Skip to main content

Barrios 60

Page 1

Especial: calendario do Mundial de Fútbol de Rusia 2018 [Páx. 8 e 9]

CIDADE

Páx.2

Ourense en Común denuncia a falta de transparencia do Concello de Ourense

CIDADE

Páx.3

O ditame do Consello Consultivo só satiface ao Goberno popular

XINZO

Páx.6

O Concello de Xinzo comeza obras de saneamento nas rúas do casco vello

DEPORTE

Pax.13

O Hockey Barrocás volta a División de Honra B tras vencer ao Sardinero

CULTURA

Páx. 14

Concertos nas prazas do Ferro e San Martiño durante as Festas de Ourense

Ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga

[Páx. 3]

Carreiras de cabalos no hipódromo de Antela

Sete veces Fuster [Páx. 11]

[Páx. 6]

Miguel Fuester vence no Rali de Ourense por sétima vez. // A ampliación do paso inferior, en fase de información pública. // Este domingo volven as carreiras de cabalos.. /R.T.

Número: 60 - Ano: XI - 14 de xuño de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 14 de xuño 2018

CIDADE

EN BREVE

Ourense en Común denuncia a falta de transparencia do Concello

4 A Farixa Continúan as denuncias por parte de usuarios da rúa Laxas, na Farixa, para subir ás residencias e colexios desa zona. Afirman que o firme da rúa está nun estado lamentable.

4 A formación formula unha denuncia na Comisión de Transparencia de Galicia.

4 Oira Xa están abertas ao público as piscinas municipais de Oira que contarán cun horario de 11:00 a 21 horas até o 9 de setembro. O acceso e gratuíto.

4 Adelante Adelante Ourense considera preocupante a perda de control da morosidade no concello de Ourense chegando a ser o período medio de pago a provedores de 54 días.

4 Ciudadanos Ciudadanos pide aparcadoiro gratis no CHUO para os pacientes que acoden a tratamento médico de forma regular.

Xuntanza de AAVV entorno o encaixe de Bolillos.

Xuntanza de AAVV entorno ao encaixe de Bolillos A Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e a Periferia “Miño” que integra a máis de 20 AAVV do Concello de Ourense, organizou o sábado día 9 de xuño no Campo de Feira un encontro en torno a afección polo encaixe de bolillos.As participantes palillaron dende as 10.30 horas, e, en palabras da presidenta da Agrupación, Lorinda Fernández: “Actividades coma esta son importantes para fomentar a convivencia das veciñas e veciños dos distintos barrios e pobos da cidade; é unha moi boa forma de dinamizar as relacións entre as distintas asociacións veciñais coa finalidade de fortalecer a unión”.

4 Albino Núñez A Xunta investirá 38.000 euros na renovación da instalación de fontanería e substitución das ventás da cociña e dos aseos neste colexio na zona do Pino.

4 La Molinera Ata o venres día 15, ás 24 horas, está aberto o prazo de inscrición para as actividades de La Molinera -na súa web-. Ofertanse 150 prazas para escolares de 8 a 15 anos.

4 Centros cívicos Abertas as inscrición para as actividades de verán para os máis cativos na web web www.ssociaiaiscursos.com.

Recepción do presidente da Deputación ao novo reitor da UVigo e á vicerreitora.

Recepcións ao reitor da Universidade O recén nomeado reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, foi recibido esta semana polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Na súa visita ao Pazo Provincial e á Casa Consistorial acordaron seguir avanzando na cooperación entre o goberno provincial e a institución académica. Para Reigosa os próximos obxectivos para o Campus de Ourense pasan por atraer novas titulacións vinculadas á auga, fortalecer as existentes ou avanzar na especialización. Nas visitas o novo reitor estivo acompañado pola que será a súa vicerreitora, Esther de Blas.

Redacción Ourense en Común denuncia perante a Comisión de Transparencia de Galicia a “vulneración sistemática” do dereito á información no Concello de Ourense. Logo das reiteradas peticións de información en distintas xuntas de área celebradas ao longo dos últimos meses, e derivado das evasivas do equipo de goberno en facilitar a documentación que se lle solicita, Ourense en Común rexistraba unha queixa formal dirixida á Comisión de Transparencia de Galicia, solicitando “que se garanta un dereito fundamental como é o de acceso á información pública”. O grupo acompañou a queixa coas actas das xuntas de área desde o mes de febreiro, nas que se pón de manifesto a reiterada petición do seu portavoz, Martiño Xosé Vázquez, para ter acceso á relación de gastos en medios de comunicación do Concello de Ourense durante o ano 2017, e sobre o acordo asinado coas autoridades marroquís polo patronato de Expourense, do que o Concello é integrante. OueC xa tén denuncia-

Martiño X. Vázquez. do públicamente en numerosas ocasións a “opacidade” coa que o goberno do Partido Popular toma as decisión e xestiona o Concello, sen facilitar ao resto de grupos a información pertinente para o desenvolvemento da súa función na oposición. Lei de Réxime Local O grupo acóllese á Lei de Bases de Réxime Local, ao Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF) e á Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno aprobada no ano 2013, para apelar á Comisión de Transparencia de Galicia, a resolver a queixa e protexer o dereito á información no Concello de Ourense.


CIDADE

Barrios 14 de xuño 2018

O ditame do Consello Consultivo só satiface ao Goberno popular

O obra construirá beirarrúas no paso inferior talario Universitario de Ourense (CHUO).

4 A oposición rexéitao. Redacción O ditamen do Consello Consultivo só satiface ao Goberno do Partido Popular, sendo este rexeitado por PSOE e Ourense en Común. O consello ditamina que se pode aprobar o Plan Xeral de Urbanismo en Xunta de Goberno saltándose o pleno. Para Ourense en Común o Consello Consultivo, conformado por letrados nomeados “a dedo” polo PP na Xunta, emitiu un informe “a medida” dos intereses do goberno de Jesús Vázquez. E insiste en que o único órgano con competencias para determinar os temas que han de levarse a pleno “é a

Secretaría Municipal do Concello de Ourense”, cuxo informe, “que sí é preceptivo e vinculante, é meridianamente claro” dí que o órgano con competencias para aprobar o PXOM “é o pleno”. Pola súa banda, o Partido Socialista di que a aprobación do Plan Xeral de Urbanismo en Xunta de Goberno saltándose o pleno “incumpre os acordos do pleno e substraen competencias do mesmo”. “O informe do consultivo nin é vinculante nin é preceptivo nin xenera xurisprudencia como insinuou o alcalde”, aseguraba o voceiro socialista Vázquez Barquero.

O Consello Consultivo ditamina que o plan de urbanismo non ten que pasar polo pleno do Concello.

O paso por debaixo do ferrocarril na rúa Ramón Puga sufrirá unha reforma./RAMSÉS.

O paso inferior da rúa Ramón Puga sométese a información pública 4 Os afectados poden aportar correccións ou opoñerse. R. Torres O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar, esta semana, o anuncio do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias polo que

Os afectados teñen 15 días hábiles para aportar correcións ou opoñerse

se somete a información pública o proxecto de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga, para que os propietarios afectados polas expropiacións poidan rectificar errores ou opoñerse á ocupación dos terreos. Esta ampliación correxirá unha vella demanda de veciños e usuarios. Os peóns para cruzar a ponte (por debaixo) deben facelo pola estrada, xa que ese tramo carece de beirarrúa. Ademais ampliarase

o paso dos vehículos que circulen polo paso inferior da liña ferroviaria. O alcalde incidiu que as conversas co Ministerio de Fomento foron “moi intensas” durante os últimos meses para dar resposta a esta vella “demanda veciñal”. Asemade, insiste en que a obra suporá un aumento da seguridade e da fluidez do tráfico nunha zona que conta cunha alta densidade de circulación ao estar situada no entorno do Complexo Hospi-

Información pública Desde o 12 de xuño abriuse un período de información pública de quince días hábiles, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto. Os propietarios poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles errores ou opoñerse por razóns de fondo ou de forma, á necesidade de ocupación. A documentación pode ser examinada nos locais da Subdelegación do Goberno, no Concello de Ourense ou nos locais da Subdirección de Infraestructura de Adif en Madrid, en días e horas hábiles de oficina. BNG O BNG xa denunciara aló por marzo de 2015 a situación de perigosidade vial que se produce no túnel. Desde o Bloque fixeron unha recollida de firmas que chegou ás 500 para esixir ao Concello, Deputación e Goberno central unha solución. A rúa Ramón Puga é competencia do Concello e a partires do túnel a vía compete á Deputación.


Barrios 14 de xuño 2018

XINZO E COMARCA

da entrada ao conservatorio, situada na zona traseira da Casa de Cultura par que pase xa a ser a entrada oficial hacia o centro educativo municipal. Entrada actual ao conservatorio de Xinzo.

Melloras na entrada ao conservatorio

4 Ademais o Concello xa planifican unha residencia. Redacción O Concello de Xinzo de

Limia dedicará unha partida de 7000 euros para pechar e acristalar o porche

Residencia Comezaron as conversacións coa fundación San Rosendo para a construción da tan necesitada residencia da tecera idade nesta vila. A residencia contará con 100 prazas para as persoas que a necesiten e tamén para aquelas que tivesen que mobilizarse a residencias en lugares contiguos poidan volver a súa localidade.

González de los Santos, mantivo unha xuntanza informativa cós empresarios deste polígono co obxectivo de trasladarlles as vantaxes do plan que supón unha aposta tecnolóxica. Esta reunión celebrouse na Casa do Concello coa presenza do alcalde da vila, Manuel López Casas. Reunión no Concello entre empresarios e Xunta.

Internet, máis rápida no polígono 4 Grazas ao plan de banda larga 2020 da Xunta. Redacción Un total de 17 empresas do parque empresarial de Xinzo de Limia dispoñen xa de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps. Esta conexión é posible grazas a unha das actuacións do Plan

Momento do abrazo ao rio Limia por parte de alumnos de Xinzo e Ponte Lima.

Abrazo ao río Limia Xinzo celebrou por oitavo ano o “Abrazo ao río Limia”. Os nenos do colexio Ponte de Lima -Portugal- participaron tamén neste evento xunto aos escolares limiáns para realizar este acto de irmanamento simbólico. Despois de varios actos todos marcharon cara á ponte peonil do río. Unha vez alí, comezaron a rodear a zona dados da man, ata conseguir ese simbólico abrazo, que estivo acompañado da plantación dunha ginkgo biloba e o descobremento dunha placa conmemorativa.

Limpeza de rúas e montes 4 O Concello mercou unha hidrolimpadora. Redacción O Concello de Xinzo de Limia investiu 9.000 euros nunha hidrolimpadora co obxectivo de limpar todas as rúas da vila. Con esta adquisión branquearanse as baldosas e despegaranse os chicles das beirarrúas. Tamén se investirá orzamento na compra dunha máquina para baldear as

rúas e manter limpas estradas e beirarrúas.

Rozas Xinzo de Limia investirá 72.000 euros en rozar as leiras dos pobos e en cavar franxas de protección para evitar que, habido un incendio, este poida propagarse con facilidade. Xinzo xa conta con 19 pobos rozados, o que supoñe un 35% da totalidade.

A nova hidrolimpadora de Xinzo.

de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con R. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada polo responsable de R, Jacobo

Prazos e orzamento Dito plan xa completou o despregamento en 61 polígonos da Comunidade e este ano chegará a 19 máis. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. A Amtega subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo FEADER no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).


PUBLICIDADE

Barrios 14 de xuño 2018


Barrios 14 de xuño 2018

XINZO E COMARCA

Renovación do saneamento 4 Nas rúas de Santa Mariña e O Peto de Xinzo. Redacción O Concello de Xinzo de Limia puxo en marcha, mediante a concellería de Obras e Urbanismo, as obras nas rúas Santa Mariña e O Peto. Obras que consistirán

Unha carreira anterior no hipódromo. /ARQUIVO.

Os cabalos voltan a Antela 4 Na terceira xornada de carreiras do 2018. Redacción A partires das 11 horas do domingo 17 de xuño os afeccionados a hípica disfrutarán dos mellores exemplares equinos que en varias probas farán acto de presencia no Hipódromo de Antela. Comezará ás 11 coa primeira carreira sobre unha distancia de 1700 m. para o trote enganchado. Ás 11:40 teremos a segunda carreira sobre 1600 m. para cabalos Árabes. A terceira carreira a partir das 12:20 para cabalos PSI e, despois, a cuarta outra vez con cabalos de pura raza Árabe. E a quinta proba ás 13:40 h. será, por segundo ano consecutivo, a II Copa Deputación de Ourense de Velocidade e está reservada a cabalos pura sangue Ínguas nados e criados en Galicia. Nesta carreira repartiránse 800 euros en premios. Os favoritos para a carreira son Odds On e New Fol, sen esquecernos de Granxa e Melinda que sen dúbida estarán nos postos de cabeza. Para rematar, a sexta e última carreira da xornada

disputarase ás 14:20 de novo sobre 1700 m. de trote enganchado. Ao longo de toda a xornada e entre carreira e carreira sorteanse vales gratuítos para o restaurante da estación de servizo Antela de Xinzo. Organizador No Hipódromo de Antela desenvólvense todas as actividades ecuestres a través de Club Deportivo Ecuestre de Ourense. Con especial dedicación á escola de equitación e equitación de base en todas as disciplinas de Doma Clásica e Salto de Obstáculos. As probas de Raid é un dos eventos deportivos máis importantes que organizan nas instalacións do Hipódromo. Este ano ademais das probas internacionais tamén se celebra o Campionato de España Amateurs. En cada xornada dedican o cartel a un cabalo destacable no mundo do Turf. Neste caso trátase de American Pfaroah gañador da tripla coroa americana cunha recadación de máis de 8 millóns de euros en premios.

en renovar o sistema de saneamento, ademais de repoñer pavimento. Estas actuacións corresponden a un plan de mellora no casco vello da vila limiá que xa tivo a súa primeira actuación coa reforma da rúa da Igrexa.

O Peto Outra das rúas nas que se actuará será a do Peto, que mudará de cara ao renovar o seu saneamento. Nun estado moi deteriorado, modificará a dirección das tuberías con dirección

Rúa Santa Mariña de Xinzo.

a unha depuradora que cambiou de lugar. Estas obras realizaranse grazas a aportación da Deputación de Ourense, e no futuro evitará inundacións en Marcelo Macías e Formigueiro.


PUBLICIDADE

Barrios 14 de xuño 2018


Barrios 14 de xuño 2018

especial MUNDIAL RUSIA 2018


MUNDIAL RUSIA 2018 especial

Barrios 14 de xuño 2018


10

Barrios 14 de xuño 2018

PROVINCIA

A Deputación firma convenios con 33 concellos 4 Por importe de dous millóns de euros. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou con alcaldes de 33 concellos 48 convenios de colaboración entre a institución provincial e municipios da provincia de Ourense para levar a cabo obras de melloras viarias, saneamento, alumeado público, abastecemento, dotación de servizos e diferentes infraestruturas no rural ourensá, por importe de máis de dous millóns de euros (2.045.305 euros). No acto, que tivo lugar no centro cultural “Marcos Valcárcel”, o presidente do goberno provincial agradeceu aos alcaldes presentes “o labor que realizan nos concellos, o seu traballo e compromiso representando aos seus veciños”, e destacou que a Deputación

de Ourense, “está atenta ás reivindicacións das corporacións locais da provincia, e é a única administración que inviste en todos os concellos”. Concellos Os concellos asinantes destes acordos son: A Peroxa, A Bola, A Mezquita, Arnoia, Baltar, Cartelle, Celanova, Chandrexa de Queixa, Gomesende, Laza, Lobeira, Maceda, Melón, Montederramo, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Padrenda, Petín, Piñor, Pobra de Trives, Rairiz de Veiga, Ramirás, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Toén, Verea, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Santos e Vilardevós. Os importes que achega a Deputación de Ouren-

se nestes convenios van desde os 18.700 euros ata os 48.000 euros, referíndose un 48% das actuacións a melloras en vías, camiños, beirarrúas e prazas; un 25% a obras de saneamento e abastecemento; un 20% a obras de mellora de servizos (parques, piscinas municipais, locais sociais, aparcadoiros e fontes); un 6% a obras de alumeado público; e os restantes, a outras actuacións para obras de acondicionamento doutros espazos públicos.

O 48% das actuacións irán a melloras en vías, camiños, beirarrúas e prazas

Manuel Baltar cos alcaldes cos que firmou os 48 convenios.

Manuel Baltar, recibe a alumnos de Normandía Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu o pasado venres 8 de xuño no Pazo Provincial a trinta alumnos e profesores do Lycee “Jean-Rostand” de Caen, na rexión francesa de Normandia (Francia), que están a realizar unha viaxe cultural na que estes días percorren a provincia de Ourense e a “Vía da Prata”, iniciativa que conta coa colaboración

da Asociación “Amigos da Vía da Prata-Camiño Mozárabe Ourense” e da Deputación de Ourense. O presidente, Manuel Baltar, explicoulles aos estudantes e profesores franceses aspectos culturais, sociais e turísticos da provincia de Ourense, con especial relevancia ao termalismo, “ámbito no que Ourense é a provincia de Europa con maior potencial”, e tamén se referiu á nosa provincia “como á que máis quilómetros fronteirizos ten con outro país (Portugal) de todas as de España”. Baltar tamén lles des-

cubriu outra das grandes singularidades da provincia de Ourense, a Ribeira Sacra, “o territorio que concentra maior número de mosteiros de Europa, unha contorna que teredes a posibilidade de visitar estes días e que, sen dúbida, deixaravos un recordo inesquecible”. Os alumnos do Lycee “Jean-Rostand” pasarán unha semana na provincia de Ourense e na súa estancia combinarán actividades culturais, turísticas e de lecer, e realizarán tramos a pé da “Vía da Prata”.

Manuel Baltar e alcaldes no Balneario de Arnoia.

O “Termalismo social” é un exito 4 Este ano superará os 3.000 usuarios. Redacción A provincia de Ourense sitúase como un territorio líder en Europa pola calidade das súas augas mineiro-medicinais, e os programas que desenvolve a Deputación -unindo turismo termal, ocio e saúde- teñen máxima aceptación, tanto pola calidade das instalacións

e as súas contornas como pola facilidade da xestión de reservas. O 51 % dos bañistas termais que se achegan a Ourense no marco deste programa utiliza o tren, grazas ao acordo entre a Deputación de Ourense, o Ministerio de Fomento e Renfe, que permite viaxar a Ourense desde 40 cidades. A Deputación realiza esta

iniciativa cun plantexamento innovador consistente na implantación, desde o ámbito local, dun programa de servizos sociais que xira sobre tres eixos: a prestación dun servizo de saúde, benestar e envellecemento activo, a través do termalismo social baseado nos beneficios terapéuticos das augas minero-medicionais; a concepción do programa como un servizo social integral facilitando a mobilidade a través do uso do tren; e o avance da administración electrónica. O programa de Termalismo social oferta aos usuarios tres modalidades: un programa de Estancias Balnearias de 6 días e 5 noites en calquera balneario da provincia, con 10 técnicas de tratamento termal; un programa de Cultura Termal, con estancias de fin de semana; e un programa de Tratamentos Terapéuticos de diferente duración, sen aloxamento, con especialidades dermatolóxicas, respiratorias ou traumatolóxicas.


DEPORTES

Fuster, campión por sétima vez

Tamés e Ramón Suárez. Campionato A proba de Ourense, a quinta puntuable do Campionato de España, desfai o empate entre Fuster e Ares e deixa ao primeiro de líder na clasificación

4 O alacantino logra vencer no 51º Rali de Ourense. R.T. Miguel Fuster, xunto a Nacho Aviñó, logrou facerse co triunfo no 51º Rali de Ourense aos mandos do Ford Fiesta R5. Con esta son sete as veces que logra o triunfo en terras ourensás (empatando a vitorias con Chus Puras). O piloto de Benidorm foi o dominador absoluto desta edición, sobre todo desde que José Antonio

“Cohete” Suárez saíra da estrada e tivera que abandonar no primeiro tramo. A pésima metereoloxía do primeiro día condicionou moito esta edición. O único que lle podía arrebatar a vitoria era Iván Ares, que estivo situado en torno aos 20 segundos de desvantaxe, ata que, na segunda pasada por Esgos sufriu unha picada perdendo toda opción de triunfo. Ares si que puido levarse a vitoria no TC Plus.

Barrios 14 de xuño 2018

con catro puntos máis que o galego.

O mellor ourensán foi Emilio Vázquez -Citroen Zx kit carna oitava posición

Podium del 51º Rali de Ourense. /X.REVERTER. O accidentado rali deste ano fixo que Joan Vinyes rematara na terceira posición despois de que Surhayén Pernía tivera unha saída de estrada no Canón do Sil e de que Javier Pardo rompera o motor. Alberto Monarri (con

Rodri Sanjuan) foi o cuarto clasificado e o primeiro en dúas rodas motrices. Emilio Vázquez e Héctor Rodríguez, con Citroën Zx Kit Car, foron os primeiros ourensáns na oitava posición. A Copa Suzuki Swift era para Alfredo

11

Gómez e Álvarez de Escudería Ourense. /RAMSÉS.


12

Barrios 14 de xuño 2018

DEPORTES

Dentro do calendario deportivo programado haberá unha excepción, Xantar celebrarase na primeira semana de febreiro ou marzo

A pista cuberta de Ourense acolleu esta tempada, entre outros, o Campionato de España sub20. /ARQUIVO.

Un convenio entre Xunta e Expourense garantiza a compatibilidade da pista cuberta coas feiras 4 As actividades deportivas terán lugar do 1 de xaneiro ao 1 de maio, e do 1 ao 31 de decembro. Redacción A Secretaría Xeral para o Deporte, representada pola secretaria xeral, Marta Míguez, e mais a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense), na figura do seu vicepresidente segundo -exercendo as funcións de vicepresidente primeiro executivo e, polo tanto, representante legal- o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, asinaron o pasado mes de maio o convenio de colaboración para regular o réxime de coordinación

da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento da

pista de atletismo cuberto do recinto feiral e deportivo de Expourense. Na sinatura do convenio tamén estivo presente o director

xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Deste xeito, trala sinatura do convenio de cooperación para levar a cabo

as obras de instalación da pista o pasado 11 de abril de 2016 e a trala inauguración da pista de atletismo o pasado 16 de decembro de 2017, as dúas entidades garanten a compatibilidade de usos da pista cuberta de Ourense, a principal característica deste proxecto. A tenor do convenio asinado, o uso deportivo da pista enmarcarase en dous períodos, entre o 1 de xaneiro e o 1 de maio e entre o 1 de decembro e o 31 de decembro, ambos inclusive. Ademais, anualmente estableceranse de maneira conxunta as datas concretas para a realización do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar que sempre terá que celebrarse na primeira semana do mes de febreiro ou de marzo, por un período máximo de 35 días.

Marta Míguez e Jesús Vázquez asinando o convenio xunto a Mario Guede e Alejandro Rubín.

Eventos O convenio asinado permite que o recinto feiral de Expourense poida acoller grandes eventos deportivos como o pasado Campionato de España sub-20 no que se bateron ata catro récords de España e que non tiña lugar en Galicia desde o ano 1974, así como outros eventos feirais de gran importancia como o Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar ou o II Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia ‘Sportur Galicia 2018’ que terá lugar do xoves 15 de novembro ao sábado 17 de novembro e volverá a coincidir na mesma fin de semana coa Carreira Pedestre Popular do San Martiño que se celebrará o domingo 18 de novembro. Mantemento Deste xeito, o convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e Expourense tivo como obxecto a regulación da xestión e realización das actividades de mantemento, limpeza, uso e conservación das instalacións, así como os gastos de funcionamento da mesma, garantindo que se manteñan en perfecto estado para o desenvolvemento das actividades, competicións ou eventos deportivos.

O convenio regula a xestión e realización das actividades de mantemento, limpeza, uso e conservación das instalacións, así como os gastos de funcionamento


DEPORTES

O CH Barrocás regresa a División de Honra B

ces e sete ouros. Ademais fíxose co trofeo ao mellor club das categorías de base 4. O outro club ourensán, que debutaba nunha competición así, o Escola de Eiroás, logrou dous bronces e unha cuarta posición.

4 Tras gañar ao Sardinero. Redacción Non faltou emoción no ascenso do Club Hockey Barrocás á División de Honra B do hoquei herba. Os ourensáns volven á segunda categoría nacional logo de vencer no último partido ao conxunto cántabro do Sardinero. Os barrocos adiantaríanse no marcador por dúas veces (1-0 e 2-1) e o rival en tres (2-3, 3-4 e 4-5). O toma e daca de goles remataría con 5 a 5 antes do

asubío final. As táboas levaron o encontro ata os penaltis. No shoot out non podía haber máis igualdade rematando as cinco penas máximas de rigor con empate a un gol. Polo que chegabase á morte súbita. Xurxo era o primeiro en lanzar logrando superar ao porteiro rival. Chegaba o turno de Dylan, o porteiro local, quen coa súa intervención dáballe o triunfo ao Barrocás e con el, o ascenso.

Un conxunto executando un exercicio na Copa Deputación celebrada na piscina Rosario Dueñas.

O Sincro Ourense triunfa na casa 4 Esta fin de semana celébrase en Ourense o Campionato de Galicia. Redacción

O CH Barrocás celebrando o ascenso.

O Sincro Ourense foi o triunfador da Copa Deputación de Ourense celebrada na piscina Rosario Dueñas. Participa-

ron 14 clubs de Galicia e Portugal que congregaron a 450 participantes. O conxunto ourensán subiuse ao podio en 12 ocasións logrando un total de dúas pratas, tres bron-

Galego A piscina Rosario Dueñas cita esta fin de semana a 140 nadadoras no Campionato de Galicia de Natación Artística. Participarán sete clubs de Galicia nas categorías de alevín, infantil, junior e sénior. O Sincro Ourense, organizador, é o que máis nadadoras achega (30) e o que máis disciplinas exercitará (17). A competición será a antesala do Campionato de España alevín e júnior que se celebrará en Ourense no mes de xullo.

No galego participarán sete clubs de toda Galicia

Barrios 14 de xuño 2018

13

EN BREVE 4 BTT Carlos Canal vencía na Sea Otter Europa, celebrada en Girona a pasada fin de semana. No Campionato de Galicia enduro lográronse sendos subcampionatos por parte Iago García (elite) e Marco Nube (cadete); Nube tamén lograría a vitoria na Copa Galicia de XCO en Marín, e Andrea García en júnior. Iván Feijoo era 2º en sub 23 o mesmo que Noela Saa en cadetes.

4 Ximnasia No Campionato autonómico Open Comunidade de Madrid o Club Ximnasia Pavillón logrou podio en dobre minitramp. En trampolín conseguíronse dúas pratas.

4 Aeromodelismo O sábado, 16 de xuño, celébrase nas instalacións de Santa Mariña a terceira edición da Ourense Drone Race (F3U), carreira de drons. O horario será de 11 da mañá a oito da tarde.


14

Barrios 14 de xuño 2018

4AXENDA Teatro - 22 de xuño - “Arte” 21 h. - Teatro Principal Exposicións - Ata o 30 de xuño Exposición escultórica de Pablo Fernández Parada - CSA Cambalhota (Allariz) - Ata o 1 de xullo - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) - Ata o 22 de setembro - V Bienal de Pintura Xove - Museo Municipal de Ourense Música - 14 de xuño - Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo - 20 h. - Escola Municipal de Gaitas (Xinzo de Limia) - 14 de xuño - Concerto de María Toro Quartet (Festival de Jazz de Primavera)- 23 h. - Café Latino - 15 de xuño - “Hai que cantar” V Encontro de Cantos de Taberna - 20 h. - Zona dos viños (Ourense) - 15 de xuño - Concerto de Matt & The Peabody ducks - 21 h - Rock Club Bar (Ourense) Deportes - 16 de xuño - VIII Torneo Vilas de Ourense - 10.30 h. - Pavillón de Xinzo de Limia - 17 de xuño - III Xornada de Carreiras - 11 h. - Hipódromo de Antela (Sandiás) - 17 de xuño - II Ourense Milla Solidaria - 11 h. - Rúa do Paseo (Ourense) Outros - 13 de xuño - “The Florida Project” (Ciclo adicado á infancia: Adversidades)- 18.00 h, 20.30 h e 23.00 h - Biblioteca Pública de Ourense - 14 de xuño - Presentación do libro “Previr o narcisismo” - 19.30 h. Libreria Eixo (Ourense) - Do 15 ao 17 de xuño - XII Festival de Baile “Baila Comigo Celanova” - Celanova - 16 de xuño - “III Ourense Drone Race” - 12 h. - Campo de voo Santa Mariña (Ourense) - 19 de xuño - Contiños con Susana - 18.30 h - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Bailarase nas prazas durante as Festas de Ourense 4 A do Ferro e de San Martiño acollerán concertos. Redacción A praza do Ferro e a de San Martiño acollerán concertos durante as festas do Corpus. Os concertos na Praza de San Martiño serán todos ás 20 horas, mentres que os da Praza do Ferro darán comezo ás 21 horas. San Martiño Na praza de San Martiño o primeiro concerto correrá a cargo do artista Indomable, o luns, 25 de xuño. O martes 26 será o turno da pianista María Mendoza, que presentará as súas composicións inspiradas en temas galegos. O mércores 27 chegará a francesa afincada en Galicia Camille Hédoun,; unha hora máis tarde, actuará o grupo “Los Bengala”. Para o xoves 28 está programado o concerto de Tachenko. O venres, 29 de xuño, o compositor e guitarrista ourensán, Luis Fernández Delgado, De Vuelta, presentará o seu novo disco “A Tono”. O sábado, 30 de xuño, Menage a Trois presenta o seu disco “Los amigos de lo ajeno”. E pechanse as actuacións na San Martiño o domingo, 1 de xullo, co “Concerto Punkinfantil”,

a cargo de Peter Punk e Brais das Hortas. Ferro Na praza do Ferro a música arrancará o xoves 28 cos ourensáns The Phantom Dragters. O venres 29 será o turno da cantautora bilbaína, Aries. O sábado 30 salta a escena a música “electro-cumbia” a cargo do dúo galego Esteban e Manuel. Ourense Dance Por outra banda, o venres, 29 de xuño, a partir das 23 horas, terá lugar o 20ª Ourense Dance, que este ano ten como eslogan “Non ao acoso escolar, non ao bullyng”. Este ano o evento ofrece ós seus asistentes a posibilidade de colaborar con Amencer nunha campaña a favor da alimentación infantil de nenos sen recursos, a través da doazón voluntaria de potitos, leite para bebés, iogures ou papillas.

Os concertos na praza do San Martiño comezarán ás 20 horas e na do Ferro ás 21

Tachenko actuará na praza de San Martiño o 28.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Pía da casca Ano 1441. Na contorna existía unha bañeira onde os curtidores remollaban as peles. Acto seguido, extraíanselle os restos de carne e graxa e mergullábanse en ouriños para abrandar o pelo. Secábanse os pelexos e introcucíanse nunha solución salina para despois raspalos cun coitelo e aplicarlles feces de can que os nenos recollían á véspera. Desde marzo de 1850

As Mercedes. Sen datar.

noméase a zona como “Campo das Mercedes”. Hoxe, a merda segue presidindo o parque e os arredores do colexio do mesmo nome. Acompáñana fragmentos de vidro e conducións eléctricas ao decuberto que, xunto ao tránsito rodado impropio dunha zona peonil e o fume do tabaco dos usuarios das terrazas que arbitrariamente invaden o parque infantil, simbolizan a involución e manifestan un salvaxismo

civil que nos traslada, sen taxas de reencarnación, ao espazo degradado de antano. Que alguén repare a máquina do tempo!, ou mellor e máis fácil, que se faga cumprir a norma e que se sanee este fermoso lugar, porque como dicía Karl Meninnger: o que se lles dea aos nenos, os nenos daranllo á sociedade. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán


ARTIGOS / CLASIFICADOS / OCIO E CULTURA

Barrios 14 de xuño 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº60 - Ano: XI - 14 de xuño de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Como adelgazar sen esforzo A auga é absolutamente necesaria para perder peso, porque expulsa as toxinas das células adiposas e se é auga destilada o efecto será máis eficaz. Andar polo menos unha hora por día sen parar, estudos demostran que un exercicio cun movemento lento e rítmico, como andar, afina o organismo e crea un corpo delgado. É importante facer purificación do colon, así vai eliminar as toxinas agarradas a este. Comer pomelos biolóxicos ten moita importan-

cia para adelgazar, porque aceleran o proceso de queimar as graxas; evitar o azucre branco, el é vicioso e as fariñas só as que non lle foron retiradas as fibras, caso do pan centeo e algún pan de mestura. Inxerir mazás biolóxicas é importante, están cheas de fibras e de nutrintes que normalizan o nivel de azucre no sangue e diminúen o apetito devorador. Picantes: se engades chile, acelera o metabolismo e faille queimar graxas máis rapidamente.

Volta o Enofestival durante as Festas de Ourense 4 Celebrarase o día 30 nas Burgas. Redacción Seis adegas da Denominación de Orixe Ribeiro estarán presentes no Enofestival 2018 que terá lugar o 30 de xuño (no marco das Festas do Corpus) nas Burgas. A música correrá a cargo de tres bandas; Cooper,

TRABALLO

Vinagre: axuda a eliminar as células adiposas. Hai quen fai clisteres e xaxún, máis teñen que ser en locais propios e superiormente acompañados por profesionais de saúde indicados para o caso. Comer antes do xantar froita e iniciala con sopa son boas eleccións, para inxerir menos cantidade de alimentos. Crear músculo queima a graxa e iso provén do exercicio físico.

João Damião

poden obter máis información na web www. enofestivalourense.com. As entradas xa están á venda na páxina web Ticketea, no bar Trampitán e na tenda Peggy Records (10 euros na billeteira e 8 en anticipada). A apertura de portas será ás 20.30 horas.

Anaut e Mad Mission e os viños serán de Celme, Reboreda, Vilerma, Cunqueiro, Pablo Vidal e Eduardo Bravo. Ademais haberá dous postos de comida con propostas “gourmet”. Entradas As persoas interesadas

Cartel do Enofestival.

Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.

Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alúgase praza de garaxe en Portonovo (Pontevedra). Amplia, cómoda, céntrica. 55 euros. Tlf.: 636 32 95 24 Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo casa en San Vicente do Mar (fronte á praia) con xardín e aparcamento. Tel. 630 665 912 Véndese piso en Portonovo, céntrico, 3 habitacións, 2 baños, cociña, salón e praza de garaxe. Calefacción. 92 m2 útiles.

Preto das praias. Prezo 169.000 eu. Tel. 636 329 524. Véndese finca edificable en Rante, 750 m2, precio xa rebaixado. 11.900 eu. Tel. 606 42 25 43. Alugo casa de 160 m2 con finca, terraza e piscina en Verín. 190 eu ao mes. Só xente responsable e con informes. Tel. 606 42 25 43.

VENDAS Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 14 de xuĂąo 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 60 by Periodico Barrios - Issuu