Barrios 176

Page 1

Número: 176 - Ano: XV - 24 de novembro de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 A carreira do San Martiño chegou á súa 45ª edición. // Mercar no comercio local de Verín ten premio este Nadal. // O 25 de novembro haberá actividades por toda a provincia. [Páx. 8-9] Calendario do Mundial de fútbol de Qatar 2022 TEMA Páx.2 VERÍN Páx.10 CIDADE Páx.6 DEPORTES Páx.12 CIDADE Páx.4 O lapis solidario chega este Nadal a 50 establecementos na súa 17ª edición A remunicipalización do servizo de augas reducirá nun 20% a factura O exalcalde Paco Rodríguez será o candidato do PSOE ás municipais O Concurso de Escaparates de Nadal repartirá 8.000 euros en premios O COB logra a segunda vitoria da tempada vencendo ao Albacete no Paco Paz [Páx. 11] 5.083 campións da San Martiño [Páx. 13] AEVER reparte 6.000 euros en premios este Nadal [Páx. 3] Concellos de toda a provincia conmemoran o 25N

O PSOE copia a estratexia do PP

4 O exalcalde Paco Rodrí guez será o candidato ás mu nicipais de 2023.

Redacción

O PSOE anunciaba, por sorpresa, a semana pasa da, que o candidato para a alcaldía de Ourense nas municipais de 2023 será o exalcalde Paco Rodríguez. Con este anuncio elimína se o prceso de primarias previsto para mediados de decembro no que conco rrerían o que fora candida to nas anteriores eleccións, Rafael Rodríguez Villari no, e a concelleira, Natalia González. A decisión foi tomada desde Santiago co beneplácito de Ferraz.

A dirección xeral do PSOE en Galicia xusti fican a decisión en que axentes sociais e económi cos da cidade reclamaban a Rodríguez como candi dato. O propio Rodríguez confirmaba que persoas do seu partido pedían a súa volta, ademais desvelaba ter a sensación "de que quedaron cousas por ter minar daquel proxecto e merece a pena recuperar". Tamén enfatizaba en que o primeiro que se debía facer era "recuperar a dignidade da institución, o respeto polos seus representantes e polos cidadáns”.

Dous exalcaldes Deste xeito, para as mu nicipais de maio do ano que vén, dous exalcaldes buscarán apartar do sillón de mando ao actual rexe dor, Gonzalo Pérez Jáco me.

Cabe recordar que Ma nuel Cabezas (PP) estivo 12 anos na Alcaldía de Ourense con maioría ab

soluta. Mentres, Paco Rodríguez foi alcalde en 2007 cun pacto co BNG; e en 2011 mellorou resul tados e mantívose como alcalde, novamente co apoio dos nacionalista. En setembro de 2012 saltaba todo polos aires cando dentro da Opera ción Pokémon foi detido e viuse forzado a deixar o sillón de alcalde. Algun has das causas investi gadas foron archivadas e quedan outras por resol ver, pero confían en que estas tamén se archiven.

O que será o candida to polos socialistas, xa deixou caer que non lle importaría facer un pacto co PP, xa que isto per mitiría "poñer unha base sólida" sobre o futuro da cidade.

Villarino Pola súa banda, un dos candidatos que se ían presentar ás primarias, Rafael Villarino, confe saba que fora unha sor presa a decisión tomada polo seu partido pero que a respectaba. Sobre a de cisión de que non hoube ra primarias e elexiran a dedo ao candidato (algo criticado polo socialistas sobre outras formacións) Villarino afirmaba que era "unha excepcionali dade" e que agardaba que o seu partido "acertara" con esta decisión.

A cidade de Ourense segue sen un PXOM actualizado

4 O pleno non respaldou o último intento de Gonzalo Jácome de sacalo adiante.

Redacción

1986. Ese é o ano polo que se rixe o actual Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Ourense. O último intento por avan zar nun novo PXOM quedou en nada despois de que o pleno extraor dinario botara atrás a moción levada por De mocracia Ourensana. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quería o apoio do resto de formacións ao docu mento refundido -con al gunha modificación-; se ben é certo, pedía o apoio nun pleno extraordinario non vinculante.

O resto de grupos ple narios reciriminaron ao rexedor que intentase culpalos de que non se tramitara devandito do cumento a poucos meses das eleccións. Tamén ad vertiron que xa había un acordo que reclamaba ao alcalde a creación da co misión de seguimento do PXOM para continuar na súa tramitación.

O portavoz nacionalis ta, Luis Seara, asegurou que Jácome traía isto, "a pesar de que o ple

no impórtalle menos que nada", para "non quedar en evidencia". Ademais, recordoulle que cando o PP aprobara "o PXOM pola porta de atrás, vos tede puxo o berro no ceo presentando un recurso contra esa aprobación que despois retiraron de forma vergoñenta".

Pepe Araújo (Ciudada nos), pola súa banda, abs tívose na votación, non sen antes recordar o tem po perdido "na tramita ción do plan" e na falta de capacidade do alcalde "de buscar consenso". A críti ca tamén foi para os que foron, durante algún tem po membros do goberno, o Partido Popular, a quen tamén lles censurou a fal ta "dun interese especial en aprobar o PXOM".

Desde a bancada po pular, Sonia Ogando asegurou que o pleno extraordinario era "un novo espectáculo para entreternos cunha moción non vinculante". Ogando tamén reprendeulle a tar danza de tres anos para concretar as propostas de DO. A popular sostivo que despois do retraso, Já come pretende "a seis me ses das eleccións facerse

a vítima". "Bloqueou un proxecto que estaba listo e que desbloquearía a ci dade fai tres anos", sen tenzou Ogando.

Na quenda dos socialis tas foi Natalia González a que tivo a palabra, que concordou co resto en que o pleno extraordinario era un "paripé", e recriminou a falta de consenso des de que Jácome é alcalde. González criticoulle que retirara o recurso presenta do contra o plan urbanísti co e puxo en tela de xuízo as modificacións pretendi das por DO.

Cambios

Entre os cambios plan texados desde Democra cia Ourensana estaban o da finca Deputación de Mariñamansa, no que querían construír un ra ñaceos; a edificación con menos alturas das torres xunto ao Miño (para o al calde racharían co "skili ne" de Ourense); e a crea ción dun parque acuático termal, entre outros.

Replica de Jácome

O alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, replicou a cada un dos grupos e asegurou que o

"97% do documento que se está tramitando é o que eles -o PSOE- redacta ron”.

Ademais, Jácome de fendeuse preguntando que como podía ser que a cul pa de que no houbera un PXOM actualizado fora deles, se "levamos pouco tempo gobernando". E re cordou que o Plan muni cipal non saiu adiante nin nos 12 anos de maioría absoluta do Partido Po pular "polo cambiazo que quixeron facer", nin nos oito que gobernou o Par tido Socialista.

A oposición recriminou ao alcalde a falta de vontade negociadora

Jácome recordou que nin nos 12 anos de maioría do PP nin os 8 de goberno do PSOE sacaron adiante un novo PXOM

2 Barrios 24 de novembro 2022
Villarino non será candidato do PSOE en Ourense. /R.T.
A elección de Rodríguez deixa sen primarias ao PSOE na cidade
Votación no pleno extraordinario do Concello de Ourense sobre o PXOM. /RAMSÉS.
TEMA DA SEMANA

Nuno Costa e Joselyn Brea coróanse en Ourense

4

Foron os vencedores na 45ª edición da San Martiño.

R. Torres

A San Martiño foi fiel á súa cita e volveu a ser protagonista polas rúas da cidade de Ourense. Foron 2585 os atletas que com pletaron os 10 quilómetros da proba absoluta destacan do entre todos eles o vence dor masculino e feminino. Nuno Costa e Joselyn Brea

coroáronse con autoridade nesta 45ª edición.

Costa aventaxou na liña de meta en 13 segundos ao segundo clasificado, Jor ge Puig Malvar, que che gou por diante de Esteban Iglesias nunha esprint moi emocionante.

Pola súa banda, Brea foi a clara dominadora de prin cipio a fin da carreira femi

nina, sacándolle 54 segun dos na liña de meta a Alice Finot, segunda clasificada, e tres minutos a María Ce drón, terceira.

Entre os ourensáns, os mellores foron Rubén Diz (oitavo masculino absolu to) e Begoña Domínguez (sexta feminina).

O atleta máis laureado na historia da San Marti

ño, Alejandro Fernández, non chegaba no mellor momento de forma e tí vose que conformar con ocupar a novena posición.

Escolares

Despois da pandemia regresaban as carreiras dos máis cativos.

Na proba escolar de 5 km, Asheber Díaz foi o vencedor, seguido de Teo de Frutos e Héctor Rodrí guez. Sabela Castelo foi a primeira das mulleres, seguida de Amparo Co rredoira e Sabela Martí nez, segunda e terceira, respectivamente. Nesta categoría chegaron a meta 1246 escolares.

Tras esta carreira cele bráronse dúas máis cos máis cativos, ademais dunha inclusiva.

Turismo e deporte conflúen en Expourense

4 O 24 e 25 de novembro.

Redacción

Expourense celebra os días 24 e 25 de novembro unha dobre cita vencella da co turismo activo e deportivo que analizará o papel do deporte como motivación turística que ademais contribúe á desestacionalización e achega visitantes de proximidade. Por un lado celebrarase a quinta edi ción de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Tu rismo Activo, e polo ou tro celebrarase o terceiro Congreso Internacional de Turismo Deportivo.

Congreso

O 3º Congreso Inter nacional de Turismo De portivo contará coa parti cipación de 21 expertos que analizarán o poten cial e a influencia do de porte na oferta turística dun destino. Tamén se analizarán algúns depor tes concretos e a súa in fluencia no turismo como o golf, o cicloturismo, ou o surf. Sobre este último, presentarase o caso prác tico do “Surf Life Saving Australia” e analizará se é un modelo exportable a Europa. Como caso de éxito galego presentarase a proba ciclista “O Gran Camiño”.

Neste congreso anali zaranse experiencias de éxito en diferentes des tinos que poderían ser replicables noutros e que permitirán explorar posi bles vías de crecemento

neste sector económico e de emprego tan significa tivo como é o do turismo vinculado ao deporte, des pois do grande impacto que tivo a pandemia no sector. Cómpre lembrar que o sector deportivo xera na actualidade en Ga licia máis de 12.000 postos de traballo, cun volume de negocio de mil seiscentos millóns de euros (1.600 millóns de euros).

A asistencia a este con greso é gratuíta previa inscrición a través da web www.sporturgalicia.com.

Sportur

Sportur Galicia, 5º Sa lón do Deporte e Turismo Activo convoca a medio cento de participantes entre os que destacan as federacións e clubes de portivos de Galicia que comparten espazo con destinos de turismo activo e vencellados coa natureza de Galicia e Portugal. As federacións e asociacións e clubes deportivos pre sentes en Sportur Galicia realizarán distintas activi dades superando as 70.

A entrada a Sportur Ga licia é gratuíta e o horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

3 Barrios 24 de novembro 2022
Milleriros de persoas participando na Carreira do San Martiño. /M.REJO. Costa, Puig e Iglesias, os tres primeiros da categoría absoluta. /RAMSÉS.
Os mellores atletas ourensáns foron Rubén Diz e Begoña Domínguez
Presentación do Congreso Internacional de Turismo Deportivo e de Sportur.
A asistencia a este congreso é gratuíta previa inscrición a través da web www. sporturgalicia. com
TEMA DA SEMANA

O lapis solidario cumpre 17 anos

4 Colaboran máis de 50 establecementos.

Redacción

Son xa 17 anos carrexan do ilusión e xoguetes aos nenos máis necesitados coa campaña Lapis Solidario. Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comu nicación, poñen en marcha esta campaña, na que cola boran mais de 50 estable

Pista de xeo en Ponte Vella

Redacción

Fiel á súa cita en cada Nadal, Ponte Vella abre a súa pista de xeo na te rraza superior do centro comercial.A pista perma necerá aberta ata o 29 de xaneiro para que milleiros de ourensáns e visitantes gocen dunha das activida des máis destacadas desta época do ano.

Horarios

Dependo da data, o ho

cementos da cidade. Neses locais poderanse mercar os lápices, por un euro, con distintos deseños, máis de 15 modelos diferentes.

Solidariedade

En palabras de Avelino Jácome, representante de Orixe, “este ano hai máis necesidades que nunca,

rario de apertura da pista de xeo varía. Así, desde o 23 de novembro e ata o 22 de decembro e do 9 ao 29 de xaneiro estará aberta ao público de luns a venres, de 17 a 21 ho ras, e sábados, domingos e festivos de 11 a 22 ho ras; do 23 de decembro ao 8 de xaneiro abrirase de luns a domingo de 11 a 22 horas; os días 24 e 31 de decembro, a apertura será de 11 a 18 horas; e os días 25 de de cembro e 1 de xaneiro o horarios será de 17 a 22 horas.

pero os ourensans son moi solidarios e estou seguro, que a pesares das dificul tades, van colaborar máis que nunca”, mostrouse así de esperanzado no arran que oficial e engadiu: “que ro agradecer aos medios de comunicación a súa labor, dando a coñecer esta ini ciativa, e como non a cada un dos negocios do comer cio local que a pesares de estar en malas condicións nestes intres, fixeron un es forzo para seguir mantendo a súa solidaridade con que nes máis o precisan".

O máximo de nenos A campaña durará ata o

6 de xaneiro do 2023, co méntanos Manuel Lorenzo Reguera, xerente de Jugue ttos Ourense. “O obxetivo é chegar aos máis nenos posibles, cando menos a tantos coma nos anos ante riores, contamos coa axu da de moita xente e ímolo conseguir”.

Este ano incorpóranse novos modelos de lapis para aqueles coleccionis tas que dende a primeira campaña os gardan coma verdeiros tesouros, en tem pos difíciles a solidaridade ten moito máis mérito e os ourensáns acudirán, de se guro, coma tódolos anos á cita co lapis solidario.

Avenida da Habana

Redacción

O Concello de Ourense está a humanizar os cru zamentos da avenida da Habana coas rúas Ramón Cabanillas e Valle Inclán. Estímase que a execución dos traballos prolongarase durante un mes.

Trátase dun proxecto piloto que se estenderá a outras zonas da cidade no caso de ter boa aceptación, á vez que se mellora a se guridade viaria separando o tránsito de peóns e vehí culos en zonas con tráfico

elevado. As xardineiras substituirán o valado de protección existente ac tualmente nalgunhas das esquinas.

A actuación integra rá as árbores existentes. Tamén se instalará rega por goteo para un mellor mantemento da vexeta ción.

4 Barrios 24 de novembro 2022 CIDADE
A pista de xeo estará aberta ata o 29 de xaneiro. Xardineira na Habana. Cartel da campaña “Lapis Solidario”.

A nova Lei galega de igualdade reforza a protección da muller contra os ataques sexistas e a violencia dixital

4 Tamén avoga polo benestar laboral para acadar espazos de traballo máis produtivos e saudables.

Redacción

A nova Lei Galega de Igualdade (na que está a ul timar a tramitación a Xun ta de Galicia) impulsará a protección das mulleres fronte a ataques sexistas por medios tecnolóxicos e promoverá programas mu nicipais para crear espazos urbanos libres de violencia sexual.

Devandito documento, tamén recoñecerá a discri minación múltiple da mu ller por razóns acumuladas de discapacidade, etnia, idade, pobreza ou inmi gración, entre outras. E o mesmo creará, para poder dar mellor resposta ás súas necesidades, un Estatuto das mulleres rurais e do mar cunha relación propia de dereitos.

Rexeitamento

A conselleira de Pro moción do Emprego e Igualdade, María Jesús

Lorenzana, lembra, ante a proximidade do 25-N, Día internacional para a elimi nación da violencia contra a muller, que a violencia contra as mulleres "cons titúe a expresión máis crúa das iniquidades das que o ser humano aínda pode ser testemuña e só pode obter o rexeitamento como resposta, tanto por

A nova Lei Galega de Igualdade crea rá, para poder dar mellor resposta ás súas necesidades, un Estatuto das mu lleres rurais e do mar cunha relación propia de dereitos

parte dos poderes públi cos como da sociedade no seu conxunto".

O novo texto, que o Goberno galego está a preparar permitirá actua lizar a normativa actual e seguir a manter a Galicia no compromiso da loita contra as desigualdades. "Queremos seguir a situar a Galicia na vangarda da loita contra a violencia e a discriminación da muller, ao permitir visibilizar des igualdades e avanzar para erradicalas", aseveraba Lorenzana que proseguía asegurando que Galicia "é xa referente no recoñece mento da violencia vica

ria como unha forma máis de exercer a violencia de xénero contra á muller a través das súas fillas e fi llos e de persoas próximas asasinadas", avanzaba a titular de Igualdade, quen lembra que a comunidade é punteira, ademais, "na inclusión da violencia dixital na lexislación, a que se exerce a través das tecnoloxías con finalidade de discriminación, domi nación, control e intromi sión na privacidade sen consentimento da vítima".

Apoios Galicia conta cos ins trumentos axeitados para facerlle fronte á lacra da violencia de xénero, cun marco legal amplo que protexe a todas as víti mas e con axudas directas -máis de 1.000 concedi das cada ano- para que a dependencia económica do agresor non sexa un obstáculo para rachar co perigo e poder vivir en plenitude e liberda de. "Queremos seguir a mellorar a resposta ins titucional para que sexa máis precisa e eficaz”, especificaba a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, que considera clave "o acceso ou a rein corporación ao mercado

laboral no camiño da súa recuperación". Neste sen tido, lembra, a Xunta de Galicia leva anos impul sando, en colaboración cos concellos e entidades e cooperativas sen ánimo de lucro, políticas para que estas mulleres poidan traballar.

Un dos obxectivod pri mordiais do Goberno au tonómico está na erradi cación plena da violencia de xénero. "Enfrontamos con compromiso os de safíos aos que nos expón e avogamos por reforzar aínda máis a protección das mulleres novas, das de maior idade e das re sidentes en contornas ru rais, das vítimas de dis criminación múltiple e de agresións sexuais”, mani festaba Lorenzana.

Benestar laboral

Esta nova lei introducirá a idea do benestar labo ral vencellada coa conci liación, a maternidade, a prevención de riscos ou o teletraballo, entre outros.

Así, a Administración pública, pretende promo ver entre o tecido empre sarial a creación de con tornas de traballo cada vez máis respectuosas e cooperativas, saudables e democráticas, xustas e solidarias. E para iso, a Xunta quere concienciar ao empresariado galego sobre a importancia da flexibilización de horarios e impulsar medidas que faciliten a conciliación e a reciclaxe profesional das persoas traballadoras, para que esto se traduza nunha mellora da produtividade e competitividade.

A conselleira de Igual dade sinala que, neste eido, estanse a impulsar políticas de conciliación que van máis aló dunha compensación económica e mudar cara a promover

un bo uso dos tempos e dos horarios nas firmas, para o que é clave facer partícipe ás empresas. Pero, sempre por unha corresponsabili dade real no fogar e unha redistribución de roles no ámbito familiar, para o que é prioritario poñer o foco en medidas que incidan na igualdade laboral entre mulleres e homes.

En definitiva, a futura Lei Galega de Igualdade, ademais de apostar por este concepto do benestar laboral, converterá a Ga licia, na primeira comuni dade autónoma en regular os requisitos mínimos de formación en igualdade laboral e creará un Estatu to das mulleres rurais e do mar cunha relación propia de dereitos para mellorar o seu acceso a recursos e a participación social.

Como explica Loren zana, a nova normativa busca o compromiso do Goberno galego coa igual dade de dereitos e oportu nidades entre mulleres e homes. “Coordinar a loita contra a violencia ma chista, erradicar a brecha salarial de xénero, lograr a empregabilidade de mu lleres vítimas de violencia machista, promover o em prendemento feminino e mesmo dispor os medios para que empresas e or ganizacións implanten a efectiva igualdade laboral son retos recollidos na fu tura Lei”, conclúe.

A nova lei intro ducirá a idea do benestar laboral vencellada coa conciliación, a maternidade, a prevención de riscos ou o teletra ballo, entre outros

5 Barrios 24 de novembro 2022 SOCIEDADE
O novo texto, que o Goberno galego está a preparar permitirá actualizar a normativa ac tual e seguir a manter a Galicia no compromiso da loita contra as desigualdades. A nova normativa busca o compromiso do Goberno galego coa igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

CIDADE

EN BREVE

4 Acivros

Acivros ornamentais estarán ubicados en dife rentes puntos da cidade durante este Nadal.

Con esta iniciativa, unida á iluminación de Nadal e a un programa festivo que se irá desve lando nos vindeiros días, o Concello quere animar a cidadanía a saír ás rúas e gozar do ambiente des tas datas.

4 Omar Montes

O popular cantante Omar Montes ofrecerá un concerto en Ourense o venres, 16 de decem bro. A actuación será ás 22:30h no pavillón dos Remedios, coincidin do coa inauguración do Poboado de Nadal que instalará o Concello na cidade durante as festas.

As entradas, a un pre zo de 12 euros, xa están á venda na web de Ata quilla.

4 Control horario

Xa instalado en todos os servizos do Concello de Ourense o novo siste ma de control de horarios do persoal municipal.

Cada xornada, a to talidade do persoal de oficina rexistra no seu or denador, a través dunha aplicación informática, os seus horarios de inicio e fin de actividade, así como as saídas que por algún motivo realice du rante ese tempo.

4 Aparcadoiro en Carmelitas

O Concello activará un proxecto piloto na contorna de Carmelitas para tentar de arranxar o “problema crónico” de aparcamento. Implantará unha zona de estaciona mento exprés e permitirá utilizar o aparcadoiro do Auditorio a nais e pais de escolares de Carmelitas, Cisneros e Concepción Arenal, nos horarios de entrada e saída de clases.

4 París de Noia

A orquestra París de Noia ofrecerá un concer to durante a celebración das festas do barrio de Mariñamansa. Devandito concerto terá lugar o ven res, día 9 de decembro, na explanada da Farixa.

Un concurso premiará os mellores escaparates do comercio local en Nadal

4 Repartirá 8.000 euros en premios.

Redacción

O Concurso de Esca parates de Nadal 2022 premiará os mellores escaparates do comercio local en Nadal. A inicia tiva chega do Concello de Ourense e conta coa colaboración do CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense UTE (estes dous últimos son os en cargados de dotar econo micamente o concurso). Este certame ten como finalidade darlle visibili dade e apoio ao comercio local, ao tempo que dina mizar e darlle ambiente á cidade nas datas festivas.

A presentación contou coa presenza de Gon zalo Jácome, alcalde de Ourense; Javier David García, xerente de Ecou rense; Cristina López, responsable de clientes de Viaqua; Abel Ocam po, director do CIFP Por

Aparcadoiro

Dalí

Redacción

O Concello ultima o proxecto para construír un aparcadoiro de 327 prazas na rúa Dalí, que dará servizo ao barrio do Couto, pavillón dos Remedios e Xulgados. O ente local está a expensas dun informe da Confede ración Hidrográfica do Miño-Sil para finalizar o proxecto.

O proxecto suporá un investimento de 6,5

tovello; e Lidia Blanco e Susi Carnero, profesoras deste centro educativo.

Premios

O concurso repartirá un total de 8.000 euros en premios. O mellor escapa rate percibirá 3.000 euros; o segundo, 2.000; o ter ceiro, 1.000; ademais de contar con catro accésits de 500 euros cada un.

Inscrición

Os comercios interesa dos poden inscribirse a través do correo electróni co concursoescaparates@ ourense.gal, desde o día 1 ao 13 de decembro, e a decoración deberá estar exposta desde ese mesmo 13 de decembro até o 8 de xaneiro nos escaparates ou fachadas dos locais. As decoracións dos locais pu blicaranse na páxina web do Concello, CIFP Porto vello, Viaqua e Ecourense

millóns de euros, IVE engadido. O Concello de Ourense explotará o aparcadoiro con tarifas de baixo custo para acadar a maior accesibilidade ci dadá.

UTE, para que poidan ser contempladas por quen o desexe.

O xurado poderá visitar as decoracións desde o 13 de decembro e outorga rá os premios valorando como criterios a compo sición e o deseño, a cali dade e a harmonía, a ilu minación, a creatividade e a orixinalidade, a expo sición dos produtos, o uso de materiais reciclados e a temática da auga.

Os premios entrega ranse nun acto que terá lugar o día 20 de decem bro no Auditorio Muni cipal.

Albor celebra o magosto

4 Uns cen socios reuníronse na sede da sociedade.

Redacción

Novos tempos para a Sociedade Cultural Al bor. Un cento de socios reuníronse para festexar o magosto, e así, demos trar que, paso a paso, a sociedade vai crecendo, que non está morta.

Antes da celebración do magosto recibiron a visita do alcalde de Ou rense, Gonzalo Pérez Já come, ademais do tenen te de alcalde, Armando Ojea, e asesores destes.

En definitiva, unha xor nada que facía tempo non se recordaba en Albor.

Socios

Desde o Goberno local agardan poder licitar esta obra tan pronto como a Confederación Hidrográ fica informe, nun prazo de 6 meses, aproximada mente.

A contapingas, os so cios foron chegando ao local da sociedade que, cabe recordar esta na rúa Greco, número 8 -barrio do Couto-. Alí lles agar daba un menú do máis apetitoso a base de bolos preñados, empanadas, queixo, xamón e outras delicias que degustaron os presentes. Tampouco faltou o baile que se pro longou ata ben entrada a noite. Ademais, reali záronse sorteos de varios agasallos previa compra dunha rifa.

E todo isto grazas a que nos primeiros meses do ano, un grupo de socios aventurouse para formar unha nova directiva. O paso dado non lles puido saír mellor, xa que cando eles entraron, Albor con taba con 65 socios e agora son 135. Pouco a pouco, o bo traballo desta directiva estase a notar e, lonxe de conformarse co acadado, pretenden ir crecendo cada día máis. Xa son moitas as actividades semanais que se realizan relacionadas co deporte, para así manter en forma a todos os socios que queiran.

Para rematar, desde a di rectiva fan un chamamen to para que todo aquel que queira se faga socio (a cota é de 10 euros) desta socie dade que o que pretende é darlle unha nova vida e, deste xeito, poñer o seu gran de area para dinami zar o Couto.

6 Barrios 24 de novembro 2022
A decoración deberá estar exposta desde o 13 de decembro até o 8 de xaneiro
Presentación do Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ourense./RAMSÉS. Alcalde e tenente de alcalde, coa directiva de Sociedade Cultural Albor./RAMSÉS. Os socios da Sociedade Cultural Albor celebrando o magosto na súa sede no Couto./RAMSÉS. O proxecto suporía un investimento de 6,5 millóns.

ECONOMÍA

Galicia dinamizará o mercado laboral reforzando os apoios ao emprendemento e ao traballo autónomo

4 A Xunta despregará ata finais de 2023 un total de 12 polos de emprendemento.

Redacción

Para a Xunta de Galicia un dos obxectivos priorita rios nos que traballar nos vindeiros meses está en mellorar as oportunidades de galegas e galegos, cun mercado laboral que lles ofreza máis e mellor em prego.

Por iso, reforzarase o apoio ao emprendemen to e ao traballo autónomo para, así, dinamizar o seu mercado labora. Un em prendemento e traballo autónomo que serán dous dos eixos aos que a axenda do Goberno galego presta rá atención con incentivos e acompañamento para a posta en marcha de inicia tivas que pretenden situar no centro ás persoas, sacar partido ao seu talento e xe rar riqueza vencellada co territorio.

Orzamentos

expansi vos

Este foi o motivo polo que a Xunta de Galicia deseñou, para a área de Promoción do Emprego e Igualdade, uns orzamen tos expansivos que crecen máis dun 13% ata acadar os case 432 millóns de eu ros. É dicir, vinte de cada cen euros deste presupos to, destinaranse a apoiar o emprendemento e o traba llo autónomo.

Impacto Autónomo

Galicia conta actual mente con 218.210 persoas traballadoras autónomas, incluídas ás que forman parte do réxime especial do mar. O colectivo repre senta o 20,8% do total das

afiliacións á Seguridade Social segundo os últimos datos difundidos este mes de novembro. Trátase dun colectivo con amplo peso cuantitativo, pero tamén cualitativo ao que o Go berno galego quere prestar atención por se tratar da base da economía de moi tas familias galegas.

Impacto Autónomo é un novo programa que inxec tará 30 millóns de euros a este sector para axudar ás persoas traballadoras a facer fronte e minimizar o

A Xunta de Galicia deseñou, para a área de Promoción do Emprego e Igualdade, uns orzamentos expansivos que crecen máis dun 13% ata acadar os case 432 millóns de euros

impacto que a suba de cus tos enerxéticos e das ma terias primas está a ter na súa actividade. As achegas directas, que se espera fa vorezan a uns 25.000 tra balladores, suporán unha media de 1.200 euros por persoa beneficiaria.

A Xunta de Galicia se guirá, de xeito paralelo, cos apoios ao inicio de actividade e para a con solidación e crecemento do emprego autónomo. Intensificaranse os apoios ao colectivo, que disporá o ano que vén de case 57 millóns de euros en total.

Polos de emprende mento e apoio ao empre go A nova Dirección Xe ral de Emprendemento e Apoio ao Emprego no

organigrama da Xunta de Galicia consolidará, por outra banda, nos próxi mos meses, a coordina ción de todos os recursos autonómicos na materia. Esta área estratéxica é a responsable de despregar a Rede de polos, que es tará integrada, a remates de 2023, por 12 centros de emprendemento repar tidos por toda a xeografía galega. Trátase de dar im pulso efectivo á xeración de emprego de calidade e iniciativas emprendedoras vinculadas ao territorio.

Na actualidade os Polos Ourense Centro e Sur (en Verín), Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (Coris tanco) xa traballan con iniciativas reais que están a poñer o foco nos secto res do turismo e o ocio, a

alimentación, os servizos profesionais, o agro ou a fabricación de bens de consumo.

Xempre Contigo

Todas estas medidas en caixan na estratexia inte gral de emprego Xempre Contigo que a comuni dade está a desenvolver poñendo no centro das políticas ás persoas e aos

sectores e empresas con maiores dificultades. No marco da mesma estase a traballar para que Gali cia conte cun Servizo de Emprego máis accesible, próximo e dinámico para ofrecer novas oportuni dades laborais para unha Galicia con maior cohe sión e que faga do pro greso económico a súa bandeira.

Na actualidade os Polos Ourense Centro e Sur (en Verín), Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (Coristanco) xa traballan con iniciativas reais que están a poñer o foco nos sectores do turismo e o ocio, a alimentación, os servizos profesionais, o agro ou a fabricación de bens de consumo

7 Barrios 24 de novembro 2022
Impacto Autónomo é un novo programa que inxectará 30 millóns de euros a este sector para axudar ás persoas traballadoras a facer fronte e minimizar o impacto que a suba de custos enerxéticos e das materias primas.
8 Barrios 24 de novembro 2022 especial MUNDIAL QATAR 22

MUNDIAL QATAR 22 especial

9 Barrios 24 de novembro 2022

VERÍN E COMARCA

DO Monterrei Redacción

A DO Monterrei vén de realizar, en Barce lona, unha Masterclass destinada a prensa es pecializada, directores de compra e catadoras de establecementos de hostalaría e restauración da cidade, que agluti nan a experiencia dunha trintena de estrelas Mi chelín.

Esta iniciativa estivo conformada por unha sesión formativa sobre o territorio (características de chan, clima, tipoloxía de produto ou varieda des de uva, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elabo racións gastronómicas. Á devandita actividade asistiron catadores dos establecementos máis selectos da cidade con dal.

Outras accións

Anteriormente á cita de Barcelona, a DO Monterrei fixo acto de presenza este mesmo mes en el primer Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Ámster dam (acción conxunta efectuada polos Con sellos Reguladores de viños e destilados gale gos).

Anteriormente partici para na cidade de Vigo onde congregou a máis de medio cento de profe sionais do canal Horeca de toda a provincia.

Verín CF

Redacción

O Verín Club de Fút bol vén de cesar a Juanjo Vilachá como adestrador do equipo. Os malos re sultados desta primeira parte da tempada desem bocaron nesta decisión tomada pola directiva.

O seu substituto é Iván González quen xa dirixiu o primeiro partido a pa sada fin de semana co resultado de empate a un gol ante o Beluso.

En 11 xornadas, o Ve rín suma 12 puntos tras lograr dúas vitorias, seis empates e tres empates.

Verín remunicipalizará o servizo de augas

4 Suporá unha redución do 20% na factura.

Redacción

Gerardo Seoane, alcal de de Verín; Diego Lou renzo, tenente de alcalde; e Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Inte rior, avanzaron a pasada semana o que serán al gúns dos proxectos nos que se atopa traballando actualmente o grupo de goberno e que serán ei xos centrais do final do mandato. Entre eles es tán a remunicipalización do servizo de augas, a adquisición do edificio histórico dos Almacéns Recaredo, a cesión dos terreos á Fundación San Rosendo para a constru ción do complexo bal neario e asistencial e o PERTE de dixitalización do ciclo da auga.

Un dos proxectos que verán a luz nas próximas semanas é a remunici palización do Servizo Municipal de Augas e Saneamento. O rexedor municipal anunciou que se someterá a votación no próximo pleno a apro bación da recuperación de devandito servizo (que actualmente se ato pa xestionado indirecta mente pola empresa Es pina y Delfín); pasando de ser, no caso de ratifi carse, de xestión directa municipal. "Isto suporá para o usuario un aforro final na súa factura da auga dun 20%", concre tou o alcalde.

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, recordou que un dos obxectivos do actual goberno munici pal era "por compromiso electoral", a remucipali zación eficiente dous ser vizos públicos locais e "a súa modernización en aras do beneficio económico e servizo ao cidadán". Lou renzo asegurou que están "a demostrar con feitos que unha vez que a xestión directa volve o Concello supón un aforro real para a cidadanía, ademais de me llorar o servizo".

Outras mocións Ademais, no próximo pleno someterase a vo tación a cesión final dos terreos necesarios para a construción comprome tida pola Fundación San Rosendo do seu comple xo balneario e asistencial. Para Seoane, isto é unha aposta clara para a "crea ción dun centenar de no vos postos de traballos directos".

Por outra banda, o Con cello adquirirá o “emble mático” edificio dos alma céns Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías. Como explicaba o rexedor, fa

rase grazas a "un prés tamo de 890.000 euros -a un cero por cento de interese- concedido pola Xunta de Galicia dentro do seu programa de reha bilitación". O préstamo devolverase en oito anos, a 110.000 euros por ano.

Por último, desde o Goberno local informa ron que o Concello de Verín, os concellos da comarca e os da Mezqui ta e A Gudiña, uniranse para traballar nun plan especial Estratéxico para a Recuperación e Trans formación Económica do Ciclo da auga.

Pleno extraordinario Antes das declaracións do grupo de goberno, ce lebrouse na casa do con cello de Verín un pleno extraordinario no que se aprobou a contratación dunha operación de cré dito a curto prazo por un valor de 2.600.000 euros, adxudicada a entidade bancaria Caixa Rural Zamora. Sobre esta ope ración, o rexedor, expli cou que posibilitará "a activación dos pagos das facturas pendentes desde o ano 2021 ata o segundo trimestre do 2022".

No pleno extraordinario aprobouse unha operación de crédito de 2,6 millóns euros, para pagos de facturas pendentes desde o ano 2021 ata o segundo trimestre do 2022

Novas luminarias nos núcleos rurais

4 O Concello substituiu 1.630 na segunda fase do seu plan.

Redacción

O Concello de Verín vén de rematar a segun da fase de renovación da iluminación pública por luces LED co con secuente aforro e efi ciencia enerxética, así como a redución de emi sións de gases de efecto invernadoiro. En total substituíronse 1.630 lu minarias de iluminación pública correspondentes as luminarias de quince núcleos rurais de Verín (Tamaguelos Tamagos, Pazos, Queizás, Pazos, Mourazos, Mandín, Fe ces de Abaixo, Cabrei roá, A Rasela, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro e Caldeliñas).

Esta actuación, que su puxo un investimento to tal de 589.674,14 euros, esta cofinanciada nun 80% polo Fondo Euro peo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e no restante 20% por fondos municipais.

As novas luminarias LED instaladas supoñen un importante aforro enerxético xa que necesi tan menos da metade de potencia eléctrica para producir a mesma ilumi nación conseguida coas antigas lámpadas, co que se reduce o consumo eléctrico a máis da meta de. Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerar do Seoane, este aforro "permitirá ao Concello destinar ese diñeiro afo rrado a outros proxectos

necesarios".

Previa a substitución das luminarias desta segunda fase, o Concello de Verín realizara unha primeira quenda de renovación da iluminación pública por luces LED. En total substi tuíronse 2.154 luminarias de iluminación pública correspondentes ao centro urbano de Verín e aos nú cleos rurais de Tintores e Vilela. O total de lumina rias substituídas, sumando ambas fases de actuación, suman 3.784 lámpadas.

Emisións de CO2

Ademais, a piscina cli matizada xa conta con paneis solares que forne cerán a enerxía eléctrica para tanto para o seu auto consumo como para a súa climatización. Desta for ma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético.

En total implementáron se un total de 88 módulos fotovoltaicos que suporán unha redución anual esti mada de emisión de gases de efecto invernadoiro de 15,794 toneladas CO2/ano.

Verín reducirá en máis de 15 toneladas ao ano as súas emisións de CO2 coa nova instalación fotovoltaica da piscina climatizada

Vista dos paneis fotovolcaicos na piscina climatizada.

10 Barrios 24 de novembro 2022
Pleno extraordinario do Concello de Verín celebrado o 18 de novembro.

VERÍN E COMARCA

Voluntariado Sénior

Redacción

O Concello de Verín participa por segundo ano consecutivo na iniciativa de “Voluntariado sénior” promovida pola Xunta de Galicia. Este proxecto, denominado “Avanzando cara un futuro mellor”, ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida dos maiores, realizan do actividades orientadas a eliminar estereotipos, creando unha imaxe máis social e dinámica.

Nesta iniciativa, orga nizada polo departamen to de Oficina Xuventude (voluntariado) e o departa mento de Servizos Sociais do Concello de Verín, par ticiparon un total de oito “voluntarios sénior” que apoiaron o traballo que realizan os técnicos da

área de Servizos Sociais municipais, e do que se benefician mais de 650 persoas.

Entre as actividades, estiveron no Centro de Día de Verín “Solleira” para participar nunha divertida sesión de pa sapalabra onde os nosos maiores responderon as palabras do rosco, termi nando cunha merenda. Neste xogo, centrado no ámbito rural, participa ron tamén Rosario Ro dríguez, concelleira de Persoal e Réxime Inte rior, e Eugenio Quintas, concelleiro de Sanidade Servizos Sociais e Igual dade.

No marco desta inicia tiva tiveron lugar activi dades como o Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavo recidas; Maiores pola Igualdade; e Os meus ollos son os teus.

O comercio local reparte 6.000 euros no Nadal

4 Coa campaña organizada por AEVER.

Redacción

EN BREVE

4 Magosto

A praza García Barbón de Verín acolleu o magos to popular organizado polo Concello. Os asistentes ao evento puideron degustar castañas de balde e desfru tar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do grupo de pan dereteiras As Travesas da Mezquita.

4 Interlumes

A Xunta de Galicia somete a información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes. Ao anuncio da Consellería do Medio Rural poderanse presen tar alegacións nun prazo de 20 días hábiles a con tar desde o 5 de novem bro.

A Asociación de Em presarios de Verín (Ae ver), co obxetivo de fidelizar é premiar aos clientes e incentivar as vendas, lanza por ter ceira vez a campaña de Nadal “Os 6.000 de Verín”. A campaña foi presentada, nas oficinas da asociación, por José Ángel Rodicio, xerente de Aever; Santos Álva rez, presidente de Aever; e María Isabel González, concelleira de comercio A campaña deu come zo o día 16 de novembro e prolongarase ata o 27 de decembro. Na mesma participan un total de 110 establecementos de AEVER.

Máis premios

Nesta ocasión haberá máis premios. Sortea ranse 15 cheques: un de 2.000 euros (gastando nun mínimo de 10 locais e facendo un gasto máxi mo de 200 euros en cada

un); un de 1.000 (en cinco locais cun gasto máximo de 200 euros en cada un); dous de 500 (usándoo en cinco locais un máximo de 100 euros); tres de 300 (en seis locais un máximo de 50 euros); tres de 200 (en catro locais un máximo de 50 euros); e cinco de 100 (en dous locais un máximo de 50 euros). O sorteo fa rase ante Notario nas ins talacións da asociación, o día 28 de decembro.

Na campaña, cofinan ciada pola Xunta de Gali cia, cada asociado pon 70 euros para premiar apoio dos clientes ao pequeno comercio.

Sorteo

Os clientes deberán cu brir as papeletas que lle entregue cada establece mento polas compras rea lizadas, cos seus datos de contacto (nome e apelidos, DNI e teléfono), introdu cilos en calquer buzón que estarán a disposición en todos os establecementos participantes. Cubrir a pa

peleta implica a acepta ción das bases que esta rrin a disposición na web ccaverin.com.

Unha vez realizado o sorteo e localizados os premiados, estes terían ata o día 5 de xaneiro para facer as súas com pras polo importe pre miado; entregaranse uns pasaportes de canxe.

O sorteo -dos premios- farase ante Notario nas instalacións da asociación, o día 28 de decembro

Carreira Solidaria de Nadal

Redacción

O sábado 10 de decem bro, o Centro de Lecer Infantil e Xuvenil “Los Mundos de Iker” orga niza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Carreira Solida ria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavo recidos da comarca de Monterrei.

Trátase dunha carrei ra solidaria non depor tiva-competitiva na que poderán participar tanto nenos e nenas como adul tos nas categorías benxa mín, alevín, xuvenil e adulto; tanto individual como por grupos ou mes mo coas mascotas.

A saída será as 16 ho ras desde a praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfra ce por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores.

Participación

Para participar nes ta iniciativa é necesa rio formalizar inscri ción previa no teléfono 650698766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES203085020819 2655312128

Todas aquelas empre sas que queiran colaborar con esta iniciativa, ben sexa economicamente ou directamente realizando unha entrega de alimen tos, poden poñerse en contacto coa organiza ción a través do mesmo teléfono de inscrición.

11 Barrios 24 de novembro 2022
Participantes no programa de “Voluntariado Sénior”.
Repartiranse un cheque de 2.000 euros; un de 1.000; dous de 500; tres de 300; tres de 200; e cinco de 100 euros
Santos Álvarez, José Ángel Rodicio e Maria Isabel González, na presentación da cam paña “Os 6.000 de Verín”.

Fútbol sala Redacción

Na Primeira división, o Ourense Envialia logrou unha importante vitoria ante o Alcantarilla (4-1) que o leva a escalar ata a sétima posición. Con esta, o equipo dirixido por Raquel Mondo suma a terceira vitoria conse cutiva e a sensación de que o equipo, cada xor nada, vai a máis. O Tel deportivo de Gran Cana ria será o próximo rival das ourensás.

Na Segunda, o Cidade das Burgas non da coa te cla neste inicio de curso e suma unha nova derrota, esta vez contra Ferrol (43). As pupilas de Codeso levan 10 puntos en oito xornadas.

O filial do Envialia, pola contra, venceu ao Bembibre (7-1) e ocupa unha meritoria sétima posición.

Esta fin de semana o Cidade recibe ao 5 Co ruña e o Envialia B visita ao Santidad Batot.

Sala Ourense Nova derrota (8-5 ante o Guardo) dun Sala Ou rense que está en pos tos de descenso. Este sábado, recibe no Pazo (16.30h) ao Parrulo.

O COB suma a segunda vitoria da tempada

4 Vence ao Albacete e o Pazo respira.

R.T.

Lavado de imaxe dun Club Ourense Balonces to que levaba semana con moitas dúbidas. O 1-6 (en vitorias e derro tas) fixo que os nervios e as dúbidas apareceran no club e afección. Porén, o partido contra o Albace te fixo cambiar a imaxe dun equipo que xogou de xeito coral para sumar a segunda vitoria da tem pada.

Gran partido de Pilepic, Willett, Gjuroski, Man jgafic e Peciukevicius. Os catro primeiros con dobres dígitos en anota ción e o último con 17 de valoración grazas á apor tación defensiva. Men ción especial para Shaun Willet. O xogador de San Cristóbal y Nieves firmou un partido espectacular; o caribeño logrou 17 pun tos, 13 rebotes (seis deles ofensivos), sete asisten cias, dous tapóns e dúas recuperacións para irse ata os 32 puntos de valo ración. Willet demostrou todo o seu poderío, que se

intúe ao velo: un xogador atlético que ten que marcar diferenzas.

Certo é que os manche gos demostraron que son un equipo ao que lle tocará loitar pola permanencia, pero o visto na pista do Pazo dá esperanzas, xa que os ourensáns realiza ron un encontro de moi alto nivel, ao que lle debe rán dar continuidade nas próximas xornadas.

Con esta vitoria o equipo sobe unha posición pero aínda está en zona perigosa

ao ser terceiro pola cola. Iso sí, empatado a vitorias cos catro equipos que es tán por diante.

Valladolid

Este sábado 26, os ho mes de Guillermo Arenas viaxan ata terras caste láns para visitar a un Va lladolid que con catro vi torias marcha na sétima posición. Toca refrendar o bo partido realizado contra o Albacete e dar continuidade á ilusión dos cobistas.

Malos resultados no fútbol ourensán

4 Só o Barco vence.

Redacción

Mala xornada para os equipos ourensáns de 2ª e 3ª Federación. Todos eles, agás o Barco caeron derrotados nas súas res pectivas xornadas.

Na 2ª RFEF, o Aren teiro logo de tocarlle o "gordo" na seguinte eli minatoria da Copa do Rei (recibirá no Espiñedo ao Atlético de Madrid) reci biu a primeira derrota da tempada. Foi o Compos tela o que dobregou aos homes de Fran Justo cun solitario gol de penalti. A pesar da derrota, os do Carballiño seguen líderes.

O Ourense CF tampou co sacou nada de proveito do seu partido no campo

do Bergantiños. Os locais venceron por un gol a cero.

Na vindeira xornada o Arenteiro visita o sábado ao colsita, Burgos Prome sa. Pola súa banda, o Ou rense CF recibe este sába do (O Couto, 19 horas) ao Gimnástica.

3ª Federación Na Terceira, dolorosa derrota da UD Ourense que foi goleada no campo do Vilalbés por 5-1. E ledicia desta semana vén da vitoria do Barco (1-0 ante o Cho co), o que fai que escale posicións e se coloque na oitava a tres puntos da loita polo ascenso.

Esta fin de semana che ga o derbi ourensán que se disputará no Couto.

12 Barrios 24 de novembro 2022 DEPORTES
Pilepic encara a un rival. /I.OSORIO. Arenteiro - Compostela. /I.OSORIO.

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller 4 Diversas actividades con

memoran este día.

Redacción

Son diversas as activi dades que se celebrarán na provincia para conmemo rar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

No Concello de Barba dás, por exemplo, o pro pio días desta celebración -25 de novembro- lerase un manifesto na Casa do Concello -12 horas-. Un obradoiro de autodefensa terá lugar na Casa da Mo cidade o día 26 (sábado) de 11 a 13 horas.

O 2 de decembro haberá unha reunión da Mesa de Coordinación Interinstitu cional fronte á violencia de xénero que se celebra rá no Salón de Plenos do Concello de Barbadás ás 10 horas. Ese mesmo día, o Auditorio Manuel María presenta a obra de teatro "Por unha peseta" ás 20 horas.

Desde o 14 de novem bro e ata o 16 de decem bro, estase a celebrar os obradoiros "Quérote, qué rome" dirixido aos centros educativos CEIP Filomena Dato, e O Ruxidoiro, o IES Xesús Ferro Couselo e o Colexio Luis Vives.

E para rematar, o 16 de decembro (ata o 3 de xa neiro), inaugúrase a expo sición de pintura "Acríli co sobre 50 sombras de Grey", na Sala de Expo sición da Casa de Cultura Manuel María.

Ourense

Na capital tamén están a celebrar o 25N con ac tividades durante estos días. Así, o xoves, 24 de novembro, a Casa da Cultura (rúa Concello, 11) acolle a proxección de As mulleres deciden (20.30h).

Acto institucional polo Día internacional para a eliminación da Violen cia contra as mulleres terá lugar o venres, 25 de novembro ás 10 ho ras no Salón de Plenos do concello ourensán. Unha xornada de forma ción para o persoal do Concello de Ourense ce lebrarase no CIMM (rúa Ensino, 24) o luns, 20 de novembro ás 10 ho ras. O Festival de música contra as violencias de xénero chega ao Teatro Principal o mércores, 30 de novembro. E do 5 de decembro ao 13 de xa neiro, a Sala Valente (rúa do Paseo 20) acolle a ex posición Cartas de amor, mostra gráfica de ilustra cións e de artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.

A App“VOUContigo”, para traxectos seguros

4 Trátase dunha aplicación lanzada pola Deputación.

Redacción

A Deputación de Ou rense lanza a aplicación gratuíta “VOUContigo”, unha iniciativa deseña da para xerar confianza nos desprazamentos de toda a poboación, con especial foco nas nenas e adolescentes, de modo que poidan comunicar os seus roteiros a grupos de confianza -pais, familia res, amigos, etc.-. A de putada de Igualdade, Luz Doporto, e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernan do Suárez, presentaron esta aplicación

A App

Para poder interactuar con “VOUContigo”, basta con instalar a apli cación e darse de alta cun proceso mínimo. A partir dese momento, calquera usuario pode seleccionar a quen no tificar os seus despraza

mentos con só introducir o teléfono móbil ou co rreo electrónico. Póden se crear tantos grupos de confianza como se desexe e incluír a persoas nun ou varios deles, do mesmo xeito que notificar os des prazamentos a máis dun dos grupos creados.

O usuario que vai a co mezar un desprazamento e quere avisar a un grupo de confianza de “VOU Contigo”, comezará se leccionando “compartir percorrido” para que a aplicación xeoposicione o seu móbil. Despois, debe rá sinalar o seu destino, o medio de transporte que usará e os grupos de con fianza aos que quere no tificar esta viaxe. A partir deste momento comeza o percorrido, ubicando o mapa compartido do gru po de confianza os puntos polos que vai pasando o usuario -indicando o seu indicador temporal- ata a chegada ao destino, no

que remata o percorrido e con el o aviso ao grupo.

O sistema inclúe tamén a funcionalida de de “Botón do páni co”, un botón presente en todo momento e que cunha pulsación prolon gada -máis de 3 segun dos-, permite o envío dun sinal, unha vez máis aos usuarios selecciona dos para esta alternativa.

O “Botón do pánico”, cunha pulsación prolongada -máis de 3 segundos-, permite o envío dun sinal, aos usuarios seleccionados para esta alternativa

Pontes de igualdade

Redacción

Os centros de ensino do barrio da Ponte ma nifestan a súa postura contraria á violencia machista e vicaria. O vindeiro venres, 25 de novembro (25N), ás 11 horas, os IES 12 de Ou tubro e Blanco Amor en coordinación co CEIP de Prácticas da E.U. Form. Profes. E.X.B, sitos na cidade de Ourense, van celebrar un acto público en que pretenden rexeitar calquera forma de vio lencia machista e a vio lencia vicaria, aquela que afecta aos menores na familia. Este acto consis tirá na formación dunha gran cadea humana que rodee os centros educa tivos como repulsa aos feminicidios producidos ata o momento na nosa sociedade e que repre sente a unión dos nenos e nenas, así como profe sorado ante semellante barbarie. Posteriormen te levaranse a cabo di versas representacións, como a lectura dun ma nifesto contra a violen cia e unha representa ción teatral, entre outras. Este acto conta coa co laboración da Cruz Ver mella de Ourense que se encargará da seguridade do mesmo.

Esta actividade, no meada como “Pontes de Igualdade”, enmárcase dentro do Plan de Igual dade que se leva a cabo no eido educativo e que constitúe un dos piares e valores que representan á comunidade educativa. Trata de constituir unha ponte de coordinación intercentros que loite na eliminación de calquera conduta violenta contra a muller.

Cifras da vergoña

O número de mulleres asasinadas por violencia machista en España as cende no que vai de ano a 38, e a 1.168 dende 2003 (ano no que comeza a ha ber datos), mentres que o número de menores asasinados e asasinadas polo mesmo motivo as cende a 2 en 2022 e a 48 dende 2013.

13 Barrios 24 de novembro 2022 PROVINCIA
Presentación da App “VOUContigo” creada pola Deputación de Ourense.
O 25N concellos da provincia celebrarán un acto institucional coa lectura dun manifesto
Presentación das actividades programadas polo 25N no Concello de Ourense.

14 Barrios 24 de novembro 2022

4AXENDA

Teatro

- Sábado 26 de novem bro - 20 h - DecadenciaTeatro Principal Ourense.

- Sábado 29 de novem bro - 20h - ¡El último que apague la luz! - Audito rio de Ourense.

- Venres 2 e sábado 3 de decembro - 20h - Do ble o nada - Teatro Prin cipal de Ourense.

- Sábado 10 de decem bro - 20h - Silencio - Tea tro Principal de Ourense.

- Domingo 11 de de cembro - 19h - Continen te María - Teatro Princi pal de Ourense.

Música

- Xoves 8 de decembro - 18h - Tributo a Encanto “Falemos de Bruno”Auditorio de Ourense.

- Sábado 10 de decem bro - 17 h - La bella y la bestia, el musical - Audi torio de Ourense.

- Venres 16 de decem bro - 20h - Tributo a Nina Simone - Teatro Princi pal.

Deportes

- Xoves 24 e venres 25 - Sportur, V salón do deporte e turismo activo - Expourense.

- Sábado 26 de novem bro - 20 h - II Trail noc turno de Ourense.

- Domingo 27 de no vembro - 10 h - 15º Ci clocrós Castelo de Mace da - Maceda.

Exposicións

- Ata o 8 de xaneiro“Dimensión social dun ha erótica da arte” - CC Marcos Valcárcel.

- Ata o 30 de novem bro - “Arte non!” - Bi blioteca Nós (Ourense).

Cinema

- Luns 28 de novembro - 20.30 h - Sherlock Jr.CC Padre Feijoo (Conce llo 11).

- Mércores 30 de no vembro - 18 e 21 h - Da ting amber - CC Padre Feijoo (Concello 11).

Outros

- Venres 2 (20h) e sá bado 3 (17 e 20.30 h)

- Inventio (circo, ilusio nismo, danza, música)Auditorio de Ourense.

- Domingo 4 de decem bro - 20.30 h - Monólog Joaquín Reyes “Festejen la broma” - Auditorio de Ourense.

www.periodicobarrios.com

PROVINCIA / OCIO E CULTURA

Celanova acolle o Certame Galego de Bandas de Música

4 A 15ª edición celébrase os días 3 e 4 de decembro.

Redacción

“A Administración cerca de ti” achegará xestións administrativas á cidadanía

4 De 81 concellos da provincia.

Redacción

Un total de 137.000 per soas da provincia de Ou rense sairán beneficiadas do plan “A Administra ción cerca de ti” que ache gará as xestións admi nistrativas a 81 concellos para avanzar na cohesión territorial.

O subdelegado do Go berno en Ourense, Emi lio González, presentou este programa que per mite avanzar na elimi nación da fenda dixital. “Achegamos a Adminis tración do século XXI ás vilas, poñéndoa di rectamente ao servizo dos veciños e veciñas, para fortalecer a cohe sión social e territorial e reforzar a igualdade de oportunidades”, sina

O ratiño Pérez visitará Verín

Redacción

O Ratiño Pérez volve a Verín da man da Fun dación Dentalnova e do Concello de Verín. Pé rez chegará á vila o vin deiro mércores, 30 de novembro. E para darlle a benvida, a Fundación Dentalnova organizou unha gala xunto aos ne nos e nenas dos colexios da comarca e a contado ra local Raquel Queizás. Ademais, a estancia do coñecido rato quedará gardada para o recordo nun libro que o propio personaxe fará chegar ás

lou o subdelegado, quen agradeceu a colaboración dos concellos “pois este programa non sería posi ble sen a súa implicación, e dos funcionarios e fun cionarias públicas que percorrerán as diferentes vilas da provincia nos vindeiros meses de xeito voluntario”.

Asesorar e xestionar O Plan seguirá un ca lendario establecido en cooperación cos conce llos. Cada semana, fun

cionarios e funcionarias da Subdelegacións des prazaranse a estas loca lidades, todas elas cun ha poboación inferior a 8.000 habitantes, para ensinar ás persoas intere sadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital da FNMT, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da per soa que o solicita.

Cada semana, funcionarios da Subdelegacións desprazaranse a estas localidades para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital

O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova será a sede da celebración do 15º Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar os días 3 e 4 de decembro. O certa me, que por primeira vez celebrarase fora de San tiago, contará coa parti cipación de oito bandas de música, ten entrada gratuíta e poderase ver tamén por streaming.

A presentación contou coa presenza do deputa do Pablo Pérez; o alcal de de Celanova, Antonio Puga; o secretario xeral de Política Linguística, Valentín García; e o pre sidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares -or ganizadora do evento-, Iván Estévez.

ción cultural de Celanova e a capacidade loxística e técnica para acoller este tipo de eventos.

Programación

O certame arrancará o sábado 3 de decembro no Ilduara coa participación das bandas de Caldas de Reis (17 horas), Santáde ga (18 horas), a Banda de Lourenzá (19 horas) e a Agrupación Musical da Li mia (20 horas).

Alcalde de Verín e xerente de Vitaldent na presentación da visita do Ratonciño Pérez a Verín.

crianzas.

Caseta

Logo do éxito da case ta do Ratiño Pérez do ano pasado, a Fundación Den talnova quixo convence lo para que visitase a vila neste Nadal. Así, proponse máis dun mes de activida

des ao redor da súa figura buscando converter estas accións nun verdadeiro atractivo para o lecer da comarca. Así, volverase instalar a Casiña do Rati ño Pérez na praza da Mer cé, onde as crianzas terán a oportunidade de visitar e retratarse xunto a el.

Pablo Pérez destacou que “é unha verdadeira honra para a Deputación apoiar este certame, que ten en Ourense e, con cretamente, Celanova, o espazo ideal para a súa celebración”. Valen tín García manifestou a “enorme satisfacción por ver como este certame chega a Ourense, unha provincia cunha fonda tradición nas bandas de música, elementos dina mizadores que vertebran culturalmente o país”. Pola súa banda, Antonio Puga agradeceu á Fede ración Galega de Bandas de Música Populares que escollera a vila celanove sa para celebrar este cer tame, destacando a tradi

Para o domingo 4 de decembro, pola mañá será quenda para a sección in fantil, coa participación a mediodía da Chikiband -de A Limia- e a Banda de música infantil de Rubiós (12.30 horas). Pola tarde, actuarán a banda xuvenil da Escola de Música de Si lleda (17 horas) e a Banda Xuvenil de Celanova (18 horas). A continuación ce lebrarase o acto de clausu ra, coa entrega de diplomas e premios, que pecharán un fin de semana no que tamén se dará conta do resultado do XV Concurso Galego de Composición, que conta con 44 propostas inscritas.

Iván Estévez agradeceu na súa intervención o res paldo da Deputación, Con cello e Xunta de Galicia, e sinalou a alta participación de bandas de música ou rensás ademais da presenza da Banda de Lourenzá, na cida na pandemia.

Presentación do Certame de Bandas de Música que se celebrará en Celanova./RAMSÉS.
O certame arrancará coa banda de Caldas de Reis (17h)
Presentación na Sundelegación do Goberno de Ourense do plan ““A Administración cerca de ti”./RAMSÉS.

BARRIOS. Edita: Letras a la

S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito

ARTIGOS / CLASIFICADOS

15 Barrios 24 de novembro 2022

045

comunique no teléfono 685 969 546.

A Andromena das guerras dos medos

O medo apodérase de min esta tarde namentres escoito a choiva, agochadi ño entre as mantas de liño da miña vella cama. Loitei desde neno co meu medo, o medo a ter medo, cando me miraban as vellas pantas mas desde o cadro do noso cuarto, na nosa casiña en Ribas do Asneiro, a espida parede revelábase inimiga hostil, mentres escondido entre as mantas coa cabeza tapada, pretendía conxurar as ameazas dos meus avós mortos, que me miraban con saña, a piques de des colgarse da parede.

O cadro coas suás figu riñas de ouro no marco, coas fotografías pintadas; aquelas miradas perdidas, aqueles traxes elegantes, sen engurras, antollában seme elegancias de defun tos e o dourado do marco os esquinais do cadaleito de castiñeiro, vernizado e brillante, que lembraba no cuarto novo da outra casa, a que fose nosa casa ata a morte da avoa, que aín da asemellaba estár viva asexándome dende a pare de, mirándome de esguello a percura dos meus ollos.

“A choiva, a escuridade e o medo, aliados contra min, apoiados no lento transcorrer do tempo cando o temor atenaza”.

A choiva, a escuridade e o medo, aliados contra min, apoiados no len to transcorrer do tempo cando o temor atenaza. O tempo é cruel, tiránico, caprichoso, déixase ma nexar polo medo. Mentres eu, angustiado, tremendo, permanecía aniñado, o son da agulla pequeniña do reloxo demorábase, as pingas de choiva es tremecidas, entretíñanse co vento e eternizaban o

seu encontro co cristal da miña xanela, a cámara len ta, non, mellor a cámara parada ou case que parada, como se define a lentitude do lento? ou como se vive o medo encerrado noutro medo maior, ese terror da infancia, arrastrado no vi vir, como as cadeas que arrastra a vella pantasma que habita o castelo inte rior? E a certeza de que nada é seguro ou quizais a seguridade de que nada é certo; poida que o medo aliméntese das miñas inse guridades, poida que tente devorarme desde neno.

Hoxe escoito a choiva fóra, óioa espida terrible, asolagadora. E os espíri tos do vello cadro berran, ouvean de novo, non temo esta vez por min, as voces que me asaltan agora, son as dos nenos da guerra, da guerra que non ten fin, os nenos sen casa, sen pai, sen risas. Os nenos viaxei ros obrigados, destrona dos, cansos. Nenos asal tados nos seus soños por bombas, por disparos, por prantos e por medo.

Pobriños meus anxiños! Como esconderán as súas cabeciñas entre as mantas que lles roubaron? e onde atoparán os cheiros da súa casa?

A choiva perversa da maldade humana, em pápaos e esnaquízaos. O tempo non se move na súa memoria e cada noite rebéntalles os tímpanos, tápanse os oídos coas súas mans, pois non hai mantas que consolen a tristeza de partir.

Miñaxoia! Papá morreu matando e mamá máta se chorando de rabia e de desespero e tí o meu neno bonito, vas morrendo de medo, non coñezo o teu

nome, nin vin a túa cariña, nin sequei as túas bagoas, pero coñézoche, seiche e coñézoche! porque che vin na choiva. Esa choiva túa e miña, tróuxome o teu medo esta tarde e fe riume dentro, onde a dor magoa de verdade, xuntei as túas bagoas coas mi ñas, neno meu, fillo meu, neto meu... Quen me dese que calase a guerra! que sempre vivises en paz, Quen me dese!

Hoxe o meu medo e o teu medo son irmáns, son os medos dos orfos, son feridas abertas que san gran xuntas, escorregan agora as pingas no cristal; pingas vermellas, pingas do sangue emigrando do teu ollos á miña alma.

E no vello cadro da parede espida, ti tamen estás chorando papá, dende o outro lado estás chorando, porque ti es así, doce como os bicos das anduriñas no Asnei ro e non podes aturar as inxustizas, choramos abrazados os dous, so frindo polos inocentes eu dunha ourela do río e tí da outra.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Véndese piso en Belu so, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de ser vizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, es coito ofertas).

Alugo perruquería na rúa Progreso (Ouren se). Ao carón do Dia. Entreplanta acondicio nada para uso Teléfono 672 089 349

Véndese casa céntri ca en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous ba ños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70

Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamen tos en Montalvo (de Se mana Santa a outubro) con unha ou dúas habi tacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparca doiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916

Alugo sala para acti vidades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113.

Busco casa en alquiler na periferia de Ouren se. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos

da praia. Piscina comuni taria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trastei ro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para coidado de nenos/as en Ourense e A Valenzá. Tel.: 674 500 513

Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Mate máticas. Todas as Etapas. Tamén materias curricu lares de ESO e Bachare lato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89.

Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axu da a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870

Ofrécese señora para tra ballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibi lidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de en fermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maio res, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora respon sable -española- para coi dade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de en fermaría, con titulación, para o coidado de maio res. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés

a domicilio. Todos os ni veis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611

Busco traballo en des broces con tractor ou con dutor de camión e carre tillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpe za de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con in formes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

Vendo dúas portas unha de aluminio e outra de madeira. Tlf.: 672 089 349

Vendo dúas fiestas de aluminio con cristais. Tlf.: 672 089 349

Vendo botellero para en friar bebida. Tlf.: 672 089 349

Vendo minicadea de mú sica antiga. Tlf.: 672 089 349

Vendo cuna nova con colchón. Tlf.: 672 089 349 Vendo calentador de gas novo. Tel: 672 089 349.

Vendo calentador eléctri co novo. Tel: 672089349.

Vendo garrafóns para viño e botellas de gaseosa. Tel: 672 089 349.

Vendo mampara semino va. Tel: 672 089 349.

Véndense corte de car ballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272.

Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 97 98 97.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo estufa de frío e ca lor. Tel: 672 089 349.

Carta Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Ave lino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº176 - Ano: XV - 24 de novembro de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo
VENDAS
Hoxe o meu medo e o teu medo son irmáns, son os medos dos orfos, son feridas abertas que sangran xuntas, escorregan agora as pingas no cristal
Barrios 24 de novembro 2022
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.