Skip to main content

Barrios 64

Page 1

Entrevista a Manuel Carnero, presidente da AVV Agarimo [Páx. 3]

CIDADE

Páx.2

A Xunta dubida que o parque comarcal de bombeiros estea operativo neste ano

CIDADE

Páx.6

O Concello de Ourense define terreos da primeira fase da intermodal

VERIN

Páx.8

O parque da Preguiza completa o expediente de expropiacións

O CARBALLIÑO Pax.14 DEPORTES A Festa da Palabra homenaxea a Víctor Campio, o día 28, na Ínsua dos Poetas

Páx. 20

O CNPO cumple en Reus no campionato de España máster logrando 22 medallas

Obras no IES As Lagoas [Páx. 4]

Meses de festas O COB xa coñece o seu calendario [Páxs. 4 e 14]

[Páx. 19]

A Batucada de Verín e a Festa do Pulpo do Carballiño, entre os próximos festexos na provincia. // Renovación eléctrica no IES As Lagoas. // O COB comeza a Liga o 7 de outubro.

Número: 64 - Ano: XI - 24 de xullo de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 24 de xullo 2018

TEMA DA SEMANA

Alfonso Rueda -xunto a Marisol Díaz Mouteira, Xesús Vázquez e Jorge Pumar-, durante a visita a Ourense para a sinatura do convenio de colaboración co Concello para continuar a mellora do edificio municipal./RAMSÉS.

A Xunta dubida que o parque comarcal de bombeiros estea operativo neste ano 4 A escaseza da plantilla é un dos problemas que debe resolver o Concello de Ourense. Redacción O vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, asegurou este 18 de xullo nun acto na capital que agarda que o parque comarcal de bombeiros de Ourense estea en funcionamento a finais de ano; aínda que recoñece que “non é sinxelo lograr

O parque comarcal dará servizo a 15 concellos limítrofes coa capital e a 150.000 veciños

que así sexa”. Dependerá, en parte, dos actuais problemas do Concello de Ourense en canto á precariedade da plantilla, algo que de non solventarse paralizaría este proxecto. A nova infraestrutura atenderá a un total de 15 concellos limítrofes coa cidade das Burgas e, deste xeito, dará servizo a uns 150.000 habitantes. Todo isto sen que supoña un maior custo económico para o Concello de Ourense, xa que a Xunta conta cunha partida ao respecto, porque se trata de “optimi-

zar os recursos públicos e lograr unha mellora sustancial para moitos veciños que agora mesmo non teñen servizo”, explicou o vicepresidente. Esta promesa chega despois dun serio enfrontamento entre o goberno ourensán e os bombeiros debido a que non lograron un acordo en canto ás sustitucións polas vacacións de verán. Así, en lugar de 11 efectivos de retén haberá só 8, que realizarán horas extraordinarias. Ademais, a visita de Rueda coincidiu co mesmo

día no que os bombeiros de Ourense denunciaron mediante as redes sociais que nesa xornada estaban sen o equipo de excarcelación da unidade central de rescate por motivos de mantemento. “O servizo queda exposto á sorte de que non ocurra nada. É inconcebible”, reclamaban. Pola súa banda, o edil de Seguridade Cidadá , Carlos Campos, saiu ao paso asegurando que o parque de bombeiros “non quedou sen equipo de excarcelación. Hai dous, un deles está avariado e estase

traballando para reparalo e telo o antes posible. Así que o parque ten outro equipo operativo e a disposición”. Do mesmo xeito, asegurou non entender “que se digan cousas que non son certas, nin que intereses xustifican que se faga pensar á cidadanía que existe un perigo que en realidade non existe. Así só se xera unha alarma social inútil e inxustificada”, lamentou. “Hai formas máis eficaces para solucionar os problemas que as redes sociais, e os bombeiros saben que teñen a este goberno municipal á súa disposición coa vontade permanente de falar en persoa cantas veces sexa posible”, concluíu Campos. Melloras no consistorio municipal Estas declaracións foron realizadas por Alfonso Rueda durante a visita que realizou ao consistorio municipal para asegurar a continuación da colaboración co Concello de Ourense para seguir mellorando o edificio municipal. Dentro deste convenio, que se mantivo ao longo dos últimos tres anos e supera os 400.000 euros de inversión por parte da Xunta. A primeira partida, en 2015, foi de 60.000 euros para reformar o segundo andar, dos que a Xunta achegou 48.000 euros. En 2016 procedeuse á renovación das carpintarías da planta baixa, da terceira e das claraboias, grazas a un orzamento de case 50.000 euros. E xa no 2017, a Xunta achegou outros 60.000 euros para impermeabilizar e realizar diversas obras na sede da

A Xunta achegará 50.000 euros para melloras no edificio consistorial Policía Local. O seguinte paso será a sustitución de portas de madeira e fiestras do primeiro e segundo andar –que terá un custo duns 50.000 euros- co fin de mellorar a eficiencia enerxética da instalación. O prazo de execución estimado será de dous meses, e o inicio das obras está previsto para antes de final de ano. Segundo explicou Rueda, a Xunta mantén un diálogo e colaboración permanente cos concellos, e articula este apoio a través de distintas fórmulas como a firma de convenios de colaboración para proxectos de interese ou as distintas ordes de axudas en materia de infraestruturas, equipamento ou igualdade. Outras reunións Trala visita ao concello, o vicepresidente, acompañado do alcalde da cidade e da delegada territorial, reuniuse tamén con representantes das asociacións Aixiña, Renacer Ourense e Down Ourense, coas que o departamento que dirixe mantén liñas de colaboración que se centran fundamentalmente na adquisición de equipamento. A administración autonómica puxo en valor o importante labor que desenvolven estas entidades na atención aos colectivos máis vulnerables, e comprometeu o apoio da Xunta para que poidan seguir desenvolvendo este papel nas mellores condicións posibles.


ENTREVISTA

Barrios 24 de xullo 2018

ENTREVISTA A manuel carnero, presidente da asociación de veciños “agarimo” do barrio da cruZ alta

“O movemento veciñal está farto de solicitar cousas e que non fagan caso” 4 Tras 20 anos de presidente fálanos, con intranquilidade, do futuro do barrio e da cidade. R. Torres Manuel Carnero visitounos e desgranou a realidade do seu barrio, a Cruz Alta, e o da cidade. Ambos, según el, cun horizonte moi negro. Que reivindicacións ten para o barrio? Manuel Carnero (M.C.):”Temos moitas. É un barrio que aínda que está moi céntrico está bastante abandoado. Presentamos un plan de obras no 2016 co apoio do partido socialista por un valor de case 13 millóns de euros para os distintos barrios a través da Federación Limiar e da outra federación presentamos 3 ou 4 cousas de cada barrio. Eso aprobouse en pleno apoiado polo partido socialista, os outros non, abstivéronse. Había un remanente de cartos e parecía que se ían facer esas obras. Empezaron a tomar medidas e facer proxectos xa no 2016, pero estamos no 2018. En total co ascensor suman todas 1,6 millóns de euros. Xa o ascensor vai case ó millón. Estamos un pouco anoxados porque non fixeron ningunha obra. Ían ensanchar unha beirarrúa ao carón do Auditorio, un terreo que leva 45 anos abandoado ía ser zona verde, ían arranxar o parque porque as nais xa están cansas de queixarse á asociación... aínda estou agardando, non

sei que pasa. Pero é en xeral. Dos 13 millóns só gastaron 2 ou 3. Queda un ano para as eleccións e non vai dar tempo a facer moitas das obras. Parece ser que ten que facer unha modificación de crédito. Os barrios, en xeral, están moi abandoados, sempre o estiveron. Carecen de moitas infraestructuras”. Que lle dín dende o Concello? M.C.: “Dín que teñen que facer outra modificación, que os proxectos levan tempo... Eu non entendo que o proxecto de ensanchar unha beirarúa ou de arranxar unha zona verde leve tanto tempo. Non vexo a complicación por ningún lado. Pero pasa con todo. Para urbanizar a rúa ao lado do parque de San Lázaro que son 100 metros pediron un estudo a unha universidade. Unhas cousas que non entendo”. A que cre que se debe este retraso? M.C.: “Eu tómoo como unha burla total aos que estamos no movemento veciñal e non cobramos nada. Mandamos os escritos por rexistro que é o cauce legal e non os contestan. Así e moi doado mandar, se non das unha contestación non te comprometes a nada, silencio administrativo. Pero repercute nos dirixentes que estamos á

Carnero agarda dende fai anos con inquedanza varias obras prometidas no barrio e o anhelado ascensor.

“Levamos tres anos agardando o ascensor. Pode subir unha cadeira de rodas, ten menos avarías e menos custe que unha escaleira mecánica ” fronte porque quedamos mal cos veciños que pensan que non pedimos as cousas, que non facemos forza, pero quen o está facendo mal son eles. Por falta de pedir e repedir non é. Non entendo como un edil, que cobra case 3.000 euros, non se adique polas mañás a visitar un barrio. Hai que saír e ver os sitios e non tomar café na praza Maior. Falta vontade. Falta todo”. Cal é a obra máis necesaria para a Milagrosa? M.C.: “Son varias. A beirarúa da rúa Canle, que é moi estreita, non cabe un

carriño de bebé. O terreo abandoado 40 anos que está como zona verde. O do ascensor é moi importante tamén polas costas que ten o barrio e a idade da xente”. Canto tempo levan reclamando o ascensor? M.C.: “Tres anos máis ou menos. En principio, Democracia Orensana solicitaba unha escaleira mecánica, pero informeime con xente do sector e dixéronme que mellor un ascensor. Pode subir unha cadeira de rodas, ten menos avarías e menos custe, a escaleira ía

a 3 millóns de euros. Non temos un plan de urbanismo e iso interrompe moitas obras importantes que xerarían emprego. Ninguén se preocupa e se pon de acordo para aprobar un plan. Terán que ceder de ambos lados polo ben da cidade. Que se deixen de guerras internas que ao cidadán non lle importan”. Como recibiron os veciños a noticia do novo ascensor? M.C.: “Moi ben. Eu falaba ca xente e non o crían. Pero agora están desilusionados e non cren nada. Os políticos encárganse de perder a credibilidade e en vez de facer algo para recuperala fan todo o contrario. A xente está cansa”. Ao final cre que algunha destas obras acabará sendo realidade? M.C.: “Quero ter a esperanza de que si. O da beirarúa e o do terreo abandoado coido que si. Xa estaban os proxectos avanzados, faltaba un papel do contratista que o presentou mal e quedou paralizado. Supoño que o PSOE volverá apoiar esa modificicación para que se fagan cousas, que vai no beneficio de todos os ourensáns”. Ve algunha posibilidade de desbloqueo do PXOM? M.C.: “Non. Neste mandato vai seguir atrancado e Deus queira que para o

próximo veña alguén que o faga, pero vaino ter complicado. Teñen que pensar en mellorar a cidade, que se está convertindo nunha cidade de xubilados e de xente no paro porque os mozos teñen que marchar de Ourense. Se aprobaran o PXOM díxome o presidente dos construtores que de entrada se xerarían 2.000-2.500 postos de traballo, que é moita xente. Pero parece que non lles importa. Iso si, cando son eleccións atrévense a vir aos barrios, pero como vas vir a un barrio no que en catro anos non fixeches nada, nin te dignaches a visitalo? É unha burla, o movemento veciñal está farto de solicitar cousas e que non lle fagan caso. Moitos non o din, pero eu si”. Pensas que o ano que queda vai ser igual de negro que os anteriores? M.C.: “O horizonte é bastante negro. As eleccións que veñen van ser parecidas. A ver se ven xente con sentidiño e se pon de acordo nos temas máis importantes da cidade. Fíxose unha enquisa sobre peatonalizar varias rúas con ideas moi boas, pero non se fixo nada. Falta que chegue un alcalde como o de Pontevedra que diga que se fai polo ben dos cidadáns que, ademais, o están reclamando. Todo se demora e vótanse a culpa uns a outros.”


Barrios 24 de xullo 2018

CIDADE

EN BREVE 4 Desratización Este martes, 24 de xullo, o plan de choque da campaña de desratización e desinsectación do Concello de Ourense terá lugar nas rúas da zona dos viños e Centro, dentro do calendario de actuacións fixado dende a Concellería de Medio Ambiente. Ademais desta zona, a empresa encargada do control de pragas achegaráse aos puntos nos que se teñan producido avisos.

4Normalización lingüistica Ourense en Común pedirá no vindeiro pleno do mes de agosto velar polo cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística. Para a formación, esta incúmprese “a diario” na institución local.

4Compostaxe A Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e a Periferia “Miño” organizou un obradoiro sobre compostaxe doméstica. Ademais repartíronse composteiros para realizar a compost doméstica.

Autoridades na visita as obras do IES As Lagoas.// R:T:

Renovación eléctrica no IES As Lagoas 4 Cun custe de case 25.000 euros, realizarase no verán. Redacción A representante do Goberno galego, Marisol Díaz Mouteira, realizou unha visita as obras de mellora en materia de electricidade que se están a realizar no IES As Lagoas, acompañada do

alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e da xefa territorial deste departamento autonómico, Luz Fernández Quintas. Díaz Mouteira considera que este tipo de actuacións son unha “mostra clara” da aposta que está a facer a Xunta pola edu-

cación pública “porque investir en equipamento é tamén investir en calidade”. As obras no IES estanse a levar a cabo durante as vacacións de verán co fin de non interferir na actividade académica e para que poidan estar rematadas de cara ao inicio do novo curso escolar. A actuación, cun investimento de preto de 25.000 euros, consiste na renovación dos cadros e das liñas eléctricos que eran aínda as orixinais e contaban con máis de 40 anos e que non se sustituíron ata agora malia as ampliacións e reformas realizadas no centro, polo que resultaban insuficientes para as novas necesidades de consumo eléctrico do centro, provocando continuos cortes de electricidade.

Sustituiranse os cadros e liñas eléctricos orixinais

4Rampa mecánica Democracia Ourensana pedirá ao alcalde, no pleno de agosto, que dea as instrucións oportunas para que, de modo inmediato, trabállese para a instalación dunha rampa mecánica de ascenso e outra de descenso na rúa Ribeira de Canedo ata rúa Mercado (unidas pola rúa Rosalía de Castro). Tamén pedirá que se encargue un estudo aos técnicos do Concello de Ourense para analizar a viabilidade de instalar outras rampas na zona superior da rua Rosalía de Castro ata Vicente Risco.

Adxudicadas as obras do número 14 da rúa Cervantes 4 Cun investimento de máis de 581.000 euros. Redacción

e atractivo para vivir”.

Continúa a revitalización do casco vello de Ourense. Nesta ocasión trátase do numero 14 da rúa Cervantes. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato para a rehabilitación do inmoble cun investimento de máis de 581.000 euros. Esta intervención, que conta cun prazo de execución de 12 meses dende o inicio das obras, permitirá dispor dun edificio con tres vivendas e un local. O alcalde destacou que esta actuación “vai supoñer un importante impulso do casco histórico, xunto á próxima inauguración do mellor albergue de peregrinos da Ruta de la Plata do Camiño de Santiago” e para a súa “ocupación por novas familias que farán desta zona emblemática da cidade un espazo vivo

Outras obras O pasado mes de abril iniciáronse as obras no número 2 da rúa do Vilar que, cun investimento de preto de 374.000 euros e un prazo de execución de 12 meses, permitirá habilitar dúas vivendas. E en xuño, comezou a rehabilitación de Vilar 3 e 5, por preto de 494.000 euros. No marco do programa Rexurbe da Xunta na cidade presentáronse 4 ofertas para a adquisición de edificios, por importe de preto de 754.000 euros, situados nas rúas Pelaio, Manuel Sueiro, Cervantes e Dous de Maio. Actualmente os técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo están comprobando a documentación presentada polos actuais donos e, posteriormente, realizarase unha taxación dos inmobles.

Na feira do 21 non faltaron os postos de venda.

A feira do 21 chama á porta Aínda que sen continuidade, a feira do 21 vai amosando o seu potencial con estas pequenas aparicións. Tras unha primeira feira o ano pasado, voltaron os postos e as pulpeiras ao barrio do 21, á praza Diego González Blanco máis concretamente, este sábado, como non, día 21 de xullo. Para tal ocasión presentaron a “Muñeira do 21”, peza do autor Isidro Vidal. Para amenizar a feira os organizadores prepararon un certame de poesía a cargo do Círculo Poético Ourensán, varias exposicións e obradoiros, para os máis cativos un contacontos de Anxo Moure, e para os máis fotoxénicos un photocall.

O número 14 da rúa Cervantes. /RAMSÉS.


PUBLICIDADE

Barrios 24 de xullo 2018


Barrios 24 de xullo 2018

EN BREVE 4 Oficina de Turismo Ourense en Común propón reconverter a oficina de turismo da Xunta de Galicia -na ponte Vella- nun Centro de Interpretación da Ponte Vella. A oficina quedará en desuso tralo acordo de centralizar a información turística nas instalacións municipais.

4Estación de autobuses Ciudadanos insta ó Concello a que “abra un concurso público para que os cidadáns acheguen ideas de cal debe ser o futuro uso da estación de autobuses; ademais de que en paralelo, negocie coa Xunta a titularidade dos terreos” sinalou o coordinador de Cs Alberto Rodríguez. A estación de autobuses trasladarase de ubicación coa chegada da intermodal.

4OUFF Tivo lugar a primeira reunión da comisión de investigación do Festival de Cine de Ourense para coñecer os problemas que levaron a que este ano non se celebre. Desde Ourense en Común agardan que na vindeira reunión, na que estará presente persoal técnico que organiza o OUFF “sirva para solventar as dúbidas e por enriba da mesa as carencias na xestión do mesmo”.

CIDADE

As zonas verdes, no punto de mira da AVV As Termas 4 Os veciños esixen melloras na limpeza. Redacción A asociación veciñal As Termas, situada no barrio das vivendas sociais xunto á estación de autobuses, non pechou por vacacións, continuando coa labor de reivindicar melloras para o barrio. A maioría das queixas das veciñas e veciños do barrio recibidas ultimamente pola Asociación de Veciños As Termas foron relativas a mellora na limpeza viaria e zonas verdes. Unhas peticións que incluían desbroces de camiños, coidado das zonas verdes (que contan coa presenza de ratas, pulgas e piollos), reposicion e limpeza de contedores, baldeo da Rúa D e Praza 200. Proxecto estratéxicos Dende o colectivo veciñal non esquecen as promesas incumplidas co barrio. Poren, pediron por rexistro que dende o Ministerio de Fomento se informe as veciñas e veciños das previsións de reformar a N-120 para convertila nun tramo urbano humanizado con beirarrúas e zonas vedes ao seu paso polo barrio.

Un proxecto prometido en 2011 e que cambiaría por completo a fisionomía das vivendas sociais, actualmente rodeadas por unha estrada nacional. Benestar social Ademais da labor reivindicativa, dende a asociación queren continuar coa organización de actividades que melloren o benestar social dos veci-

ños. Un exemplo é a programación de actividades centrada no fomento da igualdade e o empoderamento da muller e o envellecemento activo a prevención da dependencia, que xa se desenvolveu no primeiro semestre e continuará en setembro ampliado e mellorado. Estas actividades teñen unha gran acollida ao longo de todo o ano.

As peticións inclúen desbroces de camiños, coidado das zonas verdes, e reposicion e limpeza de contedores

Parque infantil coa maleza sen arrancar.

O Concello define terreos da primeira fase da intermodal 4 Tamén lle cede terreos á Xunta para a residencia de maiores. Redacción Para “axilizar” a posta en marcha da estación intermodal, o Concello de Ourense vén de definir os terreos municipais que se verán afectados pola primeira fase (a estación de autobuses e o aparcadoiro soterrado). É o paso previo para a execución destas obras, que supoñen unha inversión de 11 millóns de euros. O alcalde, Jesús Vázquez, informou de que as obras ocuparán parte de dúas parcelas de titularidade municipal no barrio da Ponte e que serán cedidas á Xunta; o resto queda en mans municipais “A proposta é un paso necesario para que esta cesión se produza canto antes, e ratifica o compromiso deste Grupo de Goberno por impulsar a chegada desta infraestrutura chamada a ser un dos alicerces básicos que permitirán a gran transformación da nosa cidade”, dixo Vázquez. A primeira fase da estación intermodal ten pre-

Lugar da futura estación. visto comezar este verán coas obras da estación de buses, que foron licitadas o pasado 26 de febreiro pola Xunta por un importe de 4,2 millóns de euros e teñen previsto o seu remate no vindeiro verán. Residencia de maiores Ademais, a Xunta de Galicia acorda co Concello a cesión de terreos para a construción da nova residencia de maiores. A nova infraestrutura localizarase nun terreo de máis de 7.800 m2 situado no Camiño Real de Cudeiro. O Concello realizará todos os trámites necesarios para posibilitar a cesión deste terreo á Consellería de Política Social, libre de cargas e gravames.


VERIN E COMARCA

Un cuarto de século da DO de Monterrei 4 A Denominación de Orixe celebrou o seu 25 aniversario no Castelo que leva o seu nome. Redacción Máis de 250 persoas entre adegueiros, viticultores e profesionais do sector déronse cita (o pasado 29 de xuño) no Castelo de Monterrei para celebrar que a Denominación de Orixe Monterrei cumpre este ano un cuarto de século de andaina. E fixérono nun acto que tamén serviu para dar comezo a unha nova etapa na que esta D.O. quere apostar pola profesionalización, a formación e a innovación, pero sobre todo, quere apostar pola terra e

pola xente que a traballa na busca e a defensa da máxima calidade para os seus viños. Así o puxo de manifesto a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva, quen fixo tamén fincapé, na súa intervención, na necesidade de traballar xuntos para acadar este obxectivos. Baixo o lema “25 anos ao noso lado”, a gala estivo conducida pola presentadora lucense Silvia Jato que ao longo da noite foi dando paso a varios vídeos elaborados para a ocasión nos que se percorreron o

presente, pasado e futuro desta denominación de orixe, nada oficialmente en 1993 aínda que con máis de dous mil anos de historia, tal e como o poñen de manifesto os lagares rupestres tan abundantes neste territorio. A referencia a estes lagares e a súa potencialidade para se converter en destino turístico de interior

Formación Profesional O prazo de matrícula para a primeira adxudicación é do 17 ao 24 de xullo ás 13:00 horas. A segunda adxudicación terá lugar o día 27 de xullo e o prazo de matrícula da segunda adxudicación será do 27 ao 31 de xullo ás 13.00 horas. No caso da Formación Profesional Básica está aberta a matrícula do 1 ao

12 de setembro. Outras ensinanzas Na Educación Secundaria de Adultos (ESA) a matrícula faise do 1 ao 12 de setembro. A matrícula na Aula Mentor –formación por internet- está aberta todo o ano. Enviar un correo electronico a: secretariobarbon@gmail.com para informarse. Exames de setembro 2018 Os días 3 e 4 de setembro hai os exames para os

Alumnos do IES García Barbón.

Homenaxeados O acto tamén serviu ao Consello Regulador para renderlle unha homenaxe a tres persoas do sector vitivinícola de Monterrei, un

viticultor, Felisindo Prieto Arcos; o catador, Juan Ramón Fuentes Lorenzo; e a adega Ladairo.

A DO quere apostar, sobre todo, pola terra e pola xente que a traballa

Foto de familia da celebración dos 25 anos da DO Monterrei. /RAMSÉS.

Datas de admisión e matrícula no IES García Barbón 2018/2019 Estudos de Bacharelato A matrícula da convocatoria de setembro é do 1 ao 10.

tamén foron elementos que estiveron presentes nun evento no que participou a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, entre outras autoridades.

estudantes que teñen materias pendentes. Máis información na web do IES García Barbón: http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/566 Vídeos ilustrativos da oferta formativa de Formación Profesional Na ligazón que se facilita https://bit. ly/2HCzM0t podes ver os vídeos ilustrativos da oferta formativa dos estudos de Formación profesional no IES García Barbón.

Barrios 24 de xullo 2018

4 Cata de viños A sede do Consello Regulador de Monterrei acolleu unha cata de viños da zona realizada pola Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia. Este equipo de cata estivo conformado por un total de 18 catadores, entre os que se atopaban enólogos, directores técnicos de consellos reguladores, catadores, e membros do panel de cata de cualificación de Monterrei. Avaliaron un total de 51 viños, 28 brancos e 23 tintos. No referente aos viños brancos, desde Gallaecia destácase “a harmonía aromática, o equilibrio gustativo e a fructosidade da colleita”. Mentres que dos tintos, que “a crianza beneficia a bondade das colleitas pretéritas”.


Barrios 24 de xullo 2018

VERÍN E COMARCA

O parque da Preguiza, preto de ser realidade 4 Completouse o expediente de expropiación dos terreos. Redacción Dous anos de tramitación foi o que tardou o Concello de Verín en completar o expediente de expropiación dos terreos para facer realidade o futuro parque da Preguiza. O investimento inicial deste parque é de 97.507,66 euros e contará cunha superficie total de 25.452,18 m². Será a primeira das grandes áreas de lecer das que disporá a vila nos próximos anos, xunto co futuro parque de Fontenova. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane quixo destacar que “excluíndo as parcelas de expropiación forzosa, durante todo o proceso non houbo ningún tipo de reclamación por parte dos propietario dos terreos”. Vila verde Este novo parque forma

parte dun novo plan especial que dotará á vila de Verín dunha nova zona verde, situada a ambas as marxes do río Támega, que ocupará unha extensión total de 12 hectáreas. Está será a primeira dunha serie de áreas verdes que realizarán na vila nos vindeiros anos. Autocaravanas O parque contará cunha área (máis de 7 hectáreas) na que terán collida unhas 50 autocaravanas. Esta zona estará ubicada na marxe dereita do río. Contará con zona axardinada ademais de sombra natural.

O parque contará cunha superficie de máis de 25.000m2

O alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, visitando o futuro parque da Preguiza.

Un dos plenos do mes de xullo no Concello de Verín.

A eficiencia e a mobilidade unen en Verín 4 A corporación municipal aprobou a solicitude de dúas subvencións. R. Torres O comunicado do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético) motivou o segundo pleno (este con caracter extraordinario) en dous días no Concello de Verín. O IDAE requería o acordo plenario para tramitar dous expedientes (mellora da eficiencia enerxética e implantación planes mobilidade urbana) que ascenderían arredor dos dous millóns de euros. A unanimidade foi a nota dominante nesta ocasión, polo que se aprobou a participación e aceptación expresa do procedemento regulado polo Real Decreto 616/2017 -do 16 de xuño-, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos

singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020. Aforro enerxético Na subvención para a mellora da eficiencia enerxética, preténdese renovar as instalacións de iluminación pública, e sinalización pública exterior existentes coa consecuente redución das emisións de dióxido de carbono. O orzamento base de licitación deste proxecto será de 805.561,02 euros (974.728,83 euros con IVE). Mobilidade urbana No que se refire aos proxectos no eido da mobilidade urbana, o ente municipal busca a implan-

tación e posta en marcha dun plan de mobilidade urbana sustentable. Este plan inclúe a creación dunha circunvalación de carácter interno no municipio coa construcción dunha ponte, na zona de Queizás. O orzamento base de licitación será de 823.916,00 (996.938,36 euros con IVE). Pleno ordinario Un día antes celebrouse un pleno ordinario no que se acordaron as tarifas do futuro Centro de Día Municipal (que estará ubicado nos baixos da antiga praza de Abastos), paso previo á licitación do concurso. Así, o usuario que estea a xornada completa deberá abonar 824 euros (comida, 123 euros; merenda, 61; e o transporte, 160 euros), mentres que o de media xornada pagará 584; estas

cifras son o tope que se pode cobrar puidendo ser inferior (dependendo da empresa concesionaria). A forma de pagamento será mensual, mediante domiciliación bancaria. A votación contou cos votos a favor do grupo de gobero e a abstención da oposición. Orzamento 2016 No pleno celebrado o 2 de xullo, a corporación aprobou a conta xeral do orzamento do 2016 que contou cos votos a favor de PSdeG-PSOE e BNG e en contra dos do Partido Popular.

As dúas subvencións ascenderían arredor dos dous millóns de euros Coa subvención para mobilidade urbana preténdese crear unha ponte na zona de Queizás


PUBLICIDADE

Barrios 24 de xullo 2018


10

Barrios 24 de xullo 2018

VERIN E COMARCA

Festival”, concluíu.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o director do certame, Carlos Montero.

A III edición do FIC Vía XIX xa ten datas

4 Do 1 ao 9 de decembro e xa están activas as bases Redacción A III edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV celebrarase en Verín entre os días 1 e 9 de decembro deste ano. Así o anunciaron perante os medios de comunicación a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o director do certame, Carlos Montero, quenes salientaron que as bases para optar ás diferentes categorías do Festival xa están activas na web oficial do certame:

www.ficviaxiv.com. A concelleira de Cultura afirmou na presentación que “coa súa terceira edición, o FIC Vía XIV consolídase na axenda cultural da vila do Támega”. “Unha cita que o ano pasado mobilizou a máis de 2.800 persoas arredor da axenda oficial do certame e das actividades paralelas que acolleu”, engadiu. A idea, nesta edición, é “continuar desenvolvendo accións vinculadas ao cine para todos os públicos arredor do

“Día do avó e da avoa” en Verín 4 Cunha xornada de xogos tradicionais para unir a nenos e maiores. Redacción O vindeiro 26 de xullo, entre as 11 e as 13 horas, Verín celebrará o Día do Avó e da Avoa cunha actividade interxeracional na Praia Fluvial da vila. Desde o Departamento de Servizos Sociais (Área de Maiores) quérese potenciar os espazos de encon-

tro entre nenos e persoas maiores dentro dunha faceta lúdica na que esperamos que todos disfruten xogando entre eles. Contarase coa presenza de Xaquín Lorenzo, educador do Centro de Cultura Popular da Deputación Provincial de Ourense que guiará unha mañá na que os protagonistas serán os

Prazo Pola súa banda, Carlos Montero destacou que o prazo para recepcionar as curtas que poden optar ás catro categorías a concurso (Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova) esténdese ata o vindeiro día 11 de outubro. “As curtas participantes teñen que ter sido realizadas con posterioridade a xaneiro de 2017”, precisou. Tamén destacou que se activou recentemente o concurso para elixir o cartel ilustrador da terceira edición do FIC Vía XIV. As bases poden ser consultadas na web oficial do Festival e as propostas deben ser remitidas á organización do certame ata o vindeiro 20 de setembro. O director do Festival de Curtas de Verín puxo en valor tamén, durante a presentación, a calidade dos filmes presentados a concurso nas dúas primeiras edicións do certame. De feito, varias das curtas exhibidas en 2017 en Verín foron, posteriormente, premiados en diferentes convocatorias de premios e certames tales como os Goya ou Sundace e seleccionados para os carteles oficiais en festivais de recoñecido prestixio tales como San Sebastián, Toronto, Rotterdam ou o New York Film Festival. xogos tradicionais populares como a rá, o lanzamento de aros, a billarda ou os peóns. O Concello de Verín aposta pola preservación das tradicións e os xogos que marcaron a infancia de tantas e tantas xeracións. Por esta razón, anima a todos os cativos e anciáns a participar nesta xornada na que os máis maiores poderán demostrar como se divertían antes da aparición dos videoxogos. Será una actividade aberta para todo o que queira ir xogar e na que se espera que os cativos descubran unha “nova” forma de diversión xunto aos seus avós.

