Un Ourense Termal Athletics Meeting de altura [Páx. 12]
CIDADE
Páx.3
Cristina Pato será a pregoeira das Festas do Corpus de Ourense
CIDADE
Páx.4
DO acode á Valedora do Pobo por incumprimento de acordo plenario
VERÍN
Páx.9
Taller intensivo de escritura creativa durante as I Xornadas de novela histórica
DEPORTE
Pax.13
A UD Ourense ten dúas xornadas para saber se será equipo de Terceira
CULTURA
Páx. 14
A exposición “Imaxes sen dereito”, no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Fieis á cita da procesión de Fátima
Susto no río Támega por unha vertedura [Páx. 6
[Páx. 2]
Milleiros de persoas, como cada ano, acudiron á capital para participar na procesión de Fátima. // Unha vertedura no río Támega fixo saltar as alarmas en Verín./RAMSÉS.
Número: 57 - Ano: XI - 15 de maio de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 15 de maio 2018
TEMA DA SEMANA
Imaxe da extensa vertedura que tivo lugar no río Támega, ao seu paso por Verín este 8 de maio.
Unha vertedura no río Támega puxo en alerta o consumo de auga en Verín
federación Hidrográfica do Douro e a ADIF. Segundo a institución “ademais de danos ambientais, producíronse graves problemas no subministro da auga”, polo que ao Concello solicitoulle información sobre os análises encargados e as actuacións iniciadas con outros municipios afectados; á Confederación Hidrográfica preguntoulle sobre as causas da vertedura, o grao de contaminación do Támega e da praia fluvial de Laza, e os procedementos para esixir a restauración e indemnización dos perxuízos causados; e, por último, a ADIF reclamoulle tamén unha explicación sobre as causas desta contaminación, que aclare se xa cesou ou non, e a maneira de reparar o dano e previr que se repita. Chaves O xoves día 10 a Cámara Municipal de Chaves comunicou que tamén
estaban a realizar análises do Támega dende que coñeceron da vertedura, xa que se trata do principal municipio luso que comparte estas augas. Dende a Cámara están á espera dos resultados para tomar no seu caso outras medidas. Parlamento Galego O deputado ourensán de En Marea, Davide Rodríguez, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para coñecer da man da propia Xunta as medidas sanitarias e mediambientais que ten previsto iniciar como consecuencia das verteduras no río Támega, así como as sancións correspondentes ao responsable.
O Valedor do Pobo está a realizar unha investigación de oficio para aclarar a orixe da vertedura
4 O Concello recomendou non beber a auga da traída durante uns días ata coñecer o resultado dos análises da mancha. Redacción Este 8 de maio o Concello de Verín emitiu un comunicado para recomendar aos seus veciños que evitaran “na medida do posible o uso da auga da traída para consumo humano, ata ter a absoluta seguridade da idoneidade da súa composición”. Esta determinación débese a unha importante vertedura de residuos que tivo lugar o día anterior no leito do río Támega, que dende o consistorio non descartan que poida deberse á rotura dalgunha balsa de con-
tención das obras do AVE no tramo Cerdedelo-Laza. Unha posibilidade que descartou a Confederación Hidrográfica do Douro, a cal asegura que a suciedade débese ás fortes treboadas acontecidas en Verín recentemente, que produciron “arrastres voluminosos de terra removida”. O Concello aconsellou dende o principio non empregar a auga da traída para consumo logo de que as analíticas detectanse niveis de ph de 7,8. O rexedor municipal, Gerardo Seoane, referiuse a esta vertedura como un
“grave dano ecolóxico, a peor agresión da historia do Támega” e asegura que chegarán ata o final coa investigación sobre a orixe da mesma. Unha semana despois da vertedura, Seoane tranquilizaba aos veciños, “era unha mancha de 10 ou 12 quilómetros que xa pasou. Estamos agardando a que cheguen os resultados dos análises, entre o 15 e o 16 de maio aproximadamente, pero en principio a auga agora mesmo está normal. Antes podíase consumir, pero pediamos precaución ata que se sai-
ba exactamente o resultado, que será en breve”. Valedor do Pobo Así mesmo, o Valedor do Pobo xa iniciou de oficio uns días despois de coñecerse o problema unha investigación para dilucidar o acontecido, reclamando información tanto ao Concello como á Con-
“Era unha mancha de 10 ou 12 quilómetros que xa pasou”, aclara o alcalde
O Concello recolleu mostras da auga para analizar.
TEMA DA SEMANA
Barrios 15 de maio 2018
Adxudicadas as obras de rehabilitación da rúa Vilar 4 Para os número 3 e 5, nos que a Xunta inviste 493.460 euros. Redacción Cristina Pato, pregoeira das Festas do Corpus 2018 en Ourense.
Cristina Pato será a pregoeira das Festas do Corpus de Ourense 4 Irán do 23 de xuño ao 1 de xullo. R. Torres Vaise perfilando a programación das Festas de Ourense que este ano irán desde o 23 de xuño ata o 1 de xullo. Nove días de troula que darán o pistoletazo de saída co pregón que este ano corre a cargo da artista local Cristina Pato. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, avanzou parte da programación que pretende “chegar a todas as idades e a todos os gustos”. Os concertos gratuítos distribuiranse en tres espazos: praza de San Martiño, con concerto ás 20 horas; praza do Ferro, ás 21 horas; e praza Maior, con actuacións ás 22.30 horas e aforo limitado. Os do xardín do Posío (Rosendo Mercado -27 de xuño- e Dvicio) terán un custe de 5 euros (adiantada) e 7 (en taquilla). Andrés Suárez (23 de xuño) únese a un cartel
formado por Antonio José (día 24); Los Secretos (día 26); Xestreu e Treixadura (día 28); e Guadi Galego e Ramón Mirabet (o día 30). Orquestras A rúa Progreso volverá ser territorio das orquestras. O Combo Dominicano actuará o xoves 28 de xuño; Panorama, o venres 29; e Olympus, o sábado 30 (todas á unha da madrugada). París de Noia pechará as festas coa súa
actuación o domingo 1 de xullo ás 21 horas. Barracas Despois das festas do Couto concretarase a ubicación das barracas durante as festas; pero semella que regresarán ao entorno do pavillón.
Andrés Suárez (23 de xuño) únese ao cartel das Festas de Ourense
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presentando parte da programación das festas./RAMSÉS.
A Xunta de Galicia vén de adxudicar o contrato de obra para a rehabilitación de dous inmobles emprazados nos números 3 e 5 da rúa do Vilar, en Ourense, nos que se obterán tres vivendas unha vez rehabilitados. O investimento a realizar polo Goberno galego na rehabilitación será de 493.460 euros e o prazo de execución das obras será de 12 meses dende o inicio. O goberno autonómica xa está a rehabilitar o número 2 da mesma rúa, no que conta cunha inversión de 373.662,45 euros e no que se obterán dúas vivendas. A obra deu comezo no mes de abril e agárdase que para o mesmo mes de 2019 estea rematada. Máis obras A propia Xunta está edificando oito vivendas de nova construción no barrio de Covadonga, cun investimento de 789.800 euros. Como no caso anterior, as obras iniciáronse no pasado mes de abril e teñen un prazo de execución de doce meses. Ademais, en marzo pasado foi licitada a construción de tres novas vivendas de promoción pública e un local no número 14 da
rúa Cervantes, no que se prevé unha inversión de 650.710,42 euros. Rehabilitación As obras de rehabilitación no casco vello de Ourense continuarán coas actuacións que se realicen nos inmobles que a Xunta adquira na cidade despois da oferta pública de adquisición realizada no pasado mes de febreiro e para a que recibiu catro ofertas, emprazadas nas rúas Pelaio, Manuel Sueiro, Cervantes e Dous de Maio, por importe de 753.697 euros. O primeiro paso é a documentación presentada e posteriormente realiza-
rase unha taxación dos inmobles. Prevese que as escrituras de compravenda dos inmobles que se adquiran se asinen nos meses de setembro ou outubro para de seguido redactar os proxectos de rehabilitación.
A Xunta está edificando oito vivendas de nova construción no barrio de Covadonga, cun investimento de 789.800 euros
O edifico co número 1 da rúa Vilar que será rehabilitado por parte da Xunta de Galicia./RAMSÉS.
Barrios 15 de maio 2018
O Concello, obrigado a instalar un ascensor Redacción O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense vén de condenar ao Concello a aceptar a instalación dun ascensor na fachada exterior dun edificio, sobre chan público. Trátase dun edificio de vivendas de cinco plantas, sen ascensor, no que reside xente maior con problemas de accesibilidade. Nunha sentenza pioneira, obrígase ao Concello a aplicar a normativa estatal de accesibilidade que, para dotar de ascensor a edificios de vivendas antigas que carecen del, permite en supostos excepcionais a construción do ascensor sobre chan público. O fallo non foi apelado por ningunha das partes, polo que o mesmo é firme.
CIDADE
Un estudo da Xunta dará a coñecer a capacidade termal das Burgas 4 O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu á presentación dos traballos. Redacción
zación automatizada para medir en continuo o caudal, a temperatura, a condutividade ou o nivel de auga termal, así como as análises de datos correspondentes para avaliar os resultados. A Xunta xa conta cos primeiros permisos, pero para a segunda fase deberá contar cunha autorización de Patrimonio.
que conta cun orzamento de 8,3 millóns de euros. Grazas a esta fonte de enerxía poderase abastecer de calefacción e auga quente a medio cento de edificios da contorna do barrio da Ponte. Con esta actuación, a Xunta ratifica o seu compromiso tanto coa protección das augas termais, como co impulso e aproveitamento dos recursos autóctonos para fomentar o seu uso racional, camiñando cara unha economía verde.
Redacción
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acudiu a Ourense á presentación dos traballos que a empresa Geocisa levará a cabo para coñecer a capacidade hidrotermal das Burgas. Tahoces comentou que ata a data non se fixera unha cuantificación do caudal para determinar o aproveitamento racional deste recurso, obxectivo dos traballos que se van realizar. Trala análise documental, realizaranse traballos en superficie de recoñecemento xeolóxico e hidrolóxico que permitirán actualizar o inventario de puntos de auga soterrada; así como unha monitori-
O PSdG realizou unhas xornadas sobre a despoboación. Estiveron presentes, entre outros, secretario xeral, Gonzalo Caballero, o eurodeputado José Blanco, e o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino. O grupo plantexou un gran pacto para frear a despoboación, xa que a perda en Galicia de 100.000 habitantes en oito anos “é un grave problema”, apuntan.
Reunión para presentar os traballos para coñecer a capacidade termal das Burgas.
Políticas contra a despoboación
Ecobarrio Os resultados deste estudo poderán ser utilizados para seguir avanzando no proxecto pioneiro do Ecobarrio de Ourense, unha iniciativa que pretende aproveitar unha das principais cualidades da capital termal de Galicia, a xeotermia, e que prevé establecer a primeira rede de Europa de xeotermia a través dun proxecto de district heating
Os resultados deste estudo poderán ser utilizados no proxecto Ecobarrio
Democracia Ourensana acode á Valedora do Pobo 4 Quéixase do incumprimento dun acordo plenario sobre urbanismo e infraestruturas. Redacción Democracia Ourensana acudiu á Valedora do Pobo polo “incumprimento contumaz de acordos plenarios na corporación”. Concretamente, o que atinxe á aprobación por unanimidade da “constitución de comisións de investigación para depurar o funcionamento dos Servicios de Urbanismo e Infraestructuras”. En novembro de 2017 acordouse por iniciativa de DO a creación dunha comisión de investigación para tratar temas como o servizo de lincenzas e disciplina do servizo de infraestruturas e tratábanse outros temas ligados ao PXOM. Pois ben, a formación de Jácome denuncia que despois de seis meses “non foi constituída esta comisión”, o que consideran “un incumprimento e unha falta de respecto aos acordos aprobados pola corporación”. O líder de DO asegura que levan insistido e reclamado neste aspecto que mostra a “evidente falta de interese do alcalde sobre este tema”, por iso piden a intervención da Valedora do Pobo, coa “esperanza” de que se teña “algún tipo de
Gonzalo P. Jácome. avance”. Matadoiro Ourense en Común denuncia na fiscalía o posible fraude na xestión do Matadoiro Municipal. OUeC formula a acusación debido aos desaxustes entre os datos de control sanitario e os partes entregados ao Concello pola xerencia do matadoiro, e as incongruencias nas liquidacións das taxas que a concesionaria paga como canon ao Concello. O edil Miguel Doval expuso os datos de 2015, que revelan “un desfases de preto de 3.000 cordeiros, 2.000 cabritos e máis dun cento de tenreiros”, rexistrados polos veterinarios de Sanidade, pero omitidos nos partes entregados. Esta formación tamén tivo que acudir, por este asunto, á Valedora do Pobo.
PUBLICIDADE
Barrios 15 de maio 2018
Barrios 15 de maio 2018
CIDADE
EN BREVE
Exhibicións, música e deporte nas festas do Couto
4 Compromiso por Galicia Desde Compromiso por Galicia piden ao alcade de Ourense que negocie con todos os axentes reais implicados no urbanismo (Colexio de arquitectos, axentes da propidade inmobiliaria, asociación de empresarios da construcción e colexio de economistas entre outros) o novo PXOM. Ademais de facelo de forma transparente con todos os grupos políticos da Corporación. CxG pide que Ourense non volva a estar outros 20 anos sen PXOM.
4 Adelante Ourense Adelante Ourense pide ao Concello que acometa canto antes a ampliación e reforma das instalacións de acollida da protectora de animais -Progape- ubicadas en Eiroás. A Lei 4/2017, de 3 de octubre, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia así o esixe.
4 Terán lugar do 16 ao 20 de maio. Redacción
Procesión da Virxe de Fátima polas rúas de Ourense. /RAMSÉS.
Milleiros de fieis acompañaron á Virxe de Fátima Milleiros de ourensáns chegados de todos os recunchos da provincia quixeron acompañar á Virxe de Fátima nunha procesión que cada ano, o día 13 de maio, vai desde a igrexa de Fátima (no barrio do Couto) ata a Catedral de Ourense. Unha vez chegada a imaxe ao templo ourensán realizouse a tradicional misa para, despois, regresar á súa igrexa.
4 Sanidade A consellería de Sanidade suscribe un convenio para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña destacou o papel fundamental do colectivo médico no sistema de saúde público e a necesidade de reflexionar sobre a persoa do médico e a súa saúde. Así o manifestou na inauguración do V Xornada Autonómica Paime (Programa de atención integral ao médico enfermo) que tiveron lugar na sede do Colexio Oficial de Médicos.
Estado actual da avenida do Regato, estrada de acceso ao xeriátrico e aos colexios da Farixa. /M.A. FRAGA.
Os veciños da Farixa reclaman a mellora do firme Veciños e usuarios da avenida O Regato, na Farixa, quéixanse do mal estado do firme da estrada. Devandita estrada é o paso para o xeriátrico e dous colexios da zona. A rúa está totalmente esnaquizada e con fochancas, e ademais non conta cunha zona de sombra para a xente que vai visitar aos seus familiares á residencia. Esta avenida non é a única da zona que se encontra nesa situación, senón que todos os accesos a estos centros corren a mesma sorte.
Do 16 ao 20 de maio o barrio do Couto tínguese de festa. Coa Virxe de Fátima como estandarte; a procesión do día 13 foi o preludio das xornadas festivas. Cinco días nos que non faltarán a música, o deporte e algunha exhibición. Ás oito da tarde do mércores 16, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro fará o pregón na AVV do Couto. Este primeiro día chegarán as actuacións da charanga Mekánika, da compañía de baile Don´t Stop e da orquestra Funçao Públika (rúa Dalí). O xoves pola mañá pasarrúas e fútbol sala (no colexio O Couto). Pola tarde continuará o fútbol sala e haberá un taller de graffiti. Xa pola noite, quinta edición do Festival de Canto, e as actuacións de Futuro e a orquestra Olympus -23.30 h-. As actividades do venres comezarán pola tarde coa exhibición (no colexio do Couto) de hoquei e actuacións dos grupos D´momento e América; entre medias, Festival de música electrónica. Regresa o taller de graffiti o sábado pola mañá (12 horas). O pasarrúas será o prólogo para que
den comezo as actuacións da orquestra Santiago, primeiro, e Nazaret, despois; antes desta última realizarase a batalla de charangas na rúa Greco. E o domingo, 20 de maio, rematarán as festas do Couto con varias actividades. Pola mañá, pasarrúas e máis exhibicións de graffiti e pola tarde un espectáculo infantil na praza da Chave e unha exhibición de taekwondo. Pola noite, e como peche actuación do grupo M-3, e verbena co grupo Pikante. Feira de artesanía Todos os días haberá unha feira de artesanía na praza Sorolla, con maquillaxe infantil e actividades para os máis cativos. Ademais, unha discoteca móbil na rúa Dalí amenizará os descansos das actuacións.
A orquestra Olympus actuará o xoves 17, ás 23.30 h en Dalí
Integrantes da orquestra Olympus.
PUBLICIDADE
Barrios 15 de maio 2018
Barrios 15 de maio 2018
CIDADE / EMPRESA
Todos os participantes no Galiciencia deste ano.
Un proxecto rural gaña o Galiciencia 4 Recoñecementos especiais para alumnos do Colexio Josefinas e das Aulas Tecnópole de Ourense Redacción Durante os tres días que durou a primeira edición de primavera da Galiciencia na Técnopole pasaron pola exposición de proxectos e as actividades paralelas máis de 2000 visitantes. O proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural desenvolvido por oito estudantes lugueses é o gañador absoluto da Galiciencia 2018. A iniciativa “Rebinxe” conquistou o xurado cunha coidada metodoloxía e presentación. Desde o seu stand, María e Lidia explicaron, apoiadas en numerosas mostras do seu traballo de campo e varios prototipos, a súa iniciativa para involucrar os habitantes dos concellos lugueses de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá na mellora da situación dos ecosistemas rurais nesta
comarca. Durante os últimos seis meses, realizaron estudos pormenorizados sobre tres especies autóctonas –a curuxa, o moucho e o morcego– para despois iniciar un completo plan de acción. Segundo e terceiro O segundo premio, presentado por Pablo Portela e Brais Pazó, do Colexio Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo (Pontevedra), correspondeulle ao deseño dun foguete de combustible sólido utilizando unha mestura de nitrato de potasio e azucre, o que provoca unha reacción de gases que impulsan o proxectil. En terceiro lugar quedaron Esther Suárez e Lucía Suárez, das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal de Ponteceso (A Coruña), que idearon unha estación meteorolóxica electrónica bautizada como “Cero lume” para a prevención de incendios.
Mencións especiais Entregáronse varias mencións especiais por categorías. Na categoría especial de cambio climático, os alumnos do Colexio Alborada de Vigo levaron o premio polo seu proxecto de caracterización dos plásticos da praia de Vilariño (Ría de Aldán). O proxecto de concienciación sobre a reciclaxe de papel de Luis Barba e María Rascado, do IES María Casares de Oleiros (A Coruña), fíxose co recoñecemento á mellor presentación e comunicación oral. Como proxecto máis innovador, foi premiado o sistema de axuda na reciclaxe de lixo para invidentes das Aulas Tecnópole, ideado por Mateo González e Cecilia González. Por último, a fórmula para a barbacoa perfecta dos alumnos do Colexio San José-Josefinas de Ourense foi distinguida polo método científico e proceso de investigación mellor definido. Juan Carlos Serra, Daniel León e Rubén Borrajo extraeron e estudaron o tipo e a cantidade de oleorresinas presente nas diferentes variedades de leña que se empregan nas grellas.
As gañadoras presentarán o seu proxecto “Rebinxe” na Exporecerca 2019 de Barcelona
Persoal do concesionario Garza na presentación do novo Mercedes Clase A.//M. REJO
Novo Mercedes Clase A, máis intelixente 4 Sorprende o softwore de Intelixencia Artificial. Redacción Esta cuarta xeración da clase A xira en torno a tecnoloxía coa finalidade de facernos a conducción moito máis fá-
cil. A pedra angular deste avance é o sistema MBUX (Mercedes-Benz User Experience), un software con capacidade para aprender grazas a intelixencia artificial. Aprende coas túa de-
cicións e gustos o que ao final acabará creando uns vínculos entre conductor e vehículo. A comunicación realizarase grazas ao sistema Linguatronic que recoñece a túa voz e activa as funcións que desexes. Outros servizos que incorpora o novo Clase A son o On-Street Prediction (Predición urbana), información en tempo real e Off-Street Information. Para saber máis desta nova xoia da marca alemana acercádebos ao concesionario Garza no Polígono de Barreiros.
VERÍN E COMARCA
Alejandro e José Luis Corral, autores de “Batallador”.
Como escribir unha primeira novela e publicala 4Este taller será impartido polo escritor Alejandro Corral. Redacción O 25 de maio a Biblioteca de Verín acolle o taller intensivo de escritura creativa “Cómo escribir unha primeira novela e publicala”, impartido por Alejandro Corral e moderado por Noa González Sousa. Dito obradoiro está enmarcado nas actividades programadas das I Xornadas de No-
vela Histórica, que terán lugar o 25 e 26 de maio. O presente obradoiro busca desenvolver a capacidade creativa e as habilidades de escritura dos máis novos, potenciando o pensamento diverxente ao finalizar o mesmo. Tamén tratarase o proceso de edición dun libro ata chegar a súa publicación.
Árbore tallado na área recreativa de Pazos.
O PP critica a talla de árbores na zona de Pazos 4 Considérana “innecesaria”. Redacción Jiménez Morán, voceiro do PP de Verín, rexeita á talla de árbores que se produciu a última semana de abril no campo do río en Pazos (Verín). Denuncia que “se tallaron árbores con máis de 70 anos, algún deles cun gran diámetro e unha altura superior aos 30 metros
e en ditos traballos foron destruídos algúns bancos ao caerlle enriba estas árbores”. Engadiu, ademáis, que “é falso que as árbores estivesen podres. Os permisos de Medio Ambiente e da Confederación tíñanos para cortar árbores en mal estado, que non era o caso das que tallaron”. O popular denunciu tamén que “non llo comuni-
Barrios 15 de maio 2018
caron ao pobo nin á xunta reitora da Asociación de montes en man común de devandita localidade, que son os lexítimos propietarios, e aínda encima regálanlle a madeira á empresa foránea que os cortou”. Como consecuencia, “parécenos axeitada a denuncia que presentaron os veciños ante a Garda Civil de Verín, que se desprazou ata o lugar dos feitos e poden dar fe do estado no que se atopaban devanditas árbores”, afirma Morán. “Queremos mostrar o noso apoio aos veciños de Pazos en todas as medidas que desexen adoptar por esta talla inadecuada”, sentencia. Así mesmo, aproveitou tamén a ocasión o voceiro popular para denunciar “a poda inadecuada de árbores na Rúa Laureano Pelaez”.
recreativa de Pazos, non se realiza de maneira aleatoria nin inxustificada, senón que responde á necesidade de retirar exemplares enfermos, como eran os dous chopos cortados en Pazos, que eran un perigo para os usuarios da devandita área recreativa”. Explicaron dende o Concello que esta decisión veu determinada pola caída fai uns meses dunha árbore de similares características. Ante esta situación, e alertados do estado destes exemplares por numerosos veciños da zona, o Concello solicitou aos organismos correspondentes o “permiso para a talla” polo “perigo de caída”. Unha vez vista esta solicitude, devanditos organismos resolveron “autorizala”, explicaron dende o consistorio.
Resposta do Concello En resposta as acusacións do PP, o responsable do Concello de Verín responde que “a tala das árbores situadas na área
O Concello explicou a talla polo risco de caída dos chopos
10
Barrios 15 de maio 2018
VERÍN E COMARCA
Facebook como recurso de información académica e laboral O Departamento de Orientación do IES García Barbón vén realizando o seu traballo de atención psicopedagóxica aos estudantes dende o ano 1999/2000, curso no que comezou a súa andaina, xa que antes desa data non había tal servizo educativo. En febreiro de 2005 comeza a publicarse información académica para os estudantes no blog de Orientación ( http://orientacion.blogia.com ) que é un dos blogs pioneiros no ámbito dos departamentos de Orientación -obtivo un segundo premio dentro da categoría de edublogs de centro en Espiral Edublogs 2007-. No ano 2010 decidimos sumarnos á rede social Facebook para comple-
mentar o traballo do blog de orientación (https://gles.facebook.com/barbonblog.verin). Nestes oito anos de traballo informativo procuramos ser un medio de utilidade para un colectivo de persoas cada vez máis amplo (non só os estudantes de Bacharelato. Educación de Adultos ou de Formación Profesional). Aproveitamos esta referencia breve da rede social do Departamento de Orientación do IES García Barbón para aconsellar o seu uso ás persoas que buscan formación e información académica, orientación laboral e emprego. Nestes últimos meses temos facilitado información que fai referencia, entre outros aspectos, a:
experiencias de orientación académica entre estudantes (proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa-, ofertas de emprego, emprendemento e formación da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Verín https://www. facebook.com/aedl.concelloverin (Julia Morales), iniciativas diversas de orientación laboral -do Servizo de Orientación laboral- da Mancomunidade de Verín (Lucía Aparicio) e de Información a Muller (Lorena Álvarez) https:// www.facebook.com/mancoverincim, propostas culturais da comarca de Verín. Tamén se ofrecen de maneira habitual as novidades da orientación académica e da Formación Profesional, ofertas de emprego e outras
Verín formará a coidadores de persoas dependentes 4 Está dirixido a non profesionais. Redacción O Concello de Verín organiza un programa formativo para coidadores non profesionais de persoas dependentes que teñan, de forma habitual, a persoas dependentes ao seu cargo. O Departamento de Servicios Sociais, xunto coa Cruz Vermella e Deputación de Ourense son os encargados deste programa. Serán unha serie de charlas que terán lugar no Salón de actos da Casa da Cultura -ás 17 horas-. Impartirase en varias fases, constando a primeira de catro sesións:
24 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño. Formar e orientar á figura do coidador non profesional sobre a labor de atención ás persoas dependentes e capacitalos das habilidades, estratexias e actitudes necesarias para o incremento da calidade de vida tanto deles mesmos como das persoas dependentes son os principais obxectivos. Os coidadores non profesionais son, na súa maioría, familiares da persoa dependente que dedican gran parte do seu tempo á atención e coidados da mesma. Todo isto esixe
Cartel do programa formativo.
unha nova organización da vida laboral, familiar e social, o que na maioría dos casos xera un alto nivel de stress. A maior parte deste perfil de coidadores de persoas dependentes son mulleres, que non reciben a penas axuda nin rotación cos seus outros familiares. Fases Cada trimestre impartirase unha nova fase formativa deste ciclo de charlas ata completar o temario completo. Para máis información e inscrición nos Servizos Sociais comunitarios (área de maiores): 988414778 ou en Cruz Vermella Monterrei: 988410878.
Cada trimestre impartirase unha nova fase formativa deste ciclo de charlas
D.O. Monterrei Redacción
As RR.SS. están moi activas no IES García Barbón. informacións laborais da web Portalparados. Nesta páxina de Facebook do Departamento de Orientación presentamos diversas informacións sobre oposicións 2018 á Policía, Correos e a Garda Civil e distintas ofertas de emprego de empresas moi coñecidas (Carrefour, Mercadona, Seat, Alsa. etc). Consultas Os servizos de comunicación da rede social Facebook posibilitan a realización de consultas cos nosos estudantes, tanto os que están en proceso de formación como os que xa están traballando
ou estudando (aquí ou no estranxeiro). A día de hoxe podemos afirmar que o servizo de información e orientación que se proporciona mediante o uso de Facebook xoga un papel complementario moi importante na orientación académica, profesional e laboral dun importante colectivo de persoas en idade de formación, búsqueda de traballo ou orientación profesional. Por último, recomendamos para consultar moitas das ofertas de emprego que se oferecen en Galicia o Facebook: https://www. facebook.com/emprego. formacion.
Máis de 70 persoas asistiron ao Túnel de Viño realizado en Ourense, e na que tamén participou a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Dá Silva. Distribuidores, catadores hostaleiros, exportadores, bloggers, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostalaría formaron parte desta iniciativa na que participaron 23 adegas. Degustáronse brancos e tintos de diferentes colleitas recibindo os asistentes información sobre o territorio, historia, clima, variedades de uva, tipoloxías de viños ou a importancia dos lagares rupestres na zona. Portas abertas Entre o 1 e o 3 de xuño terá lugar a sétima edición das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei.
PROVINCIA
Barrios 15 de maio 2018
11
En xuño darán comezo as obras de conexión da A-52 4 Unirá o Polígono de San Cibrao coa autovía. Redacción O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, participou no acto de presentación da nova estrada de conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52, que tivo lugar na Asociación de Empresarios do Polígono. As obras darán comezo en xuño e segundo o titular do Goberno autonómico “permitirán unha maior seguridade, acurtar o itinerario actual máis dun 50% e facer máis competitivo o Ourense industrial”. O enlace terá algo máis
de 4.400 metros, entre Taboadela e San Cibrao, e contará cun terceiro carril en parte do percorrido, ademais de contar con dúas glorietas, un viaduto e pasos inferiores e superiores; a velocidade máxima será de 100 km/h. O obra, que ten preto de 22 millóns de investimento, levaráa a cabo a empresa ourensá Copasa.
A obra do enalce conta cunha inversión de preto de 22 millóns de euros
O Polígono de San Cibrao ten máis preto o enlace coa A-52. /M. REJO.
Manuel Baltar, reunido co presidente, o director e un membro da Academia Galega do Audiovisual.
O presidente da Academia Galega do Audiovisual reuniuse con Manuel Baltar 4 Para presentarlle o proxecto “Galicia Film Office”. Redacción Este 11 de maio o presidente da Deputación Provincial de Ourense reuniuse co presidente e co director da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares Miguel Mariño, respectivamente, e co membro da academia Miguel Anxo Fernández, que lle presentaron o proxecto “Galicia Film Office”, cuxo obxectivo é servir de apoio ao sector audiovisual para poñer en
contacto a empresas dos sectores audiovisual e do turismo e explorar vías de negocio por medio do asesoramento, base de datos de localizacións e enlace con produtoras, empresas e profesionais do audiovisual. Manuel Baltar agradeceu o labor que a academia realiza e informounos de que a Deputación de Ourense ten xa unha vía iniciada neste sentido consistente na elaboración dun catálogo de localizacións, tanto de exteriores como de interiores,
na nosa provincia destinado á industria audiovisual. Potenciar a industria O presidente provincial amosouse aberto a explorar liñas de colaboración entre “Galicia Film Office” e a futura “Ourense Film Commission”, “coa finalidade de seguir potenciando a industria audiovisual en Ourense e Galicia, e achegar competitividade a sectores que poden beneficiarse da realización de producións audiovisuais na nosa terra, sinaladamente o
turístico”, explicou. Neste sentido, a importancia que a provincia de Ourense tivo e segue a ter como “plató de cinema” amósase estes días co traballo que está a realizar a cineasta Isabel Coixet nos municipios de Celanova e Boborás, cunha historia de dúas mulleres, ambientada a principios do século XX; e tamén coa recente presenza da tamén directora e guionista Gracia Querejeta, que participou na última edición da “Ourense ICC Week”
12
Barrios 15 de maio 2018
DEPORTES
10k Xinzo Redacción Gran nivel na 10k de Xinzo de Limia que se disputou na mañá do domingo, 13 de maio. Nun circuíto homologado tiveron que dar os atletas dúas voltas. Sen dúbida algunha foi unha das probas de máis nivel nestas datas na provincia; o seu perfil era propicio para realizar boas marcas. En homes, Alejandro Fernández (Ourense Atletismo) impuxo a súa lei e venceu con autoridade logrando un tempo de 32 minutos e 25 segundos. Segundo foi José M. Corral (Atletismo Arenteiro) con 33:02; e terceiro, Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) ao facer 33:02. En mulleres, Sonia Teijeiro (Burgas Atletismo) foi a máis rápida; o seu tempo, 39:44. Acompañárona no podio, Begoña Domínguez (Atletismo Arenteiro), 43:09; e Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo), 44:12. Disputáronse dúas carreiras máis, a infantil e cadete, e a benxamín e alevín.
Saída da carreira infantil e cadete. /RAMSÉS.
O 1.500 feminino foi o mellor do Ourense Termal Athletics Meeting. /RAMSÉS.
O 1.500 brilla no Meeting Ourense Termal 4 Os mediofondistas foron os mellores nunha edición de moito nivel. Redacción O Ourense Termal Athletics Meeting tivo aos atletas da proba de 1.500 metros como os auténticos protagonistas desta edición, na que tivo unhas bancadas ateigadas de público para ver o gran nivel da xornada. Atletas de todos os puntos da penísula Ibérica (incluída Portugal) que voaron no tartán do Campus universitario. Os gañadores deste meeting foron os mediofondistas Jesús Gómez Santiago e Mariana Machado, con 1.086 e 1.037 puntos táboa IAFF (puntuación que determina a Federación Internacional de Atletismo), respectivamente. Gómez
Santiago parou o crono en 3:41.56 e Machado en 4:21.77. A segunda posición do torneo foi para Mariano Garcia Garcia (3:44.58 minutos e 1.046 puntos nos 1.500) e para Nediam Nori Vargas (a atleta de velocidade fixo nos 200 metros 24.02 segundos o que lle valeu para lograr 1.034 puntos). E a terceira posición -masculina e femininavolveu a ser para atletas do 1.500. Bilal Ennassri fixo 3:44.77 minutos para lograr 1.043 puntos e Lidia Campo Sastre logrou 4:23.04 minutos para acadar 1.027 puntos. Nivel Foi tal o nivel este ano que candidatos a lograr o
triunfo final do Ourense Termal quedáronse fóra do podio. Un deles foi o ourensán Álex Fernández; os seus 14:24.21 minutos no 5.000 non foron suficientes para superar os 1.000 puntos. Quen si superou esa puntuación, pero quedaron sen premio foron o saltador Ivo de Moura (cun salto de 7.42); Elian Numa Lopez, en 800 metros; Daniel Cerdan García, en 200 metros, ou mesmo seis atletas dos 1.500 metros en categoría feminina.
Jesús Gómez e Mariana Machada foron os vencedores do meeting
Xinete concursando e, detrás, outros agardando. /M.R.
Liga Interclubs de hípica 4 A segunda xornada disputouse en Vilamarín. Redacción O domingo 13 de maio celebrouse en Vilamarín a segunda xornada da liga interclubs na que participan 6 equipos, catro da nosa provincia, un de Lalín (Pontevedra) e outro de Monforte (Lugo), todo elo amparado pola Federación Galega de Hípica. Na categoría de asento e posición, a primeira onde poden participan os máis cativos, resultou gañadora Laura Bermúdez de Coles, seguida de León Feijoo do C.H. Juan Oliveira (Lalín) e Martín Díaz tamén de Coles. Na promoción 1, onde participan os que teñen menos experiencia, a Hípica Vilamarín, copou os tres primeiros postos con Laura Atrio, Ticiana Domínguez e Idoia Cami-
ruaga. A seguinte promoción de acordo coa experiencia é a 2. Aquí, tamén quedaron primeiro e segundo os xinetes da Hípica Vilamarín, Javier Carrera e Blanca Babarro e terceira Verónica Presas da Hípica Coles. Na promoción cos xinetes máis experimentados, a 3, venceu Marta Rodríguez, seguida de María Gil, ambas da Hípica Vilamarín, e terceiro Samuel Sotelo da Hípica Coles. Tralo remate desta segunda xornada, a Hípica Vilamarín encabeza a clasificación da terceira liga interclub Sur-Este de Galicia con 38,4 puntos, seguido de preto pola Hípica Coles con 37,60 puntos e a de Allariz con 36,6 puntos. A seguinte xornada será o día 3 de xuño na Hípica de Coles.
DEPORTES
Álvarez e Veiga dominan o descenso en BTT 4 Na Copa de Galicia. Redacción Gran ambiente na Copa de Galicia de descenso en BTT disputada en Xunqueira de Espadañedo. En mulleres, o triunfo foi para a corredora do Club Coruxo Uxía Álvarez. A ourensá Eva Abadín conseguiu a segunda posición e Paula Seoane a terceira. Na categoría scratch masculina, venceu un dos principais favoritos, Marco Veiga, cun tempo de 3
minutos e 37 segundos, seguido do sempre espectacular Jorge Panizo e con Manuel Pellón co terceiro mellor tempo absoluto. Destacada a representación local, con tres corredores do Club Maceda nos podios, Manuel Fílvida, terceiro en cadetes; Anselmo Iglesias, terceiro en máster 30; e José Quintas, terceiro en máster 40. Ademais da xa mencionada Eva Abadín.
Un dos participantes na Copa de Galicia de BTT.
Final de infarto para a UD Ourense 4 Venceu ao Erizana nesta xornada por 0-2. R. Torres A Unión Deportiva Ourense venceu ao Erizana por 0-2 e continúa á fronte da clasificación da Preferente. Tampouco fallaron os outros dous equipos que andan na terna polo ascenso (Porriño e Atios). A falta de dúas xornadas, a UD Ourense suma 75 puntos, dous máis que o Porriño e tres máis que o Atios. Esta fin de semana reciben ao Sanxenxo e a vitoria ou mesmo o empate pódenlle dar aos homes de Fernando Currás o ascenso, sempre que o Atios perda o seu encontro fronte o Valladares. Pero tamén se pode dar a circunstancia de
que a vitoria non lle asegure xogar o ano que vén en Terceira. Se gañan Atios e Porriño quedará todo a expensas da derradeira xornada, e nela
haberá un máis que trascendental choque Atios -UD Ourense. Terceira En Terceira xa rematou a tempada para todos menos para o Arenteiro, que debe agardar, para saber se o ano que vén segue na categoría, a que un dos catro equipos de Terceira ascenda a Segunda B, ou mesmo que o Coruxo se salve na promoción de descenso.
Barrios 15 de maio 2018
13
EN BREVE 4 Balonmán O Carnes do Ribeiro xogará a vindeira tempada en Primeira división nacional. No último encontro na fase de ascenso tiña que gañar ao Osuna madrileño; e os de Ribadavia venceron por un (27-26).
4 Hoquei O Caldaria Barrocás superou a primeira fase para o ascenso a División de Honra B e chega á última con dous puntos. Nesta fase decisiva ten que xogar ante Ginés de los Ríos e Benalmádena. Unha vitoria daralle o ascenso.
4 Fútbol sala
Germán, un dos goleadores, ante o Erizana. /Y.SEARA.
O Sala Ourense volveu vencer. Nesta ocasión fronte o Coruxo por 21. Cando remate a Liga buscará revalidar o título de Copa de Terceira. Pola súa banda, tanto Ourense Envialia coma Cidade das Burgas perderon esta xornada na Primeira división feminina.
14
Barrios 15 de maio 2018
4AXENDA Teatro - 15 de maio - “O misterio da cuqueira” 1ª Mostra de Teatro da Universidade Laboral - 20 h - Universidade Laboral - 19 de maio - “5 y acción” - 20.30 h - Auditorio Municipal Ourense - 20 de maio - Teatro infantil “Lúa” - 12 h Auditorio Municipal de Ourense Exposicións - Ata o 19 de maio Exposición “O tranvía en Verín. Iniciativa pioneira en Galicia” - Sala de exposicións de Verín - Ata o 27 de maio Exposición de Antonio Mariscal (Maec) “Piernetas” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 31 de maio - Exposición colectiva “Espacio Matrioska” Basquiart (Ourense) - Ata o 3 de xuño - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) Música - 16 de maio - Festival de Jazz de Primavera Concerto de “Duquende” - 23 horas - Café Latino - 19 de maio - Concerto de Russian Musical Chamber ensemble Victoria - 20.30 h . Teatro Principal - 21 de maio - Festival de Jazz de Primavera Concerto de “Harry Allen Quartet” - 23 horas - Café Latino - 23 de maio - Festival de Jazz de Primavera Concerto de “Kenny Garrett Quintet” - 23 horas - Café Latino Deportes - 20 de maio - Ruta BTT Val de Monterrei - 9.30 h. - Pavillón de Verín Outros - 15 de maio - Conferencia “Introducción á Astronomía” - 20 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 16 de maio - Contacontos e manualidades para nenos - 18 e 19.30 h - Biblioteca Pública de Verín -17 de maio - Romaría de Raigame - 11 h - Vilanova dos Infantes (Celanova) - 17 de maio - Gala musico literaria das Letras Galegas - 19 h - Auditorio Municipal de Verín www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
ao mesmo tempo, que ninguén quede atrás”.
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
A taberna do Lorenzo Non teño xeito de esquecer aqueles locais de antano, onde cheiraba a “viño”… ese aroma de taberna inconfundible onde se pasaba por alto os mandatos daqueles doutores que pregoaban que o exceso de “branco” ou “tinto” era perxudicial para a saúde, pero que o alterne moderado en cuadrilla ou en solitario era bo para o benestar, eso si… todo feito con ledícia, amizade e sobre todo xenerosidade. Verín, foi un pobo de “alterne”, donde as xentes saían en cuadrillas a tomar a chiquita, con espírito de grupo, e xolda. Cando neno, na antiga rúa Italiana, no meu barrio, os rapaces no verán entrabamos nos bares a pedir auga para refrescar a gorxa eu tiña o meu preferido na esquina da rúa do Pozo coa rúa da Cruz… a taberna do ” Lorenzo”. Ían alí moitos personaxes de entón, veciños e viaxantes que andaban de paso por Verín. Era un lugar máxico, onde Mariano o “Titá” enrevesaba as cartas cun cruce de mans diabólico que case era imposible acertar.. ¡sen trampam a pelo!; o ”Benito Vento”, perfumaba o ambiente coa súa inseparable pipa, sempre en erupción; o Gerardo “enterrador” alcumado “Pirri”, entraba pola porta da retagarda saltando da bicicleta de forma incríble e pousando os pés ao ritmo pendular da súa perxudicada cadeira que o delataba cunha notable coxeira. Din que xogando o futbol na “Granxa”, un central contundente foi quen o lesionou. Tamén eran fixos, o Enrique “Cardoso”, zapateiro e repartidor de periódicos; os tres Luises, o “Sacristán”, o Luis da Brigadi-
Contan os maiores que o Lorenzo foi unha boa persoa e un leal amigo
lla e o “Ciélaga”; o factor “Marciano Izquierdo”; o “Saro” avogado de profesión que tiña sona de cantar moi ben; os irmáns Digno e Luis Pallín; o Severino “Pandigo”; o “Carranchas” de Ourense; e moitos outros que, coma se soe dicir, “xente de bo vivir e de bo beber”. Ao solpor xurdía de forma espontánea a voz clara do Lorenzo que arrastraba a clientela ó acompañamento, para fundir en doce melodía as notas da sua canción preferida “Estoy celoso no puedo negarlo”.. con sentimento!, notas que se esfumaban, sempre coa mesma dirección,.. “para ela…”. Lorenzo, formou parte do grupo “LOS NOCTURNOS” que xunto co Chelis Vázquez, o Poncho da “Alyla”, e “Casiano” nos anos cincuenta deleitaban ó persoal, tanto nos teatros da “Marita Oterino” ,como no “Buenos Aires”. A decoración da taberna era un feixe de mensaxes, firmas e debuxos escritos de puño e letra polos propios clientes na parede. Chamaba a atención unha frase que rezaba: “Nunca máis se soupo del” e que hoxe en día, é lembrado con nostálxia por moitos dos que alí alternaron. Paseando polo barrio, ó chegar a taberna do Lorenzo, as lembranzas fixeron que xurdiran estas letras, dedicadas a esta enxebre taberna que, sen dúbida, formou parte da miña infancia. Coñecín os derradeiros anos da vida do Lorenzo nesa taberna mítica, onde o costume de tomar un viño con amigos e arrancar unha cantiga, era unha fermosa maneira de pasalo ben. Para min, non é doado pasar diante da taberna, e non lembralo porque contan os maiores que o Lorenzo foi unha boa persoa e un leal amigo. Un saudo. Miguel A. Prieto Chitín”
Autoridades no momento da presentación.
Exposición “Imaxes sen dereito” para un mundo mellor 4 No Centro Cultural Marcos Valcárcel ato o día 25. Redacción O día 11 de maio presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel a exposición “Imaxes sen dereitos”, que ata o próximo 25 de maio sensibilizará á cidadanía ourensá sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Felipe Ferreiro, presidente provincial de Cruz Vermella, sinalou que “os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) implícannos a todas as persoas para pór fin á pobreza en todas as súas formas, reducir a desigualdade e loitar contra o cambio climático garantindo,
“Imaxes sen dereitos” Trátase do primeiro banco de imaxes “sen dereitos” asinadas por profesionais do mundo da fotografía tales como Aitor Lara, Antonio Pampliega, Mai Saki, German Caballero, Roberto Iván, Raquel Albulñailla, Mónica Torres, Ester Dus e Israel Sánchez Beato. Cada unha destas imaxes reflicte a realidade, retos e rostros que se esconden tras cada un dos ODS. Por exemplo que 30 millóns de nenos e nenas están en situación de pobreza nos países máis ricos do mundo ou que o 35 por cento das mulleres sufriu violencia física ou verbal das súas parellas ou doutras persoas a nivel mundial. As imaxes mostran situacións que se poden erradicar se se alcanzan cada un dos ODS marcados. Dalos a coñecer entre a poboación e compartir que accións pode realizar a cidadanía para logralo, serán algúns das metas fundamentais desta campaña.
HUMOR / OPINIÓN / CLASIFICADOS
Barrios 15 de maio 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº57 - Ano: XI - 15 de maio de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4HUMOR
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
4TRIBUNA ABERTA
Hai algo que celebrar? Verdadeiramente pouco. A pesar das doces promesas, a realidade é ben distinta. Estamos nunha etapa de grandes avances tecnolóxicos, pero sen ter en conta as dotacións orzamentarias para levalos a cabo. Falaba hai unhas semanas o Sr. conselleiro de Sanidade, o Sr. Almuiña, que a enfermaría é “o alicerce do médico na Atención Primaria”, “referentes de saúde nos centros”... iso dicía; a realidade é ben distinta, coberturas a media xornada ou simplemente amortización de prazas. Hai algo que celebrar? O aumento continuo de prestacións e a imposibi-
lidade de atención humanizada ao paciente, fan incongruentes a implantación de certos programas (que quedan moi ben no proxecto) imposibles de levar a cabo e difíciles de compatibilizar coa empatía. A atención humana, principal atributo dunha profesión puramente vocacional, a atención enfermeira. Na xornada diaria debemos dedicar máis tempo ao traballo co computador que atender e escoitar ao paciente. Facendo mención ás palabras que reitera nas súas exposicións o eminente Dr. Carracedo, “a empatía é unha gran parte do tratamento”. A desnaturalización da sociedade política que su-
frimos provoca grandes incongruencias á hora da atención aos pacientes e, a enfermeira, confesora destes en moitas ocasións, non ten tempo nin para escoitarlles. ESTA NON É A ENFERMEIRA QUE QUERO SER! Mentres a nosa profesión siga sen poder gozar da autonomía que se gañou a pulo, con gran esforzo e ter voz no estamento do sistema que se merece, por méritos propios, pouco hai que celebrar. Aínda así FELIZ DÍA DA ENFERMARÍA! Satse Sindicato de Enfermaría
Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.
Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488. Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.
INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo dúas habitacións no centro de Ourense, zona Doutor Fleming. Tel. 687 13 43 87. Alugo local de 15 metros
cadrados, acondicionado. Baños comunitarios en galerías. 100 euros máis 7 de comunidade. Tel. 627 203 131.
VENDAS
Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Vendo dous candelabros e un reloxo antigos a xogo. Tel. 610 97 98 97. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349. Vendo traxes de cabaleiro en bo estado. Distintas cores. Talla mediana. Tel.: 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.
Barrios 15 de maio 2018