Entrevista a Francisco Javier Outomuro, xerente do Restaurante A Taberna [Páx. 3]
CIDADE
Páx.4
Concedida ao Ministerio de Cultura a licenza de obra para o Arqueolóxico
VERÍN
Páx.8
Tecnoloxía LED nas lámpadas de quirófano do hospital de Verín
CIDADE
Pax. 9
Daniel e Julio, do Restaurante Nova, lembran os seus comezos
VERÍN
Pax.10
Instaláronse cinco paneis informativos en puntos estratéxicos da vila de Verín
DEPORTES
Páx. 12
O domingo, 16 de setembro, celébrase a 34ª edición do Día da Bici nas rúas ourensás
A U.D. Ourense marcha quinta en 3ª
[Páx. 13]
IV Feira da cervexa artesá de Verín
Semana da Mobilidade
[Páx. 2]
[Páx. 14]
Rapaces participando nas actividades organizadas na rúa Xaquín Lorenzo. // A U.D. Ourense mediuse co Lugo B. // Cartel da Feira da cervexa artesá de Verín. /RAMSÉS.
Número: 69 - Ano: XI - 20 de setembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 20 de setembro 2018
TEMA DA SEMANA
Os peóns, protagonistas da Semana da Mobilidade
4 Ao longo desta semana hai cortes e non se pode aparcar en diferentes rúas do centro e o día 22 pecharase Pardo de Cela para acoller citas culturais e deportivas. Redacción Actividades deportivas, culturais e a reivindicación das rúas como espazo para os peóns son os eixos principais da programa que o Concello de Ourense está a organizar con motivo da Semana Europea da Mobilidade, do 17 ao 23 deste mes. Destacando, dentro desta iniciativa, a peatonalización definitiva da rúa Xaquín Lorenzo e a rúa Cardenal Quevedo até a Avenida da Habana, dende o pasado16 de setembro. Ademais, durante esta semana está prohibido aparcar nas rúas Concordia, na Avenida de Bos Aires até Valle Inclán e en Bedoya até Valle Inclán. Os vehículos só poderán circular.
Día sen coches No “Día sen coches”, o 22 de setembro, só poderán entrar nos garaxes ou parkings, e haberá carga e descarga nas rúas: Concordia, Valle Inclán até a Avenida da Habana, Ramón Cabanillas até Avenida da Habana e Bos Aires até a Avenida da Habana. Ese mesmo día, a rúa Pardo de Cela estará cortada ao tráfico das 10 ás 20 horas para a realización de actividades. Actividades Entre as actividades programadas destaca a exposición fotográfica “Combina e Móvete”, organizada en colaboración con Viaqua, na rúa Curros Enríquez, que presenta imaxes de persoas ou empresas ourensás
que apostan polo transporte ecolóxico. Pola súa banda, a edil de Educación, Belén Iglesias, explicou que haberá charlas educativas sobre mobilidade sostible e talleres de educación viaria en diferentes centros da cidade. Tamén dirixido á cativada haberá un circuíto viario en varias zonas da cidade (explanada da Policía Nacional, San Mamede, Basilio Álvarez, diante da Policía Local). Ademais, ata o día 21 de setembro, polas tardes, haberá obradoiros con monitores nas rúas peonís Xoaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo; un circuíto para realizar ginkanas de bicicletas e contacontos en diferentes zonas da cidade.
A rúa Curros Enríquez acolle unha exposición fotográfica sobre persoas ou empresas ourensás que apostan polo transporte ecolóxico.
A programación complétase o día 22 cun circuíto de ginkanas de bicicletas e contacontos, na rúa Pardo de Cela. Na mesma ubicación concentraranse as actividades deportivas. O 22 de setembro haberá partidiños 3x3 de fútbol nas categorías infantil e cadete e exhibicións de hóckey e patinaxe a cargo da Escola de Patinaxe Ourense, entre outras. Críticas de DO Democracia Ourensana manifestou a súa disconformidade coa decisión do Concello de prohibir o aparcamento de vehículos nas rúas do centro, pero si permitir a súa circulación. “Non se pode ser máis ridículos!”, denuncia Jácome. “Como se pode experimentar a peatonalidade dunha rúa se só se prohíben os coches xa parados? Ademais, estéticamente a rúa está horrible coas vallas e cintas. E non hai ningunha permeabilidade para os peóns, que teñen que seguir indo pola beirarrúa. Surrealismo ao poder!”, insite. DO propuxo en pleno que Concordia fose peatonal, “non só por esta rúa, senón polo trastorno que se causa nos cruces con Paseo e Santo Domingo. Por desgraza, só se poderá probar a excelencia da peatonalidade un día”, lamenta.
Nas rúas do centro, durante esta semana, non se pode aparcar, pero si circulan os coches./DO.
4 Aposta pola bicicleta Amigos da Terra, Masa Crítica e Mobi-liza, en colaboración coa asociación Sustinea, o Cineclube Padre Feijoo e a Biblioteca Nodal, únense para promover en Ourense modos de transporte máis sustentables e saudables, como a bicicleta. Así, dentro do seu programa de actividades, atopamos o xoves 20 o “Bicivicio”, unha ruta en bicicleta que sairá ás 20 horas da praza das Mercedes e se desprazará por diferentes barrios da cidade con paradas de bar en bar, tomando cervexa sen, refrescos e tapas. O venres 21 unirán Ourense ao Park(ing) Day, unha iniciativa a
nivel mundial coa que converterán unha praza de aparcamento nun parque efémero, transformándoa nun espazo para o disfrute das persoas e invertindo así a excesiva ocupación do espazo público polo vehículo privado. Estes colectivos convidan ademais a implicarse o día 22 na celebración do Día mundial sen Coches, animando aos ourensáns a moverse a pé, en bici ou en transporte público. Así mesmo, lémbrannos que o transporte é a principal causa de fragmentación dos ecosistemas e que diminuír o uso dos vehículos a motor ten moitos beneficios para frear o cambio climático.
ENTREVISTA
Barrios 20 de setembro 2018
ENTREVISTA A FRANCISCO JAVIER OUTOMURO, XERENTE DO RESTAURANTE A TABERNA
“Grazas á influencia das novas tecnoloxías o cliente xa sabe o que vai comer”
4 Con 35 anos de experiencia na restauración, Javier Outomuro fainos un repaso da evolución da hostalaría ourensá, destacando que suma cada vez máis turistas entre os seus clientes. Redacción Nun ambiente tranquilo, que el mesmo nos trasmite, sentados nunha sala de A Taberna, no casco vello da cidade, Francisco Javier Outomuro responde ás nosas preguntas sobre o traballo que se precisa para acadar 35 anos no sector e a súa opinión sobre o futuro da cidade, ligada ao turismo. Cantos anos levas ao fronte de A Taberna e na hostalaría? Francisco Javier Outomuro (F.J.O): “Levo 15 anos aquí na Taberna e outros 11 anos en Cudeiro, no Arco da Vella. Mal sabía eu que cando comecei no 1983 en Xenebra para gañar uns cartos antes de ir á mili chegaría ata aquí. O meu pai conseguiume un traballo nun restaurante. Non tiña nin coñecementos nin formación, a min fíxome o ir cambiando de restaurantes, o moverme, formarme fóra do meu traballo. Tiven a sorte de atopar un traballo nun restaurante que daquelas e hoxe segue sendo un dos mellores de cociña española en toda Suiza. O señor Agustín ao rematar a mili atopoume traballo, e díxolle ao que me ía contratar que agardara por min porque tardaba uns días polo papeleo. Debeu ver a miña predisposición ou o que quería saber e traballar”. Que podemos atopar se reservamos mesa en “A Taberna”? F.J.O: “O noso lema, “CCA”, compromiso, ca-
Francisco Javier Outomuro, xerente, e Ángel López, camareiro, de A Taberna./M.REJO.
“A Xunta, coas campañas de promoción que fixo, reforzou a idea de vir a Galicia, pero ten que facelas continuamente. Son positivas e axúdannos a medrar”
un tempo chamoume un restaurante de Canadá dándome as grazas por recomendarlle o seu local”. Dende que comezaches ata o de agora notaches un aumento de turistas no teu local? F.J.O: “Si, por suposto. Antes a principio de ano marcabamos as vacacións e tivemos que modificalas. Lembro de pechar o mes de agosto porque Ourense se valeiraba, e agora pechamos en setembro porque estes últimos anos xullo e agosto están sendo moi bos. Enchemos o comedor con xente de fóra”.
facer campañas continuamente. Son positivas e axudannos a medrar”. Como pensas que afectará a chegada do AVE a Ourense? F.J.O: “Non cabe dúbida de que temos que pornos as pilas. Voltamos ao tema da formación, necesitamos máis. Non hai un déficit de gastronomía pero si a nivel de servizos. Porque o AVE igual nos atrapa. Eu na Taberna sei cando é festivo o luns en Madrid. Esa fin de semana imos ter 12 ou 13 mesas de xente de Madrid, aproveitan esos tres días para saír da gran cidade. Temos que prepararnos moito máis. Ímos a recibir moita xente a través do AVE, que quede claro”.
Gastronómica dando unha masterclass, e nunha comida oficial na embaixada de España alí. Ao final levas o nome de Ourense onde estás”. De que persoal conta A Taberna? F.J.O: “Somos tres en sala, tres en cociña máis un extra fixo, sete en total. Falando de persoal, o outro día chamoume unha persoa de fóra de Ourense que quería traballar aqui, só polo que viu nas redes sociais”.
Tamén notaches algún cambio nos clientes que frecuentan o teu local? F.J.O: “Notamos a influencia das novas tecnoloxías e, últimamente, dos programas de televisión. Antes o cliente recibía a información do hostaleiro, que ao seu tempo a recibía do proveedor, e ás veces podían informarte mal. Hoxe en día todo o mundo ten a información que queira ao momento, e o propio cliente xa te pode responder a ti ás preguntas. Grazas a iso o cliente xa ven predisposto e sabe o que vai comer. Se non te coñecen buscan opinións sobre o teu local. Hoxe o que vai a un local como o meu xa sabe onde entra. Como exemplo fai
Notaches algún cambio na hostalaría nestes anos? F.J.O: “Si. A hostalaría cambiou moito. Nos 25 anos que levo en Ourense pegou un volco do 100%. Nótase o traballo das escolas de hostalaría, na formación da xente. Vexo cada día hai máis hostaleiro formado ao fronte dos negocios. Aínda hai xente que colle un bar sen coñecementos, pero na restauración é máis complexo, tes que ter formación se queres sobrevivir”.
Comedor do local, sito na rúa Xulio Prieto Nespereira 32 de Ourense. /MIGUEL REJO.
“Cada día hai máis hostaleiro formado ao fronte dos negocios, tes que ter formación se queres sobrevivir”, confesa Outomuro lidade e atención personalizada, dende que chama ao timbre ata que se vai. Calidade en todos os nosos produtos, todos certificados, o pescado é salvaxe do día, da barca do día. A nosa cociña é tradicional, con certos matices. Tentamos non ter unha especialidade pero si que os arroces nolos demandan, vendemos moito pescado todo o ano. Despois temos a quincena da culler, pratos de culler que neste tipo de restauración deixouse de facer e recuperamolos e cada día ven máis xente. Como anécdota a semana que ven marcho a Suiza a traballar grazas aos comentarios de clientes e que non me coñece, fixo que me chamaran para estar alí, e darlle un cambio ao seu negocio. O ano pasado estivemos en Canadá, na Universidade
Nótase a man das administracións nesa evolución? F.J.O: “Si, pero non é apostar un só día, hai que apostar continuamente porque é fundamental. O propio hostaleiro ten que estar formado todos os días e darlle formación aos seus traballadores. Nós temos a Q de calidade é unha cousa que nos esixen ao final de ano cando nos evalúan son os cursos que facemos durante o ano. Penso que hoxe é o que te permite sobrevivir”.
Porque cres que aumentou estes últimos anos a afluencia de turistas? F.J.O: “A miña opinión é que coa crise medrou o turismo interior en España e ahí apareceu Ourense. Por custes é unha cidade barata, e despois por atractivo cultural, dos viños, da Ribeira Sacra ou termal. Unha vez que o descobren transmiteno a outra xente e acaban vindo. Temos falado con clientes no noso local e un 80% dínos que Ourense é unha gran descoñecida e que voltarán. A Xunta tamén coas campañas que fixo puido reforzar esa mensaxe, pero ten que
Tes novos proxectos en mente? F.J.O: “Hai cousas pero ata que vexan a luz aínda falta. Como na cociña, estánse pochando”.
“Na Taberna sei cando é festivo o luns en Madrid porque esa fin de semana imos ter 12 ou 13 mesas de xente de alá”
Barrios 20 de setembro 2018
CIDADE
O Arqueolóxico xa ten licenza de obra 4 O Concello concedeulla ao Ministerio de Cultura. Redacción O Concello de Ourense concede licenza de obra ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o Concello concedeu en Xunta de Goberno Extraordinaria a licenza de obra para a rehabilitación arquitectónica do Arqueolóxico, unha obra estimada en 11 millóns de euros, e que este ano xa conta con 400.000 euros nos orzamentos do Estado para a súa posta en marcha. O rexedor explicou que despois da licitación aínda
queda un período grande de obras, se ben mostrou o seu desexo de que “prácticamente despois de dúas décadas do seu peche este equipamento volva a abrirse ao público e que ao rematar no 2021 o edificio teña xa uso como Museo Arqueolóxico”. Tamén apuntou que tanto desde o Concello como dende o Ministerio de Cultura existe a vontade de que paralelamente ás obras no edificio se desenvolva o proxecto museístico, valorado en máis de 2,2 millóns de euros, co fin de axilizar a posta en marcha do museo.
O alcalde de Ourense comparecendo ante os medios sobre a licenza de obra do Arquolóxico.
CAPD Ourense Redacción A proposta ‘Asiste.00’ de Iglesias Veiga Arquitectos foi a elixida por unanimidade do xurado entre as 15 que se presentaron á convocatoria do futuro Centro Residencial e de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense. A idea gañadora asentarase sobre o terreo en forma de peite creando patios
abertos que organizan espazos ao redor deles cunha axeitada ventilación e iluminación. A actuación proposta abrangue unha superficie construída de aproximadamente 4.500 metros cadrados e o investimento prevese que acade os 5,5 millóns de euros. Así mesmo, intervén sobre o contorno da parcela, incluíndo zonas verdes e de aparcamento.
Infografía do futuro CAPD de Ourense en Barrocás.
EN BREVE 4 Botellón
4 Turismo
4 Lecer
4 AVV Centro
O botellón enzarza a goberno e oposición unha vez que se conta cun borrador do mesmo. Mentres os populares piden “altura de miras”, os socialistas afirman que son o único partido que prantexou iniciativas para frealo. OUeC -xunto a PSOEreclama a incorporación de colectivos xuvenís e entidades ao debate sobre a ordenanza.
Ourense é a única cidade galega que porá en marcha un proxecto de turismo intelixente despois de que o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Digital, seleccionase o proxecto do Concello “Ourense: Capital Termal Intelixente” na última convocatoria do Plan Nacional de Territorio Inteligentes de la Agenda Digital para España.
O Concello de Ourense reforzará as actividades de lecer para a xuventude durante as fins de semana co fin de fomentar o lecer saudable e desligar o os conceptos de alcohol e diversión. Apostarase por atraer á mocidade cara alternativas como o baile, o teatro, o deporte, as artes ou a música. O horario será tanto diúrno como nocturno (até a 01 h).
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibiu á Asociación de Veciños Centro de Ourense. A presidenta dá Asociación Patricia Santamaría presentou ó equipo directivo ao subdelegado e transmitiu as inquedanzas e proxectos da mesma. Explicou as inquietudes da súa asociación respecto á seguridade cidadá.
rácter interxeracional, xa que dispón dun centro de día con capacidade para 80 persoas, cuxa entrada en servizo está prevista para antes do remate do ano. Así, nestas instalacións se desenvolverán proxectos compartidos e fomentarase o intercambio de experiencias e transmisión de tradicións entre
maiores e nenos, actividades que serán sempre planificadas e supervisadas polos equipos técnicos que traballarán no centro.
Abre a escola infantil do centro interxeracional 4 O centro de día abrirá a finais de ano. Redacción O curso na escola infantil da rede “A Galiña Azul” comezou no centro interxeracional de Ourense. O inicio do curso coincidiu cunha xornada de portas abertas á que acudiron pais e fillos, ademais de veciños e na que non faltaron autoridades coma o xerente do Consorcio Galego de Benestar, Perfecto Rodríguez; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; e o alcalde, Jesús
Vázquez. O centro, construído e equipado pola Fundación Amancio Ortega, oferta 82 prazas para o curso 20182019, máis un centro de día con capacidade para 80 maiores. Xestionado pola administración autonómica a través do Consorcio, botou andar con 52 nenos; outros sete sumaranse en outubro para chegar aos 59. Centro de día A grande novidade deste novo centro é o seu ca-
A escola ten capacidade para 82 nenos e o centro de día para 80 maiores
Visita institucional ao centro interxeracional da Farixa no día de portas abertas.
CIDADE
Podoactiva en Ourense, grazas a Clínica Teknos 4 A empresa realiza plantillas personalizadas coa última tecnoloxía. Redacción Podoactiva, a empresa líder en podoloxía e biomecánica que realiza estudos biomecánicos, persoais personalizados e atención podológica xa está ao teu alcance en Ourense, máis concretamente en Clínica Teknos, na praza Arturo Pérez Serantes 3 (Praza das Mercedes). O novo espazo súmase ás máis de 150 clínicas repartidas por todo o país nas que se atende a máis de 300.000 pacientes. Podoactiva, agora através de Teknos, ofrece a solu-
ción de calquera tipo de patoloxía do pé ou problemas derivados del, como lesións deportivas, patoloxías por unha pisada defectuosa, problemas relacionados co paso do tempo, alteracións biomecánicas de costas e do tren inferior ou casos de podoloxía infantil. Realizamos un estudo biomecánico da pisada con protocolo exclusivo, necesario para a elaboración do modelo personalizado. Deste xeito, garantimos un produto completamente adaptado a cada cliente. Deseñamos as plantillas coa maior precisión, para
que se adapten ás túas necesidades 3D scan Podoactiva Patentado a nivel mundial, xera un molde virtual e achega datos óptimos da xeometría do pé, fronte a outros sistemas que recollen datos en dúas dimensións ou con procedementos artesanais máis imprecisos. Para o proceso de fabricación utilizamos unha aliaxe exclusiva que permite que a súa resposta mecánica sexa mellor que calquera outro material, o que permite recuperar en cada paso a súa posición orixinal, e que sexa máis elástica e resistente. As nosas plantillas resultan máis finas, flexibles e lixeiras, con mellor resposta dinámica, mellor transpiración e teñen maior durabilidad sen perder a xeometría. Agora só queda que goces das túas plantillas personalizados grazas a Clínica Teknos.
Barrios 20 de setembro 2018
Jesús Vázquez repite como candidato á alcaldía 4 Presentouse nun acto nas Lagoas. Redacción No seu barrio, As Lagoas, foi onde Jesús Vázquez presentou a súa candidatura para repetir ao fronte do Partido Popular de Ourense como candidato á alcaldía da cidade. Nun acto na Campus de Ourense no que estiveron presentes moitos dos seus compañeiros e simpatizantes tomaron a palabra o presidente provincial, Manuel Baltar, e o autonómico, Alberto Núñez Feijoo para respaldar a candidatura do que consideran “o mellor alcalde das sete cidades galegas”. Despois de agradecer o apoio dos seus, o rexidor asegurou ter “un modelo propio de cidade” e que
ten, xunto ao seu equipo, ganas de continuar por que teñen “alma, tesón e corazón”. Ademais, asegurou que quere facer de Ourense “unha cidade modélica” convertendoa en referente poñendo o foco no termalismo no que se están dando “pasos importantes”. Advertiu que a cidade o
que necesita é unha xestión “con sentidiño”. Vázquez expuxo os seus logros nos tres anos e medio de mandato que se levan gastados, e atizou á oposición ao asegurar que “fronte nós non hai nada” acusándoos de “entorpecer e bloquear proxectos para a cidade”.
Núñez Feijoo xunto a Jesús Vázquez. /RAMSÉS.
Barrios 20 de setembro 2018
VERÍN E COMARCA
O IES García Barbón: un centro pequeno con grupos reducidos Un novo curso escolar comeza e o IES García Barbón aproveita para seguir informando sobre a súa oferta formativa e os servizos que facilita á comunidade educativa. Somos un centro pequeno con grupos reducidos o que posibilita poder ofrecer unha atención individualizada ao conxunto do alumnado. Un sinal de identidade do noso pequeno centro é a súa aposta decicida polo emprego de internet como recurso de comunicación, información e formación para a comunidade educativa. Neste sentido, destacamos a nosa páxina web institucional (http://iesgarciabarbon.es/) na que facilitamos de maneira habitual informacións de utilidade para as familias, o alumnado e o profesorado. Complementariamente, podemos visualizar todos os documentos importantes de planificación educativa e ligazóns a outras páxinas de interese do propio centro. Outra ferramenta dixital moi popular que aporta valor engadido ao noso centro é a páxina de Facebook (https://eses.facebook.com/iesgarciabarbon) na que damos conta de maneira moi frecuente de novidades de potencial utilidade para a comunidade educativa. Entendemos que dito recurso permite ofrecer as novidades importantes do
IES García Barbón e, ao mesmo tempo, dar a coñecer e promocionar recomendacións, consellos e propostas educativas que axuden ás familias e ao profesorado na formación plena dos adolescentes. Por último, destacar a nosa aplicación para móbiles na que se facilita distinto tipo de información sobre os servizos do centro, dereitos e deberes do alumnado, o calendario escolar 2018/2019, actividades de orientación académica e laboral, normas de convivencia, titorías, actividades extraescolares, etc. (http://www.edu. xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/401). Recursos de titoría para os estudantes A titoría grupal e individualizada do alumnado xoga un papel esencial na súa formación académica e no seu desenvolvemento integral, polo que é necesario adicarlle tempo e esforzo. Coa imprescindible colaboración das familias, cada titor/a – que é a persoa de referencia máis importante na coordinación do proceso educativo- ten unha hora de atención aos pais/nais para facer un seguemento da súa situación académica e persoal. As familias e os seus fillos/as dispoñen de fontes de información sobre hábitos e técnicas de estudo (http://xurl.es/ hte) e outras aportacións
moi útiles (http://xurl. es/fple) A función titorial que realiza o titor/a recibe o acompañamento e o asesoramento do Departamento de Orientación mediante o desenvolvemento de titorías individualizadas ao longo do curso académico –alomenos unha vez cada trimestre-. Recursos de orientación académica e profesional A fonte de información máis interesante é veterana –trece anos- é o blog do Departamento de Orientación (http:// orientacion.blogia.com). Para completar e facilitar a toma de decisións recomendamos o uso do programa Orienta 2018 que podes ver na seguínte ligazón (http://orientaline.es/?yafxb=41564). Todos os recursos dixitais anotados e outra moita información sobre o noso centro podes vela en: http://www.pearltrees. com/titoriabarbon.
A aplicación para móbiles facilita distintos tipos de información sobre os servizos do centro
Información de utilidade para a comunidade educativa do IES García Barbón nas novas tecnoloxías.
Participantes da festa de disfraces da clausura da ludoteca de verán.
Disfrazados para despedir o verán 4 Unha festa de disfraces clausurou a ludoteca. Redacción Unha festa de disfraces clausurou a ludoteca de verán campamento urbano 2018 que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Esta iniciativa, que comezou o 25 de xuño e na que participaron máis de
250 menores con idades comprendidas entre 3 e 13 anos, procurou a conciliación á vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores. Para clausurar este verán os pequenos participaron nunha festa de disfraces no CEIP Princesa de España amenizado por unha dis-
comóbil que rematou cun xantar para todos os asistentes. Este campamento organizou ao longo do verán iniciativas como o día do sombreiro, día do avó, San Fermín e o chupinazo, festa da Batucada, Dia de Galicia, actividades coa Cruz Vermella, obradoiros de Igualdade co CIM da Mancomunidade de Verín, xornadas lúdicas coa A.C de Música Tradicional de Monterrei - Banda de Gaitas Nova Era, visita temática ao Museo Claustro Mercedario e un Graffiti da Ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.
VERÍN E COMARCA / REPORTAXE
Enoturismo Redacción Corenta expertos internacionais destacan en Verín o “enorme potencial” dos lagares rupestres para desenvolver roteiros enoturísticos. Foi durante o segundo congreso mundial da Asociación de Lagares Rupestres, que se celebrou no Museo Claustro Mercedario en Verín. Israel, con lagares rupestres datados dende 1.500 anos antes de Cristo, e Por-
tugal, con monumentos similares dende a era romana, son os dous modelos a seguir para xerar riqueza creando roteiros adicados ao enoturismo. Esta é unha das conclusións da segunda reunión interna-
Barrios 20 de setembro 2018
cional da Asociación de Lagares Rupestres, que onte se celebrou no Museo Claustro Mercedario en Verín, cuxa comarca, en Monterrei, alberga 60 distes peculiares restos arqueolóxicos.
Víctor Manuel Ameijeiras é o xefe de vendas de Bétula Cars Citroën. /M. REJO Participantes no congreso de lagares rupestres.
Bétula Cars, por fin Citroën en Ourense 4 É o novo concesionario oficial que lle dará estabilidade grazas ao Grupo Pérez Rumbao. Redacción
Inicio da vendima na DO Monterrei.
Vendima na DO Monterrei O pasado sábado, 15 de setembro, comezou a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei, cun lixeiro atraso de máis de dúas semanas con respecto ao ano pasado debido ás condicións climatolóxicas. A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2018, foi José Luís Mateo García (Quinta da Muradella), situada na localidade de Verín.
Tras uns anos nos que o fabricante galo desaparecera da provincia, agora volve a rexurdir con forza grazas ao esforzo e interese de Bétula Cars, do Grupo Pérez Rumbao. Cunhas novas e coidadas instalacións onde xa podes atopar, e mercar se queres, o Citroën que estás desexando. Por suposto, acompañado do correspondente taller oficial para solucionar o máis mínimo problema grazas aos novos profesionais que velan polos intereses dos donos dun Citroën, encabezados por Alejandro Castro, xerente de Bétula Cars Citroën en Ourense, que nos resolve as nosas dúbidas.
Que vai aportar Bétula Cars á marca Citroën? Alejandro Castro (A.C.): “Citroën e Betula Cars firmamos un compromiso para os próximos anos na que o futuro vai ser moi alentador porque esta marca non se merecía a pouca presencia que tiña na nosa provincia. Confiamos en que Citroën sexa unha das marcas emblemáticas en canto a tecnoloxía dos próximos anos. Ten un produto totalmente innovador e vehículos lexendarios como a Berlingo ou os C3 ou C4. Agardamos que Citroën continúe nesta liña porque é unha das mellores marcas que existen agora mesmo en España. Tamén ten unha gama de industriais moi potente. Esperamos que sexa un fiel re-
flexo do que esta marca se merece en Ourense da man do Grupo Pérez Rumabo”. Que mensaxe lle mandas aos usuarios de Citroën en Ourense? A.C.: Que estean tranquilos. Grazas a Pérez Rumbao en Bétula Cars ímos darlle o espaldarazo definitivo a esta marca. Os clientes de Citroën poderán dispor da ampla gama de vehículos da marca nunhas instalacións totalmente renovadas e modernas moi preto da cidade”.
Bétula Cars Citroën atopase na estrada de Madrid km. 234, no Piñeiral. Tel. 988 22 78 00
Barrios 20 de setembro 2018
EN BREVE 4 Castro de Saceda Iniciáronse os traballos de restauración e musealización que permitirán facer máis accesible e didáctico o monumento sito en Cualedro. Con esto se pretende que a visita sexa máis accesible e, ademais, optar aos fondos do 1% cultural do Ministerio de Fomento.
4 Atrasos O Partido Popular de Verín denuncia o atraso -en máis de nove mesesno pago a proveedores por parte do Concello. Para Jiménez Morán a situación económica do ente local é a peor dos últimos anos. Desde o goberno instaron a preguntar aos veciños como está o pobo desde os últimos tres anos.
4 Peonalización O Concello de Verín traballa de cara a humanizar a vila. Un dos próximos pasos será a restrición do tráfico nos viais de ámbolos dous lados do concello. A Policía Local estuda esos posibles cambios.
VERÍN E COMARCA
LED para o quirófano de Verín 4 Renovaranse mediante un concurso. Redacción O Servizo Galego de Saúde vén de publicar o expediente de contratación para a adquisición de lámpadas de quirófano, que permitirá renovar este equipamento no Hospital de Verín, cun investimento superior aos 21.000 euros. Con este orzamento público o hospital da bisbarra de Monterrei accederá a un equipamento de tecnoloxía avanzada, LED de luz fría, que mellora a seguridade e confort de usuarios e profesionais, ao proporcionar unha fonte lumínica non
Hospital de Verín.
Matrícula aberta para un curso de cata de mosto e viño 4 Sobre as variedades de Monterrei. Redacción A delegación da Uned en Ourense ven de abrir o prazo de inscripción para o primeiro dos cursos de cata do ciclo “De Monterrei ó mundo” que se celebrará en outubro no Museo Claustro Mercedario de Verín. Trátase de dúas xornadas monográficas sobre as variedades de uva e os mostos propios da D.O. Monterrei. A inscripción pódese formalizar online na páxina “Uned Ourense” para as clases dos días 5 e 6 de outubro. Os cursos serán impar-
térmica. O concurso é de procedemento aberto cunha pluralidade de criterios baseados no principio de mellor relación calidade-prezo, que segundo o artigo 131.2 da LCSP constitúe un procedemento ordinario para a adxudicación dos contratos. Este método de adxudicación permite que toda empresa interesada, que cumpra cos requisitos esixidos, acceda á información da contratación, presente súa oferta e poida ser adxudicataria segundo os criterios establecidos no PCAP.
tidos por destacados representantes do mundo da cata e sumilleres de recoñecido prestixio, como Luis Paadín, director da Guía de Viños de Galicia, e técnicos da D.O. Monterrei, entre outros expertos, e estarán centrados nas peculiaridades dos viños da comarca, pero tamén nas principais tendencias produtivas da enoloxía mundial. A primeira sesión docente celebrarase na tarde do venres 5 de outubro e na mañá do sábado 6, e estará impartida polos técnicos oficiais da DO
Monterrei. Nela analizaranse as características organolépticas das variedades de uva autorizadas e preferentes da D.O., así como as características que confiren aos seus respectivos mostos. O Museo Claustro Mercedario abre así o ciclo de cursos “De Monterrei ao mundo” centrados na cata profesional dos viños de Monterrei no contexto enolóxico global, que realizará ao longo de todo o ano en colaboración coa Uned e da Denominación. A matrícula, de 15 euros, pódese formalizar xa na páxina de Uned Ourense, onde tamén se pode conultar o programa. Consulta toda a información no seguinte enlace: https://goo.gl/Nfdtkw. As restantes sesións, a desenvolver sempre en fin de semana ao longo de todo o ano.
Un participante do Extruga Street no skate park de Verín.
Extruga Street Xa é historia o Festival Extruga Street 2018 que se celebrou en Verín. Centos de mozos, da vila e doutras localidades, participaron nesta segunda edición celebrada no skate park. Deporte e música conxugáronse en dúas xornadas inolvidables para os presentes. Obradoiros, exhibicións e talleres (de beatbox, dj e breakdance) foron as propostas máis destacadas desta edición que non defraudou a ninguén. Tampouco faltou a “pelexa” de Dj´s por ver quen rimaba os mellores versos. Porén, o gran protagonista foi o skate park e os deportes sobre rodas.
ENTREVISTA
Barrios 20 de setembro 2018
DANIEL GUZMÁN E JULIO SOTOMAYOR, RESPONSABLES DO RESTAURANTE NOVA
“A experiencia que te levas dun restaurante é a suma de pequeniños detalles”
4 Tras estudar en Vilamarín e pasar por grandes cociñas, estes dous curmáns optan polo autoemprego e nace Nova. Cunha estrela Michelín sorprenden cada 15 días aos clientes. agora somos nove. Somos a estrela Michelín co menú degustación máis económico de Europa. Queremos seguir mellorando e os clientes fánolo saber. Estamos orgullosos de defender nove soldos nuns tempos económicos moi difíciles”.
Julio Sotomayor e Daniel Guzmán “creando” en Nova. Redacción Daniel e Julio tíñano claro e dende o comezo quixeron diferenciarse do que lles rodeaba. Nun local con capacidade só para 28 comensais, atendido por nove profesionais, só tes que sentarte e elexir un dos tres menús que ofertan. Así de simple. Eso si, aos 15 días podes voltar porque atoparás outros tres menús distintos. Como a vida mesma, que cambia cada pouco. Como naceu o proxecto Nova? Daniel Guzmán (D.G.): “Os dous somos curmáns nunha familia moi pequeniña e coñecémonos dende o xerme. Levámonos un ano. Case nos podemos considerar irmáns. A idea do restaurante xurdiu porque despois de 14 anos en distintas cociñas comezamos a perfilar dende a distancia, Julio estaba traballando en Cataluña, o ter un local
“Nova abriu en plena crise no ano 2012, porque pensabamos que os momentos de crise son tamén momentos de oportunidades”
propio xa que tiñamos os coñecementos suficientes”. Julio Sotomayor (J.S.): “Vivíamos na mesma cidade pero non traballamos xuntos. Sempre tivemos a idea e nos gustaba ter un pequeno restaurante. Nun momento previo plantexámonolo, 8 anos antes”. D.G.: “Houbo un conato porque surxiu un local, pero foi unha tolemia porque non estabamos preparados. E menos mal. Tíñamos ilusión. Dende o momento que entras nesta profesión, e se tes a nosa sorte de traballar en grandes casas, grandes restaurantes, non xa a efectos económicos senón que ves que ese cociñeiro, o alma mater desa casa, conseguía algo que perdurase, ti te ves neses espellos, e queres, xa que é un traballo moi sacrificado, buscar esa meta ideal. Un dos piares foi que xa tiñamos unha experiencia adquirida moi grande e moita confianza en buscar o autoemprego. Pensa que Nova abriu en plena crise no ano 2012. Tamén deuse a coincidencia de que xusto os dóus estabamos en Ourense. E pensabamos que os momentos de crise son tamén momentos de oportunidades. Aínda que tíñamos 30 anos xa levabamos dende os 18 anos traballando e non queríamos chegar aos 40 sen intentalo. O proxec-
to estaba claro. Queríamos abrir en Ourense, no centro e un local pequeno, cremos que o volume non dá o beneficio, dará facturación. Eramos realistas e buscabamos non empeñarnos para toda a vida, unha inversión asequible, nun local xa montado e se funcionaba o propio negocio se fora retroalimentando”. Tras estes seis anos tíñades pensado chegar ata onde chegastes? J.S.: “Na nosa mente sempre estivo facelo o mellor posible. Ser un restaurante humilde nunha capital de provincia pequeniña, sen máis pretensións. Unha frase que dicimos moito é que no teu corazonciño de cociñeiro sempre fai ilusión que recoñezan o teu traballo ben feito, o teu equipo. Mirando atrás vemos unha constante evolución, gañas de mellorar en moitos sentidos. A estrela Michelín o que significa é que a xente veña e se vai contenta, pero si que nos enorgullece abrir a porta todos os días e defender nove soldos”. D.G.: “Tivemos os nosos erros e acertos. Dos erros aprendemos para non repetilos e creo que hoxe o facemos mellor que cando abrimos, sen dúbida. O apoio da nosa familia deunos tranquilidade. Cando abrimos eramos catro e
Notades un turismo que busca restaurantes como o voso, de calidade? D.G.: “Hai xente que fai turismo gastronómico que viaxa coa guía baixo o brazo. A estrela Michelin colocounos o foco enriba e nos meses de xuño, xullo e agosto que baixaba a clientela porque buscaban sol agora son bos meses no ano porque aínda que non sexamos destino turístico si que somos paso hacia a costa ou Santiago e A Coruña. Hai xente que elixe primeiro os restaurantes e despois os hoteis. Hai tamén turismo que ven a visitar o “Grupo Nove”, que vai comer en todos os seus restaurantes, con cociña galega de proximidade e calidade”. Grazas a todo isto hai moite xente que nos di que é a cuarta o quinta vez que ven a Galicia pero á primeira que ven a Ourense, e é por nós, e iso fainos
“Hai xente que fai turismo gastronómico que viaxa coa guía baixo o brazo”
sentir moi orgullosos”. J.S.: “Moita xente fai moitos quilómetros para comer, dínos “vimos aquí para comer convosco”. Que consello lle dades aos que queiran seguir os vosos pasos? J.S.: “Animalos. O primeiro dicirlle que cabeciña. Ter moi aprendida a lección e minimizar os erros. Cada vez a xente sabe máis. Apostar pola calidade e especializarse. Despois comentarlle que van ser autónomos e teñen que saber de todo e estar dispostos a aprender. Que estean atentos porque o tren pasa unha vez na vida”. D.G.: “Cando estás por conta allea estás ao teu e xa está. Tes unha ventá de actuacións e listo. Temos lembrado aos nosos profesores de Vilamarín para entender unha nómina ou tramitar subvencións”. Tendes pensado medrar no futuro? J.S.: “Si que é certo que nos ofreceron abrir máis restaurantes en outras cidades europeas. Pero somo moi felices en Ourense facendo o que podemos e non queremos ser escravos de 4 ou 5 restaurantes”. D.G.: “Neste momento non, pero igual falamos dentro de 5 ou 6 anos e temos tres restaurantes, non sabes cando pode saltar unha oportunidade porque un local che gusta moito ou
Ambiente do salón no restaurante Nova.
cambiar de ubicación”. Cal é o segredo do éxito de Nova? D.G.: “O prato é o eixe sobre o que xira todo, a comida e o viño. É a capa máis primaria. Despois está a atención, pulida e cercana. O que digo moitas veces é que a experiencia que te levas dun restaurante é a suma de moitísimos pequenos detalles. Está a ilumincación, a banda sonora, a decoración... todo controlámolo nós. E onde non chegamos pois contratamos a bos especialistas. Tamén consideramos esencial achegarte un ratiño e intercambiar opinións cos clientes, preguntarlle, xa sexa para ben ou para mal. Vano facer ao salir sen ningún problema e eu quedo máis tranquilo sabéndoo. A nivel de carta, nós prescindimos dela. Só temos tres menús degustación. Unha opción sencilla, “Raíces”; o buque insignia, “Nova”; e unha experiencia de 12 pratos, “Cima”, como o noso apelido, ademais. Cambian cada 15 días, sempre con produtos de tempada. Cremos que o efímero é máis especial. Consideramos que así estamos máis vivos e en continua evolución. O nome vén de aí, de que cada vez que veñas teñas unha “nova” experiencia. Hai moito traballo detrás, son dous menús ao mes durante 11 meses. Temos produtos “km 0”, todo local e de proximidade. O 95% das nosas hortalizas son de hortos da Merca e As Maravillas, é a de máis lonxe está na Estrada. É produto moi fresco e no seu momento óptimo de recolección que ás veces nin pasa pola cámara frigorífica. Para min o raro é traelo de lonxe. Igual que o viño, todos galegos, non temos rioxas nin riberas”.
10
Barrios 20 de setembro 2018
VERÍN E COMARCA / PROVINCIA
Paneis informativos en Verín 4 Instaláronse en cinco puntos da vila. Redacción O Concello de Verín crea cinco espazos públicos para pegado de cartelería en puntos estratéxicos da vila. A finalidade desta idea é mellorar a comunicación cos cidadáns, manter lim-
A Concelleira de Cultura colocando información nun dos paneis.
pas as paredes da vila e reducir o uso innecesario de papel. Ademais, como explicaba a concelleira de Cultura, Emilia Somoza “hai colectivos sociais que non teñen acceso, ou simplemente non usan, as nosas plataformas informativas dixitais, co cal vemos necesario reforzar os recursos municipais de comunicación directa”. Información Estes paneis teñen dous reversos, un reservado a información municipal e outro dispoñible para a libre expresión dos veciños, favorecendo así a accesibilidade informativa a todos os colectivos sociais de Verín.
Centro Residencial Docente de Ourense
caso de cumprir cos requisitos fixados (non superar o limiar 2 de renda).
para solicitar praza na residencia, do 17 ó 28 de setembro. Feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo algunhas prazas vacantes, o centro residencial abre un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 17 e o 28 de setembro de 2018, ambos incluídos.
Prazo extraordinario de inscrición Ábrese un novo prazo
Servizos O alumnado dispón de diferentes servizos (Biblio-
Período extraordinario de admisión de alumnado do 17 ao 28 de setembro O Centro Residencial Doente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de residencia, de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional) e na convocatoria extraordinaria alumnado universitario. As prazas de residencia están reguladas pola Orde do 24 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) sendo gratuítas no
O Centro Residencial Docente de Ourense. /M. REJO.
teca Escolar, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, atención médica, actividades complementarias, pavillón e pistas deportivas) ademais dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Máis información no 988 60 21 65 ou en credo.ourense@ edu.xunta.es.
PROVINCIA
Barrios 20 de setembro 2018
Acordo entre Partenalia e Arco Latino 4 Reforzará a posición económica, social e de servizos públicos de 40 provincias en toda Europa. Redacción Manuel Baltar, presidente da Deputación, reunido con Fernando Suárez, director da Área de Transparencia da Deputación.
A “Provincia Turística Intelixente”, cada vez máis preto 4Grazas a unha inversión de 3 millóns da Deputación. Redacción Manuel Baltar destaca o traballo realizado por Fernando Suárez, director da Área de Transparencia da Deputación de Ourense e presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, para acadar a aprobación deste proxecto de vangarda tecnolóxica, “que sitúa á Deputación de Ourense na punta de lanza da creatividade e da xestión da oferta turística dunha provincia como a nosa, que destaca polas súas singularidades nos ámbitos do termalismo, o turismo de natureza, as contornas e instalacións para a preparación de deportistas de alta competición e unha riqueza monumental, etnográfica e paisaxística das máis importantes do mundo”. A iniciativa que, no marco deste proxecto, porá en
marcha a Deputación de Ourense, permitirá aos turistas que se acheguen á provincia dispoñer dun acceso rápido, sinxelo e intuitivo de toda a información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (liña “Ourense ao teu alcance”); de servizos personalizados “baixo demanda” (liña “Sinte Ourense”), e terán acceso a experiencias inmersivas (liña “Ourense guíate”). Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías.
O presidente da asociación europea de gobernos provinciais “Partenalia” e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou o 18 de setembro un protocolo de colaboración co seu homólogo da rede de gobernos locais intermedios euromediterráneos, “Arco Latino”, Joan Josep Malrás, que converte a alianza Partenalia-Arco Latino na rede de networking máis importante dos gobernos provinciais da Unión Europea. “Este acordo reforzará a colaboración entre ambas as entidades e dotará dunha gran fortaleza ás preto de 40 provincias e territorios de Europa que constituímos esta alianza de cooperación, para impulsar os nosos proxectos e reivindicacións competenciais, económicos e de prestación de servizos no ámbito local”, expresou Manuel Baltar tras a formalización do acordo alcanzado esta tarde no Palacio Provincial de Tarragona. Este espazo europeo de cooperación permite que ambas as entidades acorden, como deixaron constancia no protocolo subscrito, seguir aumentando a alianza iniciada en 2009 e crear un grupo
de traballo entre as dúas asociacións para desenvolver un plan de acción que teña en conta aos actores socioeconómicos, académicos e de investigación do territorio das administracións locais intermedias que se agrupan nestas redes de gobernos locais intermedios. Despoboamento e servizos En Tarragona tivo tamén lugar a Conferencia de gobernos provinciais europeos sobre “Despoboamento rural e desenvolvemento sustentable en Europa”, onde Manuel Baltar salientou que a clave para facer fronte ao reto do despoboamento rural ”é desenrolar coñecemento
para manter os territorios activos, achegando recursos e oportunidades para a poboación”. Manuel Baltar puxo o acento no binomio desenrolo económico e sustentable nas áreas rurais “como necesario para converter as nosas debilidades en fortalezas e as ameazas en oportunidades”. “Os gobernos locais intermedios -remarcou- dependemos en gran medida do acceso directo aos fondos europeos, única vía que nos permitirá salvar a brecha urbano-rural e lograr un crecemento máis sostido e ecolóxico. A fortaleza é o carácter do rural, sinónimo de talento e liderado”, finalizou.
Joan Josep Malrás, presidente de Arco Latino, é Manuel Baltar, presidente de Partenalia, na firma do acordo.
11
EN BREVE
4Obradorios O Obradoiro de Instrumentos de Música Tradicional da Deputación de Ourense abre o vindeiro luns, 17 de setembro, ata o 5 de outubro o prazo de matrícula para o curso de construción de instrumentos musicais. Os instrumentos que se poderán construír no curso son: gaitas, zanfonas, pito galego, requintas, instrumentos de percusión, instrumentos medievais e tamén haberá un curso de talla para instrumentos musicais. Os interesados en participar no curso, poderán formalizar a súa matrícula no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, sito na rúa Progreso. As clases comezarán o 15 de outubro.
4 “La Lira” O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu o pasado 14 de setembro no Pazo Provincial a directivos e músicos da banda de música “La Lira” de Ribadavia, gañadora do primeiro premio no Festival internacional de Valencia, o máis prestixioso do mundo. Baltar felicitou ao presidente, o director e a todos os xóvenes integrantes desta senlleira agrupación musical ribadaviense, destacando “o seu bo facer, guiado pola ilusión o virtuosismo e a defensa da tradición musical ourensá”. No mesmo acto o presidente provincial lle fixo entrega da bandeira da provincia de Ourense.
12
Barrios 20 de setembro 2018
DEPORTES
EN BREVE 4 Sintético O Consello de Deportes aproba un convenio coa Federación de Fútbol para dotar de herba sintética os campos de Vilar de Astrés e Seixalbo.
4 San Martiño Xa está aprobado o Regulamento da Carreira Pedestre do San Martiño 2018. Este ano hai a posibilidade de efectuar unha doazón a favor dunha causa solidaria. Haberá unha proba inclusiva, onde poderán participar persoas con calquera tipo de diversidade funcional.
Presentación do 34º Día da Bici.
Milleiros de ciclistas agardan o Día da Bici 4 Chega a 34ª edición.
4 Balonmán
R.T.
O xuvenil feminino do Pabellón, estreouse na División de Honra vencendo a domicilio ao Chapela por 20 a 25.
“La Bici te da vida ¡úsala!”, é o lema do Día da Bici que se celebra este domingo, 23 de se-
tembro polas rúas da cidade con saída e chegada na Alameda. Coma sempre, reivindica saúde, deporte e concienciación cívica sobre o
ciclismo. Milleiros de ciclistas participarán neste evento que é, xunto á San Martiño e ao “Correndo por Ourense” o que máis familias congrega. Como outros anos, o Día da Bici comezará ás 12 horas diante da Alameda de Ourense e realizará o itinerario por: Marcelo Macías, avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, avenida das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Don Bosco, Progreso e remate novamente na Alameda. As inscricións poden realizarse na carpa situada na rúa do Paseo, fronte ao centro cultural “José Ángel Valente” ou en Ciclos Moure.
Internacional de fútbol gaélico en Santiago Redacción O pasado sábado, no Campo Municipal das Cancelas, en Santiago de Compostela, disputouse un torneo internacional de futbol gaélico feminino, coa participación do Auriense FG. Durante toda a xornada, o conxunto ourensá tivo a oportunidade de xogar contra as campioas de Liga (Fillas de Breogán de A Coruña), as de Copa (Estrela Vermella de Santiago de Compostela) e as campioas europeas Belgium Legends. A pesar das tres derrotas foi unha oportunidade para que as novas incorporacións se rodaran
no xogo, e para poñerse a punto para a nova tempada. A vitoria foi para o Belgium Legends.
O Auriense FG no torneo internacional de Santiago.
DEPORTES
Barrios 20 de setembro 2018 EN BREVE
Atletas ourensáns destacaron no mundia máster
4 Ciclismo
4 Vén de celebrarse en Málaga. Redaccion O Campionato do Mundo de atletismo máster deixou grandes resultados para os ourensáns. A habitual nestas citas, Emilia Mesa, logrou a medalla de prata na xavelina (w65). Rubén Diz logrou o subcampionato mundial en medio maratón (M35) e campión coa selección española. Domingo Álva-
rez era quinto nos 1.500 (M60) con récord galego incluído; nos 800 remataba noveno e nos 4x400, cuarto. Luz María Domínguez remataba novena nos 800 metros (W55) e semifinalista nos 400. O terceiro participante ourensán nesta competición, Paulino Macías, lograba ser décimo na proba dos 10 km en Ruta (M45).
Luz Domínguez e Domingo Álvarez representaron a España no Campionato do Mundo de Málaga.
13
A Unión Deportiva Ourense logrou os tres puntos fronte ao Lugo B. /RAMSÉS.
A U.D. Ourense acada a quinta posición 4 Nesta xornada visita ao Céltiga. R. Torres
puntos.
Co bo paso. Así comezou a Unión Deportiva Ourense a súa andadura pola Terceira división. Nos tres partidos que leva disputados ata o de agora suma dúas vitorias e un empate agardando o que pase no partido aprazado contra o Ourense C.F. (0-0 ao descanso) que se reanudará, con toda probabilidade o 6 de decembro. Na cuarta xornada un gol de Durán desde os 11 metros valeulle para sumar os tres puntos. Este domingo os de Fernando Currás desprázanse ata a Illa de Arousa para enfrontarse ao Céltiga, equipo que suma catro
Derbi Esta quinta xornada deixa, ademais, o derbi ourensán entre Ourense CF e o Barco (o sábado ás 17.45 horas no Couto). Ademais, o Arenteiro visita ao Vilalbés. O Barco é noveno con seis puntos; Arenteiro, 14º con 4; e Ourense C.F., penúltimo cun só punto e un partido menos. Preferente O Barbadás defendeu a honra dos ourensáns a pasada xornada na Preferente. O equipo dos Carrís venceu por 1-2 ao Amanecer. Pola contra, Bande -ante Beluso- e Antela contra Sanxenxo- perde-
ron con contundencia (51 e 6-0, respectivamente) e o Velle caeu diante do Vilalonga (2-0). Para esta xornada: Bande - Mondariz; Velle - Sanxenxo; Antela - Moaña; e Barbadás - O Grove. O Barbadás é terceiro a dous puntos do líder (Pontellas). O resto de ourensáns está na parte baixa: Velle, Bande e Antela ocupan a décimo quinta, décimo sexta e décimo novena posición, respectivamente.
Ourense C.F. e Barco enfróntanse no Couto o sábado 22 ás 17.45 h
A Volta a Galicia de ciclismo arrinca este xoves desde Verín. É por iso que a vila vese obrigada a restrinxir o tráfico rodado. En total serán unha ducia de rúas as que se verán afectadas. A saída oficial será ás 18 h, e as probas desenvolveranse ata ben pasadas as sete da tarde, segundo as previsións da organización.
4 Fútbol feminino O equipo sénior do EFF Rosalía vén de lograr un empate no seu debut ligueiro. O resultado foi de empate a un gol fronte o Ponteareas. Ademais, vén de presentarse a campaña de socios #FebreAzul, que por tan só 20 euros poderán axudar ao club.
4 Fútbol sala O Cidade das Burgas recibe ao Muslera -sábado a partir das 17 h nos Remedios - no que será o encontro da segunda xornada en 2ª división. O Envialia B visita a Orvina.
4 Ximnasia O Clube Escola Ximnasia Burgas arrinca a nova tempada con gran ilusión e cantidade de ximnastas e proxectos. Tentarán chegar aos logros que alcanzaron a tempada pasada, un curso para o recordo con grandes resultados a nivel nacional e internacional
14
Barrios 20 de setembro 2018
AXENDA / OCIO E CULTURA
Sarabela Teatro volta con “Celebración”
4AXENDA Exposicións - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Teatro - 20 e 21 de setembro - Estrea de “Celebración, a gran noite” de Sarabela Teatro - 21 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 21 de setembro - “O Funeral” - 20 h. - Teatro Principal - 23 de setembro - Teatro infantil “Contos do Recreo” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 27 de setembro - “A Gabia” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 27 de setembro “Black Apple” - 20 h. Teatro Principal Música - 20 de setembro - Concerto da Filarmónica de Cámara de Colonia - 20 h. - Teatro Principal -20 de setembro - Concerto de “Kurt Baker Combo”- 21.30 h. Café Cultural Auriense (Ourense) - 24 de setembro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense (Ourense) Deportes - Do 20 ao 23 de setembro - I Torneo Senior de Tenis Atlántico “Cidade de Ourense” - Club Santo Domingo (Pereiro de Aguiar) - 21 e 22 de setembro - 7º Rali Ourense Ribeira Sacra - Nogueira de Ramuín - 22 e 23 de setembro - VII Memorial Manolo Carrera de Fútbol - Velle - 23 de setembro - 34ª Día da Bici - Saída da Alemeda (Ourense) -22 de setembro Ourense CF - CD Barco Terceira División - 17.45 h. - O Couto - 30 de setembro - Circuito Correndo x Ourense “Carreira da Ponte” - Barrio da Ponte Outros - Do 21 ao 23 de setembro - IV Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval - Praza Maior de Verín . - 22 de setembro - Ciclo cine e música “A máscara de ferro” - BenComún Espazo (Allariz) www.periodicobarrios.com
4 Representarase no Auditorio o 20 e 21 de setembro. Redacción
A concelleira de Comercio, Purificación Caldelas, e o director de Adiccag, Pablo Casanova, na presentación da Feira da cervexa artesá.
Os food tracks chegan á Feira da cervexa de Verín 4Con cinco fabricantes de cervexa e un de hidromel. R.T. A praza Maior de Verín acolle do 21 ao 23 de setembro a cuarta edición da Feira da cervexa. Nesta edición estarán presentes cinco fabricantes de cervexa artesá e un de hidromel: Cervexa Monte Rei (Verín), Cerveja Trasmontana (Chaves), Cerveza Virtus (Burgos) Cerveja Celebridades (Aveiro), Cervexa Celebridade Galega (Verín), Hidromiel Ambrosía (Burgos), Cervexa La Castiza (Madrid) e Cervexa La Verbena (Valdemoro-Madrid). Tamén, coma en anteriores edicións, a feira contará con numerosos postos de artesanía medieval. A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a cana. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda. Como novidade, ademais dos xa clásicos stands gastronómicos de polbo, mexillóns, empanada ou productos ecolóxicos, instalaranse tamén catro Food Tracks de comida xaponesa, creppes doces e salgados, pizzas e bocadillos de carne afumada.
En canto ás actuacións musicais, a Banda de Gaitas do Concello de Verín amenizará a xornada do venres 21, a partir das 19 horas, e o grupo “En Mala Hora” porá o broche musical o sábado 22, a partir das 21 horas. Sorteo Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta que deberá cubrirse cos selos dos seis fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta. O domingo, ás 20 horas, realizarase un sorteo entre entre todos os participantes que completaran o cartón no que se distribuirán entre os premiados 8 packs de cervexa artesá. Tamén se sortearán multitude de sobres con ordes de compra nos comercios de Verín doados polos establecementos de Verín.
A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo de 2 euros a cana
Estes xoves e venres, 20 e 21 de setembro, Sarabela Teatro trae a Ourense a obra “Celebración. A gran noite”. As funcións terán lugar ás 21 horas. Dirixa por Dani Salgado e escrita por Fernando Dacosta estarán sobre as táboas o propio Dacosta xunto a Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago e Elena Seijo.
A obra “Celebración. A gran noite” é unha obra escrita
por Fernando Dacosta que se inspira na obra do dramaturgo francés Jean-Luc Lagarce, preocupado por abordar nas súas pezas a exclusión e a necesidade de pertenza. O espectáculo discorre entre situacións que explotan a comicidade e o patetismo, para provocar a emoción dos espectadores a través dunha trama argumental de vertixe, desencadeada tralo convite a unha gran festa.
Presentación no Concello da obra “Celebración. A gran noite” de Sarabela Teatro.
OCIO E CULTURA / ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 20 de setembro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº69 - Ano: XI - 20 de setembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
EN BREVE 4 Exposición Unha escolma, feita polos propios alumnos, de traballos que se realizaron nas Aulas de Especialización da Escola Municipal de Artes e Oficios de Verín no pasado curso é a exposición que está na Sala de Exposicións de Verín ata o 13 de outubro. Expoarte 2018 é o título da mostra. O horario para visitas durante o mes de setembro é de luns a venres, ámbolos dous incluídos, das das 17:30 h. ás 20:30 h.; e os sábados de 10 a 14 h. e de 17:30 a 20 h.
4 Formación A Escola de Artes e Oficios ofrece aulas de especialización -para alumnado de maior de 17 anos- e de iniciación, para idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. O prazo de matrícula e a inscrición tramítase na Casa do Concello de Verín (Negociado de Cultura, 1º andar).
4 Teatro O 22 de setembro, ás 21 horas, o Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Te he dejado el poyo en el horno”, unha comedia creada e dirixida por María Casal. As entradas xa poden adquirirse, por 10 euros, anticipada ou en ataquilla.com, ou ven no mesmo día da representación na taquilla do Auditorio de Verín, por 12 euros.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
Locura con amor Aquel día tocoume a custodia de Ismael, un rapaz de 15 anos que unha noite de loucura fixo a falcatruada máis grande da súa vida. Agora, na unidade de Agudos da Sección de Psiquiatría Hospital de Ourense, descansa as ansias desmedidas dun trastorno psicótico que o trae pola rúa da amargura. Entrei polo pasillo principal, os internos ataviados con pixama branco, dando paseos sen parar, as miradas tensas e desafiantes. Un rapaz sentouse ao meu carón, e preguntoume se eu era novo ou que pintaba alí. Contesteille que era un sitio cómodo, e que estaba lendo unha revista. Soltou unha gargallada longa. Era Carlos, un carniceiro de Lobios con trastornos mentais agudos. Logo acercouse Luis, un mozo de Xinzo, que escoitaba “Los Suaves” no seu aparato musical. Máis tarde, apareceu Rosario, que con 80 anos era a máis vella e só me pedía a chave da porta, para liscar á festa de Mende, o seu pobo. E así, foron pasando, contando un anaquiño da súa vida. As miradas profundas, case sen pestanexar, os olliños brilantes pola medicación, mais
coa sensibilidade intacta. Chegou a hora de realizar as tarefas do día, ben coordinadas polos psiquiatras, enfermeiras e auxiliares do turno. Funcionarios indignados coas actuacións dos dirixentes políticos, esquecidos e humillados, mostrando a cambio unha profesionalidade contundente sen fisuras, formando un ambiente de traballo envexable que os enfermos perciben con gratitude. Alí está Emilio, 30 anos de enfermaría psiquiátrica, con ilusión polo seu traballo coma se fora o primeiro día. Celina, Mónica, Rosa, Berta e Begoña forman un grupo extraordinario. Ao carón do teléfono puiden escoitar tres ou catro conversas, que foron as que me levaron a escribir este relato, e chamalo “Loucura con amor”. Lucía achegouse tímida á cabina da recepción e solicitou a súa chamada. Cos nervos a flor de pel, case non lle saía o número de memoria. Marcou e puido falar coa súa filla, que cumplía oito anos. Un sorriso permanente floreceu na faciana de Lucía. “Ola, meu sol! Hoxe é o teu cumple e chamo para felicitarte, aínda que non podo estar contigo teño o teu agasallo, e cando volte á casiña dareicho con amor”. Colgou o aparello e, de súpeto, a
seu fermoso sorriso esfumouse, e paseniño foi cara a súa cama. Quedei descolocado, despois de escoitar aquela conversa tan terna e íntima. Quizais teño visto cousas no traballo que non son doadas de esquecer, mais esta vez quedoume moi dentro o sentimento daquela rapaza falando coa filla, cunha lucidez espontánea. Cando rematou a xornada, acerqueime pola 209, e dende a porta pregunteille a Lucía como se chama a súa filla e, de novo, o sorriso incrible xurdiu con forza. Ergueuse e soltoume: “Chámase Carmen! Coma a avoa e hoxe é o seu cumple. Mira, teño aquí a data sinalada no almanaque. Ando con pena por non estar con ela, pero terá un feliz día”. A verdadeira prisión é a dos barrotes transparentes, esta cárcere das enfermidades mentais, onde moita xente está metida, e a maioría deles cunha condena perpetua. Co corazón axitado, baixei polas escaleiras de emerxencia, evitando o ascensor, para que ninguén me vira cos ollos cheos de bágoas e coa alma encollida. Unha aperta! Miguel A. Prieto Chitín”
[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81. Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358.
INMOBILIARIA Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de
Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros)
VENDAS Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.
Barrios 20 de setembro 2018