Skip to main content

Barrios 161

Page 1

V Xornadas de Novela Histórica de Verín, o 25 e 26 de marzo [Páx. 8]

OURENSE

Páx.2 XINZO

As obras de ampliación do hospital de Ourense inícianse este mes

Páx.5 VERÍN

O Concello prorroga o contrato da luz co que pretende aforrar 7.000 euros ao mes

Páx.7 ALLARIZ

Un proxecto piloto incentivará a reciclaxe de latas, envases de plástico e vidro

Páx.9 CELANOVA

O pleno aproba que o Concello entrara na rede de cidades pola agroecoloxía

Páx.10

13 quilómetros con terceiro carril no proxecto de mellora da estrada OU-540

Xinzo prioriza aos peóns

[Páx. 5]

X Correndo por Ourense

[Páx. 11] Numerosas iniciativas solidarias envían axuda aos refuxiados ucraínos. / Xinzo aposta por ceder máis espazos aos peóns. / Volta o “Correndo por Ourense” coa carreira do Vinteún.

Número: 161 - Ano: XV - 22 de marzo de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 22 de marzo 2022

TEMA DA SEMANA

As obras de ampliación do CHUO inícianse este mes 4 Contan cun investimento de 52 millóns de euros. Redacción

Arriba: contorna da ponte Romana; abaixo: novo Pum Truck no barrio do Couto./RAMSÉS.

Remata a segunda fase da reforma da ponte Romana 4 Ademais, inaugurouse un "Pump Truck". Redacción A ponte Romana de Ourense xa loce nova cara na súa contorna despois de rematar a segunda fase da súa reforma e que impedirá o tráfico rodado na zona. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, foi supervisar o resultado das obras, xunto ao alcalde da cidade, Gonzalo Jácome; e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entre outras autoridades. Esta segunda fase supuxo un investimento, por parte da Xunta, de 1,1 millóns de euros, que se suman aos 500.000 euros da primeira fase. As obras permitiron gañar novos espazos públicos, ademais de mellorarse a conexión da Ponte Romana coa Capela dos Remedios e a ponte do Milenio. Tamén se construíu un novo acceso ao Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e mesmo unha fonte de auga potable. A zona conta con novas instalacións de abastecemento de auga, de telecomu-

nicacións, de rego e de alumeado led. Toda vez que as obras eliminaron o skate park situado na zona, construiuse un novo de 775 m2 no mesmo barrio do Couto, posto en sevizo xusto cando se empezou a traballar no antigo espazo. Pump track Despois da visita á ponte Romana, as autoridades desprazáronse ata o pump track construído no Parque das Letras (barrio do Couto) para a súa inauguración, onde realizaron unha demostración ciclistas e skaters. O espazo conta cunha superficie 570 m2.

As obras permitiron gañar novos espazos públicos, ademais de mellorarse a conexión da Ponte Romana coa Capela dos Remedios e a ponte do Milenio

Un investimento de 52,6 millóns de euros son os que se investirán nas obras, que darán comezo este mes, de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) e que xerarán preto de 1.000 empregos. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiron o acto de sinatura da acta de replanteo que dá comezo a execución efectiva do contrato. O mesmo permite avanzar na preparación dos traballos para iniciar este mesmo mes a construción dun novo edificio de hospitalización e para a reforma (integral) o actual Hospital Materno Infantil, ao tempo que se melloran os accesos. Prazos A conselleira de Infraestruturas indicou que o prazo das obras é de 40 meses, aínda que se tentará acurtar durante a execución dos traballos. Con todo, apuntou, o obxectivo da Xunta é ir acadando fitos como o de que a finais de 2023 poida estar rematado o novo

edificio, para proceder ao traslado do Materno Infantil e poder iniciar a reforma integral do edificio actual. Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade indicou que a ampliación do CHUO, coincidirá en paralelo con outras dúas reformas: a obra da UCI, cun investimento de 9 millóns; e o novo servizo de medicina nuclear, no que se avanzou a pasada semana no marco do Consello da Xunta. Este servizo conta cunha previsión de 5,5 millóns para as obras e o equipamento de alta tecnoloxía que consistirá en dúas novas gammacámaras e un equipo PET-TC de nova dotación. En total, vaise actuar sobre 33.000 m², dos cales máis de 19.000 serán de reforma e preto de 14.000 m² de nova construción, incrementando a superficie construída do hospital nun 11% ata superar os 136.000 m². O novo edificio de hospitalización terá 12 plantas e disporase entre o oeste do antigo edificio Materno Infantil e o Hospital Cristal. Unha vez realizadas estas actuacións os veciños de Ourense contarán cunha área pediátrica con 38 camas; área de neonatoloxía, con UCI pediá-

trica; e zona de urxencias pediátricas e de urxencias obstétricas, entre outras. Ademais, tamén se dotará o complexo de área de radioloxía, de diálise, hospitalización obstétrica, con 56 camas, e hospitalización convencional, con 280 camas. Equipamento Esta renovación do CHUO non se queda soamento na infraestrutura, tamén terá lugar no equipamento. Asi, adquiriuse unha nova resonancia magnética no 2020 e a posta en marcha do novo laboratorio, cun sistema de automatización intelixente. Tamén a incorporación, no 2021, de cinco equipos radiocirúrxicos por valor duns 600.000 euros. O hospital conta cun DaVinci de cirurxía robótica para realizar coa máxima precisión intervencións de uroloxía, cirurxía xeral e dixestiva ou xinecoloxía. Tamén se renovarán dous aceleradores lineais do servizo de radioterapia e catro equipos TAC; o equipo de anxiografía vascular e engadiráselle un novo equipo de anxiografía neurorradiolóxica; así como a incorporación de oito novos ecógrafos para o servizo de radiodiagnóstico e un para o

servizo de urxencias. Máis actuacións Ethel Vázquez salientou que estas actuacións forman parte do ambicioso proxecto de futuro para a sanidade pública de Ourense que presentou o presidente da Xunta hai uns meses, e que prevé investimentos de 120 millóns de euros, tanto no eido hospitalario como na atención primaria. A estas actuacións súmanse as de mellora da seguridade e da accesibilidade que está a realizar a Xunta nas contornas dos centros hospitalarios, como as que se van realizar no Complexo Hospitalario de Ourense e noutros hospitais públicos da provincia, cun investimento de 455.000 euros. Neste momento o departamento de Infraestruturas está a coordinar as obras coas xerencias para minimizar as interferencias coa actividade sanitaria, para poder comezar os traballos canto antes, xa nesta primavera.

As obras teñen un prazo estimado de execuión de 40 meses e xerarán preto de 1.000 empregos

Momento do acto de sinatura do documento que dá comezo a execución efectiva do contrato. /M.REJO.


TEMA DA SEMANA

Folga do transporte Redacción Continúa a folga do transporte debido ao alto custe dos carburantes. A suba do gasoil leva a unha situación insostible a moitos autónomos e pequenos empresarios que desde o 14 de marzo están de folga. Isto fixo que moitos supermercados presenten un escenario pouco habitual: estanterías baleiras e escasez de moitos dos produtos. A esta crise únese a enerxética (con prezos ele-

vadísimos) e a da invasión rusa en Ucraína. Da primeira sae un recibo da luz que se multiplica en relación a fai uns meses, e a segunda fai que se dispare o prezo de produtos como o aceite de xirasol ou apenas haxa pienso para os animais de granxa. A semana pasada na cidade de Ourense centos de manifestantes concentráronse fronte a Subdelegación do Goberno e esta fin de semana fixérono en Verín. Para este martes está previsto unha manifestación en Xinzo.

Transportistas manifestándose en Ourense. /F.CASANOVA.

Día Mundial da Auga Redacción O Día Mundial da Auga (22 de marzo) ten como lema este ano “Augas subterráneas: facer visible o invisible”. Este 2022 o foco de atención céntrase nas augas subterráneas, unhas augas invisibles cuxos efectos se aprecian en todas partes. Trátase de augas que se atopan baixo terra, nos acuíferos (formacións de rocas, areas e gravas que conteñen cantidades importantes de auga). Tras alimentar mananciais, ríos, lagos e humidais, as augas

subterráneas finalmente fíltranse aos océanos. A súa principal fonte de recarga é a choiva e a neve que se infiltran no chan e poden extraerse á superficie por medio de bombas e pozos. O Concello de Ourense ofrece ioga termal en Outariz o luns 21 (ás 11 e ás 17h) e martes 22 (ás 17 e 18h). Ademais, haberá 3 visitas guiadas sobre a temática da auga, dúas delas para escolares (para os colexios Luis Vives ás 10h e Amadeo Barroso ás 11:30h), e a terceira para o público en xeral, a partires das 18h con saída desde a Oficina Municipal de Turismo.

Barrios 22 de marzo 2022

A provincia de Ourene vólcase con Ucraína 4 As mostras de solidariedade percorren a provincia en prol dos refuxiados ucraínos. R.T. A barbarie da guerra deixa milleiros de vítimas inocentes. Vítimas, que a pesar da desgraza que están a vivir, contan coa solidariedade doutros pobos. O español é un deles, e concretamente o ourensán que mobilizouse para volcarse cun pobo, o ucraíno, que está a sufrir unha invasión inxusta. Centro loxístico Un centro loxístico, polígono de San Cibrao, de axuda a Ucraína recibe o material humanitario doado polos ourensáns. Seguirán recolléndose este cargamento, ademais de almacenar a axuda que enviarán dende os diferentes municipios da provincia. O primeiro transporte de material terá como destino á cidade polaca de Ladek-Zdroj. Ademais, estase a reunir toda a información sobre as iniciativas que se realizan na provincia para coordinar a axuda. Os concellos, veciñanza e organizacións sen ánimo de lucro teñen á súa disposición un enderezo electrónico e un teléfono de contacto (ourenseconucrania@depourense.es - 988 317 772). No Paco Paz está habilitado un

punto de recollida de material solidario para os veciños que desexen colaborar na resposta de Ourense ante esta crise humanitaria. Provincia A Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, responsable de canalizar a axuda humanitaria desde Galicia en coordinación coas autoridades estatais, está realizando un inventario dos almacéns que xa existen para estudar se é preciso enviar parte dos produtos máis adiante, reservalos para as persoas refuxiadas que cheguen a Galicia ou darlle saída a través doutro tipo de entidades. O Concello de Verín abriu un censo de veciños dispostos a acoller refuxiados. As persoas que teñan intención de acollelos deberán cubrir un formulario que estará dispoñible na

rexistro da Casa do Concello e na paxina web. Desde Xinzo saiu un tráiler con 32 palés cara a Przemysl (Polonia). Ademais, desde o executivo local puxéronse en contacto coa Subdelegación do Goberno para crear unha rede de familias de acollida e poñer ao seu dispor espazos públicos como o pavillón polideportivo. Esta iniciativa coordinarase a través do departamento de Servizos Sociais, co que as familias en disposición de acoller poden contactar a través de teléfono 988 550 528 ou ben de xeito presencial en horario de 9 a 13 h. En Ourense, o concello centraliza as donacións e traballo voluntario no Centro de Recollida e Axuda a Ucraína instalado na ludoteca municipal de Vasco da Ponte (en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. O teléfono de contacto é 988

SOS Ternópil Galitzia nunha parada en Colonia (Alemania).

3

24 47) no que se clasifica, selecciona, empaqueta e prepara o material recibido para envialo ao centro loxístico da Deputación. Dende o día 5 de marzo o Concello de Barbadás iniciou unha campaña de recollida solidaria, na que se recolleu roupa de abrigo, mantas, alimentos non perecedeiros, alimentos infantís, produtos farmacéuticos (gasas, tiritas, alcohol, etc.), artigos de hixiene persoal e outros enseres de primeira necesidade. A expedición Sos Ternópil Galitzia levaba dous autobuses de primeira necesidade e regresou con 96 nenos e nais ucraínas. Refuxiados Ademais, xa son ducias de persoas refuxiadas que chegaron á nosa provincia. Seminario Maior, o albergue de San Xoán de Río e o de Trives, son algúns dos seus destinos.

O centro de recollida en Ourense está na rúa Vasco da Ponte (de 10 a 14 e de 16 a 20h)


4

Barrios 22 de marzo 2022

OURENSE

EN BREVE

Pozas de Outariz

4 Simboloxía O Concello de Ourense retirará a simboloxía dedicada á Falange que está presente en varios edificios do barrio de Covadonga. Así o acordou a xunta de goberno local, a proposta da Alcaldía, en cumplimento da Lei de memoria histórica. Trátase dunhas inscricións realizadas en pedra na fachada dun total de 18 edificios na praza de Covadonga e na rúa Minerva.

4 IES As Lagoas A xunta local concedeulle licenza de obras á Xunta para a rehabilitación integral do instituto das Lagoas, cun proxecto que suporá un investimento de 900.000 euros.

4 Antiga cárcere O Concello de Ourense proponlle á Universidade Española de Educación a Distancia (UNED) que a antiga cárcere da rúa do Progreso sexa a súa nova sede na cidade.

4 Festas de Ourense O Concello de Ourense ultima os preparativos das Festas de Ourense 2022, que se desenvolverán do día 22 a 26 de xuño, cun calendario que concentrará as actividades en 5 xornadas. Serán as últimas nesas datas xa que o ano que vén está previsto que se celebren no mes de maio.

Redacción

Foto oficial do alcalde e concelleiro coas novas incorporacións.

Reforzo nos corpos de seguridade 4 Con medio cento de profesionais durante o mandato. Redacción O Concello de Ourense reforza os corpos de seguridade da cidade con medio cento de profesionais. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha realizaron a foto oficial cos novos bombeiros e axentes de Policía Local que durante as últimas semanas se incorporaron ao concello. Aos 12 bombeiros condutores e 15 axentes recén chegados, sumaranse en próximas datas novos efectivos, coa previsión de completar a incorporación de medio centos de efectivos aos corpos de seguridade deste Concello ao longo

deste mandato. Estas incorporacións responden á vontade do goberno municipal de reforzar dous corpos cuxo labor é fundamental para garantir a seguridade en Ourense e a calidade de vida da súa veciñanza, explicaba o concelleiro Telmo Ucha. Incorporacións Explica a este respecto que durante os últimos meses, o cadro de persoal da Policía Local rexistrou 31 incorporacións, por oposición ou por comisións de servizos, e mandos (un inspector e 2 oficiais). Con estes reforzos, a Policía Local de Ourense conta hoxe con 106 policías e 12 mandos, que “alivian moitísimo as necesidades, dadas as xu-

bilacións que houbo durante estes anos”, advirte Ucha, quen avanza que con estes novos efectivos, “comeza de forma inmediata una reestructuración da Policía Local que era moi necesaria”, mentres se traballa para incorporar máis profesionais, a través de mobilidade. En canto ao Servizo de Extinción de Incendios, logo da chegada en febreiro de 12 novos profesionais, o Concello prevé a próxima incorporación de 8 máis, 2 por cada unha das quendas do servizo, que incrementarán de forma interina o cadro de persoal, “para dotar por fin a cantidade que esta cidade precisa”, sinalaba Telmo Ucha.

Nas últimas datas incorporáronse ao servizo 12 bombeiros e 15 axentes

O Concello de Ourense reabriu o 25 de febreiro as instalacións termais na zona de Outariz, logo das obras realizadas para axeitalas á nova lexislación. O alcalde comprobou o resultado dos traballos realizados dándose un baño no espazo termal, e destacou a calidade das

instalacións, do seu emprazamento, xunto ao río e a ceo aberto, así como a pureza das súas augas: “Son un luxo total, gratuíto, que só se ten en Ourense”, asegurou. “Estamos ante un paso definitivo, unha experiencia piloto, para adecuar o Termalismo da nosa cidade á nova lexislación, garantindo así a seguridade xurídica e sanitaria”, explicou a edil responsable desta área, Flora Moure.

Usuarios das pozas dándose un baño. /I.OSORIO.

