Entrevista ao escritor Jorge E. Bóveda, autor de “Anoitece en Vulgaria” [Páx. 6]
OURENSE
Páx.2 OURENSE
A gala benéfica SOS Ucraína terá lugar no Auditorio de Ourense o venres 29 de abril
Páx.3 CELANOVA
A CHMS autoriza obras de reconstrución das instalacións termais da Chavasqueira
Páx.8 ALLARIZ
Luz Casal recibe este ano o premio “Celanova, Casa dos Poetas”
Páx.9 DEPORTES
A Festa do Boi celebrarase do 11 ao 19 de xuño na vila alaricana
Páx.12
O COB xoga a primeira eliminatoria do playoff de ascenso contra o Mollet o 17 de abril
Música ao vivo en Allariz
[Páx. 2]
Correndo por Ourense
Semana Santa
[Páx. 13]
Ourense retoma as procesións de Semana Santa. / Allariz acolle numerosos concertos durante a Semana Santa ao Vivo. / O “Correndo por Ourense” estreouse no Vinteún.
Número: 162 - Ano: XV - 12 de abril de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 12 de abril 2022
TEMA DA SEMANA
SOS Ucraína para axudar aos refuxiados 4 A gala benéfica terá lugar no Auditorio de Ourense o venres 29 de abril. Redacción O vindeiro venres, 29 de abril (ás 20.30 horas), o Auditorio Municipal de Ourense vístese de solidariedade para acoller unha gala benéfica a favor dos refuxiados de Ucraína. Entradas O prezo da entrada para este evento é de 12 euros e se pode adquirir en Orixe Publicidade (r/ Francisco de Moure 20, Ourense) ou en ataquilla. com. Tamén haberá unha fila cero para quen queira colaborar dunha maneira desinteresada; para elo, a organización pon unha conta para este fin (Abanca, conta ES03 2080 5263 0430 4006 5289). Os beneficios do evento serán doados á misión crise Ucraína de Cruz Vermella. Actuacións A presentación da gala correrá a cargo de Lucía
Rodrígue e Marina Sánchez, que irán presentando aos distinto artistas que irán subindo ao escenario do autorio ourensán. Os artistas invitados serán: Emilio Rúa, Lume na lareira, Escuchando Elefantes, Antonio Barrios e iAlme, Acordeóns de Celanova, Ghostbusters Costa Oeste, Velusa e Miki Carvalho, Os Trasnos de Doade, María do Ceo, Dr. Coverall, Iván Pérez, Faylinn e Lorien.
O prezo da entrada é de 12 euros e pódese adquirir en Orixe Publicidade (r/ Franciso de Moure 20) ou en ataquilla.com. Tamén hai unha fila 0
A cidade prepárase para unha Semana Santa normal despos de dous anos. /I. OSORIO.
Regresan as celebracións de Semana Santa 4 Tras dous anos sen actos multitudinarios. R.T. Dous anos despois, Ourense e a súa provincia recupera as tradicionais celebracións litúrxicas de Semana Santa. Na capital ourensá, deuse comezo a esta celebración relixiosa o pasado martes, 5 de abril, co pregón a cargo de D. Roberto Castro, ex subdelegado do Goberno na provincia de Ourense; o
acto tivo lugar na Igrexa de Santa Eufemia no que, ademais, houbo un concerto de música Sacra. O sábado, 9 de abril, celebrouse o Viacrucis que percorreu 14 igrexas da cidade (de 10 a 18 horas). O domingo día 10 a Procesión de Ramos saíu do Parque de San Lázaro para chegar á Santa Igrexa Catedral, para acto seguido, presidor o Obispo unha misa.
En Allariz, Semana Santa ao Vivo 4 A programación conta con roteiros, mostras e visitas. Redacción Dous anos despois, a música ao vivo será a protagonista nas rúas da vila alaricana durante a Semana Santa. Do 14 ao 17 de abril, (de 12 a 14 e de 18 a 20 horas), diferentes estilos musicais terán cabida nesta programación. Actuarán: Minguante, Bea Martínez & Langarika, Rubén, Celavellas, Adrian Timms, Anahí, Pirata sen parche e Cidade de Antioquía.
Cartel da gala benéfica.
Roteiros infantís Ademais para os máis pequenos haberá dous
roteiros para descubrir peculiaridades agochadas de Allariz. Serán o venres 15 e o sábado 16 ás 17h. A actividade será de balde e para anotarse haberá que enviar un correo a participa@allariz.gal. A idade para participar será dos 6 ao 12 anos. Prazas limitadas. Máis actividades Tamén haberá visitas guiadas polo casco histórico o xoves 14, venres 15 e sábado 16. Inscrición en informacion@allariz.gal ou na Oficina de Información e Turismo de Allariz. O custe será de 5 euros. Os museos da Moda e
Resto de actos Para este martes, hai unha ruta cuaresmal de 15 km en Allariz. O mércores 13, meditación penintencial para os sacerdotes en Santa Eufemia do Centro (17h) e misa Crismal en Santa Eufemia (19h). O Xoves Santo, ás 10 h, oficio e Lecturas e Laudes; e ás cinco da tarde na Catedral, misa in Coena Domini; a adoración ante
Museo Galego do Xoguete amplían o seu horario. Estarán abertos o 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de abril de 11 a 14h e de 17 a 19h. O 11, 12 e o 13 de abril estarán abertos no mesmo horario aínda que soamente de mañá. Ademais, os artesáns locais mostrarán seu traballo na Paneira os días 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de abril de 11 ás 14h e de 17 ás 19h; e o 11, 12 e o 13 de 11 a 14 horas. Asi mesmo, haberá visitas a Santa Mariña de Augas Santas e Cibdá de Armea dende o 10 ao 17 de abril ás 11h. O punto de encontro será o aparcadoiro de Santa Mariña de Augas Santas. Información e re-
o monumento será ata as 22 horas. O venres Santo (15 de abril), repítese o oficio de Lecturas e Laude (10 h) e as 17 horas celébrase a Paixón do Señor, na Catedral. O procesión do Santo Enterro dará comezo ás 21 horas. O sábado, 16 de abril, moi cedo (ás 7 horas) realizarase a procesión da Saidade (Os Caladiños) desde a parroquia da Santísima Trinidade con estación na Catedral e regreso á parroquia. Ás 10, oficio de Lecturas e Laudes; e ás 21 horas Vixilia Pascual na Catedral. E para rematar os actos na cidade, o domingo 17, ás 11.30h desde a igrexa de Santa María Nai ata a Catedral, procesión do Encontro, para a continuación, ás 12 horas, celebrarse a misa de Pascua (presidida polo Obispo con Bendició Papal). Ás 13, procesión de Regrso a Santa María Nai.
O procesión do Santo Enterro dará comezo ás 21 horas do Venres Santo, 15 de abril servas en celtiatravel.com. Tamén poderase visitar as instalacións do Rexo de 12 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas sen necesidade de reserva. Mercado e Mostra Para rematar as numerosas actividades que ofrece Allariz os días 15 e 16 (venres e sábado) estará aberto o Mercado da Reserva de 10 a 14 horas.
Os roteiros infantís serán o venres 15 e o sábado 16 ás 17 horas
Presentación da Semana Santa ao Vivo de Allariz.
TEMA DA SEMANA
Vía libre para a reconstrución da Chavasqueira
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil autoriza ao Concello de Ourense as obras de reconstrución das instalacións termais da Chavasqueira. A CHMS remitiu a súa resolución favorable á Concellería de Termalismo, logo de que desde este departamento municipal se legalizasen todos os trámites para legalizar estas instalacións termais en dominio público hidráulico e zona de policía da marxe dereita do río Miño. A partir de agora, as concellerías de Termalismo e Urbanismo coordinan o seu traballo para avanzar na rehabilitación. Deste xeito, as concelleiras de Termalismo e Urbanismo, Flora Moure e Sonia Ogando, reuniron aos técnicos municipais para avanzar neste asunto. Cabe recordar que as termas da Chavaasqueira foron pastos do lume nun incendio acontecido fai tres anos. Ascensor O Concello encarga o proxecto de obra para construír un ascensor que comunique a estrada da
Plan Hidrolóxico Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), en reunión cos órganos de goberno, deu conta dos contidos do proxeto do Plan Hidrolóxico para o ciclo 20222027, tralo período de consulta pública de 6 meses, rematada o pasado 22 de decembro. O Consello da auga da Demarcación
Granxa coa zona da Praza 500, nas proximidades da Inmaculada, salvando un desnivel de 10 metros. Neste caso, o ascensor comunicará a estrada da Granxa coa rúa 501, nun tramo onde actualmente os peóns transitan a través dunhas escaleiras. O alcalde explica que este proxecto forma parte do plan continuado de accións “Ourense accesible”, que desenvolve o Concello, coa finalidade de mellorar a mobilidade vertical en diferentes contornas da cidade marcadas pola existencia de fortes pendentes.
3
Compra de dous inmobles Redacción
4 O Concello quere construír un ascensor na estrada da Granxa. Redacción
Barrios 12 de abril 2022
Reunión, na Subdelegación do Goberno, da Xunta Local de Seguridade de Ourense.
Máis seguridade para as noites na zona Viños 4 Aumentaranse as patrullas de xoves a sábado. Redacción
Lugar onde o ascensor salvaría o importante desnivel da zona.
O Concello de Ourense contempla a instalación de cámaras de videovixianza na zona do Casco Histórico, ademais de no polígo do Vinteún, as áreas termais ou a zona industrial de Seixalbo. Así o comunicou o concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense, Telmo Ucha. O fixo trala reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada na Subdelegación do Goberno. Como xa avanxou o propio concelleiro, a instalación de devanditas cámaras está en fase de contratación. O edil aseguraba que desde o concello non aprezan "un incremento importante na delicuencia
Miño-Sil informa favorablemente de devandito proxecto. Como situación de partida, tras a avaliación de estado levada a cabo no ano 2020, conclúese que o 75% das masas de auga superficial e o 92 % das masas de auga subterráneas alcanzan bo estado. O novo texto inclúe un programa de medidas con 320 actuacións e un orzamento global de 444,14 millóns de euros para o
horizonte 2027, co obxectivo de lograr o bo estado de todas as masas de auga e de reducir as presións e impactos que as diferentes actividades ocasionan. Destaca a ampla participación pública, 972 observacións recibidas, case tres veces máis que no ciclo anterior, no que foron 375, destas agregáronse ao novo texto o 50,41%. No relativo á temática das mesmas, 195 versaron sobre caudais ecolóxicos,
como di a prensa", porén, contemplan medidas como a inédita das cámaras, máis colaboración coa Policía Nacional e máis efectivos en vía público durante os días de marcha nocturna que se concentran, sobre todo, de xoves a sábado. "Ourense é a cuarta cidade máis segura de España", defendía Ucha, mentres lamentabase que recibira whatsAppa´s "de pelexas que se están producindo antes que a Policía", sendo estas "as noites de xoves a sábado, con presenza de efectivos nas rúas", remarcaba.
trol de acceso e que as cámaras poidan chegar a ter un disco duro importante para captar acontecementos na vía pública" facendo, deste xeito, que se incremente "notablemente a seguridade". Ademais desta medida, está previsto aumentar nunha patrulla a noite dos xoves e en dúas máis para as noites dos venres e sábados. Para rematar, Telmo Ucha avogaba polo fomento de "xuízos rápidos".
Cámaras As instalacións de cámaras está pensada especialmente para a zona de Viños. "Temos moi avanzados os pliegos de con-
O Concello contempla, ademais, a instalación de cámaras de vixianza nesta zona de ocio
181 sobre as alteracións hidromorfológicas, 170 sobre usos hidroeléctricos e 161 sobre zonas protexidas. Ademais, recibíronse 136 sobre concesións e
prioridades de uso, 118 dominio público hidráulico, 110 programa de medidas e 104 sobre aspectos relativos á minería, especialmente a lousa.
Reunión do Consello da Auga.
No Salón de Plenos do Concello de Ourense asinouse a compra por parte do concello de dous inmobles colindantes localizados na intersección das rúa Basilio Álvarez, e Avenida das Caldas. En concreto son os números 6 e o 23 respectivamente. Este proxecto, representa un paso máis no avance do deseño urbanístico desta zona da cidade, mellorando a mobilidade entre a rúa Basilio Álvarez desde a Ponte do Milenio, ata o inicio da Avenida de Santiago, nas inmediacións da Alameda da Ponte. Desta maneira, o concello pon fin a unha situación que levaba 60 anos intentándose, e que suporá a mellora da mobilidade, facilitando as conexións no barrio da Ponte. A operación ascendeu a un total de 1.111.676,78 euros, e o número de propietarios que posuían a titularidade dos dous inmobles foi de 34 persoas. A idea orixinal deste proxecto, provén da década do 1960 do século pasado. Esta dilación no tempo, foi debida á complexidade dada a múltiple titularidade da propiedade dos inmobles. Límites O Concello presenta os traballos técnicos para a revisión da liña do límite xurisdicional entre Ourense e os Concellos do Pereiro de Aguiar, Coles, Amoeiro e Punxín. Trátase duns traballos para revisar a liña do límite municipal, recollida nas actas e cadernos de campo do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) elaborados ambos documentos nos anos 1920.
Firma da compra dos inmobles.
4
Barrios 12 de abril 2022
EN BREVE 4 Roteiros O Concello creará a primeira rede de roteiros homologados na cidade para o desenvolvemento do sendeirismo tanto a nivel deportivo como para simplemente pasear pola cidade e contorna.
4 Obradoiro CIMM A concellería de Igualdade organiza, os días 20 e 27 de abril (entre ás 16.30 e as 18.30 horas), o obradoiro pensar (nos) Mulleres! dirixidos a rapazas maiores de 18 anos. As inscricións son no propio CIMM, no 988 393 191 ou no enderezo: concelleriamuller@ourense.es.
4 CAPD Noa Presas, deputada nacionalista por Ourense, vén de confirmar que na documentación que o BNG solicitara ao goberno galego respecto das demoras do CAPD de Ourense confírmase que a Xunta leva meses ocultando información ás familias e á sociedade de Ourense e que non houbo capacidade de anticipación.
4 Axudas A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou que case 10.000 persoas traballadoras autónomas e empresas ourensás recibiron axudas directas durante a panedemia.
OURENSE
Vixiancia no exterior do CHUO 4 Concello e Sergas acordan colaborar. Redacción O concelleiro de Seguridade, Telmo Ucha, mantivo unha reunión co Xefe do Servizo de Loxística e Servizos Xerais da Área Sanitaria de Ourense, José Núñez Ramos, na que acordaron a colaboración para estender a vixilancia na zona interior do perímetro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Esta medida, ten o obxectivo de abordar o
Superhéroes de nota Redacción Os ourensáns dan a máxima puntuación a organización da campaña de vacinación infantil fronte ao Covid19, que se desenvolveu en Expourense, e ao esforzo do equipo para facer, dese momento e do espazo, un entorno máis amigable para os máis cativos. Así se desprende dos resultados da enquisa realizada xa ás familias dos 602 rapaces, de 5 a
problema de aparcamentos en zonas non habilitadas dentro do perímetro do CHUO. Desta maneira, a vixilancia privada do Hospital e a Policía
Local, colaborarán para que non se produza esta mala praxe. Escolta Ademais, a concellería de Seguridade, está estudando tamén, a colaboración da Policía Local para que os vehículos de emerxencia sanitaria que o precisen, sexan escoltados para facilitar mobilidade e determinadas situación que se requira.
Coche da Policía Local no exterior do CHUO.
11 anos, por parte do equipo de vacinación especial fronte á Covid da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Nela, plantexáronse distintos aspectos relacionados coa organización, recibindo en todos os apartados unha puntuación excelente. Desde o inicio da vacinación infantil, a mediados
de decembro, na nosa provincia administráronse 19.014 doses e preto do 70% teñen xa a pauta completa, en concreto 8.210 teñen xa as dúas doses e restan 3.894 por completala. A poboación diana da nosa área estímase nuns 14.540 nenos polo que a taxa de participación ronda o 90%.
Spiderman e Batman pasaron por Expourense.
Subvencións para vivendas das Arru 4 Para diversas actuacións. Redacción Comezou o prazo para para solicitar subvencións para rehabilitación de vivendas nas áreas de rehabilitación urbana (ARRU) da cidade (Casco Histórico; núcleo etnográfico de Seixalbo; Polvorín, Camelias e A Carballeira; e San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada). Estas subvencións serán concedidas por orde de entrada en Rexistro Xeral con toda a documentación requerida. “Son axudas moi importantes para a mellora da habitabilidade e accesibilidade en zonas da cidade onde é fundamental garantir o asentamento de
Serra San Mamede forma parte da Arru./RAMSÉS.
poboación en condicións óptimas”, explicaba a titular desta concellería, Sonia Ogando. Conservación e accesibilidade (cun máximo de 8.000 euros por vivenda) e eficiencia enerxética (cun máximo de 12.000 euros por vivenda) son as actuacións subvencionables, cun incremento de 1.000 euros no centro histórico de Ourense e no núcleo etnográfico de Seixalbo. Condicións Segundo as condicións específicas dos propietarios (maiores de 65 anos, minusvalías, etc.) as subvencións poden chegar ao 85%. Estas subvencións son compatibles coas subvencións da Xunta de Galicia (IGVS e coas axudas europeas Next Generation. Os interesados poden consultar as bases no BOP do 5 de abril de 2022; na sede electrónica do Concello de Ourense; en sede. ourense.gob.es/; ou no teléfono 988 36 62 35/37, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
As subvencións poden chegar ao 85% segundo as condicións dos propietarios
SOCIEDADE
Barrios 12 de abril 2022
5
Un proxecto de Lei mellorará a xestión do ciclo integral da auga
4 A Xunta porá a disposición dos concellos un sistema voluntario que garanta un servizo de calidade. Redacción A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga foi aprobada no Consello da Xunta. Devandita lei servirá para mellorar a prestación dos servizos públicos do ciclo integral da auga. Así, a Xunta porá a disposición dos concellos un sistema voluntario que garanta unha xestión profesional e de calidade. A norma busca mellorar a calidade das augas atendendo a outras responsabilidades sociais, ambientais e económicas. Tamén, dará resposta á demanda persistente de axuda por parte dos municipios no exercicio das dúas responsabilidades sobre a xestión da auga. Deste xeito, haberá un modelo ao que se poderán sumar os concellos que o soliciten para mellorar a xestión das infraestruturas de abastecemento e saneamento que ofrecen. O proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga inicia agora o seu trámite parlamentario co obxectivo de que resulte definitivamente aprobado no presente período de sesións e que poida entrar en vigor o vindeiro verán. O obxectivo é lograr que as infraestrututas hidráulicas funcionen de modo eficiente as 24 horas do días e os 365 días do ano. Adhesión voluntaria Concellos con dificultades para acadar por si mesmos melloras na xestión ofréceselles, median-
As infraestrututas hidráulicas deben funcionar de modo eficiente as 24 horas do días e os 365 días do ano. te esta lei, un modelo de adhesión voluntaria no que se regula o apoio nas súas competencias. Desde o Goberno autonómico, ven primordial dar pasos cara adiante para axudar a concellos con dificultades para prestar, dun xeito correcto, este servizo municipal que tan importante é para o medio natural, a calidade da auga, a saúde das persoas ou mesmo para actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo. A Xunta de Galicia mobilizou máis de 1.100 millóns de euros desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas abarcando unha grande extensión nos servizos de abastecemento, saneamento e depuración. Con esta inversión logrouse mellorar os indicadores de calidade das augas e o cumprimento das norma-
Coa nova lei búscase mellorar a xestión de infraestruturas das abastecemento e saneamento, ao tempo que se dá un servizo de calidade aos usuarios
tivas comunitarias. Xestión profesionalizada Agora, con este novo marco regulatorio preténdese dar un paso máis no camiño da correcta xestión do ciclo integral da auga apostando pola integración de servizos e pola xestión profesionalizada e especializada das infraestruturas e servizos asociados, partindo do coñecemento minucioso dos sistemas e da ordenación completa das súas instalacións. Ademais, apostarase pola xestión agrupada das infraestruturas e a aplicación de economías de escala, que implica menores custos derivados da optimización de materiais, equipos e persoal, permitindo aforros do 10%. Regulación Actualmente en Galicia hai varios modelos de xestión da auga (xestión municipal dos propios sistemas; consorcios, mancomunidades e sociedades supramuniciais; e depuradoras que son xestionadas directamente por Augas de Galicia (28 a
día de hoxe). A lei tamén ofrece a posibilidade de estender ese apoio ademais das depuradoras, aos colectores. A norma implica, ademais, un modelo único e prezos homoxéneos e xustos no conxunto da Comunidade. Pacto Local Esta lei está en concordancia co Pacto Local da Auga asinado coa FEGAMP, no que se impulsa un instrumento público e integral de todo o ciclo da auga e na que participan activamente concellos e Deputacións. En todo aquel municipio que solicite o apoio da Xunta, esta realizará unha auditoría completa do sistema co fin de coñecer a fondo o seu funcionamento. No caso de que se estime necesario executar determinadas obras, a Xunta financiará un terzo do custo das actuacións necesarias (outro terzo corre a conta dos concellos). O resto do investimento será o concello o que busque a fórmula de acadalo (aportándoo eles mesmos ou mediante convenios con entidades como Deputacións ou Confederacións
Hidrográficas). Actuacións Augas de Galicia elaborará catro directrices técnicas para apoiar aos concellos na xestión da auga: para o control de vertidos; para o saneamento e depuración de pequenos núcleos de poboación, aglomeracións urbanas de menos de 2.000 habitantes; para mellorar a xestión das augas pluviais e reducir a entrada de augas brancas nas redes de saneamento; e para o fomento da eficiencia enerxética das instalacións de abas-
tecemento, saneamento e depuración. Búscase reducir as fugas das redes de abastecemento municipal, que en ocasións superan o 40%, e evitar infiltracións que causan gran parte dos 263 vertidos que aínda soportan as rías galegas. Tamén se pon á disposición dos entes locais un programa de formación para que avancen cara unha xestión máis profesionalizada do abastecemento e depuración. Para garantir a viabilidade económica e financeira na xestión da auga aplícase os principios de “quen usa, paga” e “quen contamina, paga”, reordenando os tributos existentes pero sen crear novas taxas que afecten aos usuarios. Así, seguirá sendo o concello o que decidirá o prezo do recibo da auga.
No caso de que se estime necesario executar determinadas obras, a Xunta financiará un terzo do custo das actuacións necesarias
4 Presentación da Lei O pasado mes de marzo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou esta Lei. Vázquez Mourelle, destacou que este novo marco normativo consta de tres piares: o coñecemento da realidade, a planificación e a profesionalización. Así, subliñou que a Xunta creará e manterá actualizado un inventario dos sistemas de abastecemento, saneamento e depura-
ción de Galicia, poñendo á disposición dos municipios un sistema de intercambio de información. A responsable autonómica de Infraestruturas remarcou que a norma está dirixida a regular o apoio aos concellos na xestión da auga, pois a prestación do abastecemento, o saneamento e a depuración é unha competencia municipal que leva aparelladas complexidades técnicas e económicas.
6
Barrios 12 de abril 2022
ENTREVISTA
ENTREVISTA AO ESCRITOR OURENSÁN JORGE EMILIO BÓVEDA
"É un libro para os lectores que convida a reflexionar, pero non obriga a facelo" 4 Chega as librerías do país “Anoitece en Vulgaria” a última obra do autor ourensán. R.Torres O escritor ourensán, Jorge E. Bóveda, preséntanos a súa última novela (Anoitece en Vulgaria), na que un dos personaxes doutras novelas súas, Alexandre Ossorio, é o protagonista. Que ocorre cando “Anoitece en Vulgaria”? Jorge E. Bóveda: "Como en calquera anoitecer. As luces apáganse e a humanidade descansa exhausta sen ser consciente de que quizais non saia o sol nunca máis. Se hai a sorte de que despois da noite comece un novo día, probablemente nada cambiará. No libro ese anoitecer ten outro significado bastante potente que preferiría que o lector descubrise pola súa conta". A sinopse fala dun futuro próximo; ese futuro é hoxe? J.E.B.: "Inda non, pero case. É un futuro que está a chegar; está petando na porta. Un futuro onde as humanidades están mortas pero non por imposición ou intervención directa, senón porque se permitiu que morreran de fame e de sede. Fíxoselle o baleiro ata que desapareceron elas por si soas. É a consecuencia lóxica ao aplicar aquel refrán de non hai maior desprezo que non facer aprecio”. Parece unha crítica á era que estamos a vivir do “inmediato”. J.E.B.: "Non vai moito por aí a cousa, inda que o “inmediato” si sexa un tema de algún dos meus
“É un futuro -o do libro- que está a chegar; está petando na porta”
escribir inda que, como dixo Ramón Caride noutra ocasión, se se descubrira que a escritura provocara cancro, deixaríao de facelo inmediatamente. Eu tamén".
libros. Este é o libro da resignación e do cansazo, pero ollo que tamén é un libro de xogo literario humorístico e retranqueiro divertido de ler. Non pensemos que estamos ante unha sañuda novela das novelas. É un libro para os lectores que convida a reflexionar pero non obriga a facelo. Como case todos dos meus libros, ofrece moito para que cada lector colla del o que queira. Ten varios niveis de lectura segundo o tipo de lectorado que se achegue a el". A arte, a cultura, filosofar, están en perigo de extinción? Hai esperanza? J.E.B.: "Claro que hai esperanza, pero haina para a cultura entendida como “artes e festexos” e tamén hai esperanza para a cultura do audiovisual. As persoas cada vez teñen menos tempo e paciencia para deterse a desentrañar os códigos das obras literarias con moitas páxinas e poucos debuxos. Agora é preferible esquecerse dos problemas da vida diaria engulindo series ou enchendo o disco duro de películas das plataformas dixitais que, unha vez vistas, serán borradas, se é que son vistas. No século XIX un libro entretiña a unha familia enteira que sentaba a escoitar a unha persoa que o lía en voz alta. Hoxe hai tanto de todo e por tantos medios que hai unha auténtica saturación, quedando o libro (literario) relegado a unhas poucas persoas. En Galicia aínda é moito máis abafante porque é un sistema literario moi pequeno. Posibles solucións? Pois escribir sempre o mesmo libro de trama trepidante que entreteña moito, escrito por unha persoa con coñecementos en guión ci-
O escritor Jorge Emilio Bóveda. nematográfico como eses guionistas que gañaron o Premio Planeta co pseudónimo Carmen Mola, ou ser un escritor moi orixinal, creativo, traballador e con moito talento, como por exemplo Juan Tallón e algúns outros desta provincia". Porén sempre hai un grupo de irredutibles que tentarán manter viva a chama da cultura. J.E.B.: "Pero igual tampouco se trata da “chama da cultura”. Cada grupo defende á súa maneira o que os seus membros consideran “cultura”. Non hai por que coincidir. Igual idealizamos demasiado a palabra “cultura” e non temos moi claro do que é realmente (eu inclúome nesa ignorancia). Para algúns cultura so é mencionar os títulos dos libros, para outros cultura ten que ver coa política, para outrs son xuntanzas arredor da figura dun escritor morto, para outrs é so a etnografía, para outrs a historia, a música, para outros a cultura é todo o que NON teña que ver con escritores que estean vivos ou para outros é pecharse nun
cuarto e ler todos os libros que sexa posible no tempo de vida... O máis difícil de todo isto é que estas persoas, coas súas ideas sobre a cultura tan dispares, se poñan de acordo nun proxecto común e total que defenda as artes. Non ten moi boa solución e quizais nos lugares pequenos, menos. Outra cousa é que se lle dean as costas completamente a calquera manifestación artística. Ese é outro cantar e é horroroso e desafinado porque trae á mente recordos da historia indesexables". Illa Galana cada vez é máis real? J.E.B.: "Todo o contrario. Prefiro que o lector descubra por que digo que é contrario ao real. Aínda que si podo afirmar que illa Galana pode ser un transunto da nosa sociedade en algún aspecto. Por certo, o nome illa Galana é unha homenaxe ás irmás Galanas do meu libro do 2017 O monstro de Ille". O Bóveda escritor síntese cada vez máis preto de Illa Galana? J.E.B.: "Non oh!, sín-
tome, precisamente, cada vez máis lonxe. Cada vez máis solitario pero á vez rodeado de libros e dos meus seres queridos máis próximos. Eu so quero estar tranquilo e tentar facer literatura cando non estou traballando no meu emprego". Esta creo que é a túa novela número trece, alguna diferenza e/ou semellanza coas outras? J.E.B.: "Todas as semellanzas posibles. Todas teñen nexos comúns e incluso comparten personaxes. O personaxe principal de Anoitece en Vulgaria, Alexandre Ossorio, tamén sae nalgúns outros libros e está unido con algúns outros de outras publicacións. Un día decateime de que levaba anos creando un mundo persoal de camiños entrecruzados, non sei se debería pescudar se é para ben ou para mal, inda que tampouco me tira o sono buscarlle unha utilidade a todo canto escribo. Dáme un pouco igual. Xosé Carlos Caneiro chamoume nunha ocasión letraferido, pero igual non son iso. Simplemente escribo porque necesito
Xa pensando na seguinte novela? Sobre que trataría? J.E.B.: "Como lle dixen a Xerardo Méndez nunha conversa para a revista INviable, se escribes unha páxina diaria durante un ano, ao cabo do ano tes 365 páxinas. Eu non son tan maniático como Gustave Flauvert que botaba meses para escribir unha páxina inda que si que coido o que escribo e en cada novo libro coido a páxina máis e máis. Teño varias novelas rematadas e reescribo as súas páxinas día a día como terapia vital". “Anoitece en Vulgaria” onde se pode mercar? J.E.B.: "Coma todas as anteriores, en todas as librarías de Galicia. Está distribuída polo Consorcio Editorial Galego. Tamén abunda polas redes".
“Illa Galana pode ser un transunto da nosa sociedade en algún aspecto”
Portada de Anoitece en Vulgaria.
OURENSE
"Gústame o meu río: ensíname a coidalo" 4 Alumnos do CEIP Vistahermosa participan neste proxecto promovido pola CHMS. Redacción Alumnos do CEIP Vistafermosa participaron no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), conmemorando a semana da auga. Os escolares aprenderon o coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. "Formades parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo", lembrou o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto -Gústame o meu río: ensíname a coidalo-, deseñado pola CHMS, nas que se realizan tres saídas ao río para comprobar o estado da canle, presenza de macroinvertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asocia-
dos ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais de pautas de bo uso do recurso e da colocación dunha caixa niño para aves co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río. Tamén visitaron unha das estacións de control que ten a Confederación no río Miño. “O obxectivo destas actividades de educación ambiental é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea a través de actividades que promovan o contacto coa contorna natural e fomenten actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social” explicou presidente da CHMS.
Alumnos do Vistafermosa participando na actividade.
Barrios 12 de abril 2022
7
As terrazas de Ponte Vella serán máis atractivas
Saneamento en Velle
4 Contruirase un parque infantil.
A Confederación del Miño-Sil (CHMS) licita por 2,7 millóns de euros as obras de mellora do saneamento de Velle. O plazo de presentación de solicitudes remata o 22 de abrils ás 23.59 horas. Actualmente, a rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de saneamento de Ourense, dispoñendo de catro fosas sépticas, cuxo funcionamento resulta moi deficiente e provocas numerosos verquidos ao Miño, augas arriba do embalse de Velle. Isto pode afectar á toma de auga potable situada á marxe esquerda do río.
Redacción O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, asina un protocolo de colaboración coa Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Ponte Vella para a posta en valor dos espazos das terrazas localizadas na parte superior do centro comercial. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar destaca a importancia deste acordo público-privado, onde ambas entidades comprométense a traballar xuntas para que máis de 11.000 m2 nun espazo verde da cidade único e privilexiado esté ao servizo da veciñanza. O presidente do Centro Comercial Ponte Vella, Jorge Bermello asegura que con esta alianza "a cidade porá en valor un recurso que é de todos e para todos. Unha alianza que potenciará o comercio local e a riqueza natu-
Ecovixiantes de Franciscanas Redacción Continua a gran labor dos Ecovixiantes de Franciscanas nos que non hai semana que realicen algún traballo en favor do medio ambiente ou realizar algunha actividade de boas prácticas. Así, nestes días, mantiveron unha charla coa Dirección Xeral de Tráfi-
ral de Ourense”. Os traballos acordados incluirán tanto o desenvolvemento de inversións de equipamento para a mellora do ocio da cidade, como o desenvolvemento de accións para o fomento da conciliación da vida comercial e familiar neste espazo no corazón da cidade e das ribeiras do río. A primeira actuación a desenvolver é a instalación dun parque infantil nestes terreos. Con este investimento, preténdese dinamizar tal espazo público como un elemento de conciliación familiar e comercial
para a cidade. Ademais de investimentos, planificaranse actuacións de ocio familiar para a dinamización de dito espazo céntrico, e para converter ditas terrazas nun recurso turístico, paisaxístico e de ocio para familias e visitantes de Ourense.
Planificaranse actuacións de ocio familiar para a dinamización de dito espazo
Pumar e Bermello, asinando o convenio. co para sensibilizar sobre a incompatibilidade do alcol e as drogas na mobilidade viaria. Tamén remataron a participación na terceira Liga Pilabot de recollida de pilas usadas, logrando recoller 2.230 quilogramos en seis semanas. E o grupo de voluntariado ambiental clasificou 153 quilos de tapóns solidarios que o mestre Lalo trasladou ao entro de Discapacitados Psíquicos de Verín, e depositaron
65 kg de envases dentro do Plan Proxecta Recíclate con Sogama. Para rematar, os Ecovi-
Ecovixiantes en acción.
Redacción
Obras deste xeito, as obras consistirían na renovación da rede de colectores existente e a execución da infraestrutura precisa para a súa incorporación á rede de saneamento xeral da cidade, ata o eu traslado á EDAR de Reza. xiantes foron premiados no certame literario Relatos de Auga Intelixente de Viaqua.
8
Barrios 12 de abril 2022
EN BREVE 4 Cuartel O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na súa visita ao cuartel da Guardia Civil, destacou o investimento dun millón de euros para a remodelación do cuartel da Garda Civil de Celanova. Miñones avanzou que a actuación renovará unha superficie de 2.000 m2 e incluirá a mellora o aillamento exterior, tanto das paredes como da cuberta e as fiestras. Tamén se mellorará a iluminación interior. Por último, prevese a instalación de paneis solares para o abastecemento de enerxía. “Con todo isto aforraremos como mínimo o 30% do total da enerxía do edificio e reduciremos o consumo da enerxía tradicional e emisións de CO2”, asegurou o delegado. A actuación estará rematada en 24 meses.
4 Reordenación do tráfico O BNG de Celanova conseguiu o compromiso do PP no pleno celebrado o pasado mércores día 6 de levar a seguinte sesión, previsiblemente o pleno extraordinario dos orzamentos, o debate sobre o malestar da maioría dos comerciantes e de parte da veciñanza coa medida de reorganización do tráfico imposta polo goberno local sen consulta previa, nin coa veciñanza nin cos grupos políticos que a representan.
4 AG-31 O BNG acada un acordo unánime no pleno da Deputación provincial de Ourense para ampliar a AG-31, a autovía entre Celanova e fronteira Portuguesa na Madalena (Lobios).
4 Estrada Bande A Xunta licita as obras de mellora do firme da estrada OU-411. Concretamente, entre o punto quilométrico 0, en Bande, ata a intersección coa estrada OU-801, en Agra, en Padrenda. As empresas interesadas na execución destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio.
CELANOVA
Concertos didácticos de órgano Redacción Máis dun milleiro de alumnos galegos participarán ata xuño en Celanova (na igrexa de San Salvador) nunha nova edición do ciclo de concertos didácticos de órgano co apoio da Xunta. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á celebración dun dos recitais coa participación de estudantes do Colexio La Salle de Santiago de Compostela. Este ciclo trátase dunha iniciativa para divulgar a cultura musical entre os máis novos, polo que se oferta a todos os centros educativos galegos.
O ciclo, que comezou no mes de marzo, estenderase ata xuño con arredor de 30 concertos coa participación de arredor de 1.300 alumnos de toda Galicia. Ademais do Colexio La Salle de Santiago de Compostela, durante estes meses participarán estudantes dos colexios CPI Sagrado Corazón de Vilanova, CPI A Cañiza, CEIP Padre Feijóo (Allariz) ou Colexio Sagrado Corazón (O Carballiño). Tamén se contará coa
asistencia de alumnos dos institutos IES de Teis e IES O Castro, ambos en Vigo, o IES Monte Carrasco (Cangas), IES Andalecio Pérez Tizón (Tui), IES Xermán Ancochea (Pobra de Trives), IES Ribeira do Louro (O Porriño), IES 1 de Marzo (Baiona), IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia), IES Martagisela (O Barco de Valdeorras), IES Val Miñor (Nigrán), , IES de Ames, IES Aquis Querquennis (Bande).
O xurado reuniuse na Casa dos Poetas.
Presentación do concertos de órgano en San Salvador.
Enigmas para resolver 4 Fundación Curros Enríquez e concello lanzan unha proposta para promover o Mosteiro de Celanova. Redacción A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova lanzan unha proposta de xogo de enigmas semanal, que se irán resolvendo e propoñendo os venres, para poñer a proba os coñecementos dos veciños de Celanova e visitantes ou coñecedores en xeral do Mosteiro de San Salvador de Celanova, máis coñecido como Mosteiro de San Rosendo. O xogo convida a través de imaxes e preguntas mirar dunha forma máis detallada ou diferente as
distintas partes do edificio. Este xogo de busca de elementos pouco visibles e curiosos do mosteiro de San Salvador de Celanova pretende ademáis ser un medio de promoción cultural da vila e dinamizar as redes sociais e fomentar a participación nelas por partes dos veciños de Celanova facendo un chamamento á curiosidade.
Instagram da Biblioteca de Celanova ou da FCE. Con cada nova proposta publicarase a resolución do enigma anterior. Se os participantes teñen algún aporte que queiran compartir poderán facelo. Para participar por whatsapp hai que escribir ao 646 026 421 indicando que se quere todos os enigmas por esa vía.
Enigma Cada semana se lanza un enigma que se deberá resolver no Facebook da Fundación Curros Enríquez ou no do Concello de Celanova, así como no
Cada venres proporase un enigma e resolverase o anterior
Luz Casal, premio "Celanova, Casa dos Poetas" 4 A Fundación atendeu a máis de 7.500 persoas o ano pasado. Redacción O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, decidiu outorgas o galardón do 38º premio “Celanova, Casa dos Poetas” á artista coruñesa Luz Casal. O premio entregarase no transcurso dun acto que se celebra o primeiro domingo de setembro inmediato ao día 31 de agosto. O xurado decidiu concederlle tal distinción por unha longa traxectoria musical que cumpre as catro décadas e que a ten convertido nunha das voces femininas de maior prestixio internacional da música española. A súa voz está ligada a algunhas das bandas sonoras máis internacionais do cine español como foron Tacones Lejanos (de Almodóvar) ou Mar adentro (de Amenábar). Ademais, destaca o seu compromiso como galega no ámbito da dinamización social e local, coa organización anual do “Festival da luz” no seu pobo natal de Boimorto (A Coruña). Padroado Como valoración do
ano 2021, Padroado da Fundación Curros Enríquez, destacouse ás máis de 7.500 persoas atendidas pola Fundación Curros Enríquez (actividades na Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a Torre de Vilanova dos Infantes), destacando en especial a recepción de case un cento de grupos concertados entre escolares, asociacións e axencias de viaxe. Ao longo do ano pasado organizáronse actividades en conmemoración do 170 aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez e do 140 aniversario da publicación de “Aires da miña terra”, exposicións, presentacións de libros, conferencias e proxeccións, entre outras. A Casa dos Poetas acolleu exposicións, presentacións de libros, conferencias, proxeccións, obradoiros. A mesma liña de actividades vaise manter este ano, así, prevese recuperar o número de visitantes que rondaba os 10.000 anuais, do cal é unha mostra os 38 centros escolares que xa teñen solicitada a súa participación no programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio”.
ALLARIZ
Convenio Spa Redacción O Concello de Allariz e o Oca Vila de Allariz renovan o convenio do servizo de Spa. A alcaldesa Cristina Cid xunto coa directora do hotel alaricano, Ana Lago, firmaron a renovación do convenio que permite dispoñer ás persoas empadroadas en Allariz de prezos especiais no seu servizo de spa. A rexedora municipal animaba a todas as persoas empadroadas en Allariz e que conten coa tarxeta cidadá, se acheguen a gozar destes servizos. Estará en vigor ata o 31 de decembro de 2022, e permitirá o acceso ao Cir-
cuíto Termal de domingo a venres que inclúe piscina activa de chorros, camas de oxixenación, colos de cisne, Jacuzzi, poza fría, saunas e fonte de xeo, aplicando a tarifa reducida: 9,50 euros (exclúense sábados, festivos e mes de agosto) e técnicas termais en cabinas de domingo a venres: 20% desconto sobre o prezo de venta ao público (exclúense sábados, festivos e mes de agosto). Para poder gozar deste servizo é preciso contactar co Oca Vila de Allariz Hotel & SPA para reservar cita previa (recoméndase, mínimo, 48 horas de antelación) e aportar o carné de cidadanía.
A alcaldesa de Allariz, asinando o convenio.
Espazo BenComún Redacción Espazo BenComún e Concello de Allariz renovan colaboración coa finalidade de proporcionar un servizo a persoas traballadoras independentes, autónomas e/ou micro-empresas que requiran dun espazo para desenvolver a súa actividade empresarial (un posto de traballo nun espazo de traballo compartido) en diferentes formatos, segundo a dispoñibilidade do espazo BenComún Coworking. A través desta convocatoria regúlase o Programa de axudas do concello para o uso dun posto de traballo no espazo de traballo compartido BenComún Coworking, para favorecer
o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas, a xeración e emprego e auto-emprego, e a dinamización económica do concello. Serán beneficiarias as persoas traballadoras independentes, autónomas ou micro-empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica-societaria. O Programa de axudas para uso dun espazo de traballo compartido conta cun importe global máximo de 3.120 euros por parte do Concello de Allariz para a anualidade 2022. O Concello aportará así un 40% da mensualidade que sumada á axuda de Espazo Bencomún (50%) fará que o usuario poida acadar o 90% do custe do servizo de coworking durante o período dun ano.
María López, edil de promoción económica e Carlos Airas, xerente de BenComún.
Presentación da Festa do Boi.
Volve a Allariz a Festa do Boi 4 Celebrarase do 11 ao 19 de xuño. Redacción Allariz está de celebración. Este ano regresa a súa festa máis senlleira: a Festa do Boi, do 11 e 19 de xuño. Durante 9 días desenvolveranse actividades musicais, teatrais, encontros populares así como saídas do boi que farán
que a veciñanza de Allariz, e as persoas que se acheguen a mesma, podan gozar de novo desta festa que reúne a un gran número de persoas polas rúas alaricanas. A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval
na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 500 persoas participaron na teatralización na última edición, e agardan que este ano se iguale a participación dos gremios ataviados cos seus respectivos traxes e representen, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi. Os nenos e nenas terán o seu espazo na Festa coa programación de actividades como as carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil e algunha que outra novidade. Ademais coa colaboración da concellería de cultura realizaranse obradoiros co CEIP Padre Feijóo de Allariz. Tamén se está a pechar estos días o apartado de música que intentará contar con grupos de gaiteiros, charangas, e grupos musicais entre outros.
Novo sistema de reciclaxe 4 De recompensa “Reciclos” de Ecoembes. Redacción Allariz conta cunha máquina que recompensa por reciclar. A entrada da recepción da Piscina Municipal de Allariz, no Campo de Vilanova, é a localización escollida para a máquina Reciclos, o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) de Ecoembes, que premian o compromiso coa reciclaxe. Así, calquera persoa de Allariz poderá seguir reciclando fóra dos seus fogares as latas e botellas de plástico de bebidas que consuman, facilitando a circularidade destes residuos, é dicir, que volvan converterse en novos envases ou produtos trala súa reciclaxe. Ao facer uso destas máquinas, os usuarios recibirán puntos cos que poden axudar a mellorar a súa contorna a través de incentivos sostibles ou sociais. Ademais, “Reciclos” quere contribuír a fomentar un consumo responsable e racional deste tipo de envases.
Por este motivo, establece un límite semanal ás latas e botellas de plástico de bebidas polos que os cidadáns obteñen puntos ao reciclar. Deste xeito, o Concello de Allariz continúa reforzando o compromiso co medio ambiente onde a sustentabilidade e o coidado do medio ambiente é un dos seus obxectivos. Modelo suistentable O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, resaltaba a importancia de seguir apostando por un modelo sustentable de reciclaxe. Allariz continúa traballando nas políticas de recuperación, rexeneración e recuperación na que
tanto empeño ten posto. Para facer uso das máquinas de “Reciclos”, a veciñanza de Allariz só teñen que rexistrarse na webapp (app.reciclos. om), depositar todas as súas latas e botellas de plástico de bebidas na máquina de “Reciclos” e escanear o QR que mostrará a máquina. Ao facelo, obterán puntos, denominados “Reciclos”, que poderán cambiar polas distintas recompensas.
Para facer uso da máquina hai que rexistrarse en app.reciclos. com
Máquina de Reciclos en Allariz.
Barrios 12 de abril 2022
9
EN BREVE 4 Exposición O salón de actos do Casa da Cultura de Allariz acolle, ata o vindeiro 9 de maio, a exposición «Nós tamén fomos emigrantes». A exposición consiste nunha selección de 40 fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 18.30 horas.
4 Campus Sporty O exitoso campus de fútbol Sporty (que celebrará en Allariz do 1 ao 13 de xullo a súa 17ª edición), xa ten completada a súa inscrición a máis de dous meses da súa celebración.
4 Obras na estrada de Santa Mariña Dentro dos acordos de colaboración entre o Concello de Allaraiz e a Deputación Provincial está este proxecto de mellora das beirarrúas da marxe esquerda -entrando no termo municipal- da estrada de Santa Mariña, OU-0152. A obra conta cun orzamento de execución que ascende a máis de 89.000 euros. Responsables municipais achegáronse para visitar o inicio das obras. En xornadas anteriores informouse aos propietarios da zona das melloras que se van a realizar. Estas melloras consisten no arranxo das beirarrúas da marxe esquerda a súa entrada a Allariz pola OU-0152. A intervención inclúe a canalización da rede de pluviais na zona, así como o soterrado de comunicación e das redes, que permitirá eliminar os postes e cableado tan molestos nas fachadas e na beirarrúa. Así mesmo a pavimentación destas, a adecuación da zona de aparcamento e o arborado ornamental completarán o proxecto que incrementará a seguridade dos peóns na zona.
10
Barrios 12 de abril 2022
Pleno en Barbadás Redacción No pleno do mes de abril, o Concello de Barbadás aproba a súa primeira Relación de Postos de Traballo (RTP) con nove votos a favor (PSOE, Compromiso por Barbadás e Democracia Ourensá), as abstencións do Bloque Nacionalista Galego e os votos en contra do Partido Popular. Con esta primeira RTP (de obriga para as Administracións) a concelleira de Urbanismo, Infraestruturas, Vías Obras, Servicios públicos, Vivienda Mobilidade, Victoria Morenza dixo que con ela estabilizarase e consolidarase o emprego municipal, ademais de asegurar que o Goberno local actual herdou unha plantiñña con máis do 60% de temporalidade. Deste xeito, increméntase, entre os 113 empregados públicos, unha suba salarial anual en 525.000 euros, garantizando anualmente un incremento de 2,5% nas retribucións. Xunto a PSOE, CxB e DO mostráronse favorables desta RTP. Mentres o BNG tachou de subxectiva da puntuación de postos de traballo; e o PP asegurou que as diferenzas de complementos salariais non están ben valorados, valorando mellor aos grupos medianos que aos de abaixo. FEM En canto á adhesión á Federación Española de Municipios (FEM), esta saiu adiante. A pesar de haber saído da FEM no anterior mandato (cousa que reciminou a bancada do PP a pesar de votar finalmente a favor da reincorporación). Ramón Padrón (Compromiso por Barbadás) foi o único que se opuso neste punto ao tildar de chiringuito dita federación. A moción Popular de medidas para a crise económica votouse a favor.
BARBADÁS / PROVINCIA
Un programa asesorará ás mulleres máis vulnerables 4 Celebraranse obradoiros durante os meses de abril e maio. Redacción Nace no Concello de Barbadás o programa Rosalía, dirixido a todas as mulleres, especialmente as que están en situación de vulnerabilidade. Devandito programa pasa por mellorar a inserción laboral, a empregabilidade, a participación e a mellora profesional das mulleres participantes. Ademais, pretende incrementar a súa autoestima e ofrecer motivación e asesoramento personalizado para o acceso ao emprego e ao autoemprego. Para elo, celebraranse obradoiros nos que se teñen en conta as dificultades específicas engadidas coas que parten algunhas mulleres á hora de iniciar a súa integración laboral e aborda aspectos que permiten ás participantes a definición dun proxecto integral persoal, social e profesional acorde coas súas capacidades e interese.
a 13 horas) e será sobre autoestima e benestar con perspectiva de xénero. O xoves 28 (de 10 a 12 horas) será o turno do obradoiro sobre violencia de xénero: ferramentas de sensibilización e prevención. Maio comeza co de visibilización, coñecemento e recoñecemento das mulleres na Historia (martes día 3 de 10 a 12 horas). O xoves día 5, traballo non remunerado: os coidados. Valoración do traballo non remunerado e realizado polas mulleres (de 10 a 12 horas). O obradoiro de inserción: os intereses ocupacionais e entorno celebrarase os días 9 e 11 de maio (de 10 a 12 horas). Os días 12 e 18 de maio (de 10 a 12h) toca o de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción do perfil e o CV. E rematará este programa cun sobre o autoemprego e emprendemento das mulleres, os días 25 e 26 de maio (de 10 a 12 horas).
Servizo personalizado Durante o Programa prestarase un servizo personalizado de orientación e asesoramento laboral con itinerarios de adquisición e valorización de competencias que faciliten ás participantes a mellora dá súa situación persoal, social e profesional. Ademais, visitaranse empresas e celebraranse encontros profesionais entre as participantes e axentes sociais e económicos do entorno. Obradoiros Serán un total de sete obradoiros que terán lugar nas instalacións municipais da Solaina entre os meses de abril e de maio. O primeiro deles realizarase o xoves, 21 de abril (de 11
Información Para mais información contactar co Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás no teléfono 988 22 22 51 ou no mail igualdade@ barbadas.gal www.barbadas.es.
Serán un total de sete obradoiros, que terán lugar nas instalacións municipais da Solaina entre os meses de abril e de maio O primeiro obradoiro será o xoves 21 de abril (11 a 13h), sobre a autoestima e o benestar con perspectiva de xénero
Galicia Calidade destaca empresas de Celanova e Xinzo 4 A súa xerente visitou dúas empresas certificadas. Redacción A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou dúas das empresas certificadas polo selo de garantía na provincia de Ourense, co fin de explicar as liñas de actuación do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para este ano e para recoller as opinións, suxestións e achegas das compañías. En Celanova, reuniuse cos responsables de Quesos Feijoo, compañía de carácter familiar que naceu coa expectativa de satisfacer ao consumidor a través dun produto natural e artesán. A empresa está localizada en Celanova e busca afianzarse en países como México, Portugal ou Italia, entre outros. Por outra banda, en
Xinzo de Limia reuniuse cos responsables de Patatas Conde, empresa que naceu a comezos da década dos setenta nun pequeno almacén de Ourense coa misión de repartir e distribuír patacas por toda a cidade, e xa na década dos oitenta ampliou o seu campo social á venda por xunto de patacas, para o que se trasladou á zona produtora, en Xinzo de Limia, e deste xeito iniciou a comercialización do produto en todo o territorio nacional e a exportación. Nestas xuntanzas, Méndez destacou a aposta pola excelencia destas compañías e do conxunto das 150 empresas certificadas que contan co selo de garantía, con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.
Ana Méndez, dereita, en Quesos Feijoo.
Galicia Camiño Emprendedor Redacción
Cartel do programa Rosalía.
Xunta e Fundación Ronsel porán en marcha una nova edición do proxecto Galicia Camiño Emprendedor de impulso ao talento e ao emprego na comunidade autónoma co que se apoia aos emprendedores galegos mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago. Baixo o lema 12 etapas, 12 retos, os participan-
tes, co apoio do mentor ou mentora, que se adaptará á realidade de cada emprendedor, poderán mellorar os seus proxectos e xerar contactos profesionais para avaliar o seu modelo de negocio. A primeira etapa desta iniciativa levarase a cabo os vindeiros días 26 e 27 de abril e discorrerá polo Camiño Francés; e en xuño Galicia Camiño Emprendedor volverá a recalar en Ourense, a través da Vía da Prata. Nesta edición está prevista a participación dunhas 200 persoas entre emprendedores e mentores
PROVINCIA
O albergue de Oseira conta con 42 camas máis
Tras un investimento dun millón de euros o albergue de peregrinos do Mosteiro de Oseira oferta 42 prazas máis (aumentando a súa capacidade a un total de 74). Deste xeito, conséguese o obxectivo de poñer a disposición dos peregrinos esta instalación situada na Vía da Prata, antes de Semana Santa, un total de 74 camas. Así, coa incorporación deste albergue, máis o de Piñor e Riós, serán 16 edificios os que integren esta ruta, chegando ás case 520 prazas públicas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao novo albergue de peregrinos do Mosteiro de Santa María a Real de
Oseira como exemplo da aposta polo patrimonio e o Camiño de Santiago, cunha Rede pública de albergues que rematará este 2022 con 78 centros. Nesta mesma liña, resaltou que os fondos europeos de recuperación axudarán a impulsar o turismo, cun Plan Xacobeo Next Generation dotado con máis de 39 millóns de euros. “E dentro deste plan, Ourense xogará un papel importante, co fin de converter o Camiño Mozárabe-Vía da Prata en destino cicloturista e familiar”, precisou, referíndose tamén á recuperación da Fortaleza de Monterrei, Ben de Interese Cultural ao que se destinarán de 14 millóns.
Redacción
Feijóo na presentación, no Pereiro, os autobuses de “Coidado porta a porta”.
A Xunta levará servizos especializados á porta de máis de 100.000 galegos 4 “Oito autobuses comezarán a percorrer a xeografía galega e permanecerán entre tres e catro días en cada concello”, anunciou Núñez Feijóo. Redacción
Feijóo inaugurou a nova instalación para peregrinos en Oseira. /M.REJO.
Visita ao hangar ubicado no Concello de Barbadás.
Hangar helicóptero medicalizado O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias visitou as instalacións da base medicalizada aérea de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en Barbadás para coñecer o hangar do helicóptero medicalizado. O uso do hangar do helicóptero medicalizado con base en Barbadás permite optimizar a operatividade desta aeronave, posto que resgarda o helicóptero das inclemencias meteorolóxicas, é dicir, das xeadas no inverno, que impedían a mobilidade do helicóptero, e da calor nos meses estivais que incrementaba a temperatura no interior.
11
Centro de Saúde en Boborás
4 Pasando a 74, para os peregrinos da Vía da Prata. Redacción
Barrios 12 de abril 2022
Horas antes de renunciar á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo presentou -no concello do Pereiro de Aguiaros autobuses "Coidados porta a porta" que percorrerá todos os concellos de Galicia -agás as sete cidades- para levar servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á porta da casa de máis de 100.000 galegos (Galicia conta con 33.000 núcleos de poboación). “Oito autobuses comezarán a percorrer a xeografía galega e permanecerán entre tres e catro días en cada concello, de xeito que, en lugar de desprazarse o veciño ata o servizo, será o servizo quen se achegue”, aseverou o xa ex titular do Goberno autonómico, ao tempo que precisou que deste servizo poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto. Os concellos polos que
se comezou esta iniciativa pioneira foron os de Ourol, en Lugo; Baiona, en Pontevedra; San Amaro, en Ourense; Cambre, na Coruña. Logo de destacar que esta iniciativa contará cunha achega entre 2022 e 2023 de preto de 10 millóns de euros, Feijóo quixo agradecer durante o acto de presentación a colaboración de todos os concellos así como de Afalu, a entidade social que xestionará este servizo, xunto cunha compañía de unidades móbiles. Apoio ao rural Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que a Administración autonómica seguirá traballando para avanzar cara á igualdade entre todos os cidadáns, vivan onde vivan, reducindo ao mínimo as diferenzas de accesibilidade aos servizos públi-
cos en toda a xeografía galega Barbadás Coidados porta a porta é un proxecto presentado pola Xunta de Galicia que leva servizos asistenciaia ás persoas maiores no rura para a prevención da dependencia como pode ser a estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. Ao Concello de Barbadás chega os días 28 e 29 de abril, e 2 e 3 de maio, en horario de nove da mañá a oito da tarde e estará ubicada na explanada do Mercadona (travesía do Viso). Esta iniciativa vai dirixida aos maiores de 55 anos sendo preciso realizar cita previa. Para elo, débese chamar ao teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Deste servizo poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, asinaron o convenio de colaboración para edificar un novo centro de saúde nunha parcela cedida polo Concello. García Comesaña explicou que as novas instalacións aumentarán en case un 40% a superficie do actual servizo sanitario. Espazos Nos 650 m2 de superficie das novas instalacións haberá un espazo específico para a consulta do programa de muller. Ademais, o centro terá unha sala polivalente que poderá usarse para a atención de casos urxentes ou para a realización de diversas técnicas. Tamén se reservará unha sala específica para casos de patoloxías respiratorias, co obxectivo de garantir que, no caso do covid ou de calquera outra infección semellante, a atención aos pacientes non comprometa nin aos outros usuarios nin aos profesionais. O conselleiro subliñou, tamén, as melloras desde o punto de vista profesional, xa que o novo centro de saúde contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén. Terá dúas consultas de medicamento xeral e outras tantas de enfermaría, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais unificados do Sergas. Moderno «Vai ser un inmoble moderno para darlle aos profesionais unha contorna de traballo á altura do seu labor», dixo Julio García Comesaña no acto de firma do convenio ao que asistieron, tamén, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Diputación, Rosendo Fernández; e o xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial.
12
Barrios 12 de abril 2022
Fútbol sala Redacción Na Primeira división, o Ourense Envialia goleou por catro goles a cero ao Universidad de Alicante (tres de Laura Uña e un de Sara Moreno). Esta vitoria fai que as de Morenín ocupen a sexta praza con 36 puntos. A vitoria foi importante por dobre motivo: por unha banda, as albinegras alonxaron a un rival directo, e pola outra, lograron comprimir a clasificación coas terceiras clasificadas, con tres puntos de diferenza. Esta fin de semana visitan ao Leganés. Segunda Na 2ª división o Cidade das Burgas logrou unha nova vitoria; nesta ocasión diante do Gora ao que venceu por dous goles a seis. As de Manolo Codeso continúan realizando unha gran tempada na que pretenden regresar á maxíma categoría do fútbol sala nacional. Tralo 2-6 en terras vascas, as franxiverdes disputan a seguinte xornada o día 23 (esta fin de semana hai parón) ao Ourense Envialia B, quen vén de vencer ao Universidad de Salamanca por 4-1. Na clasificación o Cidade é segundo con 55 puntos, mentres que o Envialia B marcha décimo con 22. Sala Ourense Cuarta vitoria consecutiva para un Sala Ourense que ve máis despexado o horizonte de cara a lograr a salvación na Segunda división B. Os de Kike García venceron na pista do Ventorrillo da Coruña por 1 a 4. Esta fin de semana non hai liga, a mesma regresa para o conxunto ourensán o vindeiro domingo 24 contra o Parrulo. O encontro terá lugar a partir das 11.30 horas no pavillón de Oira.
DEPORTES
Goleadas de Arenteiro e UD Ourense 4 Na 3ª RFEF venceu o Ourense CF. R.T. Boa fin de semana, a grandes rasgos, para os interese dos equipos balompédicos ourensáns. Na 2ª RFEF o Arenteiro demostrou o seu gran momento de forma ao golear no Espiñedo por cinco goles a un ao Llanera. Zanelli e Raúl Blanco fixeron doblete e Marquitos anotou o outro gol do equipo. Esta vitoria, ademais de coller moral, serve para alonxarse un pouco máis da zona de descenso, que agora a ten a seis puntos (e a catro dunha posible eliminatoria pola permanencia). Esta xornada visita á Ximnástica Segoviana. 3ª RFEF Nesta categoría, o Ourense CF está inmerso na loita pola primeira praza que daría acceso ao ascenso directo. Somozas e Polvorín non o pon sinxelo a un conxunto ourensán que venceu no campo do Silva (1-2). Certo é que o empate do Polvorín comprime máis as tres primeiras posicións estando dous
puntos de diferenza entre o primeiro e o terceiro. O Ourense CF é terceiro a un punto do segundo, Polvorín, e a dous do primeiro, Somozas (este con encotro máis). A derrota do Barco no campo do Alondras fai que os valdeorreses marquen a zona de fase de ascenso. Pola contra, o Arnoia certificou o descenso de categoría na derrota contra o Fabril (1-3). O Xoves Santo haberá xornada, e o Ourense CF recibe ao Estradense; o Barco ao Somozas; e o Arnoia visita ao Sofán. Sen tempor para o descanso, este domingo xogarán a penúltima xornada da fase regular na que o Ourense Club de Fútbol visitará ao Rápido de Bouzas; o Barco ao Arzúa e o Arnoia recibe a Ponteareas. Autonómica Na Rexional, tres vitorias para os equipos ourensáns na fase de ascenso á 3ª RFEF. A segunda goleada ourensá da fin de semana foi a cargo dunha UD Ourense que regresa á senda das vitorias (logo da derrota a pasada xornada na casa do Portonovo) co
Encontro entre o Ourense CF e o Atlético Arnoia./I.OSORIO.
5-1 diante do Pontevedra B (un dos equipos cos que empataba na fronte da clasificación ata esta xornada), o que fai que os capitalinos marchen primeiros en solitario con 12 puntos (o outro equipo que colideraba a clasificación -Gran Peñatamén caeu derrotado nesta xornada. A dous, na segunda praza, está un Barbadás que deu conta do Vilalonga por 3 a 1 e soña co ascenso. A pesar da vitoria (2-1) ante o Umia, o Verín ten máis compiclado un ascenso que está a tres puntos pero con cinco equipos por diante del. Para o Domingo de Resurrección a cuarta xornada do ascenso despraza aos tres equipo ourensáns. Así, o Verín visita ao Portonovo; a UD Ourense ao Vilalonga; e o Barbadás ao Gran Peña.
UD Ourense e Barbadás comandan a fase de ascenso á 3ª RFEF
O banco do COB no partido contra Carbajosa./Ó. HARO.
O COB, a soñar 4 Comeza o playoff de ascenso a LEB Ouro. R.Torres Todos agardabamos a eliminatoria curta para o ascenso pero non puido ser. Despois de perder no Pazo fronte Cantabria serán estes os que disputen contra o Albacete Basket a final polo ascenso. O vencedor xogará a LEB Ouro o ano que vén e o perderon engánchase ao playoff de ascenso nos cuartos de final. Unha eliminatoria máis -desde oitavos- ten que xogar o Club Ourense Baloncesto; iso si, trala vitoria na última xornada da fase regular, os de Guillermo Arenas teñen o factor cancha a favor en todas as eliminatorias. O COB venceu ao Carbajosa na última xornada para rematar, definitivamente, segundos no grupo Oeste. A melloría nas últimas xornadas fai ser moderadamente optimista a una afección desexosa de bos momentos. Unha cousa parece clara tralo visto no partido do Pazo contra Cantabria, e é que nos grandes momentos a afección responde e non deixará ao equipo só.
Mollet E sen tempo para o descanso, chega esta fin de semana o primeiro partido da primeira eliminatoria do playoff de ascenso. Enfronte estará un Mollet de Barcelona que accedeu a esta fase non sen apuros, pero que de seguro non o porá nada fácil para os intereses cobistas. Os catalanes foron oitavos con 12 vitorias, mentres que o COB rematou, no outro grupo, na segunda posición con 18 triunfos. O partido de ida desta eliminatoria disputarase en terras catalanas este domingo, 17 de abril, a partir das 19 horas. A volta, no Pazo dos Deportes Paco Paz, está prevista para o sábado día 23. En caso de pasar de rolda, a seguinte eliminatoria daría comezo o sábado, 30 de abril, e a volta o sábado, 7 de maio.
A eliminatoria contra o Mollete disputarase, na ida o día 17 en terras catalanas e o día 23 na volta no Pazo
DEPORTES
Saída da carreira absoluta no barrio do Vinteún./RAMSÉS.
Unha gran benvida
4 Máis de 500 atletas participan na décima edición do "Correndo por Ourense". R. Torres Horas antes, operarios, xuíces e voluntarios afanabanse en deixar todo perfecto para que ás 11 da mañá do domingo, 3 de abril de 2022, estivera todo listo para que Ourense -e máis concretamente o barrio do Vinteún- acolleran a primeira das probas da décima edición do circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense". Atrás quedaban, dous longos anos que a pandemia provocada pola covid19 fixera imposible a organización deste evento. E por fin, quedaba atrás a longa espera para centos de ourensáns que querían volver sentirse atletas polas rúas da súa cidade. O ambiente era como o dun día festivo, e iso se notaba nas primeiras horas da mañá. Desde a organización non querían que
Proba de pitufos./RAMSÉS.
quedara nada no tinteiro, sabían o que tiñan que facer; desde 2011 ata 2019 o fixeron seis veces ao ano, simplemente tiñan que desempolvar o traballo que se parou durante dous anos para que quedara todo perfecto para cando comezaran as carreiras (a ocasión merecía a pena o esforzo). Minutos antes das 11 o ambiente trasladounos a fai tres anos, cando se celebrara a última carreira do Vinteún. Os atletas, na súa maioría, comezaban a achegarse á zona; o speaker non deixaba de falar animando a todos os presentes; o concelleiro de deportes, Mario Guede, tampouco se quixo perder a ocasión (nunca o fixo nas anteriores edición e menos o ía facer nesta). Parecía que fora hai unhas semanas cando xuntábase a xente por última vez nes-
te evento, pero xa pasaran tres agónicos anos desde a anterior carreira do Vinteún e algo maís de dous anos desde que rematara o "Correndo por Ourense" de 2019. A xente saudabase, facía moito tempo que algúns deles non coicidían nunha carreira; así que nesta ocasión, ademais de medir o nivel dun mesmo foi un momento de encontros, de abrazos, de sorrisos.
masculino por Jorge Dacal, Hugo Gándara e David Lobelle. Despois chegaba a carreira para os sub 14 e sub 16. Miguel Carbajales, Fernando Trapote e Samuel Banga integraron o poidio masculino sub 16, e Naroa Pereira, Emma Cabanas e Sandra Pérez o feminino. Na sub 14, Adrián Rodríguez, Walid El Mansouri e Mario Lorenzo foron primeiro, segundo e terceiro en sub 14 masculino, e Uxía López, Rebeca Fernández e Lucía Pérez ocuparon as tres primeira prazas sub 14 feminino. Absoluto E como colofón o este primeiro día do "Correndo por Ourense" chegaba a proba absoluta. Preto de 300 participantes remataron unha carreira na que se tiña que completar unha distancia de seis quilómetros desde a saída ata a liña de meta. De seguido, dous atletas puxeron terra de por medio co resto de partici-
pantes. O triple vencedor do circuíto, Rubén Diz, marcaba un ritmo que so podía seguir o recén estrenado na categoría, Héctor Rodríguez. Porén, Diz empezou a poñer terra de por medio sobre Rodríguez e voou cara a primeira vitoria. A Héctor só lle quedaba contemporizar e impedir que os seus rivais o puideran alcanzarlle a arrebatarlle a segunda praza. Finalmente, Rubén Diz alzou os brazos en sinal de vitoria, e 42 segundos despois foi Héctor Rodríguez quen imitou o xesto logo de debutar ao grande neste circuíto; presente e futuro do atletismo ourensán abrazáronse ao final da carreira. En terceira posición chegaba Albino Fernández (a máis dun minuto do vencedor) quen se tivo que esforzar para adiantar a Alejandro Montero quen estivo a maior parte do tempo na terceira posición, rematando cuarto finalmente. Na categoría feminina, Begoña Domínguez mostrou o seu gran estado de
Barrios 12 de abril 2022
forma e non deu opción ás súas rivais. A un minuto e 11 segundos chegaba Vicky Losada e a case minuto e medio a terceira clasificada, Antía Rodríguez. O Couto Despois de que máis de 500 atletas participaran na carreira do Vinteún so toca agardar a seguinte cita. Esta será no barrio do Couto o sábado, 28 de maio. As carreiras serán en horario nocturno comezando ás 22 horas coa de pitufos; ás 22.05h a de sub 10 e sub 12; ás 22.15h a sub 14 e sub 16; e rematará coa carreira absoluta ás 22.30 horas.
Rubén Diz e Begoña Domínguez foron os vencedores A vindeira cita será no barrio do Couto o sábado 28 de maio
Pitufos E ás 11 comezarons as carreiras dos pitufos. En dúas quendas, como antano. Centos dos máis pequerrechos das casas puxeron toda a vontade para percorrer unhas ducias de metros que os levaban ata a meta, onde agardaba a súa recompensa: unha medalla e o abrazo dos seus familiares. Algún deles debutaba nesta disciplina deportiva que, de seguro, repetirán. Resto de carreiras Tralos pitufos chegaba a carreira que englobaba aos sub 10 e sub 12. Moitos debutaban na categoría despois de participar en 2019 na de pitufos. Nesta carreira, o podio (sub 12) masculino o conformaban Yahya El Mansouri, Nicolás González e David García; e o feminino Lara López, Nina Villa e Isabel Carrión. O sub 10 feminino estivo formado por Aldara Valiña, Lucía Castro e Lena Riera; e o
13
Arriba, carreira sub 10 e sub 12; abaixo, Diz e Domínguez./RAMSÉS.
14
Barrios 12 de abril 2022
OCIO E CULTURA
Sae á luz «Historias no fumeiro»
4AXENDA Teatro - Venres 22 de abril - 20 h- Rastros - Teatro Principal de Ourense. - Venres 22 de abril 20 h- e sábado 23 de abril - 21 h - Fariña - Auditorio municipal de Ourense. - Sábado 30 de abril - 20 h- Pantomima Full “En su cabeza era espectacular” - Auditorio municipal de Ourense. - Sábado 30 de abril 20 h- Oceanía - Teatro Principal de Ourense. Música - Do 14 ao 17 de abril - de 12 a 14 e de 18 a 20 horas Semana Santa ao Vivo - Allariz. - Domingo 17 de abril - 18 h- O tributo ao Rei León (De Simba a Kiara - Auditorio municipal de Ourense. - Sábado 23 de abril Hombres G - 21 h - Paco Paz. - Sábado 23 de abril 20 h- e domingo 24 -19h - Novas Músicas Británicas Emerxentes - Teatro Principal de Ourense. - Mércores 27 - 21 h Habitación Vudú - Teatro Principal de Ourense. Exposicións - Ata o 17 de abril - O lugar intermedio (Consuleo Chacón) - Centro Cultural Marcos Valcárcel. - Ata o 20 de abril - “A Guardia Civil al servicio de la ciudadanía” - Sala Valente - Ourense -. - Ata o 24 de abril - O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia- Sala de exposiciones Afundación de Ourense. - Ata o 1 de maio - Un mar de libros (Isabel Pintado) - Centro Cultural Marcos Valcárcel. - Ata o 8 de maio - Ser (Manuel Pesqueira) Centro Cultural Marcos Valcárcel. Outros - Días 11, 12, 13 e 18, campamento tecnolóxico na aula CeMIT de Celanova para nenos de 4 a 8 anos. - Venres 29 de abril 20.30 h- Gala benéfica SOS Ucraína - Auditorio municipal de Ourense. - Venres 29 de abril 20 h- Danza: Bat - Teatro Principal de Ourense. www.periodicobarrios.com
4 Do escritor ourensán Avelino Jácome. Redacción
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, na inauguración da exposición en Ourense. /M.REJO.
Ourense acolle a exposición dos 40 anos do Parlamento de Galicia 4 Pódese visitar na Sala de Exposicións de Afundación (na praza Maior) de Ourense. Redacción A Sala de Exposicións de Afundación (praza Maior) de Ourense acolle ata o 24 de abril a exposición itinerante “O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia / 1981-2021”. A mostra está concibida para rememorar as catro décadas de vida do Parlamento de Galicia. A exposición amosouse previamente no Pazo do Hórreo, sede do Lexislativo galego, entre decembro e marzo. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presidiu o acto de inauguración da mostra e expresou a vocación de itinerancia desta mostra, que visitará as restantes cidades galegas. De forma paralela, editarase un libro que fará repaso ás catro décadas de historia autonómica de Galicia. Sentimento autonomista Quixo aproveitar o presidente do Parlamento a ocasión, tamén, para reivindicar a vinculación da cidade de Ourense coa Cámara lexislativa galega ao longo
dos seus 40 anos de historia, subliñando a achega desta cidade e desta provincia á configuración do sentimento autonomista e da propia identidade galega.Así, como apuntou Santalices, catro dos sete presidentes do Parlamento “foron e somos ourensáns”, incluído el mesmo. Igualmente, algúns dos persoeiros máis senlleiros da Xeración Nós, á que se referiu como semente de galeguismo, eran tamén ourensáns. Referíase a persoeiros como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo ou Arturo Noguerol. O Parlamento de Galicia xa recoñecera os méritos da Xeración Nós concedéndolle a Medalla da institución en 2021. A autonomía, unha historia de éxito colectivo Na súa intervención, Santalices sinalou que estes 40 anos de autonomía “son unha historia de éxito colectivo, que se traducen nunha comunidade próspera, cunha elevada calidade de vida e uns servizos públicos satisfactorios; orgullosa de si mesma e os seus sinais de identidade; plenamente in-
tegrada na España constitucional e democrática; plenamente inserida, de feito e por dereito, nunha Europa que volve estar á altura das circunstancias, como xa o estivo desde os inicios da pandemia; e orgullosa dos seus vínculos coa Galicia da emigración e co mundo da lusofonía”. Para o presidente do Lexislativo galego, boa parte dos avances postos a disposición das galegas e galegos nas últimas décadas son consecuencia directa da autonomía política que Galicia exerce con responsabilidade desde hai 40 anos, co Parlamento como primeira institución. Deste modo, recordou que nada de canto acontece en Galicia resulta alleo ao seu Parlamento.
O Museo Casa do Patrón de Lalín acolleu o acto de presentación do libro «Historias no fumeiro», de Avelino Jácome. A obra foi finzanciada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Encargáronse da presentación o propio autor, ademais de Manuel Blanco Villar, xerente do Museo; Javier Enériz, crítico literario; Miguel A. Martínez Coello, pintor autor das láminas do libro; Rafael Quintía, antropólogo e autor do prólogo; e María del Carmen Canda Larroy, concelleira de sanidade de Lalín, ante a presencia de máis dun cento de veciños e amigos de Avelino e da Casa do Patrón. Visión Avelino, amósanos neste libro a visión ampla e global que ten do mundo un neno de aldea, pobre, e por enriba orfo de nai, dende a tristura e a saudade orixinada pola da lacra da emigración, que tanta dor ten causado na nosa terra; pero tamén se erixe nun canto á esperanza, ao afán de superación e ao espírito de loita necesarios para “tirar do carro” e saír cara adiante de semellante situación. Sen dúbida, un exemplo a seguir nos complicados momentos que agora nos toca vivir.
Porque os nenos criados na aldea están dotados dunha prodixiosa imaxinación, dun sexto sentido e dun espírito indomable, xa que gozamos da oportunidade única de coñecer dende cativos a natureza en todo o seu esplendor a través da inusitada beleza das árbores, dos campos alfombrados de flores, dos ríos, do voo libre dos paxaros, da calor do sol, da choiva, da neve, da praia e tamén da impoñente forza do mar, do vento, da neve, da sarabia e os demais fenómenos acontecidos nos longos invernos das carballeiras galegas. O autor utiliza unha intencionada mestura de historias reais da súa infancia, con lendas, contos e imaxinacións produto da súa inmensa creatividade, mantendo un constante e sutil equilibrio entre a vida e a morte, o material e o espiritual, o corpo e o espírito, o mundo real e o metafísico, o plano terreal e o celestial, recordándonos o noso fugaz transo por esta vida con destino ao alén, cara onde inevitablemente todos camiñamos. A beleza literaria do libro complétase, nunha perfecta simbiose, cunha gran cantidade de láminas do xenial mestre ourensán da pintura Miguel Ángel Martínez Coello, enchendo de vida e colorido cada unha das historias, achegándonos máis, se cabe, a súa auténtica realidade e facéndonos partícipes da mesma.
A mostra estará aberta ao público ata o 24 de abril Está concibida para rememorar as catro décadas de vida do Parlamento de Galicia
Presentación no Museo Casa do Patrón de Lalín.
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 12 de abril 2022
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº162 - Ano: XV - 12 de abril de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA
Un Garda Civil na exposición sobre a Benemérita. /RAMSÉS.
A Garda Civil, máis de preto, na Valente 4 A sala acolle a mostra “A Garda Civil ao servizo da cidadanía”. Redacción A sala municipal José Ángel Valente acolle ata o día 20 de abril, a exposición “A Garda Civil ao servizo da cidadanía”, unha mostra itinerante que ten como finalidade achegar a todos os ourensáns a historia deste corpo de seguridade, ao longo dos seus 178 anos de historia, desde a súa fundación, aló polo ano 1844, polo Duque de Ahumada. “A Garda Civil ao servizo da cidadanía”, é exposición organizada pola Fundación Garda Civil, percorre toda a xeografía española e chega por primeira vez a Galicia na sala municipal do Concello na rúa do Paseo. Relata a historia da Garda Civil desde a súa creación, no ano 1844, a través de paneis e diferentes materiais e elementos divulgativos, entre os que inclúe a proxección de dous vídeos: un sobre o labor en materia antiterrorista e outro divulgativo das diferentes especialidades da Garda Civil. Na exposición hai unha zona reservados aos gardas civís falecidos tanto
pola banda terrorista ETA como por outras formacións terroristas. Como curiosidade, para todo aquel que queira ter un recordo desta visita expositiva haberá un photocall para que quenqueira se faga unha foto cos distintos uniformes do corpo. Paneis En total son 20 paneis, nos que oito explica as distintas funcións do corpo e outros 12 sobre as distintas especialidades
do mesmo. Horario A mostra poderase visitar de martes a sábados, de 11 a 13:30h e de 18:30 a 21:30 horas; e os domingos de 11 a 13:30h. A sala pecha os luns.
A exposición poderase visitar na Sala Valente de Ourense ata o 20 de abril
Un dos traxes da Benemétita./RAMSÉS.
Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-
ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.
TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel:
637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.
VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 95 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.
Barrios 12 de abril 2022