Entrevista a Víctor Pérez, doutorado en astrofísica en Arizona [Páx. 3]
CIDADE
Páx.3
Convenio para axilizar as intervencións no núcleo etnográfico de Seixalbo
CIDADE
Páx.4
Mellora do subministro de enerxía termal dos Remedios
CELANOVA
Páx.7
Convenio entre Xunta e Concello para a reforma da ponte Pedriña de Celanova
ALLARIZ
Pax.8
A Festa do Boi 2018 contará con 70 actividades do 26 de maio ao 3 de xuño
Futura senda peonil e ciclista en Reza
DEPORTES
Páx. 12
O COB recibe ao Manresa no Pazo este venres, 6 de abril, a partir das 21 horas
Regresa o “Correndo por Ourense” coa proba do Vinteún
[Páx. 5]
[Páx. 10]
A nova senda peonil de Reza complementarase con outra luminiscente de 350 metros na zona de Outariz. // Este 22 de abril comeza a oitava edición do Correndo x Ourense./M.R.
Número: 51 - Ano: XI - 6 de abril de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 6 de abril 2018
TEMA DA SEMANA
Convenio pioneiro para axilizar as intervencións no núcleo etnográfico de Seixalbo 4 O acordo, asinado por Xunta e Concello, descentraliza e reduce trámites e prazos. Redacción Pleno extraordinario do pasado 27 de marzo presidido polo alcalde. /I. OSORIO.
O pleno dos mil reproches 4 As críticas entre os distintos partidos foron as protagonistas do debate sobre o estado da cidade tras 1.000 días de goberno do PP. Redacción PSOE e Ourense en Común solicitaron para o pasado 27 de marzo a celebración dun pleno extraordinario para debater o estado da cidade despois de 1.000 días de xestión do Partido Popular. A sesión caracterizouse unicamente polos reproches continuos entre os distintos grupos que forman a corporación. Comezou intervindo o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, que, referíndose ao seu discurso de investidura, asegurou seguir coa man tendida á oposición. Así mesmo, puxo en valor que o seu goberno deixou listo para aprobación o PXOM, redeseñou o proxecto da intermodal, incrementou a inversión en servizos sociais e puxo en marcha proxectos herdados, como La Molinera ou o Espazo Lusquiños. OUeC De seguido, Martiño Xosé Vázquez, voceiro de Ourense en Común, acusouno de gobernar para empresas, non ser quen de aprobar os orzamentos municipais, nin abrir o cámping de Untes e a praza de Abastos da Ponte. “Temos 1.000 razóns para dicir que é o peor alcalde da historia de Ourense”,
uns orzamentos tras preto de 3 anos de mandato. “Seguro que chegará antes Puigdemont a España que vostede os aprobe”, asegurou.
Gonzalo Jácome, de Democracia Ourensana. sentenciou. PSOE Pola súa banda, o socialista José Ángel Vázquez Barquero tildou de «complicidade perversa» a do gobierno ourensán con intereses privados. Levaba preparadas 65 preguntas ao rexedor, moitas delas do ámbito urbanístico, xa que segundo o voceiro do PSOE “a súa xestión en urbanismo é de connivencia cos promotores”. Así mesmo, Barquero asegurou que o do PP é un goberno «sen norte» e “con máis sombras que luces”. DO Non foron menores as críticas que o líder de DO, Gonzalo Jácome, repartiu entre goberno e oposición. A PSOE e OUeC acusounos de ser cómplices do PP, por non apoiar a moción de censura, e sobre Xesús Vázquez puxo en evidencia a súa “falta de capacidade” para aprobar
A resposta do PP O encargado de contestar aos ataques por parte das filas populares foi o seu voceiro, José Araujo, que lle lembrou a Ourense en Común que ocupaban os sillóns do BNG, quenes acabaron fóra da corporación. Pola súa banda, ao PSOE botoulle en cara que dera leccións despois de perder cinco concelleiros despois de pasar polo goberno municipal. “Son a oposición que máis estorbou na historia», concluíu. Pechou a hora e media de acusacións o rexedor municipal cunha proposta aos grupos da oposición, a de levar a cabo un pacto para blindar os servizos sociais. O cal, asegurou, sería “exemplar” para o resto de cidades.
“Puigdemont chegará antes a España de que vostede aprobe os orzamentos”, díxolle Jácome ao alcalde
A Consellería de Cultura acaba de habilitar ao Concello de Ourense para autorizar as intervencións patrimoniais no ámbito do Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo, tal como queda establecido no convenio asinado o pasado 27 de marzo entre o conselleiro Román Rodríguez, e o alcalde Jesús Vázquez. É o primeiro convenio de habilitación que se asina cun concello dende que a nova lei de patrimonio cultural incorporase esta técnica descentralizadora. O conselleiro de Cultura explicou que, máis aló da tramitación puramente administrativa, esta habilitación ten unha destacable repercusión práctica na medida en que permite ao Concello axilizar os trámites administrativos e acurtar os prazos das intervencións no citado núcleo, pero garantindo totalmente a seguridade xurídica nos procesos.
En definitiva, trátase de avanzar na colaboración cos concellos facendoo a través dunha xestión máis fácil e eficiente que repercute de xeito positivo no día a día das persoas, abondou o conselleiro. Ao abeiro de dito convenio, o Concello de Ourense estará habilitado para as intervencións que se refiran a bens catalogados integrantes do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico do Núcleo Etnográfico de Seixalbo e á súas contornas de protección e zonas de amortecemento. Isto é posible porque, tal como establece a lei, o Concello de Ourense cumpre cos requisitos esixidos como é que o núcleo de Seixalbo conte cun Plan Especial específico adaptado á lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cun equipo de persoal técnico competente para o exercicio da arquitectura, a arqueoloxía e a historia da arte. Concello de Ourense O Concello de Ouren-
se disporá unha comisión técnica municipal composta por 7 integrantes da Concellería de Urbanismo, técnicos que, ademais da titulación, son redactores do P.E.C.I.E. de Seixalbo, aprobado o 3 de marzo de 2017. A Consellería será informada por esta comisión de forma trimestral da relación de autorizacións e licencias concedidas. Segundo o alcalde de Ourense, trátase dun “paso adiante, pois, para os veciños e veciñas de Seixalbo, que poderán centralizar todos os trámites relativos aos seus intereses e demandas aquí mesmo, en Ourense. E un paso adiante importantísimo, tamén, para a conformación dunha cidade dinámica e viva en todos os seus barrios e lugares”.
O Concello disporá dunha comisión técnica municipal composta por 7 integrantes de Urbanismo
O alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a sinatura do convenio en Ourense./RAMSÉS.
TEMA DA SEMANA
Barrios 6 de abril 2018
ENTREVISTA A VÍCTOR PÉREZ, DOUTOR EN ASTROFÍSICA POLA UNIVERSIDADE DE ARIZONA
“A zona da Veiga ten certificación Starlight, pero temos moi bo ceo noutras partes de Ourense”
4 Víctor Pérez ensinaranos a mirar o firmamento nunhas conferencias organizadas polo Ateneo. Edición anterior da Xuntanza Cabalar de Barbadás.
A Xuntanza Cabalar de Barbadás citará a 200 participantes 4 Terá lugar este domingo 8 de abril con xinetes e amazonas de Galicia e Portugal. Redacción A 14ª edición da Xuntanza cabalar de Barbadás reunirá a 200 afeccionados para percorrer as rutas a cabalo polos montes da zona. A cita terá lugar este domingo, 8 de abril. A ruta comezará dende o campo de fútbol da Veringuela, en Bentraces, ás 10.30 da mañá. Para culminar a xuntanza celebrarase un xantar popular en torno ás 14.30 horas, que ten un custo de 20 euros e está aberto a calquera persoa que queira anotarse. Multitudinaria A Xuntanza Cabalar de Barbadás é unha das que máis participantes reúne de toda Galicia. Un dos motivos do éxito é “a fermosura dos montes de Barbadás, o bo avituallamento e unhas excelentes instalacións para gozar do día”, explica Jorge Castro, un dos organizadores do evento. Na Xuntanza Cabalar colabora o
Concello de Barbadás a través da Concellería de Deportes. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “se trata de un evento deportivo xa enraizado no noso concello e que convoca a un importante número de xinetes e amazonas”. Adrián Varela, edil de Deportes, sinala que “esta xornada lúdica permite aos participantes na ruta gozar da beleza paisaxística do Concello de Barbadás, seguindo o roteiro deseñado pola organización con centro neurálxico no campo de fútbol de Bentraces, que percorre o entorno dos Castros”.
O xantar, cun custo de 20 euros, será sobre as 14:30 horas e está aberto a calquera que se queira anotar
R. Torres Todos os martes de abril e maio o Ateneo de Ourense achéganos á astronomía da man Víctor Manuel Pérez Vázquez, doutor en astrofísica pola Universidade de Arizona e cun curriculo extenso no que o máis chamativo é que anda na procura de asteroides próximos á terra. A primeira xornada tivo lugar este 3 de abril, e nela falouse da astronomía de posición. Quedan seis máis que, de seguro, sorprenderán aos que se acheguen e queiran coñecer un pouco máis do cosmos. As charlas teñen lugar na sede temporal do Ateneo de Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso 30) e están abertas a toda persoa inqueda sobre o espacio. A primeira conferencia no Ateneo contou con moita afluencia de público, que lle dirías á xente para que acuda ás seguintes? V.P.: “Nas seguintes imos tratar o tema do Sistema Solar; por qué se producen os eclipses. Faremos, ademais, un
Nunha das charlas “faremos un percorrido virtual cun simulador do Sistema solar”
percorrido virtual cun simulador do Sistema Solar, aproximarémos aos outros planetas. A seguinte conferencia será sobre estrelas nebulosas, cúmulos de galaxia, na que utilizaremos un programa de planetario facendo un percorrido polos distintos ceos. Outra acollerá consellos prácticos de observación para saír á terraza cun telescopio e gozar do que podemos ver. E xa para os que queiran adentrarse máis falaremos sobre o procesamento das imaxes astronómicas”. Ademais, terás unha xornada moi intersante en Berán. V.P.: “Imos a organizar en Berán o 14 de abril -dependendo do tempo- unha xornada que contará con talleres de astronomía, na que realizaremos un reloxo de sol; un planisferio terrestre para recoñercer as principais constelacións; un taller de cohetería experimental, lanzaremos cohetes que poden acadar o quilómetro de altura; unha observación solar; ademais dunha conferencia sobre marabillas do universo e unha observación nocturna -con medición de calidade do ceo- amenizada con música”.
minación lumínica. Logo hai zonas como Trevinca ou o alto do Rodicio cunha moi boa visibilidade. Todo o macizo central ourensán ten unha riqueza a explotar neste sentido. Aquí temos á zona da Veiga con certificación Starlight, pero temos moi bo ceo noutras partes, como en San Xoán de Río, a baixa Limia, a zona da raia, a Mezquita. temos un ceo para gozar. A xente de Vigo e da Coruña veñen aquí para contemplar o firmamento”.
Descobres uns tres asteroides ao ano. Pódese dicir que en Ourense hai calidade para mirar ao ceo? V.P.: “Desde a cidade hai dificultade pola conta-
Habería que estudar máis astronomía no colexio? V.P.: “A ciencia básica é a abandonada nos temas de investigación. No Bacharelato énchennos de
Víctor Pérez, trala primeira charla organizada polo Ateneo, que tratou sobre astronomía de posición./RAMSÉS. fórmulas pero non nos explican para que sirven, o que podería ser moi chamativo para o alumno, se explicaran en que se pode aplicar sería moito máis atraínte. Este tema interesa moito en Ourense. Cando facemos unha actividade a xente achégase, sente curiosidade. Facemos o bautismo do telescopio, a primeira vez que ve Júpiter ou os aneis de Saturno a xente alucina”.
“Na actividade que organizamos en Berán lanzaremos cohetes que poden acadar un quilómetro de altura”
Barrios 6 de abril 2018
EN BREVE 4 Ascensores A Xunta de Galicia convoca as novas axudas para instalación de ascensores e elementos de accesibilidade na vivenda, duplicando o seu orzamento ata os 2,5 millóns de euros. Estas axudas poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio.
4 Espazo Emprende A Xunta de Galicia transformará os actuais Centros Xove ou Casas da Xuventude en Espazos Emprende para que a mocidade poida crear e desenvolver iniciativas innovadoras e emprendedoras en instalacións adecuadas. Como novidade, os usuarios terán acceso a asesoramento formativo, empresarial e persoal para encamiñar os seus proxectos.
CIDADE
Aforro enerxético nos Remedios 4 O Concello de Ourense aforrará 80.000 euros anuais. Redacción O Concello de Ourense aforrará 80.000 euros anuais na factura de Gas Nastural coa mellora do subministro de enerxía
termal cara ao pavillón dos Remedios. Estas instalacións viñan abastecéndose da enerxía térmica obtida da auga do manancial termal das Burgas, que foi diminuíndo
Visita do alcalde ás obras do suministro de enerxía.
co paso do tempo polo progresivo deterioro da condución e dos elementos de almacenamento e bombeo inmediatos. O proxecto de Infraestruturas prevé a substitución da actual condución, que discorre polo lateral do río Barbaña a través de 1.400 metros lineais cara a unha das balsas do complexo deportivo. A nova tubaxe estaría soterrada cun illamento exterior de grande duración especificamente adaptado a este tipo de augas termais. O orzamento da actuación ascende aos 271.768´81 euros (IVE engadido), e terá un prazo de execución de 3 meses. As obras previstas son a limpeza da estación de bombeo, nunha primeira fase, e a desmontaxe e retirada da obra do actual grupo de bombeo para a colocación de novas tubaxes, nunha segunda.
Remata o obradoiro de emprego de Montealegre 4 Participaron 15 alumnos. Redacción O obradoiro de emprego de Montealegre II puxo fin a seis meses de duración o pasado 2 de abril. Cunha achega de algo máis de 213.000 euros (140.000 da Consellería de Emprego, e 73.000 do Concello) formou a 15 mozos e mozas -menores de 30 anos- desempregados. As tarefas realizadas centráronse no Parque botánico de Montealegre. Permitiu a formación do alumnado nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e pavimentos e albanelería de
Clausura do obradoiro. urbanización. Así, realizáronse traballos no parque botánico consistentes, entre outros, na construción dun miradoiro de estrelas, a instalación dun observatorio de aves, a rexeneración dun total de 5.000 m2 de bosque mediterráneo, mellora da accesibilidade de varios camiños e creación de paseos.
CIDADE
A DXT entrega o manual de boas prácticas 4 O alcalde de Ourense recibiuno da man do seu director, Gregorio Serrano. Redacción Ourense recibe da Dirección Xeral de Tráfico o seu novo manual de boas prácticas en materia de seguridade vial urbana. Entregouno o director da DXT, Gregorio Serrano, quen se achegou á nosa cidade. As recomendacións, elaboradas por especialistas, “as acollemos de bo grado e as incorporaremos a modificacións presentes e futuras de normativas municipais e obras e darémoslle traslado das mesmas aos diferentes departamentos”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, quen agradeceu
que a Dirección Xeral de Tráfico escollese precisamente a Ourense para facer entrega do seu manual de boas prácticas en materia de seguridade vial urbana.
Infografía da senda peonil e ciclista que se creará na estrada de Reza ata Outariz.
Cara un Ourense máis saudable 4 Construirase unha senda peonil e ciclista en Reza. R. Torres
O alcalde xunto ao director da DXT.
Ourense mira cara o futuro pensando nun concello máis saudable. Estímase que a partir do vindeiro outono comecen as obras -por importe de 1,2 millóns de eurospara a realización dunha senda peonil e ciclista en Reza de 2,2 quilómetros
que se complementará con outra luminiscente de 350 metros, na marxe dereita do Miño, no acceso ás termas de Outariz. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez -xunto co alcalde da cidade, Jesús Vázquez-, presentou o proxecto (para o que se abriu o período de información pública) no
Concello, que forma parte dos “itinerarios peonís e ciclistas da comarca de Ourense”, dixo a conselleira. Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que no Concello de Ourense prevé seis itinerarios (case 8 km), que suporán un investimento de 2,3 millóns de euros. Vázquez Mourelle explicou que o Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto, así como a relación de bens e dereitos afectados pola construción da senda, polo que os interesados terán 30 días hábiles, ata o 21 de maio, para achegar as observacións e achegas que consideren oportunas.
Prevense seis sendas para Ourense cuns 8 kms de itinerario peonil e ciclista
Barrios 6 de abril 2018
EN BREVE 4 Día Mundial da Saúde Con motivo do Día Mundial da Saúde o Centro Médico El Carmen realizará medicións (de tensión, azúcar, índice de Masa Corporal, entre outras) de balde. Será este venres, 6 de abril, de 10 a 13 horas nas instalacións do Espazo+60 de Afundación Ourense.
4 Vivenda
A Xunta de Galicia asinou o pasado mes o contrato de alugueiro dunha vivenda, adxudicada directamente a unha familia en situación de risco de exclusión social no concello de Ourense.
4 PERI
O Concello constituirá a Comisión de Revisión do PERI do Casco Histórico o luns 9 de abril, a cal adaptará esta normativa (con 22 anos de existencia) á lexislación actual.
Barrios 6 de abril 2018
PROVINCIA
EN BREVE
Bande rehabilitará tres vivendas de mestres
4 Apicultura Allariz acolle dous cursos sobre apicultura que terán lugar na Fundación Ramón González Ferreiro, organizadora dos cursos xunto co propio concello e a Asociación Galega de Apicultura. O primeiro deles é un Curso Básico de Apicultura, o 7 e 8 de abril, e un Curso Superior de Apicultura Comercial, de 6 días de duración entre os meses de abril e maio. O 20 de maio rematará o curso coincidindo co Día Mundial das Abellas, evento que a Escola Galega de Apicultura celebrará con diferentes actividades que realizarán os participantes do curso.
4 Alta Velocidade
Adif Alta Velocidade inicia a reparación urxente de 18 estradas de titularidade municipal na provincia. Os viarios discorren polos termos municipais de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Castrelo do Val, Laza, Taboadela, Paderne de Allariz, Allariz e Baños de Molgas. Esta actuación, de carácter urxente, vai supor un investimento de 2,3 millóns de euros.
4 Melón Medio Rural e o Concello de Melón reforzarán a súa colaboración en materia de fomento das reestruturacións parcelarias no territorio municipal, así como para a loita contra o problema dos incendios forestais. Impulsaranse os procesos de reestruturación xa en marcha (Penavaqueira e Quins) e dotación de puntos de auga.
4 Cunha achega da Xunta de 90.000 euros. Redacción
Marisol Díaz (no centro), visitando a biblioteca de Maceda xunto ao alcalde, Rubén Quintas (dereita).
A biblioteca de Maceda informatízase 4 Incorporáronse varios equipos informáticos ademais de nova luminaria para o aforro enerxético. R. Torres
e Concello.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde da localidade, Rubén Quintas, visitou a biblioteca pública de Maceda para comprobar as actuacións levadas a cabo na mesma. O custe total das obras -ao abeiro das axudas da Consellería de Educación e Cultura para o equipamento e mellora dos locais das corporacións locais utilizados para a realización de actividades culturaisexecutadas en Maceda ascendeu a 16.000 euros que foron asumidos ao 50 por cento por Xunta
Material Consistiron en mellorar o acceso ás novas tecnoloxías do local, incorporando varios equipos informáticos, e as instalacións do local coa substitución de luminarias que permite un aforro enerxético e a dotación dun sistema de protección contra incendios. Beneficiarios Na provincia de Ourense na convocatoria pasada beneficiáronse oito concellos e unha mancomunidade por un importe de preto de 60.000 euros. Os beneficiarios en 2017 foron: O Carballiño, Maceda, Muíños, Lobeira, Vilamarín, Vilar
de Barrio, A Veiga, Verín e a Mancomunidade Terra de Celanova. Entre as actuacións apoiadas por estas subvencións da Xunta figuran desde iniciativas de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas a acondicionamento acústico dos locais ou financiamento de equipos de iluminación e son. Na actualidade se están a tramitar as solicitudes correspondentes á convocatoria deste ano.
O custe total foi de 16.000 euros asumidos ao 50% entre Xunta e concello
A Xunta de Galicia concédelle ao Concello de Bande unha achega de 90.000 euros para a rehabilitación de tres vivendas de mestres para destinalas a alugueiros sociais. Esta axuda chega polas primeiras subvencións -dotadas cun orzamento dun millón de euros, que se poden solicitar ata o 1 de xuño- ao abeiro da convocatoria para 2018 do programa de rehabilitación de antigas casas de mestres e outros oficios e outras edificacións de titularidade municipal. Os beneficiarios son os concellos de menos de 20.000 habitantes
Jorge E. Bóveda presenta o seu libro en Celanova Redacción A Casa dos Poetas de Celanova acolleu a presentación do libro “As sete mortes de Leopoldo
nos que existan habitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos. As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples. Subvención A Xunta, con estas achegas, subvenciona ata o 90% do importe da rehabilitación, chegando ata os 40.000 euros por vivenda, contía que se incrementa ata os 48.000 no caso de que se sitúe en ámbitos históricos ou dos Camiños de Santiago. Pardo” de Jorge Emilio Bóveda. Terceiro dunha saga que comezou con “Asasinato no centro comercial” e “A morte vén en chancletas”. O libro conxuga a novela negra americana de finais do século XX, con elementos da cultura galega.
Jorge E. Bóveda na presentación do libro en Celanova.
CELANOVA E COMARCA
Barrios 6 de abril 2018
Material inédito para un aniversario
Novos horarios da oficina de turismo
4 A exposición “Entre liñas” conmemora o 110 aniversario do pasamento de Curros.
Redacción
Redacción A Casa dos Poetas albergará entre o 3 de abril e o 31 de maio a exposición “Entre liñas”, unha mostra material documental (a mayoría inédito) pertencente ao arquivo da Fundación Curros Enríquez -organizadora da exposición-. Devandita mostra conmemora o 110 aniversario do falecemento do escritor. O proxecto céntrase en epístolas escritas por personaxes senlleiros de Celanova e Galicia: Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo e Faustino Santalices. Expóñense tamén pinturas, fotografías, gravados e outros documentos en alusión aos au-
Cartel da exposición.
tores e textos seleccionados, dándolle ao visitante a posibilidade de contextualizar aquilo que le. O título “Entre liñas” alude a un fragmento pertencente á carta escrita por Manuel Curros Enríquez ao seu amigo Jesús Muruais o 11 de maio de 1876. Na citada epístola, o poeta celanovés expresa: “¡Cuántas revelaciones en esta carta! ¡Cuántas confidencias! ¡Cuántos enigmas que solo yo puedo comprender!”. Transmítese, polo tanto, a idea de que para poder entender realmente estas mensaxes de Curros hai que ler entre liñas. Intelectuais “Entre liñas” pretende ofrecer unha concepción distinta da vida e actividade intelectual dalgúns dos mellores literatos e investigadores galegos; unha visión diferente e alonxada das mitificacións e clichés. Curros foi enterrado na Coruña o 2 de abril de 1908 no que, segundo as crónicas, asistiron ao enterro 40.000 persoas.
Os alcaldes de Montederramo, Celanova e Entrimo, trala sinatura dos convenios co Conselleiro de Cultural, Román Rodríguez.
A ponte Pedriña de Celanova será reformada 4 Trala firma dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Concello de Celanova. R.T. O conselleiro Román Rodríguez, asinou un convenio de colaboración co alcalde de Celanova, José Luís Ferro, a través do cal o departamento de Cultura, da Xunta de Galicia, encárgase de acometer as obras de restauración da ponte Pedriña. Neste acondicionamento a Consellería investirá un total de 130.000 euros na súa consolidación estrutural. Os traballos, que terán unha duración estimada de cinco meses, inclúen a limpeza da vexetación e un estudo xeotécnico que achegue datos sobre o tipo de terreo de asento e composición da cimentación do
arco, co fin de deseñar a proposta de obras de consolidación e reparación máis axeitada. Así mesmo, restituirase o pavimento da calzada e os peitorís, e canalizaranse as tubaxes de servizos que están colgadas na ponte. Pontes Históricas Incluída no Inventario de Pontes Históricas de Galicia, a ponte Pedriña, sobre o río Orille, une as parroquias de Orga e Mourillóns, no concello de Celanova. A fenda que presenta na súa bóveda fai necesaria unha actuación de consolidación da súa estrutura como a que agora se vai levar a cabo. Entrimo Tamén se repararan os
Cultura investirá 130.000 euros na reforma da ponte Pedriña danos na fábrica e a mellora da impermeabilización da calzada da ponte do Casal, en Entrimo. Cultura fará unha achega de 15.000 euros para tal fin. A súa construción está datada entre os séculos XVIII e XIX. Outra actuación que se acometerá na provincia por parte de Cultura será o acondicionamento do Mosteiro de Montederramo cunha inversión de 435.000 euros. Mellorarase a accesibilidade ademais de acometer outras accións.
Con motivo do cambio de hora, o pasado 24 de marzo, e ata outubro de 2018, a oficina de turismo do Concello de Celanova e os espazos atendidos por persoal da Fundación Curros Enríquez, como son a Casa dos Poetas e a Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, verán ampliados os seus horarios pola tarde. Así, esta oficina abrirá de martes a sábado de 10.30 a 14 e de 16 a 19 h. Os domingos e festivos de 11 a 14 horas. A Casa dos Poetas ten o horario de martes a sábado de 10.30 a 14 e de 16 a 19 horas; e pecha os festivos. A Torre da Homenaxe abrirá de mércores a venres, domingos e festivos de 17 a 20 e sábados de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. Mosteiro Haberá catro visitas ao Mosteiro de San Salvador. Sairán desde a oficina de turismo (praza Maior), e terán unha duración de 50 minutos, nos que se ven de forma guiada os espazos do claustro barroco, a capela de San Miguel e o interior da igrexa, incluíndo a sancristía e o coro alto. De martes a sábado, ás 11, 12.30, 16.30 e 18 h; e os domingos e festivos, ás 12.30 horas.
Barrios 6 de abril 2018
ALLARIZ E COMARCA
Volta a maxia a Allariz
Estrea do FIXA Redacción O vindeiro 12 de maio está prevista a inauguración da novena edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Os operarios municipais están a traballar na construción das doce parcelas que baixo o lema “Os xardíns do Erotismo” integrarán a futura edición. Tamén se está a deseñar a programación que irá da man do evento, que permanecerá aberto dende maio ata novembro. O Festival de Bandas de Música, a celebración de exposicións florais e as actividades das Asociacións AGAEXAR e AGA, formarán parte, entre outras, da axenda do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Xardíns de Cine Ademais, o alcalde, Francisco García, revelaba o tema da décima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. No ano 2019 serán os “Xardíns de Cine” os que ocupen o recinto. Ata o 30 de novembro estará aberto o prazo para participar no concurso de deseños paisaxísticos.
4 Co festival Terra Máxica Redacción
Presentación da Festa do Boi no Concello de Allariz.
70 actividades para a próxima Festa do Boi 4 Celebrarase do 26 de maio ao 3 de xuño. Redacción Xa queda menos para a Festa do Boi, que este ano terá lugar entre o 26 de maio ao 3 de xuño. Integrantes da Asociación Cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da festa, acompañados pola Tenente de alcalde, Cristina Cid, presentaron as novidades referentes á programación. Durante nove días desenvolveranse preto de 70 actividades. Música, teatro, actividades infantís,
encontros populares e, por suposto, as carreiras do boi centrarán a programación festiva. Carreiras 17 carreiras do boi centrarán a programación. O comezo das carreiras será anunciado con seis bombas de palenque e unha soa avisará da súa fin. Dende a Asociación Xan de Arzúa piden seguir os consellos expostos no programa, así como nas entradas das rúas ao casco histórico. Potenciaranse actividades como a procesión me-
dieval na que participan, este ano, 21 gremios, dous máis que o ano pasado. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan a orixe da festa. Para os máis cativos haberá carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreces montado polos centros de ensino de Allariz ou o pistaboi. En canto á música, esta contará con grupos de gaiteiros, charangas e orquestras, e os tradicionais Zés Perreiras, entre outros.
Ata o 22 de abril, seis concello da provincia acollen o festival de maxia “Terra Máxica”. Espectáculos que regresan á provincia para impresionar a toda a familia. O festival comezou en Allariz coa conferenciaespectáculo “A incrible historia da máxia” do Mago Teto. A Casa da Cultura será a sede das dúas representacións que faltan por celebrar na vila alaricana. Así, o domingo 8 de abril chega Culturactiva: Saaabor! -ás 19 horas- e o domingo, día 15, “Mundomandarina: Laboratorio máxico”, tamén ás sete da tarde. Outros concellos No Concello da Rúa as actuacións terán lugar os días 8, 15 e 22 de abril, no Centro Cultural Avenida -ás 18 horas-. En Barbadás, os 6, 13 e 20 de abril, na Casa da
Cultura Manuel María -19 horas-. En Allariz, o 18 de marzo e 8 e 15 de abril, na Casa da Cultura -19 horas. En Verín, os 7, 15 e 21 de abril, no auditorio municipal -19 horas-. E en Viana do Bolo, os días 7, 14 e 22 de abril, na Casa da Cultura -19:30 horas-.
As representacións serán na Casa da Cultura, ás 19 h, os días 8 e 15 de abril
“Saaabor!” será o próximo espectáculo de Terra Máxica en Allariz.
DEPUTACIÓN DE OURENSE especial / PROVINCIA
Barrios 6 de abril 2018
Financiamento sen xuros para os concellos 4 De menos de 50.000 habitantes. Redacción
Pablo Pérez, Manuel Baltar e José Sampayo.
A Deputación de Ourense, co desenvolvemento sustentable A Deputación de Ourense participará nun proxecto europeo de desenvolvemento sustentable na franxa hispano-lusa. Unha candidatura liderada por axencias de enerxía españolas e pola Deputación de Ourense que se enmarca no Interreg-Reurbanízate, e na que se prevé que cada entidade execute un orzamento próximo ao medio millón de euros, dos que o 75% está financiado por fondos europeos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destaca a importancia de “levar a cabo proxectos medioambientais no ámbito da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e noutros territorios comúns de España e Portugal, para seguir avanzando en políticas sustentables e innovadoras nestes ámbitos xeográficos”. A participación neste proxecto permitirá ao goberno de Manuel Baltar
A Medalla de Ouro da Provincia concédese a Eligio Rivas A Deputación de Ourense concederá ao filólogo e etnógrafo ourensán Eligio Rivas a Medalla de Ouro da Provincia. Así o deu a coñecer o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala reunión que mantivo co filólogo
Baltar e Eligio Rivas.
no Pazo Provincial, acompañado polos directivos da Asociación Cultural “Amigos da Vía da Prata” José Antonio Quintas e José Luis Rodríguez Cid, destacando que con este recoñecemento “rendemos homenaxe e poñemos en
seleccionar zonas piloto da provincia de Ourense para levar a cabo investimentos relacionados coa recuperación de edificios industriais, desenvolvemento de infraestruturas de mobilidade, TICs e transfronteirizas, así como camiños verdes e intercambiadores modais, e realizar actuacións en materia de eficiencia enerxética e enerxías renovables integradas.
valor, aínda máis, as importantes achegas de Eligio Rivas nos ámbitos da toponimia, a etimoloxía e a lingua galega, un tesouro cultural que soubo investigar, preservar e impulsar como poucos, polo respecto á nosa historia, a nosa fala e ás nosas tradicións, que marcaron sempre a súa dilatada carreira profesional”. Baltar afirma que unha das principais obras de Eligio Rivas, o Diccionario Etimolóxico da Lingua Galega “é un dos mellores estudos sobre o léxico rural da nosa terra, traballo ao que hai que sumar unha prolífica obra que abrangue máis de medio século, con libros, estudos e proxectos de lexicografía, filoloxía, toponimia, historia e arte”. O presidente da Deputación confirmou que o goberno provincial iniciará os trámites para a concesión do recoñecemento a Eligio Rivas.
A Xunta de Galicia pon á disposición dos concellos, de menos de 50.000 habtitantes, preto de 7,6 millóns de euros para financiar sen xuros obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído. O Diario Oficial de Galicia publicou, o 28 de marzo, a resolución pola que se realiza a convocatoria para 2018. O Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio permite financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como
no seu caso a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación. Na convocatoria de 2017 o Goberno galego concedeu axudas por importe de 2,4 millóns de euros para a rehabilitación de diversas construcións os concellos ourensanos de Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Xunqueira de Ambía
e ao concello coruñés de Boiro. Prazo de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos rematará o 1 de outubro de 2018 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario. Toda a información pode consultarse no DOG https://goo.gl/fjJqUx.
Concellos de menos de 50.000 habitantes poden acollerse a este financiamento.
10
Barrios 6 de abril 2018
DEPORTES
Éxito dos ourensáns no Europeo de atletismo máster
Pistoletazo de saída do VIII Correndo por Ourense Presentación no Concello de Ourense desta nova edición./RAMSÉS.
4 O Vinteún acolle este 22 de abril a primeira das probas. R. Torres Oito anos van desde que se creou o circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Desde entón, a cifra de participantes non parou de medrar ata superar os 1.500 do ano pasado. Para esta oitava edición manterá o formato das anteriores. Disputaranse seis xornadas -con catro carreirasen seis barrios da cidade. O Vinteún dará o pistoletazo de saída o domingo, 22 de abril; como todas as que se celebren en domingo dará comezo ás 12 horas coa de pitufos e rematará ás 12.30 horas coa absoluta. En maio será o turno da do Couto, única que se celebrará en sábado, o día 26 a partir das
22 horas. O 24 de xuño chegará a do Centro e o circuíto sofrirá un parón ata despois de agosto. En setembro, dúas citas: a da Universidade (As Lagoas), o día 9, e a da Ponte, o 30. As rampas da Carballeira porán o punto e final a esta edición o día 21 de outubro, como preludio da carreira do San Martiño no mes de novembro. Todas as carreiras son asequibles para calquera que queira anotarse a elas. Cada xornada haberá unha carreira de pitufos (en torno aos 100 metros); unha para benxamíns e alevíns, sobre 1.000 - 1.500 metros; unha infantil e cadete, con distancias entre os 2 e 3 km; e unha absoluta, con distancias que irán
dos 5.600 metros aos 6,4 quilómetros. O Vinteún Nesta primeira cita, a do Vinteún, os benxamíns e alevíns darán unha volta pequena ao circuíto para completar 1.500 metros; os infantís e cadetes darán unha volta grande para facer 2.400 metros; e os de categoría absoluta completarán tres voltas para percorrer seis quilómetros. Inscricións As inscricións para esta primeira proba están abertas ata o mércores 18 de abril na web championchipnorte.com. O prezo da inscrición é de 7 euros (os de categoría absoluta, o resto é de balde) e permite correr nas seis carreiras.
As inscricións volven a abrirse o luns seguinte á última carreira disputada e ata o mércores anterior á seguinte. Para entrar nas clasificacións finais cada corredor deber participar en alomenos cinco das seis carreiras. Muller O papel da muller no deporte cada vez é máis notorio e no “Correndo por Ourense” este dato reflíctese en que o incremento de mulleres participantes neste evento incrementouse nun 34%.
4 En pista cuberta. Redacción O Campionato de Europa máster de atletismo celebrado en Madrid, do 19 ao 24 de marzo, deixou un moi bo sabor de boca para os atletas ourensáns. Emilia Mesa logrou a medalla de ouro no concurso de xavalina W-65 cun lanzamento de 28.55 metros. Luz María Domínguez afrontaba o reto de dobrar as probas de 400 e 800. A do Burgas lograba finalizar o campionato mellorando as marcas galegas de ambas as probas. Nos 400, obtería un brillante cuarto posto, sendo sétima nos 800. Na xornada final Luz María completaba a súa participación
como membro do equipo español de 4x200 co que lograban a sexta posición. Domingo Álvarez superaba con nota a súa segunda participación nuns europeos logranda un cuarto posto no 800. O atleta do Burgas, tras pasar sen abafos as semifinais, optou por tirar a fondo na final logrando, ademais da cuarta praza, establecer unha nova marca de España da categoría M65. A súa marca foi 2:20.99. Con poucas horas de recuperación enfrontaríase ao 1500 no que, nunha carreira corrida de menos a máis, conseguía acabar na sétima praza e sumar un segundo posto de finalista.
As inscricións están abertas en
championchipnorte. com
Luz Domínguez nunha proba do europeo máster.
DEPORTES
Barrios 6 de abril 2018
11
medios rexistren unha boa ocupación.
Momento do encontro entre o Sala Ourense e Campito da pasada xornada./RAMSÉS.
Necesidade de vitoria para Sala Ourense e Carballiño 4 Enfróntanse este domingo nos Remedios. R. Torres O Sala Ourense e O Carballiño, de Terceira División de fútbol sala, enfróntanse este domingo, 8 de abril, a partir das 12 horas no pavillón dos Remedios. Os dous conxuntos ourensáns chegan coa mesma necesidade de vitoria. Mentres os capitalinos pretenden manter a raia aos seus rivais de cara a consecución do título de Liga, os da vila do Arenteiro queren seguir coa marcha vitoriosa das últimas xornadas para chegar ao final de curso con posibilidades de salvación. Os de Kike García quererán quitarse o mal sabor de boca da última xornada onde perderon os dous primeiros puntos, ante o
O Cidade, tras perder contra o Guadalcacín, achégase a Segunda
Campito, da tempada na casa. Aínda teñen unha marxe de 5 puntos sobre o segundo, A Estrada, e de nove co terceiro, Pazos de Borbén. O Carballiño, pola súa banda, buscará manter a racha de tres vitorias consecutivas que lles permite, aínda que moi de lonxe, ver a loita pola permanencia máis preto.
Agora están a sete puntos da salvación cando faltan por disputarse 18. Será un partido vibrante, sen contemplacións onde os dous equipos xóganse moito dos obxectivos nesta liga. A entrada será de balde; iso e a gran expectativa que xenera este duelo fará que as bancadas da cancha Central dos Re-
Primeira División O resultado da última xornada (perderon fronte a Guadalcacín) deixa ao Cidade das Burgas cun pé e medio na Segunda División. A falta de experiencia, da maioría das xogadoras, unido á mala sorte en algún dos partidos disputados farán que as pupilas de Manolo Codeso baixen de categoría. A experiencia deste ano serviralles para ser unhas das favoritas a regresar o ano que vén á elite do fútbol sala. Ao Ourense Envialia quédalle manterse entre os oito primeiros para participar na vindeira edición da Copa de España. Esta xornada, a número 23, o Envialia recibe ao UCAM e o Cidade visita ao Alcorcón. Os dous equipos caeron nas semifinais da Copa Xunta que finalmente foi a parar ao Poio -vencendo na final ao Burela-, da ourensá Iria Saeta.
A porteira do Guadalcacín desbaratando unha ocasión do Cidade./RAMSÉS.
A UD Ourense buscará a vitoria ante o Bande./RAMSÉS.
UD Ourense Bande, o partido máis agardado 4 Mídense este sábado no estadio do Couto. R. Torres Gran expectación para o duelo ourensán desta xornada da Rexional Preferente sur entre a Unión Deportiva Ourense e o Bande. Os dous equipos metidos de chego na loita polo ascenso chegan a este encontro dispostos a non perder os tres puntos en disputa; ademais do golpe moral que supón vencer a un rival directo. O partido dará comezo ás 18.30 horas no Couto este sábado, 7 de abril. Capitalinos e banduenses chegan empatados a puntos (57) e a un do ascenso directo, sendo terceiros e quintos, respectivamente. Na primeira volta os de Fernando Currás asaltaron O Outeiro (0-1). Con oito xornadas por disputar antóxase importante un resultado positivo para as dúas escadras. Os outros dous conxun-
tos ourensáns de Preferente, Nogueira e Ribeiro, están en descenso. Os de Luíntra teñen a salvación a un puntos, mentres que os de Ribadavia teñen complicada permanencia (atópanse a 13 puntos da permanencia). Copa A UD Ourense sacou un empate do partido de ida dos cuartos de final da Copa Deputación en Rozabales diante do Monterrei. Dous a dous e todo por decidir no partido de volta, o 1 de maio, no Couto. Terceira Na Terceira, o Barco segue na terceira posición en postos de promoción de ascenso e o Ourense C.F. é 11º, en terra de ninguén. O Arenteiro marca a salvación con 31 puntos e o Barbadás, con 27, precédeo en postos de descenso. Restan sete xornada, 21 puntos, por disputarse.
12
Barrios 6 de abril 2018
EN BREVE 4 Convenios A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asinou os convenios coas federacións deportivas da provincia.
4 Ciclismo
Aser Estévez foi o campión da edición deste ano do Challenge 4 Días de Ourense–Estaciones Vivas. A última etapa tivo a saída e chegada en Baños de Molgas.
4 II BTT Ribadavia
Este domingo 8 de abril celébrase a II Ruta BTT Ribadavia (Rutas do Ribeiro). O percorrido terá unha distancia de 41 km e un desnivel de 1,1.
4 Tenis de mesa
O Galmédica Ourense Tenis de Mesa, de Segunda División, ocupa a sexta posición, con 18 puntos, a falta de tres xornadas para o remate da Liga. Esta fin de semana recibe no Pazo a Vincios - Domínguez Dantas, equipo que o precede na clasificación con dous puntos menos.
DEPORTES
O COB recibe a Manresa pensando na permanencia 4 Os ourensáns suman tres derrotas consecutivas e ocupan a undécima posición. R.T. A marcha triunfal do Rio Ourense Termal, que facía pensar en ver ao equipo nos playoffs, cortouse. Tres derrotas consecutivas fan que os homes de Gonzalo García de Vitoria pensen máis en acadar a permanencia de xeito matemático que en buscar as posiblidades que teñen de entrar na promoción de ascenso. Con catro xornadas por disputar o COB é undécimo con 12 vitorias, mentres que Sammic e Palma (en postos de descenso) suman 10. Unha vitoria deixaría, practicamente, certificada a salvación. Pero diante estará un Manresa que se está a xogar o ascenso directo con Breogán. Os cataláns suman 23 vitorias, a unha dos lucenses. Moito en xogo no Pazo dos Deportes Paco Paz,
este venres a partir das 21 horas. Os cobistas buscarán cortala hemorraxia de derrotas e o Manresa seguir a estela do líder.
COB - Manresa, este venres, ás 21 horas, no Paco Paz
Playoff A novena posición, última de playoff, está descartada para os de García
de Vitoria. Márcaa o Valladolid con 15 vitorias, tres máis que os ourensáns.
Presentación do torneo de balonmán veterano. /RAMSÉS.
Os veteranos do balonmán reúnense nos Remedios 4 Coa disputa da 8ª xuntanza “Cidade de Ourense”. Redacción
Johnson entrando a canastra no partido disputado en Palencia ante Chocolates Trappa. /C DOMARCO.
A oitava xuntanza de veteranos “Cidade de Ourense” de balonmán celebrarase este sábado 7 de abril nos Remedios. A partir das 10 da maña, tanto a central como o anexo serán a sede deste evento que se prolongará ata as 19 horas, cando se dispute a final (no anexo). Serán oito equipos participantes; acompañando ao Veteranos Ourense estarán: Andebol Coímbra, Veteranos León, La Muralla Zamora, Andebol
Aveiro, La Salle Valladolid e Veteranos Castrillón. O torneo disputarase con dous grupos de catro equipos cada un xogando todos contra todos. Os cuartos clasificados de cada grupo xogarán un partido para determinar ao sétimo e o oitavo; os terceiros xogarán pola quinta e sexta praza; os segundos, pola terceira e cuarta; e os primeiros clasificados de cada grupo enfrontaranse para coñecer ao equipo campión, e subcampión, desta edición dun torneo asentado no programa deportivo da cidade.
DEPORTES
Guerra e González, vencedores de esquí alpino Presentación dos XIX Special Olympics.
A pista cuberta acolle os XIX Xogos Special Olympics 4 Mobilizará a 400 persoas. Redacción A pista cuberta de atletismo de Expourense acolle, este sábado 7 de abril, a 19º edición dos Xogos Special Olympics para persoas con discapacidade. Arredor de 400 persoas -entre deportistas, voluntarios, xuíces e adestradores- mobilizará este evento. Participarán 19 asociacións de toda Galicia que participan. Ourense, que
contará cun total de 49 deportistas. A provincia de Lugo será a que maior representación teña, con 105 participantes, seguida das de A Coruña (72) e Pontevedra (57). Os atletas competirán nas probas de velocidade, medio-fondo, fondo, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, marcha, marcha asistida, ou lanzamento de bola (softball), entre outras.
4 Celebráronse os campionatos autonómicos en Manzaneda este 25 de marzo. R.T. Este pasado domingo, 25 de marzo, celebráronse na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda os campionatos de Galicia de esquí alpino para todas as categorías. A proba disputouse na pista pluviómetro 2, e foi marcada por Camilo López Anglada (ex campión de España de Esquí Alpino) sobre un Xigante a dúas mangas. A proba contou con 25 participantes de Galicia, que a pesar das inclemencias do tempo e á néboa souberon sacar todo o partido ás súas
cualidades e á estupenda neve que había e que se conservou perfectamente para as dúas mangas.
En categoría absoluta, Jorge Guerra foi o vencedor, mentres que Isabel González foi a mellor entre as mulleres. En veteranos vitorias de Carlos Ferreiro e Cristina González. En sub 21 feminino a gañadora foi Beatriz Sierra, e Carlota da Corredoira levou o título en sub 18. Ignacio de Bernardo e Mariana Corredoira proclamáronse campións sub 16; Paula Sierra fixo o propio en sub 14.
Barrios 6 de abril 2018
13
EN BREVE 4 Campus Sporty O Campus de fútbol Sporty deste ano, no que celebra a súa 13ª edición, foi presentado no Centro Comercial Pontevella. Celebrarase en Allariz do 1 ao 13 de xullo e como cada ano conxugará o fútbol con outros moitos deportes; ademais doutras actividades como unha excursion a Samil ou paintball, entre outras. As prazas para externos están esgotadas, mentres que quedan 10 para internos.
4 Natación
Un participante do Galego de esquí alpino descendendo pola pista pluviometro 2 de Manzaneda.
A nadadora do Club Natación Pabellón Ourense, Eva Feijoo, regresa satisfeita das súas prestacións no Campionato de España infantil de natación. Feijoo logrou acceder a dúas finais das tres probas que diputou. Porén, nos 200 metros de crol foi descalificada por unha mala saída.
14
Barrios 6 de abril 2018
OCIO E CULTURA
O Festival de Jazz de Ourense prolongarase entre abril e xuño
4AXENDA Teatro - 6 de abril - Teatro para bebés “Tilintilonia, o baúl da tía Tola” - 18 h e 19 h - Auditorio Municipal de Ourense - 6 de abril - III Festival Terra Máxica “Mago mimo Anyo: sen palabras” - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás - 7 de abril - III Festival Terra Máxica “Mago Teto: Íntimo” - 19 h Auditorio Municipal de Verín - 7 de abril - “Emilia, mulleres que se atreven” - 20.30 h - Teatro Principal - 12 de abril - “Os inocentes” - 20.30 h - Teatro Principal Exposicións - Ata o 29 de abril - Exposición de Baldomero Moreiras “O eco das amazonas” - Centro Ánxel Valente - Ata o 6 de maio Exposición de Christian Villamide “Hortus Conclusus” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Música - 6 de abril - Encontro das orquestras e sinfónicas e coros dos conservatorios superiores de música de Galicia - 20.30 h . - Auditoiro Municipal de Ourense - 8 de abril - Concerto de Rosana “En la memoria de la piel” - 19 h - Teatro Principal - 6 de abril - Concerto de A Máquina de Mallar - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 7 de abril - Concerto de Pako Portalo- 22 h A Arca da Noe (Vilar de Santos) Deportes - 6 de abril.- COB Manresa. LEB Ouro - 21 h. - Pazo Paco Paz. - 7 de abril - Ourense CF - UCAM El Pozo. Primeira División - 17 h. - Os Remedios. - 7 de abril - UD Ourense -Bande. Rexional Preferente - 18.30 h. - O Couto. - 8 de abril - Sala Ourense - Carballiño. Terceira División - 12 h. - Os Remedios. - 8 de abril - UD Barbadás - CF Noia - 18.30 h. - Os Carrís. Outros - 10 de abril - Ciclo de conferencias: Introducción á Astronomía - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com
4 Actuarán 11 grupos. Redacción
Presentación no Teatro Principal da 23ª Mostra de Teatro (MITEU)./RAMSÉS.
Sete países estarán presentes na Miteu 2018 4 Transcorrerá do 12 ao 28 de abril. Redacción A Mostra Internacional de Teatro de Ourense (MITEU) contarán con sete países representados. Serán un total de 29 espectáculos os que se representen nos 17 días que transcorrerán entre o 12 e 28 de abril. De Perú, Canadá, Portugal, Guinea Ecuatorial, Italia, Marrocos serán as representacións internacionais que se sumarán a outras de compañías galegas e das comunidades de Castela e León, Navarra, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Madrid. A primeira obra será a que traerá a Aula Universitaria Rosaura “Sen pés nin cabeza” que se representará na rúa do Paseo ás 19 horas. Ese
mesmo día, ás 20:30 horas no Teatro Principal Quico Cadaval trae “Os inocentes”. O día 28 clausurarase esta 23ª edición coa entrega dos premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz” no Teatro Principal. Posteriormente a Aula de Teatro Universitario Maricastaña representará, no escenario do Principal a obra “As ondas das pedras no río”. Leo Bassi Un dos atractivos desta edición é a presenza do cómico italiano Leo Bassi. Actuará o mércores, 18 de abril, a partir das 22 horas no Teatro Principal con “O último bufón”. Outra das compañías destacas será a madrileña Yllana, quen chega con
Medio milleiro de participantes no Ourencanto 4 Celebrase esta fin de semana no Auditorio. Redacción Medio milleiro de rapaces e rapazas ourensáns con idades comprendidas entre os oito
e os 18 anos participarán esta fin de semana a Ourense na “capital de música e da cultura” con motivo da segunda edición do proxecto Ouren-
“666” ao Auditorio o vindeiro, 27 de abril, ás 23 horas. Tamén chega Contraproducción SL -o mércores 18, ás 20.30 hcon “O tolleiro de Inishmaan”. Escenarios Acollerán as funcións o Teatro Principal, o Auditorio e a rúa do Paseo. No Café Auriense celebrarase un concerto do grupo galego marroquí “Tandub”. As entradas estarán a venda dúas horas antes da función no Principal e Auditorio e unha hora antes no Campus.
Leo Bassi chega ao Principal, o día 18, con “O último bufón” canto. Unhas xornadas de participación e convivencia que rematarán o domingo 8 de abril cun grande concerto no Auditorio Municipal de Ourense. O II Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, Ourencanto, é unha actividade para que os rapaces ourensáns coñezan de primeira man en que consiste o traballo nunha coral, e nace coa vocación de que se acheguen a esta actividade cultural.
A 22ª edición do Festival de Jazz de Primavera achegará a Ourense a 11 grupos entre abril e xuño. Entre os músicos que actuén na cidade das Burgas atópanse o saxofonistas Bill Evans (11 de maio) ou Kenny Garret (23 de maio). Esta edición aposta pola mestizaxe con outras músicas coma o flamenco. O alcalde de Ourense Jesús Vázquez afirmou que este evento “poida mirar sen complexos” a outros grandes eventos de jazz no país, coma “o festival de Donosti”. Programación O Festival comezará o domingo, 8 de abril, coa actuación ás 23 horas no Café Latino, a cargo do
baixista Joe Sander “Infinity”. Neste mesmo local e á mesma hora actuarán o trompetista Ronald Baker, (11 de abril); o pianista cubano Iván “Melón Lewis” (16 de abril); o guitarrista israelí Gilad Hekselman (22 de abril); e o grupo flamenco composto por Josemi Carmona e Javier Colina (24 de abril). A actuación do saxofonista Bill Evans, o 11 de maio, na Praza de Santa Eufemia será de balde. O cartel complétase coa actuación do saxo tenor Lew Tabackin (14 demaio); do cantaor Duquende (16 de maio); o saxo tenor Harry Allen (21 de maio); o saxo Kenny Garret (23 de maio) e o grupo da flautista galega María Moro (14 de xuño). O prezo da entrada variará entre 10 e 20 euros.
O saxofonista Bill Evans.
Carmina Burana Redacción Ourense acolle este venres o primeiro encontro das Orquestras Sinfónicas e Coros dos Conservatorios Superiores de Música de Galicia. Será ás 20.30 h no Auditorio. O alcalde, Jesús Vázquez, animou a toda a veciñanza a que disfruten “dunha posta en escena espectacular, nunca antes vista na nosa cidade,
con máis de 200 intérpretes entre instrumentistas e coristas, executando un programa conxunto no que veñen traballando ao longo dos últimos meses”. O programa consiste na interpretación íntegra de Carmina Burana. Cantata escénica para orquestra, coro e solistas, de Carl Orff, un compositor xermano recoñecido universalmente pola adaptación destes cantos escritos por monxes e xograres ao longo dos séculos XII e XIII, reunidos nun manuscrito descuberto case 700 anos despois.
OCIO E CULTURA /CLASIFICADOS
Barrios 6 de abril 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº51 - Ano: XI - 6 de abril de 2018 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Cheira Galicia Cando unha galega vai polo mundo leva as bolboretas no seu colo e as estrelas na mirada, non pode agochar a terra nin a fala, sae de dentro do sentimento, Dígocho, papá, porque chegoume este poemiña dunha amiga e lembreime de que nós somos da aldea que se foi fóra, da que cruzou o Atlántico. Eu nacín lonxe pero trouxéchesme preto, entón sei dos verdes, dos ríos e das fragas. Nós, papá, arrecendemos a Galicia aínda que o que para nos é arrecendo para aqueles que nos desprezan sexa cheiro. “Cheira a Galicia dixeron, ben que querían mancarme mais o que nunca souberon é o que vou contarche. Galiza cheira a froita fresca, a prado polas mañáns, cheira ao pan fresco de
trigo que miña nai preparaba. Cheira como arrecende o vento cando unha onda o baña. Cheirei ás miñas mans de nena de nena inocente e sana, mans que cheiraban o po, que un canteiro levantaba, mans que cheiraban a flores dulces flores de lavanda, ao rexío dos nosos eidos que vendo o sol xa esvaraba Pensei para os meus adentros, sen decir unha palabra, que non hai arrecendo que agoche, aquelo que se garda na alma. Cheirei as miñas mans de nena, trabucada e preocupada mans que cheiran a coiro das bolsas que eu levaba. Lembreime dos arrecendos do río que á beira do meu pobo pasa,
Comeza o concurso para elixir o cartel da Festa dos Maios 4 O gañador recibirá un premio de 800 euros. Redacción O Concello de Ourense vén de convocar un concurso para elixir o cartel anunciador da próxima Festa dos Maios 2018, que está dotado cun premio de 800 euros para o autor ou a autora da obra gañadora. O prazo de presentación de propostas estará aberto ate o día 21 de abril. O concurso está convocado desde a Concellería de Cultura co obxectivo de fomentar a participación nas actividades que forman o ciclo festivo da cidade. Está aberto á participación de toda persoa física ou xurídica, que deberán
presentar traballos representantivos e relacionados coa festividade dos Maios na cidade de Ourense. Ademais, deberán in-
pensei na bica de Trives, o chourizo, a empanada. Galicia cheira a comida, cheira a romarias, cheira a calma. Arrecende a viño novo, cheira a uva cortada, lembranzas dun emigrante que sempre volve á súa casa. Ollei a terra nas niñas unllas, terra da miña querida patria e sentinme moi feliz de tela nas miñas carnes cravada. Acordeime do voo do moucho nas noites estreladas, na miña terra galega, a terra das miñas entranas. Cheira a Galicia dixeron bocas malintecionadas, ofenderme no poideron porque galega é a miña alma”.
A Pasionaria, poetisa galega
Avelino Jácome
cluír obrigatoriamente o texto “Maios, Festa de interese turístico”. Posteriormente, un xurado formado por representantes dos servizos técnicos municipais e persoas do mundo da arte elixirán o gañador. Os traballos deberanse presentar a través do Rexistro Xeral do Concello. As persoas interesadas poden consultar as bases na páxina web www.ourensecultura. com
Maios dunha edición anterior./ARQUIVO.
TRABALLO Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Imparte clases a domicilio en Ourense de matemáticas e estatística (todos os niveis). Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Con CAP. Clases individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Económico. Tel. 610.38.25.89 (contesto whatsapp). Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63.
Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10.
INMOBILIARIA Alugo local. Rúa Sáenz Diez (zona centro comercial/salesianos). Acondicionado e a pé de rúa. 170 m2. Prezo: 750 Euros. Teléfono 625 515 818. Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24.
Alugo dúas oficinas na rúa Progreso. Tel. 672 089 349. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.
VENDAS Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Vendo base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Sanidade, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.
Barrios 6 de abril 2018