Entrevista a Cristina Cid, nova alcaldesa do Concello de Allariz [Páx. 3]
CIDADE
Páx.2
Rexeitada a moción de censura de DO contra o alcalde de Ourense
XINZO
Páx.10
Medio Rural quere mellorar as contratacións de seguros da pataca
ALLARIZ
Páx.13
Axudas da Xunta de Galicia para Allariz e Xinzo de 1,7 millóns de euros
CELANOVA
Pax.14
Un traballo repasará 40 anos de eleccións municipais en Celanova
CULTURA
Páx. 21
A II edición do Piano Meeting voltará ás rúas ourensás en setembro
Celanova acolleu unhas xornadas sobre emigración [Páx. 14]
En moto, cero alcohol
Festas de Santa Mariña en Xinzo
[Páx. 4]
[Páx. 12]
Pasou por Ourense a campaña “Na estrada, cerveza SEN”. // O auditorio de Celanova reuniu a retornados de Venezuela. // Xinzo en festas, do 17 ao 22 de xullo. /RAMSÉS.
Número: 63 - Ano: XI - 12 de xullo de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 12 de xullo 2018
TEMA DA SEMANA
Rexeitada a moción de censura de A oposición esixe a aprobación DO contra o alcalde de Ourense 4 PP, PSOE e OUeC votaron en contra da proposta de Jácome, que o incluía como sustituto de Jesús Vázquez.
4 A intención do PP é facelo mediante xunta de goberno.
Redacción O pasado 5 de xullo o Concello de Ourense acolleu un pleno extraordinario que tiña como obxecto a moción de censura iniciada por Democracia Orensana contra o rexedor municipal Jesús Vázquez, na que se propuña como candidato a alcalde o líder da formación Gonzalo Jácome. Pero tanto PP, como PSOE e OUeC votaron en contra. Coñecendo o rexeitamento dos demais grupos, durante a súa intervención Jácome cargou principalmente contra os socialistas, cuxos votos eran suficientes para sacar adiante esta moción de censura. Segundo o voceiro de DO non os apoiaron porque “non terían a alcaldía”, destacando que a única preocupación do PSOE son “os seus intereses electorais, non os cidadáns”. Ademais, insistiu en non entender esta decisión dos socialistas se a cambio DO lles ofrecía varias concellerías, entre elas as de Servizos Sociais e Infraestruturas, como consecuencia das numerosas críticas do PSOE tanto á edil Sofía Godoy como ao plan de inversións do actual goberno
Jácome propúxolle ao alcalde que dimitiran ambos
provisional do PXOM en pleno Redacción
No pleno extraordinario non faltou o cruce de acusasións entre os disintos partidos da corporación municipal./I.OSORIO. popular. Así mesmo, Jácome tamén foi crítico con Ourense en Común por “manter a un alcalde do PP, por unha cuestión contra a miña persoa, sen ter en conta os intereses xerais da cidadanía”. Pero, sen dúbida, un dos momentos máis destacados foi cando o voceiro de DO lle propuxo a Jesús Vázquez a demisión de ambos. “Se vostede dimite, eu tamén, e garantiza así a aprobación dos orzamentos”. Pero non houbo resposta do popular, que non interviu en ningún momento da sesión extraordinaria. Si o fixo despois, calificando de
“esperpento” todo o acontecido no salón de plenos. OUeC, PSOE e PP O voceiro de Ourense en Común foi claro na súa postura e tildou de “obsesivo” a insistencia de Gonzalo Jácome en canto a esta moción de censura. Ademais, xustificou que o seu grupo votase en contra porque “non compartiríamos un goberno con alguén que está nas antípodas, que non comparta uns principios básicos”, sentenciou. Pola súa banda, o socialista Vázquez Barquero lamentou que Jácome leve “anos criticando, insultan-
do e faltando ao respeto a todos os grupos e se estás hoxe aquí non é para censurar ao alcalde, senón á oposición, en concreto ó PSOE”. Finalmente, por parte do PP expresouse o seu voceiro José Araújo, que lembrou o rexeitamento de Jácome fai só unhas semanas a unha cuestión de confianza plantexada polo PP para lograr a aprobación dos orzamentos municipais. Naquel momento “daba lugar a debater unha moción de censura e non quixo porque non lle interesa a cidade, só asfixiar ao goberno”, concluíu.
PSOE e OUeC veñen de apoiar unha moción que DO presentou no pleno deste mes de xullo para reclamar aos populares a aprobación provisional do PXOM mediante sesión plenaria, fronte á intención do goberno de Jesús Vázquez de facelo en xunta de goberno local. A decisión segue a depender do PP, xa que o resultados das mocións non son vinculantes. Ao respecto, o edil de Urbanismo, José Cudeiro, explicou que a aprobación continuará pola vía da xunta de goberno, aludindo a informes técnicos, entre os que non se atopa o do secretario do Concello, que deixou clara a viabilidade desta aprobación en sesión ple-
naria. De todos os xeitos, Cudeiro insistiu en que o paso é só “un trámite”, xa que “será o pleno o que teña que aprobar o PXOM definitivamente”. Como consecuencia Jácome acusa ao PP de realizar unha “trampa” porque “non lle gusta o informe do secretario”; e de reclamar un consenso coa oposición que en realidade non leva á práctica na procura “dos sus propios intereses”. Pola súa banda, o voceiro de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, denunciou que o plan do PP “é o que queren os especuladores”, tildando de “cambiazo” as sustanciais modificacións realizadas polos populares sobre o documento acordado en 2013 entre PSOE e BNG.
Gonzalo Jácome, voceiro de DO./ARQUIVO.
ENTREVISTA
Barrios 12 de xullo 2018
ENTREVISTA A CRISTINA CID, ALCALDESA DE ALLARIZ
Cristina Cid: “Afronto o cargo coa tranquilidade de que seguimos sendo o mesmo equipo” 4 Falamos con Cristina Cid, que ven de estrearse como alcaldesa de Allariz trala renuncia de Francisco García e que será a candidata do BNG nas vindeira eleccións municipais. R. Torres Cristina Cid é do núcleo forte do BNG de Allariz e seguindo a liña de unidade do partido no municipio o pasado 22 de xuño tomou o relevo de Francisco García como alcaldesa. Cid, que destacou nos últimos tempos polo seu gran traballo no desenrolo do comercio e o turismo do concello, confesa que inicia esta nova etapa “con ilusión, pero con vertixe”. Cando lle comunicou o ex alcalde que deixaba o seu cargo? Cristina Cid: “Era algo que xa o tiñamos falado un par de meses antes da súa renuncia. Xa dixera ao grupo de goberno a súa intención de non continuar; non se veía ao fronte do Concello nesta última etapa porque xa anunciara que non se ía presentar á reelección. Ademais, necesitaba reaxustar a súa vida persoal e precisaba duns plazos necesarios. Así que había que iniciar o relevo”. Agardaba que non rematara o mandato? C.C.: “Nos últimos seis meses el xa nos tiña adiantado algo de que comezaba a ver complicado rematar este mandato. Entón, tampouco pillounos por sorpresa. El pensaba que estaríamos en campaña electoral
Como afronta esta etapa como alcaldesa? C.C.: “Pois con moita ilusión e con moita resposabilidade. Afrontar un reto coma este despois de estar na alcaldía Anxo Quintana e Paco García é unha responsabilidade moi importante. Pero sempre dixemos que as persoas eran importantes pero que, sobre todo, o importante era o equipo; e nese sense estou tranquila porque o grupo de goberno coñece perfectamente o traballo que está facendo, cales son os obxectivos marcados non só no 2015, senon desde moitos anos atrás. E ten claro cales son os éxitos dese proxecto e cales os novos retos. Así que, con ilusión e responsabilidade, pero coa tranquilidade de que seguimos sendo o mesmo equipo”.
varios meses e que podería atoparse un pouco desubicado nese papel”. Como se decidiu que vostede fose a sucesora? C.C.: “Abrimos un debate sobre quen debía ser a persoa que continuara á fronte tendo en conta que haberá unhas eleccións municipais e o partido tiña que elexir quen será o seu candidato. O grupo de goberno fixo a proposta de que fora eu e elevar ao grupo do BNG que ademais de ser eu a alcaldesa nos próximos meses tamén fora eu a candidata para as vindeiras eleccións. Tanto a nivel local coma comarcal houbo reunións para tomar esa decisión; eu celebro que sexa por unanimidade en ámbolos dous casos”. Que legado deixa Paco en Allariz? C.C.: “Deixa un legado máis que importante. Un dato obxectivo son as infraestruturas e os servizos existentes. Ademais, deixa ese sentimento de orgullo dos veciños. Ese orgullo de pertenza que fai que as diferentes xeracións desde que se iniciou o proceso revolucionario do 89 non só manteñan ese orgullo por Allariz se non que incluso se ten incrementado. E niso o traballo de Paco foi fundamental; en todas as súas actuacións mostrou ese
Cristina Cid, nova alcaldesa de Allariz, será a candidata do BNG para as vindeira eleccións municipais. orgullo alaricano. E iso dícese fóra, algúns dicen que somos algo chauvinistas. Está claro que Paco destacou nos diferentes ámbitos, a través de tradicións coma a Festa do Boi ou dos servizos postos en marcha como servizo público no que tanto creu e tanto defendeu, el fixo que ese orgullo se ensalce para respetalo e defendelo”. Que sensación tivo cando colleu o bastón de
mando? C.C.: “De ilusión pero vertixe. O pleno que foi moi emotivo e festivo. Foi un xoves, e o venres cando pisei o despacho que ocupo agora invadiume unha sensación de responsabilidade moi importante. Os primeiros días equivocábame e volvía ao meu. A responsabilidade é grande pero temos un persoal no Concello magnífico que me arropou en todo momento”.
“A cirurxía
Que proxectos prioritarios ten ata que remate este mandato? C.C.: “Queremos rematar a tramitación urbanística para a construción dun auditorio en Allariz. Servirá como recinto feiral e acollerá os eventos que estamos a realizar e incluso algunha petición que temos de actividades que requiren un aforo maior do que temos agora mesmo. É complexa pero agardamos poder concluila cando remate o ano co consenso da corporación e polo tanto que
no próximo mandato se nos permita estar na redacción do proxecto e na procura de financiación para poder facelo realidade. Para setembro queremos ter todo rematado para presentar na Xunta toda a documentación desta proposta. Outro obxectivo que nos marcamos é incrementar a calidade de vida potenciando a participación veciñal; queremos destinar partidas orzamentais para decisións que se poidan tomar no ámbito veciñal, e quereríamos tamén implicar aos máis cativos a través dun consello de nenos para que eles teñan as súas propias reunións, plenos e poidan tomar decisións que vaian destinadas a eles”. Cal sería o proxecto que lle fai especial ilusión desenvolver en Allariz nun posible próximo mandato? C.C.: “Cóstame decir un, pero sería aumentar o número de superficies agrarias e forestais que están en estado de abandono que as podamos ver producir non soamente na agricultura se non tamén en gandeiría, como a cría de carne de boi, que son obxectivos estratéxicos. Necesitamos que o noso rural estea producindo. Quero mirar, dentro dun anos, cara eses rural e quero velo producir”.
Barrios 12 de xullo 2018
CIDADE
EN BREVE
Aprendendo a tradición galega no “Escolas abertas”
4 Moteiros solidarios Moteiros solidarios Galicia celebra a súa reunión anual este sábado, 14 de xullo. Quedarán en Pena Trevinca, nº 12, para despois facer unha ruta ata a hora do xantar que terá lugar no restaurante Bbikalla de San Cibrao das Viñas. O xantar está aberto a todo aquel que queira compartir mesa e mantel cos moteiros.
4Ourense en Común Ourense en Común presenta ao goberno unha proposta “cara a recuperación ambiental do Barbaña”. Coa colaboración dun equipo da Universidade para elaborar un estudo en oito puntos do Río Barbaña. A proposición contaría cun orzamento de 4.000 euros.
4Democracia Ourensana Democracia Ourensana levará ao pleno do 27 de xullo da deputación, a proposta de construcción dun parque acuático en Ourense cidade. Ademais pedirán que sexa a Xunta a que financie a obra.
4Avenida de Portugal Os veciños da avenida de Portugal presentan no Rexistro do Concello de Ourense, 737 sinaturas reivindicando distintas melloras na zona como a poda das árbores, reparación da rede de saneamento e do firme da rúa, reforma de beirarrúas e iluminación e novo mobilario; ademais piden unha maior frecuencia do bus urbano.
4 O Centro Residencial Docente acolle este programa ata o día 24. Redacción A campaña “Na estrada, cervexa SEN” ao seu paso por Ourense. /RAMSÉS.
Os moteiros apostan por “Na estrada, cervexa sen” 4 O Concello sumouse á campaña. R. Torres O Concello de Ourense acolleu este mércores, 11 de xullo, a un grupo de seis moteiros a lombos das súas Harley Davidson que están a percorrer toda España coma embaixadores do programa “Na estrada, cervexa SEN”. Unha proposta para concienciar sobre a incompatibilidade de alcohol e condución posta en marcha -hai xa 18 anos- por Cerveceiros de España e que conta co apoio da Dirección Xeral de Tráfico. Á presentación desta campaña en Ourense asistiron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e David Llorente, Xefe Provincial de Tráfico, ademais de representantes da asociación Stop Accidentes.
Os seis moteiros percorrerán, durante o mes de xullo, 4.700 quilómetros e 19 cidades. Na cidade das Burgas animaron aos ourensáns a non beber alcohol cando vaian conducir este verán. Instalaron a súa caravana na praza do Bispo Cesáreo como punto de información para os cidadáns. Neste espazo tamén se entregaron invitacións a cervexa sen alcohol nos locais de hostalería da zona a todos os visitantes maiores de idade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez considerou que esta campaña “ten que ser unha chamada de atención” para que os cidadáns interioricen que “un condutor comprometido é a mellor opción para pór fin a sucesos nos que o alcol está a truncar vidas nas nosas estradas”. Pola súa banda, o moteiro e portavoz da campaña, Ramón Pradera, insistiu na
necesidade de “que todo o mundo se percate de que a única combinación posible ao volante é non consumir nin gota de alcohol”. Bicis Coma novidade, e para recordar que esta campaña está dirixida a todos os condutores, independentemente do vehículo que conduzan, a mensaxe esténdese tamén á condución de bicicletas dentro do ámbito urbano.
Os seis moteiros percorrerán durante xullo 4.700 km e 19 cidades para concienciar de non consumir alcohol na estrada
O Centro Residencial Docente de Ourense (CRD) será a sede, ata o vindeiro 24 de xullo do programa “Escolas abertas 2018. Participan un total de 70 formadores de América, España e Suíza. O programa permite a formadores das distintas comunidades galegas do mundo que melloren a súa capacitación a través do reforzo e actualización dos seus coñecementos. Os obradoiros que se imparten, tradicionalemente, son de gaita, baile, percusión, canto popular e pandeireta e confección do traxe tradicional galego; este ano súmase o de “habilida-
des directivas” para reforzar aspectos fundamentais á hora de asumir a xestión das comunidades galegas no exterior. Visita No primeiro día da escola recibiron a visita do secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, que ademais de dar a benvida quixo animalos a “espremer todos os coñecementos sobre a cultura e a realidade galega que poidan adquirir” durante a súa estadía para logo “exportalos aos seus países de destino”.
O programa permite reforzar o coñecemento sobre Galicia
Foto de familia dos alumnos que participan no programa “Escolas Abertas 2018” xunto con docentes, responsables do centro e representantes da Xunta . /M. REJO.
CIDADE
Melloras do Camiño en Seixalbo
Nos colexios de Ourense, ‘zona 30’
4 O Parlamento aprobounas a petición do BNG.
4 O Concello mellora a sinalización na contorna dos centros educativos.
Redacción O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei, do Bloque Nacionalista Galego, para levar a cabo melloras na sinalización do camiño de Santiago ao seu paso por Seixalbo así como outra serie de obras de acondicionamento reclamadas pola veciñanza deste barrio ourensán. A proposta nacionalista que foi defendida pola deputada ourensán, Noa Presas do Bloque, e que recibiu aportacións doutros grupos da Cámara, inclúe tres puntos. En primeiro lugar, acometer segundo Plan Director do Camiño de Santiago
a mellora da sinalización da Vía da Prata, no que tamén estará incluído o núcleo de Seixalbo prevista para o ano 2019. En segundo lugar, executar a mellora na estrada OU-105 en Seixalbo, con especial atención ao paso por debaixo da ponte da vía do tren. É, finalmente, un recordatorio ao Concello de Ourense das súas obrigas a respecto dos desbroces e limpeza de maleza.
Noa Presas, do BNG.
Redacción
los Campos.
O Concello de Ourense mellora a sinalización na contorna de colexios con sinais de ‘zona 30’ para avanzar na seguridade viaria. Para iso, colocou sinalización relativa ás zonas delimitadas a 30 km/h, así como bandas sonoras para reducir á velocidade. “Estas melloras axudarán a reducir a velocidade no núcleo urbano, evitando o risco de atropelos e garantindo a seguridade en zonas especialmente sensibles, coma a contorna dos centros educativos”, sinalaba o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, Car-
Centros Os 12 centros educativos que xa dispoñen desta sinalización (horizontal, vertical e bandas) son os CEIP Vistahermosa, Amadeo Rodríguez Barroso,
Manuel Sueiro, Covadonga – Eiroás, O Couto, A Ponte, Albino Núñez, e Manuel Luís Acuña; os CPR Divino Maestro, Padre Feijóo – Zorelle; o CPI José García García - Mende, e o IES Xulio Prieto Nespereira. Os seguintes en contar con elas serán os CPR María Auxiliadora – Salesianos, Santa María – Maristas, Divina Pastora Franciscanas, San Pío X, San José - Josefinas, Santa Teresa de Jesús – Carmelitas; e os CEIP Irmáns Villar, Curros Enríquez, A Ponte, Manuel Luís Acuña e Mestre Vide.
Barrios 12 de xullo 2018
EN BREVE 4 A VV Miño Desde a Asociación de Veciños Miño denuncian que o alcalde, Jesús Vázquez, non ten “interese en reunirse coa agrupación”. A Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e a Periferia “Miño” que integra a máis de 20 AAVV, solicitou con caracter urxente unha reunión fai mes e medio sen que recibira ningunha resposta por parte da alcaldía. A urxencia da reunión débese á necesaria negociación entre Goberno e oposición para sacar adiante en pleno modificación de crédito imprescindible para poder seguir executando o Plan de Investimentos.
4 Desratización
Nova sinalización xunto ao colexio Amadeo Barroso.
O Concello de Ourense ten en marcha, desde este mes, un plan de choque para a desratización e desinsectación nos parques e zonas públicas da cidade.
Barrios 12 de xullo 2018
CIDADE
EN BREVE
Luis Seara, candidato do BNG en Ourense
4 Concilia verán Comeza o programa ‘Concilia Verán’, coa participación de 400 nenos e nenas de 4 a 12 anos da cidade de Ourense. Levaranse a cabo durante os meses de xullo e agosto na Aula da Natureza de Oira, nas Bibliotecas Públicas Municipais e en catro CEIPS: O Couto, Amadeo Rodríguez Barroso, Prácticas e Curros Enríquez.
4 Para as eleccións municipais 2019. Redacción
4Refuxiados O Concello e Cruz Roja traballan para coordinar a chegada de persoas refuxiadas no momento en que así o determine o Goberno Central. Hoxe en día, Ourense forma parte da Rede Española de Cidades Acolledoras de Persoas Refuxiadas da FEMP e na actualidade residen na cidade catro familias de Siria, Armenia, Venezuela e Ucrania, cun total de 10 nenos e nenas.
4Rozas A limpeza de accesos ás localidades do perímetro urbano e as rozas de seguridade a ambos lados das vías públicas están a ser as actuacións prioritarias do Concello de Ourense neste mes de xullo. Os traballadores están a realizar labores de limpeza e rozas na contorna urbana, que é a zona de maior risco pola posibilidade de lumes forestais coa chegada do período estival. Ciudadanos, pola súa banda, pide ao alcalde de Ourense que cumpra coa legalidade e se preocupe porque todas as leiras, dentro e fóra da cidade, estean libres de maleza.
Clausura do obradoiro de emprego “Ribeiras do Barbaña”.
O obradoiro “Ribeiras do Barbaña” formou a vinte desempregados 4 A súa actividade centrouse na mellora das ribeira do Barbaña e Barbañica. Redacción A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, e o alcalde, Jesús Vázquez, participaron na clausura desta iniciativa de emprego que supuxo un investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 280.000 euros. O alumnado levou a cabo traballos de acondicionamento do paseo e zonas verdes ao longo de 6,6 quilómetros dende a rúa Presa ata o límite co concello de Barbadás Esta iniciativa formou aos alumnos e alumnas nas especialidades de
actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización; e, por último, traballos de carpintaría e moble. Ao longo dos meses que durou o obradoiro o alumnado desenvolveu traballos de acondicionamento do paseo e zonas verdes das ribeiras dos ríos Barbaña e Barbañica.
30 anos, dous programas que se porán en marcha no mes de setembro e cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia. Pola súa banda, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade tamén ampliarán a duración de seis a nove meses.
Nova convocatoria O pasado luns rematou o prazo de solicitudes para a nova convocatoria de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de
A lonxitude da actuación é de 3,3 quilómetros en cada marxe dos ríos
Luis Seara será o candidato do BNG en Ourense para as municipais 2019. A asemblea local do BNG ourensán designou a Xosé Luis Seara, Ruth Marina Reza, Xosé Manuel Puga, Alba Sánchez Nieto, Xosé Diz Romay e Stella González como integrantes do primeiro tramo da candidatura que a formación nacionalista presentará en Ourense. Xunto ao nacionalista estará acompañado de experiencia e renovación nos primeiros postos da lista. Os integrantes da lista aprobada, agradeceron a confianza depositada e anunciaron que van traballar como un tándem ata a data dos comicios, perfilando o proxecto de cidade co que van pedir a confianza dos oruensáns. Seara dirixiuse á militancia para pedir o seu esforzo. “Hoxe pomos o contador a cero e iniciamos a conta atrás para voltar ao concello con forza e ser
determinantes na configuración do proximo goberno municipal” aseguraba o cabeza de lista. “Temos unha tarefa ardua durante estes meses, hai que sumar adeptos á causa, falar con todo o mundo para que se incorporen ao proxecto do BNG”, dicia Seara. Seara insistiu ante a militancia en que “para facer de Ourense esa cidade de referencia non hai que estar mirando ou imitando a outros. Chega con saber ver e mobilizar toda a potencia, a capacidade e os recursos que Ourense ten, en favor dun proxecto compartido de cidade”. Nesta liña explicou que “a cidade que nós queremos constrúese a favor de si mesma, a partir do mellor da súa propia tradición.
“Temos unha tarefa ardua durante estes meses, hai que sumar adeptos”
O BNG de Ourense con Luis Seara no centro.
PUBLICIDADE
Barrios 12 de xullo 2018
Barrios 12 de xullo 2018
EMPRESAS / BARBADÁS
Clínica Teknos, sempre á vangarda da tecnoloxía 4 Borja Pérez Serrano é o seu director. Redacción Borja Pérez Serrano, director de Clinica Teknos desde 2006, ten un extenso currículum que o converte na mellor opción para tratar problemas nos pés. Podólogo pola Universidade Alfonso X o Sabio de Madrid, Especialista en Podoloxía Médico-Cirúrxica pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Podoloxía Clínica e Cirúrxica Avanzada pola Universidade Europea de Madrid. Conta con varias especializacións profesionais en cirurxía do pé polo New York College of Podoatric Medicine. Residente en East Valley Foot and Ankle center, clínica de referencia na cirurxía do pé e nocello en USA. Director de instalacións de radiodiagnóstico, entre outras formacións complementarias. Foi tamén director de Formación Continua do Colexio de Podólogos de Galicia desde 2011 ata 2015 que pasa a ser Presidente da entidade. É membro da Sociedade Española de Cirurxía Podolóxica e membro da Comisión de Intrusismo do Consello Xeral de Podológos de España.
Borja Pérez Serrano. Ademais da dirección de Teknos, está ao fronte da Unidade de Cirurxía do Pé da Clínica, onde de forma especializada achéganse solucións definitivas a patoloxías e problemas dos pés. A estreita relación que mantén con referencias mundiais na cirurxía do pé, permítelle pór a disposición dos pacientes da súa clínica, as máis modernas técnicas. “Operamos aos pacientes en Ourense coas mesmas técnicas que en Estados Unidos”. En moitas ocasións ofrecen un extenso abanico terapéutico de tratamentos conservadores e cando estes fallan, as máis modernas e depuradas técnicas de cirurxía
do pé. Case a totalidade das intervencións que realizan, permiten ao paciente saír camiñando para a súa casa tras a intervención, co pé operado. Especial coidado dáse aos conceptos de intervencións con nulo ou escasa dor postoperatoria, desterrando a imaxe e a idea de cirurxías traumáticas e dolorosas. “Estamos no século XXI e non é tolerable unha intervención ou postoperatorio dolorosa”. Intervencións Realiza todo tipo de intervencións no pé, desde técnicas minimamente invasivas ata complexos procedementos de cirurxía
reconstructiva para os casos mais complicados, sempre co compromiso de mellorar a vida dos pacientes que acoden ao seu centro. Todo tipo de patoloxías, alteracións no pé, deformidades ou procesos dolorosos pasan por esta unidade, na que ademais de cirurxía ofrecen tratamentos persoais como a ortésis a medida, realización de modernos estudos da marcha, terapias biolóxicas para a dor, tratamentos orientados a paciente xeriátrico, diabético, pediátrico, deportistas, etc.. Xoanetes, dedos en garra ou martelo, uñas encarnadas, fascitis plantar, pés planos, problemas ou dores de apoio, infeccións por fungos e papilomas, son algunhas das mais frecuentes patoloxías ás que fundamentalmente se achega un rigoroso diagnóstico, e para a súa resolución, un abanico terapéutico. A aparatoloxía de última xeración, colabora na realización destes diagnósticos tan precisos, complementando desta forma o labor dos profesionais.
“Estamos no século XXI e non é tolerable unha intervención ou postoperatorio dolorosa”
Reformas no campo do Carrís
4 Concello e Deputación asumirán o cambio do céspede. Redacción Para a execución da obra de substitución do céspede sintético do campo de fútbol dos Carrís da Valenzá a Deputación aportará un total de 218.000 euros mentres que o Concello de Barbadás xa consignou 100.000 euros nos orzamentos aprobados a finais de 2017 para este exercicio. A reforma inclúe a renovación do céspede do campo de fútbol 11 e a dotación de herba artificial para o campo de terra no que adestran os rapaces máis cativos.
Verán Cultural Redacción Todos os xoves de xullo e agosto a partires das 21 h. no Parque dos Patos e no Parque da Solaina da Valenzá baixo o epígrafe “E no verán?... Refréscate coa cultura” achegará un bo número de actuacións. A concelleira Ánxela González Cid, indicanos que “se trata de actuacións variadas, pensadas para todo tipo de público e cun abano amplo de posibilidades”, xa que está
O proxecto de remodelación contempla tamén a execución de obras de acondicionamento nun dos muros do edificio para evitar humidades no interior dos vestiarios. O custo global do proxecto supera os 300.00 euros.
Firma do convenio. concebido “para desfrute de pequenos e grandes e para propios e visitantes”. Tamén convida “a achegarse a Barbadás da man de grandes artistas como Fran Rei e Isabel Risco ou Paco Nogueiras e Verónica Rilo”. Anxela González fai fincapé no feito de que “a programación de verán está pensada para un público familiar, sendo esta unha oportunidade de disfrutar non so da cultura, senon tamén da hospitalidade da nosa xente e do noso comercio e hostelería”.
BARBADÁS
Barbadás presenta a súa App 4 A aplicación ofrece información sobre o Concello. Redacción O Concello de Barbadás vén de presentar a súa aplicación para móbiles. A App ofrece múltiples utilidades de interese para a veciñanza: noticias, axenda, avisos, teléfonos de interese, horario do autobús urbano, mapas, cita previa co médico, o tempo meteorolóxico, axenda cultural e deportiva, ou o acceso á propia páxina web do Concello de Barbadás son algunas das posibilidades que ofrece esta aplicación. Mediante a App e no dispositivo pódese coñecer en tempo real todo tipo
de información relacionada con todo o termo municipal. Incidencias Ademais dispón da posibilidade de transmitir incidencias podendo comunicar todo todo tipo de cuestións relacionadas co mobiliario urbano, tráfico e sinalética, lixo e residuos, pavimentos e sumidoiros, animais e pragas, limpeza e xardinería. Ofrece a posibilidade de ubicar xeograficamente a incidencia para enviala de xeito rápido e sinxelo ao Concello.
App do Concello de Barbadás.
Contra a violencia de xénero, aposta pola prevención 4 E procura de recursos para as vítimas. Redacción O Servizo de Igualdade do Concello de Barbadás acolleu, en xuño, a reunión da mesa de seguemento do protocolo contra a violencia de xénero. Abordáronse temas relativos á prevención e intervención sobre a violencia de xénero, facendo fincapé na importancia da coordinación entre os distintos sectores implicados. Asimesmo, fíxose balance da situación en Barbadás ao tempo que se incidiu na necesidade de seguir traballando, tanto no eido
da prevención como no achegamento de recursos ás vítimas. Acción temperá A edil de igualdade de Barbadás, Anxela González, destacou a importancia de implicar a distintos estamentos institucionais e sociais “porque se trata dunha problemática que é necesario abordar desde distintas perspectivas e porque cada persoa desde o seu ámbito profesional aporta coñecementos específicos, de xeito que acadamos máis ferramentas de loita”.
750.000 euros, para obras de mellora e reforma 4 O diñeiro procede do remanente de tesourería. Redacción O Concello de Bar-
badás aprobou no pleno de xullo utilizar máis de
Barrios 12 de xullo 2018
750.000 euros para obras de mellora e reforma nos vindeiros meses. Esta partida -en realidade son dúas modificacións de crédito de 425.000 e 355.000 euros- vén do remanente de tesourería. A Concellaría de Urbanismos promove os proxectos. Actuacións Entre os proxectos está renovar o alumeado pú-
blico en Parada, reformar o campo do Carril en Sobrado, a travesía das Canibelas en Parada ou a praza do Pomar (Bentraces); mantemento de parques, o recuncho do Centro Ocupacional As Burgas e a zona deportiva infantil de Finca Fierro; acondicionar viales, mellorar a rede de saneamento da avenida de Celanova; ou mesmo a pavimentación en Dámaso Montes (Barbadás).
10
Barrios 12 de xullo 2018
XINZO E COMARCA
EN BREVE
Remata o obradoiro de emprego de Sarreaus
4 Couto Mixto Os presidentes das freguesías portuguesas de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo foron nomeados xuíces honorarios durante a escenificación das reunións que se celebraban antigamente. Precisamente esas tres localidades pasaron á soberanía portuguesa trala firma do Tratado de Lisboa (1868).
4Conservatorio Remataron as obras de entrada ao conservatorio de Xinzo nas que se investiron 7.000 euros. Fíxose un acristalamento que servirá de colleito para os pais e nais que recollan aos seus fillos, e para o acceso de persoas con movilidade reducida.
4Asociación da Pantalla Os membros da directiva da asociación da Pantalla foron recibidos polo alcalde López Casas que estaba acompañado nesta ocasión polos concelleiros de Cultura, Deportes e Urbanismo. O motivo foi o de escoitar propostas e actuacións que van a levar a cabo durante esta próxima tempada, así como coñecer de primeira man as necesidades das mesmas.
4Adegal A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) defende a simbiose da gandeiría e agricultura na Limia como motor económico e social. Informará, nos vindeiros meses, aos colectivos representados da lexislación vixente.
4 Participaron 20 alumnos. Redacción Ángeles Vázquez con produtores de pataca da Limia.
Medio Rural quere mellorar as contratacións de seguros da pataca 4 A conselleira comprometeuse con representantes da Asociación de Produtores de Pataca da Limia. Redacción Representantes da Asociación de Produtores de Pataca da Limia e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuníronse para escoitar as demandas dos primeiros. Así, tras escoitar as peticións realizadas polo presidente desta asociación, Amador Díaz Penín, a titular de Medio Rural comprometeuse a trasladarlle á Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) a necesidade de ampliar a contratación de seguros agrarios neste sector na vindeira reunión da Comisión Territorial de Seguros Agrarios de Galicia. A conselleira insistiu en que é de vital importancia asegurar a produción deste tubérculo, sobre todo nas zonas pro-
Modernización do regadío da Limia 4 Medio Rural destina 1,6 millóns de euros. Redacción Na reunión do Comité de Seguimento de Rega-
díos da Limia o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, destacou que a
dutoras que están inscritas na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia. Ángeles Vázquez trasladoulle a este colectivo que o obxectivo a curto prazo é incrementar o número de pólizas, polo que o seu departamento estudará a liña de seguros para mellorar diferentes aspectos que incentiven a contratación destas pólizas. Ángeles Vázquez destacou o peso deste selo de calidade, que no último ano certificou un total de 7.800 toneladas deste tubérculo. De aí, incidiu, a necesidade de asegurar esa produción para calquera contratempo. A conselleira comprometeuse a crear un grupo de traballo con persoal desta asociación, do consello regulador da IXP e técnicos da consellería para controlar e estudar Consellería de Medio Rural destinará un total de 1,6 millóns de euros para modernizar os regadíos da zona. Desta cantidade, explicou, o 20 por cento será asumido polos regantes. Pérez Dubois sinalou que o proxecto de modernización, o cal estará adecuado á declaración de impacto ambiental que sairá publicada este verán, consiste na construción de
posibles pragas que afecten á produción de pataca, ademais das xa coñecidas. Outros asuntos Na xuntanza, tamén se lle trasladou ao sector que a nova orde de axudas para produtos da horta, froita e do sector ornamental que contempla como beneficiarios os produtores de pataca. A conselleira indicoulles que estas achegas teñen un orzamento de catro millóns de euros para 2018.
O obxectivo, desde a Xunta de Galicia, a curto prazo é incrementar o número de pólizas 20 novos pozos de auga para o subministro das comunidades de San Salvador de Sabucedo, Corno do Monte, Lamas Ganade e Alta Limia. A esta reunión asistiron, entre outros, os alcaldes dos concellos de Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmiras e representantes das catro comunidades de regantes.
Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses en colocación de pedra natural e en actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, grazas ao obradoiro de emprego A Lagoa que compartiron os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio, Trasmiras e Sandiás. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polos alcaldes destes municipios, participou no acto de clausura e entrega de diplomas deste programa mixto de formación e emprego, no que a Xunta investiu 280.000 euros. Os participantes ao
longo dos 9 meses que durou o obradoiro realizaron obras de colocación de pedra natural en distintas infraestruturas dos catro concellos promotores da iniciativa como o Forno de Pazos e a praza do Toural, en Sarreaus; nas fontes de San Fiz e da Franca, emprazadas no concello de Vilar de Barrio; en muros de Chamusiños e Abavides, de Trasmiras; e no centro social de Vilariño das Poldras e na antiga escola de Couso da Limia, no municipio de Sandiás. Ademais, o alumnado tamén desenvolveu actividades auxiliares de aproveitamentos forestais en áreas recreativas, piscinas e parques municipais pertencentes aos catro concellos.
