Skip to main content

Barrios 55

Page 1

A xornalista Nuria López gaña o XVIII Premio “Carracedo” [Páx. 11]

CIDADE

Páx.2

Aprobado en Xunta de Goberno o proxecto de orzamento

CIDADE

Páx.3

Os veciños de Reza presentarán alegacións pola senda peonil

ALLARIZ

Páx.9

O coiro será o protagonista nunhas xornadas en Allariz do 6 ao 9 de maio

A ICC Week máis diverxente

CELANOVA

Pax.10

A mancomunidade Terra de Celanova logra o premio “Coopera”

DEPORTES

Páx. 13

O COB quere atar a Gonzalo García de Vitoria para a vindeira tempada

A UD Ourense, líder en solitario e en semifinais da Copa Deputación [Páx. 14]

[Páx. 12]

Continúa a ICC Week 2018 en Ourense ata o 6 de maio. // A Unión Deportiva Ourense logrou o pase ás semifinais da Copa e sitúase líder en solitario da Preferente ./ICC e Y.SEARA.

Número: 55 - Ano: XI - 4 de maio de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 4 de maio 2018

TEMA DA SEMANA

Aprobado o proxecto de orzamento de 2018 4 DO anunciou que non presentará emendas por consideralo un “documento ilegal”. Redacción O proxecto de orzamento do Concello de Ourense para o 2018 foi aprobado na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o pasado 25 de abril, unha vez recibido o informe que restaba para completar este documento, o emitido pola Intervención Municipal. Ese mesmo día o expediente completo foi remitido aos grupos políticos para que presenten as súas emendas ao documento. Segundo o goberno popular “o informe emitido pola Intervención Municipal en ningún momento sinala, como sí fixera en exercicios económicos anteriores con outros orzamentos, causa algunha de nulidade, anulabilidade ou impugnación”. Así, dende o PP aseguran seguir traballando a prol de conseguir aprobar “uns orzamentos axeitados á realidade actual da cidade”, calificando estes como “os máis sociais da historia de Ourense”, contemplando un incremento dun 21% nas partidas adicadas á area social. A partires da aprobación abriuse un prazo de dez días naturais (que remata o 7 de maio ás 14 horas) para que os partidos da oposición presenten emendas. De seguido, comezará un novo período para que sexan informadas polo xefe de xestión económica e fis-

calizadas polo interventor. A partir dese momento pasaríase á comisión de Pleno, onde o grupo de goberno precisaría de apoio para a súa aprobación. Oposición Pero dende a oposición non se fixeron agardar as primeiras críticas. Ourense en Común denunciou que “Jesús Vázquez pretende agochar a vergoña de non ter aprobado uns orzamentos en tres anos levando agora a pleno un proxecto cun informe desfavorable do interventor municipal”. Esta formación destacou, entre outros aspectos, que este orzamento “vulnera a Lei de emprego público de Galicia, o principio de suficiencia orzamentaria e

a Ordenanza xeral de subvencións”. Pola súa banda, o PSOE mostrou o seu rexeitamento a estes orzamentos debido “ás numerosas eivas e irregularidades que presentan, reforzadas tamén no demoledor informe da Intervención Municipal” e avanzou posibles medidas legais. Os socialistas aproveitaron para denunciar o “engano” dos populares, “que se enchen a boca afirmando que estes son os orzamentos máis sociais, cando a realidade é que amplían as partidas adicadas a benestar social, co fin de tapar o burato negro xerado pola lamentable xestión levada a cabo por Sofía Godoy, e respaldada polo alcalde”. Dende o PSOE son contundentes,“estamos

ante o peor goberno da historia desta cidade”. Por último, Democracia Ourensana anunciou que non presentará emendas, pero iso non significa que lle dean o seu apoio. “Non sería coherente presentar emendas, que son propostas políticas, a unha confección presupostaria que rexeitamos negociar previamente por entender que alberga irregularidades”, explicaron. DO entende que o informe do interventor municipal reforza a súa tese de que se trata dun “documento ilegal”, polo que agarda que PSOE e OUeC tampouco se pronuncien nesta fase. Non obstante, o partido de Jácome adiantou que presentará alegacións na fase de tramitación, para que o documento non saia adiante. “Só serve para que o PP presuma de incrementar inversión e gastos sociais”, algo que ao seu entender se logra reducindo partidas xa comprometidas como as das concesionarias.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez./RAMSÉS.

Os partidos da oposición reproban a Jesús Vázquez 4 Por segunda vez no que vai de mandato. Redacción

Os edís de Democracia Ourensana votando nun pleno do Concello./ARQUIVO.

Os tres grupos da oposición aprobaron nun pleno extraordinario celebrado este 2 de maio, e convocado por DO, a reprobación do alcalde de Ourense. A segunda do popular no que vai de mandato. Dende o partido de Gonzalo Jácome acusaron ao rexedor de culpar á oposición da “parálise” na que se atopa a cidade de Ourense debida á súa propia actuación. Un ar-

gumento que foi respaldado polos outros dous grupos da oposición, PSOE e OUeC. Pola súa banda, o voceiro socialista non perdeu a ocasión para reiterar que o dos populares está a ser “o peor goberno da historia”. Dende o PP, o seu voceiro Pepe Araujo acusou a Jácome de “montar un novo show” para a súa televisión e o propio rexedor asegurou que el dalle unicamente importancia “ao que digan os cidadáns”.


TEMA DA SEMANA

Reunión de Jesús Vázquez e Pepe Araújo con veciños de Reza./RAMSÉS.

Os veciños de Reza presentarán alegacións pola senda peonil 4 Mantiveron unha reunión co alcalde e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente. R. Torres Representantes da Asociación de Veciños 15 de agosto de Reza reuníronse na alcaldía do Concello de Ourense co alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro

de Infraestruturas e Medio Ambiente, Pepe Araújo. A senda peonil e ciclista (que conectará a parte de Reza sen beirarrúas coa estación depuradora) foi o único punto a tratar na xuntanza. A inquedanza dos veciños

sobre as posibles expropiacións foi o que provocou a reunión. A presidenta da asociación, Sara Cruz Rial, explicou que a maior preocupación “son as expropiacións dos peches”. As

obras que darán comezo en outono afectarán a 35 vivendas polo que presentarán alegacións, tanto individuais -teñen ata o 21 maio- como colectivas, aínda que a presidenta auguraba que non verán unha “solución que nos satisfaga”. Anunciáronlles que será simplemente senda peonil quitando o de ciclista -non dan as medidas para facela-, pero que o proxecto executarase xa que “os cartos están aí”. Para os veciños o problema é que se teñen que mover os muros da súa propiedade pode que non teñan espazo para meter os seus coches na súa finca privada. “Tamén nos dixeron que poñerán árbores e bancos, pero é algo que non está no proxecto”, desvelaba Sara Cruz. A solución que plantexaron desde a asociación é a de facer a senda ao carón do río, “dixeron que non pode ser porque pertence á Confederación Hidrográfica”, remataba a presidenta, que se lamentaba de que comezaron a multar aos veciños cando “antes non o

facían”. O Concello O concelleiro entende que os veciños afectados estean “cabreados” porque a algúns aféctalles “nalgún muro, nalgún peche ou nun espazo da súa finca”. Pero Araújo mostrábase convencido de que o proxecto é beneficioso para “todos os veciños do termo municipal e tamén para os de Reza”. Por iso, “pedímoslle que fagan todas as alegacións ao proxecto”, explicaba, ademais de asegurarlles que plantexaran-

Sara Cruz, presidenta da AVV 15 de agosto.

Barrios 4 de maio 2018

“Este é un proxecto beneficioso para todos”, aseguraba Araújo lle á Xunta que soamente sexa unha senda peonil e non ciclista. OUeC e PSOE A Ourense en Común e PSOE apoiaron as reivindicacións dos veciños de Reza. Por unha banda, consideran que este proxecto se está a xustificar con argumentos que non son verdadeiros, “din que beneficia aos veciños e o que está é a perxudicalos”, aseguraba o voceiro socialista Vázquez Barquero. E por outra, estase a impoñer “un proxecto que non foi demandado por ninguén”, aseguraba Barquero.

“A maior preocupación son as expropiacións dos peches”, afirmaba Sara Cruz


Barrios 4 de maio 2018

EN BREVE 4 Restaurante no Liceo O Liceo de Ourense inaugurou o seu novo restaurante. Con acceso directo desde a praza Bispo Cesáreo, ofrece un menú por 14,80 euros. Abrirá todos os días agás os martes. O seguinte paso será acadar a licenza para instalar veladores na praza.

4 Disminúe o paro A poboación ocupada no primeiro trimestre do ano disminuiu en 1.000 persoas con respecto ao trimestre anterior. Tamén se reducíu a poboación activa.

CIDADE

O 1 de maio congregou a centos de ourensáns 4 Dúas manifestacións percorreron a cidade. Redacción O Día Internacional do Traballador foi secundado en Ourense por centos de persoas que puideron escoller entre dúas manifestacións. Unha delas, promovida por CC.OO. e UXT comezou no pavillón dos Remedios e pa-

O IES Blanco Amor fai deporte na rúa 4 Conmemorando o Día Mundial da Educación Física. Redacción O pasado 25 de abril celebrouse o Día Mundial da Educación Física na rúa. En tal día os mestres e profesionais da Educación Física, reivindicaron a importancia da súa materia, e buscaron o achegamento á sociedade, sacando a clase de Educación Física ás prazas e parques das cidades. En Ourense o Institu-

to Blanco Amor foi un dos centros que secundou esta iniciativa, mediante a organización dunha sesión de xogos ao aire libre levada a cabo no Parque Miño. Os alumnos de 1º ESO, acompañados polos seus mestres Carlos, Adrián, Rafa e Diego, realizaron unha gimkana de substitucións, tres en raia, ultimate... e unha serie de actividades variadas, co fin de celebrar a data sinalada.

Alumnos do Blanco Amor realizando unha das actividades polo Día Mundial da Educación Física./RAMSÉS.

sou por Progreso e Paseo para rematar na Subdelegación do Goberno. Alí, os seus representantes sindicais esixiron un mellor emprego e salarios, ademais de máis igualdade e pensións dignas. Pola súa banda, a CIG comezou a súa manifestación na praza Maior para

Manifestación organizada por CC.OO. e UXT./RAMSÉS. rematala fronte o CHUO -para reivindicar unha sanidade pública e de calidade-. O secretario comarcal, Anxo Pérez Carballo, comunicou que Galicia fará folga xeral o 19 de xuño,

conten ou non co apoio dos outros dous sindicatos. Reivindicacións Este ano estiveron moi presentes reivindicación que están ao orde do día

nestas datas. Así, o conflicto na xustiza, empregados dunha empresa de ataúdes de Ribadavia que levan meses se cobrar, os pensionistas e o 8M fixéronse notar este ano.


PUBLICIDADE

Barrios 4 de maio 2018


Barrios 4 de maio 2018

A VALENZÁ / EMPRESA

Visita ao campo de fútbol dos Carrís.

A reforma dos Carrís renovará o seu céspede 4 A Deputación destinará 200.000 euros. Redacción O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, visitou o estadio dos Carrís, instalacións nas que se levarán a cabo reforma proximamente. A Deputación de Ourense destinará 200.000 euros

para estas obras, grazas a unha modificación de crédito prevista polo grupo de goberno de dita institución. Na visita ao campo, ademais do Deputado provincial estiveron presentes a deputada provincial de Infraestruturas e

Oficina virtual en Barbadás 4 Para autónomos e pequenas empresas. Redacción O Concello de Barbadás porá en marcha unha Oficina Virtual ubicada no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), destinada a autónomos e pequenas empresas, na que disporán dunha sala de reunión, unha aula de informática, así como o salón de actos. A iniciativa foi presentada polo tenente de alcalde Xosé Manuel Fírvida, que tamén é concelleiro de Pro-

moción Económica. No transcurso da mesma sina-

Fírvida na presentación da oficina virtual.

portavoz do PP de Barbadás, Consuelo Vispo; o concelleiro de Deportes de Barbadás, Adrián Varela; e o presidente da Unión Deportiva Barbadás, Jose Manuel Fernández. En devanditas instalacións adestran e xogan ao fútbol uns 300 rapaces dunha vintena de equipos, sendo unha das escolas deportivas máis numerosas da provincia. Obras A reforma das instalacións deportivas dos Carrís permitirá renovar o céspede do campo de fútbol 11 e dotar de herba artificial o campo de terra no que adestran os rapaces máis cativos, ademais de realizar obras de acondicionamento nun dos muros do edificio para evitar humidades no interior dos vestiarios.

O campo de adestramento que é de terra pasará a ser de herba artificial lou que o principal obxectivo é “aportar respaldo ás pequenas empresas ou autónomos”. Segundo o tenente de alcalde de Barbadás, a Oficina Virtual permitiralle ás persoas ou empresas que a usen, utilizala como sede de tarefas burocráticas ou de ámbito formativo, administrativo ou social, xa que terán á sua disposición servizos de internet, correo electrónico, ordenadores, posibilidade de facer fotocopias. Tamén poderán recibir correos electrónicos ou postal, así como recibir envíos que serán recibidos por persoal do CET e enviados ou comunicados de xeito inmediato, segundo os casos, ós seus destinatarios.

As tellas Verea son as de maior durabilidade que se fabrican en España As fichas técnicas de AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) inclúen como valor garantido que as tellas Verea superan os 500 ciclos xeo-desxeo, despois de que o certificase un laboratorio independente. Deste xeito, Verea convértese na primeira compañía española do sector en alcanzar este recoñecemento técnico, que certifica que son as tellas con maior durabilidade que se fabrican en España. Polo momento, Aenor actualizou as fichas da tella 40×15 e Verea S e, nos próximos meses, estenderanse ao resto dos produtos. A selección coidadosa das arxilas, a optimización do proceso de cocción (a 1.050 graos de temperatura) e os con-

trois contínuos permitiu incrementar os estándares de calidade ata obter a tella cerámica con maior durabilidade do mercado. Na actualidade, é o único fabricante de tellas cerámicas que ofrece 50 anos de garantía a todas as súas tellas cerámicas. 50 millóns de tellas Verea está situada nun complexo industrial de

case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. A compañía factura uns oito millóns de euros e emprega a 46 traballadores.

Un robot na fábrica de Cerámica Verea.

Sergio Álvarez con afeccionados en Pontevella. /RAMSÉS.

Sergio Álvarez, en Pontevella O gardamallas do Celta de Vigo, Sergio Álvarez, estivo nun acto celebrado no Centro Comercial Pontevella. A visita do porteiro congregou a centos de afeccionados ao fútbol e simpatizantes do club vigués que non quixeron perder a oportunidade de estar ao carón do seu ídolo. O cancerbeiro respondeu a todas as preguntas que o público quixo facer e despois firmou autógrafos e sacouse fotos cos seus simpatizantes.


PUBLICIDADE

Barrios 4 de maio 2018


Barrios 4 de maio 2018

Día sen IVE en Muebles FyM Redacción Este sábado 5 de maio Muebles FyM axúdate a trocar os mobles da túa casa. Nos seus máis de 5.000 metros cadrados de exposición, en dúas prantas, atoparás sofás, dormitorios, moble de salón, mesas e cadeiras, zapateiros ou mesmo colchóns. Neste “Día sen IVE” Muebles FyM desconta na compra dos teus mobles o 21 % pero só nos que se atopan en exposición ou stock, os que estás vendo na tenda ou dispón del no almacén. Lembra, o “Día sen IVE” será este sábado 5 de maio. Apúntao ben. Se estás pensando en trocar de mobles achégate a Muebles FyM na estrada de Madrid N-525 km. 234, xunto a entrada da autovía A-52 e a Opel, aberto en horario de mañá e tarde.

EMPRESA / CIDADE

O Concello inicia obras de sinalización no Couto 4 Vén de rematar a sinalización horizontal na zona das Lagoas e Barrocás. Redacción O Concello de Ourense iniciou traballos de mellora da sinalización viaria horizontal no barrio do Couto. Nela se inclúen traballos de mellora da sinalización en pasos de péons, liñas de división de carrís, frechas direccionais, e en símbolos de velocidade e de peóns na calzada. Os traballos realízanse nas rúas que rexistran un maior tráfico de vehículos, polo que nalgúns dos viais traballarase de noite. Actuarase nas rúas Ervedelo, Vila Real, Zurbarán, Greco, Velázquez, Remedios ou a praza situada xunto ao campo de fútbol,

O Colexio de enfermaría, contra as agresións 4 Realiza unha campaña e unha xornada formativa. Redacción

Obras de sinalización no barrio do Couto. /M. REJO. entre outros espazos do barrio do Couto. Posiblemente os traballos remataranse esta mesma semana. Outras zonas Anteriormente, acometeuse a mellora da sinalización horizontal na zona das Lagoas (rúas

Luis Trabazo, Escultor Faílde e Lagoas), rúas Bernardo Cachamuíña e Doutor Temes, en Velle, en oito paradas de autobús, e Barrocás, con intervencións nas rúas Chano Piñeiro, Carlos Velo, Barrocás, Antonio Román e Praza 500.

A Organización Colexial de Enfermaría de Ourense pon en marcha durante este mes de maio a campaña “Coidamos e ti. Facilitemos ou entendemento”, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre as agresións que padecen os profesionais de enfermaría. Ademais, quere dar visibilidade ao importante labor que exerce o persoal de enfermaría. “Trátase de persoas que chegan á profesión por vocación e cunha alta cualificación, polo que os pacientes deben saber que as súas decisións

responden sempre a criterios profesionais, clínicos e terapéuticos”, afirma a presidenta da organización colexial, Ascensión Pérez Sampayo, que reivindica o dereito dos enfermeiros a poder realizar o seu traballo “con tranquilidade” para alcanzar niveis de “calidade” e non “baixo presión ou ameazas”. Xornada formativa Este ano, a xornada formativa que terá lugar o 8 de maio no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” dará a coñecer aos profesionais o protocolo de actuación e os mecanismos legais existentes para facer fronte á violencia no traballo.


ALLARIZ E CELANOVA

O coiro será de novo protagonista en Allariz

Unha xornada exaltará a estruga en Celanova

4 Cunhas xornadas que se desenvolverán entre o 3 e 6 de maio.

4 Terá lugar no vindeiro 8 de xullo.

Redacción Allariz volve a acoller as Xornadas dos Oficios do Coiro. Este ano celébranse do 3 ao 6 de maio e chegan a súa sexta edición. Será un encontro onde terán cabida profesionais, estudantes e afeccionados e que fai posible xuntar as diferentes disciplinas do oficio. A máxima destas xornadas seguen incidindo na importancia da formación como base fundamental para a súa continuidade. Profesionais do sector impartirán obradoiros prácticos para descubrir as múltiples posibilidades deste material. Os días 5 e 6 realizaranse, ademais, demostracións participa-

tivas como a técnica de batik, empalmillado dun zapato, tallado dunha pluma, elaboración de fibelas de coiro, entre outros. As actividades formativas terán lugar na ala de exposicións A Fábrica. Outras actividades Exposicións, presentacións de libros e mesmo unha charla serán outras das actividades desta sexta edición das xornadas do coiro. Unha das exposicións será a de Escolas de todo o Estado, onde se imparten diferentes especialidades, participan nunha exposición colectiva que se poderá visitar na Paneira, ata o 20 de maio.

Redacción A Asociación Cultural As Ortigas, con sede en Celanova, co fin de divulgar as propiedades da planta urtica dioica, está a preparar para o próximo 8 de xullo unha xornada de exaltación gastronómica. Coa celebración desta xornada, o empeño non é outro que, dun lado, abordar e estudar as propiedades deste vexetal nunha xornada técnica

22 propostas no espazo coworking 4 Comezou a terceira edición en Celanova. Redacción

Presentación das Xornadas do Coiro de Allariz.

con relatoras e bos coñecedores do tema. Así, as propiedades, usos, aproveitamentos do vexetal serán tratados desde diversas ópticas. Por outra banda, porase en valor o seu uso gastronómico co servizo de distintas elaboracións cuxo ingrediente principal é a ortiga. Deste xeito agardan desde a organización implicar a empresas dedicadas á alimentación de Celanova para que desenvolvan produtos con ortigas que

A terceira edición do espazo coworking de Celanova xa está en marcha. Durante cinco meses participarán en actividades docentes e titorías individualiza-

das. Os proxectos que desenvolverán enmárcase en sectores tan variados como a agroalimentación, as TIC e os servizos. Nesta edición son 22 novos proxectos os que recibirán formación e asesoramento especializado.

formarán parte do menú; isto é, taperías, queserías, fábrica de licores, panadarías, entre outros. Industria conservera Durante a xornada presentaranse produtos agroalimentarios que se procesarán mediante unha empresa de Bande. O obxectivo desta empresa é procesar produtos da zona do Xurés-Baixa Limia transformándoos en conservas; a estruga será o seu baluarte.

Barrios 4 de maio 2018

EN BREVE 4 IBI Allariz Ata o 3 de setembro poranse ao cobro os recibos polo Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbán e os recibos polo Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica correspondentes ao ano 2018. As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, (Praza Maior, 1) en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

4 OCR Allariz

Cartel da xornada. Propostas Esta edición inclúe propostas como a fabricación de produtos cosméticos naturais, a industria creativa e plataformas de servizos en liña, entre outras.

Participantes dunha edición anterior.

O vindeiro domingo, 20 de maio, Allariz celebra, un ano máis, a terceira edición da carreira de obstáculos OCR Allariz.

4 Incendio en

Celanova

Axentes do grupo de incendios de Ourense investigaron a un veciño de Celanova como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 20 de abril no lugar de Freixo, no concello de Celanova, que se produciu por mor dun escape de queima e onde non se adoptaron as medidas de indicadas, resultando afectadas 0,025 hectáreas de monte raso. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Celanova.


10

Barrios 4 de maio 2018

CELANOVA E COMARCA

A mancomunidade Terra de Celanova logra o premio “Coopera” Alumnos do curso.

Clausura do curso de atención a persoas dependentes 4 Algúns xa contan con ofertas de traballo. Redacción O venres, 20 de abril, tivo lugar a clausura do curso de certificado de profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” que dende o pasado mes de decembro desenvolveuse nas instalacións homologadas da “Sala Plan C” de Celanova. Participaron 15 alumnos do sistema nacional de Garantía Xuvenil que recibiron a formación da man de Academia Postal Uno e que fixeron prácticas non laborais en varias empresas da comarca do sector sociosanitario. A acción formativa de 468 horas lectivas, que estivo subvencionada pola

Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, habilita a todos os profesionais do sector para a atención e coidado de persoas en situación de dependencia. Desde Academia Postal Uno, destacaron que algúns dos alumnos xa teñen sobre a mesa ofertas do emprego. Plan C O propietario de “Plan C”, Alejandro Mínguez, explica que ademais deste tipo de actividades “externas” seguen ofrecendo cursos de formación científica en materia de micoloxía con reserva e para grupos, como fan dende o 1 de outubro de 2013, cando abriron as súas portas.

4 Pola súa iniciativa para a implantación dunha aula de conciliación e de actividades formativas para mulleres. R. Torres O Mosterio de San Clodio foi o lugar onde se entregaron este ano os premios “Coopera” nos que a Xunta de Galicia pon en valor e recoñece as iniciativas de colaboración entre concellos. Este ano chegaron á súa sexta edición. O acto de entrega destas distincións foi presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O primeiro premio foi para a mancomunidade Terra de Celanova, que comprende os concellos de Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. Foron recoñecidos pola súa iniciativa para a implantación dunha aula de conciliación e de actividades formativas para mulleres. Este proxecto busca mellorar os servizos prestados polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade. Así, a través da aula de concilia-

ción, un profesional encargarase das actividades de atención aos nenos e nenas de entre 3 e 17 anos dos concellos da mancomunidade. Ademais, tamén se impartirán accións formativas a homes e mulleres para o intercambio de tarefas e responsabilidades no ámbito doméstico. Outros premiados O segundo premiado foi o da mancomunidade da Mariña Lucense co seu proxecto ‘Catuxa’, que responde ás siglas de Co-

educación, Aprendizaxe Transversal e Unidade de Xénero para a Adolescencia. Levarase a cabo nos 11 Institutos de Educación Secundaria (IES) da mancomunidade, co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia de xénero e promover relacións igualitarias no entorno escolar. A mancomunidade Terras do Avia foi recoñecida co terceiro premio polo seu proxecto ‘Creando o xeodestino O Ribeiro-O Carballiño’. O ámbito de actuación comprende un total

de 19 concellos: os 4 da mancomunidade e outros 15 (Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea). O obxectivo desta iniciativa é fomentar o turismo nesta zona a través dun plan de actuación plurianual que aporte certeza aos concellos que a conforman, confianza no empresariado e axentes turísticos locais, e que xere un sistema de promoción e comunicación estable no mercado.

O proxecto busca mellorar os servizos prestados polo Centro de Información á Muller

A mancomunidade Terra de Celanova logrou o primeiro premio “Coopera”./RAMSÉS.


PROVINCIA

A Deputación entrega o Premio “Carracedo” á xornalista Nuria López 4 Polo seu traballo sobre o patrimonio dos Franco en Galicia. Redacción A Deputación de Ourense fixo entrega do 28º Premio “Carracedo” á xornalista da Radio Galega Nuria López. O seu traballo sobre o patrimonio dos Franco en Galicia foi merecedor deste premio dotado con 3.000 euros e diploma. O acto de celebración tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación e contou coa presenza de autoridades provinciais, autonómicos e nacionais, ademais de membros do xurado e representantes culturais

e sociais. No acto participou Clara Carracedo, irmá de Xosé Aurelio, quen expresou o agradecemento da familia á Deputación de Ourense por seguir mantendo viva coa convocatoria deste premio a lembranza de Xosé Aurelio O xurado ditaminou conceder o galardón a Nuria López destacando “a calidade do seu xornalismo de investigación, que afonda na temática cultural desde o punto de vista do patrimonio”. A premiada asegurou sentirse leda por recibir o

O futuro dos drons analizarase en Ourense 4 No segundo congreso internacional. Redacción O futuro dos drons analizarase en Ourense no “II Congreso internacional de drons”, que terá lugar do 24 ao 26 de maio. Debates e relatorios sobre lexislación, investigación, seguridade e oportunidades de negocio e emprego no sector dos drons, centran as actividades do congreso, que contará con máis de 50 relatores. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentouno xunto ao presidente e o vicepresidente da Asociación Galega de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT), José Manuel Martínez e David Saavedra. Ao longo das tres xornadas, técnicos, empresarios e entusiastas desta innovación

tecnolóxica analizarán os últimos avances no sector dos drons, as aplicacións e os servizos, así como as liñas de investigación que se están a desenvolver e as diferentes oportunidades de emprego e negocio que ofrece este sector. Manuel Baltar destacou “á provincia de Ourense

premio que leva o nome dun xornalista -Xosé Aurelio Carracedo- moi “respectado e querido”. López apelou á necesidade de seguir informando sobre os problemas “que realmente lles interesan aos galegos”. Pola súa banda, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quixo reivindicar “a liberdade de expresión e a ética na profesión xornalística”. Baltar defendeu aos medios de comunicación “dos ataques á súa independencia” asegurando que a busca “da verdade como impulsora de iniciativas de innovación e creatividade” e puxo como exemplo o “Ourense ICC Week”. Para Baltar será “un evento que incidirá na nova lexislación e na normativa do sector, ademais de analizar en profundidade as novidosas aplicacións destes dispositivos aéreos, entre as que destacan as agrícolas-forestais, uns dos principais ámbitos de actividade económica da provincia de Ourense nos que se estuda integrar os avances tecnolóxicos dos drons neste e noutros sectores para continuar á vangarda e seguir incrementando a competitividade”.

David Saavedra, José Manuel Baltar e José Manuel Martínez, na presentación do congreso./RAMSÉS.

é un reto irrenunciable”. Ademais felicitou ao xurado “por premiar a unha persoa –Nuria López- que co seu traballo aporta, constrúe e entrega por e para a sociedade á que todos aspiramos a servir”,

e rematou o acto citando a Antonio Guterres, secretario xeral da ONU quen fixo un chamamento aos gobernos “para que impulsen a liberdade de prensa e protexan aos xornalistas”.

Barrios 4 de maio 2018

11

O premio “Carracedo” de xornalismo está dotado con 3.000 euros e un diploma

Manuel Baltar, Clara Carracedo e Nuria López, con membros do xurado. /A. PAZ.


12

Barrios 4 de maio 2018

DEPORTES

A un punto da Segunda B

Baixa Limia son quintos a catro puntos do ascenso. A outra cara da moeda son Nogueira e Ribeiro. Os de Ribadavia están descendidos, mentres que os de Luíntra cada vez teñen menos opcións de salvación. Están en postos de descenso e os arrastres de Terceira farán case imposible a súa permanencia.

4 O Sala Ourense ten na súa man o ascenso. Redacción

certificou o seu descenso.

A vitoria do Sala Ourense ante o Vilalba (3-2) deixa aos de Kike García a un só punto o ascenso á Segunda división B. A primeira oportunidade para certificar o cambio de categoría xa a teñen esta fin de semana. Visita ao Estrada, único equipo que lle pode arrebatar o ascenso e o título ligueiro; ourensáns e pontevedreses están separados por oito puntos a favor dos primeiros. A vitoria visitante ou mesmo o empate farían aos ourensáns campións. En caso de derrota aínda tería dous partidos para lograr o punto que necesitan. O Carballiño, pola súa banda, continúa na parte baixa da clasificación e xa

Primeira división Na Primeira división o Cidade das Burgas a piques estivo de darlle unha alegría a súa afección. Perderon contra o UCAM Murcia (por 5-6) cando tiñan unha vantaxe de catro goles a un. A vindeira xornada visitan ao Futsi. O Ourense Envialia, trala vitoria ante o Leganés asegurouse a súa participación na Copa de España. O día 12 de maio recibe nos Remedios ao Esplugues.

O Sala Ourense visita ao segundo, O Estradense

Parido do Cidade das Burgas ante o UCAM./RAMSÉS.

Carlos regateando a un rival do Monterrei./Y. SEARA.

Líderes na Preferente e en semifinais de Copa 4 A Unión Deportiva Ourense logra o pase ás semifinais da Copa Deputación. R. Torres A importancia do tramo final, a Unión Deportiva Ourense a eleva á máxima potencia. Os unionista logran neste tramo final de liga na Preferente colocarse como líderes en solitario, grazas a un gol nos últimos minutos do encontro da pasada semana diante do Moaña. E se isto fora pouco, o pase ás semifinais da Copa Deputación conseguiuse cun penalti transformado, como non, no tramo final do partido ante Monterrei. En liga, os homes de

Fernando Currás foron quen de recompoñerse de dous meses malos (nos que a piques estiveron de perder toda opción de ascenso) para que a falta de catro xornadas sexan líderes en solitario. Os ourensáns aventaxan en dous puntos ao Porriño (segundo) e en tres ao terceiro (Atios). O rival desta xornada é o Mondariz no partido que terá lugar o domingo, día 6, ás 18 horas no Couto. En canto ao resto de equipos ourensáns nesta Preferente, o Bande mantén algunha esperanza de ascenso despois de vencer ao Beluso por 1-0; os da

Copa Xunto á UD Ourense estarán en semifinais da Copa Deputación o Velle, despois de vencer ao Bande; o Allariz, que se desfixo de Loñoá; e Maside, que fixo o propio co Francelos. Barbadás O Barbadás trala derrota fronte o Arenteiro (1-2) xa é equipo de Preferente a falta de dúas xornadas para o final da tempada. Os de Juanjo Vilachá o tentaron pero finalmente consumaron o descenso. Aínda que con opcións de saír das tres últimas posicións, o descenso do Cerceda a Terceira fai que sexan catro os equipos que descendan, e o Barbadás non ten marxe de deixar a catro rivais por detrás.

A UD Ourense recibe este domingo, ás 18 horas, ao Mondariz no Couto

EN BREVE 4 Fútbol gaélico O Auriense feminino pasa a semifinais da Copa Galicia tras vencer no campo do Ártabras da Coruña. As rapazas do Auriense dominaron en todo momento o encontro polo que non perigou a vitoria. As semifinais as levarán ata Lalín para enfrontarse ao equipo local o 12 de maio.

4 Duatlón No Campionato de España de duatlon celebrado en Avilés, o 7 de abril, o Club Ourense Atletismo Tríatlon -sección recén estrenada- conseguiu un podium con Laura Lopez Branco, que conquistou o bronce en grupos de idade. Ademais, Álvaro Gil conseguiu praza para acudir ao Campionato de Europa a celebrar en Eivissa o 20 de outubro.

4 Patinaxe O pasado sábado 21 de abril 12 patinadoras do Club Deportivo Ourela participaron, por primeira vez, no Trofeo Internacional de Vigo na categoría de Grupos Show Promocionais. Lograron, contra prognóstico, a medalla de bronce coa coa coreografía “Misión O2”. Ademais, no I Campionato do Concello de Teo as ourensás lograron oito podios sendo cinco deles no máis alto do mesmo.


DEPORTES

O COB pensa na vindeira tempada 4 Atar ao adestrador será o primeiro paso. Redacción

Integrantes do Club Burgas.

Rotundo éxito do Burgas no Galego de acrobática 4 Sumaron oito medallas. Redacción

infantil.

O club Ximnasia Burgas logrou un total de oito medallas no Campionato de Galicia de ximnasia acrobática. En tríos logrou o campionato en alevín e infantil, mentres que foi segundo e terceiro en categoría absoluta. Por parellas acadou o título galego en alevín, infantil e absoluta, sendo subcampioas en alevín e

Copa Deputación O pavillón de Ribadavia acolleu a Copa Deputación de ximnasia na modalidade individual e primeira fase de Copa Deputación e Provincial Escolar. Centos de ximnastas da nosa provincia participaron nesta competición sendo un bo adestramento de cara a vindeiros torneos.

Xa rematou a tempada 2017-18 para Club Ourense Baloncesto. O conxunto ourensán logrou un ano máis a súa participación, para o curso que vén, na LEB Ouro. Cinco meses por diante para que de comezo a seguinte tempada non poden ser excusa para dilatar o traballo que

o club ten por diante. Para poder pensar nun proxecto a directiva xa ten que comezar a deixar atados varios puntos antes de que chegue o verán. O primeiro deles é negociar co adestrador, Gonzalo García de Vitoria para que continúe un ano máis no banco cobista. Despois executar a inscrición na LEB Ouro para a 2018-19. E finalmente tentar de renovar a parte

García de Vitoria nun tempo morto. /C. DOMARCO.

da plantilla; este último aspecto é importante de cara a crear un proxecto a curto ou medio prazo. En canto ao técnico todo fai indicar que as dúas partes se porán dacordo máis pronto que tarde. Sobre a inscrición, o presidente (Camilo Álvarez) xa indicou que o futuro do club está asegurado. En canto ás renovacións, estás serán máis complicadas; hai xogadores que poden interesar pero que se revalorizaron durante este curso e será moi complicado contar con eles un ano máis. Playoff Xa se coñecen os oito equipos que disputarán o playoff pola única praza de ascenso que queda vacante (a outra foi para o Breogán de Lugo). Na primeira eliminatoria os emparellamentos son os seguintes: Prat - Valladolid; Manresa Leyma Coruña; Oviedo Palencia; e Melilla - Castelló. Cada eliminatoria será ao mellor de cinco encontros.

Barrios 4 de maio 2018

13

Xadrez Ourense Redacción O Club Xadrez Ourense obtén o subcampionato da División de Honra, e estará no Nacional de Clubs en Linares. Os ourensáns, capitaneados por Iván Salgado, asaltaron o náutico de Tui e golearon 0-6 ao Xadrez Galego. Os ourensáns tan só foron superados polo Universidade de Santiago. Pola súa banda, o Liceo, coa derrota ante o Xadrez Rianxo, consumaba o descenso á Primeira División.

Iván Salgado colaborou no segundo posto do Xadrez Ourense na División de Honra.


14

Barrios 4 de maio 2018

4AXENDA Teatro - 4 de maio - Teatro infantil “Puño puñete” - 18 h - Auditorio Municipal de Ourense - 5 de maio - Pantomima Full “ICC Week 2018” - 20 h - Teatro Principal - 6 de maio - Teatro infantil “Almendrita a pequena” - 12 h - Auditorio Municipal de Ourense - 6 de maio - Musical “A bela e a besta” - 18 h - Auditorio Municipal de Ourense - 10 de maio - “Un día malo” de La caja de Pandora (Verín) “1ª Mostra de Teatro da Universidade Laboral” - 20 h - Universidade Laboral Exposicións - Ata o 6 de maio Exposición de Christian Villamide “Hortus Conclusus” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 3 de xuño - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) Cine - 7 de maio - Zama 20.30 e 23 h - Biblioteca Pública de Ourense Música - 4 de maio - Concerto de Miguel Erentxun “ICC Week 2018” - 21 h - Teatro Principal - 5 de maio - Concerto de Rufus T Firefly + Bifannah + Esposa + Silvia Superstar “ICC Week 2018” - 12 h - Xardíns Padre Feijoo - 5 de maio - Concerto de Trovare - 21 h Fundación Vicente Risco (Allariz) - 5 de maio - Homenaxe “The Pink Tones: Return of the Son of Nothing”- 21 h - Auditorio Municipal de Ourense - 11 de maio - Festival de Jazz de Primavera “Bill Evans: Petite Blonde II” - 23 horas - Praza Santa Eufemia Deportes - 6 de maio - UD Ourense - Mondariz CF. Rexional Preferente - 18 h. - O Couto - 6 de maio - Ourense CF - CD Barco. Terceira División - 18 h. - O Couto Outros - 10 de maio - Conferencia “O papel do Parlamento na sociedade galega” 20.15 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

A ICC Week máis diverxente 4 Patrimonio, humor, novas tecnoloxías, algúns dos temas desta cuarta edición. R. Torres A cuarta edición da ICC Week Ourense está a ser a máis diverxente de todas. Patrimonio, humor, música, novas tecnoloxías son só algúns dos temas que están enriba da mesa ata este 5 de maio. Comezou cunha mesa redonda sobre “Mundos deseñados” na que estiveron presentes Javier Mariscal (deseñador gráfico), María Grande (ilustradora), Paco Clavel (artista), Ouka Leele (fotógrafa) e Juan Sánchez (documentalista); antes tivo lugar a presentación desta ICC Week presentada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar. A música neste pri-

Pre-inscrición nas Escolas Municipais Redacción As Escolas Municipais do Concello de Ourense abren o prazo de pre- inscrición de matrícula para o curso 2018/2019, dirixido a escolares e persoas adultas en teatro, idiomas e música, até o 10 de maio. As persoas interesadas poden reco-

4HUMOR

meiro día correo a cargo do grupo Morgan. Ao día seguinte estivo a debate a investigación no patrimonio rupestre europeo. A xornada tivo lugar no mosteiro de san Pedro de Rocas (Esgos), que contou coa participación de medio cento de estudantes e expertos internacionais en historia e arqueoloxía. Dúas mesas redondas abordaron os temas “O humor e a cultura” (cos humoristas Rober Bodegas e Alberto Casado) e “A supervivencia na xungla dixital” (cos músicos Nacho Vega e Luis Mendo). Programación Nas dúas últimas xornadas serán varias as actividades e varios os emplazamentos. Este venres, en

ller os impresos para a solicitude na Concellería de Educación ou na Oficina de Atención ao Cidadán. A escola de teatro impartirá os cursos de iniciación, perfeccionamento e montaxe, para adultos, e iniciación ao teatro de 4 a 7 anos, de 7 a 11 anos ,de 11 a 14 anos e 14 a 18 anos, para público infantil. O de música está dirixida a afeccionados de calquera idade.

Juan Sánchez, Ouka Leele e Paco Clavel na ICC Week 2018./RAMSÉS. San Clodio -Cenlle- falarase sobre creatividade e sector TIC, con Cynthia Gálvez (enxeñeira e deseñadora gráfica), Sara Rodríguez (avogada e Policy Manager) e Luz Castro (directora de Imaxin Software). No Marcos Valcárcel, ás 16:30 horas, a ICC Kids tratará sobre cultura contemporánea para nenos e nenas, con @ Chincheto77 & @Tonacho (gamers e Youtubers) e contará co obradoiro Emojinarium. A directora de cine, Gracia Querejeta, e o Pre-

sidente de AGAG, Nico Campos, serán os representantes do sector audiovisual na charla “Do papel á pantalla: a traxectoria dunha muller creativa”, no Liceo a partir das 18 horas. Xusto despois faraselle entrega a Yosi Domínguez (Los Suaves) do Premio Musa SGAE. A música chegará ao Teatro Principal da man de Mikel Erentxun (ás 21 h). Para o sábado, chega a charla sobre xestión de públicos (na casa de Otero Pedrayo -Amoeiro-); o humor da man de Casado

e Bodegas co show “Pantomima full” (Principal, 20 h); e unha ICC show vermú nos xardines do Padre Feijoo ao mediodía. Desde o xoves e ata o domingo (23.59 h) celebrase no pavillón do Campus universitario a ICC Gamers.

Mikel Erentxun actuará no Principal o venres a partir das 21 horas


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 4 de maio 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº55 - Ano: XI - 4 de maio de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

De cores vístense os prados na primaveira, por iso as mociñas de moitos cores gústanme a min… LOBA FERIDA Son loba ferida ouveando á lúa chea, polo resquemor que me causan as túas balas de prata forxadas para matar feras salvaxes, nunca tiras a dar, non me queres matar. Ben sabes que se apuntas ao centro do meu corazón rematarías o meu sufrir, pero ti non es así, gozas e sofres da dor que provocas nesta alma polas dentadas da vida esfolada. Lamiche as miñas feridas, que será o que ten o teu salibar que as cicatriza e as fai supurar! En noites de lúa chea puídente degolar e do teu sange a miña renovar; deixeite fuxir, non te quixen ferir. Cada luar presinto a túa sede de vinganza pola miña tardanza en recoñecer o teu espíritu salvaxe: aparente lobo manso á espera de ser atacado pola loba en celo. Ser devorado ao meu ouvear é a chamada ao teu amor, aínda que me esnaquizes o corazón non

son quen de apaciguar o instinto animal que espertas en min. Sen verte xa presinto o teu mirar de lobo famento e desconfiado, cravado na miña nuca sinto un frío e suave vento do teu alento que me arrepía o corpo, que me atravesa o peito. Ules o meu medo, atacas polas costas, sinto a labazada das túas zarpas que escoce, que abrasa. Vírome disposta a devorar ou ser devorada e de súpeto acobardache, cruze de lobo con zorro, non te atreves a loitar con esta loba de mirada ensanguentada pola chamarada da paixón que prendes, atizas e non aplacas. Sinto rabia e mágoa, véxote marchar coa cabeza gacha, camiñar pausado, semellas magullado, mais cando te sintes a salvo viras cara min desafiante e triunfador dunha loita que nunca se levou a cabo. Pasionaria Quintas (Poetisa galega)

Como cantabas papá con ese sentimento na alma, cantabas á vida que nace ao albor de cada día, nunca triste, por moi duras que che viñeran sempre levabas nos ollos a luz e na gorxa un asubio de amor eterno! Neste poemiña en prosa da miña amiga a poetisa Pasionaria, adivíñase no fondo a ferida deses amores que tiñan que ser e non foron, ou foron e nunca deixan de ser. No noso Asneiro, no Puzo Negro, está un xacio preso que se alimenta de amores traizoados, ti nunca lle diches de comer porque ti non loitaches por amores senon que che chegaron como un agasallo de Deus, se cadra cando chos levou gardounos para sempre, onde a xeada do inverno non poida cubrilos co lazo do esquecemento. Avelino Jácome

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.

Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488. Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.

INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo dúas habitacións no centro de Ourense, zona Doutor Fleming. Tel. 687 13 43 87. Alugo local de 15 metros

cadrados, acondicionado. Baños comunitarios en galerías. 100 euros máis 7 de comunidade. Tel. 627 203 131.

VENDAS

Ofrécese leña (pero tense que cortar) en Feá (Toén). Tel: 659 49 42 72. Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349. Vendo traxes de cabaleiro en bo estado. Distintas cores. Talla mediana. Tel.: 610 97 98 97.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 4 de maio 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook