Skip to main content

Barrios 58

Page 1

Entrevista a José Manuel Martínez, organizador do II Congreso DIC Galicia [Páx. 3]

CIDADE

Páx.5

Veciños de Reza presentan alegacións á senda peonil e ciclista

CIDADE

Páx.6

As AAVV Carlasca e As Termas reclaman melloras nos seus barrios

O CARBALLIÑO Páx.7 DEPORTE O Concello explica o proceso de renovación de árbores da avenida Xullo R. Soto

Pax.10

A segunda cita do “Correndo por Ourense” tomará o barrio do Couto

CULTURA

Páx. 14

O Carballiño celebra a III Concentración de super deportivos Vila do Arenteiro

Sen aprobar

Orzamentos Aprobados A hora da verdade para a UD Ourense [Páx. 6 [Páx. 2 e 7]

[Páx. 10]

Ourense segue sen orzamentos tras tres anos, mentres que O Carballiño vén de aprobar os de 2018. // A UD Ourense xógase fronte ao Atios o ascenso a Terceira./R.T. e M.R.

Número: 58 - Ano: XI - 24 de maio de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 24 de maio 2018

TEMA DA SEMANA

O PSOE asegura que faltan 5 millóns nos orzamentos 4 O alcalde acusa a Barquero de querer “conservar tres soldos a costa da cidade”. Redacción

Edís de PSOE e DO votando en contra da proposta presentada polo Partido Popular./I.OSORIO.

A oposición rexeita convocar un pleno extraordinario para aprobar os orzamentos 4 Democracia Ourensana, PSOE e Ourense en Común insisten nas diversas irregularidades do proxecto. Redacción O Partido Popular propúxolle este 21 de maio aos tres partidos da oposición a convocatoria de urxencia dun pleno extraordinario para debater a aprobación dos orzamentos municipais para 2018. Democracia Ourensana, PSOE e Ourense en Común votaron en contra; a pesar de que o alcalde popular, Jesús Vázquez, vencellaba esta sesión plenaria á presentación dunha moción de confianza contra a

O alcalde ofreceu, a cambio deste pleno, someterse a unha cuestión de confianza

súa persoa. Exactamente o mesmo procedemento que empregaron anteriormente outros municipios como Ferrol ou Ribadavia, para poder chegar a un acordo sobre as contas do Concello estando en minoría. Despois desta negativa esperada, Ourense continuará cos orzamentos de 2014 prorrogados. Aínda que o rexedor adiantou que o proceso de debate e resolución de emendas seguirá a través do procedemento ordinario. Dende a oposición coincidiron en rexeitar a celebración do pleno proposto polo PP debido a que o goberno municipal tardou 3 anos en presentar un proxecto de orzamentos, que ademais inclúe, ao seu

entender e ao de Intervención, certas irregularidades, que poderían causar que o documento rematara no xulgado se chegase a ser aprobado. O alcalde de Ourense confesou estar tranquilo sobre a legalidade do proxecto e instou á oposición a que o denuncien se consideran que falta á normativa. Insistíu, ademais, en que o seu partido está a facer todo o posible por sacar adiante os orzamentos. “Puxen á súa disposición o meu cargo e o do meu equipo. Tiveron a oportunidade e bloqueárono”, reclamou. Dende Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, solicitou que o proxecto sexa devolto á xunta de goberno local para

correxir os “graves erros” cos que conta. Pola súa banda, Gonzalo Jácome asegurou que a pesar de que facilitar a cuestión de confianza contra o alcalde “sería o máis rentable para DO”, decidiron non dar apoio a esta iniciativa “porque se estes orzamentos se aproban chegarán ao xulgado e en maio do ano que vén estarán invalidados despois de estar este tempo traballando con eles”, explicou. Finalmente, Vázquez Barquero argumentou o non do PSOE porque segundo eles esta proposta “só pretende encubrir a incapacidade do Partido Popular logo de tres anos sen orzamentos”.

Ao día seguinte, PP e PSOE valoraron o acontecido. Primeiro fíxoo o voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, que atacou ao alcalde de Ourense asegurando que “é un manipulador e xoga a dar pena”. Ademais, lembrou o rexeitamento de Intervención aos orzamentos e asegurou que o proxecto non recolle ingresos suficientes para facer fronte a 4,7 millóns de euros que serían destinados, entre outros, a abonar 380.000 euros polo transporte urbano para cumplir cunha sentenza de 2011; 2,8 millóns da nova EDAR e 550.000 euros que corresponden a Acuaes. Pola súa banda, o alcalde de Ourense, durante a celebración do Día da Subdelegación

da Defensa, asegurou que o rexeitamento da oposición a celebrar un pleno de urxencia para aprobar os orzamentos se debe a intereses políticos. Jesús Vázquez volveu insistir en que son “os máis sociais da historia”, e cre que ese é o motivo polo que os demais grupos non os apoian, “por odio e frustración”, engadiu. Ademais, aludindo ao acontecido na sesión do día anterior, afirmou que o seu é “un goberno serio e riguroso. E non hai alternativa nin a queren ter”. O popular tamén quixo contestar ao voceiro do PSOE, asegurando que é Barquero quen non quere cambios para manter o seu traballo no Universidade, no Concello e o Consello Municipal de Deportes. “Se alguén quere conservar tres salarios non debería ser a costa da cidade”, concluíu.

José Ángel Vázquez Barquero, voceiro do PSOE./R.T.


TEMA DA SEMANA

Barrios 24 de maio 2018

ENTREVISTA A JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ, ORGANIZADOR DO CONGRESO INTERNACIONAL DE DRONS

“Queremos que este congreso sexa a imaxe do sector en Galicia e se consolide como referencia nacional e internacional” 4 Do 24 ao 26 de maio Ourense acolle o II Congreso Internacional de Drons - DIC Galicia. R. Torres Falamos con José Manuel Martínez Pérez, presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT), delegado en Galicia do Colexio Oficial de Graduados e Enxenieros Técnicos de Telecomunicación (COGITT) e organizador do DIC Ourense. Falanos un poco do II Congreso internacional de drons. José Manuel Martínez: “Desde o noso Colexio e desde a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, procuramos darlle visibilidade ao noso colectivo con accións significativas e transcendentes, ademais de achegar as novas tecnoloxías ao resto da sociedad e divulgar o coñecemento, neste caso, dos drons. O Congreso Intenacional de Drons - DIC Galicia (polas súas siglas en inglés) terá actividades pola provincia, pero centra o seu forte na cidade, concretamente no Auditorio Municipal de Ourense, entre os días 24 e 26 de maio. Poden consultar todo o programa na web do mesmo www.dicgalicia.gal. Queremos que sexa á imaxe do sector en Galicia, un referente internacional, e se consolide (se non o fixo xa) como o congreso referencia en España. O obxetivo é que Ourense sexa o punto de encontro de todo o coñecemento no sector, que sexa esta provincia onde se transmita e intercambie e que, dende Ourense, se difunda para todo o mundo. Xa ninguén pode negar que son de interese, e a única alternativa de avan-

zar e mellorar en tódolos ámbitos”. A quen está dirixido o Congreso? J.M.M.: “Esta segunda cita vai ser un congreso reseñablemente profesional, dos que poucos se poden atopar a nivel internacional. Galicia, Ourense e o DIC Galicia están na boca de todos os profesionais e empresas do sector dos drons e das novas tecnoloxías. O DIC Galicia é un punto de encontro de inversores e proxectos significativos, que pase o que pase con eles, nacen en Ourense. Contamos en Galicia cos mellores Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, cos mellores profesionais, cos mellores proxectos e co mellor apoio posible e dende o DIC Galicia, queremos darlle visibilidade. Tampouco nos olvidamos do público xeral, das familias e dos usuarios, posto que para eles estase desenvolvendo esta tecnoloxía. É aos usuarios finais a quen van orientados e, en menos de dous anos, poucos serán os que non teñan ou traballen cun dron, como hoxe cun móvil. É por iso, que o DIC Galicia é a mellor oportunidade para poder prepararnos e formarnos ante a inminente chegada destes aparellos. Personalmente, creo que ter aquí aos mellores expertos mundiais, ter a posibilidade de falar con eles e que resolvan as dúbidas, coñecer os últimos avances no sector ou poder simplemente observar o que teremos nas nosas vidas profesionais en menos de dous anos, é unha oportunidade única”. Que pode sorprender deste Congreso? Que podemos descubrir?

José Manuel Martínez./RAMSÉS.

“Temos aos mellores profesionais, pero seguimos sen crelo”, asegura José Manuel Martínez J.M.M.: “É relativo. O que pode sorprender a uns, a outros non lle vai a parecer chamativo. Estarán os mellores expertos a nivel internacional, falando de aplicacións concretas orientadas a sectores como o agrícola e o forestal, tan importantes en Ourense; de lexislación, despois de ser aprobado recentemente o novo Real Decreto; no tema acuático e marino, en vinculación coa pesca, no que, unha vez máis somos referente en Galicia; en telecomunicacións, posto que no 2020 os drons estarán integrados completamente nas cidades, o que implica que sexa transcendente regular e fragmentar o espacio radioeléctrico, as compatibilidades coa radio, televisión, telefonía, comunicacións de corpos e forzas de seguridade; temas de ciberseguridade. Imaxina que un dron pode

ser interceptado por un intruso. Teremos nunha mesa a Pedro Cabrera, que será un atractivo para os hackers. Aos nenos e familias, chamaralles a atención a exhibición que terá lugar o venres 25 a partir das 22 horas, na contorna da ponte Romana, así como a experiencia de youtubers recoñecidos”. Que papel xogarán os drons na nosa vida a curto prazo? E a longo prazo? J.M.M.: “O mesmo que hoxe xoga un ordenador ou un teléfono móvil. Serán imprescindibles tanto a curto como a longo prazo. Que pasa? que o que antes pasaba en 20 anos, hoxe pasa en menos de dous, polo que no 2020-21, van ser raros os casos que non traballen ou teña un dron na súa vida. Cousa que

moitos xa temos, e non ten porque ser un dron voador, o mesmo robot aspirador, non deixa de ser un dron”.

dades da nosa xunta directiva e que están e estamos facendo un grandísimo esforzo por comunicalo”,

Cres que é o invento máis practico nos últimos tempos? J.M.M.: “O dron en sí, non. O importante son as aplicacións que se desenrolan ao redor deste sector, grazas aos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións. A clave está e estará nos desenrolos, na sensorización, na adaptabilidade, na nova electrónica, nas comunicacións, no procesado e transmisión de datos, todo iso é o que lle da funcionalidades ao trebello en sí”.

Como cres que deberían actuar as institucións, e empresas, para que os xoves valores, coma vos, non teñan que buscar unha fóra de aquí? J.M.M.: “Hai que seguir apostando polas novas tecnoloxías, fomentando o estudo de graos TIC e carreiras STEM. Todo parte na educación. Moi a longo prazo, pero a base é a educación. Seguimos convencidos de que debemos manter as apostas por proxectos tecnolóxicos, pola industria 4.0, pola ciberseguridade, por tecnoloxías 5G, polos drons, en definitiva, polas telecomunicacións. En plena revolución dixital, deberíamos replantexarnos a necesidade de incorporar a graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicación, en postos clave da administración pública. Eu pregúntome, quen mellor que un destes profesionais para orientar e guiar os desenrolos dun concello, provincia ou comunidade?, quén está máis capacitado que un dos nosos compañeiros para afrontar o reto da transformación dixital e das telecomunicacións? Temos un colectivo que é un diamante, sigamos apostando por el. Xa ninguén pode negar que as apostas que se fixeron e se están facendo, están dando os seus froitos. Sigamos promovendo proxectos galegos, ou orientados a Galicia. Sería unha aberración perder esta xeración e estes profesionais”.

A administración, empresa, etc. que se adiante no uso dos drons terá terreo gañado con respecto aos demais. J.M.M.: “Indiscutible. En Galicia xa o temos gañado. Todo o sector en España, non deixa de ollar para Galicia. Será por algo, non? Temos moito avanzado, somos referencia. Algo negativo que temos os galegos, é que somos incrédulos dos nosos propios éxitos. A veces, dóeme que teñen que ser os de fóra, quenes nos digan que facemos as cousas ben. Temos aos mellores profesionais das telecomunicacións, e seguimos sen crelo”. Cres que estades infravalorados aquí? E fóra? J.M.M.: “Fóra non. Preguntes onde preguntes, citannos como referencia. Aquí, como che comentaba, penso que sí. Porén, como dixen na presentación, gran parte da culpa é nosa. Gran parte da culpa é dos colectivos que representamos aos profesionais; é algo que, desde que estou ao fronte, e unha das priori-

“En 2021, van ser raros os casos que non traballen ou teña un dron”


Barrios 24 de maio 2018

CIDADE

EN BREVE

Coleccionismo e vintage, en Expourense

4 Intermodal O Diario Oficial de Galicia publicou, o 21 de maio, a declaración de urxente ocupación polo “excepcional interese” dos bens e terreos para executar a primera fase da Estación Intermodal.

4 Celébrase a primeira Feira Internacional de Antigüidades “Antiq Auria”.

4 Semana de maiores Do 28 de maio ao 1 de xuño (en varios emprazamentos da cidade) a concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense convoca unha nova edición da Semana dos Maiores. As actividades a desenrolar serán deportivas, culturais e de ocio. Máis información nos teléfonos de Atención Cidadá 988.392.909, o Centro Cívico Colón (988.393.107) e a Asuntos Sociais 988.388.171.

R.T. Cativos e maiores gozando dunha clase de zumba. /RAMSÉS.

I Encontro Interxeneracional O I Encontro Interxeneracional do Xardín do Posío para pechar a programación das actividades dos centros cívicos celebrouse o mércores, día 23. Persoas de todas as idades participaron nesta xornada na que se practicou ioga, wellness e zumba, ademais dunha zona infantil con inchables para os máis cativos. Foi o colofón ao programa de actividades organizadas polo Concello na rede de centros cívicos municipais durante o presente curso.

4 Democracia Ourensana Desde Democracia Ourensana propoñen que o Concello acometa o estudo da relocalización da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e o seu traslado á zona de Montealegre, fóra do núcleo urbán debido ao crecemento da zona en particular. Ademais, denuncia que non se cumpre unha moción plenaria (aprobada fai arredor dun ano) sobre feísmo urbanístico e poñen como exemplo os contedores de lixo ao carón da Catedral e o conexionado eléctrico da rúa Progreso á altura dos xulgados. Unha ordenanza relativa a actos incívicos e a supresión do Festival de Cine son outras das súas peticións.

Esta fin de semana, 26 e 27 de maio, Expourense acolle a primeira edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, que reunirá a 53 expositores procedentes de 5 países (España, Portugal, Francia, Suíza e Arxentina). Antiq Auria presentará multitude de obxectos únicos e cheos de historia divididos en tres zonas. A primeira delas será a das antigüidades propiamente ditas (obxectos con máis de 50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, porcelanas, etc. Neste área contarase coa presenza de expositores como Gold Cash de Arxentina, referencia mundial en

xoias antigas. A outra área será o coleccionismo onde se poderán atopar numismática, filatelia, medallas militares, etc. Aquí cabe destacar a presenza do expositor Anticuo Neton de Burgos, unha referencia en Europa en medallas e artigos militares. Por último, esta cita conta tamén cun área reservada para os afeccionados aos obxectos vintage (século XX), que se teñen convertido nunha moda e nun referente á hora de decorar os fogares. Horario O horario de apertura do evento será sábado 26 e domingo 27 de 11 a 14.30 h. e de 16 a 21.00 h. O prezo da entrada será de 2 euros e gratuíta para menores de 12 anos.