Ramplas na rúa Concordia Redacción Un paso máis de cara á construción das ramplas da rúa Concordia. A Xunta de Goberno sacou adiante a adxudicación dos traballos de instalación das mesmas. Fixoo cos votos a favor de, soamente, Democracia Ourensana; no PP (socios de goberno) decantáronse pola abstención. A proposta, que se levou pola

vía de urxencia, tivo a negativa dos populares, pero o voto de calidade do alcalde, serviu para que saíra adiante. A portavoz popular, Flora Moure, xustificou a decisión do seu grupo en que non ían aprobar “ningún expediente se non podemos revisar os informes” e non podelos “estudiar e valorar”. Finalmente, estas obras levaranas a cabo a empresa Extraco, cuxa finalidade está en transformar a mobilidade da zona. Instalaranse sete ramplas mecánicas.


XINZO DE LIMIA

Alianza co Centro de Saúde Redacción Concello e Centro de Saúde alíanse para combater a diabetes, a obesidade ou o acoso escolar con campañas informativas e talleres. Devandita alianza selouse nunha reunión na que participaron a alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez; a nova coordinadora do servizo de Atención Primaria, Cristina Martín, e a coordinadora de Enfermería, María José Feijoo. No encontro, as profesionais sanitarias quixeron transmitir aos responsables do goberno local a súa total dispoñibilidade para a posta en marcha do recentemente elaborado Plan de Saúde. Avanzouse na posta en común de medidas para mellorar a calidade de vida dos veciños. Diabetes, obesidade infantil, nutrición, educación sexual e reprodutiva, soidade, estimulación cognitiva ou acoso escolar establecéronse como os principais temas sobre os que se poden levar a cabo campañas informativas e talleres para a poboación en xeral.

Pleno do Concello de Xinzo.

O Concello prorroga o contrato da luz 4 Pretende aforrar 7.000 euros ao mes. Redacción O pleno de marzo de Xinzo ampliouse a prórroga de contrato baseado no acordo marco para a contratación do subministro de electricidade, en alta e baixa tensión, a través da Central de Contratación da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Durante 2021 o Concello aforrou máis de 14.000 euros ao mes coa compra de electricidade a través desta vía e prevese que que no 2022 o aforro sexa

de entre 6.000 e 7.000 euros mensuais, cifra sensiblemente inferior debido ao encarecemento da enerxía. Ademais, no Mes da Muller, tamén todos os grupos da Corporación manifestáronse en sesión plenaria a favor da igualdade. Camiño das Aforadas Outro dos puntos aprobados foi a ratificación do convenio de colaboración entre os concellos de Sandiás e Xinzo de Limia para realizar obras de pavimentación no coñecido como

Camiño das Aforadas. A vía está emprazada entre a N-525, no límite do municipio de Xinzo, e a estrada de Celanova. Segundo o edil de Urbanismo, Ramón Gómez, as obras permitirán mellorar o firme, moi deteriorado polo tráfico de vehículos pesados. O importe da inversión é de 75.294 euros, dos que a Xunta aporta 50.000 (o resto ao 50% entre Xinzo e Sandiás). Tamén saíu adiante a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana. Tal e como explicou o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez, a anterior normativa de plusvalías foi anulada polo Tribunal Supremo e o Concello debe adaptarse así á nova norma.

A corporación aprobou medidas de emerxencia para axudar aos afectados pola guerra de Ucraína

Barrios 22 de marzo 2022

5

Prioridade para os peóns na vila 4 Xinzo presenta o Plan municipal de seguridade viaria. Redacción Xinzo vai camiño de ser unha vila máis respectuosa cos peóns despois de presentar o Plan municipal de seguridade viaria. A iniciativa pretende concienciar a poboación sobre os perigos das malas prácticas ao volante. Así, os obxectivos pasan por acadar unha vila máis inclusiva e segura, liberar os espazos públicos de coches en favor dos peóns, restrinxir aos vehículos en zonas peonís, implicar á cidadanía e sancionar aos infractores. A alcaldesa, Elvira Lama xustificou que con

estas actuacións "queremos tamén mellorar o respecto e a convivencia entre as persoas que viven e traballan en Xinzo”. Prazas disuasorias A rexedora recordou a creación dunhas 400 novas prazas de estacionamento disuasorios gratuítos. Tamén se iniciaron as xestións para rescatar o párking subterráneo de Carlos Casares e limitouse a velocidade en todo o casco urbano da vila a 30 km/h. Pola súa banda, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, felicitou ao Concello “por levar a cabo esta iniciativa cunha política de mobilidade”.

Presentación da campaña de seguridade viaria.


6

Barrios 22 de marzo 2022

XINZO DE LIMIA

Escola Rural de Saúde da Limia

EN BREVE 4 Afaor Concello de Xinzo de Limia e Afaor (asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer) levan anos unindo as súas forzas mediante convenios de colaboración. A nova colaboración entre as dúas entidades chega da man da prevención. Así, levaranse a cabo unha serie de obradoiros para previr o deterioro cognitivos dos veciños maiores de 64 anos. O primeiro deles tivo lugar na parroquia de Ganade. A intención do executivo local e estender esta iniciativa ao resto dos pobos que o soliciten. O concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez, puxo en valor a iniciativa: “A prevención do deterioro cognitivo é clave para os nosos veciños de máis idade. Trátase de obradoiros nos que se exercitará a memoria e que mellorarán o seu día a día”.

4 Concerto

Para rematar a programación en Xinzo de Limia sobre o Día Internacional da Muller, o día 26 de marzo, sábado, organízase o concerto “Converxencias” da Agrupación Musical da Limia e no que as mulleres terán todo o protagonismo. O espectáculo estará dirixido por Carmen Ferreiro, directora da orquestra do CMUS de Santiago de Compostela e María Mendoza, compositora e mestra do CMUS de Ourense. Comezará ás 19 horas.

4 Sandiás José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica d Miño-Sil (CHMS), e Felipe Traveso, alcalde de Sandiás, asinaron o convenio de colaboración a través do cal mellorarase o seaneamento e a depuración do núcleo de Cercedo. Deste xeito, eliminaranse dúas fosas e construirase unha nova EDAR que recolla a totalidade das augas residuais. O investimento superará os 315.000 euros (80% Confederación, 20% concello).

Redacción

O presidente da CHMS; o subdelegado do Goberno en Ourense; o conselleiro do Medio Rural; e o delegado do Goberno en Galicia, na presentación.

Inversión para a mellora dos regadíos da Limia 4 Servirá para mellorar o aproveitamento para o regadío de 42 captacións de auga subterránea. Redacción O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o presidente da Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias (SEIASA), Francisco Rodríguez Mulero, en reunión co conselleiro do Medio Rural, José González, a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé e as comunidades de regantes da Limia, anunciou o “investimento histórico para Galicia” de máis de 19 millóns de euros para modernizar os regadíos da comarca da Limia con cargo á Fase II do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Nun encontro coas comunidades de regantes da Limia celebrado la Delegación do Goberno, José Miñones cualificou esta mellora como un proxecto “de vital importancia para o sector primario” da pro-

vincia de Ourense. O delegado avanzou ademais que a este investimento sumaranse 12 millóns de euros mais que o Ministerio de Agricultura achegará para a limpeza das canles da Limia e dos camiños, co obxectivo de mellorar a xestión e reducir a afección medioambiental. “Estamos a falar dun investimento de máis de 19 millóns de euros con IVE incluído e que será financiado nun 80% polo Ministerio de Agricultura, e nun 20% polas comunidades de regantes”, detallou José Miñones. O delegado destacou que este “investimento histórico” servirá para mellorar o aproveitamento para o regadío de 42 captacións de auga subterránea, e “apoiar así aos produtores desta importante zona de cultivo en Galicia”. Eficiencia hídrica e enerxética Este proxecto ten un

orzamento aproximado de 15,9 millóns de euros (IVE non incluído) e afecta as comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, todas elas na rexión da Limia. O seu obxectivo é a mellora da eficiencia hídrica e enerxética destes regadíos, incluíndo a construción de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo, en concordancia cos requirimentos para a aplicación dos fondos europeos Next Generation. Outros case catro millóns -aportados pola Xunta- serán para a construción dos devanditos 42 pozos.

O proxecto ten un orzamento aproximado de 15,9 millóns de euros

A Escola Rural de Saúde da Limia está a levar a cabo durante este mes unha serie de charlas para conmemorar o Día Internacional da Muller. En Arniude xa tiveron lugar dúas charlas (De Rosalía de Castro a nostr@s; e Inquedanzas da muller do rural. CIM Concello de Xinzo. Tramitación de temas burocráticos e administrativos) e a última levarase a cabo o martes, 22 de marzo ás 16h co título “Cando xa se ten uns aniños...”. Reflexións sobre a muller maior e o dereito a envellecer dignamente.

Xinzo Esta última darase en Xinzo (Casa da Cultura) o xoves 17 ás 18 horas. Para o día 24 de marzo, xoves, está prevista a de Inquedanzas da muller do rural. CIM Concello de Xinzo. Tramitación de temas burocráticos e administrativos. Será na Casa da Cultura -Aula 2- ás 18 horas. Inscrición previa na propia Casa da Cultura, no teléfono 603 784 435 ou no mail escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es. Exposición Por outra banda, inaugurouse na Forxa (Porqueira) a exposición itinerante “Mulleres símbolo do rural”. Devandita exposición visitará as localidade de Xinzo de Limia, Arnuide, Sarreaus, Baltar, Sandiás, entre outras.

Charla impartida en Arnuide.

Universidade de maiores Redacción O Programa Universitario de Maiores chegará a Xinzo o próximo mes de abril grazas a un convenio firmado entre o Concello e a USC. Deste xeito, levarase a cabo o proxecto titulado Democratización do Coñecemento. Os seminarios desenvolveranse os sábados 2, 9 e 23 de abril, sendo a educación, o cine e a arte medieval os principais eixes sobres os que xirará a programación. Na primeira xornada, 2 de abril (e 10.30 a 12 horas e de 12.15 a 13.45 horas), falarase sobre o papel que desempeñan as familias na educación. Está previsto que o 9 de abril o cine sexa o gran protagonista. A xornada leva por título O cine do cotiá: un achegamento

á práctica documental, e estará dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, profesores colaboradores do Programa Universitario para Maiores. A iniciativa tamén se levará a cabo en dúas partes e no mesmo horario. Por último, o 23 de abril, haberá dúas sesións sobre historia. A primeira, titúlase Dando luz ao románico... Escoitando o falar das imaxes petrificadas. Na segunda descubriranse San Xoán de Vilar de Santos e Santa Mariña de Xinzo de Limia. Carolina Casal, doutora en Arte Medieval pola USC será a encargada de dirixir as sesións. Os interesados en participar, que sexan maiores de 50 anos, recibirán a información neste mesmo punto e en horario de 9 a 14 horas e de 15.30 a 20.30 horas. Tamén poden chamar ao teléfono 600 314 155 ou escribir ao mail casaculturadexinzodelimia@gmail. com.


VERÍN

Barrios 22 de marzo 2022

Reciclaxe con premio

Axuda a Ucraína Redacción

4 Mediante un novo proxecto piloto de reciclaxe de envases. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse na Casa do Concello cos responsables de varios supermercados da vila para expoñerlle o seu novo proxecto piloto de reciclaxe de envases. Consistirá na instalación de máquinas de recollida selectiva que ofrecerán un incentivo ecolóxico a cambio da reciclaxe de latas e envases de plástico e vidro. O principal obxectivo desta iniciativa será incrementar as taxas de reciclaxe coa finalidade de diminuír o impacto medio ambiental e económico que supón o lixo por bolsa negra. «Estamos a falar de que, con esta medida, poderiamos reducir ao redor dun 20 por cento o lixo sen reciclar (unhas 1.000 toneladas ao ano) que se entrega a Sogama, logrando un importante aforro

económico, así como un gran beneficio para o medio ambiente», concretou Gerardo Seoane. Funcionamento O funcionamento deste sistema será moi sinxelo. O usuario depositará os seus envases nos sistemas de recollida e recompensa, obtendo, segundo o número de elementos que recicle, boletos de participación para un sorteo semanal de 300 euros en metálico. «Trala boa acollida da iniciativa obtida na reunión con representantes das diferentes empresas de distribución alimentaria -así como a súa disposición para colaborar- estudaremos a natureza final deste incentivo ecolóxico que se consultará coas autoridades da Sociedade Estatal de Loterías do Estado para establecer o seu formato final», explicou Seoane.

Reunión do alcalde cos responsables dos supermercados de Verín.

7

Fachada do hospital público de Verín. /BORYS MARTÍNEZ.

Renovación de camas no hospital comarcal de Verín 4 Cun investimento de 179.000 euros. Redacción A Xunta de Galicia destina 179.080 euros para completar a renovación das camas do hospital de Verín. En total serán 40 camas e outras tantas mesillas e sillóns para pacientes, para completar a total renovación deste equipamento. A licitación fíxose pola vía de urxencia. Cara a adxudicación valoraranse especialmente criterios como a extensión da garantía, accesibilidade dos equipos e, no caso das camas, valoradas en 2.500 euros a unidade, tamén a inclusión de novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente, ou incluso monitorización remota de todas as camas, ademais doutros orientados a mellorar a funcionalidade como os colchóns antiescaras por aire, as rodas ou ás facilidades para acoplar osixeno, portasoros, etc.

Novas urxencias Ademais deste novo investimento en equipos, a Xunta de Galicia vén de licitar, por preto de 4 millóns de euros, as obras de ampliación do Hospital Público de Verín, que aumentará en 1.488 metros cadrados o centro, coa construción dun novo edificio que acollerá un novo e mais amplo Servizo de Urxencias e o Punto de Atención Continuada (PAC). O novo edificio mellorará a funcionalidade destes dous servizos de atención ás urxencias da bisbarra de Monterrei, cunha distribución de espazos que permitirá xerar distintos circuítos para a atención dos pacientes, incluíndo por vez primeira, no deseño dun área de urxencias, a atención aos pacientes con sospeita de infección respiratoria. Unha das principais vantaxes do modelo de ampliación é que non será preciso trasladar provi-

sionalmente ningún servizo ou acometer obras de adaptación, habituais nas reformas dentro dun hospital, xa que só se procederá a trasladar esta actividade ao novo servizo unha vez rematado. Ademais o novo edificio de Urxencias disporá dun acceso exclusivo a nivel de planta baixa, cunha área de acceso de vehículos, para recoller ou achegar pacientes, e estacionamento propio. Ademais das obras de ampliación procederase a renovación da cuberta do hospital e a instalación de paneis fotovoltaicos, que permitirán coxeneración eléctrica e limitar a dependencia das fontes enerxéticas habituais.

A Xunta vén de licitar, por preto de 4 millóns de euros, as obras de ampliación

O Concello de Verín paraliza as doazóns de bens en especie para o pobo ucraíno. A saturación, con graves dificultades de almacenaxe, loxística e transporte foron determinantes á hora de tomar esta medida por parte do concello. Ademais, descoñécese cales son os materiais que se necesitan en cada momento. A recollida de alimentos e produtos de primera necesidade, suxírese suspendela e gardar todo o material para ser empregado unha vez cheguen as persoas refuxiadas a Galicia. Desde o concelle aseguran que o más eficiente e eficaz é facer una achega económica ás ONG ou organismos internacionais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan no momento que o precisan. Hai garantías de que no mercado local poden conseguir todo o necesario, evitando gastos innecesarios de transporte coa consecuente pegada medioambiental. Estas doazóns pódense realizar, entre outras, a través de entidades como: Coordinadora Galega de ONGD; Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella; Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nación Unidas. Fondo Humanitario para Ucraína; e Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR).


8

Barrios 22 de marzo 2022

Cursos de socorrismo en instalacións acuáticas Redacción O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas. Certificado As persoas que superen este curso, de 370 horas, obterán un certificado de profesionalidade que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. Interesados As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través do teléfono 988 41 00 00.

O curso ten unha duración de 370 horas.