Presidenta da DO e alcalde na firma do convenio.

Convenio entre Concello e DO 4De colaboración para a XIII Feira do Viño de Monterrei. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a pre-

sidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración destinado

á organización da XVIII Feira do Viño de Monterrei que terá lugar do 10 ao 12 de agosto. Dito convenio recolle e formaliza por escrito as accións que abonará cada unha das entidades colaboradoras, unha cuestión que ata fai 2 anos solo se facía solo de xeito verbal. No documento figuran, entre outras cuestións, a montaxe do recinto feiral, o Acto da Cofradía dos Viños de Monterrei, as actuacións musicais e a publicidade. Pero ademais das tarefas que recolle o convenio, a colaboración entre o Concello de Verín e o Consello Regulador vai máis alá. Como cada ano, ambas entidades procederon xuntas á elección do cartel da XVIII Feira do Viño de Monterrei e estanse a articular conxuntamente nas restantes acción deste evento vitivinícola considerado como o máis importante do ano para a DO Monterrei.


VERIN E COMARCA

Un tobogán acuático xigante será a gran atracción da Batucada de Verín 4 Música, auga e festa os días 27 e 28 de xullo na capital de Monterrei. Redacción

xornada.

Os días 27 e 28 de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2018. Dúas xornadas nas que non faltarán a música, a auga e a festa para todas as idades. A gran novidade desta edición é un tobogán acuático xigante de 60 metros que, de seguro, fará as delicias de todos os asistentes. Na presentación, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, saliento que “sen dubida será a actividade estrela de esta edición da Batucada”. Devandita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa; co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso que permitirá ao usuario acceder ao tobogán durante toda a

Programación Ás 11 horas do venres 27 dará comezo o “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”, que terá como temática as profesións. A saída e a chegada será no CEIP Amaro Refojo; ao remate terá lugar a festa infantil da Ludoteca. Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da festa acuática na praia fluvial para que os cativos, e os que non o son tanto disfruten xogando coa auga. Haberá animación musical, inchables de terra e o citado tobogán xigante. A Batucada, na procura de que sexa tamén un escenario de difusión para a cultura local, o Concello de Verín organizou para esta edición unha “Batucada Alternativa” na que se poderán escoitar grupos de diferentes estilos.

A Praza García Barbón acollerá o escenario no que a partir das 20.30 horas actuarán: o músico Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo) e os gru-

pos locais Dous de Picas (Folk), Boston George (Rock), Mike Wass & Mind Archives (Electrónica). Xa o sábado 28, ás 16:30 horas, celebrarase na praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran festa da escuma e da auga. Ás 19 horas, comezará o “Desfile Pasarrúas da Batucada” que sairá da praza Maior e rematará no pavillón dos Deportes de Verín. Ao remate do desfile, ás 20.30 horas, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy

A concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, co cartel da Batucada de Verín..

Disco Móvil Jorge será a encargada da animación musical. Como fin de festa, o Grupo Gin Toni´s cerrará esta edición da Batucada cunha actuación na praza García Barbón a medianoite. Vasos Doutra banda, Somoza explicou que, coma o ano pasado, manterase o acordo cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. “Ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico”, aseguraba a concelleira. A tenda oficial do evento (praza García Barbón de 18 a 21 horas) ten á venda material de merchandising como camisetas, fundas impermeables e mochilas.

O prezo da entrada ao tobogán xigante de 60 metros é de 5 euros por xornada completa

Barrios 24 de xullo 2018

11

EN BREVE 4 EDC Verín A Real Federación Galega de Fútbol acaba de outorgarlle ao E.D.C. Verín a distinción na categoría de club referente no Fútbol Base de Galicia. Trátase dun recoñecemento ao traballo de promoción levado a cabo na Delegación da RFGF en Ourense e que lle permite ser unha referencia na nosa comunidade.

4Biblio-piscina Verín ten aberta, desde o 3 de xullo, a Bibliopiscina da Biblioteca Pública Municipal. Este é o seu décimo ano consecutivo que se pon en marcha este proxecto co obxectivo de estender os servizos bibliotecarios aos usuarios desta instalación deportiva, potenciar a lectura e dinamizar a realización de actividades lúdico-culturais fóra do curso escolar.

4Curso O Concello de Verín organizou, a finais de xuño, dous cursos de “Socorrismo en Instalación Acuáticas” no que participaron 20 de mozos e mozas e que conta coa homologación da Xunta de Galicia.


12

Barrios 24 de xullo 2018

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Enfrontamento polo vial da Marbana

4 Emega Verín ten aberta a convocatoria das axudas do programa Emega 2018. Trátase de liñas de axudas enfocadas a promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. O prazo de solicitude remata o 6 de agosto e deben presentarse, obrigatoriamente, a través da sede electrónica da Xunta. O detalle das diferentes liñas no enlace http://verin.sedelectronica.gal/info.14.

4Enredadera

4 O PP acusa ao goberno de actuar de xeito ilegal. Inauguración da exposición “Dúas de Dous.

“Dúas de Dous” na Sala de Exposicións de Verín A Sala de Exposicións de Verín acolle a exposición “Dúas de Dous”. Devandita mostra recolle una selección das obras máis recentes de Xosé Rivada e Fernando Barreira, dous nomes de referencia nas artes plásticas do ámbito da comarca. A exposición, que conta coa colaboración do Concello de Verín e da Denominación de Orixe Monterrei, estará exposta ao público ata o 15 de setembro, de luns a venres de 17.30 a 20.30 e sábados de 10 a 14 horas e de 17.30 a 20 horas.

O goberno municipal do Concello de Verín personarase como acusación particular “en defensa dos intereses dos veciños de Verín”, dado que a empresa reclama o consistorio más de 1,4 millóns de euros por terlle paralizado a súa actividade na vila.

4Mesa xeral O concello acordou na mesa xeral de negociación a subida nun 1,75% o salario de todos os traballadores (laborais e funcionarios) actualizando as nóminas en agosto. Tamén pagará os atrasos derivados do 1,75% antes de que remate outubro. Ademais incrementará o gasto de persoal neste ano en 30.000 euros, en complementos retributivos do persoal laboral.

Foto de familia dos alumnos do programa formativo.

Ciclo formativo de coidadores non profesionais O pasado mes de xuño rematou o primeiro ciclo formativo dirixido a coidadores non profesionais que de forma habitual teñen a persoas dependentes ao seu cargo. Este programa formativo é un proxecto do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei e a Deputación Provincial de Ourense. Durante este primeiro ciclo tratáronse temas como o coidado ao propio coidador, os recursos dispoñibles nos Servizos Sociais, as inmobilizacións e a ergonomía, a alimentación, os hábitos intestinais, a incontinencia urinaria, as úlceras por presión, os hábitos de vida saudables, os primeiros auxilios, etc. Esta foi a primeira de varias etapas que se levarán a cabo nos vindeiros trimestres ata completar o temario necesario para a formación destas persoas.

Redacción Novo conflito entre os populares e os socialistas de Verín. Nesta ocasión chega polo vial de Marbana. Para o Partido Popular, o alcalde está actuando “ao noso entender de forma ilegal”, cometendo un presunto delito de “prevaricación, malversación de fondos públicos e expropiación ilegal”, ao ocupar terreos para realizar a suposta obra de apertura do viario no barrio de Marbana. Segundo o PP, o acordo da Xunta de Goberno local, de 23 de febreiro de 2017, que aproba definitivamente o proxecto de expropiación, “non é firme, na vía administrativa, xa que se interpuxo un recurso de reposición”. Acusan, tamén, ao alcalde de resolver o último recurso presentado a este proxecto, un ano despois, desestimando o recurso a pesar “das advertencias da secretaria municipal de que non é legal”. Alcalde O alcalde de Verín, Ge-

rardo Seoane, defendíase das acusacións ratificando a absoluta legalidade das actuacións. “Non se pode magnificar un conflito sobre unha actuación que é boa para todos, só porque el -Jiménez Morán, ex alcalde de Verín- non fora quen de desenvolvela en 20 anos”, afirmou o rexedor. Lembrou o alcalde, que esta actuación foi obxecto dun recurso dun propietario, que foi desestimado. “Esto proba que non existe oposición veciñal ao proxecto, senón que a actuación é moi apreciada por todo Verín ao tratarse da circunvalación norte e retirar o tráfico que vai ao hospital polo centro do pobo”.

Obras do novo vial de Marbana.


O CARBALLIÑO E COMARCA

A praza Maior acolle a semana grande dos cativos 4 Con diversas actividades. Redacción Continúa a programación de lecer do mes de

xullo do Concello do Carballiño, e non se esquece dos máis cativos. Do 31 de xullo ao 4 de agosto cele-

Manuel Villanueva recibirá a Insignia de Ouro das Xociviga 2018 4 É o director xeral de Contidos de Telecinco e Mediaset España. Redacción Manuel Villanueva, director xeral de Contidos de Telecinco e Mediaset España, recibirá a Insignia de Ouro das Xociviga 2018. Nesta edición do festival, que é a número 35, o xurado quixo recoñecer “a súa vinculación histórica ao desenvolvemento do audiovisual galego en xeral, e en particular ás primeiras edicións das Xociviga do Carballiño, colaborando na súa organización”. O premio foi asignado por unanimidade do xurado. Xociviga As Xociviga 2018 celebraranse do 29 de xullo ao 2 de agosto no auditorio municipal Manuel María. Por terceiro ano consecutivo celébrase este concurso de curtas que pretende promocionar aos novos realizadores do audiovisual galego. Os traballos deben de ser realizados na nosa comunidade autónoma ou haber sido dirixido por un galego. A peza non pode durar máis de 30 minutos e tampouco pode ter data anterior a 2017. O primeiro premio ten unha contía de 500 euros; o segundo, de 300; e o xurado pode determinar un

Manuel Villanueva. accesit de 100 euros de premio. Cartel Por terceiro ano consecutivo, o cartel das Xociviga foi elaborado polo deseñador carballiñés Suso Obenza. Nesta edición o autor rende homenaxe ao Carballiño e ao cine a través de tres símbolos. Pois a vila tivo unha das primeiras salas de proxección da provincia, e conta cun Cine Club que o próximo ano cumprirá o seu 50 aniversario e figura como un dos decanos de Galicia.

As Xociviga celébranse do 29 de xullo ao 2 de agosto

bran a súa semana grande, que terá lugar de 19 a 21 horas na praza Maior. O martes 31, xincana de xogos populares e seguridade vial; o mércores 1, maquillaxe de fantasía, globoflexia, got Talent e zumba; o xoves día 2, obradoiros (camisetas e pulseiras) e un espectáculo de maxia; o venres 3, masterchef, obradoiros (marcapáxinas, muiños de vento) e baleirapetos; e re-

Barrios 24 de xullo 2018

matará o sábado 4, cunha xincana de xogos de auga e a festa da espuma. Eventos Xa para os máis maiores e non tan pequenos a programación continúa o sabado, 28 de xullo co Holy “Pulpo” (festa da pintura) a partir das 16 horas na pista Roxa. O domingo chega o humor ao auditorio da man de David Amor.

A festa da espuma terá lugar o 4 de agosto.

13


14

Barrios 24 de xullo 2018

O CARBALLIÑO E COMARCA

EN BREVE

Cadeiras novas en Espiñedo

4 Préstamo libros na piscina A sección infantil e xuvenil da biblioteca pública municipal do Carballiño iniciou un servizo de préstamo de libros para ler nas piscinas municipais. Trátase de contos, relatos e comics que os nenos e mozos poden coller dunha cesta ubicada na cafetería da piscina, e devolvelos ao rematar coa súa lectura. O pasado ano xa se levou a cabo esta iniciativa cun gran éxito, e agárdase que tamén o teña neste.

4Rúa peonil O Carballiño contará cunha nova rúa de uso peonil. Será o Camiño da Rega e a concellaría de Tráfico xa puxo en marcha o proceso. Na rúa, que ten unha entrada pero non ten saída, colocaranse bolardos para que soamente poidan entrar os vehículos que accedan ás prazas de garaxe.

4 As bancadas contarán con cadeiras individuais. Redacción

Presentación da 56 Festa do Pulpo do Carballiño.

A 56ª Festa do Pulpo quere repetir o éxito do ano pasado 4 Cunha afluencia de 100.000 persoas e a venda de 70.000 kg de polbo.

As bancadas do estadio municipal de Espiñedo contarán esta nova tempada con cadeiras individuais para os afeccionados: Isto é posible, grazas a unha subvención de 13.000 euros concedida pola Deputación de Ourense, tras unha solicitude da Alcaldía e da propia presidencia do Club Deportivo Arenteiro. Trátase da segunda axuda do organismo provincial para a mellora das instalacións do estadio municipal de fútbol, trala reforma efectuada na zona dos vestiarios esta tempada pasada, e que

supuxo un investimento de 60.000 euros. Compromiso O compromiso para este novo investimento, que fará máis cómoda a asistencia dos afeccionados durante os encontros, ademáis de mellorar a imaxe das bancadas, con cadeiras de cor verde, fora adquirido polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, durante a visita realizada a estas instalacións deportivas en febreiro deste mesmo ano.

A axuda da Deputación para esta actuación é de 13.000 euros

4Cámping O cámping municipal do Carballiño manterá a xestión pública, así o decidiu o grupo de goberno carballinés descartando a súa externalización. No concurso da concesión, para 10 anos, a empresa que acade a xestión terá que aboar un canon de 320 euros mensuais. Ademais deberá realizar un investimento duns 35.000 euros en obras de mellora.

4Plan de obras O PSOE, equipo que goberna no Carballiño, xunto ao PP, partido principal da oposición, veñen de chegar a un acordo polo cal ponse en marcha un programa de mellora de infraestruturas, cunha inversión total de dous millóns de euros, que será efectiva nos vindeiros meses. O Concello aportará 1,2 millóns de euros. O restante virá tanto da Deputación de Ourense (500.000 euros) como da Xunta de Galicia (400.000 euros). Aforro enerxético e infraestruturas viales serán as maiores obras.

Redacción A 56ª Festa do Pulpo -domingo, 12 de agosto- intentará repetir os datos de 2017 en canto a afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia que nesta edición do 2018, o Concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polbo. Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa. Este ano a festa adícase ao Centro do Carballiño en Bos Aires como “xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina” así o expresou Fumega.

A tapa máis grande do mundo, 8 de agosto, buscará estar lista en 10 minutos

O rexedor, tamén quixo agradecer o apoio das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores. Marisol Díaz asegurou que a Xunta de Galicia cre “nas festas galegas” como un xeito de achegar “os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo”. O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, referiuse á Festa do Pulpo como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”. Programa Pero a Festa do Pulpo non se queda soamente na celebración do día 12. O Concello do Carballiño elaborou unha ampla programación que conta con máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos do 1 ao 12 de agosto. A tapa máis grande do mundo terá lugar o martes, 8 de agosto. Nesta edición tentarase rebaixar dos 10 mi-

nutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante. Durante a primeira semana do mes o foco estará nos máis cativos coa semana grande dos pequenos. Obradoiros, xogos, maxia e outro tipo de actividades de ocio será parte dos eventos nos que poderán participar. O prato forte chega o día 10, venres co concerto de Mikel Erentxun -ex Duncan Dhu-. O 4º ciclo de Música de sofá, o festival de Habaneras, as Xornadas Internacionais de Folclore Músicas de Sofá, con sete grupos de jazz e blues; o Festival de Habaneras, as Xornadas Internacionais de Folclore, ou o grupo Keltia serán outros dos atractivos. En canto ao deporte, o día 8 Arenteiro e Pontevedra disputarán o II Trofeo Festa do Pulpo de fútbol.

Mikel Erentxun actuará o venres 10 na praza Maior

Partido en Espiñedo coas bancadas ao fondo.

A Festa da Palabra homenaxea a Víctor Campio 4 Celebrarase na Ínsua dos Poetas o día 28 de xullo. Redacción A Ínsua dos Poetas (O Carballiño) acollerá o vindeiro sábado, 28 de xullo -a partir das 11.30 horas-, a décima edición da Festa da Palabra. Nesta ocasión o homenaxeado será o poeta masidán Víctor Campio Pereira. O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín será o mantedor do evento, no que ademais intervirán os

poetas Edelmiro Vázquez Naval, Víctor Fernández Viñal, Alba Cid, Pablo Rubén Eiré e Luis González Tosar.

Víctor Campio.


TURISMO EN OURENSE

Baixa Limia-Serra do Xurés, un dos seis parques naturais.

Galicia continúa coa súa aposta polo turismo de calidade 4 Ás iniciativas consolidadas súmase este ano unha completa oferta de experiencias nas catro provincias. Redacción Galicia continúa coa súa firme aposta polo turismo. Un turismo de calidade e diferenciador; tranquilo e aventureiro, no que ten cabida todo o mundo. Como o Camiño de Santiago, que é quen de mover máis 300.000 peregrinos a través dos seus máis de 1.500 quilómetros en territorio galego nos seus nove itinerarios por terra. O conxunto da Comunidade está recibir xa máis de cinco millóns de viaxeiros nun só ano. Atractivos non lle faltan, pero tampouco orixinais experiencias turísticas para gozar dos recursos galegos tanto de costa como de interior, dun xeito sustentable e respectuoso co medio. Turismo de surf Ás iniciativas consolidadas nos últimos anos -os dez produtos cabeceira de marca Galicia como as Rutas da Camelia e da Lamprea, os Santuarios Máxicos ou os Mananciais de Galicia, entre outrossúmase unha completa oferta que percorre as catro provincias e mestura a Galicia azul e a Galicia verde, o patrimonio natural e o patrimonio cultural. Trátase das novas experiencias deseñadas desde

O Templo de Veracruz é un dos atractivos do Carballiño, que, ademais conta coa Festa do Pulpo, unha das catro festas de Interese Turístico Nacional da provincia de Ourense. Turismo de Galicia que apostan por un turismo diferenciado e de calidade, propicio para gozar del os 365 días do ano, repleto de imaxinación e con propostas para coñecer o destino sen présas. É o caso de Galicia Surfing a experiencia turística que identifica un centenar de praias galegas aptas para facer surf e que inclúe diferentes propostas de viaxe para coñecer os recursos asociados a este deporte comprendendo unha ampla zona desde Ribadeo, no extremo oriental, ata a fronteira con Portugal. Agrupadas en tres itinerarios diferentes, as praias identificadas

ofrecen variadas opcións de turismo adaptadas a calquera perfil e dificultade, así como modalidades para practicar este deporte en areais máis urbanos ou máis salvaxes. Galicia Surfing –que ten dispoñible unha app con todos os contidos- pon en valor o enorme potencial

O Macizo Central ourensán ou Pena Trevinca forman parte dos itinerarios para coñecer Galicia por estrada

dos máis de 1.500 quilómetros de costa, algo que comparte coa marca turística o Club da Auga, que incide ademais nos recursos fluviais galegos e une o turismo mariñeiro, o termalismo, a náutica, o Camiño de Santiago e a estancia en lugares con encanto como a rede de Paradores. Así é como comprende a posibilidade de percorrer a costa galega de faro en faro compartindo momentos cos profesionais do mar, grazas á Ruta dos Faros. Turismo de interior Outro turismo posible permite afondar no interior galego ás beiras do río Miño grazas á Ruta do Miño de Parador en Parador que combina esta experiencia con estancias en seis dos establecementos hoteleiros que Paradores ten en tres provincias galegas: os de Baiona, Monforte de Lemos, Ribadeo, Santo Estevo, Tui ou Vilalba. Baixo a marca Club da Auga tamén se ofrece a posibilidade de viaxar en barco de vela seguindo a travesía que rememora rutas históricas de peregrinación por mar e tamén inclúe propostas para relaxarse nos balnearios galegos, que suman máis de 3.000 prazas hoteleiras. E se a preferencia é coñecer Galicia por estrada,

Escenarios ao volante é a opción perfecta. Foi un dos produtos máis destacados durante a última edición da Feira Internacional de Turismo Fitur e configúrase como toda unha antoloxía das 25 mellores rutas en coche polo territorio galego. Son máis de 900 quilómetros que atravesan máis de 100 concellos. Tamén se seleccionan 50 miradoiros e 7 olladas urbanas. Rías, acantilados, cabos, bosques, montañas ou espazos naturais de singular beleza como O Courel, Os Ancares, O Macizo Central ourensán ou Pena Trevinca inclúense nos itinerarios propostos. Para coñecer todos os contidos está dispoñible unha guía en galego, castelán e inglés, que conta cun mapa adicional para que cada viaxeiro poida descubrir as súas propias rutas. Xunto a propostas como estas, os seis parques naturais galegos ofrecen no seu conxunto preto de vinte experiencias de turismo sustentable con actividades como sendeirismo, ciclismo, equitación, saídas en barco, kayak, paddle surf, paddleboard, visitas a covas, aldeas ou adegas, entre outras e que se poden gozar no monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán; as Fragas do Eume, o Invernadeiro, e Serra da Enciña da Lastra. Minicruceiros costeiros A todas estas experiencias súmanse, ademais, as novidades de produtos exitosos como os Minicruceiros Costeiros polas Rías de Galicia, para os que es-

Barrios 24 de xullo 2018

15

tán previstas máis de 200 saídas este ano ou os Trens Turísticos de Galicia, que suman dous novos itinerarios, a Ruta dos Mosteiros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Miño. En total son 12 rutas temáticas que percorren as catro provincias ata outono durante as fins de semana. Ademais, por vez primeira hai tamén teatralizacións nalgúns dos itinerarios. Destino hospitalario Estas experiencias, das que hai unha completa información en www.turismo.gal, inciden na aposta de Galicia por un turismo tranquilo e de calidade, que ten como propósito converter a Comunidade nun destino hospitalario para todo aquel que queira coñecela e facer sentir aos turistas como na casa nos máis de 270 establecementos que contan con Q de Calidade Turística; nos balnearios de Galicia, a segunda potencia termal de Europa; ou en cada unha das etapas do Camiño de Santiago. Ese é un dos obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo que está a permitir unha evolución responsable, diversificada e desestacionalizada da actividade turística en Galicia.

Os Trens Turísticos de Galicia contan con 12 rutas temáticas das que sete inclúen a provincia de Ourense

Algúns dos itinerarios dos Trens Turísticos de Galicia contan con teatralizacións.


16

Barrios 24 de xullo 2018

PROVINCIA

O Centro Residencial Docente de Ourense dispón de 198 prazas O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia e de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional). As prazas de residencia (198 en total) están reguladas pola Orde do 24 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) sendo gratuítas no caso de cumprir cos requisitos fixados (non superar o limiar 2 de renda).

Prazos de inscrición Os prazos de inscrición son os seguintes: para Bacharelato, ata o 13 de xullo; para Ciclos Formativos, ata o 8 de agosto; e ademais, un período extraordinario, do 17 ao 28

de setembro. Servizos O alumnado dispón de diferentes servizos (biblioteca escolar, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de televisión, cineforum, atención médica, actividades complementarias, pavillón e pistas deportivas) ademais dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolve-

mento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Contacto: www.credoourense.es, 988 60 21 65 ou no correo electrónico: credo.ourense@edu. xunta.es.

O alumnado conta cunha atención educativa e apoio

Marisol Díaz -segunda pola esquerda- en Lousada.

Obras de mellora en Lousada 4 No Concello de Piñor. Redacción

O Centro Residencial Docente de Ourense. /M. REJO.

A Xunta investirá 95.000 euros para mellorar o firme nas rúas de Lousada, no Concello de Piñor. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, xunto co alcalde do municipio, José Luís González, visitaron a zona onde se executarán as obras. O proxecto realizarase ao abeiro dunha orde de axudas da

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos galegos. Proxéctase a substitución do pavimento, na maioría dos treitos, ou o barrido por medios mecánicos, de ser o caso, con arranque de raíces que provocan o levantamento do firme, limpeza de cunetas e un dobre rego asfáltico ou de formigón.


PROVINCIA

A Deputación cede instrumentos musicais 4 Ao grupo “Gaitas e danzas Airiños de Arnoia”. Redacción

Manuel Baltar e Ramón Valcárcel en Bruxelas.

Manuel Baltar pide en Europa a xestión dos fondos de cohesión 4 Reclamou en Bruxelas un maior recoñecemento ás provincias. Redacción Manuel Baltar, como presidente da asociación europea de gobernos provinciais Partenalia e presidente da Deputación de Ourense, pediu en Bruxelas que o Parlamento Europeo recoñeza á “provincia” e aos “gobernos locais intermedios” como entidades xestoras directas dos fondos de cohesión. Así llo transmitiu ao vicepresidente do Parlamento Europeo, Ramón Luís Valcárcel, na reunión que mantiveron na sede comunitaria, encontro no que Baltar lle expuxo a Valcárcel “a necesidade dunha maior igualdade territorial na Política de Cohesión e máis integración dos gobernos locais intermedios no ámbito administrativo e económico da Unión Europea”. O presidente de Partenalia expresou tamén a importancia de que as provincias “incrementen a súa representatividade no Comité das Rexións”, e agradeceu ao vicepresidente do Parlamento Europeo “esta nova etapa de cooperación que se abre entre a UE e Partenalia, que permitirá avanzar nunha repartición máis equitativa dos fondos; na interlocución co Parlamento Europeo e na cola-

boración entre provincias e universidades de Europa creando un consorcio para traballar en novas políticas sociais e de innovación”. Integración Durante a reunión, o presidente de Partenalia presentoulle ao vicepresidente do Parlamento Europeo as liñas estratéxicas do plan 2018 desta rede europea, baseado nas políticas de cohesión e financiamento, o medio ambiente e a cooperación entre territorios. Manuel Baltar defende que a integración das provincias no corpo administrativo e de xestión da UE é esencial para avanzar na cooperación territorial de Europa nun terceiro nivel “despois dos ámbitos estatal e rexional”, que é o provincial. “As provincias representan o nivel administrativo idóneo para converter en realidade a lema: “Pensar globalmente, actuar localmente”, xa que combinan a perspectiva global cun profundo coñecemento das realidades territoriais e as necesidades locais”. Neste sentido, na reunión, Baltar puxo o acento “na riqueza que supoñen as diferenzas entre as provincias de Europa, porque nesa diversidade radica o potencial que nos singu-

lariza e para o que debemos ter unha asignación orzamentaria” dos fondos europeos igualitaria e que non distinga aos territorios como “máis ou menos periféricos. Todos estamos no centro das necesidades de mellores servizos para os nosos veciños”. No encontro presentoulle as liñas estratéxicas do plan 2018 desta rede europea, baseado nas políticas de cohesión e financiamento, o medio ambiente e a cooperación entre territorios. Ademais, trasladoulle a intención de representar, diante do Parlamento europeo, unha posición común para entidades como Arco Latino, CEPLI, as asembleas de provincias de Francia e Alemaña e a propia Paternalia.

“As provincias representan o nivel administrativo idóneo, xa que coñecen as realidades territoriais e as necesidades locais”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregou ao grupo “Gaitas e danzas Airiños de Arnoia” unha serie de instrumentos tradicionais construídos no Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense. Iniciativa que se enmarca no impulso e defensa das tradicións populares e musicais da provincia, como a propia agrupación, creada en Arnoia nos anos oitenta do século pasado e que ten como obxectivo a difusión do folclore tradicional. O acto, no que se entre-

garon cinco tambores, un bombo e tres gaitas, contou, ademais de Manuel Baltar, coa participación do Alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio; o presidente de “Airiños de Arnoia”,

Barrios 24 de xullo 2018

17

Francisco Javier Sánchez, e a integrante do grupo Susana Martínez. Manuel Baltar destacou que esta “é unha aposta máis da Deputación de Ourense por preservar á nosa cultura desde o ámbito etnográfico e musical, como vén facendo o obradoiro de instrumentos da institución provincial que dirixe Manuel Brañas e que ten acadado importantes éxitos” con proxectos pioneiros como “a recuperación dos instrumentos do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense”, expresou Baltar.

Acto de entrega dos instrumentos.


18

Barrios 24 de xullo 2018

PROVINCIA

EN BREVE

Aberto o prazo para as axudas de puntos de atención á infancia

4 Emprende 2018 Ata o 27 de xullo permanece aberta a primeira das dúas convocatorias que desenvolve durante este ano o Programa Galicia Emprende, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará 80 proxectos de autónomos e emprendedores con axudas por valor de 3 millóns de euros, e que mobilizarán investimentos que acadarán os 11 millóns de euros. O seguinte prazo de solicitudes abrirase o 30 deste e estará aberto ata o 25 de outubro para acollerse a esta iniciativa.

4Rehabilitación enerxética A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo unha rehabilitación enerxética e integral completa en dous centros escolares da provincia no vindeiro ano 2019. Estes serán o CPI Terras de Maside (Maside) e o CIFP Portovello (Ourense).

4O Pereiro de Aguiar Un total de 20 empresas presentaron ofertas para construir o novo Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar, licitado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, cun orzamento de 1.124.785, 87 euros. O prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra será de 16 meses e ampliará a carteira de servizos con programas preventivos e de educación sanitaria.

4 O prazo remata o 10 de agosto.

Presentación en Ourense do bus do viño do Ribeiro.

As adegas do Ribeiro, en bus 4 Estará en funcionamento ata setembro. Redacción Este verán poderanse visitar as adegas do Ribeiro en autobús, grazas a iniciativa Bus do Viño do Ribeiro que foi presentada no Centro de interpretación das Burgas de Ourense. Na presentación estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. A idea é posible polo convenio plurianual asinado entre o Goberno galego e o xeodestino O Ribeiro-Carballiño e coa colaboración da C.R.D.O Ribeiro. Os seus presidentes, así como diversos rexedores e representantes municipais e provinciais, estiveron presentes tamén na rolda de prensa Nava Castro salientou os froitos da cooperación institucional no desenvolvemento turístico de Galicia con iniciativas

como esta, que permiten que a provincia de Ourense continúe a crecer. Neste sentido, avanzou o destacado papel que a provincia ourensá está chamada a xogar en varios dos máis importantes proxectos que a Xunta está a elaborar neste eido: o futuro Plan Estratéxico de Turismo Rural e o Plan Enogastronómico, dous compromisos para a actual lexislatura. “Os xeodestinos permítennos coordinar actividades entre territorios próximos en beneficio dos nosos cidadáns e dos nosos turistas. Este Bus do Viño do Ribeiro é un bo exemplo”, sinalou a directora de Turismo. Neste contexto, a directora puxo en valor que Ourense fora o destino onde máis medrara o turismo nos cinco primeiros meses do ano, paso importante na consecución dos obxectivos de desestacionalización. En concreto,

o número de turistas nesta provincia medrou un 10% entre xaneiro e maio, cun 5,3% máis de noites. Tamén se referiu ao auxe do turismo rural, cun 26% máis de aloxados, e ao feito de contar cun 4,5% máis de viaxeiros internacionais. Ata o 22 de setembro Con saídas programadas entre o 19 de xullo e o 22 de setembro, percorrerá seis itinerarios que inclúen visitas a diferentes adegas e recursos do patrimonio da comarca como o Castro de San Cibrao da Las, o casco histórico de Ribadavia, Santa María de Castrelo de Miño, o Mosteiro de San Clodio, en Leiro, ou á area termal de Barbantes, entre outros. Varias das visitas contarán con teatralizacións.

O bus percorrerá seis itinerarios que inclúen visitas a diferentes adegas e recursos do patrimonio da comarca

Redacción A Consellería de Política Social vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para aqueles concellos galegos que conten cunha escola infantil (0-3 anos) ou un punto de atención á infancia (PAI) e precisen adecuar ou mellorar estes centros con novos equipamentos, servizos e/ou material educativo. Estas axudas forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN) que está a desenvolver o Goberno galego. A orde deste ano conta cun orzamento superior aos 700.000 euros e o prazo para que os interesados presenten as solicitudes finaliza o vindeiro 10 de agosto. Na pasada convocatoria foron sete centros da

provincia (Avión, Carballeda de Valdeorras, Ramirás, Vilariño de Conso e San Cristovo de Cea, e as escolas infantís de Barbadás e O Barco de Valdeorras) os que resultaron beneficiarios destas axudas cunha achega global de case 135.000 euros. Contía Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros (en réxime de concorrencia competitiva), con independencia do número de centros para os que presente a solicitude. Así mesmo, a contía máxima por cada centro é de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e máis á integración das novas tecnoloxías na aula.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, no punto de atención á infancia de San Cristovo de Cea, beneficiado na convocatoria do pasado ano.


DEPORTES

Club Ourense Baloncesto Redacción Xa se coñece o calendario da LEB Ouro 2018-19. O Club Ourense Baloncesto xogará o primeiro partido da Liga o domingo 7 de outubro na casa do recén ascendido Covirán Granada. O primeiro partido no

Pazo Paco Paz chegará o mércores, 10 de outubro, e enfronte estará outro ascendido: o Real Canoe. A chegada destes dous rivais do COB, nas dúas primeira xornadas, xunto co descenso de ACB de RETAbet Bilbao Basket e de Real Betis Energía Plus, fan deste curso, unha LEB Ouro moi atractiva.

A parella de Boiro, campioa en Oira 4 No torneo galego de volei praia en cadetes e infantís. Redacción O Club Boiro Voleibol repetiu triunfo no torneo galego da categoría cadete feminina na que participaron as mellores parellas do volei praia galego no recinto deportivo de Oira. Na final impuxéronse Lucía Rodríguez e Lidia Figueira repetindo o triunfo da xornada anterior na categoría infantil. Estas grandes promesas do voleibol galego impuxéronse na final á parella do Voley praia Vigo, as xemelgas Catalina e Natalia Marín por 21-11 e 21-17. Nesta competición cadete participaron 14 parellas de toda Galicia con representación de clubs das catro provincias galegas e no que tamén houbo represen-

tantes ourensás con tres parellas, dous equipos do Sousas Oira Praia (Nahomy Lora-Noa Teixeiro e Nerea Pérez-Claudia González) e outro do Club Ourense Volei Praia (Xiana Cid - Uma Cibeira). Agosto Os torneos de volei praia volverán a Oira en agosto seguindo o “Circuíto Sousas Oira Praia” coa disputa de dous torneos senior (tanto en categoría masculina como feminina) que se celebrarán o sábado 4 e domingo 5 e o sábado 11 e domingo 12 de agosto. Posteriormente o club Milenio organizará torneos para os nenos da súa escola e as categorias bases que desexen anotarse.

A parella gañadora -Lucía Rodríguez e Lidia Figueiraxunto ao alcalde de Ourense.

Fichaxes O club Ourense Termal estase movendo máis rápido que nas últimas campañas. Conta xa con tres xogadores que deben ser piares básicos na estrutura do equipo. O primeiro en renovar foi o adestrador xunto ao seu equipo técnico. O adestrador, Gonzalo García de Vitoria, o primeiro que fixo foi atar a

dúas pezas fundamentais do ano pasado: Rozitis e Zamora. E depois fichou a Sergio Rodríguez, un tres desexado polo técnico ourensán. Desde o club están na procura de máis xogadores. Primeiro buscarán puntais e logo ir rematando unha plantilla que tentará ser o máis competitiva posible.

Barrios 24 de xullo 2018

19

Rozitis continuará un ano máis no COB. /ARQUIVO.


20

Barrios 24 de xullo 2018

DEPORTES

EN BREVE 4 Ximnasia Santarem (Portugal) acolleu unha nova edición da Internacional Scalabiscup de ximnasia de trampolín. O Club Ximnasia Pavillón trouxo tres ouros (equipo sub 13 en trampolín e dobre minitramp, e Marta Rodríguez en dobre minitramp) e un bronce da propia Marta Rodríguez e de Nicolás Cid en trampolín.

4 Hípica

O hipódromo de Antela acolle do 23 ao 27 de xullo un curso de verán de manexo e coidado do cabalo. Información no teléfono 661 719 170.

4Atletismo O sábado, 28 de xullo, Baños de Molgas celebra a súa 11ª carreira popular. As inscricións pódense realizar na web championchipnorte.com ata o vindeiro 26 de xullo. A primeira proba en disputarse será a dos pitufos, ás 19 horas, e rematará coa absoluta sobre as 20 horas.

Integrantes do CNPO desprazados a Reus.

O CNPO trea 22 medallas de Reus 4 Logrounas no campionato de España máster. Redacción Unha expedición do Club Natación Pabellón Ourense, de categoría máster, acudiu ao campionato de España de na-

tación máster celebrado en Reus (Tarragona) entre o 5 e o 8 de xullo. Os ourensáns lograron 22 medallas sendo 12 de ouro, sete de prata e tres de bronce. Isto valeulle para

clasificarse, por conxuntos, no posto 11º de 127 clubs participantes na clasificación conxunta. Maite García Colomo bateu a marca de España en 200 costas e conseguiu cinco medallas de ouro. Cristina García Colomo conseguiu dous ouros e dous bronces. Tamén contribuíu na puntuación Teresa Pérez. A participación masculina estaba encabezada por Carlos García Colomo logrando dous ouros e dúas pratas; Antonio García Colomo, unha prata e un bronce. Completaron o equipo masculino, Manuel García Colomo, Javier Colomo García, J. Ignacio García Colomo e Ángel Blanco. Nos relevos mixtos conseguíronse dúas medallas de ouro e dúas de prata. Mentres que en relevos masculino foron unha de ouro e dúas pratas.

Iván Salgado e Yudania Hernández convocados coa selección de xadrez 4 Para a XLIII Olimpiada de Georgia. Redacción A Federación Española de Xadrez vén de facer pública a convocatoria da selección española, masculina e feminina, que acudirá á 43ª olimpíada de xadrez, en Batumi (Xeorxia) a partir do próximo 23 de setembro e ata o 6 de outubro. O Club Deportivo Xadrez Ourense aporta dous xadrecistas á selección olímpica; trátase de Iván Salgado e Yudania Hernández. O club ourensán sobe un novo chanzo como

club de referencia no panorama nacional, ao non existir ningún outro club de España con maior achega para o combinado olímpico, formado por un total de 10 xadrecistas e onde o club da nosa cidade achega un 20% dos seus intengrantes. Nacional Proximamente (a partir do 13 de agosto), Iván e Yudania (entre outros xadrecistas), formarán parte do equipo de Xadrez Ourense que viaxará ao campionato de España de clubs, en Linares (Xaén).

4Duatlón O Concello de Celanova organiza para o 28 de xullo o VI dúatlón cros Vila de Celanova. Os participantes deberán percorrer 7 quilómetros a pé, 20 km en bici de montaña e outros 3,5 km a pé. A saída terá lugar ás 19 horas.

4Ciclismo Baños de Molgas acolle o día 29 de xullo o campionato nacional estatal e de España de ciclismo.

Participantes do curso de taichi na rúa que se celebra no xardín do Posio.

Taichi na rúa Por 34º ano consecutivo Ourense celebra o curso de taichi na rúa. Arredor de 100 persoas xúntanse no xardín do Posío -de luns a venres, de 8 a 9 da mañá- para participar neste curso impartido polo mestre José Gago, que mostra a súa experiencia no mundo desta arte oriental. O curso remata o venres, 27 de xullo. Non fai falta anotarse nin seguilo todos os días; pódese participar calquera día.

Arriba, Iván Salgado, e a abaixo, Yudaina Hernández.


OCIO E CULTURA

Carlos Núñez e Manuel Baltar na presentación.

Carlos Núñez trae a Ourense a xira “Lugares máxicos” 4 Realizará cinco concertos na provincia. R. Torres Carlos Núñez está a percorrer estes días a nosa provincia coa xira “Lugares máxicos”, igual cos emprazamentos onde celebra os seus concertos.