Foto de familia dos participantes do obradoiro.
Innovación en Vilar de Santos 4 A titular de Medio Rural visitou a empresa Carabuñas. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou a explotación da empresa Carabuñas, en Vilar de Santos, un negocio dedicado en exclusiva á elaboración de toda clase de produtos (conservas, licores...) a partir do sabugueiro. Precisamente Ángeles Vázquez destacou o compoñente innovador deste negocio, xa que a partir dun arbusto silvestre tan común en Galicia
creouse toda unha empresa de éxito e alternativa neste Concello ourensán. “Demostra que o rural galego ten moitas posibilidades e que hai demanda noutros sectores máis pequenos que o lácteo ou cárnico”, sinalou a Vázquez. De feito, esta empresa é beneficiaria das axudas para plans de mellora e primeiras incorporacións. Ademais, a consellería colabora con eles para apoiar a súa presenza en diferentes feiras e certames.
PUBLICIDADE
Barrios 12 de xullo 2018
11
12
Barrios 12 de xullo 2018
XINZO E COMARCA
Os cativos de Xinzo de Limia practican deporte na rúa 4 Durante o verán e cando o tempo o permita. Redacción Desde o Concello de Xinzo de Limia están a promover o deporte e o lecer nas rúas da vila. Así, a praza Carlos Casares volve
a ser unha pista polideportiva e de ocio onde haberá cabida para todas as idades. Ademais, poranse normas de uso tanto en idades como en horarios, para que os pequenos podan usalas
Olympus e Kepa Junquera, nas festas de Xinzo 4 Que se celebrarán do 17 ao 22 de xullo. Redacción Do 17 ao 22 de xullo Xinzo de Limia celebra as súas festas patronais, onde a música será a gran protagonista. O martes 17 comezan forte as festas coa actuación da orquestra Olympus (ás 21.30 horas e á unha da madrugada). O mercores, procesión na honra de Santa Mariña (12 horas), ademais do torneo da Chave (18 h na alameda do Toural); teatro infantil (19 h no parque do Toural) e actuación da orquestra Armonía (ás 21.30 e 00.30 h). O xoves 19, festa infantil no parque da Telleira (ás 19 h) e concerto de Kepa Junqueta e Sorginak, ás 22.30 horas na praza Carlos Casares. O venres 20 continuarán a festa infantil e a música con pasarrúas e charangas; ás 22.30 horas chegará a cea popular no parque do
Polígono. O sábado e o domingo, 21 e 22 de xullo, celébrase o IV Festival internacional de bandas de gaitas “Vila de Xinzo” con pasarrúas e actuacións na praza Carlos Casares, alameda do Toural e Campo da Chave. Ademais o sábado, o mago Romarís trae o seu espectáculo á praza Maior a partir das 20.30 horas. Pecha o día a charanga “Nova” na praza Maior, á 1.30 horas. A orquestra Nebraska pecha as festas de Xinzo na Alameda do Toural o domingo 22 ás 21.30 horas e á unha da madrugada. Atraccións A zona de atraccións festivas para os máis cativos estarán instaladas no Largo do Touro durante todas as festas (do 17 ao 22 de xullo) e incluido o luns 23.
A Olympus actuará en Xinzo o martes 17 de xullo.
e os veciños e veciñas non teñan problemas de contaminación acústica despois das 11 da noite. Inversión A finais de xuño aprobouse o proxecto na Xunta de Goberno cun investimento de 15.000 euros. Nos últimos anos víñase instalando unha pista de fútbol 3x3 e dúas canastras de forma “artesanal”; porén este ano o Concello optou pola compra dunha instalación con céspede artificial e dúas canastras para baloncesto. Todo esto terá cabida xunto a unha
zona de descanso. Tres máis Luís M. Gil, concelleiro de Deportes, anunciou outras tres instalacións do mesmo estilo para a zona do Pombal, o polígono e a alameda do Toural. Estas outras tres instalacións están pendentes de orzamento por parte do Concello, pero agarda que sexan unha realidade canto antes. Desta maneira os rapaces e rapazas dos distintos barrios, para a tempada de verán e cando o tempo o permita, poidan practicar deporte, sen terse que des-
prazar ata as instalacións municipais, que dende fai tempo están colapsadas
cos adestramentos das diferentes escolas deportivas e clubs.
As instalacións deportivas na praza Carlos Casares de Xinzo o ano pasado.
ALLARIZ E COMARCA
A Ribeira Sacra e Moaña, presentes no San Bieito 4 As festas patronais de Allariz serán do 12 ao 15 de xullo. Redacción Allariz xa está preparado para celebrar as festas patronais de San Bieito que terán lugar do 12 ao 15 de xullo. A programación ademais de música galega, actividades deportivas e o tradicional espectáculo pirotécnico inclúe unha nova edición das xornadas gastronómicas, no que será protagonista o viño da DO da Ribeira Sacra e os produtos do mar do Concello de Moaña. O xoves, día 12, che-
gará o concerto a cargo da Agrupación Coral Arnoia, na Igrexa de San Bieito. O venres, destaca a xornada gastronómica na Barreira, a partir das 20 horas. O sábado, ademais da verbena terá lugar o desfile de xigantes e cabezudos (11.30 h) e a carreira de obstáculos infantil e familiar (19 horas). As actuacións musicais prolongaranse durante todo o día do domingo 15, para rematar co espectáculo de pirotecnia, ás 00:30h dende o Campo de Vilanova.
A conselleira visitando a iniciativa de Porqueira./R:T.
Axudas de medio rural para Allariz e Xinzo 4 1,7 millón de euros a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou días atrás distintos proxectos postos en marcha polo Grupo de
Desenvolvemento Rural 10, A Limia-Arnoia, cos fondos Leader. En concreto, este GDR recibirá máis de 1,7 millóns de euros en dúas convocatorias destas
achegas, para os períodos 2017/2018 e 2018/2019, dos máis de 10 millóns de euros que lle corresponden á provincia de Ourense. Como explicou a conselleira, Ángeles Vázquez, trátase dun GDR de gran tamaño, xa que está composto por ata 25 concellos de catro comarcas (Terra de Celanova, Allariz-Maceda, A Limia e a Baixa Limia), e moi activo xa que leva a cabo un gran número de proxectos de diferente índole para dinamizar a zona, ata 133 nestas dúas convocatorias. “Merece a pena esta visita para coñecer algunhas das moitas iniciativas postas en marcha a través destes grupo de desenvolvemento rural”, declarou Ángeles Vázquez, e engadiu que a través destas axudas Leader conseguimos “mellores servizos, asentar poboación e crear postos de traballo”.
Barrios 12 de xullo 2018
13
EN BREVE 4 Curso Allariz acollerá, do 11 ao 14 de xullo, o curso de verán “Paisaxes en Produción”. O curso de verán dirixido a estudantes universitarios e alumnos de bacharelato e pequenos empresarios do rural, propón imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía do medio.
4Praza do Matadoiro Unha vez rematada a reforma da praza do Matadoiro deu comezo a súa actividade. E o fixo o sábado, 23 de xuño, co mercado de produtos da Reserva da Biosfera.
14
Barrios 12 de xullo 2018
CELANOVA E COMARCA
EN BREVE
Un traballo repasará 40 anos de eleccións
4 Inclusión socio - laboral O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou o punto de atención para a inclusión socio-laboral. Trátase dunhas dependencias situadas na planta baixa do edificio do Xulgado, no número 4 da Praza de Cervantes. Nelas opera unha técnica do equipo comarcal de inclusión socio-laboral do Consorcio en Barbadás, que fai un seguimento semanal dos usuarios -non só do propio concello de Celanova, senón tamén da súa comarca-, coincidindo cos días nos que se celebra a feira.
4 Taller A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello organiza un taller de ilustración para nenos de entre 12 e 18 anos na Casa dos Poetas. Terá lugar os martes e xoves do mes de xullo cun horario de 11:00 a 13:00 e estará impartido por Katharina Ojea,. Inscrición no teléfono 646026421 ou fundacion@currosenriquez.es.
4Premio O Padroado da Fundación Curros Enríquez, acordou conceder o XXXIV Premio “Celanova, Casa dos Poetas” ó Parlamento de Galicia pola tradicional e estreita relación que esta institución leva mantendo ó longo do tempo coa Fundación Curros Enríquez e con Celanova.
4 Alejandro Mínguez, o autor, busca material.
Xornada formativa sobre emigración e retorno en Celanova.
Os retornados de Venezuela reuníronse en Celanova 4 Para participar nunhas xornadas informativas sobre emigración e retorno. Redacción O Auditorio de Celanova foi o escenario -o sábado, 30 de xuño- dunhas xornadas informativas sobre emigración e retorno, organizadas polo concello de Celanova, a Secretaría Xeral de Emigración, Fevega, a Asociación Cultural Canta Claro e Apejuveg. Participaron, entre outros, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Ante este auditorio, maioritariamente formado por persoas retornadas de Venezuela, unha técnica do Departamento de Emigración informou aos asistentes sobre as diferentes liñas da acción que contempla a Estra-
texia Retorna 2020. Contou, ademais, cunha parte dedicada ao asesoramento e atención individualizada aos venezolanos retornados a cargo dos técnicos da Oficina de Información de Fevega. Retorna 2020 O titular de Emigración destacou a importancia da Estratexia Retorna 2020 que a Xunta de Galicia aprobou recentemente e que conta con medio cento de medidas tanto específicas como transversais, co obxectivo de incrementar nun 50% o número de retornados nos vindeiros anos ata superar os 20.000. O Secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020,
como as Becas Excelencia Mocidade Exterior con mais de 350 solicitantes na convocatoria actual. O responsable autonómico destacou que no último ano incrementouse en 6.696 o numero de galegos residentes en Galicia que naceron no exterior, o que confirma o retorno das novas xeracións descendentes de emigrantes. Ademais, Galicia superou en 6.769 o numero de entradas sobre o de saídas 2.809 persoas en 2016-.
O obxectivo da Xunta é que os retornados superen os 20.000 nos vindeiros anos
Redacción
bloque no que Ferro Iglesias ostenta a alcaldía.
Alejandro Mínguez repasará 40 anos de eleccións municipais en Celanova nun traballo que pretende rematar nos vindeiros meses. Ao longo dos dez mandatos municipais, Celanova tivo seis alcaldes e tres deles acabaron dimitindo por distintas razóns. Un periodo que contou con más de 17 partidos presentados aos comicios locais. O traballo está dividido en tres bloques: o primeiro, que foi o máis convulso politicamente entre 1979 e 1991; o segundo, con Antonio Mouriño como rexedor, e finalmente un terceiro
Información Mínguez pretende rematalo nuns meses e despois decidir se o publica ben nunha revista ou incluso nun pequeno libro. Salienta o feito da escaseza de información “das primeiras corporacións” e incluso o feito de que moitos dos protagonistas “non conserven documentación e non recorden certos datos”, polo que considera de interese que este traballo quede escrito e fai un chamamento aos veciños por se poden aportar sobre todo fotografías, carteis, folletos ou outra información política do periodo.
Alejandro Mínguez, autor do libro.
PUBLICIDADE
Barrios 12 de xullo 2018
15
16
Barrios 12 de xullo 2018
PROVINCIA
O Centro Residencial Docente de Ourense dispón de 198 prazas O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia e de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional). As prazas de residencia (198 en total) están reguladas pola Orde do 24 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) sendo gratuítas no caso de cumprir cos requisitos fixados (non superar o limiar 2 de renda).
Prazos de inscrición Os prazos de inscrición son os seguintes: para Bacharelato, ata o 13 de xullo; para Ciclos Formativos, ata o 8 de agosto; e ademais, un período extraordinario, do 17 ao 28
de setembro. Servizos O alumnado dispón de diferentes servizos (biblioteca escolar, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de televisión, cineforum, atención médica, actividades complementarias, pavillón e pistas deportivas) ademais dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolve-
O Centro Residencial Docente de Ourense. /M. REJO.
mento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Contacto: www.credoourense.es, 988 60 21 65 ou no correo electrónico: credo.ourense@edu. xunta.es.
O alumnado conta cunha atención educativa e apoio
A Xunta amplía o risco de incendios un mes máis 4 Irá de xullo a outubro. Redacción O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, explicaron que a campaña de alto risco de incendios forestais ampliarase un mes máis con respecto a anos anteriores. Así, a contratación das brigadas irá de xullo a outubro. Dispositivo Ademais, este verán estarán cubertas o cen por cen das vacantes do persoal propio da Xunta. Así, Galicia terá un dispositivo composto por uns 7.000 efectivos des-
pregados polo territorio entre medios autonómicos, do Ministerio e municipais. Pero igual de importante, sinalou o director xeral, é a colaboración cidadá á hora de denunciar calquera actividade delitivas e de manter limpas as parcelas e detecta un cambio na implicación da sociedade galega respecto ao problema dos lumes na nosa comunidade.
Fernández - Couto. /R.T.
PROVINCIA
O Consello da Ourensanía propón recuperar o Instituto “Padre Feijóo” 4 Ademais, avaliou diferentes candidaturas para o Premio Ourensanía 2018. Redacción O Consello da Ourensanía, órgano de asesoramento cultural promovido pola Deputación de Ourense, acordou promover a recuperación do Instituto de Estudos e Cultura “Padre Feijóo”, unha entidade que xa existira hai décadas, dependente da propia Deputación de Ourense, sendo director da sección de Humanidades Juan Luis Saco, o actual presidente da Fundación “Otero Pedrayo”. Baixo a presidencia do titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,
o Consello da Ourensanía celebrou a súa reunión na Casa dos Poetas, en Celanova, xuntanza na que participaron o escritor e director do PEN Galicia, Luis González Tosar; o xestor cultural no Concello de Celanova, Antonio Piñeiro; o profesor e escritor, Miguel Anxo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, e Juan Luis Saco. A proposta de recuperar o Instituto “Padre Feijóo”, acordada por unanimidade, ten como finalidade que esta entidade “dinamice o ambiente cultural e
actúe como coordinadora de eventos e actividades culturais de Ourense”, expresou Manuel Baltar, quen destacou que o Instituto “contaría tamén cun apartado centrado na investigación”. Baltar afirmou que recuperar o Instituto Padre Feijóo “supón avanzar cara o futuro da nosa cultura impulsados pola fortaleza dunha tradición como poucas, a que existe en Ourense, poñendo no cumio o valor cultural e intelectual como cerna de todo e para todo o que ten que ver co progreso e a identidade da Ourensanía”.
Baltar cos alcaldes cos que asinou os acordos.
A Deputación de Ourense destina un millón de euros a obras en sete concellos 4 Mediante 10 convenios. Redacción A Deputación de Ourense destina un millón de euros a obras de infraestruturas, saneamento e servizos en sete concellos. Manuel Baltar asinou 10 convenios de colaboración cos alcaldes de Avión, Barbadás, Cortegada, Esgos, Monterrei, Paderne de Allariz e Quintela de Leirado para realizar obras de
construción de edificios, melloras de alumeado público, abastecemento, dotación de servizos e outras infraestruturas. O presidente do goberno provincial afirmou que se trata de “peticións razoadas e necesarias, que propoñen os concellos á Deputación, melloras para os seus municipios no ámbito dos equipamentos deportivos e socio comu-
nitarios, das melloras en vías que comunican núcleos de poboación, e obras de iluminación e saneamento”. Manuel Baltar expresou que se trata de “infraestruturas básicas, e aí está a Deputación financiando case sempre estas actuacións ao cen por cen” sendo “a única administración que inviste en todos os concellos”.
Premio Na súa reunión, o consello tamén avaliou diferentes candidaturas para o Premio Ourensanía na edición de 2018, un galardón que concede a Deputación como recoñecemento ho-
Barrios 12 de xullo 2018
norífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. O exporteiro, Miguel Ángel, foi o último premiado.
17
A reunión do Consello da Ourensanía tivo lugar na Casa dos Poetas, en Celanova
Reunión do Consello da Ourensanía na Casa dos Poetas de Celanova.
18
Barrios 12 de xullo 2018
PROVINCIA
4 Creación de Agacal
Manuel Rodríguez Vázquez xurando o cargo de director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
Manuel Rodríguez Vázquez, director de Agacal 4 A Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Redacción O pasado mes de xuño tomou posesión como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) Manuel Rodríguez Vázquez. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu en San Caetano a toma de posesión. A conselleira felicitou a Manuel Rodríguez polo seu nomeamento e agradeceu o seu compromiso de traballo e plena disposición para asumir esta nova responsabilidade profesional, insistindo na necesidade de “promover e potenciar un dos secto-
Agacal agrupa todas as competencias relacionadas coa aplicación do I+D+i ao agro
res máis representativos da nosa economía”. Pola súa parte, o novo director agradeceu “a confianza depositada nel” pola conselleira e comprometeu o seu esforzo e dedicación “para desempeñar este cargo”. A Agacal é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario. Agrúpanse así, nunha única axencia, todas as competencias relacionadas coa aplicación do I+D+i ao agro, así como as relativas á formación, de maneira que todos os centros formativos da Consellería do
Medio Rural dependerán directamente da Agacal, que estará presidida pola conselleira e contará cun director, con rango de director xeral. Nomeamento O nomeamento foi aprobado previamente polo Consello da Xunta. Manuel Rodríguez era ata o de agora xefe territorial da Consellería do Medio Rural na provincia da Coruña. Titulado en Enxeñería Técnica en explotacións agropecuarias, pertence ao corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, na escala de enxeñeiros técnicos agrícolas. Comezou a desempeñar o seu traballo na Administración autonómica no ano 2001 na antiga Dirección Xeral de Infraestruturas e Estruturas Agrarias, na localidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2004 ata o 2010 exerceu coma xefe de Sección C na
mesma dirección xeral, pasando posteriormente ao Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña coma xefe de Sección de Concentración e Obras. A principios do ano 2012 asumiu a xefatura do devandito Servizo provincial ata finais do ano 2015 en que pasou a desempeñar os labores propios do posto de xefe territorial da Consellería do Medio Rural da provincia da Coruña ata a actualidade.
Agacal é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade
O Consello da Xunta aprobara, no mes de abril, o decreto polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), tralo ditame positivo do Consello Consultivo de Galicia. Con este paso, a norma remataba a súa tramitación, o que permite a súa constitución formal coa celebración da sesión constitutiva do seu consello reitor. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria mellorará a aplicación do I+D+i ao agro. Ademais aumentará a promoción dos seus produtos. Estrutura e centros A axencia estruturarase en diferentes departamentos: innovación tecnolóxica, promoción da calidade agroalimentaria e formación. Deste último, dependerán os centros de formación e experimentación de Medio Rural (Pedro Murias, Guísamo, Lourizán, Monforte, Sergude e Becerreá). Así mesmo, coordinará os centros de investigación, caso dos de Mabegondo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) ou o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia,
entre outros. A creación desta entidade suporá a desaparición do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal). Pola súa banda, Agacal manexará arredor de 30 millóns de euros de orzamento, que son os contemplados nas contas do propio Ingacal, da Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal e do Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria, que se integrarán no novo ente. A reorganización e mellora do funcionamento desta axencia redundará nunha mellor protección e promoción da calidade dos produtos alimentarios galegos, co conseguinte beneficio para todos os axentes da cadea de valor destas producións, dende o agricultor-gandeiro ata o consumidor final. Ademais, fomentarase dun xeito máis eficiente todo o relativo á aplicación da I+D+i no eido alimentario e agroforestal, o que beneficiará non só aos produtores e industrias vinculados con estas actividades, senón tamén á poboación en xeral, xa que incidirá positivamente na calidade dos alimentos consumidos.
Manuel Rodríguez, primeiro director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).
PUBLICIDADE
Barrios 12 de xullo 2018
19
20
Barrios 12 de xullo 2018
DEPORTES
O Sincro Ourense, décimo de España 4 Valladolid acolleu a cita nacional en categoría infantil. Redacción Celebrouse na Piscina Parquesol de Valladolid o Campionato de España Infantil de Primeira División de Natación Artística no que participaron os 16 mellores clubs de España. As ourensás superaron a clasificación obtida no campionato de inverno, e finalizaron na décima posición da clasificación xeral por clubs. A primeira proba da competición en disputarse foi a de figuras individuais. Nesta proba xa comezaron as ourensás ocupando o posto 13º na clasificación por clubs. A nivel individual destacaron os postos 39º de Ana Moyano, 79º de Rocío Blanco e 90º de María González Seara, de 179 participantes. En canto á clasificación por grupos de idade, María González foi 31ª na categoría 2004 e entre as do 2005, Antía Touriño foi 24ª e Eva Rodriguez 36ª. En dúo, Rocío Blanco e Ana Moyano finalizaron na posición 17º. En Equipo Libre a súa execución
sen fallos permitiulles finalizar no posto 13º. Na proba de Só, Ana Moyano finalizou 18ª. E a última proba da competición foi a Rutina Libre Combinada, onde as ourensás foron décimo cuartas. Campionato de España Máis de 400 nadadores daranse cita en Ourense do xoves, 12 de xullo, ao domingo 15 na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios para disputar o VI Campionato de España de natación artística nas categorías alevín e júnior. En devandito campionato daranse cita os 16 mellores clubs de España. Abrangue as especialidades de Figuras, Só, Dúo, Mixto, Equipo e Combo.
O Campionato de España alevín e júnior celébrase en Ourense do 12 ao 15 de xullo
O equipo do Sincro Ourense que acudiu a Valladolid.
Cursos de verán no Hipódromo de Antela Redacción Durante este verán no Hipódromo de Antela pequenos e maiores terán a oportunidade de gozar de variadas actividades ecuestres, en con-
Redacción Celebrouse na Piscina Parquesol de Valladolid o Campionato de España In-
tacto directo cos cabalos. En xornadas matinais, desde as 10 ás 14 horas, de luns a venres, desenvólvense as sesións de lecer e actividades a través destes cursos de verán ecuestres, que comezan cos conceptos imprescindibles relacionados co manexo e coidado do cabalo, clases de equitación -teóricas e prácticas- e ademais haberá a opción
de iniciarse na practica do rugby touch. Toda unha opción para gozar do teu verán no hipódromo de antela a través do Club Deportivo Ecuestre de Ourense. Quendas Haberá catro quendas: do 9 ao 13 de xullo; do 23 ao 27 do mesmo mes; do 6 ao 10 de agosto; e do 20 ao 24 dese mesmo mes.
O Campionato de España alevín e júnior celébrase en Ourense do 12 ao 15 de xullo
Taichi Redacción O xardín do Posío volve a ser o escenario dos cursos gratuitos de taichi. Desde o 16 ata o 27 de xullo de luns a venres en horario de 8 a 9 da mañá. O curso, organizado por Dinamic e patrocinado polo Concello de Ourense, está aberto a todas as idades.
OCIO E CULTURA
Verán Cultural na praza San Martiño
A II edición do Piano Meeting voltará en setembro
4 Doce propostas, unha de teatro e o resto musicais, todos os xoves ás 22.30 h.
4 Convócase o concurso para escoller aos participantes, pianistas de ata 35 anos.
Redacción A praza de San Martiño, cada xoves ás 22:30 horas -agás o concerto de Xoán Curiel, o venres 7- e de balde acollerá a cuarta edición do Verán Cultural, cun total de 12 grupos, dous deles da nosa cidade (Guezos e MCarballo). O Verán Cultural foi presentado pola concelleira Belén Iglesias e polo programador do Auditorio, Manuel Freire, quen quixo salientar as grandes doses de humor de Malasombra, a única actuación teatral entre todas as musicais, ou a calidade de propostas de pequeno formato, como Happy Gospel ou De Vacas, que repiten despois do éxito de público do ano pasado. Entre as novida-
des, os sons cubanos do Trío Siboney ou o elemento festeiro achegado por Fanfarria Taquikardia e por A Banda da Loba, grupo de versións integrado por mulleres. Trala actuación este pasado xoves da eurovisiva Lucía Pérez, pasarán pola praza o 12 de xullo, Malasombra (teatro), o 19 de xullo “De Vacas”, o 26 de xullo, “Happy Gospel”, o 2 de agosto “Fanfarria Taquikardia”, o 9 de agosto “A Banda da Loba”, o 16 de agosto “Trío Siboney”, o 23 de agosto “Coanhadeira”, o 30 de agosto “Caxade”, o 6 de setembro “Guezos”, o venres 7 de setembro ás 18 h. “Xoán Curiel e a súa banda” e o 12 de setembro “MCarballo”.
Redacción A cidade de Ourense volverá converterse no maior auditorio de Galicia ao aire libre coa chegada do II Festival Piano Meeting. Como paso previo, convócase o concurso no que poden participar pianistas de ata 35 anos para optar a formar parte dos músicos que comporán o cartel do certame. O Piano Meeting 2018
celebrarase a finais do mes de setembro e contará coas actuacións dos 20 músicos seleccionados na fase de concurso. Os concertos terán lugar ao aire libre en espazos emblemáticos da cidade e o festival incluirá tamén obradoiros para neófitos e concertos de grandes pianistas convidados, ao tempo que se permite a participación de espontáneos que se animen a tocar.
Participantes Os interesados en participar terán que enviar un vídeo e o seu currículo antes do día 23 de xullo. O xurado seleccionará, ademais, outros 20 aspirantes, entre os que o público, a través das redes sociais, escollerá outros 10 participantes desta edición do Piano Meeting. As bases completas poden consultarse en www. pianomeeting.com.
Presentación da II edición do Piano Meeting na delegación da Xunta de Galicia..
Barrios 12 de xullo 2018
21
Premio de Poesía Cidade de Ourense Redacción “Prender os fachos, compoñer os ósos”, do poeta Carlos da Aira, foi a obra gañadora do 34 Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, composto por Luís Tosar, poeta e presidente do Pen club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior, resolveu por unanimidade concederlle o premio ao poeta allaricense. O Premio de Poesía Cidade de Ourense está dotado cun premio de 6.000 euros máis a publicación de 150 exemplares do libro, e está aberto á participación de autores e autoras que presenten obras escritas en galego ou en portugués. O vindeiro ano, o poeta allaricense Carlos da Aira integrará o xurado da 35ª edición.
22
Barrios 12 de xullo 2018
4AXENDA - Exposicións - Ata o 25 de xullo “Propostas para unha colección: Interiores” (VV. AA.) - Galería de Arte Marisa Marimón (Ourense) - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Teatro - 12 de xullo - Teatro con Malasombra -22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - Do 14 ao 22 de xullo - MIT Mostra Internacional de Teatro - Ribadavia Música - 19 de xullo - Concerte de “De Vacas” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 26 de xullo - Concerte de “Happy Gospel” - 22.30 h. - Praza San Martiño (Ourense) - 30 de xullo -Jam Session Rock - 22 h - Café Cultural Auriense Cinema - 12 de xullo - “Destinos” Marxes Fílmicas 2018: Unha ollada ao redor - 21.30 h. - Museo Etnolóxico de Ribadavia Deportes - Do 12 ao 15 de xullo - “ VI Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín” - 9 h - Pavillón dos Remedios - 14 de xullo - “Descobre Manzaneda: 2ª Andaina Ruta do Glaciar” - 9 h. - Estación de montaña Manzaneda - 14 e 15 de xullo - “III Marcha Deportiva Tres Lúas Race 2018” - 20 h. e 9 h. - Rubiá - 14 e 15 de xullo - “I Encontro Tenistas do Ribeiro” - Ribadavia - 15 de xullo - Iniciación ao barranquismo - 10 h. - Melón - 15 de xullo - II Copa Deputación de piragüismo: 2ª regata - Avión - Do 18 ao 22 de xullo - “Xurés Walking Festival 2018” - Lobios - 21 de xullo - Multiaventura Club de Montaña Trives - 10 h. - A Pobra de Trives - 21 e 22 de xullo “Spanish Amateur Cup 2018” - Hipódromo de Antela (Sandiás) - 21 de 22 de xullo - Carreiras de Cabalos: 4ª xornada de 2018 - Hipódromo de Antela (Sandiás) www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
Convocado o Premio Risco
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
4 Poden presentarse escritos ata o 21 de setembro.
Conversei hai uns días cun espelido e experimentado cociñeiro sobre como variaran os gustos culinarios co paso do tempo. Falamos de ostras e de castañas, antano denostadas, hoxe moi valoradas. Detivémonos na figura dos cociñeiros con pátina de artistas, ascendidos a púlpitos por redes sociais e produtos televisivos de consumo rápido
Redacción O Concello e a Fundación Vicente Risco abren a convocatoria do décimo oitavo Premio Risco de Creación Literaria ata o venres día 21 de setembro de 2018 e o lugar de presentación será no Rexistro Xeral do Concello de Ourense Segundo establecen as bases, poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300. Os orixinais
Oído cociña!
presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra tipo Times New Roman de corpo 12. Para garantir o anonimato dos autores das obras, ditos orixinais irán acompañados dun único sobre pechado, que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo postal e electrónico e teléfono) e o título definitivo da súa obra. A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro -e o autor recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada-.
e, esta espontánea charla de ascensor sin ascensor, trasladounos a 1945. Antonio Truiteiro era xefe de cociña do restaurante do Gran Hotel Roma de Ourense. Formaba equipo con Eduardo Portela, Manuel Sanromán, Luis Riguera e Francisco Martínez. O negocio vivía a máis memorable das súas etapas. O éxito da proposta sustentábase no bo facer
Traballadores do Gran Hotel Roma. Década de 1950.
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Alimentos biolóxicos Os alimentos de orixe biolóxica teñen niveis máis elevados de vitaminas e minerais (cálcio, magnésio, ferro...), hidratos de carbono e proteínas. Alén diso, teñen máis antioxidantes que, entre outos beneficios, axudan a previr o cancro e tampouco conteñen aditivos alimentarios que poden agravar problemas
4HUMOR
de saúde, como as doenzas do corazón. Por iso, creo que vale a pena ser selectivo na escolla dos alimentos para, así, proporcionarnos unha mellor calidade de vida. É fundamental ter sempre presente que despois dalgúns sacrificios, veñen as compensacións.
João Damião
do persoal e nunha excelente materia prima traballada con rigor. Poucos segredos. Tempo despois virían a deconstrución e o nitróxeno líquido, e a tradición sucumbirá fronte á cociña de autor, iso si, a baixa temperatura. Bon appétit!. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
CLASIFICADOS / ARTIGOS
Barrios 12 de xullo 2018
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº63 - Ano: XI - 12 de xullo de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Viaxando no lombo do sapoconcho Nos tempos que nos toca vivir, falar da importancia daquelas persoas que cunha sensibilidade maior e máis xenerosa, dedican a súa vida a poñer por diante factores tan fundamentais coma o amor, a natureza ou a defensa da lingua dos nosos ancestros, sen dar unha queixa e sen buscar máis mérito que achegar ás novas xeracións eses anhelos de mellorar as condicións do medio que lle imos deixar ós nosos netos de herdanza, calquera louvanza que eu faga dende aquí será cativeira. Este libro “O Sapoconcho Coloríns” é unha boa mostra do que estou dicindo. A súa autora Maite Vázquez, unha artista por definición, é unha meniña namorada de Galicia e da súa natureza por devoción. A fantasía das súas historias que viaxan nas nubes salvando as árbores, sementando esperanza, educando a eses xenios que nacen das cañotas queimadas para facer un mundo novo, onde se planten árbores aínda sabendo que á súa sombra non poderemos descansar, porque a nosa vida e curta, pero seguros de que os que virán, atoparán as pisadas na lama e poderán así andar por mellores vieiros. Con Miguel Ángel Martínez Coello nace o proxecto “Eu Sapoconcho”, que
entre outras cousas achega ós máis cativos o respecto á Natureza. Facendo uso de material de refugallo propóñennos un exercicio de humildade, con estes obradoiros onde os nenos debuxan e fan o seu propio sapoconcho, mentres escoitan na propia voz da autora ese conto que lembrarán sempre que vexan unha árbore, unha nube ou un moucho. Só aqueles que coidan ó neno que levamos dentro poderán entender o home que lles medrou por fóra. Ídesme permitir que lle adique a Antía unhas verbas. A sabedoría de esas mans que Deus lle deu, aloumiñan en cada aceno, Son bicos das estrelas que alumean nas noites claras do verán, sendo capaces de contaxiar a maxia da vida. Outra meniña tamén que voa en cada risa como as andoriñas cando bican a auga saltareira dunha fonte. Por todo isto pódovos dicir dende o corazón, con un inmenso agradecemento, grazas por tentar esa empresa tan urxente da concienciación dos meniños, xermolos e orixe de estas pioneiras apostas culturais tan atinadas. É por tanto de xustiza agradecérvolo e quero dicirvos a todos que o voso esforzo non será traballo
perdido nin esquecido. Quero agradecervos a todos e de xeito especial a Maite e a Antía e como non ó meu querido e admirado pintor de soños, escultor de fantasías, escritor, editor e tantas e tantas cousas máis, Miguel Ángel Martínez Coello, dende esta tribuna, no nome de todos os galegos douvos as grazas ós tres de todo corazón. “Acórdaste papá cando me ensinaches os sapoconchos no Asneiro, na pociña de debaixo da Ponte Alvite, estiveramos segando a herba no Liñar e déchesme permiso para bañarme alí que hai area e non cubre, agora isto non che é como cando ti andabas por aquí, agora algúns dedícanse a queimar os montes, e o río leva menos auga cada ano, en vez de sachar as herbas bótanlle veleno. Parece que queren acabar coa natureza, por iso escribín este artigo, para dicirlles que as árbores e os animais tamén son nosos irmás como dicías ti, e que os homes deberíamos coidalos e querelos de verdade, aqueles que llo ensinan ós máis cativiños, merecen alomenos un “garciñas” para que se animen e o sigan facendo deste xeito, non si?. Pedro Avelino
TRABALLO Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en resi-
dencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Precísase profesora de Física e Químia e Tecnoloxía para dar clase a unha rapaza de 3º ESO. Tel. 606 70 63 58.
INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndese piso en Portonovo, céntrico, 3 habitacións, 2 baños, cociña, salón e praza de garaxe. Calefacción. 92 m2 útiles. Preto das praias. Prezo
169.000 eu. Tel. 636 329 524. Véndese finca edificable en Rante, 750 m2, precio xa rebaixado. 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Alugo casa de 160 m2 con finca, terraza e piscina en Verín. 190 eu ao mes. Só xente responsable e con informes. Tel. 606 42 25 43.
VENDAS Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.
24
Barrios 12 de xullo 2018