A Ponte converterase nun Ecobarrio [Páx. 3]
CIDADE
Páx.3
A oposición rexeita o borrador dos orzamentos e o PXOM
CIDADE
Páx.6
Ourense, a cidade que pediu máis subvencións para ascensores
A VALENZÁ
Páx.7
Factura sen papel no recibo da auga en Barbadás para crear unha bolsa social
PROVINCIA
Pax.10
A Xunta de Galicia construirá vivendas públicas no Concello de Cenlle
[Páx. 2]
Ourense maniféstase
DEPORTES
Páx. 12
Ourense Envialia e Cidade das Burgas, na recta final da liga de Primeira División
O COB recibe ao Castelló tras perder en Melilla [Páx. 11]
A cidade acolleu multitudinarias mobilizacións polo Día da Muller e o aumento das pensións. // O COB xoga este domingo, 25 de marzo, ante Castelló no Paco Paz. /RAMSÉS.
Número: 50 - Ano: XI - 22 de marzo de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 22 marzo 2018
TEMA DO MES
Máis de 4.000 ourensáns reclamaron este 17 de marzo unhas pensións dignas
As concentracións do 8M foron as máis multitudinarias na cidade. A das 20.30 horas congregou a 15.000 persoas./R.T.
Ourense mobilízase
4 As reivindicacións salariais de Policía Nacional e Garda Civil; a loita pola igualdade entre mulleres e homes; e a esixencia de pensións dignas foron obxecto de diversas manifestacións. Redacción As rúas da capital ourensá foron testemuñas nas últimas semanas de diversas reivindicacións. O pasado 23 de febreiro membros da Policía Nacional e Garda Civil de Ourense e procedentes doutros puntos de España, acompañados de ducias de
veciños, manifestáronse en reivindicación da equiparación salarial cos axentes autonómicos. A marcha, convocada polo colectivo Justicia Salarial Policial (Jusapol), partiu da Subdelegación do Goberno, integrada por máis de 2.000 persoas segundo os organizadores e 1.000 segundo a Policía
Numerosos pensionistas congregáronse en contra da subida do 0,25% das pensións./RAMSÉS.
Local. A reclamación de “a igual traballo, mesmo salario”, contou co apoio de numerosas autoridades políticas, como o alcade de Ourense, Jesús Vázquez; os edís populares José Araujo, Carlos Campos, Flora Moure e Ana Morenza; os socialistas José Ángel Vázquez Barquero e Rafael Rodríguez Villarino; e Telmo Ucha e Manuel Álvarez de DO. Dende Jusapol adiantaron que as concentracións continuarán durante marzo e abril en diversas cidades, ata sumar un total de 52. Finalmente, o 5 de maio terá lugar unha gran manifestación en Madrid. 8M O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, marcou un antes e un despois na historia. Milleiros de persoas sairon á rúa en toda España para reclamar a igualdade real entre homes e mulleres, en contra da discrimación laboral, o teito de cristal, o acoso sexual ou a violencia de xénero. O feminismo deu un
paso adiante coa primera folga laboral, de coidados, de consumo e educativa protagonizada unicamente por mulleres; co fin de demostrar a importancia deste 50% da sociedade. Pero as cifras non son a diario tan igualitarias, máis do 90% das renuncias ao traballo para o coidado de fillos ou maiores son de
mulleres; as mesmas que sofren un 23% de brecha salarial, e que congregan o 75% dos contratos a tempo parcial. Ademais, elas dedican 4 horas e media de luns a domingo a tarefas domésticas, o doble que eles. As féminas reclaman a igualdade efectiva en todos os ámbitos e fixérono cunha folga total ou paros parciais nas súas xornadas laborais, á vez que tomaron rúas e prazas. Moitos varóns acompañáronas ou axudáronlles para que poidesen levar a cabo esta xornada de reivindicación. En Ourense tiveron lugar varias concentracións ao longo do día, pero sen dúbida a que tivo maior éxito foi a das 20.30 horas, convocada polo Movemento Feminista, fronte á Subdelegación do Goberno, onde se congregaron máis de 15.000 persoas, que se dirixiron ata a praza Maior. Segundo a Policía Local foi unha das marchas máis multitudinarias das últimas décadas. Todos os sindicatos e numerosos representantes políticos – da Deputación, PSOE ou Ourense en Común- recoñeceron o seu
apoio a esta folga feminista. O paro pretendeu cambiar mentalidades, tanto na esfera privada como na administración, á que se lle esixen menos palabras bonitas e máis políticas efectivas. Pensións A sociedade ourensá congregouse de novo fronte á Subdelegación de Goberno este 17 de marzo en apoio ao sistema público de pensións. Ás 12 tivo lugar unha concentración convocada por UXT e CCOO, e ás 20 horas, outra da man do Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas . En ambos casos, os presentes mostraron o seu rexeitamento á subida do 0,25% e reclamaron pensións dignas para quenes levan toda a vida traballando no noso país. “As pensións son un dereito, non as deixemos roubar”, “non é unha crise, é unha estafa”, ou “goberne quen goberne, as pensións non se venden” foron algunhas das frases escoitadas nas marchas que congregaron a persoas de todas as idades, na procura dunha xubilación axeitada tanto para o presente como para o futuro. Máis de 4.000 persoas participaron en ambas citas, que se adiantan como as primeiras de moitas, segundo os organizadores. A batalla “será longa”, pero combatirán “o tempo que sexa necesario”, aseguraron os convocantes.
Membros da Policía Nacional e Garda Civil reclamaron a equiparación salarial cos axentes autonómicos./RAMSÉS.
TEMA DO MES
Barrios 22 de marzo 2018
A oposición rexeita o borrador dos orzamentos 4 Tamén o PXOM. Redacción Sen orzamento e sen PXOM. Así está a cidade de Ourense e parece que o grupo de goberno e a oposición non se porán de acordo nun futuro próximo. O alcalde, Jesús Vázquez, e a edil de Facenda, Ana Morenza, presentaron o anteproxecto de orzamentos que lle foi entregado aos grupos da oposición, coa intención de que en 15 días naturais aporten as súas achegas ao documento de cara a súa aprobación. O rexedor descríbeos como “uns orzamentos realistas, os máis sociais da historia”. Asemade, foron presentados aos representantes veciñais da Federación Limiar e da Agrupación Miño. Porén, desde a oposición non opinan o mesmo. Tanto Democracia Ourensana coma o PSOE non os apoiarán ata que teñan o
visto bo do interventor. Ourense en Común, pola súa banda, nin tan sequera respondeu sobre este novo borrador. PXOM Ourense en Común si que se posicionou sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e solicitará no pleno unha segunda exposición pública. A formación advirte que este plan beneficia “a quen pretende facer negocio e non cidade” para “favorecer intereses privados”. Barquero comentou ao respecto do Plan que o alcalde fixo unha “cortina de fume para enmascarar ao caos urbanístico” e crítica ao PP de complicidade “con certos promotores inmobiliarios”. Noutra orde de cousas, o día 27 de marzo celebrarase un pleno extraordinario, a petición de PSOE e OUeC para debater sobre o estado da cidade.
O alcalde, mostrando o borrador dos orzamento aos representantes de Limiar e Miño.
Folga na Xustiza Redacción Os funcionarios de Xustiza de Ourense votaron para ser máis flexibles nas súas negociacións coa Xunta de Galicia en canto á suba económica que reclaman. Dos 237 funcionarios que votaron, 63 fixérono a favor de non baixar as pretensións e 169 optaron porque se baixen; tres votos foron
en branco e dous nulos. Isto supón que algo máis do 70% quere que se negocie por debaixo dun incremento de 190 euros ao mes. A Xunta fixo unha oferta de entre 105 e 135 euros. No resto de Galicia tamén foi marioría a petición de suavizar as demandas. A folga indefinida continúa despois de sete semanas con máis de 1.000 xuízos suspendidos en todo este tempo.
Representantes veciñais xunto con autoridades na presentación do proxecto “Ecobarrio”, que levará o aforro enerxético e a redución de gases á Ponte./RAMSÉS.
A xeotermia como motor do “Ecobarrio” da Ponte 4 Farase unha inversión de 20 millóns de euros. R. Torres O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; e o comisario de acción polo clima e a enerxía da Comisión Europea, Miguel Arias Cañete, presentaron no salón de plenos do Concello de Ourense o proxecto “Ecobarrio” da Ponte. Unh ainiciativa que definiu o alcalde de “auténtica revolución para a nosa cidade”, ademais, dunha “referencia mundial á altura de cidades de Reino Unido, Dinamarca ou Finlandia”,
A primeira fase desenrolarase en 31 edificios públicos e 18 privados, ademais da iluminación pública
no que se “reducirán os gases de efecto invernadoiro”. A primeira fase desenrolarase en 31 edificios públicos e 18 privados, ademais da iluminación pública, e todo elo graza a “cooperación institucional”. O presidente autonómico salientou que se aproveitará “un dos recursos que ten Galicia, a xeotermia”, o que colocará a Ourense na “na primeira rede de xeotermia de Europa”, xa que será o primeiro barrio en Europa que utilizará esta enerxía para abastecer de auga quente e calefacción a medio cento de edificios. No acto tamén estiveron presentes, xunto a outras autoridades, representantes veciñais da Ponte. Inversión Esta primeira fase, que se prolongará ata o 2020, terá unha inversión de 20 millóns de euros (co acordo da Xunta e o Banco Europeo de Inversiones, á espera da
partida por parte do Goberno de España) e creará 300 postos de traballo durante a execución das obras. “Mellorará a eficiencia enerxética nun 20% e reducirá as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30%”, destacou.
As accións que se acometerán será as de melloras de fachadas, substitución do alumeado no barrio por tecnoloxía led tanto nas rúas coma nos edificios. “Fomentar a mobilidade sostible a través de vehículos eléctricos que conecten o transporte deste barrio co resto da cidade” é outra das actuacións que desvelou Feijoo, xunto á creación dunha oficina do Ecobarrio “para informar a comunidades e asociacións, de todas as axudas existentes, co aforro de auga quente e calefacción”. Tamén se traballará sobre as fachadas e sistemas de aillamento térmico, en portas e ventás de centros de ensinanza e na futura estación intermodal. O presidente da Xunta ten claro que esta é unha inversión “importante” que se amortizará “ao longo dos anos”. Para o comisario de acción polo clima e a enerxía da Comisión Europea, Arias Cañete, a aposta pola loita contra o cambio climático da Xunta é un reto que contará coa axuda da Unión Europea. “Quérese que o 45% da enerxía en Galicia proveña das renovables en 2020, un 20% máis dos obxectivos da comunidade europea”, remataba o comisario.
O primeiro barrio de Europa en usar a xeotermia será o da Ponte
4 Valoracións da oposición O portavoz socialista no Concello de Ourense, Vázquez Barquero, tildou de “mitín do PP” a presentación do Ecobarrio. Pola súa banda, Pérez Jácome -en representación de DO- declinou a invitación de asistir ao acto. En canto á asociación de veciños As Termas, mediante un escrito, solicitan que o Ecobarrio contemple axudas específicas ás vivendas sociais da Ponte. “No referido á mellora da eficiencia enerxética e illamento das vivendas privadas con-
témplanse axudas específicas para as urbanizacións de vivendas sociais do barrio da Ponte”, di o escrito, que engade: “con esta medida evitaríase que haxa unha brecha enerxética entre aqueles edificios privados que si poderán costear as axudas e zonas como a nosa onde serían inversións non asumibles polas veciñas e veciños”. No caso das vivendas sociais da estación de autobuses son mil veciños residindo nos sete bloques entorno á praza 200.
Barrios 22 marzo 2018
CIDADE
EN BREVE
Lázaro no Peliquín
4 Rúa Cervantes O Diario Oficial de Galicia publicou o 8 de marzo a licitación das obras de rehabilitación do edificio da rúa Cervantes 14, emprazado no casco vello de Ourense, adquirido polo concello da cidade e cedido á Xunta para a súa recuperación e mellora, para destinalo, de modo prioritario, a vivenda social. Este proxecto terá un prazo de execución de 12 meses dende que comecen das obras. As empresas interesadas dispoñen ata o 3 de abril para a presentación das súas ofertas.
4 CHUO Saíu o concurso de adxudicación da xestión e mantemento do aparcadoiro do Hospital Universitario de Ourense, mediante procedemento aberto. O aparcadoiro conta con capacidade para 423 prazas. Ademais, establécese unha limitación dos prezos, marcando unhas tarifas máximas, que non se poden superar pero si rebaixar, así como a gratuidade dos 30 primeiros minutos e a oferta de bonos, con prezos reducidos, tanto para persoal como para visitantes, para períodos de 5, 10 e 30 días. A concesión do servizo, prevista por un período de trinta anos, ten como contraprestación económica pola xestión deste servizo, un canon mínimo de 900.000 euros, que aboará ao inicio da prestación, ademais de 5.000 euros anuais.
4 OMIC
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor incrementou a súa actividade no ano 2017, no que realizou un total de 7.707 operacións, en apoio ás persoas consumidoras, cun incremento de máis do 14% fronte ao ano 2016 (6.753). As novas dependencias da OMIC están na rúa González Cachamuíña 11-13.
Redacción
Veciños da praza 200 participando en “Mulleres transformando o barrio”./CEDIDA.
As Termas co Día da Muller 4 Organizou a actividade “Mulleres Transformando o barrio”. Redacción A iniciativa impulsada pola Asociación Veciñal As Termas en colaboración coa Ludoteca do Centro Cívico As Termas deu vida a actividade “Mulleres Transformando o barrio” para conmemorar o día internacional das mulleres. Na actividade inaugurouse a exposición de fotografía, “unha mirada lilá” coas veciñas e veciños do barrio de todas as idades visibilizando o seu apoio á loita polos dereitos das mulleres. A continuación, tivo lugar “conversas interxeracionais: as mulleres facemos historia”, veciñas do barrio falaron da súa experiencia vital explicandolle de primeira man aos máis cativos como ao longo da súa vida a muller foi derrubando barreiras contra o machismo. Para rematar, realizouse unha performance co tema musical “As
mozas son guerreiras” na que cativos e maiores bailaron ao son da reivindicativa canción do grupo “The teta´s van” compartindo todas e todos unha petiscada ao rematar a actividade.
sos de peóns do centro de saúde da Ponte e dos dous paso de peóns da estación de ferrocarril. Moitos veciños do barrio expresaron o seu malestar pola deficiencia nas señalizacións.
Continuidade Esta actividade naceu con vocación de continuidade súmandose as xa realizadas nos últimos tres anos dende o colectivo veciñal da praza 200 nos meses de novembro para a concienciación e loita contra as violencias machista. Froito da boa acollida que tivo por parte das veciñas dende a Asociación Veciñal As Termas realizaranse máis actividades enfocadas a visibilizar e poñer en valor o importante papel das mulleres no barrio.
Asolagamento Outras das recentes reivindicacións das Termas foi a petición de arranxar o asolagamento dun dos accesos peonís a praza 200. As borrascas de días pasados fixeron que non drenaran os sumidoiros, provocando balsas de auga que dificultan o paso pola escaleira de acceso desde a rúa D.
Pasos de peóns Desde a asociación solicitaron ao concello que se tomen medidas urxentes para reforzar a sinalización horizontal dos pa-
Solicitaron medidas para reforzar a sinalización do paso de peóns do centro de saúde da Ponte e da estación de ferrocarril.
Andaina A Agrupación de Asociacións de Veciños do rural “Miño” organizou o pasado sábado, 17 de marzo, unha andaina pola ribeira do río Miño. Ducias de persoas de distintos barrios da cidade participaron nesta iniciativa que este ano chegou a súa novena edición.
Participantes na andaina organizada pola Asociación de Veciños As Termas.
Os días 17 e 18 de marzo, o barrio do Peliquín estivo en festas. Os veciños celebraron o tradicional Lázaro. A asociación organizou a festa coa súa procesión e, posteriormente, invitou a un viño do país ás autoridades do concello. Houbo pasarrúas e o coro Encantiño acompañou a misa. Non faltaron, pola noite, as orquestras. O sábado subíronse ao escenario (instalado na rúa río Cenza) os integrante de Esencia e o domingo foi o turno de Cinema.
Unha das orquestras que animaron o Lázaro no barrio de Peliquín.
Carballido Presas elexido presidente da AVV Seixalbo 4 Co 70% dos votos. Redacción A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo renova a xunta directiva Nas eleccións celebradas o domingo, 18 de marzo, Xosé Carballido Presas foi elixido presidente co apoio do 70% do censo electoral, nunha candidatura que el mesmo definiu como “transversal e multicolor, no que todas as persoas da vila poden verse representadas”. A nova directiva está composta por seis mulleres e seis homes, con equilibrio de experiencia e renovación. Xunto con Carballido na presidencia, estarán María Nóvoa como vecepresidenta, Gloria Viana como secretaria e Marisol Delgado
Carballido votando.
como tesoreira. As vocalías serán ocupadas por Sergio Amills, Carmén Fernández, Higinio Nóvoa, Rosendo Prieto, Nieves González, Antonio Quintela, María Jesús Abreu e o veterano Juan Cid. En palabras do novo presidente, “o noso sinal de identidade será a perseverancia; non pretendemos ser a oposición de ninguén nin o apoio de ninguén”. Na súa primeira intervención, Carballido quixo recoñecer o traballo das anteriores directivas e “ás persoas encargadas de pilotar esta nave durante 33 anos: Manuel Herminio Iglesias, Modesto Seara, José Manuel Casares, Juan Cid e María Nóvoa” e agradecer a alta participación e apoio das xentes de Seixalbo.
SOCIEDADE
Barrios 22 de marzo 2018
Unha unidade de enfermidades ultra raras en El Carmen 4 É a primeira en Galicia. Redacción El hospital Centro Médico El Carmen y Anasbabi Ciliopatías crean una Unidad Avanzada de Enfermedades Ultra Raras, a primeira destas características en Galicia. O hospital Centro Médico A Carmen e a asociación Anasbabi Ciliopatías únense para crear en Ourense a primeira
Unidade Avanzada integral de Enfermidades de orixe xenética de Galicia, coñecidas como enfermidades “ultra raras”, as cales inclúen ás Ciliopatías. Este centro piloto servirá para xestionar unha abordaxe máis efectiva das enfermidades ultra raras co fin de lograr un diagnóstico o máis áxil e fiable posible.
Participantes da actividade organizada pola CHMS polo Día da Auga.
Celebración do Día Mundial da Auga 4 Nos actos organizados pola CHMS. Redacción
José Carlos Pumar, Carlos Morante e José Manuel Gómez, na presentación da unidade.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil organizou os actos do Día Mundial da Auga nos que
participaron os alumnos do CEIP Virxe de Covadonga. Estiveron presentes a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o subdelegado do Goberno, Roberto
Castro; e o propio presidente da CHMS, Francisco Marín; o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; e o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez. O evento tivo lugar no río Barbantiño ao seu paso por Punxín. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil escolleu este escenario para a celebración desta data porque nel estase a desenvolver o proxecto “Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo”, no
que participan escolares de 10 a 12 anos do CEIP Virxe de Covadonga. O obxectivo é o de potenciar o valor ambiental dos ríos da conca e concienciar, desde a infancia, sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais. Trátase dun proxecto piloto, de educación ambiental, no que tamén están implicados alumnos de centros educativos de Lugo e Ponferrada e no que se recoñece a canle do río. Os rapaces explican as campañas de eficiencia e bo uso da auga nas que traballan e que puxeron en práctica nos seus fogares. Este ano Nacións Unidas escolleu o lema “A resposta está na natureza”. “Queremos fomentar e promover o contacto directo dos nenos coa contorna natural, achegando as aulas ao río e ao medio natural máis próximo, con actividades que complementen a formación académica” dicia Francisco Marín, presidente da CHMS.
Barrios 22 marzo 2018
CIDADE
EN BREVE
Ourense, a cidade que máis subvencións pediu para ascensores
4 Convenio A Fundación Barata Ojea Quiroga, por petición do Concello, porá a disposición de persoas refuxiadas un piso na cidade, que será xestionado por Cruz Vermella. Este acordo favorecerá a acollida e integración das persoas incluidas no programa de asilo e refuxio, co fin de satisfacer as súas necesidades de aloxamento e integración.
4 Conciliación A Aula da Natureza e as bibliotecas municipais abrirán en Semana Santa para conciliar vida familiar e laboral. As actividades están dirixidas a nenos e nenas desde os 4 anos até os 11 anos. As familias poden inscribirse na Concellería de Educación -Praza de San Martiño, 2-, nas diferentes bibliotecas municipais (San Francisco, A Carballeira e A Ponte), no punto de lectura do Couto e na Aula da Natureza do Río Miño, en Oira.
4 Polo Planeta O alcalde de Ourense sumouse á campaña #ConectadosPorElPlaneta para concienciar sobre o cambio climático con motivo da Hora do Planeta. Deste xeito, o sábado 24, ás 20:30 horas, apagaranse as luces dos principais monumentos da cidade.
4 FEMP A vindeira Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP (Federación Españoña de Municipios e Provincias) celebrarase en Ourense o 21 de xuño.
25º aniversario da AECC de Ourense Redacción Con motivo do 25º aniversario da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense estanse realizando unha serie de visitas institucionais á sede da asocia-
4 Preto de 170 familias beneficiáronse das axudas. Redacción
Parque onde se ubicará o novo “skatepark” da cidade. /M.REJO.
Ourense contará cun ‘skatepark’ de máis de 800 metros cadrados 4 Ubicarase fronte ao centro de saúde do Couto. Redacción O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobou a redacción do proxecto dun novo skatepark para Ourense. Esta iniciativa, acordada con todos os clubs deportivos desta disciplina na cidade, foi presentada na xunta de goberno local do 8 de marzo. “A día de hoxe, e tal e como figura no informe de necesidades deste expediente, as instalacións existentes -sitas na contorna do pavillón municipal- para a práctica desta actividade deportiva atópanse obsoletas, e dificilmente reúnen as condicións de seguridade mínimas”, aseguraba o alcalde de ción. Cada un dos visitantes firma no libro dos 25 anos e deixan un obxecto nunha cápsula do tempo. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entregou un libro que recolle a todos os diputados do Parlamento desde os seus inicios. A AECC de Ourense busca mudarse a un local máis accesible.
Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa. “Por outra banda, é unha das grandes demandas dos colectivos que practican estas disciplinas como así se deixou constancia nos distintos Plenos”, dixo o rexedor. A zona elixida foi o parque fronte ao centro de saúde do Couto. O proxecto vai incluído dentro da 2ª fase de acondicionamento da contorna da Ponte Romana e o investimento, de 150.000 euros aproximadamente, será asumido pola Xunta a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Predeseño Na procura de posibles candidatos para a redacción do proxecto, con-
sultóuselle aos colectivos que practican esta actividade na cidade, e despois comprobouse a experiencia deses posibles candidatos na construción de skateparks a nivel nacional. As premisas son que debe incluír zona de street, bowl e pumptrack derivado das continxencias deste tipo de espazos. Ademais de adaptarse ao espazo municipal asignado, consistente nunha superficie chan duns 800 metros cadrados.
Un total de 22 comunidades de propietarios foron beneficiadas polas axudas do Goberno galego para a instalación de ascensores, por un importe superior aos 545.000 euros, mellorando a accesibilidade de preto de 170 familias. Así o indicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na súa visita ao número 7 da rúa Cabeza de Manzaneda, un edificio dos beneficiados desta axuda. A infraestrutura, dos anos 60 con oito vivendas non dispoñía de ascensor, polo que optaron ás axudas da Xunta, neste caso dúas ordes, a de ascensores e a de rehabilitación edificatoria, e cubriron o 100% do custo, case 48.000 euros. Dende fi-
nais do pasado ano, xa o teñen en pleno funcionamento. Convocatoria Debido ao éxito desta primeira convocatoria (posibilitou a instalación de ascensores para máis de 400 vivendas) a Xunta volve a convocar estes mes esta subvención. O investimento para esta ocasión é de 2,5 millóns de euros para beneficiar a 850 vivendas. Mantéñense os mesmos requisitos cubrindo, con carácter xeral o 60% do custo da actuación.
Este mes a Xunta de Galicia volve a convocar as axudas para ascensores co dobre de presuposto
O novo “skatepark” contará cun orzamento duns 150.000 euros
Miguel Santalices firmando no libro da AECC. /RAMSÉS.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Ourense na súa visita ao número 7 da rúa Cabeza de Manzaneda. /RAMSÉS.
CIDADE
OUeC ten cabeza de lista para as municipais 19 4 O candidato a alcalde será Martiño Xosé Vázquez. Redacción
Gonzalo Caballero reunido con membros do PSOE de Ourense./CEDIDA.
Visita de Caballero a Ourense 4 O secretario xeral do PSdeG mantivo unha reunión coa executiva local. Redacción O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou Ourense para reunirse coa executiva local e asistir a unha cea-mitin do partido. Durante a súa estancia na cidade das Burgas reclamou un traballo “intenso” para acadar un cambio de ciclo que sitúe aos socialistas “na alcaldía desta cidade”. Caballero asegurou que o seu partido ten “boas perspectivas na cidade” e recordou que o grupo de goberno, do Partido Popular, “nin sequera foi quen de aprobar un orzamento” criticándoo de non ser capaz de acadar acordos. Por iso, chamou a que a esquerda recupere o seu “espazo político” e propi-
cie “un cambio de ciclo” nas eleccións municipais do ano próximo. Chegará, como dixo, porque o PSdeG está “volvendo á normalidade” e hoxe a cidadanía da cidade e da provincia pode percibir “un partido fortalecido”. Ademais, Caballero alentou aos seus para superar outra “excepción”, que é a de sacar da Deputación ao PP, única de Galicia que non goberna a esquerda. Cea A intensa xornada remataba cunha cea-mitin celebrada en Aixiña onde estivo acompañado polo secretario local, José Ramón Fernández Morgade e o provincial, Rafael Villarino.
Faltaba ser refrendado e así foi. O actual voceiro de Ourense en Común no Concello de Ourense, Martiño Xosé Vázquez, acadou o 97,67% de respaldo do censo chamado a participar na xornada electoral do pasado 10 de marzo. Será o candidato a alcalde para as municipais do ano que vén. Na asemblea, celebrada o venres 23 de febreiro no Espazo en Común das Burgas, presentáronse tres candidaturas das que só foi validada a do actual voceiro do grupo no Concello, co 100%
do apoio das presentes. Superada a asemblea de validación, sen presentarse alegacións de ningún tipo, o Comité Electoral chamaba ao censo a votar. Mediante votación electrónica habilitada durante toda a xornada, cunha participación do 60%, Martiño Xosé Vázquez acadou o 97,67% de respaldo que o confirman formalmente como o candidato á alcaldía por Ourense en Común nos comicios electorais do próximo ano 2019. “Neste tempo, como portavoz do grupo municipal, tiven a sorte e a responsabilidade de comprobar como é posible practicar un liderado
O servizo de limpeza da cidade, a debate 4 DO pedirá que se rescate a concesión. Redacción Democracia Ourensana pedirá ao alcalde, no vindeiro pleno do mes de abril, que se proceda ao rescate da concesión do servizo público de limpeza urbana e recollida
e transporte de residuos sólidos urbanos que actualmente presta Ecourense UTE, por, segundo DO, “incumprimentos sistemáticos de contrato” e, proceder a unha nova licitación ou remunicipalización do servizo. Ademais pedirá
Barrios 22 de marzo 2018
colectivo e democrático. Agora, con máis responsabilidade se cadra, toca afondar nos piares fundamentais de participación, transparencia e horizontalidade para construír un proxecto político plural, con vontade de sumar maiorías e con capacidade para gañar. Por un Ouren-
Martiño X. Vázquez, candidato á alcaldía de Ourense por Ourense en Común./RAMSÉS.
que constitúa unha comisión formada por todos os grupos políticos para participar no deseño dos pregos, promover a dilixencia nos procesos de adxudicación, participar na confección das mesas de avaliación das ofertas para a adxudicación das concesións que licite o Concello, ademais do seguimento e fiscalización dos servizos municipais. Beirarrúas DO pedirá un cambio de normativa municipal, que permita redondear as esquinas nos rebaixes de beirarrúas de entrada e saída de garaxes.
Os postos 2, 3 e 4 da lista para as municipais estarán ocupados por mulleres se novo que mesture a experiencia coa xuventude e a sabedoría de quen leva décadas traballando en prol do ben común coa enerxía de quen quere cambialo todo”, afirmaba o recén nomeado candidato. Lista As medidas de corrección de xénero aprobadas por Ourense en Común obrigarán a que os postos 2, 3 e 4 da candidatura sexan ocupados por mulleres. O resto da lista definirase no mes de outubro de 2018. Vázquez agarda que nun futuro haxa unha alcaldesa en Ourense; porén na súa formación ningunha muller quixo dar o paso de presentarse a candidata, alomenos para as vindeiras municipais.
EN BREVE 4 BNG O Bloque Nacionalista Galego xa traballa de cara as municipais de 2019. Máis dun cento de responsables políticos do ámbito municipal participaron nun acto que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel para presentar a un BNG renovado.
4 Cidadáns Cidadáns pediu ao alcalde da cidade que estude a proposta sobre a humanización da avenida Ribeira Sacra, dotándoa dun carril bici, entre outras actuacións.
Barrios 22 marzo 2018
A VALENZÁ / PUBLICIDADE
Firma do protocolo da factura sen papel en Barbadás.
Factura sen papel no recibo da auga en Barbadás 4 Viaqua e Concello firmaron un protocolo. Redacción O Concello de Barbadás e a empresa concesionaria do Servicio, Viaqua, asinaron un Protocolo no que se regulan actuacións que se levarán a cabo ante situación de pobreza enerxética e vulnerabilidade
económica. Crearase unha bolsa social para o Concello de Barbadás destinada ao pagamento das facturas de auga que non poidan ser asumidas polos usuarios do servizo. Esta bolsa social será xestionada pola empresa Viaqua e consis-
tirá nunha achega anual vinculada ao proxecto de “factura sen papel” (FSP) consistente en aportar un euro por cada usuario do servizo que manteña a FSP unha vez transcorrido un ano dende a posta en marcha deste proxecto. Os beneficiarios desta bolsa social serán as persoas que cumpran cos requisitos establecidos polo departamento de Servizos Sociais, que mediante un informe emitido a Viaqua acreditarán a condición de usuario en situación de vulnerabilidade económica. Canles A empresa Viaqua pon a disposición dos abonados unha serie de canles para a axeitada posta en marcha desta iniciativa: o teléfono de atención ó cliente: 900 201 230; unha oficina virtual; a app de Viaqua; a oficina presencial na avda. Celanova, 122, baixo ou a través do correo electrónico mifacturaonline@viaquasa.es.
Niñeiros empresariais Redacción Bota a andar o servizo de niñeiros empresariais de Barbadás. Susana Rivero, unha muller emprendedora, puxo en marcha unha empresa de limpeza e valora dispor dun local e un espazo dotado con todos os servizos. A cesión destes niños realizase por un ano, prorrogables anualmente, sendo o periodo máximo de ocupación de 36 meses.
Rapaces participando no Día da Árbore.
Os estudantes de Barbadás celebraron o Día da Árbore 80 escolares dos colexios Filomena Dato e Ruxidoiro plantaron árbores autóctonas (bidos, carballos, castiñeiros e arces) en Barbadás como conmemoración do Día da Árbore. A actividade tivo lugar no Parque dos Patos e o Parque do Tren.
Departamento psicoeductativo, no Centro de psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo Chegan as notas de Semana Santa e estas será boas ou malas segundo os casos. Se son malas haberá que sentarse cos nosos fillos para analizar cal foi o motivo destos resultados. As causas poden ser varias: - Non ter unha rutina ou hábito de estudo e pretende memorizar todo o día antes do exame. - Necesita ser dotado de técnicas de estudo. Algúns nenos esfórzanse a diario para sacar o estudo adiante pero non saben cómo facelo. Por eso é necesario dotalos das técnicas de estudo que mellor se adapten a cada un. - A causa dos suspensos tamén pode ser a baixa motivación. - Non debemos de esquecer que outra causa común dun baixo rendemento pode ser ter problemas no centro escolar. Se se trara de malos tratos ou bullyng haberá que porlle remedio canto antes. - Con autoestima baixa non confían nas súas posibilidades académicas e non estudan. - Os problemas de aprendizaxe poden levar a malas notas. Algúns exemplos destos problemas poden ser o trastorno de déficit de atención con ou sen hiperactividade (TDAH), dislexia, discalculia, disgrafía... - Dificultades na casa, como a perda dun ser
querido, separación dos pais, cambio de domicilio ou de colexio son tamén causa de malas notas. Axuda Se a causa das malas notas dos teus fillos é algunha das anteriores debes de poñerte en contacto con profesionais para que poidan axudarlle. Ás veces, levalos a unha academia, non é a solución. Poden ser máis efectivas unhas sesións máis personalizadas nas que se teñan en conta as dificultades de cada un. No noso centro (Centro de psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo) contamos cun departamento psicoeductativo no que damos cobertura a todas as ne-
cesidades académicas dos nenos para dar solución de forma personalizada a todas as dificultades. Por iso, é preciso o apoio escolar en grupos reducidos ou de forma individual. Personalizando nas necesidades de cada un, para que adquira un hábito de estudo e mellore a motivación. Outra das nosas facetas é a terapia dos problemas de aprendizaxe. Ademais, damos cobertura a outras patoloxías tanto para nenos como adultos, tales como son a ansiedade, estrés, depresión, problemas de parexa, ludopatía, etc. Para máis información non dubiden en porse en contacto con nos sen compromiso algún.
As psicólogas Alejandra Fernández e Rosa Feijoo, e a pedagoga, Alba Fernández.
CENTRO DE PSICOLOXÍA ROSA Mª FEIJOO REBOLLO Avenida de Portugal nº 47, baixo, O Couto, Ourense 988 607 948 / 677 766 203
DEPUTACIÓN DE OURENSE especial
Barrios 22 de marzo 2018
Celebración da “Semana Escolar da Árbore e da Auga”
Familiares de Carlos Casares recibindo a Medalla de Ouro da provincia de Ourense a cargo do presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Carlos Casares recibe, a título póstumo, a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense O escritor e intelectual ourensán Carlos Casares foi recoñecido, o pasado 9 de marzo coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo, o máximo galardón que concede a Deputación de Ourense. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, entregou o título aos fillos do escritor e ao seu irmán, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Pazo Provincial no día no que se conmemora o 16º cabodano do intelectual ourensán, falecido en 2002. A concesión do galardón foi aprobada en sesión plenaria pola corporación provincial o pasado 24 de novembro de 2017, ditaminando conceder a Carlos Casares o dito recoñecemento. O expediente de honra, ao que deu lectura o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, sinala que se lle outorga esta distinción “como homenaxe e recoñecemento
do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador, que forxou na súa etapa máis ourensá”. Tamén destaca o expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren en Carlos Casares “son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro”, e é obrigado deber da Deputación “promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense que dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento, tanto cultural, artístico, musical, social como económico”. En nome da familia, Hakan Casares, fillo de escritor, agradeceu esta distinción que lle outorga a Deputación á memoria do seu pai, e tivo tamén palabras de agradecemento para a cidadanía, “que fai posible estes homenaxes”, lembrando así mesmo a importancia da tradición
cultural da nosa provincia, “porque a cultura galega e Galicia –dixo- non se entenden sen Ourense”. Escritor comprometido No seu discurso, o presidente da Deputación de Ourense definiu a Casares como “un escritor creador de linguaxe, comprometido co seu país”. Fíxoo convencido e desde a razón, con sensatez, buscando solucións pactadas, chegando a consensos que permitisen avanzar na difícil tarefa de dotar a Galicia das institucións das que carecía”. “Ese foi –afirmou Baltar- o gran mérito de Casares, asentar os alicerces da convivencia democrática, o que el, xunto con Ramón Piñeiro, consideraba mellor e máis útil, sen atender a provocacións ou delirios extremistas”.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou no CEIP “Padre Crespo” de Xunqueira de Ambía nas actividades organizadas dentro da 4ª “Semana Escolar da Árbore e da Auga”, que organiza a institución provincial para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga. Manuel Baltar destacou a importancia deste labor formativo e de concienciación medioambiental “implicando aos máis novos nesta tarefa de sensibilización e protección da auga e do noso medio natural, un traballo que facemos moi gustosamente desde o goberno provincial; unha campaña
que iniciamos hai catro anos e na que seguiremos insistindo, sobre todo nesta época, na que hai
uns meses sufrimos unha vaga de lumes, porque é fundamental que os máis novos interioricen a importancia de protexer o medio ambiente, porque será beneficioso para a nosa sociedade”. Este ano preto de 11.000 estudantes de 100 centros educativos da provincia participaron na Semana Escolar.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar participando cos alumnos do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía na Semana da Árbore e a Auga.
10
Barrios 22 marzo 2018
PROVINCIA
A Xunta conta con 40 millóns para axudar ás PEMES
Feira da oportunidade de Celanova Redacción Os comerciantes de Celanova saen á rúa o Xoves Santo, 29 de marzo, para celebrar a décima edición da “Feira da oportunidade” e que coincidirá coa feira semanal. Ademais da venda de productos terá lugar unha programación moi diversa. Degustacións gastronómicas, campionatos de futbolín e parchís, talleres para nenos, espectáculo de drons, música e moito máis. Tamén haberá un sorteo dunha viaxe a Disneyland París. O sábado, día 31, chegará a “II Festa da Faba” cunha ampla programación.
4 Co obxectivo de impulsar o emprego e a innovación. Redacción A conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez presentando o proxecto. /RAMSÉS.
O goberno galego construirá vivendas públicas en Cenlle 4 Trátase dun proxecto pioneiro ao ser modulares. R.T.
Novo xerente do Sergas Redacción Julio García Comesaña é o novo responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense do Sergas. Licenciado en Ciencias Físicas, pola Universidade de Santiago de Compostela, e especialista en Radiofísica Hospitalaria. Máster en Administración Sanitaria, ten desempeñado distintos postos de responsabilidade no Sergas, desde os que participou en proxectos asistenciais, de marcado carácter tecnolóxico e innovador, dentro dos macroprogramas Innova Saude e Hospital 2050. Desde a dirección do Complexo Hospitalario de Vigo, participou na reordenación desta área sanitaria.
A Xunta de Galicia está a impulsar no Concello de Cenlle un proxecto pioneiro coa construción de seis vivendas públicas modulares que estarán rematadas o vindeiro ano. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, presentáronlle ao alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, esta iniciativa. A Xunta achega un investimento de algo máis dun millón de euros para esta actuación, cun prazo de 10 meses, sendo proxecto pioneiro en materia de vivenda modular que se pretende implantar coma experiencia piloto. Vaise levar a cabo a construción destes inmobles e a súa urbanización nun solar do Goberno galego, que se atopa na
contorna do CEIP e ao carón das outras oito vivendas de promoción pública. Para familias A conselleira destacou que se trata de vivendas pensadas para familias, xa que os inmobles terán unha superficie útil de entre 87 e 120 m2, un mínimo de 3 dormitorios máis salón, cociña, baño, aseo, praza de garaxe e rocho. Terán, ademais, a cualificación de eficiencia enerxética C ou superior. Modular A arquitectura modular consiste na construción de vivendas mediante a unión de distintos módulos estandarizados que se constrúen en taller e tan só se executa en obra a cimentación e a ensamblaxe das distintas vivendas. Aforro enerxético Ademais, o municipio
O prazo de execución será de 10 meses e conta cun orzamento dun millón de euros apostou polo aforro enerxético ao abeiro das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia, o que lle permitiron reducir a factura enerxética. O importe, de 29.000 euros, da subvención destinouse á renovación e mellora do alumeado público. En concreto, substituíronse un total de 47 luminarias nos lugares de Piñeiro, Roucós e A Quintá, cambiáronse os cadros de enganche e dotouse a toda a instalación dun reloxo astronómico. Nos lugates que se executaron os traballos o aforro pode chegar ao ata nun 75%.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, achegouse a Ourense para explicar as axudas que a Xunta activou a principios de ano en materia laboral. A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 40 millóns de euros, ás que se sumarán proximamente os apoios para a formación para de-sempregados en centros homologados que contan cun orzamento que supera os 26,6 millóns de euros. En canto aos autónomos, ás axudas por valor de 16 millóns de euros facilitarán o inicio da actividade a máis de 4.000 traballadores por conta propia e impulsará a contratación nas súas empresas. Así mesmo, os apoios do Aprol Economía Social para favorecer o emprendemento colectivo con 1,8 millóns de euros ou para fomentar a contratación en 700 pemes de base tecnolóxica, contan cun orzamento de 6,9 millóns. Sistema formativo Toca sinalou que para orientar o sistema formativo adapatarase a cualificación dos traballadores. Por iso, xa está en marcha a formación para desempregados e ocupados que
Covadonga Toca explicando as axudas da Xunta de Galicia. /RAMSÉS. se imparte en centros homologados, así como as Unidades Formativas na Empresa, tamén dirixidas tanto a desocupados como a traballadores en activo. A Xunta ten en marcha a formación para desempregados e ocupados que se imparte en centros homologados, así como as Unidades Formativas na Empresa, tamén dirixidas tanto a desocupados como a traballadores en activo. O importe das axudas para estas dúas iniciativas ascende aos 6,35 millóns. Para as unidades dirixidas a desempregados, o prazo de solicitude está activado ata o día 5 de abril, mentres que para a iniciativa destinada a ocupados para formar a 1500 traballadores en 500 empresas de sectores estratéxicos rematará o 2 de abril.
DEPORTES
O Hemisferios ten a tiro a cuarta praza 4 Xogará na última xornada ante o cuarto. Redacción Partido histórico para o Hemisferios Ribeira Sacra esta fin de semana. Este sábado 24, a partir das catro da tarde, recibe no Pompeo ao Fertiberia Los Campos, equipo que suma un punto máis que as ourensás. De gañar o Hermisferios remataría a súa primeira participación na Primeira división de voleibol como cuarto clasificado, algo que buscarán as xogadoras con
todas as súas forzar. Pase o que pase neste encontro, o realizado neste curso é de nota para estas xogadoras que souperon collerlle o pulo a competición desde o primeiro momento. Exposición O club terá ata o vindeiro día 25 unha exposición fotográfica, de imaxes de Chete del Castillo, na segunda planta do Centro Comercila Pontevella.
Partido do Hemisferios disputado no Pompeo. /RAMSÉS.
Barrios 22 de marzo 2018
O Melilla rompe a racha do Rio Ourense Termal 4 Perde por 91 a 80. R.T. Un COB desdibuxado, na primeira metade, perdeu ante Melilla por 91 a 80 rompendo unha racha de seis vitorias consecutivas. Os homes de Gonzalo García de Vitoria foron condescendentes cos norteafricanos no primero cuarto e o pagaron caro. Antes do descanso chegaron a perder por 20 puntos (43-23) cortando a ferida os puntos de Reggie Johnson. Tralo paso por vestiarios o conxunto ourensán volveu a ser o que está a asombrar na LEB Ouro. Unha defensa máis agresiva valeu para achegarse a catro punto (60-56) pero non foi suficiente para darlle a volta ao electrónico ante unha das mellores plantillas da competición. Ao final derrota -segunda nos últimos 13 encontros-, o que non lle impide seguir soñando con cotas maiores que a salvación. Os resultados desta 28ª xornada fan que o COB deixe a zona de playoff, agora son décimos con 12 vitorias, a unha de Valladolid que marca a promoción de ascenso.
Reggie Johnson no choque contra o Melilla./CEDIDA. Castelló O cadro ourensán terá que recuperarse pronto do partido e do viaxe a Melilla para afrontar este domingo un novo reto. Desde as 19 horas, o Pazo Paco Paz será o escenario do partido ante Castelló. Os castellonenses son sextos con 15 vitorias, polo que teñen, practicamente, asegurada a súa presenza nos playoff, iso si, con toda probabilidade, con factor cancha en contra xa que o quinto o teñen a tres vitorias. Quedan seis partidos
Este domingo, a partir das 19 h no Pazo, COB - Castelló para comprobar que o rexurdir do COB serviu para meterse na loita polo ascenso ou para salvarse; visto o inicio ligueiro a salvación xa é un premio incrible para unha plantilla que moudou a súa faciana a partir do 30 de decembro; desde entón, 11 vitorias e dúas derrotas.
11
O Campus Rugby remata a tempada Redacción O Campus Ourense Rugby de División de honra B remata a tempada esta fin de semana na casa do El Salvador B de Valladolid. Na última xornada disputada no campus universitario, os ourensáns venceron ao segundo clasificado (O Bathco de Santander) por 41 a 37. Ao partido non lle faltou a emoción duns que queren manterse arriba e outros que pretendían despedirse da súa afección con vitoria. Os homes de David Monreal rematan a Liga tan só cedendo un encontro como locais, diante do líder, o Colina Clinic. O partido ante El Salvador B dará por finalizada unha tempada máis complicada do que reflicte a clasificación, na que os ourensáns marchan quintos.
Último encontro en Ourense contra o Bathco./RAMSÉS.
12
Barrios 22 marzo 2018
DEPORTES
O Envialia cae ante o Alicante
4 O Cidade perde ante o Burela. O Sala Ourense suma outra vitoria. Redacción Tarde para esquecer do Ourense Envialia que caeu ante a Universidad de
Alicante por 1 a 7. As de Chipi non tiveron opcións ante o líder e, polo momento, único equipo que lle pode discutir a Liga ao
Partido entre Envialia e UA. /RAMSÉS.
Futsi. Con este resultado son quintas e non parece perigar a súa participación na Copa. Visita a Poio nesta xornada. O Cidade volveu a caer ante un dos “cocos” da Liga pola mínima. Foi na pista do Burela co resultado de 4-3. Nova derrota, coa cabeza alta, que alonxa as de Codeso da salvación. Contra Guadalcacín será o próximo encontro das ourensás, este sábado ás 17 horas, nos Remedios. As franxiverdes están a 10 puntos da salvación, que, precisamente, a marca o seu próximo rival. Sala Ourense O Sala Ourense suma e segue de cara á consecución do título ligueiro. A vitoria ante o Cee (3-5) e a derrota do seu perseguiror, Pazos de Borbén, fan que os ourensáns teñan máis preto o campionato. A falta de sete xornadas teñen unha vantaxe de oito puntos. Este domingo reciben nos Remedio ao Campito a partir das 12 horas.
Joni controlando o balón no Couto. /RAMSÉS.
Tres puntos máis e un partido menos 4 A UD Ourense vence ao Pontellas por 2 a 0. Redacción A vitoria ante Pontellas sitúa á UD Ourense na sétima posición e cun partido menos, que de sacalo adiante podería escalar ata o terceiro chanzo e quedarse a un punto do ascenso. Sempre e cando se acaden os
tres puntos do partido ante O Grove que se disputará o venres 30 de marzo. Ante Pontellas, dous a cero, nun encontro no que Durán e Josu quedaron no banco de principio. O recén fichado, Adrián Presas, cargouse de galóns para liderar un ataque no que a maioría das accións pasaban polas súas
botas. Os goles de Aitor e Hugo García na primeira metade deron tranquilidade a un equipo que se dedicou a contemporizar no segundo tempo. Este domingo visitan ao Ribeiro. Tanto Bande coma Nogueira e Ribeiro perderon nesta xornada diante de Atios (4-1), Sanxenxo (60) e Valadares (2-0), respectivamente. Os da Baixa Limia manteñen a segunda praza, mentres que os de Luíntra e de Ribadavia están na zona de descenso. Terceira Na Terceira división o Barco continúa co soño de disputar a promoción. A súa vitoria ante Cultural Areas (1-3) o sitúan na terceira posición. O Ourense CF é 11º coa salvación case asegurada; o Arenteiro caendo na clasificación (ten cinco puntos co descenso) e o Barbadás non para na súa loita pola salvación e xa a ten a un punto. Esta fin de semana Arenteiro, Ourense CF e Barco reciben Silva, Vilalbés e Somozas; o Barbadás visita a Alondras.
DEPORTES
Barrios 22 de marzo 2018
Dous millóns para a reforma dos Remedios 4 A Xunta achega algo máis de metade. Eva Espinosa durante unha proba. /SALVOUR.
Redacción
Eva Espinosa, ao borde do podio
Marta Míguez, como secretaria xeral para o Deporte, e Jesús Vázquez, como alcalde da cidade de Ourense mantiveron unha reunión o pasado 9 de marzo da cal saiu o acordo para realizar unha remodelación integral do pavillón municipal dos Remedios, que o ano que vén cumpre 50 anos. Este proxecto conta cun orzamento de 2.050.000 euros, dos cales 1.050.000 os achegará a Secretaría Xeral para o Deporte e un millón o Concello de Ourense. A redacción do proxecto básico e de execución suporá un custe de 50.000 euros, mentres que a execución da obra de reforma levarase os outros
4 Na Copa de España de salvamento e socorrismo. Redacción A piscina Rosario Dueñas foi a sede da segunda xornada da Copa de España de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas. A actuación dos ourensáns (integrados no club Salvour) saldouse cun cuarto posto de Eva Espinosa en 100 metros combinada júnior, a quinta posición de Ecequiel Quiroga 200 metros obstáculos e os sétimos de Andrea Bello e
Jorge Sánchez. A terceira e última xornada disputarase en Valladolid Copa Galicia Na Copa Galicia absoluta participaron preto de 100 deportistas de 10 clubs. A ourensá Andrea Bello alzouse con dous títulos: co de 100 m. combinada e co de 50 m. arrastre de manequí. Eva Espinosa, a pesar de ser júnior rematou cuarta en varias probas.
dous millóns de euros. O deterioro lóxico nestes 50 anos desta infraestrutura fai necesaria esta actuación. Reformas Esta previsto que se leve a cabo a reforma dos ximnasios, do vestíbulo e dos espazos de comunicación, a dotación de novos vestiarios así como a adecuación dos existentes, a dotación de tres grandes salas
polivalentes (actividades dirixidas, formación e lecer), a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero, a adaptación normativa en materia de accesibilidade. Os Remedios Referente no deporte ourensán durante cinco décadas conta cun rexistro de máis de 40.000 accesos mensuais dotado
Vista do pavillón dos Remedios. /M.REJO.
13
de múltiples servizos deportivos, dúas piscinas, un spa, dous pavillóns polideportivos cubertos, un campo de fútbol, un módulo de atletismo, un ximnasio, unha sala de musculación e pistas exteriores. Infraestruturas Con esta gran remodelación do pavillón dos Remedios e a posta en marcha, o 16 de decembro, da pista cuberta, a Secretaría Xeral para o Deporte continúa a súa aposta decidida por Ourense.
En 2019 o pavillón dos Remedios cumprirá 50 anos
14
Barrios 22 marzo 2018
4AXENDA Teatro - 6 de abril - III Festival Terra Máxica “Mago mimo Anyo: sen palabras” - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás - 7 de abril - “Emilia, mulleres que se atreven” - 20.30 h - Teatro Principal Exposicións - Ata o 1 de abril - Exposición de Tareixa Taboada “Zoon Politikon” - Museo Municipal - Ata o 29 de abril - Exposición de Baldomero Moreiras “O eco das amazonas” - Centro Ánxel Valente - Ata o 6 de maio Exposición de Christian Villamide “Hortus Conclusus” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Música - 23 de marzo - Concerto de “Mikhailova´s Stars Chambers” - 20.30 h - Teatro Principal - 23 de marzo - Concerto de Centauri - 21 h - El Cercano - 23 de marzo - Concerto de Lucas Colman e Isma Moreno - 21.30 h Café Cultural Auriense - 23 de marzo - Concerto de Keliben - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 24 de marzo - Concerto da Orquestra de Cámara Galega “Sons do Atlántico” - 20.30 h - Auditorio Municipal - 24 de marzo - Concerto de “Blues & Decker” - 21.30 h - Café Cultural Auriense - 25 de marzo - “Dr Queen” homenaxe a Freddie Mercury - 19 hAuditorio Municipal - 28 de marzo - Concerto deTúlio Augusto - 21.30 h - Café Cultural Auriense Deportes - 25 de marzo - COB Castelló - 19 h - Pazo dos Deportes Paco Paz Outros - 23 de marzo - Mirar un cadro: manual de instrucións - 19 e 20 h. - Centro de Ánxel Valente (Banco de España) www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O rei das artistadas [Vén do número anterior]
Ampeando repítolle: –está morto! está morto!– e bótome a chorar. Anícase como fai cando estou triste e séntase na pedra debaixo da figueira. Colléndome no colo vaime aloumiñando e calmando. Pouco a pouco cóntolle todo, vexo como vai mudando a faciana: os ollos húmidos, os dentes apertados, cando xa me ve un pouco máis tranquilo lévame para a cociña, –estás conxelado– dime mentres nos achegamos á lareira, colle as miñas manciñas entre as súas para que se me vaian quentando.
Dalí a un anaquiño díxome: –Chiquito, hai que llo contar aos veciños para que o vaian a ver e avisen á Garda Civil, que nestes casos ten que vir o xuíz para levantar o cadáver e máis quitar o cable, non vaia haber outra desgraza. Aínda bo foi que ti non lle tocaches, grazas a Deus que tes un anxiño que te coida, pónseme o corpo mal de pensar o que che podía pasar. Entón, véuseme unha cousa que dixo o cura á cabeza e pregunteille: –Aínda por enriba non vai ao ceo por matarse? –Non lles fagas moito
“Chiquito, hai que llo contar aos veciños para que avaian a ver e avisen á Garda Civil, que nestes casos ten que vir o xuíz para levantar o cadáver”
caso aos curas, que eles din o que lles ensinaron, quen sabe se no último suspiro se arrepentiu e xa Deus lle perdoóu e vai para o ceo dereitiño. Por certo, ben boa persoa que era! Agora vouche preparar o almorzo e imos xogar os dous toda a mañá, facemos un carriño de remolacha dos que che gustan e máis cocemos a caldeirada para a Cachorra, que esta parida e hai que coidala para que dea ben leite para o becerriño e para ti, e despois facemos o xantar e unhas filloas das que te chupas os dedos. Mentres ía dicindo isto, pasábame a man pola cariña como facía sempre e eu pensei: que sorte a miña, ter un pai que me quere tanto! Avelino Jácome
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
O Pazo dos Armada Solitario vestixo dun pasado fidalgo que resiste ao transcurso do tempo no Eirociño dos Cabaleiros (que non Eironciño), espazo rebautizado como “plazuela del Cid”, presidido por un escudo de seis cuarteis repetido, en parte, na capela de San Pablo da nosa catedral e mandado levantar polo deán Gonzalo Armada y Araujo no ano 1656. Este encontradizo lugar, ubicado en metade da antiga rúa de San Fernando (hoxe Irmáns Villar), foi improvisado aparcadoiro nos anos oitenta. Insensible actuación, difícil de conxugar co balcón corrido e os arcos carpanel da casa de María Andrea (antigo pazo dos Armada), que nos traslada a
Eirociño dos Cabaleiros. Ano 1955. unha época de señores, artesáns, burgueses e grupos marxinais. A unha era máis distante que distinta pois, o estigma do infortunio, é un
concepto sempiterno. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
Este evento comeza o 23 de marzo ás 22 horas./R.T.
‘24 horas teatrais’, no Espazo Xove 4 Nesta décima edición participarán case 100 artistas. Redacción A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou o programa do 10º aniversario das 24 horas teatrais e escénicas que reunirá a novos talentos no Espacio Xove de Ourense que este ano, ademais de servir para a presentación das súas obras, facilitará o intercambio cultural entre xeracións artísticas diversas. Obxectivo Durante 24 horas, desde o 23 de marzo ás 22 horas ata o 24 de marzo á mesma hora, mozos e mozas, artistas emerxentes ourensáns vinculados ao mundo do teatro, da maxia, da música e do baile presentarán as súas pezas en público nun entorno de altruísmo artístico. Este décimo aniversario está inspirado nunha actividade semellante que se celebra en Edimburgo, aínda que orientada ao sector profesional.
“Neste caso propoñemos xuntar afeccionados e profesionais para que Ourense sexa, xunto con Edimburgo, un referente único e artístico durante unhas horas”, explicou Cecilia Vázquez. A directora xeral presentou a edición acompañada por Fernando González, de IlMaquinario Teatro, actor nomeado este ano ao premio María Casares na categoría de mellor actor non protagonista por Resaca. Match de improvisación Durante esta celebración ofertarase a posibilidade de participar nun match de improvisación a todas as persoas interesadas en experimentar por primeira vez un acto escénico, que sentará as bases para a segunda parte da actividade onde actores e actrices, directores e directoras, e autores poderán apuntarse nunha lista para crear pequenas pezas únicas e persoais que se representarán ao día seguinte como epílogo da actividade.
CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
Barrios 22 de marzo 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº50 - Ano: XI - 22 de marzo de 2018 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Tel. 685 56 46 81. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes sen traballar?. Só ten que abrir unha conta cun Broker. Investimento 10 euros. (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en victor_vgc@hotmail.es Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherela-
to e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Ofrécese auxiliar con experiencia e informes para coidar enfermos polas noites en hospital e domicilio. Tel. 616 361 548. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outras ofertas para traballos distintos. Posibilidade de media xornada ou completa, interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres os sábados pola noite e o domingo durante todo o día. Tel. 988 255 963. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10.
Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13.
INMOBILIARIA Alugo local. Rúa Sáenz Diez (zona centro comercial/salesianos). Acondicionado e a pé de rúa. 170 m2. Prezo: 750 Euros. Teléfono 625 515 818. Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762.
Alugo praza de garaxe. Ampla e cómoda. Ao carón da praza do Couto. 55 euros. Tel. 636 329 524.. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.
Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro a estrear e alugo dúas oficinas na rúa Progreso. Tel. 672 089 349.
VENDAS
VARIOS
Véndense tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781.
Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).
CONTACTOS Ofrécese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES Liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
Barrios 22 de marzo 2018