permitirán un aforro anual de 1,86 millóns de litros de gasóleo e a diminución da emisión de 5.600 toneladas de CO2. Así, o Goberno galego mostra, unha vez máis, o seu apoio ao rural e ao sector primario, favorecendo a economía familiar e das pemes, xerando emprego cualificado e mellorando a vida da cidadanía.

O EcoBarrio da Ponte mellorará a eficiencia enerxética nun 20% e reducirá as emisións nun 30% EcoBarrio de Ourense Dentro das Directrices Enerxéticas 2018-2020 tamén se atopa un proxecto pioneiro: o EcoBarrio da Ponte, en Ourense. O alcalde da cidade, Jesús Vázquez; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; e o comisario de acción polo clima e a enerxía da Comisión Europea, Miguel Arias Cañete, presentaron esta iniciativa, que o rexedor ourensán definiu como de “auténtica revolución para a nosa cidade”, ademais dunha “referencia mundial”, coa que se “reducirán os gases de efecto invernadoiro”. A primeira fase desenrolarase en 31 edificios públicos e 18 privados, ademais de na ilumina-

ción pública. O presidente da Xunta salientou que se aproveitará “un dos recursos que ten Galicia, a xeotermia”. De feito, un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa cunha lonxitude de 5 quilómetros, que se utilizará para abastecer de auga quente e calefacción a medio cento de edificios. E tamén se incluirán edificios de servizos básicos. Ademais, está previsto que esta rede de xeotermia beneficie a edificios residenciais das zonas de Covadonga e do Vinteún. A primeira fase do proxecto, que se prolongará ata o 2020, contará cun investimento de 20 millóns de euros, e creará 300 postos de traballo durante a execución das obras. “Mellorará a eficiencia enerxética nun 20% e reducirá as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30%”, destacou Núñez Feijóo. Unha das primeiras accións deste proxecto será a substitución do alumeado no barrio por tecnoloxía LED, tanto nas rúas coma nos edificios. Neste senso, renovaránse 3.000 puntos de luz, a iluminación da Chavasqueira e mellorarase a visibilidade de 15 pasos de peóns. Con este paso inicial reduciranse os custos en 216.000 euros así como a emisión á atmósfera de 240 toneladas de CO2 ao ano. “Fomentar a mobilidade sostible a través de vehículos eléctricos que conecten o transporte deste barrio co resto da cidade” é outra das actuacións que inclúe o proxecto e que desvelou Feijoo, xunto á creación dunha oficina do Ecobarrio “para informar a comunidades e asociacións, de todas as axudas existentes, co aforro de auga quente e calefacción”. Tamén se traballará sobre as fachadas e sistemas de illamento térmico, en portas e ventás de centros de ensinanza e na futura estación intermodal. O presidente da Xunta ten claro que isto é un investimento “importante” que se amortizará “ao longo dos anos”.


ENTREVISTA

Barrios 8 de novembro 2018

ENTREVISTA A ZELTIA LADO, XERENTE DO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

“Galicia fai os seus deberes e, para o ano 2020, atenderá con renovables o 45% do consumo” 4 Falamos coa xerente do Inega quen nos explica os pasos que se dan en Galicia de cara ao consumo de enerxías renovables. Redacción O Instituto Enerxético de Galicia supón unha peza fundamental de cara a que Galicia cumpra cos requisitos da Unión Europea sobre as enerxías renovables. Zeltia Lado explícanos os pasos que se dan na nosa comunidade. Que é INEGA? Zeltia Lado: “O Inega é unha axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, entre os seus fins están o fomento, impulso e realización de iniciativas e programas para a investigación, o estudo e o apoio das actuacións de coñecemento, desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos dos distintos sectores económicos de Galicia”. Cales son os requisitos da Unión Europea en canto ás enerxías renovables? Z.L.: “A Directiva 2009/28/CE do 23 de abril de 2009 relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables establece como obxectivo que no ano 2020 o 20% do consumo de enerxía final proceda de fontes renovables. Galicia está facendo os seus deberes e, para o ano 2020, atenderá con renovables o 45% do consumo. De cara ao 2030, os Gobernos da UE e o Par-

lamento Europeo, recentemente, fixaron como obxectivo vinculante acadar o 32%”. Desde INEGA, que pasos se están a dar? Z.L.: “No período 2009-2017 puxemos en marcha liñas de axuda para o fomento do aforro enerxético e das enerxías renovables que permiten a mobilización de 236 millóns de euros. Especial mención merece a Estratexia da Biomasa, coa que se pretende poñer en valor este combustible autóctono e renovable, xerando actividade económica e emprego. A Estratexia inclúe liñas de axuda para o fomento do equipamento térmico con biomasa en vivendas, empresas e administracións. Entre os obxectivos fixados para 2020 destacan: valorizar 275.000 t/ano de biomasa; ou diminuír o consumo de combustibles derivados do petróleo nun 14%, cun aforro asociado de 70 millóns de euros ao ano, evitando así a emisión a atmosfera de 245.000 toneladas anuais de CO2. Tamén se está fomentando a instalación doutras enerxías renovables como a xeotérmica, a aerotermia, a solar fotovoltaica asociada ao autoconsumo eléctrico e a solar térmica. Boa proba diso é que en Galicia xa hai instalados máis de 275.000 m2 de paneis solares térmicos e 25 MW en fotovoltaicos”.

cos e 18 edificios privados cun total de 338 vivendas. Tamén se promoverá a xeración de enerxía renovable (district heating); o alumeado público; a mobilidade sustentable; e os sistemas de xestión e control da enerxía”.

Zeltia Lado, xerente de Inega. EcoBarrio de Ourense, na zona da Ponte, ten como obxectivo converterse nunha actuación integral de referencia a nivel europeo relacionado coa eficiencia enerxética, a sustentabilidade medioambiental e o impulso das enerxías renovables a nivel de barrio no ámbito urbano

do concello. Vai supoñer unha drástica redución do uso de combustibles fósiles e das emisións de gases de efecto invernadoiro. O proxecto do EcoBarrio inclúe actuacións a nivel de barrio, pero tamén a nivel de edificio. Así, proponse actuar sobre 31 inmobles e locais públi-

A primeira rede de xeotermia de Europa? Z.L.: “A xeración de enerxía renovable a nivel de barrio sustentarase nun district heating cuxa base de xeración térmica, en combinación con outras fontes renovables de enerxía, será a enerxía xeotérmica para a produción de calor e auga quente sanitaria, constituíndose na primeira rede de calefacción de distrito de Europa con xeotermia. Este sistema proveerá de enerxía térmica a todos os edificios públicos obxecto deste proxecto e a unha parte dos edificios privados ubicados dentro do barrio da Ponte”. E a nivel de Galicia, cal serán os seguintes proxectos dos que se fale proximamente? Z.L.: “Este proxecto de EcoBarrio de Ourense é unha actuación de referencia que pode replicarse noutros lugares de

En Ourense crearase o primeiro EcoBarrio de Galicia, fálanos un pouco del? Z.L.: “O proxecto do

“No Ecobarrio de Ourense proponse actuar sobre 31 inmobles e locais públicos e 18 edificios privados cun total de 338 vivendas”

Presentación da renovación de 3.000 puntos de luz a tecnoloxía LED no barrio da Ponte dentro do proxecto EcoBarrio.

Galicia, aliñada coa consecución dos obxectivos marcados pola UE para o 2020, 2030 e 2050 no que se pretende mellorar a calidade de vida dos veciños e o seu acceso á enerxía, favorecendo a xeración de novas oportunidades de negocio e de emprego de calidade”. Cal é o futuro a curto, medio e longo prazo da nosa comunidade en canto ao aproveitamento das enerxías renovables? Z.L.: “Actualmente Galicia atende o 74% do seu consumo eléctrico con enerxías renovables. Galicia conta cun elevado potencial de recurso renovable polo que o futuro destas enerxías en Galicia é moi prometedor. Así, no período 2018-2020 vanse poñer en marcha máis de 1.200 MW de novos proxectos (eléctricos e térmicos) que van incrementar a produción actual de enerxía nuns 3.750 GWh/ano evitando a emisión 950.000 t/ano de CO2, o que permitirá que en 2020 o 84% do consumo eléctrico de Galicia e o 34% de calefacción sexa atendido con fontes renovables. No longo prazo haberá que explotar novos campos nos que xa estamos a traballar, como o das enerxías mariñas, no que a nosa Comunidade presenta un elevado potencial de recursos, principalmente undimotriz”.

“No longo prazo haberá que explotar novos campos nos que xa estamos a traballar, como o das enerxías mariñas”


Barrios 8 de novembro 2018

CIDADE

Gonzalo Pérez Jácome, co seu equipo, na presentación da súa candidatura. /RAMSÉS.

Os grupos políticos toman posicións na cidade 4 Xa coñecemos os candidatos de OUeC, PP, BNG, PSOE e Democracia Ourensana. R. Torres e M. Rejo A falta de seis meses para as eleccións municipais de 2019 os partidos políticos comezan a ensinar aos seus cabezas de lista. Primeiro foi Ourense en Común con Martiño X. Vázquez; despois o PP co actual alcalde, Jesús Vázquez, candidato á reelección; e máis tarde o BNG presentaba a Luís Seara na aposta para regresar ao consistorio. Esta semana coñecéronse os dous candidatos que incurrirán nas primarias do PSOE (de Prada e Vázquez Barque-

Jácome presentarase por quinta vez a alcalde da cidade

ro). E a última formación en dar a coñecer ao seu aspirante foi Democracia Ourensana. Gonzalo Pérez Jácome presentouse como alcaldable nun acto que reuniu a simpatizantes e medios de comunicación a mediados desta semana. Na comparecencia, Jácome vaticinaba que en seis meses “cambiarán a historia” de Ourense asegurando que non era “un acto de presentación do candidato de DO”, senón a presentación do “próximo alcalde”. O líder de Democracia Ourensana valoraba o crecemento do seu grupo ao ser a cidade das Burgas “unha cidade envellecida” en alusión ao voto, maioritariamente, conservador da poboación máis adulta.

Pérez Jácome será a quinta vez que se presente como alcalde logrando en 2003, 284 votos; en 2007, 1.757; en 2011, 4.529; e nas últimas, 13.679 votos. BNG Acompañados de máis de trinta cargos institucionais, militantes e simpatizantes, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou o pasado 30 de outubro ao candidato nacionalista á alcaldía de Ourense, Luís Seara, do que destacou o seu compromiso para impulsar o cambio de rumbo político nunha cidade que o Partido Popular conduciu á “parálise” e “deixar atrás tres anos perdidos na única cidade de Galiza sen orzamentos e cun go-

berno incompetente que é parte do problema e polo tanto, non pode ser parte da solución”. Pontón recalcou que o cabeza de lista do BNG, Luís Seara e as persoas que o acompañarán na candidatura darán o impulso necesario ao concello para convertelo nun concello “vivo e dinámico”. Tras presentar ao candidato como un político que leva a Ourense no corazón e coñece a cidade, os seus problemas e necesidades, afirmou que Seara é unha persoa “integra, traballadora e dialógante”, e que levará ao concello o dialogo que faltou durante estes anos en Ourense, caracterizados pola “arrogancia política local”. Na súa intervención, o candidato do BNG á Alcaldía de Ourense, Luís Seara afirmou que o interese do BNG pasa por converter Ourense “nun concello, vivo, dinámico e de referencia” e por iso eliximos “unha equipa cohesionada e solvente”. Para o candidato nacionalista, o actual goberno

foi “irresponsable, arbitrario, insolvente para xestionar e en conxunto deixa peor a cidade do que a atopou”. O BNG non se asusta ante os retos, e hoxe máis que nunca, recalcou “estamos ante un tempo novo e coa convicción de iniciar un novo punto de partida para Ourense”. Seará insistiu na necesidade dun cambio de rumbo político para “rachar a inercia actual” e ese cambio o dará o BNG con anos de experiencia na oposición e no goberno municipal cun balance de ideas e proxectos que significaron unha verdadeira transformación para o concello. “No BNG somos unha alternativa preparada e con solvencia para facer avanzar Ourense e queremos situalo na senda da modernidade e da prosperidade”, concluiu o candidato. PSOE Ao final serán só dous candidatos, dos catro que se postularon, os que concurran ás primarias do partido socilista o vindeiro 18 de novembro. Tráta-

De Prada e Barquero son os candidatos nas primarias socialistas se de José Ángel Vázquez Barquero, actual portavoz no concello, e Elena de Prada, profesora de empresariais na Universidade de Ourense. Barquero aspira a repetir como cabeza de cartel socialista e conta ao seu favor a ampla experiencia, tanto a nivel político en tarefas de goberno como na oposición, como a nivel de afiliado e coñecemento do aparato na cidade. Pola súa contra Elena de Prada ten o apoio explícito da “terceira vía” e, aparentemente, do aparato provincial con Rafael Villarino á fronte, tras levar pouco menos que un ano afiliada.

Luís Seara será o alcaldable polo BNG nas municipais

Presentación de Luis Seara como candidato do Bloque Nacionalista Galego.


A VALENZÁ / REPORTAXE

Barrios 8 de novembro 2018

Rectoral Rebollo, un novo fogar para os maiores A directora xeral de Familia, Amparo González, e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, visitando o centro.

Melloras na Escola Infantil de Barbadás 4 Cunha achega de 27.000 euros da Xunta de Galicia. Redacción A escola infantil de Barbadás benficiarase de melloras na instalación grazas a unha subvención concedida pola Xunta que ascende a 27.333,53 euros. O concelleiro de Servizos Sociais, Serafín Núñez, afirmaba que se

“mercarán tronas, andadores, triciclos, cadeiras, mesas, mobles”; ademais de encerados dixitais, unha piscina de bolas, elementos de psicomotricidade, gusanos, un panel activo dixital, un equipo de múscia. Habilitarase tamén un soportal cuberto na zona de xogo exterior e unha conexión a internet.

4 Ubicado en Alongos, conta con 600 m2 de edificación e 8.000 m2 de terreo exterior. Redacción Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño, abriu as súas portas a vivenda comu-

nitaria “Rectoral Rebollo”, que oferta 12 prazas en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. Na antiga casa reitoral, totalmente restaurada,

Ubicación da vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo” en pleno Ribeiro, a 7 km da cidade.

Habitación dobre con todas as comodidades. únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Os seus propietarios viron a preciosa paisaxe que a rodea e decidiron empleala como casa comunitaria, agardando que os que veñan habitala tamén o aprecien e gocen. Ademais da vivenda, Rectoral Rebollo conta cun fermoso patio con horta e banquiños para disfrutar do precioso entorno. Servizos En canto aos servizos, disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade

tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras dobres, todas con baño propio, nas que seguro os seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Para os que desexen máis información ou reservar unha praza xa se poden achegar a ela no lugar de Prado (Alongos), chamar ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribir a rectoralrebollo@gmail.com.


Barrios 8 de novembro 2018

CIDADE

O parque Barbaña, epicentro do magosto popular Almorzo da directiva de AJE Ourense cos medios de comunicación. /RAMSÉS.

O positivismo de AJE Ourense 4 A facturación das empresas asociadas achégase aos 50 millóns de euros. Redacción A Asociación de Novos Empresarios de Ourense presentou as cifras anuais do colectivo. AJE conta con 116 asociados (11 máis que o ano pasado e 80 máis que fai catro). Para o seu presidente, Lois Babarro, este dato demostra que “si hai cul-

tura do asociacionismo na provincia”. Actualmente a asociación se autofinancia, a través das cotas dos seus asociados, sen contar con subvencións de organismos públicos. Datos As 116 empresas dan traballo a 500 persoas e facturaron no último ano

48,5 millóns de euros. Babarro facía fincapé en que o colectivo xerou emprego nestes últimos 12 meses. Aínda que AJE é unha asociación multisectorial desde a mesma veñen notando un incremento no sector agroalimentario o que demostra para o seu presidente “que o rural ourensán ten futuro” sendo moi recoñecido “a nivel internacional”. O presidente de AJE Ourense destacou con este feito que nesta provincia hai futuro, e este depende “da actitude da xente que vive aquí”. En canto á exportación, esta chega a 21 países de 4 continentes.

4 Celebrarase este domingo 11 de novembro. R. Torres O parque Barbaña é, novamente, o lugar que o Concello de Ourense elexiu para a celebración do seu magosto popular. Será o día do patrón da cidade, o San Martiño, o domingo 11 de novembro. O magosto -declarada de interese turístico de Galicia en 2018- é unha das festividades de maior arraigo da cidade. A fogueira comezará a arder ás cinco da tarde, e só media hora despois comezará a venda de billetes a un euro (a zona de cola, para a billeteira estará cuberta por unha carpa), para recoller o menú desde as 18 horas.

En total repartiranse 2.000 bolos preñados (50 máis para celíacos), 1.000 quilos de castañas asadas, 100 botellas de viño e 1.600 de auga. Actividades Haberá tamén obradoiros infantís e animación

musical a cargo dos Daniñas, que se encargará de acompañar a xente desde o centro da cidade ata o parque, e pola Agrupación AOFT Gomes Mouro. Outros magostos O técnico de Cultura, Álex Hermida, lembrou que para solicitar permisos para facer magostos populares dentro dos límites do Concello de Ourense, haberá que dirixirse á Concellería de Comercio. Se o lugar elixido para a celebración do magosto é o parque de Montealegre, a solicitude deberá dirixirse á concellería de Medio Ambiente.

Belén Iglesias (concelleira) e Álex Hermida (técnico) na presentación do magosto do Concello. /RAMSÉS.


PROVINCIA

Barrios 8 de novembro 2018

A residencia de tempo libre do Carballiño acolle, entre outros o programa “Xuntos polo Nadal”.

