Entrevista a Roberto Abad, coordinador do circuíto “Correndo por Ourense” [Páx. 3]
CIDADE
Páx.2
O Concello cede a parcela para o novo centro para persoas con discapacidade
CIDADE
Páx.4
Aberto o prazo para solicitar axudas do programa ARRU de ata 15.000 euros
VERÍN
Páx.8
O escritor Javier Sierra estará nas Xornadas de Novela Histórica de Verín
DEPORTES
Pax.12
O Cidade das Burgas pode consumar o seu descenso á Segunda división esta xornada
En marcha a Miteu
CULTURA
Páx. 14
A exposición “In tempore Sueborum” foi presentada en Braga
Obras en Verín
[Páx. 10]
Último partido da Liga no Paco Paz [Páx. 14]
[Páx. 12]
Teatr´ubi e Asta Teatro representando “A-norma-is” no Auditorio. // Iniciada a quinta fase do Plan de Rehumanización en Verín. // O COB recibe ao Palma este venres./RAMSÉS.
Número: 53 - Ano: XI - 19 de abril de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 19 de abril 2018
TEMA DA SEMANA
O Concello cede en Barrocás a parcela para o novo centro para persoas con discapacidade 4 A Xunta de Galicia convocará de seguido un concurso de ideas para a redacción do proxecto. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron este 16 de abril o convenio de colaboración para regular a transmisión da titularidade dunha parcela e a construción nela dun centro residencial e de atención diúrna para persoas con discapacidade. De acordo co convenio asinado, o Concello cede á Xunta unha parcela de 4.953 metros cadrados de uso dotacional público situada na rúa Cesáreo González, en Barrocas, na que se construirá este centro, que ofertará un total de 110 prazas para persoas con discapacidade, e que requerirá un investimento plurianual da Xunta de 5 millóns de euros. Concurso de ideas Unha vez feita oficial a transmisión de terreos por parte da administración local, a Xunta de Galicia dará o seguinte paso, que consistirá na convocatoria dun concurso de ideas para dar forma ao proxecto e ao deseño tanto do futuro edificio como da contorna do centro. Ao respecto, Rey Varela avanzou que nas instalacións ofrecerase un apoio integral e personalizado, con actividades básicas da vida diaria e tratamentos especializados; ademais dunha rehabilitación continua e específica en función das necesidades de cada persoa usuaria. “O obxectivo é favorecer o desenvolvemento integral e, ao
A Plataforma Procapd Ourense reclama un “compromiso firme” 4 O colectivo califica esta sinatura, entre alcalde e conselleiro, de “puro trámite”. Redacción
O conselleiro de Política Social e o alcalde de Ourense, durante a sinatura da cesión do terreo en Barrocás./RAMSÉS. mesmo tempo, fomentar a autonomía e mellorar as capacidades das persoas usuarias”, apuntou. O titular de Política Social indicou que tras a firma deste convenio “é o momento de mirar para adiante e seguir traballando conxuntamente as dúas administracións para que o centro satisfaga realmente as necesidades e demandas das persoas con discapacidade e dos seus familiares”. Neste sentido, engadiu que este acordo “quere dar cumprimento ás pretensións dos pais e nais cuxos fillos poderán ser futuros usuarios do novo recurso e na procura da mellor atención posible para os mesmos”. O alcalde de Ourense asegurou que a sinatura do convenio supón “un paso
moi importante” neste proxecto, que responde a “unha demanda dos pais de persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial, absolutamente fundamentada, e ademais foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria”. Jesús Vázquez subliñou o esforzo do goberno municipal porque este sexa o mandato “máis social da historia da cidade”, lembrando o centro interxeneracional recentemente construído na Farixa. Pola súa banda, o alcade agradeceu á Xunta de Galicia, na figura do conselleiro José Manuel Rey, “a súa total disposición e
esforzos inversores para facer de Ourense unha cidade mellor no eido social, asistencial... para facer de Ourense unha cidade con mellor calidade de vida”.
A Plataforma Procapd Ourense, constituída por pais e nais de nenos con diversidade funcional da provincia de Ourense, así como as distintas organizacións sindicais e políticas da provincia, que loitan pola creación dun Centro de atención a persoas con diversidade funcional (CAPD), de xestión pública, que integre centro residencial, centro de día e prazas de respiro familiar, foi convidado pola Alcaldía ourensá e a concellería de Política Social a acudir á sinatura da cesión do terreo por parte do Concello de Ourense. Dende este colectivo explicaron que non asistir a este encontro non significa que “non estemos dacordo co mesmo”, pero califícano de “puro trámite”. Ademais, detallaron que Rey Varela se com-
prometerá en febreiro de 2017 a dotar Ourense dun CAPD, pero máis dun ano despois, denuncian, “só temos promesas, as cales non garanten nin o número de prazas nin a xestión pública, xa que non temos constancia de ningún tipo de acordo ou resolución da Consellería que faga oficial isto”. Dende a Plataforma consideran que necesitan “un compromiso firme, non declaracións en prensa, de que o que esiximos e para o que se obtiveron 50.000 sinaturas e se movilizou a provincia o 2 de febreiro de 2017, vai a ser tal e como se prometeu”. Polo tanto, aclararon que “dado que non queremos que se interprete a nosa asistencia (á sinatura da cesión do terreo) con estar dacordo nos trámites efectuados ata agora polo conselleiro, esta Plataforma acordou non asistir ao acto”.
Políticas sociais José Manuel Rey Varela destacou que a Consellería destina este ano unha achega económica de máis 40 millóns de euros a políticas sociais en Ourense e avanzou que o Centro de Menores de Montealegre será un centro de referencia, que contará con máis educadores dos que antes tiña e novas especialidades.
O centro ofertará 110 prazas na cidade e requerirá da Xunta un investimento de 5 millóns de euros
Representantes da Plataforma ProcapdOurense durante unha rolda de prensa anterior./ARQUIVO.
TEMA DA SEMANA
Barrios 19 de abril 2018
ENTREVISTA A ROBERTO ABAD, COORDINADOR DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS “CORRENDO POR OURENSE”
“Nos últimos catro anos a participación no ‘Correndo por Ourense’ aumentou un 11%” 4 O circuíto de carreiras populares ourensán pon en marcha a súa oitava edición este domingo, 22 de abril, no barrio da Ponte. R. Torres Roberto Abad é o coordinador do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, unha cita que en seis xornadas, ao longo de cinco meses, reúne a milleiros de atletas ourensáns. Oitavo ano do “Correndo por Ourense”, unha proba totalmente asentada no calendario deportivo da cidade? Roberto Abad: “Si, unha proba totalmente consolidada coa que o Consello Municipal de Deportes cumpre cun dos seus obxectivos que é fomentar e promocionar a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños da nosa cidade”. 1.500 participantes na última edición indican a boa saúde desta iniciativa. R.A.: “A realidade dinos que temos que convivir cun calendario cada vez máis masificado de eventos deste tipo ao longo de toda a xeogra-
“De todos os chegados na edición do ano pasado, un 34,22% eran mulleres”
cada barrio presenta novos candidatos en cada proba. Pero tamén é certo, que o feito de ter que participar en cinco das seis probas que configuran o circuíto para optar á clasificación final, obriga a que estea presente un groso núcleo de corredores”.
fía, non só da nosa autonomía, senón tamén nacional. Hoxe os runners habituais e os populares contan cunha oferta de carreiras moi ampla, practicamente cada fin de semana teñen algunha proba, polo que deben ser moi selectivos se non queren incorrer en lesións ou sobreadestramento. En liñas xerais estamos contentos coa convocatoria nesta proba, xa que nos últimos catro anos a participación aumentou un 11%”. Como cada ano seis probas en seis barrios da cidade. O afeccionado ao atletismo xa sabe onde ten nestes meses cada proba. Xa esperan as carreiras con ganas. R.A.: “A xente quere e necesita facer deporte. Ao apostar por un circuíto distribuído en cinco meses, ao longo do ano, o que se pretende é que os veciños dos nosos barrios practiquen actividade física de maneira regular, non só o día en que a “festa deportiva” chega ao seu barrio. Queremos traspasar este límite, e inculcar na xente un verdadeiro hábito que os acerce a unha vida máis saudable”. É un evento para calquera persoa que estea minimamente preparada?
Roberto Abad nas instalacións do pavillón municipal de deportes Os Remedios./RAMSÉS. R.A.: “Si, é un circuíto de carreiras cuns obxectivos moi alcanzables. Estamos a falar de probas que roldan de media os 6.000 metros, distancia que para un afeccionado á carreira, non debe supor un esforzo titánico. O que si é conveniente subliñar é que todos aqueles que se pon as zapatillas e bótanse ao asfalto por primeira vez, deberían consultar e valorar cun profesional
a súa aptitude e nivel de condición física”. Moitos participan na proba do seu barrio para correr diante dos seus familiares e veciños. Crees que cada vez máis xente anímase a correr noutros barrios que non sexa o seu? R.A.: “Creo que é unha motivación moi grande correr na túa “casa”, diante da túa xente, e por iso
tivos. É moi importante, e desde aquí facer un chamamento, a todos aqueles que queiran colaborar que deben inscribirse na Concellaría de Voluntariado para estar cubertos polos seguros pertinentes”.
O incremento da participación feminina é destacable. É un dos motivos de máis orgullo da organización? R.A.: “Estamos nun ano de visibilización do deporte feminino, e en colaboración coa Concellaría de Igualdade, estamos a levar a cabo varias iniciativas neste sentido. Como dato destacable, dicir que a participación feminina subiu nos últimos catro anos un 3%, e que de todos os chegados na edición do ano pasado, un 34,22% eran mulleres. Estamos moi satisfeitos con estes datos, e queremos seguir mellorándoos”.
Crees que este circuíto é ideal para facer unha preparación constante no tempo de cara a unha das mellores carreiras de Galicia, a San Martiño? R.A.: “Totalmente de acordo. Un dos principios metodolóxicos fundamentais do adestramento é a repetición ou continuidade para a mellora do rendemento. As motivacións da xente para realizar estas probas son múltiples, desde aumentar a capacidade de rendemento, con vistas a preparar a San Martiño e outras probas, ata a simple participación con fins lúdicos e/ou recreativos, para o que en calquera caso, é necesario adestrar de maneira regular e constante”.
O papel dos voluntarios é necesario. Que hai que facer para anotarse como tal? R.A.: “O papel dos voluntarios non é necesario, é vital. Estamos moi agradecidos a todos aqueles que de maneira desinteresada colaboran co CMD para facer realidade este e outros proxectos depor-
Un dos obxetivos “é fomentar e promocionar a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños da nosa cidade”
Barrios 19 de abril 2018
EN BREVE 4 Seixalbo A Xunta convoca, o 16 de maio, aos titulares dos terreos afectados polas obras de mellora integral da estrada Ou-105, para o levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir ao local social da Asociación de Veciños de San Breixo de Seixalbo, desde as 10.30 ata as 11 horas.
4 Praza da República Ourense en Común propón nomear como praza da República ao Campo de Aragón, onde un cento de ourensáns foron fusilados. Devandita iniciativa a defenderá no pleno do mes de maio.
4 Celebra + Bebega Expourense xa ten data para a 19ª edición de Celebra e a 2ª Bebega. Será na fin de semana do 24 e 25 de novembro.
CIDADE
Aberto o prazo para solicitar subvencións do programa ARRU 4 Este ano cubre obras no interior das vivendas. R.T. Xa está aberto (desde o 18 de abril) o prazo para solicitar subvencións de obras en vivendas situadas nas catro Áreas de Rehabilitación e Renovación Urbana (ARRU) de Ourense. As catro zonas son: Casco Histórico; Polvorín, Carballeira, Camelias; Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado, Inmaculada e o Núcleo Etnográfico de Seixalbo. A instancia para realizar a solicitude está colgada na web do Concello
e o prazo para presentala é de dous meses. A novidade deste ano é que darase, tamén, cobertura a obras no interior das vivendas, como poden ser o cambio de baños, reforma da fontanería
ou electricidade ou de aislamento térmico. As axudas contemplan subvencións de até un 45% do presuposto da obra (cun máximo dun 35% a cargo do Ministerio de Fomento -11.000 eurose un 10% da Xunta de Galicia -4.000 euros-) puidendo chegar a axuda aos 15.000 euros. A partida inicial para estas axudas, que podería ser modificada á alza, é dun total de 1,3 millóns de euros.
As axudas poden chegar aos 15.000 euros
Edificio do casco histórico de Ourense./M.REJO.
Os catro paneis da discordia 4 Democracia Ourensana levará a pleno suprimilos. Redacción Ourense conta con catro paneis dixitais (praza Bispo Cesáreo, Parque de San Lázaro, Avenida Pardo de Cela e rúa Sáenz Díez) que sirven para un novo enfrontamento entre goberno e oposición. O alcalde asegurou que todos os informes (AXI, Xunta de Galicia, Patrimonio, informes técnicos, Servizo de Infraestruturas) son favorables. Pola súa banda, O PSOE esixe coñecer os informes de impacto visual das novas pantallas dixitais instaladas na cidade e a estimación
Panel dixital na praza Bispo Cesáreo./M.REJO. económica do lucro que poporcionará á concesionaria, mentres que Democracia Ourensana levará ao pleno do Concello, do 4 de maio, unha moción para suprimilos.
CIDADE
Remitido a Fomento o proxecto de aparcadoiro 4 Contará con 302 prazas. R. Torres A Xunta remitiulle ao Ministerio de Fomento, en concreto a Adif, o proxecto de aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Ourense, que disporá de 302 prazas de aparcadoiro, incluíndo 10 delas adaptados para persoas con mobilidade reducida. Este equipamento suporá un investi-
mento de case 7 millóns de euros, financiando maioritariamente polo Goberno galego, e cofinanciado por Adif. Situarase baixo a área de aparcadoiro da actual praza da estación e terá unha superficie total de 8.645 m2 distribuídos en dous andares. Disporase de tres puntos de acceso peonil desde a praza da estación.
Lugar onde irá o aparcadoiro subtarráneo.
ReAcciona axudará ás empresas ourensás 4 Nos novos retos do mercado. Redacción O programa ReAcciona, da Xunta de Galicia, axudará ás empresas ourensás nos novos retos do mercado e a reinventar os seus negocios. Así o asegurou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa participación en Ourense na xornada sectorial ReAcciona adicada á mellora da competitividade do sector agroalimentario. Conde destacou que na actualidade hai un novo paradigma económico no que é preciso que o tecido empresarial e a Administración traballen conxuntamente para dar respos-
Conde -segundo pola dereita- explicando o programa ReAcciona na sede da CEO de Ourense. /RAMSÉS. ta ás novas esixencias do mercado, dos consumidores e das propias empresas, unha resposta que pasa pola dixitalización. Neste sentido, asegurou que programas como o ReAcciona axudan ás pemes e aos autónomos a incorporar novas estratexias e solu-
cións tecnolóxicas aos seus negocios ou acelerar os procesos para ser máis competitivos. Este ano, a través dunha nova convocatoria de Galicia, a Xunta ofrecerá 135 millóns de euros de financiamento para máis de 3.000 pemes.
Barrios 19 de abril 2018
EN BREVE 4 “Vacacións en paz” O Concello de Ourense fai un chamamento entre as familias ourensás para participar no programa de acollida de menores saharauis ‘Vacacións en paz’ no vindeiro verán. Está enfocado a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos residentes nos campamentos do Tinduf (Arxel). As solicitudes, dirixidas ao departamento de Asuntos Sociais a través do Rexistro Xeral, poden entregarse até o 30 de abril.
4 Envellecemento Activo Máis de mil persoas, maiores de 60 anos, participan nos programas de envellecemento activo que desenvolve o Concello. Así o reflexa a memoria deste programa municipal.
Barrios 19 de abril 2018
CIDADE
O alcalde de Ourense co candidato a reitor da Universidade de Vigo e o seu grupo de traballo.
Reunión con candidatos O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, recibiu no despacho da Alcaldía a un dos candidatos a reitor da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, quen lle explicou o seu programa electoral “Ideas que suman”. O rexedor ourensán reclamoulle ao candidato, se acada a victoria nas eleccións, “maior autonomía para o Campus de Ourense, que se favoreza a compra de subministros na cidade e a defensa dos graos existentes, así como a creación de novas titulacións que enriquezan a oferta formativa na cidade”.
Reunión entre alcalde e concelleiros coa directiva da A.VV. Vistahremosa. Autoridades xunto co presidente do Colexio Oficial de Farmaceúticos de Ourense na celebración do 100 aniversario do COFO./M.REJO.
Centenario COFO Os farmacéuticos ourensáns conmemoraron o pasado xoves, 12 de abril, nun acto que tivo unha parte académica e outra institucional o centenario do seu Colexio. No transcurso do mesmo, o presidente da entidade, Vicente J. Álvarez, sinalou que o COFO cumpre 100 anos convertido nun “dos axentes garantes de defensa e promoción da saúde e benestar de todos os ourensáns”.
A.VV. Vistahermosa O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e os concelleiros de Infraestruturas, José Araújo e de Participación Cidadá, Carlos Campos, mantiveron o venres, 12 de abril, un encontro coa nova directiva da A.VV. Vistahermosa, para escoitar as súas inquedanzas. Os representantes dos veciños transmitiron ao grupo de goberno a súas prioridades hasta final de mandato. En especial mostraron a súa esperanza en que saia adiante o Plan de Obras, co que esperan mellorar entre outras, cuestións relacionadas con beirarrúas e accesibilidade, tanto no núcleo de Vistahermosa como en Vistahermosa Vella.
VERÍN E COMARCA
Iníciase a quinta fase do Plan de Rehumanización
sen perder os beneficios sociais da súa cotización á Tesourería que, ao ser sufragada polo Instituto
Nacional de Emprego (INEM), suponlle un importante aforro ás arcas do Concello.
4 A reforma da praza do Concello é unha das obras deste plan. R.Torres O Concello de Verín deu comezo coa quinta fase do Plan de Rehumanización da vila co inicio de varias obras simultáneas. A reforma da praza do Concello (coas tarefas de demolición da fonte); a construción de dous, dos oito, novos puntos de recollida de lixo situados en ambos os accesos ao aparcamento libre disuasorio 8 (zona centro); a construción dun pequeno parque no barrio de San Roque; e a construción e acondicionamento de varias beirarrúas na avenida de Vilela, na rúa Otero
Pedrayo e na avenida de Laza son algunhas das actuacións inmediatas incluídas nesta fase do plan destinadas a modernizar a trama urbana da cidade, renovar o medio ambiente e mellorar as infraestruturas. As tarefas de mellora abranguerán tamén a culminación das reformas das avenidas de Castilla e Portugal, a recuperación da contorna de balneario de Sousas, a construción e acondicionamento de varias beirarrúas da vila, entre outras. Convenio Son 22 traballadores os
que realizarán as obras, grazas ao convenio asinado pola concellería de Recursos Humanos e Réxime Interior do Concello de Verín, dirixida por Rosario Rodríguez Delgado, e o INEM. Este convenio permite que os seleccionados perciban unha retribución lixeiramente superior á prestación por desemprego que lle corresponde
22 traballadores realizan as obras grazas ao convenio entre concello e INEM
Os estudantes do IES García Barbón realizan a Formación en Centros de Traballo (FCT) A formación en centros de traballo (FCT) é un módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional. Indispensable para a obtención do título académico. Os estudantes de segundo curso de ciclos formativos do IES García Barbón que aprobaron todos os módulos formativos están xa en fase de formación práctica nun entorno
laboral. Os obxectivos de dita formación son: - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos. - Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo. - Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial. Convenios O IES García Barbón ten asinados convenios de colaboración con máis de cen empresas da comarca
de Verín e doutras localidades (A Gudiña, Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, Vilar de Barrio, Ourense, Vilardevós, Maceda, Laza, Cualedro, Monterrei, Oimbra, Verín, Riós, Xinzo de Limia, O Carballiño e Xunqueira de Ambía) que posibilitan que os seus estudantes de ciclos formativos de Formación Profesional podan complementar a súa formación e coñecer o entorno laboral da súa especialidade. Queremos aproveitar esta anotación no xornal Barrios para agradecer moito a colaboración das distintas entidades que acollen ao noso alumnado e facilitan o seu apoio como guía laboral e a súa aprendizaxe. MOITAS GRAZAS!! a todos os que colaboran na Formación en Centros de Traballo dos estudantes do IES García Barbón.
Barrios 19 de abril 2018
EN BREVE
4 Centro de Día Vilardevós contará cun centro de día. Será antes do verán, xa que tan só falta que a empresa adxudicataria remate o proceso administrativo. O seguinte centro en abrir podería ser o de Verín.
4 Festa dos Maios O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Festa dos Maios. O texto entregarase dixitalizado na Casa do Concello antes das 12 h do mércores día 25 de abril.
4 Pleno infantil
As obras, da quinta fase do Plan de Rehumanización, na praza do Concello de Verín xa están en marcha.
Máis de 120 alumnos participaron no pleno infantil de Verín no que se interesaron pola conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios.
Barrios 19 de abril 2018
EN BREVE 4 Tranvía de
Verín
Verín conmemora os 110 Anos do Tranvía de Verín a Cabreiroá cunha exposición e unha conferencia. A mostra “110 Anos do Tranvía de Verín: Exposición conmemorativa” abrirá as súas portas o 24 de abril. Pola súa banda, a conferencia, que leva por título “Un tranvía que fixo historia”, será impartida o 27 de abril, ás 19:30 horas, por Paco Boluda.
4 Camelios O Partido Popular de Verín considera un arboricidio a tala e arrincado das ábores da avenida de Cabreiroá para prantar outros “de inferior calidade”. O portavoz do Partido Popular de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asegura que os exemplares arrincados estaban en perfecto estado.
VERÍN E COMARCA
As Xornadas de Novela Histórica de Verín contarán con Javier Sierra 4 Celebraranse os días 25 e 26 de maio. Redacción O gañador do último premio Planeta, Javier Sierra, participará na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín. Devandito evento celebrarase o 25 e 26 de maio na Biblioteca Municipal. Xunto a Sierra acudirán á vila do Támega outros cinco escritores de renome como son: José Calvo Poyato, José Luis Corral, Toti Martínez de Lezea, Alejandro Corral e Antonio Piñero Sanz. O principal obxectivo destas xornadas é realizar un achegamento a aspectos moito menos
coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran. Programa O programa conta cun taller intensivo de escritura creativa, con conferen-
cias, mesas redondas e presentacións de novelas como son “Batallador” (José Luís e Alejandro Corral) e “El fuego invisible” (de Javier Sierra). A entrada a todas as actividades é de balde ata completar aforo.
Presentación das xorndas de novela histórica.
A DO Monterrei promocionouse en Santander e Bilbao 4 Máis de 120 persoas asistiron ás súas accións. Redacción Máis de 120 persoas asistiron ás accións promocionais do DO Monterrei en Santander e Bilbao. O Hotel Escola As Carolinas de Santander e a Adega Urbana de Bilbao acolleron senllas Master Class da denominación de orixe, así como Túnel do Viño. Catadores, distribuidores, prensa especializada, bloggers, hostaleiros, profesores e alumnos de escolas de hostalaría asistiron a esta iniciativa, coordinada polo experto Luís Padín.
Alimentaria 2018 A denominación participou en Alimentaria 2018, Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, que se celebrou en Barcelona. As adegas da DO formaron parte do Túnel do Viño no espacio de Intervin.
Unha das accións de promoción da DO Monterrei.
VERÍN E COMARCA
A Xunta conservará o pavimento orixinal do acceso ao castelo de Monterrei Momento da firma do convenio.
Protección Civil e Concello renovan a colaboración 4 Mediante a firma dun convenio. Redacción Diego Lourenzo, alcalde en funcións do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Araujo, asinaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación. O presidente da agru-
pación entregou a memoria anual de actividades realizadas durante 2017. Pola súa banda, Lourenzo, agradeceu “o labor totalmente desinteresado e altruísta que os voluntarios veñen prestando, ano tras ano, en beneficio dos verineses”. Con esta firma o Concello financia os gastos de mantemento da agrupación e esta atenderá as demandas do ente local, entre outras.
4 Acondicionarao para o tráfico peonil e rodado cun investimento de 350.000 euros. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou no Parlamento de Galicia que a decisión tomada respecto do acceso ao Castelo de Monterrei é a de compatibilizar o tráfico rodado e peonil coa conservación do pavimento orixinal, achado no marco dunhas obras de reurbanización e tendido de instalacións urbanas no ano 2016. Primeiro taparase de forma provisional, con terra compactada, os tramos de pavimento de pedra da calzada orixinal, que polo seu estado non permiten a circulación de tráfico rodado. Logo redactarase un proxecto de
reparación, conservación e rehabilitación do pavimento orixinal da rúa co obxectivo de acondicionala para o tráfico peonil e rodado; a obra suporía un investimento duns 350.000 euros e podería estar lista nun prazo aproximado de 12 meses. Ademais, mellorarase a vía alternativa do tramo sur da rúa principal -esta obra terá unha duración de dous meses- para
Estrada de acceso ao Castelo de Monterrei.
que nun ano o castelo teña dúas vías de acceso habilitadas. BNG A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas, reclamou no Parlamento que a Xunte restaure devandita calzada do Camiño Real e recordou que, agora mesmo, o Parador está pechado a pesar da promesa do presidente da Xunta, Núñez Feijoo de que permanecería aberto 365 días ao ano.
A obra de reparación do pavimento podería estar lista en 12 meses
Barrios 19 de abril 2018
EN BREVE 4 Xornadas O próximo 21 de abril, o Concello de Verín, en cooperación coa UNED de Ourense, organiza no marco da Conmemoración do Centenario das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados de Verín as Xornadas de Política Demográfica e Despoboamento. Estas xornadas tamén contan coa colaboración da D.O Monterrei. Estas sesións terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín a partir das 10 h.
4 Feiras do
Lázaro
Segundo unha enquisa realizada polo Concello de Verín máis do 90% dos expositores volverían a participar nas diferentes feiras do Lázaro (Feiras do Libro e Artesanía e Agro+ Verín) que contaron cunha gran afluencia de público.
4 Maxia Este sábado, 21 de abril ás 19 h, o auditorio de Verín acolle o espectáculo “Laboratorio Máxico” dentro do Festival de Maxia de Ourense “Terra Máxica”.
10
Barrios 19 de abril 2018
PROVINCIA
A Baixa Limia e Terra de Celanova renovarán a súa iluminación exterior 4 O importe da actuación será de 65.000 euros en cada municipio. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e os alcaldes dos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, A Bola, Celanova, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea asinaron un convenio para a renovación de instalación de iluminación exterior nestes municipios das comarcas da Baixa Limia e Terra de Celanova. O convenio recolle a aceptación dos concellos a participar a través deste proxecto na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017,
do 16 de xuño, referida á concesión directa de axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. O importe total da actuación en cada municipio será de 65.000 euros. A Deputación acometerá os investimentos, que serán cofinanciados polo FEDER (80%), pola Deputación de Ourense (15%) e o por cada concello (5%). Os concellos, pola súa parte, teñen que cumprir cunha serie de requisitos como autorizar á Depu-
tación para que presente ante o IDAE no seu nome toda a documentación necesaria referente a estas axudas; declarar que as actuacións a realizar son en bens inmobles de titularidade municipal; ou mesmo participar na publicidade do proceso de participación pública que se poida requirir para a execución do proxecto, entre outros.
Estas axudas favorecen a unha economía baixa en carbono
O presidente da Deputación, Manuel Baltar -no centro-, cos alcaldes das comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova trala firma dos convenios.
Obras na estrada de Vilardevós Redacción A Deputación inicia os trámites para rematar a reforma integral da Estrada Vilardevós-Vilarello (OU-1006). O acondicionamento e reforma integral da estrada ven de dar un paso máis coa redacción e aprobación provisional, no pasado mes de marzo, dun novo proxecto que agora entra na fase de exposición ao público como paso previo á súa aprobación definitiva. Este novo proxecto
abarca todo o trazado aínda que as obras en tramitación, na actualidade, corresponden a un treito de algo máis dun quilómetro e conta cun orzamento de 150.000 euros. “O compromiso da Deputación é completar a reforma integral desta estrada ata Portugal”, manifestou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, explicando que o resto das obras ata completar o proxecto realizaranse en actuacións posteriores. A estrada OU-1006 é unha das principais vías de comunicación do Concello de Vilardevós, xa
que enlaza as cinco poboacións máis grandes do municipio (Terroso, Arzádegos, Vilarello, Florderrei e Enxames), permite tamén o acceso a Verín e mesmo á Portugal. O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, amosou a súa satisfacción polo avance do proxecto, xa que é unha vella aspiración dos preto de 800 veciños, engadindo que esta nova fase eliminará “un dos treitos máis complexos e perigosos do trazado da vía, que ten un notable tráfico”.
Baltar na reunión para a creación do grupo.
A Deputación impulsa a creación dun grupo de expertos en drons 4 Co obxectivo de promover solucións en seguridade e emerxencias. Redacción A Deputación de Ourense impulsa a crea-
ción dun grupo de expertos en drons para promover solucións en seguridade e emerxencias desde o
punto de vista lexislativo e operativo. Así o afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala sinatura, da acta constitutiva do dito grupo de cooperación, asinada polo presidente da Deputación de Ourense; o delegado da zona norte de Servitec Medioambiente, S.L., Hugo Rodríguez; o Ceo de Aerocámaras, Jaime Pereira; a directora de marketing de Dräger; Marisa López, e o director xeral de Emprego e Emprendemento da Escola Superior de Enxeñería da Universidade de Cádiz. Obxectivo Manuel Baltar afirma que esta iniciativa “ten como obxectivo seguir mellorando a capacidade das administracións nas súas competencia nestas materias, así como a resposta operativa ante situacións de emerxencia e promover innovacións aplicando as tecnoloxías dos drons”.
PUBLICIDADE
Barrios 19 de abril 2018
11
12
Barrios 19 de abril 2018
DEPORTES
Necesitan puntuar 4 Case todos os equipos ourensáns de Terceira e Preferente teñen algún obxectivo que conseguir. Redacción Johnson, defendendo, con Uzas ao fondo. /CEDIDA.
Despedida no Pazo 4 Se gaña aínda podería entrar en playoff. M. Rejo O COB intentará dar unha ledicia a súa afección, este venres ás 21 h, cunha vitoria ante Palma e, se cadra, apurar as opcións de entrar en playoff na derradeira xornada. Daríase o caso se esta fin de semana e o seguinte Valladolid e Araberri perden os seus encontros e o COB os gaña, entraría en playoff porque en caso de triplo empate o Rio Ourense Termal ten o basket average a favor. Algo moi difícil pero non imposible. Como dato apuntaremos que a remontada dos ourensáns
comezou, precisamente, cunha vitoria a domicilio contra... o Iberostar Palma. Agardamos que se repita a historia e a vitoria do venres signifique soñar ca promoción de ascenso. Para frear o optimismo, aínda teñen unha minúscula posibilidade de descenso. Tería que perder os dous partidos, e deles, o do Huesca por máis de 15 puntos, ademais de que outros equipos implicados (ata 6) perderan ou dous o un partido como mínimo. Se o playoff se antoxa complicado o descenso aínda moito máis.
A falta de cinco xornadas, en Tercerira, para o remate da liga todos os equipos aínda teñen deberes por dianta, agás o Ourense C.F. Éste enfrontase ao líder, o Compostela, en Santiago nun partido case
intranscendente. O Barco, sétimo, xoga na casa co Arousa, cuarto con 57 puntos os mesmos que os valdeorreses. A vitoria é vital para entrar na promoción de ascenso. O Arenteiro, con 34 puntos, a sete puntos do descenso directo, xoga fóra contra o Villalbés,
Bágoas e ledicias 4Sala Ourense e Ourense CF, arriba. O Cidade baixaría. M.R. A xornada desta fin de semana vai ter dúas caras. Por unha banda, o Envialia pode selar matemáticamente o pase a Copa. Recibe ao líder, o Futsi, nos Remedios o sábado ás 17 horas. Noutra banda, pode ser un día triste para as pupilas de Manolo Co-
terceiro. O Arenteiro no posto 14º na táboa, a día de hoxe, non é seguro que se salve, polo que precisa sumar os máis puntos posibles e ollar o resultados dos equipos galegos na Segunda B. O Barbadás teno máis complicado para non descender. En postos de descenso con 27 puntos xoga nos Carrís cun rival directo, o Negreira, cos mesmo puntos. Rexional Preferente A U.D. Ourense recibe no Couto o domingo, ás 18 h, ao Gondomar nun partido que agarda gañar e continuar en postos de
ascenso directo. O Bande está ante o partido da tempada. Sexto, con 60 puntos, viaxa á casa do Porriño Industrial, terceiro con 63 puntos. Unha vitoria significaría manterse entre o grupo que loita polo ascenso. Por abaixo, o Nogueira xoga fóra contra o Caselas. Os de Luintra atópanse a catro puntos da salvación polo que a vitoria é necesaria para manter a esperanza da salvación. O Ribeiro, último e sen a penas opcións de manter a categoría, xoga como visitante no campo do Beluso.
zase ata Lugo para medirse co Casás. A vitoria aseguraríalles o ascenso. Se o Carballiño gaña fóra ao Santa Isabel, antepenúltimo, xunto coa
derrota do Casás, quedarían os tres equipos case empatados a puntos, a falta de catro xornadas, e non estaría todo dito pola parte baixa da táboa.
deso. Xogan na casa do Universidad de Alicante, que precisa gañar para meterlle presión ao líder. A derrota significaría que estarían matemáticamente na Segunda divisón. Tendo a salvación a 16 puntos era cuestión de tempo que este día chegase. Terceira O Sala Ourense desprá-
Clara presiona a unha xogadora do Majadahonda./R.T.
DEPORTES
Xadrez Ourense, terceiro
A noveva xornada da Liga Galega de xadrez deixou ao Xadrez Ourense na terceira posición tras superar ao Sanxenxo por 2.5 a 3.5; esta posición ao final da liga daríalle dereito a participar no Campionato de España de clubs que se celebrará en agosto en Linares (Jaén). Pola súa banda, o Liceo de Ourense
empatou a tres ante o Tui e continúa en postos de descenso. Na Primeira división os catros conxuntos ourensáns (Verín, Ourense B e C e Universitario) están na zona tranquila da táboa clasificatoria. Na Segunda División mantense líder o Benchoshey de Pereiro de Aguiar a pesar de perder fronte o Universitario B.
Redacción
Un dos integrantes do Salvour, á dereita, en plena competición.
Andrea Bello volve ao podio na liga de salvamento 4 Disputouse a primeia xornada en Sanxenxo. Redacción
Partidas do Xadrez Ourense fronte o Sanxenxo.
13
Torneo Primavera de ximnasia
4 Tras superar a Sanxenxo. Redacción
Barrios 19 de abril 2018
O sábado, 14 de abril, disputar na praia de Silgar, en Sanxenxo, a primeira xornada da liga galega de salvamento e socorrismo deportivo en
augas abertas. O equipo ourensán do Salvour presentou a 15 dos seus mellores deportistas, tanto do equipo de competición de maiores como das súas escolas deportivas do Pavillón de vos Remedios e
da piscina Universitaria AQA. Destacada foi a actuación, unha vez máis, de Andrea Bello que se clasificou en primeira posición da proba de bandeiras absoluta e quinta na carreira con táboa de rescate. O resto de integrantes do club ourensán realizaron unha boa actuación conseguindo clasificarse, algúns deles, para varias finais.
Bello foi primeira en bandeiras e quinta en táboas
O Torneo de Primavera de ximnasia contou cunha alta participación nunha xornada con boa asistencia de público. O Club Ximnasia Pavillón participou con todo o seu elenco de deportistas. Participaron 13 conxuntos de nivel escolar que estarán na Copa Deputación e Campionatos Escolares durante os meses de abril e maio; ademáis dun conxuntos de nivel nacional, o conxunto infantil de nivel base. Por outra banda, presentou ao conxunto júnior, equipo nacional de nivel absoluto. Tamén estiveron presentes catro conxuntos de promoción, unha individual de nivel base, un equipo individual de nivel absoluto e dous conxuntos de nivel absoluto que disputarán o domingo día 22 a Primeira Fase da Copa de España de conxuntos.
14
Barrios 19 de abril 2018
OCIO E CULTURA
“In tempore sueborum” preséntase en Braga
4AXENDA Teatro - Do 12 ao 28 de abril - 23ª Miteu - Auditorio, Teatro Principal, Campus de Ourense e Paseo - 21 de abril - III Festival Terra Máxica “Laboratorio Máxico ” - 19 h Casa da Cultura de Verín - 22 de abril - Teatro infantil “Bathtime” - 12 h - Auditorio Municipal de Ourense Exposicións - Ata o 29 de abril - Exposición de Baldomero Moreiras “O eco das amazonas” - Centro Ánxel Valente - Ata o 6 de maio Exposición de Christian Villamide “Hortus Conclusus” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 3 de xuño - Exposición de varios artistas “Sonoro Empeño” - Sala de exposicións Afundación (Ourense) Música - 20 de abril - Concerto de “The Smoggers” - 21.30 h - Café Cultural Auriense - 21 de abril - Concerto música solidaria - 20 h - Igrexa Santa María Maior (Verín) - 21 de abril - Concerto orquestra de cámara Arts Symphony Ensemble - 20.30 h - Teatro Principal - 22 de abril - Festival de Jazz de Primavera “Gilad Hekselman Trío” - 23 horas - Café Latino - 24 de abril - Festival de Jazz de Primavera “Josemi Carmona e Javier Colina: De cerca” 23 horas - Café Latino Deportes - 20 de abril - COB - Iberostar Palma. Leb Ouro. - 21 h - Pazo Paco Paz - 21 de abril - Ourense F.S.- Atlético Navalcarnero. Primeira división - 17 h - pavillón dos Remedios - 22 de abril - Barbadás - Negreira. Terceira División - 17.30 h. - Os Carrís. - 22 de abril - UD Ourense - Gondomar. Rexional Preferente - 18 h. - O Couto. Outros - 24 de abril - Ciclo de conferencias: Introducción á Astronomía - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com
4 O presidente da Deputación participou nesta primeira presentación internacional. Redacción
“A-Norma-Is” de Teatr´ubi e Asta Teatro. /RAMSÉS
A MITEU subiu o telón ata o día 28 4 Actuarán nesta edición un total de 28 grupos de nove países distintos. Redacción Grazas ao incansable traballo de Sarabela Teatro, con Fernando Dacosta ao fronte, temos nos escenarios da nosa cidade unha nova edición da MITEU, a 23ª. Este ano é máis universitaria que nunca, pois das 28 representacións programadas 15 son universitarias de moi distintos lugares. Por suposto están as españolas e portuguesas, pero tamén poderemos ver compañías
Estarán presentes 15 compañías universitarias de Europa, América e África 4HUMOR
europeas (Italia e Alemaña), americanas (Estados Unidos, Canadá e Perú) e africanas (Marrocos e Guinea Ecuatorial). Actuacións A destacar a actuacións do actor e cómico italiano Leo Bassi, que co seu espectáculo “El último Bufón” non deixou indifente a ninguén reivindicando esa figura xa perdida según o propio Bassi. E tamén a actuación na xornada inaugural de Quico Cadaval con “Os inocentes” que nos trasladou a época da guerra civil. O día 28, sábado, remata esta edición, no Teatro Principal coa entrega de premios e a representación de “As ondas das pedras no río”, a cargo de Sarabela Teatro.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na cidade de Braga, xunto ao presidente da cámara municipal e destacados historiadores lusos, na primeira presentación internacional da exposición In tempore sueborum, a mostra máis visitada na historia de Ourense. Baltar dixo na súa comparecencia que a historia “do mundo suevo une a Ourense e Portugal no territorio común onde compartiron cultura e etnografía”. Ademais afirmou que nos unen “séculos dunha historia ata o a de agora descoñecida en moitos casos, a do pobo suevo, que tanta impor-
tancia tivo para a Gallaecia, ata o punto de constituír no noso territorio o primeiro reino medieval de Occidente”. Catálogo No mesmo acto presentouse a segunda edición do catálogo da mostra,
unha publicación cualificada como un fito na historiografía sobre o chamado mundo bárbaro, no que se encadran os suevos. Trátase dun traballo coral preparado por máis de 60 especialistas. A exposición permanecerá aberta ata o 6 de maio.
Manuel Baltar na presentación en Braga de In Tempore Sueborum.
ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 19 de abril 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº53 - Ano: XI - 19 de abril de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Palmero... aos teus zapatos! Era unha conta pendente co zapateiro, e hoxe quero adicarlle este relato, aquí nesta fiestra de papel, onde cada mes espállome ceibe, e dou renda solta aos sentimentos, esas cousiñas do corazón que as veces non me atrevo a soltar cando estamos fronte a fronte. Daquela, o carteiro preguntaba por Miguel Martínez Núñez, e non sabíamos que dicir, ata que viamos que no sobre rezaba o alcume “Palmero”, entón era cando, sen dúbida, sabíamos a quen buscaba. O Martínez, naceu na rúa do Pozo, no entrañable barrio vello da vila, e xunto cos seus pais e irmáns, alí foi medrando, esquivando as malditas penurias da posguerra. Dende neno tiven relación co Palmero, pois xa daquela, algunha diabrura fixenlle sufrir, que agora non quero lembrar. Despois, na adolescencia, gastei horas e horas pegado ao meu amigo, aprendendo coa mirada o oficio a cambio de leccións de vida. E así fomos arrimando as
Escoitándoo daste conta, que a sencillez e a humildade, son as bandeiras que ondea
nosas almas e descubrindo as raíces profundas dunha amizade sólida, que coido será para sempre. Escoitándoo daste conta, que a sencillez e a humildade, son as bandeiras que ondea. De primeiras, parece introvertido, mais cando se coñece a fondo, podo decir a boca chea que namora. O tempo pasa imparable, e as lembranzas son a nosa gasolina, lembranzas fermosas dunha amizade, que valoro como o mellor dos tesouros. Case sen darme conta fun empapandome de cousiñas que me contou, esceas do pasado, vivenzas do presente e coma non, visionando con antelación as miserias do futuro. O Palma estivo o meu carón nos momentos mais tristes e, por suposto, participou tamen nos mais felices; adoctrinoume cos actos enxebres que non se compran, dos que sacan da chisteira os amigos de verdade. Agora, coas ocupacións da vida, non podemos vernos a miúdo coma antes, pero cando nos xuntamos é coma se o tempo non existira, escomenzando sempre a conversa coma si a deixaramos do día anterior. Quedan as miradas complices, os segredos ben gardados, confesións que a ninguén fun
quen de contar, e que o Palma garda no seu peito sen clave nin contrasinal, cousiñas do amor e do desamor, da familia, do deporte e da vida, consellos dos que xamais poderei esquecer. Fugaz pasou o tempo, rápido coma ti, extremo veloz do Verín CF nos anos 50, equipo que levamos na sangue e que xamais lle daremos ás costas. Cicais, falaremos no mesón do Castro, co Zurruia e con toda a camarilla de senadores, lembrando vellas historias coma a da rapaciña que recolleu despois dun partido o pantalón rachado, e que cun fío puro e sincero, remendou coa forma dun corazón a túa alma. Querido amigo, cumprirás 83, e ainda hoxe, na Canda seguen agardando que pases a fronteira. Mais, coido que nin a mesmísima Cibeles, será quen de arrincarte do teu lar, da túa xente, por que sei que o teu desexo é que a máxia dos deuses, nos deixen sorrir coma sempre, con carcaxadas espontáneas, das que broten sen máis,... bágoas de ledicia. Unha aperta! Miguel A. Prieto Chitín”
TRABALLO Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43.
Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488. Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.
INMOBILIARIA Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña americana, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916. Alugo dúas habitacións no centro de Ourense, zona Doutor Fleming. Tel. 687 13 43 87. Alugo local de 15 metros
cadrados, acondicionado. Baños comunitarios en galerías. 100 euros máis 7 de comunidade. Tel. 627 203 131.
VENDAS
Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349. Vendo dous candelabros e un reloxo, a xogo, antigos. Tel.: 610 97 98 97 Vendo traxes de cabaleiro en bo estado. Distintas cores. Talla mediana. Tel.: 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.
Barrios 19 de abril 2018