VERÍN

Cita coa Novela histórica 4 Os días 25 e 26 de marzo. Redacción A quinta edición das Xornadas de Novela Histórica terán lugar o 25 e 26 de marzo, e contará con seis autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero literario. As xornadas arrincarán o venres 25 pola mañá cunha conferencia impartida polos catedráticos de historia e novelistas José Luís Corral e José Calvo Poyato. Baixo o título “As Fake News na historia”, a charla estará moderada pola escritora María Zabay, e terá como público en exclusiva aos alumnos e alumnas dos centros de ensino de Verín. Programa A partir do venres á tarde comezará a programación dirixida ao público en xeral, comezando a xornada co acto inaugural. A primeira das conferencias será a do profesor e novelista Alberte Blanco Casal, que centrará a súa intervención falando sobre a batalla de Rande; reflectida na súa novela “Códice esmeralda”. Seguidamente será a quenda da escritora María Zabay, quen a través da súa novela “El zapato de la lengua rota” traslada-

rá aos asistentes a un momento histórico crucial para humanidade como foi o amencer do nazismo. O sábado 26 comezarán coa conferencia “As Fake News na historia”. Despois intervirá o escritor, xornalista e presidente da Real Academia, Víctor Fernández Freixanes, cunha conferencia titulada “Memoria e espello de nós”, moderada polo etnógrafo, Miguel Losada. A última conferencia titulada “Castellano: Castilla y los comuneros” será impartida polo escritor Lorenzo Silva. Clausurarán as xornadas o antropólogo o Doutor Manuel Mandianes Castro e, seguidamente, do alcalde de Verín Gerardo Seoane Fidalgo. Así mesmo tódalas sesións das xornadas esta-

rán acompañadas polas intervencións musicais do filólogo e profesor de música do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada. As entradas para o evento, que terán un custo de 2 euros.

Tódalas sesións das xornadas estarán acompañadas polas intervencións musicais do filólogo e profesor de música do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada

Presentación das Xornadas de Novela Histórica.

Lourenzo cos autovaravanistas.

Parada en Verín en autocaravana 4 Autocaravanistas percorreron un roteiro enolóxico. Redacción Máis de medio cento de autocaravanistas visitaron o Museo de Verín no marco do Roteiro do Viño organizado por AGA (Asociación Galega de Autocaravanas). Os mesmos, acompañados do seu vicepresidente, Xosé Anxo Cid, foron recibidos nas instalacións municipais polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, quen aproveitou para anunciarlles que a vila do Támega contará unha nova área municipal de autocaravanas antes de que finalice este ano. Segundo confirmou Lourenzo esta nova zona estará emprazada na Preguiza. Situada nunha gran zona verde municipal que comunica o río Támega coa próxima estrada de Vences; e tamén moi cén-

trica, a poucos metros da Alameda de Verín. “Esta demostrado que o turismo de autocaravana, que se atopa actualmente en plena expansión, convértese nun beneficio directo para a economía local daqueles lugares que elixen como destinos”. Roteiro Neste roteiro, os participantes percorreron durante 7 días, 350 quilómetros do sur da comunidade autónoma realizando visitas culturais e degustacións de viño en 6 adegas de catro das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia.

Verín contará cunha zona de autocaravanas antes de que finalice 2022


ALLARIZ

Pleno Redacción O pleno de Allariz de marzo aprobou que o concello entrara na rede de cidades pola agroecoloxía, sendo o único municipio galego en formar parte dela. Esta rede axuda ás administracións a construir sistemas alimentarios locais, sostibles, resilientes e respectuosos co medio ambiente; ademais de asegurar comida saudable. Outro punto aprobado pola corporación municipal foi a dunha operación de tesourería (290.000 euros) que renovará as pólizas de crédito. Tamén saiu adian-

Convenio coa Deputación Redacción Deputación e Concello de Allariz firman un convenio para colaborar na dotación de servizos e infraestruturas. Entre os

te as contas das empresas municipais Reatur e Medialsa (a primeira cunha facturación en 2021 de 300.000 euros, e a segunda sen actividade). O cambio de titularidade da estrada de entrada á vila pola N-525 xa está en marcha; unha vez que rematen os traballos de mellora na seguridade viaria pasará a ser de propiedade municipal. Onde non houbo consenso foi na moción do PP pola invasión de Rusia sobre Ucraína. O grupo de goberno pedira cambiar un punto da moción ao que o PP negouse. Soamente o PSOE apoiou a moción. concellos firmantes está o de Allariz, sendo a súa alcaldesa, Cristina Cid, a firmante do convenio. O documento asinado axudará ao financiamento da mellora da Casa do Concello de Allariz cunha achega de 50.000 euros.

Barrios 22 de marzo 2022

Recuperación do forno comunitario da Enfestela 4 Con fondos municipais. Redacción O Concello de Allariz recupera o forno veciñal da Enfestela. Cunha inversión con fondos municipais as actuacións acometidas nesta edificación tradicional permitiron a recuperación e conservación deste elemento etnográfico para que a veciñanza non esqueza a cultura tradicional e o poidan utilizar. As fornadas eran parte da vida social e tradicional dos núcleos rurais. Como ben explicaba a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, "é importante recuperar o patrimonio, e que os veciños e veciñas o poidan volver a utilizar e activar

esa vida comunitaria que xira entorno a estas actividades, como xa acontece en varias parroquias de Allariz". Así mesmo, Celestino Feijoo, aparellador municipal, explicaba que este forno "atopábase en moi malas condicións". Os traballos acometidos nesta edificación "consistiron no levantamento dos muros de pedra e o tellado. Para isto utilizáronse as propias pedras que caeran do muros orixinais levantando os tres muros e en botar o tellado, utilizándose para as vigas do mesmo castaño. Para todas as rehabilitacións intentase conservar a tipoloxía da estrutura, segundo explicaba o responsable de urbanismo

municipal", explicaba o aparellador. Restauracións O Concello de Allariz acometeu nos últimos dous anos a restauración de 3 fornos situados na Portela de Magarelos, no Mato e agora o da Enfestela. Para este exercicio

9

estase a programar a rehabilitación de fontes e lavadoiros, valorando as necesidades de cada espazo, uníndose a toda a rehabilitación que se ten feito durante este tempo. Todas estas actuacións de recuperación do patrimonio etnográfico veranse complementadas cos asfaltados que habitualmente se fan na primavera. Ademais para este ano están previstas as ampliacións de dous locais sociais, o de Meire e o do Mato, conformando así a rede de infraestruturas e equipamentos nas parroquias de Allariz.

A alcaldesa de Allariz durante a súa visita ao forno.


10

Barrios 22 de marzo 2022

Exhumación de fosas Redacción O equipo de Histagra, da Universidade de Santiago de Compostela, e a Dirección General de Justicia, departamento da Consejería de Presidencia del Gobierno de Asturias mantiveron o xaneiro pasado a primeira reunión conxunta para iniciar os trámites que permitan exhumar este ano a fosa do cemiterio de Celanova, documentada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, na que poderían estar soterrados sete milicianos asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 por un pelotón da Bandera de Falange de Marruecos. Monumento Ademais, res membros da directiva do Comité rexistraron no Concello de Celanova un escrito amparado no dereito fundamental de petición, establecido no artigo 29.1 da Constitución Española para a aplicación da lei de memoria histórica no caso do monumento falanxista do Outeiro da Obra (no termo municipal de Celanova) e a súa inmediata retirada.

CELANOVA

Melloras no cuartel 4 O Subdelegado do Goberno anunciou un investimento dun millón de euros. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, anunciou o investimento de 1.046.892 euros que vai realizar o Executivo central no cuartel da Garda Civil de Celanova coa finalidade de mellorar a súa eficiencia enerxética. Emilio González explicou que “esta actuación enmárcase na política do Goberno do impulso á sostibilidade e o aforro enerxético no ámbito público, facendo da transición enerxética unha aposta de desenvolvemento xusto en todo o territorio”. Así o sinalou durante a visita que realizou ás instalacións do cuartel en Celanova, na que estivo

acompañado polo alcalde do municipio, Antonio Puga; polo comandante terceiro xefe da Comandancia da Garda Civil en Ourense, José Benito Fernández; e polo capitán da Compañía de Celanova, Guillermo Castiñeiras. Emilio González subliñou que as melloras neste cuartel enmárcanse no conxunto de actuacións que impulsará o Goberno central en 16 equipamentos do Ministerio do Interior en Galicia co obxectivo de promover o aforro e a eficiencia enerxética. O investimento, de 21 millóns de euros, procede dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en concreto do Plan de Transición Enerxética da Administración Xeral do

Xeodestino Redacción O Inorde e os municipios que integran o Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés celebraron a comisión de seguimento no Museo da emigración a Guinea, en Quintela de Leirado, para liquidar a execución das actividades do plan de acción do 2021 e avanzar no deste ano. “O espírito de actuacións que estamos a deseñar para este ano son accións de marketing que xeren notoriedade do xeodestino”, sinalou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández. Este ano preténdese incidir na promoción para xerar notoriedade, sobre todo, no mercado de proximidade.

O subdelegado do Goberno e o alcalde de Celanova, no cuartel da Garda Civil.

Mesa contra a violencia de xénero Redacción A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu á xuntanza da mesa local contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terra de Celanova, onde destacou o importante papel destes órganos na prevención e actuación áxil ante a detección de casos. López Abella subliñou que son “factor determinante” para conseguir unha mellor eficacia e complementariedade dos

recursos destinados á intervención integral coas vítimas. As mesas locais constitúen una ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero. Ademais de

Estado. Actuacións O listado de actuacións, acordado entre os Ministerios para a Transición Ecolóxica e do Interior, permitirá acometer catro proxectos na provincia de Ourense. Así, actuarase nos cuarteis da Garda Civil de Celanova, Verín e A Rúa e na comisaría provincial da Policía Nacional en Ourense cun investimento de 3,7 millóns de euros. Esta medida permitirá actuar sobre unha superficie total de 7.587 m2 e inclúe obras como o illamento de fachadas e cubertas, cambio de fiestras, substitución de luminarias e colocación de paneis solares. “Con estas actuacións aforraremos como mínimo o 30% da enerxía do edificio e reducirase o consumo de enerxía tradicional e emisións de CO2”, indicou o subdelegado. En liña cos mandatos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, todas as actuacións deberán estar rematadas antes do 31 de decembro de 2023 e cumprir co principio de “non causar un prexuízo significativo ao medioambiente”. membros da Mancomunidade, dos concellos que a integran, da Xunta e do Goberno central; na mesa sentáronse interlocutores do Centro de Información á Muller de Celanova, da Garda Civil e da policía local, e varias persoas de centros educativos e sanitarios desta zona.

López Abella, na mesa local contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terras de Celanova. /M.REJO.

Ethel Vázquez explicando o proxecto./RAMSÉS.

Proxecto de mellora da OU-540 4 Contará con 13 km con terceiro carril. Redacción Iníciase a fase de información pública do proxecto de mellora da estrada OU-540 entre Celanova e a fronteira con Portugal, e que suporá un investimento de 10,3 millóns de euros. Desta forma iníciase o prazo para que os interesados que o desexen poidan trasladar as súas consideracións ata o vindeiro 27 de abril. Nun acto celebrado en Lobios, a conselleira presentou aos veciños, aos alcaldes e representantes dos concellos o detalle das actuacións proxectadas no treito de 42 quilómetros que separa a saída da autovía en Celanova ás inmediacións da ponte do Lindoso e que facilitará a mobilidade dos máis de 13.000 veciños dos 7 concellos situados na súa traza: Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios. Vázquez Mourelle avanzou que a información pública do proxecto ten efectos expropiatorios, sendo un total de 221 as fincas afectadas pola intervención. Segundo concretou a conselleira, o obxectivo da Xunta é aprobar o proxecto do trazado no verán, avanzando de forma paralela nos proxectos construtivos dos 4 treitos nos que se dividirá a actuación, co fin de licitar obras xa a comezos de 2023. Actuacións En total, sumaranse 13 quilómetros con terceiro

carril de adiantamento, o que supón o 31,5% do percorrido. Ademais, melloraranse e redeseñaranse 11 interseccións, e reordenaranse xiros á esquerda, para favorecer o cruce da estrada e os distintos movementos en condicións de maior seguridade. Ademais, mellorarase o firme onde sexa preciso, e executaranse cunetas de seguridade, incrementando o ancho útil. A intervención de maior alcance será no treito entre Celanova e Bande, incluíndo a execución dun carril adicional na marxe dereita da estrada, ao seu paso por Verea, de case 2,5 km. BNG Desde o BNG reclaman unha mellor conexión coa fronteira portuguesa. Así, o alcalde de Verea, Antonio Valado, afirmou que trala reunión mantida coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vazquez, non se pode considerar que ninguén quedase satisfeito co proxecto. “Ao final isto é un parche e non é o que realmente se precisa, pois se fan carrís de adiantamento e despois a estrada cruza polo medio de Bande e de catro núcleos de Verea onde hai que ir a 50 km/h, eso nin é bo para os usuarios nin para a veciñanza que padecemos os perigos do tráfico viario” declaraba.

Desde o BNG consideran como “parche” esta actuación


DEPORTES

Barrios 22 de marzo 2022

EN BREVE

O Rali de Ourense adéntrase no centro da cidade

4 COB O COB perde nun partido trascendental contra un dos rivais que estará xunto aos ourensáns na loita polo ascenso. Os de Armando Gómez caeron fronte ao Zornotza 81-73 e con elo a posibilidade de depender deles mesmos para rematar primeiros na fase regular. O sábado 26, reciben no Pazo (19h) ao Ponferrada.

4 Será no tramo espectáculo do venres, 17 de xuño. R.T. O tramo espectáculo do Rallye de Ourense disputarase o venres 17 de xuño e será a primeira vez na historia na que o centro da cidade se converterá en protagonista dun tramo cronometrado da cita ourensá. Será un percorrido de arredor de dous quilómetros de lonxitude, no que os principais equipos nacionais de rallyes enfrontaranse diante de miles de ourensáns, sendo tamén o tramo que pechará a primeira etapa da cita valedoira para o Super Campionato de España de Ralis. Percorrido Partindo da rúa Xesús Pousa, os participantes enfilarán a ponte do Milenio con diferentes chicanes, pasos e cambios de rasante, para bordear as diferentes rotondas que levan ata o Pazo de Xustiza na rúa do Progreso, onde o tramo tomará de novo dirección

cara a Ponte do Milenio rematando de novo na rúa Xesús Pousa. "Por primeira vez o Rali de Ourense poderase gozar na cidade, algo inédito que seguro resultará todo un éxito pola espectacularidade do trazado e a súa contorna, que dará unha imaxe da nosa cidade diferente grazas á importante repercusión que teñen sempre os rallyes, e a enorme afección que existe en Galicia, León e o norte de Portugal" comentaba o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O tramo partirá da rúa Xesús Pousa e pasará pola ponte do Milenio ata o Pazo de Xustiza, regresando de volta ao punto de partida

O espectáculo das catro rodas chegará a Ourense en xuño co Rali de Ourense. /ARQUIVO.

11

Presentación da décima edición do “Correndo por Ourense”./RAMSÉS.

Volven as carreiras do "Correndo por Ourense" 4 O circuíto contará con seis probas. R. Torres Unha das mellores novas destes días, se falamos de deporte é, sen dúbida algunha, o regreso do circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense" organizado polo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. Como en outras edicións, esta será a décima, contará con seis carreiras que percorrerán os barrios da cidade. As seis carreiras previstas (no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira) pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense). Inscricións As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com facendo constar todos os

datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Carreiras A primeira cita deste este evento será o domingo, 3 de abril, coa carreira do Vinteún. Seguiraas o sábado, 28 de maio (nocturna do Couto); sábado, 18 de xuño (nocturna do Centro); domingo, 4 de setembro (zona universitaria); domingo, 25 de setembro (A Ponte); e domingo, 23 de outubro (A Carballeira). No que atinxe á clasificación e premios, a puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados.

Todos os que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo.

A primeira carreira do circuíto chegará o domingo 3 de abril ao barrio do Vinteún Inscricións abertas en carreirasgalegas. com

Atletas dunha edición anterior. /ARQUIVO.

4 Fútbol O Arenteiro segue con paso firme na súa loita pola permanencia a súa vitoria fronte o Bergantiños fai que os de Fran Justo se alonxen do descenso, concretamente a catro puntos do mesmo. Na 3ª RFEF, as vitorias de Ourense CF e Barco diante de Somozas e Sofán fan que os dous equipos ocupen praza de promoción de ascenso, terceiro e cuarto, respectivamente. O Atlético Arnoia, pola súa banda, caeu ante Polvorín e segue en postos de descenso. E na Preferente Autonómica, UD Ourense, Barbadás e Verín xogarán a promoción de ascenso. Mentres, Nogueira, Velle e Polígono loitarán pola permanencia.

4 Fútbol sala O Sala Ourense regresa á senda das vitorias grazas ao seu triunfo no Pazo Paco Paz diante do Unión Arroyo (7-3). A próxima xornada volve a xogar na casa, nesta ocasión diante do Rácing de Mieres. Na 2ª feminina, o Cidade sumou tres novos puntos trala súa vitoria diante do Txantrea ao que venceu 5 a 3.


12

Barrios 22 de marzo 2022

DEPORTES

Final dos 800 metros, Álvaro de Arriba, Mariano García e Adrián Ben, primeiro, segundo e terceiro./RAMSÉS.

Un campionato para enmarcar 4 Ourense acolleu un do mellores campionatos de España de de atletismo en pista cuberta. R. Torres Ourense volveu ser o epicentro do atletismo nacional grazas á celebración na pista de Expourense do 58º Campionato de España de atletismo en pista cuberta. E novamente volveu deixar mostras de que a cidade das Burgas alberga unha das mellores pistas de atletismo de toda Europa; alomenos así o refrendan os deportistas e as súas marcas. Agardabase un campionato cheo de emoción, e non defraudou. Foron moitísimos os atletas que lograron as mellores marcas persoais e, novamente, volvéronse a batir récords de España como o de María Vicente en pentatlón que destrouxou o anterior rexistro ao sumar 4.582 puntos. Na primeira xornada, despuntaba nas semifinais dos 3.000 metros femininos a galega Xela Martínez, que con 16 anos lograba o récord de España das categorías sub18 e sub20 ao parar o crono en 9:14.96 minutos.

Hortelano logrou o ouro nos 400 metros e a clasificación para o Campionato do Mundo de pista cuberta

Os galegos Pero non só Xela Martínez despuntou neste campionato entre os galegos. Adrián Ben, recén recuperado da Covid19 e dunha lesión remataba terceiro na final dos 800 metros. En tripla salto, Ana Peleteiro; e en peso, Belén Toimil, no tiveron rival e revalidaron o título nacional. A saltadora de altura, Saleta Fernández tamén se proclamou campioa de España ao realizar

Outra das atletas que gravaron o seu nome en ouro en Ourense foi a velocista Maribel Pérez. A andaluza marcaba 7.17 segundos n a s

un mellor salto de 1,85 metros. Nomes propios Estes campionatos remataron deixando grandes actuacións e varios nomes propios entre os participantes. Adel Mechaal logrou dobrete ao colgarse o ouro nos 1.500 e 3.000 metros. O actual recordam europeo de 3.000 impuxo a súa lei nas dúas distancias e apenas tivo competencia para colgarse os dous ouros.

semif i nais dos 60 m e t r o s , logrando batir o seu propio récord nacional (lográrao a comezos de ano cun tempo de 7.21 segundos). Pero a

Maribel Pérez, récord de España de 60 metros./RAMSÉS.

Unha das semifinais dos 60 metros valados./RAMSÉS.

Ana Peleteiro e Belén Toimil revalidaron o seu título nacional proeza non quedaría aí; na final volveu a baixar a marca unha centésima e actualizar a mellor marca española en 7.16 segundos. Trala carreira, Pérez aseguraba que na final non apretou pensando simplemente en non lesionarse de cara ao Mundial de Belgrado que se celebra este mes. Bruno Hortelano foi outro dos destacados en Ourense, ao lograr proclamarse campión nos 400 metros con mellor marca persoal incluída. O rexurdir de Hortelano o leva a clasificarse para o Campionato do Mundo de pista cuberta. Pola contra, non tiveron o seu mellor momento en Ourense o catrocentista Óscar Husillos (último na final) e o triplista, recén nacionalizado, Jordan Díaz (que en datas anteriores pulverizara o récord de España saltando 17,27 metros). Husillos tivera un contratempo nas semifinais e na final non tivo opcións desde e o principio e deixouse ir nos últimos metros; ademais tampouco logra mínima para o Mundial de Belgrado. Díaz, na rolda de quecemento sufriu unhas molestias e declinou participar moi ao seu pesar.

Final dos 1.500 m femininos./RAMSÉS.

Saleta Fernández, campioa de España de altura./R.T.


PUBLICIDADE

Barrios 22 de marzo 2022

13


14

Barrios 22 de marzo 2022

Pleno de Barbadás Redacción O pleno do Concello de Barbadás do mes de marzo estivo moi marcado polo 8M Día Internacional das Mulleres. No mesmo aprobouse un manifesto institucional a favor da igualdade. Tanto Bloque Nacionalista Galego como Partido Popular presentaron sendas mocións relacionadas con este asunto. Ademais, os Populares, reclamaron a ampliación da plantilla da Policía Local amparándose en que bandas organizadas causan problemas. Neste caso, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou que este ano a Policía Local contará cun novo axente ao tempo que recorbada os baixos índices de delicuencia no concello. Mentres que Democracia Ourensana e Compromiso por Barbadás uníronse ao PP no apoio á moción, BNG e PSOE abstivéronse. 8M Por outra banda, o Concello está a realizar unha serie de actos conmemorando o Día Internacional da Muller. O día 18, venres (20.30h), no Auditorio Manuel María, actuación teatral protagonizada por Isabel Risco. Pendente de data en abril a Casa da Mocidade organiza un obradoiro de diversas técnicas de autodefensa. E “Rosalía” é un programa de activación para o emprego dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade.

Inorde 2021 Redacción O Inorde presenta a memoria de actividades do 2021. O documento, dispoñible na páxina web, resume o traballo realizado. Entre o máis destacado da entidade, neses 365 días, destacan e elección da candidatura impulsada aos Plans de Sostibilidade Tu-

PROVINCIA / OCIO E CULTURA

Feijóo presenta as inversións da Xunta na provincia de Ourense 4 Revitalizar a fortaleza de Monterrei e reformar o estadio do Couto, entre as medidas. R.T. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, no Consello de la Xunta celebrado en Ourense, unha serie de inversións que a administración rexional acometerá na provincia. Entre elas, avanzou un investimento de 5,5 millóns de euros para as obras e equipamento do novo servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ademais da ampliación do mesmo. Seguindo na capital, Feijóo anunciou o proxecto de ampliación, reforma e mellora do estadio do Couto, cunha licitación por preto de 2 millóns de euros. Unha vez adxudicadas, en torno ao mes de xuño, comezaranse as obras, cun prazo de execución de sete meses. En canto á mobilidade, construirase un itinerario peonil e ciclista que conecte a cidade de norte a sur, cun investimento de 4,5 millóns de euros. No tocante á nova sede administrativa (nas Lagoas) anunciou a convocatoria dun concurso de ideas para o seu deseño. Na provincia Núñez Feijóo destacou a avaliación do Plan Estratéxico 2022-2024 do Parque Tecnolóxico de

rística en Destino co que se permitirá investir máis de 3 millóns de euros nos 15 municipios rurais termais da provincia; a renovación da alianza de cooperación coa Axencia de Turismo de Galicia no ámbito de turismo deportivo (Inorde prestou apoio a máis de 80 eventos deportivos); a cooperación do Inorde con Renfe e a Xunta de Galicia o que deu lugar á campa-

Galicia (Tecnópole) para o seu crecemento e a súa consolidación de cara a atraer novos proxectos empresariais, mellorar os servizos e infraestruturas, poñer espazos ao servizo dos autónomos e aproveitar as oportunidades dos fondos Next Generation e a chegada do AVE. Para elo, habilitaranse máis de 340.000 metros cadrados de nova superficie industrial, cun investimento de 10 millóns de euros; a intención é licitar as obras este mesmo ano. O presidente autonómico destacou a declaración dos dous primeiros polígonos agroforestais en Oímbra e Cualedro para "recuperar a actividade agrícola ou forestal" en áreas de terra

agroforestal que, co paso do tempo, "quedaron abandonadas ou están infrautilizadas”. Feijóo resaltou un investimento de 17 millóns de euros para o proxecto de valorización da fortaleza de Monterrei, unha iniciativa que implicará catro anos para restaurar a estrutura, mellorar as calidades paisaxísticas e aplicar criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. Para rematar, avanzou a execución de dúas sendas peonís na estrada OU-101 ao seu paso polos concellos de San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz, nas que se investirán máis dun millón de euros.

O presidente autonómico destacou a declaración dos dous primeiros polígonos agroforestais en Oímbra e Cualedro para “recuperar a actividade agrícola ou forestal”

Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.

ña dos “Trens Turísticos de Galicia”; a reactivación dos Xeodestinos de Terra de Celanova- Serra do Xurés e Manzaneda-Trevinca-Valdeorras, así como a promoción da Vía da Plata-Camiño Mozárabe. Destacado foi o traballo realizado no programa de Razas Autóctonas e do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo; o Centro Agrogan-

deiro realizou ese ano un total de 3.118 analíticas básicas de solo, 1.497 análises de determinación de globodera, 250 probas de calidade de pataca para ensaios propios, 5.000 de aptitude de pataca para o reemprego; entre outras estatísticas. Ademais estivo presente en sete proxectos europeos (como, por exemplo, o Red Agriconect 4.0).

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Proxecto innovador en Chaves: Rede xeotérmica flaviense A cidade de Chaves, tan coñecida polo seu ex libris, as termas milenarias da cidade e aínda hoxe contitúen as portas do gran atractivo turístico. Vai ser obxecto de reaproveitamente das súas augas medicinais que ata o de agora é utilizado unicamente para fins terapéuticos e de ben estar dos usuarios. Neste sentido, o municipio de Chaves a través dun novo proxecto aproveitará todo este potencial das augas termais de altas temperaturas (brotan a 64º centigrados) para crear unha rede urbana para distribuir estas augas efervescentes para a climatización de edificios públicos e privados. Este proxecto innovador xa está en execución e será financiado ao re-

dor do 50% polo "Fondo de Apoio á Innovación" (FAI), e a súa finalización está prevista para este 2022. Chaves, xa foi designada a segunda cidade máis bonita de Portugal, segundo a publicación "Revista Vortex", mais o seu valor patrimonial, histórico e gastronómico e coa xa creada "Eurocidade" ten todos os atributos de ser considerada un dos mellores destinos turísticos nacionais. Esta iniciativa é benvida e poderá servir non só de impulso para outros proxectos futuros co fin de atender á poboación flaviense, senón tamén, para diminuir a tan comentada desertificación desta rexión. Polo tanto, Chaves está de parabéns!

ICC Week 2022

ciplinas verán con moito agrado estas ideas e referencias”. Manuel Baltar, avanzou que “esta nova programación fará desta a mellor edición das Ourense ICC Week que se fixeron ata agora”. A imaxe elixida é o Alpinche de Estanislao Reverter, un vehículo mítico e único, exemplo da creatividade aplicada á competición. “A imaxe deste ano ten moito que ver co espírito da ICC Week. Falamos das industrias culturais e creativas, e se hai cultura arredor do deporte e se hai creatividade alí está o Alpinche, esa creación de Estanislao Reverter recuperada gracias ao esforzo da Deputación. De novo voltaremos a escoitar o seu motor. É unha imaxe icónica da nosa historia”, incidiu Baltar.

Redacción Ourense acollerá, entre os días 22 e 29 de abril, a celebración da oitava edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense e que contará co mítico Alpinche como imaxe oficial e aos Hombres G capitaneando a aposta musical. O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, destacou na presentación da imaxe oficial e o apartado musical do evento que este é “un proxecto cultural posto en marcha fai anos e que xa está consolidado como unha referencia a nivel nacional. Seguro que os aficionados ourensáns a distintas dis-

João Damião

Presentación da ICC Week 2022.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 22 de marzo 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº161 - Ano: XV - 22 de marzo de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

O Castelo de Maceda "Numa casa portuguesa fica bem Pão e vinho sobre a mesa E se á porta humildemente bate alguém Senta-se á mesa c'oa gente; Fica bem essa franqueza, fica bem E o povo nunca desmente; Que a alegria da pobreza Está nesta grande riqueza De dar e ficar contente" (Amália Rodrigues) Conta a lenda, verdade ou non eu non cho sei, que no Castelo de Maceda criouse o rei Alfonso X o Sabio. É sabido por todos nós, os que andamos voando nos mundos dos soños, que a infancia e a cerna da vida, onde agroman os sentimentos, a dozura e a arte. Poida co rapaz mamara dos verdes e das congostras, da liberdade e dos cumios, dos do Castelo e dos outros, a lingua do lirismo, e que as Cantigas de amor e escarnio, e as de Santa María, teñan as orixes nun castelo rexio, nunha fortaleza aniñada nos soutos de castiñeiros e carballos da vila das maceiras. Conta tamen a lenda, é verdade eu ben o sei, que mil anos despois, fíxose señor do Castelo, un druida cociñeiro que enfeitiza con manxares e sorrisos a aqueles que alí se achegan, dinlle Carlos Parra, seica é un novo guerreiro que loitando sen descanso fixo do vello castelo; un anaquiño de ceo. E do ceo, conta tamen a lenda que baixa de cando en vez, unha estrela cantando Fado Minhoto e cos que a escoitan fican abraiados detidos no tempo, entre o Porto e Ourense, entre o Miño e Lisboa, entre Camões e Pessoa, entre Celso Emilio e Rosalía, porque a que así canta e María, María do Ceo, Ourensanía, María fado e poesía. Eu que estiven alí, direivos que choramos ou cantamos ou rimos e nos

levantamos, cando a raíña o dí, ao compás dos seus cantos, que parecen ata ensalmos que nos están a arrolar, conxuros de todolos tempos feitos para nos enfeitizar. E se o fado e destino, noutras lendas estará escrito, que os astros irían letras e músicas xuntando, e cun tal Gónzalez Armando, creara coma os deuses cantigas para outros tantos, e nesta conxunción divina entre poeta e raiña; non teñen sentido as liñas que separan as lareiras da Galiza e Portugal, que sepan que debaixo do mar non hai fronteiras, ogallá viviramos no mar! Treme de emoción todo, cando María se planta, coa mirada que o mundo abarca e coa voz que o acariña; toda vestidiña de negro e coas guitarras ao flanco, Alex Salgado, a portuguesa; e José Salgado, a española e con voz de caracola, de Fisterra ata Faro navegan en cada onda, fados minhotos galegos, da máis galega de todas por ser o mesmo tempo, moi galega e muito portuguesa! E nunha mesa redonda sentinme por un instante, eu tamén o rei do castelo, rodeado dos amigos, Paco Ascón, pintor de outonos e naturezas no cumio de Xares; Carmen Belvert, a pombiña branca. Marina Sánchez artista e musa da Moura bendita, Piedad e Esteban as almas doces, onde se acubillan os agarimos, Jose e Maite outros amigos que coñecin ese

día, novos compañeiros de viaxe nos carreiros da vida, e apegadiña a miña Bertiña querida, apretandonos as mans cando a fadista pintaba coma ninguen a Casiña Portuguesa, a casiña tamen da Bertiña, a dos brazos abertos, a que ofreceu con certeza pois nunca construeu casa, porque estivo moi atarefada facendo de cada unha, o noso lar, o fogar da familia, con certeza, que non por ser galega deixa de ser portuguesa. E falamos do pan, do de Xares, do de Cea e tamen do que se coce en Ribas do Asneiro e lembreime de Vicente Risco que recolle a crenza de que, en Maceda e en Castro Caldelas, gardan o pan que se coce no día de San Bertomeu (24 de agosto), nunha artesa e non podrece nunca, cando hai un incendio botaselle e apagase, e pensei que Risco tamén era algo andromiñeiro, e despois papá lembreime de ti, escoitando "Vou Dar de beber á Dor" e vin outra vez o teu sorriso e gardeino na miña artesa, por se preciso apagar na vida algún incendio, apañarei da artesa unhas faragullas botareillas e seguirei soñando. E por certo, ben que che había de gustar María do Ceo, cantando por Amália Rodrigues, de quen ti tanto "gostavas", non me digas que non, e deixate de andromenas que ben te vin por alá, cantando e sorrindo naquela mesiña do fondo, mentres soñaba "Uma casa Portuguesa".

Un druida cociñeiro que enfeitiza con manxares e sorrisos

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares (individuais e personalizadas) de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel:

637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 95 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 22 de marzo 2022


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 161 by Periodico Barrios - Issuu