Visita ás obras da ponte Nova. /RAMSÉS.

Obras de mellora na ponte Nova O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, xunto ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, comprobaron, in situ, as obras de mellora da ponte Nova que este ano cumpre 100 anos. Con motivo desta efeméride realizouse unha limpeza (de graffitis) ademais dunha mellora no firme, nas beirarrúas e na iluminación (esta está sen comezar). Durante a visita, o alcalde queixouse de que despois da limpeza volveron aparecer pintadas sobre a ponte e lanzou unha advertencia: “estos actos imos perseguilos para que se paguen as consecuencias”, polo que “a Policía Local está coordinada coa Nacional”. A ponte Nova foi a segunda ponte que se constriu sobre o río Miño ao seu paso pola nosa cidade. Fai unhas datas foi presentado un selo pola conmemoración dos 100 anos de historia desta obra civil que foi contruída entre 1910 e 1918.

José Antonio Ferreiro, xerente de Antigüidades Urbano, e Emma González, directora adxunta de Expourense, presentaron Antiq Auria.. /RAMSÉS.


CIDADE

Barrios 24 de maio 2018

Ourense lembrou a María Moreno

espazo para parada de autobús, para instalación de mobiliario urbano, etc. E conclúen que, no caso de executar a senda e, se fora necesario o derrubamento dalgún peche, esixen á Xunta e o Concello que se comprometan a que o levantamento do novo peche non teña custe algún aos propietarios.

4 Na celebración do Día das Letras Galegas. Redacción Ourense sumouse á celebración do Día das Letras Galegas que este ano rendía homenaxe a María Victoria Moreno. Varias foron as actividades ao longo da semana. Previamente ao 17 de maio a praza de San Martiño acolleu a entrega do premio do VI Certamen de Microrrelatos on line, sendo Aroa Dios do Campo, alumna de 6º de Primaria del CEIP A Ponte, a gañadora deste ano coa obra “Soñando”. Ademais, representouse “María e os ollos alabarados” na que se daba conta de varios relatos da obra de Moreno. No día grande, a rúa do

Paseo foi o lugar elexido para as actividades desta festividade. Esta rúa contou cunha “ciclobiblioteca” de Anxo Moure, unha actividade que funcionou a modo de biblioteca móbil para que os nenos e os máis novos descubriran os libros de María Victoria Moreno. O artista percorreu na súa bicicleta esta céntrica rúa e invitou aos viandantes a ler a obra da homenaxeada. Ademais o Centro Cultural Ángel Valente acolleu diversas actividades dirixidas aos máis cativos. Tamén tivo lugar o espectáculo “Cantamos un conto?”, a cargo de Luis Vallecillo e a súa banda. E o colofón o puxo o grupo Sonoro Maxín.

Centos de persoas celebraron o Día das Letras Galegas en Ourense. /RAMSÉS.

Tramo da estrada de Reza onde Xunta e Concello queren facer a senda. /M. REJO.

Veciños de Reza presentan alegacións á senda peonil 4 Agradecen o respaldo recibido. Redacción A asociación de veciños “Quince de Agosto” de Reza rexistraba as alegacións ao proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU402, no treito de Reza. Os veciños continúan coa preocupación da senda e non conciben que se impoña un “proxecto” á cidadanía sen contar con ela e facendo “caso omiso” á petición da construción de beirarrúas. Queixanse de que eli-

minar os aparcamentos existentes fará que os veciños teñan que “aparcar bastante lonxe das súas vivendas” poñendo en perigo aos que saen das súas casas atopándose de supeto con “ciclistas, peóns e vehículos”. Tampouco consideran apropiado a expropiación de terreos e peches de fincas a 45 afectados e que se lles compense cunha “cantidade irrisoria de 50.000 euros” a dividir “entre todos”. Desde a asociación cren que no futuro non será de

gran utilidade a obra, xa que peóns e ciclistas prefiren as ribeiras do Miño para non exporse ao tráfico. Senda ciclista As alegacións da asociación perante a Axencia Galega de Infraestruturas piden que se suprima a senda ciclista proxectada, e que de construírse a peonil debe continuarse tendo en conta as características das beirarrúas anteriormente construídas mantendo zonas de aparcamento,

Apoios A asociación agradeceu o apoio doutras asociacións, colectivos e xente de todos os barrios da cidade. Tampouco se esqueceron dos grupos políticos Democracia Orensana, PSdeG-PSOE, OUeC, BNG, Ciudadanos, que mostraron interese neste problema. Ourense en Común e o Partido Socialista levarán ao pleno o rexeitamento da veciñanza de Reza á senda. Por iso rexistraron unha moción conxunta para o pleno de xuño. Pedirán modificalo proxecto e, en caso de non ser posible, non realizalo. Critica que a actuación se realice “ás costas da veciñanza”.

A asociación “15 de agosto” cre que os peóns e ciclistas prefiren as ribeiras do Miño para non exporse ao tráfico


Barrios 24 de maio 2018

CIDADE

Reparación de lousas Redacción O Concello de Ourense iniciou os traballos de recolocación e asentamento o martes desta semana de lousas de diferentes rúas da cidade. Concretamente as actuacións serán nas rúas rúas Doutor Marañón, da Barreira, Lamas Carvajal, do Paseo, Desengaño, avenida de Pontevedra e rúa da Paz. En total, recolocaranse 147 lousas quedando pendentes outras 51.

Recambio de lousas en Lamas Carvajal.

Charla por parte dun membro de Sogama para os veciños da praza 200 sobre reducción de desperdicio alimentario.

Redución do desperdicio alimentario na praza 200 O local social da Asociación de Veciños As Termas, situado nas vivendas sociais xunto a estación de autobuses, acolleu unha charla informativa impartida por Sogama sobre a reducción do desperdicio alimentario. O lema da charla foi “Comer si, tirar non” e na mesma daban consellos sobre recollida selectiva dos residuos. Desde o colectivo veciñal da praza 200 están preparando unha Asemblea Veciñal para debater sobre as necesidades do barrio e organizaráse unha charla sobre compostaxe.

Estado do firme na avenida de Portugal e dos bancos no parque das traseiras da rúa San Rosendo.

Carlasca e As Termas reclaman melloras nos seus barrios 4 Desde A Carballeira denuncian falta de inversións solicitadas. Redacción Numerosas queixas ao Concello de Ourense estanse a suceder nas últimas datas. Carlasca e As Termas foron as últimas en reclamar melloras. Desde a Asociación de Veciños Carlasca, na parroquia do Sagrado Corazón da Carballeira, denuncian que o Plan de Investimentos Municipal non contempla as inversións solicitadas para o barrio que si aparecían na primeira fase. Entre as denuncias destacan o estado de abandono no que se atopa a avenida de Portugal (falta de limpeza, falta de poda nas árbores, deficiencias no firme e beirarrúas en estado terceiromundista, falta de mobiliario, traída de auga que rebentou xa

dúas veces). Por iso, solicitaron por rexistro un proxecto de reforma integral da avenida de Portugal que inclúe varias peticións: cambio da Rede de Saneamento e da traída da auga, renovación do firme dende Marcelo Macias ata Ervedelo, reforma das beirarrúas e iluminación, reforma dos xardíns e alcorques, colocación de mobiliario, seguridad viaria e peonil, regulización do tráfico e máis frecuencia no bus urbano. En palabras do presidente da A.VV. Carlasca, Arturo Rodríguez: “O barrio da Carballeira esta abandonado, había obras comprometidas do goberno Bipartito que quedaron no caixón”. E engade: “Na praza da Lexión hái máis dunha década que non se podan os chopos da zona central”.

AVV As Termas Desde a Asociación de Veciños As Termas fixéronse eco das queixas recibidas nos últimos días sobre o estado de abandono de dous bancos situados no parque das traseiras da rúa San Rosendo. Esas queixas derivaron nunha solicitude, mediante rexistro, ao Concello para que se tomen as medidas oportunas para repoñelos e así poder gozar a cidadanía deles durante a época estival que está a piques de chegar.

A AVV As Termas reclama ao Concello que se repoñan os dous bancos que están en total estado de abandono


Especial O CARBALLIÑO

Barrios 24 de maio 2018

O Concello explica o proceso de renovación de árbores

tración máis áxil e moderna”, concluíu. Orzamentos

4 Considera “infundada e estéril” a polémica creada pola oposición. Redacción O Concello do Carballiño deféndese e explica o proceso de renovación de árbores dun tramo da avenida Xullo R. Soto. “A polémica sobre o proceso de replantación de novas árbores é estéril e infundada”, asegurou o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, durante unha rolda de prensa ofrecida conxuntamente coas concelleiras de Medio Ambiente, Érika Paz, e de Economía, Rita Soto, para informar do procedemento seguido no mesmo. A edil de Medio Ambiente asegurou que o procedemento seguiu os pasos administrativos habituais na contratación do servizo, e que estivo dentro da legalidade. Ademais, aportou toda a documentación seguida en todo o proceso. Primeiro, segundo a concelleira, pediron un informe sobre a situación dos camelios (secos) e dos maceteiros (deteriorados), encargouse un informe técnico para elexir as árbores máis axeitadas que finalmente foron acebos. Pedíronse tres presupostos e elexiuse a mellor oferta económica que incluía a retirada dos camelios e dos maceteiros; preparación dos alcorques e plantación das novas árbores, así como a replantación

dos camelios servibles nos terreos dos centros sociais das parroquias e a xestión dos inservibles, dos maceteiros e doutro tipo de refugallos derivados deste traballo. Esta empresa depositou temporalmente os camelios inservibles e os maceteiros nunha finca, chamando posteriormente a unha entidade de xestión de residuos da comarca para o seu transporte e reciclaxe. A finca, como explicou Rita Soto, é dela e do seu marido sendo este o que deu permiso; “unha práctica habitual”no sector sen que haxa ningún tipo de interese particular”, concluíu. Xulgado Desde o Concello critican a actitude da oposición buscando “rendemento político” a costa dunha empresa local que traballa “con rigor” e animan ao voceiro do partido popular a “acudir ao xulzgado” se considera que se produciu “algún tipo de ilegalidade”.

Desde o Concello animan ao voceiro do PP a acudir ao xulgado se ve irregularidade

Rolda de prensa sobre a polémica das árbores.

Momento no que os socialistas votan a favor dos orzamentos de 2018./M. REJO.

Carballiño xa ten RPT e orzamentos 4 É a primeira RPT da historia do Concello que favorecerá unha nova Oferta Pública de Emprego. Redacción No pleno extraordinario que se celebrou o día 23 de maio no Concello do Carballiño aprobouse dun só golpe a RPT e o orzamento deste ano. Non sen dificultades. A sesión plenaria comezou correxindo uns matices do anterior pleno sobre a agresión a un veciño da vila, a petición do voceiro do BNG. Posteriormente, aprobouse a adhesión do Carballiño á rede de cidades que camiñan, na cal varias cidades intercambian experiencias para mellorar a seguridade vial e promover a mobilidade peonil. O custo para o Concello será de 100 euros.

A nova RPT conlevará unha actualización no salario dos 140 traballores do Concello e unha nova Oferta Pública de Emprego

Tamén se aprobou unha modificación de crédito para abonar facturas por importe de 724.000 euros, co que a débeda do Concello quedaría a cero. RPT Por fin O Carballiño ten a desexada Relación de Postos de Traballo (RPT). Tras moitas reunións con grupos políticos e sindicatos saiu adiante. O edil de Persoal, Adolfo Noqueira, aseguraba que “se trata dun documento atemporal, pódese modificar no futuro, sexa quen sexa o que goberne”. Engadía que “levamos dous anos traballando nel” e “agradezo a boa sintonía cos outros grupos políticos presentes no Concello”. Puntualizou, ademais, que “houbo outros documentos que se chamaron RPT, pero non o eran como tal legalmente”. Esta RPT aprobada afecta aos 140 traballadores do Concello e significará un aumento do soldo do 4%. Noqueira destacou que “hai traballadores que leven máis de 30 anos no Concello e cobran 800 euros. Fáise xustiza”. A aprobación desta RPT

conleva que tamén se poida elaborara a Oferta Pública de Emprego (OPE), moi necesaria na Policía Local, por exemplo. Nas votacións sobre a RPT, PP e BNG abstiverónse para facilitar a súa aprobación, e tras ela, o alcalde, Francisco Fumega, agradeceullo e calificou o día de “histórico”. “Un documento moi importante para a vila que, por fin, fixa os dereitos e obligacións dos funcionarios e acada, así, unha adminis-

O PSOE presentou uns orzamentos “realistas” de 9.662.000 euros. A maior partida estará destinada a gasto corrente, o 49% das contas, do cal 2.600.000 euros adicaranse a pagos de luz, auga e limpeza. Tamén hai que engadir os 670.000 euros que se destinan a servizos sociais, 170.000 a educación, 150.000 a cultura, 109.000 a deporte e 40.000 euros á promoción de emprego, entre outros. O gasto de persoal acada o 37,9 % do orzamento e as inversións son só o 6%, uns 580.000 euros, ao que hai que sumar 800.000 euros de superavit. Chegado o , Alternativa veciñal e BNG votaron en contra, o PP abstívose pedindo consenso para as inversións e os votos favorables do PSOE fixeron que saíran aprobados. Emenda á totalidade Pola súa banda, o BNG anunciou que presentará unha emenda á totalidade para botar abaixo estas contas.

Nos orzamentos deste ano, duns 9.662.000 euros, o 37,9% destinase a persoal e o 49 % a gastos correntes

Adolfo Nogueira explicando a nova RPT. /M. REJO.


Barrios 24 de maio 2018

Análise de fontes públicas Redacción O grupo socialista do Concello do Irixo insta, mediante unha moción ao goberno local a poñer en marcha un plan de análise de todas as fontes públicas e mananciais de traídas de auga de consumo humano. Desde o PSOE aseguran que a gran maioría carecen de control sanitario e outras son controladas polos propios veciños. Por iso, consideran que o Concello está na obriga de atender á súa vixilancia, control, mantemento e sinalización, dando información da calidade sanitaria das augas que subministran co fin de evitar riscos potenciais para a saúde. Beirarrúas Noutro orde de cousas, os socialistas piden á urbanización con beirarrúas ou senda peonil na estrada ao seu paso por Irixo de Arriba (desde o grupo escolar ata o cruce da estrada). “As numerosas curvas, o estreito da calzada e varios desniveis fan preciso a urbanización e construción de beirarrúas ou senda peonil para garantir a seguridade dos peóns e automobilistas”, afirman desde o grupo da oposición no Irixo.

O CARBALLIÑO / PROVINCIA

A RomeríaRock Arenteiro, no horizonte 4 O festival terá lugar este sábado no parque municipal. Redacción O Carballiño véstese de festa para recibir a RomeríaRock Arenteiro e a Festa das Parroquias; a primeira, este mesmo sábado, e a segunda, o día 3 de xuño. O Parque Municipal do Carballiño será a sede da primeira edición da RomeríaRock. Ás 11.30 horas realizarase unha procesión na honra de Freddie Mercury, artista elexido por votación do público para ser homenaxeado. Unha comitiva partirá desde a praza Maior para rematar no recinto onde se instalará un altar a Mercury que presidirá todos os concertos. Os carballineses Nube

Entradas As entradas xerais pódense comprar en liña, tanto a través da páxina web arenteiro. romeriarock.com como do portal ataquilla.com, a 13 euros + gastos de xestión; e o mesmo día do evento no despacho de billetes a un prezo de 16 euros.

El último ke zierre pechará o RomeríaRock.

4 A 26ª edición terá lugar o 3 de xuño. Mudelos acollerá, por segunda vez, a Festa das Parroquias, que este ano celébrase o domingo, 3 de xuño. Esta 26ª edición comezará ás 11 da mañá con pasarrúas polas aldeas do

pola historia do rock.

Presentación das primeiras Xornadas de Novela Histórica de Verín.

Verín achégase á novela histórica 4 Nunhas xornadas que terán lugar os días 25 e 26 de maio. Redacción

Mudelos acolle a Festa das Parroquias

Redacción

Estrada Irixo de Arriba.

Kingston serán os primeiros en actuar, sobre as 12.30 h. Depois pasarán polo escenario 33 Malandras (14.30 h), Dakidarría (16.30 h), 13 Bats (18.50 h), Antiguo&Barbudo DJ (19.50 h), os locais Susie Q’S (20.15 h) e clausurará esta edición o grupo El Ultimo Ke Zierre (22.30 h). Durante toda a xornada DJ Nunx será o encargado de conducir aos asistentes

grupo de gaitas Chimpafigos, de Cabeza de Vaca. Ás 12 terá lugar a misa na igrexa parroquial de Mudelos, e á unha, haberá o tradicional concerto da Banda Escola de Música do Carballiño. O xantar será ás 14 horas e o menú será a

base de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño e café. O prezo de menú é de 18 euros. As tarxetas para o xantar pódense adquirir nas asociacións de veciños. A partir das 5 da tarde comezarán os xogos e a animación musical. Campionato de subastado e brisca (equipos de catro); xogos populares, como zancos, aros, a ra, chave e pentanca; e a entrega do ramo á asociación que se vaia a encargar da organización da festa do 2019 serán as actividades.

O gañador do último premio Planeta, Javier Sierra, participará na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín. Devandito evento celebrarase o 25 e 26 de maio na Biblioteca Municipal. Xunto a Sierra acudirán á vila do Támega outros cinco escritores de renome como son: José Calvo Poyato, José Luis Corral, Toti Martínez de Lezea, Alejandro Corral e Antonio Piñero Sanz. O principal obxectivo destas xornadas é realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran. Programa O programa conta cun

taller intensivo de escritura creativa (venres de 11 a 13 horas), conferencias, mesas redondas e presentacións de novelas como “Batallador” de José Luís e Alejandro Corral, pai e fillo respectivamente. A entrada a todas as actividades é de balde ata completar aforo. Javier Sierra presentará a súa novela “El fuego invisible” o sábado ás 19.15 h para xusto despois participar na mesa redonda: “O Santo Grial na novela histórica”, xunto a José Calvo Poyato, José Luís Corral, Antonio Piñero; a modera Miguel Ángel Losada García.

O escritor Javier Sierra, premio Planeta, participará nesta primeira edición


PROVINCIA

Barrios 24 de maio 2018

A Deputación homenaxea á escritora Pura Vázquez 4 300 escolares ourensáns acudiron ao acto na “Ínsua dos Poetas”. Redacción A Deputación de Ourense conmemorou o centenario do nacemento da escritora e mestra ourensá Pura Vázquez. Foi na “Ínsua dos Poetas” e coa presenza de 300 escolares ourensáns de sete centros educativos da provincia. A actividade, presidida polo titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, contou tamén coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente da Fundación “Ínsua dos Poetas”, Luis González Tosar, e a xefa territorial de Cultura, Ma-

ría Luz Fernández, acompañados por familiares das escritoras Pura e Dora Vázquez e representantes dos ámbitos cultural e social. Alumnos dos CEIP Virxe da Guadalupe (Avión), Emilia Pardo Bazán (Leiro), Saco e Arce (Toén), e os da capital ourensá Virxe de Covadonga, A Inmaculada, Manuel Luís Acuña e Manuel Sueiro, desenvolveron ao longo da mañá, do 21 de maio, actividades literarias ao redor da figura de Pura Vázquez, homenaxeando á autora coa lectura de poemas e xogos literarios e lembrando a traxectoria da que foi pioneira da literatura en galego para os máis novos. O acto, que contou na parte musical coa

Muíños será a sede do Campionato de Galicia de piragüismo escolar 4 Disputarase o 2 de xuño. Redacción Máis de medio millar de nenos participarán o vindeiro 2 de xuño no “I Campionato galego de piragüismo escolar “Xogade-Muíños”, que se

celebra neste municipio ourensán, contando co apoio da Deputación de Ourense. Un evento que, segundo destacou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “salien-

Presentación do Campionato de piragüismo escolar./A. PAZ.

participación do grupo “A Roda”, rematou xunto ao monumento das irmás Pura e Dora Vázquez, instalado no recinto. Manuel Baltar destacou a Pura Vázquez como a “mestra da palabra, que abriu en Galicia as portas á literatura infantil e xuvenil, e que pensou sempre en clave de infancia e mocidade” e lembrou que todas as culturas enriquecen, “e nós temos unha propia, o idioma galego, a nosa lingua nai”. Pola súa banda, Valentín García animou aos escolares “a seguir defendendo e utilizando o noso idioma, no que homenaxeamos o labor de Pura Vázquez como mestra e creadora li-

ta o potencial natural e de infraestruturas con que conta a nosa provincia para os deportes acuáticos, xa que dispoñemos das mellores láminas de auga de Europa e unhas instalación en Laias, Castrelo de Miño, Arnoia e Muíños que permiten combinar a práctica de actividades deportivas de lecer e de alto rendemento”. Disputaranse probas de diferentes categorías e comezará ás 10 horas, centralizando toda a actividade nas instalacións deportivas do Corgo, en Muíños.

Baltar na homenaxe a Pura Vázquez na Ínsua dos Poetas./A. PAZ. teraria”, e o alcalde do Carballiño subliñou a relevancia do día de hoxe “no que nos damos cita persoas que cremos na cultura, na liberdade e no arte”, remarcando a importancia da colaboración entre a Deputación, o concello do Carballiño e a Fundación “Ínsua dos Poetas”, dixo Francisco Fumega. Luis González Tosar,

quen exerceu de mantedor do acto e leu un poema composto por frases que os nenos uniron de distintas creacións literarias de Pura Vázquez, afirmou que neste evento “dialogan a literatura e a natureza, e vós, os nenos, sodes protagonistas desta festa da palabra xunto a Pura Vázquez, a quen honramos”.

Baltar destacou a Pura Vázquez como a “mestra da palabra, que abriu en Galicia as portas á literatura infantil e xuvenil


10

Barrios 24 de maio 2018

DEPORTES

A segunda cita do “Correndo por Ourense” tomará o barrio do Couto

Sincro Ourense Redacción O Sincro Ourense logra unha notable actuación no XIII Trofeo Deputación de Pontevedra de natación artística disputado en Marín a mediados do mes de maio. O club ourensán chegou á cita con 54 nadadoras da categoría de base sendo a máis representada no torneo. Ata en catro ocasións foron quen de subirse ao máis alto do podio, ademais de sumar una prata e dous bronces máis. Os ouros foron para as nadadoras da categoría de base 1 -estas tamén obtiveron un bronce-; o base 2; e o base 4 infantil por partida dobre (equipo e combo). O base 3 fíxose coa prata, e quintas en combos, e o base 4 júnior conqueriu o bronce coa rutina. Citas As próximas citas para o club Sincro Ourense son o Campionato de Galicia de nivel de categoría de base que se disputa esta fin de semana en Bastiagueiro (para as de base 4), e o 2 de xuño no Ferrol (para as de base 1, 2 e 3). O día 9 de xuño será o turno para o Trofeo Copa Deputación de Ourense na piscina Rosario Dueñas.

Coreografía dun dos grupos do Sincro Ourense.

4 A carreira dispútase o sábado 26 de maio. R. Torres

Parte de Tribuna no estadio do Couto con Joni en primeiro plano. /Y. SEARA.

Os 300 que acompañarán á Unión Deportiva Ourense 4 A UD Atios só facilita ao club ourensán esa cantidade de entradas para o trascendental encontro. R. Torres Malestar no entorno da Unión Deportiva Ourense ao ter confirmación de que a UD Atios tan só lles facilitará 300 entradas para o trascendental encontro deste domingo, a partir das 18 horas, no Carballo. Das 300, 50 serán para compromisos de xogadores e corpo técnico, o resto para os socios que deberán retiralas na billeteira do Couto. A nova caeu no seno unionista como auga fría. E é que durante toda a tempada o equipo sempre contou co apoio dos seus seareiros en cada desprazamento, sobre todo nas dúas últimas viaxes nas que se superaron os 300 afeccionados do equipo que dirixe Fernando Currás. Por iso, prevíase, desde

o club, que nesta “final” desprazaríanse en torno ao dobre de persoas. Desde o club de Porriño aluden a motivos de seguridade o feito de que non se den máis entradas. Os locais quedaranse con 450 entradas para os seus socios e non venderán ningunha entrada antes do encontro a ninguén que non sexa socio do club. Ascenso No estritamente deportivo, Atios e Ourense xóganse o ascenso á Terceira división. Dous dos tres resultados posibles valenlle aos ourensáns (a vitoria e o empate), mentres que ao Atios só lle vale vencer. Podería incluso ascender o equipo do Couto se o Porriño empata ou perde contra o Erizana. Os unionistas teñen 78 puntos, por 76 do Porriño e 75 do Atios.

Ourensáns O resto de equipos da provincia chegan a última xornada sen nada en xogo. O Bande -que o ano que vén non terá no banco a Iván Gonzálezdesinchouse nas últimas xornadas e chega á derradeira co obxectivo de despedirse con vitoria diante dos seus afeccionados, xoga ante O Grove. Nogueira, que recibe ao Campo Lameiro, e Ribeiro, que fai o propio co Pontellas xa están descendidos.

A vitoria ou o empate, ou mesmo que non gañe o Porriño ao Erizana, válelle á UD Ourense para ascender a Terceira

Un mes despois da primeira cita da oitava edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chega a segunda. Esta desprázase do barrio do Vinteún ata o do Couto. Este sábado, 26 de maio, en xornada nocturna, as rúas deste barrio encheranse de atletas e de afeccionados pola celebración das catro carreira que se disputan cada xornada. O número de anotados superan os 1.200. Catro carreiras que serán, seguramente, cinco debido a que a numerosísima participación dos máis pequenos fai que a categoría pitufos se divida en dous. Así, ás 22 horas dará comezo este evento cos máis cativos entrando en acción percorrendo

unhas ducias de metros. Para as 22.10 horas serán os benxamíns e alevíns os que fagan un percorrido de 1.200 metros. Os infantís e cadetes serán os seguintes; en torno ás 22.15 horas terá que completar unha distancia de 2.400 metros. Rematarase coa carreira absoluta -resto de categorías-, ás 22.30 horas, que deberán dar tres voltas realizando unha distancia total de 6.100 metros. Na categoría absoluta lideran a clasificación Pepe Márquez (Adas Proinor) e Begoña Domínguez (Atletismo Arenteiro) en categorías masculina e feminina, respectivamente. Rúas As rúas polas que percorrerán as carreiras son: Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Antonio Puga e Dalí.

Carreira no Vinteún do “Correndo por Ourense”. /R.T.


DEPORTES

4 Rali de Ourense

4 O equipo de volei praia está formado pola parella Escalona-Tovar. A parella masculina formada por Juan Escalona e Hernán Tovar do Club Volei Praia Milenio Ourense quedou cuarta clasificada no Campionato de España de volei praia que tivo lugar en Maspalomas (Canarias). Escalona e Tovar perderon en semifinais ante a parella dos irmáns Huerta que despois sería campioa e caeron na loita polo terceiro posto en dous sets aos que se chegou ao desempate. Os coñecidos xogadores quixeron inscribirse no Club Volei Praia Milenio Ourense e competirán durante este verán no circuíto “Madison Beach

Voley Tour” que agrupa ás oito mellores parellas da especialidade, tanto masculinas coma femininas, e que terán como próximos torneos e sedes as cidades de Melilla, Tarragona, Illa Canela, Laredo e Fuenxirola. Club O Club Milenio Ourense xa conta con máis de medio centenar de xogadores inscritos e que realizarán os seus adestramentos nas pistas de Oira Praia durante o verán. Competirán en torneos locais, autonómicos e nacionais. Esta semana presentarase o circuito de torneos que organizará o club.

A parella de volei praia de Milenio Ourense formada por Escalonada e Tovar en Maspalomas. /CEDIDA.

11

EN BREVE

O Milenio Ourense remata cuarto en Maspalomas

Redacción

Barrios 24 de maio 2018

Partido da primeira volta entre Envialia e Cidade. /ARQUIVO.

O último derbi 4 Cidade e Envialia enfróntanse este sábado nun partido que non se dará o curso que vén. R. Torres Cidade das Burgas e Ourense Envialia disputan este sábado, 17 horas central dos Remedios, un derbi que non se dará o vindeiro curso. O descenso do Cidade fai que este derbi sexa especial, a pesar de non ter aliciente ningún, salvo que as de Manolo Codeso despídense da súa afección. Despedirse cunha vitoria e o obxectivo das franxiverdes. Pola súa banda, o Ourense Envialia, coa disputa da Copa de España no peto, centrará nesa competición os seus esforzos para revalidar un título que eclipsaría unha tempada que non rendiron ao nivel que se lle esperaba (quedaron moi pronto descartadas pola loita polo título). Ade-

mais, tamén será o último derbi de Chipi no banco do Envialia, xa que anunciou a súa marcha ao finalizar a Copa. Un partido agridoce que máis pronto que tarde se repita na máxima categoría do fútbol sala nacional. Despois deste encontro, a Liga rematará o 2 de xuño co Cidade das Burgas visitando ao Cádiz (no que se xogarán non ser últimas) e o Ourense Envialia recibe nos Remedios ao Guadalcacín. Liga En canto á consecución da Liga esta é a máis aberta dos últimos anos. Ata catro equipo (Navalcarnero, Alicante, Roldán e Burela) teñen posibilidades de conquistala. O Navalcarnero é o equipo que o ten máis fácil xa que é o único

que depende del mesmo; Móstoles e Soto Del Real non parecen rivais para facerlle perder puntos. O Alicante está empatado coas madrileñas, pero co golaverage perdido. As alacantinas son as que teñen peor calendario: reciben ao Poio e visitan a Roldán na derradeira xornada. O Roldán (que conta con dous puntos menos) antes de recibir ao Alicante vista a Majadahonda na penúltima xornada. E Burela é o que menos posibilidades ten. A tres puntos das dúas primeiras visitan Alcorcón e rematan a liga na casa diante de Alcorcón. Sala Ourense O Sala Ourense rematou a liga cunha vitoria no campo da Pontenova (1-4). Agora dará comezo a Copa de Terceira no que se medirá ao Ribeira.

Navalcarnero, Alicante, Roldán e Burela pelexarán pola Liga nas dúas últimas xornadas

Escudería Ourense ten todo preparado para que o Rali de Ourense (que este ano se celebra os días 8 e 9 de xuño) co nivel organizativo de cada ano. Ademais de proba puntuable para o nacional tamén o será para os certames de Beca Junior R2, Copa Suzuki Swift e Dacia Sandero Rallye Cup. O 30 de maio, ás 20 horas, péchase o período de inscricións. Nesta edición percorreranse un total de 506,55 Km, dos cales 182,54 son cronometrados nun total de 10 tramos. O Shakedown de Castro de Beiro será de 10:30 a 12 horas do venres, 8 de xuño.

4 Sportur O comité asesor de Sportur Galicia (Salón do Deporte e o Turismo Activo) reuníuse por primeira vez, en Expourense. Este ano, que se celebra a segunda edición, terá lugar os días 15, 16 e 17 de novembro (de xoves a sábado) e os inscritos na San Martiño (18 de novembro) deberán recoller o seu dorsal neste salón.

4 Motodesafío Os días 26 e 27 de maio Muíños acolle a segunda edición de Motodesafío. O obxectivo da actividade é facer que os participantes rematen o itinerario gozando da condución en moto, da navegación con rutómetro ou libro de ruta (roadbook) e da paisaxe da ruta establecida. Máis información en motodesafíoourense.com.


12

Barrios 24 de maio 2018

DEPORTES

e outras 336 de xeito telemático.

Deportistas e autoridades na presentación do programa “Eu son DGAN”.

Deportistas galegos de alto nivel optan a ofertas de traballo activas 4 Grazas ao programa “Eu son DGAN”. Redacción O programa ‘Eu son DGAN’ da Secretaría Xeral para o Deporte, presentado a finais do ano pasado e que axuda aos deportistas galegos de alto nivel á súa inserción laboral da man da

Fundación ONCE, conta, tralo primeiro trimestre de 2018, con 43 ofertas de traballo activas para as que existen 27 candidatos e candidatas que poderían asinar os primeiros contratos laborais nas vindeiras datas. En total, ao abeiro do

A secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, falando de “Eu son DGAN”.

programa, foron contactadas 96 empresas e un total de 276 deportistas galegos, o 77% dos deportistas de alto nivel recoñecidos segundo o procedemento iniciado en xuño de 2017 (358). De todos os deportistas de alto nivel contactados, o 67% amosa o seu interese por participar no programa. A partir de agora, incorporaranse ao programa o resto dos deportistas así como aqueles que foron recoñecidos a través do último procedemento de novembro de 2017, xa que na actualidade, Galicia conta con 380 deportistas galegos de alto nivel (237 masculinos e 143 femininos). Do mesmo xeito, o programa xa está a incorporar ás súas entrevistas aos deportistas galegos que tiveron o recoñecemento de alto nivel vixente nalgún momento da súa traxectoria, aínda que no

momento actual non gocen desa condición. Cómpre salientar que nestes tres primeiros meses do ano realizáronse 69 entrevistas iniciais cos deportistas galegos de alto nivel, así como 29 entrevistas de orientación e seguimento presenciais

‘Eu son DGAN’ O programa procurará a integración laboral das e dos deportistas de alto nivel traballando desde un primeiro momento na compensación das dificultades que a práctica do deporte de alta competición pode causar na formación e na integración laboral dos deportistas. ‘Eu son DGAN’ está destinado a todos os deportistas galegos de alto nivel, que son e que o foron. O deporte de alto nivel esixe un compromiso férreo cun estilo de vida baseado no esforzo, no sacrificio, no adestramento diario e na disciplina, polo que unha parte fundamental do proxecto ‘Eu son DGAN’ é a visibilización das persoas deportistas de alto nivel poñendo en valor o que levan achegando á sociedade durante a súa vida deportiva e destacando as capacidades adquiridas coa práctica do deporte: compromiso, dedicación, competitividade, coope-

Marta Míguez xunto con deportistas galegos.

ración, traballo en equipo, respecto, logro ou perseveranza. Capacidades que todo directivo quere ter na súa empresa e que fan dos deportistas traballadores excepcionais. Todos os deportistas de alto nivel reciben, no marco do programa, un kit de presentación composto polo currículo académico, deportivo, unha carta de recomendación, cartóns de visita e outros materiais que complementan o seu portafolio para unha maior visibilidade do programa e maiores expectativas de éxito no contacto coas empresas. ‘Eu son DGAN’ é unha iniciaitva que desenvolve a Xunta de Galicia da man da Fundación ONCE e as súas entidades de intermediación laboral Ilunion Empleo e Inserta Empleo.

‘Eu son DGAN’ axuda aos deportistas galegos de alto nivel á súa inserción laboral


DEPORTES

Barrios 24 de maio 2018

O Ximnasia Pavillón logra todos os ouros na Copa Deputación 4 Lévase un total de 13 metais. Redacción Noela Saa, primeira en Betanzos.

García e Saa vencen en Betanzos 4 Antía Martínez foi terceira en júnior. Redacción O Academia Postal Maceda regresa da Copa Galicia de Betanzos cun bo sabor de boca. O que lle deixou os triunfos de Andrea García (júniors) e de Noela Saa (en cadetes). Pero ademais, acompañou no podio a García, Antía Martínez na terceira posi-

ción. Tamén subía ao podio, como terceiro, Raúl González en sub 23. Contrarreloxo Noela Saa proclamabase, días antes en Cerceda, campioa galega cadete na modalidade de contrarreloxo. En júnior, Andrea García era terceira.

O club Ximnasia Pavillón acada o pleno de ouros na competición individual na terceira fase da Copa Deputación de ximnasia disputada no pavillón de Barbadás. Ademais, 11 conxuntos se clasifican para o autonómico de nivel escolar. Pola súa banda, os conxuntos de promoción mostraron un excelente nivel, sendo o Club Ximnasia Pavillón o primeiro clasificado nas categorías prebenxamín e infantil, únicas nas que houbo máis dun equipo en competición. A terceira fase de Copa Deputación, que suma unha nota máis para a clasificación final, vai dando sorpresas e vai

repartindo metáis entre diferentes clubs e escolas da provincia. Nesta terceira fase o Club Ximnasia Pavillón fíxo pleno na competición individual, sendo ouro as catro individuais que participaron nas categorías de iniciación, benxamín, infantil e

cadete. Na modalidade de conxuntos participou con catro conxuntos e alcanzou o ouro con tres deles (alevín, cadete e sénior), sendo cuarto o conxunto alevín. O Escola Ximnasia Pavillón, por súa parte, acadou catro pratas e un bronce.

Un podio da Copa Deputación disputada en Barbadás.

13

Galego O pavillón dos Remedios acolleu o Campionato de Galicia individual e de clubs clasificatorio para o nacional. O conxunto júnior do Club Ximnasia Pavillón logrou a segunda posición o que lle deu a clasificación para o nacional de Zaragoza. As sénior fixéronse coa prata por equipos conquerindo, tamén, o seu pase ao Campionato de España. Este 26 de maio no Carballiño realízase un control no que catro equipos pavillonistas buscarán o pase á segunda fase da Copa de España de conxuntos.


14

Barrios 24 de maio 2018

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AXENDA

Concentración de super deportivos Vila do Arenteiro

Teatro - 25 de maio - “O Príncipe” - 20.30 h - Teatro Principal - 31 de maio - “Adán e os Reis Católicos” 1ª Mostra de Teatro da Universidade Laboral- 20 h - Universidade Laboral - 31 de maio - “A Tenrura” - 20.30 h - Teatro Principal Exposicións - Ata o 27 de maio - Exposición de Antonio Mariscal (Maec) “Piernetas” - C.C. Marcos Valcárcel - Ata o 31 de maio - Exposición colectiva “Espacio Matrioska” Basquiart (Ourense) - Ata o 3 de xuño - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) Música - 25 de maio - Concerto de Isaac Garabatos e Yolanda Castaño - 20 h - Casa da Cultura de Barbadás - 25 de maio - Festa itinerante “Ven respirar” - 20 h - Ponte romana - 25 de maio - Concerto de Joana Serrat - 20.30 h. - Café Pop Torgal - 25 de maio - Concerto de Brais Morán - 21.30 h. - Café Cultural Auriense - 25 de maio - Concerto de Mounqup - 22.30 h. Café El Pueblo - 26 de maio - Festival RomeríaRock Arenteiro todo o día - O Carballiño - 26 de maio - Concerto de The New Raemon + Invisible Harvey - 20 h. - Café Pop Torgal - 28 de maio - Jam Session Rock -22 h. - Café Cultural Auriense Deportes - 26 de maio - Cidade Envialia - 17 h. - Pavillón dos Remedios Outros - 25 de maio - Proxección de “Moitos fillos, un mono e un castelo” - 20 e 20.30 h. - Auditorio Municipal de O Carballiño - 29 de maio - Conferencia “Introducción á Astronomía” - 20 h - C.C. Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com

Redacción

Presentación no salón de plenos de Ourense. /R.T.

Danza no Parque Montealegre 4 Será os días 1, 2 e 3 de xuño co espectáculo “Corps sonore”. Redacción Trátase dunha iniciativa da compañía SÓLODOS en coprodución co Centro Coreográfico Galego, que conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais, Agadic, e do Concello de Ourense. O alcalde Jesús Vázquez salientou que se trata dunha “experiencia artística inédita, fusión de danza e de natureza nun espazo único da cidade” e invitou a todos os ourensáns a “que se acheguen a danza como unha forma de expresión e de Arte única que reivindica o seu espazo”. O alcalde invitou aos ourensáns a acudir os días 1, 2 e 3 de xuño ao Parque Botánico de Montealegre “que nos últimos meses viviu un incremento de visitantes e é un espazo que debe ser coñecido por toda a cidadanía porque é o mellor balcón da cidade”. Na presentación estivo o director da Agadic, Jacobo Sutil, e os responsables da compañía artística Erick Jiménez (dirección

artística) e Maruxa Salas (coreografía). Os responsables da actividade animaron aos cidadáns a “acudir con calzado deportivo” ao Parque de Montealegre porque “a actividade percorrerá durante hora e media distintos puntos do Parque”. Corps Sonore Corps Sonore é o primeiro dos tres proxectos seleccionados para coprodución co Centro Coreográfico Galego en ser estreado, os días 1, 2 e 3 de xuño ás 19 horas no Parque Botánico Montealegre. Corps Sonore preséntase como un itinerario no Parque Botánico Montealegre de Ourense definido por intervencións de danza de Erick Jiménez, esculturas sonoras de Will Menter, accións de Jane Norbury e música de François Merville no espazo e na paisaxe ao longo do itinerario proposto para transitar. Todas as intervencións están creadas in situ e o seu marco natural forma parte do espectáculo.

A terceira edición da concentración de coches super deportivos, que se celebrará este sábado, día 26 de maio, nos arredores da Praza Maior do Carballiño, será unha das máis concorridas e vistosas. Máis de 170 partici-

pantes e de noventa coches chegados de distintos puntos da xeografía nacional e algún do país veciño, están inscritos neste evento que reunirá no Carballiño os modelos máis chamativos das marcas de coches de maior prestixio, como Porsche, BMW, Bentley, Maseratti, Lamborghini, Mercedes e Bugatti, entre outras. Para facerse unha idea do nivel da concentración, o valor total dos vehículos inscritos calcúlase en arredor dos 20 millóns de euros, e algún dos coches

supera o valor dun millón de euros, polo que este ano a organización superou todas as expectativas A concentración comezará sobre as 10 da mañá na rúa Aldara e Cesáreo Tizón, así como nos arredores da Praza Maior. Despois haberá unha ruta pola comarca, xantar e circuito, para rematar de novo na Praza Maior, onde permanecerán os vehículos estacionados ata a noite para deleite dos veciños que desexen soñar con telos algún día entre as súas mans.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A gripe de 1918 Ano 1918. A lista de falecidos por causa da gripe publicábase, a diario, no xornal local. A renglón seguido, ofertábanse remedios infalibles contra a pandemia que arrasaba o país. O café “Moderno”, sito no nº 45 da rúa do Progreso de Ourense, vendía viños de Xerez para enfermos de gripe. No nº 53 da mesma rúa, calzados

Rúa do Progreso. Ano 1918.

“El Modelo” comerciaba co xabón “Sanitas”, desinfectante contra o virus. “Resfriol, preservativo de la gripe”, evitaba o contaxio e adquiríase na “Droguería Yebra y Aperribay” de Santo Domingo. Nos almacéns “Celso Ferro” atopábanse traxes de punto, marca “Medical”, para combater a reuma e a gripe, e o champán “Cham-Sors”, de venda

en moitos establecementos, era, segundo a publicidade, efectivo contra o xerme. Detrás da desgraza sempre xorde o negocio. Vendedores de esperanza que parchean medos e alimentan ao monstro da ignorancia. Moito non cambiamos! Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 24 de maio 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº58 - Ano: XI - 24 de maio de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Erguendo un facho no Arco da Vella Se cadra fixéronche o aniversario porque pensan que morriches, xa sabes que en vida non quixeron tratar contigo, tiñan outras máis fachendosas, avergoñábanse de ti. Es a parente probe que despois de morte fanche as gabanzas para quedar ben e que non os critiquen os veciños. Agora adícanche cabodanos dabondo, honras a cachón, ata louvan o boíña e agarimosa que es, namentres non esmoreza o día. Cando entre lusco e fusco agroma a noite, sotérrante outra vez, levan con presas á sepultura o teu cadaleito, póñenlle unha lousa inxente enriba, víranse de costas e arrincan para onde as súas candongas, emporcállanse con elas cheos de luxuria co desexo e a saudade reprimidas buscando os seus bicos traizoeiros.

“Sempre dicías que o galego non morrería mentras os galegos o falaran, pero agora que temos liberdade para facelo é cando corre perigo”

Ríanse de ti cando enchías de cantigas as leiras e as congostras, cando os meniños te mamaban como a leite dos peitos da súas naiciñas. Impedida e prohibida, magoada e mancada, maduraches como as cereixas de San Xoan derreténdote doce nas gorxas, esmagando a fame e a sede da liberdade. Seica os outros días sácante ás prazas a bailar, atada cunha cadea ao pescozo na cima dunha escada, como se foras a cabra domesticada coa que o xitano esperta aos veciños da vila nas mañás dos domingos, tócanche algunha muiñeira para aparentar que lles importas e liscan como foguetes a poñerche os cornos, despois, iso sí, de recolleren unha a unha as moedas que tiran dende a fiestra os veciños, esmolas noxentas que se volven responsos do ultraxe cos que cada día che fan un novo funeral. Pero non deixaremos que te maten, por moitos proxenetas que te vendan, ti naciches como a herbiña nos camiños, delicada, es unha lavandeira e unha rula, es unha pega nun carballo, es unha orballada cada noite que lambe con dozura a nosa alma. Sen ti nada somos, por iso medrarás nas cañotas,

xenos novos naceránche, botarás lonxe as cadeas, xurdindo do pobo cativo, dos ameneiros e dos vidos, como unha uz dura que medra entre as carqueixas no Coto das Casas, no monte de Ribas do Asneiro. Contigo soñarán de volta os nenos, os mozos farán novas cantigas, resoarás nas leiras e nas vilas, nas cidades pasearás polas rúas erguida no alto como un facho que aniñou no Arco da Vella, reflictindo con lume dourado a promesa das mil primaveras, cando vexas ese arco, lembra: “a nosa lingua sempre estará viva mentres un galego queira”. Xa sei que o sabes, papá, ti dende que te fuches estás ao tanto de todo. Sempre decías que o galego non morrería mentras os galegos o falaran, pero agora que temos liberdade para facelo é cando corre perigo. Xa o decías sempre, que o mellor é poñer en obra o que se pensa, deixarse de andrómenas e traballar, por iso escribín isto, para ir poñendo aínda que só sexa un grauciño, pequeniño como unha bolboretiña. Avelino Jácome no Día das Letras Galegas

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.

Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488. Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo dúas habitacións no centro de Ourense, zona Doutor Fleming. Tel. 687 13 43 87. Alugo local de 15 metros

cadrados, acondicionado. Baños comunitarios en galerías. 100 euros máis 7 de comunidade. Tel. 627 203 131.

VENDAS

Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo dous candelabros e un reloxo antigos a xogo. Tel. 610 97 98 97. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349. Vendo casa na alta montaña, de pedra. Con grandes extensións de terreo; prezo a tratar. Ideal para turtismo. Tel 988 25 59 63.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 24 de maio 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 58 by Periodico Barrios - Issuu