Entrevista a Lois González, un dos pioneiros na cría de bois en Allariz [Páx. 3]
TEMA
Páx.2
Desaloxan a residencia de anciáns de Podentes, no Concello da Bola
A VALENZÁ
Páx.6
Barbadás conta cunha base de datos para controlar a limpeza de parcelas
ALLARIZ
Pax. 7 CELANOVA
Allariz rolda o 40% de lixo reciclado, superando a media en Galicia
Pax.8 DEPORTES
Incrementada nun 19% a axuda á Escola de Música de Celanova
Encontro de cidades termais en Ourense
Páx. 11
Iria Fernández e Luis Iglesias vencen no “Correndo por Ourense” da Ponte
Aarón Blanco e Ngagne Faye, rumbo ao Mundial de China
[Páx. 10] Ourense celebra a asemblea da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa. // Faye, adestrando para o Mundial de shuaijiao de China.//./M.REJO.
Número: 71 - Ano: XI - 4 de outubro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[Páx. 11]
Barrios 4 de outubro 2018
TEMA DA SEMANA
Traballadores do Concello da Bola desaloxan a residencia de Podentes 4 Tras varios días de intenso conflito os 24 usuarios foron trasladados a outros centros da provincia para proceder ás obras de mellora. Redacción Este 2 de outubro rematou o complexo conflito entre o Concello da Bola e a empresa Carbatari, concesionaria da residencia da terceira idade sita en Podentes, co desaloxo, por parte de traballadores municipais, dos 24 anciáns que permanecían nela, os cales foron trasladados a cinco centros da provincia e terán a súa praza reservada para cando se produza a reapertura. Os problemas entre Concello e concesionaria comezaron en xuño de 2016, cando co remate do contrato o goberno municipal decidiu o desaloxo da residencia para efectuar unha serie de reformas debido a “uns danos graves que poden afectar á habitabilidade do inmoble”. Segundo explicou a propia alcaldesa popular, Teresa Barge, trátase de “humidades no semisótano, radiadores que non funcionan, muñequeiras aguantando portas, cables pelados nas habitacións ou timbres que non soan”. Por iso, insistiu sempre na necesidade de pechar a residencia e realizar as obras no menor tempo posible. Pero dende Carbatari non estaban de acordo e isto conlevou que en varias ocasións se viran as dúas partes nos xulgados ao longo destes dous anos. Dende a concesionaria aseguran que “o edificio levaba seis ou sete anos construido
ao marxe do conflito. O organismo autónomo explicou que non existen plazas concertadas nesta residencia nin ten ningunha competencia na mesma, polo que piden que o problema sexa resolto entre Concello e empresa. E remiten á sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo pola que se autoriza ao Concello da Bola a executar o desaloxo. Desaloxo Co auto xudicial a favor do Concello comezou o
principio do fin dos enfrontamentos. E este 1 de outubro, en presenza da Garda Civil, Concello e concesionaria asinaron un documento no que o primeiro se fixo cargo da atención dos 24 usuarios da residencia de Podentes e da xestión do inmoble. Procedendo así, ao día seguinte, ao desaloxo e reubicación dos anciáns. En canto á situación dos traballadores de Carbatari, a alcaldesa explicou que se reunirán con eles no centro municipal de Benestar. “Recoñeceránselles os dereitos que marque a lei”, concluíu Barge.
Os 24 usuarios desaloxados conservarán a súa plaza trala reapertura
4 CIG e BNG critican á alcaldesa Residencia de Podentes, no Concello da Bola, que foi desaloxada. /I. OSORIO. cando entramos e esas humidades xa estaban”. Ademais, explican que as melloras son en zonas nas que non acceden os usuarios, polo que “poden realizarse sen necesidade de pechar”. Para a empresa o único obxectivo do goberno municipal é “liquidar aos traballadores”. O Concello entra na residencia Esta situación complicouse aínda máis o pasado 24 de setembro, cando dende o Concello decidiron acceder á residencia para poder proceder ao seu desaloxo de xeito inmediato. Pero os traballadores de Carbatari, segundo explicou a rexedora, non lle permitiron aos traballadores
municipais acceder aos expedientes dos usuarios para “coñecer o seu estado e contactar cos seus familiares”. Explicou que “queriamos desaloxar á empresa para comezar a traballar co noso persoal e establecer protocolos para o traslado progresivo e temporal”. Dende Carbatari reclamaron que o Concello non procedeu do mellor xeito, “non debían ter vido coa Garda Civil, senón cun servizo de inspección da
Os problemas comezaron en xuño de 2016, ao remate do contrato de Carbatari
Xunta”. O que conlevou a que o representante da concesionaria presentase unha denuncia ante a Garda Civil de Celanova. A Xunta mantense ao marxe A continuación, seguiron dous días de convivencia tensa de traballadores de ambas partes dentro da residencia. Coincidindo todos en que o seu obxectivo era o benestar dos usuarios, pero acusando á parte contraria de perxudicalos. Co conflito sen avance, diversos representantes sindicais dos traballadores de Carbatari pediron a mediación da Xunta, pero dende a Concellería de Política Social sairon ao paso asegurando que se manterían
Dende a CIG non tardaron en pronunciarse a favor dos traballadores de Carbatari. Segundo o sindicato “nesta guerra sen cuartel, os métodos usados pola alcaldesa bordean a legalidade”, denunciaron. “Entraron pola forza nas instalacións; pretendeu que persoal alleo ao centro atendese aos usuarios para darlle a comida, movelos e atendelos en xeral, co risco que isto suporía mesmo para a saúde das persoas ingresadas; publica aos catro ventos a que empresario lle vai outorgar a futura concesión, que, ao parecer, ten relación coa residencia de Montederramo”, detallaron. Así mesmo, reclama-
ron que “a actuación da alcaldesa da Bola conculca o dereito de subrogación que o persoal da residencia ten recoñecido por convenio colectivo e que protexe o seu posto de traballo e as súas condicións laborais no caso de cambio de titularidade”. Do mesmo xeito, dende o BNG da Bola manifestaron a súa “rotunda oposición á forma de xestionar o problema por parte da Alcaldía”, e solicitáronlle a Barge que “deixe de actuar da forma despótica e de crear un clima alarmista coas súas actuacións, entre as que se encontran a de entrar na residencia ou colocar un cartel advertindo de catástrofe inminente”.
ENTREVISTA
Barrios 4 de outubro 2018
ENTREVISTA A LOIS GONZÁLEZ, PROPIETARIO DUNHA EXPLOTACIÓN DE BOIS
“Se o animal está ben engordado e a carne ben madurada acada un sabor manteigoso”
4 Lois González emprendeu a arriscada aventura de criar bois para vender a súa carne a particulares e hostalaría. Tras sete anos, explota 70 cabezas de vacas, becerros e bois. “Pese a ser unha carne un pouco máis cara que outra, a de boi valórase moi ben. Ten un sabor diferente ao resto” Lois González, cun boi na súa explotación en Coedo, Allariz./M.REJO. Redacción Achegámonos a Coedo, no Concello de Allariz, onde nos recibe Lois González, un mozo que regresou á súa aldea para facer o que máis lle gustaba de neno: críar animais. Foi un dos pioneiros en por en valor a carne de boi. Ninguén mellor para descubrirnos o segredo desta carne vermella que tanto gusta. Cóntanos a túa experiencia como gandeiro. Lois González (L.G.): “Comecei no ano 2011 porque non atopaba traballo na empresa privada. Decidín montar algo pola miña conta e a gandeiría sempre me chamou, dende pequeno. E así comezou todo. Lembrei que os meus avós tiñan vacas aínda que miña nai non continuou, a min gustábame. Agora explotamos 60 hectáreas. As vacas son autóctonas, de raza
“A Consellería de Medio Rural axudounos para a primeira incorporación e o grupo de desenvolvemento rural da zona tamén”
vienesa. Todo en crianza ecolóxica en extensivo, en aberto. Primeiro temos aos becerros dous, tres ou catro meses, depende do animal, nun pequeno cebadeiro”. Como foron eses comezos? L.G.: “Comecei mercando poucos animais para facer unha especie de proba, pero fomos aumentando pouco a pouco ata o de agora, que temos 70 cabezas entre vacas e bois. O primeiro que tiven foron bois e introducín vacas para aproveitar as zonas máis alonxadas do pobo. Como a Xunta non contempla a cría de boi como subvencionable e as vacas si, tamén axudou para ter subvencións para a primeira incorporación e axudar a instalarme”.
12. Mercamos a cría do boi fóra de aquí porque non é un produto doado de conseguir. Témolo só para a tempada de verán e rematamos coas xornadas de carne de boi en Allariz agora en outubro”. Fuches dos primeiros en críar bois na zona? L.G.: “Cando comecei eu practicamente en Ourense non había proxectos como o meu.
Si que había xente que os tiña por afección, pero pouca cousa, un ou dous animais na casa. Fun dos primeiros proxectos de cría de boi como negocio propiamente dito”. Cal é o segredo da carne de boi? L.G.: “O consumidor ten unha crítica moi positiva desta carne, da nosa carne en particular. O hostaleiro tamén está contento co produto. Pese a ser unha carne un pouco máis cara que outra, valórase moi ben. Hai moi pouca.
“Temos unha forma de traballar na que vendemos toda a carne do boi, non só os chuleteiros. Así o que conseguimos é baixar o prezo en xeral e que sexa rendible a crianza”
Tiveches axudas da administración entón? L.G.: “Si. A Consellería de Medio Rural axudounos para a primeira incorporación e o grupo de desenvolvemento rural da zona tamén”. Porque decidiches criar bois? L.G.: “Foi unha cuestión persoal miña. Xa levamos sete anos e penso que fomos medrando. Temos ao redor de 10 bois durante o ano, entre 9 ou
Lois explota 60 hectáreas nos montes de Coedo. /M. REJO.
Ten un sabor diferente ao resto. Se o animal está ben engordado e a carne ben madurada acada un sabor manteigoso. Tamén axuda que a carne roxa se puxo de moda nos altos restaurantes. O boi ten mellor venta que a vaca, que semella desprestixiada, polo tema da “vaca vella”, pero non é así. Notamos que hai un crecemento na demanda de carne de boi, de feito, cada vez hai máis xente que os cría coma min”. Como e a quen lle vendedes a carne de boi? L.G.: “Tamén somos distribuidores. Vendemos directamente a particulares e a hostalaría. Pero estamos máis centrados na hostalaría. Vendemos a comercio local nun radio de 30 ou 40 quilómetros. Vemos que hai interese en mercar a nosa carne fóra, pero teño que analizalo porque aínda somos pequenos. Nun futuro igual si, pero agora non. Non hai moita xente que venda carne de boi, está moi buscada. Estamos acollidos baixo a marca “Carne de boi de Allariz”. Con isto tentouse darlle nome e apelidos a esta carne. Temos unha forma de traballar na que vendemos toda a carne do animal, do boi, non só os chuleteiros. Así o que conseguimos é baixar o prezo en xeral e que sexa rendible a crianza”. Tes algún plan de futuro? L.G.: “Imos en función do que nos pide o mercado. Estamos estabilizados neste número de cabezas. Polo de agora o mercado non nos demanda máis carne. Imos cumprindo espectativas. A curto prazo non vexo moitos cambios”.
Que cres que falta para darlle un pulo á vida empresarial no rural? L.G.: “Hai dous problemas principais ao que nos enfrentamos os gandeiros. O primeiro é a burocracia. O montón de papeis que fan falla desaniman a calquera. Case tes que invertir un día á semana en xestionar papeis. Ou lle quitas horas á túa xornada laboral ou acabas pagando a unha xestoría, co que son máis gastos. O segundo é que ao depender da terra necesitamos un acceso máis doado a ela. Con respecto a outras partes de Europa imos con retraso e iso impídenos ser competitivos. É unha das eivas máis grandes que temos en xeral todos. Non dispoñemos da terra que precisamos. As gandeirías tenden a ser máis grandes e non podes medrar. Se fora accesible mediante préstamos ou alugueres sería positivo. Eu conseguín un monte comunal porque era o único que o quería traballar e cedéronmo por un pequeno arrendo. Para xuntar esas 60 hectáreas precisei 200 parcelas, teño unhas grandes e moitas pequenas. Penso que a Administración debería facilitar esta tarefa. Se soupera que podo medrar en 20 ou 30 hectáreas máis doadamente igual me pensaba meter máis animais”. Que mensaxe lle mandas á xente que queira seguir os teus pasos? L.G.: “É un traballo moi bonito que ten grandes recompensas. Dependes de ti mesmo. Medras como persoa e como profesional. Pero require moitas horas, como os autónomos deste país. Eu estou moi contento co camiño andado”.
Barrios 4 de outubro 2018
EN BREVE 4 Festas de San Francisco Do 5 ao 7 de outubro, o barrio de San Francisco celebra as súas festas. O venres 5, a verbena a amenizará o grupo Triunfo; para o día 6 chegará o grupo Samba e pecharán os tres días de festas a orquestra Ritmo Joven que actuará a partir das 20h.
4 ARI A Consellería de e Vivenda da Xunta destina este ano máis 1,5 millóns de euros ás áreas de rehabilitación integral (ARI) do Concello de Ourense. Ademais, a cidade dispón duns 2,4 millóns de euros pendentes de certificar correspondentes a convenios de 2015, que foron, e 1,3 millóns de euros correspondentes a convenios de 2017. Pola contra, o PSOE denuncia que se pechará a oficina de rehabilitación da zona do Polvorín, Camelias e A Carballeira despois de que o actual executivo non afrontara o pagamento da súa cota de arrendamento dende o mes de febreiro.
Malestar na Agrupación Miño Redacción A Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e a Periferia “Miño” que integra a máis de 20 AA.VV. do Concello de Ourense, leva meses esperando ser recibidos polo alcalde despois de que este incumprira os
CIDADE
Preocupación do alcalde pola Variante Norte 4 Reclama que se aprobe o proxecto de construción do tramo. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, solicitou mediante carta ao ministro de Fomento que, coa maior urxencia, se aprobe o proxecto de construción do tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela), co fin de poder licitar a obra antes do remate deste ano. Na carta remitida ao Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, o rexedor sinala que “é o momento de tomar decisións políticas firmes para activar a finalización destes trámites que se dilatan inexplicablemente no tempo”, manifestando ademáis que “esta obra dará paso ao impulso e desenvolvemento real e efectivo dun importante proxecto de cidade: o denominado Bulevard Termal, importante acceso e posta en valor das acordos da última reunión en marzo. “A falta de respostas do Concello esta freando o avance da cidade” afirman dende a agrupación. Audiencia pública Froito dese malestar, decidiron acollerse á figura da “Audiencia Pública” e que tampouco recibiu resposta. Unha fórmula recollida no Regulamento de Participación Cida-
marxes do Miño”. Para Vázquez Abad esta actuación resolvería a complexidade do enlace sur de Ourense da A-52 coas estradas N-540 e N525. E recordaba co primeiro estudo informativo foi aprobado provisionalmente fai 17 anos, o 2 de xaneiro de 2001, estando incluso plasmada nos presupostos xerais do Estado. O alcalde recordou na misiva que o 7 de maio o ministro anterior -Íñigo de la Serna-, manifestou “de forma contundente”, que o proxecto de construción sería finalizado no mes de xuño e que a partir de aí, entrabase na fase de supervisión do mesmo, prioritaria nas licitacións do 2018 cunha partida orzamentaria de 2,5 millóns. Inquedanza Ademais mostra a súa inquedanza tras unha resposta do Secretario Xeral dá que contempla que o Secretario do Concello levante acta da mesma e que exista constestación por escrito ás peticións formuladas con informes técnicos e xurídicos. Os temas que queren tratar son o novo regulamento de Participación Cidadá, taxas e declaración de utilidade pública; plan estratéxico, bases de subvencións e convenios; e plan de investimentos
de Infraestruturas ao asegurar que estaba pendente de culminarse unha auditoría de seguridade viaria en relación a este proxecto.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez./RAMSÉS.
O primeiro estudo informativo foi aprobado de xeito provisional fai 17 anos
Peugeot cede un vehículo a Progape 4 O alcalde agradeceu o xesto do concesionario PSA Retail Orense. Redacción PSA Retail Orense, concesionario de Peugeot na provincia de Ourense vén de confirmar a cesión dun vehículo para a protectora de animais Progape, vehículo que precisan para desempeñar o seu labor diario. Esta cesión gratuita vén logo de conversas coa empresa nas que o rexedor transmitiulles a necesidade dun vehículo, manifestada polos membros da protectora de animais que xestiona o albergue municipal, para poder desempeñar o seu labor de coidado de preto de medio millar de animais. “A empresa PSA Retail Orense amosou unha
sensibilidade especial coa necesidade que lle transmitimos desde o Goberno Municipal para mellorar o traballo diario de Progape, e é algo que debemos poñer en valor”, sinalaba Jesús Vázquez. Así, nunha reunión na Alcaldía, o representante de PSA Retail Orense, Carlos Miranda, confirmoulles á directiva de Progape a cesión dun vehículo ao albergue de animais das Eiroás.
Aprotectora precisaba este vehículo para o seu labor diario de coidado de medio milleiro de animais
e modificacións de crédito. Mandato Desde Miño lamentan que os partidos políticos da corporación “estean pensado nos seus intereses electorais -faltan oito meses para as eleccións municipais- e só se vaian acordar de nós cando lles interese pedir o voto”, aseguran desde a agrupación.
Jesús Vázquez e Carlos Mirando, na Alcaldía, xunto coa concelleira, Sofía Godoy, e membros de Progape.
CIDADE
O “Yes I Camp” une xeneracións 4 Trátase dun campamento tecnolóxico. Redacción O Concello de Ourense presentou un novidoso e pioneiro campamento tecnolóxico e interxeracional, “Yes I Camp”. Este proxecto foi seleccionado pola Fundación COTEC entre máis de 2.000 propostas, sendo a única seleccionada dunha administración pública. “Yes I Camp” abrirá as súas portas a 30 participantes maiores de 55 anos e a outros 18 con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, pero que contan con coñecementos tecnolóxicos no programa “Maker Seniors”. O prazo de inscripción para os interesados está aberto e poderase facer online na
web www.lamolinera.net ou ben de xeito presencial no propio edificio de La Molinera. Segundo o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, é “unha
aposta por aproveitar a creatividade e a enerxía da mocidade e conxugala coa experiencia e as habilidades dos máis maiores”. Campamento O campamento abrirá as súas portas o vindeiro 15 de outubro e rematará o 16 de novembro. Os alumnos terán clases catro horas diarias, tres días á semana. Durante o campamento, os alumnos enfrontaranse a catro retos: un reto de
mobilidade, outro social, a construción dun robot e o reto de que os participantes poidan contar a súa experiencia no curso utilizando todas as posibilidades tecnolóxicas e dixitais existentes.
O campamento abrirá as súas portas o vindeiro 15 de outubro e rematará o 16 de novembro
Presentación no Concello de Ourense do campamento “Yes I camp”.
Barrios 4 de outubro 2018
Ourense en Común carga contra o PP 4 A morosidade, o IBI e o OUFF, no punto de mira. Redacción A formación liderada por Martiño X. Vázquez, Ourense en Común, carga contra o Partido Popular, no goberno municipal, por diversos motivos. A morosidade, o IBI e OUFF, están no punto de mira. Tras coñecer a cesión do OUFF á Deputación, OUeC denunciaba a “aleivosía sistemática e inaudita” coa que o goberno municipal, con Jesús Vázquez á fronte, e Belén Iglesias como responsable da xestión cultural, “levan destruíndo nos últimos tres anos”. Por iso, reiteran a petición de dimisión da concelleira de Cultura.
Ademias, o aumento da morosidade do Concello chega aos 114 días nos pagos fronte aos 30 días que establece a lei- fixo que a oposición cargara contra o goberno municipal. OUeC esixe ao PP corrixir a crecente morosidade da súa xestión e estuda reprobar á concelleira de facenda, Ana Morenza. IBI O terceiro punto no que OUeC mostra as súas diferenzas cos populares é na baixada do IBI. Piden que sexa “máis xusto e progresivo”, que fomente as iniciativas de emprendemento, o uso de enerxías renovables, e que prime nas bonificacións ás familias máis vulnerables.
Barrios 4 de outubro 2018
CIDADE / A VALENZÁ
EN BREVE
Axudas a novas empresas
4 Roedores
Trala proliferación de ratas na cidade, acumúlanse denuncias veciñais pola aparición dos devanditos roedores (tanto ratas como ratos), Democracia Ourensana levará ao pleno deste venres, 5 de outubro, unha moción. Desde DO queren pór en marcha un plan de choque para erradicar a proliferación de roedores en Ourense, mediante a adopción das medidas pertinentes.
4 Bibliotecas
Ourense en Común pide diálogo cos colectivos estudiantís para actualizar os horarios das bibliotecas municipais. O grupo traslada ao pleno municipal a necesidade de que as horas de servizo das bibliotecas se adapten á demanda do estudantado que reclama maior compatibilidade coas súas necesidades.
4 AECC A panadería Tito, pon a venta una bolsa solidaria reutilizable o prezo de 1´50 euros nos seus despachos de pan repartidos por toda a cidade e na sede da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense. Os beneficios da bolsa (0´50 euros) irán destinados á adquisición de material para ampliar o Banco de Perrucas, gorros, pañolas, etc... que mantén a AECC Ourense na súa sede como servizo gratuíto para aquelas persoas que o precisan.
4 El Carmen O Centro Médico El Carmen organiza unha charla sobre cirurxía dixestiva minimamente invasiva. A conferencia terá lugar o mércores, 10 de outubro, ás 19.30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1).
4 Voluntariado O recinto de Expourense acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado. Prevese a participación dun milleiro de persoas no simposio.
4 O Concello concederá axudas de ata 2.000 euros. Redacción De esquerda á dereita: Xan Losada, Xosé Manuel Fírvida, Rafael Sierra e Xosé Ramón González. /RAMSÉS.
Barbadás conta cunha base de datos para controlar a limpeza de parcelas 4 Censáronse 2.115 propiedades. Redacción O Concello de Barbadás conta cunha base de datos na que se recolle o censo de parcelas periurbanas que os seus propietarios teñen a obrigatoriedade de manter limpas de maleza. Esta pioneira experiencia permitirá á entidade municipal o acceso informático para comprobar o estado de fincas incluidas nesa área, segundo explicou o tenente de alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Fírvida. Segundo o tenente de alcalde, a iniciativa xestouse para “dar cumprimento as exigencias legais vixentes de loita contra o lume”, que se endureceron nesta campaña despois da vaga de incendios forestais do ano pasado (sobre todo as do 15 de outubro, que asolaron miles de hectáreas nas provincias de Pontevedra e Ourense). Fírvida
Mellora de espazos públicos Redacción Barbadás porá en marcha un plan de mellora dos espazos públicos e da estética dos mesmos e outro de mantemento preventivo das beirarrúas do municipio. Dúas liñas de traballo que se aproba-
indicou que o traballo de campo permitiu identificar 2.115 parcelas nas áreas delimitadas pola lei, “das cuales cumprían a normativa de limpeza 824 (39%), e estaba en situación irregular 1.291 (61%); aínda que a metade destas xa se limparon por parte dos propietarios de xeito voluntario, grazas ás reunións mantidas cos veciños para explicarlles as novas obrigas. Procedemento En canto á metodoloxía de traballo, delimitáronse faixas perimetrais para establecer os distintos niveis de risco. Foise tomando datos de cada parcela con GPS, sinalando as que cumplían a normativa e as que non. A información obtida foi cruzada cos datos catastrais, para crear unha base de datos que logo se volcou nun programa con xeoreferencias, o cal permite consultar o estado de cada parcela en calquera
ron no pleno de setembro e que foron presentadas pola oposición. Democracia Ourensana solicitaba na súa iniciativa unha «mellora estética» do municipio e o PP demandaba o «mantemento preventivo nas beirarrúas». Desde o grupo de goberno de socialistas e nacionalistas indicouse que as demandas da oposición coincidían cos obxectivos que se marcaba o Concello, e nesa liña traballouse para
momento. Neste senso, existe unha aplicación na de xeito que os propietarios que desbrocen a sua parcela poden facer unha fotografía do novo estado e introducila na web municipal para coñecer o estado actual da mesma. Convenio O tenente de alcalde afirmou que, a pesares das dificultades para identificar a propietarios “o Concello de Barbadás está listo para cumplir o proxecto de control de biomasa”, polo que “solicitou á consellería do Medio Rural a sua inclusión no convenio para levar a cabo as limpezas subsidiarias”.
Unha vez limpa a parcela pódese mandar unha foto á web do Concello reformar espazos como o parque da Solaina e outros espazos públicos. Impostos O edil do Grupo Mixto presentou unha moción demandando rebaixar impostos e taxas municipais de cara ao próximo ano. O Goberno indicou que non se subiron impostos desde xuño de 2015, reducindo, mesmo, os valores catrastrais en 2016.
Unha nova liña de axudas por parte do Concello de Barbadás concederá ata 2.000 euros a empresas creadas entre o 1 de outubro do ano pasado e o 31 de outubro próximo. A subvención irá destinada a pequenas e medianas empresas (Pemes), independentemente da sua forma xurídica, que sexan de nova creación, incluidos traspasos, agás os efectuados entre cónxuxes ou parellas de feito, así como familiares
ata o segundo grao. Ademáis, o concello, a través da Concellaría de Promoción Económica, otorgará outra subvención fixa de 500 euros por posto de traballo. A entidade beneficiaria deberá estar dada de alta na Seguridade Social polo menos dous anos. A documentación precisa para optar ás axudas pode ser consultada na páxina web do concello (www.barbadás.es) ou nas propias oficinas municipais, así como no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
Punto de información da Romaría Feminista. /RAMSÉS.
Romaría Feminista A concellería de Igualdade do Concello de Barbadás organizaba a pasada fin de semana a I Romaría Feminista. Na mesma participaron centos de persoas, e sobre todo, mulleres de toda índole e de moitos sectores dos ámbitos laboral e social. A gran afluencia de público -moi aplaudida pola organización- puido gozar dunha xornada na que houbo debates, artesanía, gastronomia e ata música.
Xurado e premiados do “Barbadás a bocados”.
“Barbadás a bocados” “A cova do Savio” foi o gañador do premio do xurado e da votación popular do III Concurso de pinchos de Barbadás. “O Liñar”, “2 Yemas” e “Alento” foron outros establecementos premiados no “Barbadás a bocados”. Nesta terceira edición servíronse 7.700 petiscos nos 22 establecementos participantes, unha cifra que superou á do ano anterior.
ALLARIZ E COMARCA
Marcha ciclista en Baños de Molgas 4 Para persoas con e sen discapacidade intelectual.
En marcha as VII Xornadas de Carne de Boi de Allariz 4 Prolongaranse ata o 14 de outubro. Redación
Redacción A VI Marcha Ciclista Unificada, para persoas con e sen discapacidade intelectual, organizada por Special Olympics Galicia comezará o día 4 de outubro coa primeira etapa pola localidade ourensá de Baños de Molgas. A Deputación de Ourense colabora con este evento que nesa primeira etapa terá un percorrido de 12 quilómetros
e na que participarán 37 ciclistas e 20 voluntarios. A marcha pasará polas catro provincias galegas. Referencia O alcalde da localidade, Xaime Óscar Iglesias reivindicou o papel de Baños de Molgas como “referencia do ciclismo a nivel provincial, grazas á Deputación de Ourense, ó Inorde, e á asociación Ado Moure”.
Educación nega unha terceira aula de infantil
Barrios 4 de outubro 2018
O pasado 28 de setembro deron comezo as VII Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Son un total de 23 establecementos hostaleiros os que ofrecerán menús especiais con carne de boi de Allariz como ingrediente estrela e 19 deles participarán no concurso de tapas. Desde menús a tapas, en forma de tartar, carpaccio, chuletón, hamburguesa ou churrasco, entre moitos outros, serviranse a prezos que van
dende os 2 euros (as tapas) ata os 70 euros o quilo. A programación inclúe cociña en vivo e degustacións de pratos elaborados con carne de boi de Allariz tanto no Mercado da Reserva da Biosfera como en establecementos hostaleiros. As xornadas están enmarcadas no proxecto “Allariz Sabe”, unha iniciativa que cumpre sete anos e que sitúan a Allariz como lugar de referencia gastronómico e turístico. Premios No concurso de tapas
será o público o que elixa a tapa gañadora. Os comensais, que teñan probado alomenos catro, votarán á mellor tapa de todas. Ademais, todos os participantes entrarán no sorteo de varios premios que se sortearán o sábado, 27 de outubro, ás 12 horas no Mercado da Reserva da Biosfera.
Un total de 23 locais participan nestas xornadas, ofrecendo tapas ou menús
4 Alega ratios correctas. Redacción O xa ex conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou en sesión plenario do Parlamento de Galicia de finais de setembro que as ratios son as correctas de cara a manter as dúas aulas de infantil, en vez das tres que esixen os pais de alumnos do CEIP de Allariz. Rodríguez explicou que non era unha decisión súa, senón que é a inspección educativa a encargada de regulalo, que non se pode incumprir os informes da inspección. Pola súa banda, a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, reclamou á Educación que se cubran as prazas de docentes que demanda a comunidade educativa do CEIP
de Allaríz. “Néganlles un docente de infantil para poder desdobrar, e obrigan a meter en cada aula 25 e 26 crianzas de 2 e 3 anos”, salientou Rodil, mentres a alcaldesa, Cristina Cid e outras concelleiras do goberno municipal seguían o debate desde a tribuna do Parlamento. Presas A deputada do BNG, Noa Presas, denunciou a hipocrisía “dun PP que vota unha cousa en Allariz para lavar a cara e outra no Parlamento porque non ten diante os pais e nais, un PP que polo día presume do moito que aposta polo rural e pola noite recurta profesorado”.
No centro, a alcaldesa de Allariz, xunto con concelleiras e deputadas no Parlamento de Galicia.
EN BREVE 4 Cestería A Escola de Cestería, situada en Santa Mariña de Augas Santas, comezará un novo curso para o que xa está aberto o prazo de inscrición. O espazo formativo municipal acollerá, os venres de 16:30h a 20h. As persoas interesadas en aprender este oficio tradicional poden informarse e inscribirse na Casa da Cultura de Allariz, no teléfono 988440859 ou no email cultura@allariz.com.
4 FIXA O Festival Internacional de Xardíns de Allariz está preparando a súa próxima edición. O prazo de presentación das novas propostas estará aberto ata o 30 de novembro. Xardíns de Cine será o título da décima edición e sobre el deberán xirar as propostas dos deseñadores que concursarán o vindeiro ano 2019. O concurso está aberto a todos os que desexen participar e as súas bases están dispoñibles en https://www.allariz.gal/ festival/concurso-2019/.
4 Andaina Presentación das Xornadas de Carne de boi.
Allariz recicla case a metade do lixo 4 Un novo camión facilita a recollida. Redacción Allariz achégase ao 50% de lixo reciclado. O Concello deu a coñecer os resultados do programa de reciclaxe e compostaxe ao remate de verán. Durante o mes de agosto recolléronse 300 colectores de entre 80 e 120 litros con resultados de materia orgánica que ascenden aos 15.000 quilos. Este aumento reflicte noutras fraccións como a mellora dun 15% no
cartón e vidro e do 10% en envases. Estes datos, que roldan o 40% de lixo recuperado, aproxímanse ao obxectivo que se marcou o Conce-
llo de chegar ao 50% no ano 2020 e que sitúan a Allariz por riba da taxa de reciclaxe do resto de Galicia. A adquisición dun novo camión, que se incorporou ao programa RE froito dunha axuda a través do programa Pyma do Ministerio de Medio Ambiente, facilita a recollida porta a porta dos espazos hostaleiros e comerciais e permite optimizar o servizo.
O novo camión facilita a recollida porta a porta dos espazos hostaleiros e comerciais.
O Concello de Baños de Molgas organiza a VIII Andaina solidaria, neste caso, para colaborar coa asociación “Por Eles TEA Ourense”. A andaina terá lugar o domingo, 7 de outubro, con saída ás 9h para o percorrido de 16 quilómetros, e ás 10h para a ruta curta e a de cativos, dende o pavillón de Deportes Municipal.
4 Vilas en flor Allariz recibiu a visita do xurado que será o encargado de elixir o municipio máis bonito pola súa ornamentación e integración paisaxística a través do concurso Vilas en Flor. Allariz competirá nesta edición con Caldas de Rei, Betanzos, Ortigueira e Chantada. O gañador fallarase nas próximas semanas e o premio entregarase a finais de outubro no transcurso dunha gala especial.
Barrios 4 de outubro 2018
O BNG logra aumentar a axuda á Escola de Música Redacción A Escola de Música da Banda Municipal de Celanova verá incrementado nun 19% a axuda que recibe do Concello para o ano que vén, tralo acordo en pleno, por unanimidade, grazas a unha moción do BNG. A subvención ascenderá de 42.000 a 50.000 euros. “Sábeno os veciños, as familias dos alumnos e a dirección da Escola, o BNG vén defendendo que é preciso mellorar o apoio a unha iniciativa social e cultural moi importante para Celanova”, explica Leopoldo Rodríguez, voceiro do Bloque no concello. “Pulamos pola rehabilitación da Casa da Música e estase facendo, agora polo aumento da achega municipal e conseguímolo. O PP non ten iniciativa, así que témola nós”, conclúe.
CELANOVA E COMARCA
Analizáronse en Celanova as novas tendencias en márketing dixital 4 Referidas ao sector turístico galego. Redacción Celanova acolleu, coa colaboración da Deputación de Ourense, unha xornada que analizou as novas tendencias de marketing dixital no sector turístico galego. Esta xornada ofreceu aos asistentes solucións para que as empresas sexan capaces de traballar cos datos que proporcionan as ferramentas de marketing dixital e que, en base a eses datos, poidan elaborar plans de marketing dixitais máis efectivos. Durante a xornada, os expertos analizaron con casos prácticos as novas tendencias e mostraron aos asistentes solucións que
lles permitan ás empresas competir mellor e chegar ao consumidor dunha maneira máis eficiente. Luís Caramés, catedrático de Facenda Pública da Universidade de Santiago de Compostela, dixo na presentación da mesma que, tendo en conta que “os consumidores de turismo actualmente son fundamentalmente dixi-
tais, isto plantexa novos retos ás empresas turísticas, polo tanto é importante coñecer esas tendencias para adaptarse mellor á oferta, empregar propicias e levar a cabo plans de dixitalización da oferta turística, porque a demanda está a transformar a natureza do consumidor de turismo”.
Mesa de debate nas xornadas celebradas na Casa dos Poetas de Celanova.
Alcaldesa e delegada nas obras en Podentes.
Melloras viais en Podentes 4 A Xunta investiu máis de 107.000 euros. Redacción Un convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello da Bola (por un importe de máis de 107.000 euros) permitiron que se realizaran obras de acondicionamento dos accesos ao núcleo de Podentes. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,
visitou xunto á alcaldesa da localidade, Teresa Barge, o remate destas obras. O camiño conta con nova pavimentación e co soterramento das liñas de subministración eléctrica e de telecomunicacións, así como dunha nova rede de saneamento e abastecemento de auga potable. Ademais, a actuación inclúe melloras substanciais para persoas con mobilidade reducida.
GASTRONOMÍA
Barrios 4 de outubro 2018
Come peixe coma sempre, con confianza
4 Ante as recentes informacións sobre a presenza do parasito anisakis no peixe, dende a Xunta de Galicia mandan unha mensaxe de tranquilidade e seguridade. Redacción A comezos deste verán proliferaron distintas informacións que xeraron alarmismo sobre a presenza do parasito anisakis no peixe. Pero que é e como podemos evitalo? O anisakis é un parasito que pode atoparse no peixe e nos cefalópodos (lura, polbo, sepia...) e provocar alteracións dixestivas (anisakiasis) e reaccións alérxicas que, en ocasións, poden ser graves. Pero a anisakiasis só se pode contraer se se come peixe ou cefalópodos parasitados crus ou sometidos a preparacións que non matan ao parasito. Para evitalo, só é preciso que siga uns sinxelos hábitos: - Merque o peixe limpo e sen tripas. Se non o está, quítelle as vísceras canto antes. - A cocción, fritura, a cociña ao forno ou á prancha son preparacións que destrúen o parasito, cando se alcanzan os 60° C de temperatura polo menos durante un minuto en todos
Mila Rodríguez, de “Pescadería de Mila”, atendendo a unha clienta. /RAMSÉS. os lados da peza. - Cos crustáceos (lagosta, lagostino, bogavante, gamba, camarón, nécora, centola) siga a mesma regra: prepáreos cocidos ou á prancha. - Se come o peixe cru ou sometido a preparacións que non matan ao parasito, deberá conxela-
Mercar o peixe limpo e sen tripas, cociñalo a máis de 60oC ou conxelalo a -20oC son algúns dos sinxelos trucos para rematar co anisakis
A Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña para recordar que o peixe galego cumpre todas as garantías.
lo. Para poder conxelar na casa, lembre que o seu frigorífico debe alcanzar unha temperatura de – 20o C ou inferior e manter o produto conxelado durante cinco días. Esta temperatura só se alcanza en frigoríficos de tres estrelas (***) ou máis. Se o seu frigorífico ten menos de tres estrelas compre o peixe xa conxelado. Antecedentes As novas publicadas ao respecto motivaron que o sector produtor detectara un descenso no consumo nos produtos frescos procedentes do mar. Como consecuencia, a Xunta de Galicia trasladou a súa preocupación ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre este asunto que foi recibido con interese por parte do Goberno central que se comprometeu a levar a cabo accións divulgativas. Non obstante, dada a relevancia do problema para o sector produtor galego, desde a Xunta púxose en marcha, con carácter prioritario, unha campaña informativa para que os consumidores teñan información de primeira man ao tempo que mandan unha mensaxe de tranquilidade e seguridade para que continúen consumindo peixe só tomando
unhas pequenas precaucións. Con confianza Baixo o lema “Come peixe coma sempre, con confianza”, dende o Goberno galego explican que o noso peixe cumpre con todas as garantías e só coa súa preparación habitual ou unha correcta conxelación son suficientes para inertizar o anisakis. Ademais, a campaña da Xunta fai fincapé en que o consumo de produtos procedentes da pesca de Galicia é un hábito saudable e seguro: por
confianza, por orixe e porque a súa calidade e sabor están garantidos. Tamén anima a gozar dos produtos do noso mar con toda tranquilidade. Os pescadeiros Se alguén notou de primeira man este incremento da preocupación nos consumidores foron os pescadeiros, que se suman a darlles bos consellos e tranquilizalos. Un exemplo destes grandes profesionais galegos é Mila Rodríguez, a dona da “Pescadería de Mila”,
situada no barrio de San Francisco de Ourense, e cunha ampla experiencia no sector, tras tomar o relevo de súa nai. Mila explicounos que hai uns meses notou un aumento das dúbidas dos seus clientes, pero solventouno rápido. “Saíu moito na televisión e preocupouse algo a xente, pero eu expliqueilles os consellos básicos e todos os meus clientes están tranquilos, eles saben que sempre houbo anisakis e ademais confían nas recomendacións que lles dou”, confesounos. Unhas recomendacións, que igual que explica a Xunta de Galicia, son moi sinxelas. “Sempre e cando o peixe se cociñe ben ou se conxele, non hai problema ningún”, tranquiliza esta pescadeira, que aposta fielmente polo peixe galego. “Os meus produtos son da ría de Muros e son moi bos. Eu recoméndolle aos ourensáns que aposten polo peixe galego: galo, xurel, xouba, chincho, lubina, merluza, todos son moi saborosos e pódense consumir con tranquilidade”, conclúe.
Consumir peixe galego é un hábito saudable e seguro
José Ricardo López, de “Pescadaría Carmiña”, situada na praza de Abastos de Ourense, tamén tranquilizou aos clientes sobre o parasito de anisakis. /M.REJO.
10
Barrios 4 de outubro 2018
PROVINCIA
A Deputación conta xa con orzamento
Medalla de ouro para Eligio Rivas Redacción A Deputación de Ourense abre o prazo para a recollida de adhesións para a concesión da medalla de ouro da provincia de Ourense ao filólogo e etnógrafo Eligio Rivas Quintas, adhesións que poden achegarse ben a través do Rexistro Xeral da Deputación; do correo electrónico: eligiorivas@depourense. es, ou da páxina web da Deputación: www.depourense.es, antes do 2 de novembro de 2018. Este recoñecemento supón, segundo o presidente da Deputación de Ourense “pór en valor, aínda máis, o traballo que Eligio Rivas fixo polo noso rural a toponimia, a etimoloxía e a lingua galega, todo un tesouro cultural que soubo investigar, preservar e impulsar con respecto pola nosa historia, a nosa fala e ás nosas tradicións”, afirma Manuel Baltar. En canto a figura de Eligio Rivas, ourensán nado en Fondo de Vila (Xunqueira de Ambía), foi profesor, lingüista e un etnógrafo dos máis salientables, e á vista do seu importante traballo nos eidos indicados, e a calidade das súas publicacións que o fixeron merecente, entre outros galardóns, do premio Otero Pedrayo ou da medalla de Castelao.
4 Disporá de 82,7 millóns de euros. Redacción Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, dirixíndose aos asistentes do seminario “Cafés de Europa” no Teatro Principal. /M.REJO.
Reunión do termalismo internacional en Ourense 4 Na asemblea da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa. Redacción A provincia de Ourense convértese esta semana en referente do termalismo no ámbito internacional coa celebración da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA). Desde o mércores 3 ao venres 5 de outubro, medio cento de delegados europeos participarán neste evento, co-organizado pola Deputación e o Concello de Ourense. As actividades abranguen sesións e relatorios sobre diferentes temas de actualidade no sector e a realización de visitas de estudo a diferentes enclaves termais da cidade e da provincia. O presidente da Deputación, Manuel Baltar,
participa na asemblea en calidade de vicepresidente da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa, entidade á que pertence a Deputación de Ourense e que supón a rede termal máis importante de Europa, na que están presentes 40 membros de 13 países, con cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais. Os actos xa comezaron o pasado 3 de outubro, co seminario “Cafés de Europa”, que estivo aberto a toda a cidadanía, e no que se abordaron o rol das vilas e cidades termais como axentes de sostibilidade ambiental. Este evento ta-
mén serviu para poñer o foco sobre os aproveitamentos enerxéticos vinculados aos recursos termais mineromedicinais. Este seminario aberto ao público desenvolveuse de xeito previo á asemblea, e abordou proxectos como o Geoatlantic, iniciativa comunitaria financiada con fondos FEDER na que Ourense actúa como socio líder. Co título “A outra cara da auga. Estratexias de sostibilidade en destinos termas”, o seminario serviu para compartir experiencias arredor da enerxía das augas termais, xeotermia, aforro enerxético, protección do recurso, etc. Un espazo de reflexión no marco do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Termais Históricas.
A Deputación de Ourense aprobou pleno ordinario correspondente ao mes de setembro, celebrado o día 28, o orzamento da institución provincial para 2019, que ascende e un total de 82.700.000 euros, sendo un ano máis a primeira administración pública de España en aprobar o presuposto do seguinte exercicio. No pleno tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais, que ascende a 6,2 millóns de euros; e os plan de Mocidade, Empregabilidade e Cooperación para limpeza de redes viarias, cun orzamento total de 2,7 millóns de euros. Asemade, a corporación provincial aprobou o outorga-
mento da medalla de ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, ao doutor Luis Rodríguez Míguez, un recoñecemento co que a Deputación de Ourense quere poñer en valor as importantes achegas que Rodríguez Míguez fixo nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo, como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico. Asemade, no ámbito cultural, aprobouse a creación do Consello Asesor do Museo do Entroido, o modo de xestión e o convenio polo se transfire á Deputación este espazo cultural. No plenario, todos os grupos políticos aprobaron unha moción conxunta sobre a atención ás mulleres con endometriose, formulada pola asociación QuerEndo.
Momento do pleno da Deputación o 28 de setembro.
DEPORTES
Barrios 4 de outubro 2018
11
Regreso con triunfo de Iria Fernández
mentos sexan óptimos. Ademais, loxicamente, de dirixilos durante os combates”.
4 En categoría masculina Luis Iglesias foi o vencedor.
Faye en que categoría participa? A.B.: “Ngagne compite na categoría de menos de 70 kg. Quizais a categoría máis concorrida e con mellor nivel do torneo. Esperamos que na súa categoría haxa polo menos 2 competidores chineses e 3-4 asiáticos de primeiro nivel”.
R.T. Disputouse a pasada fin de semana a carreira da Ponte do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” e deparou algunha sorpresa. Na categoría absoluta esta proba supoñía o regreso de Iria Fernández (ADAS) a competición desde a carreira do Couto. Nunha carreira de menos a mais logrou ir adiantando a rivais ata facerse coa vitoria na liña de meta. Segunda sería Begoña Domínguez (Arenteiro), sendo terceira Vicky Losada a medio minuto da gañadora. En homes, Rubén Diz (Ourense Atletismo) collía a primeira posición nos inicios da carreira ata, aproximadamente, a metade da mesma. A partir de aí falláronlle as forzas e viuse superado polos atletas do Atletismo Arenteiro Luis Iglesias (primeiro) e José M. Corral, segundo. Na clasificación pro-
visional, Rubén Diz e Vicky Losada dominan a categoría masculina e feminina, respectivamente. A Carballeira O domingo, 21 de outubro, celébrase a última proba do circuíto. Como é habitual as rúas da Carballeira porán fin a esta oitava edición. As carreiras darán comezo a partir das 11 horas.
R. Torres
Iria Fernández entrando en liña de meta. /RAMSÉS.
4 COB
4 Rugbi
O Rio Ourense Termal xa está preparado para o seu primeiro encontro na LEB Ouro 2018-19. Despois dunha pretempada sen moitos sobresaltos, o equipo que dirixe Gonzalo García de Vitoria medirase este sábado, 5 de outubro, ao Covirán en Granada.
O Campus Ourense Rugby leva disputadas tres xornadas na División de Honra B. Con dúas vitorias e unha derrota, os de David Monreal ocupan a segunda posición. Esta xornada visitan ao Quesos Entrepinares B.
O Galmédica Ourense logra a vitoria na primeira xornada da tempada en 2ª división ao impoñerse ao Bembrive por 3 a 4.
Faye e Blanco, preparados para competir en China 4 Participarán no Campionato do Mundo de shuaijiao.
EN BREVE
4 Tenis de mesa
Faye adestrando de cara ao Mundial baixo a atenta mirada de Aarón Blanco./M.REJO.
4 Voleibol O Club Voleibol Ourense presentará en sociedade a todos os seus equipos. O evento terá lugar no Centro Comercial Pontevella este sábado ás 19 horas.
O loitador Ngagne Faye e o adestrador Aarón Blanco, do Club Artai, xa teñen todo preparado para partir cara a Baoding (China) e participar no International Shuai Jiao Championship (Mundial de shuaijiao -loita china-). O evento terá lugar do 10 ao 14 do mes de outubro. O shuaijiao é unha modalidade das artes marciais chinesas (kungfu/wushu) e consiste en combatir cun rival baseándose en agarres e derribas. Falamos unhas horas antes de que poñan rumbo cara ao continente asiático para coñecer como foi a súa preparación e cales son os obxectivos. Como recibistes a noticia da convocatoria para o Mundial de shuaijiao? Aarón Blanco: “Pois 15 días despois do Cam-
pionato de España (9 de xuño) chámame Roberto Seijo, director da asociación nacional de Shuaijiao, e dime que o meu competidor Ngagne Faye é convocado para participar no mundial que se celebrará en China do 9 ao 14 de outubro. E comentoume que o staff técnico nacional recomendoume como adestrador para a expedición a China”. A responsabilidade é grande. A.B.: “Para nós é unha honra e, evidentemente, unha responsabilidade chegar a China a competir nun dos seus deportes nacionais. Queremos dar unha boa impresión e estar dentro das seleccións punteiras, aínda que como en España o Shuaijiao non é unha modalidade recoñecida por ningunha federación nacional somos unha disciplina sen moitos recursos económicos nin excesiva promoción gubernamental”. Como foi a prepara-
ción? A.B.: “A preparación é moi dura. Ngagne leva catro meses súper intensos con preparación física e técnicas específicas. Temos que chegar no peso exacto na data exacta, ademais de contar cunha viaxe en avión de máis de dez horas, o problema da alimentación en China, etc.”. Ngagne Faye: “É complicado preparar torneos deste nivel tendo que compaxinar co traballo, pero é o noso deporte e amámolo. O que máis me custa nestes momentos é chegar ao peso de forma óptima”. Cal é o labor de Aarón? A.B.: “Eu vou de adestrador, encargareime de xestionar todos os aspectos da competición para os mozos. Quero que eles soamente estean centrados nos seus combates e quecementos. Organizarei as súas saídas a tapiz e estarei pendente deles para que os seus quece-
Cal é o obxectivo de Faye neste torneo? N.F.: “Quero probarme como competidor nestas probas de primeiro nivel mundial. Non me poño límites en canto a postos”. A.B.: “Sería un éxito entrar nos cinco primeiros postos, pero sempre hai que ter un pouquiño de sorte nos sorteos de cruces”. Cales son os rivais a bater? A.B.: “Sobre todo asiáticos, pero os chineses son os principais expoñentes. Pero tamén hai competidores moi bos en EEUU, Italia, Rusia. Pero son soamente deportistas destacados, os asiáticos son equipos difíciles”. Ser campión de España ten o seu froito nesta participación mundialista. O sacrificio tivo a súa recompensa? N.F.: “Si, por fin. Levo tres campionatos de España seguidos nesta modalidade. Asi que si, o sacrificio tivo recompensa. A ver se, cun pouco de sorte, conseguimos que o sacrificio da preparación nos traia un bo posto (ri)”.
Faye: “Quero probarme como competidor nestas probas de primeiro nivel mundial”
12
Barrios 4 de outubro 2018
DEPORTES
A UD Ourense saca un empate ante o Alondras 4 Pato encaixou o primeiro tanto da tempada. R. Torres Tiveron que pasar cinco partidos enteiros e 28 minutos do sexto para que Pato Guillén tivera que recoller o primeiro balón do fondo da portaría unionista. Foi nese momento cando Jonás, no man a man, rematou coa imbatibilidade do porteiro. E grazas que so foi un gol. O Alondras estivo mellor asentado e súas foron as mellores ocasións da primeira parte, na que Pato estivo incrible no resto de accións de perigo dos visitantes. Na segunda metade, Rubén Arce puxo o empate e a pesar de que os locais tiveron máis posesión finalmente houbo reparto de puntos. Nos outros encontros da xornada o Arenteiro logrou remontar ao Ri-
badumia (2-1) e o Barco venceu ao Polvorín (1-0). O Ourense CF, pola contra, non soupo aproveitar o 0-1 e caeu ante Boiro no tempo de desconto (2-1). Para esta fin de semana os de Fran Justo reciben
ao Choco. Mentres, o Arenteiro visita a Somozas; o Barco a Céltiga; e a UD Ourense ao Silva. Preferente Na Preferente só o Barbadás logrou a vitoria. Foi en campo do Marcón por 1 a 2. O Velle empatou en Moaña e caeron derrotados o Antela e Bande ante O Grove e Pontellas, respectivamente. A xornada número 7 deparará os: Bande - Ponteareas; Velle - O Grove; e o derbi Antela - Barbadás.
Partido entre UD Ourense e Alondras. /RAMSÉS.
Sara Moreno, no partido ante o Futsi. /RAMSÉS.
Un punto de ouro 4 O Envialia faise co empate a dous ante Futsi. R. Torres Inicio de liga optimista para o Ourense Envialia. Enfronte tiña ao todopoderoso Futsi Navalcarnero e o empate (2-2) sabe a vitoria; sobre todo despois de como se deu o encontro. As madrileñas lograron no primeiro tempo os dous goles. Tralo descanso as albinegras foron a polo empate e Idoya, primeiro, e Candela, despois lograban as táboas no marcador. Ata o final o cadro visitante o tentou, pero a férrea defensa e as boas intervencións de Vanessa Barberá
fixeron que o marcador xa non se movera. Un gran resultado para un equipo moi novo cun novo inquilino no banco: Morenín. O cadro ourensán visita ao Alcorcón de Ana Rivera e Vane Sotelo. Segunda Na Segunda división tanto o Envialia B coma o Cidade lograron a vitoria esta xornada. O filial do Ourense Envialia venceu na casa do Muslera por 1-2 e mantense invito na competición. Pola súa banda, o Cidade das Burgas sumou os tres puntos ao dobregar nos Remedios ao Fisgón
por 3 a 0 (os goles de Amelia -2- e de María Arias). Agora hai un parón ata o 20 de setembro onde o Envialia B recibe ao Mutilvera e o Cidade visita ao Calceatense; para esa data, posiblemente, Manolo Codeso poida contar coa porteira Ana Lastra, lesionada de longa duración. Sala Ourense O Sala Ourense logrou a primeira vitoria da tempada ao vencer nos Remedios ao Esteo polo resultado de 6-2. Os ourensán visitan ao Santiago da Sama na cuarta xornada.
Amelia, bigoleadora fronte ao Fisgón. /RAMSÉS.
PUBLICIDADE
Barrios 4 de outubro 2018
13
14
Barrios 4 de outubro 2018
4AXENDA Exposicións - Ata o 21 de outubro - Exposición do pintor Santiago López Amado “O movemento estático” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 21 de outubro - Exposición do escultor Pepe Galán “A volta dunha ausencia” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - Do 4 ao 14 de outubro - 11 Edición do FITO - Auditorio Municipal e Teatro Principal de Ourense - 5 de outubro - Teatro infantil “Cantacontos” - 18 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 5 de outubro - “Inestables” - 20 h. - Teatro Principal - 7 de outubro - Teatro infantil “A tropa trapalleira” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense Música - 6 de outubro - Concerto de Ethnos Atramo - 22 h. - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Deportes - 6 de outubro - V Trofeo de Orientación Limiactiva - 10.30 h. - Rairiz de Veiga - 7 de outubro - VIII Andaina Solidaria “Canóns do Arnoia” - 9 h. Baños de Molgas - 7 de outubro - II Copa Deputación Ourense Hípica - Doma Clásica - Hipódromo de Antela (Sandiás) -7 de outubro - Ourense CF - CD Choco - Terceira División - O Couto - Do 11 ao 14 - Pupo Extreme 2018 - Xardín do Posío (Ourense) - 21 de outubro - Circuito Correndo x Ourense “Carballeira” - 11 h. - Barrio da Ponte Outros - 8 de outubro - Luns de fimoteca “Visages, villages”- 20.30 e 23 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 9 de outubro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 10 de outubro - Comedias de outono “A gran enfermidade do amor”- 18, 20.30 e 23 h. - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS / OCIO E CULTURA
4TRIBUNA ABERTA
O longo verán atrasa a tempada de cogomelos en Ourense? Herdei do meu pai a paixón polos cogomelos, por iso digo sempre que o primeiro recordo que teño dun cogomelo é tan antigo coma a miña memoria. Pero moito ten mudado este mundo dende entón. Un reino cambiante no que aparecen especies novas tódolos anos, cogomelos que cambian de xénero na súa catalogación, reciben outro nome e incluso mudan as súas características. Cogomelos hainos todo o ano, certo é que en maior cantidade e calidade son os da que chamamos a tempada silvestre. Aparecen nas primeiras choivas no mes de setembro e desaparecen coas xeadas de decembro. Os cogomelos queren temperaturas suaves, sobre 15 ou 17 graos e moita humidade, por iso o outono era a época ideal para o seu desenvolvemento. Isto era o que acontecía case sempre ata hai uns anos, cando empezamos a vivir tempadas extraordinarias como en 2014 ou 2015 e tempadas nefastas como en 2016 e 2017. Remataron os termos medios e pasamos aos extremos, ou moito, ou nada. A primeira parte deste 2018 en Ourense foi chuviosa e permitiu un substrato húmido, propicio para os cogomelos se non fora polo que se está estendendo o verán,
4HUMOR
algo que me fai pensar que tampouco vai ser un bo ano para a recollida de cogomelos. O cambio climático, os incendios e o abandono do medio rural son algunhas das causas desta circunstancia, que afecta tamén a outros froitos silvestres e cultivos. A estas alturas do ano, en tempos pasados recollíamos “champiñóns” Agaricus campester, “sendeiriñas” Marasmius oreades ou “cogordos” Macrolepiota procera en grandes cantidades. Agora atopamos só uns poucos exemplares que en moitos casos están secos, deformes e son de pequeno tamaño, circunstancias que moitas veces provocan dúbidas na súa identificación ao non coincidir coa descrición ou fotografía que podemos atopar nos libros. Por esta cuestión é moi importante ter varios libros con diferentes imaxes ou estar ben asesorado, xa que non debemos esquecer que o mundo dos cogomelos está moi de moda pero non existen regras populares de identificación e só o recoñecemento botánico é válido para evitar intoxicacións. Non podemos esquecer que ademais de grandes comestibles, nos montes atopamos cogomelos tóxicos e incluso mortais. Alejandro Mínguez
Varios artistas na presentación desta edición do FITO na praza Maior. /RAMSÉS
Chega un novo FITO 4 Do 4 ao 14 traerá 16 espectáculos con varias estreas. Redacción Ourense será a capital galega do teatro entre o 4 e o 14 de outubro con motivo da XI edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que este ano ofrecerá 16 espectáculos de 15 compañías (seis delas dirixidas por mulleres). Nesta edición o teatro tradicional convivirá con novas propostas como teatro de rúa ou danza, da man de compañías chegadas de España, Portugal, Arxentina, Is-
rael e Chile. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, destacou que a programación permitirá aos ourensáns revisar os textos de autores clásicos, como Virginia Wolf; ou descubrir a voz de novos creadores: como Genma Brió con “Liberto”; Selu Nieto, con “La última Boqueá” ou Mariano Barroso e Alejandro Fernández, con “Todas las mujeres”. Ademais recordou que este ano haberá nove estreas e será a oportunidade de “disfrutar da madurez
do teatro ‘made in Galicia’, a través da presenza de sete compañías recoñecidas en certames do máis alto nivel”. Por último incidiu nas actividades paralelas como o IV encontro “Mulleres creando”, que reunirá a diferentes creadoras para construír un espazo de intercambio artístico e reivindicar o papel da muller no mundo do teatro. As representacións terán lugar no Teatro Principal e no Auditorio Municipal, que este ano adaptan os seus horarios para facilitar o acceso ao maior número de público. Así, os domingos as representacións no Teatro Principal serán as 19,00 horas, e as 20,30 horas no Auditorio Municipal. O resto da semana o horario será as 20,00 horas no Teatro Principal e as 22,30 horas no Auditorio Municipal. A directora do FITO, Sabela Gago, defendeu ao FITO como “lugar de encontro e proxecto estratéxico para a proxección internacional de Ourense, e para impulsar aos creadores emerxentes do Teatro”.
OCIO E CULTURA / ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 4 de outubro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº71 - Ano: XI - 4 de outubro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
EN BREVE 4 Universidade Popular O Concello de Ourense presentou unha nova edición da Universidade Popular que conta cunha oferta de 140 cursos (126 serán presenciais e 14 on line ) con 3.954 prazas. Debido á demanda no curso anterior, ofértase un curso máis de ioga, outro de ximnasia hipopresiva e un nivel avanzado de alemán.
4 Montealegre Entre outubro e decembro o Parque Botánico vai albergar oito actividades para nenos e adultos, coas que o Concello de Ourense quere reivindicar ese retorno á natureza e a aposta para que os adultos e a cativada compartan espazos e tempo libre.
4 Actividades para alumnos A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon a disposición da comunidade educativa un total de 12 programas de actividades dirixidas ao alumnado dos colexios da cidade. Serán temas prioritarios a educación en valores, a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos, a prevención da violencia e do acoso escolar, o vandalismo, o abuso nas novas tecnoloxías e as súas consecuencias na ortografía do alumnado.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O medo a morrer lévate a comer a vida de golpe (2ª parte) Alí déusenos a coñecer unha rapaza de Zobra, que viñera cunha cuadrilla dos Carballiños. Ela lavaba o mineral no río, e tamén o pasaba por debaixo das saias, no refaixo ou onde fora, cando viñan os gardas o cacheo. Chamábase Erundina, aínda que todos lle decian Dina, contounos que aquilo era perigoso, ca noite pasada mataran unha muller onde os pabillóns e outra no río, por debaixo da presa da luz da Central. Escoitábamos dende alí o balbordo que viña do barrio da Madeira. Contounos un de Boimorto por qué había tanto barullo. Seica aquela noite fora “a derradeira para o de Brandomes que morreu na mina, tamén para Tucho que o mataron os gardas e tirarono despois como un espantallo polo buraco da Mina”. Os que subiron aquela noite a Madeira, emborracháronse como se fora rematar o mundo, festa macabra e sexo de pago adiantado, para non lembrar que calquera de eles podía estar no fondo da mina enterrado como O Tucho. O medo a morrer levate a querer comerte a vida de golpe. A vida dos homes non vale moito en
Fontao, vale moito menos que un quilo de mineral, (o wolframio chamámoslle ouro negro) é negro porque é un meigallo que blinda as máquinas da guerra contra os tiros inimigos, tamén sementa os mortos nas leiras onde o ano pasado seiturábamos o pan novo, despois de enterrar os mortos da maldita guerra coa esperanza da paz. Mais a morte segue aquí como un contaxio, unha peste que enche o ar a refachos de cheiros de cadáver, o sangue pide máis sangue cando cae na terra, é unha semente que prende moi ben, deberíamos liscar todos, cada un para a súa casa, mais a fame empuxa moi rexa ainda que nos coute a morte. Dina dixo baixiño, “tende coidado con este, está moi alporizado, era moi amigo do Tucho, e anda adoecido, pero é mellor non falar moito que aqui sábese todo, non sexa que veñan por nos que estes non reparan en nada”. Cando viu que non coñeciamos a ninguén presentounos a uns da Bandeira que andaban buscando xente de confianza porque seica atoparan un sitio onde había moito croio, e picando forte podíase atopar algo, nos parecemoslle boa xente e Dina faloulles
moi ben de nos, era unha rapaciña nova de bo ver e debeulle gustar ao teu tío porque máis adiante vinos ir de ganchete para o hórreo cerca do transformador da luz, alugábano por horas e podías ir para alí a mozear, pagouno ela que Andrés non tiña un peso, o mesmo ca min. O conto foi que para a noite seguinte levaronnos con eles, estivemos picando toda a noite, dous co pico, un sacando os caldeiros e outro vixiando. Entre os gardas había de todo, eles tiñan que cumprir co seu, ao sarxento chamabanlle Zurita e seica tiña malas pulgas. Outro dos gardas era un tal Victoriano, o conto é que cando viñan deitabamonos no chan ou metiamonos no burato co candil apagado, e cando pasaban volvíamos a darlle, se te pillaban quitábanche todo e dábanche unha boa malleira, nunha desas mataron a un de Soutelo, foiselles a man e cando quixeron parar xa o mataran. Botárono ó río e apareceu en Merza, dixeron que caera polo cantil e morreu, e xa non se soubo máis nada. (Continúa no número seguinte)
Avelino Jácome
[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358.
INMOBILIARIA Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de
Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Véndese ou alugase piso na estrada de Vigo (preto do Lidl). 90 m2, 3 habitacións, cociña amoblada, calefacción e ascensor. Tel. 630 538 510. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros)
VENDAS Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.
Barrios 4 de outubro 2018