O investimento da Xunta en política social na provincia supera os 100 millóns de euros

4 O orzamento para 2019 intensifica o alcance dos programas dirixidos ao coidado e atención das persoas maiores na súa contorna. Redacción O investimento da Xunta de Galicia en política social na provincia sobe un 3% ata superar os 100 millóns de euros. A Xunta de Galicia reforza, deste xeito, o seu compromiso coa provincia de Ourense con novos recursos dirixidos a garantir o benestar e calidade de vida dos seus habitantes, en especial das persoas maiores. O incremento desa porcentaxe nos orzamentos da Consellería de Política Social para o vindeiro ano fará que se chegue aos 108,6 millóns de euros. Iste aumento supón un maior esforzo económico que permitirá impulsar, entre outros programas e equipamentos, unha nova residencia pública de maiores. No que atinxe a este ámbito de maiores a prioridade do Goberno galego céntrase en intensificar o alcance de programas para

o coidado e atención destas persoas na súa contorna. E así responder a unha preferencia que é maioritaria entre elas. Trátase de poñer ao seu alcance os servizos suficientes para que non teñan que deixar os seus domicilios contra a súa vontade e poidan seguir vivindo nos mesmos cos coidados que demandan. Con esta finalidade, en 2019 a Xunta volve aumentar o investimento en prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou a Teleasistencia avanzada. O SAF sube un 9% e chegará aos 12,2 millóns de euros no conxunto da provincia, o que permitirá aumentar en máis de 1.000 o número de novos dependentes beneficiarios deste recurso asistencial ata situarse nos 3.500. En canto á Teleasistencia a subida na partida económica é dun 28% facendo posible que 800 persoas maiores que viven soas re-

A Xunta volve aumentar, en 2019, o investimento en prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar (9%) ou a Teleasistencia avanzada (28%)

ciban nos seus domicilios o coidado que precisan con só premer un botón. Con estas medidas o Executivo autonómico segue en Ourense a mesma liña que no resto do territorio, co obxectivo de consolidar Galicia como a comunidade de referencia no Estado no que se refire á atención profesional a domicilio. Así mesmo, as contas de 2019 estenden a oferta residencial e destinan 17,5 millóns de euros ás máis de 1.800 prazas financiadas con recursos públicos en centros de maiores que hoxe están a disposición das familias na provincia. Ao longo do vindeiro exercicio crearanse un centenar de novas prazas, entre elas as prazas de día previstas no centro interxeracional de Ourense. Contémplase ademais a proposta de construír unha nova residencia de maiores con capacidade para 120 persoas que dará servizo á cidade das Burgas e á súa contorna. Novas casas do maior Por outra banda, nos vindeiros meses comezará a funcionar unha nova alternativa residencial, dirixida

ás persoas que viven nos concellos máis rurais da provincia e que desexan envellecer preto das súas parroquias. Son as Casas do Maior, que constitúen unha nova aposta da Xunta polos servizos de proximidade e por achegalos a aqueles lugares que non dispuñan de recursos de atención para a poboación de maior idade. Cada Casa do Maior atenderá a un máximo de cinco persoas, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade, dado que se esixirá formación ou experiencia profesional específica. Nestes recursos procurarase un ambiente e trato familiar no que se dea resposta ás necesidades das persoas usuarias. Así, a atención prestada comprenderá a manutención, hixiene, o desenvolvemento de actividades de lecer e cognitivas e prestarase, nun máximo de oito horas de luns a venres durante todo o ano, agás festivos e vacacións. As axudas da Xunta para a posta en marcha destes novos recursos cubrirán ata o 100% dos gastos de investimento e un máximo

de 15.000 euros por cada casa. Así, financiarase a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir como casa do maior, o seu equipamento e a dotación de material. Tamén se subvencionará a prestación da atención individualizada dos usuarios, que consistirá nunha prima de 19.600 euros ao ano. Cómpre indicar que ademais de incrementar a cobertura e a calidade da atención aos maiores, esta iniciativa favorece a dinamización económica e social das zonas rurais e tamén poden contribuír a fixar poboación nas mesmas. Incremento nas contías Nesta mesma liña, nos orzamentos de 2019 inclúense os fondos necesarios para comezar a incrementar un 10% as axudas para coidados na contorna familiar e un 15% as dirixidas a contratar un asistente persoal. Así mesmo, un dos esforzos máis importantes que fará a Xunta en materia de dependencia o vindeiro ano é a ampliación do Bono Autonomía en Residencia. Esta axuda directa che-

gará ao 100% das persoas en situación de dependencia que estean agardando por un recurso residencial e, ademais, incrementará de xeito importante a súa contía, entre un 20 e un 75% en función do grao de dependencia. En concreto, a subida será dun 20% para as dependencias de grao 1 e grao 3, e ata un 75% para as dependencias de grao 2. En definitiva, con esta batería de investimentos, a Xunta o que pretende é seguir mellorando a atención ás persoas maiores, en especial a aquelas que teñen a súa autonomía reducida e viven soas. A meta fixada para antes de que remate este ano é acadar os 60.000 dependentes con prestación, cumprindo así en só dous anos un obxectivo que inicialmente se propuxo para toda a lexislatura.

Nos vindeiros meses comezará a funcionar unha nova alternativa residencial, as Casas do Maior


10

Barrios 8 de novembro 2018

PROVINCIA

EN BREVE

A Deputación leva o seu orzamento ao Parlamento

4 Barcelona O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuninuse en Madrid co seu homólogo da Deputación de Barcelona, Marc Castells, con quen analizou os principais retos aos que se enfrontan os gobernos provinciais: despoboamento rural, emprego, financiamento e servizos.

4 Autismo Manuel Baltar, asinou con Xosé Manuel Martínez, presidente da asociación “Por eles TEA Ourense” de apoio a nenos con autismo e ás súas familias, un convenio de colaboración para a cesión gratuíta de material mobiliario e deportivo para a dita asociación.

4 Rodolfo Prada O Museo do Tren dos Peares foi o escenario hoxe da homenaxe ao galeguista ourensán Rodolfo Prada, no 38º aniversario do seu pasamento, un acto no que o presidente da Deputación de Ourense definiu a Prada como “fundamental na historia contemporánea de Galicia, polo seu labor no asociacionismo migratorio, a reivindicación dunha Galicia democrática e autónoma, e o seu activismo cultural”. No acto participou tamén a neta do intelectual ourensán, María Elena Prada, e descubriuse unha escultura de Buciños

Manuel Baltar dirixíndose aos asistentes do debate sobre o estado da provincia./ M.R.

Debate sobre o estado da provincia 4 O presidente presentou no pleno 10 medidas e aprobáronse 22 propostas de resolución. Redacción 32 medidas para seguir dinamizando Ourense. Esa é a conclusión do debate sobre o estado da provincia, celebrado o pasado martes 6 de novembro no Pazo Provincial, un plenario no que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou “a xestión económica e de servizo a Ourense” realizada pola Deputación, remarcando como fitos fundamentais “nunha provincia que está mellor que en 2015”, “a previsibilidade, como primeira administración pública en aprobar os orzamentos, a transparencia e cooperación cos concellos”, afirmou. Tamén se referiu ás políticas de emprendemen-

to, defendendo a creación en Ourense do primeiro Campus de Formación Profesional de Galicia, “un proxecto que marcaría un antes e un despois no desenvolvemento formativo e económico de Ourense”. Baltar considera que este proxecto formativo permitiría crear unha rede de centros de formación profesional que estaría integrada polos que imparten ciclos na provincia de Ourense, así como itinerarios formativos de FP Dual, en colaboración coas empresas. “Sería un éxito para Ourense e para Galicia sinalou-, pois o Campus de Formación Profesional marcaría un antes e un despois no desenvolvemento formativo e económico, xa que este proxecto complementaríase con ini-

ciativas como “Provincia Termal”, “Provincia Intelixente”, “Ourense Destino Turístico Intelixente”, a xestión de servizos aos concellos ou aposta polos servizos sociais, políticas medioambientais ou actividades culturais, accións que definen unha institución con experiencia e capacidade económica e técnica para asumir con solvencia o reto de calquera proxecto”, expresou Manuel Baltar. O presidente do goberno provincial presentou neste debate sobre o estado da provincia, “inédito en Galicia e pioneiro en España”, un total de 10 novas medidas, a título persoal, como xa fixera nos anteriores debates do estado da provincia.

4 Defende un crecemento equitativo entre ámbito rural e urbano. Redacción O presidente da Deputación de Ourense informou das contas da institución provincial para o vindeiro exercicio -as primeiras aprobadas por unha administración pública para 2019-: “82,7 millóns cunha visión integral do territorio e un marcado acento social, priorizando emprego, mocidade, obras e servizos para os 92 concellos da provincia”, afirmou Manuel Baltar. “En 2019 a Deputación de Ourense acadará a “débeda cero” e un ano máis financiaremos integramente o Plan de Obras para os concellos”, dixo, citando a relevancia que

supoñen “as políticas que desenvolvemos en materia contra incendios, emerxencias, medio ambiente, turismo e termalismo, ademais das axudas á natalidade e na loita contra o despoboamento”. Pide “maior protagonismo económico para as provincias”, sen rebaixas na Política Agraria Común, nas axudas directas a agricultores, nin nas achegas do FEADER comunitario, sinalando o marco de financiamento 2021-2027 da UE como “clave para reivindicar a xestión directa dos fondos europeos, o que favorecería o desenvolvemento de proxectos, sinaladamente, contra o despoboamento rural e en favor do fomento do emprego”.

Momento da intervención de Baltar no Parlamento.


CELANOVA E COMARCA

Barrios 8 de novembro 2018

Acamfe pasou por Celanova 4 Na segunda xornada do XXV encontro. Redacción Firma do convenio entre CHMS e a fundación.

A CHMS axuda nas excavacións de Aquis Querquennis 4 Con 40.000 euros. Redacción AConfederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) outorga unha subvención de 40.000 euros á Fundación Aquae Querquennae - Vía Nova. Con esta axuda contribuirase ás excavacións no complexo arqueolóxico Aquis Querquennis ubicado en Porto Quintela, Bande, e terá

validez para a campaña 2018. O obxecto é regular o otorgamento desta axuda coa execución dun proxecto, aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Firmaron o convenio o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga Díaz, e o presidente da Fundación, Luís Fernando Quiroga Piñeyro.

A vila de Celanova e a historia dos seus escritores serviu de escenario para a segunda xornada da XXV edición do encontro da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores de España (Acamfe) Ademais de visitar o patrimonio histórico da vila, os representantes das fundacións literarias tiveron oportunidade de coñecer as iniciativas nas que actualmente traballa a Fundación Curros Enríquez. Dentro delas, salienta a creación dun videoxogo que toma como base a novela “Arnoia, Arnoia”, do patrón da Casa dos Poetas Xosé Luís Méndez Ferrín. O profesor de Telecomunicacións da Universidade de Vigo Martín López, a

responsable da empresa de software Imaxin, Luz Castro, e o secretario da Fundación, Antonio Piñeiro, explicaron a evolución e estado actual do proxecto, que durante a próxima primavera está previsto que dea a coñecer as súas primeiras imaxes. “Hai historias máis facilmente transportables a videoxogos e, neste caso, Ferrín xa nos deu o traballo feito”, segundo explicou Castro en referencia á na-

rrativa do autor celanovés ambientada en espazos imaxinarios coas Terras de Celanova como trasfondo. Para rematar, os membros das máis de 20 fundacións visitaron diferentes puntos da vila para comprender os espazos que inspiraron a obra de autores como Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

11

EN BREVE

4 Orzamento O Concello de Celanova vén de aprobar o orzamento de 2019. Cos votos a favor de Partido Popular e en contra dos de PSOE e BNG. A contía ascende a 3.973.000 euros.

4 Bande O DOG publicou o Decreto polo que se transfire ó Concello de Bande os treitos que percorren a vila e que se corresponde coas estradas OU-441, rúa San Roque, e OU301, rúa Mestre Taibo.

4Xornadas

Membros de Acamfe na súa visita a Celanova.

O director xeral de Emerxencias, Luis Menor e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz asistiron á inauguración das III Xornadas de Convivencia de agrupacións de Protección Civil de Ourense nas que participaron preto de 350 voluntarios que teñen lugar en Celanova


12

Barrios 8 de novembro 2018

EN BREVE 4 Centro de saúde A Xunta de Galicia vén de adxudicar o as obras de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz, que suporán un investimento de 557.305,45 euros cun prazo máximo de execución de nove meses. Estará situado no lugar de Toxeiras, a uns metros do actual consultorio.

4 Homenaxe O Concello de Maceda recoñeceu a Emilio Aguete (veciño de Maceda), quen o 13 de setembro de 2018 socorreu a unha persoa aplicándolle os primeros auxilios.

4 Ruta circular Os socialistas de Allariz presentan unha moción para a creación dunha ruta circular polo río Arnoia que iría desde o Briñal ate o vano da autovía Rías Baixas. Por iso, pedirán ao pleno que realice as xestións pertinentes diante da Confederación Hidrográfica Miño – Sil

4 A.N.D.R.E.A. A a s o c i a c i ó n A.N.D.R.E.A. organizou durante o pasado mes un programa de Estimulación Multifuncional asistidos con animais. Nenos, novos e adultos da provincia de Ourense, sobre todo das zonas rurais, participaron neste programa, que conta co apoio da Deputación.

4 “Vilas en Flor” Allariz foi denominada, xunto a Chantada, a vila máis bonita de Galicia. Iso foi o que determinou o xurado do certame paixasístico “Vilas en Flor”. A vila ourensá conta cunha media de 50 m2 de zonas verdes por habitante. Para a alcaldesa, Cristina Cid, “este é un recoñecemento ao traballo que se ten feito”.

ALLARIZ E COMARCA

Sexoloxía para a igualdade en Allariz 4 Concello e Incisex firman un convenio. Redacción Incisex (Instituto de Ciencias Sexolóxicas) e o Concello de Allariz firmaron un convenio coa finalidade de formar aos traballadores e traballadoras municipais de cara á igualdade. Ana Cardoso, técnica de Igualdade, afirmaba que o obxectivo é o de “coñecer unha serie de contidos sobre o feito sexual humano traballando a través dunha disciplina que estuda aos homes e as mulleres para ofrecer outras maneiras de entender ao outro e estando nunha actitude comprensiva que aporte unha mellora na convivencia”. Ademais do asesoramento técnico e forma-

tivo crearase unha escola de verán na que segundo a concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa buscarase o coñecemento “dun mesmo” para “coñecer aos demais”. Doulas Sororas A área de Igualdade pon en marcha a segunda escola formativa para as Doulas Sororas, un proxecto, iniciado o pasado ano, que

Sonia Paz, Maribel Poisa, Ana Pérez Cardoso e Uxía Fernández na presentación do convenio.

4 Foron os atendidos na Oficina de Información Turística durante a tempada alta. Máis de 25.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística en Allariz durante a tempada alta de verán -dende abril ata a ponte de outubro-. En total foron 25.306 os visitantes atendidos na instalación municipal. “Seguindo as estatísticas de que só un 15-20% dos visitantes entran nas oficinas de turismo, o resultado de visitas a Alla-

A delegada da Xunta supervisando as obras realizadas por Medio Ambiente en Maceda.

Maceda arranxa catro rúas 4 Medio Ambiente fixo un investimento de 110.000 euros. Redacción

25.000 turistas visitaron Allariz

Redacción

ten por finalidade o aporte de formación a mulleres de catro zonas rurais para saber actuar en caso de coñecemento dalgún caso cercano de violencia de xénero. Os mozos e mozas de Allariz tamén terán a oportunidade de formarse coa Instituto de Ciencias Sexolóxicas en comunicación, prevención ou traballo corporal, entre outras disciplinas. E as Xornadas do 25 de novembro realizaranse, ademais das actividades coa poboación, unha intervención para profesionais coa idea de aportar nocións que axuden ao mellor entendementos entre homes e mulleres.

riz durante o 2018 sería moito maior” explicaba a alcaldesa e concelleira de turismo, Cristina Cid. Dende a oficina turística explicaban que “a primeira quincena do mes de xullo, empezou tranquila pero a partir desa data o número de visitantes medraba atraídos polo Festival Internacional de Xardíns, a visita ao casco histórico coas tendas outlets e museos e tamén coa programación cultural e lúdica de verán”. O

técnico municipal destacaba o aumento de visitantes con respecto ao ano anterior “no mes de xullo do 2018 aumentou a entrada de visitantes en máis de 590 persoas respecto do mesmo mes do ano 2017, e as do mes de agosto en máis de 238 respecto das do mesmo mes do 2017”.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de rematar as obras de acondicionamento das rúas da Pena, Cruz, Perigo e travesía do Buratiño, no concello de Maceda. Os traballos foron realizados ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a consellería e concello por un importe de máis

Maceda homenaxea ás mulleres Redacción “Neste lugar mantiveron emocionados parladoiros as abnegadas mulleres traballadoras que souberon transmitir as verdades silenciadas e a nosa tradición oral en

Allariz.

de 111.000 euros. As obras -que foron vistadas pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira acompañada polo alcalde, Rubén Quintas- executadas consistiron na mellora da pavimentación das catro rúas, amais da recollida das augas pluviais nunha delas, concretamente na rúa da Pena, xa que ata agora as baixantes das vivendas vertían directamente á rúa.

lingua galega”. Este texto, gravado nunha placa de pedra, recorda ás mulleres das aldeas de Maceda no Paseo Fluvial da Barxe. O descubrimento da placa foi a acto central dunha homenaxe impulsada por Francisco Nóvoa, presidente da Asociación de Amigos do Castelo Setestrelo. O acto reuniu a un bo número de veciños.

Acto de homenaxe ás mulleres de Maceda.


DEPORTES

O Vilamarín proclámase campión galego 4 Da Liga Sur-Este 2018. Redacción A Federación de hípica galega organizou xunto ao Club hípico Falabella de Monforte a sexta, e última, xornada da Liga Interclubes Sur-Este de doma clásica disputada o pasado 28 de outubro. O Club Hípico Vilamarín foi o dominador absoluto (venceu en categoría 1 e 2) facéndose co título por diante de Coles e Allariz, segundo e terceiro, respectivamente. Un ano incrible para un club que logrou tanto liga como Copa Deputación.

Podios Nesta xornada final, Tiziana Domínguez (primeira), Idoia Camiruaga (segunda) e Laura Atrio (terceira) conformaron o podio en promoción 1. Blanca Babarro foi a primeira en promoción 2, seguida de Francisco Javier Carrera e Jimena Vasalo. En promoción 3, Uxía Simón, Laura Marquina e Laura Bermúdez lograron as tres primeira posicións. Finalmente en AP Preliminar, Ángela Medina subiu ao máis alto; tras ela, Martína Fernández e Amanda Paradela.

A UD Ourense continúa invicta 4 O Ourense CF goleou a Ribadumia. R.T. Á espera de que este domingo recibe ao Bergantiños (ás 12.00 h) no Couto ante as cámaras da TVG2 a Unión Deportiva Ourense continúa invicta tras 11 xornadas disputadas. Certo é que nas tres últimas xornadas acadou tres empates, como tamén é certo que os rivais eran dos máis perigosos da competición (Compostela, Arousa e Rácing de Ferrol). Continúan este tramo complicado coa visita do líder na 12ª xornada. En canto aos outros conxuntos ourensáns, o Ourense CF parece remontar o voo e goleou

ao Ribadumia por 5 a 0 para saír da zona de perigo. O Arenteiro logrou o empate fronte o Alondras (1-1) para ser oitavo. E o Barco rematou a racha que o levara a sumar seis vitorias consecutivas; fronte o Compos perdeu por 1-0 pero mantense en postos de promoción. O domingo pola tarde Barco e Arenteiro reciben

4 Na sétima xornada.

Integrantes do Club Hípico Vilamarín na última xornada de Liga galega disputada en Monforte de Lemos.

Despois de perder no Pazo diante do Lleida, os homes de Gonzalo García de Vitoria traslá-

a Arousa e Silva, respectivamente e o Ourense CF visita ao Somozas. Preferente O Antela logrou a primeira e ansiada vitoria. Foi diante do Valadares cun gol de Carlos de penalti (1-0). O Barbadás logrou un empate (2-2) no campo do Pontellas e Velle e Bande lograron sendas vitorias ante Cultural Areas (4-3) e O Grove (02), respectivamente. Para esta xornada chega o derbi ourensán entre Bande e Antela. Ademais, o Barbadás recibe ao Atios e o Velle visita ao Valadares.

Arce perseguindo a un rival. /YEDRA SEARA.

O COB visita ao Huesca Redacción

Barrios 8 de novembro 2018

danse ata Huesca para enfrontarse ao cuarto clasificado. Con catro vitorias e dúas derrotas os oscenses están a unha vitoria dos tres líderes. Pola súa

banda, o COB suma tres vitorias e outras tantas derrotas. En Huesca tentarán regresar á senda da vitoria despois de caer derrotado a pasada xornada diante de Lleida no Pazo. Nese partido, tras un inicio esperanzador (puxéronse 20-9) foron diluíndose e finalmente caeron derrotados por 62 a 70, cunha notable, e preocupante, falta

13

Fútbol sala Redacción A pasada fin de semana disputouse o derbi ourensán na Segunda división B entre Pizarras Los Tres Cuñado e Sala Ourense. O partido tivo os ingredentes dun derbi (goles, intensidade, emoción,...). Os capitalinos lograron poñerse por diante antes de que se cumprira o primeiro minuto. Porén, os locais déronlle a volta ao marcador con dous goles (2-1) que foron anulados polo segundo dos visitantes (2-2). A falta dun minuto os valdeorreses lograban o tanto que lles reportaba a vitoria e os mantiña no liderato. Feminino O Ourense Envialia venceu por 5-2 ao Femisport Palau e colócase sexto. Esta semana visita ao Viaxes Amarelle. En 2ª o Cidade recibe a Rodiles e o filial do Envialia visita a Ferrol. de acerto no tiro exterior (18% de acerto). A este lastre engádese a falta de acerto desde o tiro libre, o que condiciona o bo facer noutras facetas do xogo como é a defensa. Este venres, en Huesca, primeira oportunidade de darlle a volta a esta dinámica negativa. Ott, Muratovic, Masters, Rodríguez, e compañía teñen a palabra.


14

Barrios 8 de novembro 2018

4AXENDA Exposicións - Ata o 9 de decembro - Exposición do pintor Xesús Vázquez “Hinterland” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 9 de decembroAntoloxía fotográfica de Tomás Vega- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 8 de novembro - “Fillos do Sol” - 20.30 h. Auditorio Municipal de Ourense - 9 de novembro - Teatro infantil “Onde está o vento?” - 18 e 19 h. Auditorio Municipal de Ourense - 11 de novembro Teatro infantil “Outono” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 15 de novembro - Danza “In Between” 20.30h. - Auditorio Municipal de Ourense

AXENDA / ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Puro teatro En non poucas ocasións, ao entrar ao establecemento que Zara ten na rúa do Paseo de Ourense, o meu cerebro de saldo trasládame a 1983. Recordo que, tras a proxección de “E.T ,el extraterrestre”, a sala do “Teatro Losada”, proferiu un sonoro e emocionado aplauso que durou o tempo que trancorre entre relampo e trono á véspera da tormenta. O cinema tiña un aquel sedutor que os castos ollos dun rapaz tornaban en

máxico. Antoine-Laurent Lavoisier, pai da Química moderna, demostraba, alá por 1785, que a materia non se crea nin se destrúe, transfórmase. Saio das “Galerías Centrales” e, dirixindo a mirada cara ao desmantelado teatro que morreu con corpo de cine, acórdome de Lavoisier e maldígoo en silencio. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Música - 10 de novembroConcerto “Ron Carter: Ciclo Galicia Importa”22 h.-Teatro Principal -16 de novembro- Concerto blues “Rob Tognoni Band”-21 h.-Teatro Principal - 16 de novembroConcerto blues “LLuís Coloma Band”-22.40 h.Teatro Principal Deportes - 10 de novembro VII Copa Deputación de Kung Fu - 17 h. - Pazo Paco Paz -11 de novembro - UD Ourense - Bergantiños CF - Terceira División - 12 h. - O Couto -11 de novembro - CD Arenteiro - Silva SD Terceira División - O Espiñedo -16 de novembro - Río Ourense Termal - Leyma Coruña - LEB Ouro- 21 h. - Pazo Paco Paz - 18 de novembro -LXII Carreira do San Martiño - 11 h. - Pavillón dos Remedios Outros - 13 de novembro - Contiños con Susana18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - Do 15 ao 17 de novembro - II Feira Sportour - Expourense www.periodicobarrios.com

O jazz de Ron Carter chega ao Teatro Principal 4 A actuación terá lugar este sábado. Redacción Ourense acollerá o concerto dunha das figuras lexendarias do mundo do jazz. Este sábado, 10 de novembro, a partir das 22 horas no Teatro Principal actuará o mítico Ron Carter co seu espctáculo “Foursight Quarter”. O artista estadounidense (Míchigan, 1937) é unha das máximas figuras deste estilo musical no mun-

do e chegará á nosa cidade dentro do marco do ciclo “Galicia Importa”, evento, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense. Na presentación do concerto, o presidente do ente provincial, Manuel Baltar destacou que Ourense “terá a oportunidade de ver en directo a unha das lendas do jazz con maiúsculas”. Baltar resaltou que Carter “posúe o récord Guinness como o baixista de jazz con

máis gravacións realizadas, e aínda hoxe, aos seus 81 anos, percorre os escenarios do mundo para goce dos amantes do jazz”. O músico colaborou, entre outros, con Chet Baker, Thelonious Monk, Herbie Hancock, Wayne Shorter ou Chick Corea. As entradas para o concerto están á venda en ataquilla.com ao prezo de 10 euros máis gastos de xestión.

Baltar, no centro, presentando a actuación de Ron Carter no Principal.

Cine Losada. Anos 70 do pasado século.

4HUMOR


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 8 de novembro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº75 - Ano: XI - 8 de novembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

EN BREVE 4 Exposición Miguel Auria Miguel Auria (Ourense, 1985) estudou Fotografía Artística na Escola de Arte Antonio Faílde e participou en formacións con recoñecidos artistas como Manuel Outumuro ou Joan Fontcuberta. As fotografías de «Nihil» captan o contraste entre o efémero e o eterno, tratando de encerrar nunha imaxe instantes fugaces que pasan a ser imperecedeiros A exposición inaugúrase o luns 5 de novembro e poderá visitarse ata o 19 de decembro no espazo de arte Roberto Verino, na rúa Paseo 21 de Ourense.

4 Sergio Dalma Vendido o 58% do aforo para o concerto de Sergio Dalma en Ourense na primera semana á venda. Sergio Dalma pechará o seu exitoso “Tour Vía Dalma III”, un espectáculo cheo de nostalxia e emocións facendo un percorrido polos clásicos italianos e novos temas, no Auditorio Municipal de Ourense o próximo venres 14 de decembro ás 20.30 h. Unha xira que non deixa indiferente ao seu público fiel que o segue dende o inicio da súa carreira e que encheu todolos espazos, acadando que esta xira sexa todo un éxito.

160 músicos darán vida a Queen 4 Nun concerto gratuíto no Auditorio Municipal o 10 de novembro. Redacción O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o sábado, 10 de novembro, o espectáculo “The Queen Symphony”. Trátase dun concerto gratuíto a cargo da Banda Artística de Merza (provincia de Pontevedra) e do Coro Gli Appassionati (Vigo), que ofrecerán un repaso en versión orquestral polos mellores temas da mítica banda británica liderada por Freddie Mercury. Máis de 160 persoas daranse cita sobre o escenario, nunha colaboración única entre a coral (70 persoas) e a banda sinfónica (80 instrumentistas), que con este concerto quixo conmemorar os 190 anos de vida da orquestra nunha localidade que non chega aos 400 habitantes. Fundada no ano 1828, é a agrupación popular máis antiga de Galicia . Ourense acollerá a interpretación que ambas agrupacións musicais farán da peza composta polo compositor e director de orquestra londi-

nense, Tolga Kashif. Até este momento a banda só interpretou este espectáculo en dous concertos, os pasados 27 e 28 de xullo, na Cidade da Cultura e en Vigo, respectivamente. O espectáculo “The Queen Symphony” é unha obra que integra orquestra e coro que Tolga Kashif realizou no ano 2001 por encargo do mítico selo EMI Classics, que lle encargara compoñer unha peza sinfónica baseada na música de Queen. A súa estrea mundial tivo lugar no Royal Festival Hal, en 2002, e contou coa presenza dos membros de Queen Brian May e Roger Taylor, así como da nai de Freddie Mercury, Jer Bulsara. O concerto que ofrecerán a Banda Artística de Merza e o Coro Gli Appassionati comezará cos arranxos realizados entorno aos temas “Radio Gaga”, “Show must go on”, “One world, one vision” e “I was born to love you”.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Particular imparte clases particulares a domicilio en Ourense - capital. Matemáticas e Estatística (todos os niveis). Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto: whatsapp: 610.38.25.89 (enviar mensaxe); email: clasesadomicilio2014@ hotmail.com. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.

Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81.

Alúgase praza de garaxe en Portonovo (Pontevedra). 55 euros. Tlf.: 636 32 95 24

INMOBILIARIA

VENDAS

Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.000-1.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros).

Véndese maquinas recreativas (modelos vellos), maquinas de dardos, maquinas expendedoras de tabaco, billares, futbolines, etc. Máis info e fotos no Tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo máquina de facer exercicio (elíptica). Prezo 350 euros negociables. Tel. 674 317 302. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.


Barrios 8 de novembro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook