Page 1

Entrevista a Jaime Amorín, presidente do CH Caldaria Barrocás [Páx. 3]

CIDADE

Páx.4

A alameda do Cruceiro abrirá en xullo cunha tirolina de 44 metros

CIDADE

Páx.6

Preocupación polo futuro uso do solar da estación de autobuses

O CARBALLIÑO Páx.10

DEPORTE

Pax.13

As reformas na rúa Aquilino Sánchez prolónganse ata mediados de xullo

Brais Sánchez e Breixo Buján vencen no 50º Descenso do Miño

CULTURA

Páx. 14

Ourense despídese do Campionato de España de Baile Deportivo

O “Correndo por Ourense” despídese ata setembro [Páx. 12]

Aberta ao público

Xa hai cartel da 56ª Festa do Pulpo [Páx. 2]

[Páx. 10]

Abriuse a praza de abastos provisional na Alameda. // As Lagoas, seguinte proba do circuíto de carreiras. // O tango é protagonista do cartel da Festa do Pulpo 2018. /M.R e R.T.

Número: 62 - Ano: XI - 28 de xuño de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 28 de xuño 2018

TEMA DA SEMANA

Na praza provisional o Concello investiu 600.000 euros e os propios comerciantes máis de 800.000

Entrada da praza de abastos provisional./M. REJO.

Inaugurada a praza de abastos provisional de Ourense 4 Yosi e O Carrabouxo, entre os padriños da nova instalación. Redacción O pasado venres 22 de xuño quedou inaugurada a praza de abastos provisional que estará durante os vindeiros anos sita na Alameda da capital. O acto de inauguración –organizado pola exedil do BNG Isabel Pérez, xerente dun posto de produtos gourmet neste mercado- contou coa presenza de referentes da cultura ourensá como Yosi (do grupo de rock Los Suaves), a Coral da Ruada, a Real Banda de

A treboada que tivo lugar en Ourense o xoves pola noite causou a inundación da nova praza

Gaitas e O Carrabouxo; así como con diversos xogos infantís e, como non, degustación de produtos a cargo dos 35 comerciantes presentes durante o evento. Un día despois sumaban xa 42 dos 44 postos en activo, pero na cita inaugural sete empresarios non puideron ter o seu espazo acondicionado, na maioría dos casos por ausencia de mostrador, unha das principais deficiencias coas que se atoparon unha semana antes da apertura. Dificultades ás que se engadiu a inundación sufrida pola instalación durante a treboada que tivo lugar en Ourense o xoves 21 pola noite e que, debido a uns defectos da obra, puxo en perigo a inauguración.

Finalmente, os danos foron menores do previsto e o programa continuou o seu curso. Esta ubicación provisional acumula xa unha inversión de preto de mi-

llón e medio de euros: 600.000 euros achegados polo Concello de Ourense, 800.000 polos comercintes e outros 24.000 pola Asociación de praceiros para a realización

de diversas melloras colectivas. Agora, todos os postos de peixe, carne, verdura, lácteos, cafetería e demais ocuparán a Alameda durante o tempo que durará a rehabilitación do edificio da Praza de Abastos número 1; a cal os comerciantes agardan que comece o antes posible. Camiño de Santiago Una das novidades desta praza provisional é que proporcionará o selo do Camiño de Santiago. Así, os peregrinos poderán selar a súa Compostela nesta instalación para certificar o seu paso pola cidade das Burgas.

Sen taxas de espazo público Redacción Ourense en Común avanzaba que está a traballar nunha moción que levará ao pleno municipal, co fin de eximir do pago de taxas aos colectivos sen ánimo de lucro que promoven iniciativas no espazo público da cidade. O grupo trasladará así á corporación as reiteradas demandas dos propios axentes culturais e sociais, que en sucesivas xuntanzas do Consello Municipal de Cultura veñen manifestando a súa disconformidade coas “políticas recadatorias que o goberno está a impor“, recibindo únicamente como resposta as evasivas da edil responsable de Cultura, Belén Iglesias, que responsabiliza do problema á Concellería de Comercio, e permanece “impasible, sen ofrecerse a mediar ou interceder para buscar unha solución”.

DO propón novas melloras termais Redacción

Os primeiros clientes da praza de abastos sita na Alameda./M. REJO.

Democracia Ourensana levará a pleno a proposta de elaborar un proxecto de obras de infraestruturas necesarias para o acceso e gocedos usuarios das distintas termas. Ademais pedirá rescatar as dúas concesións privadas da Chavasqueira e Outariz para convocar novo concurso axustando o canon.


TEMA DA SEMANA

Barrios 28 de xuño 2018

ENTREVISTA A JAIME AMORÍN, PRESIDENTE DO CH CALDARIA BARROCÁS

“En División de Honra B poderemos ver hoquei de nivel” 4 Despois de tres tempadas o conxunto ourensán de hoquei Caldaria Barrocás logrou o ascenso e regresa á División de Honra B. Jaime Amorín, presidente do CH Caldaria Barrocás, vinculado ao hoquei durante preto de 30 anos, fálanos da importancia de que o equipo sénior ascenda a División de Honra B e das dificultades para cubrir o orzamento e as esixencias da Federación Española de Hoquei. Por fin chega o regreso á segunda división nacional. Jaime Amorín: “Baixamos no mesmo ano da máxima categoría (División de Honra A) á B e á Autonómica. Despois de 14 anos en DH B e catro en A. Pero xa estamos onde merecemos”. Agora chegades a un novo escenario, un pouco máis profesional para un equipo totalmente amateur. J.A.: “É o que lle digos aos rapaces: son profesionais sen gañar nin un euro, incluso teñen que mercar o material deportivo”.

mediante un convenio o Concello encárgase do mantemento. Tamén está presentado na Xunta. Despois de dar a sensación de que se pasaban a pelota finalmente o Concello comprometeuse a facerse cargo das reformas necesarias para que o equipo debute, sen problemas, en setembro na nova categoría”. Cales son as reformas obrigadas? J.A.: “Os bancos nun cumpren a normativa, o marcador tampouco, e hai que colocar unha cámara durante os partidos para gravalo e pasarllo a federación española. O campo ten 18 anos e cambiouse o tapete fai oito, e apenas tiveron mantemento. Fixéronse outras instalacións deportivas”. A aínda por riba, o orzamento. J.A.: “Soamente o do primeiro equipo vaise a

Jaime Amorín, presidente do CH Barrocás. /RAMSÉS.

“O orzamento do primeiro equipo vaise a 60.000 euros. Só a Federación Española cóbranos un canon de 5.000”

E ca problemática das novas normas. J.A.: “Hai novas normas para xogar en División de Honra B que o campo de Mariñamansa non as cumple. Paseille un escrito ao concelleiro de deportes. Despois de decir que o campo é propiedade da Xunta que

“O Concello comprometéuse a facerse cargo das reformas necesarias para que o equipo debute, sen problemas, en setembro na nova categoría”

Recepción do alcalde da cidade aos integrantes do CH Caldaria Barrocás./ M. REJO.

60.000 euros. A Federación Española cóbranos un canon de 5.000 euros. Iste é un deporte amateur pero non entendo que sucedan estas cousas. Ademais, fai dous anos había dous árbitros e agora hai dous árbitros máis un delegado técnico ao que tamén temos que pagar; e aparte temos que pagar as fichas á federación galega de todos os equipos. Agardemos que este ano a Diputación nos axude un pouco máis, xa que baixo o noso punto de visto a súa aportación foi moi pequena despois dos méritos feitos. Tamén agardamos que a Xunta aporte máis ao entrar no convenio de Deporte Galego. Co Concello estamos satisfeitos xa que nos custea as viaxes aos campionatos de España”. Dixeches 60.000 euros de orzamento para a próxima tempada. Difícil cubrilo.



J.A.: “Si, é moi complicado. Xa comentei cos rapaces que este ano terán que pagarse a ficha ademais de todo o material deportivo. E non só os de División de Honra, senón todos. Por que temos unha viaxe a Canarias, tres viaxes a Terrasa (Cataluña), tres a Madrid, un a San Fernando (Cádiz), a Valencia, San Sebastián; e iso é moito gasto”. Preocupa non chegar a cubrir o orzamento? J.A.: “As subvencións as recibimos a final de tempada. Así que haberá tempo de facerlles ver o traballo que facemos, de onde son os deportistas que xogan aquí -todos falan galego e castelán, non inglés-; quero dicir que son ourensáns, os seus pais pagan os impostos aquí. Quen queira deporte profesional que o pague. Está claro que non temos a mesma masa social que o fútbol e o baloncesto, pero se nos deran os mesmo cartos nós seríamos campións de Europa”. En canto a patrocinadores, temos a Caldaria que nos axuda, a Centro Médico El Carmen que nos axuda; despois son pequenas axudas. Así que tocará traballar neste verán”. Importante que o equipo estea na División de Honra B. J.A.: “O nivel do hoquei ten que subir. Se nos quedamos na Liga galega os rapaces non teñen alicente para vir a adestrar todas as semanas e sacrificarse. Nesta categoría poderemos ver hoquei de nivel; e sen despreciar a ninguén, na Galega os nosos resultados eran moi abultados; non estabamos nunha liga competitiva e iso nótase cando participamos nunha fase de ascenso”.

“Agardemos que este ano a Diputación e a Xunta nos axuden un pouco máis, despois dos méritos que temos feito”




Barrios 28 de xuño 2018

CIDADE

A Xunta revitaliza a rúa Vilar 4 Pretende recuperar 14 edificios na cidade. Redacción Ubicación da zona de actividades acuáticas no parque Infantil. /RAMSÉS.

A alameda do Cruceiro abrirá en xullo 4 Contará cunha tirolina de 44 metros. Redacción Xullo -sen concretar a data exacta- será o mes que abra ao público o parque infantil da alameda do Cruceiro, unha infraestrutura que chega con numerosas novidades. Este será o primeiro parque inclusivo de Galicia, no que haberá cabida para todas as idades. O proxecto abriu o espazo ás rúas Concello e Cruceiro, eliminando barreiras físicas e mellorando a accesibilidade mediante a demolición de peches; ademais, mellorouse a eficiencia enerxética coa iluminación. Zonas Na parte superior do parque estarán as área para os

máis cativos incorporando xogos con accesibilidade para cadeira de rodas. Unha tirolina dobre será un dos maiores atractivos da zona, pero non o único. A zona para xogos de actividade acuática será outro dos grandes reclamos. Contará con geysers, chorros, canóns e arcos de auga; e aptos para rapaces de mobilidade reducida. A auga reutilizarase para ser continuamente achegada nun ciclo pechado. Fóra da época estival convértese nunha fonte nocturna cun equipamento de iluminación artística. Por último destinouse un espazo aos xogos tradicionais, que de modo simbólico van estar presentes con o truco, o trompo, un cir-

cuíto das chapas e mesmo os lapises para pintar no chan. Licitación O proxecto cun custe de licitación 735.000 euros, finalmente foi adxudicado 459.619,11 euros, e cun tempo de execución 4 meses, aínda que chegará con algo de retraso. Esta actuación foi posible grazas a un plan de obras acordado polo PP e PSOE contando, ademais, coa colaboración da Deputación de Ourense.

Haberá unha zona de xogos acuáticos

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda avanza coa adquisicións de máis inmobles para rehabilitar a través do programa Rexurbe. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde e a delegada da Xunta en Ourense, supervisou sobre o terreo, o inicio das obras de rehabilitación en dous edificios da cidade, nos números 3 e 5 da rúa Vilar. Explicou que as rehabilitacións destes dous inmobles, adquiridos polo Concello e

cedidos á Xunta para a súa recuperación e mellora, permitirán a construción de tres novas vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios, cos seus correspondentes rochos, para destinalos, de modo prioritario, a vivenda social. Concretou que os traballos, que acaban de comezar, teñen un prazo de execución de 12 meses, polo que no verán de 2019 estarán a disposición para a promoción pública, logo dunha achega da Xunta de preto de 580.000 euros. Revitalización Infraestruturas ten en execución as obras de re-

Ethel Vázquez, segunda pola esquerda, na visita ás obras da rúa Vilar. /M. REJO.

habilitación de dúas vivendas noutro edificio desta mesma rúa, en Vilar número 1, que se agarda ter rematadas a finais do verán. Vázquez, salientou que a Xunta está a impulsar a revitalización do conxunto histórico, polo que recuperaranse 14 edificios, con 30 vivendas, a través dun investimento de preto de 5 millóns de euros. Ademais, paralelamente, estase avanzando na recuperación do edificio da rúa Cervantes 14, que será adxudicado nos próximos días, co obxectivo de iniciar as obras de construción doutras tres vivendas tamén no verán. A inauguración do albergue de peregrinos do Camiño de Santiago, na zona, é outras das acción realizadas polo ente autonómico. Rexurbe Estas actuacións están dentro do programa Rexurbe da Xunta permitindo continuar coa adquisición de novos inmobles. Ao abeiro deste plan recibíronse máis ofertas para que a Xunta adquira inmobles para a súa rehabilitación.

Os traballos nos números 3 e 5 da rúa Vilar estarán listos no verán de 2019


EMPRESAS

Centro Médico El Carmen preséntanos a nova unidade de cirurxía laparoscópica avanzada Os doutores Marta Salgado e Alejo Muinelo -de Centro Médico el Carmen fálannos da nova unidade de cirurxía laparoscópica avanza. En que consiste a nova Unidade? Resposta: “Somos un equipo de dous cirurxiáns con ampla experiencia en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo e formación específica en Cirurxía Laparoscópica Avanzada. Así mesmo, El Carmen achéganos unha dotación tecnolóxica de última xeración que nos axuda a

obter uns excelentes resultados neste tipo de intervencións”. Que é a cirurxía laparoscópica? R.: “É unha cirurxía cuxo obxectivo é realizar as técnicas cirúrxicas clásicas evitando a apertura da cavidade abdominal. Iso conséguese a través de pequenas incisiones no abdome (portos de entrada) que permiten traballar desde o exterior a través dun sistema de vídeo de alta definición”. Que beneficios dá ao

A unidade de cirurxía laparoscópica nunha operación.

paciente con respecto á cirurxía tradicional? R.: “É unha cirurxía moito menos agresiva e invasiva para o paciente. Tambien evita as incisións cirúrxicas amplas, polo que diminúe notablemente a dor postoperatoria, favorecendo unha máis rápida recuperación do paciente e reincorporación á vida laboral. Ademais, minimiza o risco de complicacións como a infección da ferida cirúrxica e a hernia incisional, cun mellor resultado estético”. Cales son as patoloxías do aparello dixestivo que se poden tratar mediante esta cirurxía? R.: “Podemos dicir que toda a patoloxía cirúrxica abdominal pódese tratar por vía laparoscópica. No día a día, as cirurxías máis frecuentes son: a cirurxía da vesícula biliar; a apendicitis; a cirurxía de colon e recto; a cirurxía de estómago; a cirurxía antirreflujo (hernia de hiato); hernias da cavidade abdominal tales como inguinales e eventraciones;

Barrios 28 de xuño 2018



Laboratorio de Analises Clínicos Redacción

Os doutores Marta Salgado e Alejo Muinelo. e outros tumores do aparello dixestivo (páncreas, fígado, etc.)”.

resposta a calquera patoloxía que requira unha intervención urxente”.

Cales son as patoloxías do aparello dixestivo máis frecuentes en Ourense? R.: “A colelitiasis (os clásicos “cólicos de vesícula por pedras”), os tumores de colon e, por suposto as hernias, abrigo a inguinal”.

Algún consello para evitar estas patoloxías? Estilo de vida, alimentación... R.: “Estamos a falar de moitas patoloxías. Cada unha ten as súas particularidades, aínda que sempre se recomenda uns hábitos de vida saudables como unha dieta mediterránea, realizar exercicio físico e evitar hábitos tóxicos (alcol, tabaco)”.

Realízanse cirurxías de urxencias mediante esta técnica minimamente invasiva? R.: “Si, a máis coñecida é o tratamento cirúrxico da apendicitis e a colecistitis (infección da vesícula), ambas son urxencias vitais. Por suposto, esta unidade está aberta as 24 horas do día, os 365 días do ano para dar rápida

“A cirurxía laparoscópica evita a apertura da cavidade abdominal”

Centro Médico El Carmen renova e moderniza o seu Laboratorio de Análises Clínicos. O Laboratorio permite a realización de análises xenéticas, con diversas aplicacións en enfermidades hereditarias e raras. Avánzase así no denominado “medicamento personalizado”. Cun equipo de oito persoas, un investimento de máis de 100.000 euros, novo persoal especializado e nova Dirección Técnica a cargo da Doutora Ilene Cendón, o laboratorio ofrece a posibilidade de realizar análises xerais e especiais, como os xenéticos, labor habitual dentro de Unidades Médicas tan específicas e novas como a recentemente inaugurada Unidade de Enfermidades Raras e Ultra raras. Dentro da Unidade de Enfermidades Raras e Ultra Raras, Rita Rodríguez, coordinadora, explica que “unha das maiores dificultades que atopan as persoas cunha enfermidade rara ou ultra rara é conseguir un diagnóstico xenético. O tempo medio para alcanzalo é de 5-10 anos. O noso Servizo de Laboratorio, coa posibilidade do diagnóstico xenético de enfermidades raras, facilita este proceso e ofrece unha atención personalizada”.




Barrios 28 de xuño 2018

CIDADE

EN BREVE

Arte para visualizar a natureza

4 Campamento de verán O Concello vén de abrir a inscrición para as 30 prazas do campamento de verán en Porto do Son (A Coruña) dirixido a menores entre 9 e 14 anos. Pódense presentar as solicitudes ata o venres 6 de xullo ás 14 horas. As Inscricións e a documentación requirida para participar facilitarase na Concellería de Xuventude (praza de San Martiño nº 2 baixo -dereita). Unha vez cuberta se presentará por Rexistro Xeral do Concello de Ourense en horario de 9 horas a 14 horas. Con todas as solicitudes presentadas realizarase un sorteo público, o xoves 12 de xullo ás 11 horas, nas dependencias administrativas da Concellería de Xuventude.

4 Ciudadanos Cidadáns Ourense solicita ao concello o urxente arranxo das pistas de skate dos Remedios. A formación denuncia. o estado de abandono das pistas para a práctica de skate existentes no recinto Complexo Polideportivo dos Remedios e pide ao Concello a súa urxente reparación e mantemento.

4 Adelante Ourense Adelante Ourense solicitou ao concello determinada información e máis transparencia na xestión en Servizos Sociais para que os cidadáns poidan coñecer a verdade en torno ao conflito permanente nesta área municipal, tanto na tramitación de solicitudes como nos déficits orzamentarios que habitualmente se xeran.

4 Patricia Ordóñez gaña o concurso ‘Engalana a túa árbore’. Redacción A directiva da AVV Peliquín cos socios no xantar de San Xoán. /RAMSÉS.

San Xoán en Peliquín Este ano os socios da Asociación de Veciños Peliquín puideron celebrar, por fin, o San Xoán no seu local. Ensaladilla, tenreira con patacas, bica, bebidas variadas e café foi o menú que puideron degustar os máis de 100 socios que non se quixeron perder a celebración, unha celebración que recuperaron o ano pasado e que cada vez conta con máis asistentes. O bo facer da directiva nótase e iso o agradecen os seus veciños do barrio. En setembro, o local estará de aniversario e haberá outro motivo para o festexo.

Preocupación co futuro uso do solar da estación de autobuses 4 Desde 2016 a AVV As Termas solicita información sobre o seu futuro uso. Redacción “Non queremos que ocorra o mesmo que pasou na cárcere vella”, afirman as veciñas e veciños do barrio das vivendas sociais xunto a Estación de Autobuses. En 2005 nun pleno do Concello de Ourense abordouse o uso do solar da estación de autobuses e o feito de que volvería a ser privado cando perda o seu uso. Fai xa dous

anos que o colectivo da Asociación de Veciños As Termas levan solicitando a Xunta e Concello información sobre o uso do solar sen recibir respostas claras sobre o uso que terán os terreos. A Asociación, situada no barrio de vivendas sociais xunto á estación, continúan a reivindicar previsión, participación e transparencia sobre o seu futuro uso. Por iso, queren que se comece a buscar

Liñas Outras das súas esixencias son que as liñas urbanas que chegaban ata alí (6A,6B e 12) se manteñan unha vez deixe de funcionar como estación.

4 Orzamentos Desde a Federación Limiar (asociación de asociacións veciñais) esixe á corporación municipal que se poñan de acordo para a aprobación dos orzamentos, xa que Ourense e a cidade española que máis tempo leva sen eles.

un futuro fin, ademais de que se lles escoite á hora de tomar unha decisión. Tamén queren que os proxectos previstos non se fagan ás costas dos veciños. Temen que o traslado da actual estación sexa unha condena se o solar queda abandonado, polo que queren que sexa unha oportunidade de futuro para que este espazo teñan un uso publico mellorando a calidade de vida do barrio.

Solar da actual estación de autobuses de Ourense.

Desde As Termas agardan que se manteñan as liñas de autobuses

Co gallo da Semana do Medio Ambiente o Concello de Ourense xunto á entidade de Desenvolvemento Sostible Sustinea organizaron o concurso ‘Engalana a túa árbore’. Patricia Ordóñez foi a gañadora deste premio que contou con diferentes participantes o pasado 4 de xuño. Todos eles adornaron as árbores e os alcorques do primeiro tramo da rúa do Paseo (15 en total). Os criterios valorados foron a creatividade e a decoración sostible; o emprego de elementos naturais ou que se atopen na natureza, así como a mensaxe que contribúa á sensibilización da cidadanía. Unha vez valoradas to-

das as árbores participantes, os membros do xurado decidiron que a gañadora fora Patricia Ordóñez Rey coa árbore “Elas”, coa que quixo expresar “a forza e soños das mulleres, ancestrais e actuais, como elas poden coidar o planeta, transmitindo todo o amor que senten por el e todo o bo facer para que evolucione libre e feliz”. A gañadora realizará unha actividade educativa e lúdica nun centro escolar. Espazos verdes O obxectivo do concurso era o de visualizar a necesidade dos espazos verdes no ámbito urbano, de conservalos e de dotalos da importancia que teñen polos seus beneficios ambientais, sociais e económicos.

A gañadora xunto co concelleiro de Medio Ambiente e membros de Sustinea.

Desembarco popular Redacción A inminente elección do novo presidente do Partido Popular fixo que estes días aterraran na nosa provincia dous precandidatos. Pablo Casado e Manuel García-Marga-

llo estiveron na sede popular para presentar o seu proxecto. E este xoves 28 achegarase a Ourense Soraya Sáenz de Santamaría. A elección do novo presidente será en xullo, a dúas voltas. Xunto a estes tres preséntanse María Dolores de Cospedal, Elio Cabanes Sanchís e José Ramón García.

Pablo Casado na sede do PP en Ourense.


FESTAS DO CORPUS

As hordas de zombies querían sangue fresca. /RAMSÉS.

Barrios 28 de xuño 2018



Un momento do concerto de Seguridad Social na praza Maior. /RAMSÉS.

Survival Zombie

Seguridad Social

O parque Miño foi o lugar elexido para que unha horda de zombies aterraron na nosa cidade. “Survival Zombie” congregou arredor de 100 persoas entre “mortos vivintes” e militares que protexían á cidadanía. Debíase conseguir unha cura para atallar a plaga e lograr salvar a toda a humanidade. Os participantes recibiron un kit de supervivencia para poder participar no xogo. Os grupos, de catro ou seis membros, tiveron que superar diversos obstáculos para facer a experiencia divertida.

Un dos concertos máis destacados dos xa ofrecidos foi o do grupo valenciano Seguridad Social. José Manuel Casañ, Javi Vela, Jorge Molina e Víctor Traves forman un dos grupos emblemáticos da década dos 80 pasado e que continúan na estrada a día de hoxe. Gran concerto para un publico totalmente entregado que cantou temas míticos como “Baila mi rumba”, “Comerranas”, “Quiero tener tu presencia”, e “Acuarela”, entre outros.

Un dos postos de “Food truck”. /RAMSÉS.

Actuación KcirKe na Alameda. /M. REJO.

Street Foud na Alameda

Teatro de rúa

Un dos reclamos nestas Festas de Ourense 2018 son os “Food trucks” (camións de comida) que están instalados na Alameda de Ourense. Estarán presentes durante todos os días das festas e os que se acheguen poderán degustar hamburguesas, canciños quentes, pizzas e máis variedades da denominada “comida rápida”. O horario de apertura dos camións é de 13 a 16 horas e de 19 ata medianoite. Ademais a zona estará amenizada con animación infantil, música e espectáculos de maxia e comedia.

Tampouco falta nestas festas ourensás o teatro. Todos os días ás 12 e as 20 horas na alameda Bispo Cesáreo hai unha actuación a cargo dunha compañía -unha por día nos dous pases-. O martes 26 tivo lugar KcirKe. Circo, comedia visual e música son os ingredientes deste show, apto para todas as idades e onde o público participa desde o primeiro momento. O xoves chega Luigi Ludus “un mago raro” e o venres, Uxía lamnbona e a banda molona.




Barrios 28 de xuño 2018

PROVINCIA

3.500 pezas de pan de Cea preparadas para a súa festa 4 A 27ª edición terá lugar este domingo, 1 de xullo. Manuel Baltar intervindo na Comisión de Deputacións celebrada en Salamanca.

Baltar pide equidade dos fondos europeos para as provincias 4 Na Comisión de deputacións, cabildos e concellos insulares da FEMP. Redacción O presidente da Deputación de Ourense e da asociación europea de gobernos provinciais “Partenalia”, Manuel Baltar, pediu na Comisión de deputacións, cabildos e concellos insulares da FEMP, celebrada en Salamanca, un “reparto equilibrado” dos fondos europeos para as provincias, “co obxectivo de acadar máis eficiencia e practicidade na realidade local, para que os investimentos de Europa cheguen con máis celeridade e os cidadáns vexan as consecuencias positivas que teñen nos seus servizos máis próximos e nas infraestruturas dos municipios e territorios provinciais”. Baltar defendeu neste cumio de gobernos provinciais “a capacidade administrativa demostrada das provincias para

Reunión coa DO Monterrei Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva,

xestionar e distribuír adecuadamente os fondos europeos”, e solicitou “un reparto e asignación igualitarios para todas as provincias, sexan capitalidade rexional ou non”. Asemade, referiuse á importancia “de comunicar ben” e de “simplificar procedementos”, afirmando que os veciños “teñen que ver, coñecer e ser partícipes de todo o que Europa fai polas melloras sociais dos municipios e provincias”, dixo. “Proximidade aos cidadáns, igualdade territorial, promoción de oportunidades e unha xestión integrada dos fondos son as bases de como debe construírse a Europa do presente e do futuro, para que este proxecto común de millóns de persoas sexa un gran exemplo de solidariedade territorial e progreso social”, afirmou Manuel Baltar.

Particularidade provincial O presidente da Deputación Provincial de Ourense remarcou que o obxectivo pasa por “afianzar o papel das autoridades locais intermedias como xestoras directas dos fondos europeos estruturais”. Amosouse, ademais, convencido de que a capacidade de xestión administrativa demostrada polas provincias “permítelles estar en boa disposición para que os fondos europeos acaden de maneira máis eficiente á realidade social e ás empresas e organismos locais que máis o necesitan”.

con quen analizou as actuacións que esta denominación de orixe está levando a cabo coa colaboración económica da Deputación de Ourense, que desde hai uns anos destina nos seus orzamentos un importe de 50.000 euros para cada unha das denominacións de orixe da provincia de Ourense.

Baltar e Da Silva abordaron ademais o tema do traslado da sede do consello regulador, que tamén conta coa colaboración da Deputación, e repasaron aspectos relacionados coa “Ruta do Viño de Monterrei”, considerando importante que a institución provincial pase a formar parte dela.

Baltar defendeu a capacidade administrativa das provincias

Redacción Os fornos de Cea xa se preparan para a celebración do 27ª edición da Festa do pan de Cea, na que se prevé a venda de 3.500 pezas de pan. O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez, presentaron o evento. Manuel Baltar destacou “a singularidade deste produto, único pan con Indicación Xeográfica Protexida”.

Programa O programa da festa comezará o sábado 30 coa V Ruta dos Fornos, na que se pode “adquirir unha pulseira que, por 10 euros, permite visitar

todos os fornos gozando das súas experiencias gastronómicas, ademais de levar unha taza de recordo”, indicou o presidente do Consello Regulador, Carlos Rodríguez. O día grande, o domingo, ás 13 horas terá lugar o pregón, a cargo do cociñeiro Adrián Díaz García, do programa “Larpeiros” da TVG, e posteriormente ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade, e o tradicional xantar, no que está prevista a participación dunhas 500 persoas.

Presentación da 27ª edición da Festa de Cea a cargo de Carlos Rodríguez, Manuel Baltar e José L. Valladares.


O CARBALLIÑO E COMARCA

taría Xeral de Política Lingüística colabora con esta publicación. Valentín García destacou a variedade e relevancia, “non só para a comarca do Carballiño, senón para toda Galicia”, dos traballos que compoñen o último número de ‘Ágora do Orcellón’, “unha publicación que divulga cultura e ciencia en galego desde un compromiso sincero coa realidade da nosa comunidade”. Presentación do novo número da revista “Ágora do Orcellón”.

“Ágora do Orcellón” chega ao número 33 4 Política Lingüistica colabora coa publicación. Redacción O Instituto de Estudios Carballineses presentou (o pasado sábado, 23 de xuño,

na Casa da Cultura do Carballiño) o número 33 da revista “Ágora do Orcellón”. Na presentación estiveron presentes o secretario xe-

ral de Política Lingüística, Valentín García; Francisco Fumega, alcalde do Carballiño; Avelino Muleiro, director do Instituto de Estudios Carballineses; Camilo Fumega Ucha, astrónomo a quen se lle dedica un dos artigos da revista; e os colaboradores deste número Antón Pulido, Estanislao Fernández de la Cigoña, Ana Isabel Rodríguez, Manuel Mandianes e Xesús Alonso Montero. A Secre-

Contenido Este número ábrese cunha presentación do director do Instituto de Estudios Carballineses, e continúa cunha serie de artigos de temas variados que van desde a erradicación da hepatite C (a cargo de María Crespo Leiro e Ventura Ferrer Castro) ou a historia da farmacia no século 18 (da autoría de Miguel Soaje Álvarez) ata o verbo dos canteiros (de Xesús Antonio Gulías) ou a autora homenaxeada o pasado Día das Letras Galegas (de Xe-

sús Alonso Montero). Completan o volume as colaboracións de Fernández de la Cigoña Núñez (“O puzo do Lago visto por un naturalista”), Mercedes Losada (“Escoitando o silencio”), Ana Isabel Rodríguez Bernárdez (“Camilo Fumega Ucha: unha vida mirando o ceo”), Adolf Tobeña (“Urxencias secesionistas en Cataluña: adoutrinamento mediático e presión social” e “A Cataluña atrincheirada: unha aventura secesionista atrapada nun empate etnopolítico”), Domingo Dacal Morgade e Xosé Dacal Londoño (“O home das tres vidas: Cristóbal Pedro Colón Álvarez de Soutomaior. Colón e o mosteiro de Guadalupe”) e Manuel Mandianes (“Viaxe sen retorno”).

García destacou a relevancia dos traballos

Barrios 28 de xuño 2018



EN BREVE 4 RomeríaRock A organización fai unha valoración positiva da I RomeríaRock Arenteiro, que tivo lugar no Carballiño a última fin de semana de maio. O director do festival, Diego Fernández, destacou a entrega de todas as persoas que asistiron ao evento, e asegurou que o formato familiar e diurno continuará, aínda que seguirán traballando para afinar “aínda máis” a aposta polo rock para toda a familia.

4 Bos usos da

auga

O Concello do Carballiño editou un manual, “No Carballiño amamos a auga”, de bos usos da auga coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Distribuiuse nos centros educativos, comercios, hostalería, AAVV e fogares.


10

Barrios 28 de xuño 2018

O CARBALLIÑO E COMARCA

EN BREVE

Reformas na Aquilino Sánchez

4 Piscinas As piscinas municipais comezarán a tempada de verán este venres, 29 de xuño, pola mañá, e o farano con dúas xornadas de portas abertas, que serán o propio venres e o sábado, días nos que a entrada será gratuita. Durante a época estival haberá bonos quincenais (24,20 euros para adultos e de 11,90 para infantil -de 4 a 16 anos-) e mensuais (35,15 euros para adultos e 17,90 para infantil). Así mesmo, ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais.

4 Matadoiro As obras de reforma do novo matadoiro prosiguen, tras tres meses do seu comezo, co obxectivo de que poda entrar en funcionamento o antes posible, probablemente no remate do verán. O proxecto ten un custe que supera o millón de euros. O novo matadoiro disporá de 1.600 metros construidos, e terá dúas líñas de funcionamento: bovino e ovino, aínda que non se descarta que incorpore gando porcino máis adiante. Levará cinco peiraos de carga e cortes na parte posterior. Esta instalación creará uns quince postos de traballo directos.

4 Cursos Enfermeiras da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense colaboran na organización dos talleres “Pupas, Sustos e Outros Disgustos”, unha novidosa iniciativa que capacitará aos alumnos, de 3º e 4º de Educación Primaria, dos colexios da bisbarra de Carballiño, par recoñecer e actuar ante unha situación de emerxencia. O proxecto iniciouse este mes e desenvolverase ata o vindeiro de novembro, período no que se organizarán talleres en distintos colexios da comarca.

4 Temén se renova a zona de xogos do parque municipal. Redacción Presentación do cartel da 56ª Festa do Pulpo do Carballiño.

O cartel da Festa do Pulpo rende homenaxe ao tango 4 Foi elaborado pola deseñadora gráfica carballinesa Ari Quintas. Redacción O cartel da 56ª edición da Festa do Pulpo rende homenaxe ao tango con motivo da dedicatoria desta edición ao Centro do Carballiño en Buenos Aires, que este ano celebra o centenario da súa creación. O cartel é obra da deseñadora gráfica carballiñesa Ari Quintas Núñez. Unha aceiteira, unha tesoira, dúas talladas e un rabo, conformando unha parella de tango sobre un prato de madeira de pulpo, xunto co pimentón,

son os elementos centrais do cartel. “Quixen realizar unha simbiose dunha parella de tango cos aparellos propios das pulpeiras e pulpeiros”, dixo ao respecto a creadora, que se amosou moi honrada por ter a oportunidade de elaborar o cartel da Festa do Pulpo deste ano.

en Buenos Aires co gallo da celebración do seu centenario, e por iso o cartel deseñado por Ari Quintas Núñez, simboliza dun xeito evidente a simbiose do pulpo co tango, que é un elemento moi significativo de Buenos Aires”.

Recoñecemento O alcalde, Francisco Fumega, referiuse ao recoñecemento dos emigrantes carballiñeses en Buenos Aires, dicindo que “a festa deste ano se lle dedica ao Centro do Carballiño

A Festa do Pulpo este ano está adicado ao Centro do Carballiño en Buenos Aires

A praza de abastos premia aos clientes 4 Sortearanse agasallos durante a campaña de verán. R.T.

Fetiche de Pau.

A praza de abastos comezou a campaña de verán (co lema de “Enchúfate coa praza de Abastos”) que rematará o 9 de agosto co sorteo dun televisior, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño Pazo Tizón. Tamén está prevista a actuación o día 11 de agosto, víspera da Festa do Pulpo, do grupo de música tradicional galega

Dous postos Por outra banda, incidiu na próxima conclusión do procedemento administrativo para a adxudicación

dos postos vacantes da praza, e para o cal manterá unha xuntanza nos próximos días cos praceiros. Eligio González tamén se referiu a esta cuestión dicindo que en canto se completen os postos baleiros, a praza de abastos do Carballiño sería unha das mellores de Galicia, e que de feito xa estaba recuperando unha boa parte do esplendor que tivo antano.

Presentación da campaña de fidelización da praza de abastos do Carballiño.

O Concello do Carballiño leva a cabo reformas na rúa Aquilino Sánchez. O proxecto de reforma desta rúa conleva unha nova rede de abastecemento e saneamento, a conexión co colector do Carrás, alumeado, bairarrúas e asfaltado en quente. A reforma, que ten un orzamento superior aos 120.000 euros, está financiada con fondos propios do concello, e a súa execución prolongarase, aproximadamente, ata mediados de xullo. Por iste motivo, só se permite o acceso aos garaxes, pero non ao tráfico en xeral, que deberá utilizar outras vías alternativas entre a Estrada de Ribadavia e a rúa San Cibrao. Parque municipal Outra zona que está a

sufrir reformas nestas datas é o parque municipal. Comezouse a renovación do espazo e equipamento da zona de xogos infantís. A renovación realizarase en dúas fases. A primeira consiste na instalación dun novo conxunto multixogos, e a segunda na restauración doutro conxunto multixogos xa existente, así como a instalación dunha nova casiña de xogos e un columpio restaurado. A zona de xogos tamén será modificada, quedando distribuida en tres espazos de seguridade, cercados por rollizos de madeira e co chan de area.

As obras na rúa Aquilino Sánchez rematarán a mediados do mes de xullo

Rúa Aquilino Sánchez do Carballiño.

Festival “Outros países, outras músicas” Redacción As corais polifónicas de Baiona e Luou (Teo), así como a anfitriona, o Coro de Cámara Música Viva, do Carballiño, conforman o cartel do terceiro festival “Outros Países, Outras Músicas”, que organiza esta agrupación carballiñesa en colaboración co concello do Carballiño, Deputación de Ourense, consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, e a Federación Galega de Corais. O evento terá lugar este domingo, 1 de xullo, ás 20 horas, no templo da Veracruz. As idades dos participantes están entre os 9 e os 16 anos. O programa traerá cancións de países europeos, americanos, Galicia e outras comunidades españolas. O coro Música Viva interpretará, entre outros temas: Borrée, de J.S. Bash; Hallelujah, de Leonard Cohen, ou Ao pasar por Camariñas, de X. Domínguez.


DEPORTES

Cursos de verán no Hipódromo de Antela Redacción Durante este verán no Hipódromo de Antela pequenos e maiores terán a oportunidade de gozar de variadas actividades ecuestres, en contacto directo cos cabalos. En xornadas matinais, desde as 10 ás 14 horas, de luns a venres, desenvólvense as sesións de lecer e actividades a través destes cursos de verán ecuestres, que comezan cos conceptos imprescindibles relacionados co manexo e coidado do cabalo, clases de equitación

-teóricas e prácticas- e ademais haberá a opción de iniciarse na practica do rugby touch. Toda unha opción para gozar do teu verán no hipódromo de antela a través do Club Deportivo Ecuestre de Ourense. Quendas Haberá catro quendas: do 9 ao 13 de xullo; do 23 ao 27 do mesmo mes; do 6 ao 10 de agosto; e do 20 ao 24 dese mesmo mes. Os cursos terán unha duración de 20 horas. Máis información e inscricións en clubdeportivoecuestreourense@ gmail.com ou no teléfono: 661 719 170.

Sete medallas para o Sincro Ourense 4 No Trofeo Casino. Redacción As instalacións do Sporting Casino da Coruña acolleron o III trofeo Sporting Casino de natación artística, nas modalidades de Rutinas Libres Combinadas e de Equipo nas categorías de Escola e Base. O Sincro Ourense logrou un total de sete medallas no que foi a despedida na tempada de competición para as súas deportistas.

Medallas En equipos, as de base

4 fixéronse co ouro por equipos e bronce en combo; a base 2, logrou un bronce; a base 3, colgouse a prata. En combos, a base 1 foi terceiro (bronce); a base 2, segundo (prata); e a base 3, terceiro (bronce).

Execución do exercicio do base 3 do Sincro Ourense.

Barrios 28 de xuño 2018

11

Campionato internacional de wushu Redacción O pavillón dos Remedios acollerá esta fin de semana o 17º Campionato Internacional de Wushu Cidade de Ourense, coa presenza da selección chinesa. O conxunto chinés ofrecerá tamén unha exhibición durante a inauguración, o sábado ás 17 horas; e un espectáculo no Auditorio, o domingo, ás 19 horas. A delegación chinesa ofrecerá entre o 2 e o 6 de xullo un taller para deportistas de base e de alto nivel de Galicia.


12

Barrios 28 de xuño 2018

DEPORTES

Rubén Diz e Vicky Losada dominan no centro 4 Na terceira proba puntuable do “Correndo por Ourense”. R. Torres Rubén Diz e Vicky Losada foron os vencedores na terceira xornada do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” (ademais dominan a clasificación provisional do circuíto). Nesta ocasión desprazouse as rúas do centro da vella Auria onde houbo un convidado pouco aplaudido polos participantes: a calor.

Máis de 35º marcaba o termómetro do parque de San Lázaro para desesperación dos atletas cada vez que pasaban ao carón da subdelegación de Goberno. A pesar de todo ningunha carreira tivo incidencias salientables e todos puxeron o seu gran de area a unha cita deportiva que encheu a rúa do Paseo de xente animando aos valentes deportistas. En canto á carreira abso-

Participantes da carreira infantil e cadete. /RAMSÉS.

luta, Rubén Diz (Ourense Atletismo) foi o vencedor despois de deixar atrás ao seu máximo rival, José Manuel Corral (Atletismo Arenteiro). O primeiro empregou un tempo de 18 minutos e 40 segundos, con 15 segundos de vantaxe con respecto ao atleta do Arenteiro (18:55). A terceira posición foi para Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) con 19:11 minutos. Cuarto sería Fernando Montes (19:40 minutos) e quinto, Alejandro Montero (Ourense Atletismo) con 19:58 minutos. O sexto foi o primeiro veterán C, Saturnino González (Atletas Veteranos Ourense), con 20:15, e na sétima posición entraría o primeiro xuvenil, o atleta do Club Deportivo Aurum, Alejandro Crespo con 20:18. Mulleres En mulleres, foi Vicky

Vicky Losada e Rubén Diz, os vencedores. /RAMSÉS. Losada (Burgas Atletismo) a máis rápida cun tempo de 23 minutos e 33 segundos. Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo) remataba segunda ao facer 25:14. Terceira era a atleta do Pato Blanco de Celanova, María del Carmen Arias con 25:28 minutos.

Begoña Domínguez (Atletismo Arenteiro) foi cuarta -25:41 minutos- e Cristina López (Burgas Atletismo) quinta -26:30 minutos-. Setembro Durante os meses de xullo e agosto o “Corren-

do por Ourense” fai un parón. Este circuíto de carreiras populares, que cada vez conta con máis participantes, regresa no mes de setembro. E o fai con dúas carreiras: o 9 de setembro a actividade trasládase ata As Lagoas para disputar, a partir das 12 horas, a carreira da Universidade; e o día 30, o barrio da Ponte acolle a quinta xornada desta oitava edición. Rematará, como cada ano, no mes de outubro no barrio da Carballeira, como preludio á carreira do San Martiño.

O “Correndo por Ourense” regresa en setembro coas probas das Lagoas e A Ponte

Saída da carreira absoluta do “Correndo por Ourense” na rúa do Paseo. /RAMSÉS.


DEPORTES

Sánchez e Buján vencen no Descenso do Miño Integrantes do grupo show CD Ourela.

O Ourela pecha a súa mellor tempada 4 Na Copa Deputación acadou 13 medallas. Redacción O Ourela asina a súa mellor tempada. Coas 13 medallas conseguidas o sábado na Copa Deputación de patinaxe artística en Carballiño (7 ouros, 3 pratas e 3 bronces), o Ourela pecha un curso ateigado de grandes resultados. Unha semana antes, o seu grupo show de secundaria subía ao podio no galego

de segunda categoría, clasificándose en terceiro lugar entre os 21 grupos participantes. Repetían así o magnífico bronce conseguido no Trofeo Internacional de Vigo onde competían 27 grupos. Ademais lograron medallas no Xogade (dúas prata e ouro-) e no Trofeo Concello de Teo (con oito podios -cinco ouros, unha prata e dous bronces).

4 Os palistas do Barco Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez León foron segundos. Redacción O Descenso do Miño celebrou co seu 50º aniversario. Unha proba asentada no panorama deportivo de Ourense en época das súas festas

maiores (do Corpus). Este ano volveu a repetir unha gran participación de palistas que se atreveron co Miño -tramo entre Os Peares e o encoro de Velle- e cos 40º que nos deixou a xornada do sábado, 23 de

xuño. Na proba raíña (K-2), Brais Sánchez e Breixo Buján impuxéronse á parella formada por Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez León (do Barco) por menos dun segundo de diferenza. Santiago Cruz e Antonio Rey remataron terceiros. En K-1 a vitoria foi para Antonio Palmás sacándolle máis de 10 segundos a Alberto Pigueiras. En mulleres, Ángela Baulde e Rebecca Laurijssen quedaron por díante de Carmela e Araceli Menduiña. En K-1 vitoria para Tania Fernández.

Barrios 28 de xuño 2018

13

EN BREVE 4 BTT Saúl López proclamouse o pasado domingo, 24 de xuño, campiónde Galicia de BTT XCo, na proba celebrada en Sanxenxo e coa forte calor coma protagonista. O ciclista ourensán lograba unha vitoria -na categoría elite- que durante tanto tempo se lle negou. En júniors, o título foi para Carlos Canal despois de vencer con suma autoridade nesta proba. Na mesma categoría pero en mulleres, o campionato tamén foi ao Academia Postal Maceda ao vencer Andrea García. Pola súa banda, Noela Saa quedabase tíñase que conformar coa segunda posición. E Raúl González era terceiro en sub 23.

4 Escalada

Participantes no 50º Descenso do Miño. /RAMSÉS.

Ourense acolleu o galego de escalada en bloque proclamándose campións Alejandro Crespo (homes) e Antía Frietas (mulleres).


14

Barrios 28 de xuño 2018

4AXENDA - Exposicións - Ata o 30 de xuño Exposición escultórica de Pablo Fernández Parada - CSA Cambalhota (Allariz) - Ata o 1 de xullo - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Música - 30 de xuño - Enofestival: Cooper, Mad Mission e Anaut - 20:30 h Centro de Interpretación das Burgas Festas de Ourense Concertos na Praza Maior (22:30 h): - 28 de xuño - Xestreu e Treixadura - 29 de xuño - Sidonie - 30 de xuño - Guadi Galego e Ramón Mirabet Orquestras na rúa do Progreso (01:00 h): - 28 de xuño - Combo Dominicano - 29 de xuño - Panorama - 30 de xuño - Olympus Deportes - 30 de xuño e 1 d xullo - “ XVII Campionato Internacional de Wushu Cidade de Ourense” - 9 h - Pavillón dos Remedios - 30 de xuño - “V concentración Aeromodelismo de Ourense” - 10 h - Santa Mariña - 30 de xuño - Gran Trofeo de Tiro ao Prato “Ourense a Provincia Termal” ” - 10 h. - Campo de tiro de Eiroás - 30 de xuño - Copa Deputación de Hoquei 2018 - 16 h. - Campo de Hoquei de Mariñamansa - 30 de xuño - “Trofeo de Chave Cidade de Ourense” - 16.30 h. - Alameda de Ourense Outros - 28 de xuño- Obradoiro de reciclaxe - 18:30 h Nenoos Ourense (rúa Pura e Dora Vázquez 23) - 28 de xuño - Presentación do libro “O sapoconcho”- 20 h - Nenoos Ourense (rúa Pura e Dora Vázquez 23) - 3 de xullo - Contiños con Susana - 18.30 h - Biblioteca Pública - Todos os martes e venres de xullo - AquaDance - 13 h. - Piscina Municipal do Carballiño www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Ourense despídese do Campionato de España de Baile Deportivo 4 Contou coa participación de 2.000 persoas. Redacción

monio.

Hip Hop, Standard e Latinos protagonizaron a última xornada do Campionato de España de Baile Deportivo 2018. Sesenta parellas de todas as idades participaron na Copa Promoción “Ourense, Capital Termal” de Standard e Latinos. No Campionato de Hip Hop participaron máis de 100 deportistas de todas as idades. Os clubs que conseguiron maior número de campionatos e subcampionatos foron os de Lugo, Elxe e Santander. Ata a capital lucense foise o ouro en categoría Mini conseguida por “Little King” con tan só catro anos de idade ata o ouro en categoría Premium que foi para as “Badmamis”. A xornada de tarde centrouse no nacional de Latinos coas roldas de clasificación e a final. A gala de clausura estivo presentada polo xornalista de Televisión de Galicia, Rodrigo Vázquez, e contou coas actuacións de Soraya Arnelas (Eurovisión e Operación Triunfo), Daniel Minimalia, Aneu, Miguel Arias, Trío de Ases e Fillos do Estra-

Ourense A participación ourensá nestes Campionatos, representada polos deportistas do Club Moovett, saldáronse con dúas pratas e dous bronces na categoría de Bailes Caribeños. Laura Rei, Carla Estévez, Ana Nóvoa e Ada Rúa, foron bronce. Joel Cruz e Ada Rúa, prata. Ada Rúa, tamén prata en show dance individual. E Jana Estévez e Lara Pérez, bronce. Ada Rúa é, por tanto, a deportista ourensá con mellor palmarés con dúas pratas e un bronce. Baile social No que respecta ao I Congreso Internacional de Baile Social “Ourense, provincia Termal”, concluíu coa exhibición, no Paco Paz, de Eddie Torres e María Chiara, Nuno e Vanda, Arlu e Isa, David e Celia, Lucía Medina e Nuria Rodríguez, Bruno Mouro, Guillem e Rosa, Jefferson e Angie, Nair Martínez, Karel Flores, Alma Latina, Enah e Carolina, Ye Mambo, Karen e Ricardo e Yamulee. P Para completar a gala houbo concertos de varios dj´s internacionais.

Unha das competicións do baile deportivo celebradas en Ourense esta pasada fin de semana.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Jaime Noguerol, “J” Cada domingo recéitanos crónicas lacerantes e adictivas, amores ferintes, luces de neón, maquis e incivís gardas civís da raia contrabandista. Abastécenos de excesos, de defectos, da cara B da movida madrileña, da maldición da adiviña e as predicións do chamán, detendo o seu ángulo inverso nas entrañas dunha cidade durmida, viciada, ingrata e servil. O seu corpo enxoito soborda enerxía e disimula unha existencia vivida sen reparos. Intenso, rebelde, desencantado, busca refuxio nas letras e nelas atopa resposta ás preguntas nunca pronuciadas. Relator con alma de alquimista, furga na ferida evitando que peche en falso. Coa urxencia dos su-

pervivintes dunha xeración aniquilada e a mirada apuntando ao averno, atravesa, a paso firme, a rúa do Paseo. Tal vez fuxa da infausta sombra que persegue aos intrépidos, a quen tece historias sen

Imaxe de Jaime Noguerol

deixar de mirar aos ollos a un mundo cabrón non apto para inconformistas. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 28 de xuño 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº62 - Ano: XI - 28 de xuño de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

A Madriña Viñamos da casa grande de Baxán e o pai levoume para que coñecera uns primos e a madriña, que viñeron de Caracas; seica son xemelgos e van quedar ca avóa Anuncia. Di o pai ca madriña e o padriño, querianme moito e xogaban comigo cando vivíamos en Caracas. A madriña chamase Lourdes como unha virxe francesa e o padriño Pedro, por eso a min me puxeron Pedro de primeiro nome, eso amolame moito, pois o mestre anda sempre “Pedro para aquí, Pedro para acolá...” e por máis que lle digo que me chamo Avelino, retrucame e di que me vaia acostumando e co primeiro nome é o importante. A min dácheme o mesmo o que diga, os da casa chamanme Aveliniño e os de Ribas do Asneiro tamén e, de todolos xeitos, de grande ou me chaman Avelino ou non lles respondo. De volta paramos na taberna do Viso, por enriba da estación do ferrocarril, e tomamos o de sempre: papá unha xarra de medio

“Xa non tiña medo, xa me pareceu aquela unha aventura marabillosa con papá”

neto de viño do Ribeiro, eu unha “Mirinda” de laranxa e para o Moro, o cabalo, uns terróns de azucre. Enredamos un bo anaco ata que se nos fixo de noite. Cando saímos os dous a cabalo xa era noite pecha e o pai falaba co Moro como se fora unha persoa: “vai polo carreiro”, “sube o portelo da costa”, “xoo, cabalo, xoo”, “tranquilo, non esvares Morito”, “imos pequeniño, imos”. De súpeto, un lóstrego alumeou o camiño e despois un tronar sentiuse na noite. Baixando a costa de Viñoá pola pista vella de Mouriscade, comezou a chover, despois máis que chover diluviaba, como se a botaran a caldeiros, os lóstregos e os tronos alternábanse enchendo a noite de son e luz, e a min de medo e frío. Agora as sombras das xestas eran lobos, ou espíritos descarnados da Santa Compaña, ou bruxas, ou demos que saían das fonduras dos infernos. -Tranquilo, non te asustes, non pasa nada, pequeniño, eu xa coido de ti. Un pouco máis adiante está a ponte da vía, alí xa nos acollemos. Faloume coa súa voz firme, doce, amorosa, e funme sentindo mellor. Non tardamos moito en chegar debaixo da ponte, prendeu lume e secamos a roupa e tapoume coa manta que

levaba o Moro. Vestiume con moito agarimo,a camisa quentiña e os seus bicos fixeron o resto. Xa non tiña medo, xa me pareceu aquela unha aventura marabillosa, todo o que pasaba con papá era marabilloso. Pouco a pouco a tronada foi perdendo forza, e aínda se oía algún trono, pero a cada paso menos. Mentres o lume consumía as últimas xestas foi parando de chover, montamos e arrincamos cara Ribas do Asneiro. Cando baixabamos cara ao río, ao coller a pista chegando a Santomé, preguntoume: - E tes medo aínda? - Non, papá, xa non teño medo. - Por qué? Se non sabes o camiño para a casa, non sabes para onde vas. - Xa, pero iso non me importa nada, eu sei que ti si sabes o camiño e vasme levar. Anicouse e doume outro bico, notei que lle tremaba a voz, deulle unha chupada o pitillo e dixo: - Ti si que te fías de min, pero agora déixate de andrómenas que aínda nos queda un bo anaco para chegar a casa. E, por certo, disto nin unha verba á avóa Hortensia. Avelino Jácome

TRABALLO Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en resi-

dencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Precísase profesora de Física e Químia e Tecnoloxía para dar clase a unha rapaza de 3º ESO. Tel. 606 70 63 58.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndese piso en Portonovo, céntrico, 3 habitacións, 2 baños, cociña, salón e praza de garaxe. Calefacción. 92 m2 útiles. Preto das praias. Prezo

169.000 eu. Tel. 636 329 524. Véndese finca edificable en Rante, 750 m2, precio xa rebaixado. 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Alugo casa de 160 m2 con finca, terraza e piscina en Verín. 190 eu ao mes. Só xente responsable e con informes. Tel. 606 42 25 43.

VENDAS Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 28 de xuĂąo 2018

Barrios 62  

Xa está publicado o novo número do Barrios.

Barrios 62  

Xa está publicado o novo número do Barrios.

Advertisement