Especial: calendario do Mundial de Fútbol de Rusia 2018 [Páx. 8 e 9]
CIDADE
Páx.5
Fran Gayo renuncia a continuar como director do Festival de Cine de Ourense
VERÍN
Páx.10
Gran aceptación das I Xornadas de Novela Histórica celebradas en Verín
PROVINCIA
Páx.11
O Plan “Ourense, a provincia termal” pasa pola oferta balnearia
DEPORTE
Pax.13
A II Milla Urbana de Ourense volveu a recadar fondos para a AECC
CULTURA
Páx. 14
39 concertos e máis de 90 actividades nos nove días das Festas de Ourense
5 millóns para obras no Concello de Verín
[Páx. 3]
Ourense segue cos orzamentos de 2014
A Copa pecha un ciclo [Páx. 12]
[Páx. 2]
A UDO fíxose coa Copa Deputación. // Verín construirá dúas pontes e renovará iluminación e parque móvil. // A oposición ourensá rexeita de novo o proxecto de orzamentos./R.T.
Número: 61 - Ano: XI - 21 de xuño de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 21 de xuño 2018
TEMA DA SEMANA
Os edís de DO, PSOE e OUeC, votando en contra do proxecto de orzamentos no pleno extraordinario./RAMSÉS.
Ourense, camiño de completar un mandato sen orzamentos 4 A oposición insiste na “ilegalidade” das contas propostas polo PP e bota abaixo un novo intento de aprobación. Redacción Unha vez máis, este 19 de xuño, a oposición vén de tumbar un novo intento do alcalde de Ourense de chegar a un acordo para a aprobación dos orzamentos municipais. Así, o Concello de Ourense continúa coas contas de 2014 prorrogadas, as cales foron aprobadas no seu momento polo Partido Socialista.
A oposición manifestou a súa discrepancia en canto a que sexan os orzamentos “máis sociais”
O argumento de DO, PSOE e OUeC seguiu destacando a “ilegalidade” deste proxecto de orzamentos, de acordo co informe do interventor. Así mesmo, as tres formacións mostraron a súa discrepancia en canto a que sexan os “máis sociais da historia”, tal e como repetiu unha e outra vez a edil de Facenda, Ana Morenza. A once meses dunhas novas municipais Xesús Vázquez non ten outra saída que chegar a acordos puntuais para sacar adiante modificacións de crédito, xa que dende este pasado maio o rexedor ourensán xa non pode
optar por unha cuestión de confianza vencellada á aprobación destas contas, porque segundo a lexislación non pode realizarse dende un ano antes das eleccións. Os reproches e a discusión constante entre os distintos voceiros marcou un pleno extraordinario do que xa se agardaba o final antes de que dese comezo. Goberno e oposición acusáronse mutuamente de bloquear o futuro de Ourense. Orzamentos de 2019 Despois desta sesión, o alcalde de Ourense explicou que a negativa da oposición xa estaba fixada
dende fai moito tempo. “Non foi por falta de documentación ou por ile-
galidade, senón que tiñan adoptado fai moitos meses que ían dicir que non. E o que si lles plantexo é: que van seguir facendo cando lles presentemos uns novos orzamentos?”, preguntaba Xesús Vázquez, quen adiantou que o seu grupo de goberno xa se encontra traballando nas contas municipais de 2019. “Xa se empezou a traballar para establecer o teito de gasto por parte do órgano de xestión ao que lle corresponde”, detallou. Ademais, explicou que a pesar de que coñecían cal sería a resposta dos demais partidos, o PP quería defender o seu proxecto. “Moita xente preguntounos por qué se sabiamos que nos ían dicir que non. Queriamos seguir adiante con ese pleno, pois para explicar que eses orzamentos non son ilegais, son os que a cidade precisaba, hai catro informes que os avalan e o que estaban é buscando unha disculpa para decir que non”, reclamou. “Eses orzamentos supoñían un impulso para a cidade na medida en que daban resposta ás deman-
das máis básicas, arranxar parques e xardíns, beirarrúas, seguir dando pasos no ámbito da dependencia. Eses orzamentos viñan a consolidar esas melloras e favorecer a situación de moitas entidades que dependen deles para dispor de fondos e facer a súa función”, concretaba o alcalde ourensán. Para finalizar, lembrou cales serán os pasos máis inminentes que seguirán estas contas rexeitadas. “Unha vez que haxa a liquidación, haberá que falar das axudas ás entidades sociosanitarias, culturais, veciñais e comerciais, que son as que máis me preocupan. Traerémolas divididas para que non haxa ningún inconvinte por parte da oposición e que se vaian decantando e digan cales apoian e cales non”.
Xesús Vázquez adiantou que o seu grupo de goberno xa traballa nas contas de 2019
O alcalde de Ourense acudiu á sesión, sabendo do rexeitamento da oposición, co fin de defender a legalidade do seu proxecto./RAMSÉS.
42 escolares fixeron un mural na rúa Lisa que leva por título “Mulleres que cambiaron o mundo”.
