Skip to main content

Barrios 56

Page 1

O Club Artai, coróase no Campionato de Galicia de kungfú moderno [Páx. 13]

CIDADE

Páx.2

Interrompida a folga de xustiza coa división dos sindicatos

CIDADE

Páx.3

PSOE e OUeC presentan emendas aos orzamentos municipais

XINZO

Páx.8

Axudas para rehabilitación de vivendas na Vía da Prata

DEPORTE

Pax.12

O Sala Ourense proclámase campión de Terceira e ascende a Segunda B

OCIO

Páx. 14

Raigame homenaxea aos fotógrafos ambulantes do rural galego

Fomento presenta os proxectos do AVE para Ourense

[Páx. 3]

A UD Ourense ten tres xornadas para certificar o ascenso [Páx. 13]

A presentación do selo conmemorativo da ponte Nova foi o pretexto para presentar as obras do AVE. // A Unión Deportiva Ourense está líder a falta de tres xornadas./RAMSÉS.

Número: 56 - Ano: XI - 10 de maio de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 10 de maio 2018

TEMA DA SEMANA

Interrompida a folga de xustiza coa división dos sindicatos 4 CUT, STAJ, CIG e USO acordaron esta medida, UXT e CSIF dubidan da súa legalidade e CCOO confirmou a súa baixa do comité de folga.

O alcalde quere un pacto social coa oposición

4 Pretende blindar a asistencia social ata 2025.

Redacción

Redacción

A folga dos funcionarios de xustiza galegos suma un capítulo máis. En si o paro indefinido comezado o pasado 7 de febreiro vén de ser “interrompido” este 8 de maio por acordo de catro (CUT, STAJ, CIG e USO) dos sete sindicatos que compoñían inicialmente o comité de folga, en parte obrigado polo comportamento dos propios traballadores, que nas últimas xornadas secundaron a folga en porcentaxes mínimos. Das outras tres formacións sindicais, CCOO anunciara uns días antes a súa baixa do comité de folga ao considerar que se debía aceptar a última oferta da Xunta. Pola súa banda, UXT e CSIF declinaron o convite a participar na reunión deste día 8, explicando que non volverán a sentarse coas tres formacións (CUT, STAJ e CIG) que botaron abaixo o que semellaba o acordo definitivo co Goberno galego fai unha semana ata que lles pidan disculpas polas coaccións e insultos realizados aos seus delegados na xornada na que se decidía se rematar ou non co paro. Unha xornada de máxima tensión que derivou, previsiblemente, en que gañase o non, xa que moitos funcionarios nin sequera se atreveron a votar. Con este panaroma tivo lugar este martes a xuntanza de CUT, STAJ, CIG e USO, na que decidiron a “interrupción” da folga co fin de “buscar novas formas de presión para a

Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, presentoulle aos grupos da oposición un pacto social “histórico e inédito” para blindar a asistencia social ás persoas máis vulnerables como mínimo ata 2025. Este pacto estaría tutelado e dirixido por un equipo de traballo onde estarían integrados todos os grupos políticos. “Agardamos o compromiso social dos grupos políticos e que asinen un documento que garantirá a prestación de servizos ás persoas que máis o precisen, goberne quen goberne”, dicía o rexedor. O que quere o alcalde é que coa firma deste pacto de goberno local, enmarcada no programa Ourensanamente social, garantice os servizos básicos en materia de benestar social, exclusión, dependencia, maiores, mulleres en risco, familias e colectivos desfavorecidos.

Persoal de Xustiza en folga nunha concentración nas Burgas. /I. OSORIO. resolución do conflito” e solicitar á Xunta que convoque unha nova mesa de negociación o antes posible. Mentras, ameazan con reanudar o paro en calquera momento e sen preaviso. Pero, pola contra, UXT e CSIF advirten de que esta fórmula da interrupción non conta con respaldo legal e deixaría sen amparo xurídico aos traballadores que decidan continuar o paro, xa que estas dúas formacións non o desconvocaron. “A interrupción non está contemplada xuridicamente, nós entendemos que unha folga ou se convoca ou se desconvoca. Estamos nunha situación alegal”, explicou José Antonio Sotelo, coordinador do CSIF en Galicia. Pero as diferenzas entre sindicatos van máis alá. Por unha banda, as catro organizacións que acordaron a interrupción queren

que a resolución do conflito pase por unha nova negociación do comité de folga coa Xunta, mentras os outros tres apostan pola convocatoria dunha mesa sectorial, á que si acudirían. Alfonso Rueda Esta opción de convocar unha mesa sectorial é precisamente a que baralla o vicepresidente, Alfonso Rueda, para retomar as conversas. Pero antes diso, Rueda pide “claridade.” “Non é doado de entender que, dunha folga que se convocou como indefinida, se diga agora que continúa interrompida”, asegura. “Necesítase claridade para acabar dunha vez co conflito, para que os funcionarios se vaian xa beneficiando da proposta da Xunta, pero que aínda non pode ser levada a cabo porque non sabemos o que queren algúns sindicatos”,

conclúe. De todos os xeitos, o vicepresidente adiantou que nunha nova xuntanza non haberá máis concesións económicas e que se fará valer a última oferta da Xunta. Desa mesa sectorial tería que saír o documento que poña fin ao conflito e que poderían asinar directamente os sindicatos ou sometelo a consulta dos funcionarios. Nel estableceríase practicamente a última proposta económica do Goberno galego, que implica unha suba de 135 euros ao mes a xestores, 127 a tramitadores e 122 ao corpo de auxilio.

Alfonso Rueda non se reunirá cos sindicatos ata que se poñan de acordo

Oposición Ourense en Común pregúntase porqué agora se quere facer este pacto e non en 2015 cando comezou este mandato. Ademais, agora cando

parece que se volve agochar un posible desfalco. O único pacto social local pasa pola demisión da concelleira de Servizos Sociais, Sofía Godoy. O PSOE, na mesma liña que OueC, cre que o que se pretende e blindar a xestión da concelleira, algo no que están en total desacordo. Democracia Ourensá, pola súa banda, o valorará entre todos os membros do seu grupo. Posío Noutra orde de cousas, o Concello de Ourense presentará un proxecto para a mellora e posta en valor do xardín do Posío á vindeira convocatoria de Obradoiros de Emprego da Xunta de Galicia. Ademais, os técnicos municipais están ultimando un proxecto para a mellora integral do espazo.

Ourense en Común pregúntase por qué agora se quere facer este pacto e non en 2015 cando comezou o mandato

Sofía Godoy, concelleira de Servizos Sociais.


TEMA DA SEMANA

Desembarco de proxectos para Ourense 4 O ministro de Fomento chegou á cidade para explicar en qué punto están diversar actuacións. R. Torres Chegaba a principios de semana o Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, á nosa cidade xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, coa escusa de presentar un selo da ponte Nova co motivo do seu centenario. Detrás desta presentación De la Serna trouxo unha batería de proxectos relacionados co AVE. Así, anunciou a previsión de que a alta velocidade ferroviaria chegue a Ourense, en período de proba, a finais do 2019. “Imos cumprir os prazos, así cheguemos coa lingua

fóra”, foi a forma de expresarse do Ministro na comparecencia no Salón de Plenos do Concello de Ourense. “A finais deste ano todos os tramos deben estar en fase de execución”, asegurou o Ministro, a pesar de que hai puntos que levan un ritmo máis lento (pola súa complexidade) como os de Portocamba, Cerdedelo e o da Teixeira. En canto á variante exterior (Taboadela e a estación de Ourense), traballarase sobre ela ao mesmo tempo que no trazado actual, como dixo o presidente galego “para non retrasar a chegada do AVE”.

Presentación no Concello de Ourense das obras que realizará Fomento na nosa provincia./RAMSÉS.

A aprobación do trazado definitivo foi publicada no BOE esta mesma semana, 11 meses despois de que dese luz verde o Ministerio de Medio Ambiente. En canto á intermodal, xa está licitada a obra cunha inversión de 17 millóns de euros e un prazo dun ano e que acondicionará vías e andéns, e contan que neste mes ou o que vén aprobarase o proxecto do aparcadoiro soterrado. Tempos As previsións agardan que este ano Ourense Madrid se faga en menos de catro horas e que Lugo esté a unha hora e media. Para que en 2021 cheguemos á meseta en dúas horas e cuarto e á capital lucense nunha hora.

“Imos cumprir os prazos así cheguemos coa lingua fóra”, asegurou De la Serna

Barrios 10 de maio 2018

PSOE e OUeC presentan emendas aos orzamentos 4 DO formulará alegacións na fase de tramitación. Redacción O proxecto de orzamentos do Concello de Ourense para o 2018 foi aprobado en xunta de goberno extraordinaria o pasado 25 de abril. E ese mesmo día foi remitido aos grupos políticos para que presentasen emendas. Segundo os populares “o informe emitido pola Intervención Municipal en ningún momento sinala, como sí fixera en exercicios económicos anteriores con outros orzamentos, causa algunha de nulidade, anulabilidade ou impugnación”. Así, dende o PP califican estas contas como “as máis sociais da historia de Ourense”, cun incremento dun 21% nesta área. Oposición Democracia Ourensana decidiu non presentar emendas. “Non sería coherente presentar emendas, que son propostas políticas, a unha confección presupostaria que rexeitamos negociar previamente por entender que alberga

irregularidades”, explicaron. Entenden que o informe do interventor reforza a súa tese de que se trata dun “documento ilegal”. Non obstante, adiantaron que presentarán alegacións na fase de tramitación, para que non saia adiante. Pola súa banda, o PSOE presentou un cento de emendas co fin de redirixir a inversión de máis de 5 millóns de euros. Entre os cambios propostos destaca a inversión de 3 millóns de euros nun Plan de Emprego Municipal; e a retirada de máis de 900.000 euros de axuda a domicilio para adicalos a un Plan

de conciliación familiar, ampliación da rede de centros cívicos, a creación dun aparcadoiro público nos Remedios e dun polideportivo na Ponte, entre outros. En infraestruturas, destinarían 677.000 euros á reparación e humanización de rúas, e melloras no Xardín do Posío, parque do Peco, Botánico de Montealegre, parques caninos e nas pasarelas da cidade. Así mesmo, retiran 45.000 euros do alumeado de nadal para adicalo a subvencións a comerciantes. E suprimen as axudas ao COB, Rali de Ourense e Pulpo Extreme (que ascenden a 165.000 euros) para destinalas a subvencións para actividades deportivas diversas. Por último, Ourense en Común presentou unha emenda á totalidade, baseándose no informe da Intervención Municipal. Consideran, deste xeito, que o proxecto debe ser devolto á xunta de goberno local para corrixilo.

Intervención do voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, nun pleno do Concello de Ourense./ARQUIVO.


Barrios 10 de maio 2018

CIDADE

Ourense conta con 26.821 persoas de máis de 65 anos 4 A semana das persoas maiores celébrase a finais de mes. Redacción O Concello de Ourense convocou unha xuntanza do Consello municipal de persoas maiores, para potenciar o seu papel como órgano de participación das políticas municipais. Na xuntanza tratáronse varios aspectos. O primeiro deles foi dar información sobre a Rede de Ci-

dades amigas das persoas maiores da que Ourense forma parte. Tamén se informou do censo de persoas maiores de 65 años empadroadas en Ourense; na actualidade son 26.821, que representan o 25,4% da poboación. Os datos correspóndense a 15.964 mulleres (60%) e 10.857 homes (40%). Tamén se deu conta de que

o total de persoas empadroadas soas nos seus domicilios maiores de 65

anos ascende a 6.443. A finais de maio terá lugar a semana das persoas maiores, na que se amosarán os traballos realizados nos diferentes cursos e obradoiros. O Consello ten como funcións específicas, entre outras, servir de canle de participación e diálogo cos organismos públicos e privados.

Reunión do Consello de persoas maiores.

Ourense, no proxecto piloto RIMUR.Gal

25 mozos e mozas correspondentes xuvenís 3.0

4 Para a acollida e integración de refuxiados no rural.

4 Alumnos do IES Portovello valoraron a efectividade dos programas da Administración.

Redaccióm O Concello de Ourense participará nun proxecto piloto en España e a UE para a acollida e integración de refuxiados e solicitantes de asilo. O programa RIMUR.Gal (Rede de Integración en Municipios Rurais) posto en marcha para a acollida e integración de solicitantes e beneficiarios de protección internacional en municipios rurais de España. Ourense será un dos primeiros municipios da Unión Europea en acollerse a este programa, que pretende integrar aos refuxiados axudándolles a poñer en marcha explotacións

de agricultura ecolóxica, familiar e sostible. Está previsto que este proxecto teña un rodaxe de dous anos para analizar as experiencias e extraer conclusións antes de levalo a cabo noutros puntos da xeografía nacional. O rexedor destacou que a través deste programa “as familias que veñan a nosa cidade non se sentirán como refuxiados, senón que poderán ter as súas explotacións para autoconsumo ou facer negocio”. Tamén salientou que o proxecto tamén permitirá afrontar o envellecemento de poboación das zonas más rurais da provincia.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co director xeral de Migracións, Ildefonso de la Campa.

Redacción A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe con 25 mozos a mozas do IES Portovello en Ourense para coñecer

de primeira man a súa experiencia como Correspondentes Xuvenís 3.0, é dicir, como voluntarios da rede de ‘antenas’ informativas que a Xunta dispón nos centros de ensino de toda Galicia para difundir os programas e as novas

O CMD convoca as súas subvencións 4 Repartirá 680.000 euros. R.T. O Consello Municipal de Deportes convoca as subvencións que darán apoio a eventos e entidades deportivas, ás que destinará 680.000 euros. Son dúas liñas de axudas: unha dirixida á organización de eventos deportivos, e outra aos gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou or-

ganización en actividades de carácter federado e oficial durante a tempada 2017/2018. As bases que rexen a convocatoria son, en esencia, as mesmas do ano pasado, adaptadas este ano aos preceptos da Administración Dixital. Na tempada pasada chegou a 85 clubes e a 50 actividades de distintas categorías, deportes e niveis.

de interese xuvenil. Forman parte da rede galega de Correspondentes un total de 618 mozos e mozas, estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional, e cada ano se animan máis como reflicte o 13% do crecemento do número de voluntarios desde o curso pasado. En

Ourense, ademais do IES Portovello, participan tamén os IES de A Farixa e o CPR Divina Pastora. A directora Xeral anuncioulles que se vai a celebrar un encontro estatal de correspondentes xuvenís en Murcia do 15 ao 17 de xuño, que se ofrece aos que son correspondentesalumnos/as do ciclo formativo de TASOCT.

A directora xeral cos alumnos do IES Portovello.


PUBLICIDADE

Barrios 10 de maio 2018


Barrios 10 de maio 2018

CIDADE

EN BREVE 4 DO Democracia Ourensana formalizou tres denucias xudiciais contra o grupo do goberno do PP no Concello de Ourense, ao entender que o alcalde e o seu grupo andan a perpretar feitos constitutivos de delitos. As denuncias presentadas son sobre as concesións municipais “en precario”; polo incrumimento “sistemático” do pliego de condicións no servizo de limpeza; e pola inacción “intencionada” na recuperación da Cafetería “La Central” do xardín Xaponés.

4 OUeC O voceiro de Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, denuncia que a formación destapou “a folla de ruta oculta do PP para aprobar o PXOM”. Martiño asegurou que o concelleiro de Urbanismo recoñeceu que solicitaron informes para saber se era posible aprobar o PXOM sen pasar polo pleno. Pola súa banda, o Goberno Municipal rexeita e nega as “fabulacións” de OUeC respecto a este tema.

4 El Carmen A Escola de Saúde de Centro Médico El Carmen impartirá unha charla este xoves, 10 de maio, ás 19:30 na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (praza dás Damas, 1) sobre as últimas técnicas cirúrxicas para eliminar as varices de forma segura e eficaz, ademais de como mellorar a insuficiencia venosa.

Ponentes na conferencia no Centro Cultural organizada polo Colexio de Enfermaría.

As agresións a persoal de enfermaría, un problema preocupante 4 Sensibilizar á sociedade e incrementar a protección, entre as solucións achegadas. M. Rejo Profesionais do ámbito xudicial, sanitario e policial analizaron a violencia exercida contra persoal de enfermaría na xornada “Agresións a profesionais sanitarios. Unha ferida aberta en Sanidade”, organizada pola Organización Colexial de Enfermaría e a Escola Internacional de Ciencias da Saúde. Así, o encontro permitiu abordar un tema “do que custa moito falar e que afecta a moitísimas enfermeiras que, se cadra, nunca se atreveron a denunciar”, asegurou a presidenta da Organización Colexial de Enfermaría de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo. Con esta conferencia o colexio de enfermaría “quere sacar este tema á luz e facelo visible á sociedade, un tema que subxace pero non se abor-

da”. Desde 2016, ano no que hai datos oficiais, as agresións van en aumento. No 2016, 83 agresións. O ano pasado, practicamente rexistrouse unha agresión diaria en Galicia e no que levamos de ano máis de 300. “De feito, a Defensora do Pobo é do noso gremio de quen ten máis queixas”, asegura a presidenta. Pola súa banda, a directora da Escola Internacional de Ciencias da Saúde, Pilar Fernández, subliñou que “as agresións a profesionais sanitarios non son un tema menor. As cifras non deixan de crecer e os enfermeiros somos os profesionais sanitarios que sufrimos un maior número de agresións. Os datos poñen de manifesto que un de cada tres enfermeiros foi vítima dunha agresión física no último ano e case o 70% dunha verbal”. Asunción Pérez puntualiza que outras moitas

agresións non se denuncian xa que actualmente 8 de cada 10 agredidos non o fai, pero como engaden o garda civil Roberto Valente e o inspector de policía Pablo José Álvarez, xefe da Brigada provincial de seguridade cidadá de Ourense, “hai que denunciar para poder activar o protocolo de actuación en caso de agresións”. Solucións A presidenta cre que a solución debe ser unha implicación da administración en todos os ámbitos, pero empezando pola educación, nas escolas. Na xornada quedou claro que as agresións a profesionais sanitarios constitúen o principal risco destes profesionais e, en concreto, do persoal de enfermaría. César Tolosa Tribiño, maxistrado da Sala Terceira do Tribunal Supremo, relatou os avances que, a nivel

legal, producíronse nesta materia, como que a agresión ao profesional sanitario sexa considerada como atentado a un funcionario público. Con todo, para el, o seguinte paso a seguir é elevar a consideración dos profesionais sanitarios á de autoridade, o que incrementaría aínda máis a pena e, por tanto, a protección. O Colexio de Enfermaría de Ourense pon a disposición dos seus colexiados un servizo de asesoría xurídica para darlle amparo e acabar, aos poucos, con esa sensación de impunidade. Tamén fixeron referencia á situación na que se atopan os profesionais que exercen na sanidade privada, xa que se atopan máis desprotexidos. José Manuel Bendaña, membro da xunta directiva do Colexio de Médicos de Ourense, avogou por que “lexíslese sobre a función que se exerza e non sobre o cargo que ocupas. Que se teña en conta que es sanitario, con independencia de se es ou non funcionario”. Sensibilización social Outro aspecto relevante durante a xornada foi a necesidade de “crear un clima social xeral en contra das agresións e a favor dos profesionais sanitarios. Non poden ser consideradas unha problemática interna senón que temos que facer cómplice á sociedade dos problemas que padecen os enfermeiros”, sinalou Xullo Sánchez Fierro. Unha reflexión que

O ano pasado, practicamente, rexistrouse unha agresión diaria en Galicia

tamén realizou a presidenta do Colexio de Enfermaría ourensán, Ascensión Pérez Sampayo, que, ademais, considerou que “nesta labor de sensibilización, todos debemos ir da man: os distintos colectivos profesionais, os responsables do sistema sanitario, as institucións e os representantes políticos”. A unidade dos colectivos profesionais do sector sanitario como instrumento contra a violencia que padecen tamén foi reivindicada por, entre outros, José Manuel Bendaña e Samuel Rodríguez, vicepresidente do Colexio de Enfermaría. Violencia e xénero Ademais das agresións, tanto verbais como físicas, infrinxidas por pacientes, a xornada abordou tamén outro tipo de violencia, como o mobbing dentro do propio sector ou o acoso sexual e laboral. Neste sentido, a psicóloga forense Ana Isabel Gutiérrez Salegui atribuíu o acoso sexual que padecen as enfermeiras ao feito de que “a profesión de enfermaría está moi sexualizada pola cultura do porno e iso potencia o acoso sexual por parte de persoal e usuarios”. Pola súa banda, Isidoro Rodríguez Pérez, enfermeiro profesor da Escola de Enfermaría de Lugo, falou de que existen profesións “masculinas e profesións femininas”, desvinculando o xénero das profesións de que haxa un maior número de homes ou de mulleres que a exerzan. “A profesión do xénero depende do seu poder, da relación de dominio e da relación asimétrica”, afirmou, engadindo que enfermaría é unha profesión feminina, “pois case o 80% que a exerce son mulleres”.


PUBLICIDADE

Barrios 10 de maio 2018


Barrios 10 de maio 2018

EN BREVE 4 Río Limia A actividade “O abrazo ao Limia” levarase a cabo o 8 de xuño. Escolares, docentes e autoridades desprazaranse ata a Ponte Grande e a pasarela para dar un simbólico abrazo ao río.

4 Carlos Casares Ata o 12 de maio Xinzo celebra a semana adicada a Carlos Casares, con visitas guiadas a “Os mundos de Carlos Casares”, a exposición didáctica “A cara dos Libros” e a celebración dos concursos, actividades e premios.

4 Teatro A auditorio Ángel Cocho, de Xinzo, está a acoller o Festival de teatro humorístico galego. A seguinte cita será este mesmo sábado ás 19.30 horas coa obra “DEP”, unha comedia de morte, de Malasombra. Despois chegarán “Os cornos son cousa de tres”, o 19 de maio; e “Rúa da tranquilidade” o 2 de xuño.

XINZO E COMARCA

Axudas para rehabilitación de vivendas na Vía da Prata 4 As achegas poden ser de ata 15.000 euros por vivenda. Redacción A finais do pasado mes de abril, celebrouse no salón de plenos do Concello de Xinzo unha xornada informativa de axudas e rehabilitación de vivendas na vía da Prata do camiño Santiago. Na mesma estiveron a Xefa Territorial, os técnicos da Xunta, representantes dos concellos da comarca e xente a título persoal. Os propietarios e as comunidades de vivendas emprazadas no ámbito do área de rehabilitación da Vía da Prata poden beneficiarse das axudas, que chegan a alcanzar os 15.000 euros por vivenda.

Plantación de árbores por parte dos alumnos do colexio Carlos Casares.

Reunión no concello sobre as axudas a vivendas. Nesta charla expuxéronse as particularidades do ámbito, quen son os beneficiarios, as actuacións protexibles, a contía das axudas, como realizar o trámite para solicitar a axuda e a documentación a presentar. Información Para máis información,

poderase acudir á Oficina de rehabilitación da ARI dos Camiños de Santiago, escribir ao correo electrónico oficrehavivendasdocamino. igvs@xunta.gal ou aricourens@xesturgalicia. com, visitar a páxina www.ari-igvs.xunta.gal ou chamar ao teléfono de contacto 988 788 683.

4 Casa niño A Xunta de Galicia pon a disposición das familias de Cualedro unha casa niño como recurso de conciliación no rural. Esta nova infraestrutura atende a un total de 8 nenos e nenas.

4 Visita O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou o centro de saúde de Xinzo de Limia con motivo do premio outorgado polo seu proxecto de “Atención continuada en pacientes oncolóxicos en situación clínica paliativa”.

Irena, no IES de Xinzo de Limia, con produtos do Comercio xusto.

Comercio xusto O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso estivo no IES de Xinzo de Limia con produtos de comercio xusto. Desde o CDR continúan coa súa campaña anual de sensibilización e concienciación sobre a importancia de apostar por un comercio xusto e así contribuír á erradicación da pobreza. Nesta ocasión, contaron coa colaboración de Irena (de Bosnia-Herzegovina), beneficiaria do servizo de voluntariado europeo, e que estará nove meses no CDR.

Amigos das árbores critican as podas en Xinzo

4 Solicitan a paralización das mesmas. Redacción Amigos das árbores critican as podas que se están a realizar no Concello de Xinzo. Desde a asociación consideran “indiscriminada” a desmoucha, ao considerar que “hai anos que se sabe que prexudica as árbores”. Din que estes traballos poden “danar a planta ou incluso matala”. Vai para un ano que a Xunta desistira cortar os plataneiros da avenida de Celanova, e agora, anuncian desde a plataforma “soamente están a deixar o tronco” cando non teñen constancia de que as árbores “estean ocasionando ningún problema que mereza solución tan drástica”. PSOE Por outra banda, o PSOE de Xinzo denuncia a parsimonia do go-

berno local sobre as obras na avenida de Celanova. O novo retraso nas mesmas demostra “a desidia do grupo de goberno por non reclamar con dilixencia unha obra tan necesaria como demandada” denuncia Elvira Lama. “Os cambios que deben incluír no novo proxecto non xustifican o atraso dun ano”, conclúe a edil. Plantación Á par destas demandas, o 25 de abril, o alcalde de Xinzo, López Casas, o tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente, Manuel Cabas e uns 25 nenos do Colexio Carlos Casares, plantaron 33 fresnos e carballos, en distintos puntos da alameda de Xinzo de Limia. Esta acción simbólica forma parte dun programa de repoboación de fragas e parques da localidade, coa intención de que se realicen noutros parques e aldeas.


PUBLICIDADE

Barrios 10 de maio 2018


10

Barrios 10 de maio 2018

CIDADE

Deputación e Campus firman dous convenios 4 Supoñen unha achega de 230.000 euros. Redacción

Acto de clausura da exposición “In tempore sueborum”./RAMSÉS.

A exposición que quedará para o recordo 4 Remata “In tempore sueborum”, visitada por 44.299 persoas. R.T. A exposición do recordo do noso pasado será recordada no futuro. “In tempore sueborum”, organizada pola Deputación de Ourense, puxo fin a máis de catro meses e medio nos que foi visitada por 44.299 persoas (a mostra máis visitada na historia da nosa provincia). Como explicou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, contou con pezas “de 39 museos de 10 países sobre un tema que nunca antes había sido obxecto de exposición, os suevos, e relacionada coa nosa identidade e co primeiro reino medieval de Occidente”. A clausura da mostra máis importante de Europa sobre o mundo suevo contou con numeroso pú-

A Deputación apoia o viño de Valdeorras Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse con Joaquín Sánchez, presidente da Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras” e con Soledad Figueiroa, vogal

blico ademais de autoridades locais, provinciais e autonómicas, como a do propio presidente do Parlamento, Miguel Santalices, ou do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Tanto publico xeral como profesionais da materia coincidiron na calidade deste proxecto cultural desenvolvido pola Deputación de Ourense. Manuel Baltar expresou que a mostra sitúa a Ourense “no mapa das grandes exposicións e á vangarda da investigación sobre a nosa historia”. A clasusura contou, ademais, cun pequeno concerto a cargo de “Peregrinatio” e cun documental que fai un percorrido pola exposición. Cifras Máis de 14 millóns de

da mesma. Na xuntanza acordaron que a Deputación entrará a formar parte, como asociada, desta entidade para ter un protagonismo destacado nunha asociación de importante relevancia comarcal en Valdeorras, “non só polo que representa no sector do viño senón tamén, na cultura e na economía desta comarca ourensá”, afirmou Manuel Baltar.

persoas recibiron noticias sobre a mostra. En redes sociais 10.000 persoas ao día interesáronse sobre a mesma. Localizacións “In Tempore Sueborum” falounos da época do primeiro reino suevo de occidente, localizado en Ourense, no territorio da Gallaecia (411-585), en tres espazos expositivios: Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai; e o Museo Municipal.

En redes sociais, 10.000 persoas ao día interesáronse sobre a exposición O presidente do goberno provincial salientou que a Deputación de Ourense incluirá nos seus orzamentos de 2019 unha axuda económica de 20.000 euros para esta entidade, sen descartar outro tipo de colaboracións como a organización de eventos ou o apoio a actividades da “Ruta do Viño de Valdeorras” en 2018 e 2019”.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron dous convenios de colaboración entre ámbalas dúas institucións, segundo os cales, a Deputación destina un total de 230.000 euros (220.000 para proxectos de difusión cultural e 10.000 para bolsas de mobilidade), que permitirán levar a cabo iniciativas formativas e de investigación, e realizar o programa de bolsas de mobilidade “Ourense Exterior”.

O presidente do goberno provincial subliñou que a Deputación de Ourense “segue nesta liña de colaboración apoiando a unha institución académica que escribe “Ourense” con letras maiúsculas, e de aí a nosa colaboración para

levar a cabo iniciativas culturais, sociais e académicas que continúen a achegar valor á nosa provincia e que apoien tamén aos estudantes que son descendentes de emigrantes, razóns todas elas que constitúen o obxecto dos convenios que asinamos”. O convenio para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural traerá actuacións e programas en materia de cultura, educación e deporte. O das Bolsas de mobilidade, contempla axudas para facilitar a mobilidade de estudantes descendentes de emigrantes ourensáns.

Salustiano Mato e Manuel Baltar na firma do convenio.


PUBLICIDADE

Barrios 10 de maio 2018

11


12

Barrios 10 de maio 2018

Copa Galicia BTT Redacción A Copa de Galicia de descenso en BTT celebrarase en Xunqueira de Espadañedo os días 12 (adestramentos oficiais) e 13 de maio (mangas cronometradas oficiais). O circuíto está situado nas saias do monte Meda. O descenso consiste en descender por un tramo de montaña, con obstáculos.

Descenso de BTT.

DEPORTES

A Segunda B agarda ao Sala Ourense 4 Xa logrou o ascenso e o título de liga. R. Torres Este ano o Sala Ourense marcárase o obxectivo do ascenso. Para elo, tiña que lograr o campionato, pois a consecución do campionato viña ligado ao ascenso (so un equipo sube a Segunda B). Durante todo o curso os ourensáns marcaron o ritmo nunha Terceira división que dominaron de principio a fin. Cando se achegaba o final da tempada, o único equipo

que lle podía arrebatar o ascenso era A Estrada; e contra os pontevedreses foi o partido desta xornada, a número 28. Aos de Kike García valíalles cun empate para certificar o cambio de categoría, mentres que os locais tiñan que gañar para manter algunha opción de ascenso. A Estrada comezou golpeando primeiro, e aos seis minutos vencía por 10. David Bermejo foi quen de poñer o empate catro minutos despois cun dobre

Xogadores e directiva celebrando campionato e ascenso. penalti. O segundo tempo estivo máis movido. No minuto 25 os dous equipos tiveron que xogar durante dous minutos cun menos por expulsión dun xogador en cada bando; non tivo consecuencias no marcador. Nos últimos 10 minutos sucederíanse as ocasións en ambas portarías. E xa no último minuto expul-

sión de Bermejo para os ourensás. Porén cando os locais estaban atacando na procura do gol, Raúl Rivero, desde propio campo sentenciaba co 1-2. Así quedaría o marcador e o Sala Ourense que é equipo de Segunda B: obxectivo cumplido a dúas semanas do remate da Liga. Este domingo despídese da súa afección diante do Coruxo,

bo momento para rendirlle homenaxe a un equipo que só deu ledicias este ano. Primeira división Tralo parón desta semana na Primeira división feminina, a competición reanúdase co Ourense Envialia - Esplugues (sábado, 16:30 horas, nos Remedios) e o Futsi - Cidade das Burgas.


DEPORTES

A tres pasos do cuarto ascenso

O kungfú moderno escríbeo o Artai

4 A UD Ourense está a tres xornadas de rematar a Liga.

4 O club ourensán dominou o campionato galego.

R. Torres

Redacción

Con tres xornadas para que remate a liga de Preferente, a Unión Deportiva Ourense está líder con dous puntos de vantaxe sobre o segundo, Porriño, e a tres

Yosu no partido contra Mondariz. /RAMSÉS.

do terceiro, Atios. Os de Fernando Currás están na mellor posición posible nun final de tempada moi apaixoante. Esta mesma fin de semana visitan a un Erizana necesitado de puntos para saír da zona perigosa. Despois reciben ao Sanxenxo sen nada en xogo. E rematan a tempada no campo do Atios, equipo co que se xoga o ascenso. Tres finais para rematar un curso que pode supoñer o cuarto ascenso consecutivo da UD Ourense. Quen está practicamente descartado do ascenso e o Bande. O empate fronte o Alertanavia o deixa a seis puntos do ascenso. Pola súa banda, o Ribeiro está descendido e Nogueira ten moi complicada a súa salvación.

O Club Artai de Ourense domina o Campionato de Galicia de kungfú moderno. Os Remedios foi o escenario dun evento que reuniu a máis de 150 participan-

tes nunha edición con idades que foron desde os 5 anos ata máis aló dos 70. Os ourensáns do Artai destacaron nesta competición que se dividiu nas modalidades de formas e de combate. Andrea Álvarez Fernández (júnior)

conseguiu, tres ouros e un bronce; Alejandro Taboada (júnior) logrou dous ouros; Jacobo Rodríguez Naveira (absoluto) fíxose con catro ouros; Sara Álvarez Vázquez (absoluto) colgouse un ouro e dúas pratas; Ngagne Faye (absoluto), dous ouros; Silvia Añel (absoluto), un ouro e dúas pratas; e Carlos Cid (absoluto), un ouro, unha prata e dous bronces. O próximo evento para eles, o Campionato de España en Madrid.

Participantes no Campionato de Galicia de kungfú moderno.

Barrios 10 de maio 2018

13

Alex e Sonia, campións da 15K. /RAMSÉS.

15k nocturna Redacción O Centro Comercial Ponte Vella foi o epicentro da terceira edición da 15K nocturna de Ourense. Os participantes, que superaron os 200, tiveron que facer un percorrido pola ribeira do Miño ata completar os 15 quilómetros que tiñan a súa chegada nas terrazas de Ponte Vella. Alejandro Fernández impúxose ao esprint a Iván Roade, en categoría masculina, mentres que Sonia Teijeiro, venceu con moita claridade na feminina.


14

Barrios 10 de maio 2018

4AXENDA Teatro - 11 e 12 de maio - “Divinas Palabras” de Valle Inclán do Centro Dramatico Galego - 20.30 h - Teatro Principal - 13 de maio - Teatro infantil “Pintamúsica! Viu el teatre” - 12 h Auditorio Municipal de Ourense - 13 de maio - Folclore galego “O Fiadeiro” - 19 h - Auditorio Municipal de Ourense - 15 de maio - “O misterio da cuqueira” 1ª Mostra de Teatro da Universidade Laboral - 20 h - Universidade Laboral Exposicións - Ata o 31 de maio - Exposición colectiva “Espacio Matrioska” Basquiart (Ourense) - Ata o 3 de xuño - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) Música - 11 de maio - Concerto de “The Mike Ross Band” - 22.30 h - A Corte dos Bois (Sandiás) - 11 de maio - Festival de Jazz de Primavera “Bill Evans: Petite Blonde II” - 23 horas - Praza Santa Eufemia - 14 de maio - Festival de Jazz de Primavera Concerto de “Lew Tabackin Trío” - 23 horas - Café Latino - 16 de maio - Festival de Jazz de Primavera Concerto de “Duquende” - 23 horas - Café Latino Deportes - 13 de maio - UD Barbadás - Silva SD. Terceira División - 12 h. - Os Carrís - 13 de maio - Bande SD - Marcón Atle. Rexional Preferente - 17.30 h. - Outeiro - 12 de maio - Ourense Envialia - P Esplugues. Primeira Feminina- 16.30 h - Pavillón dos Remedios Outros - 10 de maio - Conferencia “O papel do Parlamento na sociedade galega” 20.15 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 11 de maio - Presentación do libro “La caricia de la Bestia” - 19.30 h Librería Eixo - 15 de maio - Conferencia “Introducción á Astronomía” - 20 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel

OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Presentado o libro sobre Arturo Baltar

As flores do esquecemento

Redacción Presentouse o libro “Arturo Baltar. El caminante que deshoja paisajes” de Marifé Santiago Bolaños e que conta cun dvd. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, avanzou que dentro das publicacións que está a editar a Deputación de Ourense sobre artistas ourensáns –a última foi a de Acisclo Manzano“Arturo Baltar terá o seu correspondente volume, e non só iso, senón tamén o recoñecemento

Presentación do libro sobre Arturo Baltar. permanente dunha provincia que ten nel un dos creadores máis senlleiros”, destacou o presidente.

Auguraban que o negocio sería sempre rendible, pois non ía quedar o mundo sen noites! A industria de Francisco Romero Nieto, adicada á fabricación de candeas e localizada en Benavides de Órbigo (León), tiña depósitos no nº 2 da rúa das Tendas e no 1 da rúa do Instituto de Ourense, ademáis de almacén no nº 52 da rúa do Pro-

greso. Complementaban a súa actividade coa elaboración a vapor de chocolates, a torrefacción de café e a venda de buxías. O groso da cadea produtiva estaba formado por nenos que, por necesidade, hipotecaron unha infancia que non regresará. Como tampouco retornarán os candís, os cirios e os quinqués que vestían mesas de noite e alumea-

Ferro, Baltar e Piñeiro presentando Raigame 2018.

Chega Raigame A XVII edición da romaría etnográfica “Raigame” homenaxea aos fotógrafos ambulantes de finais do século XIX e ata mediados do XX. A novidade deste ano é a exposición “Etnografía e fotografía”, que achega nomes como Pacheco, Francisco Zagala, José Gil y Gil, Ramón Godás, “Ksado”, Ruth Matilda Anderson, Xaquín Lorenzo, Chao ou Rizo, “quen coas súas fotografías fixeron historia, fixeron Ourense e Galicia, deixándonos o legado máis importante: a lembranza da vida cotiá das nosas xentes”, expresou Manuel Baltar.

Maio gañador deste ano.

Maios 2018 A rúa do Paseo de Ourense volveu a ser, o domingo 6 de maio, o escenario dos Maios 2018. Nesta ocasión foron 40 os presentados e logo de escoitar as súas coplas o xurado ditaminou que o premio artístico foi para “As meigas feiticeiras”; o enxebre, para “O maio en pé”; o creativo, para “Contra as invasoras”; o infantil para “Maio Vistahermosa”. En canto á mellor copla foi a de “A ronda da Auriense”, e a de infantil, a de “Nós e pingadas”.

Industria de Francisco Romero. Ano 1918.

ban camposantos na véspera de defuntos. O seu lugar ocúpano lámpadas a pila confeccionadas na China, que acompañan a descoloridos ramos de rosas de plástico nun errado intento de escusar presenzas necesarias. Son as flores do esquecemento. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán


ARTIGOS / CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 10 de maio 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº56 - Ano: XI - 10 de maio de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Como coidar a saúde Todo tratamento administrado por profesionais da saúde que non usen, nin medicamentos, nin cirurxías será un bo punto de partida para resolver as doenzas. Os medicamentos tratan os síntomas, non as causas, e os efectos secundarios van normalmente provocar outras, por veces máis graves e crean desequilibrios no organismo. Por iso, o primeiro paso é procurar a alternativa, profesionais de saúde natural e comezar a probar por si mesmo os beneficios que vai conseguir sen medicamentos e sen cirurxías. Na condición claro, que o estado de saúde non

pasase un punto de non retorno. A mellor forma de erradicar a doenza, previla e reverter o proceso de envellecemento é: a) eliminar as toxinas que se instalaron en exceso no noso organismo, con procesos básicos de purificación orgánica, como unha purificación do cólon, fígado, rils, bexiga. b) Reducir a cantidade de toxinas que entran no organismo. c) Reducir a enerxía electromagnética que ataca as células. d) Reducir o estrés. e) Coidar máis o ph corporal alcalino. O Dr. Morter fixo un dos maiores descubrimentos en diagnósticos médicos

dos últimos 100 anos, mais como non aumentaba os lucros da industria farmacéutica pasou con pouca publicidade. Probou que as doenzas entran moito máis, cando o organismo está ácido. A alimentación biolóxica é esencial para a boa forma do corpo. É máis enerxética e só esta prevén e combate as maiores enfermidades. Andar, alongar os músculos e os tendóns, respirar fondo en plena natureza fai ben ao sistema linfático e sistema respiratorio.

O barallete, no novo disco de Luar na Lubre

primeira vez nunha composición musical o idioma do afiador, o barallete. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co líder do grupo, Bieito Romero; o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago, e o músico Félix Castro, presentaron no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” este traballo discográfico e os concertos que ofrecerá o grupo no Teatro Principal de Ourense os vindeiros 2 e 3 de xuño, e contará coa colaboración de artistas como Víctor Manuel, Brais Maceiras,

Irma Macías, Astarot, Félix e Castor Castro Vicente, Marisa Valle Ros, e a Coral de Ruada. O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido. O proxecto ten como obxectivo pór en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra ourensá e acadar unha banda sonora humana e natural.

Redacción O grupo folk Luar na Lubre presentou o martes 8 de maio o seu novo traballo musical, a “banda sonora” da Ribeira Sacra, unha produción na que colabora a Deputación de Ourense e que foi gravada o outono pasado no mosteiro de san Pedro de Rocas (Esgos), conxugando natureza, tradición e etnografía, e incorporando por

João Damião

TRABALLO Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.

Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488. Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo dúas habitacións no centro de Ourense, zona Doutor Fleming. Tel. 687 13 43 87. Alugo local de 15 metros

cadrados, acondicionado. Baños comunitarios en galerías. 100 euros máis 7 de comunidade. Tel. 627 203 131.

VENDAS

Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349. Vendo traxes de cabaleiro en bo estado. Distintas cores. Talla mediana. Tel.: 610 97 98 97.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 10 de maio 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 56 by Periodico Barrios - Issuu