Entrevista a Lois Babarro, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios [Páx. 9]
CIDADE
Páx.4 EMPRESA
O corporación municipal aproba unha segunda rebaixa do IBI do 10%
Páx.7
CARBALLIÑO
Expourense acolle o Salón do Vehículo de Ocasión do 26 ao 28 de outubro
Pax. 10
Aberto o prazo, ata o 13 de novembro, de solicitude de axudas do espazo coworking
DEPORTES
Pax.12 DEPORTES
A Carballeira despide o “Correndo por Ourense” e saúda á San Martiño
Páx. 14
Gran experiencia para Aarón Blanco e Ngagne Faye no mundial de shuaijiao de China
Beatriz Rodríguez, psicóloga de AECC Ourense
[Páx. 3]
1.223 millóns para Ourense
Marcos Pardo publica “Luz, un camino truncado” [Páx. 2]
[Páx. 6]
Os orzamentos de 2019 da Xunta inclúen 1.223 millóns para Ourense. // A AECC Ourense celebra o seu 25 aniversario. // O escritor Marcos Pardo achéganos ao seu primeiro libro.
Número: 74 - Ano: XI - 26 de outubro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 26 de outubro 2018
TEMA DA SEMANA
Ourense recibirá 1.223 millóns dos orzamentos da Xunta de 2019 4 A conexión do polígono de San Cibrao coa A-52, a reforma do CHUO e a intermodal, entre os proxectos financiados. Redacción Cos orzamentos da Xunta para 2019 en tramitación parlamentaria, xa coñecemos a parte que lle corresponderá á provincia de Ourense. En total recibiremos 1.223 millóns das contas autonómicas, 75 máis que en 2018. Con 3.928 euros de inversión por habitante, «xunto con Lugo, somos a provincia onde o gasto é máis alto», sinalou a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, quen lembrou así que o Goberno de Feijoo aposta polo «reequilibrio territorial». Do total, 104 millóns destinaranse a inversión. No tocante a infraestruturas, 51 millóns serán empregados para continuar coas obras de enlace do polígono de San Cibrao coa A-52 (comezadas este pasado mes de xuño), así como outros 6,4 para a futura estación intermodal (3 para a terminal de autobuses e 3,4 para o aparcadoiro). Pola súa banda, máis de 5 millóns achegará a Xunta para o Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que inclúe a reforma do edificio Cristal. Así mesmo, engádese medio millón para a mellora dos hospitais comarcais da provincia e fondos para os centros de saúde de Pereiro de Aguiar e Paderne de
Jesús Vázquez destacou que a Xunta apoia proxectos “clave en materia social e infraestruturas” para Ourense
En xuño presentouse a conexión do Polígono de San Cibrao coa A-52. /ARQUIVO. Allariz. Tamén o novidoso ecobarrio da Ponte ten o seu oco nas contas do vindeiro ano, cunha achega autonómica de 2,5 millóns; así como o impulso do plan de regadío da Limia con 4,3 millóns de euros; e un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ao que se adicarán 125.000 euros, para a restauración das zonas degradadas pola industria extractiva en Valdeorras. A isto hai que sumar, entre outros, máis dun millón para a reforma do centro de recursos zooxenéticos do Pazo de Fontefiz (Coles), 300.000 euros para a promoción do parque natural do Xurés e 500.000 para a xestión de emerxencias transfronteirizas. Jesús Vázquez O candidato popular á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, remarcou a positiva resposta do Goberno de Alberto Núñez Feijoó
coa cidade ao recoller nos orzamentos de 2019 da Xunta “proxectos clave en materia social e de infraestruturas”. Para Vázquez, as actuacións programadas “supoñen un compromiso no tempo posto que estamos a falar de proxectos de envergadura”. O rexedor ourensán puxo o acento en proxectos como o Centro de Atención a Persoas Discapacitadas, “o exemplo de que escoitamos aos país e lles imos ofrecer as mellores instalacións asistenciais para os seus fillos”; o plan Como na Casa “que resposta á necesidade de incrementar os servizos de atención a maiores”; ou o programa Rexurbe, “co que se avanza na rehabilitación do casco histórico”. A mellora da estrada de Seixalbo, “outra demanda veciñal”, ou a segunda fase da posta en valor da Ponte Romana, “nunha clara aposta por un dos
símbolos da cidade”, tamén os remarcou. O candidato popular á alcaldía recolleu, así mesmo, as palabras do presidente do PP provincial, Manuel Baltar, nas que afirmaba que os orzamentos de 2019 apoiaban todas as cuestión de interese que preparan á provincia para recibir a alta velocidade. “A chegada do AVE é unha oportunidade histórica e todos os ourensáns poden ver que estamos firmemente comprometidos con ese momento”. Tampouco esqueceu o ámbito turístico. “Unha das máis firmes apostas da Xunta é o Xacobeo 2021 e aí tamén imos estar nós”, dixo, lembrando o novo albergue de peregrinos no entorno das Burgas a punto de inaugurarse, ou os máis de 1,3 millóns de euros destinados á mellora da sinalización do Camiño de Santiago na Gudiña, Cea, Laza ou Vilar de Barrio.
4 En Marea critica os orzamentos Pola súa banda, En Marea calificou como “escaso” o investimento que a Xunta destinará a Ourense. A deputada Ánxeles Cuña denunciou, xunto ao voceiro de Ourense en Común, Martiño Vázquez, a nula atención que os orzamentos do Goberno de Feijóo prestan “ás necesidades dunha provincia caracterizada polo dispersión xeográfica e o elevado grao de avellentamento da súa poboación”. E insta á administración autonómica a optar por unha discriminación positiva que permita reverter a discriminación á que ven sendo sometida a nosa provincia. “Tendo en conta o enorme impacto social que tivo a crise nas clases máis desfavorecidas, toda a poboación en risco de exclusión ou en situación de pobreza enerxética, así como a enorme cantidad xente que chega con dificultades a fin de mes; parece evidente que os orzamentos deberan priorizar estas cuestións, pero non é así”, lamenta a deputada de En Marea, que lembra que “o 70% da poboación de Ourense vive no 17,6% do territorio. O que supón que o outro 30% se atopa disperso. Sen embargo, a Xunta non resolve problemas de transporte ou servizos básicos para atender esa realidade e contribuír a
fixar poboación”. Para Cuña “Ourense continúa sendo a última da fila”, pois é a que menos recibe tanto das distintas consellerías como das axencias dependentes delas. Ademais, destaca como “incomprensible” que o PP non teña en conta que se trata “da provincia na que temos as pensións máis baixas do estado, os salarios máis baixos e as mulleres máis castigadas debido á tremenda fenda de xénero existente. Temos altísimos niveis de dependencia e pouquísimas coberturas”, lamenta que a pesar de todo isto Ourense sexa a terceira provincia no que respecta ao gasto provisto en Política Social. Así mesmo, sinala como outro exemplo da discriminación, a escasa porcentaxe de investimento que recibirá a Intermodal ourensá: “unicamente 3 millóns de euros, dos 26,16 contemplados para a creación destas infraestruturas na comunidade”.
Reclámanlle á Xunta que non se preocupe dos problemas de dispersión xeográfica e avellentamento da poboación
Martiño X. Vázquez e Ánxeles Cuña.
ENTREVISTA
Barrios 26 de outubro 2018
ENTREVISA A BEATRIZ RODRÍGUEZ, PSICÓLOGA DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO EN OURENSE
“Houbo unha gran mellora na supervivencia e na calidade de vida dos pacientes” 4 A AECC Ourense cumple este outubro 25 anos. R.T. A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense está de aniversario. Neste mes de outubro cumpre 25 anos ao carón de enfermos e familiares. 25 anos de apoio, información, asesoramento e, como non, de agarimo. Falamos coa psicóloga Beatriz Rodríguez, que suma 19 anos de experiencia nesta asociación. Cales foron as actividades programadas polos 25 anos da AECC Ourense? Beatriz Rodríguez: “Diversas campañas e actividades de obtención de recursos que se fan todos os anos pero nesta ocasión celebrando o 25 aniversario: como as campañas de prevención, a Cea Baile, o Café encontro e a cuestación, entre outras. E como novidade organizamos visitas á institución de organismos, personalidades, pacientes e familias, entidades, etc. para asinar nun libro conmemorativo e a cápsula do tempo”. En que consiste a cápsula do tempo? B.R.: “Cada persoa que acode a visitar a AECC con motivo do 25 aniversario
Que suporía que as administracións axudarán algo máis á AECC (a nivel nacional)? B.R.: “Precisamos máis fondos para investigación, básica para a loita; para avanzar na prevención, nos diagnósticos e nos tratamentos. E tamén é importante axudar a persoas diagnosticadas e familias que nun momento dado poidan precisar de atencións a nivel psicosocial”.
deixa un obxecto que teña un significado importante para ela. A cápsula permanecerá pechada 25 anos; ata o 50 aniversario da AECC Ourense. Pola cápsula do tempo pasaron representantes públicos, persoas relacionadas coa cultura, o deporte ou a literatura, e persoas anónimas vencelladas dalgún xeito coa asociación”. Como cambiou a sociedade con respecto ao cancro nestes 25 anos? B.R.: “Cada vez os pacientes demandan un papel máis activo á hora de afrontar o seu proceso, antes era simplemente poñerse en mans do médico, agora trabállanse máis os procesos de información e as tomas de decisións”. Consideras que segue sendo tabú falar del? B.R.: “O cancro é, desde hai moito, a enfermidade tabú, cando alguén di que ten “algo malo”, todos sabemos de qué está a falar. Durante moito tempo non se informaba ao paciente nin tan sequera do seu diagnóstico, asumindo que a información íalle impedir afrontar unha batalla que se daba, en moitos casos,
Beatriz Rodríguez, psicóloga da AECC Ourense./R.T. perdida de antemán. Co paso dos anos as curacións son máis e a supervivencia máis longa. E iso fai que o tabú vaia caendo”. Cales son os avances máis significativos? B.R.: “Nestes case 20 anos que levo o cambio foi enorme, en supervivencia, nalgúns tumores cando era apenas de 3 meses e hoxe pasa de 5 anos. En canto á calidade de vida do paciente igual, xa non son quimioterapias devastadoras, e de feito teño cada
vez máis pacientes que non collen a baixa durante o tratamento. A estatística de curacións segue aumentando, estamos nun 60% do total de diagnósticos e o gran avance está tamén en conseguir cronificar aqueles casos onde non vai ser posible a curación, cunhas supervivencias superiores ás veces a 15 anos. Pero queda un traballo importante de cara aos coidados paliativos, falta sensibilidade e filosofía a nivel sanitario e desde a Administración”.
En canto á AECC Ourense, con que equipo conta? B.R.: “Contamos con dúas traballadoras sociais, dúas psicólogas, unha coordinadora de voluntariado e un administrativo. Ademais dun grupo de voluntarios que colaboran no acompañamento nos hospitais e domicilios, e nas campañas de prevención e obtención de recursos”. Cantos socios tendes e como se pode facer un socio? B.R.: “Temos 2.585 na provincia. Simplemente cubrir unha folla de inscrición na web www.aecc.es, no teléfono 900 900 939 ou escribindo a socios@ aecc.es”.
Cales son as principais demandas que recibides? B.R.: “As persoas diagnosticadas e familias demandan sobre todo atención psicolóxica especializada e social. Información relacionada co proceso de enfermidade (probas, tratamentos...) e nos últimos tempos vimos incrementadas as demandas relacionadas co asesoramento sociolaboral, de apoio económico, de atención persoal no domicilio de pacientes cun alto grao de dependencia ou persoas que están a tratamento activo e ven mermada a súa actividade; tamén axuda con reclamacións por retrasos de probas médicas e préstamo de material ortoprotésico, perrucas ou panos e gorros”. Que lle reclamades ás administracións? B.R.: “Que acurten prazos nas valoracións de prestacións das persoas diagnosticadas de cancro e/ ou a tratamento activo por este diagnóstico; maior rapidez na resolución de valoración de incapacidades ou graos de discapacidade, nos graos de dependencia, na resolución de axudas económicas, entre outras. Ademais, en Ourense en concreto, pedimos que se cumpran os prazos estipulados nas probas solicitadas polos equipos médicos, como na realización dos TACs e que levamos rexistrando durante todo este ano”. [Entrevista completa en www.periodicobarrios.com]
Barrios 26 de outubro 2018
CIDADE / REPORTAXE
EN BREVE 4Rebaixa do IBI No pleno extraordinario celebrado esta semana aprobouse a nova rebaixa do Imposto de Ben Inmobles doutro 10%. Os votos de PP e DO foron suficientes para sacar adiante esta iniciativa.
4Modificación de crédito O Partido Popular non contou co apoio suficiente para aprobar unha modificación de crédito, para o pago de facturas pendentes, que ascenden a máis de 4,5 millóns.
Rectoral Rebollo, un novo fogar para os maiores 4 Ubicado en Alongos, conta con 600 m2 de edificación e 8.000 m2 de terreo exterior. Redacción
Participantes na xornada de encaixe de bolillos organizada pola AVV As Termas.
Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño, abriu as súas portas a vivenda comu-
nitaria “Rectoral Rebollo”, que oferta 12 prazas en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. Na antiga casa reitoral, totalmente restaurada,
Palilleando entre barrios A AVV As Termas organizou o segundo encontro de convivencia entre AAVV da cidade na que compartiron experiencias e afeccións sobre o encaixe de bolillos. O evento que tivo lugar o sábado, 20 de outubro, na praza 200 contou coa presenza de representantes de nove asociacións veciñais. A xornada contou ademais coa visita do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e con sorteo de agasallos.
Ubicación da vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo” en pleno Ribeiro, a 7 km da cidade.
Habitación dobre con todas as comodidades. únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Os seus propietarios viron a preciosa paisaxe que a rodea e decidiron empleala como casa comunitaria, agardando que os que veñan habitala tamén o aprecien e gocen. Ademais da vivenda, Rectoral Rebollo conta cun fermoso patio con horta e banquiños para disfrutar do precioso entorno. Servizos En canto aos servizos, disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade
tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras dobres, todas con baño propio, nas que seguro os seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Para os que desexen máis información ou reservar unha praza xa se poden achegar a ela no lugar de Prado (Alongos), chamar ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribir a rectoralrebollo@gmail.com.
URBANISMO
Barrios 26 de outubro 2018
Ourense conta con 5,4 millón para obras nas áreas de rehabilitación integral
4 Subvencionado pola Xunta de Galicia. Outros concellos da provincia tamén poden acollerse a estas achegas. Rehabilitación Integral e para as oficinas municipais de rehabilitación, que tamén serán financiadas pola Xunta.
Redacción A Xunta de Galicia dispón para Ourense cidade de máis de 5,4 millóns de euros para subvencionar as obras de rehabilitación e rexeneración urbana nas áreas de rehabilitación integral (ARI). Estas axudas á rehabilitación da Xunta de Galicia son unha valiosa oportunidade para facer mellor o lugar no que vivimos que cómpre aproveitar. Especialmente estas convocadas a través de ARI, converténdose nunha ferramenta que permite que as cidades e vilas avancen na recuperación dos seus barrios de forma ordeada e planificada, para un maior rendemento social
A rúa San Mamede pertence á área de rehabilitación integral na cidade de Ourense.
Concellos como Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía dispoñen desta axuda
dos investimentos. E é que un dos maiores valores da provincia e a cidade de Ourense é o seu patrimonio arquitectónico, que en moitos casos, necesita ser recuperado e posto en valor mediante obras de rehabilitación. Unha reforma na vivenda dun cidadán é un paso
cara a mellorar as súas condicións de vida e, ao mesmo tempo contribúe a mellorar o seu entorno. Provincia Ademais na provincia, en concellos como Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía dis-
O Concello de Celanova támén se acolle a estas achegas da Xunta de Galicia.
porán de máis de 1 millón de euros para destinar a axudas aos seus veciños interesados en reformar as súas vivendas. Unha vez que estes concellos asinen os correspondentes convenios coa Xunta e o Ministerio de Fomento, poderán optar a estas axudas os propietarios de edi-
ficios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades de propietarios e as súas agrupacións, os consorcios e os entes asociativos de xestión. No que se refire a toda a comunidade galega, a Xunta destina este anos ás áreas de rehabilitación integral un total de 17.915.000 euros, dos que 13,13 millóns son achegados polo Ministerio de Fomento e 4,78 millóns polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Todos os concellos con ARI declaradas que o solicitaron despois da convocatoria publicada polo IGVS no pasado mes de agosto repartiranse estes fondos. Dos 41 concellos que contan con Área de Rehabilitación Integral solicitaron foron 35 os que solicitaron a asignación de fondos para 54 barrios dos 69 catalogados como tal. Tamén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para actuacións de urbanización do ámbito das Áreas de
Importe As axudas chegan a cubrir o 40% do custe das obras puidendo chegar ao 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. Por parte do Estado a axuda máxima por vivenda será de 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación; 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida; 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por construída para as actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano; 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de 3 anos; e 1.000 euros para os concellos por vivenda rehabilitada ou construída, para financiar a xestión e os equipos e oficinas de planeamento, información, xestión e acompañamento social. Cómpre destacar que as axudas incrementaranse nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.
As axudas chegan a cubrir o 40% do custe das obras puidendo chegar ao 75%
Barrios 26 de outubro 2018
ENTREVISTA
para o meu primeiro tema musical titulado “Dónde estás””. Que parte da novela destacarías? M.P.: “Ocorren moitos xiros inesperados, forma parte do xogo co lector; eu decantaríame pola parte na que relato cómo se executa a vinganza, obedecendo á película que proxectou a miña mente”. Con que personaxe te identificas? M.P.: “Todos os personaxes teñen algo de min, pero quizais a protagonista achégase máis á miña forma de ser, a música é algo que nos une”.
Marcos Pardo presentou a súa primeira novela “Luz, un camino truncado”. /RAMSÉS.
ENTREVISA A MARCOS PARDO, AUTOR DE “LUZ, UN CAMINO TRUNCADO”
“Conta a historia dunha moza que, tras sufrir unha serie de fatalidades, pérdeo todo e diríxese por un camiño de vinganza” 4 O artista ourensán, Marcos Pardo, fálanos da súa primeira obra literaria. Redacción Marcos Pardo vén de publicar “Luz, un camino truncado”. Unha novela de drama e misterio que apunta a unha segunda edición. En que te inspiraches para escribir esta historia? Marcos Pardo: “Unha tarde, escoitando unha canción, viñeron á miña mente unhas imaxes dunha rapaza aflixida, con rabia na súa mirada; aquelas escenas sucedíanse na miña imaxinación dunha maneira moi clara, como se dunha película se tratara. Entón, decidín escribir sobre aquela misteriosa muller”.
serie de fatalidades ,pérdeo todo e diríxese por un camiño de vinganza”. Esta obra literaria, é a túa ópera prima? M.P.: “Si. É a primeira vez que escribo, polo
menos unha novela, dado que antes de comezar na literatura só escribía as letras dos meus temas musicais”. A que tipo de lector vai dirixida?
dos escenarios pensando na basílica inacabada que hai baixo o solo en Santa Mariña de Augas Santas. É un lugar do que estou namorado, aparece nun videoclip que producín
Cando a escribiches, seguiches as pautas dalgún escritor coñecido? M.P.: “Non, limiteime a relatar e describir o que aquela visión musicalizada me dictaba”.
A novela “Luz, un camino truncado” pódese mercar, ao prezo de 20 euros, en Orixe Publicidade (Francisco de Moure, 20), na libraría Tess (Bedoya, 4) ou na propia web do artista -marcospardo.es-. Ademais, El Corte Inglés está interesado en vender a novela en todos os seus establecementos, polo que pronto fará
Ten algo que ver coa túa vida persoal? M.P.: “A historia en si non, pero si deixo reflexadas moitas cousas de min, o xeito de pensar dalgún dos personaxes e o meu gusto polos místicos escenarios nos que se desenvolve a trama”.
A que xénero pertence “Luz, un camino truncado” e de que trata? M.P.: “Drama e misterio. Conta a historia dunha moza que, tras sufrir unha
“Nunca nomeo localidades, déixoo á imaxinación do lector”
M.P.: “A un lector amante do misterio, do místico, apaixoado dos enredos dunha historia chea de diversos personaxes que demandan especial atención; é unha novela na que o propio lector será o encargado de interpretar a realidade dos feitos”.
Marcos Pardo nas instalacións de Orixe onde se pode mercar a súa novela. /ORIXE.
En que lugares está ambientada? M.P.: “Nunca nomeo localidades, déixoo á imaxinación do lector, pero aparece un pazo, algo típico de Galicia; ademáis nun dos capítulos, describo un
Cal foi o capítulo que máis che custou relatar? M.P.: “O último adeus. Metinme demasiado no papel, coa intención de transmitir exactamente os sentimentos da protagonista. Espero habelo conseguido”.
“Ocorren (na novela) moitos xiros inesperados, forma parte do xogo co lector”
4 Primeira edición unha presentación na súa sede de Santiago; outros puntos da xeografía do Estado (Oviedo, Sevilla, Alicante, entre outros) están interesados na súa distribución. A primeira edición -autofinanciada polo propio autor- conta con 500 exemplares, polo que debido ao éxito que está a ter agárdase, que en breve, haxa unha segunda edición.
Armando Lastra; Marcos Pardo, Avelino Jácome e Miguel Coello, na presentación de “Luz, un camino truncado”. /RAMSÉS.
EMPRESA
Exposición de Garza no Salón de Vehículos novos.
Vehículos premium de ocasión de Garza 4 Achégate a descubrir os Mercedes-Benz Certifieds. Redacción Garza volve a sorprender neste salón de ocasión levando a marca Mercedes-Benz Certified, que che garante ao comprar un coche de ocasión nun
concesionario oficial Mercedes-Benz, este foi coidadosamente revisado para que poidas gozar do teu vehículo coma se fóselo estrear. Os seus expertos analizan até o último detalle de
cada vehículo para asegurar que a quilometraxe que indica o vehículo é correcto en todo momento. Todos os vehículos Mercedes-Benz Certified contan con 2 anos de garantía. Ademais, poderás ampliar a garantía ata 4 anos. Tamén poderás elixir se queres entregar como parte do pago o teu antigo vehículo, ou beneficiarte de financiamento totalmente personalizables ás túas necesidades. En caso de avaría, accidente, vandalismo, ou pequeno contratempo, o seu persoal especializado encárgase en toda Europa de que poidas renovar a marcha canto antes. Xa sexa mediante a reparación in situ, cun vehículo de substitución, ou en avión. E se prefires esperar a que remate a reparación do teu vehículo, asumen o custo de aloxamento nun hotel.
Barrios 26 de outubro 2018
PSA Retail Orense volta ao Salón de Ocasión 4 Contarán con 40 automóbiles de todos os modelos. Redacción Para esta edición do
Salón do Automóbil de vehículos de ocasión en Expourense do venres 26
Visitantes do anterior Salón de Vehículos novos descubrindo o novo Peugeot 508, na súa premier en España.
ao domingo 28, PSA Retail Orense contará cuns 40 vehículos de todos os modelos da marca francesa, destacando a presenza de unidades do novo 3008, menos das desexadas xa que este modelo ten moita demanda no mercado. Partimos con dous alicerces básicos para este evento, por unha banda garantía da marca de até 36 meses, e doutra banda revisión de 100 puntos en todas as unidades expostas dentro dos estándares da marca, con isto búscase que o cliente perciba a maior calidade na preparación e posta a punto dos modelos expostos. Neste salón apostamos unicamente por marcas do grupo PSA, Peugeot, Citroën e DS, considerando o coñecemento dos nosos comerciais acerca das especificacións técnicas como elemento diferenciador.
Barrios 26 de outubro 2018
EMPRESA
Goberno galego, mediante estas dúas iniciativas, apoiou 162 proxectos empresariais de emprendedores que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en novos investimentos que levan asociada a creación e o mantemento de 385 postos de traballo.
Foto de familia dos 22 emprendedores participantes na terceira edición do coworking Terras da Limia que impulsou 19 proxectos de turismo, moda e alimentación. /ARQUIVO.
O emprendemento axuda á consolidación da recuperación económica
4 A Xunta de Galicia ofrece o Programa Emprende e os espazos coworking. Redacción Os emprendedores, xunto cos autónomos, están a xogar un papel vital como motores principais da economía galega na consolidación da recuperación económica. Isto motivou que a Administración autonómica impulse medidas que favorezan o emprendemento en Galicia. Xunto á formación e asesoramento especializad, que facilitan con iniciativas como a rede de espazos coworking, ofrécelles aos emprendedores, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de
apoio que inclúen as axudas reguladas mediante programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), ou o financiamento a través de fondos de capital risco. Galicia Emprende A convocatoria de axudas do programa Galicia Emprende estivo activada ata o 25 de outubro para que emprendedores e autónomos interesados solicitaran os apoios. Acolléronse proxectos promovidos tanto de nova creación como de consolidación de empresas durante os seus pri-
Os espazos coworking foron pensados para facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego
meiros 42 meses de funcionamento. Con esta actuación o obxectivo é impulsar 80 proxectos de autónomos e emprendedores achegando axudas por valor de 3 millóns de euros, xerando investimentos por 11 millóns. O obxectivo desta liña de apoio ao emprendemento (coordinada pola Xunta e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Económico) é o de estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante a creación e fortalecemento de novas pemes. O importe dos investimentos apoiados está comprendido entre os 25.000 e os 500.000 euros e as axudas concedidas poden cubrir ata o 30% dos mesmos no caso das pequenas empresas e ata o 20% no das medianas. En canto ao ámbito ru-
ral, a Xunta busca o mesmo obxectivo. Por iso creou o programa Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio. Durante o ano pasado o
Espazos coworking Os espazos coworking -postos en funcionamento en 2016- foron creados para facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o conxunto do territorio galego, incrementando así as probabilidades de éxito das iniciativas impulsadas polos emprendedores. Estes espazos estanos a desenvolver a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI) e buscan contribuír á posta en marcha e consolidación de iniciativas empresariais e á creación de emprego. Esta colaboración (administración - EOI) ten permitido consolidar máis de 400 proxectos promovidos por máis de 500 emprendedores. Ourense conta cos espazos de Celanova-Terras da Limia e o de San Cibrao das Viñas (onde prima a industria forestal); ademais por Galicia están repartidos os da Mariña lucense (en Mondoñedo), A Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos), Santiago, Ferrolterra, A Costa da Morte (en Cabana de Bergantiños), O Salnés (en Vilanova de Arousa,
centrado sobre todo no turismo e a alimentación). Todas estas iniciativas serven para dinamizar a economía e o emprego dos Concellos máis pequenos, aproveitando os recursos de cada zona novas oportunidades e fixar poboación, ademais de fomentar o traballo colaborativo que pode levar á confianza suficiente para poner en marcha un negocio. Rede galega de aceleradoras O compromiso da Xunta co emprendemento fixo que se creara unha rede de aceleradoras de Galicia. Na mesma, apoiáronse xa máis de 900 proxectos nos últimos cinco anos a través de iniciativas como Agrobiotech en Lugo e Ourense, centrada nos sectores agroalimentario, forestal e a biomasa; a Business Factory Auto (BFA), en Vigo, coa colaboración de PSA, Zona Franca e Ceaga; os programas Connecting for Good Galicia e Galicia Open Future, en Santiago, coa participación de Vodafone e Telefónica, respectivamente; ademais de aceleradoras privadas centradas en proxectos de I+D+i.
Máis de 900 proxectos nos últimos cinco anos apoiáronse na Rede galega de aceleradoras
Entrega de diplomas do obradoiro de emprego Novicrea4.0. /ARQUIVO.
ENTREVISTA
Barrios 26 de outubro 2018
ENTREVISTA A LOIS BABARRO, PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE OURENSE
“Trasmitímoslle á sociedade ourensá que nesta cidade hai futuro e ese futuro depende en gran medida da nosa actitude” 4 Lois Babarro eloxia sectores estratéxicos como a tecnoloxía, con empresas como Egatel e Coasa, e incide en que o agroalimentario debe ser un elemento tractor da nosa economía. Redacción Asesorar e visibilizar os novos proxectos empresariais que xorden na provincia son os principais obxectivos da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense. Falamos con Lois Babarro, o seu presidente desde 2012. Cales son os obxectivos de AJE? Lois Babarro (L.B.): “O principal é o de visibilizar a aquelas persoas que tiveron a valentía de xerar proxectos empresariais na provincia. E tamén poñer en valor, a nivel social, o que significa o empresariado. A xente ten unha imaxe moi distorsionada. Pensan que todos teñen un iate ou coche privado, pero o 99% son micropemes que loitan por pagar a nómina dos seus traballores e tentar que lles paguen a eles, pois cobrar e facturar son cousas moi distintas que aprendes cando montas unha empresa. Así mesmo, encargámonos de fomentar a cultura empresarial con charlas nos colexios, encontros empresariais, xerar networking entre os asociados e que colaboren uns cos outros. Ás veces temos a impresión de que as empresas van cada unha por un lado, pero estamos convencidos de que a colaboración crea unhas sinerxías que fan ás nosas empresas máis grandes”. En que consiste o voso
“Pedimos axudas públicas para arrincar. A partir do segundo ano tes que voar só, e se non o das feito é que igual non sabes voar”
asesoramento? L.B: “Asesoramos a quenes queren montar un proxecto empresarial antes de comezalo e facémoslles un seguimento. Neste momento somos en España 18.500 emprendedores, en Ourense 116, e o feito de pertencer a AJE permíteche participar en calqueira evento da asociación en España e tamén estás dentro da rede networking a nivel nacional. Gústame dicir que AJE non é unha asociación, é unha actitude. Trasmitimos á sociedade ourensá ou aos que están na Universidade que nesta cidade hai futuro e ese futuro depende en gran medida da nosa actitude”. Nese futuro, montar unha empresa propia é unha opción? L.B: “Hai moitas opcións, todas respectables, e crear unha empresa é unha delas. Hai varios motivos. Quen monta unha empresa ten certas inquedanzas empresariais, iso é evidente. Tamén para moitos é un orgullo montala aquí, en Ourense, aínda habendo máis facilidades noutro sitio. A xente que fai iso ten que ser consciente de que os clientes tenos que buscar alá onde estean, ir a unha feira a Madrid, a un congreso en Berlín ou facturar ao outro lado do charco. En Ourense hai empresas pequeniñas que facturan moi ben. A memoria do ano pasado de AJE di que facturan en 11 países. Hoxe tes que entender que naces nun ambiente local, pero tes que facturar fóra, senón é moi complexo ser competitivo”. Que número de empresas e traballores representa AJE? L.B: “Agora mesmo so-
10% adicional entre o ano 2 e o ano 5. Só 1 de cada 10 empresas resiste ao ano 5. Para min inxectar diñeiro para que a xente monte empresas o único que crea é un ecosistema irreal. Non queremos maquillar as listas do paro, o que queremos é que esas empresas subsistan”.
Lois Babarro, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense./M.REJO.
“Representamos a 116 empresas, con 350 traballadores, que en 2018 rondarán os 40 millóns de euros de facturación”, explica Lois Babarro mos 116 empresas con 350 traballadores e 43 millóns de euros de facturación, segundo os datos do 2017. Estamos facendo as enquisas para os de 2018 e rondarán os 40 millóns de facturación. Estes datos demostran que si se pode crear unha empresa en Ourense. É difícil, pero é unha cuestión de actitude. Se queres montar unha aquí pode durar 15 ou 16 anos sen a palabra que nos mata, na miña opinión, “subvención”. Nós cremos que un proxecto ten que ser viable, con xente solvente e con actitude. A partir de aí, se che dan unha axuda benvida sexa, pero se o teu proxecto depende só dela
mellor non o fagas”. Cómo está Ourense en actitude empresarial? L.B: “Cada día hai máis visión emprendedora. Ata fai uns anos a única opción era traballar para terceiros ou para a Administración. Cremos que coa crise abusouse do concepto emprendemento. Levou a moita xente a emprender non por convencemento persoal senón por obriga, e iso é moi perigoso. Nos medios de comunicación aparece que se crearon 5.000 empresas no último ano, pero o que non se di é que o 80% morren entre o ano 1 e 2, cando acaba a capitalización do paro. E un
A que dificultades se enfrenta o que intenta emprender? L.B: “É certo que se mellorou e hoxe é máis doado que fai 10 anos, nun mes tes a empresa montada. O que non pode ser é que cando empezas che caian os autónomos, impostos locais, autonómicos, nacionais... Ninguén pretende que os impostos desaparezan, pero nós intentamos que as administracións entendan que algunhas árbores se estrangularon antes de que desen froito. Non me podes pedir que eu que comezo tribute igual que unha empresa que leva moitos anos de vida. Axudar aos novos empresarios é como invertir en educación, será rendible ao cabo dos anos e garantizas o futuro do país”. Desde que é presidente de AJE viches aumentar o número de emprendedores? L.B: “Cada día hai máis. Fai 5 anos eramos 36 asociados e agora somos 116. Hai máis proxectos e máis dinámicas e é algo que hai que agradecer ás administracións. Hai máis espazos coworking e de emprendemento, lanzadeiras, hai moitas axudas para montar unha empresa. Pedimos
axudas para arrincar e no ano 1 e 2, a partir de aí xa tes que voar só, e se non o das feito é que igual non sabes voar”. Cal cres que é o potencial de Ourense? L.B: “Temos sectores estratéxicos como a tecnoloxía, con empresas como Egatel e Coasa. Pero o noso sector agroalimentario debe ser un elemento tractor da nosa economía. Se á calidade dos nosos productos lle engadimos un bo márketing cremos que é un sector cun futuro espectacular. Temos castañas, viño, noces, mazás... e hai que vendelas ao mundo enteiro”. Que cres que lle falta á xuventude para dar o paso e emprender máis? L.B: “Falta que crean na súa provincia. Vívese moi ben con argumentos como que lle corresponde a outro garantir o meu futuro. Dá máis vertixe pensar que o futuro da provincia depende de min como cidadán. Aos mozos correspóndelles empoderar a provincia e que o seu futuro dependa deles, sen máis. Tes que ser parte do cambio na túa cidade, involucrándote en asociacións, movementos ou partidos políticos. Érguete, quéixate, pero móvete. O inmobilismo fai que sexas responsable do que te estás queixando. A sociedade ten que ser un pouco autocrítica. Desde AJE parte da nosa obriga é ser un pouco molestos. Se a xuventude non ten a ambición por un traballo mellor, por un mundo mellor, algo non se fixo ben”.
“Cada día hai máis emprendedores, máis proxectos e máis dinámicas e é algo que hai que agradecer ás administracións”
10
Barrios 26 de outubro 2018
EN BREVE 4 Cine O venres día 26 de outubro o Cine Club Carballiño proxecta “El hilo invisible”, a última película de P. T. Anderson e protagonizada por Daniel Day-Lewis. O pase das 20 horas será dobrado ao castelán, e o das 22:30 h. en versión orixinal con subtítulos.
4 Ruta das Tapas A edición 2018/19 da Ruta das Tapas contará con 14 establecementos. Esta edición dará comezo en novembro e prolongarase ata o mes de maio do vindeiro ano, celebrándose durante os dous primeiros venres de cada mes. O prezo das tapas será de 1,5 euros e haberá diversos obsequios directos e sorteos.
4 Teatro A XI Mostra de Teatro Amador encara a súa recta final coas últimas obras a saír a escena. Esta fin de semana chega “Un fiambre, unha rosca e un cancán” e “O inspector”, sábado 27 e domingo 28, respectivamente. O día 3 de novembro chega “En venda” e pecha esta edición o domingo 4 a obra “A cousa de Bernarda Alba”. Todas as funcións terán lugar no auditorio ás 19 horas ao prezo de 3 euros. A mellor obra, elexida polo público, terá un premio de 500 euros.
4 Xadrez Co obxectivo de seguir potenciando o xadrez no Carballiño, a Escola de Xadrez foi creada hai dous anos, barállase a idea de organizar un torneo de Nadal invitando a outras escolas de xadrez da provincia.
4 “Arenteiro fotográfico” O Carballiño acollerá unha vintena de exposicións entre os meses de novembro e decembro. Será na mostra “Arenteiro fotográfico”. Inaugurarase probablemente o día 10 de novembro cunha charla-coloquio e a proxección de diversos audiovisuais e curtametraxes.
O CARBALLIÑO E COMARCA
Aberto o prazo de solicitude de axudas do espazo coworking 4 Remata o 13 de novembro. Redacción Desde o pasado luns, 22 de outubro, está publicado (no Boletín Provincial de Ourense) a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de actividades emprendedoras na rede de espazos de traballo compartido do concello do Carballiño-Coworking. O prazo para solicitar as axudas permanecerá aberto ata o 13 de novembro. Serán un total de 7.500 euros os destinados para estas subvencións, cun máximo de 1.500 euros por cada proxecto rapar-
O Carballiño conta con dous espazos de coworking: o Pista Roxa e A Mina
Espazo coworking A Mina. tíndose 1.200 euros para o aluguer do local e 300 para a adquisición de equipamento informático. Terán a consideración de gastos subvencionables, os importes netos abonados en concepto de aluguer e de adquisición de equipamento informático correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de novembro de 2018. A Área de Promoción Económica do concello do Carballiño continúa, mediante iniciativas coma
4 Esta actividade está enmarcada nos roteiros culturais de outono. Continúan os roteiros culturais de outono cunha andaina, este domingo 28 de outubro, que levarán aos participantes ata a torre medieval de Godás e ao cruceiro e ponte de Ponterriza. Organizado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas e o concello do Carballiño, o roteiro partirá ás 9.30 horas do Paseo do Arenteiro (zona de apar-
4 Celébrase este sábado, 27 de outubro, no IES nº1. Redacción
Unha andaina cultural ata a torre de Godás
Redacción
O “2ELO” reunirá a escritores e influencers
camento de coches fronte ás Barcias) e percorrerá as ribeiras do río, pasando polo Museo Etnográfico, torre medieval de Godás, a ponte do río Pedriña e o cruceiro e a ponte medie-
Particpantes dunha andaina.
esta, incentivar a creación de empresas que prioricen o uso das novas tecnoloxías. O ano pasado creáronse cinco empresas vencelladas coa fotografía, deseño, páxinas web e asesoría. Espazos O Carballiño conta con dous espazos de coworking plenamente operativos, que son Coworking Pista Roxa e Coworking A Mina, que son dous locais habilitados nas prazas do Emigrante e da Mina.
val de A Ponterriza. En total, uns 2 km de ida e regreso polo sendeiro da marxe dereita. A andaina estará dirixida polos historiadores e arqueólogos do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que realizarán explicacións nos lugares de maior interese do percorrido. É a segunda andaina que organizan o Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Concello do Carballiño neste outono, e que comezou o pasado 6 de outubro cunha andaina nocturna aos petroglifos de Cangues.
Despois de que o Concello de Ourense se negara a colaborar no “2ELO” é o Concello do Carballiño o que colle a testemuña nesta edición. Así, un centenar de escritores, bloggers, instagrammers e representantes de editoriais e axencias literarias participarán na segunda edición do encontro literario “2ELO”. O evento durante todo sábado, 27 de outubro, no IES nº1 do Carballiño. Desenvolveranse cinco mesas sobre diferentes xéneros literarios e edición, e outro tipo de actividades como a novidade dun concurso de disfraces polo Samaín e unha demostración de break dance, entre outras. Haberá mesas sobre: multixéneros, noveis,
130 prazas para o programa “Xuntos polo Nadal” Redacción A consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal 2018”. Trátase dun programa de promoción do envellecemento activo e convivencia destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas por carencia de familiares ou amigos. Na Residencia do Tempo Libre do Carballiño ofértanse 130 prazas para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña. O programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro do 2019 e contempla a estancia na residencia durante 16 días (15 noites), aloxamento, en habitacións comparti-
Rachel Bels, estará no “2ELO” do Carballiño. romántica vs. erótica e un debate sobre edición clásica, autoedición e axencia literaria. Á cita non faltarán, entre outros, Raquel Villaamil, que escribe novela romántica e suspense e cuxas obras están traducidas a cinco idiomas; Teresa Cameselle, que leva publicados nove libros; o escritor e editor Valen Bailón; as bloggers Rayssa Sabino e Lara Díaz, e escritoras como Rachel Bels.
das e manutención en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan e actividades de animación sociocultural. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro (incluido), e poderá realizarse nos Servizos Sociais do concello do Carballiño ou de calquera outro concello, así como nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da consellería de Política Social.
Residencia de tempo libre.
PROVINCIA
Barrios 26 de outubro 2018
boamento”, como lle trasladou recentemente a Jean Claude Juncker na reunión que mantiveron en Bruxelas na Semana Europea das Rexións, avogando tamén por “unha xestión directa dos mesmos por parte dos gobernos provinciais”.
Encontro de Baltar con Regina Polín 4 Presidenta da sección de Vilas Termais da FEMP. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu este 22 de outubro á presidente da sección de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Regina Polín, con quen analizou temas referidos a regulación e lexislación en materia de termalismo, así como proxectos no ámbito da saúde e o turismo, vinculados ás actividades mineiro-medicinais. Na reunión, que tivo lugar no Pazo Provincial, na que estiveron asesorados por Mario Crecente e Francisco Caamaño, Manuel Baltar comentou o impulso que suporá para os territorios termais de Europa a recente instauración do 12 de outubro como “Día europeo do patrimonio
termal”, que abrirá novas canles internacionais ao turismo de natureza e saúde”. Baltar, que é vicepresidente da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), agradeceu a Regina Polín “a colaboración e o traballo constante que demostra na defensa dos territorios termais e das peculiaridades da realidade termal, un ámbito no que a provincia de Ourense lidera, por recursos e iniciativas como o Plan “Ourense, a provincia termal”, o impulso innovador dun sector en pleno crecemento, chamado a ser de grande competitividade e atracción turística na nosa provincia, e para o cal a chegada da alta velocidade suporá un significado revulsivo”, afirmou o presidente.
Caamaño, Polín, Baltar e Crecente, reunidos no Pazo.
11
Manuel Baltar coas autoridades antes do comezo do congreso nacional en Palencia.
A Deputación loita contro o despoboamento 4 Baltar asistiu ao “III Congreso nacional sobre despoboación rural” en Palencia. Redacción Neste cume sobre despoboamento danse cita máis de 40 expertos e representantes institucionais, quen analizan estratexias sobre o reto demográfico. Baltar presentou as experiencias impulsadas pola Deputación de Ourense nunha xornada na que tamén interviñeron os presidentes das deputacións de Huesca, Castellón, Xaén e Palencia, abordando o papel das administracións locais na loita contra o despoboamento e as propostas que desenvolven nos seus territorios. Manuel Baltar, dixo neste cume que se celebrou en Aguilar de Cam-
poo que a batalla contra o despoboamento “debe darse considerando ao envellecemento e ao desenvolvemento como aliados, non como realidades sociais enfrontadas”. Baltar sostén que a clave está en “prestar servizos que non dependan nin da idade nin do número de habitantes dun territorio, senón da eficacia e a calidade”. Neste sentido, propuxo ver o reto demográfico “como unha oportunidade para desenvolver políticas innovadoras no rural, como faremos en Ourense co proxecto demográfico que nos permitirá ensaiar iniciativas socioeconómicas ás que se enfrontará a Europa de 2050 e que hoxe temos na nosa contorna”,
e expuxo no seu relatorio as iniciativas que a Deputación de Ourense impulsa nesta materia: axudas á natalidade, plans de emprego e mocidade, o proxecto “Provincia Intelixente” e o que será o primeiro “Observatorio do Rural” de España, “unha plataforma que permitirá analizar mercados, competitividade, perspectivas de emprego e proxectos de innovación aplicados ao medio rural da provincia de Ourense”. Así mesmo, Manuel Baltar defendeu, como presidente de Partenalia, a rede europea de gobernos provinciais, que o novo marco financeiro 2021-2027 da UE “aumente os fondos para o desenvolvemento de proxectos contra o despo-
Obxectivo estrutural e de país Por iso considera que a demografía e o despoboamento deben ser “un obxectivo de país, elementos estruturais da política social”, expresou Baltar, sinalando “o papel de liderado que neste sentido ten a Deputación de Ourense, priorizando a cooperación cos concellos en termos de “excelencia social sobre a eficiencia económica”, “porque o territorio non debe medirse só en números senón no sentimento de pertenza e identificación cunha realidade histórica. Non somos do rural, somos “o rural”, e a fortaleza dese vínculo é a que nos anima como representantes públicos a traballar na liña do seu desenvolvemento continuo”, expresou Manuel Baltar.
Para Baltar a solución é “prestar servizos que non dependan nin da idade nin dos habitantes, senón da eficacia e a calidade”
12
Barrios 26 de outubro 2018
DEPORTES
EN BREVE
FÚTBOL SALA
O Sala Ourense perde fronte ao Ventorrillo
4 Gaélico O Auriense masculino venceu con contundencia ao Cambados nunha nova xornada de liga. O resultado final foi de 0712 (33) Auriense - 0301 (10) Cambados. O domingo, visita a casa do actual campión de Copa, o Estrela Vermella de Santiago de Compostela. O conxunto feminino comeza a liga, esta fin de semana, co mesmo rival.
4 Xadrez O pasado sábado, día 20 de outubro celebrouse o memorial Rodríguez Peña de xadrez. Sobre un total de 28 participantes, Marcos Lorenzo resultou o campión gañando todas as súas partidas. Armando de Sousa e César Pérez completaron o podio con catro partidas gañadas cada un.
4 Balonmán A vitoria do equipo sénior feminino do Nova Xestion Pabellón -ante o Porriño por 25-27- fixo que o cadro ourensán ocupe o liderado da Primeira autonómica. Esta fin de semana recibe ao Lalín nos Remedios.
4 O Envialia vence a UCAM. Carreira absoluta da Carballeira do “Correndo por Ourense”. /RAMSÉS.
A Carballeira despide o “Correndo por Ourense” e saúda á San Martiño 4 Diz e Losada venceron no circuíto. R. Torres As rúas da Carballeira puxeron o punto e final á oitava edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta proba, Rubén Diz (Ourense Atletismo) e Vicky Losada (Burgas) fixéronse co triunfo parcial o que lles valeu para lograr a vitoria nesta oitava edición do “CxO”. Xunto a Diz comparten podio masculino os atletas do Arenteiro Luis
Iglesia -segundo- e José M. Corral -terceiro-. Na categoría feminina, Begoña Diz (Arenteiro) acadou a segunda posición e Inés Valentín (Ourense) a terceira. Os premios do cicuíto daranse en Expourense o vindeiro 17 de novembro, no marco de Sportur. San Martiño E rematado o “CxO” xa todos pensan nunha San Martiño que este ano chega a súa 42ª edición. Habituais e non habituais das carrei-
ras pedestres andan ultimando a preparación para unha cita na que milleiros de persoas teñen marcada en vermello cada ano no seu calendario. Nesta ocasión celebrarase o domingo, 18 de novembro. Inscricións As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www. deportesourense.com e a web www.championchipnorte.com.
Redacción O Sala Ourense, de Segunda división B, sumou a cuarta derrota de liga. Nesta ocasión foi diante do Ventorrillo por 5-2. Os ourensáns lograron empatar a dous cando ían perdendo por 2-0. Porén os tres últimos minutos foron fatídicos para os de Kike García. Os locais lograron o 3-2 cando saíron de cinco. Despois foron os visitantes os que buscarían a igualada con cinco de campo pero viron como lonxe de empatar o rival lograba dous tantos máis. Este domingo, 12 h, o Universidade de Valladolid será o rival dos ourensáns nos Remedios. Feminino O Ourense Envialia non coñece a derrota con dous empates e dúas vitorias; a última na casa diante do UCAM Murcia ao que venceu por 3-0. Esta fin
Sara, do Envialia./R.T. de semana visita ao Universidade de Alicante. En canto á Segunda división, o filial do Envialia continúa invito. En catro xornadas suma 12 punto ocupando o liderado xunto a Ferrol e Bilbo; nesta xornada visitan ás vascas. Pola súa banda, o Cidade das Burgas suma 9 puntos, polo que se coloca no grupo perseguidor das líderes. As de Manolo Codeso xogarán este sábado nos Remedios diante do Santurtzi.
DEPORTES
Castelló, rival do Leche Rio Termal 4 Os dous equipos contan con dúas vitorias. R. Torres Castelló e Rio Ourense Termal chegan ao seu choque -na quinta xornadadespois de perder a pasada fin de semana. Os castellonenses caeron na casa do líder, Palencia, por 84-59. Pola súa banda, os ourensáns perderon no Paco Paz diante do Oviedo (67-74) nun partido no que non estiveron cómodos en ningún momento. As ausencias de Pol Molins e Watson e a pouca aportación (acaba de chegar) de Okeke foron un lastre moi grandes para os de Gonzalo García de Vitoria que chegaron sen folgos ao tramo final. Contra Castelló volverán a ser baixa Molins -este para toda a tempada- e Watson -seguirá no dique seco
Van Wijk. /RAMSÉS. algunha semana máispolo que o adestrador tera novamente un problema na rotación. Os locais contan cunha plantilla, con ampla experiencia na competición, na que se atopan xogadores como Tautvydas Sabonis, Roma Bas, Joan Faner ou Eduard Gatell.
Barrios 26 de outubro 2018
En San Rosendo, de local 4 A Unión Deportiva Ourense xogará o partido ante o Arousa en Celanova. R.T. A Unión Deportiva Ourense trasládase ata Celanova para xogar como local na xornada número 10 de Terceira. Será este sábado, 27 de outubro, ante o Arousa. O partido dará comezo ás cinco da tarde. A entrada terá un prezo de 10 euros e os abonados, tanto unionistas coma do Sporting de Celanova, entrarán de balde; tamén poderán acceder gratis os menores de 16 anos. Hai que ter en conta que o aforo do San Rosendo é de 1.000 persoas sentadas polo que as que cheguen despois de cubrir ese cupo deberán ver o partido de pé (os unionistas contan con máis de 1.000 persoas nos seus partidos como locais). A directiva unionista
pide comprensión con este “exilio” e farán o posible para que os que non poidan acudir a Celanova polo seu medio buscarán a maneira de facilitarlles o transporte, o máis problabe será en autocar ata a vila de San Rosendo. Despois do empate no feudo do Compostela os de Fernando Currás teñen outra dura pedra de toque fronte o Arousa. Os da illa son cuartos, empatados a puntos cos ourensáns, polo que o partido xera máxima expectación. Xornada 10 A xornada número 10 depara o enfrontamento entre un imparable Barco -suma seis vitorias consecutivasante o Paiosaco noutra boa oportunidade de seguir nos postos de cabeza. O Arenteiro recibe ao Céltiga -en Espiñedo- despois de per-
der diante do Polvorín; e o Ourense CF, que xogou (e empatou 2-2) ante o Laracha en Oira visita ao Vilalbés. Preferente No grupo Sur da Rexional Preferente deixou o empate a cero goles entre o Barbadás e Velle, que alonxa un pouco máis do líder (Pontellas) ao primeiro e non acomoda na zona morna ao segundo.
13
O Bande empatou na casa diante do Vilalonga (1-1) e o Antela continúa en caída libre perdendo nesta ocasión fronte o Alertanavia (5-2). A vindeira xornada deparará os: Mondariz - Barbadás; Sanxenxo - Bande; Antela - Atios; e Velle Alertanavia.
O partido en San Rosendo entre UD Ourense e Arousa terá lugar ás 17 h do sábado 27 de outubro
Remate de Hugo García nun partido no Couto. /ARQUIVO.
14
Barrios 26 de outubro 2018
DEPORTES
O mellor Campus Universitario Rugby
Campionato “agility” de cans Redacción
4 Sitúase terceiro.
O centro hípico de Vilamarín (Equus - Ourense) acolle do venres, 26 de outubro, ao domingo, día 28, un campionato de agility de cans. O evento é puntuable para o Campionato de España 2019. Agárdase que participen preto de 120 cans. Programa O venres, 26 de outubro, celebrarase a primeira e segunda quenda de Grado I (16.05 h), ademais da primeira manga de Grado II (ás 17.45) e Grado III agility (ás 18.45). Seguiranlles as roldas de jumping Grado II e III. Sobre as 21.30 horas farase entrega dos premios desta primeira xornada. O sábado día 27 a xornada dará comezo cos recoñecementos primeira quenda agility Grado II -S-M-L-. A continuación irá a primeira manga jumping Grado II e III S-M-L-; e posteriormente o Grado I -S-M-L- na súa primeira quenda. Pola tarde realizaranse os recoñecementos e comezo de jumping S-M, jumping L, agility S-M e agility L. Xa o domingo, 28 de outubro, última xornada, terá lugar a final do Trofeo Interclubs 2018. Comezará o día co recoñecemento e comezo do percorrido final por equipos L e continuará cos equipos S-M. Ao mediodía farase a entrega de premios aos mellores.
Vitoria do Galmédica Redacción O Galmédica Ourense cumpriu os prognósticos e logrou a vitoria ante o Cafetería Vilariño de Cambados por 5 a 1 na cuarta xornada da Segunda división nacional de tenis de mesa. Os ourensáns aséntanse na metade da táboa á espera de recibir este sábado ao Vilagarcía no Paco Paz.
R.T.
Ngagne Faye e Aarón Blanco posando diante dun tempo en Boading.
Gran experiencia para Blanco e Faye en China
A tempada 2018-19 de División de Honra B conta co mellor inicio ligueiro do Campus Universitario Ourense na categoría. Xa na primeira xornada os de David Monreal ocupaban o liderato da clasificación ao golear ao Kaleido Universidade de Vigo por 840. Tras cinco xornadas os ourensáns son terceiros trala abultada vitoria (74-7) fronte ó Durango.
O Campus suma 17 puntos a catro do líder, Getxo. Dos cinco encontros, tres saldáronse con vitoria e dous con derrota (estas foron pola mínima ante o propio Getxo e contra o Quesos Entrepinares B). Ademais, é o equipo que maís puntos anota -198- e o que menos encaixa -neste apartado tamén empatado co líder-. Esta domingo visita ao Babyauto Zarautz para disputar a sexta xornada.
4 No mundial de shuaijiao. Redacción Aarón Blanco, adestrador, e Ngagne Faye, competidor, non esquecerán a experiencia de representar a España no campionato mundial de shuaijiao (loita china) disputado na localidade chinesa de Baoding. O combinado nacional participou con seis competidores. A pesar da ilusión, a realidade foi que a falta de experiencia en competicións deste tipo pasoulle factura ao español de orixe senegalés. Xa no sorteo, Faye non tivo sorte e tocoulle enfrontarse ao representante estadounidense. O combate foi moi igualado desde o principio. O loitador americano, con máis experiencia neste tipo de competicións, levou a iniciativa nos primeiros minutos de combate e conseguiu unha vantaxe de 5 puntos. Ao iniciarse o segundo e último asalto a estratexia do galego foi a de asfixiar ao competidor estadounidense cunha ofensiva continua e de desgaste
O 10 de novembro celébrase no Paco Paz a VII Copa Deputación de kungfu
físico. A táctica estaba a funcionar perfectamente, acurtouse a diferenza de puntos a dous e só faltaba unha derriba para porse por enriba no marcador. Nese momento a sorte desvaneceuse para o galego. Nun golpe fortuíto Ngagne sofre un corte nunha cella que necesita asistencia médica durante varios minutos, oportunidade que aproveita o americano para recuperarse e beber auga. O combate prosegue despois da atención sanitaria, pero o competidor rival, recuperado físicamente, expón unha estratexia defensiva que Ngagne non consegue superar. Durante o segundo combate, de repesca, contra o loitador italiano non houbo dúbidas a favor do transalpino. Este, técnicamente superior, non deu opcións ao competidor do Artai e gañou con facilidade, deixándoo fóra da loita polas medallas. Vindeira cita A próxima cita de Ourense co shuaijiao será na 7ª Copa Deputación de kungfu que organizará o club Artai no Paco Paz o sábado, 10 de novembro. Dividirase en dúas partes. Pola mañá, curso gratuíto e de asistencia libre de “defensa persoal feminina”, sen coñecementos previos e curso de shuaijiao para competidores da federación galega de
kungfu. E pola tarde terá lugar a competición de kungfu (nas modalidades de shuaijiao e kungfu combate), e exhibicións de kungfu infantil, taichi, capoeira e defensa persoal.
Melé no partido contra Durango. /I. OSORIO.
OCIO E CULTURA / ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 26 de outubro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº74 - Ano: XI - 26 de outubro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4AXENDA Exposicións - Ata o 9 de decembro - Exposición do pintor Xesús Vázquez “Hinterland” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 9 de decembroAntoloxía fotográfica de Tomás Vega- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 27 de outubro - “A antiga mulher” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 31 de outubro - “Drácula” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 3 de novembro - Musical “Peter Pan, aventura en nunca xamáis” - 18 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 3 de novembro - Teatro “Un tercer lugar” - 20 h. - Teatro Principal Música - 27 de outubro- Concerto “Filharmonía Ibérica”-20 h.-Teatro Principal - 29 de outubro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense (Ourense) - 1 de novembro- Gran Gala lírica “Don Juan en la Ópera” - 20 h.-Teatro Principal Outros - 30 de outubro - Contiños con Susana- 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O medo a morrer lévate a comer a vida de golpe (última parte) Eu pensei que Andrés se mancara ó caer por aquela vaguada ou que se matara, pero oín un berro que viña do río dicindo ós gardas “date date, o carallo, ben mollar os collóns se me queres pillar!”. Ao velos baixar zampámonos ao río coa auga ben fría e arrastrounos a corrente e fomos saír moito mais abaixo, diante do Mosteiro de Carboeiro, coa roupa esnaquizada, as pernas sangradas das rabuñadas das silvas e Andrés cun corte na cabeza, pero non era fondo, tapeillo cun farrapo da camisa e fomos a Merza. Alí vendimos o mineral e arrincamos para a casa de Botos, sen despedirnos de ninguén. Cos cartos que sacamos mercámoslle unha vaca a túa avóa en un par de traxes, un para cada un, e aínda quedaron uns pesos para cenar na Taberna, para unhos zocos ben bos e para outras cousiñas, que non che vou contar todo senon sabes tanto como min”. E botouse a rir Aquí acabouse a historia das minas de Fontao, volvín de alí a uns meses eu só, a probar outra vez, pero eso contareicho outro dia que agora habera que dormir.
– Xa papá, pero entón vos roubastes o mineral? –Quen rouba a un ladrón cen anos de perdón, chiquito, eu non digo que estivera ben o que fixemos, pero eles eran unhas bestas sen alma, sacábanllo á xentiña que o precisaba, se cadra ainda por riba lle daban unha malleira e despois vendiano eles, tiñan chivatos entre os obreiros, eran máis ruins co demo. – Daquelas si que o pasabades ben, quen me dera a min poder ir alí ao ouro negro, sería o xefe de todos, faríamonos ricos e a ti, papá, dariache moitos cartos e non terías que traballar, poderíamos estar o día enteiro os dous a contos, non sí? – Anda, anda deixate de Andrómenas, que mañá e outro dia e agora hai que durmir– botoume a man pola cabeza e acariñoume a cariña, mentres me decía: – sabes o que fai sentirme o mais rico?... O ter un meniño tan agarimoso como ti. Deiteille a cabeza no seu hombreiro, deume un bico e apagamos a luz, e escoitando O Asneiro durminme pensando que calquera é rico dabondo, tendo un pai como meu. Avelino Jácome
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Particular imparte clases particulares a domicilio en Ourense - capital. Matemáticas e Estatística (todos os niveis). Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Contacto: whatsapp: 610.38.25.89 (enviar mensaxe); email: clasesadomicilio2014@ hotmail.com. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.
Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81.
Alúgase praza de garaxe en Portonovo (Pontevedra). 55 euros. Tlf.: 636 32 95 24
INMOBILIARIA
VENDAS
Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Vigo. Tel. 620 660 762.
Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas,... Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.
Barrios 26 de outubro 2018