Skip to main content

Barrios 72

Page 1

Inscricións abertas para a 42ª Carreira pedestre popular do San Martiño [Páx. 13]

TEMA

Páx.2

O potencial da Ribeira Sacra, un dos protagonistas do cumio termal

CIDADE

Páx.3

O Festival de Cine de Ourense celebrarase entre novembro e decembro

XINZO

Pax. 8 DEPORTE

Xinzo acolleu o encontro provincial de voluntarios de Cruz Vermella

Pax.12 CULTURA

Remata a tempada de carreiras no hipódromo de Antela este 12 de outubro

Páx. 13

O Concello inicia o concurso de carteis para o Samaín e os Magostos

Desfibriladores municipais

[Páx. 11]

Obras no centro de saúde de Xinzo

O COB exhíbese no Pazo ante o Canoe [Páx. 11]

[Páx. 8]

O COB vence aCanoe no Pazo. // Auditorio, Concello e La Molinera contan cun desfibrilador. // Investiranse 30.000 euros en melloras no centro de saúde de Xinzo.//. C.DOMARCO.

Número: 72 - Ano: XI - 11 de outubro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 11 de outubro 2018

TEMA DA SEMANA

riquece constantemente”. Bellandi presidiu o desenvolvemento da asemblea, na que que analizaron ademais temas económicos, proxectos, publicacións e a axenda de actividades científicas e promocionais da rede.

Foto de familia, na praza Maior de Ourense, dos asistentes á asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa, co-organizada pola Deputación e o Concello.

O potencial da Ribeira Sacra, un dos protagonistas do cumio termal europeo 4 Os delegados participantes visitaron o mosteiro de San Pedro de Rocas e percorreron en catamarán os Canóns do Sil. Redacción A provincia de Ourense convertiuse do 3 ao 5 de outubro en referente do termalismo no ámbito internacional coa celebración da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA). Medio cento de delegados europeos participaron neste evento, co-organizado pola

O programa incluíu relatorios sobre a actualidade do sector e visitas de estudo a enclaves termais

Deputación e o Concello de Ourense, cun programa que incluía dende relatorios sobre diferentes temas de actualidade no sector e a realización de visitas de estudo a diferentes enclaves termais da provincia. O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente da EHTTA, Manuel Baltar, destacou na xornada inaugural a Ourense como un territorio “que fortalece a maior rede europea da cultura termal nos ámbitos científico, turístico e de saúde”. Así mesmo, remarcou “a responsabilidade dos gobernos locais intermedios na valorización dos recursos do territorio, como único nivel administrativo

con capacidade e visión para reforzar o vínculo entre áreas urbanas e rurais”, e lembrou no seu discurso á figura do doutor Luis Rodríguez Míguez, “un dos pioneiros no estudo do termalismo”. Baltar puxo como exemplo de cooperación e optimización de recursos ao proxecto “Provincia Intelixente”: “Permitirá a prestación de servizos innovadores, sentando as bases para un novo modelo produtivo tecnolóxico, sostible e vinculado ao coñecemento e ao noso territorio”, dixo. Pola súa banda, Giuseppe Bellandi, presidente da EHTTA, coincidiu na vantaxe que supón para

Europa “contar cunha rede de networking como a que abrangue o termalismo, pois as diferentes identidades e culturas que temos son unha fonte que nos en-

Xornada de visitas A terceira xornada estivo dedicada a analizar as singularidades turísticas da nosa provincia. O día comezou no mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), epicentro da Ribeira Sacra, onde Manuel Baltar destacou a importancia deste enclave natural, así como a riqueza do patrimonio histórico-artístico da comarca. “O feito de que Ourense sexa estes días capital termal de Europa coa celebración deste cumio supón un importante respaldo de promoción turística para a nosa provincia, a de maior potencialidade termal de Europa”, destacou o presidente da Deputación, engadindo que “tocaba analizar as peculiaridades do mosteiro de Rocas, enclavado na Ribeira Sacra, pola que estamos a traballar para que sexa declarada patrimonio mundial”.

Posteriormente, a delegación realizou un percorrido en catamarán polos Canóns do Sil, rematando a xornada no balneario de Laias, “onde coñeceu as instalacións duns dos nosos espazos termais por excelencia, no que as mellores seleccións do mundo de remo e piragüismo veñen a preparar campionatos internacionais e olimpíadas”, remarcou Baltar. A Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa, entidade á que pertence a Deputación, é a rede termal máis importante de Europa, integrada por 40 membros de 13 países, con cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Giuseppe Bellandi destacou a vantaxe que supón para Europa “unha rede de networking como a do termalismo”

A delegación termal tamén visitou o balneario de Laias, onde o presidente provincial explicou que adestran as mellores seleccións do mundo de remo e piragüismo.


CIDADE

Geoatlantic, finalista dos EnerTIC Awards 4 Na modalidade SMART eGovernment. Redacción O proxecto Geoatlantic, liderado desde o Concello de Ourense foi elixido finalista dos premios EnerTIC Awards 2018 (modalidade SMART eGovernment). Competirá co proxecto “Badaxoz É Máis- Smart Provincia” e co proxecto “Territorio Rural Intelixente de Castela e León”. Son premios promovidos desde a Plataforma EnerTIC dedicada á promoción da Tecnoloxía e Innovación para a mellora da Eficiencia Enerxética e a Sustentabilidade no ámbito da eficiencia enerxética. Neste sentido, o proxecto ourensán busca, con carácter xeral, promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas, en especial Ourense, por medio do desenvolvemento conxunto de ferramentas e metodoloxías que permitan crear as condicións necesarias,

para favorecer a transición enerxética no Espazo Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables, para o impulso dos recursos xeotérmicos locais. Votación Pódese votar pola candidatura da cidade no enlace dos premios de Enertic, enertic.org na sección enerticAwards 2018. O prazo de votación remata o 16 de novembro. A entrega de premios celebrarase o próximo 12 de decembro na Secretaría de Estado para o Avance Dixital, en Madrid.

Pódese votar pola candidatura da cidade na páxina web enertic.org, na sección enerticAwards

Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ourense. /ARQUIVO.

Barrios 11 de outubro 2018

O OUFF celebrarase entre novembro e decembro 4 Deputación de Ourense, Concello e Xunta garanten a celebración da edición deste ano. Redacción A vixésimo terceira edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) celebrarase entre finais de novembro e principios de decembro. A continuidade está garantida grazas ao acordo entre Deputación de Ourense, Concello e Xunta de Galicia trala reunión mantida entre o presidente do ente provincial, Manuel Baltar; o alcalde da cidade, Jesús Vázquez; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. “Cun novo modelo organizativo que asegura a súa continuidade e permitirá situalo como o referente nacional e internacional do audiovisual galego”, afirmaba Manuel Baltar. A Deputación encargará a dirección artística do festival á Fundación “Carlos Velo”, única en Galicia dedicada exclusivamente ao ámbito cinematográfico. A deste ano será unha edición de transición, dada a premura de datas. As tres administracións coinciden en que o importante é que Ourense seguirá tendo o seu festival de cine. Futuro O presidente do goberno provincial destaca que a Deputación de Ourense “asume este compromiso segura de

que o futuro do festival está garantido, cun renovado impulso onde a innovación, a participación cidadá e a calidade do programa serán tres elementos fundamentais do festival”. Baltar considera que este é o camiño “para conseguir nun futuro próximo situar a Ourense como referente nacional e internacional no audiovisual, co seu festival como escaparate, e experiencias recentes de rodaxe como os traballos de Isabel Coixet e Oliver Laxe demostran que estamos na

senda correcta”. Manuel Baltar cualifica de “estratéxico e fundamental” que o Festival de Ourense aglutine a outras iniciativas que no eido audiovisual traballan na provincia de Ourense, como as Xociviga do Carballiño, o Festival de Curtas de Verín, o Cineclube “Padre Feijoo” e a “Ourense Film Comission”. “Con todos os axentes e entidades do cinema da nosa provincia quere colaborar o Festival de Ourense, porque esa será a maneira de impulsar o noso audiovisual,

co obxectivo de potenciar a provincia de Ourense como o gran plató de cine que é”, aseguraba. Pola súa banda, Jesús Vázquez destaca que o acordo acadado polas tres administracións, “permitirá que Ourense siga sendo un punto de referencia no audiovisual galego”, e Román Rodríguez manifesta a súa satisfacción polo compromiso logrado “que fará que o OUFF siga sendo o festival de cine de Galicia e o escaparate do audiovisual galego”.

A Deputación de Ourense encargará a dirección artística do festival á Fundación Carlos Velo

Jesús Vázquez, Román Rodríguez e Manuel Baltar, no Teatro Principal de Ourense.


Barrios 11 de outubro 2018

O BNG pregunta polo albergue Redacción O Bloque Nacionalista Galego leva ao Parlamento o albergue de Ourense. Consideran que tanto Xunta coma Concello incumpren os prazos do local, que aínda está pechado e demanda celeridade. A parlamentaria nacionalista, Noa Presas, instou á Directora de Turismo a que asuman a súa responsabilidade en incumprir os seus prazos e demanda a apertura canto antes “non agarden para facerlle a campaña a Jesús Vázquez e cumpran con esta débeda”. Apertura Segundo Presas “prometeron que estaría listo en 2017, imos acabar 2018 e segue pechado”. A Directora de Turismo xustificou a demora na necesidade de asinar un novo convenio de cesión despois dun informe xurídico do Concello de Ourense. Porén “para o BNG se ese convenio está xa actualizado é impresentable que continúen sen acelerar a apertura, espero que non estean agardando a facer unha vez máis con recursos da Xunta campaña electoral”, temía a nacionalista.

CIDADE

Tres desfibriladores en sedes municipais 4 Tamén contan con persoal formado que saberá actuar ante un ataque epiléptico e un atragantamento. O “Café Starup” en La Molinera. Redacción

quez.

O Concello de Ourense vén de instalar tres desfibriladores en tres sedes municipais. Os tres novos lugares que contan con este aparello son: a Casa Consistorial, La Molinera e o Auditorio. Ademais dos desfibriladores tamén se conta con persoal formado para o seu uso co fin de poñer medios para emendar accidentes cardiovasculares. A Concellería de Servizos Xerais cumpre así cumprimento un acordo plenario (de agosto de 2017, por unanimidade dos grupos presentes) e que supón un investimento de 18.027,79 euros (IVE engadido). “O Concello de Ourense ten claro que non hai nada máis importante que tomar medidas como esta”, afirma o alcalde de Ourense, “coa fin de salvar a vida dunha persoa”. Igualmente, o persoal formado tamén saberá actuar ante un ataque epiléptico e un atragantamento, sinala Jesús Váz-

Datos Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), cada ano morren 9.971 galegos por enfermidades do sistema circulatorio tras sufrir infartos e paros cardíacos, convertendo estas causas na principal causa de morte en Galicia. O 85% destes casos pódese evitar cun desfibrilador ao alcance e coñecementos sobre como realizar unha

respiración cardiopulmonar (RCP). A posibilidade de recuperación pode chegar mesmo ao 90%, segundo un informe do servizo de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

O paro cardíaco é a principal causa de morte en Galicia

Desfibrilador sito no Auditorio municipal de Ourense.

O “Café Startup” contou con José Torrego 4 Creador do Referente, primeiro diario de emprendedores en España. Redacción La Molinera acolleu a segunda edición do “Café Startup” coa presenza de José Torrego, creador do Referente, primeiro diario de emprendedores en España que difunde e impulsa as iniciativas máis innovadoras. A elección de Torrego debeuse a súa propia experiencia como emprendedor creador dun produto exitoso tras un fracaso anterior e como editor da primeira Guía de referencia de investidores para StartUps en España, produto principal para calquera aposta emprendedora de España.

Proxectos Durante o relatorio, Torrego afirmou que España atópase nun momento de “crecemento no campo das startup” coa presenza de cada vez máis vehículos de “investimento” e de “apoio experto” aos futuros creadores de empresas. Ademais destacou espazos como La Molinera xa que contribúen a “facilitar o lanzamento de novos proxectos empresariais e a súa posterior consolidación”. “É un acerto axuntar espazo compartido con servizos expertos de apoio ao lanzamento e crecemento do negocio”, sinalou o o creador do Referente.


PUBLICIDADE

Barrios 11 de outubro 2018


Barrios 11 de outubro 2018

EN BREVE 4 Revisión catastral O Concello de Ourense pon o servizo de Facenda á disposición dos cidadáns propietarios de bens inmobles afectados pola revisión catastral. Para aqueles casos nos que teñan dificultades para asumir o pago destes recibos, existe a posibilidade de aplazar ou fraccionar dito pagamento. Por este motivo, desde o Concello convídase aos afectados a que se informen no Servizo de Facenda.

4 Axuda a domicilio

Dende a CIG reclámanlle aos representantes políticos no Concello de Ourense que remen na mesma dirección para mellorar e ampliar a atención que a axuda a domicilio proporciona, e non o usen “como argumento para as súas liortas”. O Servizo de Axuda a Domicilio e á Dependencia do Concello de Ourense, atende ao redor de 800 persoas.

4 Seixalbo

Incíase o expediente de honra do que fora alcalde -hai 100 anos-de Ourense, e veciño de Seixalbo, José Pereira Rodríguez. Co inicio dun expediente de honra, o pobo de Seixalbo poderá concederlle a unha das súas rúas o nome desta persoa.

CIDADE

“Falta de certezas” para OUeC sobre a subvención da praza de Abastos 4 Reuníronse co Subdelegado do Goberno. Redacción

ao remate da reunión.

A principios de semana o Subdelegado do Goberno, Emilio González, reuníase con edís de Ourense en Común, Miguel Doval e Montserrat Valencia. No encontro oficial Doval e Valencia trasladáronlle a súa preocupación pola prórroga da subvención do Ministerio de Fomento para a rehabilitación da Praza de Abastos, concedida en 2015, pero aínda sen contratar nin executar, e sobre a que o subdelegado, tras a súa incorporación ao posto, non dispón de documentación. “A subvención continúa rodeada de incertezas”, asegurou Miguel Doval

Outros temas Outras peticións que estiveron por enriba da mesa foron as referidas á integración da alta velocidade na cidade, defendendo que as obras da variante exterior se liciten antes de acondicionar o actual corredor como solución provisional, xa que “perpetuará a brecha que divi-

DO denuncia a inacción do alcalde

mos sufrindo” nos últimos anos na cidade. “Fai máis dun ano”, Gonzalo Jácome “solicitou unha reunión urxente de portavoces, pero o alcalde fixo caso omiso”. A consecuencia do novo atropelo na cidade con causa de morte para o peón, DO volve a pedir medidas como “a velocidade a 30 por hora na que “a pro-

Redacción Democracia Ourensana denuncia a inacción do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ante os accidentes de tráfico que “leva-

de o casco urbano”. O grupo tamén se interesou polas obras de reforma no Arqueolóxico, a circunvalación Norte, e a protección do río Barbaña, confirmando o subdelegado o seu compromiso para poñer en marcha unha comisión de vixiancia do río e nos próximos anos chegar a erradicar os vertidos e sanealo.

Reunión dos edís de OUeC co subdelegado do Goberno.

babilidade de accidente mortal é practicamente o 0%”. Ademais, a formación considera “reunións estériles” as do “Móvete por Ourense”. E piden, ademais, “pasos de peóns elevados, máis control policial, e máis ordenacións para mellorar a visibilidade peonil e de condutores”.

Cruz Vermella reparte alimentos a preto de 5.000 persoas 4 Case 149.000 quilos. Redacción Cruz Vermella distribuirá en Ourense 148.902,040 quilos de alimentos a través de 80 OAR (organizacións asociadas de repartición), que beneficiarán a 4.903 persoas (110 son lactantes e 4.793 persoas adultas -2.220 familias-). Será dentro da segunda fase do Programa 2018 de Axuda Alimentaria. Entre o 18 e o 24 de outubro terá lugar o reparto e será SEUR a empresa encargada de tal acción. Alimentos Os alimentos son non perecedoiros. A cesta in-

clúe aceite de oliva, arroz, fabas cocidas, leite UHT, atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, xudías verdes en conserva, froita en conserva en almíbar lixeiro, cacao soluble, tarritos infantís de froita e de pito, cereais infantís e leite de continuación en po. Trátase de alimentos especialmente nutritivos, para satisfacer as necesidades de persoas adultas e, de maneira especial, dos menores. Esta cesta foi elaborada coa colaboración da Federación de Bancos de Alimentos, Cruz Vermella e de expertos en nutrición dos Ministerios de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Inspección dos alimentos, no Polígono de San Cibrao, que repartirá Cruz Vermella.


EMPRESAS / XINZO E COMARCA

Barrios 11 de outubro 2018 EN BREVE

Decubrindo a cerámica en Verea

4 UNED Xinzo Xinzo de Limia é por segundo ano consecutivo sede de dous cursos de formación en banda de música: a segunda edición do curso de iniciación, con 10 participantes; e o primeiro curso de perfeccionamento, que conta con 15 inscritos. Ambas actividades teñen unha duración de 70 horas entre outubro a marzo.

4 Un centenar de escolares participaron no programa ‘EnTéllate’. Redacción Un centenar de escolares de primaria descubriron a industria cerámica galega na primeira edición do programa “EnTéllate”. Un total de 115 alumnos de cinco centros das comarcas de Ordes e Arzúa visitaron o Centro de Interpretación de Brañas de Valga e a fábrica de tellas de Verea. Os escolares descubriron mediante xogos as diferentes partes e funcións dunha ‘telleira’ tradicional e tiveron oportunidade de inaugurar o novo acceso á pequena illa das Brañas, situada na zona húmida das Brañas e de recente creación.

50 años de experiencia Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A empresa, con medio século de traxectoria, conta cun persoal de 46 traballadores. Na actualidade, exporta máis do 50% da súa produción a países de catro continentes. Verea é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas.

Os escolares descubriron as diferentes partes e funcións dunha ‘telleira’

Escolares participantes no programa “EnTéllate.

Panorámica de Expourense acollendo o anterio Salón do Automóbil. /ARQUIVO.

Todos os concesionarios oficiais da provincia, no 10º Salón do Automóbil 4 Do 19 ao 21 de outubro será o Salón do Vehículo Novo e do 26 ao 28 o de Ocasión. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, participarán como expositores no 10º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Do 19 ao 21 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 26 ao 28 o do Vehículo de Ocasión. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En

total, participarán 16 empresas representando a 22 marcas. O horario do 10º Salón do Automóbil será os venres 19 e 26 de outubro de 11 a 20.30 h.; os sábados 20 e 27 de outubro de 10 a 20.30 h., e os domingos 21 e 28 de outubro de 11 a 20 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta). En Expourense presentarase unha oferta completa e atractiva, que cubre todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. O público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar

opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Sorteo A organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Sortearase un desconto de 6.000 euros entre os que pechen a compra dun vehículo

4 Parada de Ribeira O grupo provincial socialista vén de presentar unha solicitude para que se reubiquen urxentemente os redutores de velocidade ubicados na OU-1112, ao seu paso por Parada de Ribeira (Xinzo). O PSOE faise eco das queixas da veciñanza, cansos de que a intensidade do tráfico e o tránsito de camións de gran tonelaxe prexudiquen o seu descanso e o estado dos seus inmobles.

4 Coworking Celanova acolleu a presentación dos proxectos da terceira edición do coworking “Terras da Limia”. Esta edición impulsou 19 proxectos -da man de 22 emprendedores- de turismo, moda, TIC e alimentación.

4 Pleno O Concello de Xinzo aprobou no pleno de setembro a conta xeral do exercicio 2017. Tamén unha moción conxunta aprobou dar apoio ás mulleres con endometrose (doenza inflamatoria de orixe descoñecida).


Barrios 11 de outubro 2018

XINZO E COMARCA

EN BREVE 4 Os Blancos A conselleira de Medio Rural comprometeuse a estudar a solicitude presentada polo rexedor para proceder a unha nova reestruturación parcelaria en catro parroquias cunha superficie de case 3.000 ha. e que afectaría ás parroquias de Aguís, Pexeiros, Covas e Guntín.

4Adegal visita a “Potato Europe” Un grupo de 14 profesionais do sector agrícola, membros de Adegal participaron nunha viaxe profesional a Alemaña para coñecer as novidades do sector e participar na feira internacional “Potate Europe 2018”. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto de formación da asociación e o plan de viaxe consistiu en visitas organizadas durante tres días.

4Calvos de Randín A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Castelaus. Neste caso, falamos da reorganización de 10.897 parcelas que pasan a ser 1.313 predios pertencentes a 422 propietarios. En total son 742 hectáreas de actuación, principalmente para labradío.

Manuel Cabas, alcalde, con Jesús Vázquez, concelleiro.

Obras no centro de saúde de Xinzo 4 Críticas do PSOE por non reclamar máis persoal. Redacción O pasado martes 9 de outubro o Conselleiro de Sanidade recibiu ao alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, para lle informar de que a semana que ven comezarán as obras solicitadas polo rexedor na visi-

ta que fixera ao centro co gallo da entrega do premio pola atención aos enfermos de cancro pola sociedade de atención primaria no mes de abril deste ano. Esa mañá o Conselleiro informou persoalmente ao alcalde de que as obras de adecentamento, que custarán 30.371 euros, come-

Mesa informativa da ANPA Redacción Este ano académico a renovada ANPA do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo quere chegar a máis familias e informar sobre a función que cumpren. Por iso, estas primeiras semanas de outubro esti-

zarán a semana que ven, tanto na estrutura externa do edificio como no seu interior. Quedou pendente unha pequena reforma do habitáculo da sala de raios X, posto que é intención do Sergas de instalar un novo equipo no ano que ven, co cal, xa se fará a reforma do local. Críticas do PSOE Os socialistas cuestionan que Manuel Cabas se reunise co conselleiro é regresase á vila só cun investimento pírrico que, sendo benvido, non permitirá solucionar as eivas e grandes demoras nas citas para o médico de familia ou no servizo de fisioterapia. Ademais, os socialistas critican a Manuel Cabas por non reclamar ó conselleiro maior dotación de persoal facultativo e por conformase cunha simple promesa de chapa e pintura a pesar da falta de persoal. veron presentes na entrada e saída dos nenos do colexio cunha mesa informativa facendo campaña para pór en valor as asociacións de nais e país dos alumnos. Precisan fortalecerse con máis familias asociadas para ter máis capacidade de buscar solucións a problemas colectivos ou individuais dos alumnos e facer máis actividades lúdicas e educativas.

Cruz Vermella celebra o encontro provincial en Xinzo 4 Na Casa da Cultura reunirónse 150 voluntarios. Redacción Cruz Vermella Ourense celebrou o seu Encontro Provincial de Voluntariado, que alcanza xa o seu décimo oitava edición en Xinzo. Esta xornada serve para recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado e para facilitar o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve a Institución. No acto institucional, 13 persoas recibiron un recoñecemento polo seu labor voluntario, impli-

cación e entrega nas asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense. Felipe Ferreiro, presidente provincial, dedicou unhas sentidas palabras a todas as persoas homenaxeadas. Lembrou que o carácter voluntario é un dos principios fundamentais de Cruz Vermella, e por iso é importante dedicar tempo á convivencia e a vida asociativa: para estreitar lazos, fortalecer a Institución e contribuír na construción dunha sociedade máis xusta. No acto actuou alumnado do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia.

Foto de familia do encontro provincial de voluntarios.


PUBLICIDADE

Barrios 11 de outubro 2018


10

Barrios 11 de outubro 2018

PROVINCIA

O presidente do Centro Galicia de Bos Aires visita a Deputación 4 Comentou con Manuel Baltar as actividades que se van desenvolver o vindeiro mes. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, acompañado do secretario desta entidade, Cristian Moares, e da secretaria da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, Lorena Lores. Na reunión analizaron as actividades que se van desenvolver na capital arxentina o vindeiro mes de novembro con motivo da entrega do premio Ourensanía ao Centro do Partido do Carballiño e ao Centro Ourensano de

Montevideo, un galardón que o xurado ditaminou conceder ás dúas institucións “por promover a ourensanía na colectividade galega de ambos países”. O Centro Galicia de Bos Aires é a entidade que conta con maiores posibilidades en canto a infraestruturas para desenvolver o importante acto que reunirá na capital bonaerense as colectividades da emigración ourensá de Bos Aires e Montevideo, actividade que terá lugar o vindeiro 11 de novembro, conmemorando o “Día da Ourensanía no Río da Plata”.

Momento da recepción no Pazo Provincial.

Karl Heinz Lambertz, Corina Cretu, Jean Claude Juncker, Manuel Baltar e Pavel Telicka.

Reunión entre Baltar e Jean Claude Juncker 4 Analizaron vías para impulsar unha maior competitividade nas provincias de Europa. Redacción O presidente da asociación europea de gobernos provinciais “Partenalia” e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, analizou hoxe co presidente da Comisión Europea (CE), JeanClaude Juncker as vías para impulsar unha maior competitividade nas provincias de Europa, entre as que se atopan o desenvolvemento de políticas contra o despoboamento rural e o financiamento directo para os territorios provinciais. Así o expresou Baltar no encontro que mantivo con Juncker na xornada inaugural da Semana Europea das Rexións e as Cidades, que tivo lugar en Bruxelas,

onde tamén tivo a oportunidade de facer chegar as súas propostas en favor das políticas dos territorios provinciais ao presidente do Comité das Rexións, Karl Heinz Lambertz; á comisaria de Política Rexional da UE, Corina Cretu, e ao vicepresidente do Parlamento Europeo, Pavel Telicka. “Actuar desde o local para lograr resultados globais en beneficio de todos os cidadáns da UE independentemente de onde vivan”, propón Baltar, quen presentou ao presidente da CE os plans da Deputación de Ourense en materia de innovación e xestión pública para dinamización do rural, que impulsará tamén no seu recente estreado mandato á fronte de Partenalia, remarcando “a

importancia que teñen os gobernos provinciais como único nivel administrativo con capacidade e visión para reforzar o vínculo entre áreas urbanas e rurais”. A Semana Europea das Rexións e as Cidades reúne en Bruxelas a uns 6.000 participantes, nun programa integrado por unhas 100 sesións de traballo, mesas de debate e encontros sectoriais sobre desenvolvemento rexional e local.

Baltar: “Actuar desde o local para lograr resultados globais en beneficio de todos os cidadáns da UE”

Este evento permite cada ano a axentes da administración local e provincial, técnicos e representantes do mundo académico pór en común boas prácticas e coñecementos especializados en materia de desenvolvemento rexional e urbano, así como avanzar estratexias sobre a política de cohesión da UE, que celebra o seu 30º aniversario nun momento caracterizado pola proposta do novo marco financeiro plurianual 2021-2027, os seus instrumentos lexislativos e as eleccións ao Parlamento Europeo. Investimento en recursos turísticos Neste sentido, o turismo é un sector que o presidente Baltar considera unha das claves para o impulso da competitividade rural, polo cal trasladou a Junker a necesidade de que a UE impulse proxectos que potencien os recursos turísticos de territorios nos que prima o valor do natural e a sustentabilidade, na liña da iniciativa que vai desenvolver a Deputación de Ourense cun investimento de tres millóns de euros, para a posta en marcha do proxecto “Hai un Ourense para ti. Descúbreo”. Derivado do plan “Provincia Intelixente”, este proxecto -cofinanciado ao 60 % polo Estado- acaba de ser aprobado na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de lRed. é e suporá unha importante inxección económica para a provincia de Ourense.


DEPORTES

Catro vitorias ourensás

remataron con canastras de Jhornan Zamora ou mates de Watson. Así, acadaron unha renda de oito puntos (36-28), que parecía romper o partido. Porén, os madrileños non se descompuxeron e pouco a pouco recurtaron distancias ata marchar ao descando cun axustado 38 a 35.

4 Os catros representantes da provincia en Terceira venceron na sétima xornada. R. Torres Xornada propicia para Barco, UD Ourense, Arenteiro e Ourense CF. Os catro equipos ourensáns contaron por vitorias os seus encontros. O primeiro foi a Unión Deportiva Ourense, que se desfixo do Silva por 0-2 nun partido estraño no que houbo tres xogadores expulsados no primeiro tempo. Os goles, de Hugo, aos 20 minutos, e de Alfredo, no tempo de desconto. Idéntico foi o resultado do Barco na Illa diante do Céltiga (0-2) con goles de Juanito Bazo e Santi Real nos intres finais cada tempo. Os valdeorreses sumaron o cuarto triunfo consecutivo. Tamén 2-0, pero como local, o Ourense Club de Fútbol logrou a primeira vitoria no que vai de competición. Os goles de Rober e de Iago Beceiro no Couto dobregaron ao Choco. Pola súa banda, o Arenteiro fíxose cunha impor-

tante vitoria no campo do Somozas por cero goles a un; o gol, obra de Carlos de Dios. Oitava xornada O máis atractivo da xornada desta fin de semana vivirase en Espiñedo. Alí haberá derbi. Será o Arenteiro fronte o Ourense C.F. O Barco recibe ao Alondras e a U.D. Ourense a Paiosaco. Preferente O derbi en Barbadás e Antela saldouse con empate a un nos Carrís. As táboas non impediron que os da Valenzá continúen de líderes nin que os limiáns sigan sen coñecer a vitoria. Nin Velle nin Bande puideron co Grove e Ponteareas. Os primeiros perderon por 2-3 e os segundo por 0 a 2. Nesta xornada o Barbadás visita a Beluso e o Bande a Estradense. Antela e Velle xogarán o derbi ourensán na Moreira.

Pepo Vidal entrando a canastra./C. DOMARCO.

Cómoda vitoria do COB no Pazo 4 Vence por 71-50 ao Canoe. R. Torres O afeccionado do Club Ourense Baloncesto xa tiña ganas de ver ao seu equipo en competición oficial, e este non o defraudou. Certo é que o rival, ZTE Real Canoe, non foi un duro contrincante, pero o COB exhibíuse no debut no Pazo

nesta LEB Ouro 2018-19. No primeiro cuarto ningún dos dous conxuntos marcou a diferenza, chegando ao final do mesmo con vantaxe para os visitantes (14-17) e co xogador do Canoe, Pérez Balbuena, como o máis destacado. No segundo cuarto, os locais puxéronse por diante con rápidas accións que

O Ourense Envialia dobrega a domicilio ao Alcorcón 4 O Sala Ourense logra a vitoria en Asturias. Redación

Rubén Arce, no encontro ante o Silva. /Y. SEARA

Barrios 11 de outubro 2018

Vitoria a domicilio, pola mínima, do Ourense Envialia ante o Alcorcón. Os sete goles do encontro chegaron na segunda metade. Adiantáronse as alfareiras por dúas veces, pero as de Morenín ademais de lograr empatar

puxeron terra de por medio con dous goles máis (4-2). Un gol nos últimos minutos das locais facían darlle emoción ao encontro pero o resultado xa non se movería. As ourensás suman un empate e unha vitoria nas dúas primeiras xornadas. Esta fin de semana visitan ao Leganés.

Ruptura Tralo paso por vestiarios apareceron dous equipo distintos aos da primeira metade. Un COB con ganas de levarse o partido pola vía rápida e un Canoe sen ideas. Os ourensáns subiron unha marcha e foron incrementando a diferenza ante a falta de reacción dun Canoe que vía como se lle escapaba a vitoria. Con 60-39 rematouse o cuarto. Os últimos 10 minutos foron de trámite e os cobistas lograron incluso ampliar a renda. Ao final, os de García de Vitoria brindáronlle a vitoria aos seus seareiros; para comezar con bo pé no Pazo.

11

EN BREVE 4 Ximnasia Trala xornada clasificatoria que tivo lugar en Marín o sábado día 6 de outubro serán cinco os conxuntos do Club Ximnasia Pavillón os que viaxarán a Murcia (do 7-11 de novembro) para participar no Campionato de España base e Copa de España.

4 Gaélico O conxunto masculino do Auriense Fútbol Gaélico logrou a pasada fin de semana a segunda vitoria consecutiva -noutras tantas xornadas- da tempada. Nesta ocasión foi como local (na Universidade) ante o Mecos FG do Grove. Dentro de 15 días regresa a competición, de novo en Ourense, ante o Cambados FG.

4 Tenis de mesa

Barça B Este domingo, ás 12 en Barcelona o COB enfrontase ao filial blaugrana na terceira xornada de liga.

No encontro da segunda xornada de Segunda división de tenis de mesa o Galmédica Ourense perdeu na casa diante do AD Vincios. Este domingo os ourensáns desprázanse ata Vigo para enfrontarse ao recén ascendido Club Tenis de Mesa Vigo.

Sala Ourense O Sala Ourense de 2ª B logrou a segunda vitoria consecutiva. Nesta ocasión foi en terras asturianas diante do Santiago De Sama por 5-7. O Pizarras Los Tres

Cuñados é líder da clasificación ao sumar catro vitorias noutros tantos encontros. Na quinta xornada os capitalinos recibe ao Guardo, mentres que os valdeorreses visitan ao Boal.

O Envialia no primeiro encontro de liga. /RAMSÉS.


12

Barrios 11 de outubro 2018

Axudas a deportistas Redacción O Concello repartirá 25.000 euros en axudas a deportistas individuais a través do Consello Municipal de Deportes (CMD). Os criterios de valoración diferencian entre cualificación, para maiores de 18 anos, e iniciación, para menores de 18 (estes percibirán unha bolsa en material deportivo). A documentación da solicitude poderase presentar desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia e durante o prazo dun mes. A información estará colgada na web do Consello Municipal de Deportes: www.deportesourense. com, onde poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes.

DEPORTES

Triunfo do Voleibol Ourense 4 Ante o Rivas de Madrid. Redacción A xornada inaugural da Primeira división non puido deixar un mellor resultado para o Voleibol Ourense. As ourensáns venceron a un dos “cocos” da competición -Rivas de Madrid- por tres sets a dous. O Voleibol Ourense arrancou, no Pompeo, de xeito maxistral levándose os dous primeiros sets con facilidade. Porén, os dous seguintes sets caeron do lado das madrileñas, a pesar de dispoñer as ourensás dun punto de partido no cuarto set. Todo decidiríase no quinta e definitiva manga. O bo facer da xogadora Rebeca Kruse decantaría o partido cara as ourensás.

Fin de tempada no Hipódromo Antela 4 Co Gran Premio de Galicia. Redacción O día 12 de outubro dispútanse as carreiras clásicas de fin de tempada de galope no Hipódromo de Antela. Ás 12 horas dispútase a primeira carreira (1200 m) reservada a cabalos de pura raza Árabes .Na que a priori parten como favoritos AB Bantari, Rejón Cid

e Revoltosa. Ás 12:40 h darase a saída ao Gran Premio de Galicia (1800 m) reservado aos puro Sangue Ingleses cun prognóstico moi complicado pois tanto New Fol como Leffard, Craus, Mihanie e Barbe a Box atópanse en bo momento de forma á vista dos seus últimos resultados, pero

A próxima xornada o Voleibol Ourense desprázase ata Madrid para xogar fronte o Alcobendas, equipo descendido este

ano da Superliga. San Martiño Esta fin de semana tamén comezaros as competicións para os equipos do Club Voleibol San Martiño. O equipo sénior, de 1ª División, caeu derrotado por 3-0. As xuvenís, pola súa banda, tamén perderon, o resultado foi de 3-2.

O Voleibol Ourense celebrando a vitoria no Pompeo.

non podemos descartar a Granja e Paraíso Canarias. Ás 13:40 h marcase a hora de saída da proba con maior dotación do día, o Gran Premio de Galicia de Trote Enganchado, con 6 participantes en liza. Destaca como favorito o trotón francés Ramsey Du Ham que leva gañados 617.000 euros, pero contará, sen dúbida, coa presión de Quarass Rose e Roc De Cossio. Como xa é habitual entre os asistentes se sortearán vales de comida para o Restaurante do Area de Servico de Antela.

Imaxe dunha carreira anterior celebrada no Hipódromo de Antela.

Iván Feijoo comeza o curso no podio 4 Logrou a vitoria en Poio. Redacción O ciclista ourensán do CC Maceda, Iván Feijoo, comezou a tempada de ciclocross -que se estenderá ata xaneiro- con vitoria en Poio na categoría absoluta. O seu compañeiro, Saúl López remataba nunha meritoria oitava posición. A categoría máis prolífica, en canto a podios, para o Academia Postal - Maceda foi a júnior feminina. Andrea García facíase coa segunda posición e a súa compañeira, Aida González, acompañábaa no terceiro caixón do podio. Outros resultados En júnior masculino Hugo Vázquez era quinto a pesar dalgún percance

de carreira. E en cadetes, Martín González chegaba a meta quinto; Hugo Álvarez, décimo terceiro; Brais Vázquez, 22º; e Álvaro Barreal xusto detrás, 23º.

Iván Feijoo entrando na meta de Poio.


DEPORTES / OCIO E CULTURA

A San Martiño abre inscricións 4 A carreira celébrase o domingo 18 de novembro. Redacción A carreira pedestre popular San Martiño 2018 ten aberto o prazo de inscrición para todas as súas categorías. A proba, que chega a súa 42ª edición, disputarase o domingo, 18 de novembro. O prezo será 5 euros para quen o faga antes do día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o día 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense. com e a web www.championchipnorte.com. Carreira inclusiva Como principal novidade desta edición está a

incorporación dunha carreira inclusiva (persoas con diversidade funcional), cunha distancia de 1.400 metros. Tamén participarán nesta proba a categoría benxamín (que naceran nos anos 2012 e posteriores). A recollida de dorsaischips e camisetas será o venres 16 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 17 de 10h a 14h e de 16h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebrará a feira Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Non se entregarán dorsais o día da carreira.

Comeza o concurso de carteis para o Samaín e os Magostos 4 Poden presentarse as obras no Concello de Ourense ata o 19 de outubro. Redacción A Concellería de Cultura vén de abrir o prazo de presentación dos carteis anunciadores para as festividades de Samaín Festa de Todos os Santos, 31 de outubro-, e a dos Magostos –11 de novembro-. O prazo permanecerá aberto, para recepción de obras, ata o venres 19 de outubro. O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 euros, e o de Samaín con 600. Os traballos serán en-

tregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Samaín 2018” e “Concurso carteis Magosto 2018”, acompañados dunha declaración de responsabilidade da súa autoría e do seu carácter inédito, e debaixo un pseudónimo ou

Barrios 11 de outubro 2018

lema, así coma cos datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirán os sobres das obras que resulten seleccionadas. O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. A decisión do xurado será inapelable. Información As bases completas destes concursos están publicadas na páxina web ourense.gal e en ourensecultura.com.

O cartel gañador do Samaín recibirá 600 euros e o dos Magostos, 800

Magosto popular de Ourense. /ARQUIVO.

13

EN BREVE 4 Subvencións O Concello de Ourense abre o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais de interese público, festas patronais, romarías ou celebracións tradicionais. Destina 110.000 euros a través de dúas liñas: asociacións culturais sen ánimo de lucro; e accións no campo festivo desenvolvidas por asociacións de veciños e comisións de festas. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral antes do 29 de outubro.

4 Coral de Ruada

O expediente de honra incoado polo Concello de Ourense a prol da Coral de Ruada inicia o período de información pública ate o día 9 de novembro. As adhesións presentaranse a través do Rexistro Xeral do Concello ou asinadas telematicamente. Na páxina web do Concello de Ourense www.ourense.gal


14

Barrios 11 de outubro 2018

4AXENDA Exposicións - Ata o 21 de outubro - Exposición do pintor Santiago López Amado “O movemento estático” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 21 de outubro - Exposición do escultor Pepe Galán “A volta dunha ausencia” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - Do 4 ao 14 de outubro - 11 Edición do FITO - Auditorio Municipal e Teatro Principal de Ourense - 14 de outubro - Teatro infantil “Pavillón lino” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 18 de outubro - Sarabela Teatro “Celebración. A gran noite” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense Música - 20 de outubro - Outras musicas “Rodrigo Leao” - 21 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 29 de outubro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense Deportes - Do 11 ao 14 - Pupo Extreme 2018 - Xardín do Posío (Ourense) - 12 de outubro - Gran Premio de Galicia de trote e galope- 12 h. - Hipódromo de Antela (Sandiás) -13 de outubro - CD Arenteiro - Ourense CF Terceira División - 17.30 h. - O Espiñedo -14 de outubro - UD Ourense - UD Paiosaco Terceira División - 18 h. - O Couto - 14 de outubro - Torneo de Xadrez Activo Campus de Ourense 2018 - Campus de Ourense - 21 de outubro - Circuito Correndo x Ourense “Carballeira” - 11 h. - Barrio da Ponte

AXENDA / ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

Deportista niguneada Representando a Ourense en Adelaida (Australia) do 15 ao 21 de novembro, desprázase a deportista ourensá Cristina García Colomo. Se cremos que vai estar apoiada polas institucións ourensás para sufragar gastos, esponsorizar ou apoiar á nosa deportista; non podemos estar máis lonxe da realidade. Resulta que non ten ningún apoio nin patrocinador de empresas ou institucións ourensás. Non só iso, non se lle apoia nin axuda, se non que ao parecer ata lle pon trabas no propio pavillón de deportes onde traba-

lla. Quero que estas cousas se saiban, porque a día de hoxe a realidade dos nosos deportistas en Ourense deixa moito que desexar. Creo que se debería de apoiar dalgunha maneira este tipo de actividades dos nosos e nosas deportistas. Non sei se se axudou aos que foron aos mundiais de atletismo en Málaga, pero se non foi así, véxoo moi mal. Pero o que me resulta inadmisible, é que se non se lles axuda, polo menos que non se lles poñan obstáculos. Manuel García Colomo

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Parteiras En 1924, as embarazadas de recursos limitados tiñan garantida a asistencia nos seus domicilios pola “Beneficencia Municipal”. Para o caso de atoparse en situación de desamparo, poderían ingresar na “Casa de Socorro”. As matronas municipais ofertaron cobertura sanitaria durante o proceso reprodutivo ás mulleres máis necesitadas de Ourense. Mercedes Mouriño Fernández e Elvira Méndez Fernán-

dez desempeñaron esta tarefa durante décadas. No eido privado: Ofelia Soto, con despacho no primeiro andar do nº 22 da rúa Basilio Álvarez; Martina Alejandra Gallego, con consulta en Pizarro e Sara Estévez na rúa Colón, facilitaron a chegada de centos de criaturas a este mundo repleto de arestas. Seu era o futuro.

Outros - 15 de outubro - Luns de fimoteca “A fábrica de nada”- 20.30 - Biblioteca Pública de Ourense - 16 de outubro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 17 de outubro - Comedias de outono “Cheos de vida”- 18, 20.30 e 23 h. - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com

Bebé. Anos 30. Foto Pacheco.-

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

Obradoiro en Xinzo

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Redacción

Gastrite É unha inflamación do epitélio estomacal, que pode ser aguda ou crónica. A gastrite aguda ou se cura en poucos días ou pasa a ser crónica. Pode ser causada pola bacteria helicobacter pylori (Hp), por exceso de alcol, ou unha deficiente alimentación, exceso de anti-inflamatórios ou por estrés grave. A gastrite crónica é unha das doenzas máis frecuentes do mundo atinxindo máis do 50% da humanidade. Se a través de probas clínicas, se verificarse que no seu estómago existe esta bacteria (Hp), terá que ser medicado polo seu médico para irradiála. Investigadores e moitos médicos consideran que é un dos principais factores de risco para o xurdimento do carcinoma. Curar a gastrite crónica

pasa, por mudanzas no estilo de vida; os alimentos ricos en graxa e os fritos, no xeral, deben ser eliminados, así como os medicamentos que neutralicen, inhiben ou bloquean a secreción ácida do estómago. Tamén froitas ácidas, algúns témperos e doces concentrados. Fai ben inxerir en xaxún, zume de uva, de cenoura e media culler de árxila branca (purificada) disolta nun vaso de auga. Unha boa terapia será facer un tratamento con xel de aloe vera, disolto e mesturado cun pouco de mel e unhas gotas de augardente. Ese recipiente en vidro debe estar no frigorífico e inxerir dúas culleradas de sopa en xaxún, durante dúas semanas.

João Damião

O Concello de Xinzo de Limia acollerá un novo obradoiro de formación profesional para o emprego, que terá lugar de setembro a xuño do vindeiro ano. O taller acollerá a 15 alumnos con especialidade en albanelería e zonas verdes e será financiado pola Consellería de Economía da Xunta cun custo de 216,605,25€. Cunha duración de nove meses, o obradoiro formará profesionalmente aos alumnos quen, ademáis, terán como obxectos de actuación dúas obras de especial importancia para o municipio. Por unha banda, delimitarán fisicamente a parte este e norte do parque Alameda do Toural e, por outra, realizarán unha nova delimitación do parque Ponte da Lima ademáis de instalar rego automático e plantación arbórea e floral.


OCIO E CULTURA / ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 11 de outubro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº72 - Ano: XI - 11 de outubro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

EN BREVE 4 Outono gastronómico A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, visitou a Casa A Rousía en Baltar, un dos 19 establecementos ourensáns que participan na 12ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, que se prolongará ata o 17 de decembro. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, ofrece dous menús coidados ademais de propoñer diversas posibilidades de aloxamento. Os prezos oscilan entre os 30 e os 300 euros.

4Bandeira de Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo, os voceiros da oposición, o presidente da Comisión Heráldica da Xunta, o historiador limiao Edelmiro Martínez Cerredelo, e o técnico da Xunta Pablo Otero, mantiveron unha reunión na que se deu resposta por parte dos expertos en Heráldica ás distintas dúbidas relativas á proposta que facía a Comisión, no tocante ao deseño e cores do emblema da bandeira como símbolo do Concello de Xinzo de Limia. Os asistentes amosáronse satisfeitos coas explicacións, e a cuestión quedou emprazada para debater na próxima Comisión de Cultura previa ao pleno.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

O medo a morrer lévate a comer a vida de golpe (3ª parte) Botamos duas ou tres noites traballando arreo sen atopar nin unha area de wolframio, entón, desesperados, falamos co Delmiro que facía as veces de capataz e dixemoslle que nos non volvíamos, que liscábamos para a casa cos poucos cartiños que trouxéramos xa os acabaramos, e que a pedir non íamos andar. Díxonos que aguantaramos uns días máis, que de darnos para comer encargábase el e máis de pagar a corte onde durmiamos, se en dous días non aparecía nada, que entón nos foramos. Andrés quería quedarse, non sei se era por se atopábamos algo ou por durmir con Din, o caso é que acordamos quedar dous días máis a ver que acontecía. As veces parecíamos coellos saindo das coelleras, a un dos guardias, un tal Amadeo, metíanse con el e cando baixaba con Victoriano, o outro número, berrabanlle “Amadeu! Amadeu! Corres ti ou corro eu” e cando os vían coller cara eles saían a escape cada un por seu lado, aínda cas veces soltaban algún tiro ó aire, case nunca pasaba nada, era máis que para facer mal, para meter medo. Mentras decía esto

ergueuse e foi a mexar ao burato do pasillo que daba para a corte de arriba, dormíamos os dous xuntos no cuarto grande, aquela era unha noite de inverno, ese inverno de Ribas do Asneiro cando o frío afeita sen navalla. No verán, eu déralle unha puñada ao cristal da fiestra e rompino, o pai dixo que o ía encargar pero levamos catro meses e aínda non o trouxera, eu xa non lle lembro nada diso, senón dime ca culpa foi miña por non coutar o xenio, e razón ten pero este frío non hai que o ature. O caso foi que xa estaba a perder a pacencia por saber se atoparan wolframio ou non ou se os pillaran os gardas, a min aquelas historias da Brea gustábanme tanto ou, aínda máis, ca mellor das películas. Colleu o paquete de ideales, un papeliño, leou un pitillo, prendeulle lume e preguntoume, “queres que remate o conto ou deixo para mañá, que xa se fai tarde”. Eu deitei a cabeza no seu peito e dixenlle “ non, agora tes que acabalo que me traes intrigado, total mañá non hai escola que é sabado, aínda que non precisamos madrugar moito que ca xeada que está caendo, ata as dez tampouco se poden botar as vacas”.

Colocou ben a almofada, e tapoume co cobertor e dixo : “vale pois, seguiremos entón”. “Non atopamos máis ca unhas pedriñas e non onde andábamos a furar senón nun balado baixando de Senin. O Bergueiro un dos da Bandeira arrimouse para mexar e unha das pedras pareceulle que tiña algo, desfixo a metade do balado e alí mesmo escachamos a pedra e sacamos como uns puñados de pedriñas negras, dixo “con isto temos para aguantar unha ou duas semanas mais”. Fuximos de contado despois de desfacer o balado todo co medo que nos pillara o dono do prado e se armara gorda. Pola tarde arrincaron teu tío Andres e Sinesio, o curman do Bergueiro, á Merza, que alí comprabao un de Bamio, unha aldea pretiño de Vilagarcia que non me lembro agora como lle chamaban o home aquil, era un dos que máis pagaba según nos dixeran os de Saidres que lle vendían a cotío do que sacaban os obreiros da mina da Empresa, dixo: “vos ide sen medo ningún”. (Continúa no número seguinte)

Avelino Jácome

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358.

INMOBILIARIA Alugo local de 16 m2 máis altillo de 10 metros aproximadamente. Prezo 120 euros de renda máis 7 euros de comunidade. Baños comunitarios. Á beira dos viños. Teléfono 627 203 131. Véndese ou alugase piso na estrada de Vigo

(preto do Lidl). 90 m2, 3 habitacións, cociña amoblada, calefacción e ascensor. Tel. 630 538 510. Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos: en Gustei, (1.000 m2) e outro de 500 m2. Nas Barxas, un de 1.000 m2). Prezos a tratar. Tel.: 627 608 758.

VENDAS

Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.


Barrios 11 de outubro 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook