Skip to main content

Barrios novembro 2017

Page 1

Entrevista a Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín [Páx. 17]

VERÍN

Páx. 2

O CARBALLIÑO Páx.6

XINZO

Páx.8

O Concello de Verín aproba os orzamentos de 2017

O Carballiño contará cunha nova ITV fixa a finais de novembro

O CDR O Viso retoma as xuntanzas de familia

CELANOVA

Páx.9

Obradoiro en Celanova para desempregados

ALLARIZ

Páx.11

“La Memoria Olvidada” gaña o FIXA

A mellor biblioteca de España [Páx. 5]

Nova cara en dúas rutas

[Páx. 8]

A Biblioteca de Verín, a mellor de España para o fomento da lectura en 2017.// Acondiciónanse rutas de sendeirismo entre Porqueira e Calvos.

Número: 43 - Ano: X - Novembro 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Novembro 2017

TEMA DO MES

O PP critica estas contas e táchaas de irreais 4 Os populares poñen en evidencia que máis de 5,2 millóns estean adicados a persoal. Redacción

Imaxe dun pleno anterior celebrado no Concello de Verín./ARQUIVO.

O Concello de Verín aproba os orzamentos de 2017 cun 7,98% máis de ingresos 4 O total supera os 11.057.000 euros. Redacción O Pleno do Concello de Verín aprobou este 10 de novembro o documento orzamentario para 2017, un documento que pretende ser un “orzamentos bisagra” para poñer ao dia as contas municipais e aprobar antes de que remate o ano os de 2018, de cara a comezar o próximo ano cunha tramitación económica regularizada, tras o proceso de implantación da administración electrónica. O orzamento de Verín incrementa os ingresos nun 7.98%, acadando os 11.057.471,81 euros grazas aos novos recursos. Segundo explica o documento, a xestión directa de novos servizos, como a ORA, e a boa xestión dos

Mercadona achegou máis de 63.000 euros para a mellora do aparcamento sito xunto ao supermercado

recursos son a clave para a boa situación dos ingresos municipais. “O presente Orzamento Xeral do Concello de Verín para 2017 é o documento chave para actualizar e poñer o día as políticas orzamentarias desta institución, que a partires de agora contará cunha estrutura e uns tempos racionalizados e acordes coa estrutura de gasto e o calendario anual no termo municipal”, afirma o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. Máis ingresos No capítulo de ingresos rexístrase un incremento do 7,98% grazas á recuperación da actividade económica en Verín -o que aumenta os tributos nun 1,24% no caso do IAE- así como ao notable aumento das transferencias de capital, derivadas da boa xestión destes recursos e as actuacións e intercambios de xestión do Concello de Verín coas outras administracións do Estado, o que ven a concretarse nun incremento do 190,77% nas

transferencias de capital, explicou Lourenzo. 36.000 euros pola xestión directa da ORA Como exemplo dos resultados que comezan a materializarse froito dun novo xeito de xestión, está o apartado da ORA, que trala asunción do servizo por parte do Concello incrementa un 127,98% os seus ingresos, pasando dos 15.940 euros aos 36.340, nun claro referente do incremento nos haberes das arcas municipais con recursos propios. Mercadona Outro exemplo na mellora da captación de recursos é o das transferencias correntes, que pasa dos 3.727.532 euros no 2016 aos 4.110.635 euros 2017, un 10,28% máis, grazas especialmente as aportación da empresa Mercadona S.A. para o acondicionamento do coñecido como Parking Provisional Libre num. 3, que foi de 63.950 euros.

O PP mostrou as súas críticas aos novos orzamentos de Verín. Segundo os populares o primeiro erro é non estar a debater neste momento os de 2018 e vir de aprobar aínda as contas de 2017, “que entre a súa aprobación inicial, exposición ao público, reclamación e aprobación definitiva en Pleno entrarán en vigor no ano que vén, algo que acontece por primeira vez nesta corporación”, denuncian os populares. En canto á xestión do gasto, destacan dende o PP a “nula capacidade” do goberno actual, destacando que na actualidade o Concello debe a proveedores máis de 350.000 euros en facturas de 2016, e “moitas partidas do presuposto prorrogado co que se está a funcionar están esgotadas desde xuño, polo que por primeira vez na historia o interventor tivo que poñer 70 reparos a facturas por valor de 233.601, 30 euros”, sinalan. Persoal Así mesmo, dende o PP destacan os 5.228.000 euros que o goberno actual adica a gastos de persoal. Segundo os seus cálculos, os tres concelleiros da coalición PSOE-BNG con soldo perciben en total 113.000 euros; fronte aos 36.000 do único edil popular con dedicación. Pola súa banda, a única responsable de prensa que tiña o PP cobraba 20.000 euros anuais, agora os dous integrantes do gabinete de comunicación do gober-

Juan Manuel Jiménez Morán, voceiro do PP no Concello de Verín./ARQUIVO. no municipal suman máis de 60.000, aos que hai que engadir unha serie de facturas que un destes traballadores cobrou a maiores por iniciativas puntuais. Segundo o PP “este comunicador costoulle ao Concello nestes dous anos máis de 78.000 euros”. Outras das críticas dos populares diríxese aos 64.000 euros incluídos nos orzamentos para a adecuación da contorna da igrexa parroquial, a pesar de que o pasado 24 de outubro a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural denegou esta intervención “por non ser unha solución axeitada, nin coherente, nin suficientemente respectuosa coa historia, valores culturais e valores ambientais que conforman ese espazo”. No tocante á partida de desbroces, destacan o “gran descontrol” xa que figuran diferentes prezos, dunha mesma empresa, “cobrando a hora de traballo a 50, 60, 40 e 21 euros”. Tamén os arranxos da carretera de Vilela están no foco dos populares. Segundo explican ata o momento gastáronse 360.000 euros na obra que aínda está sen

rematar. “Unha soa empresa de Verín emitiulle ao Concello dende agosto de 2015 máis de 262 facturas por importe superior aos 334.000 euros”, incluíndo algunhas de cristais por traballos en vivendas e negocios privados, a pesar de tratarse dun negocio de ferro. Mercadona En canto ao convenio asinado polo Concello con Mercadona para o asfaltado do aparcadoiro sito enfrente deste supermercado, os populares consideran que “o único que fai esta empresa é valerse do Concello para usar o espazo para os seus clientes. Aparcamento cuxa construción foi costeada co diñeiro de todos os veciños e cunha hipoteca de por vida que son os miles de euros que Gerardo Seoane pago ao propietario en concepto de aluguer”. En resumo, “parécenos un orzamento irreal. Cremos que non soluciona os principais problemas do noso municipio, a industrialización nin o crecemento do emprego, nin o desenrolo do termalismo e o turismo”.


VERÍN E COMARCA

Verín convoca o concurso do cartel do Entroido

Con motivo da celebración do Entroido 2018, o Concello de Verín convoca un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas. A data tope para presentar os traballos -estes deben ser orixinais- será o 8 de decembro. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín. O formato único será vertical con tamaño de 50 x 70 cm (non servirán formatos proporcionais). Presentaranse montados sobre un bastidor ríxido. As obras levarán como único texto ENTROIDO 2017-VERÍN. 1, 4, 8, 9, 10, 11, 12 e 13 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional. O tema será libre de elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín.

As bases están dispoñibles na web verin.es Exposición Os carteis presentados expoñeranse do 11 ao 16 de decembro na sala de exposicións do Concello de Verín. Durante estas datas os veciños poderán votar, previa presentación do DNI, os 3 deseños que máis lles gusten, con 3, 2 e 1 punto. Tralo período de exposición realizarase o reconto. O cartel con maior número de votos será o gañador. En caso de empate, terán dous días máis de votación aquelas que, resultante do voto popular, obteñan a condición para desempatar. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e 600 euros.

Os traballos recibidos estarán expostos entre o 11 e 16 de decembro na sala de exposicións do Concello de Verín

Verín abre o concurso para o cartel do Entroido 2018.

Eurocidade Chaves - Verín Redacción

4 Os traballos poden entregarse ata o 8 de decembro. R. Torres

Barrios Novembro 2017

Momento da charla sobre seguros agrarios promovida pola DO Monterrei. /CEDIDA.

A DO Monterrei promoveu unha charla sobre o seguro agrario 4 Tamén organizará unha xornada técnica sobre viticultura e o cambio climático. Redacción A DO Monterrei organizou unha charla sobre o seguro agrario. Tivo lugar na Casa da Cultura de Verín e foi impartida por Víctor Novo -xefe de servizo de Sanidade e Produción Vexetal-, Ramón Martín -director territorial Noroeste de Agroseguro- e Jesús Gregorio García -xefe do servizo de estudos e investigación en producións agrícolas e forestais de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios)-. Dita iniciativa informativa foi promovida desde o C.R.D.O. Monterrei e a Consellería do Medio Rural, tras a reunión mantida polo grupo de traballo creado para o efecto dentro da Comisión Territorial de Seguros Agrario. Esta campaña divulgativa está dirixida aos viticultores e adegueiros, e busca facilitar información sobre a contratación de seguros agrarios, así como liquidar todas as dúbidas existentes neste ámbito entre todos os que acudan a esta iniciativa. “A finalidade é poder ofrecer información aos viticultores da nosa comarca, sobre todas aquelas cuestións relativas á subscrición de contratos de seguros agrarios, coa intención de que ninguén por descoñecemento ou

falta de información non subscriba un seguro que poida ser do seu interese”, indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. Xornada técnica O próximo día 29 de novembro, terá lugar a xornada técnica “Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono”. Celebrarase no Parador Nacional de Turismo de Verín e ten como obxectivos principais: dar a coñecer ao sector vitivinícola a influencia fundamental do cambio climático sobre el e as posibles ferramentas de adaptación ao mesmo, mostrar a potencialidade do cálculo da pegada de carbon dunha organización, produto ou servizo, así como as distintas metodoloxías posibles para a súa estimación. Seúl Os viños de Monterrei estiveron presentes no “Spanish Food & Wine Extravaganza” de Seúl. Da

man dos catadores Luís e Alejandro Padín, os viños de Monterrei viaxaron ata esta cidade co obxecto de mostrar a diversidade, peculiaridades e versatilidad dos brancos e tintos que se elaboran nesta denominación vitivinícola. Tamén participaron na segunda edición do International Wine Challenge Merchant Awards Spain 2017. Guía Peñín 2018’ Tres viños da DO superaron os 90 puntos na Guía Peñín 2018. Entre os viños que superan esta puntuación atópanse os elaborados polas adegas Gargalo e Ladairo.

Os viños de Monterrei estiveron presentes no “Spanish Food & Wine Extravaganza” de Seúl

A DO Monterrei na International Wine Challenge Merchant Awards Spain.

Nuno Vaz é novo presidente da AECT Eurocidade Chaves-Verín. A designación do novo presidente produciuse durante a Asemblea Xeral Extraordinaria da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín reunida o 15 de novembro na sede da entidade transfronteiriza en Feces de Abaixo. Durante a mesma, tamén foron designados, a proposta do presidente da Cámara Municipal de Chaves, os novos delegados da asemblea polo municipio flaviense: o Vice-presidente, Francisco António Chaves de Melo, a vereadora Paula Fernanda dá Mota Chaves e o vereador Víctor Augusto Costa Santos. Pola parte de Verín, aprobouse a designación da nova delegada, Emilia Somoza, concelleira de cultura de Verín, que vén substituír á edil de turismo Purificación Caldelas. Así, o novo organigrama da AECT Eurocidade Chaves-Verín queda da seguinte maneira: presidente, Nuno Vaz; director, Gerardo Seoane; secretario mesa asemblea, Antonio Ramos; delegados por Chaves, Francisco António Chaves de Melo, Paula Fernanda dá Mota Chaves e Victor Augusto Costa Santos; delegados por Verín, Diego Lourenzo, Emilia Somoza e José Luís Martín; responsable Financeiro, Jesús Branco; director executivo, Pablo Rivera; e gabinete de apoio técnico, José Sousa.

Asamblea da AECT.


Barrios Novembro 2017

VERÍN E COMARCA

A Xunta busca novas vías de colaboración en Oímbra 4 O conselleiro de Política Social tivo unha xuntanza coa alcaldesa. Redacción O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. Neste encontro abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na localidade ourensá. Asemade, ambos mandatarios analizaron o mapa de infraestruturas autonómicas emprazadas nesta localidade, como a escola infantil que oferta 20 pra-

zas para nenos e nenas menores de tres anos e para a que a Xunta destina 90.000 euros en concepto de mantemento. No que respecta a área de maiores e persoas con discapacidade, Oímbra conta cun centro de día con 21 prazas públicas de titularidade autonómica e no que se realizaron obras de mellora o pasado ano.

Rey Varela e Villarino.

(Agader), a traves dos fondos feader do programa de desenvolvemento rural de galicia.

Novo parque boisaudable de Queirugás.

Queirugás conta cun novo parque biosaudable 4 Instaláronse catro unidades de aparellos. Redacción Co mes de novembro chega un novo parque biosaludable. O Concello de Verín crea un novo parque biosaludable en Queirugás situado na rúa da Igrexa da localidade de Queiru-

gás. O Concello de Verín vén de culminar as obras de acondicionaminento cun investimento total de 9.186,49 euros. Este proxecto foi cofinanciado nun 49% (4.501,38 euros) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Aparellos Dita actuación consistiu na adquisición e instalación de catro unidades de aparellos biosaudables para a práctica do exercicio físico (cintura, esquí, roda e banco con pedais) e as implementación de mobiliario urbano (dous bancos e unha papeleira). O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, que visitou o recentemente inaugurado parque biosaudable, quixo destacar a “importancia de dotar a todas as parroquias do municipio deste tipo de instalacións como alternativa de lecer”.

O investimento total foi de 9.186,49 euros

EN BREVE 4 Medio ambiente O luns 30 de outubro, Javier Talegón, experto Universitario en Xestión e Conservación de Flora, Fauna e Espazos Protexidos, impartiu ante 480 nenos e adolescentes a charla “A posta en valor do medioambiente e das nosas especies autóctonas”. Esta actuación formativa enmárcouse dentro do conxunto de actividades programadas dentro do novo Plan de Mocidade proxectado pola área de Mocidade do Concello de Verín.

4Piscina Entra en funcionamento o novedoso sistema xeotérmico para calefacción da piscina municipal de Verín. A finalidade deste sistema é diminuír o consumo de enerxía -en máis da metade- e reducir a emisión de gases invernadoiro. O orzamento foi de 56.337,60 euros.


VERÍN E COMARCA

A Biblioteca de Verín declarada a mellor de España Oratoria e Debate no IES García Barbón a cargo de Iván Olmos Ferreiro.

Actividades extraescolares no IES García Barbón No mes de outubro o alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica tivo a oportunidade de asistir e participar en distintas actividades: - Charla no Auditorio de Verín sobre Medio ambiente impartida polo biólogo Javier Talegón. Taller de Orientación a cargo da Orientadora da Mancomunidade Lucía Aparicio sobre itinerarios formativos e marca persoal. - Talleres “Creando o meu negocio: os puntos PAE” impartidos pola responsable do Punto de Atención ao Emprendedor da Cámara de Comercio de Ourense. - No mes de novembro o alummnado de Bacharelato, Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica tivo a oportunidade de asistir e participar en distintas actividades: - Formación en Oratoria e Debate no IES García Barbón a cargo de Iván Olmos Ferreiro. - No marco do Plan Proxecta charla sobre Educación para a saúde: alimentación impartida

por membros da Cruz Vermella de Verín. - Dentro das actividades planificadas para o Proxecto ATEI (a túa experiencia interesa) contamos coa presencia de Álvaro Plata, antigo alumno do centro, para compartir a súa experiencia de emprendemento co alumnado de 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas. - O día 10 de novembro, ás 11:20 h, tivo lugar no recreo unha degustación de chocolate con churros para o alumnado e profesorado do centro. Nesta actividade tamén potenciamos o coñecemento das distintas clases de castañas da nosa comarca. No mes decembro –día 4- visita dos alumnos dos ciclos de Administración ao Parlamento de Galicia e a RTVG. Aproveitamos, ademais, para lembrar que está convocado o II Concurso de fotografía “Verbas de Outono”. O prazo límite para presentar os traballos é o 15 de decembro. Entregaremos tres premios.

Charla sobre educación para a saúde impartida por membros de Cruz Vermella de Verín.

4 O Ministerio de Cultura a ratifica neste 2017. Redacción O Ministerio de Cultura comunicou que a Biblioteca Municipal de Verín é a mellor iniciativa

de España para o fomento da lectura 2017. Grazas ao seu proxecto “Voluntariado Cultural para o Fomento da Lectura” recibe o Premio María Moliner 2017.

A Biblioteca Municipal de Verín, iniciou o citado proxecto hai xa 10 anos, con contacontos e manualidades. Actividades Ao longo destes anos, foron máis de 500 ac-

Barrios Novembro 2017

tividades de fomento á lectura. Conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e o servizo estrela do verán que é a Biblio-Piscina e Biblio-Rúa, servizos tamén atendidos polos Voluntarios da Biblioteca.

Participantes da Bibliopiscina de Verín.


Barrios Novembro 2017

Festa do Pulpo Redacción A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para solicitarlle á Xunta de Galicia que comece e axilice os trámites para a declaración da Festa do Polbo de O Carballiño como de Interese Turístico Internacional. Sinalou a relevancia socioeconómica deste certame que se celebra na localidade ourensá no segundo domingo de agosto. A responsable socialista sinala que a declaración da Festa do Pulpo como de Interese Turístico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional, de acordo coas bases que figuran na Orde ITC/1763/2006. Blanco insta á Xunta a “impulsar e apoiar todas as actuacións necesarias para axilizar a declaración do evento de Interese Turístico Internacional”. Sinala que está “máis que xustificada” para un encontro que este ano, no que celebrou a súa 55 edición, reuniu a máis de 100.000 persoas que consumiron aproximadamente 50 toneladas de polbo, sen ter en conta os actos gastronómicos e culturais que rodean á celebración.

O CARBALLIÑO E COMARCA

O Carballiño contará cunha nova ITV fixa 4 Entrará en funcionamento a finais deste mes. Redacción A nova estación fixa da ITV do Carballiño entrará en funcionamento a finais deste mes de novembro. A inauguración oficial terá lugar o día 27, luns. Esta instalación situada no parque empresarial carballiñés, e que ocupa unha superficie de 3.200 metros cadrados, contará coa última tecnoloxía, permitindo inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso os máis novos. As obras están practicamente concluídas e quedan só algúns pequenos

detalles para proceder á inauguración e apertura. Cun investimento próximo a un millón de euros, a ITV dará emprego directo a catro persoas e inspeccionará ao redor de 4.000 vehículos durante o primeiro ano de funcionamento, calculándose que para o ano 2020 os vehículos que pasen revisión serán uns 14.000. Esta nova estación de ITV do Carballiño é a segunda de Galicia que incorpora un sistema punteiro de control así como unha maneira de construción novidosa de tipo modular. O proxecto técnico

foi elaborado polos arquitectos Manuel Amor e Félix Suárez, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña, e é moi semellante ao que xa se elaborou para a nova ITV de Santiago. ITV móbil Ata agora no Carballiño só prestaba servizo unha ITV móbil, que inspeciona vehículos lixeiros durante varios días cada mes, e só unha vez ao ano aos vehículos agrícolas. Unha situación que cambiará en canto entre en funcionamento esta nova estación, dentro de poucas semanas.

A nova ITV fixa inaugurarase o vindeiro luns, 27 de novembro no parque empresarial do Carballiño

A nova ITV do Carballiño inaugurase o vindeiro 27 de novembro.

Unha casa abandonada no Irixo.

Os socialistas do Irixo piden rehabilitar vivendas 4 Laméntanse de que en máis de 30 anos non se puxera en marcha unha soa medida ao respecto. Redacción O voceiro do grupo municipal socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, vén de presentar unha moción para o fomento da rehabilitación e recuperación de edificacións e vivendas no Irixo. Na exposición de motivos, Fariñas advirte que o concello “debería velar polo futuro e progreso” do concello. Pero que a realidade é que a “deixadez” do goberno municipal fai que moitos pobos estén en “estado de total abandono ou auténtica ruína”, pola falta de ini-

ciativas ao respecto durante os últimos 31 anos. Ademais, critican que sobre un presuposto superior ao 1,1 millóns de euros fixérase unha previsión para este ano de 7.000 euros en conceptos de “construcións, instalacións e obras”. O voceiro socialista pedirá que se aplique unha exención do 100%, ademais dunha bonificación do imposto do IBI para todas aquelas edificacións ou vivendas rehabilitadas. Tamén reclamará que se habilite unha partida presupostaria para subvencionar ós particulares residentes de menos recursos.


PUBLICIDADE

Barrios Novembro 2017


Barrios Novembro 2017

XINZO E COMARCA

EN BREVE

ballos consistiron no desbroce e acondicionamento das rutas, e a colocación de sinais para o seguimento das rutas, naqueles puntos onde resultaba escasa ou confusa.

4 Entroido O pasado 7 de novembro reuniuse a Comisión do Entroido na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Esta foi a terceira asemblea sendo a máis concorrida. Estableceron o modelo de traballo que terá varios grupos: Música e actividades, Tradición, Decoración, Infraestruturas, Comunicación e Promoción, Finanzas, Burocracias e Relacións internas que terán total autonomía de reunión.

4 Xornada intercultural O venres, 1 de decembro, o CDR O Viso organiza unha xornada de convivencia intercultural no CEIP Rosalía, a partir das 17 horas. Realizaranse obradoiros, unha mesa redonda, degustación de pratos típicos, entre outros. A inscrición pódese realizar en praza Maior, 1, ou no teléfono 988 461 571.

4 Xinzo Adiante O pasado sábado 28 de outubro, Xinzo Adiante celebrou a súa Asemblea Ordinaria 2017, aberta a toda a cidadanía, na que renovou o seu compromiso de ser unha “candidatura veciñal” que dea respostas ás “necesidades e inquedanzas” da veciñanza do Concello de Xinzo de Limia. Apostouse por abrir o partido a toda a sociedade, para que este sexa un proxecto o máis aberto e inclusivo posible.

Visita á zona de actuación en Porqueira./CEDIDA.

Acondicionanse rutas entre Porqueira e Calvos 4 A Xunta destinou case 44.000 euros. Redacción A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematou senllas actuacións para o adecentamento de dúas rutas de sendeirismo que unen os concellos de Calvos de Randín e A Porqueira. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou estas actuacións, ás que

o departamento que dirixe destinou un orzamento de 43.700 euros. A directora explicou que o obxectivo desta actuación foi o de mellorar este espazo de uso público, como é a ruta de sendeirismo das fervenzas do río Fírveda, en Porqueira, e a ruta que a une coa das Carballeiras de Castelaus, en Calvos de Randín. En ambos casos, os tra-

Pasarelas En Porqueira, tamén se retirou unha ponte de madeira, que presentaba un mal estado, e construíse unha nova pasarela cunha nova barandilla protectora; e executáronse traballos de desbroce manual na contorna dos cinco muíños existentes ao longo da ruta. Por último, tamén se instalou un pasamáns no acceso ao mirador da fervenza. Por outro lado, tamén se construíu unha pasarela peatonal de madeira de nove metros de lonxitude sobre o río Fírveda, coa que se pecha o circuíto da ruta das Fervenzas neste río.

Construíronse dúas pasarelas de madeira e retirouse unha por mal estado

4 Biblioteca A biblioteca de Xinzo renovará o seu sistema informático. Substituirase o programa “Meiga” polo “Koha” que permitirá, entre outras, acceder ao fondo bibliográfico da Rede de Bibliotecas de Galicia. Prevese que remate o 5 de decembro.

4 Sanidade promove nos colexios o programa de saúde bucodental. Redacción Os CEIP dos Blancos foi o lugar elexido para comezar a campaña ‘Coidando a miña boca’ da Consellería de Sanidade sobre a saúde bucodental. Devandito programa forma parte das actividades de promoción da saúde que promove en Ourense a Consellería de Sanidade e que se oferta aos centros escolares para fomentar os hábitos de hixiene bucodental entre os escolares. A actividade está dirixida ao alumnado dos ciclos educativos de Infantil e Primaria e divídese en tres grupos, adaptando o seu contido segundo as distintas idades. Estrutúrase en tres partes: unha charla teórica que exporá as funcións dos dentes e da boca, enfermidades máis

Inicio nos Blancos da campaña de Sanidade. frecuentes e as medidas preventivas, entre outras nocións; a proxección dun vídeo coa finalidade de sensibilizar aos participantes da importancia da alimentación e da hixiene na saúde bucodental; e, para rematar, un xogo dental que axude a fixar a información recibida.

O CDR O Viso retoma as xuntanzas de familia 4 Desde 2015 participaron máis de 200 persoas.

4 Pataca O Concello de Xinzo de Limia terá unha partida orzamental de 2.000 euros para colaborar coa recén creada asociación de produtores de patacas.

“Coidando a miña boca” iníciase nos Blancos

Redacción Participantes do seminario de augardentes e licores de Galicia./CEDIDA.

Seminario sobre augardentes e licores de Galicia Unha vintena de alumnos do IES Lagoa Antela participaron nun seminario sobre os augardentes e licores tradicionais de Galicia. O seu consello regulador impartiu este seminario para dar a coñecer o seu traballo e os produtos que ampara mediante os seus procesos de control e calificación. A través dunha reprodución a escala dun alambique explicouse aos alumnos o proceso de destilación da augardente. A parte práctica constou dunha cata de distintos produtos. Máis concretamente, degustáronse tres Bagazos de Galicia, dous de diferente variedades de uva -godello e mencía- e outro envellecido, ademais dun Licor de Herbas de Galicia. Esta actividade encádrase dentro do programa anual formativo que o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia leva a cabo en diferentes centros educativos das catro provincias galegas.

O CDR O Viso retomou as xuntanzas de familia este mes de novembro por diversos puntos da comarca. Desde o ano 2015 participaron máis de 200 persoas: familias con fillas e fillos de 0-6 anos que asistiron semanal ou quincenalmente a puntos de encontro en aldeas das comarcas da Limia e Monterrei. Establecéronse os horarios e lugares de reunión nos que nenas e

nenos poderán relacionarse con semellantes, xogar, descubrir, comunicárense, ó tempo que nais, pais, avós e avoas compartirán reflexións acerca de temas de educación e crianza. Este programa, implantado a través de COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural), será financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención a programas de interese xeral para fins de carácter social.


CELANOVA E COMARCA

Operarios transportando as mallas no Xurés. /RAMSÉS.

Barreiras de malla para reter os sedimentos no Xurés 4 Trala vaga de incendios do pasado mes de outubro. R.T. A Xunta de Galicia está a traballar na estabilización do chan e de retención de sedimentos nas zonas afectadas polos incendios de outubro no Parque Natural de Baixa-Limia Serra do Xurés, ademais da Reserva Natural dos Ancares. Desde a Xunta indican que unha boa parte da superficie afectada atópase en terreos de alta montaña con elevadas pendentes, polo que os traballos terán como finalidade evitar o arrastre do chan e outros restos aos cursos de auga. Nese senso, indicou que os traballos para estabilizar o chan e favorecer a infiltración, limitar a escorrentía e reducir a chegada de sedimentos ás canles fanse mediante o

acolchado con mantas orgánicas de fibra de coco e o acolchado con palla de cereal. Para os traballos de retención de sedimentos, construíronse barreiras de malla biodegradable de coco e palla e de biomasa forestal, nas zonas de curva instalaráronse este tipo de barreiras ancoradas ao chan mediante estacas e, no caso de ser necesario, estudarase a posibilidade de empregar materiais como pedras para evitar as escorrentías. Por último, a revexetación destas zonas farase mediante o sementado manual en noiros con risco evidente de desestabilización, e de hidrosembrado en zonas de especial sensibilidade para os efectos erosivos.

O Concello da Merca declara non potable a auga da traída Redacción O BNG da Merca presenta unha moción para o próximo pleno relativa á auga. Isto é debido a que o alcalde, mediante un aviso deu a coñecer os resultados da potabilidade da auga, no que avisaba que é “auga non apta para o consumo, polo que non se deberá utilizar para bebida ou preparación de alimentos ata novo aviso” ao estar conta-

minada por Trihalometanos (THM). Por iso piden realizar un estudio técnico sobre a convenencia da ubicación da situación da zona de captación de auga; confeccinar un folleto con información clara e concisa sobre a non potablidade da auga da traída; así como charlas informativas. Ademais da redución dunha porcentaxe no próximo recibo de auga.

Desempregados de Celanova, Bande e Verea participan nun obradoiro de novas tecnoloxías 4 A iniciativa contou con 20 alumnos. Redacción A Xunta de Galicia imparte o obradoiro ‘Novicrea 4.0 Novos viveiros de emprego’ a 20 desempregados dos concellos de Celanova, Bande e Verea. O obradoiro ofrece formación en novas tecnoloxías. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outras cinco persoas destes concellos que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. O alumnado, durante nove meses, compaxina unha formación teórico-práctica en técnicas de novas tecnoloxías 4.0 co desenvolvemento dun traballo remunerado, grazas a un investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 280.000 euros. Este obradoiro conta con catro especialidades: desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web, xestión de marketing e comunicación, administración de bases de datos e desenvolvemento

Cartelle restaurará a Torre de Sande Redacción No pleno do pasado 9 de novembro, os grupos políticos do Concello de Cartelle deron o visto bo á proposta do BNG que pedía facer as xestións oportunas para poñer en valor, efectuando traballos de consolidación e restauración, da torre de Sande. O Concello comprometeuse a iniciar os trámites precisos cos propietarios, Deputación e Xunta.

de produtos audiovisuais multimedia interactivos. Así, ata o vindeiro mes de agosto, os seus alumnos levarán a cabo traballos

relacionados co deseño e realización de apps e páxinas web de información municipal, elaboración de bases de datos para mello-

Barrios Novembro 2017

rar estratexias destinadas a unha maior efectividade nos recursos públicos existentes nos concellos, e creación de audiovisuais para a promoción da riqueza patrimonial existente na zona. A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz afirmou, na súa visita a este obradoiro que “apostar pola formación e a aprendizaxe nun sector tan en auxe nestes tempos como é o tecnolóxico é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”.

A delegada da Xunta, xunto co alcalde de Celanova, na visita ao obradoiro.


10

Barrios Novembro 2017

PUBLICIDADE


CELEBRACIÓNS especial

Allariz contará con máis de 6 millóns de euros de orzamento en 2018 Un dos xardíns da edición do FIXA deste ano..

“La Memoria Olvidada” gaña o Festival de Xardíns de Allariz 4 A edición deste ano superou as marcas de visita. Redacción O xardín italiano, de Antonio del Buono, acada o primeiro posto nas votacións dos visitantes ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA). Co 20,5% dos votos o xardín “La Memoria Olvidada” é o elixido para permanecer un ano máis no recinto. Moi preto do primeiro, en votacións, co 20% dos votos, estivo o xardín “DNA, Mother of Memory” dos checos Sebastian Loder, Nina Krajcírová e Jirí Martinek. E o terceiro posto, cun 16% dos votos recaeu no xardín brasileiro “Conecta” de Fabio Azevedo da Silveira e Ananda Prata Silveira. Cifras Ademais de desvelar a decisión do público, o alcalde de Allariz Francisco García fixo balance económico da oitava edición

“unha das edicións máis visitadas e valoradas polo público”. Estímase que visitaron o festival ao redor de 40.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 31.000 euros. “O Erotismo no Xardín” O festival de xardíns está a recibir novos deseños para o vindeiro concurso de 2018. Ata o día 30 o prazo continúa aberto para recibir as propostas para o vindeiro ano baixo o lema “o Erotismo no Xardín”.

As propostas para recibir os diseños para a vindeira edición -adicada ao erotismopódense enviar ata o día 30

Medio ambiente limpa Molgas 4 Serán 12 puntos de vertidos incontrolados. Redacción A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciou os

traballos para o selado de 12 puntos de vertido incontrolado no Concello de Baños de Molgas. Os residuos foron locali-

4 Increméntase en máis de 300.000 euros respecto a este ano. Redacción O Concello de Allariz contará con máis de 6 millóns de orzamento para 2018. Concretamente 6.365.000 euros, 314.000 máis que os deste ano. O Bloque Nacionalista Galego, grupo de goberno, pretende incrementar o IPC no recibo da auga e o saneamento -o resto manteranse- dos contribuíntes, quenes aportarán máis do 50% orzamental. As inversións suporán 1,4 millóns de euros que se centrarán na mellora dos servizos e a rede viaria. Seguirase reformando o alumeado público e terá lugar a segunda fase dos camiños escolares do colexio Padre Feijoo. Ingresos e gastos Ademais dos impostos, contarán con aportacións con cargo ao patrimonio municipal (a concesión do establecemento da Fábrica de Vilanova, dereitos funerarios, vendas de parcelas no parque empresarial de Chorente, ademais de achegas doutras administracións. O 40% do gasto o leva o persoal (preto de 2,5 millóns de euros) aumentando lixeiramente con respecto ao exercicio

zados nos lugares de Quintas, Pereiro, Outeiro, Corgas, A lampaza, Portela, Martelo, Camiño do Viso, Amedo, Insua e O Penedo. O material predominante nestes puntos de vertido incontrolado son obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. Os traballos de acondi-

anterior, tendo que incluir aos traballadores do taller de emprego “Reserva da Biosfera” e as cinco persoas contratadas da Renda de Integración Social de Galicia (Risga). O rexedor comentou que o Concello contratará a xornada completa aos 20 empregados fixos-discontinuos que reduciron a súa xornada laboral en 2013. Partida O orzamento para o vindeiro ano contempla un impulso en inversión a eventos como o Mercado da Biosfera, a Feira de Outono, Semana Santa ao vivo, Roteiros culturais, Arte de man, Xornadas de carne do boi, entre outras. Intervirase en Santa Mariña cun novo programa de escavacións no Castro de Armea, ademais de realizar unha intervención no Castelo de San Salvador.

Outras actuación serán a cración dunha ruta de BTT, mellorar a praza do Matadoiro. Favorecerase o aumento da zona de pastoreo e hortícola cunha forte aposta polo campo para, entre outras, facer prevención na loita contra os incendios. Coa modificación do convenio coa comunidade de montes de Penamá aumentarase o número de exemplares para o programa de cría de bois. Débeda Desde o goberno local estiman que a débeda, a 31 de decembro, esté nos catro millóns de euros, e agardan baixar 300.000 máis no vindeiro ano.

O 40% do gasto para 2018 irá a persoal

Francisco García, alcalde de Allariz.

cionamento consistirán na recollida, clasificación e retirada do material, na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Esta actuación ten un importe de 56.343 euros. A limpeza destes puntos permite minimizar e corrixir os impactos orixinados, logrando a integración do lugar co seu entorno e eliminar o hábito de seguir depositando lixo nestes lugares.

Un vertido en As Quintas.

Barrios Novembro 2017

11

EN BREVE 4 Paderne de Allariz O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou a parcela onde construirase o novo ventro de saúde de Paderne de Allariz. O orzamento da obra é de algo máis de 635.000 euros e ten un prazo máximo de execución de nove meses. O novo centro disporá dunha pranta baixa (con tres zonas diferenciadas) ademais de aparcadoiro.

4 Violencia de xénero O Concello de Maceda pon en marcha, nos centros educativos, un programa de prevención de cara á promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. No IES San Mamede estase a levar a cabo un obradoiro e prevención da violencia de xénero dirixido ao alumnado de 4º de ESO, mentres que no CEIP de Maceda desenvólvese un denominado “Música sen violencia”.

4 Feira do Outono A Feira do Outono de Allariz recén rematada foi a que contou con máis asistencia de todas as celebradas ata a data. En canto aos premios, Marcos Atrio e Xesús Fariñas, de Mel da Ziralla, levárono no apartado de mellor posto e o queixo do Rexo foi elexido como o produto estrela. Tamén houbo un premio de 150 euros para a mellor tapa fría do evento.


12

Barrios Novembro 2017

PROVINCIA

200 pacientes estrearon xa o novo edificio de hospitalización do CHUO Con estes primeiros traslados culmínase a centralización do servizo de Medicina Interna nas plantas quinta e sexta do novo edificio e a creación da nova Área de Neurociencias. Ao redor de 200 pacientes hospitalizados nos Servizos de Medicina Interna, Neuroloxía e Neurocirurxía estrean, desde outubro, as novas instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense no Edificio de Hospitalización,que está previsto acade a súa plena ocupación a finais de novembro. Este traslado progresivo permite garantir as máximas medidas de seguridade e eficiencia, mantendo a plena normalidade asistencial no resto de unidades e servizos, así como a continuidade asistencial nas novas instalacións. Nos operativos dos traslados participaron ao redor dun cento de profesionais, das distintas categorías, que formaron diversos equipos de entrega, traslado e ingreso dos pacientes, así como de atención aos seus achegados. Para garantir ao máximo a seguridade dos pacientes, ademais do persoal dos devanditos equipos, contouse cun equipo de Primeira Intervención, formado por un médico, enfermeira e auxiliar, con equipamento de emerxencias para atender calquera incidencia.

22.623 hectáreas afectadas pola vaga de lumes en outubro en Ourense 4 Foi a provincia galega máis danada. R.T.

Nos operativos de traslado de pacientes participaron un cento de profesionais. Continuidade O Plano Operativo de Traslados deseñado pola Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense ten por obxectivo fundamental que non incidan na continuidade asistencial do complexo, causando a menor alteración posible no conxunto dos pacientes e garantindo, en todo momento, tanto a seguridade dos que se trasladan como dos que permanecen hospitalizados ou ingresen nos días previstos de traslado. Con este mesmo obxectivo, nas pasadas semanas

O conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez, percorreu o novo edificio xunto a profesionais do centro.

realizáronse visitas guiadas para o persoal, profesionais e asociacións de pacientes, implicados no sector saúde de Ourense. Ata o traslado ás novas instalacións de todas as unidades de hospitalización previstas, as entradas ao Complexo, de pacientes, profesionais e visitantes, manterase polos accesos habituais. Hospital integrado e cohesionado As novas instalacións fan realidade a esperada ampliación do CHUO, que conta agora cun novo edificio de dez pisos mais cuberta, a maior parte, sete plantas, adicadas á habitacións e áreas de hospitalización, ben comunicadas co resto das áreas nas que se manterán os ingresos (Cristal, Materno e Cirúrxico) así como coas áreas cirúrxicas, de probas diagnósticas, urxencias e críticos. A ampliación está a permitir redistribuir os servizos internamente, centralizando a hospitalización nun único núcleo; reservar o Sta. María Nai como centro de consultas externas e probas ambulatorias, e especializar o Materno-Infantil, na atención infantil e do proceso de embarazo e parto.

4 Quessada Un convenio de colaboración, asinado entre a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e a Fundación Quesada permitirá a tódolos ourensáns desfrutar da obra de Xaime Quessada e Xaime Quesada Blanco, no seu paso polo novo edificio de hospitalización. Este acordo recolle a cesión gratuíta de vintecinco obras pictóricas de ambos autores, situadas no andar principal e nos vestíbulos de acceso ás sete plantas de hospitalización, contribuíndo a humanizar, mediante a arte, os novos espazos sanitarios públicos. O xerente, Dionisio López Bellido, destacou que estas obras “contribuirán a facer mais agradable o paso polo hospital de pacientes, profesionais e visitantes”. Pola súa banda, María Jesús Blanco, presidenta do Fundación e tamén nai e compañeira dos autores, subliñou que esta iniciativa entronca co desexo do gran pintor ourensán de expoñer co seu fillo, e tamén por levar o arte á cidadanía a través da exposición en espazos públicos.

A Consellería do Medio Rural rematou a xeorreferenciación do territorio afectado durante a vaga de lumes de outubro. O informe indica que en total foron 49.000 as hectáreas, en 264 incendios, afectadas en todo o territorio galego, sendo a nosa provincia a maís afectada, con 22.623 ha. No que ten que ver coa superficie danada en Rede Natura, en Ourense ascende ás 6.769,39 hectáreas. Como dato, indicar que na fin de semana “negra” de outubro queimouse máis superficie (49.000 ha) que en cada ano ata 2007 (en 2006 e 2005 queimouse máis monte). Consellería A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, afirmou no Parlamento que a Xunta actuou antes, durante e despois dos lumes con anticipación, cun dispositivo nunca antes mobilizado nun mes de outubro e con axudas inmediatas para reparar

os danos. Insistiu en que os 5.600 efectivos que estiveron a disposición tiveron que facer fronte non só ao lume, senón tamén a unha situación meteorolóxica extrema e, sobre todo, a unha acción incendiaria inxente. En relación coas responsabilidades na prevención dos lumes, dixo que “todos temos obrigas”, incluídas as diferentes administracións –nomeadamente os concellos– e os propietarios forestais. Neste sentido, sinalou que a Xunta traballará para fomentar que todos os municipios conten con brigadas contra o lume e que se algún non as ten agora “é porque non as quixo”, porque Medio Rural achega 33 millóns de euros en tres anos para contribuír a financialas.

Na fin de semana “negra” de outubro queimouse máis monte que en cada ano dos seis anteriores

Incendio rexistrado en Carballeda de Avia durante a fin de semana “negra” de outubro. /B. LORENZO.


OCIO E CULTURA

Barrios Novembro 2017

13

Contemplando as estrelas dende A Veiga

A localidade ourensá terá un observatorio astronómico cun planetario e dúas cúpulas con telescopios de última xeración. Programaranse alí actividades formativas e exposicións. A Veiga pode presumir de ter o cumio máis alto de toda Galicia, Pena Trevinca, e mesmo de contar cun espazo natural protexido que ocupa case 25.000 hectáreas. Pero xa ten o privilexio de ser tamén lugar de culto para milleiros de afeccionados á observación astronómica. Porque, como destino turístico Starlight, está considerado como un dos mellores puntos do planeta para contemplar as estrelas. É por iso polo que moi pronto contará cun novo observatorio astronómico que permitirá gozar á perfección de fenómenos como as choivas de estrelas das Perseidas ou mesmo as das Xemínidas, grazas aos telescopios de última xeración que se instalarán neste novo edificio, creado, ademais, con criterios de eficiencia enerxética e no que se empregarán enerxías renovables. Para que os afeccionados se sintan nun entorno real, o observatorio contará cun planetario para aproximadamente 60 persoas no que se recreará o universo mediante proxeccións especialmente deseñadas para todos os públicos. E ademais de contemplar as estrelas tamén se poderá coñecer todos os segredos da astronomía. Porque este novo espazo será posto á disposición das universidades galegas para organizar cursos de verán, tanto no eido

turístico como científico. Tamén haberá charlas, obradoiros e mesmo un espazo para exposicións. O observatorio, impulsado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, reforzará A Veiga como primeiro territorio galego en acadar a certificación de Destino Turístico Starlight, o selo outorgado pola Fundación Starlight que o acredita como lugar de referencia cunha excelente calidade do ceo e que tamén é un exemplo de protección e conservación. A Veiga A Veiga é un municipio da comarca de Valdeorras, ao sureste da provincia de Ourense, dentro da cal é un dos concellos de maior extensión. Este municipio atópase nunha zona de alta de alta montaña, contando co cumio galego de maior altura, Pena Trevinca, que acada os 2.124 metros, así como co encoro de Prada, que aproveita o curso do río Jares, un afluente do Bibei, e cuxa presa, construída en 1958, ocultou ao pobo de Alberguería o 9 de maio de 1959.

O observatorio contará cun planetario para 60 persoas no que se recreará o universo mediante proxeccións

A Veiga foi recoñecido como un dos mellores puntos do planeta para ver as estrelas.

Galicia, destino Starlight

Lagoa Ocelo en A Veiga.

A Veiga foi o primeiro municipio de Galicia en acadar este recoñecemento e neste tempo soubo aproveitar o potencial do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico, fomentando o turismo astronómico. Especialmente atractivo para a observación é o espazo triangular limitado polos vértices da Tablilla das Lagoas, Pico Maluro e O Rañadoiro, dentro do Espazo Natural Protexido de Pena Trevinca, declarado zona ZEC e ZEPA e colindando co Parque Natural de Sanabria. Xunto a Veiga, este recoñecemento tamén o ostenta o Parque

Nacional das Illas Atlánticas. En total son, ata agora, só 16 puntos do mundo os afortunados en contar con este distintivo, que valora que sexan lugares visitables, que gozan de excelentes cualidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación lumínica, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas neste recurso natural. Así, o Camiño de Santiago, o patrimonio cultural, o patrimonio natural, a gastronomía e agora tamén a astronomía fan de Galicia un destino turístico incomparable.


14

Barrios Novembro 2017

OCIO E CULTURA

Entrevista Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín

Carlos Montero: “Este ano quixemos dar o paso de internacionalizar o festival” 4 Falamos co director do Festival de Curtas de Verín para coñecer polo miúdo a organización desta exitosa iniciativa cultural. Miguel Rejo

documentais en realidade virtual, para as que se precisab as gafas de Google glass. Non sei se chegarán a tempo, pero intentaremolo.”

Do 1 ao 10 de decembro chega a segunda edición do Festival de Curtas de Verín, con máis de 800 traballos procedentes de ata 15 países distintos, entre os que se inclúen Brasil, Arxentina, Colombia, Francia ou Corea del Sur. Falamos con Carlos Montero, o seu director, para coñecer todos as novidades deste ano. Logo do éxito da primeira edición, que foi unha especie de proba, como vos plantexastes esta segunda? Carlos Montero: “Este ano quixemos dar o paso realmente de internacionalizar o festival, polo que temos moitas máis curtas internacionais de festivais como Locarno ou Cannes. Hai un salto cualitativo bastante grande. Ademais, temos estreas internacionais e nacionais, e contamos cun abano de actividades paralelas como un taller de tres días para facer cine na casa, de Maider Fernández, directora vasca moi recoñecida. Tamén está a “Nouvelle Vague”, cun cine máis clásico pero que trata dun movemento moi importante do que todo o mundo coñece algunha película ou lle soan algunhas cousas. Neste visionado ao rematar haberá debates. Mantemos as actividades para nenos con talleres para maquillarse e atrezzo. Continuamos co a idiosincracia do festival, que é

“Temos un dobre traballo de selección, as curtas que recibimos e as que rastrexamos”, explicounos Carlos

Cal é o orzamento desta edición? C.M.: “Calculo que o orzamento chegará aos 49.000 euros. 40.000 aportaos o Concello de Verin e o resto con patrocinios. O ano pasado foran 40.000 euros, pero tirando de favores, que agora non me pareceu ético nesta segunda edición.”

Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín. /MIGUEL REJO.

“Aos máis cinéfiles recomendaríalles que non se perderan a actividade da “Nouvelle Vague”. Virá Nicolás Azalbert, crítico da revista francesa Cahiers du Cinema”, adiantounos emigración, fronteira e entroido, que forman parte da vida e historia de Verín. E aumentamos unha categoría máis, para dar cabida a moitas curtas que quedaban fóra, e que era unha pena pola súa calidade”. Cantas curtas recibistes este ano? C.M.: “O ano pasado antes de empezar contabanos recibir sobre 100 e recibimos 600. Este ano chegaron a 800 con moi pouco tempo de antelación, polo que cremos que poderiamos ter chegado ás 1.000. Seleccionar as curtas era moito traballo e este ano axudounos a figura do programador, que é Gonzalo Veloso, pois a ano pasado eramos só 3 e era unha tolemia. El o que fai é ir por festivais de todo o mundo e vai seleccionando o que cree que pode valer pola súa experiencia, sabendo a nosa temática principal. Temos un dobre traballo de seleccion, os que recibimos e os

que rastrexamos”. Cal é a nova sección que incorporastes? C.M.: “O ano pasado vimos que ao ter esas tres seccións tan pechadas quedaban moitas cousas fóra, e o que metiamos era con calzador. Pensamos, entón, en manter as seccións de emigración e fronteira baixo un mesmo nome: “Horizontes”, que ten un fío conductor en todas as películas que se poden ver cunha temática de vida en zonas de conflicto; e mantemos a sección do entroido, pero reformulada nunha máis vangardista, dende o punto de vista do entroido como metáfora da máscara, e chamámola “Unha nova mirada”, como esa mirada a través do espello. A sección que incorporamos chámase “Nova”, e recolle o que é o cine contemporáneo de calquera temática fuxindo do comercial. Outra sección é a “Galego/portuguesa”, onde en-

tran curtas desta temática, co fin de ter unha sección do noso cine, o que se fai aquí. Hai unhas 10 películas galegas e 10 portuguesas.” Onde se desenrolará o festival? C.M.: “O auditorio será onde se celebrarán a maioría de actos. Haberá un par de actividades no salón de actos da Casa da Cultura e algunhas proxeccións. Ademáis, na sala pequena de auditorio haberá, a maiores, unha máster de

Que persoal necesita o festival?. C.M.: “Aproximadamente 20 persoas. O ano pasado foron todos voluntarios, sen os cales non sería posible levalo a cabo. Este ano intentaremos que teñan algún tipo de contrato ou remuneración económica os que máis colaboren e algúns voluntarios”. Que recomendarías que os amantes do cinema non se perderan este ano? C.M.: “Aos máis cinéfilos recomendarialles que non se perderán a actividade da “Nouvelle Vague”, que son cinco días e é moi potente. Vai vir Nicolás Azalbert, crítico da revista de cine francesa “Cahiers du Cinema”, que fará as delicias dos máis académi-

cos e puristas do cine. Tamén me parece moi interesante o taller para achegar o cine ás persoas, que creo que achegara ao pobo o festival, creando unha cultura de cine. O ano pasado estas actividades eran como unha introdución, non queriamos pasarnos de puristas, e este ano son para todos os públicos, demos ese pequeno salto”. Cal é a aposta máis arriscada que facedes? C.M.: “A reconversión da sección de entroido nunha sección de cine máis vangardista si que poder haber xente que diga, “uff, que me pos aquí!”. Hai de todo, pero si que haberá películas coas que arriscamos un pouco, que igual non son para todos os públicos”. Por último, xa estades a traballar na terceira edición? C.M.: “Si. Hai moitas cousas que quixen facer este ano pero non puiden. Por exemplo, facer o festival no verán porque quería levar o festival á rúa, e porque hai máis xente. Facer concertos máis días. Era a idea orixinal pero non se puido por tema de datas e orzamentos. E iso que nos sorprendeu a aceptación e a acollida por parte do público nestas datas.”

Para a organización deste festival é precisa a colaboración duns 20 voluntarios.


PUBLICIDADE

Barrios Novembro 2017

15


16

Barrios Novembro 2017

OCIO E CULTURA

Entrevista a Edelmiro Vázquez Naval, poeta

“Unha vez díxenlle a unha persoa á que apreciaba moito -Marcos Valcárcel-, que un soneto era o mesmo que un teorema ben demostrado” 4 Edelmiro Naval preséntanos a súa última publicación “Poesía reunida”. R. Torres En 1988 escribiu un libro “As voces da saudade”, que foi premio Cidade de Ourense; en 1996 foi “O rito do regreso” e no 2010 publicouse “As luces de noutrora”. A nova obra de Vázquez Naval, Poesía reunida (1988 – 2017), editada por Editoria Eurisaces, recolle os tres poemarios anteriores mais o inédito Temporais pasaxeiros (poemas escritos entre 2011 e 2016) que pode facer de epílogo dos outros tres. Que se vai atopar o lector cando lea Poesía reunida? Edelmiro Naval: “Temáticas que definen a miña obra poética; que son: a pegada que deixa o paso do tempo (a memoria); os afectos, tanto os vividos no sentido de traelos ao presente. Non lamentarse polo pasado senón traelo para iluminar o presente e, incluso os proxectos do futuro. Outra pequena temática que hai nalgúns poemas é poesía intimista con certos tonos existenciais con certa expresión da saudade existencial. Tamén hai un número de poemas que son de temática social”.

é bastante clásica -utilizo moito o endecasílabo-. É clásica nese sentido, despois a temática trata de instalarse en temas actuais. De feito, poetas que influenciaron en min son: Baudelaire, Rimbaud, Emily Dickinson. Como di Claudio Rodríguez Fer no prólogo -de Poesía reunida- son un poeta clásico e a veces clasicista. Na miña poesía hai moito soneto”. Máis de 50 anos de vida poética. E.N.: “Practicamente. Vivín un pouco deslumbrado pola poesía ata os 22 anos que empecei a facer matemáticas; houbo un período que, aínda que seguía sendo lector, non escribía. Ata esa idade escribía e levei premios”. Cando empezaches a sentir curiosidade pola poesía? E.N.: “En cuarto de Bacharelato, cando tiña uns catorce anos máis ou menos”.

Era o normal nesa época esa paixón pola poesía? E.N.: “Eu estudiei os seis primeiros anos nun Seminario e nese mundo que era moi reducido e limitado unha escapatoria perfecta era a literatura. Eu era un rapaz moi tímido e para min descubrir a Juan Ramón Jiménez, a Lorca -que había que lelo un pouco escondidos-, aquelo era unha cousa totalmente fascinante”. >>”Depois gañei a vida coas matemáticas pero nunca perdín a afección pola literatura” Es matemático. Cómo compaxínanse as letras e as ciencias? E.N.: “Iso é unha pregunta que sempre se fai e non vexo ningunha contradicción entre elas. Unha vez díxenlle a unha persoa á que apreciaba moito (Marcos Valcárcel), que un soneto era o mesmo que un teorema ben demostrado; percíbese a mesma beleza nun soneto

Cóntanos un pouco a túa traxectoria poética. E.N.: “Según a definen algúns críticos literarios

“>As temáticas da miña obra son a pegada que deixa o paso do tempo (a memoria); os afectos, tanto os vividos no sentido de traelos ao presente”

ben feito que a demostración de que o conxunto dos números primos é infinito, por exemplo. Para min teñen a mesma validez estética”. En que temática te atopas máis cómodo? E.N.: “Todo o mundo di que o que máis inflúe na miña poesía é a memoria, o paso do tempo, o mundo da infancia. A miña infancia é rural, desenvolveuse nun pobo de Toubes (A Peroxa). Alá polos anos cincuenta e pico, nese mundo que era totalmente distinto ao de agora, e que me é imposible non regresar constantemente a el. Pero non recurro a el coma un refuxio, volvo para que me ilumine a miña vida actual. Esa é a miña fonte de inspiración: a familia, os afectos, a infancia,...”. Hai evolución na túa poesía? E.N.: “Si, aínda que hai sete ou oito temas fundamentais. Para min ten moita importancia o valor formal dun poema. O contenido é moi importante ao igual que a forma de expresar o mesmo. Ten que haber unha perfecta simbiosis entre eso. Eu non creo que os poemas se fagan en cinco minutos, aínda que penso que os teus mellores están aí, no teu interior, e que si que saen pronto. Por exemplo neste -Poemas reunidos- haberá 10 ou 12 que me xustifiquen a min”. E tes algo de prosa? E.N.: “Teño algo pero non publicado. Un relato de ficción duns 60 folios que se títula “O neno e o forasteiro”. O forasteiro é o pai do neno e centrada na vida rural”.

Edelmiro Naval co seu editor, Javier González. /RAMSÉS.

Houbéralle gustado ser

Edelmiro Vázquez Naval./RAMSÉS. escritor profesional? E.N.: “Imposible. Co meu nerviosismo seríame imposible ir de escritor polo mundo”. Por norma xeral, os poetas clásicos facían as súas mellores obras cando máis atormentados estaban. Pásalle o mesmo a Edelmiro? E.N.: “Se estás moi atormentado non escribes nada. Si que pode sedimentarse e aflorarse nos poemas “. Xa ten novas poesías na mente? E.N.: “En mente si pero non quero acelerarme. O

que si teño claro é que teño que romper cos anteriores. Estes xa tiveron o seu principio e fin. O próximo xa será un máis centrado na miña idade; máis sosegado”.

Eu estudiei os seis primeiros anos nun Seminario e nese mundo que era moi reducido e limitado unha escapatoria perfecta era a literatura

4 Editorial Eurisaces A editorial ourensán Eurisaces - de Chandrexa de Queixa- publica “Poesía reunida”. A obra pódese mercar, a 21 euros, nas librarías de Ourense e nas máis importantes de Galicia. Ademais dos poemas de Edelmiro Vázquez Navan, Poesía reunida conta cun prólogo de Claudio Rodríguez

Fer e un epílogo de Luís Álvarez Pousa. Ao fronte de Eurisaces está Javier González, editor que ten preferencia polas obras de calidade antes que polos nomes quenes a firman. “Por iso apostamos por “Poesía reunida”, pola súa enorme calidade”, aseguraba Javier González.


OCIO E CULTURA

Barrios Novembro 2017

17

Festival solidario en Carballeda de Avia

“Raclette” chega a Verín

EN BREVE

4 A obra teatral, de Ibuprofeno Teatro, representarase o venres 24 de novembro.

4 A vaga de lumes do outubro é o motivo deste festival.

Redacción

Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro, a sala de exposicións do Concello de Verín acolle a mostra fotográfica “Descrenza”,. Organizada pola Asociación “Os Potiños”, en colaboración co ente municipal. A mostra estará aberta de luns a venres, de 17 a 21 h; sábados, de 10 a 14 e de 17 a 20:30 h.

Redacción O día 15 de outubro o Concello de Carballeda de Avia viuse asolado pot unha vaga de lumes que arrasou co 75% da súa estensión. Arderon 15 casas e faleceu unha persoa. Por isto, o concello viuse, económicamente, nunha situación precaria para poder prestar a axuda necesaria requerida pola situación. A “escasa” aportación das administracións autonómica e estatal fixo que se viran na necesidade de facer actividades con fins recadatorios. Desde o día seguinte da traxedia creouse unha conta solidaria. Este sábado, 18 de novembro, chega unha das actividades. Trátase do festival solidario “Non máis lumes”. Proxectarase un video da zona antes e despois do incendio. Ás 17 horas, abriranse as taquillas e sairá en autobús da espla-

nada do colexio de Carballeda cara a ruta pola zona afectada. Ás 18 horas, concerto de Germán Díaz, Pablo Pascula e Benxamín Otero na igrexa de Abelenda das Penas (prezo de 7 euros); ao remate retorno ao colexio en bus. Ás sete da tarde, apertura do recinto do festival en Carballeda de Avia, con entrada de 10 euros. Actuarán os grupos Xía pandereteiras, De pé feito, Man da moura e Eikasía. Ao rematar o festival farase reconto e entregarase un cheque simbólico ao alcalde. Rematará o acto cunha chocolatada e foliada aberta a todo o mundo. Altruismo Tanto os músicos como a comida e bebidas que se ofrecerán neste evento, así como o persoal e a organización, é totalmente altruista.

Cartel do festival solidario de Carballeda de Avia.

A obra teatral “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, chega ao Auditorio de Verín o venres 24 de novembro -ás 20:30 horas-. Está obra está pensada para un público adulto e a entrada é completamente de balde. As entradas xa están dispoñibles no propio Auditorio Municipal. A obra, dirixa por Santiago Cortegoso, ten unha duración de 75 minutos. Trama Esta “Raclette” urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para acabar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia. Os cinco personaxes conforman un complexo mosaico humano: un

choque entre visións do mundo que se volven incompatibles, pero que teñen que convivir a pesar das diferenzas. Son cinco persoas que están a pasar por momentos cruciais nas súas vidas, momentos de cambios, de inestabilida-

de, marcados por acontecementos que deixarán pegadas profundas para o resto da súa existencia. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora aos seus integrantes.

4 Premio

O CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio foi galardoado pola Xunta de Galicia nos premios a proxectos de formación permanente do profesorado 2017. A contía deste premio ascende aos 2.000 euros de asignación extraordinaria. Na provincia de Ourense, o de Vilar de Barrio foi o único centro premiado.

4 Cinema

A obra “Reclette” representarase en Verín o día 24.

4 Magosto en Vilardevós Un grupo de veciños de Vilardevós celebrou o magosto. Dúcias de persoas reuníronse para festexar a festividade cunha boa cea na que non faltou o churrasco, chourizos, viños, sardiñas e bica. A velada estivo amenizada polo grupo Sabor Latino.

4 “Descrenza”

O Concello de Vilardevós tamén festexou o magosto.

O Cine Club do Carballiño proxecta este venres, 17 de novembro, a produción de cinema independente “Paterson”. Será en dobre sesión de 20,00 e 22,30 h., esta última en versión orixinal subtitulada.


18

Barrios Novembro 2017

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Miguel Ángel, Premio Ourensanía 2017, “un exemplo do mellor Ourense”, afirma Baltar O presidente da Deputación anunciou que as Copas Deputación de fútbol pasarán a denominarse “Copa Deputación Miguel Ángel”, e que manterá conversas coa Peña Madridista “Miguel Angel” “para que os recordos da súa carreira futbolística sexan musealizados” O exfutbolista ourensán Miguel Ángel González Suárez recibiu o pasado 11 de novembro o VII Premio “Ourensanía”, un galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. No acto oficial de entrega do galardón, celebrado no Teatro Principal, que contou, ademais do galardoado, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o titular do goberno provincial destacou que Miguel Ángel “é un exemplo do mellor Ourense, exerce de ourensán, non esquece as súas orixes e as predica sempre con orgullo”, remarcando o seu carácter “de home agradecido coa súa terra e coa súa xente”. Manuel Baltar subliñou “a nobreza, a grandeza e a sinxeleza de Miguel Angel, aspectos que o acompañaron durante a súa carreira no Real Madrid”. O presidente da Deputación lembrou o alcume de Miguel Ángel, “el Gato”, polas súas especiais calidades como gardameta, “ese Gato que tamén é o símbo-

lo da banda de rock nacional de máis éxito: Los Suaves, a quen entregamos hai poucas semanas a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense”, e dixo que Miguel Ángel foi tamén “precursor da galeguización, formando parte dunha campaña en favor da nosa lingua, na que colaboraron nos anos oitenta outros galegos como Fernando Rey, Camilo José Cela, José María Calviño, Adolfo Domínguez, Rosalía Dans e Álvaro Pino. Un compromiso de Miguel Ángel coa nosa terra e a nosa lingua; el quere a Ourense e Ourense o quere a el”. No seu discurso, Manuel Baltar anunciou que as Copas Deputación de fútbol pasarán a denominarse a partir da próxima tempada “Copa Deputación Miguel Angel”, e asemade, engadiu que manterá conversas coa Peña Madridista “Miguel Angel” “para que os recordos da súa carreira, eses tesouros futbolísticos, sexan musealizados para o goce dos ourensáns e de quen nos visite. Para un Miguel Angel eterno”, expresou Baltar. Pola súa banda, Miguel Ángel, quen recibiu o premio, consistente nunha figura de bronce do escultor Xosé Cid, expresou o seu agrade-

Deputación e Valdeorras honran a Florencio Delgado

Acto de homenaxe nos Peares a Rodolfo Prada

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na Casa do Pobo de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) na homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán, “cantor de Galicia e defensor da galeguidade”, expresou o presidente do goberno provincial, quen destacou a importancia “de relanzar a figura deste insigne poeta e galeguista valdeorrés para que a súa obra e o sentimento que transmite de amor á nosa terra sigan vivos nas lembranzas dos maiores e nas ilusións dos máis novos”. Todos destacaron a súa importancia galeguistas no século XX.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo nos Peares, no acto de homenaxe promovido pola institución provincial ourensá en favor do galeguista Rodolfo Prada, no 37º aniversario do seu pasamento, que Prada “foi quen de unir coa súa intelectualidade a Xeracíón Nós e a Transición, nun longo periodo que abrangue gran parte do século XX, no que Rodolfo Prada participou en todos os movementos galeguistas do dito século”. Home de confianza de Castelao na Arxentina, Rodolfo Prada “destacou –afirmou Baltar- polo se ourensanismo militante en América, sendo un dos

Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta, Núñez Feijoo, entregando o premio Ourensanía 2017 a Miguel Ángel. cemento á Deputación de Ourense a ao seu presidente, afirmando que se sinte “emocionado e agradecido, porque ser de Ourense sempre é gañar, e aínda que subir a un escenario a falar, para min, é máis difícil que parar un penalti, neste instante doulle as grazas ao deporte a todos por vivir este

ourensáns máis universais”. No acto, que tivo lugar na sede do Consorcio dos Peares, participou tamén a neta de Rodolfo Prada, María Soledad Prada -quen visita por primeira vez Galicia, procedente de Chile, país no que reside-; así como familiares do intelectual ourensán e representantes institucionais, culturais e sociais. Soledad Prada destacou que seu avó “sempre considerou un privilexio pertencer a unha terra como Ourense e Galicia”, Manuel Baltar expresou que Prada “participou desde América, en todos os movementos da actividade galeguista do século XX, pasando por un estreito con-

gran momento”. No seu discurso tivo palabras de lembranza e agradecemento para Luis Soria, o seu primeiro adestrador e que fixo posible que chegase ao Real Madrid, e tamén para os seus excompañeiros Emilio Butragueño e o porteiro Agustín Rodríguez, ámbolos dous presentes no acto.

Deputación e CEO impulsan iniciativas para a exportación O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, presentaron unha nova iniciativa, no marco do Plan ExportOU de apoio á internacionalización de empresas ourensás. Trátase do Servizo Integral de Reforzo Exportador, un sistema dirixido a empresas ourensás que aínda non exportan e queren dar os seus primeiros pasos nesa etapa. O obxectivo é que os empresarios poidan visualizar toda a realidade do proceso de exportación: vantaxes, dificultades, asesoramento e guía para o desenvolvemento de procesos. Preténdese “incrementar a competitividade das empresas da provincia de Ourense e aumentar o número das que exportan”, afirma Manuel Baltar. Neste caso o goberno provincial destina unha axuda de 100.000 euros. “Difundir internacionalmente a “marca Ourense” é unha fortaleza e unha oportunidade para as empresas e para toda a provincia, xa que apoiando a internacionalización promovemos novas oportunidades de negocio e axudamos a empresas e emprendedores a abrir novos mercados”, explica Baltar. O presidente do goberno provincial avanzou que para 2018 a Deputación de Ourense seguirá colaborando económicamente coa CEO.

Manuel Baltar e Soledad Prada. tacto cos homes da Xeración Nós e con Castelao”. Baltar avanzou que antes de rematar 2017, “aquí nos Peares, diante do predio onde estivo a casa na que naceu, inauguraremos un monumento na súa

lembranza, obra de Manuel Buciños, para que as novas xeracións saiban quen foi Rodolfo Prada; un ourensán exemplar que soñou e viviu sempre pensando e facendo encol de Galicia”.


PUBLICIDADE

Barrios Novembro 2017

19


20

Barrios Novembro 2017

DEPORTES

Fernández e Gutiérrez vencen en Monterrei

Nova vitoria de Feijoo Redacción Iván Feijoo vencía a pasada fin de semana na categoría sub 23, na penúltima proba puntuable para a Copa de España. Celebrada na localidade vasca de Elorrio, no medio dun bo bulleiral, este triunfo válelle para afianzarse ao fronte da clasificación xeral da Copa a falta dunha soa proba, a que se disputará en Valencia o 17 de decembro. Esta vitoria supón distanciar un pouco máis ao seu gran rival, o catalán Jofre Cullel. Iván entraba en meta como sexto absoluto noutra gran carreira. En júniors, Carlos Canal só podía alcanzar a sétima posición, mentres que en mulleres cadete, Noela Saa era quinta. En cadetes, Martín González finalizaba décimo segundo. Unha vez máis, o conxunto da Academia Postal - Actyon MMR segue logrando podios en cada unha das probas da Copa de España que disputa. Copa Galicia Tamén se disputaba esta fin de semana unha proba da Copa de Galicia en Santiago. Participaron Román Saa proclamándose vencedor na categoría sub 23, con Raúl González en terceira posición.

Iván Feijoo.

4 Na cuarta edición da súa proba popular. Redacción Presentación no salón de plenos do Concello de Ourense da 41ª edición da carreira popular do San Martiño. /I.OSORIO.

10.958 inscricións na carreira do San Martiño 4 A 41ª edición da decanas das populares galegas celébrase este domingo 19. Redacción O domingo 19 de novembro volverá ser unha xornada de éxito no deporte ourensán. Ese día, as rúas da cidade acollen a 41ª edición da carreira popular do San Martiño, emblema da cidade das Burgas e decana das probas populares de Galicia. Rematado o período de inscricións, a cifra total de anotados é de 10.958; dos cales, 2.753 participarán na carreira de cativos (1.400 metros), 3.937 na escolar (3.700 metros) e 4.268 na absoluta (10 quilómetros homologados). Premios Os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta -tanto en categoría masculina como feminina- terán un trofeo, ademais de premio

en metálico. Os primeiros (home e muller) levaranse 1.000 euros; os segundos, 700 euros; os terceiros, 500 euros; os cuartos, 300; e os quintos, 200. Para os corredores locais haberá premio aos tres primeiros. Os primeiros, 200 euros; os segundos, 150 euros; e os terceiros, 100, ademais dos seus respectivos trofeos a todos eles. Haberá un premio especial para o máis rápido no ecuador da proba. O atleta que chegue primeiro -e remate a carreira- ao quilómetro 5 terá un premio de 300 euros (premio Caixabank) na categoría masculina e feminina. Ademais, hai un premio de 500 euros para o que logre batir o récord da proba (en homes está en 28:49 minutos, e en mulleres en 32:45, ambos acadados na edición de 2010).

Recollida de dorsais Este ano a recollida de dorsais cambia de ubicación. Pasa do pavillón municipal dos Remedios a Expourense. Este cambio débese a que este ano o recinto feiral acolle o I Salón de Turismo activo e deporte “Sportur”. Ademais, no marco desta feira entregaranse os premios do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que vén de rematar o pasado mes de outubro.

A entrega de dorsais terá lugar en Expourense coincidindo con Sportur - I Salón de turismo activo

O municipio de Albarellos do Concello de Monterrei organizou o pasado 5 de novembro a cuarta edición da carreira popular “Monterrei é 10”. Unha carreira de 10 quilómetros homologados sobre un circuíto (de 5 quilómetros) totalmente chan que tan só o afeou o vento en contra nalgún tramo do mesmo. Dúas voltas tiñan que dar os preto de 150 inscritos para completar os 10.000 metros. Alex Fernández, recuperado dunha lesión e cun tempo de 31:22 minutos, foi o vencedor na categoría masculina con sete segundos de vantaxe con respecto de Rubén Diz (31:29). Os dous atletas defenderán este ano as cores do Ourense Atletismo. No terceiro escalón do

podio, situouse Pepe Márquez, a algo máis de dous minutos (33:31). En categoría feminina, Yolanda Gutiérrez venceu ao sprint a Sonia Teijeiro; ámbalas dúas pararon o crono en 39 minutos e 15 segundos. Tres segundos máis atrás (39:18), Ana María Ocampo alzouse coa terceira posición, nun dos podios máis apretados que se recordan. Por equipos En canto á clasificación por equipos (tiñan que coontar con catro integrantes dos que alomenos un tiña que ser muller), o mellor foi o de Runmaniak (formado polos tres primeiros homes -Fernández, Diz e Márquez- e a terceira muller -Ocampo-), segundo foi Ourensanía (Hermida, Rodríguez, Otero e Teijeiro) e o terceiro lugar sería para Limiactiva (Díaz, Galiña, Feijoo e Nagihi).

Podio da clasificación por equipos.


OCIO E CULTURA

21

III “Carballiño Comedy”

4TRIBUNA ABERTA

Redacción

Este ano non hai cogomelos que levar ao prato Existen miles de especies de fungos e dos seus froitos, os cogomelos en Ourense. Todos precisan para desenvolverse nunhas condicións concretas de humidade e temperatura, entre outras cuestións. Na súa maior parte, existen excepcións, non soportan as elevadas temperaturas, por riba dos 30 graos é moi complicado atopar cogomelos e por debaixo dos 10 tampouco é nada doado salvo pouco máis dunha ducia de especies. É, por elo, que a tempada ordinaria silvestre de recollida de cogomelos vai dende principios de setembro, cando de forma tradicional empezaba a chover e as temperaturas aínda son suaves, ata o mes de decembro, cando o frío fai acto de presenza. Certo é que cogomelos hai todo o ano, pero en maior cantidade e de maior calidade sempre aparecían entre setembro e

Barrios Novembro 2017

decembro. O cambio climático está provocando que nos últimos anos haxa boas tempadas e outras nefastas. Tendemos aos extremos, sen termos medios, e se o 2014 foi un ano de chuvias, temperaturas suaves entre 15 e 20 graos e grandes recollidas, este 2017 vai camiño de ser o peor, sen dúbida, dos últimos anos. A seca é a causante dunhas recollidas simbólicas en setembro e outubro, de algúns “champiñóns” e algún “cogordo” para facer pouco máis que un revolto ou uns empanados. Situación grave agudizada polos incendios e ameazada xa pola baixada forte das temperaturas que limitarán a recolección no que resta de tempada ordinaria, en canto comece a xear fortemente en novembro. Non sei se poderemos recoller algo máis que cantharellus ou hydnum para facer unha

sopa ou combinar cunha pasta fresca este ano. A todas estas causas hai que engadir unha máis na escasa presenza de cogomelos este 2017, algo que non é novo, e non é outra

cousa que o sistemático e paulatino abandono do medio rural. Cada ano que pasa son máis as praderías que acaban sendo monte, cada vez son máis as fincas sen rozar, cheas de fentos,

toxos e xestas. Escombreiras espalladas polos sitios máis peregrinos. Cuestións que non só son inimigas dos incendios, tamén dos cogomelos.”. Alejandro Mínguez

2017 vai camiño de ser o peor ano en moito tempo na recollida de cogomelos.

Seis destacados humoristas nacionais conforman o cartel do terceiro ciclo de monólogos “Carballiño Comedy”, que se desenvolverá no auditorio municipal dende o 3 de decembro. Miguel Lago abrirá o ciclo, ás 20 horas, cun espectáculo que se estrea en Galicia. Seguirano O Sevilla (13 de xaneiro), Pablo Carbonel (3 de febreiro), Antílopez (25 de marzo), José Corbacho (21 de abril) e Carlos Blanco (12 de maio). As entradas poden mercarse nos restaurantes A Fuchela e Comonacasa, e en www.woutick.es. Ademais, o auditorio do Carballiño acollerá a superproducción musical “La Bella y la Bestia” o 28 de decembro, e o mago Joel, gañador da última edición de Got Talent de Maxia, o 3 de marzo.


22

Barrios Novembro 2017

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Magosto, samaín ou halloween O magosto, uhna festa que se celebra en toda Galicia. Case se pode dicir que é unha das nosas señas de identidade, pero de onde vén esta costume de asar castañas precisamente nestas fechas? Ben, para empezar gustaríame aclarar algo que non moitos ourensáns sabemos, e é que o magosto no resto de Galicia celébrase maioritariamente o 1 de novembro e incluso en Portugal pode celebrarse dende o 28 de outubro ata o día de San Martiño. Tendo en conta isto, empézase a vislumbrar que o magosto non é unha festa dun único día, nin tampouco é magosto calque-

4AXENDA Exposicións - Ata o 16 de decembro - Mostra fotográfica “Descrenza”- Sala de Exposicións de Verín Música - 18 de novembro Concerto de Mad Mission - 20 h - A corte dos bois (Sandiás) - 25 de novembroConcerto de Santa Icía18 h - Auditorio de Verin Cine Do 1 ao 10 de decembro - II Festival Internacional de Curtas Via XIV de Verin - Auditorio de Verin -Deportes - 26 de novembro BTT Trevinca - A Veiga 2017 - 10 h - A Veiga Feiras - Todos os xoves - Feira en Celanova - 14 e 27 de novembro - Feira en Xinzo - 1 de decembro - Feira en Allariz - 3 de decembro - Feira en Verín Outros -Todos os xoves - 19 hPincho gastronómico nos bares de Verin - 23 de novembro Presentación do poemario “Diluvio Pasajero” de Pablo José G. Morales - 19:30 h - Verín www.periodicobarrios.com

ra castañada, senón que o magosto é unha castañada feita en días especiais. Pero que teñen de especiais estes días? A resposta é sinxela: a morte. Estes días de principios de novembro son, para a cultura atlántica á que pertencemos, os días en que o mundo dos vivos e dos mortos se unen. O noso halloween é o magosto! No magosto os que vivimos neste mundo saímos ao monte a encontrarnos cos que están máis ala e a comer todos xuntos e incluso nalgunhas aldeas os vellos recordan de facer un magosto o día 1 de novembro no sagrado da igrexa (recollido en Rabal, Oím-

Rebelde con causa! bra). O sagrado da igrexa, ata non fai moito, era utilizado como cemiterio polo que, o que realmente estaban facendo, era un magosto cos mortos. Queda por saber por que en Ourense o magosto pasou do 1 ao 11. Hai varias teorías, pero ningunha certeza. Algúns din que por ser San Martiño o patrón de Ourense; outros que son os dez días que se adiantaron ao cambiar do calendario xuliano ao gregoriano; e tamén hai quen di que pola parecida pronunciación de San Martiño e de Samaín. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Reclamar non vai connosco Reclamar implica mostrar feitos e solucións posibles. É verdade que no tempo do fascismo había medo de falar de determinados asuntos e agora ese medo permanece. Continuamos a ser “castigados” se criticarmos o sistema instalado, sobre todo a nivel local e por iso a democracia aínda está lonxe! Saír á rúa e dicir que está todo mal non é correcto, mais si se debe apuntar a cousas concretas. Temos medo do que as persoas poidan pensar de nós e acabamos calando. O pobo non debería ser tan submiso; véxase o que o pobo catalán está a facer pola súa independencia...! Os emigrantes viñeron votar só para as eleccións municipais e a maioría da xente non concorda coa decisión. Por iso, tería que se acabar con esa situación. Agora deixemos que gobernen os que foron elixidos. A obriga dunha sociedade xusta é colaborar e non só criticar. Este goberno xa demostrou que é moito mellor que o

anterior, puxo aos portugueses a mover o pouco diñeiro que teñen e soubo sacalos da depresión en que vivían. Esperemos que un dos grandes problemas deste país, a corrupción, comece a diminuír, pero pode que teña unha dimensión tan profunda que dificilmente se consiga superar. Até agora verificouse un auténtico saqueamento do diñeiro do pobo e unha aniquilación da cultura, presentándonos só lixos culturais, fútbol, música, en detrimento do bo teatro e dos apoios ao ensino e á civilización. Onde están os millóns da corrupción e dos desvíos para os “of-shorts”? Todo ese diñeiro, se fose depositado aquí, iría con certeza a resolver os problemas da nación. Infelizmente escollemos gobernos habilidosos, que prometen e non cumpren. Actualmente parece verse algunha mudanza, mais sen medo temos que reclamar o que está mal e apuntar co dedo aos ladróns dos millóns. João Damião

Estaba advertido de que tiña que calmar as ansias de diversión incontroladas, a pesares de que, con doce anos, non é doado parar unha máquina de argallar falcatruadas. Daquela, coa inconsciencia inocente dun neno traveso, armeina gorda, e agochado na oscuridade, coa complicidade da miña nai, esperei que se calmaran os ánimos, e coma se xurdira un milagre, non houbo reprimenda, ninguén se alterou, mais as facianas eran coma badaladas que anunciaban algo irremediable. Os primeiros días do setembro do oitenta ingresei no colexio “Nosa Señora dos Milagros” no Monte Medo, preto de Maceda. Medo, o que sé di medo non tiña, os bandidos non temos medo, só que cando ollei aqueles muros de formigón intuín que non ía ser doado cumprir aquela condea merecida. No portón da entrada xuntámonos os rapaces de novo ingreso, e coas maletas cheas de incertidume, marchamos cara os dormitorios, onde iamos compartir ledicias e amarguras. De súpeto, un rapaz de aspecto fráxil e asustadizo, desenfundou a guitarra, e cun sorriso pícaro, tocou os acordes dun tema dos Beatles, que nos relaxou da tensión do primeiro día. Quedamos atónitos con aquel fenómeno! Paseniño, percorremos o inmenso edificio e rápido nos demos conta de que estabamos nun lugar incrible, coido que nun dos mellores colexios de Galicia, sen dúbida. Innagurado no 67, cun modelo de construción vangardista, cunha innovadora característica, o aproveitamento da luz

natural, con fiestras grandes e abundantes claraboias. Había instalacións deportivas de categoría, campo de futbol, pista de atletismo, pabillón, canchas de baloncesto, frontón cuberto, algo fóra do corrente, que tratei de disfrutar ao máximo, valéndome anos despois para o que foi o meu camiño. Pola noite, coa voz ténue, alongábamos a madrugada, e Fernandito, o da guitarra, que xa levaba no colexio dende cativo, púñanos ao día: “este sitio é un niño de rebeldes, cal é o motivo de que esteades vós aquí?”. Despois dun silencio, cada un foi contando a súa historia, ata quedarnos dormidos. Ao día seguinte, ás oito en punto, nos altavoces soaba música galega, mentras un crego berraba. Lembro que, estando no aseo, alguén nomeou ao padre “Graña”, un rebelde coma nós, lembrando que o día que morreu Franco espertou aos rapaces coa gaita galega, interpretando polos pasillos a muiñeira de Chantada, e dende aquela, o espertador dos internos foi a música. O Graña era un cura diferente, un moderno da época que imprimía optimismo, camiñaba de frente, ante o novo rumbo que collía o país. Todos no colexio escoitamos as aventuras do Graña, un valente que non esqueceu falar galego nunha época complexa, e foi quen de traer ao teatro do colexio ao grupo “Fuxan os ventos”, o 26 de marzo do 77, deixando lembranzas inesquecibles. Anxo Temiño, obispo de Ourense, expulsouno da congregación, entre outros motivos, por presentarse na cita do obispado con pantalóns texanos e botas campeiras. Desgraciadamente

foi un incomprendido. Este ano, despois de catro décadas,“Fuxan os ventos” voltaron aos Milagros no merecido homenaxe ao padre Graña. Outro rebelde dos Milagros foi Ernesto Atanes, o crego da adega “Crego e Monaguillo” da Salgueira en Monterrei, que tamén deixou as súas pegadas no colexio. Sempre cun sorriso amable, calmando, con astucia e agarimo, a fogosidade de outros. Coido que aquela forma de ver a vida que estes curas nos deixaron, máis de algún non a deixamos caer en saco baleiro. Estes días, na praza maior da capital atopeime co mítico grupo “Los Suaves”, que viñan de ser agasallados coa “Medalla de Ouro da Cidade de Ourense”, un dos compoñentes, de aspecto fráxil e asustadizo, miroume fixamente, e cando estaba preto de min, solteille: “lémbrote, ti eres Fernando Calvo, guitarrista dos Suaves, aquel rapaz que calmou a treboada con acordes dos Beatles naquela fría habitación dos Milagros”. Co mesmo sorriso que cando era neno e coa emoción contida, démonos unha aperta ao tempo que me decía: “a historia que relataches con voz ténue a primeira noite antes de durmir, quedoume grabada para sempre”. Cun chisco de ollo e coa man no ombreiro, soltoume: “seguimos sendo rebeldes con causa, non cambies xamais, amigo”. Despois, abraiado e pensativo camiñei paseniño rúa abaixo, cunha sensación de benestar plena, tendo como testigo a inconmensurable e fermosa fonte das Burgas. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitin”


CLASIFICADOS

Barrios Novembro 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº43 - Ano: X - Novembro 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel: 638 678 381. Vendo finca edificable (zona Rante). Ten proxecto de casa 750m. Oportunidade, prezo 11.900 euros. Tel: 606 42 25 43. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase apartamento a cinco minutos da praia america. Reformado, bo prezo. Tel. 636 422 497 Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tel. 658 056 922.

EMPREGO Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes? Sen traballar, só ten que abrir unha conta cun broker. Investimento 10 euros (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en: victor_vgc@ hotmail.es.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Novembro 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios novembro 2017 by Periodico Barrios - Issuu