Entrevista a Rubén Gil, que nos descobre o “Universo Tamarindo” [Páx. 3]
CIDADE
Páx.2
O Concello de Ourense supera os 100 días de retraso no pago de facturas
A VALENZÁ
Páx.5
Aberto o prazo de matrícula en varias aulas do Concello de Barbadás
CELANOVA
Páx.8
Rapaces de Celanova, artistas durante o verán grazas a un taller de ilustración
ALLARIZ
Pax.10
Ata o 9 de setembro, I Festival RIR (International Comedy Shortfilm Festival)
Idilio entre Ourense e “La Vuelta”
DEPORTES
Páx. 13
O sábado día 8, primeiro derbi en Terceira entre Ourense C.F e U.D. Ourense
O Parlamento de Galicia, premio “Casa dos Poetas” [Páx. 8]
Allariz vístese de feira en setembro
[Páx. 12]
[Páx. 10]
A “serpe multicor” ao seu paso pola provincia. // O presidente do Parlamento galego recollendo o premio “Casa dos Poetas”. // Carteis das feiras de Allariz. /UNIPUBLIC e R.T.
Número: 67 - Ano: XI - 7 de setembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 7 de setembro 2018
TEMA DA SEMANA
O Concello de Ourense supera os 100 días de retraso no pago de facturas 4 A débeda municipal ascende a 8 millóns e medio de euros. Redacción Gonzalo Jácome xunto a Laura Nóvoa, María Teresa Rodríguez e María del Mar Fernández , edís de Democracia Ourensana en Ourense./RAMSÉS.
DO presentarase en 20 concellos da provincia nas vindeira municipais 4 Rematar coa maioría do PP na Deputación é o obxectivo do partido de Jácome. Redacción Democracia Ourensana anunciou este 3 de setembro que se presentará nunha vintena de concellos da provincia nas vindeiras eleccións municipais de 2019. Ademais de Ourense, Barbadás e Pereiro de Aguiar, onde na actualidade DO xa conta con representación nas respectivas corporacións, de cara aos próximos comicios locais o partido de Jácome tamén presentará candidatura á alcaldía de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, Esgos, San Cibrao das Viñas, Coles, Nogueira de Ramuín, A Merca, Paderne, Parada de Sil, A Peroxa, Taboadela, Toén, Vilamarín, Taboadela, Toén e Xunqueira de Ambía. Así mesmo, dende Democracia Ourensana non descartan que noutras zonas se presenten candidaturas independentes baixo as siglas de DO, sempre que cumplan unhas determinadas condicións que establerá o partido de Gonzalo Jácome.
O obxectivo final desta decisión é, segundo explicou Jácome, “botar a Manuel Baltar e acabar con tres décadas de baltarismo na provincia”. Para iso, dende DO buscan manter os dous escanos cos que contan actualmente na Deputación e facerse con dous máis procedentes do PP, provocando así que os populares perdan a maioría da que gozan no ente provincial, xa que neste momento suman 14 dos 25 diputados. Segundo os cálculos de DO precisarían 6.500 votos para lograr cada escano, por iso o seu obxectivo se centra nos 37 concellos da Xunta Electoral de Zona de Ourense, que será chave para lograr un cambio na Deputación que dende DO ven “máis que posible”. Pero Jácome insiste en que este cambio só pode acadarse da man de Democracia Ourensana e, para iso, lembran o traballo que veñen levando a cabo na oposición tanto do ente provincial como dos con-
cellos nos que lograron representación. Acordos Se o partido de Jácome acada o seu obxectivo, co PP en minoría, chegaría o momento de plantexar acordos, e non descarta facelo cos populares, a cambio da saída de Baltar e de lograr un compromiso de inversión de 10 millóns de euros para o concello da capital. Pola súa banda, para pactar co PSOE esixirían a cabeza de Rodríguez Villarino, actual alcalde de Amoeiro e secretario provincial, se este fose o candidato socialista á presidencia, a quen dende DO culpan de rexeitar unha posible moción de censura contra Jesús Vázquez no Concello de Ourense.
Para lograr acordos con PP e PSOE, DO esixe as cabezas de Baltar e Villarino
Dende Ourense en Común e Democracia Ourensana continúan a denunciar o retraso nos pagos do Concello de Ourense, que xa acada os 100 días de demora e engorda así ata os máis de 8 millóns e medio a débeda das contas municipais. Ourense en Común calificou como “unha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten oito millóns e medio de euros pendentes de pago, cun retraso de 100 días “e subindo”, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días. O grupo apunta a que o goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “convertiron a este Concello en mal pagador, perxudicando ás pequenas empresas que prestan servicios municipais”.
“É un problema estrutural do grupo de goberno”, denuncia DO
Martiño Xosé Vázquez, voceiro de Ourense en Común. Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir“ os recursos do Concello. Engaden que é “inxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”. Pola súa banda, dende Democracia Ourensana veñen manifestando pleno tras pleno a súa preocu-
Ana Morenza, edil de Facenda.
pación polos atrasos no período medio de pago a provedores. “Empresas e autónomos que forneceron ou prestaron un servizo ao Concello ven como as súas facturas tardan cada vez máis en ser atendidas”, denuncian. No último pleno a concelleira Ana Morenza achacaba ao atraso en pechar a liquidación do pasado exercicio que o período medio de pago se disparase. Non obstante, dende DO poñen en evidencia que, aprobada a liquidación, “asistimos alarmados ao feito de que non só non se corrixe o problema senón que superou a cifra dos 100 días con 8,5 millóns de euros en operacións pendentes de pago”, segundo informou Tesouraría Municipal. “Nunca, desde que hai constancia, o atraso no pago a provedores chegara a estes niveis”, denunciou o seu voceiro, Gonzalo Jácome. “Esta é a xestión do alcalde de Ourense, e como o medible non é opinable, non é problema coxuntural senón estrutural do grupo de goberno”, concluíu.
ENTREVISTA
Barrios 7 de setembro 2018
ENTREVISTA A RUBÉN GIL, XERENTE DE TAMARINDO
“Namoreime destes locais. Son un amante do casco vello, tiña que ser aquí si ou si”
4 Rubén Gil, xerente de Tamarindo, lembra os seus comezos e o que significa ter un establecemento na praza Maior, epicentro do turismo ourensán. áuxe, e ver esa transformación animoume a continuar. Eu penso que os casco vellos deben tender a iso, a mellorar, a rexenarse, porque ao final o turismo, onde vai? a zona vella, ao patrimonio, prazas, catedrais... O meu proxecto está pensado cara a cidade e tamén cara os turistas, por suposto. Ofrecerlle outro tipo de hostalaría”.
Rubén Gil, na entrada ao seu local, baixo os soportais da praza Maior./MIGUEL REJO. Redacción En decembro de 2014 naceu ao abeiro da Praza Maior o “Patio Bar Tamarindo”, un novo concepto de hostalaría da man de Rubén Gil. O “Universo Tamarindo”, como el nos vai descubrir, conta con varios espazos. O primeiro é o patio bar que comprende os soportais fronte á casa do Concello. De segundo vén a casa cociña, un restaurante con cociña de mercado comandada por un chef que estivo na coñecida “Culler de Pau” e na “Tafona” con Lucía Freitas, ademais de en varios restaurantes con estrela Michelin en Londres. Cando nace o proxecto hostaleiro de Tamarindo? Rubén Gil (R.G.): “Este proxecto surxiu por unha serie de factores debido á crise, o tema de estudo de arquitectura estaba un pouco fastidiado, e son da opinión de que na vida tes
que reciclarte ou morrer, eso din. Xa no ano 2005 mirei para montar unha xeadería porque noutros lugares estaba triunfando, en América os xeados de iogur, contactei con xente de Barcelona, viñen a Ourense con xente de franquicias de xeados, xa había mirado algún local... esa foi a idea orixinal. Quería adiantarme ao que finalmente pasou na cidade, que se encheu de xeaderías. Pero analicei máis polo miúdo a idea e non o vin, a rentabilidade non me parecía tan boa. Pero de súpeto namoreime destes locais, destes baixos. Son un namorado do casco vello. O proxecto Tamarindo tiña que ser aquí si ou si. Fixen cálculos para montar aquí a xeadería pero non me daban os números. Pero a idea creceu e mudou grazas a ubicación, a arquitectura do baixo e a cabeza comezou a dar voltas, a debuxar, a xerar espazos, a conexionalos entre si, e abandonei a idea de xeadería e estu-
“Ao final o turismo, onde vai? á zona vella, ao patrimonio, prazas, catedrais... O meu proxecto está pensado cara a cidade e tamén cara os turistas”
diei outros negocios de hostalaría e, como estiven vivindo en Madrid, descubrin os locais que dan servizo todo a día e comencei a estudialos tamén en Barcelona, en México e gustabame o que ía descubrindo. Buscaba un local no que como cliente me gustara entrar e estar cómodo. Ata que por fin cheguei ao concepto de Universo Tamarindo, un local de almorzo, copas, ceas, dj´s, un local que vale para un roto ou un descosido, como a vida mesma, polivalente, se te enfrascas ao final morres. Eu empecei este proxecto sendo arquitecto e acabei sendo hostaleiro. É un proceso persoal moi duro. Na vida hai que arriscar, eu fixen os meus cálculos con moitas variables e o risgo disminúe. Necesitas un prazo”. Tiveches en conta a situación do local ao emprender o proxecto Tamarindo? R.G.: “Cando me namorei desta ubicación a miña experiencia noutras cidades coma Madrid, na que reformaron todo o casco vello a partires do ano 2000-2002, dicíame que pasaron de zonas degradadas a zonas de máximo
Ten impacto o turismo no teu local? R.G.: “Si que o noto, sobre todo no verán, no mes de xullo algo menos pero en agosto si que aumenta o número de turistas, é o punto álxido. Notamos turismo nacional e algo internacional. O mellor mes de turismo foi o mes de agosto de 2015. Non sei porque. Estes dóus últimos agostos tamén foron bos”. Necesitas un reforzo de persoal nos meses de verán? R.G.: “Teño que meter unha persoa a maiores. Pero pola forma na que teño estructurado os turnos e o persoal só necesito unha persoa máis. Reforzo as horas e días nas que hai máis turistas, máis afluencia”.
Tes máis proxectos en mente tralo éxito do Tamarindo? R.G.: “Teño xa fai tempo un proxecto dunha escola infantil para 72 nenos preto do río, agardando a xente interesada e está aparcado de momento. O último proxecto que emprendín foi a compra, outra vez na Praza Maior e tamén dando a Praza da Magdalena, duns edificios para facer apartamentos turísticos pero con algún valor engadido. Vai a vir moito turismo que chegará a cidade en tren e o que quere é unha boa ubicación, estar céntricos, preto da zona de ocio. Volvín a apostar pola ubicación da Praza Maior grazas á unha serie de circunstancias que fixeron que se rematara. Agora estou agardando unha modificación nas fichas urbanísticas. Complementaría este proxecto Tamarindo e seguiría a mesma liña ofertando algo distinto, deseño, ubicación, novos servizos... xa teño todos os pequenos detalles pensados e estudiados. Hai público para todo hoxe en día. Coa chegada do AVE virá a Ourense moita xente de Madrid que busca escapar da gran cidade uns
Terraza do Tamarindo fronte ao Concello./MIGUEL REJO.
días”. Cal é a túa opinión sobre a chegada do AVE a Ourense? R.G.: “Penso que vai ser un punto de inflexión no turismo desta cidade. Pero xa tíñamos que estar preparados dende fai un par de anos. Non podemos esperar a que chegue. Se lle damos unha boa oferta a xente de Madrid, por exemplo, vai lanzarse a vir. Temos un tema termal maravilloso. Estiven fai pouco en Budapest e a calidade daquelas augas non se poden comparar coas nosas. Dáme estas e non as de Budapest!. Falta facer un proxecto común de cidade. Xuntarse e dicir, que cidade queremos de aquí a 20 anos?. E iso que sexa como a Biblia. Un obxectivo claro porque é bo para a cidade, para a xente que a habita, para o empresario, para o traballador... para todo o mundo. Non é falar das cousas, é construilas”.
“Penso que (a chegada do AVE) vai ser un punto de inflexión no turismo desta cidade”
Barrios 7 de setembro 2018
CIDADE
O delegado do Goberno visitou Ourense 4 Reuniuse con Baltar e Jesús Vázquez. Redacción
Víctor Manuel Ameijeiras é o xefe de vendas de Bétula Cars Citroën. /M. REJO.
Bétula Cars, por fin Citroën en Ourense 4 É o novo concesionario oficial, que lle dará estabilidade grazas ao Grupo Pérez Rumbao. Redacción Tras uns anos nos que o fabricante galo desaparecera da provincia, agora volve a rexurdir grazas ao esforzo de Bétula Cars, do Grupo Pérez Rumbao; cunhas novas e coidadas instalacións onde xa podes atopar, e mercar, o Citroën que desexas. Por suposto, acompañadas dun taller oficial para solucionar o máis mínimo problema grazas aos novos profesionais que velan polos intereses dos donos dun Citroën, encabezados por Alejandro Castro, xerente de Bétula Cars Citroën en Ourense. Que vai aportar Bétula Cars á marca Citroën? Alejandro Castro: “Citroën e Pérez Rumbao asi-
naron un acordo que garante un futuro prometedor a esta marca na provincia de Ourense. Bétula Cars é a empresa que dará futuro a esta marca durante moitos anos, con novas instalacións e un persoal á altura do que os clientes de Citroën se merecen. Confiamos en que Citroën sexa unha das marcas emblemáticas en canto a tecnoloxía dos próximos anos. Ten un produto totalmente innovador e vehículos lexendarios como a Berlingo ou os C3 ou C4. Agardamos que Citroën continúe nesta liña porque é unha das mellores marcas que existen agora mesmo en España. Tamén ten unha gama de industriais moi potente. Esperamos que sexa un fiel reflexo do que
esta marca se merece en Ourense da man do Grupo Pérez Rumbao”. Que mensaxe lle mandas aos usuarios de Citroën en Ourense? A.C.: “Que estean tranquilos. Grazas a Pérez Rumbao en Bétula Cars imos darlle o espaldarazo definitivo a esta marca. Os clientes de Citroën poderán dispor da ampla gama de vehículos nunhas instalacións totalmente renovadas e modernas moi preto da cidade”.
Bétula Cars Citroën atópase na estrada de Madrid km. 234, no Piñeiral. Tel. 988 22 78 00
O Delegado do Goberno visitou Ourense para reunirse co presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Na reunión mantida o pasado 5 de setembro, abordaron temas de infraestruturas, como o AVE e a mellora de estradas; medioambientais, relativos aos incendios forestais, e demográficos. O presidente do goberno provincial agradeceu a Javier Losada “este xesto institucional de achegamento á realidade da provincia de Ourense, inaugurando unha etapa de máxima cooperación, que suma e multiplica, conciliando os intereses xerais de España, que son os de Galicia e os de Ourense”. Javier Losada, quen na súa visita asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense, agradeceu a hospitalidade do presidente Baltar, “o que nos permite manter esa relación achegada aos cidadáns e as administracións”. Losada destacou no tema do AVE “o compromiso do Goberno
de España con Galicia de que en 2019 Ourense estea a dúas horas de Madrid”, e remarcou “o compromiso de mellorar a rede viaria, como tamén o está a facer a Deputación nas estradas que lle corresponden”. Na reunión, Baltar e Losada tamén falaron das axudas aos concellos afectados polos incendios forestais do ano pasado, e de seguir avanzando no tema demográfico, para que o financiamento teña en conta políticas de envellecemento e de dispersión xeográfica. Alcalde Tralo seu paso polo Pazo Provincial, o delegado trasladouse á Casa
Consistorial para reunirse co alcalde, Jesús Vázquez. O alcalde solicitou ao Losada, a súa mediación ante o Goberno central para darlle un novo impulso a “proxectos fundamentais para a cidade”, coma por exemplo a chegada do AVE, os equipamentos do Arquivo Provincial e da Biblioteca Municipal, ou a Circunvalación Norte, “que xa estaban acordados co anterior Executivo”, entre outas peticións.
Entre as peticións ao delegado está o compromiso da chegada do AVE
Javier Losada e Manuel Baltar.
EMPRESAS / CIDADE
Centro Residencial Docente de Ourense
sitos fixados (non superar o limiar 2 de renda).
sidencia, do 17 ó 28 de setembro. Feita a adxudicación de prazas en período ordinario, siguen existindo algunhas prazas vacantes, e o centro residencial abre un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 17 e o 28 de setembro de 2018, ambos incluídos.
Prazo extraordinario de inscrición Ábrese un novo prazo para solicitar praza na re-
Servizos O alumnado dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, ximnasio,
Período extraordinadio de admisión de alumnado do 17 ao 28 de setembro O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de residencia, de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional) e na convocatoria extraordinaria alumnado universitario. As prazas de residencia están reguladas pola Orde do 24 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) sendo gratuítas no caso de cumprir cos requi-
comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, atención médica, actividades complementarias, pavillón e pistas deportivas) ademais dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Máis información no 988 60 21 65 ou en credo.ourense@edu. xunta.es.
Barrios 7 de setembro 2018
Visita institucional á AVV de Vilar das Tres.
Rehabilitación na AVV Vilar das Tres 4 Inviste 17.000 euros. Redacción
O Centro Residencial Docente de Ourense. /M. REJO.
A Xunta de Galicia rehabilita a sede da asociación de Veciños de Vilar das Tres cun investimento de 17.000 euros. A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, xunto ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitaron a instalación para comprobar
as obras de restauración. Este proxecto consiste na substitución do chan existente que filtra auga cando chove e provoca numerosas humidades no local, así como a adquisición de novo mobiliario. Na provincia de Ourense, esta liña de axudas beneficiou a 22 asociacións cunha achega global de preto de 230.000 euros.
Barrios 7 de setembro 2018
CIDADE
EN BREVE 4 Feira do Libro Ata o 16 de setembro na Alameda terá lugar a Feira do Libro Antigo e de Ocasión no que participan destacadas librarías de varias comunidades e ofrece unha proposta interesante para coleccionistas e público en xeral interesado na obra gráfica antiga. Os horarios son de 10.30 a 14 h e de 17 a 21.30 h.
4 Casa Taboada
Primeiro foi OUenC quen pediu a declaración da “Casa Taboada”, que este ano cumpre un século, como Ben de Interese Cultural por ser un referente da arquitectura modernista en Ourense. OUeC tamén propuxo en decembro dar o nome de Vázquez-Gulías á Praza Alférez Provisional onde se ubica o edificio. Agora o PP proporá no próximo Pleno iniciar os trámites para que o Concello proceda á compra da “Casa Taboada”, ou que no seu caso se estude técnica e xurídicamente a súa expropiación co obxectivo de protexer un dos edificios máis senlleiros da nosa cidade.
4 Datos do paro
O aumento do paro en agosto en 132 persoas na provincia de Ourense ven acompañado tamén dun elevado volume de contratos temporais rexistrados, o 91,18% dun total de 8.180. Para CCOO, é necesario que o crecemento e os maiores beneficios se repartan agora de xeito máis xusto, a través de máis postos de traballo, de emprego máis estable e de salarios que gañen poder de compra.
Casa do Concello de Ourense. /M. REJO.
A denuncia da RPT chega ao TSXG 4 Foi interposta polo grupo Ourense en Común. Redacción OUeC anunciaba a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ourense sobre a Relación de Postos de Traballo (RPT), presentado polo grupo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Ademais, o grupo anunciaba tamén no alto Tribunal galego un recurso contencioso-administrativo, denunciando “erros, irregularidades, incoherencias, arbitrariedades e incluso ilegalidades”. Ademais de eludir a competencia do pleno para aprobar o documento, o goberno de Jesús Vázquez
quere modificar a RPT “sen dar un sentido organizativo que busque a eficiencia dos recursos humanos municipais”, explicaba Montserrat Valencia, “é unha mera relación de servizos e postos, deseñada únicamente para regularizar unha situación irregular, para manter unha rede clientelar e a estrutura de poder que afunde Ourense”. Resposta do Concello Jesús Vázquez sinala que para Ourense en Común “o seu é válido para todos, pero o da maioría non é válido para eles”. O Concello de Ourense recorda que “a Lei de Bases do Réxime Local establece que a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) é competencia da Xunta de Goberno local” e que “este foi o sistema seguido na nosa cidade porque a lei é para todos, e a temos que cumprir nos guste ou non”.
Acordo PP-PSOE no Concello 4 Para aprobar os convenios sociais e o Plan de Investimentos. Redacción O Goberno Municipal acepta as condicións do PSOE para aprobar a modificación de crédito que facilite os convenios sociais, así como o vindeiro Plan de Investimentos, que dotará de melloras estructurais a diferentes barrios da cidade. Garantir as axudas municipais no eido social e que se acometan obras longamente demandadas nos barrios é algo irrenunciable para
este Concello, sinalan como obxectivo común que comparte o Grupo Municipal Socialista. Tras diversas reunións entre o Goberno Municipal e o portavoz socialista acadouse este punto de encontro tendente a opter melloras para toda a cidade. “Sempre amosamos ser un goberno de man tendida en favor de acadar melloras para a cidade e agradecemos o cambio de actitude e ánimo construtivo do grupo municipal liderado por
José Ángel Vázquez Barquero”, sinala o Goberno Municipal de Ourense. O Goberno Municipal recalca que “sempre tivemos claro que a cidadanía nos puxo no Concello como goberno en minoría para que chegásemos a acordos beneficiosos para Ourense e foi sempre o que defendimos: chegar a puntos de encontro máis aló de ideoloxías e pensando sempre na cidadanía para as tomas de decisión”.
Expourense vende Galicia como “Destino saudable” 4 En Brasil presentarase unha guía que inclúe balnearios e centros médicos. Redacción Termatalia Brasil, que se celebrará entre o 12 e o 14 de setembro en Foz do Iguaçu, Brasil, acollerá a presentación oficial dunha guía que recolle a oferta de turismo de saúde e médico de Galicia. A presentación se levará a cabo dentro da Bolsa de Contratación Turísticas de Termatalia Brasil 2018, que conta coa participación de máis de 30 países. Alí os 25 turoperadores de 12 países participantes da bolsa de contratación, procedentes de Arxentina, Alemaña, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, México, Perú, Reino Unido, Rusia e Uruguai, poderán coñecer a oferta de turismo de saúde de Galicia recollida na publicación. Entre os turoperadores
atópanse algúns dos máis importantes do Mundo como a alemá FIT-Reisen ou a estadounidense Mercury Advisory Group. O catálogo inclúe a oferta de Balnearios de Galicia, a relacionada co turismo médico, ofrecendo información de hospitais e clínicas así como de proxectos mixtos como é o caso do centro Médico El Carmen e o seu proxecto WaterHealth que inclúe tratamentos de balneoterapia de recuperación para os pacientes sometidos a diversas cirurxías. A guía será utilizada como unha ferramenta de difusión da oferta en turismo de saúde de Galicia para contribuír a situala como destino de turismo de saúde e médico nun mercado que presenta unhas elevadas cifras de crecemento e grandes posibilidades de futuro.
Bolsa de contratación turística en Termatalia.
BARBADÁS
Aberto o prazo de matrícula en varias aulas de Barbadás 4 Tamén comezará o concurso de pinchos o día 13. Redacción Rematou o verán e volve a normalidade pouco a pouco. Como xe é costume, no mes de setembro é o período onde se abren o prazo de matriculación de moitas actividades e cursos. O Concello de Barbadás non é alleo a realidade e xa informa de tres cursos nos que os interesados se poden inscribir. Trátase da aula de teatro, de reforzo escolar para educación primaria e de pintura. A aula de teatro abre o prazo ata o día 24 deste mes. Dirixida a todas aquelas persoas, grandes e pequenas, que desexen iniciar ou perfeccionar as distintas técnicas relacionadas coa actividade teatral así como establecer espazos de creación e socialización. A aula de reforzo escolar, xeral ou na materia de inglés, para nenos e nenas de 1º a 6º de educación primaria ten de prazo ata o 28 de setembro. A aula de pintura vai dirixida a persoas maiores de 30 anos que desexen iniciar ou perfeccionar as distintas técnicas relacionadas con
esta actividade. O praza para apuntarse é ata o 24. O lugar de inscrición para as tres aulas é o mesmo, a caso do concello de Barbadás ou nas oficinas municipais de A Valenzá. Para informarse e aclarar calqueira dúbida, acudir a Casa da Cultura Manuel María. Concurso de pinchos Tamén neste mes de setembro xa se está a converter nun clásico o concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, que xa vai pola súa terceira edición, na que contaremos con talleres, cantos de taberna, agasallos e moitas sorpresas. Cada establecemento poderá participar presentando un único pincho. Establécese un prezo único de 1,50 euros. Para fomentar a calidade dos mesmos, antes do inicio do concurso, un Equipo de Preselección analizará as receitas. Do 13 ao 15 de setembro numerosos hostaleiros de Barbadás sacarán o mellor de si para ofrecer unha ampla variedade de pinchos e deleitar o padal dos asistentes.
Barrios 7 de setembro 2018
Barbadás prepárase para a I Romaría feminista 4 Será o 29 de setembro. Redacción Xa estamos a menos dun mes para que o Concello de Barbadás celebre a I Romaría Feminista co seu lema “Logo do 8M, camiñamos”. Será o sábado, 29 de setembro, e converterá a Barbadás na capital da igualdade. Esta primeira edición pretende reflexionar, dende diferentes ámbitos e puntos de vista, sobre o “futuro a abordar para ir conquistando maiores niveis de igualdade”, segundo dixo na presentación, Ánxela González Cid, concelleira de Cultura, Mocidade e Igualdade de Barbadás. A concelleira nacionalista de Barbadás xustificou a posta en marcha da iniciativa “a partir das experiencias vividas ó longo deste último ano, no que se produciron
no mundo importantes mobilizacións feministas, que marcan un camiño a percorrer na procura da igualdade real”. Con esa base, engadiu, nesta xornada “contaremos con representantes dos movementos feministas, profesionais da comunicación, da xustiza, expertas en violencia e concelleiras de diferentes organizacións políticas”. A xornada tamén contará con música, poesía, teatro, gastronomía, entre outras actividades. Programa O programa de actividades dará comezo ás 11 da mañá e durará todo o día, culminando pola noite cos concertos musicais, que pecharán a xornada, e que estarán a cargo de Sés, Xestreu, De Vacas, e The Tetas Van. As mesas de debate que
terán lugar ao longo do día versarán sobre diferentes temáticas: o futuro do movemento feminista, o papel das mulleres comunicadoras e nos medios de comunicación como impulsoras do cambio de paradigma machista, como mellorar a abordaxe das violencias que sofren as mulleres e finalmente unha posta en común das políticas de igualdade levadas a cabo en concellos gobernados por diferentes organizacións políticas.
A xornada contará con música, poesía, teatro e gastronomía, entre outras actividades
Presentación da I Romaría Feminista do Concello de Barbadás.
EN BREVE 4 Axuda escolar A Concellería de Educación do Concello de Barbadás abrirá o prazo de solicitude para as axudas de material didáctico destinadas a Educación Infantil dende o 3 ao 28 de setembro. Os nenos solicitantes deberán estar empadroados no Concello, estar matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e que a súa renda per capita non supere os 4.800 euros por membro da unidade familiar. O importe máximo da axuda será de 90 euros por neno. Máis información en barbadas.es e na Área de Educación, no teléfono 988 246 885, ou en educacion@barbadas.es.
4 Marcelle
Xa se pode consultar na web do concello de Barbadás a lista dos 24 admitidos para a excursión ao Parque de Marcelle en Lugo o sábado día 15 de setembro para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos .
4 Axudas
Ata o 31 de outubro de 2018, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas municipais de creación de empresas en Barbadás. Para calquera consulta, a través do teléfono 988 36 04 13, do correo electrónico cet@barbadas. es ou p nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo, en Pontón nº 25.
Barrios 7 de setembro 2018
CELANOVA E COMARCA
EN BREVE
Rapaces de Celanova, artistas durante o verán
4 Vial Desde o Concello de Celanova estudan a posibilidade da creación dunha nova vía de comunicación coa vila. Sería na zona da Obra e serviría para desconxestionar o tráfico no Areal en épocas de moito tráfico (celebracións, verán, etc.).
4 Participaron nun taller de ilustración. Redacción
4 Monólogos Ata final de ano, o Auditoria Ilduara acolle un ciclo de monólogos que traerá a catro humoristas. Este mesmo mes chega Miguel Lago, que actuará o 23 de setembro. O resto das actuacións son: Ángel Martín, o 20 de outubro; El Sevilla, o 10 de novembro; e Kike San Francisco, pechará o 15 de decembro.
Entrega do 34º premio “Casa dos Poetas” ao Parlamento de Galicia. /RAMSÉS.
4 Aula Cemit
Redacción
Os nenos de 8 a 15 anos de Celanova están a aprender, na aula Cemit, realidade virtual mediante un curso de balde. O curso celébrase ata o vindeiro 11 de setembro.
4 Pivotes Celanova contará con novos pivotes na rúa San Roque. O obxectivo é mellorar a seguridade dos peóns e delimitar a zona para os vehículos. O orzamento desta actuación achégase aos 50.000 euros e o Concello aporta 16.000; o resto, a Axencia Galega de Turismo.
O Parlamento Galego, premio “Casa dos Poetas” 4 O seu presidente, Miguel Santalices, recolleuno en Celanova.
O Parlamento de Galicia recibiu o 34º premio “Celanova, Casa dos poetas”, concedido polo Padroado da Fundación Curros Enríquez. O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, recolleu o galardón, que considerou “un estímulo para seguir traballando e que nos obriga a intensificar o noso esforzo” nos ámbitos que o premio recoñece. No acto, ademais do presidente estiveron represantadas todas as forzas políticas do hemiciclo que destacaron
a Celso Emilio Ferreiro coma un defensor da lingua galega. Premio Trala recepción e a ofrenda floral diante do busto de Celso Emilio Ferreiro procedeuse á entrega do premio. Despois de firmar no libro de honra os representantes dos grupos políticos, e de ensalzar a lingua galega, o presidente do Parlamento recibiu a medalla de prata e o diploma acreditativo do premio. Santalices, ademais de recordar “fórmulas novidosas” para facilitar a participación da cidadanía
na vida parlamentaria, tamén destacou a importancia do bilingüismo na nosa comunidade. “O noso bilingüismo é un auténtico tesouro” na medida en que falar galego e castelán permíteme a comunicación con 500 millóns de castelán falantes e con 250 millóns de persoas de fala lusófona.
“O noso bilingüismo é un auténtico tesouro”, aseguraba Santalices
A Fundación Curros Enríquez despediu o taller de ilustración 2.0 que tivo lugar durante o mes de agosto na Casa dos Poetas. En colaboración co Concello de Celanova organizou esta actividade para nenos de entre 12 e 18 anos e estivo impartido por Katharina Ojea, veciña de Celanova. Obxectivos Este taller de debuxo tivo por obxectivo coñecer as diferentes saídas no mundo da arte,
fomentar o desenvolvemento das ideas e coñecer as diferentes técnicas da ilustración. Traballouse con grafitos e carbón, base para crear os primeiros esbozos. Empregaronse materiais como tintas ou acuarelas para realizar a obra final e todo isto comezando cunha pequena explicación teórica e pequenas prácticas. Cada sesión tivo un protagonista como, por exemplo, a psicoloxía da cor e as texturas, a figura humana, o retrato, os animais, a paisaxe, as tintas, as acuarelas, e, finalmente, o cartoon.
Participantes no taller de ilustración.
TURISMO
Barrios 7 de setembro 2018
Descubrindo Galicia pola súa gastronomía
4 Cada vez son máis os viaxeiros que elixen a comunidade galega como destino atraídos pola súa cociña. Redacción Hai miles de formas de coñecer Galicia. Facelo a través dos seus produtos Denominación de Orixe (DO) e a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e dos seus fogóns pode ser unha das máis recomendables. Así o cren cada vez máis persoas. De feito, as enquisas realizadas desde a Xunta aos visitantes que chegan a Galicia revelan que a enogastronomía si-
Galicia conta cunha materia prima excepcional moi apreciada polo visitante
tuouse como unha das principais razóns pola que os turistas viaxan ao noso destino. É a segunda motivación pola que elixen achegarse a algunha das catro provincias galegas, só superada pola natureza e a paisaxe. Galicia ten a sorte de ser unha terra agraciada polo seu mar e pola súa terra, na costa e no interior. Conta cunha materia prima excepcional moi apreciada polo visitante, con produtos singulares e cunha despensa de tempada que varía ao longo do ano permitindo desta maneira gozar de distintos sabores os 12 meses do ano. Festas Este potencial difúndese a través das máis de 300
festas enogastronómicas por todos os recunchos da nosa comunidade. Cinco delas declaradas Festas de Interese Turístico Nacional: a Feira do Cocido de Lalín, a Festa da Lamprea de Arbo, a Festa do Albariño de Cambados, a Festa do Pulpo do Carballiño e a Festa da Exaltación do Marisco do Grove. Varias delas traballan por escalar un banzo máis. É o caso do Albariño, que podería converterse na primeira celebración enogastronómica galega recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Desde a Xunta xa se enviou o expediente informado favorablemente ao Goberno central, quen será agora o encargado de autorizar esta distinción.
Galicia conta tamén con 11 restaurantes distinguidos cunha Estrela Michelín, 22 restaurantes Bib Gourmand (incluídos na Guía Michelín), 37 Soles Repsol repartidos por 25 restaurantes e 52 restaurantes certificados coa Q de Calidade Turística, o que supón o 18,50% de España (52 de 281). Isto colócanos en segunda posición no ranking nacional, só por detrás de Andalucía, unha rexión de maior extensión. E todo isto harmonizado coas cinco denominacións de orixe dos viños -catro delas ourensás- de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, ao redor das que se articulan propostas cada ano máis interesantes no mundo do enoturismo, como as Rutas dos Viños ou o novidoso spa de vinoterapia de Leiro.
Tosta de améndoa tostada, espuma de foie e perlas de Pedro Jiménez (de Alejandro Martínez Bacelo, Café Vanessa, Ferrol). De tapas A chegada do outono en poucas semanas suporá o inicio dunha nova tempada de De tapas por Galicia, o comezo dun camiño para seguir gozando en paralelo a outras iniciativas tan asentadas como o Outono Gastronómico. Sen dúbida, a fórmula ideal para refuxiarse no rural galego tamén fóra da tempada estival. Porque Galicia hai que vivila 365 días ao ano.
O spa de viñoterapia de Leiro é unha das novidades turísticas Na comunidade galega hai cinco festas declaradas Festas de Interese Turístico Nacional
4 Plan de Enogastronomía
A Festa do Pulpo do Carballiño está declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Cada vez é máis patente que a enogastronomía é un complemento perfecto para outras experiencias turísticas. Por este motivo a Xunta está a elaborar un Plan de Enogastronomía cun marcado enfoque turístico que será a folla de ruta para os próximos anos, coa calidade como motor para avanzar. Este novo plan reforzará o vínculo da gastronomía co resto de elementos diferenciadores do turismo máis auténtico. Neste documento terán cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional, impulsando ao mesmo tempo a competitividade do sector primario. Estimulará a relación entre a cociña e os centros de investigación e innovación vinculados coa gastronomía e, ade-
mais, potenciará os produtos e receitas relacionados con determinados costumes, épocas e zonas xeográficas. Favorecerá tamén a creación de novas rutas gastronómicas. A tradición culinaria e a cociña atlántica serán a base sobre a que seguir construíndo o futuro, unha clave que saben interpretar os integrantes do grupo Nove así como cociñeiros como Rubén González Vallejo e Sergio Orge, do Cafetín de Pontevedra, gañadores da cuarta Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, celebrada recentemente por iniciativa de Turismo de Galicia. A súa tapa, Vieira afumada ao carballo e loureiro sobre arroz de algas, é un exemplo desta combinación, do mesmo xeito que
as outras seis preparacións finalistas entre as que están a Tosta de améndoa tostada, espuma de foie e perlas de Pedro Jiménez (de Alejandro Martínez Bacelo, Café Vanessa, Ferrol); Pan de porco, verduras encurtidas e espuma de jengibre (de Sergio Musso e Francisco Chicón, Ecléctic, A Coruña); ou o Taco de outono (de Álvaro Pérez Branco, Artesá Gastrobar, Santiago de Compostela). As outras finalistas son: Itsasgorri, milhojas de xurelo (de Rafael Pérez Igrexas, A Carpintaría, Vigo); O Camiño de Santiago (de Bianca Coura e Pablo Domínguez Veloso, A Adega dás Caldas, Ourense), e Orella en tres coccións, ramen galego e aire de grelo (de Alejandro Méndez Lázare, Vos Cachivaches, Lugo).
10
Barrios 7 de setembro 2018
EN BREVE 4 Aula de Infantil Pais, alumnos e concelleiros -ademais da alcaldesa- de Allariz concentráronse na delegación de Educación en Ourense -rúa Concello, da capitalpara pedir unha terceira aula para nenos de tres anos no CEIP Padre Feijóo de Allariz. A pesar de lograr 1.800 firmas para esa terceira aula soamente contarán, para este curso, con dúas. Desde a Xunta consideran que se abriría esa terceira aula se as circunstancias cambian (un maior número de matrículas). Actualmente terán que conformarse cunha aula de 25 escolares e outra de 26.
4 Festival RiR Allariz acolle ata o 9 de setembro a primeira edición do Festival RIR (International Comedy Shortfilm Festival) no que se proxectan unha selección de curtametraxes de humor. Ademais o festival vén acompañado doutros espectáculos como monólogos, teatro ou danza, outras actividades paralelas como diferentes presentacións de libros de cinema e obradoiros para cativos e maiores.
4 Parques infantís Nove parques infantís alaricanos están a sofrir unha restauración. Repararanse zonas en mal estado e aparellos danados, ademais do valado. Primeiro acometeuse a rehabilitación na rúa 25 de xullo para continuar en Portovello e Vilanova. Despois acometeranse as actuacións noutras zonas da vila.
4 Paderne O Partido socialista de Paderne critica a falta de do PP de Paderne pola educación. Os socialistas afirman que “a día de hoxe non se adoptou ningunha medida que favoreza a Paderne en materia educativa”. E o argumentan que desde o grupo de Goberno non fixeron nada para que pechara a escola infantil por falta de nenos.
ALLARIZ E COMARCA
Mes de feiras en Allariz 4 De artesanía e de apicultura serán as propostas. Redacción Setembro é un mes de feiras en Allariz. Serán dúas as que terán lugar ao longo destes 30 días. A primeira en chegar será o mercado de artesanía “Arte de man”. Devandita feira celébrase este domingo día 9 na praza Maior e na praza de Abaixo en horario ininterrompido de 9 a 20 horas. Haberá obradoiros (iniciación ao tecido con tear, á cestería) e demostracións de encaixe de bolillos e de talla de cristal. Apícola O domingo día 16 a praza Maior e a de
Abaixo (en caso de choiva trasladarase ao patio do museo do Coiro e á praza de Abastos) acollen a primeira feira dos produtos apícolas. O horario será de 11 a 19 horas e contará con preto de 30 postos de
Galicia, León e Portugal e daranse a coñecer 50 produtos diferentes do mundo das abellas. Este evento marcará o remate do curso superior de Apicultura impartido en Allariz no que participaron máis de 40 alumnos. Tamén haberá consulturios de apiterapia, usos e propiedades dos produtos apícolas, sanidade apícola e a tan temida vespa velutina; demostracións e a presentación do próximo curso de Apicultura.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, co alcalde de Xunqueira, José Luis Gavilanes.
Xunqueira pide á Xunta melloras en camiños 4 O alcalde reuníuse coa conselleira do Medio Rural. R. Torres
Presentación de “Arte de man”. /RAMSÉS.
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para avanzar nas melloras nunha serie de camiños no entorno da Lagoa de Antela e a limpeza dos canais de desagüe nos camiños principais. Nos últimos tres anos, a consellería destinou un total de 137.875 euros para mellorar camiños neste municipio ourensán. Plan marco O Plan marco 2018
Centro sociocomunitario de Maceda Redacción O centro sociocomunitario de Maceda desenvolveu durante este verán varios cursos dirixidos non só aos maiores da comarca senón tamén á poboación infantil, contribuíndo ao intercambio interxeracional. Así o puido comprobar a delegada da Xunta, Marisol Díaz, que realizou
está dotado con 16 millóns de euros e ten como obxecto facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais. Os gobernos locais teñen todo o mes de setembro para presentar a súas solicitudes. A base fixa é de 15.000 euros por localidade e en base a conceptos como número de habitantes.
Os concellos teñen todo setembro para presentar as solicitudes do plan marco 2018 unha visita ao centro. A Xunta concedeu un crédito adicional de 75.000 euros para reforzar a oferta formativa e de ocio dos 11 centros sociocomunitarios emprazados na provincia ourensá. Unha achega que para o caso concreto do centro de Maceda permitiu que durante os meses de verán se levaran a cabo cursos de novas tecnoloxías, de manualidades, de relaxación e benestar, e mesmo de tramitación administrativa co emprego do certificado dixital.
Visita da delegada da Xunta, Marisol Díaz, ao centro sociocomunitario de Maceda.
PROVINCIA
Nova imaxe da Boutureira Redacción O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visitou o obradoiro que contou con 20 alumnos que recibiron formación de albanelería ou xardinería e un contrato laboral para realizar actuacións en oito localidades diferentes da Mancomunidade de concellos de Ourense cun investimento duns 280.000 euros. En San Cibrao das Viñas, os traballos consistiron na rehabilitación do parque de Pazos de San Clodio, o mantemento da área recreativa da Boutureira e a rehabilitación dunha senda verde. “Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico”, explicou.
Aprobado seguro en Academia Proxecto 4 Resultados de récord na última convocatoria a Mestres e Xustiza. Redacción Xa van 14 anos nos que Academia Proxecto non deixa de colleitar novos aprobados para os seus alumnos. Neste caso, nas oposicións de Maxisterio e de Xustiza. Para intentar descubrir o segredo do seu éxito entrevistamos a dúas das alumnas que aprobaron ditas oposicións. Trátase de Noelia Conde Prol, que aprobou Inglés de Primaria, nas oposicións de Maxisterio, no primeiro ano que se presentaba, e de Alba Álvarez, que aprobou dúas oposicións de Xustiza, a de Tramitación Procesal e Auxilio
Xudicial, tamén en pouco tempo. Canto tempo vos levou preparar a oposición? Noelia Conde (N.C.): “Un ano. Antes xa probei ca especialidade de Infantil e foi un ano moi frustrante porque realmente non era o que me gustaba. Unha vez que me decidín polo inglés, seguindo as recomendacións do centro, desde outubro ata xuño”. Alba Álvarez (A.A.): “Levo dous anos e medio de preparación, o derradeiro en Academia Proxecto. Presenteime unha vez de proba cando comezaba para saber como eran as probas, e xa en serio, esta vez que aprobei”.
Por que decidistes preparalas en Academia Proxecto? N.C.: “Porque tiña compañeiros da Universidade que xa aprobaran anteriormente, unha por Infantil e outro por Inglés, ademais doutras referencias, todo o mundo fala moi ben deste centro de formación”. A.A.: “Por oidas doutra xente que recomendaba esta academia a nivel implicación, docentes, administración,...”. Que crees que aportou Academia Proxecto no voso aprobado? N.C.: “Os meus profesores tiveron toda a santa paciencia do mundo, tanto os de Infantil como os de Inglés. E vital sobre todo, cando estás preparando unha oposición, manter un ritmo de traballo, ir a clase axúdache a levar un seguimento, máis sendo o primeiro ano que todo é novo, os preparadores marcan o ritmo de preparación e tamén, obrigarnos desde o principio a preparar tanto a Programación
Barrios 7 de setembro 2018
como as Unidades Didácticas. Indubidable o apoio emocional, os profesores tamén o pasaron por estas probas e saben os momentos que pasas, de moito estres, ansiedade, choros, de ver as follas en branco durante horas. O que o viviu sabe como dosificalo e sacarche ánimos onde non
11
os hai. Estou encantada de haber escollido a Academia Proxecto”. A.A.: “Un bo nivel académico, unha implicación máxima tanto por parte do equipo docente como do equipo directivo/administrativo e o apoio emocional, todo e fundamental para aprobar as oposicións”.
Rocío Seara, directora da academia, e Alba Álvarez, alumna que sacou praza na úlima convocatoria en Auxilio Xudicial e Tramitación Procesal e Administrativa.
12
Barrios 7 de setembro 2018
DEPORTES
De Marchi vence en Luíntra 4 Simon Yates, que gañou no mesmo lugar fai dous anos, é o maillot vermello. R.T. La Vuelta volveu a reencontrarse con Ourense. Dous anos despois, a 11ª etapa da edición de 2018 rematou en Luíntra onde o máis rápido foi o italiano Alessandro De Marchi (BMC). De Marchi deixou ao seu compeñeiro de fuga, o colombiano Jonathan Restrepo (Katusha), a falta de cinco quilómetros para meta. O italiano empregou un tempo de 4h.52.38; a 27 segundos entraba o colombiano. Esta etapa foi a máis longa deste ano con 207,8 qui-
lómetros entre Mombuey e Luíntra, onde se congregou un numeroso público como cada vez que chega este evento a nosa terra. A xornada (auténtica rachapernas) foi de ataques constantes e ritmos moi altos -de 50 km/h- na primeira parte do percorrido, ata que un grupo de 19 corredores lograría a escapada definitiva. Entre eles, o francés Thibaut Pinot (Groupama-FDJ), a dous minutos e medio do líder, que por momentos dominaba a xeral. Ata que o Movistar logrou baixar a desvantaxe para anular as
opcións de ver de vermello ao francés e non perigar o segundo e terceiro posto de Valverde e Quintana. O grupo de diante (formado por 19 unidades) foise fraccionando ata que quedaron dous na cabeza (De Marchi e Restrepo). Foi no alto do Pombar cando marchouse só a pola vitoria. No rostro do vencedor viuse reflexada a dureza do día con tormenta incluida nos últimos minutos da carreira. Este é o terceiro triunfo parcial na rolda española para o ciclista italiano despois de vencer en 2014 e 2015.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregando o premio de campión da 11ª etapa a Alessandro De Marchi./A. PAZ.
Presentación do Octopus Hockey Festival. /M. REJO.
13º Octopus Hockey Festival De Marchi, na meta de Luíntra. /UNIPUBLIC. O grupo dos favoritos entraron 2:02 por detrás, véndose reducido a soamente catorce unidades despois da dureza e o alto ritmo en toda a etapa, co líder Simon Yates (Mitchelton-Scott) entrando a salvo (Pinot soamente entrou 22 segundos por diante), e coa única vítima do alemán Emanuel Buchmann (Bora-hansgrohe), que cedeu oito segundos que lle baixan ao sexto posto na clasificación xeral. Yates Deuse a circunstancia que o vencedor de 2016 na meta de Luíntra foi o actual maillot vermello da clasificación xeral, o británico Simon Yates. Darwin Atapuma era o líder nese momento.
Mariñamansa acolle esta fin de semana o XIII Torneo Internacional de Veteranos “Octopus Hockey Festival”. Do 7 ao 9 de setembro, competirán 12 equipos chegados dende España, Alemaña e Holanda. Oito en categoría masculina, para maiores de 35 anos; e catro na categoría feminina, para maiores de 30 anos. O evento está patrocinado por Mercedes-Benz Garza e a organización corre a cargo de Club Deportivo Open, de Ourense.
As parellas vencedores neste torneo.
Torneo “Mercedes - Benz Garza” Oira acolleu o Torneo Internacional “Mercedes-Benz Garza” de volei praia, último torneo do circuíto “Sousas Oira Praia”. En categoría feminina venceu a parella portuguesa formada por Sofía Gouieva e Carolina Maia que venceron na final a outra parella lusa, a formada por Benigna Fernández e Rosa Costa. En homes, Hernán Tovar e Marcos Blanco venceron na final a Pablo Parga e David Guiñazu. Este domingo celébrase nas instalacións de Oira campionato popular amateur como peche de tempada.
DEPORTES
O COB presenta a Javon Masters 4 Xa comezaron os adestramentos da plantilla. R. Torres O Rio Ourense Termal comezou a pretempada e con ela a presentación dos seus xogadores. O primeiro en pasar polos focos foi o xogador canadiense Javon Masters. O base asegurou ter ganas de “xogar ante a afección ourensá, mellorando día a día” no que será a súa primeira experiencia profesional. A decisión de decantarse polo COB e non por outro equipo foi “a súa história”. Na presentación
estivo acompañado polo que será o seu adestrador, Gonzalo García de Vitoria, quen destacou do rookie canadiense como un xogador “nada egoísta” que “xenera para os demais”. Traballo O presidente do club, Camilo Álvarez, tamén estivo presente e pediu “paciencia” aos seareiros. Ademais informou que en breve sairá a campaña de socios.
Masters, no centro, foi presentación en Quality.
Partido entre a UD Ourense e o Somozas. /YEDRA SEARA.
Primeiro derbi en Terceira división 4 Disputarano Ourense C.F. e U.D. Ourense. R. Torres Ourense Club de Fútbol e Unión Deportiva Ourense disputan este sábado o primeiro derbi ourensán da tempada na Terceira división. O derbi disputarase a partir das 18.30 horas e coas cámaras da TVG2 como testemuñas. A expectación para este
encontro é máxima, xa que os dous equipos tentaron ocupar o oco deixado polo desaparecido CD Ourense; o Ourense CF cambou de nome (antes era Ponte Ourense) o mesmo ano da desaparición do histórico Ourense, mentres que a UD Ourense creouse da man dos afeccionados deste. Esta será a primeira vez que se enfronten en partido
Barrios 7 de setembro 2018
oficial os dous equipos que comparten O Couto como campo onde xogan como locais. A pasada xornada non foi positiva para os ourensáns; empates de UD Ourense (antes Somozas) e Arenteiro (fronte Choco) e derrotas de Ourense CF (co Rácing de Ferrol) e do Barco (diante do Vilalbés). A vindeira xornada, ademais do derbi, deixará un Ribadumia - Barco e Bergantiños - Arenteiro. Preferente Na Rexional Preferente, primeiras vitoria do Bande (0-3 a Amanecer) e de Velle (contra Ponteareas) da tempada. O Barbadás sumou o seu segundo empate (2-2 co Cambados) neste inicio de curso. O Antela, pola súa banda caeu ante o Estradense (2-1). Para a xornada tres os catro ourensáns xogarán como locais; Antela, Velle, Bande e Barbadás reciben a Vilalonga, Estradense, Marcón e Moaña, respectivamente.
13
“Correndo por Ourense” Redacción A cuarta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” disputarase o domingo, 9 de setembro, e o fará cunha hora de adianto sobre o horario previsto; así, as probas darán comezo as 11 horas en lugar das 12. O motivo é pola petición de varios atletas co fin de evitar unhas, posibles, altas temperaturas. Deste xeito, a proba organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11:00 horas para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de pitufos; cinco minutos máis tarde sairán os sub10 e sub12; ás 11:15 horas será a quenda das categorías sub14 e sub 18, que farán un percorrido de 3.200 metros. Ás 11:30 horas será o turno da proba absoluta con 6.400 metros.
14
Barrios 7 de setembro 2018
4AXENDA Exposicións - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Teatro - 9 de setembro - Teatro infantil “Retrete Cabarete” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 14 de setembro - Teatro infantil “Calcetíns” - 18 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 21 de setembro - “O Funeral” - 20 h. - Teatro Principal Música - 7 de setembro - Concerto de “Xoan Curiel e a súa banda” - 18 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 8 de setembro - Petiscos Musicais “Dúo Adagio” - 21 h. - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 13 de setembro Concerto de “Caxade” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 20 de setembro - Concerto da Filarmónica de Cámara de Colonia - 20 h. - Teatro Principal - 24 de setembro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense (Ourense) Deportes - Do 7 ao 9 de setembro - 13 º Torneo Internacional de Veteranos de Hoquei - Campo de Hoquei de Mariñamansa - Do 7 ao 9 de setembro - X Rali do Lacón de coches clásicos - O Carballiño - 8 de setembro - III Torneo alevín de fútbol 7 “Mercedes-Benz Garza” Fase Previa - 10 h. - Campo de fútbol de Eiroás - 9 de setembro - III Trail Andaina de Celanova - 9.30 h. - Celanova - 8 de setembro - Ourense CF - UD Ourense. Terceira División - 18.30 h. - O Couto - 9 de setembro - Circuito Correndo x Ourense “Carreira da Universidade” - 11 h. - Pista de atletismo no Campus de Ourense Outros - 11 de setembro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 22 de setembro - Ciclo cine e música “A máscara de ferro” - BenComún Espazo (Allariz) www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Os portais Ano 1948. A criterio dos membros da Excelentísima Comisión Permanente do Concello de Ourense, un gran número de portais da cidade que albergan distintos negocios destinados á venda de froita, pan, leite, prensa, quincalla, xestas, leña, e ao despacho de viño a vaseo, ofrecían un censurable espetáculo, con prexuízo para a estética e evidente dano á hixiene. Por todo iso, decídese, na sesión do 14 de xaneiro dese mesmo ano, prohi-
bir a instalación destes establecementos nos ingresos aos edificios de vivendas, por non reunir unhas mínimas comodidades e, acordan ademais, revisar as autorizacións outorgadas e as que sexan obxecto de renovación. Non son moitos, pero algún destes portais con oficio quedan na nosa cidade. O pasado habita neles. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
AGADIC continúa a colaboración coa cultura en Ourense 4 Traerá espectáculos ao Auditorio e Teatro Principal. Redacción A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) continúa coa súa colaboración coa cultura en Ourense. Neste final de ano serán varios os espectáculos nos que a axencia colabora para traelos a nosa cidade. Así, o Auditorio Municipal acollerá até final de ano 17 espectáculos froito do convenio entre o Concello de Ourense e AGADIC. Teatro Principal A cooperación co Teatro Principal fará que cheguen seis propostas ata final de ano. En concreto, serán as
Cabina de Foto Sanjurjo no portal do nº 57 da rúa Progreso.
4HUMOR
funcións das compañías galegas Arte’n’rúa, que presentará o espectáculo do mesmo nome o 25 de novembro, e as que se desenvolverán no marco da programación infantil especial para o Nadal: Caramuxo Teatro, que estará o 27 de decembro coa obra Ela, unha homenaxe á pin-
tora Maruxa Mallo; Eme2 Emoción &Arte, que porá en escena o 28 de decembro Contacreques; e Tanxarina Títeres, que chegará o 29 de decembro con A galiña azul, a emblemática peza de Carlos Casares. Entroido de Verán O Entroido de Verán do Concello de Ourense tomará as rúas do casco vello o vindeiro día 15 de setembro, a partires das 21:30 horas, cun desfile que rematará coa entrega de preto de 2.000 euros en premios e unha festa na praza do Correxidor. A actividade estará amenizada pola música de catro charangas e a actuación de varios dj’s.
Presentación da programación do Principal. /RAMSÉS
ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 7 de setembro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº59 - Ano: XI - 7 de setembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O pirata do Miño Fillo da sua naiciña “A Treboada” e de seu pai “O Lóstrego”, naceu no dia marcado pola Deusa Liberdade, na hora en que o reloxo de area, deixou caer aquel grau de ouro agochado no corazon do tempo, tantos séculos gardado! Naquel intre sinalado, aloumiñado polas estrelas naceu Don Coello “ Pirata das artes” o alcumaron. Pariu o ceo unha onda á mesma hora en Baiona, onda que no peteiro leva os arrecendos das árbores, que ben baixiño lle contan a sabidoría dos mundos, o pirata sabe ben onde se deita a ondiña, atopaos a lúa
Ilustración de Maite Vázquez.
chea, nas noites de “calma chicha” bicandose mar adentro alí onde remata o mundo. Conta un veciño da Pobra que os viu xuntiños en Ribeira deitados na area como dous namorados. Cansado de torcer a testa para non ver os males do mundo, tapou cun parche o ollo como todo pirata precisa, olla tan fondo co outro que por onde vai so mira a beleza das cousiñas. Mentres co ollo tapado mira cara adentro da súa alma, e dende alí vai tirando as lembranzas doutros tempos, arte que estoupa na man onde por garfo leva
un pincel , a espada da palabra si, que a esgrime na outra man, para facer arte cando pinta e para pintar cando escribe, así son os piratas do Miño, doces e fortes a un tempo, valentes sempre, aguerridos de vez en cando, e as máis das veces, xenerosos e agradecidos. Barbabranca lle puxeron a este pirata de Ourense, porque lucindoa garboso tal cabaleiro camiña, educado e xentil, libre como unha ruliña, vive entre os mares do seu maxín viaxando dun a outro.Pirata en terra diredesme, mais digovos eu que presumo de coñecelo ben, que como lóstrego viaxa, facendo mellor o mundo retratando o fermoso e fuxindo da maldade, no seu barco caben todos aqueles piratas bos, os que buscan cada dia os portos da fermosura, da xustiza e da verdade. Esta cantiga trae nos beizos, cando chega o porto co amencer: “Se me prendedes eime ceivar, eu son como vento non teño amo, son das fonduras e das raíces,son das arbores e das cortizas, ninguén me pode encadear. Dono de min e do meu cavilar facedes cárceres para prenderme, mais nun alento atoparei un belisquiño de liberdade,
nun pensamento ei de fuxir, acabalo da vida quero vivir, e cando morra non me ides a boca tapar, porque son ceibe como as estrelas, nas noites pechas seguirei a brilar”. Si, papá, este é dos nosos, dos que sempre mira para adiante cun sorriso nos beizos, e dos que aínda co camino non sexa doado non retorce o fuciño nunca, e natural como as fontes de Ribas do Asneiro, e despois xa sabes, pinta como os deuses, ten na paleta o feitizo das congostras e dos vieiros do mundo, el ten seituras de lonxe e de preto, de aca e de acolá. Viaxeiro do mundo, tamen andivo como ti por Venezuela, cando nos xuntemos eicho presentar, polo de agora dicirche que che fixo un retrato onde estás tal cual co teu bigotiño e co teu sorriso de sempre, xa sei que se te viras dirías aquelo de anda chiquito anda deixate de Andrómenas, pero eu cando o vin escapouseme unha que outra bágoa, ti xa sabes que te boto en falta algunhas veces, e o retrato e como se te vira máis preto. Dedicado ao Mestre Martínez Coello, pintor ourensán e universal. Avelino Jácome
[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrecese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingos. Tel. 988 25 59 63.
INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trastei-
ro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros) Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.
VENDAS Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amoldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.
Barrios 7 de setembro 2018