Verín súmase á loita contra a violencia de xénero 4 A Mancomunidade acolle a primeira Mesa de Coordinación Interinstitucional. Redacción A casa consistorial do Concello de Verín foi a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. A finalidade foi a de convocar ás diferentes institucións implicadas na loita contra esta lacra, para dar unha resposta máis efectiva aos casos e incidir na importancia da prevención primaria. Según explicou Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, os obxectivos desta primeira mesa foron aprobar as bases dunha futura colaboración entre as diferentes institucións e a posible creación dun futuro plan de coordinación comarcal para a prevención primaria da violencia de xénero. A mesa de coordinación terá lugar como mínimo cada seis meses. Centro de Información á Muller Por outra banda, o Centro de Información á Mu-
ller mencionou, entre outras propostas, a necesidade de dispoñer dun Punto de Encontro Familiar na comarca, levar a cabo un Observatorio de Igualdade a nivel comarcal, para realizar unha diagnose do que está acontecer e poder intervir con maior precisión, e unha colaboración comarcal para ofertar aos menores vítimas de violencia de xénero máis recursos lúdicos e educativos para axudar a sobrelevar a situación.
TEMA DA SEMANA
A ponte da Preguiza dará servizo aos usuarios do hospital de Verín 4 Unirá a avenida de Laza coa alameda. Redacción O Concello de Verín vai acometer a construcción de dúas pontes sobre o río Támega, que darán lugar a circunvalación norte e sur, permitindo desconxestionar o tráfico da vila. Unha delas, a da Preguiza, unirá a avenida de Laza coa alameda e a este coa estrada de Vences, dando servizo aos usuarios do hospital de Verín. Iluminación Esta acción compleméntase coa de cambiar 4.000 luminarias (as convencionais por LED) para reducir o custe do consu-
mo de enerxía eléctrica por parte do Concello (estímase que ese recurte estará en torno ao 80%) e mellorar a iluminación nocturna. Ademais, farase unha reforma integral dos principais accesos aos núcleos máis poblados do rural. A licitación deste proxecto de cambio da luminaria sairá a concurso. Outra das operacións que se realizará será a da substitución do parque móvil coa fórmula de renting a longo prazo. Inversión Estes proxectos serán posible grazas a un plan de execución que debe iniciarse nos vindeiros 18 meses e
acadarán un orzamento de cinco millóns de euros. Do montante da operación, 1.300.000 euros proceden dos orzamentos deste ano, 700.000 serán como adianto aos do ano que vén chegando deste xeito aos dous millóns de euros. O resto (tres millóns) dividirase entre o remanente de tesourería (1,5 millóns) e un préstamo financieiro a longo prazo.
A licitación do cambio das 4.000 luminarias sairá a concurso
Hospital Redacción En Marea reclama que se solventen as carencias asistencias no Hospital de Verín. A formación esixe unha solución ao deterioro dos servizos de traumatoloxía, pediatría, asistencia domiciliaria e paliativos, e critica a crecente precarización das condicións de traballo dos profesionais. Ata o centro desprazáronse o voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado Davide Rodríguez, para abordar necesidades e carencias con representantes do persoal. Na visita aseguraron que continuarán insistindo no Parlamento de Galicia para conseguir que “a asistencia sanitaria pública e de calidade chegue á cidadanía”.
Orzamentos 2016 Redacción
Mural 42 escolares realizaron un mural na rúa Lisa, dentro dun proxecto denominado “Mulleres que cambiaron o mundo”.
Reunión da mesa de coordinacion violencia de xénero.
Barrios 21 de xuño 2018
4.000 luminarias cambiaranse na vila e noutros núcleos rurais./ M. REJO.
Desde o Partido Popular -oposición no Concello de Verín- denuncian que o orzamento do ano 2016 deixou un resultado negativo. O seu voceiro, Jiménez Morán, considera que esto se debe a un “exceso no gasto corrente” e “despilfarro dos recursos públicos”. Aseguran que o gasto nese ano incrementouse en algo máis de 725.000 co límite de gasto establecido. Tamén afirma que o período medio “de pago a proveedores situouse nos nove meses, cando o límite legal está nos dous”.
Barrios 21 de xuño 2018
CIDADE
EN BREVE
Expourense quere mellorar a súa infraestrutura
4 Concilia O Concello ten aberto, ata o 28 de xuño, o prazo para inscribirse nas actividades de Concilia Verán 2018, dirixidas a alumnos de Educación Primaria. Os interesados en apuntarse nos centros de ensino ou na Aula da Natureza deberán inscribirse nos locais da Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, número 2, 1º, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
4 LGTBI As actividades da Concellería de Igualdade para celebrar o Día do Orgullo LGTBI pasan por unha carreira contra a homo-lesbo-transfobia e as violencias de xénero (día 24 ás 12 horas no Paseo), e un obradoiro de empoderamento erótico para mulleres (día 27 no Centro Cívico A Ponte) e a proxección de películas (na biblioteca pública ás 20.30 h do día 20).
4 A Xunta analizará as vías de colaboración. Redacción Acto de concesión do Hororis Causa a Jacquelyn C. Campbell. /RAMSÉS.
Jacquelyn C. Campbell, doutora Honoris Causa A Universidade de Vigo vén de concederlle o título de doutora Honoris Causa a Jacquelyn C. Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins. Campbell é todo un referente nos estudos sobre violencia sobre a muller, e por iso a profesora María Lameiras foi a impulsora desta proposta. O acto celebróuse por primeira vez en Ourense, este mércores 20 de xuño, e coa estadounidense súmase a cuarta muller que recibe esta distinción da universidade galega.
4 Muíño da Veiga O Concello de Ourense realizou as obras de limpeza nas pozas do Muíño da Veiga cunha patrulla da concesionaria municipal dos servizos de Limpeza, Ecourense. Anteriormente, usuarios e o grupo da oposición Democracia Ourensana denunciaran o lamentable estado das pozas.
Inauguración da exposición sobre os 100 anos da ponte Nova. /M. REJO.
O alcalde de Ourense, como representante de Expourense reuníuse co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, xunto coa directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, co fin de impulsar a multifuncionalidade do recinto de Expourense. O obxectivo que plantexan desde Expourense é promover a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto. A Xunta comprometeuse a estudar novas iniciativas. Durante 2017, Expourense celebrou 11 fei-
ras, dúas delas de carácter internacional, e 29 eventos, que atraeron 89.000 visitas e 940 expositores de 46 países. A pista, pola súa banda, acolleu numerosos campionato entre os que se atopa o nacional sub 20 de pista cuberta. Termatalia Ecuador será un dos países participantes en Termatalia 2018 que este ano se celebra en Foz do Iguazú, Brasil. Ademais, preséntase como candidato a acoller Termatalia 2020.
Desde Expourense queren impulsar as actividades do recinto
Exposición sobre a ponte Nova A rúa do Paseo alberga unha exposición de sete paneis con información sobre a ponte Nova e imaxes da súa construción e dos seus planos. Estará visible ao público ata o 19 de xullo. Esta exposición está enmarcada dentro das actividades programadas para a celebración dos cen anos desta infraestrutura civil (a segunda ponte sobre o río Miño ao paso pola nosa cidade). Concello de Ourense e Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia son os encargados de levar a cabo esta mostra grazas a un convenio de colaboración.
Sol Vázquez, Marta Míguez, Jesús Vázquez e Francisco Conde durante a reunión.
CIDADE
O Festival de Cine pende dun fío 4 Fran Gayo renuncia a seguir como director. Redacción O director artístico, Fran Gayo, e a productora ejecutiva do Festival de Cine de Ourense (OUFF), Analía G. Alonso, nos dous últimos anos, renunciaron a continuar no mesmo debido a que a catro meses da data suposta do festival non teñen “unha proposta firme e formal” que garanta a “boa consecución dun festival”. Ademais, tam-
Fran Gayo. /ARQUIVO.
pouco tiveron resposta favorable sobre a súa continuidade despois da edición deste ano. Director e produtora aseveran que foi unha decisión “moi difícil e triste” pero ao tempo “irrevocable”. Alcalde O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, escudábase en que coa nova lei de contratacións era imposible “atender as esixencias que nos pedía” e ve practicamente “imposible” que este ano haxa OUFF. Unha das opcións que se plantexan é a de sacar a concurso a edición deste ano, ou ben mediante unha contratación directa.
Levántanse as actas para a estación intermodal 4 Adif reuniuse cos representantes dos propietarios dos terreos. Redacción Paso previo á construcción da intermodal é a de levantar as actas previas á ocupación urxente dos terreos. A Concellería de Urbanismo acolleu o martes desta semana unha reunión entre Adif e os representantes dos propietarios dos terreos onde se construirá a estación de ferrocarril e o aparcamento soterrado. Trataron aspectos coma os bens a expropiar, superficies das parcelas ou dereitos existentes nos terreos afectados polo proxecto. Despois procedeuse ao levantamento das actas previas para a ocupación dos terreos. O levanta-
mento das mesmas é o paso previo necesario para o depósito das compensacións pola expropiación; e para a súa ocupación e posta en marcha das obras. Segunda reunión Tras esta primeira reunión houbo unha segun-
da. Nesta ocasión foi cos propietarios dos terreos expropiados para a construcción da futura estación de autobuses. O Concello é o encargado destas expropiacións, xa que é a administración responsable de xestionalas.
Barrios 21 de xuño 2018
EN BREVE 4 Albergue O novo albergue de peregrinos de Ourense, situado entre as rúas da Barreira e das Burgas, foi recibido pola Xunta de Galicia -executora da súa rehabilitación a través de Turismo de Galicia- da man da empresa construtora. Conta cunha capacidade para 50 prazas ou liteiras.
4 Cáritas
Cáritas Diocesana de Ourense pon en marcha o novo centro de atención integral “Virxe de Covadonga”. O centro quere ser un lugar onde prime a atención ás persoas, a acollida integral e oportunidades de formación.
4 Luminosisade
Estación de tren de Ourense. /ARQUIVO.
O Concello e a Universidade de Santiago loitarán contra a contaminación luminosa cun estudo conxunto para determinar os parámetros óptimos para iluminación nocturna da cidade.
Barrios 21 de xuño 2018
EMPRESA
Centro Médico El Carmen acada a Gestión 500+ 4 É un selo de Excelencia Europea. Redacción O hospital ourensán Centro Médico A Carmen obtén o Selo de Excelencia Europea 500+, segundo a EFQM. Trátase da máxima cualificación en canto a selos de calidade. Convértese así no primeiro hospital galego en obtela. Para conseguila implicáronse 12 traballadores do Centro Médico a Carmen, especialistas en Calidade, así como a Dirección en pleno. Ademais, foi necesaria unha perseveranza na continuidade da excelencia de varios anos consecutivos, demostrando tamén unha clara orientación ao
paciente e responsabilidade social. “Esta certificación recoñece a mellora substancial na xestión global do hospital e a mellora da calidade asistencial para o paciente”, explica José Carlos Rodríguez Mouriz, xerente do hospital.
Centro Médico El Carmen.
Perruquería JM, premio a toda unha traxectoria A perruquería JM da Valenzá e Progreso, en Ourense, continúa á vangarda das últimas tendencias para darlle o mellor sevizo de estética masculina actual. Grazas a súa traxectoria profesional, 20 anos no sector, o propietario de JM Perruquería-Tatoo, José Andrés Montero Mesa foi galardoado coa medalla de Ouro da Asociación Española de Profesionais da Imaxe entregada polo seu presidente, Petro Valverde, no prestixioso Hotel The Westin Palace. Desde hai 20 anos buscan a beleza masculina cos seus orixinais e modernos cortes de pelo, as mechas e tinguiduras en cores imposibles ou o afeitado e
arranxo da barba. Esta é unha das poucas barbarías de cabaleiros que ofrece unha gran variedade en produtos para o coidado do cabelo, a
barba e a pel. Non podía ser menos posto que José Andrés provén dunha familia con tradición perruqueira, herdada do seu pai e tíos.
Pero na súa constante renovación e para satisfacer a demanda dos seus clientes ten ampliado os seus servizos. Agora tatuarse ou poñer un piercing tamén é posible na perruquería JM. Delio Tatoo, un dos mellores tatuadores de Galicia, plasmará sobre a túa pel o que ti desexes. Horarios Este establecemento está á túa disposición de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 9.00 a 13.30, nos seus dous locais, o da avenida de Celanova 22 -A Valenzá- (Tel. 677 098 251) e Progreso 51 (Tel. 634 934 344).
José Andrés Montero, recibindo a medalla de ouro.
O premio foi concedido pola Asociación Española de Profesionais da Imaxe
VERÍN E COMARCA
A Feira do Viño de Monterrei xa ten imaxe 4 Presentáronse un total de 37 propostas. Redacción A décimo terceira edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta con cartel anunciador. A proposta seleccionada -que obtivo un premio de 600 euros- pertence a Diego Gil Hernando e Toño Gutiérrez Sanz, e foi elixida entre un total de 37 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei. Os autores desta obra, presentada baixo a lema “Brindemos”, son arquitecto de interiores e artista plástico, respectivamente. Ao longo deste ano alzáronse vencedores noutros concursos como o programa de man da LXII Festa da Oliveira de Moura, cartel das festas de Lasarte, concurso da camiseta oficial do festival internacional de teatro de Almagro, e conseguiron o terceiro premio no V Certame Nacional de Ilustración Mulafest e DXT, entre outros. O xurado encargado de elixir o cartel anunciador estivo conformado por Cristóbal Boo, vocal e representante do Consello Regulador do D.O. Monterrei; Purificación Caldelas, concelleira de Turismo,
Comercio, Balnearios e Transportes de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica e Sergio Crespo, experto en fotografía. Feira A décimo terceira edición da Feira do Viño de Monterrei celebrarase en Verín os días 10, 11 e 12 de agosto. Viños xenerosos A finais do mes pasado a Denominación de Orixe rematou a segunda sesión
Presentación do cartel gañador da Feira do Viño de Monterrei 2018.
4 No campionato “SuperMatik”. A verinesa Sara Salgado Rato (9 anos) obtivo o primeiro posto nos Campionatos escolares internacionais “superTmatik” de cálculo mental. A alumna do CEIP Amaro Refojo, acadou o primeiro posto na súa cate-
A obra gañadora, que pertence a Diego Gil Hernando e Toño Gutiérrez Sanz, obtivo un premio de 600 euros
goría, entre os 28.000 participantes, cun tempo de 39 minutos e 11 segundos. A cativa, xunto co director do seu centro, foi recibida no Concello de Verín por Emilia Somoza, concelleira de Educación e Diego Lourezo, concelleiro de Mocidade, quen quixo des-
tacar “o gran orgullo que para os nosos cidadáns supón contar cunha verinesa entre os mellores do mundo en calculo mental, sobre todo tendo en conta que tivo que medir as súas destrezas ante nenos e nenas de 46 nacionalidades diferentes”.
Sara foi recibida no Concello de Verín.
Datas de admisión e matrícula no IES García Barbón 2018/2019 Estudos de Bacharelato Nas ensinanzas de Bacharelato a matrícula da convocatoria ordinaria está aberta do 25 de xuño ao 10 de xullo. A matrícula da convocatoria de setembro é do 1 ao 10. Formación Profesional A presentación de solicitudes de admisión nos ciclos formativos de grao medio e superior é do 25 de xuño ao 3 de xullo, ás 13 horas. O prazo de matrícula é do 17 ao 24 de xullo, ás 13 horas. No caso da Formación Profesional Básica está aberta a matrícula do 1 ao 12 de setembro. Outras ensinanzas Na Educación Secun-
Sara Salgado, primeira en cálculo
Redacción
do curso “Aproximación aos viños xenerosos”. Á acción formativa asistiron un total de 18 alumnos que, durante dúas xornadas, recibiron formación sobre mostos, crianzas biolóxicas, oxidativas e mixtas, viños xenerosos, viños de licor, servizo, armonías, entre outras cuestións. O curso foi impartido por Alejandro e Luis Paadín, formadores oficiais homologados por los CC.RR. Jerez “Xérès-Sherry” e Manzanilla na adega Daniel Fernández.
Barrios 21 de xuño 2018
O IES García Barbón, de Verín, avisa das datas de admisión e matrícula para o curso 2018/2019. daria de Adultos (ESA) a matrícula poderase formalizar desde o 1 ao 12 de setembro. A matrícula na Aula Mentor –formación por internet- está aberta todo o ano. Enviar un correo electronico a: secretariobarbon@ gmail.com para informar-
se. Vídeos ilustrativos da oferta formativa de Formación Profesional Na ligazón que se facilita https://bit.ly/2HCzM0t podes ver os vídeos ilustrativos da oferta formativa dos estudos de Formación profesional no IES García Barbón.
Barrios 21 de xuño 2018
especial MUNDIAL RUSIA 2018
MUNDIAL RUSIA 2018 especial
Barrios 21 de xuño 2018
10
Barrios 21 de xuño 2018
Actividades de verán Redacción O Concello de Verín organiza dous programas para que os máis cativos pasen un verán cheo de entretemento. Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa deportivo “Escola de Verán 2018”. Desenvolverase desde o 2 de xullo ata o 31 de agosto para rapaces de entre 4 e 14 anos. Fútbol, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades acuáticas son algunhas das ofertas. Ofértase a opción de elixir temporalidade (quincena, mes ou dous meses). A inscrición realízase nas instalacións do pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno s/n.) En horario de 9 a 14 horas. Invernadoiro Tamén está aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán no albergue do Parque Natural do Invernadeiro. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil por rigorosa orde de inscrición e pago correspondente ata cubrir ás 100 prazas. A cota é de 130 euros para os rapaces empadroados no Concello de Verín e 160 para os non empadroados. As idades dos participantes son as comprendidas entre os 9 e os 16 anos.
VERÍN E COMARCA
Turismo recupera a ruta dos lagares rupestres 4 Supuxo un investimento de 150.000 euros. Redacción Turismo de Galicia recupera a ruta dos lagares rupestres grazas a unha restauración dunha adega-lagar dedicada á produción de viño na localidade de Oímbra. A
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, acompañadas da alcaldesa de Oímbra, Ana María Vilariño, visitaron o resultado da rehabilitación onde se atopan os lagares
Visita de Nava Castro aos lagares de Oímbra. /M. REJO.
Rematan os Obradoiros da memoria 4 Participaron 68 usuarios. Redacción Remataron os Obradoiros de Estimulación Cog-
nitiva que organiza o Concello de Verín. O pasado 11 de xuño finalizou o último dos obradoiros, e que terán
de pedra máis antigos documentados de Galicia. Como explicou Nava Castro durante a visita, estes traballos foron posibles grazas a un convenio de colaboración asinado entre ambas institucións mediante os que o Goberno autonómico achegou preto de 145.000 euros para garantir a conservación dos lagares e tamén se executaron melloras na parcela cunha plantación de viñas e árbores. Estas actuacións facilitarán, ademais, que na adega se leven a cabo exposicións, catas e outros eventos para fomentar a súa difusión e a súa adecuada interpretación.
Nesta actuación atópanse os lagares de pedra máis antigos documentados de Galicia continuidade tralo verán, no mes de setembro. Os tamén chamados Talleres de Memoria impartíronse nun total de cinco parroquias do concello (Queizás, Feces da Cima, Tamaguelos, Caldeliñas e A Rasela) e participaron un total de 68 usuarios. Os participantes traballaron a atención, a concentración e a memoria, introducindo o xogo nos obradoiros.
Conferencia nas Xornadas de Novela Histórica.
A novela histórica interesa en Verín 4 650 persoas participaron nas primeiras xornadas. Redacción Máis de 650 persoas participaron nas actividades programadas desde o concello na marco das Primeiras Xornadas de Novela Histórica de Verín. A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, mostrou a súa total satis-
facción ante os excelentes resultados de asistencia obtidos en todas as actividades programadas. Nesta primeira edición, as xornadas contaron coa presenza de seis autores de primeira fila entre os que se atopaba o gañador do último premio planeta, Javier Sierra con “O lume invisble”.
Un dos obradoiro de estimulación cognitiva organizado polo Concello de Verín.
PROVINCIA
O Plan Termal pasa pola oferta balnearia 4 Incidirá na estratexia da oferta e calidade das augas. Redacción O Plan “Ourense, a provincia termal”, iniciativa promovida pola Deputación de Ourense que desenvolve conxuntamente coa Xunta de Galicia, incidirá na estratexia da oferta balnearia e na calidade das augas da provincia de Ourense, consideradas as mellores de Europa polas súas propiedades mineiro-medicinais. Así o comentaron na
reunión que mantiveron no Pazo Provincial o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e Mario Crecente, responsable da consultora que desenvolve o Plan Termal, para realizar o seguimento desta iniciativa, que ten como obxectivo a promoción e posta en valor do termalismo ourensán. Ademais, analizaron o éxito que está a acadar o programa de “Termalismo social” da Deputación de
Ourense, con cinco anos de crecemento continuo en número de usuarios nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, unha acción “específica, singular no ámbito termal e de gran aceptación na sociedade”, destacou Baltar, “que permite definir – dixo- estratexias e seguir deseñando programas nun ámbito inmellorable para unir saúde, ocio, lecer cultural e promoción da nosa provincia”, expresou o presidente do goberno provincial.
Cinco anos de crecemento continuo en número de usuarios nos balnearios
Manuel Baltar con Jordi Tresserras.
Ideas sobre turismo cultural 4 Realizáronse Focus Groups sobre o futuro documento. Redacción Nesta semana tiveron lugar diversos Focus Groups no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, onde expertos culturais
Mario Crecente, xunto con Manuel Baltar.
Manuel Baltar, cos veciños de Cenlle Redacción Manuel Baltar reuniuse con veciños de Cenlle afectados por un procede-
mento da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil considerandoa de “inxustiza”. O presidente da Deputación mostrou o seu total apoio “tanto no asesoramento xurídico como nos labores necesarios de carácter técnico para re-
solver a problemática”, explicou o presidente do goberno provincial. Manuel Baltar, se comprometeu a xestionar entrevistas con responsables do Goberno Central para solucionar a situación.
O presidente da Deputación, reunido con veciños e co alcalde de Cenlle.
Barrios 21 de xuño 2018
de Ourense, xestores e representantes de diversas entidades, fixeron achegas e debateron sobre o futuro “Plan Provincial de Turismo Cultural e Creativo”. O presidente da Deputa-
11
ción de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co director dos traballos de elaboración do “Plan Provincial de Turismo Cultural e Creativo” de Ourense, Jordi Tresserras, para realizar un balance do labor realizado no marco desta iniciativa nestes meses. A elaboración deste Plan é un dos compromisos anunciados polo presidente do goberno provincial no Debate sobre o Estado da Provincia, co fin de “desenvolver un modelo turístico e cultural que dinamice social, cultural e economicamente a nosa provincia e aumente a competitividade da súa actividade turística”, explicou Baltar. UNESCO Asemade o presidente da Deputación de Ourense propúxolle a Tresserras a posibilidade de presentar a candidatura de Ourense como territorio Creativo da UNESCO, debido á calidade e potencial da nosa literatura.
12
Barrios 21 de xuño 2018
DEPORTES
A UD Ourense, celebrando a Copa Deputación no céspede do Couto. /RAMSÉS.
A Unión Deportiva Ourense, dobremente feliz 4 Remata a tempada facéndose coa Liga e a Copa Deputación. R.T. A Unión Deportiva Ourense marcha de vacacións tras lograr a vitoria na final da Copa Deputación fronte ao Velle. O resultado foi de 0-1 con gol de Luis. O gol moi protestado polo rival supuxo a expulsión de Senén; superabase o minutos 50. Na primeira metade, dominio dos unionistas sen claras ocasións, e as que había depexabaas o porteiro do Velle, David Viana, ou o pao na máis clara ocasión a cargo de Hugo (moi activo durante o encontro). O Velle buscaría o empate polo que abría o cam-
po e deixaba moi ao descuberto a retagarda. Porén, as ocasións dos de Fernando Currás non se materializaban en gol, unhas veces por unha mala decisión e outras polo acerto do cancerbeiro. Os de David Rivo quedaban con nove ao ser expulsado Otero, aínda así o tentaron ata o final sen recompensa. A UD Ourense despídese ata o vindeiro curso cos títulos da Rexional Preferente sur e da Copa Deputación. Xurxo e Tito No descanso, club e afeccionados quixeron renderlle homenaxe a
Tito e Xurxo despedíndose da afección unionista. /RAMSÉS.
dous xogadores que colgan as botas. Xurxo e Tito Currás despídense do balonpé e o fixeron co cariño do público que desplegou unha pancarta que levaba as súas facianas. Tito completou dúas campañas e Xurxo foi un dos xogadores pioneiros deste proxecto. Coa marcha do defensa xa non queda ningún xogador do ano de creación do club.
O gol de Luis deulle a vitoria a Unión Deportiva Ourense
Unha das series da segunda edición desta proba solidaria. /RAMSÉS.
II Milla Urbana Solidaria de Ourense A rúa do Paseo foi o escenario, por segundo ano consecutivo, da II Milla Urbana Solidaria de Ourense. Máis de 100 participantes colaboraron nun evento solidario no que todo o recadado (inscricións e dorsal 0) foi destinado á AECC de Ourense. No deportivo, en categoría masculina o mellor atleta foi Alejandro Cadaya nunha carreira moi disputada na que ata catro corredores pugnaron pola vitoria ata os últimos metros. En categoría feminina, Barca Toba foi a mellor chegando á meta, ao sprint, por diante de Sonia Teijeiro.
DEPORTES
Seis medallas para o Burgas Redacción Moi boa actuación do Ximnasia Burgas no Campionato de España celebrado en Vigo a pasada fin de semana. O club ourensán logrou un total
de seis medallas repartidas en dous ouros, dúas pratas e dous bronces; ademais fíxose co campionato por equipos en sénior e en tríos. A estes logros hai que engadir o subcampionato por equipos alevín e os terceiros postos do trío sénior e a parella alevín.
Equipo sénior do Burgas no alto do podio.
Festas de Ourense Redacción As Festas de Ourense 2018 veñen cargadas de eventos deportivos. Non faltará o atletismo coa carreira do Centro dentro do circuíto de carreiras po-
pulares “Correndo por Ourense”, 24 de xuño. Tampouco o descenso do Miño que este ano celebra a súa 50ª edición o sábado 23. Fútbol, escalada balonmán, baloncesto, ciclismo, volei praia, e wushu serán outras das actividades deportivas.
O Artai brilla no nacional de kungfu 4 Os ourensáns logran 16 medallas. Redacción O club Artai, xunto con outros clubs, representou a Galicia no Campionato de España de kuoshu/ kungfu celebrado en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Galicia foi a mellor selección cunha gran actuación dos competidos do Artai. En formas, Raúl Borrajo (infantil) logrou dous ouros; Andrea Álvarez (cadete), dous ouros e unha prata; Martín González (júnior), un ouro e dúas pratas; e Jacobo Rodríguez (sénior), tres ouros. Nas modalidades de combate, Ngagne Faye (absoluta -70 kg), dous ouros -en sanda e Shuaijiao-; Sara Álvarez (absoluto -52kg), ouro en sanda; e Ricardo Do-
mínguez (absoluto -70kg), prata en sanda e bronce en Shuaijiao.
Ibérico A vindeira cita para os integrantes do Artai sera o 24 de xuño en Tui coa disputa do Campionato Ibérico de kungfu.
O 24 de xuño celébrase en Tui o Campionato Ibérico
Barrios 21 de xuño 2018
13
EN BREVE 4 Natación A nadadora do CNPO, Cristina Colomo, proclamouse campioa de España en augas abertas na categoría de máis de 55 anos, sobre a distancia de 3.000 metros.
4 Doma clásica O Club Hípico de Coles organiza o 19º Campionato de Galicia de Doma Clásica ponis os días 23 e 24 de xuño. Participan xinetes e amazonas de 6 a 16 anos.
4 Patinaxe Do 25 ao 29 de xuño no CPI José García García, de Mende, celébrase un campamento de verán de patinaxe en liña. Os interesados en inscribirse poden chamar ao teléfono 667 093 821.
4 Escalada
Sara Álvarez, na final de sanda.
O sábado, 23 de xuño, no rocódromo de Ourense (pavillón dos Remedios) celébrase o Campionato de Galicia de escalada en bloque.
14
Barrios 21 de xuño 2018
4AXENDA Teatro -22 de xuño - “Arte” 21 h. - Teatro Principal Exposicións - Ata o 30 de xuño Exposición escultórica de Pablo Fernández Parada - CSA Cambalhota (Allariz) - Ata o 1 de xullo - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Música - 22 de xuño - “VenRespirar + VenRespiriño” - Festa Tradicional Itinerante - 20 h. - Mirador de San Francisco - 24 de xuño - Jam Session Rock - 22 h. - Café Cultural Auriense Festas de Ourense Concertos na Praza Maior (22:30 h): - 23 de xuño - Andrés Suárez - 24 de xuño - Antonio José - 25 de xuño - Seguridad Social - 26 de xuño - Los Secretos - 27 de xuño - Daniel Minimalia e Emilio Rúa - 28 de xuño - Xestreu e Treixadura - 29 de xuño - Sidonie - 30 de xuño - Guadi Galego e Ramón Mirabet Orquestras na rúa do Progreso (01:00 h): - 28 de xuño - Combo Dominicano - 29 de xuño - Panorama - 30 de xuño - Olympus Deportes - Do 22 ao 29 de xuño - “Semana do Baile Deportivo” Campionato de España 2018 de bailes latinos - Pazo dos Deportes Paco Paz - 23 e 24 de xuño - Capionato de Galicia de Doma Clásica de Ponis 2018 - Club Hípico Coles - 23 de xuño - “ L Descenso do Miño” - 17.30 h. - Os Peares - 24 de xuño - Terceira proba do Correndo por Ourense - 12 h. - Rúa do Paseo Outros - 22 de xuño - Conferencia de Carlos Thiébaut dentro do ciclo dedicado a D. Eloy Luis André- 19.30 h - Biblioteca Municipal de Verín www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / HUMOR
As Festas de Ourense traen 39 concertos en nove días 4 Comezan este sábado 23 de xuño. R.T. As Festas de Ourense que chegan este sábado, 23 de xuño, e rematan o domingo 1 de xullo , chegan con 39 concertos (na praza Maior, as prazas de San Martiño e do Ferro, a Alameda do Bispo Cesáreo e o Xardín do Posío) e máis de 90 actividades “para todas as idades e sensibilidades”, asegurouno o alcalde da cidade, Jesús Vázquez na presentación do programa. O rexedor incidiu que estas festas fan fincapé na “música feita made in Galicia”. “Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas e un intenso calendario de citas deportivas farán que cada
San Xoán en Verín Redacción O vindeiro sábado, 23 de xuño, a partir das 21 horas, o Concello de Verín programa unha serie de actividades para festexar a noite de San Xoán. Os festexos comezarán na praza García Barbón, cunha actuación do grupo de música e baile tradicional Candaira. Ao remate desta procederase á queima da tradicional fogueira de San Xoán na
4HUMOR
día teñamos unha chea de opcións para escoller”, incidiu Vázquez. A cativada volverá a ser protagonista do teatro programado na praza do Bispo Cesáreo; entre o 25 e o 29 de xuño haberá actuacións en horario de mañá e de tarde.
aposta por unha mestura da música de recoñecidos DJ’s con actividades de pintura.
O que non será novidade, xa que están instauradas nas festas, son o Ourense Street Foud (todos os días na Alameda Bispo Cesáreo), a Feira Medieval (do 28 de xuño ao 1 de xullo no centro histórico), o Ourense Dance (venres 29 no xardín do Posío) ou o Enofestival do sábado 30 nas Burgas.
Pregón Este ano o pregón correrá a cargo da artista Cristina Pato -o sábado ás 22 horas- para xusto despois comezar cos concertos na praza Maior, nesta ocasión a cargo de Andrés Suárez. Novidade Como novidade, este ano terá lugar, o sábado 30 de xuño no Posío, o espectáculo Midnight Paint Party, un evento que
praza da Alameda. A partir da medianoite, terá lugar, na praza da Merced, as actuacións de Emilio Rúa e Rosa Cedrón para rematar.
Verín celebra a noite de San Xoán.
Presentación das Festas de Ourense. /RAMSÉS.
Barracas As barracas volverán a instalarse na contorna do pavillón dos Remedios aínda que están pendentes dos informes pertinentes para o seu visto bo.
O Midnight Paint Party, novidade deste ano
ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 21 de xuño 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº61 - Ano: XI - 21 de xuño de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4DESDE A PONTE...
A MONTERREI
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Historias dun home... conto dun neno Teño un amigo que non sei como definilo; é un dos amigos máis antigos e pola confianza dime que non lle teña en conta certas cousiñas, porque considérase algo especial. Sei que é diferente, sinxelamente, el mesmo inclúese no grupo de persoas con “capacidades distintas”, coma ben diría o paisano Rubén Riós. O meu amigo, le as historias que cada mes escribo neste xornal dende hai xa sete anos, e máis dunha vez tenme lembrado que escriba sobre os problemas dos estereotipos e das barreiras que a diario as persoas con discapacidade teñen que sufrir. Días atrás pregunteille onde ía con aquel atuendo tan deportivo, e con sorna verinense contestoume: “Ao ximnasio!”. “Irás traballar os bíceps!”, solteille con ironía entroideira. El, cun pícaro sorriso, replicoume, “non, querido amigo, eu vou ao ximnasio a espertar o meu corpo para poder sobrevivir”. Naquel intre un calafrío percorreu a miña alma e de súpeto escomecei a pasar polo maxín un sen fin de imaxes de cando eramos cativos, cando na praciña do barrio xogabamos á pelota, e onde o meu amiguiño quedaba esquecido polos rapaces, nun acto inconsciente e infantil.
Agora, con medio século no lombo, contamos as batallas doutra maneira, sen atrancos, ceibes, coma os camiños que o meu colega “soña”, e reclama a berros unha e outra vez, e que por desgraza, poucos escoitan. Lembramos vellas historias da infancia e, de súpeto, en plena conversa, espetoume “eu non tiña coñecemento do que me acontecía, nin sabía nada do meu problema, daquela, non saían a relucir as dificultades físicas ou psíquicas dunha persoa. Sempre me considerei un máis, bueno, sabía que era diferente pero non sabía o porqué”. Escoitei atentamente as súas verbas, levándome coas lembranzas, ata aquel tempo lonxano e fermoso da nosa adolescencia. Pregunteille sobre a época do instituto, onde os complexos aumentaban en todos os sentidos, e cos olliños mollados escapóuselle unha gargallada espontánea e soltoume: ”tiven moitísimos problemas, sobre todo de exclusión”. Agarroume a cachola e coas frontes pegadas, con retranca galega, espetoume: “ti eras un langrán, liscabas a xogar ó futbol e deixábasme no salón de xogos co futbolín, que era onde eu gañaba os meus partidos”.
Non puiden reprimir un leve e tímido sorriso, mesturado con algo de asombro e moito arrepentimento. Agora, neste sinxelo relato, quero expresar as cousiñas que aquel día non fun quen de dicirlle, e que sen dúbida merece, porque coido que foi, e segue sendo, un exemplo para todos nós, “os da praciña”. Aquel rapaz, que pasou as trampas dunha carreira de obstáculos maldita e interminable, que conseguiu estudar e arranxar a súa vida dignamente, e, o mellor de todo, ser ceibe e independente, sen enredar a ninguén, coma el sempre quixo. Coido, querido amigo, que quizais sufriches moitas caídas no teu camiñar, mais sempre tiveches folgos de sobra para erguerte de novo e con agallas seguir o teu sendeiro, deixando no fermoso barrio que nos viu medrar un incrible eco que alonga o lexendario berro guerreiro da nosa infancia, “aquí estamos nos!”, “Tamagano Galego”, orgulloso do pasado, loitando no presente, e sen medo ao futuro, ceibe coma a praciña e vivo coma a nosa terra. Apertas! Miguel A. Prieto “Chitin”
TRABALLO Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610.
Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.
INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alúgase praza de garaxe en Portonovo (Pontevedra). Amplia, cómoda, céntrica. 55 euros. Tlf.: 636 32 95 24 Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndese piso en Portonovo, céntrico, 3 habitacións, 2 baños, cociña, salón e praza de garaxe. Calefacción. 92 m2 útiles.
Preto das praias. Prezo 169.000 eu. Tel. 636 329 524. Véndese finca edificable en Rante, 750 m2, precio xa rebaixado. 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Alugo casa de 160 m2 con finca, terraza e piscina en Verín. 190 eu ao mes. Só xente responsable e con informes. Tel. 606 42 25 43.
VENDAS Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.
Barrios 21 de xuĂąo 2018