Despois de actuar no mosteiro de Oseira e no templo da Veracruz do Carballiño, a seguinte parada é este martes, 24 de xullo, no mosteiro de Celanova. Regresará no mes de agosto con dúas novas datas: o

sábado dia 4, no castelo de Monterrei e o domingo 5, no mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil. Na presentación na que estivo o propio artista xunto ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, como colaborador deste proxecto, o propio Carlos Núñez animou a que a xente acuda aos concertos xa que son “moi divertidos e nos que faremos un percorrido por mil anos de música”. Para o presidente da Deputación estes concertos son “un acontecemento musical máxico polos lugares e polo protagonista”, ademáis de agradecer “a aposta de Carlos Núñez por Ourense, un artista que utiliza a música como elemento de comunicación interxeneracional e internacional” “Acto de amor” Carlos Núñez dixo que esta xira “é un acto de amor polo país” e remarcou a importancia da música tradicional como “chave para darlle vida á historia e as músicas medievais”.

O gaiteiro, agradeceu o apoio da Deputación e de Ourense “para poder tocar en cinco lugares máxicos, nos que cada un inspira unha música”, asegurou, subliñando que nesta serie de concertos “soarán músicas medievais, renacentistas, barrocas, galegas e tamén as últimas colaboracións que fixemos co mundo do cine”. Núñez lembrou que os concertos do ano pasado, tamén co apoio da Deputación, “foron unha experiencia tan marabillosa que fixo que este ano abrísemos o abano para facer nove concertos por toda Galicia, animando á xente a que visite estes lugares incribles que temos na nosa terra”.

O último concerto na provincia será o 5 de agosto no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de sil

Barrios 24 de xullo 2018

21

Domingos con baile para maiores 4No parque municipal do Carballiño. Redacción A concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade de Carballiño, que coordina Marina Ortega, programou unha nova edición dos “Bailes para Maiores” no parque municipal, que se desenvolverán durante sete domingos os meses de xullo e agosto. Tralos pases destes domingos anteriores, días 8,

15 e 22 de xullo, as verbenas, que estarán amenizadas por dúos musicais, repetiránse o domingo 29 de xullo, e 5, 19 e 26 de agosto na pista do kiosko do fondo do parque, en horario de 19 a 21 horas. Esta actividade enmárcase no programa de ocio para a xente maior, co obxectivo de crear un lugar de encontro e promover o divertimento a través da música e do baile

A pista do kiosko será o lugar do baile.


22

Barrios 24 de xullo 2018

4AXENDA - Exposicións - Ata o 25 de xullo “Propostas para unha colección: Interiores” (VV. AA.) - Galería de Arte Marisa Marimón (Ourense) - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Música - 26 de xullo - Concerto de “Happy Gospel” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 30 de xullo -Jam Session Rock - 22 h. - Café Cultural Auriense - 2 de agosto - Concerto de “Fanfarria Taquikardia” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 9 de agosto - Concerto de “A banda da loba” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 16 de agosto - Concerto do “Trío Siboney” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) Deportes - 28 de xullo - VI Dúatlon Cross Vila de Celanova - 19 h - Celanova - 28 de xullo - “Holi Pulpo Run and Fest 2018” - 17 h. - O Carballiño - 28 de xullo - Canón do Sil - Andaina Ruta baixo a lúa chea 2018 - 20.30 h. Parada de Sil - 28 de xullo - XI Carreira Popular San Salvador - 19 h. - Baños de Molgas - 28 de xullo - IV Laroucofest Andaina e Trail - 9 h. - Baltar - 28 e 29 de xullo - Campionato de Doma Clásica Hipódromo de Antela - 29 de xullo - Campionato de España de Ciclismo 2018 Open - 11 h. - Baños de Molgas - 29 de xullo - Campionato de Pesca Auga Doce - Ourense - 31 de xullo - Ruta de Sendeirismo Familiar - 9 h. - A Pobra de Trives - 4 de agosto - III Andaina Nocturna Foxo do Lobo - 22 h. - Lobios Outros - 24 de xullo - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - 27 e 28 de xullo - “Batucada” - Verín - 12 de agosto - “56 Festa do Pulpo” - O Carballiño www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Ourense accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior, ademais de cinco campos de traballo de diferentes temáticas que ofertan un total de 100 prazas.

A curva da morte Situábase na intersección da actual rúa Vicente Risco coa extinta Avenida do Ferrocarril que, tras salvar o Miño, prolongábase ata a Estación Empalme. Ocupaba, a grosso modo, o espazo onde hoxe se bican a Avenida de Marín e Curros Enríquez. O exceso de velocidade e unha complicada traxectoria, provocaron no lugar unha chea de graves accidentes de tráfico que alimentaron a lenda negra dunha curva

sinalada pola dor. Outubro de 1971, por San Judas Tadeo, cortánse as árbores que circundaban a hoxe centenaria Ponte Nova. Coa foresta marcha parte do maleficio da coñecida como “curva da morte”. Un novo trazado e o paso do tempo, sepultarán un mal recordo que hoxe regresa a nós con corpo de papel. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

A delegada da Xunta no campamento de Entrimo.

A Xunta oferta cinco campamentos de verán 4Para máis de 700 mozos de 9 a 17 anos. Redacción Este ano na provincia de Ourense ofértanse un total de 705 prazas en cinco campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Ademáis, este ano acolle outras actividades

A curva da morte. Ano 1956.

4HUMOR

integradas na campaña de verán para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen nas actividades de conciliación estival e de ocio educativo da campaña de verán, que organiza a Xunta de Galicia. Así, durante os meses de verán ofértanse na provincia de

Visita a Entrimo A delegada da Xunta, Marisol Díaz, visitou o campamento que se desenvolve na instalación xuvenil de Entrimo “Penedos de Xacinto” que en total oferta 400 prazas nos meses de xullo e agosto. Os participantes están a realizar actividades de teatro e aventura, que van desde ensaios de dramatización, técnicas de circo ata tirolina ou escalada. Nesta visita subliñou a aposta da Xunta para mellorar e manter a oferta das actividades incluídas nesta campaña na que o Goberno galego inviste máis de 3,2 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, o que supón un aumento do 8% con respecto á do ano pasado.


CLASIFICADOS / ARTIGOS

Barrios 24 de xullo 2018

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº64 - Ano: XI - 24 de xullo de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Xeración límite Cando subín naquel autobús alí estaba. Hai uns anos a súa propia vida andaba sen guía, á deriva pendente dun fío. Era o conductor da mirada azul, o do sorriso permanente, un rapaz da xeración límite, que gañou a batalla . No percorrido lembrei aqueles mozos do pobo que deixaron marcado con sinais luminosas un camiño cheo de trampas, que nos serviu os que víñamos detrás para non coller os sendeiros escuros que, sen a penas darse conta, eles enfiaron, seguindo os letreiros falsos que levaban cara un pozo profundo e frío. Fuxían os setenta, e os fervorosos anos oitenta entraban coa incertidume da democracia recen parida, e non daba tregua o desenfreo xuvenil nos bares e discotecas de moda na vila . “ Niton`s” e o “Bar Los amigos”, locais de moda, onde daquela facía furor a xolda dun pobo que escomenzaba amosar, as súas maneiras de vila marchosa e onde os domingos, enchíanse as cafeterías e as salas de festas con chavalada de todolos recunchos. Recordo con cariño o “Pepe Chaves” taquilleiro da mítica discoteca “Niton´s”, sabio mestre que un día soltoume “se queres aprender algo… xúntate cos vellos¡¡”. Pepe, habilidoso extremo do Verín C.F

e do Deportivo Chaves entre outros, tamén regateaba con templanza, na porta da discoteca, as acometidas dos mozos que intentaban aforrar os vinte pesos da entrada. Agasalloume con cousiñas que quizais ninguén me contou, e que sen dúbida, quedaronme para sempre. Con naturalidade, fíxo que comprendera temas prohibidos con once anos. Chispeabanlle os olliños cando chegaban os da “xeración límite” como cariñosamente os alcumaba. Eran rapaces nobles, educados, chulos de corazón. Viviron sen pudor, rebeldes, sen mirar atrás, ceibes. Deron renda solta o máis fermoso que ten a xuventude, a inocencia. Os lembro a miúdo, e ainda retumban no meu interior, os sons roqueiros, do xenuino grupo verinense “Estramonio”, premonición, dunha xeración altruista, onde se compartía todo, co fin de gozar das novas sensacións, que xurdían doutros mundos, e que por desgraza, golpearon no corazón deste pobo. Pagaron a penitencia cada un a súa maneira, cargando unha mochila repleta de pedras, coa que tentaron sen sorte, dar volta, nun camiño sen retorno, e que xamais foron quen de facer fronte, e no que, alomenos, deixaron prendidas as luciñas para que nos, os da

seguinte xeración, ollaramos con claridade, a verdadeira faciana do demo, e non emprendéramos un camiño, que nos guiara ao mesmo buraco escuro, onde eles por desgraza cairon. O chofer, o da mirada azul, con xenerosidade, un día, esqueceu por un intre os calafríos e o malestar dunha ansiedade sen límites, e contoume con pelos e sinais, sen deixar nada dentro, como as gasta o maldito demo cando entra nas entrañas limpas dun inocente. A miúdo, paseo polo meu Verín, e atopome con familiares e amigos da xeración límite, e penso, no sufrimento que pasaron, cando impotentes, ollaron os seus rapaces metidos nun labirinto sen saída. Non paga a pena pensar o por qué. Agora, que o tempo calma os sentimentos, podo contemplar con luz clara, que o meu chofer, o da mirada azul, o do sorriso perpetuo, o que me guía con sixilo, porta con firmeza, a bandeira da victoria, en honor daqueles mozos e mozas que se foron, derrotados, sinxelamente polo infortunio de formar parte, daquela inesquecible e apaixoante, “xeración límite” Miguel A. Prieto “Chitin”

TRABALLO

Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, quere traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.:

686 688 610. Ofrecese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndese piso en Portonovo, céntrico, 3 habitacións, 2 baños, cociña, salón e praza de garaxe. Calefacción. 92 m2 útiles. Preto das praias. Prezo 169.000 eu. Tel. 636 329 524.

Alugo casa de 160 m2 con finca, terraza e piscina en Verín. 190 eu. ao mes. Só xente responsable e con informes. Tel. 606 42 25 43. Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros) Véndese unha casa para reformar pola estrada de Santiago e alúgase oficina exterior en rúa Progreso, económica, 50 m2. Tel 672 089 349. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turismo. Tel 988 25 59 63.

VENDAS

Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Véndese bicicleta, un sofá 3+2 e caldeira de calefacción. Tel 672 089 349.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


24

Barrios 24 de xullo 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook