
16 minute read
Un erro na comunicación telemática fai que Celanova Decide presente recurso
from Barrios 186
4 A Xunta Electoral de Ourense dalle catro concelleiros cando as actas danlle cinco.
Redacción
Advertisement
Terremoto en Celanova. Un erro no reconto telemático do escrutinio fai que Celanova Decide acuda aos tribunais. Antonio Puga, alcalde en funcións do Concello de Celanova advertiu -telefonicamente tanto el mesmo como a secretaria do concello- dese erro a mesma noite electoral. "Aquela noite fíxose saber do erro no cómputo dos votos dunha das mesas, non se correspondían os datos trasladados telematicamente cos recollidos nas certificacións, dando un resultado global erróneo no cómputo de votos e no reparto de concelleiros", explicaba Puga.
Os resultados do 28M deron cinco concelleiros ao PP, os mesmos que CD;
Celanova Decide interpuxo un recurso contenciosoelectoral e a Xunta Electoral remíteo ao Trinunal Superior de Xustiza de Galicia dous ao PSOE e un ao BNG. Porén, o erro telemático da Xunta Electoral fixo que lle computaran ao PP seis concelleiros e a CD, catro. Para o rexedor en funcións, a sorpresa foi, logo de ter avisado do erro, cando "unha vez realizado o escrutinio na Xunta Electoral de zona de Ourense segue aparecendo os seis concelleiros para o PP e catro para CD facendo a proclamación con esos datos".
Pero as sorpresas non remataron aí, xa que trala reclamación de CD "a resposta foi que esa reclamación está fóra de prazo por que tiña que recoller algún tipo de incidencia no momento do escrutinio e que tería que ter sido no prazo dentro das 24 horas seguintes ao escrutinio". Sendo certo eso, Puga recorda que "a Lei de Procedemento Administrativo prevé que calquera administración pode rectificar de oficio, ou a instancia de parte, un erro material que cometeu a Xunta Electoral".
A pesar deste percance, Antonio Puga valoraba os resultados como moi positivos.
Recurso "Despois disto obríganos a interpoñer un recurso contencioso electoral que xa está interposto e a Xunta Electoral o remita ao Trinunal Superior de Xustiza de Galicia", lemantábase Puga. O alcalde en funcións o ten claro e asegura que os resultados reais "son os recollidos nas actas de cada mesa, as mesmas están firmadas polos presidentes, vocais e interventores de cada partido".
No recurso pídese a sus- pensión da constitución da corporación municipal e a elección do alcalde que está prevista para o sábado, 17 de xuño. Celanova Decide tamén presentou un recurso na Xunta Electoral Central.
Cabe recordar, que as actas das mesas electorais deron 1.404 votos ao PP (cinco concelleiros); 1.259 votos a CD (cinco concelleiros); 512 votos ao
PSOE (dous concelleiros); e 285 votos ao BNG (un concelleiro).
Pactos
Con esta circunstancia pasa a un segundo plano os posibles pactos. No que o PP de Pablo Pérez foi a lista máis votada pero non ten asegurada a alcaldía.
O que está claro é que o PSOE de Teresa Barje é chave para o mandado en Celanova de 2023 a 2027. A pesar da rumoroloxía suscitada estos días na vila de San Rosendo, o certo é a líder dos socialistas aínda non tivo un contacto formal nin por parte do Partido Popular nin por parte de Celanova Decide. "Simplemente recibín mensaxes por WhatsApp, pero estou agardando un contacto máis formal para reunirnos", explicaba Barje. A socialista é clara ao asegurar que escoitará ás dúas partes (PP e PSOE), pero advirte que non pensa traballar como nons últimos catro anos, e reclama a quen queira sentarse a negociar "un plan organizado de traballo", en clara alusión á forma de traballar no goberno anterior con Celanova Decide, no que as reunións de traballo brillaban pola súa ausencia e entera- base de medidas tomadas polo alcalde a través dos medios de comunicación.
Tamén deixa claro que para dar o apoio ao novo goberno porá a Celanova "por enriba de todo" e reclamará que tanto para ela como para o segundo da lista, Jesús Regal, que formen parte do Goberno local, "merecémolo", sentenciaba Barje.
Quen non terá poder de cambiar as cousas será o BNG. Catro anos atrás facilitou a investidura de Puga como alcalde, pero o concelleiro acadado nesta ocasión -igual que en 2019- non da para ser chave do no goberno. Polo tanto, os escenarios que se contemplan son tres: alcaldía do PP con maioría simple; alcaldía do PP co apoio de PSOE, ou alcaldía de CD co apoio do PSOE, ámbalas dúas serían maiorías absolutas.
O reconto telemático daba 6 edís a PP e 4 a CD, cando as actas electorais daban 5 a cada unha das dúas formacións
Concilia Verán Redacción
O Concello de Ourense organizará actividades de verán para escolares durante os meses de xullo e agosto para axudar á conciliación das familias ourensás.
O prazo de inscrición estará aberto até a medianoite do domingo, 11 de xuño, e farase exclusivamente por Internet a través do espazo web da Concellería de Educación -www.educacionourense.es-.
Quendas
O programa ‘Concilia Verán 2023’ vai dirixido a nenos e nenas censados no Concello de Ourense nados entre os anos 2011 e 2019. As actividades desenvolveranse por quincenas -do 3 ao 14 e do 17 ao 31 de xullo, e do 1 ao 14 e do 16 ao 31 de agosto- en 10 espazos municipais: os CEIP
O Couto, Manuel Luís Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, Covadonga, A Ponte, As Mercedes e Mestre Vide, e na Aula da Natureza do río Miño.
Necesidades especiais
Este programa municipal quere ofrecerlles ás familias un espazo de lecer durante os meses de verán con actividades que fomentarán os hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Ademais, haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e reforzo de materias lectivas.
Listaxe
A listaxe provisional de nenos e nenas admitidas nas distintas quendas publicarase o 15 de xuño (xoves), cando se abrirá un novo prazo de cinco días para formalizar as prazas, pagar as taxas correspondentes e achegar toda a documentación requirida.
Toda a información pódese consultar na web do concello: ourense. gal.
Catro anos máis para Marisol Nóvoa
Cáritas advirte: o emprego xa non é un mecanismo inclusivo suficiente
4 A entidade presenta a memoria de 2022.
Redacción
Cáritas Diocesana de Ourense presentou a memoria de actividades do ano 2022. Desde a entidade alertan que a recuperación prevista, trala pandemia, non foi tal debido á guerra de Ucraína e a inflación dos prezo; e, coma sempre, "a crise cébase cos máis vulnerables", polo que a situación "cronifícase entre os usuarios de Cáritas". A directora de Cáritas, María Tabarés, durante a rolda de prensa advertiu que o ano "estivo marcado pola incertidume" xa que o emprego, xa non é un mecanismo inclusivo suficiente. "Hai máis emprego pero a calidade do mesmo deiminuiu", aseguraba Tabarés, quen incidía en que se non hai emprego para todos "debemos ter cobertura por parte das administracións para esas persoas que non chegan a el".

En todo o ano 2022 foron atendidas máis de 8.000 persoas en toda a provincia . Tabarés desvelaba que no primeiro semestre "a cifra de persoas atendidas contíñase", pero que a partir do segundo semestres esta cifra "desbocouse".
Pese ás prestacións ofrecidas polas distintas administracións a exclusión severa segue sen erradicarse; proba delo é que pasouse das 1.085 -en

2021- ás 1.101 -en 2022persoas atendidas que non contan con ningún tipo de ingresos.
Comedor
O comedor social ubicado na rúa Mestre Vide tamén incrementou o número de usuarios e as racións repartidas. As persoas atendidas no comedor ascendeu a 1.056, arredor de 200 máis, e o número de menús servidos foi de 114.631, o que supón 31.341 máis que o ano anterior.
Para Cáritas, o obxectivo deste comedor non é soamente alimentario e atender ás necesidades básicas como a hixiene -cun servizo de ducha e de lavado de roupa-, senon que tamén se pretende que sexa un lugar de encontro que conta, ademais, con perruquería.
Vivenda
120 persoas carecía dun fogar. Sen ter un tipo fixo de persoas sen fogar, moitas delas roldan os 38 anos e son de nacionalidade española. Ultimamente atenden a moitas persoas recén estreada a maioría de idade que sairon do centro de menores.
Para a directora de Cáritas, a vivenda estase a converter nun "ben de luxo", debido ao crecemento do custe de arrendamento subiu un 66%. "En Ourense un aluguer dunha vivenda pasou dos 300 aos 500 euros".
Das vivendas que dispón a entidade, antes deixaban algunha baleira para casos urxentes; porén o ano pasado non foi posible debido ao incremento de demanda das mesmas.
Outros servizos
No ámbito do emprego, a axencia de colocación atendeu a 1.070 persoas das que lograron colocar no mercado laboral a 160.
En canto a mulleres relacionadas coa prostitución atenderon a 459, das cales once eran sometidas a explotación sexual.
O programa Ropeiro facilitou roupa a 1887. Tamén se lle deu cobertura a 119 reclusos con permiso de liberdade.
Os máis pequenos tiveron a súa cobertura co Centro de Día Xurde -20 usuarios-, e a Escola Infantil A Casiña (de 0 a 3 anos) con 62; nin os maiores cuxa cifra foi de 137 atendidos.
En definitiva, durante 2022, Cáritas deu cobertura a 10.800 persoas entre a cidade e o resto da provincia -contan con 28 Cáritas parroquial- o que supón máis de 1.600 persoas máis que con respecto ao ano anterior.
4
Foi
Redacción
reelixida como presidente da CEO. previstos".
A Confederación Empresarial de Ourense celebrou a súa asemblea electoral, da que saíu elixida como presidenta Marisol Nóvoa, repetindo no cargo que xa ocupaba desde 2019. O resultado final da votación arroxou un cómputo de 119 votos, dos que 115 foron a favor da candidatura e 4 en branco.
Marisol Nóvoa fixo referencia, trala súa elección, á traxectoria desenvolvida na CEO nos últimos catro anos e á intención de continuidade para seguir dotando ao tecido empresarial ourensán de representatividade, ferramentas e recursos "para afrontar este ciclo de cambios tan profundos que estamos a vivir".
Lembrou tamén a dificultade de afrontar un período marcado polas crises sanitarias, enerxética e de inflación, pero mostrouse esperanzada por que "a etapa que hoxe comeza estea repleta de proxectos, de boas noticias e de iniciativas que conduzan á mellora da contorna económica e produtiva, e contribúan á transformación das empresas cara á dixitalización e a sustentabilidade". Do mesmo xeito, Nóvoa solicitou a participación activa de todos e todas as integrantes da confederación "pois o traballo en equipo é a mellor ferramenta para alcanzar os obxectivos
Equipo
A presidenta quixo ter tamén unhas palabras de agradecemento para o equipo que a acompaña nesta nova andaina, destacando a procedencia deles de distintos sectores, colectivos e empresas da organización que conforman un grupo variado e representativo do tecido empresarial da provincia e xunto aos que, asegurou, "síntome motivada e ilusionada para empezar a traballar en novos proxectos que redunden en beneficio do tecido empresarial da provincia de Ourense, visibilizando este traballo para que a CEO siga gañando prestixio".
Cuerva
O peche desta asemblea correu a cargo de Gerardo Cuerva, presidente da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e vicepresidente de CEOE. O presidente de Cepyme reivindicou os valores empresariais e destacou o papel esencial que xogan as organizacións empresariais na defensa da dignidade empresarial sen complexos, nun momento no que as empresas o necesitan.
Nóvoa:
64 expositores estiveron presentes en Vinis Terrae.
O Vinis Terrae cumpre obxectivos
4 Mantivéronse 720 citas de negocio.
Redacción
Ourense Vinis Terrae pechou as portas da súa décima edición despois de cumprir as expectativas dos 64 expositores que mostraron a súa satisfacción pola cantidade e calidade das citas de negocio mantidas cos 45 compradores e importadores de 23 países que participaban nesta edición. Foron en total 720 reunións de negocio ás que hai que sumar as que xurdiron con algunhas das máis de 800 visitas de profesionais que se achegaron até Expourense, xa que ademais da misión de importadores, participaron na feira profesionais da restauración, hostalaría ou distribución do sector do mercado nacional.
Mercado exterior Conclúe, así, unha edición que sitúa a esta feira como unha ferramenta de saída ao mercado exterior para as adegas e cun formato de feira que funciona e está a dar moi bos resultados, baseado en encontros cara a cara ao redor dunha mesa á que sentan
Esta feira sitúase como unha ferramenta de saída ao mercado exterior para as adegas
ENTREVISTA Á ARTISTA LOLA DOPORTO por unha banda o adegueiro que produce viños de calidade e, pola outra, ao potencial comprador nacional ou internacional que mostra preferencia polas variedades autóctonas, que valora a forma de producir viños das adegas de carácter familiar e que sabe o que busca e o que necesita para o mercado no que traballa. Este salón puxo en contacto directo ás adegas participantes con importadores procedentes de 23 países (Alemaña, Bélxica, Brasil, Costa Rica, Dinamarca, España, Estados Unidos, Estonia, Filipinas, Finlandia, Guinea Ecuatorial, Irlanda, Italia, Lituania, México, Noruega, Países Baixos, Panamá, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza).


Catas e máis
As citas entre expositores e potenciais compradores foron como sempre o eixo central desta feira na que tamén se celebrou un completo programa de actividades entre os que destacaron as catas comentadas dos viños brancos e tintos e dos licores e augardentes gañadores dos Acios de Ouro ou Potes de Ouro das Catas Oficiais de Galicia 2022 organizadas pola Axencia Galega de Calidade AlimentariaAGACAL.
Lola Doporto saca á luz unha colección de panos de seda, cos seus estampados habituais, con fins solidarios para axudar á Asociación Española Contra o Cancro.

Rodeada dos seus personaxes emblemáticos atopamos a Lola Doporto empeñada en plasmar o seu universo nun material novo para ela: a seda.
A pregunta é inevitable, Por que?
Lola Doporto: "É un vello proxecto que por fin ve a luz. Utilizar un material nobre como é a seda e unilo aos meus personaxes: paxaros, nenas, calvas,.. é moi atrainte e o resultado non deixa de sorprenderme. É un novo soporte para a miña pintura".
A impresión dos seus personaxes tamén inclúe peces e medusas.
L.D.: "Son parte de obra inicial con fondos mariños e peces que se expuxeron na Galería Sargadelos de Ourense e aos que teño un especial agarimo".
Como xorde a iniciativa?
L.D.: "É un proxecto que sae adiante ao poder realizalo integramente no Barco. Fotografía, deseño e impresión. Teño a sorte de contar cunha empresa como "nós" na que Javier Gómez entendeu desde o principio, o proxecto e consegue resultados espectaculares coa súa profesionalidade e dedicación. O poder realizar todo o proceso no Barco é un orgullo e permíteme manter un certo control sobre todo o proceso".
Por que en seda?
L.D.: "É un material nobre e que se presta perfectamente ao proxecto. Conseguímola en Italia e a composición é 100% seda natural en dúas gramaxes distintos que permiten dúas texturas e dous pesos diferentes do pano".
Teño entendido que hai distintos tamaños
L.D.: "Si. O motivo é manter a estrutura da obra reproducida e, noutras ocasións, son detalles dun cadro, o que nos permite un tamaño máis reducido ou máis grande segundo interese".
Que acollida espera?
L.D.: "Está tendo unha boa acollida. Unha mostra, reducida pero significativa dos panos ensinouse a distintas persoas e a resposta foi positiva. En todo caso, é un proxecto ilusionante e merece a pena".
Son panos cálidos, coloridos.
L.D.: "A cor é unha constante na miña obra e interésame que a seda reflicta o máis fielmente posible os personaxes. Son panos para lucir, para proporcionar alegría ao vestilos e para gozar".
Como se poden conseguir?
L.D.: "A través de un correo electrónico hola@ loladoporto.com".
Colabora coa AECC.
L.D.: "Desde fai tempo tento colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na medida das miñas posibilidades. Neste caso, parte do recadado vai destinado á AECC".
Regadío da Limia
Redacción
O pasado 2 de xuño, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, na súa intervención na Comisión 7ª do Parlamento, confirmaba o compromiso da Xunta de Galicia co regadío da Limia e, agardaba que o Goberno central fixera o propio.
No que respecta á Xunta, a directora xeral sinalou que os 40 pozos para a captación de augas subterráneas xa foron entregados ás catro comunidades de montes.
Agora, estase a tramitar un convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Comunidade de Regantes Nova Limia para a instalación dos grupos de bombeo nos pozos de regadío. A modernización do seu regadío supón un importante avance que inflúe no desenvolvemento socioeconómico e, en particular, no potencial do sector agrario da zona, segundo dixo.
A Xunta financiará ao completo estas actuacións, apuntou, que contan coa instalación da maquinaria necesaria -como grupos de electrobombas ou válvulas de peche de pozos- para levar a cabo esta modernización.
Plan Extraordinario
Para finalizar, destacou o Plan Extraordinario de reparación de camiños desta comarca. Neste proxecto, reparáronse -segundo sinalou- máis de 64 km repartidos en 12 concellos que integran a rede viaria desta comarca.
Un campus para conciliar
4 Están abertas as inscricións para o Campus de Verán de Xinzo.
Redacción
Xinzo énchese de deportes este verán
4 O deporte base será un dos protagonistas.
Redacción
A programación deportiva de verán de Xinzo de Limia contará con moitas novidades, e unha forte aposta polo deporte base. Así, contémplase a categoría sub-14 ou sub16 en torneos como o de fútbol 7, o de fútbol sala Festas Santa Mariña ou os de tenis e pádel Vila de Xinzo (este último súmase por primeira vez á programación). Tamén será novidade o Torneo de Fútbol 7 Piñeira Seca no campo do Touzal.
O prazo de inscrición para as actividades, dirixidas a toda a poboación para favorecer os hábitos saudables xa está aberto. Os interesados en participar nalgunha das actividades xa poden inscribirse poñéndose en contacto coa concellería de Deportes no número de teléfono 988 461 020.
As propostas deportivas de verán comezaron co Torneo de Natación Concello de Xinzo, o 3 de xuño. Durante este mes haberá máis propostas como a do 16 de xuño, día que está prevista unha roda de capoeira; e o 18 de xuño co Torneo de Baloncesto Vilas Internacional, no que participarán máis de 30 equipos e 250 xogadores no de minibásket. Tamén no mes de xuño, do 23 ao 27, programouse o Campus de Ximansia, ademais dos Campus de Fútbol e de Baloncesto.
O 20 de xuño arrancará o Xinzo Fit, unha proposta na que se unen deporte e saúde e que se repite un ano máis polo éxito colleitado noutras edicións. Ofreceranse actividades dirixidas como bailoterapia, pilates ou aeróbic, gratuítas e para toda a poboación; desenvolveranse todos os martes e xoves a partir das 20.30 horas.
Ademais, para favorecer a conciliación familiar, o Campamento urbano
Programación verán arrancará o 3 de xullo en diferentes quendas.
Xullo e agosto
As actividades deportivas continuarán nos meses de xullo e agosto.
Os días 1 e 2, e 8 e 9 disputaranse sendos torneos de fútbol 7. O tenis será protagonista do 10 ao 30 de xullo co Torneo de Tenis Vila de Xinzo. O Torneo de Fútbol Sala Festas de Santa Mariña será os días 15 e 16 de xullo. O pádel fará acto de presenza do 21 ao 23 de xullo co Vila de Xinzo. E o 5 de agosto o un Torneo 3x3 dará protagonismo ao baloncesto.
En canto aos campus, do 29 de xullo ao 6 de agosto chega o Campus Salva Arco, de baloncesto; e do 31 de xullo ao 4 de agosto, o Campus Real Celta de Vigo, de fútbol.
16 de xuño: Roda de capoeira fin de curso
18 de xuño: Torneo de Baloncesto Vilas Internacional
20 de xuño: Inicio do Xinzo FIT
Do 22 ao 27 de xuño: Campus de ximnasia
Do 26 ao 30 de xuño: Campus de fútbol
Do 26 ao 30 de xuño: Campus de baloncesto
1 e 2 de xullo: Torneo de Fútbol 7 Piñeira Seca
3 de xullo: Inicio do Campamento urbano
8 e 9 de xullo: Torneo de Fútbol 7
Do 10 ao 30 de xullo: Torneo de Tenis Vila de Xinzo
15 e 16 de xullo: Torneo de Fútbol Sala Festas de Santa Mariña
Do 21 ao 23 de xullo: Torneo de Pádel Vila de Xinzo

Do 29 de xullo ao 6 de agosto: Campus Salva Arco
Do 31 de xullo ao 4 de agosto: Campus Real Celta de Vigo
5 de agosto: Torneo 3x3 de Baloncesto
Coa chegada das vacacións escolares o Concello de Xinzo de Limia organiza o Campus de Verán de Xinzo de Limia no que se prevé a participación dun cento de nenos e nenas. A iniciativa, que comezará o 3 de xullo, está promovida polo clube Escolas Deportivas coa colaboración do Concello.

As actividades realizaranse durante todo o mes de xullo, en horario de 10 a 13:30 horas, contando con variedade de propostas, entre elas o pádel, a orientación, xogos deportivos e piscina, e outras de tipo lúdico como sesións de cine, manualidades e excursións.
Inscrición
O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos en cada unha das quendas (a primeira do 3 ao 14 de xullo e a segunda do 19 ao 31), puidendo elixir entre a primeira ou segunda de xullo, ou o mes completo. Opcionalmente, ofrécese un servizo Madruga con entrada ás 9.00 horas (suxeito a un mínimo de solicitudes recibidas); tamén haberá quendas en agosto se hai un número determinado de peticións. Xa está aberto prazo de inscricións, que durará ata o mércores 21 xuño, puidéndose presentar os formularios no pavillón de deportes, piscina climatizada ou Casa de Cultura.
Prezos
Para a primeira quenda o prezo é de 70 euros para os empadroados en Xinzo e de 80 a cota xeral. Na segunda quenda os empadroados pagarán 60 euros e 70 os que non estean censados. E o que elixa a opción de participar durante todo o mes (nas dúas quendas) o prezo será de 110 ou 130 euros, se se está empadroado ou non.
O campamento está dirixido á rapazada de 4 a 12 anos.
A primeira quenda será do 3 ao 14 de xullo e a segunda, do 19 ao 31

4 Campaña libros
O Concello de Ourense desenvolverá en setembro unha nova edición, que será a cuarta consecutiva, da campaña de fomento da lectura, coa que agasallará os nenos e as nenas da cidade cun libro, á súa escolla, que poderán adquirir nas librarías de Ourense.
A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense acadou un novo récord de participación na súa edición de 2022, chegando a un total de 9.777 menores de idade residentes en Ourense. Posta en marcha por primeira vez no ano 2020, a campaña chegou a 8.475 menores; na súa segunda edición, en 2021, chegou a 9.411.
4 PSOE
O PSOE provincial aprobou a lista para o Congreso e o Senado para as eleccións xerais do 23 de xullo. Nas mesmas a número un para o Congreso será Marga Martín, Adolfo Pérez como número dous e Uxía Tizón como terceira na lista.
Para o Senado, o comité provincial elexiu a Rafael Villarino, como número un; Alida Iglesias, como número dous; e Luis Gulín, de terceiro.
Agora será Santiago e Madrid quen ratifique estas listas toda vez que, por exemplo, Noela Blanco foi a máis votada entre a militancia para o Congreso.
4 Audios DO
A Fiscalía Provincial de Ourense abre dilixencias polos audios sacados por La Región nos que se investigarán o suposto cobro de donacións ilegais.
Down Ourense

Redacción
A vindeira fin de semana celébrase en Madrid a Liga Española de Debate Universitario (LEDU) entre mozos e mozas con discapacidade intelectual, na que oito membros da asociación Down Ourense participarán.
O tema que se debaterá